mércores, novembro 03, 2010

Orzamentos da Xunta para 2011: "Feijóo, concesiones y contratas" - "A I+D nas contas de Feijóo"

Publicamos dous interesantes artigos do Catedrático de Economía Aplicada da UDSC, Xavier Vence. O investigador, escritor e analista político, Xavier Venze, aborda unha pequena análise dos orzamentos 2011 da Xunta de Galicia.

Feijóo, concesiones y contratas

Por Xavier Vence Deza [*]
24.10.2010

Os orzamentos da Xunta para 2011 consagran unha reducción da iniciativa pública dun 10,6%, ao redor de 1.120 millóns de euros menos –sen ter en conta a inflación. O retroceso é xeneralizado pero alcanza proporcións dramáticas nas consellerías que teñen que ver coa economía produtiva: cae un 34% en Economía e Industria; un 21% en Medio Rural; un 18% en Mar e un 33% Medio ambiente, territorio e infraestruturas. Educación, I+D+i e Sanidade experimentan recortes que están entre o 5-7%, que debido ao seu peso absoluto concentran grande parte da merma e, por outra parte, debido ao tipo de gasto que executan verán seriamente afectada a súa dotación de persoal e, polo tanto, na calidade dos servizos que prestan.

A Xunta e os seus múltiples valedores mediáticos dinnos que non cabe outra. Hai que reducir o déficit custe o que custe, aínda que este estea nun razoable 2,7% do PIB. Que hai reduccións de gasto que poderían realizarse sen que o benestar e o dinamismo económico se resentisen é algo que calquera estará disposto a admitir –sobre todo á vista de certas obras e gasto suntuario de dubidosa utilidade social– pero tamén haberá que admitir que as reduccións que se están a practicar en Galiza e no Estado español prodúcense nun contexto de alto paro e atonía da demanda que non aconsellan recortar gasto e, ademais, pola súa contía e tipo de servizos afectados van provocar un retroceso notable tanto no benestar coma na creación de recursos para impulsar actividades de futuro. Ninguén nos vai regalar a ciencia, os coñecementos e os equipamentos para participar nas actividades que xiran arredor do novo paradigma tecnolóxico que está a emerxer ao noso redor.

Nin a máis tépeda venda podería ocultar que o acento na reducción do gasto deriva da negativa dos financeiros e rendistas a falar dos impostos, é dicir, introducir ou simplemente recuperar impostos a aqueles grupos sociais que teñen capacidade de pago real e que nas últimas décadas conseguiron un réxime fiscal absolutamente privilexiado. Tan privilexiado como irresponsábel, por ter orientado a asignación de recursos cara as actividades máis lucrativas no curto prazo e con mellor trato fiscal: as financeiras e especulativas. Por iso é unha irresponsabilidade meter a tesoira en capítulos de gasto sen antes falar en serio dos ingresos e sen antes demostrar que todos ese gastos son prescindíbeis e non van ter efectos irreparábeis de cara ao futuro.

Pero a irresponsabilidade agrávase cando, por non querer gravar máis ás fortunas e negocios financeiro-especulativos, se propón suplir a falta de recursos públicos abríndolle as portas á participación do capital privado (504 millóns de euros), que se asegura por esa vía obras, concesións e rendas durante trinta anos. É unha inmoralidade que os gardiáns do déficit e da débeda pública sexan os mesmos que propoñen un mecanismo que incrementa os custes para a facenda pública e crea unha bola de débeda que todos haberemos de ir pagando ao longo de tres décadas. É difícil entender porque o déficit orzamentario é pecado e a débeda extraorzamentaria é fetén. A razón é clara: é un ilusionismo monetario que crea un fabuloso e seguro negocio para o capital financeiro durante trinta anos. É unha das vías a través da que o capital financeiro está tentando unha fuga cara adiante, derivando cada vez máis claramente nun modelo de “capitalismo rendista” –á moda do Antigo Réxime–, onde os pagadores de renda seremos todos os contribuíntes presentes e futuros.

En definitiva, estes orzamentos traducen en cifras unha política que renuncia a usar as pancas do autogoberno para afrontar a crise e liderar con iniciativa e estratexia un futuro para o país. Parece que Feijóo tomou ao pé da letra aquela vella consigna do liberalismo “laissez faire, laissez passer”. Pero “passa” tanto que a súa (in)acción de goberno produce unha estraña sensación onde se mestura a falta de iniciativa e falta de interese, coma se se tratara dun goberno con autoconciencia de estar de sobra. Mesmo parece entender que o orzamento non está tanto para prestar servizos públicos como para dar negocio á empresa privada. Sobre todo se forma parte do conglomerado no que funden os intereses privados, o poder e a acción política, a patria dos sacrificados apóstolos do partenariado público-privado.

xabier.vence@usc.es

Publicado no Xornal de Galicia


A I+D nas contas de Feijóo

Por Xavier Vence Deza [*]
29.10.2010

Posiblemente a cidadanía non alcance aínda a percibir en toda a súa magnitude o alcance dos efectos que os orzamentos da Xunta para 2011 van ter nas súas vidas e na marcha da nosa economía. Diría máis, vendo o grao de descoñecemento evidenciado por Feijóo no debate parlamentar cabe dubidar que el mesmo sexa moi consciente das consecuencias do que está a presentar. Unhas reducións de máis de 1.120 millóns de euros concentradas nas consellerías máis importantes van ter efectos devastadores sobre servizos públicos esenciais como a sanidade e nalgunhas actividades estratéxicas como a educación ou a investigación, a innovación ou o apoio a sectores produtivos en xeral. Para maior preocupación cómpre advertir que, á vista dalgúns capítulos de ingresos ficticios que aparecen pintados nos orzamentos e que de seguro non se materializarán, cabe agardar reaxustes sobre a marcha que levarán a que a redución real acabe sendo bastante superior ao 10,8% agora anunciado.

Pola súa importancia estratéxica merece a pena pararse no relativo á investigación e a innovación. Nesta materia as reducións alcanzan o 20%, baixando desde uns 154 millóns de euros en 2010 a 112 millóns para o ano vindeiro. É unha queda que se acumula aos recortes xa introducidos no presente ano e á non execución dunha parte dos programas de recursos humanos. Acentúanse, pois, os recortes nos programas de bolsas e contratos para persoal investigador e consolídase a supresión das convocatorias de persoal de apoio, mantendo tan só as renovacións obrigadas por compromisos anteriores. Con toda razón empezan a manifestar o seu desacougo todas esas categorías de xoves investigadores que non só son “precarios” hoxe senón que o seu futuro inmediato está seriamente ameazado e, polo tanto, a súa carreira como investigadores ou como técnicos truncada. Terán difícil explicarlles a situación a todos eses mozos e mozas que tomaron a serio o discurso oficial de que o futuro está na economía baseada no coñecemento.

Nestes dous anos volveuse aceleradamente á situación anterior á chegada do bipartito. Na lexislatura 2005-2009, o esforzo público en I+D pasara de representar o 0,94% do orzamento autonómico a un 1,4% e incluíndo o apoio á innovación acadara o 1,6%. Non colmaba os obxectivos pero foi un salto notable. Agora volta a un 1,2%. Isto significa que cae en maior proporción que o orzamento total, evidenciando unha menor prioridade para o actual goberno.

Esta opción ralentizadora pode constituír unha ameaza para a consolidación dos avances realizados e aboca ao sistema galego de innovación a unha seria crise. Con todo, esta crise non se limita ao volume de recursos senón tamén á alteración das prioridades e á continuidade dos instrumentos utilizados, en particular os relativos a estruturación e coordinación dos elementos do sistema de innovación.

Para comezar, desmantelouse a estrutura de xestión do Plan de I+D+i, despedindo aos mellores profesionais que tiñan experiencia acumulada; para seguir, continuamos á espera do novo Plan de I+D+i que ha remprazar o actual, cuxa vixencia remata. Iso si sabemos que para a súa redacción foi contratada recentemente unha asistencia técnica a unha consultora sen experiencia que acaba subcontratando o labor a unha equipa catalá. Con eses vimbios e con ese coñecemento das capacidades do noso sistema de I+D só cabe encomendarse ao noso apóstolo milagreiro para que aforre tales irresponsabilidades, pagadas do noso peto.

Todo ese desleixo esta levando, por exemplo, a un baixísimo aproveitamento e participación no Fondo Tecnolóxico aprobado pola UE para as rexións españolas de converxencia (300 millóns) que ven xestionando o CDTI: desde o seu inicio até abril de 2010 apenas foron financiados 52 proxectos empresariais de I+D, cunha aportación de 35,5 millóns de euros por parte do Fondo.

En fin, parece que o goberno Feijóo non está especialmente inspirado na forma de abordar a crise actual; tampouco parece que os seus desvelos estean centrados en identificar os retos que nos plantexa e o tipo de políticas públicas estratéxicas acaídas para superalos.

Como amosa a experiencia pasada e a comparación con outros países, o futuro non está na degradación das condicións de vida e de traballo para que as empresas máis ineficientes recuperen unha competitividade efémera. As bases dunha economía realmente innovadora non se sentan racaneando recursos para a educación e a investigación, imprescindíbeis para poder contar con recursos altamente cualificados, dos que non estamos sobrados. O que algúns gobernantes parecen non entender é que tanto na ciencia como na innovación non se producen saltos dun ano para outro. Os cambios son evolutivos e acumulativos; máis aínda, para consolidalos requírese certa perseveranza nos obxectivos e continuidade nos instrumentos. Porén, nos dous últimos exercicios rompeuse unha senda de avance e os orzamentos para o ano que vén non permiten albiscar unha reconsideración desa liña senón máis ben a confirmación dunha brusca freada.

Como son optimista quero pensar que a maioría desta sociedade xa non se conforma coa política de Q+D (que máis da).


Outros artigos en xornal.com

[*] Xavier Vence Deza (Rodeiro en 1961) é Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, escritor, comentarista político, ... Foi director do Idega no período 1991-95. Profesor invitado en diferentes universidades estranxeiras, formou parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. É coordinador do grupo de investigación ICEDE e da área de Economía do Seminario de Estudos Galegos. Publicou máis dun centenar de artigos e libros en revistas profesionais de ámbito galego e internacional sobre economía da innovación e políticas tecnolóxicas, sistema galego de innovación, disparidades rexionais na UE, industria, servizos, mercado de traballo, sistemas produtivos e planificación estratéxica, desenvolvemento local ... .
____________________________

Conclusións do Galeusca 2010

Reunidas na Coruña, entre os días 29 de outubro e 1 de novembro de 2010, as asociacións de escritores galegos, vascos e cataláns, ao redor do tema “A literatura en galego, éuscaro e catalán: unha viaxe con futuro”, conclúese que:

1. Demandamos do goberno central garantías e respecto equitativo e de adecuación de políticas de fomento e divulgación das nosas literaturas nacionais en pé de igualdade coa literatura escrita en lingua castelá.

2. Denunciamos as actuais políticas estatais de afronta e negación dos nosos idiomas nacionais, coa pretensión de anularen o principio de progresión recollido no espírito e na letra da lexislación vixente. Neste sentido, lembramos o contido do artigo 3.3 da Constitución Española de 1978, que impón ao goberno do estado obrigas de apoio efectivo para as linguas cooficiais: éuscaro, catalán e galego.

3. Reivindicamos a necesidade dunha maior presenza cualitativa e cuantitativa das nosas literaturas nacionais nos currículos oficiais escolares para as etapas de ESO e Bacharelato.

4. Facemos constar o noso rexeitamento rotundo á aprobación, unilateralmente imposta polo goberno galego, do Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario que, por primeira vez na historia da democracia, fai retroceder a presenza horaria, e a consecuente posibilidade de aprendizaxe para a mocidade e infancia, do idioma galego, propio e oficial de Galiza, que afonda na súa condición de lingua minorizada e supeditada á hexemonía do castelán.

5. Denunciamos a regresión na política de investimentos en cultura por parte da Xunta de Galicia, que imposibilita o desenvolvemento ascendente e normalizado da actividade cultural vinculada ás industrias do sector e co propio proceso creativo de autores e autoras nas súas diferentes manifestacións artísticas.

6. Mostramos o noso desacordo coa recente convocatoria, por parte do goberno galego, dos agora chamados Premios de Creación, polo seu rexeitamento do cualificativo “Nacionais” co que naceron no seu día e pola anulación da dotación económica que comportaba esta mención de recoñecemento.

7. Finalmente, entendemos que, nestes tempos de globalización, se fai aínda máis necesaria a defensa dos sinais de identidade dos pobos e de todas aquelas manifestacións nacionais que resisten o intento recentralizador dos grandes poderes políticos e económicos.

Máis info en:

http://www.aelg.org/


Rúa do Sol, 224-230, 1º B.
15401 Ferrol 
CIF:-G-70027909


Enviado por:
Lefre de Caldereta - Asociación Cultural
-lefre@lefredecaldereta.com-
2 de novembro de 2010 22:46
_______________

luns, novembro 01, 2010

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, denuncia a falla de compromiso da Xunta de Galicia coa Área Santiaria de Ferrol nos Orzamentos do 2011


Comunicado da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Diante da presentación dos orzamentos da Xunta para o ano 2011 e no relativo á Área Sanitaria de Ferrol queremos manifestar o seguinte:

Non existe ningún compromiso coa Sanidade Pública en Ferrol e se quere levar á Área Sanitaria de Ferrol ó furgón de cola, como xa estivo ata hai poucos anos, situación que se mellorou coa incorporación do Hospital Naval.
  • So se consignan 3.6 millóns de euros para o Complexo Hospitalario e para á licitación dos centros de Saúde de Ares e A Capela, cantidades que so permitirán acometer pequenas obras de mantemento e algún dos proxectos do anterior equipo directivo. Para os centros da Capela e Ares se agarda entregalos en mans de constructoras privadas que farán que a obra sexa moito máis custosa para a Sanidade Pública e que mesmo, segundo declaracións da Conselleira de Sanidade, se lles permitirá ter espazos comerciais dentro dos centros de saúde, logo virán os de Cedeira e Narón.
  • Segue a falarse de cantidades ridículas para o desenvolvemento do Plan Director do Complexo Hospitalario e os 63 millóns de euros que estaban comprometidos en tres anos para axeitar o Hospital Naval ás necesidades asistenciais, e que desapareceran coa actual Xunta de Galicia, seguen desaparecidos. Mentres cada ano se concertan 12 millóns de euros co Juan Cardona.
  • Non aparece cantidade ningunha para o Plan de Alta Tecnoloxía, como xa sucedeu no 2010. Mentres, e grazas ó concerto de 12 millóns de euros anuais, o Hospital Juan Cardona, con ese diñeiro público, acaba de mercar unha resonancia magnética de última tecnoloxía ( recordar que nesa proba radiolóxica hai un ano e incluso máis lista de espera).
  • Non hai consignación orzamentaria para o Centro de Saúde de Serantes, que xa tiña elaborado un proxecto constructivo co que os usuarios do rural de Ferrol seguiran recibindo asistencia en condicións precarias.
  • Segue paralizado o Plan de Mellora de Atención Primaria que ía posibilitar que esta fose moito máis resolutiva e reduciría as longas listas de espera existentes e crearía case 30 postos de traballo nesta Área Sanitaria.
  • Non se ten en conta para nada a demanda social desta comarca de creación dun Centro de Referencia para todo Galicia de Enfermidades Profesionais obviando a grave problemática do amianto.
  • Segue sen facerse a Unidade de Diálise de Crónicos, que xa estaba comprometida polo anterior Equipo Directivo, nunha aposta decidida por seguir favorecendo a centros privados.

En definitiva non se aposta pola Sanidade Pública senón que se seguen poñendo os chanzos en favor da Sanidade Privada e do establecemento do Copagamento. Non se ten en conta que a Área Sanitaria de Ferrol atende a preto de 200.000 persoas e que o envellecemento da poboación e a situación de desemprego fai que a demanda sanitaria aumente e, polo tanto, o incremento do gasto sanitario sexa maior.

Tamén queremos denunciar o agravamento das condicións de traballo do persoal da Sanidade Pública, o que se lle incrementa a carga de traballo coa reducción de contratacións que se ven facendo no último ano. Negándolles dereitos como os días de permiso, licenzas etc.

Por outro lado a constatación de que a Xunta de Galicia vai reducir os orzamentos da Consellería de Sanidade nun 4,9 % con respecto ó 2010 e que no 2010 xa foron menores que no 2009, reflicte a falla total de compromiso da Xunta de Galicia coa Sanidade Pública, mentres seguen aumentando os concertos coa privada e a privatización de servizos.

http://www.diariomedico.com/2010/10/21/area-profesional/sanidad/xunta-destinara-2011-sanidad-49-por-ciento-menos-que-este-ano.

Por estas e outras moitas razóns esta Pdspf imos participar na manifestación que se celebrará en Compostela o domingo 21 de novembro ás 12 horas “Pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública”.

Ferrol a 31 de outubro de 2010.

Asdo./ Salustiano Gómez e Xosé Miguel López.

http://plataformadspferrol

Enviado por:
Asociacion Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
1 de novembro de 2010 09:53
________________________

Nós, mulleres crentes da Igrexa galega, e con ocasión da visita do Papa Benedicto XVI á nosa terra, Tomamos a palabra e facémola pública

Diante da visista Papal a Galiza o vindeiro 6 de Novembro, as Mulleres Cristias Galegas, integrantes da Marcha Mundial das Mulleres, están espallando o manifesto que a continuación publicamos.


Nós, mulleres crentes da Igrexa galega, e con ocasión da visita do Papa Benedicto XVI á nosa terra, Tomamos a palabra e facémola pública

1. Como mulleres adultas comprometidas coa Igrexa e co Evanxeo, como bautizadas con capacidade lexítima para falarlle á comunidade e como herdeiras desa liñaxe de mulleres evanxelizadoras da primeira hora que, desde o principio do cristianismo, tomaron a palabra desde a liberdade do Espírito. E por último, e non menos importante, tomamos a palabra e facémola pública desde o mandato urxente da nosa conciencia que nos move a falar e non calar, porque así o require a dignidade á que nos impulsan Xesús e a sensibilidade social actual.

E queremos dicir:

2. Que a sociedade galega, da que formamos parte, está escandalizada polo gasto de recursos económicos, enerxéticos, mediáticos, loxísticos e de seguridade que require unha viaxe como a que o Papa vai facer a Galiza por unhas horas.

3. Que é manifesta a conivencia desta viaxe cos poderes políticos e económicos máis involutivos e conservadores da nosa sociedade, claramente alleos ás persoas máis desfavorecidas.

4. Que o Papa se está a colocar nas súas viaxes máis coma un xefe de estado que como un representante dunha igrexa e menos aínda como representante de Cristo. Perdeuse o sentido inicial da sucesión apostólica e, en pleno século XXI, a súa figura ten pouca lexitimidade nesta Igrexa carente dunha mínima articulación democrática.

5. Que se as mulleres representamos a metade da humanidade, na Igrexa somos mulleres máis do 70% das persoas participantes nos actos litúrxicos ou encargadas das tarefas de mantemento e dinamización das parroquias. Porén, somos unha maioría silenciada, sen recoñecemento dos nosos dereitos básicos e sen remuneración económica polas tarefas que sosteñen o día a día das igrexas locais. Tócanos un estatuto de menores de idade e de tuteladas que non podemos consentir.

6. Como maioría, historicamente inferiorizada, o que nos afecta como mulleres precisa ser tido en conta para ben de todas e todos, e da mesma comunidade eclesial. E así:

  • Sentimos que nos está a afectar moi negativamente a maioría do pensamento sobre as mulleres transmitido pola xerarquía e os documentos da Igrexa, que pretenden manternos en papeis tradicionais de submisión e obediencia baixo unha capa superficial de idealización “da muller”; non só non axuda a rematar coa tremenda violencia de xénero (que xa causou 56 asasinatos de mulleres no Estado e 4 en Galiza no que vai de ano), senón que mesmo pode estar a mantela en aspectos.
  • Sentimos que nos está a afectar moi negativamente a énfase constante nunha doutrina eclesial involutiva en relación a cuestións de moral sexual como o divorcio ou os anticonceptivos, ou outras tan complexas e dolorosas como a sida ou o aborto, cando apenas se di unha palabra pública e comprometida sobre outras que tamén afectan á vida e ao coidado da vida: a desnutrición endémica e as causas da fame, os masacres a minorías, a explotación laboral de menores ou a explotación sexual de mulleres e nenas...
  • Sentimos que nos están a afectar moi negativamente as recentes noticias de centos de curas e moitos bispos involucrados en situacións de abuso a nenos e nenas, e a pouca firmeza da xerarquía nas declaracións públicas e nas medidas tomadas, que supoñen unha vergonza moral e social para a nosa Igrexa. E de por parte, sen xerar unha reflexión básica para unha nova comprensión da sexualidade e do celibato obrigatorio cara unha vida saudable na Igrexa.
  • Sentimos que nos está a afectar moi negativamente a prohibición do ministerio do sacerdocio ás mulleres, unha falta básica ao dereito á igualdade que está a frear a renovación da Igrexa, xa que as mulleres con vocación sacerdotal enténdena, na súa maioría, desde unha clave comunitaria. Outras igrexas cristiás gozan del desde hai anos: así, a igrexa presbiteriana de Estados Unidos desde finais do século XIX, a igrexa luterana de Dinamarca desde o ano 1948 ou a igrexa anglicana desde 1994. Isto contrasta, e gravemente, coas últimas normas de dereito canónico coas últimas normas de dereito canónico feitas públicas en xullo pasado que recollen a ordenación de mulleres coma un delitos máis graves equiparándoo á pederastia.

TENDO EN CONTA ESTAS E OUTRAS MOITAS CIRCUNSTANCIAS E VALORACIÓNS,
QUEREMOS DICIRLLE A TODA A SOCIEDADE GALEGA DA QUE NOS SENTIMOS PARTE ACTIVA:

  1. Que a mensaxe cristiá non é unicamente o que transmite o Bispo de Roma ou a Conferencia Episcopal Española. Hai outras palabras na Igrexa, outros xeitos de vivir como mulleres e homes crentes e de entender a vida e a fe. Abondan exemplos ao longo da nosa historia e na actualidade.
  2. Que cada persoa, cada colectivo, cada relixión, cada sociedade teñen as súas propias palabras, únicas e valiosas; por iso apostamos por unha Igrexa de comunidades que non se erixa nin en xuíz doutras relixións nin do pensamento laico e, no entanto, escoite e comparta buscas comúns.
  3. Que moitos e moitas de nós estamos a traballar por esa “outra Igrexa posible” máis próxima á vida do día a día, máis organizada cos sectores sociais empobrecidos, máis respectuosa coa diversidade e máis celebradora da bondade da vida.


QUEREMOS DICIRVOS A VÓS, HOMES LAICOS, CURAS,MONXESD E BISPOS, COMPAÑEIROS DE CAMIÑO NA IGREXA GALEGA:

  1. Que, nosoutras, mulleres, enchemos os templos, animamos as catequeses de crianzas, de mocidade e de xente adulta, dinamizamos as comunidades, formámonos na fe e estudamos teoloxía, sostemos economicamente as parroquias, impulsamos e participamos en movementos de Igrexa, apoiamos iniciativas eclesiais en favor dos sectores marxinalizados...
  2. Que, posto que traballamos activamente na Igrexa e a estamos sostendo, queremos que se abran espazos onde a nosa palabra diferente sexa escoitada.
  3. Que, posto que traballamos activamente na Igrexa e a estamos sostendo, queremos sentirnos recoñecidas e valoradas no que achegamos
  4. Que, posto que traballamos activamente na Igrexa e a estamos sostendo, queremos poder decidir sobre as cuestións que nos afectan directamente
  5. Que, posto que traballamos activamente na Igrexa e a estamos sostendo, queremos compartir con vós as decisións que afectan á vida da Igrexa

QUEREMOS RECORDARNOS A NÓS, MULLERES LAICAS, RELIXIOSAS E MONXAS DA IGREXA GALEGA:

  1. Que na actualidade, unha das chamadas do Espírito e un dos maiores servizos ao Evanxeo é afondar na nosa conciencia de mulleres desde a propia situación social e eclesial para, desde aí, promover unha necesaria apertura na Igrexa.
  2. Que para iso, necesitamos escoitarnos interiormente desde o Espírito como mulleres, e tamén falar e facer camiño con outras mulleres.
  3. Que, posto que traballamos activamente na Igrexa e a estamos sostendo, precisamos tomar decisións sobre as cuestións que nos afectan directamente.
  4. Que, posto que traballamos activamente na Igrexa e a estamos sostendo, precisamos reclamar poder compartir as decisións que afectan á vida da Igrexa.

Colectivo “Nós-mulleres-tomamos-a-palabra-na-Igrexa-galega

Galiza, outubro de 2010

----------------------

EU, nome e apelidos, con DNI número, apoio este documento.

----------------------

PEDIMOS A TODAS AS IRMÁS, IRMÁNS E COMUNIDADES ECLESIAIS DA IGREXA GALEGA:

  1. 1. Que recibamos con agarimo este documento, reflexionado e elaborado desde unha ansia sincera de moitas mulleres.
  2. Que asinemos o documento para apoialo, sexamos homes ou mulleres no correo-e:
    mulleres.nos@gmail.com
  3. Que o espallemos entre xente amiga e coñecida: nos grupos nos que participamos, nas parroquias das que sodes responsables como curas, nas comunidades das que formamos parte... E tamén por correo electrónico.
  4. Que meditemos e oremos con paz desde este documento para acoller nel o Espírito e desbotar quizais algún aspecto desatinado
  5. Que afondemos na reflexión persoal e comunitaria sobre todas estas cuestións, acollendo as sensibilidades, perspectivas e posicións diversas das mulleres nos nosos grupos, comunidades e parroquias.
  6. Que sigamos atrevéndonos a soñar cunha Igrexa máis acorde co Evanxeo e a reinventala día a día.

PEDIMOS A TODAS AS IRMÁS, IRMÁNS E COMUNIDADES ECLESIAIS DA IGREXA GALEGA:

  1. Que recibamos con agarimo este documento, reflexionado e elaborado desde unha ansia sincera de moitas mulleres.
  2. Que asinemos o documento para apoialo, sexamos homes ou mulleres no correo-e.
    mulleres.nos@gmail.com
  3. Que o espallemos entre xente amiga e coñecida: nos grupos nos que participamos, nas parroquias das que sodes responsables como curas, nas comunidades das que formamos parte... E tamén por correo electrónico.
  4. Que meditemos e oremos con paz desde este documento para acoller nel o Espírito e desbotar quizais algún aspecto desatinado
  5. Que afondemos na reflexión persoal e comunitaria sobre todas estas cuestións, acollendo as sensibilidades, perspectivas e posicións diversas das mulleres nos nosos grupos, comunidades e parroquias.
  6. Que sigamos atrevéndonos a soñar cunha Igrexa máis acorde co Evanxeo e a reinventala día a día.

Enviado por

Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
1 de novembro de 2010 21:15
http://lupeces.blogspot.com/
______________________

A visita do Papa, NON cos meus impostos

As entidades laicistas que sustentan os sitios web laicismo.org e Observatorio da Laicidad, están facendo unha campaña contra a visita papal que entre outras cousas consiste en difundir o comunicado que traducimos e publicamos, coa solicitude de asinalo, no caso de estar de acordo.

O papa Benedito XVI ten previsto realizar dúas visitas a España, unha o próximo mes de novembro a Santiago e Barcelona, e en 2011 para a Xornada Mundial da Mocidade en Madrid.

En ambos os casos a súa asistencia realízase cunha dobre condición, como Xefe de Estado dun ficticio país chamado Vaticano, e como xefe dunha igrexa, a católica. Este incoherente status, xefe dun Estado e xefe dunha igrexa, permítelle realizar as súas viaxes pastorlaes a costa do Estado ao que visita. Así no caso da visita a Madid, o Estado custeará a metade do mesmo, uns cinco millóns de euros.


Entendemos que a cidadanía non ten por que custear as visitas e viaxes pastorais de quein vén predicar e difundir doutrinas coas que pode ou non estar de acordo.

Por que teño que custearlle a difusión da súa doutrina ou o fortalecemento dunha organización que:
  • rexeita a igualdade e mantén un papel secundario para a muller;
  • é homófoba, vai contra o matrimonio entrre homosexuais;
  • que ataca o dereito ao aborto;
  • que ataca o uso do preservativo aínda que morran miles de persoas por SIDA,
  • que manteñen e protexe a pedófilos no seu seo,
  • que mantén acordos e concordatos que privilexian a súa posición xurídica para difundir as súas doutrinas;
  • que manteñen miles de catequistas dando a súa relixión nas escolas públicas:
  • que reciben miles de millóns de euros ao ano do Estado

Por todo iso os cidadáns e cidadás asinantes manifestámonos en contra de que estas viaxes se paguen co diñeiro público, e esiximos das administracións que non se paguen estas visitas.

Para asinar o manifesto: Entrar

Enviado por
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
1 de novembro de 2010 21:15
http://lupeces.blogspot.com/
_______________________

A Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación reuniuse cos grupos políticos municipais para impulsar o seu desenvolvemento

O edil Manuel Santiago anunciou que a Comisión mantivo un encontro cos representantes políticos. A creación da figura do Defensor da Cidadanía ou da Oficina e Comisión de Suxestións e Reclamacións son algunhas das necesidades que se plantexarán na reunión

O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, informou de que a Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá mantivo un encontro coas cinco forzas políticas con representación na corporación municipal. Foi no pazo muncipal e o seu obxectivo era acadar darlle un impulso ao desenvolvemento do dito Regulamento e facilitar a posta en marcha dalgunhas das figuras contempladas neste documento, tales como o Defensor da Cidadanía ou a Oficina e Comisión de Suxestións e Reclamacións, entre outras. A finalidade, tal e como subliñou o edil, é traballar en conxunto para que este Regulamento de Participación Cidadá se desenvolva o mais rapidamente posible.

E ao fío disto, o concelleiro Manuel Santiago destacou que xa se teñen dado pasos ao respecto. O último deles, a xuntanza que a Comisión Provisional de Control, integrada por once persoas do anterior Grupo de Análise e Propostas (GAP) do proceso de Orzamentos Participativos 2009 mantivo a semana pasada cos representantes municipais de Facenda e Turismo; Muller e Benestar Social; Recursos Humanos; Medio Ambiente, e Participación Cidadá. Nela adoptáronse diversos acordos como o deseño e posta en marcha dun formulario para a recollida de queixas e suxestións que estaría dispoñible na web municipal e a creación dunha carpeta (física) específica no Rexistro Xeral do Concello para tramitar as queixas e suxestións directamente co departamento de Participación Cidadá.

Así mesmo, incidiuse na necesidade de crear a figura do Defensor da Cidadanía como garante do estudo e seguimento dos problemas dos cidadáns e cidadás ante a Administración municipal. A este respecto, o edil Manuel Santiago informou de que está pendente o estudo de viabilidade da Oficina do Defensor da Cidadanía. Estes foron algúns dos aspectos que se abordarib na xuntanza que se celebrou no Concello e na que a Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá transmitiu as súas demandas e inquedanzas en relación aos orzamentos da área de Participación Cidadá aos grupos políticos municipais. Entre estas, a necesidade de incrementar o orzamento desta área para axilizar a aplicación do dito Regulamento.

A posta en marcha do Rexistro Municipal de Cidadáns para darlle á cidadanía a opción de colaborar na acción municipal a través dos órganos de participación vixentes en cada área ou o impulso dos consellos sectoriais municipais vixentes foron outros aspectos nos que fixeron fincapé os once integrantes da Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá e que trasladaron aos grupos con representación na corporación. Respecto a este último punto, o concelleiro Manuel Santiago subliñou o interese da dita Comisión por darlle un pulo a estes consellos tanto en canto á frecuencia como mediante a incorporación aos mesmos tanto do movemento asociativo como de cidadáns a título individual.

Mércores, 27 de outubro de 2010
______________________________

domingo, outubro 31, 2010

Marcelino Camacho - Un obreiro, un loitador, un comunista

[En Carabanchel Maio de 2008 - Foto de Brocco]

 In Memoriam

Marcelino Camacho Abad [1918-2010]

Deixou-no o compañeiro Marcelino Camacho, combatente contra o alzamento militar-fascista, prisioneiro de guerra, obreiro metalúrxico, histórico sindicalista fundador das Comisións Obreiras, membro destacado do Partido Comunista de España, prisioneiro político nos anos da Ditadura, ... Marcelino xa forma parte da historia do movimento obreiro. Unha persoa boa, un militante obreiro, un resistente que creia na forza transformadora da Clase Obreira. Desde Ártabra 21 queremos rendir-lle unha pequena homenaxen e honrar a súa memoria.

Neste post publicamos dous interesantisimos artigos, un de Agustín Moreno que foi Secretario Confederal de Acción Sindical co propio Marcelino na Secretaria Xeral e outro do xornalista Isaac Rosa, sempre moi clarificador, a expresión audaz do pensamento colectivo desde a esquerda. E ao final un video de CCOO de homenaxen a Marcelino Camacho, realizado en Abril de 2008.

Por Agustín Moreno [*]
30.10.2010


Marcelino Camacho, a persoa

A figura de Marcelino Camacho como líder sindical de CCOO e como dirixente comunista é máis coñecida e está sendo glosada tras o seu falecemento: é un dos grandes protagonistas da Historia de España do último medio século, foi unha peza crave no rexurdir do movimento sindical tras a gran derrota da Guerra Civil. Tamén é coñecida a parte biográfica e a familiar, por ser unha persoa absolutamente transparente tanto nas súas ideas como na súa forma de vida.

Querería apuntar algúns trazos do rico prisma da súa personalidade. Personifica a mellor tradición obreira; historicamente foron os máis honestos, austeros, cualificados, sobrios, autodidactas e con maior conciencia de clase son os que organizan os sindicatos. Marcelino reunía estas calidades.

Dunha honestidade a proba de bombas, viviu case toda a súa vida nun pequeno pisito sen ascensor no barrio obreiro de Carabanchel, mantendo unha relación moi cordial coa veciñanza. El nunca buscou o enriquecemento ou o medro persoal. Por iso e pola súa solidez ideolóxica foi impermeable as loubanzas do poder, eses cantos de sirena que encandean e botan a perder a máis dun dirixente.

Era moi austero, vestía con modestia e son coñecidos aqueles xerséis de pescozo volto e cremallera que Josefina tecíalle para o cárcere; comía de forma frugal, nunca fumou e o máis forte que bebía era zume de limón como recordo das enfermidades que pasou en Alxeria. Fisicamente sempre se coidou, porque sabía que para facer a revolución hai que estar en forma e hai que durar, que a cousa ía para longo, andaba e non perdoaba a súa táboa de ximnasia ao amencer. Desde que tivo que abandonar a presidencia do sindicato en 1996, movia-se por Madrid no metro e os autobuses ou grazas a algúns compañeiros que lle achegabamos ás reunións ou manifestacións.

Bon traballador, aplicaba aquela máxima de "primeiro cumprir e logo reclamar". Fresador e axudante de enxeñeiro, ben valorado polos seus compañeiros e xefes na fábrica, estaba orgulloso da súa competencia profesional. Era unha persoa intelixente e moi lúcida. Formado pola súa conta e no cárcere, sempre lendo, subliñando, páxinas, interesado polos temas da actualidade. Nunca perdeu o norte, soubo orientar-se ante os cambios e sempre tivo claro que hai que apostar polos traballadores, pola clase obreira como suxeito histórico do cambio, xa que o mundo non está feito á medida dos máis débiles.

A súa gran forza é a das súas ideas e as súas conviccións. Mestre de obreiros, tiña moita forza cando explicaba as cousas, e estes sempre lle escoitaban con gran atención as súas análises globais e concretos, de didáctica insistente e apaixonada para intentar convencer. Nunca perseguiu a ningún discrepante, porque non os consideraba ningunha ameaza e porque sempre estivo moi sobrado de autoridade moral, tanto ante os amigos como ante os inimigos. De aí o seu talento para sumar e non para restar.

Como era unha figura tan coñecida e identificable polo seu aspecto e boa mata de pelo branco moitas persoas saudaban-lle e el paraba-se a dar-lles a man a todos (antes ao conserxe que ao ministro) e a conversar con eles; era un espectáculo ver-lle, armado de paciencia, intentando convencer ao seu interlocutor por afastado que estivese das súas ideas, porque sempre confiou na forza do diálogo.

Tivo unha gran capacidade de sacrificio ante os custos da súa loita (o cárcere, o despedimento, a marxinación). Por iso é mítico a súa coraxe e vontade de ferro para non render-se nin tirar a toalla nunca e seguir combatendo a desorde do sistema. Nas últimas semanas, desde a cama do hospital, seguía dicindo aos seus netos: "sempre adiante, hai que seguir loitando, se un cae-se hai que levantar-se".

Marcelino superou todas as probas ante as decisións difíciles, ao defender a independencia de CCOO en momentos craves como a tramitación do Estatuto dos Traballadores, a tarde-noite do 23 de febreiro de 1981 que compartimos nun comité de enlace coa UGT, ante a concertación social e en moitas outras ocasións.

Tiña un pensamento avanzado e arriscou en moitos campos. Recordo, por exemplo, ao ver a foto da primeira Executiva Confederal, a súa aposta valente pola mocidade e a renovación da dirección do sindicato. Era incrible que, a finais dos anos 70, rapaces de veintitantos anos compartísemos responsabilidades e traballásemos de xeito conxunto con alguén que para nós era xa un auténtico mito e que sería o noso mestre e un pai sindical e político.

Coherente cara a fóra e cara a dentro, foi fiel á súa clase e a si mesmo. Esixiu a democracia no país en plena ditadura e defendeu a democracia interna nas organizacións onde militou, con posicións libres aínda que quedase en minoría e iso tivese consecuencias. De entre a multitude de homenaxes e premios que recibiu, un dos que máis lle enorgullecían era o premio á Coherencia de Gardo. Premio que, como de coherencia se trata, compartía coa súa querida compañeira Josefina Samper.

Pero, sobre todo, Marcelino era bo. Resaltaba moi especialmente a súa calidade humana, que se expresa na bonhomía e nun carácter cariñoso. Sen doblez e sen rancor cara a ninguén, nin sequera cara aos poucos que non lle trataron ben. Tiña unha grandeza persoal que impresionaba e que el tapaba coa súa sinxeleza. Era capaz de preocupar-se polos demais, pola súa situación persoal, os seus sentimentos ou problemas. Ese Marcelino que en plena negociación do Acordo Nacional de Emprego chamaba a altas horas da noite para preocuparse pola otitis da miña filla e asesoraba sobre a aplicación de calor seca cunha lámpada e un cucurucho ou daba consellos a unha embarazada sobre as máis recentes técnicas do parto sen dor. Fíxense nas fotos: case sempre nos sorrí e a mirada franca é unha porta aberta. Amable e afable, non tiña un mal xesto e si palabras de ánimo, de felicitación e de condolencia en toda sorte de vodas, bautizos e funerais nos que sempre aparecía. Castelán vello era parco na expresión de sentimentos, pero nos últimos anos era máis pel que cabeza e desenvolveu unha gran capacidade de afectividad.

Fai uns anos levei a Marcelino ao instituto a Fuenlabrada e antes dixen-lles aos mozos: buscade-lle en Internet, no Larousse e cando veña aquí, se vedes a un avó apracible, non fagades caso das aparencias. Marcelino Camacho é importante, moi importante, aínda que non é rico, vive modestamente e hoxe non ten poder sindical nin político directo. Pero é un personaxe histórico e unha persoa indomable, que non se encartou nunca ante ninguén. Sólido e próximo, concreto e coa liña do horizonte na súa mirada, non lles defraudou. Aqueles poucos alumnos saben quen é Marcelino, pero se hoxe preguntámoslles a moitos outros non saberían quen era, aínda que quizá coñezan ao Che Guevara a Mandela e seguro que ás aliñacións dos equipos de fútbol.

Nestes momentos tristes hai que preguntarse que estamos ensinando? que país é aquel que non recoñece aos seus mellores homes? Marcelino sempre educou en valores e fixo-o co seu testemuño. A nós queda-nos o seu exemplo nestes tempos difíciles, onde ademais de referentes políticos necesitamos, sobre todo, referentes morais. Quizá por iso hoxe (personalidades aparte) quen viñeron a despedir-lle son traballadores e traballadoras, xubilados, parados, tamén novas, xentes do pobo chairo que quere dar-lle as grazas.

[*] Agustín Moreno, Foi o Secretario de Acción Sindical de CCOO entre os anos 1978 e 1996.

Por Isaac Rosa [*]
30.10.2010


Marcelino e Josefina non venderon o seu piso

"Nin nos domaron, nin nos dobraron nin nos van a domesticar. Sempre adiante e sempre á esquerda". -Marcelino Camacho, líder obreiro e comunista-

O vello e pequeno piso de Carabanchel onde Marcelino Camacho e Josefina Samper pasaron a súa vida debería quedar intacto, a modo de recordo. Pero non como unha casa-museo, que é o que algúns vían cando presentaban a Marcelino e Josefina como unha curiosidade zoológica, un anacronismo, dous vellos comunistas apertados nun pisito sen ascensor e que recibían en zapatillas e con café e madalenas.

Non é ese o valor do piso, nin o do propio Marcelino, que non era un avó cebolleta co que facerse fotos nin unha reliquia sentimental doutro século, senón un militante do montón, un activista incansable que ata onde lle chegaron as forzas seguiu asistindo á súa asemblea de barrio e ás manifestacións veciñais.

Intento dicir que, da mesma forma que os seus anos de liderado sindical e político son exemplares, non o foi menos a súa vida, a súa xubilación, a sinxeleza con que elixiu pasar os seus últimos anos, como demostración de que se podía seguir sendo de esquerda, obreiro e comunista de pensamento pero tamén de acción, ata no máis cotián.

Tanto nos anos do pelotazo como nos posteriores da burbulla, Marcelino non era un anacronismo, nin o último mohicano, senón un referente moral e político para quen quixese seguilo. Mentres moitos facían o conto da leiteira coas súas vivendas e celebraban o fin da clase obreira e o advenimiento da clase media universal, Marcelino non só seguía fiel ás súas ideas e conformábase co seu piso e a súa pensión, senón que ademais advertía, a quen quixese oírlle, que aquilo era pan para hoxe e fame para mañá, e que tras a festa viría a resaca, como así pasou.

Quen lle visitaban na súa casa non ían para facerse unha foto histórica nin por ver unha estampa entrañable doutra época, senón para cargar as reservas de dignidade, comprobando que outra vida era posible, e por suposto outro sindicalismo.

Onte encomiaban o seu combatividad sindical e a súa integridade política os mesmos que a diario cargan contra os folguistas e denigran o comunismo. Por iso hai que dicilo ben alto, sen protocolarias palabras de duelo: morreu un obreiro, un loitador, un comunista.

[*] Isaac Rosa (Sevilla, 1974) publicou as novelas A malamemoria (1999), posteriormente reelaborada en ¡Outra maldita novela sobre a guerra civil! (2007), O van onte (2004) e O país do medo (2008). Co van onte obtivo o Premio Rómulo Galegos, o Premio Ollo Crítico e o Premio Andalucía da Crítica, e foi levada ao cine por Andrés Linares co título da vida en vermello. A súa última novela, O país do medo, recibiu o Premio Fundación José Manuel Lara á mellor novela de 2008.

Os dous artigos tirados de: Público

Texto traducido, ao Galego, por Ártabra 21, apoiando-se nos recursos públicos de tecnoloxía lingüística desenvolvidos polo o Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo.  


Fonte: CCOO - Madrid - 9 de abril de 2008
_____________________

xoves, outubro 28, 2010

Masa Crítica Ferrol

Todos os últimos xoves de mes ás 20:15 na Praza do Inferniño, hai un encontro de persoas que conforman a Masa Crítica de Ferrol que se reunen baixo o lema "Pedalea todos os días, celébrao unha vez ao mes". Este non é un movimento aillado que se celebra só na nosa cidade, senon que en todo o mundo, centos de cidades teñen a súa masa crítica, un compromiso co medio ambiente, un compromiso cunha mobilidade sustentábel, un compromiso coa Terra.

Ainda que a concepción da masa crítica sexa conforme aos principios de horizontalidade e descentralización, na Galiza unha vez ao ano organiza-se a Masa Crítica Galega que este último ano, tivo lugar en Vigo o pasado 25 de Setembro.

Entre os obxectivos da Masa Crítica Galega destacan:
  • Divulgar e promover o uso da bicicleta como medio de transporte eficaz (barato, san, non contaminante e rápido).
  • Crear condicións favorables necesarias para o uso da bici como medio de transporte.
  • Promocionar e apoiar paralelamente outros medios de transporte alternativos ao coche privado, asi como promover a súa compatibilidade e complemetariedade coa bicicleta (ex. transporte público).
 Animádevos a participar na Masa Crítica de Ferrol

PEDALÉA TODOLOS DÍAS, CELÉBRAO UNHA VEZ AO MES

Masa Critica Ferrol
-masacriticaferrol@gmail.com-

Foro das masas críticas galegas


Índice dos Foros

Mais info en: www.bicis.info
______________________________

martes, outubro 26, 2010

Fundamentos e motivos que levaron, á Delegación de Ferrol da SGHN, a desvincularse do Manifesto dado a coñecer recentemente sobre o carbón e as térmicas por parte dun importante número de entidades ecoloxista

O pasado 17 de Outubro, Ártabra 21 publicou un recopilatorio comentado do posicionamento histórico sobre as centrais térmicas que queiman carbón que fixeron público un sector importante das organizacións ecoloxistas deste País, cun manifesto que denominaron “Dez razóns para pechar as térmicas de carbón”, tamén publicamos o posicionamento de ADEGA e o posicionamento particular da delegación comarcal da SGHN que se desvinculaba do manifesto de "Dez razóns ...". Agora esta Delegación de Ferrol quere facer público para fundamentar os motivos que a levaron a desvincular-se do Manifesto dado a coñecer recentemente sobre o carbón e as térmicas. Posicionamento que transcribimos a continuación.

Con respecto da polémica creada pola aprobación do chamado decreto do carbón, a Delegación de Ferrol da SGHN quere dar a coñecer a argumentación na que se basea a nosa postura.

Se o Estado Español quixese regular, e cremos que debera, o mercado (enerxético) en base á seguridade de garantía de subministración, tería que facelo empregando enerxías primarias renovables. Segundo datos aportados por Greenpeace, son as materias primas enerxéticas nas que o Estado Español é rico, e sería posible a curto-medio prazo acadar o obxectivo do subministro eléctrico baseado nas renovables.

Isto debera facerse no contexto dunha planificación a nivel estatal de cara a acadar o obxectivo do abastecemento enerxético a partir de renovables a curto-medio prazo de xeito progresivo.

Pola contra, o Decreto que se presenta provoca o efecto contrario ao desexado, chegando incluso a frear a tendencia das renovables e o gas a desprazar o carbón (autóctono ou importado). Precisamente é este o motivo que impulsa ao goberno español a protexer o carbón autóctono, xa que as nove empresas que vai reactivar estaban practicamente paralizadas pola competencia das renovables e máis do gas.

É absurdo utilizar o argumento de “interese estratéxico e garantía de subministro” desta materia prima, por que inicialmente este obxectivo tería que servir para subministrar a materia prima no momento que se necesita, ou sexa, nas circunstancias nas que non haxa abastecemento por outros medios. Polo tanto, carece de lóxica facer uso desas reservas no momento actual en que non hai problema ningún de subministración de materias primas.

O auténtico motivo sería librarse dos excedentes de carbón que non poden ser absorbidos polos produtores de enerxía. A forte redución da demanda de carbón autóctono débese, entre outras cousas, á importante contracción da demanda de electricidade e ao desenvolvemento doutras tecnoloxías de produción, sobre toda as renovables.

Pódese entón falar dunha decisión política encamiñada a favorecer un sector produtivo concreto. Serían decisións políticas que non teñen nada que ver coas motivacións que se declaran, que non teñen en conta o que van significar as axudas ao carbón autóctono en canto ao aumento de emisións de CO2, xa que a adxudicación no uso do carbón autóctono nunha porcentaxe do 15% da cantidade total de enerxía primaria significaría a substitución nalgunhas horas cada día dos ciclos combinados polo carbón autóctono.

Así se recolle no INFORME 29/2009 DE LA CNE SOBRE LA PROPUESTA DE REAL DECRETO POR EL QUE SE CREA EL PROCEDIMIENTO DE RESOLUCIÓN DE RESTRICCIONES POR GARANTÍA DE SUMINISTRO:

5.2 Impacto en el nivel de funcionamiento de las tecnologías

(…) De acuerdo con el balance eléctrico registrado en 2008 y el previsto de cierre de 2009, y teniendo en cuenta una relación de orden de mérito de carbón y del ciclo combinado en línea con la registrada en 2009, la producción esperada de carbón importado podría situarse en el entorno de los 25 TWh en 2010. De estos, unos 4,3 TWh tienen que resultar despachados necesariamente para resolver restricciones técnicas en la red3, por lo que el número de horas en las que sería necesario retirar ciclos combinados para incorporar la producción de 27 TWh de centrales de carbón autóctono podría ser significativo. (…)

Ademais, e segundo o mesmo organismo, “A rixidez do sistema impedirá en moitas horas do día a entrada das renovables”, considerando que aumentarán as emisións de CO2 como mínimo un 20%.

As modificacións que no sector da enerxía se van producir, como consecuencia da posta en marcha da nova normativa, pode determinar unha desestabilización no mercado do gas, introducindo cambios non desexados. A baixada da demanda vai producir unha alza nos prezos do gas, facéndoo menos competitivo con respecto a outras fontes de enerxía. Isto pode rebaixar a porcentaxe de utilización de gas para xerar electricidade, que na actualidade é de 24% fronte ao 13% do carbón autóctono ou importado e o 35% de enerxías renovables.

Por último, non debemos esquecer o que esta medida suporía no aumento de emisións de SO2 e NOx, mesmo fronte ás emisións de carbón importado, e non digamos fronte ao gas e as renovables.

As consecuencias destas medidas danarían enormemente ás economías das comarcas afectadas. Así, desprazarase a produción dunhas centrais a outras, e sen dar alternativas á problemática laboral que se orixina. Todo isto sen obter a cambio o beneficio da redución das emisión do sector, máis ben ao contrario, e sempre que sexan desprazadas as industrias con centrais con ciclo combinado ou renovables, significará un aumento das emisión de SO2, NOx e CO2, hipotecando o futuro, xa que a regulación na forma en que se articula no decreto provocará a ralentización do proceso cara a eliminación da produción de enerxía eléctrica a base de combustibles fósiles.

As empresas multinacionais que operan no sector pouco van sufrir estas medidas, xa que as que resulten desprazadas recibirán unha compensación económica en concepto de lucro cesante, calculado restando ao prezo de mercado o custe dos combustibles e dos dereitos de emisión de CO2.

Cremos imprescindible conxugar as nosas análises, baseadas na protección ambiental, con outros criterios centrados nos intereses sociais, sempre que isto sexa posible. Para elo faise tamén necesario un compromiso dos distintos sectores sociais cos intereses medio ambientais, xa que todos e todas navegamos no mesmo barco e xa chegou o tempo de conseguir esta harmonización. Non queda outra!

Sociedade Galega de Historia Natural
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de Ferrol
Apartado de Correos n1 356 ; 15480 FERROL (A Coruña)
Tfno. (24 horas) e fax 981 35 28 20
mobil 616 388 935
web: http://www.sghn.org
correo-e: sghnferrol@terra.es
Blog da Delegación de Ferrol:
http://sghnferrol.blogspot.com

________________________

Avanzan as denuncias contra Reganosa no Parlamento Europeo

A Comisón de Peticións do Parlamento Europeo, en sesión celebrada onte 25 de outubro, acordou seguir tramitando a denuncia contra a ilegal e perigosa Planta de Gas de Reganosa, que fora presentada por Esquerda Unida, e que foi defendida nesta sesión polo eurodeputado de EU, Willy Meyer, do Grupo Confederal Esquerda Europea e vicepresidente da citada Comisión de Peticións.

Segue tamén o seu trámite, na Comisión Europea, outra denuncia (Refª: Ayudas de Estado-CP 309/2007, de 29.10.07 e alegacións complementarias posteriores) ante a Dirección General de la Competencia, presentada pola A. VV. O Cruceiro de Mehá e a Federación Veciñal “Roi Xordo”.

Confiando que o esforzo permanente de oposición da cidadanía e a xustiza (tal como ten confirmado en varias sentenzas o noso Tribunal Superior) acaben co perigo e o despilfarro económico a que esta Planta de Gas nos somete, proseguiremos na nosa demanda, como hai más de unha década vimos facendo:

¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!
 

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
comitecidadan@gmail.com
26 de outubro de 2010 19:15
_____________________

Enlces relacionados:

Ártabra 21: A denuncia do Comité Cidadán contra Reganosa na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo segue aberta

Ártabra 21: O Comité de Peticións do Parlamento Europeo vai tratar o vindeiro 25 de Outubro a denuncia contra Reganosa, presentada polo Comité Cidadán en Novembro de 2007

 


___________________

Acto de homenaxe ás vitimas da represión do campo de concentración de Cedeira [1937] - Venres 29 e Sábado 30 de Outubro de 2010

Homenaxe aos represaliados da ditadura en Cedeira
Homenaxe aos represaliados en Cedeira

Organizado polas asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, coa colaboración do Concello de Cedeira e do Principado de Asturias.

Venres 29 de Outubro, ás 20.00 horas na Casa de Cultura de Cedeira Conferencia coloquio sobre o Campo de Concentración de Cedeira e a Fosa de Vilarrube, a cargo de Enrique Barrera Beitia.

Sábado 30 de Outubro ás 12.00 horas, no Paseo Marítimo de Cedeira, no lugar onde estaba instalado o campo de concentración (a Revolta), procederase á inauguración dun monolito cunha placa. Esperamos a chegada de familiares de presos do campo, especialmente desde Asturias.

Posteriormente – debido a que se prevé mal tempo- trasladarémonos á Casa de Cultura de Cedeira, onde intervirán:
  • Presidente da Asociación Fuco Buxán.
  • Presidente da Asociación Memoria Histórica Democrática.
  • Representante dos presos (Octavio Cabezas Moro).
  • Alcalde de Cedeira (José Luís Vergara)
  • Presidente do Principado de Asturias (Vicente Álvarez Areces).
Actuacións de grupos de música e coros de Cedeira que interpretarán temas alusivos ao acontecemento (himnos da República, de Galicia e de Asturias). Tamén se fará unha homenaxe a última corporación municipal de Cedeira – asasinada polos sublevados - e aos demais veciños de Cedeira igualmente asasinados.

Este día 30, se hai suficiente xente, fletaríase un bus desde Ferrol.

(Reservas ao teléfono: 660.571.291 – Enrique Barrera).


fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán
-fucobuxan@yahoo.es-
25 de outubro de 2010 14:45
__________________________

A denuncia do Comité Cidadán contra Reganosa na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo segue aberta

Comunicado do Consello Comarcal de Esquerda Unida sobre Reganosa

ESQUERDA UNIDA AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN POLA DECISIÓN DA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO DE MANTER ABERTO O CASO DA PLANTA DE GAS DE REGANOSA

A INTERVENCIÓN DO NOSO GRUPO PARLAMENTAR EUROPEO AMOSOUSE DECISIVA PARA MANTER ABERTA A CAUSA DA RAZÓN E DA XUSTIZA, O NON Á PLANTA DE GAS

ESQUERDA UNIDA QUERE AGRADECER E SALIENTAR A ESTREITA COLABORACIÓN DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA Á HORA DE SUMAR ESFORZOS PARA CONVENCER Á COMISIÓN DE PETICIÓNS

Nunha primeira valoración de urxencia o Consello comarcal de Esquerda Unida felicítase polo resultado do debate celebrado no Comité de Peticións do Parlamento Europeo, onte día 25, de resultas do cal o caso da planta de gas de Reganosa e o seu emprazamento queda aberto. Desbótase polo tanto o arquivo do caso, arelado polos intereses empresariais e as connivencias políticas que obsecuentemente aceptan unha instalación ilegal e perigosa, que suma xa tres sentenzas dos tribunais contrarias.

A nosa organización destaca o traballo desenvolvido polo noso Grupo Parlamentar europeo para defender e sumar apoios de cara ao mantemento do caso na instancia europea. O eurodeputado de Esquerda Unida, Willy Meyer, realizou outra vez un bo traballo en defensa dos intereses da cidadanía de Ferrolterra, que suma outra esperanza na súa loita cidadá a prol da legalidade e da seguridade, en suma da xustiza.

Cómpre salientar e agradecer a colaboración, que sempre resulta fundamental para facer avanzar a causa da xustiza e da legalidade no que atinxe á planta de gas, do Comité Cidadán de Emerxencia, que achegou traballo e argumentos a prol da decisión finalmente adoptado.

A situación dunha planta de gas superflua e deficitaria, ilegal e perigosa, ten que rematar co triunfo da rebeldía cívica que máis de 60 colectivos e asociacións alimentan hai un decenio de loitas e argumentos. Os moitos millóns de euros que nos custa a planta á cidadanía ao través das bonificacións estatais e no último período incluso de cartos da Xunta de Galicia para frear a saídas das caixas do seu accionariado, ten que finalizar. A decisión do Comité de Peticións do Parlamento Europeo é un novo alento a todas e todos os que na nosa bisbarra e no país traballan e soñan co final do pesadelo, de Reganosa.

Ferrol, martes 26 de outubro de 2010
Consello Comarcal de Esquerda Unida

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
26 de outubro de 2010 15:51

Prezad@s amig@s: achegamos un comunicado do Consello Comarcal de EU, cunha primeira valoración de urxencia, felicítandonos do resultado do debate sobre Reganosa na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo que decidiu continuar co caso Reganosa. Un saúdo, Ramiro Marier
_______________________

Enlces relacionados:

Ártabra 21: O Comité de Peticións do Parlamento Europeo vai tratar o vindeiro 25 de Outubro a denuncia contra Reganosa, presentada polo Comité Cidadán en Novembro de 2007

 


____________________________

luns, outubro 25, 2010

Wikileaks e o silencio de Obama

Onte, o viceprimeiro ministro británico, Lick Clegg, recoñeceu a necesidade de investigar os crimes de guerra perpetrados polas forzas occidentais que invadiron, destruíron e ocuparon Iraq, e que foron revelados dous días antes polo portal Wikileaks, o cal deu a coñecer centos de miles de informes militares que documentan masacres, asasinatos, torturas e outra infinidade de atropelos cometidos polos agresores occidentais.

Tal recoñecemento súmase aos señalamientos da Relatoría da ONU sobre a Tortura, Amnistía Internacional e outras instancias internacionais de dereitos humanos, e contrasta coas destempladas e equívocas reaccións do goberno estadunidense: a secretaria de Estado do gabinete de Barack Obama, Hillary Clinton, reaccionou ás revelacións coma se traballase para o ex presidente George W. Bush, responsable principal do xenocidio perpetrado en Iraq: caracterizando a difusión dos documentos militares por Wikileaks como "un perigo para as vidas de estadunidenses e os seus aliados" e ameazan con perseguir xudicialmente a calquera publicación "que ameace a nosa seguridade ou a seguridade nacional daqueles cos que traballamos". Pola súa banda, Dave Lapan, voceiro do Departamento de Defensa, dixo que a difusión dos arquivos podía implicar "unha ameaza para (nosos) soldados ou para os iraquís que colaboraron connosco".

O actual mandatario estadunidense gardou ata agora un silencio inxustificable, tendo en conta da gravidade das revelacións: en efecto, os informes dados a coñecer por Wikileaks obrigan a ver a incursión militar estadunidense en Iraq desde a perspectiva que o poder público de Wáshington sempre negou: a dun exterminio deliberado, programado e sostido de iraquís por varios métodos: desde o asasinato de combatentes que xa se renderon ata a tortura masiva nos cárceres controlados polo Pentágono, pasando pola eliminación de sospeitosos en postos de control.

Para maior vergoña, os papeis do Pentágono documentan a negativa a investigar os atropelos cometidos polas forzas propias e polos seus subordinados locais, e reflicten unha política de ocultamiento de información por parte das autoridades estadunidenses e inglesas, as cales, durante máis dun lustro, viñeran sostendo que carecían de cifras sobre as "baixas colaterais", é dicir, os non combatentes mortos no contexto da invasión e a ocupación do infortunado país árabe. A información divulgada, con todo, mostra que os gobernos de Wáshington e Londres posuían datos precisos que arroxan un total de máis de 100 mil mortes causadas desde o inicio da agresión bélica (2003) ata 2009, e que máis de 60 por cento delas corresponden a civís non combatentes.

Ante tales evidencias, os actuais gobernos de Wáshington, Londres e Madrid terían que emprender sendas investigacións dos principais responsables políticos da carnicería perpetrada en Iraq polas súas forzas militares "ás que se sumaron as doutras potencias menores e ata as dalgúns países subdesarrollados" e procurar o castigo dos culpables de acordo coas leis nacionais e internacionais. Doutra forma, ratificarase a hipocrisía das potencias occidentais en materia de respecto á legalidade: defensoras da orde mundial e dos dereitos humanos cando os atropelos son labores por outros gobernos, e encubridoras dos seus propios criminais. Con esa dobre moral, e por crimes menos graves e numerosos que os que cometeu o goberno de Bush en Iraq, Estados Unidos e os seus aliados europeos levaron a diversos ex gobernantes e políticos de países pequenos ante tribunais de guerra e executáronos ou condenado a severas penas de cárcere. Paradoxalmente, tal foi o caso do propio Saddam Hussein e de boa parte dos seus colaboradores.

No inmediato, quen debe dar o primeiro paso é Barack Obama. Se no círculo que o rodea aínda queda un vestixio de intención renovadora, a Casa Branca tería que cambiar de enfoque ante a evidencia do xenocidio en Iraq e, no canto de condenar a difusión dos documentos que o proban, acusar penalmente a George W. Bush, Dick Cheney, Condoleezza Rice e demais involucrados nesa barbarie.

Editorial publicada no xornal mexicano "La Jornada" - 25.10.2010

Enlace relacionado:

http://wikileaks.org/
______________________

Outras novas relacionadas:

Ártabra 21: WikiLeaks publica ’diário’ da guerra do Afeganistão

Ártabra 21: Acusan a un analista do Exército estadounidense no caso de Wikileaks: de filtrar un vídeo e documentos clasificados ao sitio web de denuncia


Ártabra 21: Un vídeo clasificado que mostra o asasinato de polo menos 12 persoas desde un helicóptero militar de Estados Unidos

_______________________________

Protesta e denuncia pola entrada na Ría do "LNG Lokoja" con gas natural licuado para Reganosa - O Comité Cidadán denuncia, nun comunicado público, a utilización de máis millóns de euros das arcas públicas para o despropósito gasítico perigoso e innecesario

[Para entrar na Galería de Diapositivos, clicar acima da imaxe]

Este Sábado 23 de Outubro, a Praza Amada García -diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, foi o escenario dunha nova acción de protesta e denuncia, convocada polo Comité Cidadán, pola entrada na Ría do "LNG Lokoja". Cargado, este, con miles de toneladas de gas natural licuado -GNL-LNG- para a ilegal e perigosa Reganosa. Este buque fixo o 77 que entra na nosa Ría, aumentando unha vez máis o potencial perigo que representa un buque destas características navegando pola bocana da Ría e atravesando o sinuoso, longo, estreito, de pouco calado e fondo rochoso canle, para despois pasar 24 horas descargando no pantalán do porto de Punta Promontorio, no concello de Mugardos. Descargando nunha planta regasificadora encostada a un complexo químico que almacena miles de toneladas de produtos tóxicos e perigosos, xunto a unha fábrica de colas e unha planta de coxeneración eléctrica que utiliza fuel como combustíbel, ... todo un despropósito que non sería posíbel sen a complicidade política e institucional dun poder corrupto e codicioso.

O “LNG Lokoja”, ten unha capacidade de carga de 148.300 m³, polo que unha vez máis un buque gaseiro supera á capacidade permitida dos considerados grandes buques que poden entrar na Ría de Ferrol que son segundo as normas en vigor [*], os dunha capacidade de carga inferior a 140.000 m³.

Por outra banda o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, denunciou, a través dun comunicado público, a utilización de máis millóns de euros das arcas públicas, do diñeiro de tod@s, para o despropósito gasítico perigoso e innecesario que representra Reganosa. Baixo o titulo de "Reganosa pode-nos saír ben cara", o citado Comité quere denunciar ante a cidadnía o despilfarro de cartos públicos, nun negocio que só beneficia a uns poucos e pon en perigo ao conxunto das persoas que vivimos e traballamos noa contorna da Ría.


O Comité Cidadán de Emerxencia fai público o seguinte comunicado:

REGANOSA PÓDENOS SAÍR BEN CARA

A Xunta de Galicia vai desembolsar 7 millóns de euros que xunto aos 5 millóns aportados nos anos anteriores suman un total de 12 millóns de euros de cartos públicos invertidos nunha empresa privada e que ten o futuro seriamente comprometido polas seguintes cuestións:

1. Inseguridade xurídica.

Recordemos que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou dúas sentencias en contra da tramitación ambiental seguida por Reganosa. A falta do estudio de impacto ambiental foi a causa determinante de estas sentencias. Catro anos despois aínda están pendentes de resolución os recursos que Reganosa presentou no Tribunal Supremo de Madrid.

Máis recentemente, no ano 2009, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulaba as modificacións realizadas no Plan Xeral de Ordenación Urbana de Mugardos e que facilitaron a instalación de Reganosa en Punta Promontorio.

Reganosa ten outros 8 pleitos pendentes de resolver. ……………

2. Incerteza sobre as retribucións que percibirá do sistema gasista.

Estás retribucións son os únicos ingresos de Reganosa, e os acada, independentemente da produtividade que teña a instalación. Cobraría as mesmas cantidades aínda que non regasificara un litro de gas. Dende hai uns meses o goberno do Estado está deseñando unha nova planificación enerxética que podería afectar negativamente a Reganosa .

O abastecemento de gas a Galicia está garantido. Actualmente xa existe o gasoducto de Tui-Llaneras que ten unha capacidade superior en 2,5 veces a produción actual de REGANOSA.

3. Elevado déficit e alto custo de financiamento.

Reganosa construíuse e iniciou o funcionamento no ano 2007, cun crédito de máis de 370 millóns de euros. O crédito foi facilitado aos promotores por un grupo de bancos BBVA e CAIXA GALICIA, RBS e outros. A amortización de este crédito e o pago dos intereses supón un importante lastre para Reganosa que debe amortizar anualmente 20 millóns de euros e pagar xuros por un importe de 12 millóns de euros.

4. Perdida do Control da Empresa.

O verdadeiro control de esta empresa está polo tanto nas mans dos bancos crediticios, que o exercen a través das numerosas garantías que Reganosa lles tivo que outorgar.

Reganosa, debido a esta situación, ten limitadas: a capacidade de endebedamento, a capacidade de gasto e incluso o reparto de beneficios no caso que os houbese.

Débese ter en conta que entre os numerosos avales entregados aos bancos crediticios incluíuse o dereito de prenda sobre as accións dos socios – entre elas as de ENDESA, CAIXA GALICIA, CAIXA NOVA E BANCO PASTOR – que agora están á venda.

Os bancos crediticios polo tanto, poderían obrigar a amortizar adiantadamente parte do crédito, co diñeiro que pagase un terceiro pola titularidade destas accións.

Aquí temos o papel da Xunta de Galicia: compra as accións co noso diñeiro, garante que as tremendas ganancias dos bancos se perpetúen ante un inminente risco da perda do negocio, e de paso, a Xunta contribúe a que o gas natural nos saia algo máis caro a tod@s os consumidor@s.

Resulta asombrosa a sensibilidade da Xunta ante a mínima percepción de risco por parte da banca e a inmediata resposta con cargo aos cartos públicos. O verdadeiro perigo que mantén ameazada a poboación, e a contínua destrución da ría de Ferrol, deben seguir esperando.

Reganosa pódenos saír ben cara.

Ferrol a 22 de Outubro de 2010

[*] "Normas de Seguridade para a entrada, atraque, desatraque e saída de grandes buques gaseiros na Ría de Ferrol", acordadas o 27 de Abril de 2007, pola Capitanía Marítima de Ferrol - Dirección Xeral de Mariña Mercante - Secretaría Xeral de Transporte [Normas ás que se pode acceder através da web da Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao].
___________________________

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



______________________________