Amosando publicacións coa etiqueta Actos Externos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actos Externos. Amosar todas as publicacións

xoves, setembro 04, 2008

Suspendida a conferencia de Federico Mayor Zaragoza

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de setembro de 2008 17:03
Asunto: Suspendida conferencia Federico Mayor Zaragoza



Suspendida a conferencia de Federico Mayor Zaragoza


Por problemas de enfermidade, D. Federico Mayor Zaragoza non pode asistir no día de hoxe - 4 de setembro- tal como tiña previsto, a Inauguración do curso da UIMP en A Coruña "La nueva ciudadanía global y los movimientos sociales: ecologismo, pacifismo y feminismo; suspendese polo tanto tamén a Conferencia prevista para as 20 h. baixo o titulo "Democracia local y global de subditos a ciudadanos la gran transición" , no salon do Vicereitorado ( campus de Ferrol) e organizada por Fuco Buxan ,.

De acordo con D. Federico Mayor establecerase unha nova data para levar a cabo o acto agora suspendido.

Rogamos acepten as nosas disculpas.

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

__________

Até o 15 de Setembro exposición no Ateneo Ferrolán de "Implicadas no Desenvovemento"

De: ATENEO FERROLAN
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de setembro de 2008 13:19

Asunto: EXPOSICIÓN no ATENEO FERROLÁN ate o 15 de setembro




EXPOSICIÓN no ATENEO FERROLÁN até o 15 de setembro


<<...>> EXPOSICIÓN 10 ANOS DA ONGD galega chamada IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO.

Este ano a organización cumpre 10 anos de loita pola erradicación das desigualdades Norte - Sur e de xénero.

Para celebrar esta data crean unha exposición conmemorativa dos 10 anos de proxectos de cooperación e sensibilización que Implicadas leva realizando.

Pódese visitar até o 15 de setembro na 2ª planta das salas de exposicións do ATENEO FERROLÁN
_________

ATENEO FERROLÁN
-Fundado en 1879-
www.ateneoferrolan.org

“EXECUCIÓN XA do PROXECTO APROBADO de AMPLIACIÓN e REHABILITACIÓN DA SEDE DESTA ENTIDADE CULTURAL CENTENARIA”

_______________
Ateneo Ferrolán
e-mail: a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303
____________

luns, setembro 01, 2008

Acta final do "Constantino Bellón 2008"

XVIII CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN” ANO 2008

En Ferrol a 31 de agosto de 2008, no Teatro JOFRE, o XURADO cualificador do 18º Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”, integrado por :
  • Víctor Fernández Gabeiras
  • Xabier Rodríguez Fariñas
  • Pablo López Torneiro
  • Xoán Rodríguez Silvar
  • Xesús Vaamonde Manteiga
e actuando como secretaria sen voto, Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a esta final do Concurso, así como a interpretación de tódolos gaiteiros finalistas.

Acordan outorgar o Premio SEIVANE que consiste nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición (punto g) correspondente ao “Gaiteiro de Soutelo” a :
  • SANTIAGO AGUSTÍN MOLINA
Acordan outorgar dous accésit de 1.000€ cada un a:
  • GONZALO MANUEL ABELAIRAS LEMOS
  • BRUNO VILLAMOR GAY
Así mesmo, ACORDA por unanimidade, concederlle o PREMIO ÚNICO de 3.000€ deste 18º Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a
  • PABLO DEVIGO VÁZQUEZ
Asinado:
  • Victor Fernández Gabeiras
  • Xabier Rodríguez Fariñas
  • Pablo López Torneiro
  • Xoán Rodriguez Silvar
  • Xesús Vaamonde Manteiga
  • Cristina Meizoso Alonso
Algunhas fotos do Constantino Bellón deste ano.


___________

Ateneo Ferrolán
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

Conferencia en Ferrol de Federico Mayor Zaragoza, expresidente da UNESCO, o Xoves 4 de Setembro

Suspendida a conferencia de Federico Mayor Zaragoza

Por problemas de enfermidade, D. Federico Mayor Zaragoza non pode asistir no día de hoxe - 4 de setembro- tal como tiña previsto, a Inauguración do curso da UIMP en A Coruña "La nueva ciudadanía global y los movimientos sociales: ecologismo, pacifismo y feminismo; suspendese polo tanto tamén a Conferencia prevista para as 20 h. baixo o titulo "Democracia local y global de subditos a ciudadanos la gran transición" , no salon do Vicereitorado ( campus de Ferrol) e organizada por Fuco Buxan ,.

De acordo con D. Federico Mayor establecerase unha nova data para levar a cabo o acto agora suspendido.

Rogamos acepten as nosas disculpas. [04.09.2008 17:03]
______________

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com

Data: 31 de agosto de 2008 23:21
Asunto: Conferencia en Ferrol de Federico Mayor Zaragoza



Conferencia en Ferrol de Federico Mayor Zaragoza Organizada pola Asociación Cultural FUCO BUXÁN coa colaboración da Universidade de A Coruña o próximo Xoves, 4 de setembro, ás 20:00 hrs. no Salón de Actos do Vicerreitorado - Campus de Esteiro, en Ferrol, na que intervirá D. Federico Mayor-Zaragoza (Ex Director Xeral da UNESCO e Copresidente do Grupo de Alto Nivel para á Alianza de Civilizacións) e que leva por título :

"Democracia Local e Global: de Súbditos a Ciudadáns, a grande transición".

O acto será presentado por Manuel A. Rodríguez Carballeira, Presidente da A.C. Fuco Buxán.

Dita conferencia forma parte do Ciclo DEMOCRACIA E COMPROMISO, no que prestixiosos analistas indagan nas claves político-sociais do noso tempo desde perspectivas diversas.

Entrada libre.

Enlace a web "CULTURA DE PAZ"

Semblanza do conferenciante

____________

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

_______________

sábado, agosto 23, 2008

XIX Marcha polos Montes de Brión, Domingo 24 de Agosto de 2008

XIX Marcha polos Montes de Brión, Domingo 24 de Agosto de 2008

Un ano máis unha andaina de lecer e reivindicación histórica, percorrerá un dos espazos máis fermosos doa nosa contorna, pola mañá ás 10:30 hrs, sairá a lancha que cruzará a nosa degradada Ría até o Castelo de San Felipe, durante o percorrido poderemos ver o despropósito gasístico que a empresa REGANOSA instalóu ilegalmente en Punta Promontorio, coa complicidade das administracións e a maioría dos partidos políticos, e desde alí iremos por S.Cristobal e Cariño, onde poderemos observar a fermosa paisaxe, mais tamén podemos darnos conta do angosto da canle da Ría, duns 4.000 metros de longo, mais moi estreita e de pouco calado, cunha canle sumerxida de apenas 11,30 m de profundidade e 160 m de largo e en zig-zag, cun fondo de cascallo e rocha que teñen que surcar os buques metaneiros cargados con GNL que entran na Ría con destino a REGANOSA, poñendo en perigo a vida de miles de persoas. Mesmo ese día está prevista a entrada do "LNG Norman Lady" que terá que entrar en pleamar diurna, con práctico a bordo e catro remolcadores que auxiliarán ao buque desde “Prioriño Chico- Punta Coitelada” até o Peirao de Mugardos que construíu "Forestal do Atlántico" alegalmente, e do que o Sr. Tojeiro tirou euromillonarias plusvalias coa súa venda a REGANOSA. Logo hai que subir até Monteventoso, onde a a paisaxe brilla pola súa fermosura e desde alí , baixada até Confurco e subida até os Montes de Brión. Aquí xa a paisaxe é total, nada se escapa á vista, mais hai que ter coidado pois a veciñanza de Brión estanos agardando para darnos unha malleira, pois as persoas que disfrutamos da andaina somos os "ingleses invasores". Mais hoxe non é como hai 208 anos, onde eran días de violencia, morte e sangue, pois todo remata en Liñares, pouco antes das dúas da tarde, cun bon xantar e música.

Pola tarde non estaría de mais achegarse á Praza Amada García, frente ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, onde o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ten convocada unha concentración, ás 8 da Tarde, en protesta pola entrada na nossa Ría do citado buque metaneiro.


Para información sobre a Marcha de Brión, visitar a interesante web do Clube de Montaña de Ferrol:
http://www.clubmontanaferrol.com/brion.html

luns, agosto 11, 2008

En Ferrol, o 12 de Agosto de 1975, caía en combate Ramón Reboiras Noia "Moncho": Actos no 33 Aniversario da súa morte

En Ferrol, o 12 de Agosto de 1975, caía en combate Ramón Reboiras Noia "Moncho", militante da UPG, organización política que hoxe forma parte do BNG e foi o seu importante alicerce. Xa van 33 anos dun feito histórico que se conmemora con actos de carácter político na nosa cidade e noutros pontos da Galiza, pola súa importáncia e interese achegamos o publicado no xornal dixital GZnación e unha nota enviada por Nós-Unidade Popular.


Homenaxes a Moncho Reboiras no 33 aniversario do seu asasinato
[GZnación / Redacción / 11 Ago 08]

Serán dous actos case simultáneos, os dous en Ferrol, mais cunha única proposición: a de homenaxear ao militante de Unión do Povo Galego Xosé Ramón -Moncho- Reboiras Noia cando se cumpren 33 anos do seu asasinato, un 12 de agosto do ano 1975 a mans da policía franquista no portal número 27 da rúa da Terra en Ferrol.

Un dos actos está organizado precisamente polo partido no que militaba, Unión do Povo Galego, que vén de convocar para este martes a unha unha concentración na Praza de Armas a partir das 19:30 horas, cita que pretende converterse nunha marcha con fin no portal da rúa da Terra onde foi abatido Reboiras. No lugar, farase “unha ofrenda floral” e cantarase a Internacional”, informa a UPG nun comunicado.

Ademais, e ao remate, os asistentes desprazaranse a pé até o Cantón onde se desenvolverá un “acto político central”, ás 19:45 horas, que contará coa participación de Roi García Camba. Secretario Xeral da Unión da Mocidade Galega (UMG), Ana Vérez Gómez. membro do Comité Central da UPG e Francisco Rodríguez, secretario Xeral da UPG.

Nós-UP

Alén da cita da formación UPG, existe outra convocatoria, esta vez a cargo de Nós-UP de Trasancos, para honrar á memoria de Moncho Reboiras. A partir das 20:30 horas haberá un acto homenaxe na rúa Terra, que contará coa intervención de Bruno Lopes Teixeiro, responsábel Nacional de Organización, e dunha militante da organización xuvenil BRIGA. O acto finalizará cunha ofrenda floral e a colocación dunha placa conmemorativa.


Enlace coa noticia orixinal



De: Nosup-trasancos
-nosup-trasancos@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de agosto de 2008 12:57
Assunto: 12 de Agosto XXXIII aniversário do assassinato do Moncho Reboiras



12 de Agosto XXXIII aniversário do assassinato do Moncho Reboiras

Mais um ano, as companheiras e companheiros da Comarca de Trasancos convocam actos em lembrança do militante comunista, José Ramom Reboiras Noia, Moncho Reboiras, no XXXIII aniversário da sua morte sob as balas fascistas da policía espanhola em Agosto de 1975. Moncho foi um dos principais impulsores da luita pola libertaçom nacional, pioneiro da organizaçom sindical e de classe, dirigente comunista, todo um exemplo de coerência revolucionária e atitude combativa até os seus últimos dias.

Sob a legenda “Moncho Reboiras: A luita é o único caminho”, na próxima terça-feira dia 12 de Agosto, terá lugar às 20.30 horas umha concentraçom convocada por NÓS-Unidade Popular no lugar onde Reboiras foi assassinado, na rua da Terra de Ferrol. Ali terá lugar umha homenagem que contará com as intervençons de Bruno Lopes Teixeiro, Responsável Nacional de Organizaçom e dumha militante da organizaçom juvenil BRIGA. O acto político completará-se com umha oferta floral e a colocaçom dumha placa em lembrança do jovem revolucionário.
____________________

Enlaces Relacionados:

________

xoves, xuño 26, 2008

"Redacted" proxectarase este venres, 27 de Xuño, no Espazo Libertario, dentro do Ciclo de cinema Antimilitarista

De: Unión Libertaria -unionlibertaria@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de junho de 2008 14:56
Asunto: Ciclo de cinema Antimilitarista



Pregamos a difusión da seguite información referida á actividade cultural que se sinala:

Ciclo de cinema Antimilitarista no mes de xuño:

O venres 27 de xuño ás 20:30 horas proxectarase a película "Redacted" (2007) do director Brian de Palma.
Lugar: Espazo Libertario, Avda. de Esteiro, 10 baixo.
Organiza: Unión Libertaria.
Entrada libre.
Referencia:
http://www.filmaffinity.com/es/film473147.html


____________

[+] info -> http://unionlibertaria.org
___________

martes, xuño 17, 2008

Obradoiro de GNU/Linux, charlas coloquios e Cinema Antimilitarista: Actividades organizadas por Unión Libertaria a realizar no Espazo Libertario

De:Unión Libertaria -unionlibertaria@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de junho de 2008 17:27
Asunto:Obradoiro de GNU/Linux, charlas coloquios e Cinema Antimilitarista



Obradoiro de GNU/Linux, charlas coloquios e Cinema Antimilitarista

Pregamos a difusión das actividades que se sinalan:

Actividades organizadas por Unión Libertaria a realizar no Espazo Libertario, avda. Esteiro nº 10, baixo


Obradoiro de GNU/Linux

Mércores 18 de xuño ás 19:00.

Realízase o 1º e 3º mércores de cada mes sen data fixa de remate
Obradoiro básico e iniciación.
Instalación e configuración do sistema operativo GNU/Linux. Instalación de aplicacións.
Comandos básicos. manexo de aplicacións (Ofimática, internet, gráficos, multimedia...)


Charla coloquio: "Que se esconde detrás da SIDA?"

Mércores 18 de xuño ás 20:30

Falará Manuel Garrido, médico e seropositivo.
Membro da Asociación Internacional polo reestudo da SIDA


Presentación du CDROM homenaxe a Xosé Tarrío

Xoves 19 de xuño ás 20:30

Falará "Pastora", a nai do autor do libro "Huye hombre huye"


Ciclo de cinema antimilitarista

Venres 20 de xuño ás 20:30

Proxectarase a película:
La marca de Caín, Marc Munden 2007


[+] info -> http://unionlibertaria.org

martes, xuño 10, 2008

Presentación, en Ferrol, do nº 24 da revista "Razón Socialista", da A. C. Fuco Buxan

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 10 de junho de 2008 00:50

Asunto: XOVES 12: presentacion RAZON SOCIALISTA nº 24



XOVES 12: presentacion RAZON SOCIALISTA nº 24

Presentación do nº 24 da nosa Revista semestral
"Razón Socialista"
na Galería Sargadelos de Ferrol
Xoves, 12 de xuño, ás 20 horas

Intervirán:
Manuel A. Rodríguez Carballeira
Presidente da A.C. "Fuco Buxán"
Aitor Bouza Manso
Alumno de 2º de BAC e Presidente da
A.X. "Aprende a Escoitar"
José Torregrosa Rodríguez
Director de "Razón Socialista"

Entrada libre

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
__________

luns, xuño 09, 2008

Luns 9 xuño: Conferencia de Juan Torres López, en Ferrol

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 8 de junho de 2008 09:33

Asunto: Luns 9 xuño: Conferencia de Juan Torres López




TORRES LÓPEZ, "CRISIS FINANCIERA, DEMOCRACIAS RESTRINGIDAS : ¿DÓNDE NOS LLEVA LA GLOBALIZACIÓN NEOLIBERAL?", NO SALÓN DE ACTOS DO VICERREITORADO DO CAMPUS DE ESTEIRO, ORGANZA FUCOBUXAN

fuco buxán Asociación Cultural
Organiza dentro do ciclo Democracia e Compromiso

Luns, 9 de xuño, ás 20 horas Salón de Actos do Vicerreitorado Campus de Esteiro - Ferrol

Unha conferencia que leva por título: "CRISIS FINANCIERA, DEMOCRACIAS RESTRINGIDAS : ¿DÓNDE NOS LLEVA LA GLOBALIZACIÓN NEOLIBERAL?"

Presenta: MANUEL A. RODRÍGUEZ CARBALLEIRA Presidente da A.C. Fuco Buxán

Inservirá: JUAN TORRES LÓPEZ * Catedrático de Economía Aplicada, Universidad de Málaga

Colabora: Universidade de A Coruña-Campus Ferrol Entrada libre

* Juan Torres López, (Granada, 1954), Doutor en CC. Económicas e Empresariais, foi docente na Universidade de Granada e hoxe ocupa cátedra na de Málaga. Foi Secretario Gral. de Universidades e Investigación de la Junta de Andalucía. E autor de 17 libros e colaborador doutras publicacións, articulista, e investigador. Actualmente coordina o Seminario Interdisciplinar de Estudios sobre Inmigración y el Observatorio del empleo y la Exclusión Social, ambolosdous da Univ. de Málaga.

Dos seus libros, destacan: "Manual de Economia Política" (6 ediccións) "Economía de la Comunicación de masas" "Análisis económico del Derecho" "Economía del delito y de las penas" "España va bien y el mundo tampoco""La globalización neoliberal del dinero y las finanzas"
"Pensiones públicas ¿y mañana qué?", etc.

Máis información en : www.juantorreslopez.com
----------------
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

domingo, xuño 01, 2008

Charla de Gilda Roa, dirixente labrega paraguaia, o Xoves 5 de Xuño ás 19:15 horas, no Ateneo Ferrolán

De: lupe ces -lupeces@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de junho de 2008 20:21
Asunto: Charla Gilda Roa



Charla Gilda Roa A dirixente labrega paraguaia en Ferrol, o Xoves 5 de Xuño ás 19:15 horas, no Ateneo Ferrolán

---------- Forwarded message ----------
From: monica arto blanco
Date: 2008/5/30
Subject: Charla Gilda Roa
To: lupeces@gmail.com,...


Boa tarde:

Envíovos un texto e tamén o cartel (calidade web, non vale para imprimir, e queda pendente que o modifique para facer algunhas impresións para darvos o luns) da charla de Ferrol para que o distribuades (o que prefirades, o xeral ou o de Ferrol) entre os coñecidos e tamén os asistentes das charlas de agrocombustibeis. Para non liarnos máis e como xa é un pouquiño tarde, eu me encargaría de enviar nota de prensa e enviar tamén aos diferentes colectivos, plataformas, etc, e así non repetirnos.

Un saúdo,
Mónica Arto Blanco
Verdegaia

A dirixente labrega paraguaia Gilda Roa estará os vindeiros días 4, 5 e 6 de Xuño en Galiza, dentro da xira europea que está a facer xunto coa investigadora Nina Holland e a antropóloga An Maeyens, para informar sobre os impactos ambientais e sociais dos monocultivos de soia transxénica no Paraguai, produción destinada á exportación para a elaboración de agrocombustíbeis e pensos para gandaría industrial.

Gilda Roa, dirixente do MAP (Movimiento Agrario y Popular) veu a Europa para participar no evento Planet Diversity , en Bonn, paralelo á Convención da ONU sobre Diversidade Biolóxica, convidada por CEO (Corporate Europe Observatory) e A SEED Europe (Action for Solidarity, Environment, Equality and Diversity). A visita de Gilda Roa foi aproveitada por estas dúas organizacións para facer unha xira europea da campaña internacional “A soia mata”.

Gilda Roa (MAP), Nina Holland (CEO) e An Maeyens (A SEED Europe) estarán en Galiza entre os días 4 e 6 de Xuño convidadas pola Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos (alianza formada por Amarante, SLG, Verdegaia e VSF) para falar en Lugo, Ferrol e Vigo sobre as consecuencias ambientais e sociais dos monocultivos de soia no Paraguai. A soia transxénica cultivada no Paraguai é exportada a Europa co obxecto de elaborar agrocombustíbeis e pensos para gandaría industrial.

Calendario:

* Mércores 4 de Xuño ás 20:00 horas. Sala de Xuntas da Faculdade de Veterinaria (Lugo)

* Xoves 5 de Xuño ás 19:15 horas. Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204 1º), Ferrol
* Venres 6 de Xuño ás 19:30 horas. CSA A Cova dos Ratos (Rúa Romil), Vigo

As charlas serán acompañadas de proxeccións de curtametraxes nas que se recolle a situación que vive o rural paraguaio

Gilda Roa fai parte da Dirección Nacional do MAP (Movimiento Agrario y Popular), organización paraguaia que traballa na defensa das comunidades labregas que moran na fronteira agrícola da soia transxénica.

Nina Holland é investigadora do CEO (Corporate Europe Observatory), organización con base en Amsterdam dedicada á investigación e realización de campañas sobre as ameazas á democracia, equidade, xustiza social e ambiente por parte das empresas e os seus lobbies. Un dos ámbitos de investigación de Nina Holland é o da política europea sobre agrocombustíbeis.

An Maeyens é antropóloga e membro da rede A SEED Europe (Action for Solidarity, Environment, Equality and Diversity) con sede en Amsterdam. An Maeyens ten estudado a situación das poboacións labregas paraguaias.
__________

http://www.lasojamata.org
____________
Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/

______________

xoves, maio 29, 2008

Actividades do Ateneo Ferrolán para o mes de Xuño de 2008


De: ATENEO FERROLAN -administrador@ateneoferrolan.e.telefonica.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de maio de 2008 11:53
Asunto: ACTIVIDADES XUÑO 08 no ATENEO FERROLÁN



ATENEO FERROLÁN -Fundado en 1879-

ACTIVIDADES XUÑO 08 no ATENEO FERROLÁN

DO 5 AO 30 DE XUÑO (2ª PLANTA)

EXPOSICIÓN 50 FOTOGRAFÍAS SELECCIONADAS do XVIII CERTAME FOTOGRÁFICO MEDIO AMBIENTE 2008

...........................................................

EXPOSICIÓN FONDOS PATRIMONIO do ATENEO FERROLÁN (1ª planta)

Pinturas, gravados, esculturas e fotografías de:

Segura Torrella, Carmen Chacón, Manuel Patiña, González Collado, Jorge Llorca, Garaizábal, Morquecho, Laxeiro, Correa Corredoira, Mª Manuela,

Carlos Villaamil, Xan Xosé Braxe, José Leyra Domínguez, Tomás Barros, Ricardo Pena, Spela Trobec, Juana Prieto, Luis Rapela, Alba Leal,

Agustín Ruíz de Almodovar, Ricardo Rilo, Ramiro Marrodán ............. entre outros.


XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”


BASES

“CONSTANTINO BELLÓN”

O “CONSTANTINO BELLÓN”, é unha plataforma, creada polo Ateneo Ferrolán, para servir de canle de expresión e presentación de novas pezas de autores e axudar a manter e potencia-la música tradicional de gaita galega.

O “CONSTANTINO BELLÓN” é un concurso de composición e interpretación de gaita que pretende mante-lo xeito de toca-la gaita galega con técnica e xiros propiamente galegos.

O “CONSTANTINO BELLÓN” pretende recolle-la mais pura tradición gaiteiril e manter, ó longo dos anos, un lugar de encontro e intercambio para tódolos gaiteiros galegos.

Ó chamarlle “CONSTANTINO BELLÓN”, aquel grande mestre gaiteiro, quixemos render unha pequena homenaxe a todos aqueles que, a través dos tempos e camiños cheos de atrancos, souberon manter vivo o son da nosa cultura ata os nosos días.

O ATENEO FERROLÁN, quere expresa-lo seu agradecemento a aquelas entidades e institucións que participan coa súa colaboración e apoio económico; a viúva de Luís Seoane, pola súa autorización para a utilización do seu debuxo, como logotipo do concurso; e como non, a tódolos gaiteiros e persoas que veñen colaborando na elaboración e organización do concurso de gaita galega “CONSTANTINO BELLÓN”.

XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”

BASES

1.- Poderán tomar parte tódolos gaiteiros que o desexen. As gaitas poderán estar afinadas en calquera tonalidade. A interpretación será sen acompañamento.

2.- REQUISITOS:

2.1) Os concursantes deberán enviar ó Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204, 1º. Ferrol) un CD gravado coa peza,”Olavide”, de Daniel Bellón facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado.

2.2) A partitura orixinal dunha peza inédita composta expresamente para este Concurso e unha copia da partitura da peza tradicional ou de autor.

3.- PLICAS.

3.1) Os concursantes deberán enviar o CD nun sobre pechado identificado co pseudónimo adoptado. Este sobre deberá incluírse noutro, co mesmo pseudónimo no exterior e acompañado da seguinte documentación: partituras -orixinal e tradicional-, así como os seus datos persoais: nome, apelidos, enderezo e teléfono.

3.2) A non cumprimentación dos anteriores requisitos é excluínte da selección para o concurso.

4.- As partituras ficarán en propiedade do Ateneo Ferrolán.

5.- Co obxectivo de promociona-la participación da Galicia do exterior créase un apartado específico, dirixido ós gaiteiros das comunidades galegas da emigración, chamado “Gaiteiro de Soutelo”.

6.- Na final actuarán, como máximo, un total de catorce gaiteiros repartidos do seguinte xeito:

* Dez finalistas seleccionados polas gravacións presentadas directamente ó Ateneo Ferrolán, tal e como se contempla nestas Bases.

* Catro finalistas seleccionados segundo se especifica no Premio “Gaiteiro de Soutelo”.

Tódolos finalistas vestirán obrigatoriamente o traxe tradicional galego, o cal terase en conta por parte do Xurado.

7.- A interpretación no Concurso constará de :

7.1) Unha peza inédita, creada expresamente para a presente edición do Concurso "Constantino Bellón", e máis da peza tradicional ou de autor.

7.2) O tempo máximo do que disporá o intérprete para a afinación da gaita e a interpretación de ámbalas dúas pezas será de 6 minutos, computados, sen pausa, dende a primeira nota escoitada, ata a última.

Tódolos finalistas recibirán unha peza de cerámica deseñada por Sargadelos, baseada nun óleo de Luís Seoane, cedido expresamente pola súa viúva Maruxa Seoane, para este concurso, e un Diploma acreditativo da súa participación no Concurso.

8.- A dotación do Premio será de 3000 € con dous accésit de 1000 €.

9.- Concurso de composición para Gaita Galega Solista.

10.- O Xurado cualificador valorará o emprego de xiros e técnicas propiamente galegos por parte dos finalistas e a súa decisión será inapelable.

11.- Como remate do Concurso, os finalistas interpretarán conxuntamente a peza obrigatoria. Para ilo, deberán traer unha gaita en DO, afinada a 440 Hz.

12.- O Ateneo Ferrolán patrocinará unha gravación do Concurso coa edición do mesmo en formato de disco compacto.

13.- O Prazo de inscrición remata o 13 de xuño do 2008.

14.- A final terá lugar na cidade de Ferrol o día 31 de Agosto do 2008.

15.- Aqueles casos non contemplados nestes artigos serán decididos a criterio do Xurado. A participación no Concurso implica a total aceptación destas BASES.

Concurso de composición para Gaita Galega Solista, requisitos:

(Punto nº 9 do “Constantino Bellón)

9.1) Poderán tomar parte todos os compositores que o desexen.

9.2) É obxecto deste concurso premiar a mellor partitura escrita para Gaita Galega Solista acompañada ou non, dun conxunto instrumental composto por un tope máximo de 40 instrumentos.

9.3) A composición ten que ser inédita, non ter sido estreada, nin haber sido premiada anteriormente en ningún outro concurso, nin haber sido obxecto de ningún encargo previo. Terá unha duración mínima aprox. de 5 min. e máxima de 12 min.

9.4) Os traballos presentaranse en dous formatos: a partitura orixnal impresa en papel; e, a mesma partitura, en soporte informático, axuntando copia do programa no que estea configurada (agás Encore ou Finale) ao enderezo do Ateneo Ferrolán.

9.5) Este traballo virá nun sobre pechado identificado co pseudónimo adoptado. Neste sobre deberá incluírse outro co mesmo pseudónimo no exterior e cos seguintes datos persoais no interior: nome, apelidos, enderezo e teléfono.

9.6) O prazo de presentación das partituras rematará o día 30 de maio de 2008.

9.7) A dotación do premio será de 2000 €.

9.8) O premio poderá ser declarado deserto.

“Gaiteiro de Soutelo”

(Punto nº 5 do “Constantino Bellón)

a.- Co gallo de promociona-la participación da Galicia do exterior no Concurso “Constantino Bellón”, a Consellería da Emigración convoca o Premio “Gaiteiro de Soutelo”.

b.- Poderán participar tódolos gaiteiros dos centros galegos ou institucións da Galicia do Exterior.

c.- Os concursantes deberán enviar á Consellería da Emigración:

1) Un CD gravado coa peza”Olavide”, de Daniel Bellón, facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado.

2) Partitura orixinal dunha peza de composición inédita, creada expresamente para este Premio, así como copia doutra tradicional ou de autor.

d.- PLICAS. Os concursantes enviarán o CD nun sobre pechado cun pseudónimo identificador. Conxuntamente, noutro sobre escrito por fora co mesmo pseudónimo, deberán facer consta-los datos persoais do participante: nome e apelidos, enderezo, país de residencia e nome do centro ou institución galega pola cal se presenta. No mesmo deberán incluílo orixinal da partitura inédita presentada ó Premio “Gaiteiro de Soutelo”, e máis a copia da tradicional ou de autor.

e.- PRAZO. O prazo de presentación remata o 13 de xuño do 2008.

f.-PREMIOS. Os premios “Gaiteiro de Soutelo” consistirán na asistencia e participación, cos gastos de desprazamento e estadía pagados, ó concurso “Constantino Bellón”, que organiza o Ateneo Ferrolán o 31 de agosto do 2008, na cidade de Ferrol (Galicia).

* Haberá catro premios.

g.- Coa intención de estimular e recompensar a dedicación e amor pola música e cultura galega na diáspora, o Obradoiro de Gaitas Seivane crea o ‘Premio Seivane’. Poderá optar a el calquera gaiteiro incluído no Premio Gaiteiro de Soutelo. Consistirá nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”. Será concedido aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor defina, tanto na súa presenza como na súa interpretación, a imaxe tradicional do gaiteiro.

Mención de Gaita Galega “Constantino Bellón”

O Ateneo Ferrolán, en liña coa súa defensa e promoción das artes, na súa faceta de música, coincidindo co Concurso de Gaita “Constantino Bellón”, CREA unha mención honorífica, dirixida a aquelas persoas ou entidades que destacaron polo seu traballo a prol da música galega.

1) Gaita de Ouro “Constantino Bellón”

2.- Este Premio outorgase tódolos anos, por parte do Ateneo Ferrolán, coincidindo coa celebración do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”.

3.- Para a nominación de Mencións, o Ateneo Ferrolán solicitará do Xurado do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a súa opinión que se reflexará nunha terna de candidatos a valorar, quedando a nominación e concesión final baixo os criterios do Ateneo Ferrolán.

4.- A presente Mención será de carácter honorífico e non económico, non estando suxeita a ningún tipo de compromiso por ámbalas dúas partes, a non se-lo propio e moral que conleva o recoñecemento público da labor efectuada polos galardoados.
____________________

www.ateneoferrolan.org
_________________

luns, maio 19, 2008

As actividades do Ateneo Ferrolán entre o 19 e 24 de Maio

De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 19 de maio de 2008 12:28

Asunto: ACTIVIDADES NO ATENEO FERROLÁN [Semana do 19 ao 24 de maio]



ACTIVIDADES DO 19 AO 24 de MAIO


MARTES DE CINE NO ATENEO FERROLÁN ABRIL-MAIO:
CICLO “A LITERATURA E O CINE”
AS PROXECCIÓNS SERÁN OS MARTES ÁS 7 DA TARDE NO SALÓN DE ACTOS DO ATENEO FERROLÁN; A ENTRADA É DE BALDE.


MARTES Día 20 DE MAIO.-
  • 20 DE MAIO A VERDADE SOBRE O CASO SAVOLTA, DRAMA POLÍTICO. AUTOR EDUARDO MENDOZA
  • · ANO 1978 DURACIÓN 130 min.
  • · DIRECTOR Antonio Drove
  • · GUIÓN Antonio Drove & Antonio Larreta (Novela: Eduardo Mendoza)
  • · MÚSICA Egisto Macchi
  • · FOTOGRAFÍA Gilberto Azevedo
  • · REPARTO José Luis López Vázquez, Ovidi Montllor, Omero Antonutti, Charles Denner, Stefania Sandrelli.
  • · SINOPSE Barcelona entre os anos 1917 e 1923. As loitas entre os traballadores anarquistas e os donos da fábrica de armas Savolta agravanse cando estes queren esmagar o movemento con asasinos pagados e intrigas, para así ocultar os seus comercios ilegais con Alemaña.
MÉRCORES Día 21 DE MAIO .-
  • O próximo mércores día 21 de maio no Ateneo Ferrolán terá lugar unha charla informativa sobre a "Rehabilitación e Urbanización nos barrios da Magdalena e Ferrol-Vello", organizada por CCA Ferrol A Magdalena.
  • Ás 19,30 horas o responsable da oficina de rehabilitación o Sr. Mendizábal informará sobre:
    "O PERI e as axudas para a rehabilitación de vivendas".
  • A partir das 20,30 horas o concelleiro coordinador do área de urbanismo, o Sr. Mato e o concelleiro de rehabilitación e urbanización o Sr. Reimúndez informarán sobre:
    "As obras de reurbanización do Barrio da Magdalena: ampliación do aparcamento da Plaza de Armas, urbanización da superficie da Plaza de España e obras previstas para as rúas".
  • ACTO PÚBLICO E ABERTO

XOVES Día 22 DE MAIO.-
  • Ás 18 horas: ASEMBLEA INFORMATIVA ASOCIACIÓN GALEGA DE FIBROMIALXIA
  • Ás 19,30 – ASEMBLEA PSOE

SÁBADO Día 24 DE MAIO.-
  • DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES POLA PAZ
  • Ás 19 horas: PROXECCIÓN DA PELÍCULA: “AS TARTARUGAS TAMÉN VOAN”. Organiza: MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES.

EXPOSICIÓNS no ATENEO FERROLÁN: AXENDA
  • Até o 31 de maio. FOTOGRAFÍAS DE INTERMON: “AS MULLERES COCIÑANDO FUTURO” (1ª Planta)
  • Até o día 28 de maio MOSTRA DE ALUMNOS DE JUAN GALDO (2ª planta)

¡¡¡ REHABILITACIÓN DO ATENEO FERROLÁN XA !!!!

______

ATENEO FERROLÁN - Fundado en 1879 “UN LUGAR DE ENCONTRO PARA A CULTURA”


www.ateneoferrolan.org
e-mail: a_ferrol@teleline.es
| Telf.: +34 981 357 970
| Fax: 981 354 098

Dirección Postal:
Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP.15402
| FERROL [A Coruña]

____________

domingo, maio 18, 2008

No Ateneo Ferrolán: A reahabilitación e urbanización nos barrios da Magdalena e Ferrol Vello, Mércores 21 de Maio

De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de maio de 2008 19:03
Asunto: CHARLA: A REHABILITACIÓN EN FERROL



CHARLA: A REHABILITACIÓN EN FERROL

O próximo mércores día 21 de maio no ATENEO FERROLÁN (Rúa Magdalena 202-204) terá lugar unha charla informativa sobre

A REHABILITACIÓN E URBANIZACIÓN NOS BARRIOS DA MAGDALENA E FERROL VELLO

organizada por CCA Ferrol A Magdalena:

Ás 19,30 horas o responsable da oficina de rehabilitación o Sr. Mendizábal informará sobre o PERI e as axudas para a rehabilitación de vivendas.

A partir das 20,30 horas o concelleiro coordinador do área de urbanismo, o Sr. Mato e o concelleiro de rehabilitación e urbanización o Sr. Reimúndez informarán sobre as obras de reurbanización do Barrio da Magdalena: ampliación do aparcamento da Plaza de Armas, urbanización da superficie da Plaza de España e obras previstas para as rúas.

ACTO PÚBLICO e ABERTO

[+ Info na Web do Ateneo Ferrolán]
__________
e-mail: a_ferrol@teleline.es
Telf.: +34 981 357 970
Fax: 981 354 098
Dirección Postal:
Rúa Magdalena 202-204, 1º.
CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303


_________________

Ceferino Díaz, o 22 de maio en Ferrol, para prentar o seu libro "A esforzada conquista da Autonomía,1979 -1981", da man de Fuco Buxan A.C.

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
Para: artabra21@gmail.com

Data: 18 de maio de 2008 10:09

Asunto: Ceferino Díaz en Ferrol, 22 de maio. Saragadelos



Ceferino Díaz en Ferrol, 22 de maio. Saragadelos.

Invitación:

A Asociación Cultural Fuco Buxán ten o pracer de invitalo á presentación do libro "A esforzada conquista da Autonomía,1979 -1981" (Editorial Galaxia).

O acto desenvolverase na Galería Sargadelos de Ferrol, rúa María esquina rúa Ruvalcaba, o vindeiro xoves 22 de maio, a partir das 20 horas.

Intervirá o seu autor Ceferino Díaz (profesor universitario e deputado socialista no Congreso); será presentado por Manuel Cendán, directivo de Fuco Buxán.

Esperando contar coa súa presenza, reciba o noso cordial saúdo.

Máis información sobre o libro.

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

________

luns, maio 12, 2008

Nos dias 27, 28 e 29 de Maio, organizamos Jornadas sobre a importáncia de ‘Carvalho Calero no século XX galego’

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de maio de 2008 10:22
Asunto: Nos dias 27, 28 e 29 de Maio, organizamos Jornadas sobre a importáncia de ‘Carvalho Calero no século XX galego’


Nos dias 27, 28 e 29 de Maio, organizamos Jornadas sobre a importáncia de ‘Carvalho Calero no século XX galego’

Nos dias 27, 28 e 29 de Maio, a sala de actos da Vice-Reitoria do Campus de Esteiro, em Ferrol, acolhem umhas jornadas de formaçom e divulgaçom da obra de Carvalho Calero, 'Filho Predilecto de Ferrol' e 'Filho Ilustre da Galiza', organizadas pola Fundaçom Artábria dentro da campanha polo reconhecimento da sua figura com o Dia das Letras de 2009.

Nas Jornadas vam intervir algumhas e alguns dos maiores especialistas nos mais diversos aspectos da produçom científica e literária do autor ferrolano, além do doutor em História Bernardo Máiz Vázquez, que fará umha contextualizaçom histórica de Carvalho no século XX galego.

Essa será a primeira palestra, na terça-feira 27 às 12 horas. Nessa tarde, o professor da Universidade de Vigo José-Martinho Montero Santalha falará sobre a obra filológica de Carvalho Calero. A seguir, às 18h15, o professor de Português na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, Maurício Castro, apresentará umha comunicaçom dedicada a sintetizar os contributos de Carvalho para a sociolingüística galega.

Na quarta-feira, a partir das 16h30, o professor de Literatura Galega na Universidade da Corunha Xosé María do Barro apresentará umha comunicaçom intitulada 'Carvalho Calero: toda umha vida de investigador da Literatura Galega'. A seguir, polas 18h15, o escritor e docente ferrolano Henrique da Costa falará sobre 'Os signos identitários da prosa de ficçom de Ricardo Carvalho Calero'.

As Jornadas concluem na quinta-feira 29, com comunicaçons sobre poesia e o teatro, a cargo de duas professoras de literatura, especialistas ambas na obra de Carvalho. A docente da Universidade de Santiago Carmen Blanco tratará a poesia, com umha alocuçom sob o título 'É poeta…'; enquanto a professora da USC em Lugo Araceli Herrero Figueroa encerrará as intervençons das Jornadas com a palestra 'Carvalho: Dramaturg e Dramatiker', em que se ocupará da obra dramática do protagonista das Jornadas.

A nossa ideia é que esta iniciativa nom conclua entre as quatro paredes da sala de actos da Vice-Reitoria do Campus Universitário de Esteiro. Para tal, a Fundaçom Artábria publicará todas as intervençons apresentadas num volume que deixará constáncia deste evento, realizado na cidade natal de Carvalho Calero para divulgar a sua importáncia na cultura galega.

Além do público geral, o professorado de Língua e Literatura e o alunado de Humanidades é alvo preferencial da iniciativa, já que foi solicitada à Conselharia da Educaçom umha certificaçom de 10 horas de formaçom pola assistência às Jornadas, e à UDC o reconhecimento académico com um Crédito de Livre Eleiçom para o alunado.

A inscriçom é gratuita e pode ser feita no dia do início, ou entom ligando para o telemóvel 696 55 00 56.

Apresentamos em anexo os pdf's do cartaz e o díptico com o programa e outros textos de interesse sobre as Jornadas 'Carvalho Calero no século XX galego'.
[Solicitar textos em: artabria@artabria.net]

--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921


Sítio web da Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

______________

venres, maio 09, 2008

Inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de maio de 2008 17:18
Asunto: Inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy


Inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy

Achegámosvos cartel anunciador da inauguración da Praza da Paz : José Couso Permuy, convidándovos a que asistades ó citado acto.

Xunta Directiva da Asociación veciñal de Esteiro " Fontelonga"

[Clicar no cartaz para ampliar]
____________
____________________

mércores, abril 23, 2008

Do 26 ao 27 de Abril Xornadas de software libre - GNU/Linux HACKMEETING Ferrol


De: Unión Libertaria -unionlibertaria@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 23 de abril de 2008 01:48

Asunto: Xornadas de software libre - GNU/Linux HACKMEETING Ferrol



Xornadas de software libre - GNU/Linux HACKMEETING Ferrol

Sábado 26 e Domingo 27 no local do Ateneo Ferrolán, Rúa Magdalena 202-204, 1º - Ferrol (A Coruña)

Entrada libre. Non é necesaria inscrición previa

Sábado 26

11:00 - Presentación das xornadas e Mini Palestra: ¿Qué é o software libre?

11:15 - Experiencias e experimentos con Linux

Como empezar con GNU/Linux, vantexes e dificultades....

12:00 - InstallParty: Te axudamos a indstalar GNU/Linux no teu computador compartindo ou non con windows

Se queres instalar GNU/Linux no teu computador podes traelo e axudámoste a poñelo a punto para que te inicies neste sistema operativo...
Trae tamén cable de rede ou conexión wifi e os cables e enchufes necesarios para poñer todo a funcionar...

16:30 - Edición gráfica en Linux : Gimp - inkscape - Scribus

Fai deseño gráfico e retoque fotográfico libremente e con programas libres!!!. O Gimp é un gran programa para tratamento de imaxes e debuxo, o Inkscape para facer gráficos vectoriais e o Scribus para maquetar con gran calidade todo tipo de publicacións, carteis, e o que queiras!!

19:00 - Streaming de audio en GNU/Linux

Tamén con programas libres podes facer que a túa voz se escoite e montarte unha emisora de redio por internet. Os teus berros e imaxes chegarán moi lonxe...

Domingo 27

11:30 - LTSP: Reciclaxe de ordenadores como terminais Lixeiras en GNU/Linux

Tes un computador vello? Non o tires. Con GNU/Linux e o servidor de terminais lixeiras LTSP podes poñelo a funcionar coma se fose novo. Tan rápido coma un raio. Que non o cres? Pois ven a velo!!!

12:30 - A caixa branca: Todo sobre hardware e como destripalo...

Eres desas persoas as que lles gusta fozar en canta máquina encontra. Es un ou unha manitas? Pois esta é a túa oportunidade

16:30 - Edición de vídeo con Cinelerra

Un dos mellores programas para montar vídeos con todo tipo de posibilidades e efectos. E con calidade profesional!!!

Máis info: http://linuxferrol.org/hackmeeting_ferrol_08.jpg

Organiza: Unión Libertaria
Colaboran: Ateneo ferrolán, Kalimera, Hacktreu, OlhoLivre ...
___________________

domingo, abril 20, 2008

Martes 22 abril: Encontros coa Información:"Está Galicia en venta?"


Visualizar o mapa ampliado



De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de abril de 2008 02:30
Asunto: martes 22 abril:Encontros coa Información:"¿Está Galicia en venta?"



Organizado por fuco buxán Asociación Cultural
Encontros coa Información
Martes 22 de Abril, ás 20 horas
Galería Sargadelos - Ferrol
Tema:
"Está Galicia en venta?"
Presenta: Victor García Novás, Directivo de Fuco Buxán
Interveñen:
Antón Masa Vázquez, Presidente da Asociación para a Defensa da Ría [Pontevedra]
Xosé María García Villaverde, Secretario Xeral de Verdegaia.
Rosa Méndez Fonte, Directiva de Fuco Buxán e Doutora en Patrimonio.
________
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
_________________

sábado, abril 19, 2008

Entrevista con Xosé Manuel Sarille, membro da Mesa pola Normalización Lingüística, da cal foi o seu Presidente.

O pasado Xoves, 17 de Abril, Xosé Manuel Sarille, membro da Mesa pola Normalización Lingüística da cal foi o seu Presidente, convidado pola A. C. Fuco Buxan, presentou o seu libro “A impostura e a desorientación na normalización lingüística”, onde realiza unha análise crítica da loita na defensa da língua galega. O xornal comarcal Diario de Ferrol, publicou na súa edición do 18 de Abril, unha entrevista co autor, realizada por María Jesús Rico. Polo seu interese a transcribimos a continuación.

Diario de Ferrol Ferrol
Viernes 18 de Abril de 2008


XOSÉ MANUEL SARILLE PRESIDENTE DE HONRA DA MNL

A política da lingua do PP, do PSOE e do BNG é a mesma

Xosé Manuel Sarille, onte, na galería Sargadelos
DANIEL ALEXANDRE



ENTREVISTA DE MARÍA JESÚS RICO

O primeiro presidente da Mesa pola Normalización Lingüística presentou onte en Ferrol, na galería Sargadelos, un libro no que reflexiona sobre o que se fixo e se fai en defensa do galego, moi insuficiente na súa opinión. O acto organizouno Fuco Buxán.

Xosé Manuel Sarille presidiu a Mesa de 1986 a 1997. En A impostura e a desorientación na normalización lingüística (Candeia, 2007) disecciona sen compracencias a política dos últimos anos en canto ó galego, incluído o bipartito, e proporciona elementos para un debate urxente.

­O libro, ¿recolle a historia do que se fixo no eido lingüístico desde a Transición?

­Unha parte, pero tampouco é unha reflexión histórica. Eu considero que hai dous períodos desde o comezo da democracia ata agora. Un débil, no que se fan poucas cousas, cando se poñen as bases democráticas que tamén implican á lingua desde o ordenamento legal, na Constitución, no Estatuto e na Lei de Normalización Lingüística. Despois hai outro período, o de Fraga, de parálise practicamente total. Noutro capítulo falo dos principais problemas que ten a política de lingua. Creo que aporto cousas que nunca se dixeron.

­Por exemplo...

­Pois que Galicia converteuse nun país rico, que ten algo de provocación.

­Depende de con quen te compares.

­Aí está a cuestión. É un país rico dentro do contexto mundial aínda que sexa un país pobre dentro da Unión Europea ou dentro do Estado.

­E iso, ¿que consecuencias ten no idioma?

­Os únicos países que son capaces de desenvolver políticas lingüísticas son países ricos. Nós somos un país rico pero atrasado e desenvolvemos unha política a medias, primeiro porque non hai moita vontade pero despois porque a política de lingua é complexa e necesita moito diñeiro. Hai que ter unha formación que os técnicos de normalización lingüística a estas alturas non teñen.

­Di que non hai vontade de levar adiante unha boa política lingüística.

­Esa vontade quen máis a tería que expresar serían os partidos nacionalistas, neste caso o BNG, pero resulta que a política que estivo facendo ó longo de todos estes anos é, desde o meu punto de vista, errática. Onde goberna non ensaia unha política diferente da que levan a cabo os outros partidos. Créase un modelo nos anos 80 que colle todo o mundo, galeguízase o papeleo administrativo. Cando hai que dar un segundo paso, é dicir, como se actúa diante dos veciños, como se galeguiza a vida social do municipio, aí ningúen se moveu, tampouco o BNG. ¿A que se dedican os servizos de normalización? A facer política cultural, a organizar o Día das Letras Galegas ou unha conferencia sobre Rosalía.

­E iso por que, ¿por medo?

­Porque non se sabe facer, porque é unha política complexa e porque ademais non hai moita vontade. Ese asunto pásase a un segundo termo, considérase como unha cuestión absolutamente secundaria. Hai moi mala formación nesa cuestión. Non se deron novos pasos, a política da lingua do PP, do PSOE e do BNG nos concellos é exactamente a mesma, sen dubidar dunha maior conciencia da xente do Bloque, pero a cuestión é que a práctica é a que é. Aí temos tamén culpa outros, concretamente a xente da Mesa. O PP na Xunta facíao fatal e os cañonazos centrábanse contra o goberno pero claro, estabamos esquecendo que nos concellos en que gobernaba o BNG e en calquera dos demais, facíase exactamente a mesma política, que era unha política de conmemoración lingüística. Pero o que hai que facer para que os comercios dos concellos se galeguicen, iso non se toca. En ningún dos casos.

­Aínda así xorden grupos de protesta contra o que xa se fai, como Galicia Bilingüe.

­Iso é un movemento buscado, unha cuestión de onde está politicamente, nestes momentos, o PP. Pero a práctica do PP ata o de agora non foi esa, ata hai un par de anos, ó respecto da lingua, e sobre todo cando gobernaba, era unha práctica de conmemoración. Nos concellos tiñan a mesma política que os outros grupos e hoxe na Xunta, curiosamente, a política que teñen o PSOE e o BNG é a mesma que tiña daquela o PP. Se me apuras un pouco, o que hai é unha política máis débil aínda que a que tiñan eles. O decreto para o ensino que aprobou o PP hai anos está copiado de Cataluña. O de hai un ano está copiado de Baleares, moi por baixo da plena galeguización que marca o programa electoral do bipartito. Que é o que pasa, que aí o PP cambia de postura e como se coloca na oposición, e ademais colócase no monte, entón ataca, pero esa é a novidade, non a outra.

­Os nenos galegofalantes, ¿seguen a perder o seu idioma cando se escolarizan?

­A escola segue sendo un factor de castelanización fundamental, sen dúbida. Cando se di o contrario é unha auténtica barbaridade. Pero non hai vontade de facer cambiar iso. Eu creo que nin Touriño nin Quintana reflexionaron nunca sobre a lingua en toda a súa vida, é o que ocorre con tódolos políticos de Galicia en xeral.

­Entón, segundo vostede, a situación vai a peor.

­Si, si. Sen dúbida.

­A perda de falantes non se frea.

­En absoluto. Eu o que non son capaz de albiscar son enerxías diferentes para os próximos anos. Non son pesimista, constato unha realidade, e non vexo que haxa enerxías en ningures que poidan acceder ós gobernos para facer outras políticas que se convirtan en melloras para a lingua galega, non o vexo.

­¿Cales, levar o galego a sitios onde non está agora?

­Si, pero gástase unha cantidade de diñeiro niso grande que non se está gastando correctamente. Primeiro habería que dicir que é unha política lingüística, que tipo de obxectivos ten. Hai unha sociedade que é moito máis complexa que a de hai uns anos. ¿Como se abrangue iso? Nunha sociedade de grandes espazos sociais e políticos é necesario vincularse co próximo, co cercano, neste caso o galego e o portugués son dúas formas do mesmo sistema e ese intercambio e esa vinculación é necesaria. Aquí hai unha actitude moi pailaroca que é dicir “son distintos e non temos nada que ver con eles” e entón acabamos sendo un espazo cultural reducido, de dous millóns e medio de falantes. A outra actitude é a de apoiar o intercambio de produtos culturais, ter un vínculo co mundo brasileiro e aí ampliar os espazos e o lugar pois de venda de libros, incluso de produtos de televisión. E non falo de normas ortográficas.

­Pero as batallas normativas non parece que axudaran a normalizar a situación.

­Eu dedícolle un capítulo a esa parte, falando diso dun xeito máis a fondo. Foise a unha batalla suicida, onde ademais a xente non comprende nada. É verdade que non hai ningunha lingua que non sufra conflitos dese tipo, hai que ver ós franceses como se pegaban hai pouco ou cando García Márquez dixo que había que acabar cos bes e cos uves en castelán. Eu creo que está moi mal elaborada toda a política lingüística desde o comezo da Transición. Na Real Academia pero tamén nas universidades. En Galicia hai unha nova profesión que ten agora 25 anos que é a de técnico de normalización lingüística. ¿Que ten que ser este señor? ¿Ten que ser un filólogo? Ten que saber corrixir un texto pero a súa función sobre todo é a de promocionar e estender a lingua dentro da empresa, da universidade ou do concello. Entón o seu perfil profesional ten moito máis que ver cun dinamizador social, seguramente. Aí teñen que buscar outros perfís e a universidade non se soubo mover.

­¿Cre que o proceso de normativización foi traumático? Penso en galegofalantes que din que eles o galego da tele ou dos libros non o saben.

­As normativas sempre son uns códigos cultos, que se afastan do falante común, inevitablemente. No caso dun país que non ten estado o idioma ten moitísimas máis dificultades para instaurarse porque ademais a lingua non se fai imprescindible. É, claro, unha norma débil no sentido de que só se referencia en dous millóns e medio de habitantes. ¡Ollo, eh!, eu non estou optando por outra norma nin creo que se deba mover iso. Creo que a norma debe consolidarse, e seriamente, pero hai experiencias curiosísimas, auténticas aberracións. Non é lóxico que un rapaz que remata o ciclo obrigatorio de ensino nunca vise un texto de portugués diante. Os rapaces teñen que entender, naturalmente, que desde o momento en que teñen a norma galega poden acceder ó portugués. Iso nunca se expresa, e é unha tremenda barbaridade que fai moito menos útil a propia norma ortográfica. Agora, a normativa segue a ser un problemas, claro que si. E desde logo, se en vez dunha hai tres, é un rifirrafe terrible e nada rendible para o idioma.

­Entón, ¿como ve o galego dentro duns anos?

­Tal como están as cousas, salvo que haxa algunha sorpresa dalgún tipo, eu creo que nun prazo medio será unha lingua que falará o oito ou o dez por cento da poboación.

_________________

A impostura e a desorientación na normalización lingüística
Editorial: Santiago de Compostela. Candeira Editores, 2007
Descripción: Rústica con lapelas, 124 páxs.; 15 x 21
ISBN / ref 978-84-96163-06-7
Sinopse: Unha obra sobre a situación alarmante que vive a lingua galega. No texto analízanse as causas de fondo polas que o galego perde na actualidade máis falantes que nunca. O autor considera que as razóns desa decadencia, moi acelerada nos últimos anos, hai que buscalas no deficiente discurso teórico e na práctica negativa ou confusa de todas as organizacións políticas e da maioría das institucións públicas desde o comezo da democracia. Feita con rigor, esixente e sen enganosas compracencias, esta obra está escrita por unha das persoas que coñecen mellor a realidade social do idioma galego.
AndelVirtual.com
http://www.andelvirtual.com/
___________