A ACTUALIDADE DO QUE PASA EN HONDURAS
Para outra información diferente á convencional acceder a TeleSuRTvEste venres, 1 de febreiro, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca unha concentración ante a chegada dun novo buque gaseiro con GNL para REGANOSA
20080130
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, nunha reunión celebrada hoxe, ante o anuncio dunha proxima chegada dun novo buque gaseiro, cargado con GNL, para a ilegal e perigosa REGANOSA, convoca unha nova concentarción, no Porto de Ferrol, o vindeiro venres, 1 de febreiro, ás 11 da mañá.Como outras veces, a concentración vai ser sonora, polo que se prega que levemos as cacerolas e outros elementos de percusión.
Despois da Concentración no Porto desprazaremo-nos até o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, diante da Praza da Porta Nova [Praza de España].
Características do buque: LNG SOKOTO, Bandeira de Bermudas, Eslora: 288,75 m. Manga: 48 m.
A planta de Reganosa dende a súa entrada en funcionamento en probas o pasado mes de maio, converteuse pola entrada de gaseiros cargados na Ría, nunha ameaza real para a vida de miles persoas; para a riqueza marisqueira e o emprego; o patrimonio e o potencial turístico da Ría de Ferrol.
O pasado 7 de Novembro a Area de Industria e Enerxía de A Coruña, dependente do Ministerio de Industria, aprobou a Acta de Posta en Servicio da Planta, que o Comité Cidadán ten recorrido por canto Reganosa non ten acreditada a solución os condicionados da súa licencia de construcción, entre eles, o da distancia suficiente ata as poboacións según require o artigo 12 da Directiva 96/82/CE (Seveso II), incumplindo tamén os 2000 m que require o RAMINP. Outro requisito tamén imposible de resolver é a saida dos gaseiros nunha situación de emerxencia durante unha descarga ou no seu tránsito polo interior da Ría, según a norma EN-1532.
O Goberno Central ten a competencia e a oportunidade de paralizar a actividade de Reganosa sin ter que pagar indemnización algunha,en base os condicionados que non ten cumplimentados e que ademais son imposibles de resolver dentro da Ría. É por iso que reclamamos do Ministerio de Industria que revoque a Acta da Posta en Servicio de Reganosa.
O Tribunal Superior de Xusticia de Galicia pronunciouse a través de dúas sentencias que anulan a tramitación medioambiental de Reganosa, recorridas ante o Tribunal Supremo por Reganosa e a Xunta de Galicia, estando pendentes de que sexan ratificadas. Están admitidos a trámite por diferentes Tribunais, 12 contenciosos. Asemade foron presentadas sendas denuncias no mes de Novembro diante da Comision da Competencia, Medioambiente e Comision de Peticións do Parlamento Europeo.
O CCE, seguirá promovendo iniciativas tanto de orde xurídica, administrativa, de sensibilización, e de mobilización social ata acadar paralizar a ameaza de Reganosa, antes de que ocorra unha catástrofe que poida provocar miles de vítimas.
_______________
Desde a Plataforma Ártabra 21, secundamos a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e chamamos a participar o vindeiro venres, 1 de febreiro, na concentración convocada, ás 11 da mañá no Porto de Ferrol e despois ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.________________
Marcadores: Convocatorias, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Xoves 31 de Xaneiro terá lugar en Ferrol a segunda Masa Critica, partindo do Cantón de Molíns o carón do palco da musica: Usa a bicicleta a diario
De: MasaCritica Ferrol -masacriticaferrol@gmail.com-Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de janeiro de 2008 18:26
Asunto: II MASA CRITICA FERROLÁN
II MASA CRITICA FERROLÁN
Usa a bicicleta a diario, celébrao unha vez o mes.
Maña xoves 31 de Xaneiro terá lugar en Ferrol a segunda Masa Critica, partindo do Cantón de Molíns o carón do palco da musica, ás 20:00.
A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 mes"
Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition, Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facernos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as. A idea aceptouse rapidamente e na primeira "quedada" xuntáronse 60 a tras un ano eran máis de 600.
O nome de "Masa Crítica" vendo documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas interseccións nas grandes cidades chinesas definíanse como unha cuestión de masa crítica: O tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica que lle permite meterse e frear o fluxo principal de tráfico que vese na obriga de parar ate alcanzar a súa vez a masa crítica suficiente para poder circular de novo.
Con este comunicado animamos a toda a poboación a participar nesta bicicletada, para facernos visíbeis como un medio de transporte mais que circula polas nosas rúas. E formar un grupo estable para repetir esta actividade mensualmente, como xa esta esta establecido noutras cidades de Galiza.
Mais info en : www.bicis.info
masacriticaferrol@gmail.com
__________________
Marcadores: Convocatorias, Masa Crítica
Outra volta na Defensa da Fraga de Menáncaro
A Comunidade Menáncaro e as organizaçons ecologistas ADEGA, SGHN e VERDEGAIA, mantivémos umha reuniom o passado 17 de Janeiro, nos locais da delegaçom ferrolám da SGHN, para analisar a situaçom na que está o processo para a proteçom definitiva da Fraga de Menáncaro.As organizaçons ecologistas e a Comunidade, venhem mantendo reunions de seguimento, entre elas e também co Concelheiro de Urbanismo, Sr. Mato.
A reuniom de mais calado, foi no mês de Julho do passado ano, onde participou o Alcalde, Sr Irisarri e vários concelheiros. Reuniom onde os representantes do Governo Municipal formulárom o seu plano de actuaçom, despois de que a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, através da DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓn AMBIENTAL [11.06.2007] e da DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE [06.07.2007], requerira ao Concelho, no praço dum mês desde a última notificación, a anular ou revogar o acordo de aprobaçon definitiva adoptado na sessom plenária extraordinária do 20 de abril de 2007. Cousa que ocurreu, por acordo plenario, o dia 3 de agosto de 2007, onde se aprovou a "proposta de iniciación do expediente de revison de ofício do acordo citado de data 20 de abril de 2007", para a sua anulaçom. Por motivos de índole administrativo o Concelho deixou transcurrir o praço máximo de três meses, para elevar ao "Consello Consultivo de Galicia" a proposta citada, polo que nom lhe queda mais remédio que iniciar de novo o procedimento, comezando pola convocatória dum pleno extraordinário, cousa que até agora nom se fixo.
No requerimento da DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, do 6 de Julho de 2007, na sua parte final, manifestava que o citado requerimento ten carácter de "dilixencia preliminar á presentación dun recurso contencioso-administrativo entre dúas administracións públicas, segundo dispón o artigo 44.1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa", polo que exigimos à Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible que apresente o citado RECURSO.
Muitos son os motivos polos que no se tinha que ter aprovado o "Plano de Sectorización de Menáncaro-Serantes", mas a razom pola que a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, considera que o acordado polo Pleno do Concello de Ferrol o 20 de Abril de 2007, é nulo de pleno direito, é que o proxecto urbanístico non cumprimentou o trámite de someter a "Avaliación de impacto ambiental", procedemento de avaliaçom ambiental estratégica exigido pola Lei 9/2006, de 28 de abril.
Pola importáncia da notícia publicada no dia de hoje no jornal comarcal Diario de Ferrol, transcrevemos a mesma a continuaçom, assim como publicamos a nota de prensa enviada pola SGHN, no nome da Comunidade Menáncaro e as já mencionadas organizaçons ecologistas da Comarca.
DIARIO DE FERROL
30.01.2008
Presentan un contencioso contra a aprobación do proxecto de chalés na zona de Menáncaro
En abril do pasado ano, co grupo de PP e IF á fronte do goberno local e nun polémico pleno no que a oposición non estivo presente, aprobouse o plan de sectorización de Menáncaro. O proxecto de urbanización incluía a construción de 69 chalés de luxo e un hotel nas inmediacións dunha fraga centenaria.
REDACCIÓN > FERROL
A zona de Menáncaro conta cunha fraga centenaria que debe ser conservada
A pesar de que a Xunta informou desfavorablemente sobre o proxecto, a coalición PP-IF acolleuse a que este ditame foi presentado fóra de prazo para esgrimir a figura do silencio administrativo e dar o visto e prace ao plan.
O cambio de goberno (PSOE-EU) supuxo para o proxecto un novo xiro e así se anunciou que levaría a pleno a revogación do acordo do plan de Menáncaro, algo que respondía a un compromiso electoral e de pacto de goberno. O pleno da corporación aprobou, deste xeito, o 3 de agosto o inicio do procedemento de revisión de oficio de actos nulos de pleno dereito do acordo plenario de 2007, pero desde entón non se volveu a saber nada do tema. O único que se deu a coñecer, e non precisamente positivo, é que o expediente referido á urbanización de Menáncaro, resultado do acordo de agosto e que debería ser remitido ao Consello Consultivo da Xunta, caducou en novembro.
Ante esta situación, os colectivos opositores ao proxecto urbanizador da fraga de Menáncaro -Comunidade Menáncaro, Verdegaia, SGHN e Adega-Trasancos- acordaron nunha reunión mantida o rexeitamento á aplicación do silencio administrativo para a aprobación do proxecto, recordando que as resolucións de Medio Ambiente e da Dirección Xeral de urbanismo expuxeron no seu día que o plan non respondía á lexislación vixente, polo que non se lle podía aplicar o silencio administrativo.
Así mesmo, un dos propietarios afectados pola urbanización presentou un recurso contencioso contra a aprobación definitiva do proxecto, tendo en conta que o pasado 21 de xaneiro finalizaba o prazo establecido para tal fin. Así mesmo, reclámase das administracións competentes que se recalifiquen os terreos como chan rústico de especial protección, xa que a cualificación actual non respecta, a xuízo dos afectados, a Lei de Ordenación do territorio, Lei de Augas, Lei de Montes e Lei do Só, ademais de non adaptarse ao PXOM por non incluír un Catálogo de Bens Protexidos, non contar con tres hectáreas para edificación e non dispor de terreos regulares e de pendentes reducidas.
Estas medidas, segundo o colectivo opositor á urbanización, responden a un incumprimento dos seus compromisos por parte do goberno ao "non anular a aprobación definitiva do plan de sectorización de Menáncaro-Serantes e de protexer legalmente a carballeira existente nesa zona". Ante esta situación, que, segundo as entidades ecoloxistas e veciños da zona que integran a plataforma, limítase a ser unha declaración de intencións pero que non queda de manifesto en ningún documento legal, os afectados piden, ademais, unha entrevista urxente co alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, co obxectivo de que se lles explique o motivo do que consideran un deixamento municipal.
Desde o colectivo explícase que están dispostos a retirar o contencioso aberto se o Concello toma as medidas oportunas, pero, de non ser así, deben ser as entidades as que fagan fronte a esta situación para intentar salvar unha zona de máximo interese natural e que, polo menos deuse a entender, tamén interesaba ao goberno, aínda que aínda non fixo nada respecto diso.
Enlace coa noticia orixinal
________________________
De: SGHNFERROL -sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de janeiro de 2008 11:50
Asunto: Nota de Prensa
Nota de Prensa
Prégase a súa publicación
@s afectad@s polo Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes presentan un Recurso Contencioso contra a aprobación definitiva de dito proxecto.
Denuncian o incumprimento dos compromisos adquiridos polo Governo local de anular a aprobación definitiva de dito plan e de protexer a Carvalleira de Menáncaro.
Os colectivos opositores ao proxecto urbanizador da fraga de Menáncaro (Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes); nomeadamente a Comunidade Menáncaro, Verdegaia, SGHN-Ferrol e ADEGA-Trasancos, mantiveron a semana pasada unha xuntanza na que se analizou a actual situación e se acordaron as seguintes accións a emprender:
- Rexeitar unha vez mais a aplicación do silenzo administrativo para tentar validar a aprobación do proxecto, dado que a Lei 9/2002, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galiza, no seu artigo 89.3 establece que non se aplicará o silenzo administrativo estimatorio cando os planos ou instrumentos contivesen determinacións contrarias á lei, aos planos de superior xerarquía ou ás directrices de ordenación. As resolucións prescriptivas da Consellería de Medio Ambiente e mais da Dirección Xeral de Urbanismo xa expresaron, no seu día, que o Plano de Sectorización de Menáncaro non se atiña á lexislación vixente, polo que non se lle pode aplicar o silenzo administrativo. Calquera actuación que desestime as prescripcións sinaladas levaría ao Concello a incurrir en graves infraccións urbanísticas.
- Presentación dun Recurso Contencioso contra a aprobación definitiva do devandito plan por parte dun dos veciños afectados polo proxecto, tendo en conta que o pasado 21 de xaneiro remataba o prazo establecido.
- Continuar esixindo ás administracións competentes o restablecimento da legalidade. Un dos requerimentos é que os terreos afectados se recalifiquen como Solo Rústico de Especial Proteción, dado que a cualificación actual (solo urbanizable non delimitado) non respecta as prescripcións da Lei de Ordenación do Territorio e infrinxe varios artigos da Lei de Augas, da Lei de Montes e da Lei do Solo, ademais de non adaptarse ao PXOM en varios aspectos:
a) O Plano Xeral inclúe esta zona no seu Catálogo de Bens Protexidos.
b) A superficie mínima establecida no PXOM para a edificación en cidade xardín é de tres hectáreas, superficie non existente no caso de respectar a carvalleira e máis o río e o seu bosque de ribeira.
c) Tamén se dispón que os terreos deben ser regulares e de pendentes reducidas, condicións que tampouco se cumpren.
O motivo polo que nos leva a emprender novas accións débese a que o actual Governo local incumpriú os seus compromisos de anular a aprobación definitiva do Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes e de protexer legalmente a Carvalleira de Menáncaro. Por esta razón solicitamos, ademáis, unha entrevista urxente co Alcalde ferrolán para que nos explique o motivo deste desleixo.
*Máis información: 981352820 (SGHN) e 616039268 (Verdegaia).
________________
649779774 [ADEGA]
630287900 e 645158113 [Comunidade Menáncaro]
________________
Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/
Correio-e da Comunidade Menáncaro:
menancaro@gmail.com
Marcadores: Fraga de Menáncaro
Sábado 2 de febreiro 2008: Ultranoite en defensa da ría de Ferrol
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de janeiro de 2008 15:17
Asunto: Ultranoite en defensa da ría de Ferrol
Ultranoite en defensa da ría de Ferrol
Este sábado 2 de febreiro, ás 20:30 horas, o centro sociocultural Torrente Ballester (Ferrol) acollerá o espectáculo colectivo Ultranoite en defensa da Ría, producido pola rede de acción sociocultural Arredemo e Burla negra, a modo de homenaxe á veciñanza de Mehá e á xente do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, e como denuncia da actitude servil a intereses económicos particulares manifestada polos gobernos da anterior e da actual lexislatura, e que se traducen na imposición da planta regasificadora contra os intereses da cidadanía e do ben común.O espectáculo que está programado para o sábado 2 ás 20:30 horas, contará coa participación, entre outros de: Chévere (Mónica García, Miguel de Lira, Xesús Ron...), Carlos Santiago, Espido (Guadi Galego e Guillermo Fernández), o Mago Romarís, Os da Ría, Clara Gayo, A Caricia da Serpe (Lino Braxe, Rómulo Sanjurjo), Volta e dalle (Pepe Penabade, Comba Campoy...), o colectivo de circo Pista Catro, Rebeca Montero, e os músicos Bernardo Martínez, Xoan Piñón, Xaquín Blanco, Suso Alonso e Xabier Olite, coa actuación estelar das "cantareiras e cantareiros de Mehá".
_______
Arredemo
Rede de Acción Socio-Cultural
http://www.arredemo.info/
______________
Marcadores: Actos Externos, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Demandas do Ateneo Ferrolán ante o Concello de Ferrol
20080129
| Paula -pmeizoso@gmail.com | | |
| Para: artabra21@gmail.com Data: 29 de janeiro de 2008 22:32 Asunto: Comunicado do Ateneo Ferrolán | ||
| ||
Atentado contra a Cultura: Incedio provocado contra o Ateneo Ferrolán
____________
Marcadores: Ateneo Ferrolán
Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para a xornada de Acción Global do 26 de xaneiro de 2008
20080125
Na Galiza esta xornada vai consistir nunha Asembleia Popular e unha pequena Feria de colectivos, sindicatos, plataformas e todo tipo de organizacións sociais que se celebrará na Facultade de Historia da universidade compostelán, co obxectivo de constituir o Foro Social Galego.
O Comité Cidadán, elaborou o seguinte comunicado para presentar na xornada de Acción Global:
Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para a xornada de Acción Global do 26 de xaneiro de 2008, convocata polo Foro Social MundialA planta de Gas de Reganosa ubicada no interior da Ría de Ferrol constitue a maior agresión medioambiental que se está a producir no país. Un caso gravísimo de corrupción financieira e política, exemplo dun modelo de capitalismo salvaxe ,no que unha minoría, para acadar o máximo beneficio, non repara en por en peligro de morte a miles de persoas ou liquidar un ecosistema do que dependen centos de mariscadores e a suas familias. A impunidade con que esa minoría asalta a legalidade vixente para acadar os seus propósitos, só é posible pola complicidade institucional (forzas políticas maioritarias) e mediática. Serva o exemplo recente: A Diputacion de A Coruña ,o Pleno do Concello de A Coruña, ou determinados cargos da Xunta homenaxeando como empresario exemplar a un dos impulsores de Reganosa (Sr. Tojeiro) e principal beneficiario deste caso de corrupción.
Dende a sua contitución no ano 2001, o Comité Cidadan de Emerxencia da Ría de Ferrol, así como a Asemblea Cidadán integrada por mais de cincuenta asociacions veciñais, ecoloxistas e culturais; veñen liderando a oposición cidadá a Reganosa, ao traverso da movilización social, da denuncia xudicial, administrativa e mediática.Unha loita que acabou rachando, a partires de maio do 2007, os muros de silencio impostos polo entramado que promove Reganosa, tralo bloqueo da entrada dos gaseiros na Ría,o peche dos veciños de Mugardos, a publicación do libro” Muros de Silencio” ou a divulgación de documentais, como “Un gasoducto no meu xardin” ou ”O salario do silencio”.
Cómo xurde Reganosa? Por qué a ubicación no interior da Ría?
No ano 1997, o Goberno Central privatiza Enagas , e ésta cancela o proxecto de Planta de Gas no Porto Exterior, a pesares de que tiña xa aprobada a Declaracion de Impacto Ambiental, e o lugar previsto gozaba do consenso social e político da bisbarra. Esta circunstancia foi aproveitada polo Sr. Tojeiro para, co apoio de Fraga , promover a construcción dunha planta de gas dentro da Ría de Ferrol, a carón do complexo petroquímico da súa propiedade “ Forestal del Atlantico” e cuia concesión marítimo terrestre caduca no 2017. Este acordo sustanciase no convenio asinado entre Fraga e os socios de Reganosa en xullo do 2000, nel se recolle en clausula confidencial, o compromiso da Xunta coa ubicación e a resolución dos problemas de viabilidade económica ou administrativa que tivese Reganosa. Como se comprobou mais tarde coa ubicación en Punta Promontoiro, o Sr.Tojeiro non só pretendia dotarse dun parauguas para prorrogar a concesión de Forestal do Atlántico, senon que levou a cabo un pelotazo urbanístico: unha soa parcela –na que logo se asentaron os tanques da planta- segregada de Forestal e rexistrada en Febreiro do 2001 por un valor de 47 millons de ptas. é transferida a Reganosa, un mes despois, por un importe de 737 millóns das antigas ptas.
Situacion Actual e Perspectiva
A planta de Reganosa dende a súa entrada en funcionamento en probas o pasado mes de maio, converteuse pola entrada de gaseiros cargados na Ría, nunha ameaza real para a vida de miles persoas; para a riqueza marisqueira e o emprego; o patrimonio e o potencial turístico da Ría de Ferrol.
O pasado 7 de Novembro a Area de Industria e Enerxía de A Coruña, dependente do Ministerio de Industria, aprobou a Acta de Posta en Servicio da Planta, que o Comité Cidadán ten recorrido por canto Reganosa non ten acreditada a solución os condicionados da súa licencia de construcción, entre eles, o da distancia suficiente ata as poboacións según require o artigo 12 da Directiva 96/82/CE (Seveso II), incumplindo tamén os 2000 m que require o RAMINP. Outro requisito tamén imposible de resolver é a saida dos gaseiros nunha situación de emerxencia durante unha descarga ou no seu tránsito polo interior da Ría,según a norma EN-1532.
O Goberno Central ten a competencia e a oportunidade de paralizar a actividade de Reganosa sin ter que pagar indemnización algunha,en base os condicionados que non ten cumplimentados e que ademais son imposibles de resolver dentro da Ría .É por iso que reclamamos do Ministerio de Industria que revoque a Acta da Posta en Servicio de Reganosa.
O Tribunal Superior de Xusticia de Galicia pronunciouse a través de dúas sentencias que anulan a tramitación medioambiental de Reganosa, recorridas ante o Tribunal Supremo por Reganosa e a Xunta de Galicia, estando pendentes de que sexan ratificadas. Están admitidos a trámite por diferentes Tribunais, 12 contenciosos. Asemade foron presentadas sendas denuncias no mes de Novembro diante da Comision da Competencia, Medioambiente e Comision de Peticións do Parlamento Europeo.
O CCE, seguirá promovendo iniciativas tanto de orde xurídica,administrativa,de sensibilización,e de movilización social ata acadar paralizar a ameaza de Reganosa, antes de que ocorra unha catástrofe que poida provocar miles de vítimas. Como parte integrante da “Rede Galicia Non Se Vende” nos movilezaremos para acadar que a manifestación “Contra a destrucción do territorio” a celebrar o vindeiro 17 de Febreiro en Santiago sexa un éxito.
Ferrol a 25-01-2008
___________________
Apoio económico para que
o Comité Cidadán de Emerxencia
poida desenvolver a súa actividade:
C.c. en BBVA, titular: Carmelo Teijeiro e otros.
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0181-59-0201548440
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN
ES96 0182 0181 5902 0154 8440
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
TAMÉN SE PODE CONTRIBUIR
COMPRANDO RIFAS DE APOIO
**********
Ante a citaçom de 4 independentistas pola Audiência Nacional
20080121
De:Bruno Lopes Teixeiro -brunotrasancos@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de janeiro de 2008 13:13
Asunto: Ante a citaçom de 4 independentistas pola Audiência Nacional
Caros companheiros e companheiras
Como talvez já tenhades sabido pola nossa difusom da notícia por diferentes vias, quatro militantes de NÓS-Unidade Popular que participárom na manifestaçom soberanista de Causa Galiza no passado dia 6 de Dezembro, detidos naquele mesmo dia, acabam de ser citados polo juiz da "Audiência Nacional" Grande-Marlaska.
O motivo é a denúncia policial contra os quatro companheiros, em relaçom à queima de um boneco que representava Juan Carlos I, umha vez concluída a referida manifestaçom. Pretendem acusá-los do inaudito delito de 'injúrias à Coroa', o que pode custar-lhes de 6 meses a 2 anos de prisom, ou multas importantes.
É nestes casos que os défices democráticos do Estado espanhol ficam mais claramente em evidência, com a perseguiçom de direitos fundamentais como o de liberdade ideológica e de expressom, além da acusaçom arbitrária a quatro manifestantes só polo facto de terem participado numha mobilizaçom soberanista.
É também nestes casos quando torna mais importante o apoio mútuo e a solidariedade com maiúsculas e por cima das legítimas diferenças no seio da esquerda nacional galega. Daí que nos dirijamos a vós para vos solicitar um pronunciamento público de claro rechaço à perseguiçom das ideias soberanistas e republicanas na Galiza.
Aproveitamos também para informar de que a nossa organizaçom vai disponibilizar transporte para levar a Madrid a solidariedade, mediante umha concentraçom em frente do edifício da Audiência Nacional, para reclamar a liberdade sem cargos dos quatro companheiros citados.
O preço do bilhete é de 35 euros. Podemos informar já dos horários e o lugar de saída dos autocarros que a nossa organizaçom porá a disposiçom dos galegos e galegas dispostas a viajar no mesmo dia 29 de Janeiro a Madrid, para apoiar a liberdade de expressom, a soberania da Galiza e a República Galega:
- Ferrol (As Pias): 00.00h
- Corunha (Sam Pedro de Meçouço): 0.30h
- Compostela (Avd de Lugo, altura estaçom autocarros): 1,15h
- Ponte Vedra (Pavilhom dos Desportos): 2,00h
- Vigo (Praça de Espanha): 2,20h
- Ponte Areias (L.S. Baiuca Vermelha) 2,45h
Esperamos contar com o vosso apoio e participaçom e, caso queirades algum esclarecimento ou mais informaçons, podedes telefonar para o número 669 778 474.
Recebei umha saudaçom independentista, socialista e nom patriarcal do
Bruno Lopes Teixeiro
Responsável Nacional de Organizaçom
________________
Marcadores: Nós-Up, Solidariedade
A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións polo dereito ao aborto
20080120

Diante das agresións e vulneracións de dereitos que veñen sucedendose nas últimas semanas, e que están afectando tanto a mulleres que interrumpiron o embarazo, como ao persoal que traballa nas clínicas onde se realiza a IVE, o próximo mércores 23 de xaneiro às 20hs a Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en varias cidades do país:
* VIGO diante do MARCO
* CORUÑA no Obelisco
* COMPOSTELA no Toural
* FERROL diante do Edificio da Xunta
* PONTEVEDRA na Praza 8 de Marzo
A Coordenadora Nacional reunida o sábado 19 decideu comezar unha campaña de recollida de autoinculpacións que se presentarán nos xulgados o próximo 8 de Marzo, coincidindo co Dia Internacional das Mulleres.
ABORTO LIBRE E GRATUITO NA SANIDADE PÚBLICA XA!!!
__________________
Enlaces Relacionados:
Facendo fronte ás campañas reaccionarias contra os direitos das mulleres
Marcadores: Convocatorias, Marcha Mundial das Mulleres
Atentado contra a Cultura: provocan un incendio contra o Ateneo Ferrolán [17.01.2008]
20080117
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de janeiro de 2008 19:03
Asunto: Fotos do Ateneo Queimado
Arredor das 13:25 horas do día 17 de xaneiro un fume denso alerta á traballadora do Ateneo que ao abrir a porta ve como está ardendo á entrada.
Qué medo pasei!
Blog do Ateneo Ferrolán
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
Correio do Ateneo Ferrolán
a_ferrol@teleline.es
___________
SOLIDARIEDADE ÁRTABRA CO ATENEO FERROLÁN
A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra21, expresa súa SOLIDARIEDADE CO ATENEO FERROLLÁN ademais de nosa condena polo ataque intencionado no seu domicilio social, se isto ultimo se confirma.Queremos salientar a súa presenza e necesaria labor social ademais de ser un destacado membro fundador- integrante da Plataforma Átabra21.
De confirmarse a súa intencionalidade por razóns ideolóxicas, esiximos ao Concello que abra unha investigación con todas as consecuencias e responsabilidades.
Ferrol a 18 de xaneiro de 2008.
A Xunta Coordinadora
_______________________
Marcadores: Ateneo Ferrolán
A Plataforma Ártabra 21 prepara a Asemblea Xeral do vindeiro 29 de xaneiro
20080116
Este xoves 17 de xaneiro, ás 19:00 hrs, está prevista unha reunión da Xunta Coordenadora da PA21 de carácter aberta, para preparar a vindeira Asemblea Xeral onde principalmente está previsto analizar a situación organizativa da plataforma.A reunión da Xunta Coord. terá lugar nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, no Calexón do Cuco nº1 1º.
Outros pontos que temos que tratar e que están pendentes son:
- Constitución da "Rede Galiza Non Se Vende" e manifestación do 17 de Febreiro.
- Acción Global do 2008 na Galiza cara á constitución do Foro Social Galego.
- A PA21 e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
- A PA21 e a Federación de Asociacións Veciñais "Roi Xordo".
Documento de Apoio ao Debate nos Arquivos Ártabros:
Documento para apresentar diante das entidades que participam na Plataforma Ártabra 21
_____________________
Marcadores: Convocatorias Internas PA21
Proxecto Aldea Verde de ADEGA, no concello de Agolada, no lugar de Ramil
___________
Visualizar o mapa ampliado
____________
Manifestación en Malpica o vindeiro domingo, 20 de xaneiro, contra o Plano Acuícola da Xunta
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de janeiro de 2008 20:44
Asunto: 20 de xaneiro, contra o Plano Acuícola da Xunta
Seiruga Limpa volve a manifestarse o día 20 de Xaneiro, domingo, contra o Plan Acuicola.
A manifestación tera lugar as 13 horas, empezara diante do Concello. Teñen confirmada a súa asistencia as plataformas de Merexo, Camelle e Arou. Invitamos a todo mundo a asistir. Despois da manifestación sabede que empezan as festas de Malpica amenizadas pola orquesta Trebol.
Habera unha Carpa por si chove.
DI NON CON NOS AO PLAN ACUICOLA
GRACIAS
Marcadores: Convocatorias, Rede Galiza Non se Vende
Proposta de lectura dun artigo escrito por Miguel Fernández e Fernández, Almirante na Reserva e publicado na revista "Ferrol Análise"
De: Comitecidadan -comitecidadan@iespana.es-Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de janeiro de 2008 20:32
Asunto: transcripción do artigo escrito por Miguel Fernández e Fernández, Almirante na Reserva e publicado a finais de 2007 no numero 22 da Revista "Ferrol Análise"
Para quen non o leera, adxunto achegase unha transcripción do artigo escrito por Miguel Fernández e Fernández, Almirante na Reserva e publicado a finais de 2007 no numero 22 da Revista "Ferrol Análise", editada polo Club de Prensa de Ferrol.
No ano 1999 Miguel Fernández e Fernández era o Xefe do Arsenal Naval Naval Militar de Ferrol, cando o 26/8/1999, polo entón Almirante da Zona Marítima do Cantábrico, foi subscrito un informe contrario á localización dunha Planta de Gas dentro da Ría, ao que fai alusión neste articulo.)
Saúdos Cordiais
Carmelo Teixeiro
_________
Trascripción do artigo que foi publicado no numero 22 de Revísaa "Ferrol Análise", editada polo Club de Prensa de Ferrol. No ano 1999 Miguel Fernández e Fernández era o Xefe do Arsenal Naval Naval Militar de Ferrol, cando o 26/8/1999, polo entón Almirante da Zona Marítima do Cantábrico, foi subscrito un informe contrario á localización dunha Planta de Gas dentro da Ría, ao que se fai alusión neste artigo.
Enlace co artigo nos Arquivos Ártabros:
NA IDUSTRIA: UN RISCO ADICIONAL
______
o Comité Cidadán de Emerxencia
poida desenvolver a súa actividade:
C.c. en BBVA, titular: Carmelo Teijeiro e otros.
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0181-59-0201548440
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN
ES96 0182 0181 5902 0154 8440
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
TAMÉN SE PODE CONTRIBUIR
COMPRANDO RIFAS DE APOIO
**********
Marcadores: Miguel Fernández, Opinión, Reganosa
Convocado o Foro Negro, para o 19 de xaneiro en Compostela
20080114
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de janeiro de 2008 19:22
Asunto: SÁBADO 19 DE XANEIRO - FORO NEGRO
_
PARTICIPA NO FORO NEGRO
A necesidade de gobernar o descontento
SÁBADO 19 DE XANEIRO
INSTITUTO GALEGO DE INFORMACIÓN (IGI)
Santiago de Compostela
O vindeiro sábado 19 de Xaneiro a Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo presenta a nova xeira do portal www.arredemo.info no Instituto Galego de Información (IGI) a poucos días do afastamento definitivo de Isaac Díaz Pardo da dirección do grupo Sargadelos. No contexto desta agresión, reábrese o Foro Negro como punto de encontro, reflexión, debate e denuncia das outras tantas agresións que estamos a padecer no social, no ambiental, no político e no cultural.
No mesmo día presentarase o número cero do Xornal Galicia como reflexión colectiva e análise da situación social e cultural do país, que servirá como documento base do foro e inciativa de apoio a Isaac.
Desde Arredemo e desde a Burla Negra chamámoste a formar parte da construción da rede de comunicación e distribución social coa que xa compartimos aventuras, despistes e fracasos, e algún que outro éxito en experiencias como Hai que Botalos.
Queremos contar contigo e con toda a túa experiencia para sumar forzas na construción dunha rede capaz de proporse accións á altura das esixencias do momento, seguros como estamos de que cando traballamos xuntos nos sentimos menos sós e acadamos mellores resultados.
Porque cando as cousas se sinten e o compromiso é sincero e libre as nosas accións resultan máis divertidas e os obxectivos a acadar semellan máis próximos.
O domingo 19 chocámonos as mans no edificio do IGI. Non faltedes.
Confirma a túa asistencia ou a do teu colectivo en
foronegro@arredemo.info
Axúdanos a difundir esta convocatoria
_____________
Marcadores: Actos Externos, Arredemo
Manifestación en Compostela o 17 de febreiro de 2008
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Rede Galiza Non se Vende, Reganosa
Do 14 ao 18 de xaneiro, actividades no Ateneo Ferrolán
De: a_ferrol@teleline.esPara: artabra21@gmail.com
Data: 14 de janeiro de 2008 17:46
Asunto: ACTIVIDADES no ATENEO FERROLÁN - Semana do 14 ao 18 de xaneiro 2008
ACTIVIDADES no ATENEO FERROLÁN
Semana do 14 ao 18 de xaneiro 2008
ATENEO FERROLÁN
-Fundado en 1879-
“UN LUGAR DE ENCONTRO PARA A CULTURA”
Rúa Magdalena 202-204, 1º - FERROL
ACTIVIDADES do 14 ao 18 de XANEIRO
________________
MARTES Día 15
ás 19 horas – MARTES DE CINE: CICLO “A CENSURA E O CINE ESPAÑOL”
“EL VERDUGO” de Luís García Berlanga (Referencia máis abaixo)
_________________
MÉRCORES Día 16
ás 19 horas – ASEMBLEA da ASOCIACIÓN CULTURAL XUBILADOS ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
________________
XOVES Día 17
ás 18 horas – CICLO CONFERENCIAS “CULTURA E SOCIEDADE NUN MUNDO GLOBAL”
Organiza: ALGA (Asociación Luso – Galega de Antropoloxía Aplicada)
“Sistemas sexo / xénero “matriarcais”: os Bijagós (Guinea Bissau) e os Zapotecas (México)”.
Imparte: ÁGUEDA GÓMEZ SUÁREZ
Presenta: Rosario Alabau Albors (Concelleira da Muller-Concello de Ferrol)
___________________
EXPOSICIÓNS no ATENEO FERROLÁN:
AXENDA
IV EXPOSICIÓN COLECTIVA ARTES PLÁSTICAS “PEQUENO FORMATO” 2007
Do 14 de decembro ao 15 de xaneiro
(Sala de Exposicións 1ª planta)
MARTES DE CINE
As proxeccións terán lugar todos os MARTES ás 19 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán.
XANEIRO CICLO “A CENSURA E O CINE ESPAÑOL”
15 de xaneiro: “EL VERDUGO” de Luis García Berlanga (1963)
Intérpretes: José Isbert, Nino Manfredi, Emma Penella, José Luis López Vázquez, Ángel Álvarez, María Luisa Ponte, María Isbert, Julia Caba Alba
Duración: 87 min.
Sinopse:
Jose Luis empregado nunha funeraria está a pensar en emigrar a Alemaña para converterse nun bo mecánico. Namorado de Carmen, filla de Amadeo, un administrador de xustiza, que parece ter solucións para todo, será sorprendido con ela na intimidade, polo que se vén obrigados a casar. Ante a afogante falta de medios económicos e a necesidade de buscar un piso, Amadeo convence a Jose Luis para que solicite a praza de vacante que quedará libre trala súa xubilación.
_______________
Blog do Ateneo Ferrolán
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
Correio do Ateneo Ferrolán
a_ferrol@teleline.es
__________
Marcadores: Actos Externos, Ateneo Ferrolán
Convite a unha conferencia sobre "Cultura e Sociedade nun Mundo Global"
-presidenta.alga@anthroponet.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de janeiro de 2008 00:21
Asunto: Convite a unha conferencia sobre "Cultura e Sociedade nun Mundo Global"
Cultura e Sociedade nun Mundo Global
Estimad@s amig@s:
Como presidenta da Asociación Luso-Galega de Antropoloxía (ALGA) teño o pracer de convidarvos á primeira conferencia no Ferrol do ciclo de conferencias "Cultura e Sociedade nun Mundo Global" que imos desenvolver nos próximos meses na cidade.
Esta primeira conferencia impartida pola profesora da Universidade de Vigo, Águeda Gómez Suárez, ten como obxecto a presentación de dúas sociedades -os bijagós de Guinea Bissau e os Zapotecas de México- que apontan á existencia de matriarcado, feito novedoso e de suxerente interés e posibilidades na vital cuestión do xénero na nosa sociedade. O programa da actividade propicia o debate e a discusión co público a partir dunha primeira intervención da experta duns corenta – cincuenta minutos. Achamos que esta posta en común constitúe unha boa oportunidade para compartir experiencias e plantexamentos polo que apreciariamos extraordinariamente a vosa asistencia e participación activa. A conferencia celebrarase o xoves 17 de xaneiro ás 18 horas no Ateneo Ferrolán. Águeda Gómez é experta en movementos indixenistas de México e desenvolveu traballo de campo entre os zapotecas deste país e os bijagós de Guinea Bissau, analizando as relacións de xénero nas dúas sociedades.
Con este ciclo de conferencias tamén nos propoñemos dar a coñecer a nosa asociación como un incentivo máis para a vida sociocultural da nosa cidade. Pontoalmente irémosvos informando do programa de actividades, que se estenderá ao longo do curso académico, cun ciclo de cine, distintos talleres e seminarios así como un simposio sobre cooperación no próximo mes de abril.
Agradecendo o voso interés, enviovos un saúdo en nome de ALGA:
María Xesús Pena Castro
Presidenta de ALGA
presidenta.alga@anthroponet.org
___________________
Marcadores: Actos Externos
Tojeiro gañou seis millóns cos terreos de Reganosa
20080112
-xantia@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de janeiro de 2008 01:27
Asunto: Tojeiro gañou seis millóns cos terreos de Reganosa
Tojeiro gañou seis millóns cos terreos de Reganosa
LORENA BUSTABAD - Ferrol
EL PAÍS - 10-01-2008
Un total de 11 leiras -antigos labradíos e varias vivendas- radicadas na parroquia mugardesa de Mehá e adquiridas por Forestal do Atlántico, propiedade do grupo Tojeiro, entre 2000 e 2003 por un importe próximo aos 600.000 euros, foron vendidas a Reganosa en agosto do mesmo ano por 2.681.564 euros.
Con estes datos do Rexistro da Propiedade de Pontedeume sobre a mesa, Humberto Fidalgo, do Comité Cidadán (CEE), denunciou onte o "segundo pelotazo" do empresario pontés Roberto Tojeiro cos terreos nos que se sitúa a terminal. En outubro de 2007, Fidalgo denunciara ante a Fiscalía do TSXG que Tojeiro, propietario do grupo empresarial do mesmo nome e accionista de Reganosa (18%), obtivera unhas "plusvalías millonarias" coa compravenda da leira na que se asenta a planta e que pertencía a Forestal do Atlántico. A propiedade, de 75.849 metros cadrados, comprou por 285.480 euros en febreiro do 2001 e vendeuse a Reganosa semanas despois por 4.429.459 euros, 15 veces o seu valor inicial.
"Se sumamos os catro millóns que Tojeiro gañou en 2001 e os outros dous millóns en 2003, obtivo unhas ganancias de seis millóns só cos terreos", sinala Fidalgo. O Comité, que agrupa aos opositores á localización de Reganosa no interior da ría, sinalou onte que porá estes últimos datos a disposición da Fiscalía para ampliar a denuncia interposta contra a Xunta de Manuel Fraga pola existencia dun acordo secreto que garantía de antemán a viabilidade da terminal ao sur da ría de Ferrol, mentres o ex conselleiro de Economía, José Antonio Orza, era accionista do Grupo Tojeiro. "A Tojeiro entrar en Reganosa sáelle gratis", sinala Fidalgo, xa que "os seis millóns correspóndense co 18% do accionariado que posúe na empresa".
Un centenar de persoas convocadas polo comité recibiu onte con outra cacerolada ao gasero LNG Sokoto, con 58.476 toneladas de gas natural nas súas cubas. Trátase do duodécimo buque que atraca en Mugardos desde que Reganosa iniciase en maio a súa fase de probas. O Comité esixiu onte ao Ministerio de Industria "que anule a licenza e paralice de inmediato a actividade de Reganosa". Os opositores sosteñen que a compañía ten "problemas" porque "non hai demanda".
Enlace coa noticia orixinal no xornal "El País"
__________________
Enlace relacionado:
Denuncia á Fiscalia do TSXG dun pelotazo económico no despropósito chamado REGANOSA
__Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
O Ateneo Ferrolán organiza un maratón de lectura
20080111
De: a_ferrol@teleline.esPara: artabra21@gmail.com
Data: 9 de janeiro de 2008 12:01
Asunto: O Ateneo Ferrolán organiza un maratón de lectura
Como todos os anos, con motivo do DÍA DA PAZ, o próximo día 30 de xaneiro, convocamosvos a un Maratón de Lectura, este ano será a partir das 18:00hs. no Ateneo.A convocatoria é aberta e de lectura libre de textos, poesía, teatro, escenificacións, .... só tedes que anotarvos na secretaría do Ateneo Ferrolán.
Animádevos!
_______________
Blog do Ateneo Ferrolán
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
Correio do Ateneo Ferrolán
a_ferrol@teleline.es
__________
Marcadores: Actos Externos, Ateneo Ferrolán
O TSJN anula a autorización do Executivo foral a unha central térmica en Castejón
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de janeiro de 2008 14:09
Asunto: Proxección de documental
O TSJN anula a autorización do Executivo foral a unha central térmica en Castejón
- O acordo do Goberno foi recorrido pola "PLATAFORMA DE LA RIBERA + CENTRALES NO"
- O fallo "deixa claro que non se respectaron" os 2.000 metros de distancia que debe haber entre esta instalación e un núcleo de poboación
AXENCIAS. Pamplona Xoves, 10 de xaneiro de 2008 - 11:15 h.
O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra anulou a autorización ambiental integrada concedida polo Goberno foral a unha central térmica de ciclo combinado no termo de Castejón.
O acordo do Goberno foi recorrido pola "Plataforma da Ribeira centrais non", que agora destaca do fallo xudicial que o mesmo "non só ilegaliza" a autorización do Executivo navarro senón que ademais "deixa claro que non se respectaron" os 2.000 metros de distancia que debe haber entre este tipo de instalacións e un núcleo de poboación.
Segundo a Plataforma, a sentenza leva que a central térmica, cuxo custo cifra en 180 millóns de euros, "non pode funcionar".
Destaca tamén que para o tribunal a actividade da mesma é "molesta, insalubre, nociva e perigosa" polo que unha excepción no cumprimento da distancia legal esixida debe fundamentarse en razóns que fagan asumible "o sacrificio do interese público", algo que neste caso non aprecia.
"Ningunha razón deuse para xustificar tal sacrificio", afirma o fallo, que fala dunha norma que se incumpriu manifestamente" por parte do Goberno de Navarra ao autorizar unha "térmica de ciclo combinado de 400 MW de potencia a 500 metros do núcleo máis próximo".
Coñecida a sentenza o grupo municipal de NaBai no Concello de Tudela congratulouse pola mesma xa que ao seu xuízo as centrais de Castejón contribúen a "unha mala calidade do aire" na Ribeira por contaminación de ozono troposférico.
Tras felicitar á Plataforma recorrente, NaBai subliña ademais nun comunicado que o fallo "pon en cuestión a imparcialidade" do departamento de Medio Ambiente, ao que reprocha que entre a saúde e a actividade industrial optase por esta última "sen ter en conta nin sequera as normativas".
Enlace coa noticia orixinal no Diario de Navarra
_____________________________
O Goberno foral recorre ao Supremo a anulación da autorización ambiental para a central térmica de Castejón
- O fallo asegura que o Executivo "incumpriu manifestamente a norma ao autorizar dita central térmica a 500 metros do núcleo de poboación máis próximo"
AXENCIAS. Pamplona Xoves, 10 de xaneiro de 2008 - 21:44 h.
O Goberno de Navarra presentou un recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra que declarou nula a autorización ambiental integrada que conceció o Executivo foral á central de ciclo combinado Elerebro de Castejón.
O departamento de Desenvolvemento Rural e Medio Ambiente deu conta hoxe nun comunicado de que a Asesoría Xurídica do Goberno recorrerá a sentenza e, xa que logo, a súa aplicación ou efectividade queda demorada ata que o recurso sexa resolto polo Tribunal Supremo.
A sentenza do TSJN sinala que "as industrias fabrís que deban ser consideradas como perigosas ou insalubres só poderán emprazarse a unha distancia de 2.000 metros desde o núcleo máis próximo de poboación agrupada" e engade que o Executivo "incumpriu manifestamente a norma ao autorizar dita central térmica a 500 metros do núcleo máis próximo".
O Goberno foral explica no comunicado que está en desacordo co fallo e sinala que a lei foral 4/2005, de 22 de marzo, de intervención para a protección ambiental, publicada no BON de 1/4/2005, expón na súa Disposición Adicional Terceira que "non é de aplicación en Navarra o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas (RAMINP), aprobado por Decreto 2414/1961, de 30 de novembro", justificándo na propia exposición de motivos que con devandita lei foral "supérase e amplía o réxime de control das actividades clasificadas, dando un paso máis na prevención e protección da contaminación procedente das actividades clasificadas e na coordinación das distintas Administracións Públicas con competencias na materia"
Segundo explica o propio Goberno, a sentenza considera que o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas (RAMINP) ten carácter de norma básica, que a Comunidade foral non pode obviar, e si ampliar ou mellorar
Xa que logo, a sentenza considera aplicable un dos seus artigos que establece con carácter xeral a distancia mínima de 2.000 metros dos núcleos urbanos ás industrias fabrís insalubres ou perigosas.
O Goberno argumenta que, asumindo o criterio unitariamente compartido polo conxunto das Administracións das Comunidades Autónomas e do Estado, a lei 34/2007, de 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, publicada no BOE de 16 de novembro de 2007, establece na súa Disposición derogatoria única que "queda derrogado o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas (RAMINP), aprobado por Decreto 2414/1961, de 30 de novembro".
Enlace coa noticia orixinal no Diario de Navarra
______________________
Enlaces relacionados:
PLATAFORMA DE LA RIBERA + CENTRALES NO
http://www.nodo50.org/nomastermicas/
Sentenza do Tribunal Superior De Xustiza De Navarra declara nula a autorización ambiental integrada dunha central térmica en Castejón. [Nota Informativa en -doc-]
Texto Sentencia en formato PDF comprimida con zip.
______________
Marcadores: Documentación
O recibo da "Luz", erros na aplicación das novas tarifas eléctricas
De: asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com-Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de janeiro de 2008 00:19
Asunto: ERROS APLICACIÓN NOVAS TARIFAS ELÉCTRICAS
ERROS APLICACIÓN NOVAS TARIFAS ELÉCTRICAS.-
A Asociacion Veciñal O ROSARIO - INFERNIÑO, INFORMA que puido haber erros de cantidades importantes no cobramento do recibo da luz, polo que deben facer ás reclamacións oportunas.
Cando se produza unha situacion de dubidas respecto a contratacion de potencias máis conveniente aconsellando a veciñanza que consulten con técnicos, asociacións de consumidores, etc, e soliciten opinión profesional.
Ferrol a 11 de Xaneiro de 2008.
asdo. Pedro Cachaza .-Secretario
asdo. Xosé M.Sanxoán - Presidente
ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO - INFERNIÑO CIF-G70006473 correo-e: avvorosario@gmail.com blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
Nota de prensa da asociación veciñal nos Arquivos Ártabros [10.01.2008]
_______________
Marcadores: Denuncias, O Inferniño
Proxección da documentario: "LA RABBIA" de Pier Paolo Passolini
20080110
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de janeiro de 2008 16:08
Asunto: Proxección de documental
Por indicación de PEDRO FERRÁNDEZ comunicamos o seguinte acto cultural:
no Pub "RUN RUN"
C/ Real, (perto de Capitanía) Ferrol
Proxección da documental:
"LA RABBIA"
de Pier Paolo Passolini
…. De cómo la lucha de clases explica la guerra.
Film inédito feito por encargo para a TV italiana en 1963
Mais información sobre a documental e o seu autor:
Nos Arquivos Artábros
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
_____________
Marcadores: Actos Externos, Fuco Buxan A. C.
Concentración en protesta pola entrada do LNG Sokoto na Ría cargado con GNL para a ilegal e perigosa REGANOSA
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convocou, xa como é habitual, unha sonora concentración para protestar pola entrada do buque na nosa Ría. Ao final da concentración o compañeiro "Lalán", coordenador do citado Comité dirixiuse ás persoas concentradas e aos medios de comunicación alí presentes. Fíxonos chegar un saúdo de Carmelo Teixeiro que está convalecente dunha grave enfermidade. Comunicou a interposición do Recurso de Alzada contra a Acta de Posta en Funcionamento de REGANOSA. Lembrou que o vindeiro 13 de xaneiro cumprese décimo aniversario do accidente do Discoverer Enterprise que deixara incomunicado Ferrol durante meses. Se ese accidente foi grave, no caso do que o accidente sexa dun buque gaseiro cargado de GNL pode ser catastrófico. Lembrou a necesidade de dotarse de recursos económicos, polo que chamou para que se venderan as rifas de apoio que están en circulación editadas polo Comité Cidadán. Comunicou que se ía poñer en coñecimento da fiscalia nova documentación no caso do pelotazo urbanístico de REGANOSA en Mugardos. Por último chamou a continuar na loita até conseguir os obxectivos.
Planta de Gas Fora da Ría !!
_____________
_
Enlace coa Galería de Diapositivos da Concentración [09.01.2008]
__________________
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Novo exemplo de periodismo cínico
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de janeiro de 2008 19:03
Asunto: De novo o Delegado de La Voz de Reganosa en Ferrol D Miguel Angel Souto
De novo o Delegado de La Voz de Reganosa en Ferrol D Miguel Angel Souto, a quen temos que agradecer que en Ferrolterra cada vez hai máis lector@s de Diario de Ferrol, El País, La Opinión, El Correo Gallego e outros, na súa traxectoria de periodismo cínico, se supera e el mesmo co comentario de opinión que achegamos.
Para calquera que viva en Ferrolterra e coñeza a súa realidade, seguramente, lle parecería máis axeitado o seguinte titular:
Fará falla outro "Discoverer "
_____________________
Marcadores: Fontelonga, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Concentración, este mércores, 9 de xaneiro, para protestar pola entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol, para a perigosa e ilegal REGANOSA
20080108
De: Comité Cidadán de Emerxencia-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de janeiro de 2008 16:59
Asunto: Concentración para protestar pola entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol, para a perigoda e ilegal REGANOSA, este mércores, 9 de xaneiro de 2008
Concentración, este mércores, 9 de xaneiro de 2008, no Porto de Ferrol, para protestar pola entrada dun novo gaseiro na Ría, para a perigosa e ilegal REGANOSA
para a ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa
este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
CONVOCA
UNHA CONCENTRACIÓN
cacerolada – tamboreada
O día 9 de xaneiro,
mércores ás 16,15 h .
Diante do edificio da Autoridade Portuaria
Peirao de Curuxeiras - Ferrol

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

Nome:
LNG Sokoto
Ano:
2002
Bandeira:
Bermudas
Dimensións:
288.73 x 48.09 x 11.15
Carga:
GNL 130.711 m3 [58.476 Tm.]
Operador:
Nigerian National Petroleum Co
____________________
o Comité Cidadán de Emerxencia
poida desenvolver a súa actividade:
C.c. en BBVA, titular: Carmelo Teijeiro e otros.
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0181-59-0201548440
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN
ES96 0182 0181 5902 0154 8440
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
TAMÉN SE PODE CONTRIBUIR
COMPRANDO RIFAS DE APOIO
**********
Marcadores: Reganosa
"Fenicio", primeira foca da tempada
De: SGHNFERROL-sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de janeiro de 2008 11:37
Asunto: “FENICIO”, primeira foca da tempada
“FENICIO”, primeira foca da tempada
O 3 de xaneiro, apareceu na Vila de Bares (Mañón) A Coruña, un lobo mariño cincento (Halichoerus grypus). Tras varios días de forte temporal no mar, unha foca busca refuxio ao abrigo do porto de Bares, onde a súa presenza foi detectada polo comunicador, que decatándose dos problemas físicos do animal, chamou ao teléfono de Emerxencias 112. Ao lugar desprazouse o grupo de traballo da SGHN Ferrol para recoller ó animal e trasladalo ao seu local, onde se atopan as instalacións de UCI para lobos Mariños. Á foquiña púxoselle o nome de “Fenicio” en recordo do milenario porto.

Trátase dun macho de 98 cm e 22 quilos de peso que presentaba un cadro de esgotamento, desnutrición e unha afección respiratoria que lle impedía valerse por el mesmo. Na UCI da SGHN recibiu as atencións veterinarias necesaria e superadas as primeiras 48 horas a evolución é favorable e comeza a alimentarse por si mesmo. Tódolos anos chegan ata as nosas costas, procedentes das colonias de cría de Irlanda, Illas Británicas e Bretaña francesa, Lobos mariños cincentos (Halichoerus gripus) xuvenís, entre dous e seis meses de idade. A parir do mes de novembro e ata abril ou maio. A dispersión das crías é un fenómeno natural, que sucede cando as focas se afastan da costa e os ventos dominantes do norte e a forte corrente do Golfo, pode facer que moitos destes xuvenís se afasten dos seus hábitats e tras moitos días sen alimentarse cheguen ata terra. Os exemplares mais fortes buscan abrigo en portos, estuarios ou rías, outros se achegan á costa sen apenas forza para botarse ao mar ante un eminente perigo.
Dende o ano 2000 a Sociedade Galega de Historia Natural, ven a realizar traballos de recuperación de fauna con lobos mariños e tartarugas nas súas instalacións de Ferrol. Estas tarefas de asistencia á fauna mariña ameazada inclúense no marco dun convenio de colaboración da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

A SGHN, a través da sección de Mamíferos mariños, coordina un grupo de traballo para a asistencia e recuperación de mamíferos mariños e unha “Unidade de Coidados Intensivos para Lobos mariños e tartarugas” en Ferrol, para a asistencia en primeira fase de recuperación. A asistencia clínica especializada está dirixida polos veterinarios da CEMMA Josep M. Alonso e María Llarena especialistas na asistencia a lobos mariños e tartarugas.
Comeza unha nova tempada de focas, na que a SGHN ten que facer fronte cos medios dos que dispón. Aínda así, e coma sempre, os animais que van chegando obteñen de nós os maiores esforzos e unha calidade de trato e de atención que non se corresponden coa lamentable situación que seguimos a sufrir. Este é un ano novo, pero as condicións de habitabilidade, recursos e inda por riba de atención por parte dos nosos políticos, seguen a ser as mesmas dos anos anteriores. O desexado novo “Museo da Natureza” segue enquistado, un caserón baleiro e esquecido, mentres o vello local, cheo de goteiras, cáese lentamente e os que traballamos dentro seguirmos a facer os máximos esforzos para levar o proxecto adiante, pese a todo.
Sociedade Galega de Historia Natural.
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego.
Delegación de Ferrol
Apartado de Correos n1 356
15480 FERROL (A Coruña)
Tfno. (24 horas) e fax 981 35 28 20
mobil 616 388 935
http://www.sghn.org
e-mail: sghnferrol@terra.es
http://sghnferrol.blogspot.com/
_______________________
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co n1 18.847. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N1 AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
______________________
Facendo fronte ás campañas reaccionarias contra os direitos das mulleres
20080105
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de janeiro de 2008 09:01
Asunto: Sobre o Aborto
Aborto
Prezadas amigas e amigos, a Federación Estatal de Planificación Familiar, está fazendo umha campanha de recolhida de assinaturas apoiando um texto onde se lembram e reivindicam direitos importantíssimos conquistados hai moi pouco tempo e que parece que se estám ponhendo em dúvida, mesmo por médios de comunicaçom, ou nom estám a ser defendidos coa suficiente energia polas administracións. O Parlamento Galego aprovou, a iniciativa da parlamentária do BNG Ana Ponton, solicitar ao Governo Espanhol que cambie a lei de supostos por umha lei de prazos e garantice o direito na sanidade pública. Isto passava em Novembro, desde aquela som múltiples as novas relacionadas coa ofensiva mais reaccionária contra este direito. A mais grave, as ameaças de morte e agressons contra a feminista de Madrid, Victoria Virtudes Fernández. Por isso vos convido a assinar esta iniciativa da Federación Estatal de Planificación Familiar. As que somos mais velhas, e tivemos que ir abortar a Portugal, mesmo em condiçons precárias, sabemos que este direito, nom só afecta à nossa liberdade sexual e reproductiva, senom que é causa da morte de muitas mulheres no planeta quando se vem forçadas a abortar em condiçons precárias. Nem um passo atrás!
http://www.fpfe.org/firmas.asp
Lupe Ces
--
Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/
--
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE FIRMAS PARA ESIXIR A PROTECCIÓN INMEDIATA E A DEFENSA DOS DEREITOS INDIVIDUAIS DAS PERSOAS, EN PARTICULAR DOS DEREITOS SEXUAIS E REPRODUTIVOS QUE COMO CIDADÁNS E CIDÁS CORRESPÓNDENNOS
_______________
Carta dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos
1º Dereito á Vida, a vida de ningunha muller pode ser posta en perigo por causa de embarazo ou parto.
2º Dereito á liberdade e Seguridade da Persoa, ningunha muller debe ser obxecto de prácticas como a mutilación xenital feminina, o embarazo forzado, a esterilización ou o aborto forzado.
3º Dereito á igualdade e a estar libres de todas as formas de discriminación, incluíndo o ámbito da vida sexual e reprodutiva.
4º Dereito á Privacidade, todos os servizos de saúde sexual e reprodutiva deben ser confidenciais.
5º Dereito á Liberdade de Pensamento, nas cuestións relativas á sexualidade e a reprodución.
6º Dereito á Información e á Educación, incluíndo o acceso a unha información completa dos beneficios, riscos e efectividade dos metodos de planificación familiar.
7º Dereito a optar por contraer matrimonio ou non e a formar e planificar unha familia, ningunha muller pode ser obrigada a contraer un matrimonio contra a súa vontade.
8º Dereito a decidir ter fillos ou non telos e cando telos, garantindo o acceso das persoas a métodos efectivos de anticoncepción.
9º Dereito á Atención da Saúde e á Protección da Saúde, que inclúe o dereito á non ser obxecto de prácticas tradicionais que sexan prexudiciais para a saúde.
10º Dereito aos beneficios do Progreso científico, incluíndo as técnicas apropiadas en saúde reprodutiva.
11º Dereito á liberdade de reunión e asociación, que inclúe o dereito a sensibilizar aos Gobernos para que prioricen a saúde e os dereitos sexuais e reprodutivos.
12º Dereito a non ser obxecto de tortura ou malos tratos, incluíndo os dereitos de mulleres, homes e mozos a ser protexidos da violencia, a explotación sexual e os abusos sexuais.
4 Newhams Row, London, SE1 3UZ, Tel: +44 (0)20 7939 8200
__________________
Relacionadas:
-
Os grupos de ultra dereita atacan o dereito ao aborto
13 de decembro de 2007, por Teresa G. Espejo -
Contra as agresións e o acoso a unha activista feminista
7 de decembro de 2007 -
As organizacións feministas e o "Instituto de la Mujer" creen que hai intereses ocultos na “persecución” das clínicas que realizan abortos
11 de decembro de 2007, por Teresa G. Espejo



















































