venres, marzo 21, 2014

Programación Especial 22M do Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM, 93.9 FM - Ferrolterra


Programación Especial 22M do Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM, 93.9 FM - Ferrolterra

As rádios libres teñen principios e dignidade. Programación Especial 22M en Rádio FilispiM, 93.9 FM

En Rádio FilispiM, 93.9 FM, o antes, durante e o despois das MARCHAS DA DIGNIDADE en Madrid. Programación especial.

Venres 21M

Entre as 22:30 até as 24:30 hs: programación especial da 'Red Más Voces'.
As horas previas ao 22M contadas en 'La Noche de La Dignidad'.

Ségueo en:

Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra).

ou na Rede:

http://opaii.blogsptot.com
http://www.radiovallekas.org/emision.m3u 
http://tesla.todoexitos.com:6000

Sábado 22M

Entre as 12:30 e até as 14:00 hs: especial Informativos Locais de Rádio FilispiM.
Dende o estudio, en Caranza-Ferrol, conexións coas columnas de Ferrolterra que participan en Madrid nas Marchas da Dignidade. O que acontece en Madrid contado polas voces de Ferrolterra.

Entre as 15:00 até as 23:00 hs: especial de Ágora Sol Radio.
A radio guerrilla en plena rúas de Madrid, contando o que pasa con dignidade.

Ségueo en:

Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra).

Ou na Rede:

http://opaii.blogsptot.com
http://tunein.com/radio/Agora-Sol-Radio-s162145/
http://archive.org/download/agorasolradio.m3u/agorasolradio.m3u
http://tesla.todoexitos.com:9370

As radios libres teñen principios e dignidade!!!. SINTONIZA!!! e PARTICIPA!!. DIFUNDE!!.

+ info en:
http://opaii.blogspot.com
http://www.masvoces.org/Dias-21-y-22-de-Marzo-cobertura-de
http://agorasolradio.blogspot.com.es/

--

OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
Ao Vivo: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg
E-mail: filispina@gmail.com
Enderezo Postal e Estudio: Avda. Castelao S/N [Traseira do Mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]

Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
21 de março de 2014 09:07

---

A CNT de Ferrol participará nas Marchas da Dignidade en Madrid

A CNT de Ferrol participara nas marchas da dignidade en Madrid

O 22 de marzo converxen en Madrid as Marchas da Dignidade. A CNT considera que hai motivos sobrados para invitar a todos e a todas a sumarse e participar nos distintos actos en torno ás marchas, así como a acudir a Madrid o sábado 22.

Levamos anos vendo como, mentres o paro e a pobreza non deixan de crecer, os distintos gobernos serven ás elites financeiras e patronais, a cuxo beneficio destinaron miles de millóns de euros, obtidos de desmontar servizos e prestacións públicas xa de seu moi precarios, nunha xigantesca operación de socialización das perdas e privatización dos beneficios. En resumo, agrédennos cunha política económica e social cada vez máis represiva e inxusta.

É hora de dicir basta. É hora de dar unha resposta contundente, unha resposta que para a CNT só pode vir da mobilización, na rúa, nos centros de traballo, nos barrios; desde a confrontación co poder e desde abaixo, apostando pola auto-organización da clase obreira.

As Marchas da Dignidade deben ser un paso máis, o máis masivo e contundente que sexamos capaces de construír, un paso ao que será necesario dar continuidade e onde os movementos sociais e o sindicalismo máis combativo deben tomar o protagonismo, avanzando cara á convocatoria dun folga xeral con capacidade real de reverter en favor da clase traballadora as políticas que estamos sufrindo.

A CNT estará presente nesta mobilización. Afiliados do sindicato desprazaranse maña venres a Madrid para realizar tarefas organizativas de cara a manifestación do sábado pola tarde. Estamos seguros de que entre todos seremos capaces de enviar unha clara mensaxe aos poderes económicos e políticos, así como ás cúpulas dos sindicatos oficiais. Esta mensaxe é que a paz social acabouse e que o espolio de dereitos e liberdades aos traballadores non lles sairá gratis. A loita está na rúa e esténdese. Esperamos que este día sirva para que a sociedade esperte, sómese á protesta e organícese.

Facemos un chamamento a clase traballadora a marchar este sábado cara a Madrid, e para todas aquelas persoas que non poidan desprazarse a Madrid a que realicen unha concentración solidaria as 5 da tarde diante do concello.

A loita está na rúa, ¡o 22M todos e todas a Madrid!

¡Dignidade, rebeldía e revolución social!

Secretaria de prensa e propaganda
CNT Ferrol

Fonte: http://www.cntgaliza.org/?q=node%2F1678
______________

A ILP contra os desafiuzamentos chega ao Parlamento - Celso Posada e Inácio Martínez foron os dous compañeiros de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra que asinaron como promotores da ILP-Galega presentada


O pasado 18 de Marzo, xuntábamo-nos en Compostela compañeiros e compañeiras dos STOPs e PAHs da Galiza, diferentes plataformas de loita e solidariedade polo dereito a unha vivenda digna e adecuada, un dereito humano fundamental. O motivo da convocatoria era o de facer entrega no rexistro do Parlamento Galego, dunha Iniciativa Lexislativa Popular Galega -ILP, para a paralización de todos os desafiuzamentos e a aplicación efectiva da dación en pago, así como o impulso dunha Lei Galega da Vivenda. Celso Posada e Inácio Martínez foron os dous compañeiros de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra que asinaron como promotores da ILP-Galega presentada. A continuación transcribimos o artigo de Miguel Pardo en 'Praza Pública' que reflicte o sentir maioritario dos STOPs e PAHs integrantes da coordinación galega e dos dos obxectivos que se perseguen coa presentación desta iniciativa.

ILP galega contra os desafiuzamentos


As diferentes plataformas antidesafiuzamentos e de afectados pola hipoteca de Galicia presentarán este martes a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) contra os desaloxos. Logo de meses de contactos e xuntanzas, as organizacións levan á Cámara unha protesta que chega tras o éxito -e posterior rexeitamento por parte do PP- da ILP que aterrou no Congreso dos Deputados co apoio do millón e medio de sinaturas presentadas pola PAH.
    A ILP pide modificar a lei de Vivenda e Solo e crear unha nova que paralice os desaloxos, instaure o aluguer social e permita expropiar as vivendas baleiras aos bancos
O propósito dos diferentes colectivos contra os desaloxos é proxectar a nivel autonómico o problema da vivenda e "sobre todo e especialmente da vivenda desocupada e do aluguer social", explican. O obxectivo: a modificación da actual lei de Vivenda e Solo de Galicia e a creación dunha nova norma que "vaia na liña das actuais leis de Navarra e, sobre todo, de Andalucía", ademais da "paralización inmediata dos desafiuzamentos",  a instauración do "aluguer social na vivenda habitual" e a opción de embargar as vivendas que os bancos manteñen baleiras e pechadas.

As plataformas lembran que, "malia o silencio administrativo", os desafiuzamentos seguen a ser unha realidade en Galicia e recordan que o Consello Xeral do Poder Xudicial alertou dun incremento dos desaloxos, un "grave problema habitacional" que no país mínguase un chisco "polo colchón familiar e a especial configuración da vivenda".
    As plataformas lembran que "a Xunta ten plenas competencias para modificar o marco lexislativo na problemática xeral da vivenda"
A presentación desta ILP aposta por reabrir o debate en Galicia logo de que o Goberno do PP rexeitase no Congreso a proposta apoiada por máis de medio millón de sinaturas e a maioría da oposición e que solicitaba a "dación en pagamento retroactiva e a fin dos desafiuzamentos". Os impulsores traen agora a iniciativa ao Hórreo "porque a Xunta ten plenas competencias para modificar o marco lexislativo na problemática xeral da vivenda" e tamén porque os últimos datos indican que case o 20% das vivendas do país están baleiras e porque a vivenda é un dereito recoñecido na Constitución que na práctica só é considerada "un simple ben de consumo suxeito ás leis do mercado".

Así, na ILP as plataformas antidesafiuzamentos e de afectados pola  hipoteca reclaman que se modifique actual Lei do Vivenda e Solo de Galicia do 2012 en tres puntos. Solicitan modificacións lexislativas que permitan embargar ás entidades bancarias as vivendas das persoas que están sendo desafiuzadas e que estas se oferten en réxime de aluguer social. Ao tempo, piden á Xunta "a inmediata paralización dos desafiuzamentos en Galicia e o aluguer social na vivenda habitual". Tamén reclaman a expropiación das vivendas baleiras en mans da entidades financeiras e da Sareb. "Aínda que o artigo 33 da Constitución consagra o dereito á propiedade privada, establecendo que se trata dun dereito cuxo contido vén delimitado pola súa función social, a Constitución non tutela, xa que logo, usos antisociais do dereito de propiedade".
    As PAHs e os grupos de Stop Desafiuzamentos piden o apoio da sociedade civil á ILP e convocan a unha concentración ante o Parlamento
As PAHs e os grupos Stop Desafiuzamentos de Galicia fan un chamamento á sociedade civil, aos partidos de esquerda e nacionalistas, aos sindicatos e ás organizacións sociais para que apoien esta proposta de cambios lexislativos. Ademais, tamén chaman aos movementos sociais galegos e á cidadanía compostelá para que acuda mañá martes 18 ás 11.30 á entrada do Parlamento "en apoio da ILP".

As diferentes plataformas son conscientes de que a maioría absoluta do PP en Galicia fai "case imposible" que a ILP sexa aceptada, pero a iniciativa vai moito máis aló dese resultado final. "Queremos lanzar unha mensaxe, a de que non pode haber casas baleiras mentres se está a desafiuzar a xente e hai unha clara emerxencia social e habitacional", explicaba a Praza Adolfo Telmo, voceiro da PAH de Vigo-Tui, que aclara que é "unha carreira de fondo e de concienciación". "Queremos que o programa sexa asumido polos partidos da oposición, porque pensamos tamén no futuro e en promover un cambio e ofrecer, a partir da lei, unha saída a todas as familias en dificultades", engade.

Miguel Pardo | @depunteirolo

Praza   Pública precisa de Ti:
A forza de Praza Pública son os seus lectores e lectoras. Praza é un medio da súa comunidade de lectores. A existencia do xornal depende das achegas realizadas por todos nós [+info].
---
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.
Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Enviado por:
forosocialdeferrolterra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
21 de março de 2014 00:35
____________

xoves, marzo 20, 2014

Marchas da Dignidade, todas as claves, ... Por Rebeca Collado


Por Rebeca Collado [*]
20.03.2014


Pan, traballo e teito. Así de básico e esencial é o lema das Marchas da Dignidade. Quen non está de acordo en acadar algo tan primordial?. Precisamente nese punto de consenso traballa o movemento, que busca aglutinar "todas as loitas" que se están a dar e pelexar polo máis elemental: poder comer, poder traballar e ter unha vivenda.

As diferentes columnas que compoñen as Marchas da Dignidade sairán desde diferentes puntos de todo o país cara Madrid para darse cita este sábado na que esperan sexa unha grande manifestación. De Ferrolterra partirán cerca dun centenar de persoas, en bus e tren, coa ilusión de mudar a situación que estamos a vivir.

Daniel Melcón e André Martínez participarán nas Marchas e ademais son o xerme da mobilización na comarca. Ferrol360 compartiu uns minutos con eles para coñecer todas as claves do movemento e saber que pasará coas Marchas despois do 22 de marzo.
Que son as Marchas da Dignidade?
"As Marchas da Dignidade son una mobilización a nivel estatal de xente do pobo que quere mudar as cousas de abaixo para arriba". Trátase dun movemento que quere "transformar a queixa da xente en loita na rúa, sempre de xeito pacífico", explica Daniel Melcón. Tamén queren implicar á "maioría silenciosa" e fan un chamamento á xente que "só comparte a súa rabia no seu círculo máis íntimo para que proteste, berre e participe nas diferentes asembleas".

O movemento ten moi presente o significado de dignidade, que "é o sentido valioso que teñen as persoas e que poden exercer a súa liberdade e tomar as súas decisións", comenta Daniel. Neste punto aclara que a liberdade é moito máis que poder expresar o pensamento de cada quen e pon un exemplo: "Cando non tes traballo quedas sen algunhas liberdades, como poder acender unha luz ou a calefacción. Se non tes traballo, non tes cartos e non podes pagar os recibos".

En canto á toma de decisións, Daniel afirma que "ninguén do pobo decidiu que houbera 6 millóns de parados, que se lles deran cartos aos bancos e se quitaran da educación, sanidade e servizos sociais". Neste senso, critican que as decisións dos gobernos e a economía dos estados están en mans das empresas privadas e dos mercados. "A economía é do soldador que traballa no estaleiro, do médico que atende no ambulatorio e do mestre que dá clases nunha escola", apunta Daniel.

As Marchas da Dignidade é un movemento asembleario, transversal e que reclama a participación de todos os axentes sociais porque, aínda que cadaquén ten as súas reivindicacións, «hai cousas que son comúns á maioría de colectivos e partidos políticos. Moitas veces temos que deixar un pouco de lado as nosas reivindicacións máis identitarias, no sentido de organización, e poñer enriba da mesa esas reivindicacións que temos en común todos», conclúe Daniel.
Como xurdiu esta iniciativa?
Daniel e André comentan que todo comezou a finais do pasado verán cando se xuntaron varios colectivos e fixeron unha primeira asemblea. A partires de aí, foron sumando apoios de diferentes organizacións, sindicatos alternativos e colectivos como a PAH, a xente do 15M ou Frente Cívico Somos Mayoría. En todo caso, as organizacións están presentes dun xeito moi silencioso, sen protagonismos.

En Ferrolterra conformouse o movemento da man de Daniel e André. Contan que para a primeira asemblea pegaron uns carteliños polo barrio de Caranza, contactaron cunha das organizacións que está nas Marchas e xuntáronse unhas 15 persoas. "Aínda que algún dos participantes pertencese a un sindicato ou algunha organización, era xente da base, que non participaban moito nas mobilizacións". De aí, xurdiu facer unha asemblea a nivel de Ferrolterra e congregaron a unhas 60 persoas.

A primeira acción que as Marchas organizaron en Galicia foi a mobilización do 26 de febreiro, con manifestacións en todas as cidades galegas. "En Ferrol seríamos unhas 200 persoas, pero estivo moi ben porque a xente que participou é xente que a maioría das veces non participa nos actos reivindicativos", apuntan.
Este sábado conflúen todas as Marchas da Dignidade en Madrid. Que queredes simbolizar con elas?
"Queremos xuntar todas as loitas que están a producirse: a da privatización da sanidade pública, que ten xente movéndose en todo o Estado; está o tema das Mareas Verdes en defensa da Educación Pública ou os xubilados e pensionistas en contra dos repagos sanitarios e a baixada das pensións", explica André.

Así, as columnas que saen de diferentes puntos do Estado simbolizan que "o pobo se une para ir ao centro onde se toman as decisións: Madrid. Alí está o Boletín Oficial do Estado, que é onde aparece aprobada a reforma laboral e todos os recortes e decisións que se están producindo", sinala André. En definitiva, queren representar que é o pobo quen debe ter o control sobre o BOE para que a economía e a democracia estean verdadeiramente ao servizo dos cidadáns.
Cantas persoas sairán cara a Madrid desde Ferrolterra?
Preto dun centenar de persoas de Ferrolterra participarán este sábado na mobilización en Madrid. Así, o mesmo sábado sairán dous autobuses ás 05:00 horas do monumento ao 10 de marzo, con paradas en Caranza, Fene e Cabanas. Desde a organización informan que aínda hai prazas dispoñibles e para inscribirse hai que chamar ao teléfono 645 158 113 ou mandar un correo electrónico a columnacaranceira@gmail.com. O prazo remata este xoves ás 12:00 horas.

Ademais, ao redor de 13 persoas da comarca irán nun tren que se freta desde A Coruña. Da Columna Galega participan unhas mil persoas, que sairán en buses de cidades como Santiago de Compostela, Lugo, Vigo e Ourense, entre outras. Esta columna reunirase na estación de Chamartín ás 14:15 horas e, se alguén vai no seu coche, ó seu aire, poden unirse a eles. Sairán cara Atocha andando Castellana abaixo para xuntarse co resto das columnas ás 17:00 horas.

Tamén hai persoas facendo as Marchas a pé. En Galicia esta iniciativa non tivo moito apoio e só participan unhas 4 ou 5 persoas. "Xuntáronse coa xente de León, no Bierzo, e en León xuntáronse coa xente que viña de Asturias", sinalan André e Daniel. Aquí pódense seguir as diferentes marchas que van a pé desde os diferentes puntos.
Unha vez pasado o día 22 hai ánimo de seguir adiante?
Teñen claro que "se isto remata o día 22 non vale de nada. Non é que imos de paseo a Madrid, berramos alí e acabouse, ten que quedar un xerme. As organizacións teñen que tratar de unificar as loitas e implicar cada vez a máis xente para medrar e conseguir as cousas que reivindicamos", di Daniel.

"É o que estamos intentando. Trataremos que a asemblea de apoio ás Marchas semente en todos os barrios e vilas a ilusión de baixar á rúa, xuntarse, falar dos problemas e buscarlles solución entre todos para acadar o de Pan, Traballo e Teito. Dar ideas entre todos para que esta sociedade sexa máis xusta e mellor", apunta André.

Así, explica que en Caranza xurdiu a Columna Caranceira porque "queremos simbolizar que é unha columna máis e desexamos que no barrio quede un xerme do espírito das Marchas. Noutros barrios tamén poden organizarse, xuntar ós veciños, tratar de motivalos e intentar ilusionalos porque é posible o de `si se pode´ e cambiar este sistema".

Están convencidos de que teñen que saír máis columnas nos barrios porque "non me creo que non haxa xente con inquietudes, con ganas de loitar", sinala Daniel. Neste senso apuntan que "hai que recuperar o espírito que tiñamos nos anos 70, que foi o período no que máis folgas e manifestacións houbo. A xente se deu conta que tiña que loitar polo que cría e polo que é xusto".

Así, afirman que é de xustiza que cadaquén teña unha renda básica e que o Estado, cos impostos de todos, facilite unha vida digna ás persoas. "Se non para que queremos este Estado, para que regule se podemos fumar nos bares ou non?", pregúntanse.

Desde as Marchas da Dignidade aseguran que son tempos de cambio, de mudar as cousas, de deixar que outros tomen as decisións e que o pobo se implique na política que se está a facer neste país. "Temos que esquecernos de iso de ir cada catro anos a votar, soltar a papeleta na furna e esquecerse do tema", conclúen.

REBECA COLLADO | Ferrol | Mércores 19 marzo 2014 | 11:00

Publicado en Ferrol360.es.

[*] Rebeca Collado García, Ferrol, xornalista desempeñou a súa actividade como redactora, locutora e presentadora en diferentes medios. Licenciada en xornalismo pola Universidade do País Vasco. Na actualidade forma parte do proxecto xornalístico local Ferrol360.es.



Enviado por:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
19 de março de 2014 15:59
---

luns, marzo 17, 2014

Presentación o Martes 18 de Marzo, no Parlamento de Galicia, da ILP-Galega para a paralización de todos os desafiuzamentos e a aplicación efectiva da dazón en pago, así como o impulso dunha lei galega da vivenda


Presentación o Martes 18 de Marzo, no Parlamento de Galicia, da ILP-Galega para a paralización de todos os desafiuzamentos e a aplicación efectiva da dazón en pago, así como o impulso dunha lei galega da vivenda


Presentación o Martes 18 da ILP-Galega non Parlamento de Galicia

Nós non causamos a burbulla inmobiliaria, nin esta crise que nos deixa sen traballo e sen poder pagar a hipoteca, polo que non temos por que pagar as súas consecuencias mentres vemos como os bancos se quedan coas vivendas para mantelas pechadas, cando hai familias enteiras vivindo nas rúas.

Por iso, presentamos esta Iniciativa na que propoñemos a paralización inmediata de todos os desafiuzamentos, o aluguer social como alternativa habitacional e a expropiación daquelas vivendas que os bancos manteñan pechadas.

¡Contra os abusos da banca, organicémonos! ¡Enchamos a porta do Parlamento contra os desafiuzamentos!

Convocamos á cidadanía a concentrar-se diante do Parlamento para acompañar-nos acto de presentación da nosa Iniciativa Lexislativa Popular, que terá lugar o vindeiro martes 18 de marzo ás 11 da mañá diante do Parlamento de Galicia. Mentres, compañeiros e compañeiras das PAHs e STOPs entrarán xunto cos promotores da ILP a rexistrala. Tras rexistrala, convocaremos unha rolda de prensa, coa que finalizará o acto de presentación.


Este martes 18 de Marzo de 2014, ás 11:30hs á entrada do Parlamento de Galicia as PAH/STOPs de Galiza presentaremos a nosa Iniciativa Lexislativa Popular ILP.

Estes son os nosos motivos :

Os desafiuzamentos a día de hoxe malia do silencio administrativo, seguen sendo unha realidade no noso PAIS. O consello do Poder Xudicial recoñece que aumentaron en Galiza no primeiro trimestre deste ano un 11% Existe un grave problema habitacional en Galiza amortiguado sen dúbida polo colchón familiar e a especial configuración da vivenda no noso país .

A parte mais cruel deste problema, os suicidios, por causa dun desafiuzamento ou das presións dos bancos a día de hoxe seguen sendo unha triste realidade como soubemos recentemente. O Goberno do PP fixo caso omiso do millón e medio de firmas que as PAHs presentaron no Congreso pedindo a "dacion en Pago retroactiva e o fin dos desafiuzamentos". A pesar do enorme apoio cidadán que estas peticións tiveron, o Goberno de Rajoy empeñouse en desoír estas peticións e sacar unha lei á medida e ditado da BANCA.

Hoxe queremos suscitar unha ILP autonómica que leve o grave problema dos desafiuzamentos e da vivenda á Xunta de Galicia, a cal dito sexa de paso fixo como "si os desafiuzamentos non fosen con ela e só fose un problema do Goberno central "

Queremos suscitar a nivel Autonómico o problema da Vivenda e sobre todo e especialmente da Vivenda desocupada e do Aluguer social

Primeiro Porque a Xunta ten plenas competencias para modificar o marco lexislativo en na problemática xeral da vivenda.

Segundo Porque o 18,6% dás vivendas de Galiza estaban baleiras en 2011

É especialmente condenable o considerable número de vivendas baleiras pertencentes entidades financeiras e as súas filiais inmobiliarias, entidades de xestión de activos, incluídos os procedentes da reestruturación bancaria a SAREB. E que hai que dicir que foron entidades bancaria rescatadas con enormes e inxentes cantidades de diñeiro publico. Rescate que xerou un gravísimo endebedamento, que hoxe está empobrecendo á maioría da nosa sociedade, por causa da política do Partido Popular baseada en recortes e nunha política austericida.

Terceiro Porque malia a importancia que a Constitución outorga ao dereito á vivenda, o certo é que na práctica é considerada un simple ben de consumo suxeito ás leis do mercado. Neste contexto, é urxente e necesario que desde os poderes públicos se adopten as medidas necesarias para asegurar a función social da vivenda e desta forma se faga efectivo o cumprimento do artigo 47 da Constitución, garantindo desde as administracións públicas a realización deste.

Por todo isto as PAHs e STOPS de Galiza formulan unha ILP que

... modifique actual Lei do Vivenda e Chan de Galicia do 2012 en tres puntos :
- Suscitamos unhas modificacións lexislativas que embarguen ás entidades Bancarias as Vivendas das persoas que están sendo desafiuzadas e que estas, se oferten en réxime de Aluguer Social.

- Esiximos á Xunta a inmediata paralización dos desafiuzamentos en Galiza e o Aluguer Social na vivenda habitual

- Suscitamos a expropiación da Vivendas baleiras en mans da Entidades Financeiras e da SAREB, porque pensamos que aínda que o artigo 33 da Constitución consagra o dereito á propiedade privada, establecendo que se trata dun dereito cuxo contido vén delimitado pola súa "función social", que é básica para a xeneralización dos dereitos sociais. A Constitución non tutela, xa que logo, usos antisociais do dereito de propiedade ...
¡E hai poucos usos mais antisociais e antieconómicos que manter vivendas baleiras¡

Ademais moitas delas produto de embargos e desafiuzamentos que se realizaron ao amparo dunha lexislación abusiva e ilegal como recordaron múltiples sentenzas xudiciais e o TXdaEU.

A ILP Autonómica das PAHs e Stops da Galiza suscitan modificacións legais que pretenden mellorar a definición da función social da propiedade da vivenda e das consecuencias do incumprimento de dita función, nuns momentos que poden ser cualificados como de urxencia social e económica

A ILP sinala e pon en punto de mira dun lado, a existencia dun desorbitado parque de vivendas sen uso ou infrautilizado e, doutro, unha demanda insatisfeita cunha oferta insuficiente e a prezos non adecuados, e numerosos procesos de privación da súa vivenda. Á vez que denunciamos, que por culpa da crise económica e dunha estafa perfectamente planificada os prezos da vivenda e das hipotecas están inflados como o propio Banco de España advertía no seu informe de 2004 o sinalar que o prezo da vivenda estaba sobrevalorado entre un 24% e un 35%. Para o 40% das familias pagar unha hipoteca supoñen o 60% dos ingresos familiares, converténdose deste xeito nunha forma moderna de exclavitude.

Facemos un chamamento á sociedade civil, aos partidos de esquerda e nacionalistas, a sindicatos, orgs sociais que apoien unha vez mais ás PAHs Galegas e aos Grupos STOPs de Galiza e a súa proposta de cambios lexislativos, ademais queremos facer un chamamento aos diversos movementos sociais de Galiza e así como a toda a cidadanía compostelá, para que acudan este martes 18 de Marzo, ás 11:30hs á entrada do Parlamento de Galicia para apoiar a nosa Iniciativa Lexislativa Popular.

O acto consistirá nunha concentración diante do Parlamento. Mentres, varios compañeir@s das PAHs e Stops entrarán xunto cos promotores dá ILP a rexistrala. Tras rexistrala, convocaremos unha rolda de prensa, coa que finalizará o acto de presentación.

@PAHs/STOP de Galiza

PROPOSICIÓN DE LEI A TRAVÉS DE INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR PARA A PARALIZACIÓN DE TODOS OS DESAFIUZAMENTOS EN GALICIA, A APLICACIÓN EFECTIVA DA DACIÓN EN PAGAMENTO E O IMPULSO DUNHA LEI GALEGA DE VIVENDA [Acceder ou Baixar o Texto] - en formato pdf.

||||||||||||||||||||||||||


Saúde e Vivenda Digna !

Plataforma Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.
Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Inácio (Comunicación)
645 158 113

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

||||||||||||||||||

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
17 de março de 2014 02:26

____________

domingo, marzo 16, 2014

Nova Asemblea preparatoria das Marchas da Dignidade a Madrid o 22M - Celebrara-se no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño, este Luns 17 de Marzo, ás 17:30hs


Asemblea Aberta
das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño, este Luns 17 de Marzo, ás 17:30hs
.

Preparando as Marchas da Dignidade e viaxe a Madrid o 22M

O 22 de Marzo, van confluír en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno do Partido Popular e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos e neoliberais.

O Sábado 22 de Marzo, as Marchas da Dignidade conflúen en Madrid, onde terá lugar unha grande manifestación, ás 17:00hs, desde Atocha até Colón. Para o cal desde Ferrol imos fretar autobuses e tamén un tren que saen desde a estación da Coruña.

Autobús desde Ferrol

Para quen teña interese polas Marchas da Dignidade e desprazar-se até Madrid, que se poña en contacto con nós nesta Asemblea ou chamado ao telefono 645158113, ou escribindo a columnacaranceira@gmail.com.

Os trens que saen desde Vigo e A Coruña, xa están completos, agora temos que completar autobuses desde a diferentes cidades e vilas da Galiza. Desde Ferrol imos contratar autobuses que sairán desde o barrio de Recimil, fronte ao instituto de formación profesional, nas inmediacións do monumento á Solidariedade Obreira – 10 de Marzal, ás 5 da mañá. Con paradas previstas en: Caranza: 05:05hs, Fene (Fronte ao Gadis da Avda. Naturais, 24): 05:10hs e Cabanas (Fronte ao Sarga): 05:20hs.

Marcharemos ...

« Polo dereito ao traballo
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica
« Polo dereito a unha vivenda digna
« Polos servizos públicos, a sanidade e a educación
« Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario

Despois do 22M, seguiremos marchando ...

Temos determinación para conseguir un cambio e ímo-lo demostrar marchando sobre Madrid o 22M. Estas marchas non teñen un carácter finalista, polo que despois do 22M, seguiremos marchando.

PAN, TRABALLO E TEITO

A RÚA QUE XA E HORA!!!

Asemblea das Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com | Blogue galego : http://marchasdadignidade.blogspot.com  | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org

Documentos Autobús, Viaxe e Encontro da Columna Galega :
  • Doc: RELATORIO PARA VIAXE EN AUTOBÚS [Acceder e Baixar] en formato pdf.
  • Doc: Mapa de Madrid e percorrido Chamartín-Atocha [Acceder e Baixar] en formato pdf.
__________

Asemblea Aberta do Ateneo Ferrolán para desenvolver dun xeito participativo o programa de actividades - Luns 17 de Marzo, ás 19:30hs

Ateneo Ferrolán: Asemblea aberta. Luns 17 ás 19,30 h.

Luns, 17 de marzo, ás 19:30 horas no salón de actos Asemblea aberta no Ateneo Ferrolán para desenvolver o programa de actividades.

A Asemblea Xeral do Ateneo aprobou o pasado 10 de febreiro o plan de actividades que fixaba un marco xeral para o desenvolvemento das actividades do Ateneo no ano 2014. Para desenvolver este plan convocase unha xuntanza aberta onde pódese ofrecer ideas e promover as actividades específicas que irán desenvolvéndose ao longo do ano. O plan de actividades aprobado prevé a formación de grupos de traballo ou comisión que poidan asumir a realizacións de actividades concretas ou ciclos de actividades.

A asemblea aberta terá lugar o luns 17 de marzo, ás 19:30 horas, no salón de actos do Ateneo Ferrolán. As persoas que participen na asemblea poderán propoñer actividades e integrarse en grupos de traballo para desenvolver as actividades propostas.

Con esta iniciativa, o Ateneo Ferrolán intenta consolidar a tradición participativa do Ateneo e promover ao tempo un programa intensivo de actividades que contribúan a revitalizar a vida cultural da bisbarra.

--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117

Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan


Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
15 de março de 2014 17:10

_____________

O mar e ferro de San Valentin - Expresión e creación cultural en defensa do naval da Ría ferrolán, no 30 aniversario de Radio Fene

Onte, Sábado 15 de Marzo de 2014, a barriada de san Valentín en Fene, convertía-se, nun espazo para a cultura e a reivindicación, en defensa do naval. 'O mar e ferro' de San Valentin, foi a expresión e creación cultural en defensa do naval da Ría ferrolán, no 30 aniversario de Radio Fene. A continuación postamos o que os medios locais publicaron sobre o evento.

Mar e ferro en defensa do Sector Naval

RADIO FENE | Sábado 15 de Marzo de 2014

"Arte para defender os estaleiros" ou "O berro do naval faise creación en San Valentín" con 'Mar e ferro' son algúns dos titulares da prensa en referencia á xornada de intervención artística que onte se celebrou neste barrio de Fene. Máis de trinta artistas plasmaron nas paredes do barrio as súas visións do mundo da construción naval, dos barcos e do mar. Ao mesmo tempo celebráronse os trinta anos da emisora municipal Radio Fene.

A poesía de Arsenio Iglesias, Amelia de Querol e Mario Regueira tamén resoou nas rúas de prazas das vivendas impulsadas polos traballadores de Astano en cooperativa. O dúo Alabama puxo o ramo á xornada cun concerto acústico no interior do Centro de Promoción Social de San Valentín.

Mural de Carme Romero e Francisco Pérez Porto no CPS de San Valentín.

Mar e Ferro enche San Valentín de murais en defensa do sector naval

FERROL360 | Sábado 15 marzo 2014 | 20:26

Trinta artistas de toda Galicia participaron este sábado na xornada Mar e Ferro, promovida por Radio Fene no paseo marítimo de San Valentín coincidindo co seu trixésimo aniversario. Os edificios da popular barriada locen murais reivindicativos en alusión á situación que atravesa o sector naval en ríaa de Ferrol, reflectindo escenas típicas dos estaleiros e con referencias ao seu brillante pasado.

A contorna do pabillón polideportivo da Xunqueira e as vivendas construídas no seu día para os traballadores da antiga Astano enchéronse do colorido destas creacións e do ambiente xerado polos numerosos curiosos. Artistas da zona como Suso Basterrechea ou Dulce Anca participaron no evento.

Unha comida popular nesa mesma zona e as actuacións de diferentes grupos musicais pecharon a xornada, na que tamén tomaron parte estudantes con inquietudes artísticas.

Un dos murais en defensa do naval - Foto: Inés Roca en Ferrol 360


O berro do naval faise creación en San Valentín coa iniciativa “Mar e ferro”
NICOLÁS VIDAL FERROL | Actualizado 16 Marzo 2014 - 01:40 h. | Diario de Ferrol

Un veciño do barrio mira para un mural non que se está a pintar o petroleiro “Santa María” (1975) e comenta: “Moitas horas pasei eu soldando nese barco!”. Onte o eco da historia ligada á construción naval volveu soar no barrio fenés de San Valentín. Fíxoo dentro da xornada “Mar e ferro”, unha iniciativa artística e reivindicativa ideada polo Centro de Promoción Social (CPS) do barrio, Radio Fene, que está a celebrar o seu 30º aniversario, e o prestixioso debuxante Xaquín Marín, autor de boa parte dos murais feitos en Fene nas últimas décadas.

Máis de trinta pintores da comarca, Coruña a Costa da Morte ou incluso Polonia deixaron a súa pegada nos muros de varios dos baixos dos bloques de vivendas. Diferentes estilos para unha mensaxe común, a vinculación do barrio e da comarca coa construción naval, con especial mirada para a antiga factoría de Astano, tan ligada ao barrio fenés.

O presidente do CPS, Juan Miraz, valoraba a última hora a iniciativa como “un éxito”, e relataba: “Había xente que pensaba que tratábamos de facer uns simples debuxos decorativos ou reivindicativos e cando vía o nivel do que se estaba a facer nos ofrecían os seus baixos. A unanimidade da veciñanza foi case total e aquí veuse que a cultura pode usarse dun xeito lúdico sen perder a súa carga de compromiso. A diferencia dunha manifestación, que despois de facela xa non queda nada, estes son murais que van quedar no barrio”.

Sobre o fondo de “Mar e ferro” Miraz sostén: “Quizais a iniciativa teña continuidade, pero o certo é que o barrio e a comarca ten un paro insostible, desde obreiros a enxeñeiros navais están no paro e quen non, teñen que marchar a Holanda ou a Kuwait. Nós mamamos a cultura da construción naval e algo tiñamos que facer para reivindicala”. Pola súa banda, para Henrique Sanfiz, director de Radio Fene, “a experiencia foi moi positiva e a opinión que nos traladaron tanto os veciños como os artistas participantes foi excelente”. 

outras propostas
A xornada tamén tivo outros aspectos, como a entrega de premios do concurso escolar de debuxo “Mar e ferro” por parte do alcalde fenés, Gumersindo Galego, e o presidente do comité de empresa de Navantia-Fene, Jorge Prieto. Durante todo o día os traballos presentados puideron verse nunha mostra no CPS. A música non faltou ao mediodía coa banda A culpa foi de Lolo e pola noite co dúo Alabama. Entre medias, levouse a cabo unha proxección do documental “Carga de dignidade” gravado nos muros de Navantia, e un recital de poesía coa intervención de varios escritores como Karlotti, Amelia de Querol, Arsenio Iglesias e Mario Regueira.

Os artistas Ito Mosquera e Suso Basterrechea, en pleno traballo - Foto:  Jorge Meis

Decenas de artistas dan vida ás fachadas de San Valentín | O barrio fenés acolleu actuacións musicais e un recital literario.
Carla Elías | Fene | La Voz de Galicia | 16 de marzo de 2014 05:00

San Valentín loce desde onte outra cara. Decenas de murais recobren agora as fachadas do barrio fenés e recordan aos veciños e visitantes da zona as súas raíces ligadas principalmente ao sector marítimo e naval. A xornada de arte urbana Mar e ferro organizada por veciños e o Centro de Promoción Social congregou onte por centos de persoas que participaron nunha actividade que busca a través da cultura reivindicar a historia do barrio e denunciar a crise que atravesa o astillero.

Unha trintena de artistas, pintores e grafiteiros participaron na actividade decorando coas súas creacións inspiradas nas raíces da zona as paredes de inmobles do barrio. De forma paralela, o Centro de Promoción Social converteuse no epicentro da xornada coa exposición dos traballos do certame de debuxo no que participaron os alumnos do CPI A Xunqueira e a escola de Sillobre, e a proxección do documental Carga de dignidade. Os estudantes Aitor Carbón Meizoso e Sara Díaz Otero resultaron ganadores do concurso e puideron ver as súas obras plasmadas nun gran mural que pintaron acompañados de estudantes e veciños.

A cita tamén contou coa animación musical do grupo A culpa foi de Lolo, Humberto e o dúo Alabama. Pola tarde, os escritores Arsenio Igrexas, Mario Regueira, Karlotti e Amelia Querol protagonizaron un recital literario. E durante a xornada conmemorouse o trinta aniversario da radio local.

O obxectivo dos organizadores da actividade é darlle continuidade a esta xornada e que os murais que locen desde agora no barrio convértanse nun emblema.

Xornada cultural e reivindicativa «mar e ferro»

As raíces marítimas e navais do barrio inspiran os murais pintados por trinta artistas. Foto: Anxo manso
__________________

A acción veciñal consegue paralizar un outro ataque do goberno municipal aos espazos públicos - A veciñanza defende unha praza pública en Caranza fronte ao intento de covertela nun estacionamento de coches


A acción veciñal consegue paralizar un outro ataque do goberno municipal aos espazos públicos. |- A veciñanza defende unha praza pública en Caranza fronte ao intento de convertela nun estacionamento de coches.

Diante do conxunto 'Residencial Auditorio', promovido polas cooperativas de promoción de vivendas sociais de CCOO, existe unha praza pública que aínda que con carencias no seu equipamento en mobiliario urbano e de xogos infantís,  si é unha praza que a veciñanza utiliza para o xogo das crianzas e o paseo de maiores. Un amplo espazo para uso e goce da cidadanía.

Días atrás a veciñanza detectou movementos estraños con maquinaria pesada, nunha parcela sen urbanizar situada nas inmediacións da praza. Posteriormente construíuse unha rampla de acceso á praza para coches e se cambiaron os bancos de madeira de lugar, coa vantaxe de que se colocaron papeleiras das que carecía a praza.

Preguntados os operarios que realizaban as tarefas sobre os motivos da obra, estes contestaron que se estaba acondicionando un estacionamento para o Auditorio Municipal de Ferrol, situado na outra beira da praza, cruzando a estrada das Telleiras, que ía ser inaugurado este Sábado 15 de Marzo.

Ante este panorama a veciñanza alarmada pola realización desta operación sen ser consultada, nin informada, decidiu plantar cara ao asunto e presentar persoalmente as queixas e a súa oposición ante o despropósito municipal que pola vía dos feitos consumados pretendía a conversión dunha praza pública para uso e goce das persoas, nun aparcadoiro de coches. Iso si que ía ser provisional e que a praza ía quedar como estaba con anterioridade.

Para mais inri, a Asociación Veciñal de Caranza, considerada afín e submisa aos designios do goberno municipal do Partido Popular, como ven demostrando en numerosas ocasións, dera-lle o visto e prace ao concelleiro de turno para tal despropósito, sen ter en conta para nada, como xa é costume, a opinión da veciñanza do lugar.

Todo isto tendo a moi poucos metros un amplo estacionamento sen que apenas se utilice os fines de semana, como é o estacionamento da ESEPA.

A veciñanza decidiu impedir que a praza pública fora tomada polos coches, así desde primeiras horas da mañá tomou a praza.

Os responsábeis municipais xa acordaran, diante da decidida oposición veciñal, xestionar, como era lóxico, ante a ESEPA  a utilización do estacionamento militar.

A acción veciñal consegue paralizar un outro ataque do goberno municipal, do Partido Popular, aos espazos públicos. 

Do malgasto do Auditorio Municipal, falaremos outro día.


* Parcela Privada.
* Praza Pública.
* Auditorio Municipal.
* Estacionamento do Auditorio.
* Estacionamento da ESEPA.

_______________

venres, marzo 14, 2014

As Marchas da Dignidade en Ferrol Terra, encaran a Gas Natural Fenosa - Vídeos





Unha asemblea, con 10 intervencións a micrófono aberto, conformou a concentración convocada pola Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra. A concentración convirteu-se nunha Asemblea de Construción Social. A denuncia, entre outras, da pobreza enerxética xerada por estas multinacionais, da súa implicación en proxectos como REGANOSA... xuntáronse á denuncia da decisión política para, xunto a REPSOL, encargar en Asia a construción de catro gaseiros, mentres se deixa esmorecer os estaleiros públicos, e con eles esta comarca. Á concentración chegou a Columna Caranceira que veu andando desde Caranza e contou cunha faixa e simboloxía das  PAH de Ferrolterra e un representante de STOP Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, leu un comunicado de apoio ás Marchas.

Polo de agora só nos chegaron dous interesantes vídeos, un da emotiva intervención de Pablo Portero e un detalle da de Manuel A. Rodríguez Carballeira -Lalán.

A próxima cita, en Ferrol, o Luns 17 de Marzo, ás 17:30hs, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño. Participa !!

Intervención de Pablo Portero.

Intervención de Manuel A. Rodríguez Carballeira -Lalán.


---
COMUNICADO Á CIDADANÍA

Hoxe estamos aquí, as Marchas da Dignidade de Ferrolterra, diante das oficinas que representan a Gas Natural Fenosa, na nosa cidade. Pois queremos amosar a nosa indignación pola actuación desta grande corporación económica, que xunto a REPSOL, teñen ordenado a construción de catro buques gaseiros en estaleiros de Xapón e Corea do Sur.

Gas Natural Fenosa e Repsol, son uns dos reponsábeis da burbulla enerxética; do encarecemento do prezo do gas e da electricidade; da localización de Reganosa dentro da nosa ría; da pobreza enerxética que sofren moitos fogares, o que representa frío, miseria e enfermidade para miles de nenos e nenas, e maiores... e agora, cos contratos en Xapón e Corea, tamén cómplices da situación de emerxencia social desta comarca.

Os poderes económicos, entre os que se encontran estas multinacionais (que noutra hora foran empresas públicas), contan con gobernos que aplican políticas que lles favorecen. Non é de estrañar que logo moitos ex-presidentes, ex-ministros e ex-altoscargos, acaben nos consellos de administración destas grandes empresas facendo uso da chamada “porta xiratoria”. Aznar e Felipe González son dous exemplos claros.

Mentres que esta comarca esmorece, cun 32% de paro, unha emigración constante da xente máis nova e a pequena empresa e o comercio teñen as horas contadas, estas multinacionais españolas que se fan chamar patriotas, contratan en estaleiros do nordeste de Asia os catro buques que precisan (agardan contratar un quinto). Os estaleiros públicos de Ferrolterra, motor económico e social desta comarca, están sen carga de traballo, a penas un flotel que dará ocupación a 250 persoas do estaleiros de Ferrol, nada para o de Fene, mentres van máis de 3.000 postos de traballo perdidos, só nos estaleiros, motor da economía de Ferrol Terra.

As Marchas da Dignidade chamamos a illar socialmente a estas multinacionais, a aborrecer a súa propaganda enganosa que di que a súa “enerxía está ao servizo das persoas”, que é unha “enerxía social”, que teñen “compromiso e sostenibilidade”... cando o que están construíndo é pobreza, miseria e destruíndo o medio ambiente, mentres amasan cantidades inxentes de beneficio. Son exemplo do xeito que ten o capitalismo de medrar a costa do retroceso nas condicións laborais e da sobreexplotación do planeta sen ter en conta ás xeracións vindeiras.

Sen enerxía non é posible vivir. As Marchas da Dignidade queremos que sectores estratéxicos, dos que depende a vida das persoas, como é o sector enerxético, non esté en mans destas multinacionais do saqueo. Grandes empresas que non lles importa deixar sen luz  e calefacción a miles de familias con tal de que non mingüen os seus beneficios. Unhas corporacións que queren que as condicións laborais conseguidas por anos de loita nos estaleiros públicos (convenio, pagas, descansos, xornada de 8 horas, vacacións pagadas ...) desaparezan e deixen paso á precariedade, a xornadas interminábeis e a salarios de miseria.

 O pobo, mais do 85% dos cidadáns do Estado Español, temos que organizarnos, darlle as costas a estas empresas e aos seus gobernos, e buscar alternativas a este modelo enerxético xerador de pobreza. Debemos buscar alternativas a estes gobernos títeres dos poderes económicos. Os gobernos deben gobernar para o pobo e co pobo, e ser insubmisos a estas grandes corporacións.

Chamamos á conciencia e ao compromiso de toda a cidadanía. Temos que conseguir que unha maioría social se mobilice fronte ao grande poder destas multinacionais. Xuntas e xuntos podemos cambiar esta situación! Hoxe aquí diante de Gas Natural Fenosa, e o día 22 de marzo, marchando sobre Madrid.

PAN, TRABALLO E TEITO

A RÚA QUE XA E HORA!!!

Ferrolterra, a 14 de Marzo, de 2014

Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra

Contacto:
columnacaranceira@gmail.com
Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com/
Grupo aberto no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/

Blogue da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
_________________

Este venres, 14 de marzo, ás 18hs, as Marchas da Dignidade de Ferrolterra, convocamos a toda a cidadanía a concentrarse diante das oficinas de Gas Natural Fenosa, na Praza do Callao na cidade de Ferrol - Mostraremos a nosa indignación pola construción de catro buques gaseiros en estaleiros de Xapón e Corea do Sur por parte desta corporación, xunto con repsol, en lugar de construilos nos nosos asteleiros - E ademais son reponsábeis da pobreza enerxética que sofren moitos fogares, o que representa frío, miseria e enfermidade para miles de persoas.

Comunicado de Prensa

Este venres, 14 de marzo, ás 18hs, as Marchas da Dignidade de  Ferrolterra, convocamos a toda a cidadanía a concentrarse diante das oficinas de Gas Natural Fenosa, na Praza do Callao na cidade de Ferrol. | Son reponsábeis da pobreza enerxética que sofren moitos fogares, o que representa frío, miseria e enfermidade para miles de persoas... | Mostraremos a nosa indignación pola construción de catro buques gaseiros en estaleiros de Xapón e Corea do Sur por parte desta corporación, xunto con repsol, en lugar de construilos nos nosos asteleiros. | Necesitamos unha maioría social que se mobilice. animamos á xente a participar neste acto e o día 22 de marzo marchando sobre madrid, habendo buses programados dende a nosa comarca.

PAN, TRABALLO E TEITO

Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Mentres que esta esmorece, cun 32% de paro, unha emigración constante da xente máis nova e a pequena empresa e o comercio teñen as horas contadas, estas multinacionais españolas, contratan en estaleiros do nordeste de Asia os catro buques que precisan (agardan contratar un quinto). Os estaleiros públicos de Ferrolterra, motor económico e social desta comarca, están sen carga de traballo, a penas un flotel que dará ocupación a 400 persoas do estaleiros de Ferrol, nada para o de Fene, mentres van máis de 3.000 postos de traballo perdidos, só nos estaleiros.

As Marchas da Dignidade chamamos a illar socialmente a estas multinacionais, a aborrecer a súa propaganda enganosa que di que a súa “enerxía está ao servizo das persoas”, que é unha “enerxía social”, que teñen “compromiso e sostenibilidade”... cando o que están construíndo é pobreza, miseria e destruíndo o medio ambiente, mentres amasan cantidades inxentes de beneficio.

Sen enerxía non é posible vivir. As Marchas da Dignidade queremos que sectores estratéxicos, dos que depende a vida das persoas, como é o sector enerxético, non este en mans destas multinacionais do saqueo. Grandes empresas que non lles importa deixar sen luz  e calefacción a miles de familias con tal de que non mingüen os seus beneficios. Unhas corporacións que queren que as condicións laborais conseguidas por anos de loita nos estaleiros públicos (convenio, pagas, descansos, xornada de 8 horas, vacacións pagadas ...) desaparezan e deixen paso á precariedade, a xornadas interminábeis e a salarios de miseria.

 O pobo, máis do 85%, a maioría social, temos que organizarnos, darlle as costas a estas empresas e aos seus gobernos, e buscar alternativas a este modelo enerxético xerador de pobreza. Debemos buscar alternativas a estes gobernos obedientes aos poderes económicos. Os gobernos deben gobernar para o pobo e co pobo, e ser insubmisos a estas grandes corporacións.

Chamamos á conciencia e ao compromiso de toda a cidadanía. Temos que conseguir que unha maioría social se mobilice fronte ao grande poder destas multinacionais. Xuntas e xuntos podemos! O venres 14 diante de Gas Natural Fenosa, e o día 22 de marzo, marchando sobre Madrid.

Ferrolterra, a 11 de Marzo, de 2014

Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com/ | Blogue galego : http://marchasdadignidade.blogspot.com/  | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/


A Madrid
Para quen teña interese polas Marchas da Dignidade e desprazar-se até Madrid, facilitamos un correo electrónico columnacaranceira@gmail.com e un telefono 645158113.

Marcharemos ...
« Polo dereito ao traballo
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica
« Polo dereito a unha vivenda digna
« Polos servizos públicos, a sanidade e a educación
« Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario

Temos determinación para conseguir un cambio e ímo-lo demostrar marchando sobre Madrid o 22M. Estas marchas non teñen un carácter finalista , polo que despois do 22M, seguiremos marchando.

Enviado por:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
14 de março de 2014 12:12 

_____________

luns, marzo 10, 2014

O 10 de Marzo de 2014 en Ferrol Terra - Ferrol volve acoller hoxe dúas manifestacións e dúas ofrendas florales para conmemorar o 10M


O 10 de Marzo de 2014 en Ferrol Terra


Ferrol volve acoller hoxe dúas manifestacións e dúas ofrendas florales para conmemorar o 10M

Ferrol, a cidade na que morreron tiroteados pola policía Amador Rei e Daniel Néboa, será hoxe un ano máis o epicentro da celebración do 10 de Marzo, o Día dá Clase Obreira Galega, esta vez co telón de fondo do dramático 32% de paro. Como é habitual, o sindicato CIG e o BNG desmárcanse dos actos institucionais e das outras centrais para subliñar a reivindicación nacionalista coa que queren envolver esta conmemoración.

O Concello de Ferrol celebrará ás 11.30 horas unha ofrenda floral ante o monumento aos dous traballadores de Bazán, mortos no marco dunha mobilización polo seu convenio colectivo. A este acto institucional sumaranse UGT, CCOO e USTG, que convocan a súa manifestación para as oito desta tarde, con saída desde o mesmo monumento ao 10 de Marzo.

Pola súa banda, a CIG realizará a súa propia ofrenda floral ante a escultura de Amador e Daniel ás 12.30 horas e convoca a súa manifestación para as oito da tarde, con saída desde o seu local sindical en Esteiro. Nos actos participará o secretario xeral da central, Suso Seixo.

Desde o BNG fíxose constar que non participará no acto do Concello "por considerar contraditorio que ou PP conmemore esta data mentres este goberno local permanece cómplice dás políticas estatais en beneficio do poder económico". O portavoz municipal do Bloque, Iván Rivas, recorda que o alcalde de Ferrol, José Manuel Rei, "pechou as portas do Concello á clase traballadora galega e ao conxunto dá sociedade local e usou á policía para reprimir as súas demandas laborais" e que permanece "calado" sinala, ante a negativa de Núñez Feijóo a recibir aos representantes sindicais da comarca.

O Colectivo Chimarrao anuncia unhas xornadas con motivo do 10 de Marzo que comezarán o martes, ás sete da tarde, na Asociación de Veciños de Esteiro cunha charla sobre autoorganización obreira a cargo de responsables da CNT. O xoves celebrarase outra charla á mesma hora, no Ateneo, sobre a dinamización da loita obreira, a cargo dun representante do sindicato, e para rematar, o venres en Sargadelos, Lupe Cés e Lola Ferreiro falarán sobre discriminación sexual. O programa terminará o sábado, a partir das nove, cun concerto no bar Chimarrao, na rúa Sartaña.

Fonte: Diario de Ferrol | 10.03.2014

Enlaces relacionados:

Centrais Sindicais
__________

A Asemblea de Apoio ás Marchas da Dignidade volve-se reunir o Martes 11 de Marzo, en asemblea aberta no Centro Cívico de Caranza

O 22 de Marzo, van confluír en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno do Partido Popular e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos e neoliberais.

En Ferrolterra está constituída unha Asemblea de Apoio que se volve reunir mañá Martes 11 de Marzo, ás 17:30hs en Asemblea Aberta no Centro Cívico de Caranza, para seguir organizando o apoio ás Marchas que partirán da nosa Comarca.

Esta Asemblea acordou convocar para o Venres 14 de Marzo, ás 18:00hs unha Concentración, na Praza do Callao, diante da oficina que representa en Ferrol a Gas Natural Fenosa, para denunciar a un dos responsábeis económicos da estafa chamada crise, responsábeis do empobrecemento enerxético de centos de miles de familias e que á hora de facer os buques gaseiros prefiren encarga-los en estaleiros de Xapón e Corea, e non face-los nos nosos que poderían dar emprego a miles de persoas.

Por último o Sábado 22 de Marzo, as Marchas da Dignidade conflúen en Madrid, onde terá lugar unha grande manifestación, ás 17:00hs, desde Atocha até Colón. Para o cal desde Ferrol imos fretar autobuses e tamén un tren que saen desde a estación da Coruña.

Para quen teña interese polas Marchas da Dignidade e desprazar-se até Madrid, facilitamos un correo electrónico columnacaranceira@gmail.com e un telefono 645158113.

Marcharemos ...
« Polo dereito ao traballo
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica
« Polo dereito a unha vivenda digna
« Polos servizos públicos, a sanidade e a educación
« Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario

Temos determinación para conseguir un cambio e ímo-lo demostrar marchando sobre Madrid o 22M. Estas marchas non teñen un carácter finalista, polo que despois do 22M, seguiremos marchando.

Asemblea das Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com | Blogue galego : http://marchasdadignidade.blogspot.com  | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org
____________

domingo, marzo 09, 2014

O gaseiro 'LNG Explorer', o 164 buque, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para Reganosa, anuncia a entrada na Ría de Ferrol este Luns 10 de Marzo - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova acción de protesta o mesmo día


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 LUNS 10 DE MARZO, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE EDIFICIO DA XUNTA DE GALICIA

O gaseiro 'LNG Explorer', é un buque de grande porte, 288 m de eslora e 44 m de manga e  de calado 11.60 m. Cunha capacidade de 155.000 m³ de GNL. Son miles as toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este enorme buque ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 10 de Marzo de 2014. Esta entrada, supon xa a 164, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Hai máis dun ano que se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.


Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
7 de março de 2014 14:58
_______________

Chamamento a unidade de Acción para a denuncia de NCGBanco - Que se informe negativamente a venda de NCG Banco a Banesco - Estamos recollendo firmas, para impedir confírmese a venda fraudulenta de NCGBanco.


Estamos recollendo firmas, para impedir confírmese a venda fraudulenta de NCG Banco.

O último recurso é que a Comisión da Competencia da Ou.E. recoñeza que dita venda prexudica o dereito das persoas, reforzando un oligopolio financeiro, a través do cal estase manipulando aos gobernos que manteñen unha crise que prexudica á maioría da poboación ...

É importante a túa firma, si estás de acordo coa petición, pero é necesario que difundas esta mensaxe entre os teus contactos, para que outras persoas poidan participar...

Chamamento a unidade de Acción para a denuncia de NCGBanco.

Desde ADUCAB (Agora integrada en ACOUGA) fíxose un chamamento a tódalas organizacións e persoas preocupadas pola situación de crise, para presentar unha reclamación ante a Comisión Europea da Competencia, e ao Consello de Europa, para que se investigue e anule a entrega de NCG Banco, que, cando menos, deberíase converter nunha entidade pública, xestionada dende una perspectiva de Servizo Público, en favor da comunidade Galega.

Invítase a lectura do escrito de demanda adxunto (aberto a súa revisión) pedindo pescudas sobre o proceso que desembocou na fusión das Caixas de Aforro Galegas, a súa conversión en Banco, e posterior ven da, inoportuna e por unha cantidade moi inferior a valoración da patrimonio transferido . É un exemplo de escrito pra firmar e enviar directamente por FAX, ou Carta postal, ou correo electrónico ao Sr. Almunia. 

Miguel A. Quinteiro.

Axúntanse documentos de interese, como complementarios a petición.

Únete a esta campaña:
Que se informe negativamente a venda de NCGBANCO a BANESCO
http://chn.ge/1mK7kdw

Anexos:

||| Preguntas ao Sr. Carrascosa, director do FROP, doc en formato pdf -Acceder ou Baixar.

||| Carta individual a José Joaquín Almunia Amann, Vice-Presidente, Comisario responsable de Competencia da Comisión Europea -Acceder ou Baixar.

Enviado por:
Miguel Quinteiro
-maqmaq@gmail.com-
8 de março de 2014 11:42

______________

O accidente na Fragata F-102 "Juan de Borbón" e a Planta de Gas de Reganosa


O accidente da Fragata e a Planta de Gas


Hai poucas datas producíase un accidente nunha fragata fondeada no Arsenal Militar de Ferrol. Na preparación de prácticas de tiro, un "señuelo" saíu disparado sobrevoando vivendas e indo a caer no porto pesqueiro.

O incidente, silenciado pola maior parte dos medios, debe ser aclarado e neste senso tomou iniciativa o grupo de AGE no parlamento galego.

Ven a confirmar, unha vez máis, o tantas veces repetido por este Comité Cidadán de Emerxencia sobre a perigosa localización dunha ilegal Planta de Gas – Reganosa -, que non garda as mínimas distancias a unha Base Naval e aos núcleos de poboación e que carece da perceptiva Declaración de Impacto Ambiental.
>>> O señuelo que se disparou por accidente nunha fragata en Ferrol sobrevoou vivendas e caeu no porto pesqueiro | 05.03.2014 | Ler a nova en 'El Confidencial'.

Máis información sobre o accidente da Fragata


Como continuación ao noso comunicado antes remitido sobre este suceso, engadimos en 3 arquivos o publicado en Diario de Ferrol.

Tamen deixar constancia da pronta iniciativa do BNG en pregunta parlamentaria ao Ministerio de Defensa sobre o acontecido e as previsións para que non se volvan a dar accións perigosas como esta.
>>> Seis feridos leves na F-102 polo lanzamento fortuito dun "señuelo" | 27.02.2014| Ler a nova no 'Diario de Ferrol'.

>>> O BNG pregunta no Congreso si parte do señuelo da F-102 saíu do recinto do Arsenal | 07.03.2014| Ler a nova no 'Diario de Ferrol'.

>>> AGE leva ao Parlamento galego ou accidente na "Juan de Borbón" | 07.03.2014| Ler a nova no 'Diario de Ferrol'.
---
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS PECHE XA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
7 de março de 2014 13:33
7 de março de 2014 19:59

_____________

Foto, na cabeceira da nova, do Diario Militar.
___________________