luns, outubro 21, 2013

"O piloto automático e a sublevación" por Franco Berardi (Bifo)

Franco Berardi (Bifo)
O 19 de Outubro reencóntrase en Roma o movemento que quere liberar á sociedade do lazo mortal do finanzismo, o capitalismo financeiro que está a levar a Europa cara ao nazismo.

Dúas lóxicas incompatibles enfróntanse actualmente en Europa (e o mundo): a lóxica dunha sociedade rica de coñecementos, de competencias, de solidariedade e a lóxica financeira que necesita destruír recursos, saberes e servizos sociais para poder acumular o valor baixo a forma de abstracción monetaria.

Velaquí a potencia da tecnoloxía, que permite liberar tempo de traballo para destinalo á atención e a educación, transformada na maldición da desocupación e da miseria.

Velaquí que para aumentar o valor das accións bancarias débese aumentar a explotación, o tempo de traballo, e reducir o gasto na educación e a sanidade.

O sistema político non pode facer nada fronte á devastación finanzista. A democracia foi cancelada porque, como di Mario Draghi, Sumo Sacerdote da Teoloxía finanzista, o pacto de estabilidade vai co piloto automático.

Soamente unha sublevación xeral, que non se limite a encher as prazas por un día, senón que ocupe permanentemente a vida cotiá, pode liberar á sociedade do finanzismo.

A sublevación non é unha acción militar, nin sequera unha rebelión momentánea, senón o despregamento da corporeidade social, o rexeitamento permanente de pagar unha débeda que non contraemos, a autonomía das formas de vida do coñecemento e a produción.

Unha evolución violenta do movemento anticapitalista sería pouco intelixente, posto que ninguén cre na posibilidade de derrotar ás forzas armadas dos estados, último residuo do seu poder nacional. Nalgúns casos asistimos, e asistiremos a masivas explosións de violencia precaria, como no catro noites de rabia de agosto de 2011 en Inglaterra. Non o debemos criminalizar nin debemos sorprendernos. A violencia sistemática do finanzismo comprime o corpo social, xeracións enteiras ven abocadas a un futuro de miseria e escravitude, o cinismo da clase dominante é repugnante: fenómenos de explosión psicótica son totalmente comprensibles. A sublevación non os xulga, pero os cura, reconstruíndo as condicións para a solidariedade do corpo social para a insolvencia en masa e para a autonomía da sociedade do dominio do capital financeiro.

En 2011 o traballo precario e cognitivo rebelouse: da revolta estudantil de Londres á acampada española pasando pola ocupación de Wall Street e a revolución tunisiana e exipcia parecía que a sublevación podería deter a ofensiva do sistema bancario.

Foi o comezo dunha sublevación que pretendía restituír solidariedade á vida cotiá e corporeidade ao intelecto xeral. A revolta non soubo entón transformarse nun proceso continuo, o intelecto xeral precario non logrou recompor a súa corporeidade, e a sociedade entrou nunha fase de depresión da que non saíu aínda.

Desde Roma o 19-Ou é un chamamento ás forzas do traballo precario cognitivo para que xuntos podemos saír da depresión e podemos iniciar un movemento persistente de insolvencia e de autorganización.

Debilitada polo ataque finanzista a Unión Europea é zombie.

Un sentimento de rancor impotente exprésase en formas de nacionalismo e de racismo. O Mediterráneo converteuse nunha fosa común, e campos de concentración raciais levántanse en todo o territorio da Unión. Amencer Dourado en Grecia, o reemergente conflito entre o nacionalismo e o independentismo en España, a ditadura e o racismo en Hungría, o ascenso da Fronte Nacional que se presenta como forza maioritaria en Francia.

O Banco Central Europeo está a entregar aos nacionalistas o goberno de Francia, país sen o cal Europa non significa nada. O pacto de paz entre franceses e alemáns está a racharse e romperá cando a Fronte Nacional sexa o partido maioritario. Nese momento, a agonía da Unión dará paso á guerra civil.

Italia permaneceu á marxe do movemento de 2011, debido a que moitos inxenuos creron que o problema se reducía ao poder dun vello caimán mafioso. Pero agora que o vello mafioso agoniza, nada cambiou senón a peor, e a sociedade atópase nunha angustia cada vez día máis sufocante.

A sublevación Europea pode reiniciarse desde Roma, se sabemos evitar que a cita do sábado 19 de outubro convértase nun incendio furioso e sen continuidade, se sabemos evitar unha trampa que podería provocar depresión e desintegración, se sabemos transferir a enerxía dun día nun proceso xeneralizado e permanente de autonomía solidaria.

Texto original: "Il pilota automatico e la sollevazione" di Franco Berardi (Bifo)

Entrevista de Verónica Gago a Franco Berardi (Bifo) en LaVaca.org:
Quen é e como pensa Bifo? Capitalismo e subxetividades.

-x-x-x-x-x-x-x-x-x-x-


Franco Berardi, mais conhecido por Bifo (Bolonha, 1949), é um filósofo, escritor e agitador cultural italiano. Oriundo do movimento operaísta, foi professor secundário em Bolonha e sempre se interessou sobre a relação entre o movimento social anticapitalista e a comunicação independente.

O comité Cidadán de Emerxencia resposta ao Presidente de Reganosa


Resposta do CCE ao Pte. Reganosa


A Planta de Reganosa dende a entrada en funcionamento no 2007, nunca superou o 40% da súa capacidade de produción, a pesares diso os promotores de Reganosa e a Xunta do Sr, Feijoo viñeron reclamando nestes últimos anos a necesidade de case triplicar a capacidade de regasificación.

A realidade ven a demostrar o engano dos promotores de Reganosa para xustificar a súa construcción e acadar a Autorización de Construcción. Os promotores alegaron que tiñan comprometido o 80% da súa produción cos ciclos combinados de As Pontes e Sabón. Os Ciclos Combinados dende a súa posta en marcha cando non están parados apenas chegan ao 20% de funcionamento e o subministro de Reganosa ós ciclos e do 4%.

Quere isto dicir que a realidade está moi lonxe das optimistas afirmacións do presidente de Reganosa. A empresa é innecesaria. Lonxe de ser impulsora da economía, constitúe un pesado lastre que só nos custa diñeiro aos contribuíntes pola lei de retribucións do sistema gasista pola que todos estamos obrigados a devolver o diñeiro do investimento. As lixeirezas nas aprobacións de investimentos millonarios, pagámolas todos a través das sucesivas subidas dos recibos do gas e da luz. Tamén os innecesarios e infrautilizados ciclos combinados foron promovidos polos socios para xustificar a construción de Reganosa.

Defínese como Mínimo Técnico, o nivel de produción mínimo necesario que permita recuperar o gas xerado por boil-off (BOG), en calquera circunstancia de operación, á vez que mantén en frío todas as instalacións, e garante o 100% de dispoñibilidade inmediata do resto dos equipos en condicións de seguridade de funcionamento estable. Como o mínimo técnico para Reganosa está calculado, polas características das súas instalación, en 60 GWh/día e a media de produción do ano 2012 foi tan só de 49 GWh/día, quere dicir que o 88 % do tempo está a traballar por baixo do mínimo técnico, coas consecuencias que ten sobre a seguridade das instalacións e o efecto sobre o medio ambiente. (Datos extraídos das páxinas 80 e 62 do informe anual 2012 do xestor  do sistema). 

A nova vía de negocio de Reganosa, recarga de gaseiros con destino á  exportación, tampouco axuda ao problema de traballar por baixo do mínimo técnico. As operacións de carga e descarga de gaseiros xera mais gas de Boil-off, que logo debe eliminar. Aparte este tráfico implica aumentar o número de operacións de entrada e saída de gaseros cargados. No 2012 foron 12 recargas e 37 postas en frío, o que supón que un 19 % da produción total anual realmente inxectada ao gasoduto.

Como xa dixemos no ano 2002 o Comité Cidadán de Emerxencia e algún  membro da CNE (Comisión Nacional de la Energía) como o Sr. Unda, os gasoductos teñen a capacidade suficiente para subministrar gas ós ciclos combinados. A planta de Reganosa é innecesaria, unicamente xustifican a súa escasa produción porque teñen pechada a entrada de gas por gasoducto como viña sucedendo hasta o 2007.

2º. Reganosa é unha instalación ilegal trala sentencia inapelable do Tribunal Supremo  do mes de maio de 2102. O proxecto Reganosa carece de Declaración de Impacto Ambiental, incumpre toda lexislación europea e española de seguridade. A recente sentencia do TSJ de Madrid anulando a licencia de construcción da Planta de gas do Musel en Xixón por incumprimento do RAMNIP ( Reglamento de Actividades Molestas, Nocivas y Peligrosas) que esixe unha distancia maior de 2000 m aos núcleos de poboación.- e mostra diso. Reganosa está situada a 100 m das vivendas do núcleo de Meha, a 800 m do Arsenal Militar, a 1500 de Ferrol, a 900 m do nucleo urbano de Mugardos. Os gaseiros cargados con GNL non poden cumplimentar a normativa de emerxencia etc.. Reganosa é unha bomba no corazón da ría que ameaza a poboación de Ferrolterra.

Reganosa ven destruíndo o ecosistema da Ria. A planta de gas de Reganosa pode captar ata 300.000 tons. diarias de auga para ser utilizadas no proceso de regasificación, que son esterilizadas  utilizando lixivia e posteriormente vertidas  para o mar contaminadas e cun salto térmico de – 6º centígrados. Reganosa non ten autorización para utilizar este modelo de regasisficación. Se o dano producido ata agora non se percibe facilmente como tal, é precisamente grazas á baixa produción da planta que, por tanto, utiliza menos auga que a autorizada.

Reganosa atenta directamente contra o medioambiente acelerando o efecto invernadoiro. Segundo a declaración de efectos ambientais (DOG nº 217 de 7 novembro de 2003), no caso de sobrepresión nos tanques, liberarase o gas mediante chemineas de escape de gases de emerxencia que quentarán este gas co fin de que a dispersión sexa rápida. A axencia ambiental Americana EPA clasifica os gases de efecto invernadoiro asignando un valor de 1 ao efecto do CO2. Con esta base o metano ten un potencial 21 veces maior que o CO2.

Reganosa é un proceso continuado de corrupción, forma parte da burbulla enerxética que conta coa complicidade dos diferentes escalóns da administración.

A Xunta de Galicia, que aínda tenta, a través do Grupo do PP no Parlamento europeo, impedir que o informe da Delegación que nos visitou en febreiro recolla a realidade dunha instalación perigosa e destrutiva do ecosistema da Ria . A Xunta de Galicia participa no accionariado de Reganosa, unha empresa privada que explota una instalación ilegal e sumamente perigosa, que saquea os recursos cidadáns, a través do aumento das tarifas eléctricas e do gas e que mantén no seu Consello de Administración a persoeiros como José Luis Méndez, ex director de Caixa Galicia, responsable do seu crack e que se levou millóns de euros.

Por todas estas razóns, o CCE esixe o Peche Xa!

Ferrol a 17-10-2013


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia

-comitecidadan@gmail.com-
18 de outubro de 2013 13:26
__________________

As dez cosas que deberiamos saber sobre os crimes do franquismo, ... Por Joaquim Bosch

O portavoz de Xuíces para a Democracia publica no seu perfil de Facebook un decálogo para acabar coa 'vergonza' de que máis de 100.000 persoas asasinadas sigan en fosas comúns.

Joaquim Bosch, portavoz da asociación progresista Xuíces para a Democracia, quixo explicar de forma sinxela e a través dun decálogo a súa postura sobre a situación das familias das vítimas do franquismo e a "vergonzosa" actuación de Goberno español ao non favorecer nin sequera a recuperación dos seus restos. España, recorda o maxistrado, é o segundo país do mundo con maior número de desaparecidos, detrás de Camboya.

"Ante esta situación todos podemos facer moito. É perfectamente posible que os mortos polas súas conviccións democráticas saian por fin das fosas. Xeremos un amplo estado de opinión a favor das exhumacións. Reclama ao Goberno que respecte o dereito dos familiares a recuperar os restos dos seus seres queridos. Non esquezamos a quen deron a súa vida por unha sociedade máis xusta. Pásao".

As dez cosas que deberiamos saber sobre os crimes do franquismo

Joaquim Bosch, portavoz da asociación progresista Xuíces para a Democracia, quixo explicar de forma sinxela e a través dun decálogo a súa postura sobre a situación das familias das vítimas do franquismo e a "vergonzosa" actuación de Goberno español ao non favorecer nin sequera a recuperación dos seus restos. España, recorda o maxistrado, é o segundo país do mundo con maior número de desaparecidos, detrás de Camboya.

As "dez cosas que deberías saber sobre os crimes do franquismo" son, segundo expón Joaquim Bosch na súa páxina de facebook, as seguintes:

1.- O 18 de xullo de 1936 non comezou unha guerra civil. O que ocorreu foi que un grupo de militares deu un golpe de estado contra un goberno elixido democraticamente.

2.- O golpe de estado foi apoiado de forma militar, ideolóxica e económica pola Alemaña de Hitler. Cando a rebelión non triunfou en todo o territorio, a Alemaña nazi empezou a probar o seu armamento contra civís indefensos, nun ensaio do que faría posteriormente en Europa.

3.- Centos de miles de persoas morreron como resultado da contenda. Aínda seguen enterradas en fosas comúns máis de 100.000 persoas, que foron asasinadas por quen se levantaron contra a orde constitucional.

4.- A maioría das persoas que seguen sen identificar nas fosas non irían a ningunha guerra. Foron exterminadas dentro da estratexia do golpe militar de eliminar calquera posible disidencia e atemorizar ao conxunto da poboación.

5.- Pinochet confesou a súa admiración por esta forma de alzamento militar e aplicouna en Chile. Foi un dos poucos xefes de Estado que acudiu ao funeral de Franco.

6.- A represión non terminou en 1939. Os crimes, torturas e graves violacións de dereitos humanos prolongáronse durante décadas, ata o final do franquismo. O prestixioso historiador Paul Preston sinalou que non existe equivalente en Europa respecto de a intensidade e duración destas atrocidades de Estado.

7.- España é o segundo lugar do mundo con máis desaparecidos, por detrás de Camboya. A ONU esixiu aos nosos poderes estatais que protexan os dereitos dos familiares das vítimas do franquismo.

8.- O Tribunal Supremo considerou que xa non podían ser investigados penalmente os crimes do franquismo. Remitiu aos familiares das vítimas á Lei da Memoria Histórica, para que por parte da administración pública procedésese ás exhumacións dos restos mortais. O Goberno actual paralizou ao comezar o seu mandato o plan de exhumacións que se iniciou no seu momento.

9.- Resulta vergonzoso que un Estado democrático manteña sen identificar e sen unha sepultura digna ás vítimas mortais dun réxime totalitario.

10.- Ante esta situación todos podemos facer moito. É perfectamente posible que os mortos polas súas conviccións democráticas saian por fin das fosas. Xeremos un amplo estado de opinión a favor das exhumacións. Reclama ao Goberno que respecte o dereito dos familiares a recuperar os restos dos seus seres queridos. Non esquezamos a quen deron a súa vida por unha sociedade máis xusta. Pásao.

Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
19 de outubro de 2013 16:58
http://www.fucobuxan.net/
____________

Loita pola Dignidade, ... Por José Manuel Pena, portavoz de Stop Desafiuzamentos de Barbanza

A LOITA POLA DIGNIDADE

Por José Manuel Pena [*]
21.10.2013


A soidade, a angustia e a indefensión coa que se atopaba unha muller da Comarca, do Barbanza que a punto estaba de quedarse na rúa, por culpa dun procedemento de execución hipotecaria iniciado a instancias dunha coñecida entidade financeira, moveunos a tomar as rendas e constituír unha Plataforma para protexer ás familias humildes do poder "omnipotente" das entidades financeiras e presionar á clase política sobre a necesidade de garantir, de xeito efectivo, o dereito de todo cidadán a unha vivenda digna.

Eramos conscientes da cruzada que iniciabamos contra o poder político e financeiro pero nunca cremos atoparnos con tal cantidade de familias afectadas, en máis de ano e medio de vida, case un centenar coa total imposibilidade de facer fronte ás súas obrigacións hipotecarias, e moitas delas con graves dificultades para chegar a fin de mes, até sen nada que levarse á boca.

Comezamos con entrevistas cos máximos responsables municipais e os departamentos de servizos sociais acompañadas de campañas, nos diferentes medios de comunicación, ao obxecto de que a propia sociedade civil fose consciente da necesidade de loitar e opoñerse aos abusos bancarios, obrigando ás entidades financeiras a negociar antes de que ningunha familia humilde, por causas económicas, tivese que perder a súa vivenda habitual.

Refinanciamento dos préstamos, moratorias, dacións en pago, alugueres sociais e cantidade de fórmulas existentes, todas elas para chegar a acordos puntuales coas entidades antes de que unha soa familia quedásese na rúa. Un ano e medio despois leste, sen ningunha dúbida, foi un obxectivo sobradamente cumprido.

Tamén nos centramos en recoller firmas, para presentar a Iniciativa Lexislativa Popular no Congreso dos Deputados, na Comarca co apoio de máis dun milleiro de persoas. Ao final a "chantaxe" do poder financeiro puido máis que a "sensatez" da clase política. Boas palabras e intencións pero os desafiuzamentos séguense producindo, nun país con máis de seis millóns de persoas sen emprego; con máis de tres millóns de familias que viven na pobreza extrema e, nos últimos catro anos, con máis de medio millón de desafiuzamentos de familias humildes.

Non tardaron en implicarse co noso labor, de carácter permanentemente altruísta, o Valedor do Pobo e varios profesionais liberais de prestixio (avogados e analista financeiros) e coa suficiente experiencia para opoñerse aos procedementos xudiciais e a presionar ás entidades financeiras para obter o compromiso firme de non desaloxar a ninguén da súa única vivenda.

Tamén comezaron a saír as primeiras sentenzas xudiciais, dalgúns tribunais superiores, que protexían os Dereitos Humanos das familias contra a usura e o abuso da maioría das entidades: cláusulas e intereses abusivos, concesión de hipotecas lixo, tasaciones irregulares e concesión de préstamos hipotecarios coas garantías de avalistas, a propósito da clara imposibilidade de que a familia, en poucos anos, puidese seguir cumprindo coas súas obrigacións crediticias e o banco se incautaría de varias vivendas para logo especular e vendelas ao mellor postor, malia presumir, na maioría dos casos, de que cumprían co código das boas prácticas bancarias.

Moi pronto nos demos conta de que Bruxelas legislaba para protexer aos consumidores, mentres Madrid continuaba amparando o saqueo do patrimonio dos bancos por parte dalgúns membros dos consellos de administración con indemnizacións multimillonarias e suculentos plans de pensións. Mentres milleiros de familias xa apenas poden pensar en pagar a hipoteca cando nin son capaces de alimentar, vestir e costear os estudos dos seus fillos. Moitos dos seus membros, con graves secuelas psicolóxicas, polo acoso constante dos responsables das entidades financeiras e con numerosos intentos de suicido ás súas costas. Seguiremos loitando pola dignidade de todas estas familias porque cada vez somos máis e os verdugos xa están contra as cordas.

[*] José Manuel Pena, é portavoz de Stop Desafiuzamentos de Barbanza. j.mpena@hotmail.com

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
20 de outubro de 2013 21:46
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
_________________

sábado, outubro 19, 2013

Hoxe, Sábado 19 de Outubro seguen, en Ferrol Terra, ás 11:00hs, as I Xornadas en Defensa da Sanidade Pública, cunha Mesa Debate sobre a 'A Relación Público/Privada' (Incompatibilidades, Concertos, Listas de Espera, Xestión)


I XORNADAS SANIDADE PÚBLICA

Ferrol, 18 e 19 de Outubro de 2013.
Salón de Actos da Fundación NovaGaliciaBanco.
Na Praza do Cantón
.

Hoxe, Sábado  19 de Outubro comezan, ás 11:00hs, as I Xornadas sobre a defensa da Sanidade Pública, en Ferrol Terra, cunha Mesa Debate sobre a'A Relación Público/Privada' (Incompatibilidades, Concertos, Listas de Espera, Xestión), Moderada por Ana Jesús López Díaz, Directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña. E participando como relatores: a Dra. Mª Luísa Lores Aguín e o Dr. Carlos Piñeiro Díaz..

Posteriormente está previsto, ás 12:30hs que comece a Mesa Redonda: 'Pacto político pola Sanidade Pública, Universal e Gratuíta'. Moderada por Germán Castro Tomé, ex-director do xornal comarcal Diario de Ferrol, e paricipando no acto membros dos  Grupos parlametarios de PP, PSOE, AGE e BNG, da cámara Galega. Conta-se coa presencia de: Miguel Angel Santalices Vieira (Grupo PP - sen confirmar ou substitut@),  Beatriz Sestayo Doce (Grupo PSdeG-PSOE), Eva Solla Fernández (Grupo AGE ) e Mª. Montserrat Prado Cores (Grupo BNG).

Algúns datos de interese das persoas relatoras que participan hoxe
:

Maria Luísa Lores Aguín: Especialista en Radioloxía, coautora do libro A Saúde como Negocio da editorial Laiovento | Pertence a Federación de Asociación para a Defensa da Sanidade Pública | Ex Directora Asistencial do Complexo Hospitalario de Pontevedra | Exerce no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Carlos Piñeiro Díaz:  Médico de Atención Primaria no Centro de Saúde de Narón.Master en Saúde Pública.Fundador de AMICOR (Asociación de Amigos do Corazón). Colaborador de AGAVIDA( Asociación Galega de Víctimas do Amianto).
---
Organiza as Xornadas: a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, integrada na plataforma galega 'SOS Sanidade Pública'.
______________

O gaseiro LNG 'Iberica Knutsen', que fai o 156 cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para Reganosa, entrou esta madrugada na Ría de Ferrol - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova acción de denuncia e protesta


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA
(NOVO HORARIO)
ÁS 7 DA TARDE, DO SÁBADO 19 DE OUTUBRO

O gaseiro LNG 'Iberica Knutsen', é un buque procedente de Port Said (Exipto), con bandeira de Noruega,  de grande porte, 277 m de eslora e 43.44 m de manga e cun calado 12.10 m. Cunha capacidade de 138.000 m³ de GNL. Son miles as toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este enorme buque xa entrou esta madrugada na Ría de Ferrol, hoxe Sábado 19 de Outubro de 2013. Esta entrada, supon xa a 156, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.


Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Sábado ás 7 da Tarde (Novo horario despois de pasado o verán), en Ferrol, na praza Amada garcia, diante do edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Hai máis dun ano que se dictou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
17 de outubro de 2013 23:58
_______________

Resolución de Estrasburgo sen precedentes ante unha masiva mobilización para defender a 16 familias realoxadas no Bloc Salt (Xirona) - Tralo varapalo xudicial de Estrasburgo a PAH esixe a SAREB e Generalitat unha reunión urxente para negociar o aluguer social


Resolución de Estrasburgo sen precedentes ante unha masiva mobilización para defender a 16 familias realoxadas no Bloc Salt, un bloque de vivendas propiedade da SAREB ou banco malo, recuperado pola a PAH no marco da campaña "Obra Social"

O Bloc Salt converteuse nas últimas semanas no símbolo de dous modelos contrapostos: o do Banco Malo e a vulneración de dereitos humanos por unha lado, e o da autotutela de dereitos fronte ao baleiro gobernamental, polo outro.

Desde que, a principios de setembro, a Audiencia Provincial de Xirona comunicou data de desaloxo para as 43 persoas que viven no edificio de Salt, a PAH activou todas as vías posibles para detelo e forzar unha solución para as familias. Onte e hoxe, un milleiro de persoas de todas as plataformas do estado e solidarios acudiron a Salt (Xirona) para evitar este macro-desafiuzamento. A mobilización ha ter unha gran repercusión social e numerosos medios de comunicación fixéronse eco dela.

A medida cautelar de TEDH


A mobilización cidadá masiva en defensa do Bloc Salt veu acompañada dunha resolución de última hora do Tribunal de Estrasburgo que forza á suspensión cautelar do desalojo. Unha resolución que supón un toque de atención ás administracións españolas e catalás, e que esixe un cambio radical na política da SAREB.

O pasado 4 de outubro, e tras esgotar a vía interna, a PAH presentou recurso ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) para solicitar pola vía de urxencia a paralización do desaloxo do Bloc Salt, ao considerar que se estaban vulnerando dereitos fundamentais das persoas afectadas.

Hoxe, o TEDH notificou a suspensión cautelar do desaloxo, e dá prazo ao Goberno español até o día 24 de outubro para que expoña cales son as medidas que as autoridades locais pretenden implementar para previr a vulneración dos artigos 3 (prohibición de tratos inhumanos ou degradantes) e 8 (dereito ao respecto á vida privada e familiar, incluída a inviolabilidade do domicilio) da Convención Europea de Dereitos Humanos, especialmente en relación aos menores, e concretamente as medidas sobre vivenda e asistencia social.

Unha vez recibida a resposta do Goberno español, o 29 de outubro o Tribunal resolverá si mantén ou non a suspensión cautelar.

Esiximos unha reunión urxente para regularizar un aluguer social

Recordamos que a situación do estado español é unha auténtica anomalía no contexto europeo. Calquera goberno que se considere minimamente democrático xa reaccionaría fronte á urxencia habitacional na que vivimos. Sería xa que logo inconcibible que as administracións públicas non reaccionasen fronte ás demandas cidadás e seguisen sen actuar tralo grave revés de Estrasburgo á súa posición. É por iso que desde a PAH esiximos ao Goberno e á Generalitat de Catalunya que convoquen unha reunión entre SAREB, PAH, Banco Mare Nostrum (o xestor do Bloc Salt) e as administracións públicas competentes en materia de vivenda, é dicir, a mesma Generalitat e o Concello de Salt. Unha reunión que sirva para resolver un aluguer social para as familias que actualmente viven no bloc Salt. Estrasburgo deu un prazo moi breve ás administracións públicas -estatais e autonómicas- para garantir que non se vulneran os dereitos fundamentais das familias afectadas: o 24 de outubro. Neste caso, a solución está afortunadamente ao alcance de todos: trátase de regularizar a situación das familias a través dun aluguer social.

A SAREB ou Banco Malo: un expolio á cidadanía

Mentres o estado español vive unha auténtica urxencia habitacional, as vivendas baleiras en mans dos bancos son máis que abundantes. Mentres as administracións públicas non teñen apenas vivendas para dar resposta á situación límite na que se atopan miles de familias, a SAREB acumula miles de vivendas baleiras. Pero a peor das paradoxas é que a mesma SAREB é unha sociedade creada polo Goberno, seguindo ordenes da Troika. É, pois, unha iniciativa pública que, unha vez máis, en lugar de rescatar persoas persegue rescatar á banca saneándoa de activos tóxicos. O seu capital inicial pagámolo xa os cidadáns: máis de 50.000 millóns de euros, máis unha débeda bancaria que tamén avala o Estado. É ademais un dobre rescate, posto que os activos que xestiona son de entidades nacionalizadas, como Bankia ou CX, que xa recibiron rescates millonarios. Miles de vivendas pagas con diñeiro público que se negan a alugar porque pretenden malvenderlas a fondos voitres e grandes inversores nacionais e internacionais.

Obra Social da PAH: si se pode facer efectivo o dereito á vivenda

Tendo en conta todo o anterior, a campaña da Obra Social a PAH, que realoxa familias desafiuzadas en vivendas baleiras en mans das entidades financeiras e o Banco Malo, é hoxe máis necesaria que nunca, é unha obrigación democrática e unha necesidade.

Sen esta campaña de auto-tutela de dereitos a través da desobediencia civil, a resolución de hoxe de Estrasburgo fose pouco menos que imposible. De novo, a mobilización cidadá en defensa dos dereitos humanos forzou que instancias internacionais dén un toque de atención ás administracións do Estado español. Pero aínda máis importante, grazas á Obra Social da PAH hoxe máis de 700 persoas desafiuzadas foron realoxadas en 14 edificios recuperados. O mesmo día no que se coñecía a noticia da paralización do desaloxo de Salt, a PAH Valencia facía pública a recuperación dun bloque de vivendas propiedade de BBVA no marco da campaña Obra Social a PAH. Mentres administracións públicas escorren o vulto e escúdanse na falta de competencias para non enfrontarse aos intereses bancarios, a cidadanía actúa e fai efectivos dereitos. Que saiban administracións, bancos e inversores e fondos voitre que isto só é o principio, que non nos deixaremos roubar o patrimonio colectivo. As vivendas rescatadas deben ser para os cidadáns e cidadás que as necesiten. Seguiremos recuperando vivendas, parando desaloxos e recorreremos a todas as instancias internacionais posibles. Trátase de facer xustiza.



http://youtu.be/wekMLk6_1VE


http://youtu.be/AqR7Cyl1RvQ

_____________

RESUMINDO:

A mobilización cidadá e a resolución de Estrasburgo esixen pois unha reunión urxente entre SAREB, Mare Nostrum, PAH e Generalitat para resolver un aluguer social no Bloc Salt. Trátase dunha cuestión de dereitos fundamentais. A cidadanía está actuando. A Generalitat non debe esperar máis. A SAREB debe ceder. Necesitamos solucións urxentes e reais XA.

Escrito ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo e resolución do TEDH para descarga.

O Observatori DESC fixo público o escrito presentado ante o TEDH no seu web.

Podedes descargar o escrito ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo solicitando suspensión cautelar do desaloxo do edificio de Salt en formato .doc  e en formato .pdf.

Resolución de Estrasburgo:

Páxina 1
Páxina 2
Páxina 3
Páxina 4
Páxina 5
Páxina 6
Páxina 7
Páxina 8
Páxina 9


Enviado polas PAHs | 17.10.2013

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
19 de outubro de 2013 00:10

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

___________________

venres, outubro 18, 2013

Hoxe, venres 18 de Outubro comezan, ás 17:30hs, as I Xornadas sobre a Sanidade Pública, en Ferrol Terra, cunha Mesa Debate sobre a 'A Contrarreforma Sanitaria'


I XORNADAS SANIDADE PÚBLICA

Ferrol, 18 e 19 de Outubro de 2013.
Salón de Actos da Fundación NovaGaliciaBanco.
Na Praza do Cantón
.

Hoxe, venres 18 de Outubro comezan, ás 17:30hs, as I Xornadas sobre a Sanidade Pública, en Ferrol Terra, cunha Mesa Debate sobre a 'A Contrarreforma Sanitaria' (Recortes/Repagos/Privatizacións o RD Lei 16/2012 e a Lei de Garantías Sanitarias), moderada por Xosé Miguel López, presidente da Asociación Veciñal de Esteiro, un dos promotores e impulsores da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol. Nesta primeira Mesa das Xornadas, esta previsto que participen como relatores o Dr. Pablo Vaamonde García e o Dr.Manuel Martín García.

Posteriormente está previsto, ás 19:00hs que comece a segunda Mesa Debate, moderada polo concelleiro de Narón Dr. Manuel A. Ramos Rodríguez, sobre 'A Atención Primaria: a prioridade necesaria e o Gasto Farmacéutico', participando como relatores o Dr.Jesús Sueiro Justel e o Dr.Bernardino Pardo Teijeiro.

Mañá continuaran as Xornadas co seguinte Programa:

Sábado 19 de Outubro

Ás 11:00hs  Mesa Debate: 'A Relación Público/Privada' ( Incompatibilidades, Concertos, Listas de Espera, Xestión).

Moderada por Ana Jesús López Díaz, Directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña. E participando como relatores: a Dra. Mª Luísa Lores Aguín e o Dr. Carlos Piñeiro Díaz.


Ás 12:30hs Mesa Redonda: 'Pacto político pola Sanidade Pública, Universal e Gratuíta'.

Moderada por Germán Castro Tomé, ex-director do xornal comarcal Diario de Ferrol, e paricipando no acto membros dos  Grupos parlametarios de PP, PSOE, AGE e BNG, da cámara Galega. Conta-se coa presencia de: Miguel Angel Santalices Vieira (Grupo PP - sen confirmar ou substitut@),  Beatriz Sestayo Doce (Grupo PSdeG-PSOE), Eva Solla Fernández (Grupo AGE ) e Mª. Montserrat Prado Cores (Grupo BNG).

Algúns datos de interese das persoas relatoras
:

Pablo Vaamonde García: Médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006.

Manuel Martín García: Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, portavoz de SOS Sanidade Pública e presidente da Federación de Asociacións en Defensa da Sanidade Pública do Estado Español | Exerce no Centro de Saúde de Seixo en Pontevedra.

Jesus Sueiro Justel: Presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) | Exerce no Centro de Saúde Concepción Arenal de Santiago | Promotor da campaña de obxección de conciencia para seguir atendendo ás persoas inmigrantes en situación irregular fronte ao RD Lei 16/2012.

Bernardino Pardo Teijeiro: Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria | Exerce no Centro de Saúde de Nadela en Lugo | Vicepresidente de ASPNAIS, asociación dedicada ao coidado de discapacitados | Colabora con Unicef e Adega.

Maria Luísa Lores Aguín: Especialista en Radioloxía, coautora do libro A Saúde como Negocio da editorial Laiovento | Pertence a Federación de Asociación para a Defensa da Sanidade Pública | Ex Directora Asistencial do Complexo Hospitalario de Pontevedra | Exerce no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Carlos Piñeiro Díaz:  Médico de Atención Primaria no Centro de Saúde de Narón.Master en Saúde Pública.Fundador de AMICOR (Asociación de Amigos do Corazón). Colaborador de AGAVIDA( Asociación Galega de Víctimas do Amianto).
---
Organiza as Xornadas: a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, integrada na plataforma galega 'SOS Sanidade Pública'.
______________

Os negocios na Sanidade Pública, ... Por Pablo Vaamonde

Por Pablo Vaamonde [*]
18.10.2013


O goberno central e as autonomías gobernadas polo PP están a adoptar decisións moi relevantes no terreo sanitario impulsados por dous tipos de motivacións: por razóns ideolóxicas e por afán de lucro

O PP está a impoñer medidas –como o RD 16/2012- que nos devolven a unha sanidade dualizada (porta para os ricos, porta para os pobres; aseguramento privado para os poderosos, beneficencia para os máis necesitados) na que sectores da poboación cada vez máis amplos quedarán excluidos da cobertura sanitaria universal, que constitúe un elemento clave para a cohesión social e a equidade. As medidas impostas co desenvolvemento desta lei levan a milleiros de persoas ao borde da pobreza e a exclusión social, mentres os seguros privados están a aumentar o seu mercado de forma progresiva. A ideoloxía clasista  e supremacista dos actuais dirixentes é a que os impulsa a impor estas decisións (incumplindo de forma basta as promesas electorais, ainda tan próximas). 

Mais hai outra razón poderosa para a toma de decisións desde o poder político: a busca de lucro privado a costa do diñeiro público. Lembremos que arredor do corenta por cento do orzamento das Comunidades Autónomas vai destinado aos servizos sanitarios. É moito diñeiro o que move a sanidade pública para que os actuais dirixentes -e os empresarios e financeiros afíns que actúan como lobbys-  o deixen circular, para o beneficio colectivo, sen tentar a súa apropiación. 

O Sistema Nacional de Saúde (SNS) español é un dos máis eficientes do mundo, pois consegue uns excelentes indicadores de saúde cunha inversión do PIB das máis baixas da contorna. Mais con todo, desde a publicación do Informe Abril en 1991, a dereita española repite continuamente as mesmas falacias: o sistema sanitario é insustentable, e faise preciso separar financiación de provisión dos servizos pois a xestión privada é mais eficiente que a pública.

Os servizos públicos son viables se hai vontade política de apoialos (aumentando os ingresos públicos cunha fiscalidade progresiva), e o sector privado –os chamados mercados-  xa ten probada a súa inoperancia: empresarios e sector financeiro son os responsables da crise que agora castiga aos traballadores. As experiencias noutros países tampouco apoian as medidas externalizadoras: a privatización dos hospitais do Reino Unido, en tempos de Margaret Thacher, provocou un grave deterioro do NHS, ata aquel momento un referente a nivel internacional. Mais, en contra de toda evidencia, o PP impulsa sen desmaio as medidas privatizadoras do SNS. A privatización pode ser completa (mediante a concesión da xestión hospitalaria a unha empresa) ou parcial (por medio das chamadas externalizacións, que poñen en mans privadas aquelas parcelas da actividade sanitaria con máis posibilidades de lles producir beneficios).

-O primeiro hospital privatizado en España foi o de Alzira (Valencia), inaugurado en 1999, xestionado por unha Unión Temporal de Empresas (UTE) mediante unha concesión administrativa: a Generalitat paga un canon anual pola poboación atendida  e a empresa encárgase da xestión completa do hospital. Mais as contas non saían e en 2003 o goberno valenciano rescatou Alzira e incrementou o seu canon. A pesar desta experiencia negativa as privatizacións continuaron e hoxe sabemos o resultado: o 20% da poboación de Valencia recibe asistencia sanitaria mediante este modelo de concesión, a sanidade valenciana está en quebra e a empresa que puxo en marcha Alzira, Ribera Salud, hoxe é un xigante da sanidade, que xestiona numerosos servizos en todo o Estado (sobre todo en Valencia e Madrid).  Sen reparar nas consecuencias negativas desta experiencia, o PP segue a impulsar a privatización completa dos centros sanitarios: en Madrid, en Castela-A Mancha, en Galicia. A intensa contestación social contra destas medidas e o clima de incerteza que vive o sistema financeiro fan que moitos destes proxectos avancen con dificultade ou mesmo estean parados neste momento (como o novo hospital de Vigo, donde a UTE responsable do proxecto non foi capaz de conseguir financiamento para continuar a construcción). Mais os dirixentes do PP teñen un plan B: alí donde non é posible a privatización completa do hospital realizan externalizacións masivas e impulsan experimentos como as Unidades de Xestión Clínica (UXC) que facilitan o camiño da privatización de amplas áreas da actividade sanitaria.

-As externalizacións. En todas as comunidades se realizan, mais en Galicia Núñez Feijóo xa avisou hai tempo: é partidario de privatizar todo o que non sexa o núcleo duro da sanidade. Xa existían tarefas privatizadas  (hostelería, seguridade, limpeza, mantemento, cociña), pero comezou unha carreira contrarreloxio que aínda non rematou. Os servizos de información, a central de chamadas, a plataforma informática,  a central de compras, o centro de almacenamento e suministro etc. Todas estas áreas foron entregadas a mans privadas para a súa xestión.  A última privatización coñecida é a da xestión da alta tecnoloxía diagnóstica e terapéutica. Mediante a figura administrativa do “diálogo competitivo”  o Sergas cede ás empresas privadas do sector o control da renovación tecnolóxica dos seus centros cun contrato que pode chegar aos 200 millóns de euros. A Administración abandoa o seu deber de control e supervisión e concédelle ás empresas a capacidade de decidir a implantación de novas tecnoloxías diagnósticas, moi caras e con problemas técnicos non resoltos, polo que non se utilizan ainda para o diagnóstico clínico (en Europa nin nos EEUU) por non estar debidamente avaliadas  nin contrastada a súa relevancia para a práctica clínica. O Sergas pagará os custes, os pacientes asumirán os riscos –de someterse a exploracións pouco avaliadas-, e as empresas poderán conseguir elevados beneficios.

-As Unidades de Xestión Clínica. Esta proposta obedece a un propósito. Alí donde non poidan privatizar o hospital enteiro tentarán privatizar determinadas áreas clínicas, sobre todo aquelas que poidan proporcionar máis beneficio económico. Os promotores desta estratexia mezclan, con toda a intención, propostas clinicas e organizativas (integración de Primaria e Especializada, coordinación de niveis,  impulso dos procesos asistenciais) con cuestións xerenciais e laborais que non teñen ningunha relacion. Para promover a coordinación asistencial non é preciso modificar o réxime xurídico do persoal nin a persoalidade xurídica das unidades que a levan a cabo.

O Ministerio de Sanidade e o chamado “Foro da Profesión Médica” acordaron que “se promoverá un marco jurídico específico del profesional médico del SNS y un modelo de retribución voluntario vinculado a la gestión clínica que favorezca los principios de excelencia profesional y de gobernanza del sistema sanitario público”.  Isto supón que o persoal que se integre deberá aceptar a laboralización, coa perda dos dereitos que hoxe ten o persoal estatutario, e as UXC poderán constituírse en empresas autónomas con personalidade xurídica propia e con participación do sector privado. Isto representa un serio perigo para o futuro dos centros sanitarios e do seu persoal. Poderán crear microempresas dentro dos centros para competir entre sí e coa posibilidade de dar entrada a empresas sanitarias, industria farmacéutica e de tecnoloxía sanitaria na provisión e xestión dos servizos.  Este desorden vai facilitar a prevalencia dos intereses privados sobre os criterios de servizo público. O SNS pode quedar fragmentado en numerosos reinos de taifas, dos que sacarían beneficio o capital privado e os grupos empresariais. O Sergas xa está a promover as UXC nas áreas sanitarias e vai publicar un Decreto para amparar este proxecto. Se non atopa resistencia continuará nesta estratexiaprivatizadora, que beneficia ás empresas e á pléiade de xerentes que hoxe viven do sistema, mais representa un severo prexuicio para os traballadores sanitarios e os usuarios da sanidade pública.



Blogue persoal de Pablo Vaamonde:

Pavillón de Repouso

http://pablovaamonde.blogspot.com.es/

[*] Pablo Vaamonde, nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.

Publicado no seu Blogue persoal | 17.10.2013.

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
17 de outubro de 2013 23:48

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com/

________

xoves, outubro 17, 2013

Unha nena, ... Por Rosa Aneiros

Por Rosa Aneiros [*]
17.10.2013


Afirmei en numerosas ocasións que a literatura debía volver ao xornalismo, de onde foi apartada bruscamente en nome da falsa e sobrevalorada obxectividade, ese mito que erixe en verdade absoluta os feitos sen aceptar que, dependendo da perspectiva dende onde se mire, estes mudan radicalmente. Claro que eu me refería aos recursos estilísticos das pezas informativas, non aos feitos narrados. Cuestionaba o como, nunca o que, aspecto que sigo a crer a cerna básica do oficio: o que. Porén, na práctica xornalística actual, o QUE parecer ser o de menos. E aceptar isto implicaría asumir que son as tendencias e os índices de audiencia os que marcan o exercicio da profesión e non os códigos deontolóxicos, as regras máis elementais do oficio, as normas básicas que rexen a elaboración das pezas in formativas. Porque no caso do asasinato da nena Asunta cruzáronse todas as liñas vermellas.

[*] Rosa Aneiros Díaz, nada en Meirás (Valdoviño) en 1976, xornalista e escritora galega. Na Galipedia.

Enviado por:
radiofusion@radiofusion.eu
-radiofusion@radiofusion.eu-
17 de outubro de 2013 16:17
http://www.radiofusion.eu/
____________

mércores, outubro 16, 2013

Mulleres en folga de fame por unha "protección real" para as vítimas da violencia de xénero - Moi interesante Vídeo 'Folga de Fame - Testemuñas' - Catorce mulleres relatan a indefensión sufrida por parte das autoridades tras sufrir violencia machista, así como a situación de desprotección na que quedan os seus fillos


"Chámome número seis. No xulgado atopeime indefensa, sen avogado. Pedín unha medida cautelar que nin me concederon e agora estou en varios procesos xudiciais, un labirinto, e totalmente indefensa, ao igual que meu fillo. Pídolle á Xustiza que nos deixe ser libres, que nos separe deste círculo de violencia". "Chámome número catro. Tiven unha mala experiencia coa policía, que me dixo que se non estaba segura da denuncia volvese despois. Non me fixeron caso, volvín ao día seguinte e a denuncia non chegou aos xulgados até dez días máis tarde. Non me sentín protexida e teño dúas nenas que están secuestradas polo seu pai, que as levou ao Reino Unido. A Xustiza non actuou e eu quero que protexan as miñas nenas e que as separen do maltratador".

Son só dous duros testemuños dos catorce que a asociación Ve-la luz vén de colgar a través dun vídeo en internet. Fixérono para explicar e denunciar a situación que levou dez delas a comezar unha folga de fame desde a madrugada do pasado luns ao martes e coa que reclaman "un sistema de protección real de mulleres e nenos vítimas da violencia de xénero" que "non fomente o empobrecemento da muller, nin a súa submisión nin a continuación do maltrato".
Dez mulleres comezaron unha folga de fame para reclmar "un sistema de protección real de mulleres e nenos vítimas da violencia de xénero".
Están "cansas, esgotadas e débiles" porque á súa folga de fame úneselle a violencia sufrida polas mulleres e cada un dos problemas derivados dela. "O non comer xúntase a todo o que levamos aguantando", explica Gloria Vázquez, presidenta desta organización contra a violencia de xénero na Coruña e unha das que acumula máis dun día sen comer no local que a asociación ten ao carón da Audiencia Provincial. A folga "é indefinida" e teñen previsto continuar coa iniciativa ata que lles ofrezan "medidas reais de protección" que acaben co sufrimento, as dificultades e as inxustizas que denuncian ante a cámara. Cunha careta que lles cobre o rostro, un veo que agocha o seu cabelo e identificándose a través dun número ou unha letra. "Chámome X".
A folga é "indefinida" e teñen previsto continuar ata que a Adminitración lle ofreza "medidas reais de protección"
"A folga de fame é indefinida atá que se nos ofrezan medidas de protección eficientes. Queremos que se protexa os nenos, que se suspendan as visitas ao pai maltratador cando hai indicios de violencia e que, tras sentenza firme, se lles retire a patria potestade", explica Gloria Vázquez. "Que as vítimas teñan oportunidades de ter outro tipo de vida", insiste.

Protestan pola situación de moitas mulleres que, ademais de sufrir o maltrato, teñen que aturar logo o desleixo da policía ou da Xustiza,  sentenzas que consideran inxustas, o afastamento dos seus fillos ou o acoso dos mesmos que os maltrataron.  Os relatos do vídeo elaborado por estas vítimas arrepían. "Cambiou a fechadura da porta e sigo sen poder acceder á vivenda. Sufrín puñadas e ameazas e solicitei unha orde de afastamento que non me concederon. A policía non me facilitou nin avogado nin nada e non me sentín protexida nin a nivel económico nin xudicial. O meu expediente foi arquivado e o maltratador solicitou a custodia compartida e tena. Cada vez que os nenos van con el volven desquicidados e contra min. Quero unha protección para os meus fillos. Non quero que sufran o mesmo ca min". Este é outro dos testemuños.
Os testemuños denuncian o desleixo da policía e da xustiza en moitas situacións e a indefensión dos nenos que, en moitos casos, seguen convivindo co maltratador.
 "Queremos unha xustiza xusta"

Porque Ve-la luz e as mulleres que continúan a folga de fame denuncian que moitas veces semella que "se xustifica a violencia" de xénero e lembra que case o 60% das denuncias son sobreseídas. Hai casos, como tamén se ve no vídeo e como destacan, nos que a vítima acaba sendo acusada (e incluso condenada) por maltrato, mentres o violento "queda impune". A situación dos fillos é, ademais, outra das principais reivindicacións dun colectivo que ve como, en moitas ocasións, os cativos acaban convivindo co pai denunciado por bater na nai. Obrigados, retidos ou porque se lles concedeu a custodia.

Así, reclaman unha "xustiza xusta" e que se acelere a saída destas mulleres do labirinto xudicial no que moitas veces acaban pechadas. "O sistema e os problemas perpetúanse. Hai casos de mulleres que teñen até 32 xuízos pendentes por incumprimento das medidas adoptadas", lembra Gloria Vázquez, que recorda que a folga de fame tamén denuncia os recortes sufridos nas axudas públicas ás maltratadas e a grave situación na que moitas quedan.
As mulleres denuncian tamén os recortes e reclaman que se reactive o salario da liberdade, paralizado desde o mes de xuño.
"Unha vítima adoita cobrar 426 euros, pero teñen que deixar as súas casas e asumir un aluguer", insiste, tras reclamar que se reactive o salario da liberdade, "que leva desde xuño sen pagarse", así como que se recupere o sistema de atención psicolóxica ás vítimas, que agora abrangue só ás mulleres que teñen unha orde de afastamento. "Actualmente só reciben apoio un 17% das mulleres que o solicitan", resume Gloria Vázquez, que está segura de que "cos recortes, e xa cos novos datos, comprobaremos como a situación é aínda peor".
Ningún representante da Administración se achegou ao local nin se interesou polas súas reivindicacións aínda.
"Mulleres bravas que loitan pola súa liberdade e a dos seus fillos. Que nada nin ninguén te silencio. O silencio faite cómplice", pode lerse no final do vídeo que gravaron. Malia a gravidade, desde Ve-la luz non confían en que representantes da Administración se poñan en contacto con elas para abordar as súas reivindicacións. "Non temos confianza nin esperanza en que iso ocorra. Aínda non veu ningún cargo nin cremos que veña", di. Si pasaron pola sáu sede para apoialas as concelleiras socialistas da Coruña Gloria del Valle e Mar Barcón; César Santiso, de EU; María Xosé Bravo, do BNG, acompañada por outros membros da formación como Carme Adán ou Goretti Sanmartín; Vitoria Louro, de Acción Feminista; Marisa Fernández, de Mundo sin Guerra e Violencia; ou Ricardo Saavedra, de Espazo Ecosocialista.

Miguel Pardo | @depunteirolo

Este vídeo está xerado por vítimas reais , as cales son tratadas como números e que representan a realidade do sistema ofrecido de protección.
Cada caso é o exemplo de centos en Galicia e miles en toda España.
Un sistema que somete diariamente a mulleres e menores.


http://youtu.be/SKeTeYKmUL0


Canle de Asoc. Velaluz Violencia de Género
http://www.youtube.com/user/velaluzgalicia?feature=watch

Publicado en Praza Pública | 16.10.2013

Web da Asociación Vela Luz:
http://www.asociacionvelaluz.es/

Folga de Fame:

Para difundir:
Baixar o cartaz en formato jpg.
Baixar un barner, en formato jpg.
_________

Enlaces relacionados:
_______________________________

Este venres 18 às 20h. "FilispiM vai..." ao Ateneo Ferrolán

Este venres é moi probábel que chova en Ferrol, subirán as temperaturas mínimas e baixarán as máximas e o vento soprará do sul moderado, mais é unha previsión.

O que si é seguro é que “Rádio FilispiM vai … ao Ateneo Ferrolán”. O Colectivo Opaíí! mobilizará este venres 18 de outubro as súas hostes para oferecer a partir das 20:00 h. dende o salón de actos do Ateneo un programa especial de dúas horas que abre un novo ciclo, o “FilispiM vai…”.

Neste programa especial terán voz os protagonistas da senlleira entidade ferrolá. Falarese do pasado, presente e futuro do Ateneo, dos cursos e actividades que se están a levar a cabo ou forman parte consustancial da axenda ateneista, coma o certame de fotografía, a revista Atenea ou, mesmo, o Constantino Bellón. Ademáis,  conversarase coas personas que dan vida as súas instalacións.

Por si todo isto fór pouco, durante o programa especial o autor ferrolá Rubén Artabe interpretará as súas cancións e o programa será gravado e retransmitido en directo ao través do 93.9 FM para toda a comarca e vía streaming para todo o mundo. O Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM e o Ateneo Ferrolán convidan a todo o mundo a disfrutar do programa especial, en directo, coma público.

O ciclo “Rádio FilispiM vai…” terá continuidade noutros colectivos, asociacións e locais da nosa comarca nos vindeiros meses…


Haberá que ir… Esperámoste como público!!



Este Mércores, 16 de Outubro de 2013, de 19:00 a 20:00 horas, no 93.9 da FM, en Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet - O Recuncho, programa radiofónico nº 159, da A.C. Fuco Buxán


Fuco Buxán A.C., segue emitindo o seu programa radiofónico, nas ondas (93.9 da FM) e por internet, a través de Rádio Filispim, a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos
.

Este Mércores, 16 de Outubro de 2013, de 19:00 a 20:00 horas, no 93.9 da FM, en Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet. Voltara-se a repetir os domingos, ás 12 do mediodía e os xoves de 2 a 3 madrugada.

O Recuncho” nº159 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
  • Invitado: Dr. Carlos Piñeiro, para falar das I Xornadas pola Defensa da Sanidade Pública, en Ferrolterra.
  •  O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”Paco Balón ”.
  • Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Manuel Álvarez Torneiro
  • Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
  • Novas e comunicados, por Fernando Ocampo. Música: SK-P
Telefono para participar en directo:
981371040
Todos os programas en:
http://recunchofuco.blogspot.com

A nosa web:
www.fucobuxan.net

Os nosos blogues:
Escolma das Razóns
http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/
Pensamento Crítico
http://opinionsfuco.blogspot.com.es/
Nas redes sociais:
Facebook
http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749
Twitter
http://twitter.com/FucoBuxan
Google+
https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts
---
Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
15 de outubro de 2013 21:18

___________________

Non do Consello Escolar ao tanque de tormentas no Parque Pablo Iglesias - O Consello Escolar do IES Sofía Casanova, na reunión do 9 de outubro, pronunciou-se en contra da instalación dun tanque de tormentas no Parque Público


O Consello Escolar do IES Sofía Casanova,  na reunión celebrada o pasado 26 de setembro,  lido o informe facilitado pola Comisión de  Medio Ambiente da Asociación Veciñal  “O Pilar” do barrio de Recimil e sen entrar en cuestión técnicas que exceden as súas  competencias, acordou por maioría dos seus membros:

 1º) Amosar públicamente o seu rexeitamento á  construción do tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias, incluído no proxecto de acondicionamento do interceptor xeral da marxe da ría de Ferrol, polos seguintes motivos:

  • Porque vai supoñer a destrución de máis dunha décima parte do parque, afectando, precisamente, ao lugar máis utilizado actualmente neste espazo público: o que corresponde coa zona de xogos infantís.
  • Porque ocasionará un impacto estético consistente nun edificio de 14 metros de lado e catro metros de altura e un impacto de ruídos e olores que condicionará o uso futuro do parque.
  • Porque está proxectada a tan só 30 metros de distancia das vivendas e moi cerca de varios centros educativos - entre eles o noso, o IES Sofía Casanova- nos que traballa e estuda un importante número de persoas.

2º) Apoiar a solicitude da mesma Comisión -en base a que hai lugares nas proximidades máis idóneos sen custe adicional para o proxecto e nunha zona “mais industrial” que a proposta-  de realización dunha xestión máis respetuosa do uso público dos parques, de maneira que se coopere na conservación dos espazos verdes enmarcados dentro da municipalidade, tal e como sucedeu co parque  da “Ranita”.

Ferrol, 9 de Outubro de 2013
Comunicado de prensa aprobado polo Consello Escolar.

IES Sofía Casanova
Rúa O Galego Soto s/n
15403 Ferrol (A Coruña)
T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146
http://www.edu.xunta.es/centros/iessofiacasanova

Nota.- Enviouse ao Diario de Ferrol, á Voz de Galicia, ao  Concello e colgouse na páxina web do instituto.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
15 de outubro de 2013 13:21
_____________

martes, outubro 15, 2013

Roteiro Serra do Forgoselo-Río Castro - Domingo 20 de outubro de 2013

ATENCIÓN:
En vista das malísimas predicións meteorolóxicas para o domingo, vémonos na triste obriga de suspender o roteiro do Forgoselo sen data, de momento. Procuraremos facelo máis adiante. Un saúdo, Miguel A. Fernández | 18 de outubro de 2013 08:35.


Vai de roteiros 2013-2014
Roteiro Serra do Forgoselo-Río Castro (LIC Xuvia-Castro)
Domingo 20 de Outubro de 2013


Datos principais:

Hora de saída: 10:00 h na escalinata de Correos en Ferrol para coller o bus

Hora de regreso: 20:00 h.

Distancia: 17,3 km

Concellos: A Capela, As Pontes e San Sadurniño

Dificultade: media-baixa

Prezo: 5 € soci@s, 7 € non soci@s.

Comida e bebida: cadaquén levará a súa

Roupa cómoda, calzado recomendado bota de montaña ou trekking, bastón.

Teléfonos para inscribirse: 661636946 (Miguel) e 616039268 (Antom)

Elementos de interese:

Paisaxe de montaña, ríos, penedos, brañas, turbeiras, fragas, gado salvaxe, fauna e flora peculiares, aves, cogomelos, muíños, mámoas, castelo.

Proteccións:
Rede Natura 2000, LIC Xuvia-Castro, 2000 ha.

Ameazas:
Parques eólicos, pistas, minas, eucaliptización, gandería intensiva, pastizais monoespecíficos, feísmo arquitectónico, vehículos motorizados, falta dun plan de ordeación dos recursos naturais.

Percorrido:
O roteiro partirá do cruce da pista asfaltada co camiño que conduce ao curro do Forgoselo, sinalado como “Lugar de lecer” e situado entre a Veiga dos Foles e o Pico das Troitas. Dende aí faremos un percorrido circular de 7,6 km aproximadamente, chegando ata o borde mesmo da canteira de lignito situada no lugar de Cal da Uceira, no extremo nororiental da serra, e xirando alí en dirección O para pasar xunto á Pena dos Tres Pés, e continuar logo cara o curro, onde pararemos para o xantar.

Nesta primeira parte da rota apreciaremos a paisaxe característica do Forgoselo: unha chaira elevada entre os 450 e os 550 m de altitude, sen grandes desniveis, dominada por penedías ailladas, por matogueiras de toxos (Ulex sp.) e uces (dos xéneros Erica, Calluna e Daboecia, principalmente) e por plantacións de piñeiro bravo e piñeiro silvestre, onde o gando salvaxe pasta libremente todo o ano. Nas zonas máis baixas sitúanse as brañas, terreos enchoupados que contan cunha flora moi particular, como Drosera rotundifolia, unha planta “carnívora” chamada vulgarmente rorella ou orballiña que medra especialmente sobre brións do xénero Sphagnum. Poderemos ver tamén numerosos pés da xanza Gentiana pneumonanthe.

Igualmente tomaremos contacto co Rego de Mariaqueira (topónimo que sen dúbida debe estar emparentado co bretón Locmariaquer), curso fluvial tributario do Castro que, a pesar do seu curto percorrido de apenas 4 km, conta nas súas beiras cunhas fragas moi interesantes, que acubillan varias especies de felgos raros e ameazados. Por suposto, nesta época do ano os fungos e os cogomelos aportan a súa nota de riqueza e cor á paisaxe.

Antes de continuar o roteiro pagará a pena botar unha ollada á mámoa situada xunto ao curro, adornada en tempos recentes cunha especie de fonte algo estrambótica. Presenta, iso si, o inevitable cono de violación típico destes xacementos arqueolóxicos, froito dos saqueadores. Trátase dunha anta con cámara adscrita ás da tipoloxía circular con corredor corto. Foi escavada no ano 1993 por Vaquero Lastres.

Deixamos a mámoa e dirixímonos ao N e despois cara ao O, seguindo os cortalumes ata chegar á pista asfaltada. Cruzámola e continuamos por outro cortalumes ata chegar a unha pista de terra, xiramos á dereita en dirección ao lugar de Vilarvello, para tomar a pista da esquerda ata Tiraz. Continuamos entre prados e felgueiras ata o lugar abandonado de Carboados, onde tomamos xa contacto coas fragas do Río Castro. Descenderemos entre elas por un peado camiño ata alcanzar a área recreativa do Pozo de Lamas, situada xunto á desembocadura do Rego de Mariaqueira no Río Castro. Dende aquí xiraremos case 360º para continuar en dirección oeste, pasando unha pequena ponte de madeira e seguindo o sendeiro do Río Castro durante 3,2 km. Pasaremos xunto ao muíño do Chileiro para chegar ao punto final do noso roteiro, o Castelo de Naraío, unha fortificación do século XIV que foi obxecto recentemente dunha máis que discutible restauración.

Asociación Ecopacifista Galega Verdegaia
http://www.verdegaia.org/

Enviado:
Miguel Ángel Fernández
-miguelafp@gmail.com-
15 de outubro de 2013 01:22

Olá a todos/as: Este domingo Verdegaia (Núcleo comarcar de Ferrol, Eume e Ortegal) rompe o xeo dunha nova temporada de roteiros. Esperamos a vosa asistencia, o roteiro non vai defraudar a ninguén.  Unha aperta, Miguel A. Fernández

______________

Contades coa nosa sororiedade! - A Marcha Mundial das Mulleres amosa o seu apoio á loita da asociación Ve-la Luz


APOIO Á ASOCIACIÓN VELA-LUZ


Dende a Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra queremos amosar a nosa solidariedade e apoio coas compañeiras da asociación Vela-luz, que se atopan, dende hoxe, en folga de fame reivindicando un sistema real que protexa a mulleres e nen@s da violencia de xénero, que non fomente a submisión, o empobrecemento e que non perpetúe o maltrato.

Rexeitando ademais a falta de recursos para as mulleres e nen@s vítimas de violencia machista.

Dende a Marcha Mundial das Mulleres sabemos ben o que están a esixir, xa que aínda que, non con atención directa ás vítimas, como moi ben fan elas, levamos anos facendo unha labor de sensibilización contra a violencia machista.

Denunciando e reclamando un cambio social no que os poderes públicos teñen unha grande responsabilidade. No ámbito da educación, da xustiza, da protección, da asistencia.

Contades coa nosa sororiedade!!


Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
nacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

"PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA POBREZA E A VIOLENCIA MACHISTA"

Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:


Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
15 de outubro de 2013 21:05

______________

Primeiras Xornadas en Defensa da Sanidade Pública, en Ferrol Terra - Ferrol, 18 e 19 de Outubro de 2013


Primeiras Xornadas en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol Terra.
Ferrol, 18 e 19 de Outubro de 2013


Venres día 18

Ás 17:30 horas. Mesa Debate:
A Contrarreforma Sanitaria.
Recortes/Repagos/Privatizacións o RD Lei 16/2012 e a Lei de Garantías Sanitarias.
Ponentes:Dr. Pablo Vaamonde García e Dr.Manuel Martín García.

Ás 19 horas. Mesa Debate:
A Atención Primaria: a prioridade necesaria e o Gasto Farmacéutico.
Ponentes: Dr.Jesús Sueiro Justel e  Dr.Bernardino Pardo Teijeiro.

Sábado 19

Ás 11 horas Mesa Debate:
A Relación Público/Privada ( Incompatibilidades, Concertos, Listas de Espera, Xestión).
Ponentes:Dra. Mª Luísa Lores Aguín e Dr. Carlos Piñeiro Díaz.

Ás 12:30 H Mesa Redonda:
Pacto político pola Sanidade Pública, Universal e Gratuíta.
Ponentes: Grupos parlametarios de PP, PSOE, AGE e BNG.


Quen son as persoas relatoras nestas xornadas informativas , reivindicativas e de debate público:

Pablo Vaamonde García: Médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006.

Manuel Martín García: Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, portavoz de SOS Sanidade Pública e presidente da Federación de Asociacións en Defensa da Sanidade Pública do Estado Español. Exerce no Centro de Saúde de Seixo en Pontevedra.

Jesus Sueiro Justel: Presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC). Exerce no Centro de Saúde Concepción Arenal de Santiago. Promotor da campaña de obxección de conciencia para seguir atendendo ás persoas inmigrantes en situación irregular fronte ao RD Lei 16/2012.

Bernardino Pardo Teijeiro: Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Exerce no Centro de Saúde de Nadela en Lugo. Vicepresidente de ASPNAIS, asociación dedicada ao coidado de discapacitados. Colabora con Unicef e Adega.

Maria Luísa Lores Aguín: Especialista en Radioloxía, coautora do libro A Saúde como Negocio da editorial Laiovento. Pertence a Federación de Asociación para a Defensa da Sanidade Pública. Ex Directora Asistencial do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Exerce no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Carlos Piñeiro Díaz: Médico de Atención Primaria no Centro de Saúde de Narón.Master en Saúde Pública.Fundador de AMICOR (Asociación de Amigos do Corazón). Colaborador de AGAVIDA (Asociación Galega de Víctimas do Amianto).

Descarga aquí o díptico das xornadas.


__________________