martes, decembro 10, 2013

Masivo seguimento no primeiro día de Folga Xeral na Sanidade Pública Galega - Martes 10 de Decembro, segundo día de Folga e manifestacións nas principais cidades e vilas da Galiza


"A cidadanía entende que é mellor perder un día de servizo que perder o dereito á sanidade de por vida"

Os sindicatos destacan o elevado seguimento que está tendo a primeira das dúas xornadas de folga convocada por CIG, CCOO e CEMS-Omega na sanidade pública galega. Cifran a participación global arredor do 80%, cunha incidencia mesmo superior entre os médicos e en varias comarcas, como Salnés, Vigo, Pontevedra, A Coruña, Ferrol ou A Mariña. Ademais da participación dos traballadores, as centrais salientan "o apoio que a cidadanía está dando á folga", e fan un chamamento á participación da sociedade nas manifestacións e concentracións convocadas para a tarde do martes. En palabras de María Xosé Abuín, "a cidadanía entende que é mellor perder un día de servizo que perder o dereito á sanidade de por vida".
Os servizos mínimos previstos pola Xunta para esta folga superan o 35% en case todas as áreas, polo que a Xunta está recoñecendo cos seus datos unha participación que rolda o 60%
A Xunta rebaixa a participación na folga ao 21,85%. Porén, para Abuín, este dato supón que "mesmo a Consellaría recoñece o éxito do paro". En convocatorias anteriores a Xunta cifraba a participación entre un 3% e un 5%, "hoxe fala dun 21,85% en global, con áreas nas que se se supera o 35%", destaca. Engade que "tendo en conta que o SERGAS contabiliza as persoas que teñen que facer servizos mínimos como que non apoian o paro, a cifra é moi elevada. Nós si contabilizamos estas persoas como parte dos folguistas". Os servizos mínimos previstos pola Xunta para esta folga superan o 35% en case todas as áreas, polo que a Xunta está recoñecendo cos seus datos unha participación que rolda o 60%.

A este respecto, Francisco Vizoso salienta que "o Sergas sempre fai trampa ao informar das porcentaxes de participación, pois a participación que fai pública calcúlaa como o cociente entre o número de traballadores que foron  á folga dividido polo total do cadro de persoal, no canto de dividilo entre os que estaban en condicións de ir á folga". Conclúe que "o obxectivo é claro: terxiversar, reducindo artificialmente, a participación real na folga". Vizoso engade que "de iren á folga todos os que están en condicións de facelo, é dicir, de termos unha participación real do 100%, o SERGAS recoñecerá como tope unha participación máxima do 56,8%".
Abuín denuncia que "as xerencias estaban presionando para que se incumprise o decreto de mínimos"
As críticas ao SERGAS tamén chegan polas "dificultades" e "a obstrución" exercida contra a folga, "programando actividades que non tiñan por que programar para hoxe", salienta Ángel Cameselle (CC.OO.). A este respecto, María Xosé Abuín comenta que as únicas incidencias rexistradas no paro de hoxe déronse en Compostela, no servizo de Radioloxía, onde "a dirección tentou que se fixesen todas as probas, cando o propio decreto de mínimos recolle que nos servizos de raios hai que facer as probas que sexan complementarias para operacións urxentes, ou aquelas que se decidan por criterios clínicos". Abuín denuncia que "as xerencias estaban presionando para que se incumprise o decreto de mínimos. E en Vigo o mesmo sistema co laboratorio".

María Xosé Abuín destaca finalmente que, en cambio, "non houbo ningún problema cos pacientes, a xente entendeu que estamos loitando por defender a sanidade pública de calidade". Abuín sinala que con esta folga “o que queremos é que o goberno entenda que a sanidade ten que ser universal, gratuíta e de calidade; que se financia cos nosos impostos e que estes son cartos de todas e todos nós entregados ao goberno para que nolos devolva en servizos, non para que faga negocio e entregue a sanidade aos seus amigos para o seu enriquecemento a custo da nosa saúde”.

13 manifestacións

Ademais da convocatoria de folga de luns e martes, están anunciadas 13 manifestacións noutras tantas cidades e vilas galegas para o 10 de decembro.

  • O Barco: 20:00 h con saída do Hospital comarcal. Conde de Fenosa
  • Ourense: Ás 20:00 h, con saída do Pavillón dos Remedios
  • Burela: Ás 20:30 h, con saída do Hospital da Costa
  • Vigo: Ás 20:00 h con saída do Hospital Xeral
  • Ferrol: Ás 18:00 h, con saída da Praza de España.
  • Lugo: Ás 20:00 h, con saída do edificio multiúsos da Xunta de Galicia
  • Pontevedra: Ás 20:00 h, con saída da porta principal do Hospital provincial
  • Santiago: Ás 20:00 h, con saída da Praza Roxa
  • A Coruña: Ás 20:00 h, con saída da Casa do Mar
  • Barbanza: Ás 20:00 h con saída do centro de Saúde
  • Monforte: Concentración na Praza de España, ás 20:00 h
  • Salnés: Concentración ás 14:00 h diante da porta principal do Hospital
  • Cee: Concentración ás 12:00 h diante da porta principal do Hospital.

Por Marcos Pérez Pena, publicado no xornal Praza Pública 10 de decembro de 2013
Licenza Creative Commons by-sa.

Praza   Pública precisa de Ti:
A forza de Praza Pública son os seus lectores e lectoras. Praza é un medio da súa comunidade de lectores. A existencia do xornal depende das achegas realizadas por todos nós [+info].
__________________

Alberto San Juan: 'Algúns empezan a darse conta de que fóra do sistema ... está a vida'

O actor e activista Alberto San Juan [*], xunto a un grupo de intrépidos, lanzou unha proposta escénica de marcado talante subversivo onde se concitan calidade artística e calidez ideolóxica, "porque a nosa revolución prodúcese a través da convergencia placentera de sentimentos e razóns".

Estase pasando fame no noso país, as concertinas testemuñan o talante gobernamental, apróbanse leis mordaza mentres o desemprego permanece desbocado e desarticúlase o noso exiguo estado de benestar: por que acudir ao teatro?

O teatro é unha arte de natureza política. O teatro é unha forma de ver o mundo de xeito colectivo para poder comprendelo mellor, para intentar vivir mellor. O teatro é a experiencia de reflexionar colectivamente sobre o que nos pasa persoal e grupalmente. Ademais, este espazo, o Teatro do Barrio, pretende ser máis que un teatro. Quere ser un lugar onde moitas persoas se xunten para imaxinar outra forma máis xusta e placentera de habitar o mundo ...

Un mundo dominado por un sistema?

O sistema creara unha extensa rede de dependencias para que sentises que ou estabas dentro do sistema ou estabas morto. É dicir, que ou eras capaz de comprarche un piso, ter un traballo fixo, etc. ou a túa vida corría perigo. Neses últimos anos foi este mesmo sistema o que deixou sen traballo e sen casa a miles e miles de persoas, expulsándoas. Tralo impacto brutal do baleiro, moitas desas persoas comezaron a darse conta de que fóra do sistema ... está a vida, aínda que moitos xa perderon a súa vida por esta brutal exclusión.

Cal pode ser a solución a unha situación de colapso como a que estamos vivindo?

Nunca a solución á situación actual poderá ser volver ao que tiñamos, volver ao sistema, volver a un falso benestar, a unha falsa democracia. Unha democracia de aparencias patrocinada polos préstamos bancarios. O realmente apaixonante e revolucionario é atoparnos neste momento coa necesidade ineludible de comezar a construír algo novo. O novo que inventemos deberá nutrirse de todas as experiencias de emancipación anteriores. E, sen dúbida, terá moitos elementos do anarquismo, do comunismo e do socialismo, pero será algo novo, recoñecendo quizá a nosa débeda cunha das sensibilidades máis perseguidas, ignorada e desprezada, como é precisamente, o anarquismo. O que moitos demandamos nestes momentos é que nos deixen gestionar nosa propia vida en común. Recuperar nosa propia capacidade para facelo ben, para facernos ben, por nós mesmos.

Cal debe ser o papel da cultura nun contexto de alienación crecente e onde se nos anima a fuxir do medo a través de paraísos virtuais?

A cultura significa unha mirada crítica sobre o mundo. A cultura é fundamental para romper o muro da ignorancia. E cando rompemos ese muro da ignorancia, o medo deixa de ser un valor inexpugnable.

Por que un teatro de barrio na era da globalización?

Para nós o concepto de barrio é un concepto universal. O barrio son os barrios, calquera barrio, porque o barrio son as rúas e as casas, pero sobre todo somos as persoas.

Por que esta proposta é diferente?

Porque a nosa proposta é claramente de loita, reivindicación e pracer desde a propia autoxestión. Axuntamos para iso calidade artística e coherencia. Somos unha cooperativa onde tomamos as decisións de xeito horizontal.

É o Teatro do Barrio o teatro de Alberto San Juan?

Para nada. Eu levaba toda a vida desexando ter un lugar para facer teatro. Un teatro político, un teatro con humor. Finalmente, tiven a sorte de atoparme cun grupo de amigos cos que creamos o equipo impulsor, onde están persoas como Cote Romero, Mario Sánchez-Herrero, Iñaki Alonso ... que xa acumulaban importantes experiencias creando comunidade, nova economía ...

Que proxectos emergerán neste teatro?

Haberá teatro, haberá música, poesía, debate político directo, vaise a poñer en marcha unha universidade do barrio cuxo academicismo será a antíteses do aburrimento. Aquí o pensar xuntos, emprender accións xuntos terá un sentido lúdico. Podemos pasárnolo ben cambiando o mundo, aínda que ... por suposto, hai moitos elementos tráxicos na situación actual.

Por J. V. Barcia Magaz, publicado no xornal 'La Marea', 9 de Decembro de 2013

[*] Alberto San Juan Guijarro - Cañamares, 1968, é actor.


MásPúblico sociedade cooperativa - Licenza CC BY-SA 3.0.

__________________

Cun acto de rúa, a Executiva Nacional de Esquerda Unida elixiu Ferrol, para conmemorar o 65 Aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos


ESQUERDA UNIDA CONMEMORA EN FERROL, CUN ACTO DE RÚA, O 65º ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

Son as políticas do PP compatibles cos dereitos humanos?

Mañá MARTES 10 de decembro Yolanda Díaz, coordinadora nacional de EU e vicevoceira de AGE, xunto cos deputados/a de AGE, Ramón Vázquez, Xabier Ron  e Eva Solla celebrarán en Ferrol.

Asunto: 65º aniversario dos DD.HH.
Día: venres 10 decembro 2013.
Hora: 12h
Lugar: FERROL, Praza de Armas

ACTO CONMEMORATIVO DO 65º ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS.
________________

65 Aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos - Texto da Declaración - 10 de Decembro de 1948


O 10 de decembro de 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a

Declaración Universal de Dereitos Humanos

Preámbulo

Considerando que a liberdade, a xustiza e a paz no mundo teñen por base o recoñecemento da dignidade intrínseca e dos dereitos iguais e inalienables de todos os membros da familia humana;

Considerando que o descoñecemento e o menosprezo dos dereitos humanos orixinaron actos de barbarie ultrajantes para a conciencia da humanidade, e que se proclamou, como a aspiración máis elevada do home, o advenimiento dun mundo en que os seres humanos, liberados do temor e da miseria, gocen da liberdade de palabra e da liberdade de crenzas;

Considerando esencial que os dereitos humanos sexan protexidos por un réxime de Dereito, a fin de que o home non se vexa compelido ao supremo recurso da rebelión contra a tiranía e a opresión; Considerando tamén esencial promover o desenvolvemento de relacións amigables entre as nacións;

Considerando que os pobos das Nacións Unidas reafirmaron na Carta a súa fe nos dereitos fundamentais do home, na dignidade e o valor da persoa humana e na igualdade de dereitos de homes e mulleres, e declaráronse resoltos a promover o progreso social e a elevar o nivel de vida dentro dun concepto máis amplo da liberdade;

Considerando que os estados Membros comprometéronse a asegurar, en cooperación coa Organización das Nacións Unidas, o respecto universal e efectivo aos dereitos e liberdades fundamentais do home, e

Considerando que unha concepción común destes dereitos e liberdades é da maior importancia para o pleno cumprimento de devandito compromiso; A Asemblea Xeral proclama a presente

Declaración Universal de Dereitos Humanos como ideal común polo que todos os pobos e nacións deben esforzarse, a fin de que tanto os individuos como as institucións, inspirándose constantemente nela, promovan, mediante o ensino e a educación, o respecto a estes dereitos e liberdades, e aseguren, por medidas progresivas de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación universais e efectivos, tanto entre os pobos dos Estados Membros como entre os dos territorios colocados baixo a súa xurisdición.

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

Artigo 1.

Todos os seres humanos polo feito de naceren son libres e iguais en dignidade e dereitos e, tendo como teñen razón e conciencia, débense comportar fraternalmente uns cos outros.

Artigo 2.

1. Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción ningunha de raza, cor, sexo, lingua, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.

2. Ademais, non se fará distinción ningunha fundada na condición política, xurídica ou internacional do país ou territorio do que dependa xurisdicionalmente unha persoa, tanto se se trata dun país independente, como dun territorio baixo administración fiduciaria, non autónomo ou sometido a calquera outra limitación da soberanía.

Artigo 3.

Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa.

Artigo 4.

Ninguén estará sometido á escravitude nin á servidume; a escravitude e a trata de escravos están prohibidas en todas as súas formas.

Artigo 5.

Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes.

Artigo 6.

Todo ser humano ten dereito, en todas as partes, ó recoñecemento da súa personalidade xurídica.

Artigo 7.

Todos son iguais perante a lei e teñen, sen distinción, dereito a igual protección da lei. Todos teñen dereito a igual protección contra toda discriminación que infrinxa esta Declaración e contra toda provocación a tal discriminación.

Artigo 8.

Toda persoa ten dereito a un recurso efectivo diante dos tribunais nacionais competentes, que a protexan contra actos que violen os seus dereitos fundamentais recoñecidos pola constitución ou pola lei.

Artigo 9.

Ninguén poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado.

Artigo 10.

Toda persoa ten dereito, en condicións de absoluta igualdade, a ser oída publicamente e con xustiza por un tribunal independente e imparcial, para determinar os seus dereitos e obrigas ou para o exame de calquera acusación en contra dela en materia penal.

Artigo 11.

1. Toda persoa acusada de delicto ten dereito a que se presupoña a súa inocencia mentres non se probe a súa culpabilidade, conforme á lei e en xuízo público no que se lle asegurasen todas as garantías necesarias para a súa defensa.

2. Ninguén será condenado por actos ou omisións que no momento de cometerse non fosen delictivos segundo o Dereito nacional ou internacional. Tampouco se impoñerá pena máis grave que a aplicable no momento de cometer o delicto.

Artigo 12.

Ninguén será obxecto de inxerencias arbitrarias na súa vida privada, na súa familia, no seu domicilio ou na súa correspondencia, nin de ataques á súa honra ou á súa reputación. Toda persoa ten dereito á protección da lei contra tales inxerencias ou ataques.

Artigo 13.

1. Toda persoa ten dereito a viaxar libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun Estado.

2. Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluso do propio, e a volver ó seu

Artigo 14.

1. No caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, en circunstancias independentes da súa vontade.

2. Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada por delictos non políticos ou por actos opostos ós propósitos e principios das Nacións Unidas.

Artigo 15.

1. Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade.

2. A ninguén se lle quitará arbitrariamente a súa nacionalidade nin o dereito a cambiar dela.

Artigo 16.

1. Os homes e as mulleres, desde a idade núbil, teñen dereito, sen restricción ningunha por motivos de raza, nacionalidade ou relixión, a casar e fundar unha familia; e gozarán dos mesmos dereitos en canto ó matrimonio, durante o matrimonio e no caso de disolución do matrimonio.

2. Só mediante libre e pleno consentimento dos futuros cónxuxes se poderá contraer o matrimonio.

3. A familia é o grupo natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do Estado.

Artigo 17.

1. Toda persoa tanto ela soa como en asociación con outras, ten dereito a bens propios.

2. Ninguén será privado arbitrariamente da súa propiedade.

Artigo 18.

Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión; este dereito abrangue a liberdade de cambiar de relixión ou de crenza, así como a liberdade de manifestar a súa relixión ou a súa crenza, individual ou comunitariamente, tanto en público como en privado, polo ensino, a práctica, o culto e a observación dos ritos.

Artigo 19.

Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado a causa da súa opinión, o de procurar e recibir información e opinións, e o de espallalas sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión.

Artigo 20.

1. Toda persoa ten dereito á liberdade de xuntanza e de asociación pacíficas.

2. Ninguén poderá ser obrigado a formar parte dunha asociación.

Artigo 21.

1. Toda persoa ten dereito a participar no goberno do seu país, directamente ou por medio de representantes libremente escollidos.

2. Toda persoa ten dereito de acceso, en condicións de igualdade, ás funcións públicas do seu país.

3. A vontade do pobo é a base da autoridade do poder público; esta vontade expresarase por medio de eleccións auténticas, que terán que celebrarse periodicamente, por sufraxio universal e igual e por voto secreto ou outro procedemento semellante que garanta a liberdade do voto.

Artigo 22.

Toda persoa, como membro da sociedade, ten dereito á seguridade social, e a obter, por medio do esforzo nacional e da cooperación internacional, habida conta da organización e os recursos de cada Estado, a satisfacción dos dereitos económicos, sociais e culturais, indispensables á súa dignidade e ó libre desenvolvemento da súa personalidade.

Artigo 23.


1. Toda persoa ten dereito ó traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións equitativas e satisfactorias do mesmo e á protección contra o desemprego.

2. Toda persoa ten dereito, sen discriminación ningunha, a igual xornal por traballo igual.

3. Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria, que lle asegure, así como á súa familia, existencia conforme á dignidade humana e que será completada, en caso necesario, por calquera outros medios de protección social.

4. Toda persoa ten dereito uníndose con outras, a fundar sindicatos e a sindicarse para a defensa dos seus intereses.

Artigo 24.

Toda persoa ten dereito ó descanso, a gozar do tempo libre, a unha limitación razoable do tempo de traballo e a vacacións periódicas pagadas.

Artigo 25.

1. Toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a manutención, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servicios sociais necesarios; ten así mesmo dereito ós seguros no caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viuvez, vellez ou outros casos de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa vontade.

2. A maternidade e a nenez teñen dereito a coidados e asistencias especiais. Todos os nenos e nenas, nados de matrimonio ou fóra del, teñen dereito a igual protección social.

Artigo 26.

1. Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser de balde, polo menos no que se refire á instrucción elemental e fundamental. O ensino elemental será obrigatorio. A instrucción técnica e profesional terá que ser xeneralizada; o acceso ós estudios superiores será igual para todos, en función dos méritos respectivos.

2. A educación terá como obxectivo o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto ós dereitos humanos e ás liberdades fundamentais; favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre todas as nacións e todos os grupos étnicos e relixiosos; e promoverá o desenvolvemento das actividades das Nacións Unidas para manter a paz.

3. Os pais terán dereito preferente a escoller o xeito de educación que se lles deberá dar ós seus fillos.

Artigo 27.

1. Toda persoa ten dereito a tomar parte libremente na vida cultural da comunidade, a gozar das artes e a participar no progreso científico e nos beneficios que del resulten.

2. Toda persoa ten dereito á protección dos intereses morais e materiais que lle correspondan por razón das produccións científicas, literarias ou artísticas das que sexa autora.

Artigo 28.

Toda persoa ten dereito a que se estableza unha orde social e internacional na que se fagan plenamente efectivos os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración.

Artigo 29.


1. Toda persoa ten deberes respecto á comunidade posto que só nela pode desenvolver libre e plenamente a súa personalidade.

2. No exercicio dos seus dereitos e no goce das súas liberdades, toda persoa estará suxeita só ás limitacións establecidas pola lei co único fin de asegurar o recoñecemento e o respecto dos dereitos e liberdades dos demais, e de satisfacer as esixencias xustas da moral, da orde pública e do benestar xeral propios dunha sociedade democrática.

3. Estes dereitos e liberdades non poderán, en ningún caso, ser exercidos en oposición ós propósitos e principios das Nacións Unidas.

Artigo 30.

Ningunha cousa da presente Declaración se poderá interpretar no sentido de que confire algún dereito ó Estado, a un grupo ou a unha persoa, para emprender e desenvolver actividades ou realizar actos tendentes á supresión de calquera dos dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración.

http://www.un.org/es/documents/udhr/index.shtml
__________________________

luns, decembro 09, 2013

Despois de 30 días en Folga de Fame, 8 mulleres de Ve-la Luz comezaron hoxe unha nova Folga de Fame contra as represalias xudiciais por cuestionar a xustiza; a desprotección dos menores ante os seus agresores; a normalización social e mediática da impunidade; a corrupción e negocio en torno ás vítimas da violencia



Represalias xudiciais por cuestionar a xustiza; desprotección dos menores ante os seus agresores; normalización social e mediática da impunidade; corrupción e negocio en torno ás vítimas da violencia. Estas son as causas do #EuNonTrago que comezan a gritar a partir do 9 de Decembro ás 9 da mañá outras 8 vítimas da violencia machista e "institucional" na comunidade galega.

Un grupo de 8 mulleres galegas, vítimas de violencia machista e abusos, volven declararse en folga de fame por segunda vez [1]; e farano desde o día 9 de decembro ás 9 da mañá, de novo nun humilde e destartalado local, situado na rúa Eusebio dá Garda número 5 da Coruña. Afirman ser vítimas dunha dobre violencia: por unha banda, as brutais agresións ás que lles someteron primeiro os seus ex-compañeiros sentimentais; por outra banda, a fría inoperancia, cando non o desprezo ou a prevaricación, das institucións supostamente creadas para protexelas. Trátase dunha "submisión á barbarie" que -afirman- non as afecta só a elas, senón a todas as mulleres dun país, "onde ninguén parece xa querer ou poder cumprir as súas funcións".

Para entender a relevancia desta noticia, é importante destacar primeiro o fito histórico que lograran xa as mulleres da Asociación Ve-A-Luz coa súa primeira folga de fame á que puxeron fin o 14 de novembro, tras lograr que o Parlamento Galego comprometésese a crear unha Comisión de Investigación sobre a situación real das mulleres e os menores vítimas da violencia de xénero e dos abusos sexuais na Comunidade Autónoma de Galicia [2]. Tamén resulta imprescindible manexar o dato de que pronto, moi pronto, esta primeira vitoria volveríase de forma cruel contra elas, ao recibir unha chea de sinais desde as institucións de que a impunidade de abusadores e maltratadores, lonxe de recibir un duro golpe, vai resultar fortalecida, para empezar ensañándose cos seus propios casos.

Están cansadas do constante "ninguneo de xuíces e representantes públicos", tamén de que os medios de comunicación xeneralistas non se fagan eco ou expliquen confusamente os motivos da súa desesperada loita; por iso esfórzanse en deixar ben crariños e até en poñerlle número aos catro principais motivos que lles levaron de novo á dramática decisión de suspender a inxesta de alimentos.

En primeiro lugar, protestan contra as represalias pola súa denuncia, que as deixan sen saídas ante o agresor.

O Martes 27 de novembro, dous días despois do "Día Internacional contra a violencia de xénero" a Sección 1 da Audiencia Provincial de Galicia comunicoulles "en bloque" a decisión de sobreseer "por falta de probas" os casos de cinco das 10 mulleres que apareceron nun o vídeo[3] onde se denunciaba precisamente tanto a morna actuación da fiscalía no Xulgado de Violencia de Xénero da Coruña, como a gran porcentaxe de denuncias arquivadas que en devandito xulgado representa o 31% do total. Isto derivou nunha clara falta de confianza por parte das vítimas, fomentando así a NON DENUNCIA!!

Ante esta medida que as mulleres de #VelaLuz interpretan como unha clara represalia, deciden reemprender o seu encerro, para volver denunciar o "crime institucional e o dobre maltrato da estigmatización" da que din ser elas "tan só un exemplo". Afirman que a este tipo de represalias, ou outras parecidas ou peores, é ao que se enfrontan en España un crecente número de mulleres, cando se atreven a romper o silencio como elas e a denunciar o que lles sucede frontalmente como elas fixeron no seu vídeo de produción casera.

En segundo lugar, denuncian a desprotección que teñen en España os menores ante os supostos agresores. E por este motivo sinalaron o día 9 de decembro [4] ás 9 da mañá para empezar a súa folga de fame, dado que ese mesmo día, outra menor podería ser entregada por decisión xudicial ao presunto abusador que lle roubou a infancia. Con iso pretenden lograr impedir o que describen como "unha complicidade insoportable cos abusos"; e, ao mesmo tempo, queren que non siga ocultándose por máis tempo algo que cualifican como unha "aberrante normalidade" sobre os casos como este que se están permitindo en todo o país [5].

En terceiro lugar, as mulleres de #VeLaLuz denuncian tamén coa súa folga de fame a normalización social e mediática da impunidade ante os maltratadores e os abusadores sexuais, que se fixo explícita nas últimas horas, con casos como a posta en liberdade do asasino de Fabiola Mariana dá Silva; ou o escándalo das reiteradas aparicións en prensa dun condenado por abusos sexuais que se permite o luxo de anunciar a rutilante apertura dun macrocentro de Lecer Nocturno na Coruña, promovido polo Grupo empresarial Larry Smith, malia que se declarou insolvente[6] ante a xustiza.

En cuarto lugar e non menos importante, denuncian o escándalo de "O negocio da violencia de xénero", que parece outro episodio, máis indignante aínda, da omnipresente corrupción en España. Neste caso a corrupción de materializa en: o desvío ou desaparición de dotacións presupostarias destinadas á protección das mulleres; o destino da maior parte dos recursos a campañas publicitarias [7] para maquillar a realidade; ou, talvez o máis sangrante de todos os temas, os chamados "Puntos de encontro familiar", concedidos a dedo polos gobernantes "aos amigos" e que foron cualificado polas vítimas como "lugares Infernais" [8] ou "puntos silenciadores do maltrato".

Asociación Galega para a defensa de mulleres e niñ@s vítimas da Violencia de Xénero e/ou abusos. Membros da Movemento Grito en Silencio de ámbito estatal Teléfono: 633098277 .

No facebook:
https://www.facebook.com/velaluz.degenero

Web da Asociación Vela Luz:
http://www.asociacionvelaluz.es/

Canle:
http://www.youtube.com/user/velaluzgalicia

POR UN SISTEMA REAL QUE PROTEXA A MULLERES E NEN@S DA VIOLENCIA DE XÉNERO QUE NON FOMENTE A SUBMISIÓN, O EMPOBRECEMENTO E QUE NO PERPETÚE O MALTRATO. BASTA XA!!

Ante as situacións permitidas por un sistema de protección creado para as vítimas de violencia de xénero que nos tortura e nos somete, a mulleres e fill@s perpetuando o maltrato e empoderando ao maltratador.

COMEZAN UNHA NOVA "FOLGA DE FAME", NO BAIXO DO Nº5, DA RÚA EUSEBIO DA GUARDA, NA CIDADE D'A CORUÑA, NAS INMEDIACIÓNS DA AUDIENCIA PROVINCIAL.

Notas.-

[1] Noticia que explica os motivos da folga de fame que comezaron as mulleres da Asociación Velaluz o pasado 14 de outubro http://www.publico.es/479275/encadenadas-a-su-pasado-y-al-laberinto-de-la-justicia

[2] VER AS NOTICIAS PUBLICADAS RESPECTO DISO:
Noticia publicada en ABC.é http://goo.gl/XelI5ou
Noticia publicada no PROGRESO http://goo.gl/huPGBu
Noticia publicada no DIARIO.É http://goo.gl/lwU7pR

[3] Ver o vídeo denuncia que removeu máis conciencias, na canle Youtube, que audiencias nas cadeas xeneralistas http://goo.gl/xtQvDq

[4] Este día está prevista a vista xudicial para decidir a retirada de custodia a unha nai que se nega a respectar o réxime de visitas ditado por outra sentenza que non ha ter en conta a denuncia por presuntos abusos presentada contra o proxenitor, co apoio de varios informes hospitalarios. Por iso as mulleres de #VeLaLuz escolleron ese día e esa hora para reemprender a súa folga de fame: O día 9 de decembro ás 9 da mañá reemprenden o estado de inanición para sinalar que casos como este, tan difíciles de explicar, convertéronse en algo normal en España, provocando unha absoluta desprotección dos menores ante os seus supostos agresores.

[5] O caso é tan escandaloso que preocupou até ao Cónsul de Brasil en España, cuxa presenza esperar na sala xudicial.

[6] Esta denuncia refírese á persoa que responde ás iniciais M.L, quen é presentado nunha noticia publicada por Isabel Señor na sección de "Sociedade" de "Mundiario.com" como "o artífice dun novo modelo de Negocio e xestión do lecer coruñés"(http://goo.gl/5Z8wjp), malia haberse declarado insolvente, segundo denuncian as vítimas da Asociación Velaluz tras resultar condenado a unha pena de 2 anos e medio de cárcere e a pagar 8.000 euros ás vítimas dos seus "tocamentos íntimos" http://goo.gl/jKAYWR Segundo publicaba A.B. A CORUÑA o 25 Febreiro 2013 - ás 02:00 h. en "Elidealgallego.com".

[7] Consiste en animar ás mulleres a denunciar, baixo o lema de que "Hai saídas" sen advertilas das graves consecuencias que lles tocará vivir cando o máis posible é que as súas denuncias resulten sobreseídas ou arquivadas e o maltratador continúe solto. O escandaloso número de arquivos e sobreseimientos, sumado á estigmatización social da que son obxectos as mulleres que denuncian , e que se ve favorecido polo mito das falsas denuncias, alimentado e propagado periodicamente por determinados axentes sociais.

[8] En España dedicouse moi pouco diñeiro para a protección de mulleres, pero moito para outro tipo de cousas, como son os negocios paralelos, o caso dos chamados "Puntos de Econtro Familiar" ou a publicidade. Tamén se infla presupostariamente a Casas de Acollida que non prestan un servizo a gran número de vítimas. Habería que comparar o diñeiro que se dedica realmente a protexer ás vítimas ou a formar e dotar aos xulgados especializados, co da publicidade ou certos negocios paralelos.

_______________________

Esquerda Unida diante do Informe da delegación da Comisión de Peticións do Parlamento Europe que visitou a Ría de Ferrol o pasado mes de Febreiro deste 2013

O grupo municipal de Esquerda Unida denuncia a operación de ocultación e enmascaramento da  realidade por parte do Partido Popular europeo, e de  manipulación por parte do seu deputado Phillippe Boulland, ao servizo dos intereses dos donos de Reganosa e das políticas de engorde  do capital que sostén ás empresas do sector enerxético, no informe da comisión europea sobre o estado das rías galegas en xeral e da nosa en particular.

O informe final foi emendado por Esquerda Unida despois dunha esperpéntica historia de continuos borradores e versións provisionais que só se explican polo interese do Partido Popular (galego, español e europeo) de impedir que o que viron e ouviron os membros da delegación na nosa e en todas as demais rías visitadas saíra á luz nas observacións preliminares e nas conclusións finais do informe. A primeira e antiga, e polo mesmo moi venerable, acepción de “verdade” era en grego arcaico “aletheia” e, alí mesmo, significaba no seu uso común, non marcado, saír á luz. Neste caso o representante do Partido Popular europeo e xefe da delegación tratou por todos os medios que non resplandecera a verdade, que non houbera luz. No espazo urbano que o PP está a  promover como cidade da Ilustración o propio PP orquestra unha negrísima trama que pretende agochar a realidade nunha noite de sombras e reacción: todas as rías incumpren os prazos dados pola Unión Europea para o seu saneamento e a nosa en particular incumpre o anterior máis ten a peculiaridade de acubillar no seu seo a Reganosa da que o señor Boulland (o representante do PP) pretende caracterizar como perfectamente legal e razoable en canto ao seu emprazamento. Aínda temos todos/as nos ouvidos a pregunta da valente eurodeputada Angelika Werthmann membro da delegación ao observar alí, in situ, o monstro á beira das vivendas: canta xente hai no cárcere?. Agora o PP pretende deseñar unha realidade tan virtual como falaz chea de autoridades que se esforzan por cumprir a pesar de que aínda non se fixo nada por cumprir, de legalidades por todas as esquinas a pesar de que a UE recrimina continuamente as infraccións cometidas, de autoridades locais que colaboran coas asociacións peticionarias a pesar de que as asociacións peticionarias estean todo o santo día pedindo e reclamando colaboración. O informe-esperpento, en fin, froito da fusión entre os representantes da dereita e o capital enerxético constituído en grupo fáctico aderezado pola presenza muda de supostos representantes da esquerda benpensante e institucionalmente ben instalada.

Volvemos desde aquí igual que fixemos no seu momento a lembrar o enorme e importante papel que , para todo isto, desempeñou o noso eurodeputado Willy Meyer. Sen a súa constancia e interese non podería terse desempeñado a visita nos termos de denuncia pública tal e como aconteceu.

Esquerda Unida quere deixar ben claro que as alegacións presentadas ao informe cumpren cos compromisos da organización coas asociacións peticionarias e coa cidadanía, co seu programa electoral e co seu compromiso dentro de AGE cuxo grupo parlamentar presentou hai pouco tempo unha iniciativa sobre Reganosa por primeira vez no Parlamento galego. Neste sentido alegamos o informe nos seguintes puntos:
  • na defensa dunha industria marisqueira importante que dista moito de poder desenvolver todo o seu potencial económico e produtivo por mor da actual situación.
  • na necesidade de atallar con medidas concretas o deterioro do conxunto das rías atendendo de maneira inmediata ás consecuencias das graves infraccións en materia de saneamento e que foron constatadas de maneira reiterada pola UE.
  • en concreto para Ferrol, e sen ser caso único, a existencia de zonas onde non hai discriminación entre augas fecais e pluviais coas negativas consecuencias que isto comporta.
  • a necesidade de contemplar o saneamento non como mero gasto corrente senón investimento con retorno en saúde pública.
  •  a consideración do emprazamento de Reganosa como inadecuado e ilegal
  • Polo que se reclama:
  • a profundización de todas as medidas necesarias para o cumprimento dos estándares de saneamento máis esixentes da UE.
Oberva e denuncia:
  • o xogos de feitos consumados de Reganosa coa complicidade política necesaria para manter a planta en funcionamento no actual emprazamento.
E insta:
  • á comisión europea a facer valer os intereses xerais da cidadanía sobre os compromisos espurios político-empresariais tomando nota dos perigos asociados ao emprazamento con respecto a un accidente considerando insuficientes as actuacións en materia de prevención de emerxencias .
  • a facer cumprir os prazos para o saneamento integral da ría incluíndo a augas tratadas industrialmente.
Grupo Municipal de Esquerda Unida.
Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org
facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/
.


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
7 de dezembro de 2013 10:29

Bo día. Adxuntamos nota do grupo municipal pola que se critica a actitude oscurantista e manipuladora do Partido Popular,local,galego,español e europeo, no asunto do informe sobre o estado das rías galegas, en xeral e a de Ferrol en particular, despois da visita da delegación da Comisión de Peticións do Parlamento europeo e na que se detallan as alegacións presentadas por Esquerda Unida con interés especial para o caso de Reganosa e do saneamento integral da ría. Grazas e un saúdo, Secretaría de Comunicación. Consello Político Local. EU-Ferrol

_______________

domingo, decembro 08, 2013

Pintura, ... Por Amadeo Varela

Por Amadeo Varela Rodríguez [*]
08.12.2013


A que lle puxo Reganosa aos seus enormes tanques, como un recoñecemento implícito da desfeita medioambiental cometida na nosa ría, co emprazamento deses monstros nun entorno paisaxístico de valor incalculable.

E tamén como demostración de que nunca tivo un certificado ambiental que xustifique tal barbaridade.

Eu teño a dúbida de se o pintado é un daqueles “encaixes legais”, que o presidente da Xunta anunciou, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza do Estado confirmase a ilegalidade ambiental da planta regasificadora.

Agora quédalles “encaixar” o atentado ecolóxico que supón a esterilización e o enfriamento progresivo das augas da ría, que rematarán por eliminar todo vestixio de vida animal e vexetal, coas terribles consecuencias, non só ecolóxicas, senón tamén económicas.

En resume, que a planta de Reganosa non só non aportou aquela morea de postos de traballo que prometera, senón que está a destruír o medio de vida de moitas familias.
Publicado no Diario de Ferrol | 07.12.2013.

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida") publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
_____________

sábado, decembro 07, 2013

Accidente dun camión cisterna con GNL forza desaloxo nun rádio de 600 metros


Un accidente dun camión cisterna cargado con 20.000 quilos de gas natural licuado que viaxaba pola Autovía do Cantábrico, preto de Cadavedo (Asturias) foi a orixe dun suceso que obrigou a activar un plan de emerxencia especial por explosión durante dez horas. A autovía e a vía férrea estiveron cortadas de dez a oito da tarde, o que ocasionou retencións quilométricas. Foron dez horas de tensión.

Non houbo que lamentar danos humanos pero os habitantes que había nun radio de 600 metros en torno ao vehículo accidentado foron desaloxados das súas vivendas e trasladados a lugar seguro e o tráfico foi desviado pola N-632, o que provocou ao longo do día atascos e retencións.

A operación incluíu a instalación dun Hospital de Campaña e foi resolta por un técnico desprazado desde Cataluña.

Desde o CCE preguntámonos que se para un camión-cisterna precísase desaloxar un radio de 600 metros, ¿que distancia sería a adecuada ante un risco nos tanques de Reganosa, ou nos gaseros que a abastecen?

Galería de fotos de Bombeiros de Asturianas, no xornal asturiano "La Nueva España" 
Máis información en: LA NUEVA ESPAÑA


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc



Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-

 7 decembro de 2013 18:00
_______________

venres, decembro 06, 2013

Europa e a esquerda que vén


Entre as primeiras obras máis vendidas no vello continente durante o ano 2012, aparece o vello título do Manifesto comunista. Un rexurdir exitoso relacionado inequivocamente co impacto da convulsión económica (o triunfo da tese neoliberal) e o aumento das inquedanzas por parte dunha cidadanía europea agredida nos órganos vitais do seu cotián. O sólido golpe dun deseño previo no rostro desprotexido dos pobos.


A emenda á totalidade proposta por Marx e Engels en 1848 comeza coa soada sentenza: “Unha estadea percorre Europa: a estadea do comunismo”. Hoxe, con certeza, a esquerda aproxímase máis á figura da estadea non tanxíbel do que á alternativa concreta dunha política rupturista cos esquemas dos xestores do sistema. A emenda non acaba de prosperar.

En 1995 Perry Anderson escribiu que, desde os anos oitenta do século XX, a amálgama de acordos e arranxos, feitos dende a provisionalidade e a improvisación cando non dende a premeditación criminal, que deron lugar ao que arestora é o edificio institucional da Unión Europea adquiriran a “respectable aura da inercia”. Esta confrontaríase, a partir dos anos noventa, con tres eventos: a desaparición do bloque soviético, a reunificación de Alemaña e o Tratado de Maastricht, que desencadearían “procesos cuxas magnitudes só poden compararse coa fin da guerra”.

Ante os efectos no continente europeo da crise financeira internacional, iniciada nos Estados Unidos a finais do 2007, eses tres eventos comezan a dar conta da auténtica magnitude intuída por Anderson.

A desaparición do bloque soviético

O primeiro deles, a desaparición do bloque soviético, actúa como acelerador do proceso globalizador capitalista e como desestabilizador dunha esquerda que, logo un período no que a correlación de forzas permitira unha considerable conquista de dereitos sociais e económicos para as clases traballadoras, recoñecidos no chamado occidente na fórmula do Welfarestate, agora é incapaz de trazar unha vía practicable xa non só para pasar á ofensiva, senón mesmo para a mera resistencia. Unha incapacidade da esquerda que afecta aos que foran os antigos partidos comunistas pero que, sobre todo, afecta a unha socialdemocracia para a que a falta de contrapeso xeopolítico ao capitalismo globalizado e a falta dun movemento obreiro potente e organizado está a segar a condición de posibilidade da súa estratexia política.

A reunificación de Alemaña

A segunda, a reunificación de Alemaña, porque nunca como agora é tan clara a vontade hexemonista dunha Alemaña que parece considerar o sur Europeo coma o seu Lebensraum do mesmo xeito que o proceso unificador dos felices anos 90 -que á vista dos resultados electorais favorables á esquerda no leste alemán dos nosos días máis semella ser percibido coma unha Anschluss que como a orxía de abrazos e benestar prometida- considerou a antiga RDA primeiro, e despois os países do leste europeo, coma o Lebensraum da antiga RFA.

A sinatura do Tratado de Maastricht  e a reforma do artigo 135 da Constitución

A terceira, a sinatura do Tratado de Maastricht -e xa antes o acordo de libre comercio de facto que era a Acta Única-, porque, a asunción dese tratado -que no seu artigo 104 prohibe que os bancos centrais financien aos gobernos- e os que o seguirían -o 123 do Tratado de Lisboa ratifica o dito polo 104 de Maastricht-, até chegar á infame reforma express do artigo 135 da Constitución española, impulsada polo bipartidismo do réxime -que sacraliza a prioridade do pagamento dunha débeda que nunca poderá pagarse sobre os dereitos das persoas- semella cada vez máis evidente a identificación da UE, en tanto que estrutura institucional positiva produtora de legalidade, coa ideoloxía neoliberal.

Tres eventos que pechan definitivamente o ciclo keynesiano dos chamados 30 gloriosos e inauguran unha nova orde, que emerxe entre os cascallos do TINA thatcheriano do finais do século XX, ao servizo de institucións, coma o FMI, o BM ou a Unión Europea, orixinariamente pensadas para outros fins pero que hoxe encarnan procesos de baleiramento da soberanía popular nas democracias liberais. Velaquí un escenario óptimo para a arelada terapia de choque do neoliberalismo.

Con este contexto como pano de fondo a esquerda debátese entre dúas estratexias, a da reforma ou a da ruptura, para superar esta etapa de mercantilismo desenfreado que revoga referendos ou executa directrices de desmantelamento do estado de “medioestar”.

A reivindicación da Fronte Ampla

Para practicamente toda a esquerda europea semella cada vez máis clara a necesidade de unir forzas ante o desafío de proporcións xigantescas que representa o dogma da austeridade imposto pola chamada Troika (Comisión Europea, Banco Central Europeo e FMI). Cómpre, se cadra, cavilarmos arredor da construción dunha nova internacional non sectaria -que recolla o espírito da vella Primeira Internacional- ou dunha unidade de acción, como a reclamada en 2012 polos líderes Jean-Luc Mélenchon e Oskar Lanfontaine nun artigo conxunto dirixido aos pobos francés e alemán. Trátase de artellar a solidariedade europea dos de abaixo fronte ao reparto oligárquico dos de arriba. No noso país esta idea está sendo formulada explicitamente, na reivindicación da Fronte Ampla, polas forzas que compoñen AGE.

Porén, canda este consenso máis ou menos claro, unha contradición atravesa toda a esquerda europea á hora de deseñar a súa estratexia. Contradición que, sen dúbida, será crucial tamén á hora de facer viable a unión de forzas. Xa sexa internamente, coma no caso de Syriza, Die Linke, Parti de Gauche ou Izquierda Unida, xa sexa por separado, coma no caso do Bloco de Esquerdas e o PCP, ou de Syriza e o KKE, ou de ICV e ERC e as CUP, as esquerdas europeas viven no seu interior a pugna entre os que avogan por rachar co euro e recuperar dunha maneira ou doutra a política monetaria como primeiro paso estratéxico e sine qua non para conquistar a capacidade de decisión sobre as políticas económicas, e os que consideran que isto non é prioritario e que aínda hai marxe de manobra para unha reforma das institucións europeas que posibilite tamén a ansiada democratización das decisións económicas.

O programa

O programa reformista pasaría pola unión bancaria, a condonación ou o alivio da débeda dos países do sur por parte dos países do norte, a habilitación do Banco Central Europeo para financiar os países da zona euro, o cesamento da asasina política de apartheid fronteiriza cos cidadáns do sur do mediterráneo que se achegan en busca dunha mellora nas súas vidas, a profundización democrática das institucións europeas para faceren delas auténticos reflexos das arelas sociais do continente e non un selecto club de ricos onde as decisións non pasan por peneira ningunha da soberanía popular e, no caso español, tamén pola abolición do artigo 135 da Constitución.

Que a esquerda queira usar o seu dereito a disparar o último cartucho arredor deste programa non debería ser óbice para que esa mesma esquerda lles fale claramente aos seus cidadáns da dificultade que entraña esta empresa. Como sinalan Leo Panitch e Sam Gindin no seu libro de recente aparición The Making of Global Capitalism: The Political Economy Of American Empire, os estados nación -falamos obviamente dos poderosos coma EEUU ou Alemaña- xogan aínda un papel máis importante, na xestión do capitalismo globalizado, do que se acostuma pensar. E a lóxica dos estados nación segue a imperar na intrapolítica da UE. As probabilidades de que o electorado alemán acceda a asumir un programa como o sinalado máis arriba son ben remotas. E os países do sur, de tanto agardar a que a situación estea madura para que ese programa se leve a cabo, poden ficar tan desangrados que a chegada daquel será completamente inútil. É así que á esquerda se lle debe esixir honestidade e veracidade. De optar pola vía da permanencia no euro, cómpre informar aos cidadáns de cales poden ser os custos, en termos de destrución das economías dos países do sur. E nunca debe negárselles aos cidadáns do sur a posibilidade do impago da débeda e da saída voluntaria do euro como método para conquistar soberanía popular sobre as decisións económicas. En primeiro lugar porque a implosión do euro, tal e como sinalan numerosos autores, non é algo descartable no medio prazo. En segundo lugar porque deixar ese discurso en mans unicamente da ultradereita, como xa está a suceder en Francia e no Reino Unido (neste caso o discurso é anti-UE), é moi perigoso.

O reformismo non-reformista - Unha vía de unidade e ruptura

Do punto de vista do europeísmo tradicional no discurso galeguista cómpre reconsiderar se a UE realmente existente encarna hoxe algún tipo de vía para que o noso país poida ser máis dono de seu. Hoxe, o noso país, o mesmo que todo o sur europeo, é unha reserva de man de obra desindustrializada e terciarizada e unha economía destinada unicamente ao cumprimento co pagamento da décima imposta pola banca do norte. Ningunha liberación, nin sequera cultural, poderá chegar partindo desta situación de vasalaxe.

Na actualidade, cando se fala da UE, cómpre interiorizar que esta se converteu, nesta parte do mundo, no máis prezado dispositivo ideolóxico dos espallados polo Partido da Orde; na vaselina discursiva -cos seus valores asociados de fraternidade, antibelicismo, economía do coñecemento, etc.- con que se revisten as crúas políticas do capitalismo globalizado en Europa. Unha tarefa primordial para a esquerda galega e europea actual é non atender, e sobre todo non reproducir, estes cantos de serea. Coma o lúcido Ulises, tamén nós debemos pór a cera nas orellas para calibrar friamente que significa ser “un novo estado da UE” no momento actual.

A Europa sen fronteiras dos anos de bonanza derivou na Europa das expulsións do excedente da man de obra que antes creara parte da riqueza dos estados membros. Repítense os mesmos conflitos sociais e a mesma falta de organización ou mobilización social para deter as políticas suicidas dos gobernos. A Europa pretendidamente ergueita sobre os piares da cultura clásica volve ser hoxe a Europa caldo do fascismo.

Nós estamos convencidos da necesidade de apostar por unha vía de unidade e ruptura nunha paisaxe de afundimento onde a soberanía dos estados do sur se merca en poxa privada. Un vieiro sólido que, sen descartar conxunturalmente o que Andre Gorz chamaba “reformismo non-reformista”, non teña medo a falarlle claro á cidadanía poñendo a saída do euro e a recuperación estatal da política monetaria sobre o tapete.

Somos Ninguén é un proxecto en construción. No ano V da última crise sistémica do capitalismo globalizado queremos chantar estes alicerces sen saber moi ben -e sen preocuparnos demasiado- como serán as paredes, as fiestras nin o teito [Quen Somos].

Fonte: http://www.somosninguen.org/


Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
6 de dezembro de 2013 13:52
________________________

Defendamos a Sanidade Pública, apoiemos as mobilizacións e folgas das traballadoras e traballadores na súa defensa e na defensa dos seus dereitos sociolaborais - 9 e 10 de Decembro Folga Xeral, e concentracións e manifestacións

Todas as medidas introducidas, nos últimos tempos, polo Goberno do Partido Popular, encabezado por Alberto Núñez Feijóo, están encamiñadas á mercantilización da sanidade pública, convertela nun negocio para o Capital. Este proceso leva a rebaixar o servizo público de saúde, até o seu parcial deterioro. A Conselleira Rocío Mosquera Álvarez cumpre o papel de xestora deste desmantelamento da sanidade pública, para entregala, paso a paso, coa introdución de privatizacións, copagos, repagos, peche de camas, lexislando..., para deixar nas mans de corporacións e empresas privadas o "negocio da sanidade", a venda e entrega da xestión de todo canto servizo presta o SERGAS e outros da Consellería de Sanidade.

"Perda do dereito á asistencia sanitaria para algúns colectivos; copagamentos de ambulancias, ortopróteses e medicamentos; peche de camas co conseguinte aumento das listas de espera; aprobación da Lei de Garantías, pola que as persoas que leven certo tempo en lista de espera serán derivadas á privada; privatización de cociñas, lavanderías, servizos de mantemento de aparataxe, xestión de diagnóstico por raios; derivación obrigatoria dos accidentes de tráfico leves á privada; afastamento da poboación das especialidades de medicina; falta de substitución de profesionais, ..."

Os vindeiros luns e martes, días 9 e 10 de decembro, as organizacións sindicais, CCOO e CIG, e varios sindicatos de médicos, convocan unha Folga Xeral na Sanidade Pública Galega, para denunciar o desmantelamento e privatización á que nos está sometendo o Partido popular -PP, coas súa políticas neoliberais, en consonancia coa política xeral de desmantelamento do sector público en todos os sectores: Servizos Sociais, Dependencia, Ensino, Sanidade, Concellos, ...

En Ferrol como en moitas cidades e vilas da Galiza, van ter lugar, concentracións cidadáns diante dos centros de Saúde e Hospitais, así como o Martes, 10 de Decembro, unha Manifestación Comarcal con saída ás 6 da tarde, de diante do Centro de Saúde Fontela Maristany, na Praza da Porta Nova (Praza de España).

SOS Sanidade Pública e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol (na que está integrado o noso Colectivo Ártabra 21), apoian estas mobilizacións.

As outras mobilizacións en diferentes vilas e cidades da Galiza:
  • O Barco Hospital Comarcal. 20h.
  • Ourense Pavillón dos Remedios. 20h.
  • Burela Hospital da Costa. 20:30h.
  • Vigo Hospital Xeral. 20h.
  • Lugo Edificio Multiusos Xunta de Galiza. 20h.
  • Pontevedra Porta Principal Hospital Provincial 20h.
  • Santiago Praza Roxa 20h.
  • A Coruña Casa do Mar (Avda do Exército) 20h.
  • Barbanza Centro de Saúde 20h.
  • Monforte Praza de España 20h.
  • O Salnés Porta principal Hospital do Salnés 14h.
  • Cee Porta Principal Hospital Virxe da Xunqueira. 12h.
PARTICIPA !
DEFENDE OS TEUS DEREITOS !
A SAÚDE NON É UN NEGOCIO, A SAÚDE É UN DEREITO !
POR UNHA SANIDADE, PÚBLICA, UNIVERSAL E SEN COPAGOS!



Nota.- Para ampliar as dúas follas informativas anteriores clica dentro da imaxe.
_________________

xoves, decembro 05, 2013

Aprobacion da Lei Garatias Sanitarias destinada, fundamentalmente, a favorecer aos hospitais privados concertados e a crear un mercado sanitario público-privado en Galicia

Nota AGDSP aprobacion Lei Garatias Sanitarias

O Goberno Galego aprobou, grazas á maioría absoluta,  a denominada Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias que fixa un máximo de 60 días de espera para intervencións quirúrxicas e 45 para consultas e probas diagnósticas; posibilita a libre elección de medicos, enfermeira e hospital; a segunda opinión medicas sobre algunhas enfermidades ; posibilidade de manifestar instrucións previas ; e a recibir información sobre dereitos e deberes dos pacientes.

Deste xeito considera que:
  1. A Lei é innecesaria e un refrito lexislativo, xa que estas medidas están recolleitas en múltiples leis Estatais e Autonómicas.
  2. Pon limite o tempo de espera, que si se supera da dereito a ir a un centro privado (pagado con diñeiro público). A Xunta sabe que os tempos fixados son  imposibles de levar á práctica tralos recortes de persoal e da actividade dos centros públicos (en Vigo o 68% dos pacientes espera máis dun ano e o 22,8% máis de dous , cun crecemento do 64% no último año), como consecuencia os centros privados recibiran centos de pacientes a pagar con diñeiro público. Ademais a Lei beneficiará aos enfermos máis ricos que podan pagar as intervencións e esperar a que o sistema devólvallas.
  3. A Libre elección de medico/a xa está recoñecida desde fai anos, a de enfermeira/o atenta contra a estrutura dos equipos en Atención Primaria, e a  de hospital en toda a Comunidade Autónoma, impedirá a planificación dos recursos e ten como obxectivo final abrir un mercado sanitario en  toda a CCAA,  facilitando que os hospitais privados podan conseguir  clientes en toda Galicia (pagados cos orzamentos públicos).
  4. O dereito á unha segunda opinión, instrucións previas e información sobre dereitos e obrigas, xa está recoñecido de xeito exhaustiva polo ordenamento vixente.
Em resumo e  unha  lei no máis puro estilo de marketing político (para mellorar a imaxe dunha administración deteriorada polos copagos, recortes e privatización), destinada fundamentalmente a favorecer aos hospitais privados concertados e a crear un mercado sanitario público-privado en Galicia.

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública
mmargar1951@gmail.com
Móbil: 669704177

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
4 de dezembro de 2013 12:52
www.plataformadspferrol.blogspot.com

______________

O movimento veciñal no Madrid dos 70 - 'La Ciudad es nuestra', interesante documentario sobre o movimento veciñal, nuns anos de utopía e colectividade, de Tino Calabuig e Miguel Ángel Cóndor - Vídeo


Documentario sobre unha asociación veciñal de Madrid, mostrando os barrios de Madrid e o movimento veciñal. Rodada coa axuda das asociacións veciñais "Pozo del Tío Raimundo", "Orcasitas" e "Barrio del Pilar"; co apoio da Federación das asociacións veciñais de Madrid.

Dirección: Tino Calabuig e Miguel Ángel Cóndor.

Primavera de 1975.


http://youtu.be/RxpeFxtQXLs

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
5 de dezembro de 2013 00:30
_____________

Catorce entidades manifestan a súa oposición á construción dun 'tanque de tempestades' no parque 'Pablo Iglesias' e piden outra localización - E avogan pon un outro saneamento, que separe as augas residuais e das pluviais, no camiño da recuperación integral da Ría de Ferrol


Advertimos novamente sobre o absurdo da instalación dun “tanque de tormentas” no parque público Pablo Iglesias; esa instalación non deber estar situada nese lugar tanto por respecto aos dereitos da veciñanza e do conxunto do pobo de Ferrol a un parque de ocio infantil e de gozar de zona verde sen infraestruturas molestas, como pola propia inutilidade desa instalación para cumprir o fin para o que tecnicamente está deseñado. Esa obra -e o tempo o demostrará- é desperdiciar o diñeiro dun xeito inútil dentro dun plan de saneamento que ao día de hoxe non cumpre coa  normativa europea, estatal e autonómica de tratamento e separación das augas fecais e residuais urbanas, e que adoece ademais de outras carencias, deficiencias e incoherencias.

Estas afirmacións que facemos poden ser demostradas e así o son nun estudo completo que un grupo de cidadáns con coñecementos profesionais e experiencia ten elaborado, e que está sendo obxecto de explicación e debate nas “Xornadas sobre saneamento da Ría de Ferrol: presente e futuro” que se ven celebrando na nosa cidade dende o día 30 de Outubro,  xornadas as que por certo NINGÚN REPRESENTANTE DO GOBERNO LOCAL se digna a asistir, a pesares de estar convidados con sumo interese pola nosa banda e co convencemento de que están a perder a oportunidade de recoller unha información de gran nivel e rigor que renuncian a coñecer e contrastar.

Non obstante, reiteramos a invitación ao Alcalde para que asista as sesións que aínda restan destas xornadas e para que cando menos se moleste en coñecer as nosas conclusións. É a mínima mostra de respecto que pode amosar quen cobra do erario público cara o esforzo desinteresado de veciños e colectivos ecoloxistas que estamos a traballar pola defensa dos dereitos e do interese colectivo, en lugar de favorecer o interese de empresas privadas que si adoitan inflar os gastos de investimento e de mantemento de obras e servizos pagados con cartos de todos. O Plan de saneamento que nos ocupa debe ser revisado e modificado con urxencia, e nos temos importantes apartacións que facer ao respecto, tal e como incluso lle trasladamos nunha entrevista ao equipo autor dos estudos e cálculos que -con “erros” documentados- xustifican a construción dos tanques de tormentas no referido plan.

 Quede claro que nos preocupa e moito que a nosa ría sexa protexida cun plan de saneamento integral digno dese nome e que cumpra realmente a súa función, que é, cando menos, frear a súa contaminación, ademais de ser unha obriga das administracións e do conxunto da cidadanía que vivimos no seu entorno, e implica investimentos millonarios de cartos públicos que non poden volver a ser desperdiciados como ven ocorrendo nos últimos 20 anos. Pero clarexado o anterior, tamén dicimos que non renunciamos a que se respecte a legalidade urbanística municipal e supra-municipal que afecta a este parque e máis a posibilidade de acudir á OLAF-CE [*] para que Europa coñeza como se están a investir os cartos públicos que veñen dos seus orzamentos a través dos fondos FEDER.

ADEGA, Comisión Medio Ambiente A.VV. “El Pilar”, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia.

Apoian o comunicado: Colectivo Artabra 21, Espazo Ecosocialista, Fuco Buxán A. C., NÓS - Unidade Popular, EQUO Ferrolterra, Compromiso por Galicia Ferrolterra, Executiva PSOE de Ferrol, Anova - Irmandade Nacionalista, Esquerda Unida e BNG.

[*] A Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), forma parte da Comisión Europea e goza dun estatuto particular de independencia para as funcións de investigación e loita contra a fraude. Dous Reglamentos e un Acordo Interinstitucional especifican as súas modalidades de funcionamento.
_________________

O movemento "Zero Waste" ou "Residuo Cero" está a visualizar en Europa a necesidade de deixar de producir aquelo que non se pode reciclar ou reutilizar - Entrevista con Enzo Favoino, presidente do grupo de traballo sobre tratamentos biolóxicos da ISWA e vicepresidente da ECN (Rede de compostaxe europea) - Radio Cerna - ADEGA

Máis de 200 concellos en Italia xa están a xestionar os seus residuos baixo o método "residuo cero" e o sistema de recollida porta a porta. O movemento "Zero Waste" ou "Residuo Cero" está a visualizar en Europa a necesidade de deixar de producir aquelo que non se pode reciclar ou reutilizar. Este sistema é factible e viable, como así o expuxo na súa videoconferencia un dos promotores do movemento e coordinador do Comité Científico de Zero Waste en Europa, Enzo Favoino [*]. Recollemos neste espazo a súa intervención traducida por unha intérprete ao galego.



[*] Enzo Favoino, presidente do grupo de traballo sobre tratamentos biolóxicos da ISWA e vicepresidente da ECN (Rede de compostaxe europea).

Información relacionada: os pasados 22 e 23 de Novembro de 2013, celebrou-se, en Pontevedra, o Foro Europeo: 'Cara unha sociedade da reciclaxe - Iniciativas e experiencias'.

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) é unha asociación ecoloxista democrática, independente e sen ánimo de lucro que traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida [+info].

Web oficial de ADEGA:
http://adega.info

Proxecto de ADEGA:
http://eiradaxoana.blogaliza.org/

ADEGA nas redes sociais:
https://www.facebook.com/adega.info
adega.info@facebook.com

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.info

Radio CERNA
http://www.adega.info/web/radiocerna/portada.php
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.info

ADEGA-TRASANCOS | Delegación de Ferrol Terra
Nés Lopes - Presidente de Adega-Trasancos | 649779774
Xandro García - Secretario de Adega-Trasancos | 660859493
Apartado 481
15480 Ferrol
Centro Cívico de Caranza
Enderezo: Av Castelao, s/n, 15406 Ferrol
adegatrasancos@adega.info
________________

martes, decembro 03, 2013

Así, así, nengún paso atrás na defensa da Comarca e do Naval


As comarcas de Ferrol en loita, ante unha situación que se está volvendo insostíbel. Despois da significativa mobilización da noite do pasado Venres, 29 de Novembro. De novo as traballadoras e traballadores das comarcas saíron á rúa para protestar e esixir solucións a unha zona deprimida e en declive industrial e social. Ferrol e a súa contorna esmorece porque os gobernos queren. Basta xa de enganos e falsas promesas, non poder ser que tanta mentira de gobernos corruptos, tanta farsa,  ...a resposta debería ser sostida e adecuada.  Resistencia, rebelión e contundencia.

A manifestación comarcal, foi un acto reivindicativo e de unión popular ante tanta incompetencia. As palabras de Manuel Rivas  que viñeron a unir a denuncia de 'Nunca Máis' coas esixencias dunha poboación farta de tanta falsidade e abandono, viñeron lembrar que a nosa forza reside na razón, na unión e na loita. "O pobo unido xamais será vencido".

Unha vez finalizada a manifestación comarcal, os Comités de Navantia de Ferrol e Fene, así como os delegad@s de persoal e comités de compañías auxiliares, pecharon-se no Pazo Municipal de Ferrol. Até o martes, 3 de Decembro, que está previsto que finalice o peche ás 11 da mañá, coincidindo coa convocatoria dunha Asemblea Popular que se celebrará na Praza do Concello, á que asistiran as traballadoras e traballadores dos dous estaleiros. Na Asemblea Popular informara-se do acontecido na xuntanza de Madrid, entre o Comité Intercentros e a Dirección de Navantia, na cal agardaba-se que se presentara o anunciado Plano Estratéxico 2014-2018, hoxe Luns 2 de Decembro.


A noticia nos medios:
  • Ferrolterra volve clamar por unha solución para o naval | Praza Pública.
  • Un encerro no Concello pon fin á multitudinaria protesta do naval | Diario de Ferrol.
  • Ferrol sae á rúa |Radio Fusión.
  • Ferrol bótase á rúa para esixir solucións ao drama do sector naval | Ferrol 360.
  • Multitudinario apoio de Ferrolterra á manife polo naval e futuro da comarca | SermosGaliza.
  • Multitudinaria protesta contra a morte do naval e de Ferrol | Miles de persoas botáronse á rúa pola falta de traballo no sector | La Voz de Galicia.
Fotos da da galería: A. C. Fuco Buxán.

Centrais Sindicais:
______

domingo, decembro 01, 2013


Se queres enviarnos unha convocatoria ou simplemente poñerte en contacto con nós, envíanos un mail a axendaaberta@gmail.com

http://axendaaberta.blogspot.com.es/

||||||||||||||||||||||||||||