martes, novembro 09, 2010

Ferrol co Pobo Saharauí - Últimas noticias do conflito

Como en toda Galiza e en moitos outros paises do mundo, Ferrol Terra amosou a súa solidariedade co Pobo Saharauí, cunha concentración realizada na Praza do Concello, ás 8 da Tarde. Un representante leu un comunicado unitario de varios colectivos e organizacións, onde se denunciadaba a agresión marroquina co brutal desaloxo do campamento da resistencia Gdeim Izik e posteriormente no El Aiún.

Unha importante e activa representación saharauí agradeceu a solidariedade, amosada e pedia unha implicación das autoridades españolas para parar a masacre que se estaba producindo no territorio ocupado, com moitas persoas mortas, máis dun cento de feridas e outros centos máis de detidas. Unha forte represión casa por casa esta-se aplicando no El Aiún.

[Para acceder á Galería de Diapositivos clicar acima da imaxe]

Fonte: http://picasaweb.google.com/fucobuxan2
Galería Fotográfica de Susete'70

Máis Información:

http://www.spsrasd.info/es/main3s.php

http://www.youtube.com/user/resistenciasaharaui#p/u

______________________

Enlaces de interese:
__________________________

Últimas noticias ofertadas por Sahara Press Service:

SAHARA OCCIDENTAL/ MARROCOS/ XENOCIDIO
Persecucións contra cidadáns saharauís no Aiún ocupado

El Aiún (Territorios Ocupados), 09/11/2010 (SPS).- O exército marroquí, a policía e as Forzas Auxiliares, están nestes momentos, reprimindo con extrema violencia á poboación civil saharauí, segundo informou o Ministerio dos Territorios Ocupados e as Comunidades no Exterior.

Segundo a mesma fonte, as persecucións de cidadáns saharauís que participan en manifestacións sucédense nas rúas principais como Avenida Smara, rúa Bucraa, fronte ao hotel Nagjir onde se hospeda a MINURSO e nos barrios Mattalla e Skeikima.

A poboación saharauí está sendo atacada con gases lacrimóxenos mentres a policía, do mesmo xeito que fixese ao longo de toda a noite de onte, preparan aos colonos nestes barrios para que ataquen aos cidadáns saharauís, precisa o Ministerio.

Os enfrontamentos ao longo de toda a mañá deron como resultado decenas de detidos nos barrios de Duirat e o Awda. O exército está achandando vivendas dos cidadáns saharauís.

Igualmente, informa que ondas de "colonos", que en realidade son policías vestidos de civil -máis de sete mil ... colonos - policías- foran establecidos desde o 2005 na cidade para atacar en calquera momento, interveñen nesta brutal agresión. (SPS)

085/090/000 090910 NOV 11 SPS

Fonte: spsrasd.info
______________________

Solidariedade da CIG Aministración - Ferrol co persoal do "Terra de Ferrol" - "Souto de Leixa" e alerta sobre a vaga de privatizacións desenvolvidas e na axenda do Partido Popular

A Executiva comarcal de CIG Administración Pública de Ferrol quere mostrar a súa solidariedade e apoio á loita dos traballadores e traballadoras do Centro de Educación Especial Terra de Ferrol, contra a privatización e pala defensa dos seus postos de traballo.

Tomamos a decisión de enviar aos nosos servizos xurídicos a Orde do día 29 de outubro na que se contrata a xestión da atención residencial e diurna para persoas con discapacidade intelectual. Unha orde de tramitación urxente, con prazos mínimos e sen garantía provisoria, que ten toda a aparencia de encubrir a concesión a unha empresa privada amiga para que faga o negocio co futuro dos nosos discapacitados/as.

Asistimos á apropiación polo empresa privada dun espazo e usos públicos no que o Partido Popular dá un paso cualitativo e pasa a mans privadas a parte asistencial das persoas discapacitadas maiores de 21 anos, e deixa sen ocupación aos empregados/as públicos.

É o mesmo caso que se anuncia para as oficinas do Igape no estranxeiro, cedidas a unha asociación patronal ou, na nosa cidade, as instalacións da casa do Mar, cedidas a unha asociación asistencial.

Estamos diante dunha actitude de eliminación permanente de servizos públicos e de converter a actividade que se estaba a desenvolver desde a Administración nun negocio. Así se fixo co servizo de comedores escolares, despedindo a traballadoras/es eventuais, ofrecendo o negocio a 'catterings' privados e abandonando a poboación escolar de Moeche, As Somozas, Cerdido, Mañón e outros concellos da nasa comarca; negándose a cubrir as demandas dos pais e nais do Colexio Atios de Valdoviño, a pesar de ter un posto de traballo creado e a unha traballadora sen posto asignado, nunha manifestación de malgasto da fondos públicos.

Os traballadores e traballadoras do Terra da Ferrol teñen todos os motivos do mundo para estaren preocupados pola súa estabilidade e o seu futuro laboral, vendo como esta Administración decide trasladar con carácter forzoso ao persoal de cociña saltándose o previsto no Convenio e actuando nos organismos sen ningún ánimo negociador, impoñendo a súa vontade. As consecuencias legais de todo isto veranse no futuro.

O Partido Popular ten atopado a fórmula para desmantelar os servizos públicos, con unha estratexia que desde logo non ten nada de oculta. A paralización de toda a administración autonómica é palpábel, non hai máis que ver o DOG, convertido día a día nun raquítico boletín que volve ter contidos mínimos que non se daban desde os primeiros anos 80, ao principio da autonomía. Logo, cunha hábil campaña a través de algúns medios amigos, minusvalorízase o público e véndese a idea de privatizar. Por último, aparecen empresas xestoras cuxas características e fins podemos ver en sumarios coma o Gürtel.

En Ferrol temos casos escandalosos, como que as persoas que solicitan unha minusvalía teñen que agardar máis de 18 meses para ser atendidas, con só un equipo de valoración para máis de 150.000 persoas (a media son de 6 a 9 meses de espera no resto de Galiza). Hai servizos que non dan chegado á cidade aínda que necesitarían unha dotación mínima. Pola contra, vanse gastar 600,000 € en reformas interiores dun edificio, o da Xunta de Galiza na cidade, que ten menos de dez anos de funcionamento.

Agora cedemos para o negocio privado a atención ás persoas discapacitadas psíquicas. A mentira e o engano preceden tamén a este atropelo. O mesmo Diego Calvo, en entrevista con este sindicato ao principio do seu mandato, asegurábanos que, en todo caso, as privatizacións nunca afectarían a centros e instalacións existentes.

Todo indica que o seguinte obxectivo da especulación vai ser o centro de maiores de Caranza. É necesario, pois, a unidade dentro dos colectivos laborais e ampla difusión entre a cidadanía do que nos estamos a xogar.

Esther Leira Penabad

Secretaria Comarcal de CIG-Administración

09.11.2010

Fonte: Avantar
____________________________

luns, novembro 08, 2010

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol reune-se o Martes 16 de Novembro en Esteiro

Convocatoria de xuntanza a tódalas entidades que compoñen a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, está integrada na Plataforma Galega: SOS Sanidade Pública que convoca unha manifestación en Compostela para o vindeiro domingo 21 de Novembro ás 12 do mediodía desde a Alameda.

Na páxina http://www.sos-sanidadepublica.org/ podedes adherirvos ó manifesto da plataforma, tanto a nivel individual como das cincuenta entidades que conformamos a Plataforma de Ferrol.

Para ultimar os detalles da manifestación de Compostela, no referente ós autobuses gratuítos que se van poñer por parte de varios Concellos da Comarca e outros temas complementarios, así como para informar de como está a situación da Sanidade Pública na Comarca, listas de espera, orzamentos da Xunta no referente a Ferrol, etc

CONVOCAMOS unha xuntanza de tódalas entidades que compoñen a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol para o martes día 16 de novembro ás 18 horas no local da AV de Esteiro en Ferrol.

Asdo./Salustiano Gómez e Xosé Miguel López.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Enviado por:
plataformaDSPferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
1 de janeiro de 2002 00:45
_________________________

Autobuses para a manifestación desde Ferrol e Comarca

Haberá servizo de autobuses de balde desde distintos puntos da comarca para acudir á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o vindeiro día 21 de novembro en Santiago, con saída ás 12 horas da Alameda contra a privatización e na defensa e mellora da Sanidade Pública.

ANOTARSE ANTES DO 18 DE NOVEMBRO NOS TELÉFONOS:
      • A CAPELA 670264501
      • ARES 650853471
      • AS PONTES 670264501
      • CARIÑO 607345072
      • CEDEIRA 606173418
      • FENE 607345072
      • FERROL 670264501
      • MUGARDOS 606168573
      • NARÓN 881106800
      • SAN SADURNIÑO 670853535
____________________________

Situación no Sahara Ocidental despois da agresión do Reino de Marrocos - Interesantes documentos audio-visuais

SAHARA OCCIDENTAL / ONU / MARROCOS / DD HH
O Presidente da RASD pide á ONU o envío dun dispositivo de seguridade para a protección dos civís saharauís
Bir Lehlu (Territorios Liberados), 08/11/2010 (SPS).- O Presidente da República Árabe Saharauí Democrática (RASD), Mohamed Abdelaziz, pediu hoxe ao secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, o envío dun dispositivo de seguridade para a protección dos civís saharauís nos territorios ocupados do Sahara Occidental.

"Pedimos de forma urxente o envío dun dispositivo de seguridade da ONU ao Aiún ocupado, dentro das responsabilidades da Organización Internacional no Sahara Occidental, un territorio que aínda non goza do dereito á autodeterminación, para asegurar a protección e seguridade das vidas e dereitos dos cidadáns saharauís ante a brutalidade e violencia das forzas de ocupación marroquís", escribiu o Presidente Mohamed Abdelaziz na súa misiva a Ban.

"A situación na cidade ocupada do Aiún é moi perigosa, e pode conducir a graves consecuencias", sinala o Presidente saharauí, quen recorda que este crime "atroz" ocorre en presenza das Nacións Unidas no territorio, representada na súa misión para organizar o referendo no Sahara Occidental, MINURSO.

Igualmente, o Presidente Mohamed Abdelaziz solicita ao Secretario Xeral "o envío dunha misión da ONU de investigación ao Aiún para esclarecer estes crimes que aínda están en curso". (SPS)

085/090/000 080930 NOV 10 SPS

SAHARA OCCIDENTAL / ONU / MARROCOS / DD HH
A delegación saharauí en Manhasset pide á ONU o envío dunha misión de investigación ao Sahara Occidental

Chahid O Hafed, 08/11/2010 (SPS).- A delegación da Fronte Polisario en Manhasset (EEUU), pediu hoxe ás Nacións Unidas tomar as medidas adecuadas, a través do envío dunha misión de investigación para arroxar luz sobre as "atrocidades" cometidas pola ocupación marroquí en ausencia dos observadores e a prensa internacional.

Nunha declaración, o ministro de Relacións Exteriores da RASD, Mohamed Salem Ould indica que a delegación da Fronte Polisario nas negociacións informais previstas para hoxe segue con gran atención os "sanguentos" acontecementos que están tendo lugar os territorios ocupados do Sahara Occidental e especialmente a cidade do Aiún.

"A delegación expresou ao enviado persoal do Secretario Xeral da ONU para o Sahara Occidental, Christopher Ross, a súa firme condena a esta masacre perpetrada por Marrocos no campamento Gdeim Izik e que socava a confianza nas negociacións e desacredita a presenza das Nacións Unidas no territorio", agrega.

Por iso a delegación confirmou, segundo o responsable da diplomacia saharauí, que as negociacións non comezaron aínda e que sen dúbida "non poden avanzar en circunstancias tan graves e que a responsabilidade recae sobre Marrocos". (SPS)

085/090/000 080930 NOV 10 SPS

Intifada no Al Aaiún hai unhas horas








Máis info nas fontes:

http://www.youtube.com/user/resistenciasaharaui#p/u

http://www.spsrasd.info/es/main3s.php
______________________

Enlaces de interese:

__________________________

Golpista ecuatoriano visita Galiza

Por Lupe Ces Rioboo
07.11.2010

Às vezes, vemos tam lonxe os procesos políticos doutros países, que semella que están aí só para observa-los, e que nom nos é chamado participar neles. Mas as circunstancias fam que por minutos, a solidariedade e o compromiso sejam um chamado na túa porta e devas decidir se entras ou nom nesses procesos, e ves com claridade que o silenzo fai-che cúmplice. Este é o caso da presenza na Galiza do ecuatoriano Luis Villacís Maldonado, pertencente ao Movimento Popular Democrático do Ecuador (MPD), convidado pola organizaçom "MCB-Capítulo Galiza", vinculada às organizacións independentistas Primeira Linha e Nós-UP, e que vai protagonizar um acto político no Centro Social "A gentalha do Pichel" da cidade de Compostela o próximo dia 11 de Novembro.

Luis Villacís Maldonado apoiou o intento de golpe de estado contra o Presidente Rafael Correa do pasado 30 de Setembro. As intençons para vir ao nosso país para mim som claras. Pretende, baixo o paraugas de forças de esquerdas, adoctrinar à gente mais nova, com inquietudes revolucionarias, em contra dos procesos transformadores que estam a levar a cabo os países do ALBA, aos quais pertence Ecuador por decissom do governo de Rafael Correa, que mantem umha posiçom claramente antimperialista e conta co apoio de amplos sectores populares da sociedade ecuatoriana como som o Partido Comunista do Ecuador, a Juventude Comunista do Ecuador, Confederaçom de Trabalhadores do Ecuador, Confederaçom de Povos e Organizaçons Campesinas Indígenas do Ecuador, Frente Unido de Mulheres e Federación Ecuatoriana de Indígenas.

Este adoutrinamento permitirá que novos intentos de derrocar as políticas antimperialistas dos governos do ALBA, agora via golpes de estado, como o que triunfou em Honduras, nom encontrem a solidariedade internacionalista que se precisa nestes momentos onde as forças do capitalismo concentram os seus esforços em afogar qualquer alternativa que o questione.

Nom se trata de limitar o direito à crítica política, que é necesária e seguramente justa em muitos aspectos, ao actual governo de Ecuador. Tráta-se de desenmascarar a quem desde supostas posiçons de esquerdas, apoiam golpes de estado que servem a intereses oligárquicos e imperialistas, que vem ameaçados os seus privilegios, por governos revolucionarios que em América Latina estám construindo alternativas ao neoliberalismo, que si demostra estar nos seus dominios na velha Europa das liberdades e dos direitos.

É hora de preguntar-se quem apoia a gira europea desta pessoa, quem lhe dá acobilho na Galiza, quais som os poderes e a ideologia que sae reforçada deste agir político; que poderes estám detrás do obxectivo de derrocar ao governo de Rafael Correa? É hora de perguntar-se e denunciar.

Nestes enlaces achega-se informaçom:
--
Blogue pessoal:
http://lupeces.blogspot.com/


Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
8 de novembro de 2010 00:28
____________

O goberno de Corea do Sur, deporta á compañeira delegada da Marcha Mundial das Mulleres en Filipinas á acción dos pobos contra o G-20

Ás vésperas do Cume do G20

Seoul deporta a máis unha activista Anti-G20

MANILA -07.11.2010 - A pesar da ameaza de detención e deportación, Joanna Bernice -Nice- Coronacion, de 22 anos de idade, valentemente viaxou até Corea do Sur para intentar entrar no país e participar nas actividades da Acción colectiva dos pobos contra o G20. Ela foi invitada por Korea Women's Alliance (KWA), como representante de organizacións de traballadoras e como delegada da Marcha Mundial das Mulleres (MMM) - Filipinas

Coronacion, que tamén é a Coordinadora Nacional de Alliance of Progressive Labor (APL) - Mocidade, non saíu do aeroporto de Incheon. Tres horas despois do momento da aterraxe do seu voo, Jean Enríquez, Coordinadora da MMM-Filipinas mantiven comunicación con Young Soon de KWA que esperaba por Coronacion no aeroporto. A suposición de Enriquez é que fixeron subir a Coronación ao voo 8PM de regreso a Manila, como foi feito a Josua Mata, secretario xeral do APL, e a catro outras persoas no día anterior.

"A Young Soon o oficial da inmigración informou que seguían entrevistando Nice, e nunca contestaba o teléfono a pesar da nosa insistencia", dixo Jean Enríquez, coordinadora da MMM-Filipinas. À as 8:20 P.M., Enríquez recibiu unha chamada de KWA pois finalmente o oficial da inmigración informou que Nice estaba no voo 8PM a Manila vía Korean Airlines. Esperase que chegue à NAIA à as 11 PM esta noite.

Coronacion debería falar sobre o impacto do neoliberalismo na vida das mulleres traballadores nos talleres que integran a Acción pola xustiza do xénero nos días 8 e 10 de Novembro, así como participar na acción da protesta no próximo 11, diante do cume do G20.

"O goberno surcoreano e os gobernos do G20 presentaron-se non só como violadores dos dereitos económicos, pero tamén do dereito político", Enríquez afirma indignada. "Se hai alguén que ten que ser detido, estos deben ser os líderes do G20 que intentan reanimar un modelo de desenvolvimento que non funciona e que levou á crise global", Mata agregou.

A acción colectiva dos pobos contra o G20 - Filipinas realizará unha protesta luns, 8 de Novembro, diante da embaixada surcoreana en Manila.

7 de Novembro de 2010

Persoas de contacto:

Jean Enriquez +63 917 8235326 +63 917 8235326

Josua Mata +63 917 7942431 +63 917 7942431


Mulleres en marcha, ata que todas sexamos libres!


Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:

______________________


Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
7 de novembro de 2010 19:44
http://lupeces.blogspot.com/
___________________

xoves, novembro 04, 2010

Non á privatización do Centro "Souto de Leixa" - Os servizos públicos non deben ser un negocio


No Centro de Educación Especial "Terra de Ferrol" [*], para persoas con discapacidade intelectual e outras discapacidades asociadas, traballan 117 persoas que atenden a máis de 200 alumn@s. Este centro que depende da Consellería de Educación, en Abril de 2009 divideu-se formalmente en dous, constituíndo-se o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade "Souto de Leixa", para atender aos alumn@s maiores de 21 anos, e o CEE "Terra de Ferrol", que vai atender aos menores de 21. Foi en  2005 cando comezaron as obras para dividir o centro e a construción, no mesmo recinto, dun novo edificio que albergaría novas dependencias residenciais,  que posibilitou, en Abril de 2009, a separación física, non orgánica nen xurídica, dos dous centros. Agora a Xunta acordou segregar este último e traspasa-lo a Consellería de Traballo e Benestar, que decide privatizar a súa xestión, anunciado isto en rolda de prensa celebrada o pasado 13 de Outubro deste ano, 15 días antes de saír publicada, no DOG, a resolución.

Un novo centro para asistir a 172 persoas

Nas instalacións do CEE "Terra de Ferrol" seguirán as alumnas e alumnos menores de 21 anos. Máis os alumn@s maiores de 21 anos, pasarán a depender do novo centro -CAPD "Souto de Leixa"- con capacidade para asistir a 172 persoas [25 prazas en réxime residencial para persoas con discapacidade gravemente afectadas, 68 prazas en réxime residencial para persoas con discapacidade con certa autonomía, 47 prazas en centro de día e 32 prazas de centro ocupacional], construído, como xa mencionamos, dentro do recinto do CEE "Terra de Ferrol".

A privatización

Mais a cousa no queda aí, pois a Xunta acordou, na aplicación das políticas neoliberais, privatizar a xestión do novo centro-residencia para atender ás persoas con discapacidade intelectual e outras asociadas que necesiten este servizo público asistencial-ocupacional. Con esta medida a Xunta non só pon en perigo un importante número de postos de traballo, senón que rebaixa a calidade asistencial, tira por terra anos de traballo e ensino, entregando un servizo público moi necesario a unha empresa para que faga negocio coas nosas necesidades asistenciais e protección social ás persoas dependentes.

Un mero negocio

Teoricamente a segregación e a construción dun novo centro residencial-asistencial tería que supoñer unha mellora substancial da capacidade e calidade asistencial, máis coa privatización da xestión, o que tería que ser un avance na protección social dos máis débiles, converte-se nun negocio para unha empresa privada sustentada con diñeiro público, co diñeiro de tod@s nós.

Perdida de postos de traballo

Coa segregación do Centro e a súa privatización, segundo fontes sindicais, o "Terra de Ferrol" só atendería sobre 50 alumn@s, co que a súa plantilla [117 persoas] quedaría moi sobredimensionada, ao pasar a xestión privada, o resto do alumnado maior de 21 anos, que serían atendidos no "Souto de Leixa". Condénase ao paro a máis de 50 persoas e a outras a ser trasladadas despois de máis de 20 ou 30 anos de servizo. E todo isto nunha comarca en declive, cuxa taxa de paro que supera á media estatal.

Uns 6,7 millóns de euros para a xestión privada

Todo isto vai moi acelerado, foi o 13 de Outubro, ainda non hai un mes, cando se soubo da intención da Xunta de privatizar estes servizos, máis sen escoitar nen valorar a opinión das organizacións sociais, sindicais, veciñais,  de familiares de usuari@s e Comité de Empresa. O pasado 29 de Outubro, pasaba á execución do seu acordo, pois o DOG publicaba unha Resolución do 21 de Outubro de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anunciaba a "contratación da xestión, en réxime de concesión, de prazas de atención residencial e atención diúrna para persoas con discapacidade intelectual e/ou outras discapacidades asociadas, no centro de atención á discapacidade Souto de Leixa-Ferrol, polo procedemento aberto e tramitación urxente". O concurso fixa un importe de 6,7 millóns de euros [7.732.061,68 € con IVE] para a xestión privada do centro até o 2013.

As mobilizacións

Unha vez que se soubo da resolución da Xunta de privatizar o novo Centro, as traballadoras e traballadores do CEE "Terra de Ferrol" comezaron as mobilizacións, colocaron varias faixas reivindicativas nas portas do Centro, comezaron a manifestar-se todos os días pola zona da Rotonda de Catabois e Hospital Arquitecto Marcide, solicitaron apoio dos grupos municipais do Concello, desprazáronse a diferentes barrios da Comarca para recabar apoio, e están recollendo sinaturas da cidadanía en apoio as súas reivindicacións e contra a privatización do servizo público. Paralelamente, fixeron chegar información aos grupos parlamentarios e as asembleas da inmensa maioría de Nais e Pais de Usuari@s pronunciaronse contra a privatización.

Peche no Concello de Ferrol

A comunidade educativa e asistencial decidiu comezar hoxe un peche indefinido contra a privatización do "Souto de Leixa", no Pazo Municipal do Concello de Ferrol. Desde Ártabra 21 facemos un chamado á cidadanía para que mostre a súa solidariedade, non só cos trabalhadores e traballadoras, senon como un xeito de mostrar o noso rechazo á privatización dos servizos públicos.

A sospeita

Por outra banda, o escaso prazo de tempo, desde que se publicou no DOG a resolución [29.10.2010] e a data de finalización do prazo [Data e hora 06-11-2010 14:00] para presentar as propostas para facer-se coa concesión, sexa tan escaso, tan só de 8 días, no medio dunha ponte de "defuntos" -Sábado 30, Domingo 31 e Luns 1 de Novembro, fai pensar que este asunto está máis que masticado e que o concurso é un mero trámite e que, na práctica, a concesión xa está adxudicada.

Os servizos públicos non deben ser un negocio. Desde o movimento social, sindical e veciñal, debemos esixir uns servizos públicos de calidade, en contra das privatizacións e en defensa do emprego público.

Desde Ártabra 21 queremos amosar o noso apoio e solidariedade a esta loita.

Enlaces de interese:

Aqui pode-se acceder ao DOG referenciado, ás condicións administrativas e tecnicas esixidas, aos prazos e aos modelos de solicitudes:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=15302

Aquí pode-se acceder ao sitio web da CIG-Administración Autonómica con abundante documentación:

http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/

[*] O Centro de Educación Especial "Terra de Ferrol" é o antigo "Carmen Polo" que levaba o nome da muller do ditador e xenocida Francisco Franco, que cambiou de nome en aplicación da Lei da Memoria Histórica. O Centro, foi inaugurado en 1971 e está situado en San Pedro de Leixa, na Rúa Irmandade de Donantes Ferrol Terra, no concello de Ferrol, nas inmediacións do Hospital Arquitecto Marcide.
_____________________

Conferencia-Coloquio sobre Honduras en Ferrol: Participará o sindicalista e dirixente da Frente Nacional de Resistencia Popular de Honduras, Bartolo Antonio Fuentes

Este Venres 5 de Novembro de 2010, ás 8 da Tarde, na galería Sargadelos de Ferrol, está organizada,  pola A.C. Fuco Buxán, unha Conferencia-coloquio, co titulo: "HONDURAS RESISTE: Situación actual tras un ano de golpe de estado". Na que Intervirá: Bartolo Antonio Fuentes, sindicalista e dirixente da Fronte Nacional de Resistencia Popular de Honduras.

Bartolo Antonio Fuentes, realiza este mes de Outubro unha xira polo Estado Español para dar a coñecer a situación política e social que atravesa actualmente o seu país.

Bartolo Antonio Fuentes é xornalista, redactor da revista “Vida Laboral” e dos informativos “Común Notícias”. Foi dirixente estudantil na universidade e participou na loita dos traballadores das maquilas organizando sindicatos en San Pedro Sula e El Progreso.

Actualmente é o coordinador do FNRP para o Departamento de Yoro.

Foi candidato a Alcalde en El Progreso (terceira cidade en importancia en Honduras), retirando en 2009 a súa candidatura, ao considerar que uns comicios que se celebraban baixo un Golpe de estado non tiñan ningunha garantia democràtica.

Fuentes explicará a situación actual de Honduras, un ano e catro meses despois do Golpe de estado que derrocou ao Presidente lexítimo, Manuel Zelaya Rosales.

As organizacións políticas e sociais agrupadas na Fronte Nacional de Resistencia Popular (FNRP) conseguiron, cunha intensa mobilización nos últimos cinco meses, recoller máis dun millón trescentas mil firmas para pedir a convocatoria dunha Asemblea Nacional Constituínte que redacte e aprobe unha nova Constitución.


Máis información:

"Honduras Resiste. Situación actual tras un ano do golpe"

A resistencia da poboación hondureña ante o golpe de estado civil-militar acadou a solidariedade da sociedade civil por todo o mundo; en Galicia non podía ser diferente.

A raíz do secuestro da institucionalidade democrática no país centroamericano, organizacións galegas crearon o Grupo de Apoio a Honduras, co fin de apoiar as denuncias e reivindicacións da resistencia, dar a coñecer a situación de represión e vulneración de dereitos humanos e civís e realizar as accións de incidencia política necesarias para que as institucións competentes adopten medidas de cara ao pleno restablecemento da democracia e o cesamento da violencia contra a poboación hondureña.

Pasado máis dun ano do golpe, o Grupo de Apoio a Honduras segue coa súa axenda de solidariedade coa resistencia hondureña. Desta volta, os colectivos que conforman esta plataforma están a organizar a visita á Galicia de Bartolo Fuentes, coordinador departamental do dirixente do Fronte Nacional de Resistencia Popular (FNRP):

Do 3 ao 6 de novembro o dirixente do FNRP participará en diferentes actos institucionais e xuntanzas, asemade de ministrar conferencias en Coruña e Ferrol.

A xira, que coincide coa visita papal a Compostela, pretende chamar atención para a situación de vulneración dos dereitos humanos que se segue a dar en Honduras case un ano e medio despois do golpe.

Dese xeito, a visita de Bartolo Antonio Fuentes a Galicia iniciarase cunha rolda de encontros con representantes dos tres grupos parlamentarios e co recibimento pola Mesa do Parlamento.

As 13:00hs terá lugar na Parque da Constitución (ao lado do Parlamento) un acto simbólico de homenaxe ás vítimas do golpe de estado e recordarase a situación de inseguridade, vulnerabilidade e indefensión a que segue estando sometida a poboación hondureña.

O día 4 de Novembro, ás 17:30hs, terá lugar unha recepción e rolda de prensa no Concello da Coruña e as 20:00hs celebrase na Casa Museo Casares Quiroga a conferencia “Honduras Resiste. Situación actual tras un ano do golpe”.

Esta mesma charla será realizada o día seguinte (5 de novembro) en Ferrol na Galería Sargadelos, as 20:00hs. Nesta cidade tamén están previstos diferentes actos e encontros con colectivos sociais e sindicais nos que participará o dirixente hondureño.

O pasado luns a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos da Organización dos Estados Americanos (OEA) ditaminou que no país centroamericano persisten as violacións de dereitos e liberdades da poboación, especialmente de algúns colectivos como activistas de defensa de dereitos humanos, xornalistas, ambientalistas e integrantes da resistencia.

Organizan:

Grupo de Apoio a Honduras: ACSUR Galiza, Amarante, Coordinadora de Crentes Galegos, Cosal, Fuco Buxán, Fuga en Rede e Wipala.

Colabora:

Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística. Concello da Coruña

Información sobre o Golpe de Estado en Honduras
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
1 de novembro de 2010 22:55
__________________________

mércores, novembro 03, 2010

Eliseo Fernández participará, este Xoves 4 de Novembro, no I Foro aberto de Memoria Histórica organizado pola Refundación da Esquerda en Ferrol

I Foro aberto de Memoria Histórica

A Asamblea de "Refundación da Esquerda",convoca a cidadanía a participar no "I Foro aberto de Memoria histórica", a celebrar o vindeiro Xoves 4 de Novembro, ás 19.30 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero .

Abrirá o foro debate:

Eliseo Fernández , Diplomado en Biblioteconomía e Documentación, membro e colaborador do Ateneu Libertário Francisco Iturralde de Ferrol e do Ateneu Libertário Ricardo Mella de A Coruña. Colaborou coa Fundación Aurora Intermitente de Madrid, na clasificación do seus fondos hemerográficos e archivísticos, e coa Fundación Anselmo Lorenzo de Madrid e na catalogación dos seus fondos hemerográficos. Suas áreas de interés son "Anarquismo e anarcosindicalismo en Galicia", "Anarquistas galegos na emigración e no exilio", e "Bibliotecas Obreiras".


Máis info en:
http://refundaciondaesquerdaferrolterra.blogspot.com/



Rúa do Sol, 224-230, 1º B.
15401 Ferrol 
CIF:-G-70027909


Enviado por:
Lefre de Caldereta - Asociación Cultural
-lefre@lefredecaldereta.com-
2 de novembro de 2010 21:46
_______________

Boletín Informativo "Democracy Now!" - 3 de Novembro de 2010

Democracy Now! envia-nos os últimos titulares emitidos no seu Programa - 03.11.2010
  • Partido Republicano gaña na Cámara de Representantes, pero os demócratas manteñen a maioría no Senado
  • Senador Feingold perde reelección en Wisconsin
  • Movemento "Tea Party" triunfou na carreira polo Senado en Kentucky e Florida
  • Boehner a Obama: "hai que cambiar o rumbo"
  • Republicanos gañan dez eleccións a gobernador
  • Votantes de California rexeitan legalización de marihuana e manteñen normas de aire limpo
  • Morren 76 persoas en atentados con bomba en Iraq
  • Informe: Oleodutos de BP en Alaska son corrosivos e hai risco de explosión
  • Estudo: Químicos letais estenderon-se amplamente tras derrame
  • Bush considerou sacar a Cheney para candidatura á reelección

Para escoitar online os Titulares en Español -formato mp3

_________________

Orzamentos da Xunta para 2011: "Feijóo, concesiones y contratas" - "A I+D nas contas de Feijóo"

Publicamos dous interesantes artigos do Catedrático de Economía Aplicada da UDSC, Xavier Vence. O investigador, escritor e analista político, Xavier Venze, aborda unha pequena análise dos orzamentos 2011 da Xunta de Galicia.

Feijóo, concesiones y contratas

Por Xavier Vence Deza [*]
24.10.2010

Os orzamentos da Xunta para 2011 consagran unha reducción da iniciativa pública dun 10,6%, ao redor de 1.120 millóns de euros menos –sen ter en conta a inflación. O retroceso é xeneralizado pero alcanza proporcións dramáticas nas consellerías que teñen que ver coa economía produtiva: cae un 34% en Economía e Industria; un 21% en Medio Rural; un 18% en Mar e un 33% Medio ambiente, territorio e infraestruturas. Educación, I+D+i e Sanidade experimentan recortes que están entre o 5-7%, que debido ao seu peso absoluto concentran grande parte da merma e, por outra parte, debido ao tipo de gasto que executan verán seriamente afectada a súa dotación de persoal e, polo tanto, na calidade dos servizos que prestan.

A Xunta e os seus múltiples valedores mediáticos dinnos que non cabe outra. Hai que reducir o déficit custe o que custe, aínda que este estea nun razoable 2,7% do PIB. Que hai reduccións de gasto que poderían realizarse sen que o benestar e o dinamismo económico se resentisen é algo que calquera estará disposto a admitir –sobre todo á vista de certas obras e gasto suntuario de dubidosa utilidade social– pero tamén haberá que admitir que as reduccións que se están a practicar en Galiza e no Estado español prodúcense nun contexto de alto paro e atonía da demanda que non aconsellan recortar gasto e, ademais, pola súa contía e tipo de servizos afectados van provocar un retroceso notable tanto no benestar coma na creación de recursos para impulsar actividades de futuro. Ninguén nos vai regalar a ciencia, os coñecementos e os equipamentos para participar nas actividades que xiran arredor do novo paradigma tecnolóxico que está a emerxer ao noso redor.

Nin a máis tépeda venda podería ocultar que o acento na reducción do gasto deriva da negativa dos financeiros e rendistas a falar dos impostos, é dicir, introducir ou simplemente recuperar impostos a aqueles grupos sociais que teñen capacidade de pago real e que nas últimas décadas conseguiron un réxime fiscal absolutamente privilexiado. Tan privilexiado como irresponsábel, por ter orientado a asignación de recursos cara as actividades máis lucrativas no curto prazo e con mellor trato fiscal: as financeiras e especulativas. Por iso é unha irresponsabilidade meter a tesoira en capítulos de gasto sen antes falar en serio dos ingresos e sen antes demostrar que todos ese gastos son prescindíbeis e non van ter efectos irreparábeis de cara ao futuro.

Pero a irresponsabilidade agrávase cando, por non querer gravar máis ás fortunas e negocios financeiro-especulativos, se propón suplir a falta de recursos públicos abríndolle as portas á participación do capital privado (504 millóns de euros), que se asegura por esa vía obras, concesións e rendas durante trinta anos. É unha inmoralidade que os gardiáns do déficit e da débeda pública sexan os mesmos que propoñen un mecanismo que incrementa os custes para a facenda pública e crea unha bola de débeda que todos haberemos de ir pagando ao longo de tres décadas. É difícil entender porque o déficit orzamentario é pecado e a débeda extraorzamentaria é fetén. A razón é clara: é un ilusionismo monetario que crea un fabuloso e seguro negocio para o capital financeiro durante trinta anos. É unha das vías a través da que o capital financeiro está tentando unha fuga cara adiante, derivando cada vez máis claramente nun modelo de “capitalismo rendista” –á moda do Antigo Réxime–, onde os pagadores de renda seremos todos os contribuíntes presentes e futuros.

En definitiva, estes orzamentos traducen en cifras unha política que renuncia a usar as pancas do autogoberno para afrontar a crise e liderar con iniciativa e estratexia un futuro para o país. Parece que Feijóo tomou ao pé da letra aquela vella consigna do liberalismo “laissez faire, laissez passer”. Pero “passa” tanto que a súa (in)acción de goberno produce unha estraña sensación onde se mestura a falta de iniciativa e falta de interese, coma se se tratara dun goberno con autoconciencia de estar de sobra. Mesmo parece entender que o orzamento non está tanto para prestar servizos públicos como para dar negocio á empresa privada. Sobre todo se forma parte do conglomerado no que funden os intereses privados, o poder e a acción política, a patria dos sacrificados apóstolos do partenariado público-privado.

xabier.vence@usc.es

Publicado no Xornal de Galicia


A I+D nas contas de Feijóo

Por Xavier Vence Deza [*]
29.10.2010

Posiblemente a cidadanía non alcance aínda a percibir en toda a súa magnitude o alcance dos efectos que os orzamentos da Xunta para 2011 van ter nas súas vidas e na marcha da nosa economía. Diría máis, vendo o grao de descoñecemento evidenciado por Feijóo no debate parlamentar cabe dubidar que el mesmo sexa moi consciente das consecuencias do que está a presentar. Unhas reducións de máis de 1.120 millóns de euros concentradas nas consellerías máis importantes van ter efectos devastadores sobre servizos públicos esenciais como a sanidade e nalgunhas actividades estratéxicas como a educación ou a investigación, a innovación ou o apoio a sectores produtivos en xeral. Para maior preocupación cómpre advertir que, á vista dalgúns capítulos de ingresos ficticios que aparecen pintados nos orzamentos e que de seguro non se materializarán, cabe agardar reaxustes sobre a marcha que levarán a que a redución real acabe sendo bastante superior ao 10,8% agora anunciado.

Pola súa importancia estratéxica merece a pena pararse no relativo á investigación e a innovación. Nesta materia as reducións alcanzan o 20%, baixando desde uns 154 millóns de euros en 2010 a 112 millóns para o ano vindeiro. É unha queda que se acumula aos recortes xa introducidos no presente ano e á non execución dunha parte dos programas de recursos humanos. Acentúanse, pois, os recortes nos programas de bolsas e contratos para persoal investigador e consolídase a supresión das convocatorias de persoal de apoio, mantendo tan só as renovacións obrigadas por compromisos anteriores. Con toda razón empezan a manifestar o seu desacougo todas esas categorías de xoves investigadores que non só son “precarios” hoxe senón que o seu futuro inmediato está seriamente ameazado e, polo tanto, a súa carreira como investigadores ou como técnicos truncada. Terán difícil explicarlles a situación a todos eses mozos e mozas que tomaron a serio o discurso oficial de que o futuro está na economía baseada no coñecemento.

Nestes dous anos volveuse aceleradamente á situación anterior á chegada do bipartito. Na lexislatura 2005-2009, o esforzo público en I+D pasara de representar o 0,94% do orzamento autonómico a un 1,4% e incluíndo o apoio á innovación acadara o 1,6%. Non colmaba os obxectivos pero foi un salto notable. Agora volta a un 1,2%. Isto significa que cae en maior proporción que o orzamento total, evidenciando unha menor prioridade para o actual goberno.

Esta opción ralentizadora pode constituír unha ameaza para a consolidación dos avances realizados e aboca ao sistema galego de innovación a unha seria crise. Con todo, esta crise non se limita ao volume de recursos senón tamén á alteración das prioridades e á continuidade dos instrumentos utilizados, en particular os relativos a estruturación e coordinación dos elementos do sistema de innovación.

Para comezar, desmantelouse a estrutura de xestión do Plan de I+D+i, despedindo aos mellores profesionais que tiñan experiencia acumulada; para seguir, continuamos á espera do novo Plan de I+D+i que ha remprazar o actual, cuxa vixencia remata. Iso si sabemos que para a súa redacción foi contratada recentemente unha asistencia técnica a unha consultora sen experiencia que acaba subcontratando o labor a unha equipa catalá. Con eses vimbios e con ese coñecemento das capacidades do noso sistema de I+D só cabe encomendarse ao noso apóstolo milagreiro para que aforre tales irresponsabilidades, pagadas do noso peto.

Todo ese desleixo esta levando, por exemplo, a un baixísimo aproveitamento e participación no Fondo Tecnolóxico aprobado pola UE para as rexións españolas de converxencia (300 millóns) que ven xestionando o CDTI: desde o seu inicio até abril de 2010 apenas foron financiados 52 proxectos empresariais de I+D, cunha aportación de 35,5 millóns de euros por parte do Fondo.

En fin, parece que o goberno Feijóo non está especialmente inspirado na forma de abordar a crise actual; tampouco parece que os seus desvelos estean centrados en identificar os retos que nos plantexa e o tipo de políticas públicas estratéxicas acaídas para superalos.

Como amosa a experiencia pasada e a comparación con outros países, o futuro non está na degradación das condicións de vida e de traballo para que as empresas máis ineficientes recuperen unha competitividade efémera. As bases dunha economía realmente innovadora non se sentan racaneando recursos para a educación e a investigación, imprescindíbeis para poder contar con recursos altamente cualificados, dos que non estamos sobrados. O que algúns gobernantes parecen non entender é que tanto na ciencia como na innovación non se producen saltos dun ano para outro. Os cambios son evolutivos e acumulativos; máis aínda, para consolidalos requírese certa perseveranza nos obxectivos e continuidade nos instrumentos. Porén, nos dous últimos exercicios rompeuse unha senda de avance e os orzamentos para o ano que vén non permiten albiscar unha reconsideración desa liña senón máis ben a confirmación dunha brusca freada.

Como son optimista quero pensar que a maioría desta sociedade xa non se conforma coa política de Q+D (que máis da).


Outros artigos en xornal.com

[*] Xavier Vence Deza (Rodeiro en 1961) é Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, escritor, comentarista político, ... Foi director do Idega no período 1991-95. Profesor invitado en diferentes universidades estranxeiras, formou parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. É coordinador do grupo de investigación ICEDE e da área de Economía do Seminario de Estudos Galegos. Publicou máis dun centenar de artigos e libros en revistas profesionais de ámbito galego e internacional sobre economía da innovación e políticas tecnolóxicas, sistema galego de innovación, disparidades rexionais na UE, industria, servizos, mercado de traballo, sistemas produtivos e planificación estratéxica, desenvolvemento local ... .
____________________________

Conclusións do Galeusca 2010

Reunidas na Coruña, entre os días 29 de outubro e 1 de novembro de 2010, as asociacións de escritores galegos, vascos e cataláns, ao redor do tema “A literatura en galego, éuscaro e catalán: unha viaxe con futuro”, conclúese que:

1. Demandamos do goberno central garantías e respecto equitativo e de adecuación de políticas de fomento e divulgación das nosas literaturas nacionais en pé de igualdade coa literatura escrita en lingua castelá.

2. Denunciamos as actuais políticas estatais de afronta e negación dos nosos idiomas nacionais, coa pretensión de anularen o principio de progresión recollido no espírito e na letra da lexislación vixente. Neste sentido, lembramos o contido do artigo 3.3 da Constitución Española de 1978, que impón ao goberno do estado obrigas de apoio efectivo para as linguas cooficiais: éuscaro, catalán e galego.

3. Reivindicamos a necesidade dunha maior presenza cualitativa e cuantitativa das nosas literaturas nacionais nos currículos oficiais escolares para as etapas de ESO e Bacharelato.

4. Facemos constar o noso rexeitamento rotundo á aprobación, unilateralmente imposta polo goberno galego, do Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario que, por primeira vez na historia da democracia, fai retroceder a presenza horaria, e a consecuente posibilidade de aprendizaxe para a mocidade e infancia, do idioma galego, propio e oficial de Galiza, que afonda na súa condición de lingua minorizada e supeditada á hexemonía do castelán.

5. Denunciamos a regresión na política de investimentos en cultura por parte da Xunta de Galicia, que imposibilita o desenvolvemento ascendente e normalizado da actividade cultural vinculada ás industrias do sector e co propio proceso creativo de autores e autoras nas súas diferentes manifestacións artísticas.

6. Mostramos o noso desacordo coa recente convocatoria, por parte do goberno galego, dos agora chamados Premios de Creación, polo seu rexeitamento do cualificativo “Nacionais” co que naceron no seu día e pola anulación da dotación económica que comportaba esta mención de recoñecemento.

7. Finalmente, entendemos que, nestes tempos de globalización, se fai aínda máis necesaria a defensa dos sinais de identidade dos pobos e de todas aquelas manifestacións nacionais que resisten o intento recentralizador dos grandes poderes políticos e económicos.

Máis info en:

http://www.aelg.org/


Rúa do Sol, 224-230, 1º B.
15401 Ferrol 
CIF:-G-70027909


Enviado por:
Lefre de Caldereta - Asociación Cultural
-lefre@lefredecaldereta.com-
2 de novembro de 2010 22:46
_______________

luns, novembro 01, 2010

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, denuncia a falla de compromiso da Xunta de Galicia coa Área Santiaria de Ferrol nos Orzamentos do 2011


Comunicado da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Diante da presentación dos orzamentos da Xunta para o ano 2011 e no relativo á Área Sanitaria de Ferrol queremos manifestar o seguinte:

Non existe ningún compromiso coa Sanidade Pública en Ferrol e se quere levar á Área Sanitaria de Ferrol ó furgón de cola, como xa estivo ata hai poucos anos, situación que se mellorou coa incorporación do Hospital Naval.
  • So se consignan 3.6 millóns de euros para o Complexo Hospitalario e para á licitación dos centros de Saúde de Ares e A Capela, cantidades que so permitirán acometer pequenas obras de mantemento e algún dos proxectos do anterior equipo directivo. Para os centros da Capela e Ares se agarda entregalos en mans de constructoras privadas que farán que a obra sexa moito máis custosa para a Sanidade Pública e que mesmo, segundo declaracións da Conselleira de Sanidade, se lles permitirá ter espazos comerciais dentro dos centros de saúde, logo virán os de Cedeira e Narón.
  • Segue a falarse de cantidades ridículas para o desenvolvemento do Plan Director do Complexo Hospitalario e os 63 millóns de euros que estaban comprometidos en tres anos para axeitar o Hospital Naval ás necesidades asistenciais, e que desapareceran coa actual Xunta de Galicia, seguen desaparecidos. Mentres cada ano se concertan 12 millóns de euros co Juan Cardona.
  • Non aparece cantidade ningunha para o Plan de Alta Tecnoloxía, como xa sucedeu no 2010. Mentres, e grazas ó concerto de 12 millóns de euros anuais, o Hospital Juan Cardona, con ese diñeiro público, acaba de mercar unha resonancia magnética de última tecnoloxía ( recordar que nesa proba radiolóxica hai un ano e incluso máis lista de espera).
  • Non hai consignación orzamentaria para o Centro de Saúde de Serantes, que xa tiña elaborado un proxecto constructivo co que os usuarios do rural de Ferrol seguiran recibindo asistencia en condicións precarias.
  • Segue paralizado o Plan de Mellora de Atención Primaria que ía posibilitar que esta fose moito máis resolutiva e reduciría as longas listas de espera existentes e crearía case 30 postos de traballo nesta Área Sanitaria.
  • Non se ten en conta para nada a demanda social desta comarca de creación dun Centro de Referencia para todo Galicia de Enfermidades Profesionais obviando a grave problemática do amianto.
  • Segue sen facerse a Unidade de Diálise de Crónicos, que xa estaba comprometida polo anterior Equipo Directivo, nunha aposta decidida por seguir favorecendo a centros privados.

En definitiva non se aposta pola Sanidade Pública senón que se seguen poñendo os chanzos en favor da Sanidade Privada e do establecemento do Copagamento. Non se ten en conta que a Área Sanitaria de Ferrol atende a preto de 200.000 persoas e que o envellecemento da poboación e a situación de desemprego fai que a demanda sanitaria aumente e, polo tanto, o incremento do gasto sanitario sexa maior.

Tamén queremos denunciar o agravamento das condicións de traballo do persoal da Sanidade Pública, o que se lle incrementa a carga de traballo coa reducción de contratacións que se ven facendo no último ano. Negándolles dereitos como os días de permiso, licenzas etc.

Por outro lado a constatación de que a Xunta de Galicia vai reducir os orzamentos da Consellería de Sanidade nun 4,9 % con respecto ó 2010 e que no 2010 xa foron menores que no 2009, reflicte a falla total de compromiso da Xunta de Galicia coa Sanidade Pública, mentres seguen aumentando os concertos coa privada e a privatización de servizos.

http://www.diariomedico.com/2010/10/21/area-profesional/sanidad/xunta-destinara-2011-sanidad-49-por-ciento-menos-que-este-ano.

Por estas e outras moitas razóns esta Pdspf imos participar na manifestación que se celebrará en Compostela o domingo 21 de novembro ás 12 horas “Pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública”.

Ferrol a 31 de outubro de 2010.

Asdo./ Salustiano Gómez e Xosé Miguel López.

http://plataformadspferrol

Enviado por:
Asociacion Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
1 de novembro de 2010 09:53
________________________

Nós, mulleres crentes da Igrexa galega, e con ocasión da visita do Papa Benedicto XVI á nosa terra, Tomamos a palabra e facémola pública

Diante da visista Papal a Galiza o vindeiro 6 de Novembro, as Mulleres Cristias Galegas, integrantes da Marcha Mundial das Mulleres, están espallando o manifesto que a continuación publicamos.


Nós, mulleres crentes da Igrexa galega, e con ocasión da visita do Papa Benedicto XVI á nosa terra, Tomamos a palabra e facémola pública

1. Como mulleres adultas comprometidas coa Igrexa e co Evanxeo, como bautizadas con capacidade lexítima para falarlle á comunidade e como herdeiras desa liñaxe de mulleres evanxelizadoras da primeira hora que, desde o principio do cristianismo, tomaron a palabra desde a liberdade do Espírito. E por último, e non menos importante, tomamos a palabra e facémola pública desde o mandato urxente da nosa conciencia que nos move a falar e non calar, porque así o require a dignidade á que nos impulsan Xesús e a sensibilidade social actual.

E queremos dicir:

2. Que a sociedade galega, da que formamos parte, está escandalizada polo gasto de recursos económicos, enerxéticos, mediáticos, loxísticos e de seguridade que require unha viaxe como a que o Papa vai facer a Galiza por unhas horas.

3. Que é manifesta a conivencia desta viaxe cos poderes políticos e económicos máis involutivos e conservadores da nosa sociedade, claramente alleos ás persoas máis desfavorecidas.

4. Que o Papa se está a colocar nas súas viaxes máis coma un xefe de estado que como un representante dunha igrexa e menos aínda como representante de Cristo. Perdeuse o sentido inicial da sucesión apostólica e, en pleno século XXI, a súa figura ten pouca lexitimidade nesta Igrexa carente dunha mínima articulación democrática.

5. Que se as mulleres representamos a metade da humanidade, na Igrexa somos mulleres máis do 70% das persoas participantes nos actos litúrxicos ou encargadas das tarefas de mantemento e dinamización das parroquias. Porén, somos unha maioría silenciada, sen recoñecemento dos nosos dereitos básicos e sen remuneración económica polas tarefas que sosteñen o día a día das igrexas locais. Tócanos un estatuto de menores de idade e de tuteladas que non podemos consentir.

6. Como maioría, historicamente inferiorizada, o que nos afecta como mulleres precisa ser tido en conta para ben de todas e todos, e da mesma comunidade eclesial. E así:

  • Sentimos que nos está a afectar moi negativamente a maioría do pensamento sobre as mulleres transmitido pola xerarquía e os documentos da Igrexa, que pretenden manternos en papeis tradicionais de submisión e obediencia baixo unha capa superficial de idealización “da muller”; non só non axuda a rematar coa tremenda violencia de xénero (que xa causou 56 asasinatos de mulleres no Estado e 4 en Galiza no que vai de ano), senón que mesmo pode estar a mantela en aspectos.
  • Sentimos que nos está a afectar moi negativamente a énfase constante nunha doutrina eclesial involutiva en relación a cuestións de moral sexual como o divorcio ou os anticonceptivos, ou outras tan complexas e dolorosas como a sida ou o aborto, cando apenas se di unha palabra pública e comprometida sobre outras que tamén afectan á vida e ao coidado da vida: a desnutrición endémica e as causas da fame, os masacres a minorías, a explotación laboral de menores ou a explotación sexual de mulleres e nenas...
  • Sentimos que nos están a afectar moi negativamente as recentes noticias de centos de curas e moitos bispos involucrados en situacións de abuso a nenos e nenas, e a pouca firmeza da xerarquía nas declaracións públicas e nas medidas tomadas, que supoñen unha vergonza moral e social para a nosa Igrexa. E de por parte, sen xerar unha reflexión básica para unha nova comprensión da sexualidade e do celibato obrigatorio cara unha vida saudable na Igrexa.
  • Sentimos que nos está a afectar moi negativamente a prohibición do ministerio do sacerdocio ás mulleres, unha falta básica ao dereito á igualdade que está a frear a renovación da Igrexa, xa que as mulleres con vocación sacerdotal enténdena, na súa maioría, desde unha clave comunitaria. Outras igrexas cristiás gozan del desde hai anos: así, a igrexa presbiteriana de Estados Unidos desde finais do século XIX, a igrexa luterana de Dinamarca desde o ano 1948 ou a igrexa anglicana desde 1994. Isto contrasta, e gravemente, coas últimas normas de dereito canónico coas últimas normas de dereito canónico feitas públicas en xullo pasado que recollen a ordenación de mulleres coma un delitos máis graves equiparándoo á pederastia.

TENDO EN CONTA ESTAS E OUTRAS MOITAS CIRCUNSTANCIAS E VALORACIÓNS,
QUEREMOS DICIRLLE A TODA A SOCIEDADE GALEGA DA QUE NOS SENTIMOS PARTE ACTIVA:

  1. Que a mensaxe cristiá non é unicamente o que transmite o Bispo de Roma ou a Conferencia Episcopal Española. Hai outras palabras na Igrexa, outros xeitos de vivir como mulleres e homes crentes e de entender a vida e a fe. Abondan exemplos ao longo da nosa historia e na actualidade.
  2. Que cada persoa, cada colectivo, cada relixión, cada sociedade teñen as súas propias palabras, únicas e valiosas; por iso apostamos por unha Igrexa de comunidades que non se erixa nin en xuíz doutras relixións nin do pensamento laico e, no entanto, escoite e comparta buscas comúns.
  3. Que moitos e moitas de nós estamos a traballar por esa “outra Igrexa posible” máis próxima á vida do día a día, máis organizada cos sectores sociais empobrecidos, máis respectuosa coa diversidade e máis celebradora da bondade da vida.


QUEREMOS DICIRVOS A VÓS, HOMES LAICOS, CURAS,MONXESD E BISPOS, COMPAÑEIROS DE CAMIÑO NA IGREXA GALEGA:

  1. Que, nosoutras, mulleres, enchemos os templos, animamos as catequeses de crianzas, de mocidade e de xente adulta, dinamizamos as comunidades, formámonos na fe e estudamos teoloxía, sostemos economicamente as parroquias, impulsamos e participamos en movementos de Igrexa, apoiamos iniciativas eclesiais en favor dos sectores marxinalizados...
  2. Que, posto que traballamos activamente na Igrexa e a estamos sostendo, queremos que se abran espazos onde a nosa palabra diferente sexa escoitada.
  3. Que, posto que traballamos activamente na Igrexa e a estamos sostendo, queremos sentirnos recoñecidas e valoradas no que achegamos
  4. Que, posto que traballamos activamente na Igrexa e a estamos sostendo, queremos poder decidir sobre as cuestións que nos afectan directamente
  5. Que, posto que traballamos activamente na Igrexa e a estamos sostendo, queremos compartir con vós as decisións que afectan á vida da Igrexa

QUEREMOS RECORDARNOS A NÓS, MULLERES LAICAS, RELIXIOSAS E MONXAS DA IGREXA GALEGA:

  1. Que na actualidade, unha das chamadas do Espírito e un dos maiores servizos ao Evanxeo é afondar na nosa conciencia de mulleres desde a propia situación social e eclesial para, desde aí, promover unha necesaria apertura na Igrexa.
  2. Que para iso, necesitamos escoitarnos interiormente desde o Espírito como mulleres, e tamén falar e facer camiño con outras mulleres.
  3. Que, posto que traballamos activamente na Igrexa e a estamos sostendo, precisamos tomar decisións sobre as cuestións que nos afectan directamente.
  4. Que, posto que traballamos activamente na Igrexa e a estamos sostendo, precisamos reclamar poder compartir as decisións que afectan á vida da Igrexa.

Colectivo “Nós-mulleres-tomamos-a-palabra-na-Igrexa-galega

Galiza, outubro de 2010

----------------------

EU, nome e apelidos, con DNI número, apoio este documento.

----------------------

PEDIMOS A TODAS AS IRMÁS, IRMÁNS E COMUNIDADES ECLESIAIS DA IGREXA GALEGA:

  1. 1. Que recibamos con agarimo este documento, reflexionado e elaborado desde unha ansia sincera de moitas mulleres.
  2. Que asinemos o documento para apoialo, sexamos homes ou mulleres no correo-e:
    mulleres.nos@gmail.com
  3. Que o espallemos entre xente amiga e coñecida: nos grupos nos que participamos, nas parroquias das que sodes responsables como curas, nas comunidades das que formamos parte... E tamén por correo electrónico.
  4. Que meditemos e oremos con paz desde este documento para acoller nel o Espírito e desbotar quizais algún aspecto desatinado
  5. Que afondemos na reflexión persoal e comunitaria sobre todas estas cuestións, acollendo as sensibilidades, perspectivas e posicións diversas das mulleres nos nosos grupos, comunidades e parroquias.
  6. Que sigamos atrevéndonos a soñar cunha Igrexa máis acorde co Evanxeo e a reinventala día a día.

PEDIMOS A TODAS AS IRMÁS, IRMÁNS E COMUNIDADES ECLESIAIS DA IGREXA GALEGA:

  1. Que recibamos con agarimo este documento, reflexionado e elaborado desde unha ansia sincera de moitas mulleres.
  2. Que asinemos o documento para apoialo, sexamos homes ou mulleres no correo-e.
    mulleres.nos@gmail.com
  3. Que o espallemos entre xente amiga e coñecida: nos grupos nos que participamos, nas parroquias das que sodes responsables como curas, nas comunidades das que formamos parte... E tamén por correo electrónico.
  4. Que meditemos e oremos con paz desde este documento para acoller nel o Espírito e desbotar quizais algún aspecto desatinado
  5. Que afondemos na reflexión persoal e comunitaria sobre todas estas cuestións, acollendo as sensibilidades, perspectivas e posicións diversas das mulleres nos nosos grupos, comunidades e parroquias.
  6. Que sigamos atrevéndonos a soñar cunha Igrexa máis acorde co Evanxeo e a reinventala día a día.

Enviado por

Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
1 de novembro de 2010 21:15
http://lupeces.blogspot.com/
______________________

A visita do Papa, NON cos meus impostos

As entidades laicistas que sustentan os sitios web laicismo.org e Observatorio da Laicidad, están facendo unha campaña contra a visita papal que entre outras cousas consiste en difundir o comunicado que traducimos e publicamos, coa solicitude de asinalo, no caso de estar de acordo.

O papa Benedito XVI ten previsto realizar dúas visitas a España, unha o próximo mes de novembro a Santiago e Barcelona, e en 2011 para a Xornada Mundial da Mocidade en Madrid.

En ambos os casos a súa asistencia realízase cunha dobre condición, como Xefe de Estado dun ficticio país chamado Vaticano, e como xefe dunha igrexa, a católica. Este incoherente status, xefe dun Estado e xefe dunha igrexa, permítelle realizar as súas viaxes pastorlaes a costa do Estado ao que visita. Así no caso da visita a Madid, o Estado custeará a metade do mesmo, uns cinco millóns de euros.


Entendemos que a cidadanía non ten por que custear as visitas e viaxes pastorais de quein vén predicar e difundir doutrinas coas que pode ou non estar de acordo.

Por que teño que custearlle a difusión da súa doutrina ou o fortalecemento dunha organización que:
  • rexeita a igualdade e mantén un papel secundario para a muller;
  • é homófoba, vai contra o matrimonio entrre homosexuais;
  • que ataca o dereito ao aborto;
  • que ataca o uso do preservativo aínda que morran miles de persoas por SIDA,
  • que manteñen e protexe a pedófilos no seu seo,
  • que mantén acordos e concordatos que privilexian a súa posición xurídica para difundir as súas doutrinas;
  • que manteñen miles de catequistas dando a súa relixión nas escolas públicas:
  • que reciben miles de millóns de euros ao ano do Estado

Por todo iso os cidadáns e cidadás asinantes manifestámonos en contra de que estas viaxes se paguen co diñeiro público, e esiximos das administracións que non se paguen estas visitas.

Para asinar o manifesto: Entrar

Enviado por
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
1 de novembro de 2010 21:15
http://lupeces.blogspot.com/
_______________________

A Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación reuniuse cos grupos políticos municipais para impulsar o seu desenvolvemento

O edil Manuel Santiago anunciou que a Comisión mantivo un encontro cos representantes políticos. A creación da figura do Defensor da Cidadanía ou da Oficina e Comisión de Suxestións e Reclamacións son algunhas das necesidades que se plantexarán na reunión

O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, informou de que a Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá mantivo un encontro coas cinco forzas políticas con representación na corporación municipal. Foi no pazo muncipal e o seu obxectivo era acadar darlle un impulso ao desenvolvemento do dito Regulamento e facilitar a posta en marcha dalgunhas das figuras contempladas neste documento, tales como o Defensor da Cidadanía ou a Oficina e Comisión de Suxestións e Reclamacións, entre outras. A finalidade, tal e como subliñou o edil, é traballar en conxunto para que este Regulamento de Participación Cidadá se desenvolva o mais rapidamente posible.

E ao fío disto, o concelleiro Manuel Santiago destacou que xa se teñen dado pasos ao respecto. O último deles, a xuntanza que a Comisión Provisional de Control, integrada por once persoas do anterior Grupo de Análise e Propostas (GAP) do proceso de Orzamentos Participativos 2009 mantivo a semana pasada cos representantes municipais de Facenda e Turismo; Muller e Benestar Social; Recursos Humanos; Medio Ambiente, e Participación Cidadá. Nela adoptáronse diversos acordos como o deseño e posta en marcha dun formulario para a recollida de queixas e suxestións que estaría dispoñible na web municipal e a creación dunha carpeta (física) específica no Rexistro Xeral do Concello para tramitar as queixas e suxestións directamente co departamento de Participación Cidadá.

Así mesmo, incidiuse na necesidade de crear a figura do Defensor da Cidadanía como garante do estudo e seguimento dos problemas dos cidadáns e cidadás ante a Administración municipal. A este respecto, o edil Manuel Santiago informou de que está pendente o estudo de viabilidade da Oficina do Defensor da Cidadanía. Estes foron algúns dos aspectos que se abordarib na xuntanza que se celebrou no Concello e na que a Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá transmitiu as súas demandas e inquedanzas en relación aos orzamentos da área de Participación Cidadá aos grupos políticos municipais. Entre estas, a necesidade de incrementar o orzamento desta área para axilizar a aplicación do dito Regulamento.

A posta en marcha do Rexistro Municipal de Cidadáns para darlle á cidadanía a opción de colaborar na acción municipal a través dos órganos de participación vixentes en cada área ou o impulso dos consellos sectoriais municipais vixentes foron outros aspectos nos que fixeron fincapé os once integrantes da Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá e que trasladaron aos grupos con representación na corporación. Respecto a este último punto, o concelleiro Manuel Santiago subliñou o interese da dita Comisión por darlle un pulo a estes consellos tanto en canto á frecuencia como mediante a incorporación aos mesmos tanto do movemento asociativo como de cidadáns a título individual.

Mércores, 27 de outubro de 2010
______________________________