domingo, setembro 05, 2010

Este Domingo, 5 de Setembro, esta prevista a entrada do "LNG Port Harcourt", cargado con GNL-LNG para Reganosa: O Comité Cidadán convoca unha vez máis unha acción de protesta

[O "LNG Port Harcourt" en Reganosa en Marzo deste ano]

Prevista a entrada, na Ría de Ferrol, do "LNG Port Harcourt", este Domingo, 5 de Setembro de 2010, cargado con gas natural licuado, para a perigosa Reganosa.

A anunciada entrada deste novo buque gaseiro para a Planta de Gas de Mugardos, será contestada cunha nova acción de protesta do Comité Cidadán de Emerxencia, o mesmo día, ás 8 da Tarde, cunha Concentración Sonora, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García de Ferrol.

De entrar, este faría o buque 73 que arriba ao perirao de Punta Promontorio, para deixar a súa perigosa carga, desde que en Maio de 2007 o fixera o primeiro gaseiro -o "Galicia Spirit".

Este buque chega nun momento no que a Xunta de Galicia e o Grupo Tojeiro, despopis da anunciada estampida da maioria dos primeiros socios, anuncian unha alianza, para facer-se con máis do 50% das participacións de Reganosa, para supostamente defender a galegalidade da empresa gasística, á que califican de "estratéxica" para os intereses de Galiza, é outros eufemismos que só esconden o seu fracaso e despropósito, continuando co engano e o negocio.


Características do buque:

Nome: LNG Port Harcourt - Bandeira: Bermuda - Eslora: 275 m - Manga: 42 m - Calado: 12 m


¡DIFUNDE E PARTICIPA!
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
3 de setembro de 2010 23:34

___________________________

venres, setembro 03, 2010

3, 4 e 5 de Setembro de 2010: "XVIII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais", na dársena de Curuxeiras, do Porto de Ferrol.

As embarcacións tradicionais arriban a Ferrol

Na foto: César Bedoya, do Club do Mar de Ferrol

As embarcacións tradicionais comezaron xa esta mañá a arribar ao porto de Ferrol. Ao longo de todo o dia, botes polbeiros, trincados, etcétera chegarán a Curuxeiras. O Club do Mar organiza esta XVIII Xuntanza que se inaugura oficialmente mañá sábado ás 11 da mañá.


O Club do Mar de Ferrol propón unha fin de semana de navegación e descuberta do patrimonio mariñeiro na XVIII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais, que se celebra na dársena de Curuxeiras entre o venres e o domingo.

Esta edición contará con barcos chegados de distintos puntos da Península e destacará ademais polo grande esforzo de divulgación en terra, a través de exposicións, stands e exhibicións como a que farán as redeiras de Malpica na tarde do sábado. Ademais, a través do proxecto europeo Dorna (Desenvolvemento Organizado e Sostible de Recursos no Noroeste Atlántico) verase unha mostra de embarcacións galegas, na que se poderán apreciar unha vintena de tipoloxías distintas.

A Parrocheira 2010 comezará o venres coa recepción dos barcos. O groso das actividades está previsto para o sábado, coa inauguración oficial por parte das autoridades e unha saída ó mar dos participantes. Despois farase unha visita pola exposición e polos distintos stands ubicados en Curuxeiras. Terán o seu espazo no peirao o Proxecto Dorna (que inclúe entidades de Francia, Escocia e Portugal), a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, o centro de formación Aixola –especializado no sector marítimo-pesqueiro– e tamén a Asociación Galega de Carpinteiros de Ribeira.

Para os pequenos instalarase unha piscina de 6x6 metros con dornas que funcionan a través de control remoto. Alí os rapaces poderán facer as súas propias regatas sen mollar os pés.

A taberna mariñeira surtirá de comida e bebida ós participantes pero tamén a tódolos que se acheguen a Curuxeiras a contemplar as ducias de velas que surcarán a ría.

Fonte: RadioFusión

XVIII PARROCHEIRA E I MOSTRA DORNA


A falla de que nos chegue o programa oficial xa impreso e ainda con cousas no aire por ire engadindo xa podemos ir adiantando algo do programa para iste ano da XVIII Xuntanza da Prrocheira e I Mostra Proxecto Dorna. Esperamos veros a todos en curuxeiras pra que participedes con nos distes dias de festa:

Venres 3 de setembro

Recepción de embarcacións mostra en seco e mar que xa se queran acercar a Curuxeiras.

Sabado 4 de Setembro

11:00 h. Inaguración oficial da XVIII Xuntanza e I Exposición Parrocheira 2010

11:45 h. Visita a exposición das autoridades e saida o mar

14:30 h. Comida na taberna mariñeira

16:30 h. Demostración de redeiras e saida o mar pra navegación

21:30 cea e actuacións musicais

Domingo 5 de setembro

11:00h. saida o mar

14:30 h. comida

16:30 h. saida o mar

19:30 h. clausura oficial da xuntanza e exposición.

A, I Mostra de DORNA, tratase dunha exposición en seco onde poderase ollar preto dunha veintena de embarcacións de diferentes tipoloxias de Galicia, asemesmo os visitantes poderan ter información nas carpas do Proxecto DORNA, FGCMF, A Aixola, AGALCARI, e cecais nalgunha mais ainda por confirmar. Poderase tamer ollar as evolución das embarcacions tradicionais, radiocontroladas, na piscina instalada por A Aixola para tal fin. Así como mais eventos ainda por confirmar que nista semana tentaremos ire dando toda a información asi coma vaianos chegando as confirmacións.

Enlaces relacionados:
____________________________

CCOO e UGT convocan este Luns, 6 de Setembro -en Ferrol, un acto informativo dirixido ao movimento asociativo, para preparar a Folga Xeral do 29S

ASAMBLEA DE CCOO E UGT PREVIA FOLGA DO 29S

Ola a tod@s,

remítovos unha convocatoria de CCOO e UGT Ferrol para que vos sumedes a convocatoria dunha nova asamblea para falar da Folga Xeral do día 29 de Setembro,

A CONVOCATORIA DA ASAMBLEA

O LUNS, 6 DE SETEMBRO, ÁS 11:00 HORAS, NO SALÓN DE ACTOS DA U.C DE FERROL [Unión Comarcal de Ferrol de CCOO, na rúa María, 42-44 baixo.]

AGARDAMOS CONTAR COA VOSA NECESARIA PRESENCIA

UNHA APERTA,

XULIO ABELLEIRA, SECRETARIO COMARCAL DE CCOO
CÉSAR FRAGA, SECRETARIO COMARCAL DA UGT


Estimados veciños e veciñas desta comarca:

Unha vez máis, poñemonos en contacto cos vós, a través das asociacións culturais, entidades veciñais e deportivas que compoñen o tecido asociativo da nosa comarca, as terras de Ferrol, Eume e Ortegal, para chamar a vosa atención sobre a complexidade da situación e actual, e pedirvos a vosa implicación na folga xeral convocada para o vindeiro 29 de setembro.

Neste contexto de crise e demprego, coa nosa comarca por riba dos 16.000 parados, o goberno central vén de dar un xiro a política económica e social do Estado, cedendo as presións das organizacións empresariais como a CEOE e promovendo medidas de durísimo recorte sociais que son inxustas e ilexítimas, tan erradas como impopulares, xa que no canto de minimizar os fortísimos efectos da crise –paro, despedimentos, recortes salariais, precariedade- non fan, senon, agravalos.

Engadir que, en ningún caso, ningunha destas medidas gubernamentais serve para por freno a precariedade e mellorar a empregabilidade, o que nos e afonda no mesmo círculo vicioso de desemprego e miseria.

Os sindicatos CCOO e UGT estamos apurando a nosa rolda de contactos cos comités e entidades sociais da zona na procura do compromiso e da implicación do conxunto da sociedade civil, de todos os traballadores, nesta importante mobilización estatal, a que nos achegamos nun momento crítico.

Como sabedes, o lema da convocatoria da folga xeral é o grito “Así non”. Esta a idea que tratamos de transmitir e simplificar para que cale e se enraíce no conxunto dos veciños e veciñas desta comarca, traballadores e parados, xoves, mozas, empregadas temporais, prexubilados e pensionistas é ben simple: Así non. Nestas verbas se resumen unha extensa lista de razóns e motivos que nos levan a este punto de avanzar cara a folga xeral, para amosar o noso rexeitamente frontal a esta agresión brutal os nosos dereitos laborais.

É así, na antesala da folga xeral convocada o vindeiro 29 de setembro, UGT e CCOO coidan que é totalmente imprescindible reunir as forzas vivas e os cidadáns desta comarca para falar da necesidade de dar unha resposta contundente ante este agravio sobre os dereitos laboriais que tantos anos e tan duramente tardamos en conquerir.

Con este fin, vos emprezamos a participar nunha asamblea o día 6 de setembro, ás 11:00 horas no salón de actos da Unión Comarcal de CCOO en Ferrol.

Agardando a vosa presencia e compromiso,

Unha forte aperta,

César Fraga 

Secretario Comarcal da UGT

Xulio Abelleira
Secretario Comarcal de CCOO

Enviado por:
Colectivo Sociocultural A Revolta DE Trasancos
arevoltadetrasancos@gmail.com
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/
3 de setembro de 2010 15:36

Lorena Bustabad
-lbustabad-ferrol@galicia.ccoo.es-
3 de setembro de 2010 12:06

______________________________

Blogue de Ártabra 21 para a Folga Xeral do 29S:







http://sindicalismo-sindicatos.blogspot.com/
__________________________________

CCOO e UGT convocan para este Venres, 3 de Setembro, ás 12 do mediodía, unha Asamblea Aberta a toda a cidadanía no Centro Cultural Carvalho Calero, do Inferniño co obxecto de explicar e razonar os motivos que xustifican a Folga Xeral do 29S

Chegado xa o mes de setembro, atopámonos na antesala da folga xeral convocada para o vindeiro día 29 de Setembro.

Nestas datas, os sindicatos CCOO e UGT estamos apurando a nosa rolda de contacto co calendario na man, e traballando, cóbado con cóbado, cos comités de empresas máis significativos e numerosos das nosa comarcas: Ferrol, Eume e Ortegal, na procura do compromiso e da implicación do conxunto da sociedade civil, de todos os traballadores, nesta importante mobilización estatal, a que nos achegamos nun momento crítico.

Como sabedes, o lema da convocatoria é o grito “Así non”. Esta a idea que tratamos de transmitir e simplificar para que cale e se enraíce no conxunto dos veciños e veciñas desta comarca, traballadores e parados, xoves, mozas, empregadas temporais, prexubilados e pensionistas é ben simple: Así non.

Resume unha extensa lista de razóns e motivos que nos levan a este punto de avanzar cara a folga xeral. Así non se sae da crise; Así non se crea emprego estable e de calidade que poña freo a caída da economía. Así non se busca unha saída conxunta, lóxica e coherente a crise.

Nesta situación, o governo central, está a dar un xiro a súa política social, cedendo as presións das organizacións empresariais como a CEOE e promovendo medidas de durísimo recorte sociais que son inxustas e ilexítimas, tan erradas como impopulares, xa que no canto de minimizar os fortísimos efectos da crise –paro, despedimentos, recortes salariais, precariedade- non fan, senon, agravalos. Hai que engadir que en ningún caso, ningunha destas medidas gubernamentais serve para por freno a precariedade e mellorar a empregabilidade, o que nos e afonda no mesmo círculo vicioso de desemprego e miseria.

Con esta convocatoria de folga, os sindicatos queremos amosar o noso rexeitamento frontal a esta brutal agresión contra os nosos dereitos, os dereitos dos traballadores e traballadoras. Coidamos que nesta situación se está a producir o recorte de dereitos social máis sangrante nos últimos tempos, asi como un significativo retroceso do estado de benestar que tantos séculos de sangue e suor nos levou conquerir.

CCOO e UGT convocan para o vindeiro venres, 3 de setembro, ás 12:00 horas, unha asamblea aberta a toda a cidadanía no centro cultural Carvalho Calero, do Inferniño co obxecto de explicar e razonar as razóns que xustifican esta folga e lograr o respaldo dos veciños de veciñas da nosa comarca. Intervirán Toni Ferrer, secretario de Acción Sindical da UGT e Ramón Gorriz, secretario confederal de Acción Sindical de CCOO.

Agardamos contar coa vosa presencia e colaboración.

Ferrol, 1 de setembro do 2010.-

UGT e CCOO

ASAMBLEA UGT E CCOO, previa a FOLGA XERAL do 29 de setembro

Toni Ferrer (UGT) e Ramón Gorriz (CCOO)

ABERTA A CIDADANÍA

VENRES 3 DE SETEMBRO

12:00 HORAS

Centro Cultural Carvalho Calero

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - CCOO
Unión Xeral de Traballadores en Galicia - UGT

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
1 de setembro de 2010 00:37
__________________

"Galiza precisa un cambio radical na xestión do monte" ... a Rede Galiza Non Se Vende, ante a vaga de lumes ... esixe responsabilidades e un cambio radical na política forestal da Xunta de Galicia



GALIZA NON SE VENDE

MANIFESTO CONTRA OS LUMES FORESTAIS

Este ano 2010, como todos os das últimas décadas, volve ser negro para os montes galegos, e mesmo tráxico, coa morte de dous traballadores da loita contra o lume.

Galiza perdeu o bosque orixinario que a cubría enteira. Perdeuno século a século, co avance da agricultura e da gandeiría, como ocorreu en casi todo o mundo. Daquel bosque quedan, tan só, algúns vestixios. Sen embargo, as árbores ocupan dous terzos do territorio galego. É a masa forestal da repoboación do franquismo, que invadiu os pastos e as terras de labor con especies arbóreas alóctonas e pirófitas, que acabou nunha década cun sistema agrogandeiro que levaba funcionando séculos, e que acabou, tamén, con valiosos reductos de árbores autóctonas.

Esta masa forestal de máis de 600 millóns de árbores, é na súa meirande parte un cultivo forestal abandoado. Pero tamén un tesouro económico de 28.000 millóns de euros, do que, sen embargo, apenas se tira rendemento. Só o nove por cento da superficie forestal de Galiza está cuidada e explotada comercialmente. Malia ser unha das comunidades con máis masa arbórea, Galiza ocupa os últimos postos en termos de investimento no sector forestal.

Esta masa forestal é un enorme ecosistema, valioso por sí mesmo pero, sobre todo, necesario para unha transición que permita recuperar de forma equilibrada o bosque autóctono e, con él, a súa grande biodiversidade, o seu valor coma recurso, dada a diversificación dos seus usos, e a súa resistencia aos lumes, que fai del a mellor maneira de prevelos e combatilos.

Pero o valor ambiental desta masa arbórea tamén é desprezado. Só o 18 por cento dos bosques galegos están incluidos nunha área natural protexida pola Administración, a peor ratio do Estado. E o seu valor como paisaxe é ignorado. As masas arbóreas de calquera lugar de Galiza están desprotexidas ante o avance das actividades humanas, malia a súa cualificación como Solo Rústico de Protección Forestal, e malia a existencia dunha inoperativa Lei da Paisaxe.

Dende Galiza Non Se Vende temos que denunciar a nefasta política forestal practicada, goberno tras goberno, dende a Xunta de Galiza. Unha política cegamente economicista e allea ao mundo rural que, por unha parte, abandoa o monte e, por outra parte, continúa a práctica franquista da repoboación forestal con especies alóctonas e pirófitas, que fan da masa arbórea unha tea inmensa que en calquera momento pode arder.

A política de eucaliptización beneficiou, e beneficia, dende hai décadas, a uns poucos empresarios a costa da degradación do noso medio natural, non só mediante o cultivo forestal, senón tamén mediante o lume. As empresas madereiras e as industrias da celulosa obteñen grandes beneficios dos incendios forestais, debido ao baixo prezo da madeira queimada, que chega, incluso, a saír de balde, co falso argumento de que recoller a madeira equivale e limpar e sanear o monte. É curioso que as plantacións destas empresas nunca se queiman.

Tamén buscan beneficio, malia a restricción da Lei de Montes sobre a súa recualificación tras un incendio, as empresas enerxéticas do sector eólico, as empresas da canteiría, as empresas industriais e incluso as empresas inmobiliarias e construtoras. O resultado é que máis do 90 por cento dos lumes forestais en Galiza son intencionados.

A catástrofe incendiaria que vivimos dende hai décadas provoca perdas económicas e sociais, ás veces tráxicas. Pero tamén provoca unha gravísima alteración do ecosistema forestal, e do solo que é o seu soporte, e dos acuíferos, e dos regatos, e das augas das rías, e dos seres vivos que os habitan. E tamén provoca unha grave perda de patrimonio arqueolóxico.

Arde o monte e con cada lume desaparece a vexetación que ampara e fixa a terra, que será arrastrada polas chuvias, invadindo os ríos e as rías, e colmatando as lagoas e os encoros, e acabando cos seres vivos destes ecosistemas. O monte queda desertizado e as súas posibilidades de rexeneración, quedan imposibilitadas durante milleiros de anos.

Con cada lume carbonízase a flora e morren abrasados, ou desprazados do seu territorio, os seres vivos que habitan o monte.

Con cada lume quéimase unha parte de nós, porque somos parte desta terra, e respiramos o osíxeno que produce a vexetación dos nosos montes.

Con cada lume quéimanse e desaparecen os filtros naturais dos nosos acuíferos que nos regalan a imprescindible auga potable, e que aínda hoxe, como antano, son o única fonte de abastecemento en centos de parroquias.

Con cada lume desaparecen centos de restos arqueolóxicos, moitos aínda sen estudar, moitos, incluso, descoñecidos, víctimas do desprezo dos nosos gobernantes polo noso patrimonio cultural e pola nosa propia identidade.

Con cada lume prodúcese unha gravísima perda ecolóxica e cultural que nunca aparece nas cuantificacións de danos.

O fenómeno incendiario constitúe, en suma, un atentado ecolóxico e cultural que se repite ano tras ano ante a pasividade dos responsables da Xunta de Galiza, cómplices, por acción ou por omisión, desta catástrofe ambiental.

Para colmo, os medios para luitar contra o lume son unha parodia do que deberían ser. A inexistencia de políticas dinamizadoras do rural provoca a falla de implicación da veciñanza (mesmo pola súa inexistencia) na vixiancia e loita contra o lume e poñen en perigo a vida das traballadoras e traballadores das brigadas contraincendios, que traballan con escasa formación, con medios precarios, en condicións extremas, durante xornadas abusivas, e sen medidas eficaces de prevención de riscos. Así hoxe temos que lamentar a morte dos dous traballadores veciños de Nigrán e Tomiño que perderon a vida apagando un lume en Fornelos con poucos medios, nunha actuación descoordinada e sen ter recibido a debida información sobre o lume e o terreo afectado.

Por isto, dende Galiza Non Se Vende manifestamos a nosa indignación ante a incompetencia demostrada, unha vez máis, polo goberno galego, que ten a obriga de prever os desastres ecolóxicos, minimizar as súas causas e facer fronte aos seus efectos; minimizar os riscos laborais que causan mortes, e garantir unha información obxectiva e fluída á cidadanía e aos axentes sociais involucrados no terrible e persistente problema dos incendios forestais.

Como remate, a Xunta actual practíca unha política expresa de manipulación informativa e falla de transparencia, ocultando os datos sobre o número de focos de lume e as superficies queimadas. Deste xeito, a cidadanía non pode saber canto se queima, onde, cando, como, nin por quén, nin os medios dipoñibles para as intervencións contra o lume, nin os medios realmente necesarios. A Xunta intenta minimizar os efectos dos incendios para ocultar a súa propia incompetencia na politica forestal e na loita contra o lume.

Galiza precisa un cambio radical na xestión do monte. Galiza precisa revitalizar o rural, recuperar a actividade agrogandeira e recuperar o bosque autóctono nunha transición equlibrada e sustentable. E, durante esa transición, os lumes han de ser previdos e combatidos con medios e medidas eficaces, e a cidadanía debe ser informada con transparencia.

Ésta é a responsabilidade da Xunta de Galiza, e ésta é a responsabilidade que lle esiximos.

  • POLO MAL GOBERNO DA XUNTA DE GALIZA
  • POLA SÚA NEFASTA POLÍTICA FORESTAL
  • POLA SÚA INCOMPETENCIA E INOPERATIVIDADE
  • ESIXIMOS RESPONSABILIDADES
  • ESIXIMOS UN CAMBIO RADICAL NA XESTIÓN DO MONTE
  • GOBERNE QUEN GOBERNE, O NOSO MONTE NON SE VENDE
  • TERRA VIVA E DIGNA PARA TOD@S.
Rede Galiza Non Se Vende

http://galizanonsevende.org/
__________________

O vindeiro Luns, 6 de Setembro, vai ter lugar un importante acto en Ferrol, para analisar a necesidade da Folga Xeral do 29S

"¡Folga Xeral!, para defender os dereitos das traballadoras e traballadores"

Xa a principios de Xullo, a AC "Fuco Buxán" organizara unha interesantisima chala no Centro Cultural Carvalho Calero, con Antoni Doménech e Camilo Nogueira, daquela falaba-se se era "necesaria a Folga Xeral ....?". Aquel acto despertou moita espectativa polo que a presencia de persoas interesadas foi moi importante. Desta vez, a activa asociación ferrolán, organiza esta conferencia-debate con tres activistas históricos, e de primeira liña, do movimento obreiro:
  • José María Zufiaur foi un dirixente da central sindical UGT e actualmente é director de Labour, director técnico do Departamento de Relacións Laborais e Internacionais do IERI da Universidade Complutense de Madrid e conselleiro do Comité Económico Social da Comunidade Europea.

  • Manolo Lago, economista do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, membro do seu Gabinete Económico e autor de numerosos estudos sobre o "Mercado Laboral", Emprego, ... e de coxuntura socieconómica.

  • Manuel Mera Sánchez, activista do sindicalismo nacionalista desde os seus inicios no ano 1974, foi Secretario Xeral da INTG e Presidente da CIG. Analista do IGADI e articulista de opinión.

O Acto terá lugar o Luns, 6 de Setembro de 2010, ás 7 da tarde, no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia, no Cantón na Praza da Constitución de Ferrol.

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es




Información baseada na enviada por:
Fuco Buxán
-fucobuxan@yahoo.es-
2 de setembro de 2010 23:30
____________

mércores, setembro 01, 2010

Educación infantil ou o culto á velocidade

Interesante artigo de Concha Sánchez Blanco que aindaque o artigo está datado en Abril deste ano, este é moi acaido para reflexionar neste comezo de curso. Non só pol@s máis pequen@s, senón que as persoas adultas aindaque non nos dediquemos ao ensino, podemos tirar moitas reflexións e ensinanzas do mesmo.

Por Concepción Sánchez Blanco [*]
Abril 2010


A présa que nos envolve é unha violencia estrutural que atura a infancia a miúdo, tanto na vida familiar como na escolar. Facer as cousas no menor tempo posible converteuse nunha demanda e nunha expectativa dende o mesmo instante do nacemento, que se vai pegando á identidade dos suxeitos conformándoa dende ben cedo. Pero a rapidez coa que hai que liquidar a actividade cotiá crea e acentúa a distancia social entre o adulto e o rapaz, cando deberan estar intrinsecamente unidos, porque un non se pode concibir nin reconstruír sen o outro. O fenómeno evidénciase, tanto nas prácticas familiares, como nas que se levan a cabo nas escolas infantís e centros de infantil e primaria. Este artigo pretende pór de manifesto algunhas contradicións, tomar conciencia delas e reparalas.


Os nenos e as nenas teñen a capacidade de humanizarnos (Tonucci, 2006), porque rapaces e adultos necesitámonos para seguir medrando. Trátase de construírmos, no fondo, un único universo social que teña como móbil actuar para preservar esa humanidade nun mundo que, en ocasións resulta inhumano. O sistema económico vénnos premendo para que fagamos e resolvamos unha infinidade de actividades no menor tempo posible. Entre estas inclúense as referidas á maternidade, á paternidade, á docencia, á veciñanza, á amizade, á alimentación, á sexualidade ou á escolaridade, facendo que sexa o cronómetro, como xa sinalaba Coriat (1979), o que presida as nosas accións. O mesmo sistema proporciónanos ferramentas raras e absurdas, polas que ás veces pagamos xenerosamente, para dar repostas o máis axiña posible. É o caso dos contos dun minuto, para durmir, a comida rápida, os coches veloces, as fichas en novos e vellos soportes, os libros de texto cheos de mapas conceptuais, cada vez máis reducidos, para memorizar e ata as mesmas sínteses de obras que nos fan crer que lemos literatura. Sabemos que moitos avances tecnolóxicos tiveron a súa orixe neste aforro de tempos, aínda que deles, xurdirían, todo hai que dicilo, non poucos beneficios.

Agora ben, ao trasladar estas urxencias á nosa vida coa infancia, estamos contribuíndo a que a velocidade se instale como parte da identidade infantil. Temos excesiva présa para que solten o peito, para que durman sós e pasen toda a noite dun tirón, para que deixen o cueiro, que empecen a andar, superen canto antes a adaptación á escola, aprendan a ler e escribir, e ata para que queden na casa sen a vixilancia dun adulto, ou ao coidado dalgún irmán ou irmá menor. Nenos e nenas chave, nenos e nenas axenda, que veñen ilustrar este grave problema que afecta, cada vez máis, á vida social, e por conseguinte, á vida diaria. Non obstante, mentres que algúns cambios se suceden vertixinosamente, outros fican ausentes ou fano de modo moi minorado. Teriamos que bulir para solucionar problemas tan severos e críticos, como a fame no mundo, a distribución desigual da auga, ou a falta medicamentos para combater enfermidades curables nos países pobres e evitar a morte de tanta xente.

Escolas rápidas, nenos e nenas veloces?

A síndrome da rapidez que dana a escola, sobrevén como consecuencia dunha autoestima erroneamente alimentada entre os seus membros, ou no propio sistema, con base no feito de sentirse eficaz. Isto é, ser quen de facer no mínimo tempo posible o maior número actividades con resultados visibles, de xeito óptimo e co menor custo económico. E representa un problema ben serio que cómpre atallar, pois en educación a rendibilidade económica nunca debera desprazar a rendibilidade social. Temos unha présa excesiva por adiantar a aprendizaxe académica dos nosos nenos e nenas. Engánannos coa idea de que deste xeito acadamos unha escola máis eficaz, que aproveita ao máximo as capacidades intelectuais da infancia, cando logramos alumnos e alumnas atestados dunha información sometida ao valor de mercadoría. Como se iso fose unha mostra inequívoca da súa intelixencia cando son incapaces, verdadeiramente, de procesala pola súa contía, falta de relevancia e resonancia afectiva nas súas vidas. Non hai nin que dicir que todo iso representa unha fonte inesgotable de encontros fracasados na comunidade escolar e no sistema educativo en xeral.

Hai pouco un xornal nacional denunciaba que se estaban adiantando demasiado os obxectivos e os contidos para rapaces moi pequenos, co que o segundo ciclo da educación infantil acababa convertido, moi a miúdo, nunha sorte de miniprimaria referente ás formas de ensino. Formas que habitualmente gardan, dalgunha maneira, unha estreita relación con esa rapidez na que estamos instalados e que fai que, en función das nosas necesidades e intereses, en definitiva da nosa conveniencia, nenos e nenas deixen de percibirse nas aulas e nas familias como tales, e pasen a ser contemplados como adultos en miniatura. Afortunadamente a esta aceleración non lle faltan contrarréplicas como o movemento mundial slow encabezado por Honoré (2005), que comeza a sentirse nalgúns centros educativos, ata o punto de falaren de escolas lentas.

Trátase de formas que deberían ser cuestionadas, tanto nesta como no resto das etapas do sistema educativo, pola falta de respecto coa que quebrantan os dereitos dos nenos e das nenas. E aquí hai que apuntar a función que pode estar cumprindo neste proceso o atavío e os vaivéns da moda dos máis pequenos, que parecen vestir máis a novas Lolitas e homes de acción que a unha infancia ávida de explorar e entender o mundo. Recordamos agora como a miúdo o nacemento dun irmán, ou o comezo do primeiro e do segundo ciclo de educación infantil se converten en fitos evidentes que, sen ningún tempo de transición, levan a que os nenos e as nenas perdan a condición de pequenos de socate. É entón cando se esixe e se espera deles o cambio de certos comportamentos que ata daquela, con maior ou menor acerto, se lles permitían, mesmo se potenciaban, como parte do seu ethos infantil: non parar nin un momento, manter o cueiro, tomar o biberón, comer e durmir con total dependencia do adulto, ou pedir o chupete cando querían.

Ademais, convén sinalar ata que punto a propia escolaridade, no caso do segundo ciclo require unhas condicións perfectamente establecidas para que o alumnado non sexa etiquetado de problemático, como son non ter cueiro e chupete, non precisar durmir a sesta, atender os horarios fixados con estrita puntualidade, así como as demandas docentes de material, ou ser quen de permanecer sentado un tempo. Tamén, tras esta etapa, na mesma educación primaria non se adoitan tolerar certos comportamentos que uns meses antes se lles consentían, e que se converten en motivo de enfrontamento entre o profesorado e o alumnado: quedar sentado no sitio sen se mover, estar calado ou aguantar as necesidades básicas, como comer, mexar, defecar e durmir. Non ten nin faladoiro que esquemas tan ríxidos como os descritos, se enfrontan á mesma individualidade dos suxeitos, aos seus propios ritmos de crecemento e maduración, ás súas necesidades de aprendizaxe. Todo a prol duns parámetros de normalidade causantes de abondosos fenómenos de discriminación e segregación.

Academicismo e velocidade de aprendizaxe

Os termos primarización ou miniprimaria aplicados á educación infantil acabaron converténdose en termos malditos, aborrecidos por un determinado sector dos docentes desta etapa, considerados na avanzada da innovación. Son queixas que están moi en consonancia coas que hai un tempo levaron a discutir o termo preescolar, aplicado á escolaridade dos primeiros anos. O perigo destas reflexións aparece cando os mestres de primaria son percibidos como culpables dos males que afectan á educación infantil, que premen fortemente sobre a adquisición precoz de destrezas instrumentais e rematan arruinando o traballo realizado con esmero na escolaridade non obrigatoria.

Percepcións coma estas non contribúen máis que a profundar na escisión de dous mundos a miúdo afastados en moitos centros, como escolaridade non obrigatoria vs. escolaridade obrigatoria, ambos os dous necesitados dun traballo crítico, cooperativo, con docentes e alumnado dunha e doutra etapa, arredor desta transición e deste paso. Aínda lembro unhas recentes Xornadas sobre Educación Infantil onde a dous nenos, agora no primeiro curso de primaria, se lles pedía que respondesen a unha cuestión tan capciosa como se preferían a súa experiencia infantil ou a primaria. Os cativos, con mellor xuízo que os adultos que formularon a pregunta, ante unha interrogante relativa ao corporativismo, contestaron simplemente que cada unha tiña as súas cousas boas.

En lugar de consumir o tempo en queixas e contendas que non fan máis que contribuír a afondar nos encontros fracasados, os docentes deberían buscar nexos que acheguen os dous tramos educativos, atopar un fío condutor que oriente o seu traballo e rodear os alumnos dun ámbito que lles ofreza sosego e seguridade. En realidade, o que acontece actualmente é unha manifestación máis do academicismo desatinado, produto desa cultura da velocidade, que fai presión no alumnado para que engula canto antes todos os saberes que se consideran necesarios para o período seguinte. O dito academicismo é, sen dúbida, un mal crónico no noso sistema educativo e, malia ser vilipendiado cos máis variados discursos, inclusive lexislativos, volve tinguir o sistema, esta vez disfrazado dun discurso falsamente novo, como o das competencias (Gimeno Sacristán, 2008); todo iso a pesar de que unha infancia googleando nos dea leccións ao poñer decote ao revés o saber académico.

Xa é hora de rematar con esta doenza que pretende conseguir unha transmisión homoxénea de contidos e o tratamento uniforme do alumnado e que, dende logo, non son adecuados para dar resposta á diversidade de situacións e á heteroxeneidade de suxeitos, pois se os coñecementos científicos non lle serven á infancia para repensar, analizar e cuestionar as súas experiencias, perden a súa virtualidade educativa. Necesitamos desfacernos da cultura da queixa, alimentada a forza de acusar os tramos educativos anteriores dos pésimos logros da nosa docencia, considerando como obriga exclusiva dos outros o feito de preparar o alumnado para as nosas expectativas, demandas e intereses; esquecendo a identidade e o valor propio das etapas que nos preceden e nos suceden, e sobre todo, as accións, expectativas, preocupacións e inquietudes dos suxeitos que viven nelas.

Pensemos daquela canto se pode estar alimentando este academicismo, cando o profesorado do segundo ciclo se laia de que a falta de control de esfínteres e de autonomía dos rapaces e rapazas lle impide centrarse nos contidos “verdadeiramente” escolares. Ou cando os docentes de primaria acusan o profesorado de infantil de perder o tempo e manter os cativos todo o día xogando, cando o de secundaria se pronuncia sobre o mal preparados que veñen os alumnos de primaria e vive o bacharelato e a selectividade como unha especie de espada de Damocles, que utiliza como escusa para non intervir na vida social das aulas. E non digamos xa na universidade, cando o profesorado se lamenta da falta de hábitos de estudo dos alumnos que chegan ás súas aulas. Ante esta situación, cómpre formular unha pregunta: quen é logo o responsable dos escolares?

Por suposto que sería un absurdo concluír, como de feito lles temos oído a algúns docentes, que a responsabilidade é do profesorado de infantil que ten os rapaces todo o día enredando no País de Nunca Xamais; ou en último extremo, dunha familia que os malcría dándolles todos os caprichos, sen dedicar tempo a escoitalos. Pero a cuestión non se resolve acusando os outros dos problemas que temos nas aulas, senón tomando conciencia do noso papel e actuando en consecuencia. Non esquezamos que os nenos e nenas pasan moitas horas na escola e que ese tempo se debe inverter en educar, non en enchelos de información perecedoira, almacenada nos libros de texto, en breve caduca e con escasas conexións coa súa vida cotiá.

Por outra banda, temos que ir contra toda esta armazón na que o número de tarefas e a velocidade en resolvelas ocupa un lugar tan importante, que impide que os centros sexan unha comunidade reflexiva, comprometida coa democracia e a xustiza social, para pasar a fragmentarse en mil e unha identidades, onde os corporativismos estancos se esgrimen como primeiro argumento de reivindicación laboral que, sen dúbida, non beneficia a ninguén e deixa á marxe, tanto o alumnado coma as familias. Hai vinte anos que a aprendizaxe significativa, ligada á LOGSE, representou un puntal discursivo clave. Pero hoxe, por máis que apareza repetidamente nas disertacións, as présas, as tensións para elevar o nivel académico e as urxencias que vive o sistema, representan importantes dificultades para que sexa un feito xeneralizado en todas as prácticas.

Resulta ben perigosa a falta de entendemento no tocante ás expectativas do profesorado; sobre o que significa agora ser docente e cal é o papel que debe asumir a escolaridade. Por suposto que a Administración, coas súas reformas cambiantes, as presións temporais, probas e paraprobas inventadas recentemente, pon máis difíciles as cousas. E iso sen que se albisque cando se producirá un pacto político en educación.

O certo é que o academicismo nas aulas non fai máis que intensificar os comportamentos disruptivos do alumnado e do profesorado, xa que nas prácticas, non nos discursos, deixa de lado o traballo relacionado cos valores e as actitudes. Ademais, o tratamento dos conflitos que abrollan cada día, esixe igualmente intervencións inmediatas, máis alá de calquera tipo de comisións e plans de convivencia. As presións temporais para tanto contido académico de corte conceptual, e mesmo procedemental, que aparece e reaparece na infinidade de probas sufridas polos nosos estudantes, apenas deixa tempo para asuntos vitais que xorden nas aulas e nos patios de recreo, quedando relegados a miúdo a espazos concretos e definidos, como os tempos de titoría, as clases de relixión ou alternativa, a materia de Educación para a Cidadanía, ou as comisións de convivencia.

Este revulsivo academicismo choca máis nunhas aulas de infantil acostumadas a traballar por proxectos globais, nas que se leva anos preconizando en favor de que os pequenos vivan experiencias que lles sirvan para reflexionar sobre si e sobre o mundo no que están inmersos. Non obstante, a tentación de atrincheirarse neste academicismo é moi forte, porque representa unha fórmula ideal para reivindicar a consideración social do seu traballo fronte ás familias, aos compañeiros e compañeiras e, en xeral, á sociedade.

Ocuparse de que os nenos e nenas aprendan dende moi cedo a ler e escribir e a facer operacións matemáticas, dálles indubidablemente máis prestixio que dedicarse por exemplo a temas escatolóxicos, considerados socialmente de mal gusto e relacionados con aprendizaxes sociais, vinculadas á súa vez coa hixiene e a saúde. Así, pensemos que próximos estamos a estas formulacións cando renegamos de certas preguntas reiterativas que formulan as familias ao recoller os seus fillos, e que teñen que ver con algo tan importante como as necesidades biolóxicas primarias (comer, defecar, durmir). E todo porque sentimos que minora o noso labor.

As socorridas fichas elaboradas polas editoriais, e introducidas precozmente no primeiro e no segundo ciclo, representan para non poucos docentes un camiño co que reivindicar a importancia do seu labor na primeira infancia. Se observamos os nenos e as nenas e reflexionamos de xeito crítico sobre as nosas accións, sobre as nosas emocións, acabaremos decatándonos de que este tipo de materiais engole a posibilidade de experiencias valiosísimas na vida escolar, e que necesitamos para reconciliarnos cunha sociedade que comunmente minora o ensino na escolaridade temperá.

Cremos que, con recursos coma estes, se lle dará ao noso traballo a importancia que merece, máxime cando os pais e as nais, prisioneiros igualmente de tales prexuízos, comezan a valorar este tramo educativo no momento no que o libro de texto forma parte da experiencia dos seus fillos. Visto que esta obsesión polo academicismo na etapa infantil se ve reforzada polas ansias e présas familiares, por descubrir canto antes se os seus nenos e nenas son verdadeiramente intelixentes e, sobre todo, como se pode previr que non o sexan. Construímos o mito de que o seu éxito na vida depende da intelixencia académica. Cada vez máis vemos que un infante vén ao mundo envolto nunha morea de expectativas e de proxectos familiares truncados, que teñen que ver co éxito académico que consiga.

Para rematar: minorar, parar e reflexionar

A présa dexenera nunha teima pola produtividade dos alumnos e alumnas, e da aula en xeral, que se traduce no intento de facer o maior número de actividades e de produtos visibles no menor tempo posible. A falta deste e a intensificación do labor docente (recordemos como nos últimos anos se multiplicou en exceso o número de tarefas burocráticas ás que debe responder), constitúen un dos maiores inimigos da autonomía profesional e, polo tanto, un dos mellores aliados da alienación do profesorado (e tamén do alumnado), que lles impide ser reflexivos e cooperativos.

Entendemos que o traballo arredor dos valores e actitudes debe ser o fío condutor da docencia nas aulas, de maneira que a reflexión e a discusión constitúan o eixe sobre o que se organice a actividade escolar (Sánchez Blanco, 1997). Esa ha ser a dirección, tanto da etapa temperá como da obrigatoria. É a maneira de facer escola que durante moito tempo, contra vento e marea, e con gran mérito, estiveron sostendo moitos docentes dedicados á educación dos primeiros anos. Pero para lograr este modelo necesitamos transitar pola vida escolar máis ao ralentí. Este é, sen dúbida, un punto de intersección de toda a docencia independentemente do tramo no que se exerza. A defensa da educación infantil e unha blindaxe desta fronte a unha temida e mal chamada primarización, alentada polas présas, nunca se debería apoiar en eliminar discursos e prácticas relativos a sucesos desagradables e a temas considerados tabú. Impedir que os nenos e as nenas teñan información sobre feitos relacionados con guerras, escravitude, fame, morte, drogas, homofobia e sexualidade, anulan a súa capacidade para reflexionar e discutir sobre a inxustiza (Brown, 2008).

A infantilización dos discursos no sistema educativo mingua as súas pretensións en calquera das etapas. A contrarréplica a estas prácticas academicistas non debera meter os rapaces e rapazas nunha especie de pompa de xabón a xeito de País de Jauja ou de azucreiro, no que unicamente hai sitio para o festivo, onde os atropelos que a miúdo sofren os seres humanos, tanto no contorno máis próximo como no máis afastado, se eliminan como tema de traballo. Medrar, ante todo, debera significar adquirir unha maior conciencia sobre os problemas do mundo e sobre como intervir para tratar de resolvelos, o que reclama unha escola que discuta á luz dos seus propios valores e accións, sempre de forma lenta, compartida, reflexiva e crítica.

[*] Concepción Sánchez Blanco, Profesora de Didáctica e Organización Escolar, no Departamento de Pedagoxía e Didáctica, da Faculdade de Ciencias da Educación na Universidade da Coruña, concha@udc.es
[+ Info]


Publicado na: Revista Galega do Ensino - EduGa

Bibliografía
  • AUNIÓN, J. A. (2009) Sin leer ni escribir hasta los seis.
  • BROWN, B. (2009) Desaprender la discriminación en Educación Infantil. Madrid, Morata.
  • CORIAT, B. (1991) El taller y el cronómetro. Ensayo sobre el taylorismo, el fordismo y la producción en masa. Madrid, Siglo XXI. 7.ª Ed.
  • GIMENO SACRISTÁN, J. (Comp.) (2008) Educar por competencias. ¿Qué hay de nuevo? Madrid, Morata.
  • HONORÉ, C. (2005) Elogio a la lentitud. Un movimiento mundial desafía el culto a la velocidad. Barcelona, RBA.
  • SÁNCHEZ BLANCO, C. (2006) La cooperación en Educación Infantil. A Coruña, Universidade da Coruña.
  • SÁNCHEZ BLANCO, C. (2009) Peleas y daños físicos en la Educación Infantil. Bos Aires, Miño y Dávila.
  • TONUCCI, F. (2006) La ciudad de los niños. ¿Por qué necesitamos de los niños para salvar las ciudades?. Revista ITN, núm. 75, 2006.
  • TORRES, J. (2007) Educación en tiempos de neoliberalismo. Madrid, Morata.
________________________________________

martes, agosto 31, 2010

A CIG-Sáude denuncia que continúan as peonadas en Ferrol e propón unha mellor distribución dos recursos

Xa vai para un ano (agosto de 2009) que a Consellería de Sanidade anunciou a supresión das peonadas. Esta medida levantou voces de alarma en tódolos sectores (asociacións de pacientes, organizacións sindicais, grupos políticos...), xa que a supresión desta actividade extraordinaria sin outro modelo alternativo, só ía redundar nun maior engrosamento das listas de espera e unha maior actividade concertada cos centros privados.

Para apagar a polémica, días despois ao anuncio desta decisión, dende a Xunta de Galiza (foi necesaria a intervención do propio Núñez Feijóo) aclaran que a medida non suprime as “peonadas”, senón que só se realizarán cando non se poida acadar unha maior eficiencia na xornada cirúrxica das mañás. Engaden que prevén implantar a xornada ordinaria de tarde.

Pois ben, un ano despois (agosto de 2010) as peonadas síguense a realizar nos hospitais galegos (bó exemplo temos na Área de Ferrol) e seguimos sen saber qué modelo está a usar o SERGAS para aumentar a eficiencia da xornada de mañás ou qué modelo pretende implantar para a xornada ordinaria de tarde.


E non será porque non o pidamos unha vez máis, ver artigo publicado na edición local dun xornal convencional:

A CIG pide á Xunta que regule a atención asistencial polas tardes

O sindicato denuncia que continúan as peonadas en Ferrol e propón unha mellor distribución dos recursos

Por A. de Antonio
29.08/.010

A área de Saúde da CIG pide á Xunta de Galicia que regule a actividade asistencial polas tardes nos hospitais como alternativa á supresión das peonadas. Asegura o sindicato que a política de erradicar esta práctica "sen ter ningunha alternativa nin para vos profesionais nin para a poboación, dista moito de mellorar ou actual sistema sanitario, xa que ou único que se vai acadar é ou engrosamento dás listas de espera e ou aumento dá actividade concertada cos centros privados".

é por iso polo que considera que as peonadas son froito da mala xestión dos centros e pide que se distribúan ben os recursos. E é que, denuncia a CIG, a actividade extraordinaria polas tardes supón "unha sobrecarga para as plantas que reciben aos doentes dás peonadas".

Refírese ao persoal de admisión, reanimación, hospitalización, servizo de limpeza e esterilización, entre outros. Agora, ademais, durante os meses de verán, "son máis evidentes posto que ou hospital está a mínimos".

Por iso propoñen como unha opción que as operacións continúen pola tarde, pero "distribuíndo ben vos horarios e vos recursos. Entendemos que é necesario aliviar as listas de espera".

En concreto, aposta por "regular a actividade asistencial dúas hospitais polas tardes, ampliando as persoais á demanda real e potenciando vos complementos voluntarios de prolongación de xornada acordados entre ou Sergas e vos sindicatos en 2008".

Aínda así, Nieves Pazos, do sindicato CIG-Saúde, bota a vista atrás e recorda que foi hai agora un ano "cando a conselleira Pilar Farjas anuncia a supresión dás peonadas a partir dun informe do Consello de Contas emitido a finais de xullo do 2009, que chamaba a atención sobre ou volume de horas extra nos hospitais galegos".

Naquel momento, o sindicato solicitou por escrito a convocatoria da Mesa Sectorial de Sanidade para "abordar con rigor e seriedade ou programa de traballo de tarde nos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde, retomando ou documento do 2008 aprobado en Mesa Sectorial de Sanidade de Redefinición do Complemento Específico. Dito documento recolle fomentar a dedicación exclusiva ao servizo público mediante ou diálogo cos profesionais. Diálogo, ate ou de agora, inexistente". Refírese a que, ao longo do 2008, no contexto do conflito "pola extensión do complemento específico -que todos vos médicos cobrasen exclusividade, traballasen ou non na privada-, a Consellería de Sanidade elaborou unha proposta de redefinición deste plus retributivo que levaba aparellada unha regulación dá actividade extraordinaria".

Dedicación exclusiva

Explica que dito documento, "aprobado pólo comité executivo do Sergas e recollido non Acordo Marco 2008-2012 (suspendido polo PP en canto chegou ao poder), prevé modificar ou complemento que retribúe a dedicación exclusiva ao servizo público dous profesionais, mantendo a diferenza salarial que incentiva a exclusividade, pero deseñando dúas modalidades de traballo extraordinario e voluntario con retribucións oficiais a cambio de máis tempo de traballo ou de aceptar ou quenda de tarde como xornada ordinaria", explica a integrante do sindicato nacionalista.

Pola súa banda, fontes do Área Sanitaria da zona aclaran que a dirección xa apuntou hai uns meses que co obxectivo de atender a demanda asistencial, as peonadas seguirían facéndose na área de Ferrol e no resto de Galicia «aínda que dunha forma programada e controlada».

Fonte: cig-saude.org

Confederación Intersindical Galega - CIG
___________________

Amy Goodman escribe en referencia aos USAmerica: "Ovos podrecidos e a nosa democracia rota"


Ovos podrecidos e a nosa democracia rota

Por Amy Goodman26.08.2010

En que se relacionan 500 millóns de ovos e a democracia?

O masivo retiro do mercado de ovos infectados con salmonelosis, o retiro máis grande na historia de Estados Unidos, permítenos ver o poder que as grandes corporacións teñen, non só sobre a nosa saúde, senón tamén sobre o noso goberno.

Aínda que son moitas as marcas que foron retiradas do mercado, todas poden rastrexarse ata chegar a só dúas granxas de produción de ovos. Cada vez máis, a provisión de alimentos está en mans de compañías cada vez máis grandes que exercen un enorme poder sobre o noso proceso político. Así como pasa coa industria alimenticia, sucede tamén coas petroleiras e os bancos: corporacións xigantescas (algunhas con orzamentos máis grandes que o da maioría dos países) están controlando a nosa saúde, o noso medioambiente, a nosa economía e, cada vez máis, as nosas eleccións.

O brote de salmonelosis é só o episodio máis recente dunha serie de episodios que mostran a unha industria alimenticia desenfreada. Patty Lovera, sub-directora do grupo pola seguridade alimentaria Food&Water Watch, díxome: "Historicamente, sempre houbo resistencia por parte da industria a todo tipo de norma de seguridade alimentaria, xa sexa ditada polo Congreso ou por outros organismos gobernamentais. Existen grandes asociacións comerciais para cada sector provedor dos nosos alimentos, desde os grandes produtores agroindustriais ata as tendas de comestibles".

Os ovos contaminados con salmonelosis proviñan de só dúas granxas factoría, Hillandale Farms e Wright County Egg, ambas de Iowa. Detrás deste brote está o emporio do ovo de Austin "Jack" DeCoster. DeCoster é propietario de Wright County Egg e tamén de Quality Egg, provedora de polos e de alimentos para polos das dúas granxas de Iowa. Patty Lovera afirma que: "DeCoster é un nome que se escoita moito cando un empeza a falar con coñecedores da industria do ovo ou con persoas que proveñen dos estados de Iowa, Ohio ou dos outros estados en que DeCoster opera. Por iso cremos que DeCoster é o claro exemplo do que sucede cando temos este tipo de concentración e produción a gran escala. Non se trata só de seguridade alimentaria ou só de dano ambiental ou do trato que reciben os traballadores. Cando estamos fronte a este tipo de produción masiva, responsable de tantos dos nosos alimentos, trátase dun paquete completo de efectos colaterais negativos ...".

A axencia de noticias Associated Press brindou un resumo das violacións ás normas sanitarias, de seguridade e laborais presentes nas operacións de DeCoster con ovos e porcos en varios estados. En 1997, a empresa DeCoster Egg Farms acordou pagar unha multa de dous millóns de dólares logo de que o entón Ministro de Traballo Robert Reich cualificase a súa granxa de "tan perigosa e opresora como calquera empresa maquildora". En 2002, a compañía de DeCoster pagou un millón e medio de dólares para chegar a un acordo en referencia a unha demanda legal presentada pola Comisión Federal de Igualdade de Oportunidades Laborais en representación de mulleres mexicanas que informaron ser sometidas a acoso sexual, ata violación, abusos e represalias por parte dos seus supervisores. Este verán, outra compañía vinculada a DeCoster pagou cento vinte e cinco mil dólares ao Estado de Maine por acusacións de trato cruel contra os animais.

A pesar de todo isto, DeCoster prosperou no negocio de ovos e porcos, o que o pon á altura doutras grandes corporacións, como BP e os grandes bancos. O derrame de petróleo de BP, o máis grande na historia deste país, estivo precedido por unha longa lista de feitos criminais e graves violacións ás normas que datan de varios anos, unha das máis coñecidas: a gran explosión da refinería da cidade de Texas que cobrou a vida a quince persoas no ano 2005. Se BP fose unha persoa, iría a prisión fai moito tempo.

A industria financeira é outro delincuente crónico. Pouco tempo despois do maior desastre financeiro mundial desde a Gran Depresión, bancos como Goldman Sachs, cheos de diñeiro tras o masivo rescate financeiro gobernamental, interferiron no proceso lexislativo que intentaba controlalos.

O resultado: un novo e amplamente ineficaz organismo gobernamental de protección ao consumidor, ademais dunha implacable oposición á designación, para a dirección deste organismo, da defensora dos dereitos do consumidor Elizabeth Warren, quen supervisaría aos bancos tanto como o novo organismo permitísello. Este é o motivo polo cal oponse á súa designación os banqueiros, entre eles, Timothy Geithner e Larry Summers, a quen o Presidente Obama nomeou como Secretario do Tesouro e Asesor Económico, respectivamente.

Permítese ás corporacións internacionais operar practicamente sen supervisión nin regulación. Permítese que o diñeiro das grandes empresas exerza influencia sobre as eleccións, e polo tanto, sobre a conduta dos nosos representantes. Logo da decisión da Corte Suprema no caso presentado polo grupo de dereita Citizens United, que permitirá doazóns corporativas ilimitadas ás campañas, o problema vai de mal a peor. Para ser electos e manterse no poder, os políticos deberán satisfacer máis e máis aos seus doantes empresariais. Poderíase dicir que o raposo vixía ao galiñeiro (e aos ovos podrecidos que hai nel). Con todo, hai esperanza. Existe un crecente movemento para reformar a constitución de Estados Unidos, para quitar ás corporacións o status legal de "persoa xurídica", concepto polo cal as corporacións teñen os mesmos dereitos que as persoas normais.

Isto faría que as corporacións estivesen suxeitas á mesma supervisión que existiu durante os primeiros cen anos da historia de Estados Unidos. Pero para que as persoas sexan as únicas con dereito á participación política será necesario un verdadeiro movemento de base, dado que o Congreso e o goberno de Obama parecen non ser capaces de implementar nin sequera os cambios máis básicos. Como di o refrán: "se queres facer unha tortilla, tes que romper algúns ovos".

Pode-se escoitar o artigo oneline en español: Entrar

Denis Moynihan colaborou na produción xornalística desta columna.

[*] Amy Goodman é a condutora de Democracy Now!, un noticiero internacional que se emite diariamente en máis de 550 emisoras de radio e televisión en inglés e en máis de 250 en español. É co-autora do libro "Os que loitan contra o sistema: Heroes ordinarios en tempos extraordinarios en Estados Unidos", editado por Le Monde Diplomatique Cono Sur.

Enviado por:
Columna de Amy Goodman
-spanish@democracynow.org-
27 de agosto de 2010 00:30

__________________________

O Ateneo Ferrolán, volve a poñer á vosa disposición a Revista "ATENEA" para que enviedes un relato curto



O Ateneo Ferrolán, volve a poñer á vosa disposición a Revista "ATENEA" para que enviedes un relato curto en idioma galego (máximo 1 folio sen formatar, temática "UN ATÍPICO NADAL") e, de quedar seleccionado, publicarémolo en xaneiro, nun número extraordinario de relatos curtos.

De estar interesado/a, ponte en contacto con nós ou envíanos por correo electrónico o teu relato facendo constar o teu nome, enderezo e contacto antes do 10 de decembro de 2010.

A publicación da revista é trimestral dende 1999 e ten unha tirada de 1.000 exemplares distribuíndose de forma gratuíta a Centros de Ensino, Culturais, Bibliotecas e Centros de especial interese de Galiza e resto da península.

Ateneo Ferrolán

Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

______________________

domingo, agosto 29, 2010

Memoria, dignidade e loita: Unha emotiva homenaxe a Segundo Vilaboy Martínez [1918-1947] tivo lugar en Ferrol


O loitador comunista tivo onte unha significativa homenaxe en Ferrol. A iniciativa foi popular, partiu dun grupo de xente nova ligada á loita anticapitalista coa única pretensión de "darlle unha merecida homenaxe ao combatente e loitador antifranquista".


A xornada foi completa, máis antes todo un traballo foi-se desenvolvendo: os contactos coa familia, a recollida de material, os apoios solidarios e sobre todo o contribuído polo activista e historiador Bernardo Máiz Vázquez que leva toda unha vida, entre moitas outras iniciativas, a recuperar a memoria histórica da "longa noite de pedra" que foi a Ditadura Franquista: a vida, a represión, a resistencia, ...


A xornada comezou, ás 5 da tarde, cunha ofrenda floral no Cemiterio de Catabois onde están os restos do loitador, no cadro 352. Un numeroso grupo de persoas percorreu o cemiterio até chegar ao lugar onde se desenvolveu a homenaxe. Flores de vivas cores, a fouce e o martelo, unha bandeira vermella, presidían o acto, ... ao vento unha bandeira tricolor, de fondo a música que saía da gaita do mestre Agulló. O compañeiro Fran, abriu o acto, explicando a súa orixe e agradecendo a familiares, a Bernardo Máiz, a Xam Tavia, ao mestre gaiteiro Agulló, aos grupos de música, ... e a todas as persoas que fixeron posíbel a realización do acto. Unha pequena semblanza do loitador antifranquista foi seguida da lectura dunha carta que Segundo Vilaboy Martínez escribeu o día anterior do seu asasinato a "garrote vil", aos 29 anos de idade, o 19 de Decembro de 1947, no Cárcere de Caranza en Ferrol. Pechou-se o acto coa interpretación da Internacional e do Himno Galego.


De novo no Bertón, comezou un novo acto, pasadas as 6 da Tarde. Leu-se unha emotiva carta de Bernardo Máiz que por motivos de sáude, pois padece unha enfermidade moi grave, non puido asistir ao acto como era o seu desexo. No seu lugar, o compañeiro Xan Tavia, foi o encarregado de levar o acto. Proxectou-se un documental: "Xan de Xenaro: memoria de 32 anos", sobre a vida dun guerrilleiro veciño de Limodre. Unha produción do Taller de Vídeo Municipal de Fene, baseada nun guión de Agustín Fernández Paz e do propio Bernardo Máiz. Logo o compañeiro Xam Tavia fixo unha pequena semblanza de numerosos homes e mulleres que formaron parte da resistencia galega contra a ditadura franquista e que loitaron coas armas nas mans pola restauración da legalidade democrática e a República, até chegar a Segundo Vilaboy Martínez. Do cal se repartiu un pequeno folleto conmemorativo -de 16 páxinas- con importante e significativa documentación. Para finalizar escoitamos a canción "Silencios na memoria" do grupo A Quenlla, da cal se nos repartiu a letra a todas as persoas presentes.


Despois dun acto de confraternización, chegou o concerto da man de RPG 7, MOSSIN NAGANT e MENCER VERMELLO. Por certo que a iniciativa comezou a raiz de que dous dos sobriños netos de Segundo Vilaboy, pertencen ao grupo de rock proletario de Vallekas RPG 7.


A xornada todo un suceso, Segundo Vilaboy Martínez, permanecerá na nosa memoria, como un traballador, comunista, loitador e comprometido. E non podemos esquecer nunca que a fera fascista está aí, con diferentes camuflaxes políticos, máis disposta a aplicar a tortura e o garrote, contra a liberdade e a loita dos pobos e a clase traballadora pola súa emancipación, co único obxectivo de manter os seus privilexios e a súa dominación.

O sitio na rede do evento, ten toda a información e documentación sobre Segundo Vilaboy Martínez, á que se pode acceder e baixar.

http://homenaxeasegundovilaboy.blogspot.com/

homenaxeasegundovilaboy@gmail.com
_____________________

O guerrilleiro comunista que preferiu morrer a delatar

Homenaxe a un ferrolán executado polo garrote vil

Por Lorena Bustabad
29.08.2010

O seu nome de guerra era Villa. Botouse ao monte durante a II Guerra Mundial para combater o fascismo. Confiaba en que os aliados derrocarían a Franco. Contan que baixo a culata da súa mosquetón, Segundo Vilaboy, gravou unha estrela vermella de cinco puntas sobre a fouce e o martelo. Foi capturado tras un enfrontamento a tiros coa Garda Civil.

Un consello de guerra sumarísimo condenao á morte o 31 de outubro de 1947. Tiña 29 anos. Dous días antes de morrer, executado a garrote vil no cárcere de Caranza, escribiu unha carta de despedida aos seus camaradas: "Se que se aproxima o meu fin. Vexo as caras dos gardas que se darán un festín sanguento en vésperas da Noiteboa. Así son estes que se chaman católicos".

Unhas 60 persoas -familiares, e grupos de esquerdas vinculados á memoria histórica- renderon onte unha homenaxe a Segundo Vilaboy Martínez (Ferrol, 1918-1947) no cemiterio municipal de Catabois, onde descansan os seus restos.

Obreiro, guerrilleiro, republicano, Vilaboy foi o secretario político do Comité do Partido Comunista en Ferrol. O historial da súa vida parécese ao guión dunha película que o historiador Bernardo Máiz Vázquez quixo rescatar do esquecemento. Durante anos, Máiz mergullou nos arquivos militares do franquismo e recuperou parte dos documentos que lle serviron para ganduxar a curta vida e cruel morte do guerrilleiro ferrolán, e que recompilou en Resistencia, guerrilla e represión. Causas e Consellos de Guerra. Ferrol 1936-1975.

Vilaboy ingresou no estaleiro de Ferrol ao finalizar a Guerra Civil como plomero-tubero. A súa intensa vinculación ao PC, obrigouno a pasar moi pronto á clandestinidade nas filas do Exército Guerrilleiro de Galicia. Integrou a IV agrupación da resistencia galega, A Pasionaria.

A finais de maio de 1947, unha bala de nove milímetros deixouno malferido cerca do río Bellele, a medio camiño entre Neda e Fene, durante un intercambio de disparos con axentes da Garda Civil. Trasladárono ao hospital de Mariña de Ferrol. Operárono e só dous días despois, comezaron a interrogarlle.

"Non importou que estivese moribundo. Primeiro foron os interrogatorios, de 12 e 14 horas ata que, esgotado, perdía o sentido. Despois as torturas", escribiu na súa cela, en decembro de 1947, horas antes da súa execución. Unhas flores sobre a súa tumba e un sonoro tributo musical a cargo de Mencer Vermello, RPG7 e Mossin Nagant recordaron onte a Segundo Vilaboy Martínez 63 anos logo da súa morte.

Publicado no xornal estatal "El Pais" o Domingo 29 de Agosto de 2010
_____________________________

sábado, agosto 28, 2010

Presencia en Ferrol do "Climabus" -Bus didáctico contra o cambio climático: Do 27 ao 30 de Agosto

A MIRILLA
O bus ecoloxista chega á cidade

Por Alba Lago
28.08.2010

A Mirilla de hoxe ábrea un vehículo especial, que se pasea por practicamente todos os recunchos da Península, a pesar de estar xa xubilado e ser un bus urbano. Durante a súa vida laboral, transportaba aos cidadáns do municipio de Burgos e axudaba así ao medio ambiente, aforrando a circulación de moitos automóbiles particulares. Agora, segue colaborando co planeta e acolle a exposición itinerante Climabús: "Non cambies o clima, cambia ti", unha campaña posta en marcha no ano 2007 pola Fundación Osíxeno, co patrocinio do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino e a colaboración do Concello de Burgos, que doou o autobús. No seu cuarto ano, o proxecto percorre, desde o 18 deste mes e ata finais de setembro, Galicia, Asturias e Castela e León e onte chegou á cidade ferrolá, onde permanecerá co freo botado ata o vindeiro luns. Atópase detido na praza de Armas e pode ser visitado, de forma completamente gratuíta, en horario de 11.00 a 15.00 horas e de 17.00 a 21.00 durante o fin de semana e de 10.30 a 14.30 e 16.30 a 20.30 o luns. Pequenos xestos, grandes solucións. Os principais obxectivos desta iniciativa, que onte puido coñecer o concelleiro ferrolán de Medio Ambiente, Rafael Fernández Beceiro, consisten en concienciar á xente da existencia do problema do cambio climático e fomentar condutas que axuden a palialo. Para iso, o autobús conta con 15 paneis que se centran na análise de tres puntos: as causas, o impacto e as posibles solucións. Como explican o coordinador da campaña, Urs Lüders, e o monitor, Carles Ripoll, a maioría destas consisten en -pequenos xestos- que se poden introducir facilmente na vida diaria. Algunhas resultan bastante coñecidas, como optar pola bicicleta ou o transporte público para moverse dentro das cidades ou utilizar lámpadas de baixo consumo, mentres que outras se antollan rechamantes e pregoan o consumo preferente de produtos locais ou o uso do botijo. Tamén as hai extremadamente sinxelas, como deixar apagada a pantalla do computador nos breves intervalos de tempo nos que non se usa. E algunhas que supoñen maior esforzo pero que se revelan enormemente eficaces. Por exemplo, illar as vivendas do frío e a calor con la de ovella, placas de yeso e celulosa ou adobe. Ademais, estas receitas permiten aforrar diñeiro e sen que se produza unha diminución da calidade de vida. Porque do que hai que mentalizarse é de que intentar frear o cambio climático non implica renunciar nin á tecnoloxía nin ao benestar.

Publicado en Edición Comarcal dun xornal convencional

http://www.fundacionoxigeno.org


Información baseada na enviada por:
Antonio García Jiménez
angaji@yahoo.com
28 de agosto de 2010 11:06


Saúdos, presencia en Ferrol do "Climabus" (Bus didáctico contra o cambio climático) por se vos apetece. Reenvio informacion da presenza en Ferrol do Bus contra o cambio climatico que estara en Ferrol ata o proximo luns por se vos apetece asisitir/participar. Eu estiven e bastante interesante.
Unha aperta.
_________________

Informe especial: Folga de fame de presos políticos mapuches en Chile


Informes Especiais | 27/08/2010 | Pulsar Agencia Informativa

CHILE-MAPUCHE

32 presos mapuche levan máis de 40 días en folga de fame en Chile. Considéranse detidos políticos pola aplicación da Lei Antiterrorista. Foron encarcerados por accións de recuperación de territorios ancestrais.

Os comuneiros mapuche realizan a súa folga de fame nos cárceres de Temuco, Concepción, Angol, Valdivia e Lebu.

Para depor o xaxún esixiron o fin da aplicación da Lei Antiterrorista en causas mapuches. Tamén esixen que os comuneiros non sexan xulgados por tribunais militares.

Para rematar, demandaron a "desmilitarización" nas zonas Mapuche e que as terras ancestrais sexan devoltas ás diferentes comunidades orixinarias.

Os comuneiros detidos están acusados por distintas accións de resistencia e recuperación de territorios ancestrais usurpados.

Unha nova entrega dos informes especiais de sériea "Linguas Longas".(PÚLSAR)

Non deixes de escoitar este interesante audio:
Informe especial Agencia Informativa Púlsar.

Escoitar online ou baixar: archivo mp3

[audio de 7 min. 21 seg. (5,03 Mb.)]
Despacho enviado pola "Axencia Informativa PULSAR"

www.agenciapulsar.org
pulsar@agenciapulsar.org


Enviado por:
Pulsar Agencia Informativa
-suscripciones@agenciapulsar.org-
27 de agosto de 2010 21:23
_______________


Mapuches from Nacho Salgado on Vimeo.


Cando o pobo mapuche conseguiu derrotar aos invasores da coroa española non imaxinaron que a súa loita non fixera máis que empezar.

"Mapuches: historia dunha resistencia" é un retrato da situación actual de conflito que vive este pobo orixinario chileno.

É o testemuño dos que aínda continúan resistindo por manter a súa identidade como pobo, por conservar as súas raíces, a súa cultura e o seu territorio.

E é unha homenaxe a aqueles que se quedaron polo camiño ... (Ángela López)
________________________

Este Domingo, 29 de Agosto, Teatro ás 8 da Tarde no Torrente: "Chamada desde o máis alá"

VILANO PRODUCIÓNS, convídavos ao ENSAIO XERAL CON PÚBLICO, da súa nova montaxe "CHAMADA DESDE O MÁIS ALÁ", unha obra de Fusa Guillén [fusa@ya.com - fusa@vilanoteatro.org].

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Este Domingo,29 de agosto ás 20:00 h, na antiga Capela do Hospital no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol.

Moitos bicos!!

Agardámosvos!!

Enviado por:
bartoleta teatro
-bartoletaferrol@hotmail.com-
27 de agosto de 2010 16:47
http://bartoletaferrol.spaces.live.com
_________________________

venres, agosto 27, 2010

A violencia machista acaba coa vida doutra muller, desta vez en Lugo: A Marcha Mundial das Mulleres convoca mobilizacións, unha delas en Ferrol

Convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres ante un novo asasinato machista.

Concentración de repulsa ante esta nova morte, en Lugo, de Montserrat, asasinada polo seu marido esta madrugada. Expresamos así o noso rechazo a esta acción criminal e reclamamos á sociedade galega un compromiso máis firme e sen tregua na loita contra o machismo.

A Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración, hoxe venres día 27 de agosto ás 20.00h na Praza do Concello de Ferrol.

Combatamos o machismo, todas e todos! Fora os machistas da nosa sociedade! Fora o machismo das nosas vidas! Nin unha morta máis!


Pregamos a súa difusión e asistencia


Marcha Mundial das Mulleres
Teléfono de contacto:
Coord. Ferrol: 696732735
http://www.feminismo.info

Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:


Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
26 de agosto de 2010 19:27
http://lupeces.blogspot.com/
________________________

martes, agosto 24, 2010

Graves incumprimentos na entrada na Ría do gaseiro nº 72 -"LNG Sokoto", cargado con miles de toneladas de gas natural licuado par Reganosa


SOBRE ENTRADA DO GASEIRO Nº72” LNG SOKOTO”

No día de hoxe un novo barco gaseiro o LNG SOKOTO cargado con gas natural licuado entrou sobre as 16,30 h na Ría de Ferrol para suministrar a planta de Reganosa.Unha nova entrada ilegal por canto os barcos gaseiros cargados non poden cumplimentar a normativa de navegabilidade -EN1532-dentro da Ría nunha situación de emerxencia que requiere que o gaseiro poida poñer rumbo a mar aberto polos seus propios medios.


Debemos lembrar que o canal de entrada da Ría é de 4.5 Km de lonxitude, cun ancho navegable de 150 m, e que neste percorrido o gaseiro ten que cambiar de rumbo 6 veces.


As circunstancias da entrada do LNG SOKOTO, amosan o incumprimento das propias "Normas de seguridade para a entrada, desatraque e saída dos grandes barcos gaseiros na Ría de Ferrol", fixadas pola propia Capitania Maritima de Ferrol, que esixen, entre outras precaucións, unha visibilidade mínima de 1.200 m, que hoxe non se cumpria no momento da entrada como pode observarse nas fotografias que se tomaron polo CCE e que se aportan.


O CCE denuncia unha vez mais a temeridade daqueles que eluden a súas obrigas, supeditando o interes xeral e o cumprimento da legalidade aos intereses de Reganosa, a costa de expoñer a poboacion que vive no entorno desta Ría aos riscos evidentes.

Ferrol a 23 de Agosto de 2010


¡DIFUNDE E PARTICIPA!
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxenciacomitecidadan@gmail.com
23 de agosto de 2010 23:33
________________________________

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: O "LNG Sokoto" cargado con ducias de miles de m3 de GNL-LNG para Reganosa, ten prevista a súa entrada na Ría o Luns 23 de Agosto: O Comité Cidadán convoca acción protesta

Web da Autoridade Portuaria: Normas de seguridade para a entrada, desatraque e saída dos grandes barcos gaseiros na Ría de Ferrol
__________________________________