mércores, agosto 22, 2007

Parte da veciñanza pechada na casa do Concello de Mugardos, desplazarase até a Fonsagrada onde estará Zapatero o vindeiro sábado, 25 de Agosto

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data:21 de Agosto de 2007 22:36
Asunto: MARCHA VISITA A ZAPATERO A FONSGRADA

A VECIÑANZA DE MUGARDOS Á FONSAGRADA , PARA VISITAR AO PRESIDENTE ZAPATERO

O vindeiro sábado 25 terá lugar unha comida mitin do PSOE na Fonsagrada (LUGO).
Os veciños encerrados no concello de Mugardos en contra da localización da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol, desprazaranse en autobús e convidan a todas as persoas que o desexen a sumarse á protesta.

Como Chegar

  • Dende Lugo simplemente hai que seguir a 530 ata A Fonsagrada.




¡¡¡¡ SE MAHOMA NON VAI Á MONTAÑA, TERÁ QUE IR A MONTAÑA A MAHOMA.!!!!


PLANTA DE GAS FORA DA RÍA

REGANOSA ILEGAL E PERIGOSA

AXUDANOS COA TÚA PRESENCIA NA FONSAGRADA

Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Mehá"
__________________

martes, agosto 21, 2007

Novas visitas, novas actuacións, denuncia e un agarimoso e solidario artigo para a veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 21 de Agosto de 2007 17:54

Asunto: NOTA DE PRENSA, PECHADOS AXUNTAMENTO MUGARDOS


NOTA DE PRENSA, PECHAD@S NA CASA DO CONCELLO DE MUGARDOS

A Plataforma de Vecinos de Mehá, como representante dos/as veciños/as pechados/as no Concello de Mugardos, dende o día 23 de xullo, á espera de que o Presidente da Xunta de Galicia, o Ministro de Industria e o Director Xeral de Política Enerxética, nos concedan as entrevistas solicitadas, queremos comunicar que a día de onte 21 de agosto, denunciamos na comandancia da garda civil de Mugardos, que entre as 02:00h. e as 06:00h., da madrugada do luns, un axente da Policía Local, procedeu á retirada do mural alegórico á instalación da Planta de Gas Natural Licuado (adxuntamos fotografía), en Mugardos, por orde da Alcaldía. O citado mural, fora colocado na fachada do Concello na maña do día 19 de agosto, tras a finalización dunha concentración de protesta contra a citada instalación.

Esta reitrada do mural se produxo tras o fracaso do Alcalde, para impedir que a concentración se pudiera celebrar, distorsionando totalmente o contido pacífico da protesta frente ó Subdelegado do Goberno, que finalmente concedeu a autorización facendo oidos sordos á petición da Alcaldía de que non fora autorizada argumentando todo tipo de mentiras.

Noutra orde de cousas, comunicar que a veciñanza pechada no Concello doará sangue, maña,durante a visita que a unidade móvil do centro de transfusión realizará manán día 22 en Mugardos. Igualmente o mércoles 22 ás 20:00h. terá lugar unha nova actuación no Parque Anexo ó Concello, en mostra de solidariedade con nós, esta vez será Fran Rey e Julie Guravich.

Seguindo coas actividades que levamos a cabo os veciños de Mehá, comunicámosvos que hoxe pola mañá recibimos a visita de Xulio Abelleira, Secretario comarcal de CCOO, quen mostrou a súa solidariedade e apoio cos veciños (adxuntamos fotografía), pechados no concello de Mugardos, comprometéndose a participar na marcha a pé do próximo venres dia 24 de Agosto que sairá ás 16:00 horas dende o peirao de Ferrol para rematar na casa do concello de Mugardos.

Agradecemos tamén ó escritor e xornalista polifacético Liño Braxe, o seu comprometido artigo a prol da loita que os veciños estamos a levar (axuntamos o arquivo)

Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Mehá"
__________________

O Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol

Convoca:

MARCHA CIDADÁ A MUGARDOS

Contra a localización da Planta Regasificadora de Reganosa
dentro da Ría de Ferrol, sumándose á veciñanza pechada
desde o 23 de xullo na Casa do Concello de Mugardos.

Andaina de 17 Kms.

Venres, 24 de agosto de 2007

Saída do Porto de Ferrol, ás 16 hs.
Regreso en autobús de liña, ás 22 e 23 hs.

¡¡¡ PARTICIPA !!!


¡¡¡ A NOSA VIDA E NOSA E NON DE REGANOSA ¡!!!


Cartaz consensuado na pasada reunión [16.08.2007] do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Pregase difundir o cartaz.
Se alguén quere o cartaz en formato PDF a cor ou B/N que o solicite ao correo-e:
artabra21@gmail.com

[Clicar acima del para ampliar]


Faite coa túa bandeira da dignidade
[+ info]

Para ampliar a imaxe clica acima dela
________________________

Encontro de entidades culturais coa Concelleira de Cultura da cidade de Ferrol: mércores 22 de agosto

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de Agosto de 2007 12:26
Asunto: nota de prensa da Concellería de Cultura



A Concelleira de Cultura, Yolanda Díaz manterá mañán mércores, 22 de agosto, ás 17:00 horas no Centro Cultural Torrente Ballester un encontro coas asociacións culturais da cidade

Yolanda Díaz manterá mañán un encontro de traballo coas asociacións e entidades culturais da cidade ao obxecto de participarlles dos proxectos culturais que ten a concellería e máis coñecer das inquedanzas e propostas das entidades culturais da cidade.

A Concelleira de Cultura e Primeira teniente de Alcaldesa está a traballar na definición dunha nova política cultural, que permita inxerir a nosa cidade nos circuitos culturais máis esixentes no que atinxe a programación e promoción da cultura, facendoo de xeito participativo, no traballo cotián coas entidades culturais sobranceiras da cidade.

A participación dos movementos asociativos da carácter cultural semella indispensable para conquerir un novo modelo cultural para a cidade, quen de artellar unha proposta de calidade e modernidade no que atinxe á vida cultural.

No eido cultural a Concellería ten a vontade de involucrar a meirande número de persoas e entidades nun proceso de democracia participativa que permita acadar as liñas forza que definan unha nova política cultural.

Nas diferentes expresións artísticas resta unha tarefa formidable de valorización e difusión que convirta a nosa cidade nun eixo relevante da programación e dos circuitos culturais máis importantes a nivel do Estado e internacional.
________________________

Artigo de opinión de Lino Braxe: A Gran Familia

A gran familia
Lino Braxe
20.08.2007

..As abutres voan en manada, as aguias fano soas. Creo que a frase pertece á película Confidencias de Visconti e que a pronunciaba o actor Burt Lancaster. Todo isto ben a conto de que algo de aguias teñen que ter os viciños de Mehá -Parroquia do Concello de Mugardos- que levan fechados un mes no edificio do concello mugardés protestando pola ubicación da planta de gas de Reganosa no interior da ría de Ferrol. Algo dese espírito libre das aguias teñen estes veciños e viciñas que con valentía e paciencia están a defender o interese de todos, o común patrionio ecolóxico de todo un pobo. Cada día teño máis claro que a verdadeira batalla que debe librar Galiza é pola ecoloxía. O Courel, O Ribeiro, a ría de Ferrol son hoxe referentes de como as bestas da política están a queimar o noso país. Este artigo quere ser só un conxunto de letras que debuxen no cerebro das xentes que están fechadas no concello mugardés a palabra gracias. Por iso, para apoialos e amosar o noso agradecemento é polo que xentes da cultura e das artes están a desprazarse ata Mugardos. Ao longo destes trinta días teñen visitado aos fechados no concello artistas como Manuel Rivas, Xurxo Souto, Mabel Ribera ou Xosé Manuel Beiras -e non lles asombre que inclúa a Beiras na nómina de artistas porque ademais de político é un magnífico pianista e escritor-. Moitas asociacións culturais, veciñais e ecoloxistas teñen tamén amosado a súa solidariedade aos fechados. É ben certo que a historia non a escribe a masa senón algúns individuos. As ideas sempre son propiedade duns poucos, sen embargo o odio e o rencor é o capital das maiorías. Os que medramos ao pé de Santa Lucía e de Mehá non somos quen de permanecer impasibles diante da destrución do paraíso da nosa nenez. Sobre o que penso sobre a planta de Reganosa xa teño escrito noutra ocasión. Hoxe, só quero falar desde o corazón aos meus paisanos. Non temades a derrota. O importante non é a meta senón o camiño. Xa o decía Kavafis cando definíu o que significan as Itacas. O verdadeiramente inesquecible é ver que levades gravados na alma aqueles versos de Góngora "...la playa azul de la persona mía", ese arrecendo mariño que nos queren roubar con mentiras. O tempo pon as cousas no seu sitio. O mao é que o tempo corre na nosa contra e cando Galiza reaccione será pra arrepentirse do sucedido -como sempre- en lugar de animar agora o lombo. Como ando ensaiar a óepra de Stravinsky Historia do soldado non me resisto a reproducir parte dun dos meus parlamentos: "Non se pode engadir ao que se ten o que antes se tiña, non se pode ser ao mesmo tempo que se é o que se era". Vós sodes, xa, e para sempre, distintas persoas. Sodes xa unha gran familia que ten un motivo eterno para estar unidos. Antes erades veciños e veciñas. Agora sodes amigos e amigas. Saude e Terra, Irmáns.

____

Publicado en La Opinión de A Coruña

Enlace co artigo orixinal
__________

Algunhas noticias de interese que publican varios xornais no día de hoxe [21.08.2007]

Noticias de interese que saen públicadas hoxe nalgúns xornais

El País
SONIA VIZOSO - Santiago - 21/08/2007

Reganosa dá por finalizada a planta de gas pero mantén a súa actividade en probas
A empresa prevé a entrada na ría de Ferrol de dez gaseros máis ata final de ano

___________

Diario de Ferrol
21 de Agosto de 2007

O Goberno asegura que Reganosa opera de acordo á legalidade
O Executivo central asegurou, a través dunha resposta ao deputado do BNG no Congreso Francisco Rodríguez, que a planta de gas de Reganosa opera de acordo á legalidade vixente. O parlamentario nacionalista demandaba información exhaustiva sobre o proceso de aprobación da compañía ante as críticas dos opositores á mesma.

________________

La Opinión de A Coruña
PABLO LÓPEZ Pablo López. Ferrol
21 de Agosto de 2007

Os veciños de Mehá denuncian ao alcalde por retirar unha pancarta
Os membros da plataforma veciñal mostran o cartel retirado polo alcalde de Mugardos.
Os axentes policiais, obedecendo ordes do primeiro edil, sacaron e gardaron o mural reivindicativo cando os manifestantes se quedáron durmidos.

_____________

NoticiasGalicia
21/08/2007

O Comité de Emerxencia de Ferrol convoca unha marcha cidadá contra Reganosa o vindeiro venres 24 de agosto
noticiasgalicia.20/08/07- O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convocou unha marcha cidadá á localidade de Mugardos (A Coruña), onde se sitúa plánta regasificadora de Reganosa, en protesta contra a localización da mesma neste emprazamento interior da ría.


- O BNG di que o Goberno asegura que a construción e as probas da planta de Reganosa cumpren coa "legalidade".

- Manuel Rivas afirma que o traslado de Reganosa ao porto exterior de Ferrol é "unha solución inevitable"
______________

luns, agosto 20, 2007

Praza de Sartaña Sempre Pública !!

Ferrol

Sartaña sempre pública !!
con este berro reivindicativo a veciñanza de Sartaña que integran o Colectivo Veciñal, expresaba unha demanda para protexer unha Praza Pública ameazada polo despropósito urbanístico do anterior Goberno Municipal liderado por Juan Juncal. O promotor do despropósito era Leopoldo Ibáñez Santiago, que foi Concelleiro de Deportes e Presidente do Patronato Municipal de Deportes. Pertenece ao Grupo Político de Independientes por Ferrol e que segue como concelleiro na actual lexislatura. Temos que aledarnos que grazas ao resultado das eleccións non ten responsabilidades de goberno. Durante os anos de Concelleiro de Deportes fixo muitas amistades, entre as que se atopa SERVIOCIO, empresa concesionaria [a única que se presentou á licitación] do proxecto do Centro de Saúde, Deportivo e Lecer de Sartaña [mini piscina incluida]. Un pretendido Centro de Saúde, Deportivo, ... que coa tapadeira do eufemístico nome só escondía unha empresa privada de hostelería e servizos que suporía a desaparición dunha Praza de interese veciñal e uso público.

Veciñas e veciños afectados e indignados por tal despropósito especulativo, dirixíronse a AAVV do barrio para demandar un posicionamento acorde coa defensa do barrio e da veciñanza do lugar, máis só atoparon en tal entidade un servilismo desmesurado ao poder municipal da dereita ferrolán. Unha asociación veciñal dominada na súa directiva por un grupo de persoeiros aos que non lles importaba que especularan cunha praza pública, co patrimonio de todas e todos. A veciñanza afectada e indignada, non tivo máis remedio que organizarse e constituir un colectivo que, por case tres anos, mantivo a bandeira da dignidade veciñal moi alta, cun exemplo de coerencia, unidade e sentido da xustiza que é todo un exemplo para o movimento cidadán comarcal. Atrás quedan días de loita, mobilizacións, alegacións, denuncias, ... E ao final os obxectivos cumpridos. A Praza de Sartaña, seguirá sendo Pública, mais remodelada e acondicionada coa participación veciñal.

Aledémonos pola xente de Sartaña !!
Pabéns para as compañeiras e compañeiros do Colectivo Veciñal que fundou e participa na nosa Plataforma Ártabra 21 !!


"LA VOZ DE GALICIA", SEGUE MANIPULANDO

Mais non queremos rematar esta nota de noraboa e agradecimento á veciñanza de Sartaña, sen mencionar a un medio de comunicación, como é "La Voz de Galicia" e a todo o "Grupo Voz" que sempre estivo do lado do grupo de goberno municipal de Juncal e Leopoldo Ibañez, intoxicando e manipulando a información sobre este conflito social. Até nos últimos momentos de vida deste despropósito que tanto apoiaron, intentan manipular e desinformar á poboación da nosa comarca. Como última proba, o cómo deron a noticia, tanto na súa edición dixital como na impresa, o pasado sábado 18 de Agosto, da reunión da veciñanza con Miguel Ángel Raimúndez González, Concelleiro de Equipamento, Vivenda, Obras e Rehabilitación.

Para ampliar a imaxe clicar acima dela

Co seu titular, "La Voz" pretende magnificar a falta de asistencia á reunión, dunha asociación veciñal do barrio, elevandoa ao absoluto: "Los vecinos de Ultramar plantan a Obras para hablar de Sartaña", cando a maior parte das asociacións do barrio convocadas, estiveron presentes na reunión, como así mesmo recoñece o mesmo xornal na letra pequena. E o que é máis importante, estiveron presentes a representación da veciñanza máis directamente afectada.

OPAI !! MIGUEL

Por último, felicitar ao noso excompañeiro da PA21, Miguel Raimúndez, polo excelente traballo e maneira de proceder, nos poucos días que leva tendo a responsabilidade na Concellaría de Equipamento, Vivenda, Obras e Rehabilitación.
__________________

Enlace relacionado na páxina web do Concello de Ferrol:
O goberno local defende desestimar o proxecto da piscina en Sartaña
_____________

Fran Rey e Julie Guravich, actuarán o vindeiro 22 de Agosto en solidariedade coa veciñanza de Mugardos pechada na Casa do Concello


Mércores 22 de agosto, na Praziña do Parque da Casa do Concello actuará Julie Guravich e Fran Rey, en solidariedade coa veciñanza de Meá que ocupa a Casa do Concello desde o pasado 23 de xullo, contra a localización da planta regasificadora de REGANOSA, dentro da Ría de Ferrol.
________________

Mesas redondas en Valdoviño (Adega-Trasancos), 24 e 30 de Agosto: Lumes e Urbanismo a debate

De: CARLOS OUTEIRO BAAMONDE -couteiro@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 16 de Agosto de 2007 12:48

Asunto: Mesas redondas en Valdoviño (Adega-Trasancos)





Mesas redondas en Valdoviño (Adega-Trasancos), 24 e 30 de Agosto de 2007

Adxunto información sobre o asunto.

Un saúdo, Carlos Outeiro.

Para ampliar o cartaz, clicar acima del


_____________________

domingo, agosto 19, 2007

Actuacións Solidarias e Mural na casa do Concello de Mugardos

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá cruceiro -ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 19 de Agosto de 2007 21:33

Asunto: ACTUACION 19 AGOSTO PRAZA DA CASA DO CONCELLO DE MUGARDOS

Clicar acima da imaxe para ampliar

Hoxe día 19 de Agosto ás 20:00 horas actuaron na Praziña do Parque da Casa do Concello de Mugardos a cantante canadiense afincada en Ferrol JULIE GURAVICH e JAVIER AMOR, mostrando así a súa solidariedade e simpatía coa veciñanza pechada na Casa do Concello.

O vindeiro mércores dia 22 de agosto volverá actuar JULIE GURAVICH esta vez con FRAN REI aos teclados.

Para ampliar clicar acima da foto



Antonio

Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Mehá"
______

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá
cruceiro -ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de Agosto de 2007 16:59
Asunto: fotos manuel rivas



Achego fotos de visitas e presentación mural en concello de Mugardos.

Para ampliar as fotos clicar acima delas
un cordial saúdo.

A vosa solidariedade connosco é a nosa forza para continuar na loita.

Antonio.

Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Mehá"
_____________________

A veciñanza de Mugardos recibe a visita de Manuel Rivas, Pedro de LLano, Xaquín Rubido e ao C.S.C. A Revolta de Trasancos

De: Plataforma Veciñal "O Cuceiro de Meá" ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 18 de Agosto de 2007 20:12

Asunto: VISITA ÓS PECHADOS NO CONCELLO DE MUGARDOS DE MANUEL RIVAS E PEDRO DE LLANO



VISITA Á VECIÑANZA PECHADA NA CASA DO CONCELLO DE MUGARDOS DE MANUEL RIVAS, XAQUÍN RUBIDO, PEDRO DE LLANO E DO C.S.C. A REVOLTA DE TRASANCOS

A veciñanza pechada no concello de Mugardos reciben a visita de apoio e solidariedade do escritor e xornalista MANUEL RIVAS, o arquitecto PEDRO DE LLANO e o Presidente da Plataforma para a Defensa da Ría de Arousa XAQUÍN RUBIDO.

Todos eles compartiron comida dentro do salón de actos coa veciñanza afectada pola PLANTA DE GAS NO INTERIOR DA RÍA DE FERROL, a quen dedicaron unhas palabras de ánimo.

O escritor dedicou no mural, que están construíndo os encerrados, plasmando neste a seguinte frase: " Mugardos hoxe é ou fogar dá dignidade contra a violencia catrastal ou capitalismo impaciente e a cobiza. ¡ Benvidos días de futuro!: a decepción e finita; a esperanza e infinita".

A continuación actuou na praza do concello un grupo de música popular do C.S.C. A REVOLTA DE TRASANCOS.

Tamén se lle enviou un correo ao Presidente Zapatero, coincidindo coa súa próxima visita á Fonsagrada, invitándoo a unha entrevista cos afectados no concello de Mugardos.

Achegamos fotografías do encontro.

Plataforma Veciñal "O cruceiro de Mehá"
___________________

Hoxe, domingo 19 de Agosto, a veciñanza de Mugardos que ocupa a Casa do Concello desde o pasado 23 de Xullo, realizará unha acción reivindicativa, cortando o tránsito de 12:30 a 13:30 hrs, diante da casa do concello, para realizar un mural relacionado coa loita contra a actual localización da ilegal e perigosa planta regasificadora que REGANOSA costrui dentro da Ría de Ferrol, en punta Promontoiro.
_________________

Para ampliar as fotos clicar acima delas






_________________

Marcha Cidáda a Mugardos, venres 24 de Agosto

O Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol

Convoca:

MARCHA CIDADÁ A MUGARDOS

Contra a localización da Planta Regasificadora de Reganosa
dentro da Ría de Ferrol, sumándose á veciñanza pechada
desde o 23 de xullo na Casa do Concello de Mugardos.

Andaina de 17 Kms.

Venres, 24 de agosto de 2007

Saída do Porto de Ferrol, ás 16 hs.
Regreso en autobús de liña, ás 22 e 23 hs.

¡¡¡ PARTICIPA !!!


¡¡¡ A NOSA VIDA E NOSA E NON DE REGANOSA ¡!!!


Cartaz consensuado na pasada reunión [16.08.2007] do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Pregase difundir o cartaz.
Se alguén quere o cartaz en formato PDF a cor ou B/N que o solicite ao correo-e:
artabra21@gmail.com

[Clicar acima del para ampliar]


Faite coa túa bandeira da dignidade
[+ info]

Para ampliar a imaxe clica acima dela
______________

Adela Figueroa: "A ría e nosa e non de Reganosa"

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de Agosto de 2007 10:54
Asunto: Adela Figueroa: "A ría e nosa e non de Reganosa"


A ría é nosa e non de Reganosa
Adela Figueroa

Sábado, 18 de agosto de 2007


Onte, 17 de agosto, dia da Galiza martir, outro buque gaseiro entrou na ria de Ferrol, para atracar no porto de Mugardos.

Pola mañanciña as barquiñas dos mariscadores conseguiran desistilo do seu intento. Os descendentes do David, contra os Goliats, inmensos e poderosos gañaran esta batalla. Mas as mareas suben e descen unha vez por dia, e o grande barco cheo de gas enerxético agardou o seu tempo. Na rada de Ares, onde hai bastante calado para un enxeño deste tipo.

Á tardiña voltou facer a manobra de entrada. Velai ven asomando , anunciado polos remolcadores a favor da marea que subiu dabondo para que tamaño buque poidese entrar até o interior da ria de Ferrol. Lentamente as suas cores amarelas e verdes iánse anunciando até mostrar as catro grandes barrigas que cubren a sua cuberta. Un pequeno ronsel fumega desde a sua chaminé. Procede do gas que se licua de xeito natural e que o barco utiliza como combustible.Unha piroga cunha bandeira vermella “Planta de gas fora da Ria” no meio da ria foi o único enfrontamento desta vez.

Calquera que asista ao espectáculo da entrada dun destes buques, pode comprender a insensatez da ubicación da planta regasificadora en Mugardos. Lembramos que os gaseiros so poden entrar ou sair coa maré alta. Fica , pois o buque, inmobilizado por 10 horas, no interior dunha ria densamente povoada, inmenso, asustador, monstruoso. Non é de somenos importancia os efectos da contaminación que o proceso de reagasificación poida producir na ria. Estes sumaríanse a todos os outros das que xa adoece ( falta de depuradora de augas residuais, funcional, porto carboeiro, residuos da antiga Astano, etc, etc.). Mas o que domina por cima de todo é a sensación de inseguranza polo perigo potencial que implica todo o proceso.

A ria de Ferrol é unha das rias que posee a maior biodiversidade, nomeadamente na zona da sua bocana. Foi unha ria riquísima onde se podia mariscar ate o seu interior. A construción da Ponte das Pias, sen apenas luces que permitisen a renovación das augas, afogou os bancos marisqueiros do fundo da ria e mudou area por lodos nos seus sedimentos.

Muitas actuacións despreciativas da vida e da riqueza, noutrora perdurable, da ria de Ferrol, foranna abafando.

Hoxe veciñas/os de Mugardos, da Asociación de Veciños de Meá, pechados no Concello , manteñen unha loita ejemplar desde hai mais de un mes. Non queren ter diante das suas casas, onde viven, un monstruo gaseiro que descarregue o seu líquido. Que se obtén reducindo á sua tª até -160ºC , a pesión atmósferica. (na pax de ENAGAS dí que tamén se comprime a 80bares de presión) Este será gasíficado incrementado a sua tª e reducindo a sua presión ate alcanzar 600 veces o volume que traia nas barrigas do grande buque.

Este proceso acontece nas veciñanzas do barrio de Meá, no corazón de Mugardos a menos de 100m da casa mais próxima. A estrada pasa a 20 mts dos tanques. Curiosamente un garda de seguranza, prohibiunos parar o coche no arcén diante unha casa habitada a menos de 50 mts dos tanques armacen. Tomounos a matrícula. Só pararamos para saudar a unha veciña!

Que estamos a facer das nosas riquezas? Porque nos estamos a vender hipotecando o futuro da Galiza por menos dun “prato de lentellas”. Poderíase por unha planta regasificadora fora da ria. Teria o mesmo rendimento para alimentar o ciclo combinado das Pontes que tal como está agora. Non precisaria dos recheos feitos en Mugardos que afogan a ria. Non poria en perigo a seguranza da xente e do ecosistema nen o seu medio de vida.

Porque aceptamos esa herdanza do Governo de Fraga? Porque non ten , este governo o valor de enfrentar a situación con honestidade, valor e sensatez, e pechar esa planta , construindo , se for necesario outra fora da ria? Que vale mais: a seguranza da xente e a vida da Ria, ou o diñeiro que esto costaria?.

O meu apoio á loita valente das mulleres e homes de Mugardos que manteñen a tensión contra deste desatino. O meu recoñecemento ao seu sacrificio dia após dia, pondo o seu tempo, imaxinación e recursos ao servizo do ben común. Elas/es forman parte desa sociedade civil organizada que son a garante da democracia. Que lles lembra aos políticos onde está o rego direitiño por donde deberia ir o seu facer a prol da sociedade. Para iso é que lles pagamos e ninguén lles obriga a estar ahí.

Para elas/es a miña gratidao.
---

Adela Figueroa Panisse é presidenta de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza.
____________

Artigo orixinal en Xornal.com
______________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal
______________

Artigos PA21

___________

Manuel Rivas: "O traslado de Reganosa é inevitable"

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de Agosto de 2007 11:08
Asunto: Manuel Rivas: "O traslado de Reganosa é inevitable"


FERROL
Manuel Rivas: "O traslado de Reganosa é inevitable"
O escritor e xornalista coruñés visitou onte os veciños de Mihá, que permanecen concentrados no concello de Mugardos e criticou "a teimosía dos poderes públicos en dar por pechado o problema" da planta regasificadora ·· "É un erro que só atrasará a súa marcha ó Porto Exerior",dixo.
EURPA PRESS . FERROL

O escritor e xornalista Manuel Rivas asegurou onte que "a teimosía dos poderes públicos en dar por pechado o problema de Reganosa" é "un erro que atrasará a solución inevitable do seu traslado".

Rivas, durante a visita que hoxe realizou ós veciños de Mehá que permanecen encerrados desde o pasado 23 de xullo no Concello de Mugardos (A Coruña) en contra do Plan de Urxencia Exterior de Reganosa, declarou que a deste colectivo "é unha causa moi xusta" e considerou que "todo o mundo é consciente deste erro e disparate".

O escritor, que acompañou os veciños durante boa parte da xornada, afirmou que "quen está representando os intereses públicos son eles" e que a localización de Reganosa no interior da ría de Ferrol é "un disparate ecolóxico irracional, por existir a alternativa do porto exterior".

Manuel Rivas observou a problemática como "un thriller, con cousas inexplicables, segredos e movementos estraños" e distinguiu ata tres fases na historia do conflito: "unha primeira de silencio forzado, unha segunda na que se intentou ridiculizar os argumentos populares e agora unha fase nova, na que se hai que enfrontar coa realidade" e deixar de improvisasr argumentos incribles.

Neste sentido, Rivas aseverou que a sociedade está "recoñecendo o absurdo" e advertiu de que "non se pode converter a ría nun nicho neocolonial aproveitándose da crise que viviu a zona". En referencia ó colectivo encerrado en Mugardos, o escritor e xornalista engadiu que "encarnan o pensar dunha maioría da poboación" e mostrouse "convencido de que se imporá a xustiza".

Protestas na ría de Ferrol durante a entrada do último barco de gas FOTO: kiko delgado
Protestas na ría de Ferrol durante a entrada do último barco de gas
FOTO: kiko delgado



Na loita entre David e Goliat, o pequeno "ten a razón"


Manuel Rivas, utilizando o símil da loita entre David e Goliat, dixo que "David ten a razón" e que os políticos "non deben pedir o apoio do pobo para un cambio e despois poñer a orella ante os poderes privados".

Así mesmo, considerou que a entrada de buques na ría cara a Reganosa provoca un "teatro do absurdo, con portos precintados nun estado de excepción", observando que a poboación afectada "se trata de bucaneiros". Así, recordando a Mahatma Gandhi, "queren ridiculizar o pobo, pero queda outra fase, na que terán que entrar en razón".

Pola súa banda, Luz Mariña Torrente, portavoz dos veciños, dixo que Manuel Rivas "entendeunos como un máis, entende e comparte o noso problema e dános os parabéns".

Antonte pola noite, sobre as 21 horas, o último barco gaseiro ata o momento conseguiu entrar na ría de Ferrol pese a resistencia cidadá. Recibiu a sonora asubiada de 500 persoas.
PROTESTA

Marcha cidadá o 24 de agosto

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convocou para o 24 de agosto, unha marcha cidadá á localidade de Mugardos (A Coruña), onde se sitúa a planta regasificadora de Reganosa, en protesta contra a situación desta nesta localización interior da ría.

Esta camiñada de 17 quilómetros en contra de Reganosa súmase á iniciativa dos veciños encerrados no Concello de Mugardos e ás numerosas iniciativas cidadás dos últimos meses en protesta pola situación da planta regasificadora. Antonte, os mariscadores impediron temporalmente a entrada dun barco gaseiro.
______________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal
______________

Artigos PA21

___________

A bandeira da Dignidade: Planta de Gas Fora da Ría

Faite coa tua bandeira da Dignidade

FAITE COA TÚA BANDEIRA DE OPOSICIÓN A REGANOSA E PONNA NA FACHADA, XANELA OU BALCÓN DA TÚA CASA.

NON DEIXES DE FACELO, É MOI IMPORTANTE EXTERIORIZAR A OPOSICIÓN Á, ILEGAL E PERIGOSA, PLANTA DE GAS QUE REGANOSA INSTALOU DENTRO DA RÍA .

Para ampliar a imaxe clica acima dela

BANDEIRA [90x70 cm] QUE ESTÁ A VENDA POR 1

Editamos: 3.000 unidades
Costaronnos: 1.624 €

Podeste facer con elas nas asociacións veciñais de Mehá-Mugardos, O Rosario-Inferniño, Caranza, Fontelonga-Esteiro e Ferrol-Vello; nas entidades Fundaçom Ártabria, Ateneo Ferrolán, C.S. A Revolta de Trasancos, Unión Libertaria, A.C. Fuco Buxan, SGHN; na Cofradía de Pescadores de Ferrol; tamén na Tenda da Copoperativa de Cosumo Responsábel A Xoaniña, na Rúa Venezuela nº78 en Ferrol e tamén chamando ao telemóbel 652 201 003.
_____________

sábado, agosto 18, 2007

A bandeira da dignidade, frente ao metaneiro da ilegal e perigosa REGANOSA

O buque "Akwa Ibom" entrou na Ría de Ferrol, no segundo intento, coa pleamar diurna das 20:45 hrs, atracando no peirao de Punta Promontoiro coa sua perigosa carga de GNL, para a ilegal planta regasificadora de REGANOSA.
____________


[Clicar acima da imaxen para ampliar e ver a Galería]
_______

No primeiro intento pola mañá, o buque metaneiro, non tivo máis remedio que abortar a maniobra para entrar na Ría de Ferrol. A Xente do Mar e o Comité Cidadá, bloquearon a Ría con lanchas, mais pola tarde o perigoso buque entrou case sen oposición no mar. Unha pequena, GRANDE PIRAGUA, cunha valiosa banderola vermella, co lema "PLANTA DE GAS FORA DA RÍA", mantivose diante do perigoso buque metaneiro. Todo un símbolo da nosa loita contra REGANOSA.

En terra, no peirao de Ferrol, unha grande concentración sonora, de varios centos de persoas petando nas cacerolas, manifestaba a súa oposición a que poida entrar un metaneiro na Ría, cunha carga tan perigosa, sen que as autoridades non fagan nada para impedilo, mais fan todo ocontrario custodian e facilitan que estes buques entren na Ría de Ferrol, poñendo en perigo á poboación que moramos no seu contorno. O Comité Cidadá de Emerxencia ten presentado denuncia deste feito nos xulgados de Ferrol, pois oinxusto e ilegal permiso de funcionamento en probas que lle concederon a REGANOSA o 4 de maio pasado, remataba o 4 de Agosto, a non ser que a irresponsabilidade siga campando polo Ministerio de Industria e lle concederan unha prorroga a tal despropósito gasístico.

Segundo publica La Voz de Galicia [ "La Voz de Reganosa"], a empresa regasificadora esixe unha postura clara á Administración sobre a planta. Tamén, segundo este "desinformativo" atribue ao Subdelegado de Goberno o calificativo de "Bucaneros" para referirse ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e a Xente do Mar que no seu deber cidadán protestaban no medio da bocana da Ría contra a entrada do perigoso buque.

A cidadanía continua coas mobilizacións e recadando apoios, onte á noite e na madrugada de hoxe, no concerto de Macaco, centos de persoas "apoiaron coa súa actitude e aplausos" o comunicado da veiñanza de Meá leido, no mediodo concerto, polo cantante do grupo. No mesmo concerto como nos anteriores de Banda Bassotti, houbo mesas para recoller asinaturas contra a planta regasificadora de REGANOSA.

En Mugardos coa veciñanza pechada na casa do concello estivo Pulpiño Viascón e Turu. Mais veciñas e veciños de caranza desplazaronse en Autobus até a vilamariñeira e pola noite proxectaronse os documentarios "Un gaseoducto no meu xardín" e "O Salrio do Silencio", no Centro Cívico e Cultural de Caranza.

Esta tarde a veciñanza de Meá recibirá a visita do Colectivo Sociocultura "A Revolta de Trasancos", que confraternizará coa veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos, aos que levara a súa solidariedade e unha ducia de cancións e pezas musicais. A asociación veciñal informa de que o escritor Manolo Rivas que tiña previsto a súa visita a Mugardos esta tarde, aprazou a viaxe para máis adiante por motivos persoais.

A Revolta ensaiando para ir a Mugardos

A xente xa se está entrenado para cubrir os case 17 KM que separan ao Porto de Ferrol da Casa do Concello de Mugardos, por terra, para a vindeira Marcha Cidadá a Mugardos, convocada polo Comité Cidadá de Emerxencia, para reclamar que non se autorice o funcionamento da ilegal e perigosa planta regasificadora que REGANOSA localizou dentroda nosa Ría, mais tamén a marcha é para solidarizarnos e sumarnos á loita da veciñanza mugardesa que leva case un mes de peche na Casa do Concello.
___

VISITA DE XAQUIN RUBIDO AO CONCELLO DE MUGARDOS

Asociación Veciñal "O cruceiro de Mehá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-
18 de Agosto de 2007 12:40
Para: artabra21@gmail.com


Hoxe sábado dia18 as 17 horas Xaquin Rubido, Presidente da "Plataforma para a Defensa da Ría de Arousa", acudirá a visitar os veciños e veciñas pechadas no concello de Mugardos contra a instalación de Reganosa.

Lembramos que ás 20 horas tamén actuará en solidadaridade cos veciños a "A REVOLTA DE TRASANCOS"

Plataforma de veciños O cruceio de Mehá

______________

Cartaz consensuado na pasada reunión [16.08.2007] do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Pregase difundir o cartaz.
Se alguén quere o cartaz en formato PDF a cor ou B/N que o solicite ao correo-e:
artabra21@gmail.com

[Clicar acima del para ampliar]

______________________
Noticiario actualizado a 18 de agosto de 2007 ás 14:39

___________________________

Proposta de lectura de dous artigos de interese sobre REGANOSA

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de Agosto de 2007 10:05
Asunto: PLANTA DE GAS FORA DA RIA

PLANTA DE GAS FORA DA RIA

www.f-cape.org

Botarlle unha olleada a estes artigos. Un deles está en Inglés.

http://thinkspain.com/REGANOSA

http://laopinioncoruna.es/REGANOSA

A tradución do que está en inglés e como segue:

Unha flota de opositores impiden que un gasero entre na ría de Ferrol
Por : ThinkSPAIN

Sobre uns vinte pequenas embarcacións tripuladas por membros do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol bloquearon a entrada da ría para impedir que o gasero "Apwa Ibom" entrase esta mañá na planta regasificadora de Reganosa.

É a sexta vez que a organización tomou accións deste tipo en protesta pola construción da planta no interior da ría, a cal segundo eles, posúe unha ameaza seria medio ambiental para a industria local de cultivos de marisco polo que eles insisten en situala a un lugar da costa do Atlántico.

O gasero "Apwa Ibom" esta agora na ría de Ares (mar aberto), pero os opositores din que estarán vixiantes o fin de semana para o caso de que o buque trate de retornar. Un portavoz do grupo, Carmelo Teixeiro, explicou que o comité iniciou accións legais para pechar a planta, a cal está agora operando ilegalmente xa que a licenza provisional para o período de probas expirou o 4 de agosto.

Venres, 17 de Agosto, 2007

NOTA: ThikSpain é un xornal dixital en ÍNGUAS da Costa do SOL. Ten unha gran difusión en USA e desde alí enviáronme o artigo. Tamén mo enviou Google a traves dunha Google-alert. Estamos rompendo o muro de silencio imposto polos polí. . . . e os seus amigos os especuladores! ANIMO!!!!

SAUDOS E BON FIN DE SEMANA, e os que poidan a mugardos!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

www.f-cape.org
_____________

venres, agosto 17, 2007

Abortado o intento de entrada na Ría do 6º buque gaseiro.

Hoxe pasadas as 8:30hs. da mañá, o buque "Akwa Ibom", non tivo mais remedio que abortar o intento de entrada na Ría, pola presión cidadá, pois as lanchas da Xente do Mar e o Comité Cidadán, bloquearon a Ría impedindo que o perigoso buque entrara na Ría poñendo en perigo á poboación.

A Guardia Civil ten detido a un mariscador, José Angel Rios, sen dar explicación de tal proceder. O avogado do Comité Cidadán xa está sobre o asunto.

Hoxe ás 20:00hs. está convocada unha nova concentración no peirao de Ferrol. Non hai confirmación de que o gaseiro vaia a entrar na pleamar desta tarde, mais o Comité Cidadán ten convocado igual a cacerolada. Así como mañá, Sábado 18 de Agosto, ás 8:00hs. da mañá que sí é mais probabel que o intente.

Esta é unha nova vitoria da cidadanía de Ferrol-Terra.


[Seguiremos informando]

A Xente do Mar e o Comité Cidadán, en lanchas, dirixense até a bocana da Ría para impedir a entrada do Akwa Ibom cargado de GNL para REGANOSA

Hoxe, 17 de Agosto de 2007, desde as 6:45 hrs, mariscadores, mariscadoras, membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e doutras entidades cidadás e ecoloxistas, de Ferrol Terra embarcaron en lanchas, para intentar impedir a entrada do buque metaneiro Akwa Ibom na Ría de Ferrol, polo perigo que supon para a cidadanía que moramos ao rededor da Ría ferrolán.

A Xente do Mar e o Comité Cidadán, en lanchas, dirixense até a bocana da Ría para impedir a entrada do Akwa Ibom cargado de GNL para REGANOSA.

xoves, agosto 16, 2007

Este venres, 17 de agosto, nova concentración no Porto, contra a entrada na Ría do buque metaneiro Akwa Ibom, cargado con gas para REGANOSA

O Akwa Ibom, sexto metaneiro con destino a Reganosa cargado de GNL, ao final non entrou na Ría de Ferrol, por supostas razons técnicas. A súa chegada ao Golfo Ártabro está prevista para esta madrugada e a entrada na Ría, aproximadamente, para as 8 da mañá. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, decideu manter a convocatoria desta tarde, onde participaron un número importante de persoas. A cacerolada durou máis de media hora de continua percusión de protesta pola ilegal entrada do gaseiro cargado de gas natural liquado procedente de Nixeria.

A convocatoria foi un grande éxito o que demostra que a cidadanía non está disposta a deixarse coacionar polo poder económico que ten secuestrado ao poder político que goberna en Compostela, cómplice da actual situación de apoio a REGANOSA.

O Comité Cidadán de Emerxencia, interpuxo unha denuncia no xulgado de garda de Ferrol, contra a entrada do gaseiro na Ría de Ferrol, pois o "ilegal" permiso de funcionamento en probas que lle deron a REGANOSA, remataba este 4 de agosto, data na que se cumprían os tres meses do "ilegal" período de proba.

Este venres, 17 de Agosto, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ten convocada unha nova concentración cidadán ás 7 e 1/2 da mañá no Porto de Ferrol, para amosar a nosa protesta pola chegada do Akwa Ibom con GNL, para REGANOSA.
___________________

Pulpiño Viascón, Turu e a Asociación Veciñal de Caranza este venres, 17 de Agosto visitarán á veciñanza pechada na casa do Concello de Mugardos

De: Plataforma Veciñal "o Cruceiro de Meá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-

Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de Agosto de 2007 17:14
Asunto: ACTUACION VENRES 17 AGOSTO AS 18:00 HORAS


ACTUACIÓN VENRES 17 AGOSTO AS 18:00 HORAS


NA PLAZA DO CONCELLO DE MUGARDOS O VENRES 17 DE AGOSTO ÁS 18:00 HORAS ACTUARA EN ACTO SOLIDARIO COS VECIÑOS PECHADOS EN CONTRA DA UBICACIÓN DA PLANTA DE GAS DE REGANOSA:

PULPIÑO VIASCÓN (SERRUCHO)
E
TURU (GAITA)



NOTA: Contamos con que o grupo MACACO se achegue a saudar e solidarizarse cos veciños sobre as 17:00 horas do venres
________________________

A Asociación Veciñal de Caranza - Ferrol, ten programado un venres SOLIDARIO coa veciñanza de Meá pechada na Casa do Concello de Mugardos desde o pasado 23 de xullo e REIVINDICATIVO contra a localización de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol.

Este Venres 17 de Agosto, proxección ao aire libre (se o tempo non o permite, proxectarase no salón de Actos do Centro Cívico de Caranza) do documental elaborado e emitido por TVE a través do Programa LINEA 900: UN GASODUCTO NO MEU XARDÍN

Organizan: A. Veciñal de Caranza "Cuco Ruiz de Cortazar" e o Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol.

Tamén en apoio aos veciños e veciñas pechados na Casa do Concello de Mugardos, ás 17hs. sairán dous autobuses do Mercado de Caranza para aqueles que desexen e poidan acompañar durante tres horas a Asocición Veciñal de Mehá no seu peche en protesta pola ubicación da Planta de Gas.

Os autobuses son gratuitos e se cubrirán as plazas por orde de chegada aos mesmos.

Na Asociación Veciñal de Caranza, dispoñen de bandeiras con o lema "Planta de Gas, Fora da Ria" ao prezo de 1€.

Teléfono
981 325 852
Fax
981 325 500
Correos electrónicos
correo@avvcaranza.es
secretaria@avvcaranza.es

Proxecto facer novo porto deportivo en Cedeira, entrada novo metaneiro, apoio veciñanza de Mugardos, ...

De: Adega-Trasancos Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 15 de Agosto de 2007 18:15

Asunto: Proxecto facer novo porto deportivo en Cedeira, entrada novo metaneiro, apoio veciñanza de Mugardos, ...



Proxecto facer novo porto deportivo en Cedeira, entrada novo metaneiro, apoio veciñanza de Mugardos, ...

Queridos/as compañeiros/as: Espero que esteades moi ben e pasando un bó verán ....¡sen lumes..!!!

Unhas cousas:

-saíu a exposición pública o proxecto de facer un novo porto deportivo en Cedeira (DOG 13.8) (embaixo vai o texto): valoralo por se poden presentar alegacions, e ver se non fan máis desfeitas pola Ría de Cedeira

-seguen as actividades de apoio á veciñanza pechada polo asunto planta de gas en Mugardos

*e hai previsión nova entrada de novo gaseiro o xoves día 16 ás 19,23: dende as 18,30 temos concentración no peirao de Ferrol, para cacerolada, e seguramente para algunha acción sorpresa.

CONCENTRACIÓN
Xoves 16 de Agosto

Ás 18:30 hrs, no Porto de Ferrol,
para protestar pola entrada na Ría,
dun novo buque gaseiro,
cargado de GNL,
para REGANOSA

Acude á concentración
con cacerolas ou
elementros de percusión

Participa !!


Convoca:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

*seguimos cos apoios a veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos. Xa teñen páxina web (blog) http://ocruceiromeha.blogspot.es e o correo é: ocruceiromeha@yahoo.es .

-Novo éxito do ecoloxismo local: Rexeitado o proxecto para facer un campo de golf en Covas-Marmadeiro: ¡imos que nos saímos!! (entre o de Menáncaro, Brión, campo de golf, proxecto ríos, . ¡non paramos de ter éxitos por un tubo!!

Unha aperta e sigades pasando un bó verán


Antonio Gª
Adega-Trasancos

Enlaces de interese:

_________

Diario Oficial de Galicia
luns, 13 de agosto de 2007

VI. ANUNCIOS

Resolución do 16 de maio de 2007 pola que se somete a información pública o proxecto de execución e o estudo de impacto ambiental de instalacións náutico -deportivas en Cedeira, no concello de Cedeira (A Coruña) e promovido pola UTE Comercial Internacional, S.L. e Bardera, S.L.

O 28 de decembro de 2005, o presidente de Portos de Galicia acordou a adxudicación do concurso aberto para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario do porto de Cedeira (A Coruña) para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa, a favor da Unión Temporal de Empresas Comercial Internacional, S.L. e Bardera, S.L., autorizando o inicio da tramitación correspondente de acordo co previsto na lexislación vixente en materia de concesións no dominio público marítimo terrestre.

Polo que, de acordo coa lexislación vixente, faise público o proxecto de execución de instalacións náutico deportivas en Cedeira subscrito en xaneiro de 2007 pola enxeñeira de camiños, canles e portos Enma Mª Viqueira Cruz para que entidades, corporacións ou particulares interesados poidan presentar por escrito as reclamacións que consideren oportunas, no prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos servizos centrais do ente público Portos de Galicia, sito na praza de Europa 5A-6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, onde poderán examinar a documentación correspondente durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, en cumprimento dos acordos existentes coa Consellería de Medio Ambiente e durante o prazo de trinta (30) días hábiles, o órgano substantivo someterá o estudo de impacto ambiental ao trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o proxecto de execución e o estudo de impacto ambiental do proxecto de execución de instalacións náutico deportivas en Cedeira, situado no concello de Cedeira, provincia da Coruña.

Segundo.-Para os efectos informativos, poranse ao dispor dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Nos servizos centrais do ente público Portos de Galicia, en Santiago de Compostela.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente na provincia da Coruña.

-Concello de Cedeira.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante un prazo de trinta (30) días contados a partir do seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2007.

(Orde CPTOPT de substitución, 3-5-2007, DOG nº 86, do 4 de maio)

Mar Chao López
Presidenta de Portos de Galicia
_____________________________

mércores, agosto 15, 2007

Cartaz da marcha Cidadá a Mugardos do vindeiro venres 24 de Agosto de 2007


martes, agosto 14, 2007

O Metanero 'Akwa Ibom', é o sexto con destino a Reganosa, en ruta para entrar na angosta Ría de Ferrol este próximo xoves 16 de agosto de 2007

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 14 de Agosto de 2007 19:50

Asunto: Sexto Metanero con destino a Reganosa


O Metanero 'Akwa Ibom', é o sexto con destino a Reganosa, en ruta para entrar na angosta Ría de Ferrol este próximo xoves 16 de agosto de 2007 coa única pleamar diurna dese día ás 19:23 horas.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, 14 de agosto de 2007

Achego nota.

Carmelo Teixeiro


O sexto metanero con destino a Reganosa, chámase Akwa Ibom. Foi construído no ano 2004 nos estaleiros coreanos Hyundai Heavy Ind., ten bandeira de Bermudas e o seu propietario é Bonny Gas Transport Bermuda Shell. Cunha eslora de 285 metros ten capacidade para transportar 134.487 metros cúbicos de Gas Natural Licuado, descoñecéndose neste momento a carga que trae, o seu desprazamento total é de 118.000 toneladas. Vén en ruta para entrar na angosta ría de Ferrol este próximo xoves 16 de agosto de 2007 ás 19:23 horas, coa única pleamar diurna, para repetir a ameaza á vida humana durante a súa entrada e descarga, pois este tipo de buques no caso dunha emerxencia, durante a descarga ou na súa navegación por dentro da Ría, non teñen garantida a saída ao mar, con rapidez e polos seus medios, tal e como require a norma EN-1532 que é obrigatoria para Reganosa.

Segundo acordo da última Asemblea Cidadá do pasado 9 de agosto o Comité Cidadán de Emerxencia convocará como mínimo unha cacerolada nos peiraos de Ferrol, sen descartar outras actuacións en función dos medios dispoñibles.

A continuación unha foto do Metanero Akwa Ibom, tomada de Internet, na que se pode apreciar que o seu tamaño é dos máis grandes.

________________

CONCENTRACIÓN
Xoves 16 de Agosto

Ás 18:30 hrs, no Porto de Ferrol,
para protestar pola entrada na Ría,
dun novo buque gaseiro,
cargado de GNL,
para REGANOSA

Acude á concentración
con cacerolas ou
elementros de percusión

Participa !!


Convoca:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

_________________