martes, xuño 10, 2008

Acta da reunión de conformación do Grupo de Traballo: Grupo de Análise e Proposta

Proceso participativo para a reforma do Regulamento de Participación Cidadá: Acta da reunión de conformación do Grupo de Traballo: Grupo de Análise e Proposta

Mércores 28 de maio de 2008, no Salón de Plenos do Concello de Ferrol, de 20:00 a 22:00 horas.

O mércores 28 de maio, reuníronse no Salón de Plenos do Concello de Ferrol, algo máis de 60 persoas que traballarían entre as 20:00 e as 22:00 horas na definición das principais problemáticas que ten que confrontar o movemento asociativo ferrolá, e a cidadanía en xeral, de cara a unha estratexia de fomento da participación cidadá sobre a que desenvolver o Regulamento.

A reunión iniciouse cunha presentación dos obxectivos que persigue o proceso participativo de reforma do Regulamento por parte do Concelleiro de Participación Cidadá, Javier Galán Pérez. De seguido, a equipa técnica responsable do Plan de Participación da Axenda 21 Local, presentou a grandes trazos os espacios de participación e a dinámica de traballo que ía seguirse neste proceso de participación de reforma do Regulamento:

a) os obxectivos da participación dentro do proceso de reforma: a constitución de espazos de traballo desde o ámbito político e social.

b) identificación das problemáticas principais que existen hoxe de cara un fomento da participación cidadá e que convén ter en conta no proceso de elaboración do Regulamento.

De cara a identificación destas cuestións as persoas participantes estiveron traballando en grupo (conformáronse, aleatoriamente, un total de tres grupos de traballo, identificados segundo a cor das carpetas que se entregaron ao inicio da reunión) durante 45 minutos. Unha vez consensuadas as principais opinións, expuxéronse en plenario o traballo dos grupos.

Grupo 1 vermello:

* Destaca a falta de implicación das administracións no fomento das políticas participativas. A falta de apoio das Institucións, trasládase á carencia de medios, a non fomentar o sector asociativo e ao escaso recoñecemento que as asociacións como interlocutoras coa Administración Local.

* Respecto á situación do movemento asociativo, compréndese a necesidade de superar a fragmentación que caracteriza ao tecido asociativo...e ter una participación responsable. Fálase, neste sentido, de participación “proactiva” e de ter capacidade de interlocución, “ter forza suficiente para influír”. Ponse o acento na vertebración das asociacións e en gañar capacidade de interlocución, asumindo responsabilidade na promoción deste tipo de iniciativas de “democracia participativa”.

* Destacase a convocatoria da xuntanza e o inicio do proceso polo que pon o acento nunha mellora do diálogo entidades-Concello e dos seus resultados.

* Moitas das entidades asociativas tampouco destacan por ser moi participativas (desde a base ou desde as Xuntas Directivas), destacando que é moi frecuente unha toma unipersoal de decisión. Ainda así valórase a actividade do tecido asociativo de Ferrol , destacando o nivel de resposta á convocatoria que axuda a que as entidades se coñezan, propiciando unha mellor cooperación e o diálogo entre as mesmas: (...) o importante é coñecernos nós a nós memos (as asociacións)”, e identificar intereses comúns e “puntos de unión”...mesmo proponse o interese de “facer unha guia sobre todas as asociacións”, que exprese o que fan, etc.

* A continuidade e sostenibilidade deste proceso vai depender en gran medida do movemento asociativo e da constancia no traballo e seguimento ao proceso.


Grupo 2 azul:

* Valórase positivamente a convocatoria da xuntanza e o traballo desenvolto en cada un dos grupos.

* O descoñecemento que existe entre as entidades faise patente neste tipo de encontros, ao tempo que sirve para identificar colectivos e asociacións, xerar debate e comezar a tecer redes de traballo.

* Considérase a necesidade de ter en conta as decisións que se tomen desde os espazos participativos que se queren xerar (a través do Regulamento) como os xa existentes (Consellos Sectoriais, por exemplo), polo que cómpre sexan vinculantes e non consultivas.

* No que respecta á ordenación dos datos e actividades das asociacións (a través do Rexistro) cómpre se poida visualizar os datos referidos ás subvencións e axudas que reciben, procurando a máxima transparencia do proceso.

* Ao tempo, e en relación aos novos mecanismo administrativos que cómpre desenvolver de cara un mellor funcionamento do concello, e de mellora dos fluxos de comunicación e información que se inicien, proponse o deseño de protocolos administrativos. Ao tempo, e na liña de dotar ao concello de mecanismos de mellora e modernización administrativa, recoméndase a posibilidade de descentralizar o rexistro do concello ou de artellar recursos específicos de información cidadá (teléfono da cidadanía).

* Ampliar e propiciar a participación ao sectores sociais excluídos ou que menos participan.

* No que se refire ao movemento veciñal, identificouse como febleza a posible desmobilización e desmotivación do colectivo. Ligado a isto considérase preciso que as asociacións non se movan polos seus intereses políticos e que aposte por un traballo en común.


Grupo 3 amarelo:

* Valórase positivamente o proceso iniciado, ainda que se cuestiona a pertinencia de abrir o Regulamento a un documento máis ambicioso que o está en vigor, cando este non se pon en marcha. A proposta de documento coa que se vai traballar da a sensación de promover máis espazos burocráticos e pouco dinámicos.

* Respecto da vontade política que debe estar presente no proceso, enténdese que é central recoller unha postura conxunta da institución cara este proceso por canto do seu compromiso, o Regulamento terá posibilidade de aplicarse ou non.

* Igual que noutro dos grupo, identifícanse carencias no funcionamento da Administración aos que dar saída de cara unha mellor efectividade da participación e da información dirixida á cidadanía. Neste sentido faise preciso mellorar os mecanismos de comunicación e dar a coñecer como funciona a institución por dentro: procesos, tempos e responsabilidades no que atinxe aos procedementos administrativos, etc.

* No referido á situación da participación, e as inercias instaladas nas propias entidades, como na cidadanía en xeral, identifícanse as seguintes eivas:a falta de hábitos por establecer estratexias colaborativas entre as entidades, mesmo a competitividade que se pode dar entre os barrios (cando menos pode chegar a transmitirse esa imaxe), a necesidade de motivar á cidadanía a participar nas asociacións o naquelas iniciativas que se inicien, o descoñecemento para animar á xente a participar, tamén de mellora da imaxe que se traslada á xente do que son as asociacións. Ligado a este punto identifícase outra carencia, a necesidade de aproveitar o entramado que existe no concello, abrindo a colaboración, participación e coñecemento a outro tipo de colectivos que traballan no ámbito do Tercer Sector (cooperativas, ONGDS, etc).

Finalmente, á saída, cada participante cubriu unha ficha onde recoller os seus datos e, no seu caso, da entidade á que representan. Nesa ficha facían constar a súa disponibilidade por formar parte do grupo de traballo para a reforma do Regulamento

Próxima reunión da Grupo de Traballo

A próxima reunión está prevista para o xoves 12 de xuño con horario de 20:00 a 22:00 horas. A carta de convocatoria será enviada a todas as persoas interesadas, comunicándoselles o lugar de reunión, ainda por determinar.
_____________

Enlaces Relacionados:

___________________

Proceso participativo Regulamento de Participación Cidadá: Listado de persoas e entidades participantes que cubriron a ficha


Nome e Apelidos
Colectivo

Jose Ramón Jove Vidal
Sartaña

Juan Fernández Sixto
Artabra 21

Jose Manuel Varela Muiño
DYA Dentente Y Ayuda

Jose Martín Rodríguez
Fuco Buxán

Berta María Barbeito Cernadas
DYA

Serxio Perille Seoane
ADEGA Trasancos

Mercedes Inglés González
ASFEDRO

Pilar Rodríguez Venancio
AVV Caranza

Carlos Carballeira Pereiro
Fundación ADRA

Jesús Cereijo López
AVV Covas

José Fontao Pita
AVV Santa Mariña

Xosé Xesús Oca Ben
ADEGA Trasancos

José Ruzo López
Ex-alcoholicos Ferrolterra

Fátima Ferreira Golpe
AVV Valle de Esmelle

Yolanda Semsino Canosa


Maria Dorado Martínez
Grupo Minusválidos Ferrolterra

Maria Carmen Bayolo
Mulleres Santa Mariña

María García Abelenda
Persoas Xordas Ferrol

Bernardo Rego Garate
A Cultural López Bouza

José Espiñeira Rivas
AVV Serantes

Angela Sixto Filgueira
Fundación ADRA

Magdalena González Grandel
Asociación Prioriño

José Martínez Vargas
AVV San Antonio da Cabana

Jose Lage Bañobre
AVV O Cruceiro Santa Cecilia

Vitoria Fernández López
AVV Xunta Veciñal Doniños

Alberto Saavedra Fernández
AVV Ferrol Vello

Begoña Díaz Alonso
AVV Santa Uxía Mandía

Consuelo Romero Méndez
Mulleres Rurais de Doniños

Jesús Lata Fernández
AVV Rosalía de Castro A Graña

Jose Manuel Cereijo López
AVV Santa Comba de Covas

Xosé Miguel López Pérez
AVV Fontelonga

Salustiano Gómez Rodríguez
AVV o Cruceiro O Valón

Xosé Ramón Fernández Lamas
ASPANEPS

María Teresa Rúa
Cooperativa A Xoaniña

Juan Manuel Cainzos Mora
Asociación Ex-alcoholicos

Ana Beceiro Mosquera
AVV San Pablo Catabois

Arcadio Ares Arias
AVV Ultramar

Carlos Aneiros Rico
AVV Fontelonga

Azucena Muiños Cela
AVV Rosalía de Castro

Fernando Mera Grandal
Asociación Asturiana de Ferrolterra

José Polo Veiga
AVV O Lago

Manuela Castro Cebreiro
Sociedade Artística Ferrolana

Luis Taboada González
AVV Centro Ferrol

Cesar Manso
Roi Xordo
_____________

Participación Cidadá: convocatoria para o xoves día 12 de xuño de 2008

De: Participación Cidadá
-participacion@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de junho de 2008 12:22
Asunto: convocatoria para o xoves día 12 de xuño de 2008


Achégolle a convocatoria, a acta de conformación e os datos fichas.

Un saúdo

Participación Cidadá: convocatoria para o xoves día 12 de xuño de 2008

Estimada Señora, Estimado Señor:

Despois da xuntanza mantida o pasado mércores no Salón de Plenos do Concello, onde se vos trasladou ás entidades e persoas participantes o inicio do proceso de reforma do Regulamento de Participación Cidadá, convocámoslle a participar na primeira reunión do grupo de traballo que se vai celebrar o xoves 12 de na Aula magna do edificio da UNED situado na Rúa María, 52. A hora de inicio da reunión é as 20:00, tendo prevista unha duración de dúas horas.

Atendendo aos debates que se deron na reunión anterior, a xuntanza aproveitará as temáticas expostas respecto das carencias no ámbito da participación cidadá e que se deberan dar saída no Regulamento. Coa idea de aproveitar as reflexións, achegámoslle o documento coa acta da reunión e poder así retomar debates sobre os que cómpre profundizar. Ao tempo lembrámoslle que o documento co esbozo do Regulamento está a súa disposición na web do concello www.ferrol-concello.es ou, se o prefire, poder recoller unha copia na Oficina de Participación Cidadá (segundo andar na Casa do Concello).

Neste sentido, quixéramos transmitirlle que no caso de estar anotadas dúas persoas da súa entidade para asistir á reunión, e por cuestións de operatividade e representación doutros colectivos, só poderá asistir unha persoa por asociación.

Para calquera cuestión pode poñerse en contacto coa equipa de coordinación técnica do proceso (Rosa Muñiz Castro 627 570 949; rosa.munhiz@cidadania.coop) ou da Concellaría de Participación (981 944 000 ext 219; participacion@ferrol.es).

Agradecendo de antemán a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.

Javier Galán Pérez

Concelleiro de Participación Cidadá


______________

Documentos anexos nos Arquivos Ártabros:
__________

Enlace Relacionado:

A Concellaría de Participación Cidadá quere poñer en marcha un proceso de diálogo social, para traballar a proposta de Participación Cidadá
_______________
__________________

luns, xuño 09, 2008

Luns 9 e martes 10 de Xuño, emisión en "Canal Historia" TV, o documentario: O prezo do progreso - O po diabólico

Polo seu interese, para moitos centos de traballadores da nosa Comarca afectados de asbestose que é unha doenza pulmonar de orixe profesional ou ocupacional, decorrente da inalación de poeira de amianto e caracterizada por fibrose pulmonar crónica e irreversíbel, informamos da emisión deste documentario no"Canal Historia" TV. Mais non só para as persoas afectadas por esta enfermidade, senon para á Clase Traballadora no seu conxunto que somos quen pagamos coa nosa saúde e vida, o lucro duns cantos capitalistas e políticos corruptos e sen escrúpulos, que no nome do progreso, instalan calquer tipo de industria o fan traballar con productos altamente tóxicos ou perigosos, con tal de obter diñeiro a puñados e en pouco tempo, a pesar da ameaza que pode supoñer, tanto para a humanidade como para o medio ambiente, certos productos e industrias contaminantes e perigosas.



www.Tu.tv


"O prezo do progreso: O po diabólico"

  • Luns 9 de Xuño
    22:30h
  • Martes 10 de Xuño
    06:30h , 14:30h
A miúdo, cando o mundo está inspirado por grandes visións, raramente bótase a vista atrás, as miradas só se dirixen cara adiante. Ás veces, a fe no progreso pode ser tan intensa que o mundo está disposto a calquera cousa con tal de garantir un novo salto tecnolóxico cara adiante, a pesar da ameaza que pode supor tanto para a humanidade como para o medio ambiente. Esta serie é un exame histórico de como e até que punto todos nós, como comunidade internacional, somos capaces de responder ás advertencias sobre os perigos que algunhas das innovacións tecnolóxicas representaron durante o último século. Podemos dicir que non tivemos tanto éxito.

Enlace coa web do Canal Historia
________________

Enlace cun interesante artigo, escrito por Por Patrick Herman
09.08.07

Amianto: Un crime social case perfeito

O escándalo do ar contaminado veu á tona. A invisibilidade social das vítimas do amianto tivo fin coas recentes vitorias na Xustiza e o barullo das vítimas do traballo con esa fibra mortal.

"A fábrica matou moitas decenas de persoas que só pedían para traballar para vivir e non sabían que traballaban para morrer"

"Le Monde Diplomatique"
________________________

Luns 9 xuño: Conferencia de Juan Torres López, en Ferrol

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 8 de junho de 2008 09:33

Asunto: Luns 9 xuño: Conferencia de Juan Torres López




TORRES LÓPEZ, "CRISIS FINANCIERA, DEMOCRACIAS RESTRINGIDAS : ¿DÓNDE NOS LLEVA LA GLOBALIZACIÓN NEOLIBERAL?", NO SALÓN DE ACTOS DO VICERREITORADO DO CAMPUS DE ESTEIRO, ORGANZA FUCOBUXAN

fuco buxán Asociación Cultural
Organiza dentro do ciclo Democracia e Compromiso

Luns, 9 de xuño, ás 20 horas Salón de Actos do Vicerreitorado Campus de Esteiro - Ferrol

Unha conferencia que leva por título: "CRISIS FINANCIERA, DEMOCRACIAS RESTRINGIDAS : ¿DÓNDE NOS LLEVA LA GLOBALIZACIÓN NEOLIBERAL?"

Presenta: MANUEL A. RODRÍGUEZ CARBALLEIRA Presidente da A.C. Fuco Buxán

Inservirá: JUAN TORRES LÓPEZ * Catedrático de Economía Aplicada, Universidad de Málaga

Colabora: Universidade de A Coruña-Campus Ferrol Entrada libre

* Juan Torres López, (Granada, 1954), Doutor en CC. Económicas e Empresariais, foi docente na Universidade de Granada e hoxe ocupa cátedra na de Málaga. Foi Secretario Gral. de Universidades e Investigación de la Junta de Andalucía. E autor de 17 libros e colaborador doutras publicacións, articulista, e investigador. Actualmente coordina o Seminario Interdisciplinar de Estudios sobre Inmigración y el Observatorio del empleo y la Exclusión Social, ambolosdous da Univ. de Málaga.

Dos seus libros, destacan: "Manual de Economia Política" (6 ediccións) "Economía de la Comunicación de masas" "Análisis económico del Derecho" "Economía del delito y de las penas" "España va bien y el mundo tampoco""La globalización neoliberal del dinero y las finanzas"
"Pensiones públicas ¿y mañana qué?", etc.

Máis información en : www.juantorreslopez.com
----------------
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

domingo, xuño 08, 2008

Reportaxe Fotográfica da Manifestación - Xuño 2008

Programa especial de Rádio FilispiM, intervençons e Manifesto

De: Rádio FilispiM 93.9FM -filispina@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de junho de 2008 19:25

Asunto: Programa especial de Rádio FilispiM, intervençons e Manifesto


Aquí tedes o programa especial de Rádio FilispiM cubrindo a manifestaçom do 8 de Junho em Ferrol, as intervençons e o manifesto.

En defesa da Ria
Contra as novas ameazas de REGANOSA

Redifusión do programa:
Martes às 16:00hs.
Sábado às 11:00hs.
Domingo às 20:00hs.
no 93.9 da FM

Programa especial de Rádio FilispiM - Descargar [115MB]


Intervençons e Manifesto - Descargar [15MB]

O Comité Cidadán de Emerxencia concéntrase hoxe contra Reganosa


O Comité Cidadán de Emerxencia concéntrase hoxe contra Reganosa
A Plataforma Ártabra 21 fai un chamamento a todos os veciños e veciñas para que apoien a manifestación que parte ás 12 horas de Curuxeiras.

laopinióncoruña.es »

REDACCIÓN. FERROL. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Defensa dá ría de Ferrol convocou para hoxe, ás 12.00 horas no peirao de Curuxeiras, unha manifestación contra a localización da planta de gas de Mugardos.

A plataforma fixo un chamamento aos veciños para que participen no acto de protesta e manifesten así o seu rexeitamento ao actual emprazamento da regasificadora. Advirten, ademais, de novas ameazas "para o ecosistema, os postos de traballo, os fogares e as vidas humanas".

A Plataforma Ártabra 21 tamén manifestou onte o seu apoio "incondicional" a todos os voluntarios que permanecen encerrados desde o pasado martes na Casa Consistorial de Ferrol para protestar contra a planta de gas e, do mesmo xeito que o Comité Cidadá de Emerxencia, fai un chamamento a todos os veciños para que apoien a manifestación de hoxe.

O colectivo oponse á ampliación da capacidade da planta, que considera unha "provocación e insulto" á cidadanía porque supón, destaca, un maior número de buques cargados de gas natural licuado (GNL) e "un gran aumento do risco que xa agora existe". A Plataforma Ártabra 21-que reclama unha política "participativa e respectuosa e defensora do medio natural"- fai fincapé, ademais, na agresión ambiental á ría que supón as instalacións de Reganosa e denuncia a "ilegalidade que representa a instalación, que incumpre as normas de distancia mínima a lugares habitados e de liberdade de manobra para os gaseros".

Enlace coa noticia orixinal en "La Opinión de A Coruña"
___________

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Manifestación desde o Porto de Ferrol
8 DE XUÑO, ÁS 12 DO MEDIODÍA


Blog solidario coa veciñanza de Meá

Descarga o PDF do Boletín nº14

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/

____________

sábado, xuño 07, 2008

Balakandra - Ou iso parecia -

O grupo Balakandra de San Sadurniño, estrea peza dedicada á Luita Cidadá contra o despropósito da planta de gas de REGANOSA. A disfrutala !

Balakandra - Ou iso parecia -Descargar


Balakandra
Fusión / Folk / Acústica

Para escoitalos en directo, achegate este ano ao Festival do Río Castro en Narahio este 5 de Xullo de 2008.


BALAKANDRA nace en San Sadurniño a principios do ano 2004 no seo do grupo Saraibas froito das inquedanzas musicais de varios dos seus membros que trataban así de dar renda solta ós seus coñecementos de outros estilos e técnicas musicais. Co “parón” do grupo Saraibas, a idea de Balakandra comeza a tomar forza e a asentarse como grupo. Nesta primeira formación estaban Martín Sanjurjo, "Farru" Rodríguez e Juanjo Porta. No ano 2004 Balakandra presentase ó concurso “GALIZA SONS FOLK” alcanzando a final do concurso e grabando así un disco conxunto cos outros dous finalistas. Durante os anos 2005 e 2006 tocan por gran cantidade de concellos, salas e festivais de Galiza. A principos do ano 2007 Juanjo ten que abandonar o grupo, pero Martín e Farru seguen adiante con Balakandra incorporandose Manolo Dopico, o que fora guitarrista de grupos coma Leixapren e Maria Manuela. Na primavera do 2007 entra a voz de Amparo Calvo, membro de Saraibas, e no outono incorpórase "Dubi" Lamas ó baixo. Xa coa nova formación asentada Balakandra volta á carga e están a preparar un longo 2008 no que pasearán a súa música por toda Galiza coa mente posta na grabación do seu primeiro disco. A súa música: Dificil sería poñer unha etiqueta ao que nos ofrecen Balakandra, nas súas cancións mistúranse o rock co jazz, o pop co bluegrass, o blues co chachacha ou country e mesmo atísvanse algunhos ritmos balcánicos, todo isto pasado por un filtro de folk galego. Os concertos de Balakandra non deixan indeferente a ninguén atrapando ao público nesta viaxe polos sons do mundo. Balakandra son: Martín Sanjurjo: Mandolina, Guitarra Midi, Violín, Dobro e Voz, Farru Rodríguez: Batería, Percusións, Acordeón e Guitarra, Manolo Dopico: Guitarra acústica e española, Mandocelo e Voz, Amparo Calvo: Voz e Percusión, Dubi Lamas: Baixo.

Se queredes escoitar mais pezas deste grupo, neste enlace podedelas baixar e escoitar:
http://www.myspace.com/balakandra
______________

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Manifestación desde o Porto de Ferrol
8 DE XUÑO, ÁS 12 DO MEDIODÍA


Blog solidario coa veciñanza de Meá

Descarga o PDF do Boletín nº14

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/

__________

Non podemos aguantar máis. Rádio FilsipiM, 93.9 FM, volve a rúa, este domingo tod@s co Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrrol

De: Rádio FilispiM 93.9FM -filispina@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 6 de junho de 2008 18:25

Asunto:Non podemos aguantar máis. Rádio FilsipiM, 93.9 FM, volve a rúa, este domingo tod@s co Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrrol


Non podemos aguantar máis. Rádio FilsipiM, 93.9 FM, volve a rúa, este domingo tod@s co Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrrol

Radio FilispiM, 93.9 FM, volve á rúa!!

Este domingo 8 de xuño de 2008 a partir das 11:30 da mañá retransmitiremos
en directo
Manifestación en defensa da ría
Contra as ameazas de reganosa

Dende o estudio de RFM, estabeleceremos comunicación en directo coa manifestación.

Participa no programa especial,
a partir das 11:30 no 93.9 da FM,
chama desde a mani ao teléfone do noso estudio:
692 54 77 44
Rádio FilispiM



Redifusión do programa:
  • Martes às 16:00hs.
  • Sábado às 11:00hs.
  • Domingo às 20:00hs

Porque NON PODEMOS AGUANTAR MÁIS.
Escoita as cuñas radiofónicas, no seguinte enlace:
http://www.opaii.blogspot.com

Lembra!!!
_________

Resumo e Video da Rolda de Prensa celebrada no Salón de Recepcións do Concello de Ferrol o pasado venres 6 de Xuño de 2008, polo Comité Cidadán ...

De: Comité Cidadán de Emerxencia
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de junho de 2008 11:58
Asunto:2ª Roda de Prensa do CCE: 6.06.08
2ª Roda de Prensa do CCE: 6.06.08




RESUMO DA RODA DE PRENSA CONVOCADA POLO CCE O 6.06.2008

Hoxe venres 6 de xuño, ás 12 horas, no Salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol, onde están pechados desde o pasado martes varios membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, en demanda de que o Goberno Municipal asuma unha postura clara de rexeitamento a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría, tivo lugar unha comparecencia do CCE ante os medios de comunicación, na que abordaron tres cuestións fundamentais:

1.- Denuncia ante a Fiscalía Anticorrupción de Madrid.

Este CCE presenta ante a Fiscalía Anticorrupción unha denuncia do que considera unha operación fraudulenta, protagonizada polo Ex -Presidente da Xunta de Galicia, Sr. Fraga, o Ex –Conselleiro de Economía, Sr. Orza e o Presidente de Reganosa, Sr. Tojeiro.

Trátase dunha estafa a todos os consumidores e á normativa de retribucións do sistema Gasístico Nacional, consistente en pagar, con fondos públicos, uns prezos exaxeradamente altos, para instalar unha Planta de Gas en terreos dun socio de Reganosa - o Sr. Tojeiro -quen se embolsa nesta operación 30 millóns de euros (case 5.000 millóns de Ptas.), que van constar como activos (inflados artificialmente) de Reganosa, a quen, con diñeiro público, o Sistema Gasístico reintegrará con altos intereses.

Esta operación fraudulenta é a que motiva a instalación da Planta nun lugar inadecuado, poñendo en perigo a toda a poboación circundante. Fronte a isto, hai que ter en conta que o Estado ofertaba, case gratuitamente, a ubicación no Porto Exterior.

A discusión non é se Galicia precisa ou non do Gas Natural, a discusión é se Galicia para ter gas debe someterse a estas graves irregularidades económicas e poñer en perigo a vida de milleiros de persoas e ao ecosistema dunha das súas mellores rías e os seus postos de traballo.

2.- Nova Sentenza do TSXG contra Reganosa.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o máis importante órgano xudicial de Galicia, acaba de dictar unha sentenza ( a terceira no mesmo senso) estimando a denuncia efectuada por varias Entidades Veciñais de Ferrol e Mugardos, na que sostén que a reforma do Plan Xeral de Ordenación Urbana realizada no Concello de Mugardos para modificar a cualificación do chan e dar cabida na súa actual ubicación á Planta de Reganosa, carece do obligatorio Estudo de Impacto Ambiental, que permitiría aos cidadáns coñecer a incidencia da modificación do planeamiento no medio ambiente e considerándose que a súa instalación nese lugar é ilegal e xa que logo, ilegal tamén a súa autorización de funcionamento.

Esta resolución do TSXG vén confirmar e avalar a posición mantida desde fai oito anos por este Comité Cidadán de Emerxencia en canto á ilegalidad da instalación de Reganosa no interior de nosa Ría.

Pon de manifesto así mesmo, as graves irregularidades en que incurrieron aqueles cargos públicos que desoyendo as advertencias e soslayando a normativa deron apoio coa súa firma a este cambio de usos.

3.- O CCE fai unha chamada á participación na Manifestación do próximo domingo 8 de Xuño, para que deste xeito a cidadanía exprese o seu rexeitamento á ubicación desta Planta de Gas no interior da Ría, e ás novas ameazas que agravan o perigo sobre o noso ecosistema, os nosos postos de traballo, os nosos fogares e as nosas vidas:

- Voadura dá canle de entrada a Ría.
- Incremento dá capacidade de regasificación e de tráfico de buques perigosos no interior de Ría.
- Transporte de gas en camións cisterna.

Para os que din que a Planta xa está construída, aseguramos que hai numerosos precedentes de casos similares nos que as Autoridades competentes tomaron as medidas oportunas para revocar a súa autorización ou trasladar a súa actividade.

Estamos a tempo de evitar unha traxedia,

EN DEFENSA DA VIDA, DA RÍA E DA LEGALIDADE DEMOCRÁTICA

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
____________

Momento quente na loita cidadá na defenda da Ría contra as agresións de REGANOSA e as súas nova ameazas

Hoxe agardase a entrada dun novo gaseiro cargado con GNL, para a ilegal e perigosa REGANOSA, vai ter que facelo en pleamar diurna por unha estreita bocana da Ría de apenas 150 m de largo navegabeis e uns 4.000 m de longo até pasar os castelos de San Felipe e A Palma. Catro remolcadores, varias lanchas de amarre, dúas de practicos e unha patrullerea da Guardia Civil do Mar, participaran na costosa e perigosa maniobra.

O Comité Cidadán de Emerxencia ten convocada unha protesta ante a entrada deste buque, como asi ven facendo perante máis dun ano, cada vez que entra un buque gaseiro, para lembrar o grande despropósito gasístico que nos impuseron o negocieiro Sr.Tojeiro, o seu grupo empresarial GADISA, os seus socios transnacionais ENDESA e UNION FENOSA, ...Caixa Galicia, ... a anterior administración Fagra-Aznar e os continuistas "progresistas" do bipartito na Xunta de Galicia. Hoxe, Sábado 7, ás 7 da Tarde hai unha nova cita [sonora e vermella] diante do Edificio Administrativo da Xunta en Ferrol, para desplazarnos en manifestación até a Praza do Concello, onde hai un peche de voluntari@s do do movimento opositor á Planta de Gas, desde o pasado martes.

O Domingo, 7 de Xuño de 2008, agardamos unha importante Manifestación en Ferrol, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e apoiada por numerosos colectivos da Comarca e outros do resto de Galiza ligados à Rede Galiza Non Se Vende que xa amosou o seu apoio á mobilización cun comunicado público e facendo un chamamento á participación.

Neste momento, a pesar da campaña propagandística de REGANOSA apoiada mediatícamente, sobre todo polo Grupo Voz, con lindezas do estilo de "El gas alumbra a la mitad de Galicia", non poden ocultar dúas novas que veñen a reforzar ao movimento opositor a REGANOSA, como són:
Non faltemos ás citas, reforcemos o movimento opositor á Planta de Gás, con renovación dos apoios de persoas e entidades sociais, culturais, veciñais, sindicais, políticos; difundir e publicitar a loita cidadán; facer e buscar contributos económicos; participar nas mobilizacións e no reforzo organizativo do Movimento Opositor, ... tod@s somos necerari@s.


Plataforma Ártabra 21

Comunicado Público

A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra 21, acordou apoiar incondicionalmente a actitude do Comité Cidadán de Emerxencia, recluído no Concello de Ferrol, en protesta pola instalación da Planta de Gas de Reganosa no interior da ría ferrolá.

Ademais da agresión medioambiental á ría, do perigo para todos os seres vivos, e da ilegalidade que representa a instalación desa planta, incumprindo as normas de distancia a lugares habitados e de liberdade de manobra para os buques gaseiros, agora temos que aturar a provocación e o insulto á cidadanía que supón, a ampliación da súa capacidade regasificadora e o conseguinte aumento de entrada de buques gaseiros cargados, o que supón un grande aumento do risco que xa agora existe.

Chamamos ós membros desta Plataforma, e á cidadanía en xeral, para asistir á manifestación convocada polo Comité Cidadán para o Domingo 8 ás 12 h. desde o peirao de Ferrol.

__________

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Manifestación desde o Porto de Ferrol
8 DE XUÑO, ÁS 12 DO MEDIODÍA

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Descarga o PDF do Boletín nº14

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/


________________

Nova manipulación informativa de "La Voz de Reganosa"

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de junho de 2008 17:04
Asunto: Nova manipulación informativa de La Voz de Reganosa



Nova manipulación informativa de "La Voz de Reganosa"


Ven de producirse unha nova sentenza do TSXG contraria a Reganosa e xa é a terceira. Esta sentenza se produce un día antes de que entre un novo gaseiro ilegal e dous días antes da multitudiaria manifestación que se vai producir o domingo día 8 de xuño convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, tres días despois de que veciños e veciñas de Ferrol estean pechados no Concello para defende-la vida, a ría, o marisqueo e o patrimonio. Días despois de que Reganosa estivese presentando o seu chamado Plan de Emerxencia por todo o Estado para facer un lavado de cara.

Pois para La Voz de Reganosa a noticia aparece escondida nas páxinas locais de Ferrol e no apartado de Comarcas e a palabra Reganosa non aparece no encabezamento da noticia e ó longo da mesma aparece unha vez e para argumentar o recurso de Reganosa ó Tribunal Supremo.

Continúa o rigor informativo e a transmisión da verdade da que ven facendo gala La Voz de Reganosa e sobre todo a Delegación de Ferrol que dirixe Miguel Angel Souto.

Non aparece nas páxinas de Galicia nin nas páxinas de Economía , aparece na edición local e en comarcas.

Absolutamente noxento.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]
_____

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

____________

Enlaces Relacionados:

O Comité Cidadán de Emerxencia valora o fallo do Tribunal Superior de Galicia ...
soitu.é - fai 19 horas
Ferrol.- O Comité Cidadán de Emerxencia pola Ría valorou hoxe o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que dá a razón aos veciños fronte a Reganosa ao entender que a modificación puntual do PGOM de Mugardos, que permitiu a localización da planta, debía incluír unha declaración de impacto ambiental polo cambio de usos no chan.

Entrevista Rafael Pillado - Descargar


Actualizado o Noticario a sábado 7 de Xuño:


__________

venres, xuño 06, 2008

Entrevistas a algumhas das pessoas fechadas no Concelho de Ferrol.


Achegamos entrevistas a algumhas das pessoas que participam no feche que iniciou o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol na casa do Concelho.

1ª Entrevista Rafael Pillado - Descargar


2ª Entrevista Jam Lópes- Descargar


3ª Entrevista Alexandre Carrodeguas- Descargar


4ª Entrevista Aurora- Descargar

______________________

Resumo da Rolda de Prensa de hoxe e Cambio data Concentración, para o Sábado 7 de Xuño

De: Comité Cidadán de Emerxencia
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de junho de 2008 18:39
Asunto:Resumo da Rolda de Prensa de hoxe e Cambio data Concentración, para o Sábado 7 de Xuño


Resumo da Rolda de Prensa de hoxe e Cambio data Concentración, para o Sábado 7 de Xuño

URXENTE : NOVA DATA DA CONCENTRACION CONVOCADA POLO CCE

Debido ao cambio na data de entrada do Gaseiro LGN River, que terá lugar previsiblemente o próximo sábado, trócase a convocatoria prevista para om venres, para ese día :

Sábado, 7 de Xuño, ás 19 horas Edificio Administrativo da xunta de Galicia Praza de España – Ferrol CONCENTRACIÓN
CACEROLADA E MANIFESTACIÓN
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!


Resumo da roda de Prensa do 5 de Xuño de 2008.-

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ofreceu hoxe unha roda de Prensa aos medios de Comunicación desde o Salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol, onde se atopan pechados ao redor de quince persoas, na súa maioría membros deste Comité.

Precisamente hoxe que celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, este Comité, na súa comparecencia ante os medios, quere poñer de manifesto a necesidade dun desenvolvemento sostenible e de actuar con criterios medioambientais e de seguridade nos diferentes temas comarcales.

Especialmente no caso Reganosa, a máis grave ameaza dentro da nosa Ría e todo o seu ecosistema global, que de xeito permanente está a poñer en perigo a vida de miles de persoas.

A súa xestación e instalación, fraguada entre a Xunta de Fraga, o Grupo Tojeiro e outras empresas privadas, nun Pacto "Confidencial" contra o interese público, así como a súa viabilidade e autorización de funcionamento, outorgada polos gobernos actuais, fan que se trate, como en tantas ocasións temos dito, do maior caso de corrupción económico-política ocorrido en España nesta etapa democrática.

Este CCE ratifícase na súa posición mantida desde fai 8 anos, de PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA, á vez que denuncia as novas ameazas que a Planta vai ocasionar:
Multiplicar por 2,5 a súa capacidade de regasificación, o que supoñerá multiplicar o volume de auga esterilizada e bombeada e Incrementar o perigoso tráfico de gaseiros dentro da nosa ría, que pasarían dos actuais 1,6 mensuais a máis de 4 mensuais.
Voadura da canle de entrada, para facilitar o tránsito dos gaseiros, coa destrución dun ecosistema protexido e o perigo de danos irreparables ao patrimonio histórico e cultural da súa contorna.
Distribución do gas en camións cisterna pola rede de estradas galegas, que non é máis que unha operación propagandística e unha irresponsabilidade que pon en risco a toda a poboación circundante.

Á preocupación por todas estas ameazas para as vidas e para ría, hai que engadir outra, que é a posibilidade suxerida de instalar na súa contorna a Celulosa de ENCE, rexeitada en Pontevedra tras moitos anos de loita, e que acabaría coa riqueza económica e ambiental da nosa comarca.

Así mesmo, este CCE rexeita o chamado Plan de Emerxencia Exterior, presentado estes días en A Coruña, como elemento de confusión creado dentro dunha campaña de contraprogramación e que trata de desmovilizar á poboación fronte á convocatoria de Manifestación do próximo domingo día 8 de Xuño.
O mellor Plan de Urxencia, é que se cumpra o establecido na lei: Distancia de 2 Km. aos núcleos de poboación e todas as precaucións legais estableciadas para a entrada destes buques, circunstancias, nesta ubicación, imposibles de cumprir e que sempre supoñerán un risco grave para a poboación circundante.

Esta permanente situación de risco supón que, tanto a cidadanía como os seus gobernantes, estamos obrigados - e sempre a tempo - de impedir unha catástrofe - independientemente do seu custo económico - que de producirse podería ocasionar miles de vítimas e que en todo caso vai supoñer a perda irreparable do noso ecosistema e dos postos de traballo que del dependen.
Numerosos exemplos fannos ver que unha solución favorable é posible: A Planta de Gas de Brindisi , cuxa autorización foi revocada. A Celulosa de Pontevedra, onde se conseguíu, tras 20 anos de oposición, un compromiso de traslado. Outras plantas, en diversos lugares, que foron trasladadas a varias millas mar dentro.

Este CCE fai un chamamento a toda a cidadanía de Ferrol, a súa Comarca e Galicia, para asistir á Manifestación convocada no Porto de Ferrol, o próximo domingo 8 de Xuño, ás 12 horas, en apoio do anteriormente exposto.

Agradece a cantas persoas e Entidades están mostrando o seu apoio á Convocatoria de Manifestación e a solidariedade cos pechados no Concello, ben pola súa presenza alí, ou a través das súas mensaxes e outros medios.

Para rematar, mostrar a disposición a continuar este encerro, na demanda dun posicionamento contrario a ubicación da Planta de Gas, deste Goberno Municipal e EN DEFENSA DA VIDA, DA RÍA E A LEGALIDADE DEMOCRÁTICA.
________________

xoves, xuño 05, 2008

Cambio de data da Concentración e Rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de junho de 2008 18:39
Assunto: Resumo Rolda de Prensa hoxe, [05.06.2008] e Cambio de data Concentración



URXENTE : NOVA DATA DA CONCENTRACIÓN CONVOCADA POLO CCE

Debido ao cambio na data de entrada do gaseiro LGN River, que terá lugar previsiblemente o próximo sábado 7 de Xuño, trócase, a convocatoria prevista para o venres, para o xa citado Sábado 7 de Xuño, ante o anuncio da entrada na Ría do 21º Gaseiro cargado de GNL para Reganosa.

O Comité Cidadán de Emerxencia
Convoca
Sábado, 7 de Xuño, ás 7 da Tarde
CONCENTRACIÓN CACEROLADA
Diante do Edificio Administrativo
da Xunta de Galicia en Ferrol

e posterior MANIFESTACIÓN até o Concello,
onde están pechad@s membros do CCE.


Así foi a Rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia no Concello de Ferrol o 05-06-2008.



Escoita os audios:

1ª Parte - Descargar


2ª Parte - Descargar

______

Nota do Comité Cidadán de Emerxencia nos Arquivos Ártabros: Resumo da Rolda de Prensa de hoxe e Cambio data Concentración, para o Sábado 7 de Xuño

Noticias relacionadas nos medios:

Campaña informativa da Xunta sobre o plan de emerxencia de ...
O País (España) - fai 19 horas
Seis meses logo da posta en funcionamento da planta de regasificación de Reganosa na ría ferrolá, a Consellería de Presidencia inicia unha ...

O Comité Cidadán asegura que a presentación do Plan de ...
soitu.é - fai 4 horas
Ferrol.- O Comité Cidadán de Urxencia pola Ría de Ferrol, no seu terceiro día de peche no concello de Ferrol, denunciou hoxe que a presentación ...

Contrarios a Reganosa din que Goberno e Xunta queren converter ...
Europa Press - fai 5 horas
Os veciños contrarios á planta de Reganosa que cumpriron hoxe tres días de peche no Concello de Ferrol, denunciaron a "degradación" da ría ...

A Xunta concluirá en agosto o Plan de Emerxencia Exterior de ...
La Opinión A Coruña - fai 16 horas
Os escolares do municipio recibirán información este mes sobre os riscos das instalacións e a actuación en caso de accidente, que logo se ofrecerá ...

Juan antonio Vílchez: ´A planta de Mugardos é impecable en ...
La Opinión A Coruña - fai 16 horas
"A súa presenza no interior da ría é un condicionante xeográfico, pero a instalación deseñouse de acordo con el, xa que incorpora as medidas de ...

Reganosa, máis segura que un avión
O Correo Galego - fai 20 horas
"O gas natural licuado é unha sustancia perigosa, pero segura se está ben manexada; un avión é perigoso pero seguro, un coche o mesmo, son exemplos ...

Manifestación en Ferrol contra a planta de gas
kaosenlared.net - 4 Xun 2008
Ou vindeiro domingo día 8 celebrarase non Ferrol unha manifestación convocada polo Comité de
Emerxencia contra a planta de gas. Tamén onte unha delegación ...

Os opositores a Reganosa encerrados en Ferrol ven o Plan de ...
Europa Press - 4 Jun 2008
Os opositores á planta de gas de Reganosa que secundan o peche no Concello de Ferrol convocado polo Comité Cidadán de Urxencia da ...

Peche na casa consitorial para reclamar un posicionamento ...
E Correo Gallego - 3 Jun 2008
16.23h. O Concello de Ferrol "non impedirá as protestas lexítimas dos cidadáns", aínda que pide "respecto" e que non afecten á súa actividade Un grupo de ...
_____________

Rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia e e Cambio de data da Concentración

de Comité Cidadán de Emerxencia
data 5 de junho de 2008 18:39
assunto Resumo R d Prensa hoxe e Cambio data Concentración


URXENTE : NOVA DATA DA CONCENTRACION CONVOCADA POLO CCE

Debido ao cambio na data de entrada do Gaseiro LGN River, que terá lugar previsiblemente o próximo sábado, trócase a convocatoria prevista para om venres, para ese día :

Sábado, 7 de Xuño, ás 19 horas
Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
Praza de España – Ferrol
CONCENTRACIÓN CACEROLADA E MANIFESTACIÓN

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!


Rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia no Concelho de Ferrol o 05-06-2008.



Escoita os audios:

1ª Parte - Descarregar


2ª Parte - Descarregar

A Fundaçom Artábria ante o feche no Concelho de Ferrol e a manifestaçom contra a presença de REGANOSA na nossa ria

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de junho de 2008 14:48
Asunto: Solidariedade com o CCE



Solidariedade com o CCE

A Fundaçom Artábria ante o feche no Concelho de Ferrol e a manifestaçom contra a presença de REGANOSA na nossa ria, queremos manifestar:

1.- A nossa total solidariedade com @s companheir@s do Comité Cidadao de Emergência para a Ria de Ferrol que desde a passada terça-feira estám fechad@s no Concelho para instar ao Alcalde, Vicente Irisarri, a pronunciar-se claramente contra a ubicaçom da Planta de Gás de Reganosa assim como o rexeitamento das novas ameaças das que se tenhem constáncia nos últimos dias, nomeadamente a ampliaçom da capacidade regasificadora da Planta de REGANOSA aprovada polo Conselho de Ministros espanhóis, a intençom de dragar com dinamita a bocana da ria e o translado da planta de ENCE para a nossa ria.

2.- A Fundaçom Artábria chama a participar na mobilizaçom convocada polo Comité Cidadao de Emergência para o próximo domingo, 8 de Junho, e que sairá às 12h do Peirao de Corujeiras para rejeitarmos a imposiçom de umha indústria contrária ao verdadeiro desenvolvimento sustentável de Trasancos e da Galiza.

Especialmente fazemos um apelo a todo o tecido associativo da comarca e aquel que trabalha nos diferentes Centros Sociais da Galiza.

A ria é nossa e nom de REGANOSA!
Planta de Gás fora da ria!

--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921


Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival
___________

mércores, xuño 04, 2008

Ante a chegada dun novo buque gaseiro, cargado con GNL para REGANOSA, o Comité Cidadán convoca unha Concentración en Ferrol, este Venres 6 de Xuño

De: Comité Cidadán de Emerxencia
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de junho de 2008 19:00
Asunto: Roda de Prensa dia 5, e Concentración día 6



Urxente !!

  • Rolda de Prensa día 5 de Xuño, ás 12 do mediodía, no salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol
  • Concentración día 6 de Xuño, ante a chegada dun novo gaseiro, para a ilegal e perigosa REGANOSA

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Convoca aos Medios de Comunicación, a unha RODA DE PRENSA Xoves 5 de Xuño, ás 12 horas no Salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol para informar sobre:
________________

Asemade, ante o anuncio da entrada na Ría do 21º Gaseiro cargado de GNL para Reganosa

O Comité Cidadán de Emerxencia
Convoca
Venres, 6 de Xuño, ás 19 horas
CONCENTRACIÓN CACEROLADA
Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol
e posterior MANIFESTACIÓN até o Concello,
onde están pechad@s membros do CCE.

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!



Situación do Buque en navegación polo Atlántico
[Actualizandose]:

http://www.sailwx.infoposition

Características do buque:
Longueur: 288,75 m
Largeur: 48,00 m
Tonnage brut: 114 354 ums
Port en lourd
Tirant d' eauété: 12,30 m
Tirant d' air max: 53,00 m
Propulsion: Turbine
Puissance: 31 500 kW
Vitesse: 19 nds
N° IMO: 9216303
Pavillon: Bermuda
LGN: 60.000 T.
Nunha reparación en Brest [Bretaña] Estado Francés
http://www.marine-marchande.net/LNGRivers
___________________
Comunicado de apoio:


A Rede Galiza Non Se Vende [RGNSV], expresa o seu apoio á manifestación convocada para o 8 de xuño polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol



____
Un momento do peche no Concello de Ferrol

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Transcribimos a noticia publicada pola Axencia Europa Press:

Os opositores a Reganosa encerrados en Ferrol ven o Plan de Emerxencia Exterior de "lavado de imaxe" e "tapadeira"
Insisten en demandar ao alcalde ferrolán que se sitúe en contra da planta de gas situada na ría

FERROL, 4 Jun. (EUROPA PRESS) -

Os opositores á planta de gas de Reganosa que secundan o peche no Concello de Ferrol convocado polo Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol (CEE) manifestaron hoxe o seu rexeitamento ao Plan de Emerxencia Exterior da planta de gas, por considerar que se trata só de "un lavado de imaxe" e unha "tapadeira" que trata de "encubrir" o perigo que entenden que supón a instalación.

Por segundo día consecutivo, unhas quince persoas continuaron cun peche co que piden ao alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri (PSDEG), que se pronuncie en contra do funcionamento de Reganosa na súa localización o interior da ría, na localidade de Mugardos, en fronte do porto ferrolán.

Os membros do Comité aseguran que ao perigo da localización da planta de gas a menos de dous quilómetros da poboación, súmanse agora novas ameazas, como o transporte de gas natural licuado en camións cisterna, o aumento aprobado da capacidade de produción, ou a voadura da canle de entrada da ría que prevé o Porto para facilitar o acceso dos gaseros.

RISCOS NON EVITABLES

Ante esta situación, aseguran de que o Plan de Emerxencia Exterior (PEE) non pode evitar os "riscos" para a poboación que se poderían producir no caso de que se rexistre unha emerxencia en Reganosa. O PEE, publicado no Diario Oficial (DOG) de Galicia o pasado 31 de xullo, comeza agora a ser explicado aos veciños de Mugardos e hoxe foi presentado ante os medios de comunicación na Coruña.

Rafael Pillado, portavoz do Comité, resaltou que o PEE "é sinxelamente un lavado de imaxe, é vender seguridade entre comiñas, xa que en caso de accidente en Reganosa, só se recollerían mortos e feridos". "É unha falsidade" e "unha tapadeira" para "encubrir" o perigo da planta de gas, concluíu.

Os membros do Comité, que desde 2001 rexeita a localización de Reganosa en Mugardos por considerar que supón unha "ameaza" para a poboación, reclaman co seu "peche indefinido" no Concello, que o alcalde, o socialista Vicente Irisarri, reclame o traslado da instalación ao exterior da ría.

O Comité censura que o alcalde admita en diversas reunións que Mugardos non é a mellor localización para Reganosa pero que con todo "non tome a decisión de reclamar a saída da planta de gas". "É unha contradición", subliñou Pillado, "é coma se ante a colocación dunha bomba, un mira para outro lado porque xa está colocada".

Os membros do colectivo veciñal anuncian que continuarán co seu peche de forma indefinida, nesta semana na que se celebra o Día Mundial do Medio Ambiente, e na que está previsto que realicen unha manifestación de protesta o vindeiro domingo 8 de xuño na cidade, ante as "novas ameazas" que xorden na ría de Ferrol, tanto vinculadas a Reganosa como á localización de Ence que se baralla para a localidade próxima das Pontes.

A planta de gas de Mugardos comezou a operar en fase de probas en maio de 2007 e foi autorizada para o seu funcionamento comercial polo Goberno o pasado mes de novembro. Desde entón, xa atracaron nos peiraos de Reganosa máis de 20 buques gaseros.

APOIOS POLÍTICOS

Desde o Goberno municipal, o grupo de Esquerda Unida-Esquerda Unida, en coalición co Partido Socialista, manifestou a súa "solidariedade" e o seu "apoio máximo" tanto ao peche como ás "lexítimas" reivindicacións do Comité. A primeira tenente de alcalde, Yolanda Díaz, insistiu hoxe en que a formación política entende que a planta de gas "é un risco para a poboación", para "o medio ambiente" e "un auténtico dislate".

Tamén desde a formación de Independentes por Ferrol, o seu portavoz, Juan Fernández, manifestouse hoxe en apoio aos veciños. "Seguimos dicindo de forma clara e contundente que hai un risco adicional innecesario, porque a planta tería que estar no porto exterior", declarou.

Enlace coa noticia orixinal
____________________

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Manifestación desde o Porto de Ferrol
8 DE XUÑO, ÁS 12 DO MEDIODÍA

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Descarga o PDF do Boletín nº14

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/

_____________