martes, outubro 14, 2008

Continua a limpeza dos fondos mariños dentro da Ría de Ferrol da man de "Asoar-Armega" dentro da campaña "Limpando as nosas rías"

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
adegatrasancos@adega.info
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de outubro de 2008 17:54
Asunto: SALUDOS, INFORMACIÓN, ACTIVIDADE,ETC



Información da actividade da pasada fin de semana de limpeza fondos mariños en Fene e mesa redonda

[Para ampliar, clicar acima das fotos]

Extraen 11 toneladas de residuos da ría no porto de Perlío

Diario de Ferrol 12.10.2008
REDACCIÓN > FERROL

Once toneladas de residuos retirados do mar é o resultado da limpeza organizada pola Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar-Armega) durante a mañá de onte no porto de Perlío. A iniciativa enmárcase no programa "Limpando as nosas rías".

O bo tempo favoreceu a participación nos labores de retirada de residuos, xa que 86 persoas en total -incluíndo mergulladores e tripulantes de embarcacións- pasaron a mañá recollendo desperdicios acumulados no fondo do mar. Curiosamente, a maioría do material retirado correspondíase con elementos de ferro, como escaleiras metálicas -varias de gran tamaño- e ferros, algunhas das cales non foi posible sacar do mar polo seu excesivo peso, que rompía os cabos constantemente. O tipo de residuos fai pensar que puidesen provir dos estaleiros. Pero tampouco faltaron os pneumáticos que, sen razón aparente, son un dos ?habitantes? máis habituais das profundidades mariñas.

O único problema foi que as augas atopábanse turbias, algo que dificultou a extracción dos refugallos; aínda así a organización mostrouse satisfeita co resultado.

Á marxe do organozador, Asoar-Armega, colaboran na iniciativa "Limpando as nosas rías" as Consellerías de Medio Ambiente e Pesca, a Demarcación de Costas, a Subdelegación do Goberno en Galicia, os Concellos de Fene, Ferrol e Mugardos, as confrarías de Mugardos, Fene e Barallobre, Greenpeace, Adega, a asociación ambiental Neptuno e a Cooperativa de Mergulladores do Longueirón de Fisterra.

A xornada de onte concluíu cunha charla coloquio na sociedade O Pote.
_____________

Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia
http://www.asoararmega.org/

http://www.adega.info/
__________________

Exposición de Laura Lago Bellas "BAOBAB"

De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de outubro de 2008 17:33
Asunto: [Ateneo Ferrolán] Exposición de Laura Lago Bellas "BAOBAB"


A exposición de Laura Lago Bellas "BAOBAB" pode visitarse de luns a venres de 11:00hs. a 13:30hs. e de 17:00hs. a 21:00hs. e os sábados de 10:30hs. a 13:30hs. na sala de exposicións da segunda planta do Ateneo Ferrolán.

A exposición estará no Ateneo do 17 ó 29 de Outubro.
_________
Ateneo Ferrolán
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

______________

http://9000804453549207470-a-1802744773732722657-s-sites.googlegroups.com/site/ateneoferrolan/Home/banner_rehabilitacion.gif?attredirects=0

A cobiza e a estupidez: O porqué da crise en clave de humor

O BNG anuncia a súa ausencia nos actos do 150 aniversario da concesión do título de cidade a Ferrol

De: Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com-
BNG bng@ferrol.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de outubro de 2008 23:36
Asunto: O BNG ANUNCIA A SÚA AUSENCIA NOS ACTOS DO 150 ANIVERSARIO DA CONCESIÓN DO TÍTULO DE CIDADE



O BNG ANUNCIA A SÚA AUSENCIA NOS ACTOS DO 150 ANIVERSARIO DA CONCESIÓN DO TÍTULO DE CIDADE

Ferrol, 13 de outubro de 2008.

O Consello Local do BNG de Ferrol ven de facer pública a súa decisión de non asistir aos actos previstos polo goberno local, para o vindeiro dia 15 de outubro, de cara a comemorar o 150 aniversario da concesión do título de Cidade a Ferrol.

O BNG non comparte o criterio de primar a presencia da Casa Real na inauguración da exposición fotográfica, xa que quedou evidenciado que para a Monarquía os actos de conmemoración do 150 aniversario da cidade son un prato de segunda. Hai que lembrar que a representante da Casa Real acode a Ferrol a presidir un acto militar, o que aproveita o Goberno Local para trasladar a celebración civil para ese día. É a cidade de Ferrol quen ten que modificar a súa axenda en función da da Casa Real.

O BNG lamenta a rigorosidade do protocolo esixido no acto civil xa que restrinxe a participación da cidade de Ferrol nun acto que debería ser aberto e no que se vira representada e identificada toda a sociedade local.

O BNG considera que a coalición de goberno PSOE-IU parece ancorada no 1858, ao organizar uns fastos onde á sociedade civil se lle encomenda o rol de súbditos/as, de convidados de pedra, nuns actos conmemorativos que van xirar en torno ao acto militar de entrega das bandeiras de combate en vez de apostar por uns actos civís modernos e abertos a toda a cidadanía.

Consello Local do BNG no de Ferrol.
--
Xosé Manuel Pazo Blanco
_______________

domingo, outubro 12, 2008

Martes, 14 de Outubro, Isabel Vilalba en Ferrol: Conferencia “Da crise á soberanía alimentaria”

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de outubro de 2008 14:51
Asunto: Martes, 14: Conferencia “Da crise á soberanía alimentaria”




Martes, 14 de Outubro, a activista agraría e feminista Isabel Vilalba [*] en Ferrol: Conferencia “Da crise á soberanía alimentaria”


Martes, 14: Conferencia “Da crise á soberanía alimentaria”

Conferencia – Debate
"Da crise á soberanía alimentaria"

Martes, 14 de outubro, ás 20 h.
Galería Sargadelos – Ferrol

Intervirán:
Isabel Vilalba
Dirixente do Sindicato Labrego Galego
e da Rede Internacional "Vía Campesina"
Lupe Ces
Da comisión organizadora do VII Encontro Internacional
da Marcha Mundial das Mulleres

Presenta:
Manuel Cendán
Directivo de "Fuco Buxán"

Organiza : Asociación cultural "Fuco Buxán"
_________
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

_______________

[*] Isabel Vilalba

Naceu hai 34 anos en Lourenzá. Fixo estudos de Filoloxía Hispánica, especialidade Galego-Portugués e o 2ª ciclo de Ciencias da Información. É labrega nunha explotación de leite e de fabas no concello de Lourenzá. Pertence ao Sindicato Labrego Galego dende hai 10 anos, e dende hai aproximadamente 6 é a responsable da Secretaría das Mulleres desta entidade, representando ao Sindicato Labrego Galego na Marcha Mundial das Mulleres. Participou representando a estas organizacións nos seguintes foros internacionais:


* Congreso Mundial de Mulleres da Vía Campesina (18-21 de outubro de 2006 en Compostela)
* Foro Internacional de Soberanía Alimentaria (Febreiro 2007, Mali)
* Foro Social Europeo ( Setembro 2008, Suecia)

E en poucos días partirá como delegada europea a Maputo (Mozambique), para participar na V Conferencia Internacional da Vía Campesina.

________________

Máis 2.000 persoas expresan o seu apoio ó cabo Gago, sancionado por denunciar neglixencias na Armada

De: Inacio M.O inaciogz@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de outubro de 2008 23:00
Asunto: Máis 2.000 persoas expresan o seu apoio ó cabo Gago, sancionado por denunciar neglixencias na Armada


Noticia publicada na Edición Dixital do xornal Galicia Hoxe, tirada da axencia de noticias EFE

Máis 2.000 persoas expresan o seu apoio ó cabo Gago, sancionado por denunciar neglixencias na Armada

15.55h. Á marcha asistiu o ex deputado do BNG Francisco Rodríguez e a primeira tenente de alcalde de Ferrol, Yolanda Díaz
EFE. FERROL

Unhas 2.500 persoas, segundo a plataforma de apoio ó cabo ferrolán Jorge Miguel Gago Chao, e algúns centenares menos, en opinión da Policía local de Ferrol, secundaron este mediodía unha manifestación para esixir a retirada do expediente sancionador ó militar.

O cabo denunciara ante un medio de comunicación local a "neglixencia" de mandos da Armada no accidente da fragata Extremadura, no que faleceron dous mariñeiros galegos en decembro de 2005, polo que foi expedientado pola Mariña e deberá pasar dous meses nun penal militar.

A mobilización partiu este mediodía desde o porto ferrolán e concluíu unha hora e media despois no Cantón de Molíns, tras pasar fronte o Concello. Os pais e a esposa do militar ferrolán, que o pasado venres se encadearon ante o Arsenal militar de Ferrol para esixir a defensa "claridade e transparencia" no esclarecemento do accidente, portaban hoxe unha pancarta, acompañados de representantes de institucións e colectivos sociais da comarca.

A marcha foi convocada pola plataforma de apoio ó cabo, que integran 24 entidades da zona, entre outras os grupos políticos do BNG e EU.

Á marcha asistiu o ex deputado do BNG Francisco Rodríguez, a primeira tenente de alcalde de Ferrol, Yolanda Díaz, o parlamentario nacionalista Fernando Branco e representantes de organizacións sindicais da comarca.

O pai do cabo, Miguel Gago, destacou durante a protesta que están "fartos de tanta mentira e provocación"; denunciou a lentitude da causa xudicial aberta en 2006 tras o accidente e concluíu dicindo que se o seu fillo vai ó cárcere "farao coa cabeza ben alta" pero esixirá sempre "que se saiba a verdade" sobre o sinistro.
___________

DN!: Abran os debates .... e ... A invasion dos pitufos mariños -- Dúas Columnas de Amy Goodman, Outubro 2008

DN!: Abran os debates .... e ... A invasion dos pitufos mariños -- Dúas Columnas de Amy Goodman, Outubro 2008

Columna de Amy Goodman 12 de outubro de 2008 01:40

Columna Semanal de Amy Goodman, presentadora de Democracy Now! Esta mensaxe inclúe as columnas do 1 e 8 de Outubro, 2008. Por favor, difundir.



Abran os debates
Publicado o 8 de Outubro de 2008
Por Amy Goodman

As crónicas xa chegaron, e o recente debate dos candidatos á presidencia de Estados Unidos, celebrado na cidade de Nashville, Tennessee, foi para durmir a calquera. Un dos problemas é que, nun debate, é importante que os participantes estean realmente en desacordo. Pero os senadores Barack Obama e John McCain coinciden substancialmente en moitos asuntos. Esta é unha das razóns máis importantes polas que os debates deberían ser abertos e polas que os candidatos dos terceiros partidos e independentes deberían ser incluídos.

Consideremos o colapso financeiro global. Ambos os senadores votaron a favor do polémico proxecto de lei de rescate financeiro que inicialmente foi rexeitado na Cámara de Representantes de Estados Unidos. No Senado foi aprobado de xeito rotundo e, engordado con favores económicos para lograr o apoio dos pouco colaboradores membros da Cámara de Representantes, finalmente tamén foi aprobado pola Cámara Baixa. As noticias que aparecen día a día suxiren que o plan de rescate non solucionou o problema. Máis ben, o contaxio económico estase expandindo a todo o mundo, e xa hai bancos europeos e asiáticos ao bordo do colapso. Islandia "non só os seus bancos, senón o país enteiro" enfróntase á ruína financeira. [Seguir lendo o interesante Artigo]

______________

Invasión dos pitufos mariños
Publicado o 1 de Outubro de 2008
Por Amy Goodman

Fai un par de semanas apareceu un artigo no xornal Army Estafes, que pasou maiormente desapercibido, achega do Primeiro Equipo de Combate da Brigada da 3ª División de Infantería. "A partir do 1 de outubro e durante 12 meses", relataba a redactora do Army Estafes Gina Cavallaro, "o Primeiro Equipo de Combate da Brigada estará baixo o control diario do Army North de Estados Unidos, o servizo do Exército que integra o Comando Norte, para actuar como unha forza nacional de resposta ante urxencias e desastres, naturais ou producidos polo home, incluíndo ataques terroristas". Máis preocupante aínda, o artigo continúa: "poden ser convocados para axudar en caso de disturbios civís e para o control de multitudes".

Esta forza chamarase Forza de Xestión de Respostas a Consecuencias de orixe química, biolóxico, radiológico, nuclear ou por explosivos de alta potencia. As siglas do nome orixinal (Consequence Management Response Force), CCMRF, pronúncianse en inglés "sexa-smurf" (pitufo mariño). Estes "pitufos mariños", informa Cavallaro, pasaron 35 dos últimos 60 meses en Iraq patrullando nunha situación de tensión total, "nunha zona de combate, e agora pasarán os seus 20 meses de repouso -o tempo de descanso que necesitan pasar os soldados para -reaxustarse e recuperar forzas tras ser despregados-" armados e listos para saltar ás rúas de EE.UU..

O artigo do Army Estafes inclúe unha corrección que afirma que dita forza non vai usar armamento non letal dentro do país, como se supuxo nun momento. Chamei á Tenente Coronel da Forza Aérea, Jamie Goodpaster, unha oficial de asuntos públicos do Comando do Norte. Díxome que a misión xeral era humanitaria, para salvar vidas e axudar ás comunidades a recuperarse de acontecementos catastróficos. No entanto, as forzas militares levarían armamento, almacenado en colectores, entre o que se contarían armas letais e tamén as chamadas "armas non letais". Terían principalmente vehículos militares de patrulla, pero, continuou Goodpaster, tamén terían acceso a tanques. A oficial afirmou que o uso das armas decidiríase a un alto nivel, posiblemente ao nivel do Secretario de Defensa. [Seguir lendo o interesante Artigo]


Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/

13 e 14 de Outubro, actos sobre Soberania Alimentária em Ferrol, dentro do VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulheres

De: lupe ces -lupeces@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 12 de outubro de 2008 22:31

Asunto: actos soberania alimentaria



Prezadas amigas e amigos envio-vos por se é do vosso interesse, e podedes participar, informaçom sobre dous actos ao redor da Soberania Alimentaria e o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulheres. Lembrai que estades todas e todos convidados a participar nas actividades programadas para o sábado 18 e domingo 19 em Vigo (foro e feira soberania alimentaria, milhadoiro, manifestaçom...) Para mais informaçom podedes ir a feminismo.info

LUNS 13 DE OUTUBRO às 20hs.-
Nos locais Espazo Libertario, situado na Avenida de Esteiro, nº 10, baixo, acto informativo sobre o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulheres.

MARTES 14 DE OUTUBRO às 20hs.-
Nos locais da Galería Sargadelos, organizado pola Asociación Fuco Buxan "Da Crise á Soberania Alimentaria" coa participaçom de Isabel Vilalva, do Sindicato Labrego Galego.


Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/

NÓS-Unidade Popular homenageou em Meirás às luitadoras galegas, no VIII Dia da Galiza Combatente

De: nacional@nosgaliza.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de outubro de 2008 17:08
Assunto: NÓS-Unidade Popular homenageou em Meirás às luitadoras galegas, no VIII Dia da Galiza Combatente



NÓS-Unidade Popular homenageou em Meirás às luitadoras galegas, no VIII Dia da Galiza Combatente

Militantes e simpatizantes de NÓS-Unidade Popular concentrárom-se neste 11 de Outubro ao pé do Farol de Meirás, no concelho de Valdovinho, para comemorar o Dia da Galiza Combatente, dedicado nesta ocasiom às mulheres que, ao longo da história da Galiza, luitárom em defesa das classes populares, dos direitos nacionais e de género no nosso país.

NÓS-UP quijo reconhecer assim, nesta ocasiom, as mui diversas expressons de luita que, em diferentes etapas, assumírom posiçons libertadoras no campo popular: mulheres operárias, mulheres comunistas, mulheres guerrilheiras, mulheres feministas... mulheres independentistas. O lugar nom foi escolhido por acaso: a paróquia onde se encontram enterrados os restos de luitadora Lola Castro, a Meirás de Valdovinho, com o imenso Oceano Atlántico como pano de fundo.

Lara Souto, da Direcçom Nacional de NÓS-Unidade Popular, conduziu o acto político ao pé do farol, perto dos alcantilados de Meirás. A seguir, tomou a palavra Zéltia Fernandes, da Mesa Nacional de BRIGA e, finalmente, a companheira Gema Branco, também da Direcçom Nacional de NÓS-UP, pronunciou um discurso em que lembrou umha série de mulheres que, nos últimos séculos, tenhem protagonizado episódios de luita popular na Galiza. Desde Maria Pita até Lola Castro, passando por Amada Garcia e outras muitas, aplaudidas polas dúzias de pessoas presentes no acto político.

Posteriormente, fôrom entoados a Internacional e o Hino Nacional da Galiza, enquanto ardia umha bandeira monárquica espanhola e dotaçons da Guarda Civil espanhola espreitavam nas redondezas do lugar.

Na segunda parte dos actos do 11 de Outubro, as pessoas presentes deslocárom-se, atravessando Meirás, até o cemitério da paróquia, onde fôrom depositadas umhas flores no túmulo de Lola Castro, Mariana, e foi cantado novamente o Hino Nacional.

Finalmente, um restaurante localizado no vizinho concelho de Narom acolheu um jantar de confraternizaçom com participaçom de quase setenta das pessoas participantes na convocatória patriótica do Dia da Galiza Combatente, nas terras de Trasancos, no noroeste da Galiza.

www.nosgaliza.org

nacional@nosgaliza.org
____________

Xa está na rúa o número 32 da "Revista Atenea"

De: Ateneo Ferrolán -bettinakorten@freenet.de-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de outubro de 2008 18:37
Asunto: Xa está na rúa o número 32 da "Revista Atenea"



Xa está na rúa o número 32 da "Revista Atenea"

EDITORIAL

SERVIZOS

  • HEMEROTECA-BIBLIOTECA.
  • HISTORIAS DA NOSA BIBLIOTECA-HEMEROTECA.
FALAMOS DE...
  • EXPOSICIÓN “EL CORREO GALLEGO: 130 ANOS”.
  • AS “MENINAS” MÚDANSE A CANIDO. Fotos de Jorge Meis
  • XVIII CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN 2008”.
BREVES
  • PROGRAMA ALALÁ.
  • FERVESTEIRO.
  • PROPOSTAS DE PROGRAMAS PARA RÁDIO FILISPIM.
  • AIFA: PRÓXIMO ENCONTRO EN STO. DOMINGO.
  • PRESENZA DO ATENEO FERROLÁN.
  • MASA CRÍTICA FERROLÁ.
  • PREMIOS AELG 2007.
  • MANIFESTO A PROL DA CONVIVENCIA LINGÜÍSTICA.
PROGRAMACIÓN
  • OUTUBRO-NOVEMBRO-DECEMBRO.
  • CERTAME FOTOGRÁFICO “MEDIO AMBIENTE”.
  • VI CERTAME DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL “ATENEA 2008”.
ARTIGOS
  • O NOME DO PAÍS, por Carlos Callón.
  • SOBRE A HIPOTÉTICA... ¿FUNDACIÓN DO CONVENTO DE SAN FRANCISCO DE FERROL EN 1377?, por Fernando Dopico Blanco.
  • 150 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE FERROL COMO CIDADE.
  • OS ATENEOS NO SÉCULO XX, por Pilar Blanco Vidal.
MULLER
  • MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES: VIGO 18-19 DE OUTUBRO 2008.
  • SOLIDARIEDADE CON JESÚS NERIA.
O PARNASO, Miguel Ángel Alonso Diz.

http://9000804453549207470-a-1802744773732722657-s-sites.googlegroups.com/site/ateneoferrolan/Home/banner_rehabilitacion.gif?attredirects=0

_____________
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Telf.:+34 981 357 970 Fax: 981 354 098


___________________

mércores, outubro 08, 2008

A FAO pide unha revisión das políticas e subvencións aos biocombustibles





A FAO pide unha revisión das políticas e subvencións aos biocombustibles

Un informe anual sopesa as oportunidades e riscos

7 de outubro de 2008, Roma - As políticas e subvencións dos biocombustibles deberían ser reconsideradas con urxencia para manter o obxectivo da seguridade alimentaria mundial, protexer aos campesiños pobres, promover un desenvolvemento rural de ampla base e asegurar a sustentabilidade ambiental, afirmou hoxe a FAO nunha nova edición da súa principal publicación anual O Estado Mundial da Agricultura e a Alimentación (SOFA, polas súas siglas en inglés) 2008.

"Os biocombustibles ofrecen oportunidades pero tamén expón riscos. O resultado dependerá do contexto específico do país e das políticas adoptadas", dixo Jacques Diouf, Director Xeral da FAO. "As políticas actuais -explicou- tenden a favorecer aos produtores dalgúns países desenvolvidos fronte aos da maioría dos países en desenvolvemento. O desafío reside en reducir ou xestionar os riscos compartindo ao mesmo tempo as oportunidades de forma máis ampla".

A produción de biocombustibles baseada en produtos agrícolas creceu máis do triplo entre 2000 e 2007, e agora supón case o dous por cento do consumo mundial de combustibles para o transporte. Espérase que este crecemento continúe, aínda que a contribución dos biocombustibles líquidos (principalmente etanol e biodiesel) para a enerxía do transporte, e, máis aínda, para o consumo enerxético mundial, seguirá sendo limitada.

A pesar da escasa importancia dos biocombustibles líquidos en termos da subministración enerxética mundial, a demanda de materias primas agrícolas (azucre, millo, sementes oleaginosas) para obtelos seguirá aumentando na próxima década e quizais máis adiante, incrementando a presión sobre os prezos alimentarios.


Oportunidades para os pobres

Se os países en desenvolvemento poden obter beneficios da produción de biocombustibles e estes poden chegar á poboación pobre, unha maior demanda de biocombustibles podería axudar ao desenvolvemento rural.

"As oportunidades para os países en desenvolvemento de beneficiarse da demanda de biocombustibles poderían aumentar mediante a supresión das subvencións agrícolas e aos biocombustibles e das barreiras comerciais, que crean un mercado artificial e benefician actualmente aos produtores dos países da OCDE á conta dos produtores dos países en desenvolvemento", afirmou Diouf.

Outras medidas políticas que impulsan o uso de biocombustibles líquidos, como a esixencia de que se mesturen con combustibles fósiles, así como os incentivos fiscais, deron lugar a un rápido crecemento artificial da produción de biocombustibles. Segundo o informe, estas medidas teñen elevados custos económicos, sociais e ambientais e deberían ser reconsideradas.


Seguridade alimentaria

A crecente demanda de biocombustibles e o consecuente aumento do prezo dos produtos agrícolas ofrecen grandes oportunidades para algúns países en desenvolvemento. A agricultura podería converterse no motor de crecemento para a redución do fame e a mitigación da pobreza. A produción das materias primas dos biocombustibles pode crear empregos e xerar ingresos, especialmente se os pequenos campesiños pobres reciben axuda para ampliar a súa produción e conseguir acceso aos mercados. Fomentar a participación dos pequenos agricultores na produción de cultivos, incluíndo os destinados a biocombustibles, require investimentos en infraestrutura, investigación, financiamento rural, información dos mercados e institucións e sistemas legais.

Con todo, entre os riscos existentes, predomina a preocupación pola seguridade alimentaria. Os elevados prezos dos produtos agrícolas xa están tendo un impacto negativo nos países en desenvolvemento que dependen en gran medida das importacións para satisfacer as súas necesidades alimentarias. Os consumidores pobres de zonas urbanas e os compradores netos pobres de alimentos das zonas rurais atópanse especialmente en perigo. Unha gran parte da poboación pobre mundial gasta máis da metade dos seus ingresos en comida. "As decisións sobre os biocombustibles deberían ter en conta a situación da seguridade alimentaria, pero tamén a dispoñibilidade de terra e a auga", segundo Diouf. "Todos os esforzos -engadiu- deberían encamiñarse a manter o principal obxectivo: liberar á humanidade do azoute do fame?.


Gases de efecto invernadoiro

Se analizamos a dimensión ambiental, o balance non sempre é positivo. "Unha maior produción e emprego de biocombustibles non contribuirá necesariamente a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro tanto como previamente se había suposto", revela o informe. Aínda que algunhas materias primas dos biocombustibles como o azucre poden xerar unhas emisións de gases de efecto invernadoiro considerablemente inferiores, non sucede o mesmo con moitas outras.

O maior impacto dos biocombustibles nas emisións de gases de efecto invernadoiro vén determinado polo cambio do uso da terra. "Os cambios no uso da terra - por exemplo a deforestación para satisfacer a crecente demanda de produtos agrícolas- son unha gran ameaza para a calidade do chan, a biodiversidade, e as emisións de gases de efecto invernadoiro", apuntou Diouf.

O informe afirma que os criterios de sustentabilidade baseados nas normas internacionais acordadas poderían axudar a mellorar o impacto ambiental dos biocombustibles, pero non deberían crear novas barreiras comerciais para os países en desenvolvemento.


Segunda xeración

A próxima xeración de biocombustibles atópase actualmente en desenvolvemento pero aínda non está dispoñible a nivel comercial. Utiliza materias primas como madeira, pastos altos, refugallos agrícolas e forestais, e podería mellorar o equilibrio da enerxía fósil e os gases de efecto invernadoiro dos biocombustibles.

"Parece ser que hai unha proposta para destinar unha maior porcentaxe do investimento en biocombustibles en investigación e desenvolvemento, especialmente en tecnoloxías de segunda xeración que, se son ben deseñadas e aplicadas terían un maior potencial en termos de redución das emisións de gases de efecto invernadoiro cunha menor presión sobre a base de recursos naturais", afirmou Diouf.


Contacto:
Erwin Northoff
Oficina de prensa, FAO
erwin.northoff@fao.org
( 39) 06 570 53105
( 39) 348 252 3616 (móbil)

http://www.fao.org/index_es.htm
________________

martes, outubro 07, 2008

Hoxe en Ferrol dúas mobilizacións secundan a convocatoria de acción mundial lanzada pola Confederación Sindical Internacional: Por un Traballo Decente

Hoxe en Ferrol dúas mobilizacións secundan a convocatoria, de acción mundial, lanzada pola Confederación Sindical Internacional, "Por un Traballo Decente", en Europa engadese unha revindicación propia de rexeitamento da directiva europea das 65 horas. A falta de dereitos laborais e sindicais, a precariedade, as xornadas interminábeis, o aumento dos accidentes laborais, a falta de saúde laboral,... e un sinfín de incumprimentos de dereitos e de retrocesos importantes nas conquistas obreiras do século XX, fan desta xornada un aviso fundamental para chamar á necesaria ofensiva obreira, sobre todo neste momento no que o capital a nivel mundial pretenden que paguemos a súa crise ...
  • Convocada pola CIG, hoxe, 7 de Outubro, terá lugar unha concentración ás 12 do mediodía, na Praza Amada García, frente ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
  • Convocada polo Sector Crítico de CCOO, Esquerda Unida, PCG, Sindicato de Estudiantes, "El Militante", terá lugar unha concentración, ás 8 da tarde, na Praza Amada García, frente ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Enlaces relacionados:

_____________

Xornada Mundial polo Traballo Decente: Guy Ryder, CSI


_____________

Traballo forzoso: CSI Xornada Mundial polo Traballo Decente


_____________

Xornada Mundial polo Traballo Decente: Traballo Infantil


___________

A Marcha Mundial das Mulleres ante a directiva europea das 65 horas e a xornada de mobilización mundial "Por un Traballo Decente" do 7 de Outubro

De: MMM Marcha Galiza -marchagaliza@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 7 de outubro de 2008 09:13

Asunto: comunicado "65 horas"



Comunicado da Marcha Mundial das Mulleres ante a directiva europea das 65 horas e a xornada de mobilización mundial "Por un Traballo Decente" do 7 de outubro de 2008.-

A directiva europea que vai ser posta a votación no parlamento europeo, conforme vai poder ampliarse a xornada laboral até as 65 horas semanais, está sendo contestada desde distintos sectores sociais, e as condicións laborais de precariedade, falta de dereitos sindicais, siniestralidade... que se dan nos cinco continentes, motivan a mobilización que o próximo 7 de Outubro, unha parte do movemento sindical mundial, ten convocada baixo o lema "Por un traballo decente". Esta directiva europea, non supón mais que engadir un pouco de pementa a un preparado que pretende purgar todos os avances conseguidos ao longo do século XX polos movementos socias, moitos deles da man do feminismo. Ao berro de que ven o coco!!!, utilizando a chantaxe, a intimidación e o medo, a minoría capitalista que amasou e amasa grandes beneficios coa especulación financeira, pretende agora que paguemos os seus pratos rotos e amañemos, baleirando as arcas públicas, as pingueiras e desperfeitos dos seus corruptos negocios. Nesta situación de alarma social, ao redor da crise financeira, como se de unha catástrofe natural de enormes e incontrolábeis consecuencias se tratase, lánzanse salvavidas coa etiqueta de abaratamento do despido, aumento da xornada laboral, aumento da idade de xubilación... e outras receitas que se venhem aplicando en maior ou menor medida nos últimos tempos, receitas que para as mulleres son vellas coñecidas, pois van parellas ao aumento da economía somerxida e a precariedade, onde temos unha representación maioritaria, e o recorte de servizos sociais. A ameaza do "Lado Escuro" onde se situan o patriarcado e o capitalismo, non só non desaparece senón que mostra un repunte virulento.

Non hai outra saída? É necesario que a actividade financeira ocupe unha parte tan importante da actividade económica? Podería existir unha economía onde a actividade de mercar e vender activos financeiros se puidera regular por unhas normas estritas que non permitisen a especulación?

Desde a Marcha Mundial das Mulleres pensamos que si. Que é hora de democratizar a economía. Que é hora de que a economía estea ao servizo da sociedade. Que é hora de pór límites á riqueza, porque xa é tempo de eliminar a pobreza. Porque somos conscientes que a perda de dereitos laborais, a acumulación de beneficios en poucas mans, o recorte do gasto público en saúde, educación, vivenda, preservación da terra e da auga, supón pór freo á igualdade, e camiñar de fronte para o deterioro ambiental e social. Non podemos entregar a nosa vida ao control do mercado. Para o capitalismo, son imprescindíbeis a produción e o consumo sen límites. Para as persoas son imprescindíbeis os coidados, a terra, o ar e a auga. Busquemos, esixamos e apliquemos fórmulas políticas que invistan e afortalen o sector público, redes asistenciais e servizos que axuden a conciliar a vida laboral e familiar. Construamos modelos económicos e sociais (educacionais, espirituais, afectivos, sexuais, políticos...) inspirados nos valores da democracia e da igualdade, non nos da cobiza e a opresión. A Marcha Mundial das Mulleres valora que o planeta está nunha encrucillada onde só se poden seguir dúas direccións, a do cambio económico e social que permita acabar coa pobreza e compartir o traballo (o laboral e o doméstico), que sustenta a existencia da Humanidade, ou o camiño da acumulación das riquezas por parte dunha minoría, coa perpetuación da discriminación das mulleres, onde a violencia e a pobreza coexisten co gasto sen medida, a ostentación e a depredación do planeta.

Acudamos ás mobilizacións convocadas nas cidades galegas por un Traballo Decente, contra a directiva europea das 65 horas!
____________

Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968/637817745
Coord. Ferrol: 658432609/652201003
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 657825556/667531529
http://www.feminismo.info

_____________

luns, outubro 06, 2008

Xornada Mundial polo Traballo decente, concentración en Ferrol ás 8 da Tarde

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de outubro de 2008 09:36

Asunto: CONCENTRACIÓN CONTRA A DIRECTIVA DAS 60 HORAS


MANIFESTACIÓN MÁÑÁ, MARTES 7 DE OUTUBRO DE 2008 AS 20.00 , DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA EN FERROL, CONCENTRACIÓN XORNADA MUNDIAL POLO TRABALLO DECENTE, NON AS 60 HORAS

GRAZAS, UN SAÚDO.


Estimado/a compañeiro/a:

O pasado xuño, os ministros de Traballo da Unión Europea aprobaron unha proposta de directiva sobre a xornada laboral que eleva o tope máxima de xornada semanal ata as 60 horas (65 no caso das actividades con gardas, como os hospitais). Esta directiva ten que ser debatida no Parlamento Europeo antes de fin de ano.

Nin que dicir ten que, de ser aprobada, a directiva suporía un enorme retroceso nas condicións laborais dos traballadores, un auténtico retroceso histórico dun século, posto que a xornada laboral máxima de 48 horas foi fixada pola OIT en 1919.

O vindeiro 7 de outubro está convocada, pola Confederación Sindical Internacional, unha Xornada Mundial polo Traballo Decente, que no caso dos países da Unión Europea adquirirá un contido de rexeitamento á directiva das 60 horas. CCOO e UGT teñen convocadas diversas mobilizacións. No caso concreto de Galicia, haberá unha manifestación en Vigo.

Dada a gravedade do ataque, a celebración dunha soa manifestación en toda Galicia parece insuficiente, polo cal decidimos impulsar unha mobilización unitaria en Ferrol, convocando unha reunión aberta de tódalas entidades interesadas en participar na preparación de dita mobilización. Previamente a esa reunión, entrevistámonos cos secretarios xerais comarcais dos tres sindicatos (CCOO, UGT e CIG) para darlles a coñecer a nosa proposta e deixar claro que era un complemento á manifestación de Vigo. Aínda que atopamos unha moi boa actitude en todos eles e aínda que todos admiten que unha manifestación en Vigo un martes ás 8 da tarde non é unha opción para que os traballadores de Ferrolterra se mobilicen, motivos diversos impediron unha convocatoria unitaria na nosa comarca.

Nestas circunstancias, e pensando que nunha comarca coas tradicións de loita obreira de Ferrolterra é case obrigado que haxa unha mobilización contra as 60 horas o 7 de outubro, decidimos ir para adiante coa convocatoria dunha concentración para ese día. Será ás 8 da tarde diante do edificio da Xunta da Praza de España.

Nos últimos anos, e a pesar do “milagro económico” español, a situación dos traballadores ven deteriorándose. Agora, a recesión económica fará que os ataques contra os dereitos laborais aumenten aínda máis. Temos que impedir que nos fagan pagar a crise. Por iso é moi importante que o día 7 acudas á concentración e que difundas a convocatoria no teu entorno (empresa, barrio...). Na sede e no concello haberá carteis da convocatoria á túa disposición. Non podemos permanecer parados, ¡hai que moverse!

CONCENTRACIÓN CONTRA AS 60 HORAS

LUGAR: PRAZA DE ESPAÑA (EDIF. XUNTA)

DÍA: MARTES 7 DE OUTUBRO

HORA: 8 DA TARDE

____________________

Convocatoria veciñal en Valón, en protesta pola inseguridade e insalubridade no transporte de mercancías sucias e perigosas desde o Porto Exterior

Diante do perigo no transporte por estrada, sobre todo de Clinker, desde o Porto Exterior a Asociación Veciñal de Valón convoca hoxe, 6 de Outubro, ás 4 da Tarde unha concentración no Alto de Valón, co obxectivo de protestar polo transporte deste tipo de mercancías, carbón e outras mercancías perigosas, sucias e pouco saudábeis, sen reunir a estrada as condicións axeitadas, así como a falta de medidas de seguridade dos medios transporte. Contra a velocidade excesiva, o non respecto dos sinais de transito e pasos de peóns, ... e outras. Moitos camións circulan sen levar a caixa tapada con lonas, como esixe a normativa vixente. Demanda a veciñanza que se tomen medidas de seguridade e se controle o tránsito deste camións, polo dereito da veciñanza a transitar polos paseos e beirarrúas con seguridade e tranquilidade.

ADEGA de Trasancos apoio á convocatoria veciñal, para mais información contactar con Serxio [o noso delegado en Valón: 662428976]
______________

Mobilizacións da CIG no 7 de Outubro, na acción mundial polo traballo decente

Convocadas asembleas e concentracións en todas as cidades, o 7 de outubro

A CIG di NON á Directiva das 65 horas

A CIG vén de convocar concentracións simultáneas en todas as comarcas de Galiza para o día 7 de outubro, para denunciar a grave perda de dereitos que suporá para a clase traballadora a ratificación, por parte do Parlamento Europeo, das modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Unhas modificacións que contemplan, entre outros aspectos, a xeneralización da posibilidade de ampliar a duración máxima da xornada laboral até as 65 horas semanais ou a relaxación na obriga empresarial de compensar con descansos o traballo realizado a maiores.

O pasado 11 de xuño, o Consello de Emprego, formado polos Ministros de Traballo de cada un dos Estados que integran a UE, aprobou por maioría a chamada DIRECTIVA DE TEMPO DE TRABALLO que pretende:

  1. Poder traballar, como máximo, unha xornada semanal de até 65 horas, con carácter flexíbel, que se regularizará por exceso ou defecto cada tres meses; sen fixar o tempo de descanso entre xornadas laborais, nin límite de horas de traballo ao ano. O que se traballe de máis nunhas semanas, traballarase, supostamente, de menos nas outras.
  2. A Directiva estabelece para determinados sectores de servizos, como pode ser a Sanidade, Vixilancia e Seguridade, Condutores de Transporte Público ou Privado... etc, que o período inactivo de traballo que non se preste unha atención continuada non se considere tempo de traballo, por exemplo, durante unha garda médica o tempo que non hai pacientes, ou nos tempos de espera entre servizos para os condutores de autobús.
  3. Estabelécese a posibilidade de que na sinatura do contrato o traballador ou traballadora pode “voluntariamente” de xeito individual e con independencia do regulado en Convenio, aceptar a xornada de 65 horas. Eles saben perfectamente que a chantaxe dos empresarios será condicionar a sinatura do contrato a que se acepte a ampliación da xornada.

No Estado Español, a xornada máxima de 40 horas semanais está acordada desde o ano 1979, pero a involución do capitalismo máis salvaxe que domina Europa quere facernos retroceder 200 anos. Queren facernos traballar máis horas e máis barato, evitarán as horas extra e os pluses para os que traballan en fin de semana ou festivos.

Esta Directiva será debatida para a súa aprobación nos próximos meses no Parlamento Europeo, onde a dereita neoliberal ten maioría, polo que parece probábel a súa aprobación antes do mes de decembro. Unha vez aprobada, cada Estado debe adaptar esta norma á súa propia lexislación nun determinado prazo.

Como podemos ver, a Europa que se constrúe non protexe o mundo do traballo nin á clase traballadora. Esta é unha Europa neoliberal que non ten reparos en gastar miles de millóns de euros de diñeiro público de todos os Estados a través do Banco central Europeo, para pagar nesta crise, o despilfarro, a especulación financeira dos bancos e das inmensas fortunas, que agora socializan as perdas pero antes non socializaron as inmensas ganancias. Co noso diñeiro pagan as consecuencias da súa avaricia e logo nos dirán que temos que reducir as pensións, as prestacións por desemprego, a sanidade...

Mobilízate coa CIG o día 7 de outubro

CONCENTRACIÓNS

A Mariña: Ás 11:00 horas no concello de Cervo.

A Coruña: Ás 12:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno

Ferrol: Ás 12:00 horas diante do edificio da Xunta de Galiza na Praza de España.

Lugo: Ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno.

Ourense: Ás 11:30 diante do edificio sindical

Pontevedra: Ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno.

Santiago: Ás 12:30 h na Praza de Galiza.

Vigo: Ás 12:00 horas, saída de diante do pavillón do Berbés.

______________

Os sen Voz da Marina

[Ampliar clicando acima das imaxens]__________

domingo, outubro 05, 2008

VIII Xornadas "Mostra de Curtametraxes" 2008 do Ateneo Ferrolán

De:ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de outubro de 2008 14:13

Asunto: VIII Xornadas "Mostra de Curtametraxes" 2008



A celebrar os días 22 e 23 de decembro no Ateneo Ferrolán.

Os días 22 e 23 de decembro, levaranse a cabo no Ateneo Ferrolán ás OITAVAS XORNADAS DE MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos en formato DVD ou se poñan en contacto con nos antes do día 15 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Admítense curtametraxes de ficción, de animación, documentais, anuncios, vídeo clips, ...

GRAZAS POR PARTICIPAR!

_____________

ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879)
www.ateneoferrolan.org

EXECUCIÓN Xá ! do PROXECTO APROBADO de AMPLIACIÓN e REHABILITACIÓN DA SEDE DESTA ENTIDADE CULTURAL CENTENARIA

_________________

O BNG acusa a PSOE- IU de antepor os intereses do estamento militar à sociedade civil

De:Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com-
BNG FERROLTERRA -ferrol@bng-galiza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de outubro de 2008 19:52

Asunto: O BNG acusa a PSOE- IU de antepor os intereses do estamento militar à sociedade civil



O BNG acusa a PSOE- IU de antepor os intereses do estamento militar à sociedade civil.

O grupo municipal do BNG censurou hoxe ao goberno local por financiar con recursos económicos municipais un acto estritamente militar e facelo coincidir cos actos de conmemoración do 150 aniversario da concesión do título de cidade a Ferrol.

O portavoz municipal do BNG, Xoán Xosé Pita, incidiu que con estas actitudes PSOE e IU evidencian que seguen antepoñendo os intereses do estamento militar aos intereses da sociedade civil e calificou de escusa a participación da casa real para xustificar esta actitude.

Pita, lamentou que a equipa de goberno Local formado por PSOE-IU, aposte por facer coincidir, o vindeiro dia 15 de outubro, un acto militar cos actos de aniversario da cidade, participando economicamente no financiamento do primeiro evento e restándolle protagonismo aos actos de aniversario da cidade.

O BNG xa censurou a decisión de sufragar a compra de dúas bandeiras de combate para as escolas militares da cidade cun gasto de case 18.000 € para as arcas municipais mais tampouco comparte a decisión do actual Goberno Local de financiar estas actividades e ter que pagar entre outros o catering deste evento, as invitacións ou o autobús que desprazará a corporación municipal polas dependencias militares.

Xoán Xosé Pita, portavoz nacionalista, considera un erro primar o evento militar por riba do acto civil de inauguración da exposición fotográfica sobre a historia da Cidade e invita ao Alcalde da Cidade a explicar pormenorizadamente os motivos que o levaron a tomar esta decisión e a dar conta do custo total destas actividades.

Desde o BNG se afirma que ningún dos seus membros vai participar no acto militar de entrega das bandeiras de combate por parte do Concello de Ferrol as Escolas Militares da Cidade.

Ferrol a 3 de outubro de 2008

Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol.

Xosé Manuel Pazo Blanco
_______________

xoves, outubro 02, 2008

Sherlock Holmes analiza o Crack de Wall Street

De: Comunistas da Galiza P.C.P.E.
-comunistasdagaliza@gmail.com-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 1 de outubro de 2008 23:52

Asunto: SHERLOCK HOLMES ANALIZA O CRACK DE WALL STREET



"O CRACK DE WALL STREET", OU

"O MAIOR ROUBO DA HISTORIA", OU

"¿Daquela os pobres van pagar os pratos rotos dos ricos?"

(MÚSICA DE MISTERIO)

SHERLOCK Ola. Son o famoso detective Sherlock Holmes.

WATSON E eu son Watson, sempre á orde de Sherlock para resolver os misterios máis misteriosos.

SHERLOCK Pois hoxe temos que investigar... sabes onde, Watson? Nada menos que en Wall Street.

WATSON Wall Street é o corazón do imperio económico norteamericano.

SHERLOCK Pois ese corazón sufriu un infarto, Watson. Unha crise, un derrube, un crack.

WATSON Explícame, Sherlock, porque a miña cabeza non dá para tanto

SHERLOCK É relativamente simple, Watson. Xa o ouviches nos noticieiros. Bancos xigantes, os maiores bancos de investimento, declaráronse en quebra.

WATSON Pero, por que, que pasou, Sherlock?

SHERLOCK Aténdeme ben, Watson. O famoso economista Keynes dicía que se unha persoa debe mil dólares a un banco e non pode pagar, esa persoa está en problemas. Pero se lle debe un millón e non pode pagar? o que está en problemas é o banco!

WATSON Explícate mellor, Sherlock.

SHERLOCK Que fixeron estes bancos avariciosos? Prestar cartos, prestar cartos, prestar cartos. Aos pobres, aos migrantes prestábanlles prata para que se fixesen unha casiña. A casa quedaba hipotecada, naturalmente. Se non pagaban as cotas, quitábanlla.

WATSON E que pasou, entón?

SHERLOCK Pasaron moitas cousas. Eses bancos usureiros cambiaban a taxa de interese. Ao comezo, por exemplo, esixían o 10% e aos dous anos subíanlles ao 25%.

WATSON Unha barbaridade

SHERLOCK Estrangulaban aos debedores. E ameazábanlles: se non pagas, quítoche a casa.

WATSON E con seguridade, quitaríanlla.

SHERLOCK Si, pero o problema é que os bancos prestaron tanto, que agora non saben que facer. A xente non ten como lles pagar. E eles tampouco resolven nada quedándose coas casas. Que fai un banco cunha chea de casas que, ademais, ninguén pode comprar?

WATSON Entón?

SHERLOCK Entón, eses bancos quedaron sen diñeiro porque prestaron todo irresponsablemente e agora ninguén lles paga.

WATSON E que van facer?

SHERLOCK Grande pregunta, Watson. Que van facer? Porque a burbulla rebentou...

(SON DUN GLOBO REBENTANDO)

SHERLOCK Como un globo que se pica, así rebentaron eses bancos. quedaron sen diñeiro para seguir prestando.

WATSON Ben, imaxino que xa se lle ocorreu algo ao intelixentísimo presidente Bush para resolver esta crise?

SHERLOCK O intelixentísimo Bush dixo: Hai que salvar aos bancos, pobriños, aos banqueiros, coitadiños. Collamos 700 mil millóns de dólares da Reserva Federal para salvalos.

WATSON Canto dixeches, Sherlock?

SHERLOCK 700 mil millóns de dólares.

WATSON E de onde sae esa millonada de pasta?

SHERLOCK Dos contribuíntes.

WATSON Como que dos contribuíntes?

SHERLOCK Do peto dos contribuíntes norteamericanos, do pobo norteamericano.

WATSON Non pode ser... Se che entendo ben, o goberno gringo vai tomar os cartos da xente do montón para salvar aos banqueiros ricos? Iso é o que me estás dicindo?

SHERLOCK Exactamente, meu querido Watson.

WATSON Ou sexa, que os cidadáns e as cidadás van pagar os pratos rotos da festa dos ricos usureiros?

SHERLOCK Ti o dixeches, Watson.

WATSON E a xente acepta iso?

SHERLOCK A xente está indignada, facendo manifestacións.

WATSON Pero, se eu entendo ben, o que está a planear Bush e o seu goberno é... é un roubo.

SHERLOCK Elemental, meu querido Watson. 700 mil millóns de dólares. O maior roubo da historia dos Estados Unidos.
_________________

http://comunistasdagzpcpe.blogspot.com/

http://www.pcpe.es/
________________

Boletín Informativo de ADEGA - 2 de Outubro de 2008 - Eventos e Actividades

ADEGA INFORMA. Vindeiros EVENTOS E ACTIVIDADES
ADEGA -adega@adega.info-
2 de outubro de 2008 11:07
Boletín especial EVENTOS e CONVOCATORIAS

10-12, 17-19 e 24-26 de outubro. CAMPAMENTO DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO RÍO TEA
Na campaña de outono do Proxecto Ríos e dentro do programa de Voluntariado en Ríos en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, celebrarase durante tres fins de semana de outubro [10-12; 17-19; 24-26] un campamento de voluntariado no río Tea. Neste campamento realizarase unha acción para eliminar flora exótica e invasora. O voluntariado contará con material [traxes e botas de auga, material de inspección, guias de campo, etc] así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos. Durante os tres turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no Albergue Alentea, ubicado en Barciademera [O Covelo] en rexime de pensión completa.


Diptico CAMPAMENTO TEA 08. formato -pdf-(440 KB)

Información e inscricións na seguinte ligazón: CAMPAMENTO VOLUNTARIADO TEA 08


8 e 9 de novembro. II ENCONTRO SOBRE O LOBO GALEGO - Bótalle unha man ao lobo!
O lobo é a especie máis emblemática da nosa cultura. Simboliza o máis indómito da nosa fauna. Tod@s @s que esteades interesad@s en colaborar activamente na conservación do lobo poñédevos en contacto con Pepe Salvadores, vogal de Diversidade Natural de ADEGA (correo electrónico: psalvadores@edu.xunta.es; teléfono 659 683 384).

Hai moito que facer para axudar á conservación desta especie que está en regresión.

O máis inmediato: II Encontro sobre o lobo galego. No CEIDA (Santa Cruz. Oleiros), os días 8 e 9 de novembro. Achegaremos máis información proximamente.

Máis información:
Local nacional [981 570099] ou na páxina:
www.adega.info
________________

mércores, outubro 01, 2008

Comeza a emisión de "O recuncho", programa da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM

De: Iago Montes Martínez
Para: artabra21@gmail.com

Data: 1 de outubro de 2008 19:25

Asunto: Comeza a emisión de "O recuncho", programa da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM



Comeza a emisión de "O recuncho", programa da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM.

Con gran placer vos convidamos a que escoitedes este novo programa de entrevistas,
novas, axenda local, música e reivindicacións sociais. A data escollida para este comezo
será este sábado día 4 de 11:00 a 13:00.

Agradecer ós colectivos que xa nos mandaron informacións, dita participación, e animar ós que non o fixeron a sumarse ó carro.

Saúdos

Iago Montes e Miguel Castro

--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en radio FilispiM, 93.9 FM
________________________

No Día Internacional da Non Violencia

De: Educación e Paz -paz@sgep.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de outubro de 2008 12:09
Asunto: ARTIGO NO DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA



2 de Outubro

No Día Internacional da Non Violencia

Manuel Dios Diz [*]

Foi precisamente un 2 de Outubro de 1869, en Porbandar, na India, cando vía a luz o que pasa por ser o pacifista contemporáneo máis recoñecido, Mohandas Karamchad Gandhi. Por iso, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas proclamou, en xuño pasado, que nesa data, cada ano, conmemorásemos o Día Internacional da Non Violencia.

O pensamento non violento ten unha moi dilatada tradición histórica. Nel aséntase un dos piares fundamentais da Educación para a Paz, probablemente, o seu primeiro referente, xunto coa Pedagoxía máis anovadora , aquela que vai desde a chamada Escola Nova (María Montessori, Bovet, Dewey, entre outros), pasando pola Escola Moderna que tanto debe ó catalán Ferrer i Guardia, ou á Escola Cooperativa de Celestín Freinet e as extraordinarias aportacións -máis recentes- do máximo representante da Pedagoxía da Liberación, o brasileiro, Paulo Freire.

Non podemos esquecer a labor realizada polas institucións supranacionais, especialmente a ONU e a UNESCO e as achegas da Investigación para a Paz (Johan Galtung, Betty Reardon, sobre todo) e os exemplos vivos, entre os cales, Desmond Tutu e, sobre todo, Nelson Mandela, ocupan lugares preeminentes.

Pero a tradición da non violencia, como dixemos, ten na antigüidade referentes moi relevantes. Quizais sexa o jainismo e Mahavir (ou Mahavira), contemporáneo de Buda, no século VI a.d.C. o precedente máis significativo si temos en conta que os jainistas son os que introducen, precisamente, o concepto de ahimsa (non violencia e respecto pola vida), que tamén fan súa o hinduísmo e o budismo, aínda que algunhas fontes citan a súa orixe en remotas escrituras hindús (Upanishads) do século IX a.d.C. Esta tradición non violenta terá na antigüidade, como sabemos, outros referentes, entre os cales, Xesús de Nazaret, ocupa, sen dúbida, un lugar sobranceiro.

Pero sen necesidade de remontarnos tan alá, Gandhi (1869-1948), é o que mellor representa a tradición non violenta e a loita pacífica na contemporaneidade. Xunto con todo o pensamento e a acción política vinculada ás demandas polos dereitos civís nos EE.UU. da man de Martin Luther King e o movemento da obxección de conciencia ó servizo militar e ó belicismo en todo o mundo. Estas son tamén as bases dun movemento social cada vez máis influínte como é o pacifismo.

Froito da súa crecente influencia non son só os grandes cambios producidos nas nosas sociedades, e nas nosas mentes, en relación coa guerra, os exércitos e a violencia, senón os avances lexislativos acadados tanto no ámbito internacional como no local. Baste citar algunhas das últimas grandes Declaracións de Nacións Unidas como son a da Cultura da Paz (1999) promovida por Federico Mayor Zaragoza, o Manifesto 2000 dos Premios Nobel da Paz, e a proclamación do Decenio 2001-2010 como o da Cultura da Paz e a non violencia para tódolos nenos e nenas do mundo. Ou a Declaración do Milenio e os seus grandes Obxectivos para erradicar a miseria e a fame ou o programa da Alianza de Civilizacións.

E no ámbito lexislativo e máis doméstico a Lei catalá de fomento da paz de 2003 ou a Lei española de fomento da educación e a cultura da paz de 2005.

Pero a violencia segue, tanto a violencia directa (coa muller, co outro, co diferente, co distinto...), como a estrutural, aquela que está directamente relacionada coa inxustiza, e a violencia cultural, a imposición do uniformismo, e a violencia simbólica, coa que se pretende banalizar e naturalizar a forza e a imposición. E a violencia co medio ambiente... Por iso temos que continuar construíndo Cultura de Paz, cada día, con nós mesmos, cos demais, en tódolos ámbitos, sendo fieis a aquel legado da nonviolencia e seguir proclamando, coa carta constituínte da ONU, que “si é na mente dos homes onde nacen as guerras, é na mente dos homes onde temos que erixir os baluartes da paz”.

E a escola segue a ser un lugar privilexiado para facelo, hoxe, mañá e sempre...

[*]Manuel Dios Diz preside o Seminario Galego de Educación para a Paz e dirixe a Fundación Cultura de Paz en Galicia.



Seminario Galego de Educación para a Paz.
Rúa do Valiño 13- 1º
Santiago de Compostela
Tfno: 981-561956
_______________________

Foro Cívico este xoves 2 de Outubro en Esteriro, con motivo da Reforma do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol

De: AVV FERROL VELLO
-avvferrolvello@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de outubro de 2008 20:02
Asunto: Foro Cívico este xoves 2 de Outubro no Edificio de Apoio ao Estudo Campus Universitario de Esteriro, Ferrol ás 19:00 horas con motivo da Reforma do Regulamento de Participación Cidadá


Foro Cívico este xoves 2 de Outubro no Edificio de Apoio ao Estudo Campus Universitario de Esteriro, Ferrol ás 19:00 horas con motivo da Reforma do Regulamento de Participación Cidadá

ACUDE !

A PARTICIPACIÓN ESTÁ NA TUA MAN !

Con motivo da reforma do Regulamento de Participación Cidadá, que comenzaba cun proceso aberto a "todas" as entidades sociais o pasado mes de maio, e no que se formó un grupo de traballo conformado por distintas asociacións municipais.

E o momento de consensualo entre "todo" o movimento asociativo da cidade xunto con "todos" os veciños que estean interesados na participación do cidadán no rumbo que se quere dar a cidade.

Facendo un chamamento tanto a asociacións deportivas, culturais, sanitarias, ecoloxistas, xuvenís, benéficas, veciñais e cidadáns interesados no proceso do novo regulamento.

CONVÓCASE

Este xoves 2 de outubro, o FORO CÍVICO no que teñen cabida todas as entidades sociais e persoas interesadas, para validar a proposta de reforma do Regulamento de Participación Cidadá. A reunión celebrarase no Edificio de Apoio ao Estudo, Campus de Esteiro-Ferrol (Universidade da Coruña) ás 19:00 h. Nesta sesión explicarase o traballo realizado ate o momento e as fases que faltan para a aprobación definitiva do Regulamento. Ao tempo traballarase na identificación das accións de maior prioridade para a posta en marcha do Regulamento.

O texto sobre o que se vai a traballar nesta sesión está dispoñible na web municipal (www.ferrol.es) ou ben recoller unha copia na Área de Participación Cidadá (2º andar Casa do Concello).

UN SAÚDO E ATA MAÑÁ
________________________

A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
avvferrolvello@yahoo.es
___________

Baixa o borrador en formato pdf:

Borrador de regulamento de participación veciñal
___________