venres, xuño 05, 2015

En Ferrol e Cedeira, como no resto da Galiza e do Planeta, este sábado e domingo, 6 e 7 de Xuño, Únete á IV Limpeza Simultánea de Praias!!!


IV Limpeza simultánea de praias en toda Galiza con motivo do día mundial dos océanos (5, 6 e 7 de xuño)

En Ferrol e Cedeira:
  • Cedeira, limpeza na praia da Magadlena, Sábado 6 de Xuño, punto encontro ás 10:30hs na Praza Roxa.
  • Praia de Sta Comba (Ferrol). Domingo 7 de Xuño, punto de encontro ás 11:00hs no estacionamento da Malata, e despois en coches vai-se até o estacionamento de de Sta Comba (Covas) (sobre as 11:15hs).
  • Praia de Caranza, Domingo 7 de Xuño, ás 11:00hs, xunto a Ermida de Caranza. Previsión da actividade entre as 11:00 e 13:00hs.
  • Praia de Ponzos (Ferrol), Domingo 7 de Xuño, ás 11hs (prv).
Un ano máis, con motivo do día Mundial dos Océanos, ADEGA organiza a IV Limpeza Simultánea de praias. Con esta convocatoria ADEGA dá continuidade ás limpezas realizadas en 2012 , 2013 e 2014 que sumaron centos de persoas neste día de reivindicación e voluntariado ambiental.

ADEGA convoca de novo a tódalas entidades interesadas a unirse neste evento contra a contaminación mariña. As limpezas poderán celebrarse os días 5, 6, e 7 de xuño coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Océanos. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, pescadores, asociacións de todo tipo, concellos ou grupos de particulares están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental. Se queres participar contacta con ADEGA.

O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta, as principais causas son: a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra.

Estes residuos teñen graves consecuencias para a os ecosismeas mariños, máis de 1.000.000 de aves mariñas e 100.000 mamíferos e tartarugas morren cada ano enredados ou por inxesta do lixo mariño. Tamén pode afectar directamente á saúde humana, xa que moitos destes produtos conteñen substancias tóxicas, bioacumulativas e persistentes, que entran na cadea alimentaria. Por último outro dos graves problemas asociados a estes residuos, é que provocan perdas económicas importantes, debido a varios factores como son a diminución da pesca comercial, a degradación de lugares aptos para actividades recreativas e turísticas, ou o enorme investimento requerido para as limpezas de praias.

Facemos unha chamada á poboación para conseguir unha masa crítica que no Día dos Océanos se achegue ás praias, e consiga por unha banda mellorar o estado das nosas costas pero sobre todo conseguir un cambio de conciencia cidadá para a redución de residuos.

As entidades participantes contarán co asesoramento continuo, material divulgativo, protocolo de limpeza, publicidade e seguro de accidentes.

Se estás interesad@ en participar cantacta con nós: lucia@adega.gal tlf: 649 611 508 ou 981 57 00 99

MAPA DAS LIMPEZAS PROGRAMADAS

Descargas:
Información baseada na enviada por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
5 de junho de 2015 11:36

________________

xoves, xuño 04, 2015

Entrega do Premio Semente 2015: Verdegaia concede o premio “Semente” a D. Ramón Regueiro e a súa familia - Enlaces e Vídeo


Entrega do Premio Semente 2015 (Verdegaia). |Verdegaia concede o premio “Semente” a D. Ramón Regueiro e a súa familia. |A colaboración destes veciños foi crucial para salvagardar a Fraga de Menáncaro do proxecto urbanístico que pretendía destruíla. |Demandan do novo governo local que se axilice a protección oficial desta fraga.

Co gallo do Día Mundial do Ambiente, 5 de xuño, a asociación ecoloxista Verdegaia acordou outorgar este ano o premio “Semente”, relacionado coa mellor actuación ambiental, a D. Ramón Regueiro e a súa familia, pola súa crucial contribución na defensa e conservación da Fraga de Menáncaro localizada na parroquia ferrolá de Serantes e sobre a que se pretendía construír unha urbanización de luxo que destruiría irreversibelmente esta valiosísima masa arbórea autóctona, na que se poden atopar algúns exemplares de carvallos centenarios.

De non ser pola participación activa desta familia, que mesmo chegou a interpoñer un Recurso Contencioso perante o TSXG contra a aprobación do citado proxecto urbanístico, fallando a favor destes veciños, hoxe estaríamos a lamentar a perda dunha das últimas representacións de bosque atlántico que, con grande dificultade, sobreviven no concello de Ferrol polo severo proceso de eucaliptización ao que se ven sometendo este territorio desde hai décadas.

Con este simbólico premio Verdegaia, ademais de querer darlles publicamente as grazas, tamén quere facerlles unha merecida, aínda que modesta, homenaxe a estes veciños exemplares. O día 5 convidarémolos a un xantar nun restaurante de Ferrol, no transcurso do cal lles faremos entrega dun diploma conmemorativo en agradecemento.

Agardamos que o novo governo local, unha vez constituído, tamén se comprometa a revisar o PXOM para recalificar os terreos onde se atopa a fraga de Menáncaro como Solo Rústico de Especial Protección, outorgándolle ao mesmo tempo unha figura de protección oficial de carácter local que garanta a conservación desta masa arbórea de xeito definitivo.

Enviado por:
ferrol@verdegaia.org
-ferrol@verdegaia.org-
4 de junho de 2015 09:32
___________

Enlaces de interese:

http://menancaro.blogspot.com.es/

http://fragademenancaro.blogspot.com.es/

http://menancaroexpress.blogspot.com.es/


https://youtu.be/OibpGiKjtnY

______________________

martes, xuño 02, 2015

Programa da xornada: “A auga: un dereito humano” que vai ter lugar o 6 de xuño en Santiago de Compostela, no Salón de actos da Facultade de Filosofía, na Praza de Mazarelos


Programa da xornada da auga que organizada pola Alternativa Galega de Esquerda en Europa e o Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica no que está integrado no Parlamento Europeo.

Xornada: “A auga: un dereito humano”
6 de xuño de 2015
Salón de actos da Facultade de Filosofía
Praza de Mazarelos, Santiago de Compostela


PROGRAMA
09:30h.- Recepción dos participantes.
09:45h.- Apertura por Lidia Senra, eurodeputada pola Alternativa Galega de Esquerda en Europa, integrada no GUE/NGL (Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica).

10:00h.- As loitas sociais en contra da privatización da auga.
  • Georgios Archontopoulos, Presidente do Sindicato ΕΥΑΘ e membro do Secretariado de “SOSte to nero” (Salvemos a auga).
  • Brendan Ogle, Campaña polo dereito á auga en Irlanda.
  • Isabel Vilalba Seivane, Sindicato Labrego Galego (membro da Plataforma Galega contra a Lei de Augas).
  • Alexandre Carrodeguas, Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol.
11:00 h.- Debate.

11:45 h.- Pausa café.

12:00 h.- A privatización do acceso á auga en países onde houbo intervención da Troika.
  • Alexandra Krasopoulou, Membro do Secretariado de Syriza en Tesalónica. Comité de Syriza contra a privatización da compañía de augas de Tesalónica.
  • Daithí Doolan, concelleiro do Sinn Féin en Dublín
  • Antón Sánchez, deputado da Alternativa Galega de Esquerda (Galiza).
13:00h.- Debate.

14:00h.- Fin da xornada de mañá.

16:00h.- A xestión da auga. O papel das empresas. O proceso de privatización nos Concellos. Experiencias de re-municipalización.
  • Re-municipalización no Concello de Teo. Rafael Sixto, Elexido Concelleiro por Son de Teo. Anova.
  • Situación no Concello de Vigo. Rubén Pérez, Elexido Concelleiro pola Marea de Vigo.
17:30 h.- Debate

19:00 h.- Fin da xornada
---
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

[*] Lidia Senra, eurodiputada, da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, no Grupo Confederal da Esquerda Unitária Europeia/Esquerda Nórdica Verde (AGEe - GUE/NGL).
|
Tlf: 609 845 861
|
lidia.senra@europarl.europa.eu



Máis información en
:

Enviado por:
Senra Rodríguez, Lidia
-lidia.senra@europarl.europa.eu-
1 de junho de 2015 19:34

________

Esquerda Unida de Narón decidirá cal é a postura a tomar no proceso de investidura nunha Asemblea Aberta - Reunión en Castro o xoves 4 de Xuño: comezarán así unha ronda de contactos coas distintas asociacións veciñais


Asemblea Aberta para decidir posición na investidura


Esquerda Unida Narón decidirá cal é a postura a tomar no proceso de investidura como alcalde de José Manuel Blanco nunha asemblea aberta a afiliados e simpatizantes, entendemos que dende un principio a transparencia e participación deben ser máximas irrenunciables para EU Narón, "non somos unha organización vertical nin un grupo de amigos, as decisións tómanse entre todas e todos e con luz e taquigrafo".

Esquerda Unida Narón aínda non mantivo ningunha reunión con ningún grupo político, pero a asemblea xa escolleu por unanimidade as tres persoas que representarán a EU no caso de que se produzan os contactos, os escollidos son Belén Aneiros (Responsable da Area da Muller no CPL), Jorge Rego (Secretario de Organización no CPL), e André Abeledo (Coordinador Local de EU Narón e novo concelleiro). De producirse os contactos estas tres persoas deberán transmitir toda a información aos membros do CPL e a asemblea, que serán os que finalmente tomen e ratifiquen calquera decisión.

Reunión en Castro

Esquerda Unida de Narón comezará unha ronda de contactos coas distintas asociacións veciñais, así como con todo o tecido asociativo de Narón, Esquerda Unida pretende ser a voz da maioría no concello de Narón, "queremos coñecer de primeira man os problemas, para eso precisamos do contacto directo e da 'complicidade' das veciñas e veciños de Narón".

A primeira destas reunións e asembleas vai ser este Xoves 4 de Xuño as 19:30hs no local veciñal de Castro.


ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
eu-naron@esquerdaunida.org
2 de junho de 2015 11:09

_______________

A Xunta pretende agochar a miseria da RISGA con contratos precarios


A Xunta pretende agochar a miseria da RISGA con contratos precarios

A Xunta nola quere xogar coa RISGA. Van de preocupadas pola inclusión social anunciando novas medidas, pero o único que fan e engordar o número de persoas que sofren o empobrecemento e a precariedade. Anunciaron hai unhas semanas 1.000 contratos para perceptoras da RISGA. Igual que o ano pasado, e con cartos chegados de Europa, a Xunta subvenciona cunha dotación de 10.000.000 de euros, as nóminas e as cotizacións á Seguridades Social para que os concellos contraten a persoas que estean a cobrar a RISGA.

Ofrecen, como o pasado ano, empregos de 7 meses de duración e do 75% da xornada laboral, para cobrar ao redor de 600 €. Os postos a cubrir son peón/a de xardinaría, peón/a de obra pública, condutor/a, etc., sendo o requisito da orde que sexan postos vinculados a obras e servizos de interese xeral e de utilidade social.

A intencionalidade do goberno autonómico non muda con respecto á convocatoria do ano ano anterior, que é, eliminar o maior número de persoas que cobran a RISGA. Número que a finais do ano pasado xa superaba as 10.000 persoas no noso país.

E despois de sete meses de contrato precario que? A única renda á que se pode acceder é un subsidio de 213 € xestionado desde o servizo público de emprego. Cantidade claramente insuficiente para cubrir as necesidades básicas. Obrigando as persoas a solicitude de axudas de emerxencia social, que son escasas e limitadas. E a comezar de novo o tortuoso camiño de solicitude da RISGA: con numerosas citas nos servizos sociais, control e visitas o domicilio, entrega de abundante documentación e a espera de máis de dez meses da resolución.

Esta medida de emprego temporal e precario, é a solución da Xunta para mellorar as condicións de vida daquelas que encarnamos as cifras das estatísticas:
  • Dous de cada tres desempregadas, unhas 185.000 persoas, non perciben ningún tipo de prestación.
  • 95.000 fogares teñen todos os seus membros no paro, dos cales 18.000 viven en grave situación de pobreza.
  • Un cuarto da sociedade galega vive na exclusión social.
  • Tres de cada dez perceptores da Risga teñen cronificado a súa situación.[*]
A fenda da pobreza agrávase no noso país, a situación de precariedade e exclusión social aumenta sen freo para moitas galegas e galegos. Non cansamos de repetir que a RISGA non é un instrumento eficaz que garanta a inclusión social nin unhas condicións de vida dignas, plenas e en liberdade. Fronte á centralidade do emprego, nós falamos da centralidade da vida: Renda Básica das iguais e moitísimo máis!

Xuño, 2015

ODS-Coia

[*] Datos de Sermos Galiza.

--
OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia) | odscoia.arkipelagos.net | odscoia@riseup.net |@odscoia | tel: 696 618 732 - 679 758 663 | Estamos os luns de 17h00 a 19h00 en Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo).

Enviado por:
Oficina Dereitos Sociais - Coia
-dereitossociais@gmail.com-
2 de junho de 2015 08:26

___________________

luns, xuño 01, 2015

Moi interesante resolución da Mesa Estatal do Frente Cívico Somos Maioría sobre o conflito en Movistar e Telefónica - Enlaces e Vídeo de interese


Telefónica, que até nos peores anos da estafa financeira subiu os seus beneficios de xeito obsceno (sempre por encima dos 3.000 millóns de euros) foi reducindo nos últimos 20 anos o seu persoal directo en máis de 50.000 persoas, as cales, multiplicadas por catro, pasaron a facer as tarefas que antes facían empregade@s fixos con condicións dignas. Así, a atención comercial, tanto presencial como telefónica, as instalacións, os procesos e traballos informáticos, a loxística, o mantemento, a xestión dos recursos humanos, ... hoxe fanse por empresas externas, nuns casos propiedade total ou parcial da propia Telefónica e, noutros, non.

Durante máis de 20 anos, @s traballador/as desas empresas subcontratadas, estiveron sufrindo o esborralle dos seus dereitos e condicións de traballo. Pero dixeron ¡xa abonda! Desde o 28 de marzo, @s traballador/as de contratas, subcontratas e autónom@s que prestan os seus servizos a Movistar (Telefónica) están en folga indefinida loitando por conseguir unhas condicións de traballo dignas.

Hai que recordar as condicións nas que estas persoas traballan, que van baixando segundo traballen para contratas, para subcontratas ou como autónom@s para as subcontratas.

Esta última é a modalidade, a de autónom@, é á que están obrigando as empresas aos seus traballador@s. De feito, ofrécenlles 15.000 euros como despedimento para despois contratarl@s como autónom@s. Unha vez nesa situación, fanlles contratos de entre 2 e 4 horas diarias, aínda que a súa xornada esténdese entre 10 e 12. Teñen que poñer o seu vehículo, a gasolina, as ferramentas (só unha para a fibra óptica vale 3.000 euros), e si non logran culminar a instalación (aínda que sexa porque o cliente desista) non cobran. E si, por culpa da présa para lograr os inalcanzábeis obxectivos que se lles marcan, cometen un erro, aínda que sexa insignificante, lles penalizan até o punto de poder perder o xornal dun día. Iso si, os empresarios bríndanse a alugarlles coche e ferramentas. Ao final, o traballador/a é o que se paga o seu soldo. Soldo que, con moita sorte, pode chegar aos 700 euros mensuais. Por suposto, estas persoas traballan os 7 días da semana, non poden collerse vacacións, si se póñen enferm@s descontan-llo do seu soldo ... Todo baixo a ameaza de: "si non vés o sábado, si cóllesche vacacións, ... xa non volvas por aquí. Hai unha chea esperando na porta".

As condicións nas contratas non van moito máis alá, aínda que polo menos, ao ser empregad@s dunha empresa, teñen un comité e uns dereitos de sindicación, que, de todos os xeitos, adoitan ser cercenados ou encamiñados a sindicatos "amigos" das empresas. Nestas empresas, poden ter o coche e as ferramentas por conta da empresa (aínda que nunhas condicións nefastas que fai que @s traballadores/as terminen comprándose as súas) e, con sorte e xogándose a vida, poden chegar a 1.400 euros mensuais (xa prorrateadas as pagas extraordinarias).

Mentres tanto, os directivos de Telefónica, incluídos algúns personaxes tan incalificábeis como Rodrigo Rato, Iñaki Urdangarín ou Francisco Camps estiveron contratados como asesores por non facer nada e gañando millóns de euros ao ano. O propio César Alierta, só en salario directo, gañou 5,8 millóns en 2013, 6,7 millóns en 2014 e, en 2015, subiuse o salario un 16%.

Pois ben. @s técnic@s das empresas que traballan para Movistar (Abentel, Cobra, Comfica, Cotronic, Dominion, Elector, Itete, Montelnor e Teleco) dixeron que a súa dignidade non vai ser mancillada nin un día máis, e levan dous meses de folga indefinida, convocada pol@s traballadores/as a través de sindicatos minoritarios na matriz, como AST, Co.bas ou CGT, pero que, malia un acordo esperpéntico, con supostas melloras, asinado por CC.OO e UGT e as empresas nos primeiros días de folga, fixeron caso omiso del e manteñen as súas reivindicacións. A folga está sendo especialmente importante en Madrid e, sobre todo, en Cataluña, onde, a día de hoxe, atópanse desde fai unha semana encerrad@s na tenda de Telefónica no Mobile Word Centre. Malia as ameazas de despexo violento, malia que foron criminalizad@s con falsas noticias de sabotaxes, malia que foron comparad@s (¡como non!) con terroristas, non só aguantan, senón que teñen o apoio popular d@s cidadáns, que ven como encarnan un dos exemplos máis nítidos do que implica a ideoloxía dominante: beneficios desorbitados e obscenos para uns cantos a costa da escravitude da maioría.

Especialmente significativo é o silencio absoluto e xeneralizado dos medios de comunicación. Uns en mans da propia Telefónica, outros en mans de bancos accionistas de Telefónica e todos receptores dunhas enormes carteiras de publicidade, fan o baleiro a unha loita que morde na man de quen lles dá para comer. ¡Si isto é unha prensa democrática ..!

A Frente Cívica Somos Maioría sitúase con est@s compañeir@s, fai súa a súa loita, ponse á súa disposición, e apoia medidas como a proposta pola candidata de Barcelona en Común, Ada Colau, que se comprometeu a non asinar ningún acordo de prestación de servizos con ningunha empresa que non cumpra as condicións laborais pactadas nos convenios colectivos.

Como a Frente Cívica Somos Maioría vén defendendo desde a súa creación, non queda outra vía que a da mobilización cidadá e d@s traballadores/as para poder reverter esta situación de abuso absoluto e de corrupción dun sistema que demostrou ser de todo, menos democrático e de dereito. As probas diso multiplícanse por varias unidades cada día. E en torno a esa mobilización, seguir creando o poder popular que, aos poucos, vai dando exemplos de propostas electorais afastadas das políticas creadoras de miseria entre a maioría da poboación.

Córdoba, 30 de maio de 2015

Interesante mensaxe de Julio Anguita


https://youtu.be/5cBxpTBs4Bo


Fonte: Colectivo Prometeo.

Fotos Ada Colau coas compañeiras e compañeiros da Marea Azul, encerrad@s na tenda de Telefónica no Mobile Word Centre e Xuntanza da Mesa Estatal do FCSM en Córdoba, no Centro Social Rey Heredia.

Moi interesante etiqueta de solidariedade e loita: #ResistenciaMovistar.

Enlace relacionado:

Ártabra 21: A folga indefinida dos falsos autónomos de Telefónica supera o mes, ... Por Martín Cúneo - Caixas de resistencia - Na Galiza a CIG chama á solidariedade coas traballadoras e traballadores en folga das contratas de Telefónica-Movistar: A folga indefinida dos falsos autónomos de Telefónica supera o mes, ... Por Martín Cúneo - Caixas de resistencia - Na Galiza a CIG chama á solidariedade coas traballadoras e traballadores en folga das contratas de Telefónica-Movistar.
__________________

Iniciativa Cidadá de Mugardos, en consonancia co seu compromiso de participación e transparencia, celebrou unha asemblea pública onde se acordou un regulamento para celebrar a Consulta Popular sobre o voto de investidura e un punto para adaptar o Códico Ético


A Iniciativa Cidadá de Mugardos celebrou este sábado 30 de maio, pola tarde no Centro Cívico Municipal, na que se aprobou a adaptación do punto 2.4 do seu Código Ético e o Regulamento para a Consulta Popular sobre a voto de investidura. Asistiron derredor das 50 persoas e designouse unha Coordinadora da Consulta Popular que será o órgano que arbitre a votación. Estará formada por 7 persoas, das cales unha ostentará a presidencia e 6 formarán parte das dúas mesas electorais que situaremos en Mugardos e Franza. En Mugardos votarán aquelas persoas que declaren como parroquia de residencia Mugardos ou Meá, e en Franza as que declaren Franza/O Seixo ou San Xoán de Piñeiro.

A agrupación electoral Iniciativa Cidadá de Mugardos acadou nos pasados comicios municipais a confianza de 540 persoas (18,25%) e unha representación 3 persoas no Pleno da Corporación. Fíxoo en base a un proxecto baseado na participación cidadá, a transparencia, a renovación, a apertura e a normalización social da vida política. Apostamos firmemente polas consultas populares: a nosa candidatura naceu dunhas primarias abertas e o o noso Código Ético no punto 1.9 contempla a consulta directa sobre cuestións estratéxicas que afecten ás nosas posicións.

En virtude diso, e perante o Pleno de Investidura que se celebrará en Mugardos o vindeiro sábado 13, Iniciativa Cidadá de Mugardos convocou unha esa asemblea pública que aprobou o regulamento que rexerá citada a Consulta Popular que decida o seu posicionamento.

Transmitimos, ademais, a nosa intención de manter puntualmente informada a toda a poboación sobre os pasos que día a día nos atinxen desde un “Diario Post-Electoral” que desde o martes 26 veñen publicando tanto na súa web como na páxina Facebook.

Na súa web publican diariamente o “Diario Post-Electoral” para manter informada á cidadanía dos pasos que como iniciativa levan a acabo. Un grande esforzo que precisa a promoción da participación cidadá e o compromiso de transparencia.

Na súa web publican:
"Durante os vindeiros días, ata o 9 de xuño, a xente que comparta o Manifesto da Iniciativa Cidadá de Mugardos poderá apoialo publicamente nas follas de sinaturas que a Coordinadora da Consulta Popular porá a disposición pública. Poderán asinalo todas aquelas persoas maiores de 16 anos que acrediten a súa residencia en Mugardos e non fosen membros doutra candidatura que concorrese ás eleccións municipais do 24 de maio. Poderedes consultar o documento final deste Regulamento en canto o equipo de Organización faga pública a acta de hoxe coas súas modificacións.

O 9 de xuño queremos ter pechadas xa as opcións de voto na consulta para que a xente poida coñecer exactamente o resultado das súa decisión. Que saiban exactamente que goberno resultaría de unha ou outra opción. O seguinte día, mércores 10, celebraremos un acto público de información e debate sobre as propostas de voto e o xoves 11, dous días antes do Pleno de Investidura, celebraremos a Consulta Popular cuxo resultado será vinculante para as 3 persoas que representarán os 540 votos da Iniciativa Cidadá de Mugardos
".
Para máis info acceder aos seus sitios na rede.

Iniciativa Cidadá de Mugardos
Javier García Dieste

En Twitter: www.twitter.com/icmugardos
En Facebook: www.facebook.com/iniciativacidadademugardos
Web: www.iniciativacidadademugardos.org
Correo-e: iniciativacidadademugardos@gmail.com

Resultados en Mugardos, nas Eleccións Locais 2015:
http://www.resultadoslocales2015.interior.es/99MU/DMU1115905199_L1.htm?d=1197&e=0

Información baseada na da web e na enviada por:
Iniciativa Cidadá de Mugardos
-iniciativacidadademugardos@gmail.com-
29 de maio de 2015 16:11

___________________

Ferrol en Común convoca unha Asemblea Aberta o vindeiro mércores 3 de xuño, ás 19:30hs no Centro Cultural Carvalho Calero


Ferrol en Común convoca unha Asemblea Aberta o vindeiro mércores 3 de xuño, ás 19:30 h no Centro Cultural Carvalho Calero, cunha ampla orde do día:
  • Negociacións para formar goberno.
  • Futuro e organización de Ferrol en Común.
  • Actuacións prioritarias a partir do 13 de xuño.
Convidámosvos a todos/as a asistir, a vosa forza é a nosa para rescatar Ferrol!

Enlaces de Ferrol en Común:

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/ferrolencomun

Conta no twitter:
https://twitter.com/ferrolencomun

Blog:
http://ferrolencomun.blogspot.com.es/

Páxina web:
http://www.ferrolencomun.es/

Correos-e:
  • ferrolencomun@gmail.com
  • ferrolencomun@gmail.com
Manifesto Inicial de Ferrol en Común:
https://drive.google.com/file/d/0By24jKds2T1PTHdaalN4NlAtRWM/view?usp=sharing

Código Ético de Ferrol en Común:
https://drive.google.com/file/d/0By24jKds2T1PUGFOZDYyZGJiOW8/view?usp=sharing

Enlaces relacionados:

Ferrol en Común en Ártabra 21: Acceder.

Ferrol en común no buscador libre DuckDuckGo.

Enviado por:
inaciogz
-inaciogz@gmail.com-
31 de maio de 2015 23:35
_______________

xoves, maio 28, 2015

Marea Ártabra decide o seu futuro nunha Asamblea Aberta no Ateneo Ferrolán o sabado 6 de Xuño


## COMUNICADO DA MAREA ÁRTABRA ##

Dende Marea Ártabra, queremos agradecer a todas e cada unha das 1.631 veciñas e veciños de Ferrol que co seu voto deron a confianza a un programa cargado de futuro para a nosa cidade e pensado coa finalidade de iniciar unha senda que afonde na democracia e fixe poboación mediante unha economía social e respectuosa co medio.

Tan só doce votos nos afastaron de ter representación no concello.

Ese respaldo da veciñanza, anímanos a dar continuidade ao noso proxecto para iso convocamos unha Asemblea Aberta que se celebrará no Ateneo Ferrolán o vindeiro Sábado 6 de xuño ás 16:30 horas coa seguinte orde do día:
1.- Valoración do traballo realizado ata agora.
2.- Propostas de futuro para Marea Ártabra.
______________________________

Mareaartabra.gal | #MareaArtabra | @mareaartabra | info@mareaartabra.gal | Facebook

A Marea Ártabra é un proceso asembleario para acadar unha maioría social ferrolá, unha candidatura de unidade popular para as eleccións municipais.

Enviado por:
MAREA ÁRTABRA
-mareaartabra@gmail.com-
28 de maio de 2015 11:33

_____________________

Pola Renda Básica e Emprego, todos os xoves concentración às 11:30hs, diante do Edificio Administrativo da Xunta, na Praza Amada Garcia


TODOS OS XOVES ÁS 11:30 DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA EN FERROL


Xoves 28 de Maio volvemos á carga pola RENDA BÁSICA XA!! e EMPREGO PARA TODAS E TODOS, chamamos a participar na concentración de protesta ás 11:30 diante do edificio da Xunta en Ferrol.

Porque temos que ser moitas persoas para presionar e obrigar aos gobernos a atender as demandas que o pasado 5 de Marzo metiamos por rexistro apoiadas por 1.341 firmas. Reclamamos un plan de choque contra o paro, contratándonos como mínimo a 500 persoas das listas do desemprego e unha renda básica para todas as persoas que están no paro e non cobran ningunha prestación.

Antes mañá, repartiremos follas informativas diante da oficina do paro que está na avda de Vigo, de 9:00 a 11:00.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/407045952831292/



MARCHAS DA DIGNIDADE DE FERROLTERRA


Telefono e correo-e de contacto:

603 213 863
marchasdadignidadeferrolterra
[arroba]gmail.com

Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Rede da Columna de Ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra

Galiza:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg


Web estatal:
http://marchasdeladignidad.org/


PAN, TRABALLO E TEITO !!
Á RÚA QUE XA É HORA !!

__________________

martes, maio 26, 2015

Xuízo contra Mercadona en Ferrol, este Xoves 28 de Maio as 10:15 da mañá no xulgado do social numero 1 de Ferrol


Xuízo contra Mercadona en Ferrol


Este Xoves 28 de Maio as 10:15 da maña no xulgado do social numero 1 de Ferrol o compañeiro André Abeledo ten un xuízo contra a empresa Mercadona polo que entendemos un "castigo" económico continuado o non pagarlle a prima por obxectivos, segundo a empresa por non estar suficientemente “COMPROMETIDO” con Mercadona e non facer o seu traballo, nos dende a COG entendemos que este é un castigo por defender durante anos unha liña sindical de defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores de Mercadona, primeiro como presidente do comité enfrontase a liña sindical do que entón era o seu sindicato en Mercadona, e hoxe como delegado da COG (Central Obreira Galega). O compañeiro André Abeledo ven seguindo unha liña de sindicalismo de clase, e mantendo sempre un “COMPROMISO” claro cas traballadoras e traballadores que non lle impide facer o seu traballo en Mercadona.

Todo o noso apoio para André e o resto de delegadas e delegados da COG en Mercadona que están enfrontando momentos moi difíciles por ser consecuentes e manter a coherencia.


Sección Sindical da COG en MERCADONA

Enviado por:
COG en Mercadona
-cogmercadona@gmail.com-
26 de maio de 2015 11:24

_____________________

Resultados Electorais das Locais 2015, nos concellos de Ferrol e Narón e enlace para acceder aos resultados dos outros concellos das tres comarcas

Clicar acima dos cadros para ampliar

FERROL

NARÓN

Enlace para acceder aos demais concellos das tres comarcas:
http://www.resultadoslocales2015.interior.es/99MU/DMU99000PR_L1.htm
_____________

Importante anotar na axenda: Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, mércores 27 de Maio ás 18:30hs no Ateneo Ferrolán

Importante anotar na axenda!!
Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra


Este próximo mércores 27 de Maio ás 6:30 da tarde no Ateneo Ferrolán.

Puntos a tratar:
  1. Debate e propostas de todo o que rodea á loita que estamos levando contra o paro, polo emprego para todas e todos e pola renda básica xa.
  2. Organización dun acto en Ferrol, onde os sindicatos alternativos que participan nas marchas fagan a súa presentación en Ferrol con o fin de que exista na comarca un polo sindical alternativo que desbloquee a actual situación de parálise sindical.
  3. Rogos, preguntas e propostas. Neste punto agradécese que enviedes a este correo con antelación as vosas propostas por escrito para reenvialas ao resto de contactos para axilizar o debate na asemblea.
Saúdos e ánimo!!


MARCHAS DA DIGNIDADE DE FERROLTERRA
Telefono e correo-e de contacto:
603 213 863
marchasdadignidadeferrolterra
[arroba]gmail.com

Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Rede da Columna de Ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra

Galiza:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg


Web estatal:
http://marchasdeladignidad.org/


PAN, TRABALLO E TEITO !!
Á RÚA QUE XA É HORA !!

Enviado por:
Marchas Dignidade
-marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com-
25 de maio de 2015 22:38

_______________

luns, maio 25, 2015

Concentración: "Paremos o Feminicidio", como en diferentes cidades da Galiza, en Ferrol terá lugar o mércores 27 de maio, ás 19:30hs diante dos Xulgados - Participa !!


CONCENTRACIÓN PAREMOS O FEMINICIDIO 27 MAIO XULGADOS DE FERROL

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

CONVIDA A SUMARSE Á ACCIÓN COLECTIVA DO FEMINISMO GALEGO: PAREMOS O FEMINICIDIO!!!

QUE TERÁ LUGAR SIMULTANEAMENTE NAS CIDADES E VILAS DO PAÍS

CONCENTRACIÓN DIANTE DOS XULGADOS DE FERROL,
MÉRCORES 27 DE MAIO ÁS 19.30 HORAS

As mulleres seguimos a ser asasinadas, e desde diferentes colectivos e accións feministas do país consideramos que non podemos seguir reaccionando só de xeito illado ante cada asasinato. Hai moitas institucións ás que esixir responsabilidades, entre elas, ao SISTEMA XUDICIAL, ao que consideramos cómplice, tal e como se demostrou no último asasinato machista, acontecido no Hospital de Ourense, onde non se asignaron medidas de protección axeitadas a Isabel, hospitalizada por una agresión, e que logo foi rematada polo que fora o seu home.

Esta acción vaise levar a cabo en diferentes vilas do país, como Ourense, A Coruña, Compostela, Vigo ou Ferrol.

Ademais, esta acción inicia una CAMPAÑA, da que iremos dando boa conta, para esixir responsabilidades no caso concreto de Isabel, última muller asasinada na Galiza.

Marcha Mundial das Mulleres de Galiza

"As mulleres decidimos"


Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
25 de maio de 2015 16:21
_________

Renovar para crecer: Colectivo Terra


Renovar para crecer


Hoxe é un día de estreo no Colectivo Terra.

Despois de moito traballo durante os últimos meses, por fin estreamos o novo logotipo, co que lle queremos dar unha imaxe de renovación á asociación.

Baseado na cuberta do xornal "A Nosa Terra", órgano de expresión das Irmandades da Fala, e acompañado dunha simboloxía que conxugase movementos de esquerdas e feministas, será a imaxe que nos defina durante moito tempo.

Contamos tamén co estreo dun novo fondo para as redes sociais (Facebook: Colectivo Terra; Twitter, colectivo_terra).

Substituiremos o antigo blogue pola nova páxina web (www.colectivoterra.gal), a cal será a canle principal de comunicación a través da rede.

Xa por último, estreamos tamén unha segunda campaña de captación de soci@s. Como promoción e para captar a cant@s máis xente mellor, por cada persoa que xa o sexa ou se faga agora e consiga unha nova alta, contará co agasallo unha camisola. Os trípticos poderanse recoller no noso local, no Bar Futbolín e na Biblioteca Municipal.

Compartide e axudade a continuar facendo unha asoción de tod@s e para tod@s!


Blog: http://colectivo-terra.blogspot.com.es/
Facebook: https://www.facebook.com/colectivo.terrapontedeume
Twitter: https://twitter.com/colectivo_terra
Correo-e: colectivoterra@gmail.com
Local Social do Colectivo Terra
Boa Vista 8 Baixo. Pontedeume. GZ

Enviado por:
Colectivo Terra
-colectivoterra@gmail.com-
25 de maio de 2015 17:30

_____________

domingo, maio 24, 2015

Resultados electorais da anteriores Eleccións Locais dos anos 2011, 2007, 2003 e 1999 - Ferrol - E enlace para buscar resultados doutras localidades

Eleccións Locais 2011, 2007, 2003 e 1999 - Resultados Electorais de Ferrol
Clicar acima das imaxenes para ampliar.


2011

2007

2003

1999


Para buscar resultados doutras localidades e/ou anos:
http://www.infoelectoral.interior.es/min/busquedaAvanzadaAction.html
________________

Non hai atallos, ... Por David Rodríguez

Por David Rodríguez [*]
24.05.2015

Estou agradecido de estar hoxe en Gondomar, unha vila na que teño vínculos familiares e de colaboración con algunas iniciativas socioculturais presentes na súa vizosa sociedade civil.

Gústame o nome que escollestes para a vosa candidatura de unidade, Gondomar Concello Aberto, porque evoca a aqueles concellos abertos de orixe medieval que tiñan lugar na Galicia labrega, nos que os habitantes dunha parroquia se reunían a golpe de campá diante da igrexa para tomaren as súas decisións en asamblea.

Estou aquí como membro e candidato da Marea de Vigo, proceso de unidade popular e radicalmente democrático semellante ao voso, para enviarvos o noso apoio fraterno.

Pero quixera tamén compartir con vós algunhas reflexións, e para iso botarei man da caixa de ferramentas conceptual de Antonio Gramsci, un home que, sendo pequeno en estatura, foi un xigante en capacidade intelectual, malia ter a desgraza de pasar boa parte da súa vida nos cárceres de Mussolini.

Os conceptos de Gramsci que quero empregar son os de crise orgánica, revolución pasiva e guerra de trincheiras.

Crise orgánica. Celebramos no medio desta campaña electoral o cuarto aniversario do 15M. Un fenómeno que mostrou con gran claridade que ao estado español do réxime do 78 lle estaban a saltar as costuras, que estaba a vivir a súa crise orgánica, un momento en que o groso da xente perde a confianza nas institucións do estado (pero tamén en mediadores como o bipartidismo quendista) e no que se produce un baleiro de lexitimidade. Como unha consecuencia da crise económica, e malia o seu carácter pouco articulado e mesmo contraditorio nalgúns aspectos, o 15M alertou de que algo non estaba a funcionar ben.

Esta crise orgánica afectou tamén ás organizacións da esquerda. Non é casual que fose despois do 15M cando a esquerda nacionalista, tradición da que eu procedo, tivese a súa escisión. Tampouco é casual o nacemento de AGE, un proxecto que tivo as súas luces e sombras (pero ollo, que ninguén se leve a engano no futuro, non hai procesos perfectos, sempre aparecen friccións e problemas e é bo asumilo e dalo por descontado). AGE foi a Unidade Popular posible e concreta nese momento e neste lugar; e ter sido iso, non é pouca cousa.

Tampouco é casual o nacemento recente das chamadas Mareas, de Compostela Aberta, ou do voso Concello Aberto. Estes procesos seguen a estela dun camiño xa iniciado no pasado e que debería ter continuídade no futuro.

Coa perspectiva que nos dá o tempo, podemos analizar xa con máis tino o 15M. Resumiría en dous o tipo de reaccións que suscitou o 15M no seu momento de auxe: a reacción que eu chamaría ilusionismo, a crenza inxénua de que o cambio xa estaba aí, de que non se necesitaba, practicamente, máis nada que ocupar as prazas para mudar o mundo, e, por outra banda, o que poderiamos chamar a reacción do dogmatismo, a dalgunha esquerda partidaria que viviu coma unha ameaza esa irrupción das masas na escena política e que decidiu repregarse nas súas siglas e certezas.

Hoxe podemos ver xa con claridade que o cambio anunciado nas asembleas do 15M non foi tan grande como se pensaba e tamén podemos percibir con nitidez que o repregamento no patriotismo de siglas non serviu para canalizar todo ese descontento.

O seguinte concepto gramsciano é o de revolución pasiva. Gramsci chamaba revolución pasiva á capacidade da vella orde para rexenerarse, para conseguir que o malestar deveña en Restauración, en reforma feita desde arriba. A aparición do fenómeno Ciudadanos debería facernos tomar consciencia de que a vella orde ten múltiples recursos para sobrevivir. Que mudar esa vella orde non é tan fácil e que non existen os milagres. Do mesmo xeito que na transición o PSOE encarnou no campo partidario a revolución pasiva da oligarquía (coa onda “modernizadora” do PSOE o estado español homologouse como economía capitalista inserida na globalización) hoxe tamén corremos o risco, se non estamos alerta e nos deixamos obnubilar pola euforia e o ilusionismo do que falaba antes, de que as ansias de cambio deveñan nunha revolución pasiva, nun novo fracaso colectivo.

Outro concepto gramsciano: a guerra de trincheiras. O vello Gramsci soubo cedo que a guerra de movemento como a que levou ao poder aos bolxeviques rusos non era viable na Europa occidental. Aínda hoxe temos que aprender disto. O cambio en sociedades complexas, nas que o poder non está ubicado nun único punto, senón que se reparte en diferentes escalas institucionais e penetra en toda a sociedade civil debe producirse mediante unha guerra de trincheiras, mediante o lento e paciente furar. Furar dentro das institucións, pero, tamén, e con igual importancia, fóra das institucións, na sociedade civil. Non hai atallos.

Tendo isto presente, considero que unha folla de ruta necesaria no futuro inmediato debería pasar pola profundización da Unidade Popular e pola Ruptura:

Unidade popular. Somos débiles. Moito máis do que ás veces, en momentos de euforia, queremos crer e, como dixen máis arriba, a orde vella ten múltiples recursos para perpetuarse. A unidade popular, como a xa encetada nestes comicios municipais no noso país e en todo o estado español, debería continuar e profundizarse.

Ruptura. As institucións están capadas. Da lei de réxime local do PP, coa súa voracidade privatizadora, á reforma do artigo 135 da constitución, que afecta a todas as escalas institucionais e que prioriza o pagamento da débeda sobre calquera outra cuestión, pasando polo dogma da austeridade da UE e por tratados coma o TTIP que, por exemplo, contén unha clásula que pretende impedir que o servizo de abastecemento de auga nos concellos poida ser xestionado por unha empresa pública… conforman unha trama legal, froito de todos estes anos de esmagante hexemonía neoliberal, que deixa moi pouca marxe nas institucións para facer políticas transformadoras.

Observemos, para facernos unha idea cabal do contexto no que nos movemos, o que está a suceder en Grecia onde, un goberno dun estado-nación supostamente soberano, é incapaz de levar a cabo o programa polo que saíu elexido en eleccións. Un programa que non é especialmente radical, un programa socialdemócrata bastante razonable que hoxe en día o goberno grego, en permanente ameaza de que a UE lle corte o financiamento, non pode implementar.

A ruptura e transformación deste marco que actúa coma un corsé non é un capricho, é unha necesidade. E quen non contribúa a esta ruptura formará parte da revolución pasiva da que falei máis arriba.

Remato xa e recapitulo.

Agardo que este discurso pouco habitual en tempo electoral non vos deprima ou desanime. Nada máis lonxe das miñas intencións. Pero son dos que pensan que é bo coñecer o tamaño e a forza do inimigo como paso previo para ter alguna capacidade de vencelo.

Igual que no caso do 15M falei de dúas reaccións que non conducen a nada, tamén de cara ao futuro compre evitar o ilusionismo e o dogmatismo. O ilusionismo de quen pense que o cambio é automático. Que basta con gañar unas eleccións para que todo mude. O dogmatismo de quen considere que é o momento do patriotismo de partido, do esencialismo de siglas, da autosuficiencia.

O cambio irase producindo, pero máis lentamente do que pensamos e coa concorrencia de todas as nosas forzas xuntas. Non hai outra. E non estamos como para desperdiciar enerxía ningunha.

Polo tanto: unidade, forza e moito ánimo!

Adiante Gondomar Concello Aberto!

Nota.- Intervención pronunciada o 21 de maio no acto de peche de campaña da candidatura de unidade popular Gondomar Concello Aberto.

O Funambulista Coxo

Publicado o 22 de Maio de 2015 no blogue:

ofunambulistacoxo.blogspot.com.

[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975), deseñador gŕafico, activista social, escritor e articulista. Membro do Consello Editorial de Altermundo. Mantén o blogue Ofunambulistacoxo desde o ano 2005. Militante de Anova-IN. É autor das obras de teatro radiofónico 'O Bambán' e 'Nunca me esquecerei de ti' (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario 'Lapidarias. Os versos escuros' e participou no libro colectivo 'Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural'. E a escolma
'Retomando a palabra. Das guerras culturais ao crac financeiro'.O 17 de xaneiro de 2015, abre un novo blogue baixo nome de Lecturas Coxas que son traducións propias de textos interesantes ... @Ofunambulista, podese-lle contactar en ofunambulista[arroba]gmail.com.
_________________

sábado, maio 23, 2015

24 de maio Día Internacional das Mulleres pola Paz - Marcha Mundial das Mulleres de Galiza


COMUNICADO DA MMM DE GALIZA NO 24 DE MAIO DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES POLA PAZ


Aínda que van xa 33 anos dende que se instaurou este día que estamos a reivindicar, seguimos vendo a faciana da violencia dos conflitos armados a diario. Neles as mulleres sufrimos unha dobre violencia, xa que ás agresións que hai implícitas nas guerras, temos que sumarlle a violencia de xénero. Somos usadas como armas de guerra: somos usadas para matar, usadas para ser violadas e así facerlle dano ao inimigo, xa que nos consideran da súa propiedade. Un caso actual desta violencia é o das nosas irmás secuestradas por Boko Haram, onde 214 das 293 mulleres que liberaron están embarazadas. Estas mulleres foron usadas como obxectos sexuais e foron vítimas de todo tipo de agresións e humillacións, mentres a ONU e a Comunidade Europea permanecen impasíbeis ante este terrorismo estando máis preocupados por que esas mulleres e criaturas non cheguen as súas costas, botando man, unha vez máis, de todo o seu potencial militar enviando fragatas para protexelas dos que, máis que coma seres humanos as tratan coma lixo; no canto de buscar solucións reais: deixar de concibir aos países en conflito coma un mercado onde saquear materias primas e colocar stocks e novos deseños da súa próspera industria armamentística que o único que provoca é avivar a lacra belicosa, deseñada e creada de xeito interesado por parte do capitalismo, patriarcal occidental.

Por estas e por máis razóns é polo que non parece que lles afecte o máis mínimo que só no 2014, Boko Haram secuestrara a 2000 nenas e mulleres.

Pero esta violencia non é a única que se xera nas guerras, hai outras moitas agresións que nos tocan maioritariamente a nós, xa que non hai que esquecer, por exemplo, que na fuxida das zonas de conflito, entre o 75% e o 90% da poboación que migra son mulleres e crianzas. Ou que a pobreza xerada por conflitos armados a sofren, na súa maioría, as mulleres.

As mulleres feministas e pacifistas mantemos firme a nosa vontade dun desarme mundial, tanto físico como psicolóxico. Si, queremos tamén a desmilitarización mental da sociedade. Basta xa dese “se queremos a paz, preparémonos para a guerra”. A única loita que aceptamos para conseguir a paz é a resistencia civil activa da poboación contra estes conflitos armados. Animamos e apoiamos que se condenen, que se visibilicen e que se denuncien todo este tipo de violencias.

Por suposto, este cambio pola paz non será posible sen unha feminización que pase por todos os ámbitos, dende o social ata o institucional. Non hai procesos políticos nin sociais de paz se non hai mulleres neles.

Nunca nos cansaremos de reivindicar a paz, de opoñernos á cultura da morte e de berrar contra toda a destrución que estes conflitos deixan tras de si. Queremos construír, queremos vivir. Queremos a paz.

Marcha Mundial das Mulleres de Galiza

"As mulleres decidimos"


Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
22 de maio de 2015 17:30
__________________

Foto: Mulleres de Negro é unha Rede Internacional de mulleres feministas, pacifistas e activistas contra a violencia e a guerra. Nace en Israel co encontro de mulleres israelís e palestinas traballando conxuntamente a prol da paz e como rexeitamento ao conflito bélico que enfronta aos seus pobos. Consolídase como Rede durante a guerra dos Balcáns cando as mulleres dos distintos territorios que conformaban a ex Iugoslavia deciden reunirse proclamándose insubmisas aos seus gobernos e iniciar unha actividade solidaria internacional contra a violencia e a guerra. Na actualidade, Mulleres de Negro teñen presenza en países de: África, Europa, América do Norte, do Sur e Centro-américa, Asia e Oceanía.
_______________________

O goberno do Partido Popular de José Manuel Rey Varela paralizou os Procesos de Participación Cidadá e de Orzamentos Participativos, denuncian membros da antiga Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá

COMPROMISO E DEMOCRACIA PARTICIPATIVA

Membros da antiga Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC), órgano  cidadá para impulsar o Regulamento de Participación Cidadá e os Orzamentos Participativos mantivemos un encontro na Galería Sargadelos este pasado xoves (21.05.2015) en convocatoria pública con varios representantes dos Partidos políticos que concorren a estas eleccións municipais 2015.

Os membros desta Comisión de Control P. de P.C. e partidos asistentes constatan que os Procesos de Participación Cidadá e Orzamentos Participativos quedaron Paralizados polo actual alcalde Rey Varela e a concelleira de Participación Cidadá Martina Aneiros, lembrando que hai Propostas Pendentes de execución dos OP,s-2010 (Achegamos relación de propostas aprobadas no seu día).

Representantes do PSdeG–PSOE, Marea Ártabra e BNG-AA  manifestan o seus compromisos de recuperar os procesos de Participación Cidadá e Orzamentos Participativos de forma transversal no resto de areas municipais e de forma vinculante.  Na mesma liña, os representantes de Ferrol en Común manifestan o mesmo compromiso de restablecer a Democracia Participativa e os Orzamentos Participativos.

Estes partidos comprométense  a implantar a Participación Cidadá e os Orzamentos Participativos na porcentaxe dun 3% á 5% do Presuposto municipal, o que significaría unha cantidade en torno aos 2.000.000 € nun exercicio de investimento participativo e democrático.

Lamentamos a actitude do alcalde -Rey Varela e bancada do PP- co voto en sede Plenaria a favor do actual Regulamento de Participación cidadá. Despois de tomar posesión, prometeu levar a area de Participación Cidadá desde a Alcaldía co ánimo de darlle a relevancia que merece este proceso participativo. A realidade e que o Sr. Alcalde faltou a súa promesa e compromiso, faltando a súa palabra e con seu voto a favor, comete unha mentira política que o descualifica e desacredita nas súas funcións políticas de alcalde.

Facemos responsable ao Sr. Alcalde- Rey Varela do esquecemento do Regulamento de Participación Cidadá e por apropiarse e usurpar a Democracia Participativa, privando a cidadanía do desenvolvemento desta Participación e dos Orzamentos Participativos.

Esperamos o cumprimento e compromiso destas Forzas Políticas para desenvolver o rescate da Participación Cidadá e os Orzamentos Participativos para este vindeiro 2º Semestre deste ano 2015.

Ferrol, a 21 de maio  de 2015.-

Xose M. Fontao, Magdalena González, Alberto Saavedra, Luis M. Taboada, Chus Rilo e Xosé M. Sanxoán (Membros da Comisión de Control P. do Regulamento Participación Cidadá).

Orzamentos Participativos

Lembramos que un total de 1.258 persoas foron chamadas a votar na Asemblea de Cidade que se celebrou o sábado, 18 de decembro-2010 na Feira Internacional de Mostras (FIMO) e na que os veciños e veciñas de Ferrol puideron elixir aquelas propostas seleccionadas previamente nas asembleas de barrio.

O Goberno comprometeuse entón destinar 1.650.000 € para estes Orzamentos Participativos nos nove barrios participantes no ano 2010.

A Asemblea de Cidade aprobou 25  das 56 propostas que foron presentadas entre infraestruturas, servizos ou iniciativas culturais.

Lembramos de máis as menos votadas, as propostas que saíron adiante e xa que logo acometeranse con cargo aos orzamentos participativos:
  1.  Continuación carril- bici ata o cruce da estrada de Lobadiz, e beirarrúas ata a estrada xeral. 145.000 €.
  2. Mellora de acceso a internet na zona rural. 100.000 €.
  3. Melloras e cambio na pavimentación das pistas do Polideportivo do CEIP de San Xoán de Filgueira. 65.000 €.
  4. Arranxar beirarrúas de Vila de Area á Vila da Igrexa e colocación de varandas. 57.000 €.
  5. Colocación de puntos de luz desde paseo marítimo á Vila de Area. 45.000 €.
  6. Acondicionamento cunetas (zona rural). 120.000 €.
  7. Comedor social no barrio de San Pablo. 49.500 €.
  8. Recollida e limpeza de fosas sépticas (San Xurxo-Doniños). 156.000 €.
  9. Alumeado na estrada principal do paseo marítimo de Doniños. 58.860 €.
  10. Recollida e limpeza de fosas sépticas (Covas-Esmelle). 180.880 €.
  11. Axilización de inventariado para recuperación de fontes, lavadoiros e camiños públicos. 7.800 €.
  12. Programas de atención ás persoas maiores. 97.000 €.
  13. Programa de prevención da delincuencia. 30.960 €.
  14. Parque urbano no Campo de Tiro (Catabois). 294.000 €.
  15. Formación de monitores de tempo libre. 5.000 €.
  16. Aparcadoiros nas Praias de Covas. 41.020 €.
  17. Parque biosaudable (San Xoán). 12.000 €.
  18. Realización dunha experiencia piloto de animación sociocultural na zona rural dos OP. 106.000 €.
  19. Construción dun parque biosaudable e infantil no solar anexo ao Local Social de Covas. 16.700 €.
  20. Posta en valor dos montes do concello: recuperación de flora autóctona. 8.000 €.
  21. Fomento do transporte en bicicleta (Ferrol Vello-Canido). 6.000 €.
  22. Plan de ordenación forestal da zona rural. 23.000 €.
  23. Acondicionamento e pasarela peonil na lagoa de Doniños. 13.000 €.
  24. Plan de limpeza de solares de Ferrol Vello. 6.000 €.
  25. Bandas sonoras na R/Celso Emilio Ferreiro e estrada alta do porto. 1.350 €.
www.participacion-ferrol.blogspot.com

Regulamento de Participación Cidadá nos Arquivos Ártabros. | Acceder/Baixar.

Enviado por:
Comision Veciñal
-comision.gap@gmail.com-
22 de maio de 2015 23:51
__________________

Socialismo Democrático de Ferrol fai un chamamento a todos os partidos de esquerdas de Ferrol pra rescatar a cidade e a cidadania ante a grave situación de Emerxencia Social, para que cheguen a unha Alianza e a un Pacto Postelectoral sobre un Programa de Mínimos Común

Socialismo Democrático de Ferrol fai un chamamento  a todos os partidos de esquerdas de Ferrol (BNG, Marea Artabra, Comunistas da Galicia, Ferrol en Común e PSdG-PSOE) a que cheguen a un Pacto Postelectoral e a unha Alianza de Esquerdas sobre un Programa de Mínimos Común para rescatar a nosa cidade Ferrol e a cidadanía ferrolán ante a grave situación de Emerxencia Social na que se atopan debido as políticas neoliberais, antisociais e austericidas do Alcalde de Ferrol José Manuel Rey Varela e do goberno municipal do PP de Ferrol. Un goberno que desmantelou salvaxemente os servizos sociais e públicos de Ferrol, un goberno que impide a Participación da Cidadanía nos plenos municipais, un goberno que non defende e que non aposta polo Sector Naval e que impón taxas inxustas a cidadanía ferrolán e que se nega a abrir os comedores escolares nas vacacións.

Socialismo Democrático de Ferrol manifesta que é fundamental a Unidade da Esquerda e un Pacto Postelectoral dos Partidos de Esquerdas de Ferrol sobre un Programa Común de Mínimos para Rescatar Ferrol e a Cidadanía Ferrolán.

Socialismo Democrático de Ferrol Propón o seguinte Programa Común de Mínimos os Partidos Políticos de Esquerdas de Ferrol:
  • Plan de Choque Municipal Urxente Contra o Paro.
  • Plan Municipal de Emprego.
  • Renda Básica para todas as Persoas Desempregadas e que non teñen ningún tipo de prestación social.
  • Defensa dos Servizos Públicos e Sociais de Ferrol así como da Sanidade e Ensino Públicos.
  • Un Plan Municipal de Emprego Xuvenil.
  • Un Plan Municipal Contra a Pobreza Infantil, contra a Pobreza Enerxética, contra a Violencia Machista.
  • Aposta pola Participación Cidadán nos Plenos Municipais abrindo os Plenos as Intervencións dos veciños e das Asociacións Veciñais e Plataformas Cidadáns.
  • Creación da Concellería da Muller.
  • Posta en Marcha dun Plan de Vivenda Municipal así como a Creación dun Parque Público de Vivenda e de Aluguer Social.
  • En Ferrol paralizaranse todos os desafiuzamentos, non haberá ningún desafiuzamento e o goberno municipal de Ferrol retirara as súas contas dos bancos que desafiúzan xente.
  • Defensa do Ateneo Ferrolán como Foro Cultural da Cultura Popular e Reivindicativa Ferrolán, así como unha Maior Inversión Pública dos Presupostos Municipais para manter e soster o Ateneo Ferrolán.
  • Apertura dos Comedores Escolares dos Centros Educativos Públicos de Ferrol en todas as Vacacións.
  • Posta en Marcha dun Plan Municipal de Transporte Público e Defensa do Transporte Público.
  • Plan de Saneamento Integral da Ría.
  • Mais Inversión Pública dos Presupostos Municipais destinados a dotar de mais recursos, de mais medios as Bibliotecas Públicas Municipais, os Centros Cívicos Públicos, as Asociacións Culturais e Veciñais, os Centros Educativos Públicos de Ferrol e a Universidade de Ferrol, así como maior inversión pública municipal dos presupostos municipais para abrir máis escolas infantís públicas municipais, e para incrementar o número de becas comedor, de becas transporte, de becas escolares.
  • Maior Compromiso do Goberno Municipal coa Universidade de Ferrol.
  • Potenciación da Lingua e da Cultura Galega e do Noso Idioma Galego.
  • Posta en Marcha dun Plan Municipal para potenciar o lingua e a cultura galega e para potenciar o fomento da lectura.
  • Posta en Marcha dun Plan Municipal para acabar co desemprego feminino.
  • Compromiso do Goberno Municipal co Sector Naval e cos Estaleiros Públicos de Ferrol e da Comarca.
  • Esixir o Goberno da Xunta de Galicia e o goberno Central un dique flotante e Carga de Traballo Xa para Navantia Ferrol-Fene así como condicións laborais dignas e salarios dignos para os/as traballadores/as das empresas auxiliares, así como que se rexuvenezan as plantillas.
  • Plan Municipal para potenciar o pequeno e o mediano comercio en Ferrol.
  • Plan Municipal para Recuperar FIMO e para que volvan a recuperar o seu emprego os/as traballadores/as de FIMO.
  • Plan Municipal de Transparencia.
  • Aposta Municipal polos Hortas Urbanas, polo Cooperativismo, polo Cooperativismo ecolóxico e polo aforro enerxético.
  • Publicación na Paxina Web Municipal de todos os Contratos Públicos e de todos os soldos e bens do Alcalde e de todos os Concelleiros/as.
  • Código Ético Municipal firmado por todos os partidos políticos de esquerdas para evitar a corrupción política e para botar as persoas corruptas
  • Rehabilitación Integral dos Barrios consultando sempre coas Asociacións Veciñais para ver cales son as súas demandas e as súas necesidades así como recuperación dos presupostos participativos e da participación cidadá e das Asembleas de Barrio.
  • Volver a poñer en Marcha a Casa da Muller, a Casa Solidaria, a Casa da Xuventude, a Oficina de Dependencia e de Inclusión Social e Abrir unha Oficina de Estranxeiría de de Inmigración.
Socialismo Democrático de Ferrol é unha corrente política conformada por militantes de base do PSdeG PSOE.

Web oficial da corriente a nivel estatal:
http://socialismodemocratico.org/

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
17 de maio de 2015 15:50
_______________