Amosando publicacións coa etiqueta André Abeledo Fernández. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta André Abeledo Fernández. Amosar todas as publicacións

domingo, marzo 06, 2022

Artigos de André Abeledo - Armas para a Ucraína - A rusofobia é froito da irresponsabilidade dos medios de comunicación


Armas para a Ucraína

Armas para que a guerra sexa o máis longa e cruenta posíbel, para que a guerra desgaste a Rusia e para conseguir que morran en combate, nesta guerra, cantos máis soldados rusos mellor. Ese obxectivo so pode conseguirse a base de ucraínos mortos, moitos máis que soldados rusos.

Armas para que resistan, pero non para que gañen a guerra, porque todos sabemos que a Ucraína non poida gañar a guerra.

Armas para que se maten eles, porque é seguro que nin Europa, nin a OTAN van a enviar tropas a unha guerra que non se pode gañar.

Armas para facer o conflito o máis longo e custoso posíbel para Rusia e non digamos xa para a Ucraína que pagará un prezo moito máis alto e morte e destrución das súas infraestruturas.

Armas para a Ucraína por ser un pobo invadido, que o é, pero esas armas non se lle dan ao pobo palestino, un pobo que non ten nin sequera un exército e que é agredido e bombardeado a diario por Israel, nin ao pobo saharauí, que ten o seu territorio ocupado por Marrocos, nin ao pobo iemení, porque no  Iemen as armas se lle venden ao agresor e xenocida, Arabia Saudí.


A rusofobia é froito da irresponsabilidade dos medios de comunicación.

A rusofobia está sendo creada polos medios de comunicación e alimentada polos medios de comunicación. Un erro histórico e un xeito de botar leña ao lume do conflito en Europa. Sementar odio é o mellor camiño para colleitar un futuro de violencia.

A irresponsabilidade dos medios de comunicación e do relato oficial dos políticos alimenta a rusofobia. Os primeiros actos de odio, de violencia e de acoso a comunidade rusa son responsabilidade directa duns medios de comunicación irresponsables que fan espectáculo coa guerra.

Rusofobia e chamamentos absurdos ao boicot a produtos rusos: vodka, ensalada rusa,.., a ensalada rusa?, en serio?, ata hai un restaurante que lle ten cambiado o nome a ensalada rusa, pero imos ver almas de cántaro, a ensalada rusa, non é rusa, nin a tortilla francesa é francesa.

O xornalista español Pablo González, encarcerado en Polonia, un socio da OTAN e da UE, onde o teñen acusado de espionaxe.

O seu avogado ten confirmado que ten estado tres días illado e sometido a interrogatorios. Occidente non quere que se informe sobre o conflito en Ucraína. Solo se acepta a propaganda oficial.

Dá medo a facilidade con que a maquinaria dos medios de comunicación se poñen en marcha para dicirnos cando temos que chorar e cando non.

Sin dúbida temos a obriga ética e moral de axudar e acoller aos refuxiados que fuxen da guerra na Ucraína, en Siria, en Libia, de Afganistán, do Sáhara Occidental, de Palestina, do Iemen, do Kurdistan...e de calquera país do mundo, sen importar a súa raza ou relixión.

Cando un momento histórico como o actual nos pon contra a espada e a parede, dándonos a escoller entre manter a coherencia e a dignidade ou deixarnos levar pola poderosa maquinaria de propaganda, para alguén realmente de esquerdas a única decisión posible é a da verdade.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
4 de março de 2022 12:26
4 de março de 2022 19:06

_______

xoves, marzo 03, 2022

Artigos de André Abeledo - O drama da Ucraína e a incoherencia da suposta esquerda - Ucraína, Rusia, Donetsk e o Estado español - A primeira víctima da guerra é a información - Os medios sobre a Ucraína, espectáculo e parcialidade


O drama da Ucraína e a incoherencia da suposta esquerda

Cando un momento histórico como o actual nos pon contra a espada e a parede, dándonos a escoller entre manter a coherencia e a dignidade ou deixarnos levar pola poderosa maquinaria de propaganda, para alguén realmente de esquerdas a única decisión posíbel é a verdade.

No Iemen seguen en guerra, o digo porque ten xente que non di nada, tamén en Siria, as mulleres en Afganistán e a poboación en xeral volven a estar baixo o xugo Talibán, o digo porque ten xente que xa non di nada, e na Libia destruída hai mercados de escravos, o digo porque ten xente que non di nada.

Hipocrisía: armas para que a Ucraína se defenda, as armas que non lles dimos ao Sáhara Occidental, Palestina, o pobo Kurdo, Iemen, e a tantos outros pobos que están sendo esmagados por potencias militares que ocupan o seu territorio e masacran a homes, mulleres e nenos, sin piedade.

Por estar na OTAN o Estado español ten bases dos EEUU no seu territorio e tamén miles de soldados norteamericanos, nesas bases mandan os Ianquis, iso tamén lle ocorre a Alemaña e a outros moitos países, pero ningún país da OTAN ten unha base nos EEUU.

A verdade non importa e a mentira é un arma política, ao estilo Goebbels, Ministro de Propaganda da Alemaña NAZI, unha mentira repetida mil veces convértese en verdade. Putin non é comunista, e o Partido Comunista ruso está na oposición, o saben, que non estorbe a verdade.

A ONU condena a invasión de Rusia con 141 votos a favor. Rusia, Bielorrusia, Siria, Corea do Norte e Eritrea votaron en contra. Os 35 países restantes, entre os que destacan China, India, Bolivia, Cuba, O Salvador, Nicaragua, Irán, Irak, Kazajistán ou Vietnam, abstivéronse.

A OTAN era, segue sendo e será unha organización belicista e terrorista que historicamente ten servido para arrasar Estados, de pacifista "0". Unha vez máis os que dicían OTAN "non", logo din de entrada OTAN "non", para logo dicir OTAN "si" en canto pisan moqueta e lles dan sillón.

Fose quen fose o presidente de Rusia, Putin ou calquera outro, de calquera partido, en relación a Ucraína e ao Ucraína actuarían dun xeito moi parecido. Rusia non podía permitirse non actuar, calquera potencia o tería feito, Rusia, EEUU, China,Reino Unido, Franza...

Falan de malos e bos, e segundo din eles a OTAN son os bos, millóns de mortos remexen-se nas súas tumbas.

Todos sabemos que Ucraína non pode gañar a guerra, é imposible, tamén é sabido que Rusia so ten usado unha moi pequena parte do seu  poderío militar, pero obxectivo armas aos ucraínos co obxectivo de que a guerra sexa o máis longa e cruenta posíbel.

Ucraína importa?

Ver a televisión, ler a prensa, ou escoitar a radio en Occidente é como ler os partes de guerra do ministerio de defensa da Ucraína, ou un comunicado da OTAN.

Miguel Sebastián (ex ministro e economista): “Estamos en Guerra, e temos que asumir os custes da Guerra. España ten que asumir os seus custes: o seu empobrecemento”

Non ten dúbida sobre quen van a pagar o prezo das medidas da UE, dende sancións a Rusia ata las armas para a Ucraína.

Yolanda Díaz Republicana pero co Rei, atea pero co Papa, de esquerdas pero coa OTAN, comunista pero co capitalismo, clase obreira pero con glamour. Vaianse ao carallo.

A Yolanda Díaz iríalle mellor fichando xa polo PSOE, porque o de montar outro proxecto socialdemócrata non me parece unha boa idea, a xente soe quedarse co orixinal, o orixinal é PSOE e Yolanda Díaz é o suficientemente pragmática para encaixar perfectamente no PSOE.

A suposta ala esquerda do suposto goberno de progreso ten amosado non ter plumas para voar, a operación "asaltar os ceos" queda abortada definitivamente. Cando toca elixir entre sillón e moqueta ou coherencia e dignidade, a ela e a el so lles interesan as súas lentellas.

A esquerda que ía a asaltar os ceos se baixa a os infernos para comprar o argumentario da OTAN. Envía armas ofensivas a Ucraína como axuda humanitaria ou axuda para a paz. Ou nos vende que a OTAN traballa para a paz no mundo. A esquerda domesticada pisou moqueta.

O envío de armas ofensivas a Ucraína como axuda humanitaria ou axuda para a paz é unha prostitución da linguaxe nivel Deus, como dicir que a OTAN traballa para a paz no mundo. A esquerda desnortada e traizoada.

Xa que España vai a enviar armas a Ucraína coa escusa de que é un país agredido e invadido, supoño que coa débeda histórica que temos e cos mesmos argumentos o seguinte é armar ao Frente Polisario para que poida loitar con Marrocos que ocupa ao Sáhara Occidental.

Josep Borrell co seu discurso en Spanglis falando da resposta ao agresor máis forte para defender ao débil, que memoria selectiva e que visión parcial, Iugoslavia, Irak, Libia, Siria, Palestina, Iemen, Sáhara Occidental, ¿donde estaba Europa?, ¿que ten que dicir Borrell?.

"É máis sinxelo enganar a xente, que convencelos que teñen sido enganados" (Mark Twain)


Ucraína, Rusia, Donetsk e o Estado español

A República de Donetsk se autoproclamou independientemente mediante un referéndum onde case o 90% da poboación votou pola independencia, a dita votación invitaron a  comunidade internacional para que puidesen comprobar a limpeza das votacións, tras a autodeterminación de Donetsk, Ucraína lles declarou a guerra para reintegrar a Donetsk pola forza das armas.

A guerra empezou en 2014, o que ten feito Rusia agora é recoñecer a República Popular de Donetsk como Estado independente.

O que me parece incrible é que xente que apoia o dereito a autodeterminación do Sáhara Occidental ou Palestina, ou o dereito do pobo Kurdo a ter unha nación propia, rasguense as vestiduras porque o pobo de Donetsk a conseguise e a defenda coas armas.

O que os mesmos que participaron na destrución de Iugoslavia como país,  e que armaron aos secesionistas de Croacia (auténticos fascistas), ou de Bosnia, a OTAN e Europa que bombardearon Belgrado durante 60 días e 60 noites, agora veñan defendendo a unidade de Ucraína por enriba de tódalas cousas, incluíndo por enriba dun referendo de autodeterminación do pobo de Donetsk.

Hipocrisía nivel Deus.

A OTAN  Europa impórtanlles a Ucraína porque está loitando contra Rusia o seu inimigo xeoestratéxico.

A cidadanía europea está moi sensibilizada pola cobertura mediática, case 24 horas, e tamén porque os ucraínos afgáns europeos, brancos, cristiáns e moitos deles loiros e de ollos azuis. Non son sirios, afgáns, africanos ou latinoamericanos. Esa é a triste realidade.

O PP di agora que hai que ter "altura de miras" para condenar a agresión "comunista" de Rusia..."que a verdade é que os comunistas están  invadindo un pobo soberano e libre como é a Ucraína".

Putin comunista? despois da brutal burrada todo o que digan queda inutilizado definitivamente.

A propaganda política e mediática chega ao ridículo máis vergoñento e tamén a hipocrisía máis noxenta.

Segundo Sara Fernandez, Especialista en Enerxía, Axencia Servizos de Luz:

Cales son as consecuencias do conflito entre Rusia e a Ucraína no mercado enerxético Español?

O 21 de febreiro Putin asinou o recoñecendo da independencia das rexións prorrusas ucraínas de Donetsk e Lugansk, enviando tropas a  zona. Tres días máis tarde, ordenou atacar con efectivos militares a rexión do Donbás. Desde entón o exército ruso ten atacado diversas rexións do país, incluída a capital de Kiev, poñendo en perigo a integridade mundial.

Como afecta a guerra ao Estado español

As principais consecuencias para o Estado español son e serán de tipo económico. Os expertos de compañías de luz afirman que o prezo de algúns produto de primeira necesidade verase afectado. Se prevé que o prezo do trigo aumente un 30% e o do millo un 20%, coas claras consecuencias sobre os prezos dos produtos finais feitos con estas materias.  

E non é o único produto que se ve afectado. A luz e o gas levan tempo con prezos desorbitados e se prevé que sigan a alza a causa do conflito.

Subida do gas

Un dos mercados que se ve máis afectado a causa do conflito entre Rusia e a Ucraína é o do gas. O país de Vladimir Putin proporciona aproximadamente o 40% do gas a Europa.  España é o país de la UE que menos dependencia ten respecto do gas ruso, cun 5%, porque gran parte do seu abastecemento procede dos países do norte de África.

Este enfrontamento ten encarecido os prezos do gas, que se teñen disparado un 29% e ten superado os 100 euros/MWh, e ten provocado unha inflación disparada que afecta directamente ao bolso dos consumidores. Por este motivo, é importante utilizar un comparador de gas natural para comparar as distintas tarifas e aforrar na túa factura.

Subida da luz

Non so vese afectado o mercado do gas, senón que tamén vai a afectar a nosa factura enerxética. A luz ten subido ata un 17% ata alcanzar os 240,13 euros/MWh, sendo así o segundo prezo máis alto do ano e cinco veces máis alto que fai un ano. Por eso, é recomendable usar un comparador de luz para aforrar na electricidade.

A franxa horaria máis cara é a que está comprendida entre as 19:00 horas e as 20:00 horas, chegando aos 300 euros/MWh.

En cambio, o tramo máis barato é o que está comprendido entre as 4:00 horas e as 5:00 horas e se pagarán uns 153,32 euros/MWh.


A primeira vítima da guerra é a información

A economía de Rusia baséase na venda de petróleo, gas, cereais, fertilizantes, etc, produtos básicos e indispensables que van a ter saída sobre todo no comercio Rusia-China. Os Europeos sufriremos unha subida brutal da enerxía, de alimentación, dos combustibles.

Cada vez que un tertuliano na TV tenta poñer sobre a mesa as responsabilidades da OTAN e a Unión Europea no conflito na Ucraína, o presentador ou a conflito de quenda cambia de tema, os corta, os rebate. Nada pode empanar o relato oficial é a consigna.

O bloqueo da Unión Europea as axencias e os medios de comunicación rusos, como RT, Rusia Today ou Sputnik non é algo moi "democrático", pretender que exista solo un relato "oficial" e unhas determinadas fontes de información e coartar a liberdade de informarse onde o crea conveniente a cidadanía.

A UE é quen vai a saír peor parada do conflito con Rusia na Ucraína, son os pobos de Europa quen van a pagar a conta. Rusia venderá o gas, o petróleo e os  cereais a China, a súa económica baséase nisto. Pero serán os EEUU os que fagan o gran negocio con Europa.

A UE está rearmando ao exército da Ucraína buscando que a guerra dure e sexa cruenta. Para algúns as guerras son un gran negocio. E censurando medios de comunicación, como RT, Sputnik, etc.

Mentres tanto, EEUU está vendendo o gas a Europa un 40% máis caro que o facía Rusia...

Ao pechar o espazo aéreo a avións rusos a UE dáse outro tiro no pé. Tiveron a resposta recíproca, ¿por onde van a pasar os avións europeos que van a oriente?. Air France anunciou que suspende os seus voos a China e Xapón namentres atopa rutas alternativas. Bravo xenios!!!

O goberno alemán dará o pistoletazo de saída a unha escalada armamentista, triplicando o presuposto de guerra. O negocio sempre aparece nas crisis para os mesmos...armas , armas e máis armas...pero as balas non se comen e os pobos precisan servizos básicos.

O goberno Ucraíno pide aos civís que fagan cócteles molotov nas súas casas e se enfronten ao exército ruso, prohibe aos homes menores de 60 anos saír do país e os obriga a presentarse "voluntarios" para loitar contra os rusos. ¿A quen lle interesa que morran civís?.

Vendo como se compara a Putin con Hitler quedo abraiado, coas barbaridades que se poden chegar a dicir nos medios de comunicación. Pódese adversar a Putin sin chegar a dicir estupideces. O conflito armado non se parece, nin ten as motivacións da Segunda Guerra Mundial.

Vexo a unha esquerda institucional que non quere dicir nada que se saía do relato oficial por medo a perder o sillón, pisar moqueta cambia a xente en tempo récord. É máis fácil deixar que te leve a corrente como aos peixes mortos ou seguir ao pastor como as ovellas.


Os medios sobre a Ucraína, espectáculo e parcialidade

A televisión e os medios son tan superficiais e tan parciais, que a verdade é o que menos lles importa, informar nunca, desinformar sempre, unha guerra convertida en espectáculo, horas de TV lanzando mantras as masas.

Nestes días repitense os argumentos dos opinadores televisivos, que tanto te opinan de unha guerra, como dunha pandemia, como dun volcán ou de Eurovisión.

Te chaman ignorante e proruso porque están ben informados e coñecen a historia da Ucraína grazas a TV, aos opinadores que o mesmo fan unha tortilla que unha estratexia militar, a prensa independente; OK Diario, El Mundo, La Razón, El Español. Vamos todo o máis mellor.

Pero todo conflito bélico ten unha raíz que hai que tratar de desentrañar de entre a propaganda de uns e outros.

As guerras sempre son catástrofes, dramas humanos, pequenas historias que rompen o corazón, perdidas irreparables. "A primeira vítima da guerra é a verdade", por saberemos solo saberemos o que queren, e nos contarán o conto como lles interesa. A verdade non importa, solo a propaganda.

Biden ordena ao Departamento de Estado liberar ata US$ 350 millóns en asistencia de seguridade para Ucraína, vamos armas, Reino Unido e Europa tamén envían armas, armas e sancións económicas, apostan por unha guerra longa e cruenta. Iso si que se maten eles, de tropas nada.

Absurdas medidas de castigo a Rusia traxicómicas:

"Rusia, expulsada do Festival de Eurovisión tras a invasión de Putin a Ucraína" (ABC). Seguramente se estean plantexando a retirada tras o duro golpe que supón non acudir ao festival. Me ven a mente cando  Eurovisión RTVE  alardeou da boa aceptación de Chanel en Rusia.

Eurovisión expulsa a Rusia do festival pola invasión de dobre. Pero nunca ten expulsado a Israel pola matanza case diaria de palestinos. O dobre raseiro segue plenamente vixente.

A guerra na Ucraína ten a súa orixe no golpe de Estado de 2013 e comezou na República Popular de Donetsk, un conflito armado que comezou en abril de 2014 entre milicias prorrusas e o Exército ucraíno.
Segundo a ONU, ten causado máis de 14.000 mortos e milleiros de desprazados que teñen contado coa indiferenza de Occidente...ata agora.

A Ucraína non a ían a deixar entrar na UE, seguramente tampouco na OTAN. Ucraína ten sido unha ferramenta para desestabilizar a zona, un peón no taboleiro da xeoestratexia. EEUU non cedeu nin un ápice nas negociacións con Rusia a sabendas do que podía acontecer.

O empeño de EEUU en continuar a progresiva expansión da OTAN cara as fronteiras da Federación de Rusia, nos teñen conducido a un escenario, con implicacións de alcance impredicible, que se pode evitar.

Ningún líder da UE está pola desescalada, moito menos a OTAN, e non digamos xa os EEUU, ninguén chama a unha reunión para definir un espazo de seguridade con garantías para Rusia. Todo pasa por subir a aposta. Neste xogo de xeoestratexia pouco o nada importa el pobo.

Si Rusia fai o mesmo en Cuba, México ou Venezuela, que houbese pasado?

Deberíamos facernos preguntas como: ¿Quén vai a xerar beneficios indecentes grazas ao prezo desorbitado do gas?, ¿quenes van a pagar a crise perdendo poder adquisitivo e vendo como o seu nivel de vida cae en picado?.
A resposta está ao outro lado do Océano.

A primeira guerra en Europa dende o século XX din os opinadores da TV, como si Iugoslavia ou Donetsk estivesen en África, Asia, ou América. Tertulianos que valen para todo, moi apañados, saben de pandemias, volcáns, xeopolítica,historia, estratexia militar, de todo un pouco.

Non é fácil, non é cómodo dicir verdades que estorban ou cómodo o relato oficial, a xente, ata aquela que se considera menos manipulable prefire as películas de bos e malos, non quere complicacións, é mellor que o malo sexa moi malo ao estilo Hollywood, pensar cansa.

Estou pola paz e contra tódalas guerras, non trago propaganda de ningún bando, tampouco   a dos nosos medios de desinformación, a de EEUU, da OTAN, da UE o do goberno da Ucraína.

A guerra na Ucraína comezou fai 8 anos.

A OTAN se ten dedicado a botarlle gasolina ao  lume.

Estou pola PAZ no Mundo, "non" a  OTAN, "non" a rusofobia.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com
27 de fevereiro de 2022 19:28
28 de fevereiro de 2022 19:47
1 de março de 2022 18:25
3 de março de 2022 14:49

_______

xoves, febreiro 24, 2022

Artigos de André Abeledo - Ucraína e o efecto bolboreta - A guerra que non se quixo evitar - Entre o PP de Madrid e a prensa afín a Ayuso veñen de dar un golpe de Estado a dirección do seu propio partido


Ucraína e o efecto bolboreta. A guerra non é unha película de bos e malos, é sempre unha traxedia

A guerra sempre é unha derrota para os pobos, dá igual onde, Siria, Palestina, Irak, Libia, o Sáhara Occidental, a Ucraína e todas as malditas guerras de hoxe e de onte.
 
Unha guerra non é unha película de bos e malos, é sempre unha traxedia, unha derrota para a humanidade.

Rusia é responsable de comezar unha guerra a gran escala. Pero a unha escala menor esa guerra xa tiña comezado en 2014, na República Popular de Donetsk e entón era a Ucraína a que bombardeaba a República autodeterminada e a unha poboación de orixe ruso.

Pero algunha responsabilidade terán tamén os que teñen estado animando a Ucraína a botarlle un pulso a Rusia en nome de Occidente.

Algunha responsabilidade terán os que teñen estado armando a Ucraína.

Algunha responsabilidade terán os que apoiaron o Euromaidán, a chamada Revolución da Dignidade, que é o nome dado a unha serie de manifestacións e disturbios de índole nacionalista, con filoNAZIS nas rúas da Ucraína, que no seu clímax derrocaron ao presidente electo Víktor Yanukóvich do prorruso Partido das Rexións.

Algunha responsabilidade terán os que lembraron a diplomacia cando o lume xa estaba acendido e as posibilidades de apagalo eran poucas ou ningunha.

Porque economicamente vai ser unha desfeita para Europa, pero a guerra  está na Ucraína e os que lle prometeron protección usaron ao goberno Ucraíno como instrumento para desestabilizar a zona, e tamén a Rusia.

Agora as consecuencias económicas serán devastadoras, especialmente en Europa.

No efecto bolboreta, si se parte de dous mundos ou situacións globais case idénticos, pero nun deles hai unha bolboreta aleteando e no outro non, a longo prazo, o mundo coa bolboreta e o mundo sen a bolboreta acabarán sendo moi diferentes. Nun deles pode producirse a gran distancia un tornado e no outro non suceder nada en absoluto.

Pois na Ucraína agora está aleteando un pterodáctilo.
---

A guerra que non se quixo evitar

É cuestión de días que as tropas Rusas estean as portas de Kiev.

Non é algo do que alegrarse porque en toda guerra morren inocentes.

En calquera guerra existen moitos culpables e morren demasiados inocentes.

Se cadra si a comunidade internacional houbese actuado con contundencia para defender a vida dos habitantes da República Popular de Donetsk, de Járkov, de Donbás, e houbese condenado todo ataque contra a poboación civil e denunciado con contundencia o acoso a poboación de orixe ruso, ao seu idioma, a súa cultura, non tiñamos chegado a este punto sen retorno.

Na Ucraína se ten estado xogado con un xogo de equilibrios moi perigoso, se ten apoiado un golpe de Estado filoNAZI, a un goberno NAZI, a grupos armados NAZI-FASCISTAS, se ten apostado pola confrontación, por botar un pulso para ver ata conflito se podería chegar, se ten tirado da corda ata rompela.

Entremos ou non na guerra sobre o terreo, a guerra afectará as nosas vidas e a nosa economía, algo inevitable nunha economía global.

Toda guerra é un fracaso para a humanidade e cando o lume do conflito inténtase apagar con gasolina o incendio está servido.

Un conflito total entre Rusia e a OTAN sería un desastre total para toda Europa.

Pero a verdade, unha vez estoupa un conflito armado as consecuencias son sempre imprevisibles, sobre todo si o conflito remata por internacionalizarse.
---

Entre o PP de Madrid e a prensa afín a Ayuso veñen de dar un golpe de Estado a dirección do seu propio partido

Pablo Casado un ultradereitista neoliberal que ten feito unha oposición sucia e ata desleal co Estado español, pero que ten amosado ter máis dignidade que todos aqueles que o teñen traizoado.

Vai a ser que Pablo Casado e catro máis eran os únicos que tiñan algo de honor e lealdade dentro do PP... máis xa o botaron, agora  quedan persoas que teñen decidido que investigar a corrupción é algo a castigar e tapar a corrupción é o correcto.

Non son do PP, estou no polo oposto, pero dende fora ao ver como se apuñalan, como as ratas abandonan o barco, como se traizoan, como minten e como tapan a corrupción e a xustifican, non podo deixar de sentir vergoña allea.

Agora Feijóo, ese que sabía que a marca PP non lle daba votos na Galiza e que decidiu esconder as siglas nas campañas electorais, ese Feijóo que tiña malas compañías e veraneaba co capo da droga Marcial Dorado, ese Feijóo que adxudicaba ao igual que Ayuso contratos a súa irmá, ese Feijóo é quen parece destinado a presidir o PP, pois nada, viva o viño.

Pois nada Feijóo, pecha ao saír,. "A quen deus llo de, San Pedro llo bendiga"...non se admitirán devolucións.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
24 de fevereiro de 2022 13:03
23 de fevereiro de 2022 15:02

_______

mércores, febreiro 23, 2022

Artigos de André Abeledo - A dereita tapa a corrupción, pero castiga investigar a corrupción - Entre o PP de Madrid e a prensa afín a Ayuso veñen de dar un golpe de Estado a dirección do seu propio partido


A dereita tapa a corrupción, pero castiga investigar a corrupción

Queda máis que demostrado que no PP ser corrupto, ou ter un máster falso, ou degradar os servizos públicos, non se paga, se premia, o que se paga caro é denunciar a corrupción, que se llo pregunten a Casado e Ayuso.

Non son do PP, estou no polo oposto, pero vendo dende fora ao ver como se apuñalan, como as ratas abandonan o barco, como se traizoan, como menten, como tapan a corrupción e a xustifican, non podo deixar de sentir vergoña allea.

É difícil non sentir vergoña de formar parte dun Estado onde se premia a corrupción e a falta de luces afecta a millóns de fanáticos votantes que aplauden aos que nos rouban.

"España é unha deformación grotesca da civilización europea, en España o traballo e a intelixencia sempre se teñen visto menosprezados. Aquí todo o manda o diñeiro, en España o mérito non se premia. Se premia o roubar e o ser senvergoña".

(Luces de Bohemia, Valle Inclán. 1924)

"O meu avó era un home mo valente,
sólo lle tiña medo aos idiotas.
Pregunteille ¿por qué?,
e respondeume:
porque son moitos,
e ao ser maioría elixen
ata ao presidente
"

(Facundo Cabral)

"En España de cada dez cabezas: nove embisten e unha pensa." nos dixo Antonio Machado.

O fascismo encarnado en VOX aliméntase de ignorancia, de odio, de sen razón,  aliméntase de mentiras repetidas mil veces para convertelas en verdades, esa é a vella táctica acuñada por Goebbels o ministro de propaganda da Alemaña NAZI.

Máis agardo que Antonio Machado tivese máis razón cando dixo:

En España o mellor é o pobo. Sempre ten sido o mesmo. Nos trances duros, os señoritos invocan a patria e a venden; o pobo non a nomea tan sequera, pero a compra coa súa sangue e a salva”.

Por outra banda, a esquerda que ten claro que o problema non son os políticos, nin a corrupción, senón un sistema que xera corrupción, desigualdade  e explotación debe reorganizarse e reafirmarse na necesidade de existir para frear o fascismo, porque a socialdemocracia non puido nunca, nin vai poder agora.

---

Entre o PP de Madrid e a prensa afín a Ayuso veñen de dar un golpe de Estado a dirección do seu propio partido

Pablo Casado un ultradereitista neoliberal que ten feito unha oposición sucia e ata desleal co Estado español, pero que ten amosado ter máis dignidade que todos aqueles que o teñen traizoado.

Vai a ser que Pablo Casado e catro máis eran os únicos que tiñan algo de honor e lealdade dentro do PP...máis xa o botaron, agora  quedan persoas que teñen decidido que investigar a corrupción é algo a castigar e tapar a corrupción é o correcto.

Non son do PP, estou no polo oposto, pero dende fora ao ver como se apuñalan, como as ratas abandonan o barco, como se traizoan, como menten e como tapan a corrupción e a xustifican, non podo deixar de sentir vergoña allea.

Agora Feijóo, ese que sabía que a marca PP non lle daba votos na Galiza e que decidiu esconder as siglas nas campañas electorais, ese Feijóo que tiña malas compañías e veraneaba co capo da droga Marcial Dorado, ese Feijóo que adxudicaba ao igual que Ayuso contratos a súa irmá, ese Feijóo é quen parece destinado a presidir o PP, pois nada, viva o viño.

Pois nada Feijóo, pecha ao saír,. "A quen deus llo dé, San Pedro llo bendiga"...non se admitirán devolucións.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
22 de fevereiro de 2022 18:59
23 de fevereiro de 2022 15:02

_______

martes, febreiro 22, 2022

Sí o PP de Casado, que é a ultradereita do PP, pasa a ser o PP de Ayuso, o PP será VOX, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
22.02.2022


Xa non se pode falar de dereita corrupta, agora é ultradereita fascista corrupta.

Vendo o nivel político e o nivel dos actuais políticos, penso que non estamos dirixidos por estadistas, máis ben posiblemente é a xeración dos torpes. Non ten visión global e moito menos altura de miras. Con este panorama podemos agardar calquera cousa.

E entre os oligarcas, os grandes empresarios, os poderes fácticos que moven os fíos e financian a ultradereita, as cabezas tampouco están moi ben amobladas e representan ao pensamento fascista máis rancio e ao neoliberalismo máis inhumano.

Sería moi interesante que os medios de comunicación ousasen desvelar os nomes dos grandes empresarios que financian a ultradereita, pero non o farán, uns porque a eles tamén os financian e outros por medo.

Os mesmos que teñen branqueado ao fascismo no Estado español, que lles teñen normalizando, que lles teñen dado publicidade, non van a dicir quen alimentan ao monstro con moito diñeiro.

O problema é que a esquerda tamén está descoidando un dos seus francos, porque a esquerda, do "centro" político que representa o PSOE, e da socialdemocracia que representa UP, non hai nada, porque o teñen desmantelado. Nestes momentos de polarización extrema é máis necesaria que nunca para frear ao fascismo.

Porque unha parte importante do voto de VOX é un voto anti sistema, un voto de frustración e desencanto coas institucións, un voto de castigo aos partidos actuais e tradicionais que ven en VOX algo que se enfronta a un sistema que ven como o problema.

VOX non é para nada un partido anti sistema, porque os seus fíos os moven as oligarquías que controlan o sistema, VOX non é un partido que se enfronta as institucións, porque os apoian unha parte dos poderes fácticos que controlan as institucións, VOX non é para nada un partido contra os poderes económicos, porque algúns dos empresarios máis poderosos do Estado os financian. Pero o que venden cara a sociedade é outra cousa e agora o produto se compra porque o desencanto e o medo teñen calado profundamente na clase traballadora.

VOX é un partido neoliberal e fascista, un partido franquista e profundamente anti obreiro. Pero para enfrontarse a este reto é preciso un espazo de esquerdas ocupado por organizacións que defendan posicións claramente de esquerdas e sempre a esquerda da socialdemocracia.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
21 de fevereiro de 2022 14:52

_______

Foto: de Ajeng Dinar Ulfiana.
_______

luns, febreiro 21, 2022

O irmán de Ayuso, Teodoro, Casado, máis madeira, VOX de Guatemala a Guatepeor, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
21.02.2022


O irmán de Ayuso é un patriota moi español e moito español, solo se aproveitou dunha pandemia e da necesidade de mascarillas para gañar diñeiro co sufrimento alleo.

Non digo que alguén deba traballar gratis, o que digo é que usar unha pandemia para facer caixa e chanchoullos é algo inmoral, indigno e moi posiblemente tamén tráfico de influencias é un delito.

Todos temos visto os chanchoullos do PP, dende comprar votos, ata equivocarse de botón, dende a caixa B, ata as armas de destrución masiva que non existían en Irak, dende as autoestradas, ata o regueiro constante de casos de corrupción.

Teodoro, Ayuso, Casado...que máis dá si o problema se chama Partido Popular.

O problema de todo isto é que a descomposición do Partido Popular alimenta a ultradereita de VOX. De Guatemala a Guatepeor.

Parece que temos asistido ao día en que o PP voou polos aires: "Casado e Ayuso morreran matando".

Non ten sido a corrupción, nin os recortes, as privatizacións, os bulos, as mentiras, ao final os cachorros do franquismo mátanse entre eles e si Ayuso perde se irá a VOX.

Como dixo M. Rajoy:

"Canto peor mellor para todos e canto peor para todos mellor, mellor para min o seu beneficio político".

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
18 de fevereiro de 2022 22:15

_______

domingo, febreiro 20, 2022

Artigos de André Abeledo - A República Popular de Donetsk (RPD) e o seu dereito a autodeterminación - Fraga, Feijóo, Ayuso, Casero, Rajoy, Aznar, Teodoro ou Carromero, da igual de quen falemos e de en que tempo ou lugar nos atopemos


A República Popular de Donetsk (RPD) e o seu dereito a autodeterminación

No mapa do conflito ucraíno debemos poñer sobre a mesa unha guerra, porque dende  o 7 de Abril do 2014, data da proclamación de súa independencia, Ucraína declaroulle a guerra a quen tentaron de independizarse e o conseguiron.

Primeiro tentaron facelo dun xeito pacífico mediante un referendo de autodeterminación e o pobo votou por independizarse.

E logo Ucraína lles declarou a guerra para obrigar pola forza a esta República autodeterminada a formar parte dun país que non sinte como propio e mantiveron a súa independencia loitando.

Dende entón están en guerra a República Popular de Donetsk (RPD) e Ucraína.

Ucraína ten utilizado todo o seu poderío militar contra esta República autodeterminada e independente de feito, o recoñeza ou non a comunidade internacional.

Seguindo o exemplo do referendo de Crimea de 2014, os concelleiros do Oblast de Donetsk votaron a principios de marzo de 2014 ter un referendo para decidir o futuro da rexión administrativa.

O 6 de abril miles de persoas se congregáronse en protesta contra o Goberno interino de Kiev en Donetsk. Os manifestantes asaltaron un edificio da administración rexional tras romper o cordón policial e retiraron a bandeira Ucraína colocando no seu lugar unha bandeira rusa.

Miles de persoas se tiñan congregado na praza de Lenin con bandeiras rusas e pancartas antigubernamentais pedindo a federalización de Ucraína, un referendo e o status de oficialidade do idioma ruso.

Finalmente, a RPD foi proclamada na cidade de Donetsk o 7 de abril de 2014.

A nova república pediu a Rusia que defendera dos «embates criminais » de Ucraína ao pobo ruso residente. Ese mesmo día se autoproclamou a República Popular de Járkov no Óblast de Járkov.

As autoridades do Goberno da RPD anunciaron o 9 de abril que publicarían os seus decretos e controlarían tódalas cidades da rexión. O 10 de abril anunciaron a creación dun «Exército Popular».

O pobo de Donetsk votou decidindo establecer lazos con Rusia, Kazajistán, Bielorrusia e as institucións internacionais como as Nacións Unidas para rachar con Ucraína. Tamén se falou de buscar unha cooperación coa Unión aduaneira de Eurasia e os outros grupos separatistas de Járkov e Lugansk.

A RPD anunciou as intencións de celebración dun referendo para o 11 de maio na rexión, na cal os votantes decidirían sobre a proclamación da «independencia estatal» do Oblast respecto da Ucraína. O presidente da Comisión Electoral Central afirmou que se tiñan formado uns 2279 colexios electorais.

Tamén asegurou o uso de furnas transparentes e invitou a calquera persoa e organismo a ser observador. O 12 de maio de 2014 despois do referendo sobre o status político da RPD e con base nos datos de este referendo (89,71 % votaron a favor da RPD) se proclamou a soberanía estatal da República.

Recoñecida ou non a nivel internacional o pobo ten exercido o seu dereito a autodeterminación e a ten gañado con sangue, suor e bágoas.

---

Fraga, Feijóo, Ayuso, Casero, Rajoy, Aznar, Teodoro ou Carromero, da igual de quen falemos e de en que tempo ou lugar nos atopemos

Ayuso admite que o seu irmá cobrou da empresa a que o seu Goberno adxudicou un contrato a dedo de 1,5 millóns e quédase tan ancha.

Na súa fuxida cara adiante acusa a Casado de perseguila dun "xeito cruel" por querer presentarse a dirixir o PP rexional. PP (Partido Podrido).

Agora enténdese os guiños de Ayuso a VOX dos últimos días, si se ten que ir xa ten casa, en VOX estaría na súa salsa.

O PP é un partido corrupto, por eso nada sorprende, nin que se apuñalen entre eles. Ayuso e Casado forman parte  dese partido, o teñen mamado, sonche o mesmo.

Tanto monta, monta tanto, Isabel como Casado.

¿Lembrades cando a Carromero o expulsaron de Cuba?, ese mesmo Carromero que hoxe acusan de espionaxe e corrupción dentro do PP, ese Carromero que nos quixeron vender entón como un adalid da democracia.

Carromero foi xulgado en Cuba, condenado e encarcelado por homicidio (por un accidente de tráfico, por conducir a 110 en un tramo de carreteira sin asfaltar con límite de 30).

O gobierno de Rajoy, pediu a súa su extradición para que cumprira a pena en España, coa intervención de Esperanza Aguirre incluida a través do médico madrileño que tiña operado a Fidel (poñendo ao pobre médico nun compromiso).

Carromero chega a España para cumprir a pena nunha cárcere española, e aos dous días, pasándose polo forro tódolos convenios internacionais, o poñen na rúa.

Fraga, Feijóo, Ayuso, Casero, Rajoy, Aznar, Teodoro ou Carromero, dá igual de quen falemos, e de en que tempo ou lugar nos atopemos, o problema é moito máis profundo, non son as persoas, todo o aparato está apodrecido.

O tempo porá a cada quen no seu lugar a nivel  ético e moral, outra cousa será a nivel xudicial, porque seguen tendo barra libre.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
16 de fevereiro de 2022 16:33
17 de fevereiro de 2022 17:1
2

_______

Foto: Sputnik - Sergey Baturin | Donetsk e Lugansk anuncian a evacuación dos habitantes a Rusia.
_______