Amosando publicacións coa etiqueta Carmelo Teixeiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Carmelo Teixeiro. Amosar todas as publicacións

martes, febreiro 05, 2013

Lembranza a Carmelo Teixeiro no quinto aniversario do seu falecemento - O vindeiro Sábado 9 de Febreiro no parque de Caranza que leva o seu nome



Un 5 de Febreiro de 2008, finaba o noso compañeiro Carmelo Teixeiro Menéndez
, o que fora o primeiro Coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Pasaron cinco anos sen Carmelo. El era unha "persoa cunha traxectoria vital de exemplo en valores e principios, salientable polo seu compromiso na defensa da ría de Ferrol e na loita por unha sociedade máis xusta, solidaria e comprometida co medio ambiente". O Comité Cidadán organiza unha ofrenda floral o vindeiro Sábado 9 de Febreiro de 2013, ás 12 do mediodía, no parque de Caranza que leva o seu nome "Parque Carmelo Teixeiro", onde están os tres carballos plantados na súa lembranza.

Desde Ártabra 21 queremos somar-nos a esta convocatoria en lembranza do compañeiro Carmelo.
______________

domingo, febreiro 05, 2012

Emotiva lembranza de Carmelo Teixeiro no IV aniversario do seu pasamento - Vídeos - Fotos

O Domingo 5 de Febreiro de 2012, ás 12 do mediodía, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, lembrou a Carmelo Teixeiro Menéndez no IV Aniversario do seu pasamento.

No acto interviñeron Lupe Ces que recitou un poema da autoría de Olga Novo poetisa da Costa da Morte, Rosa Méndez que recitou un poema de propia autoría, ... o actual Coordenador do Comité Cidadán, Manuel A. Rodríguez Carballeira, o compañeiro "Lalán", fixo unha emotiva lembranza de Carmelo. Pasou-se a realizar unha ofrenda floral onde hai unha placa comenmorativa no medio dos tres simbólicos carballos que lembran ao compañeiro Carmelo. Mentres o compañeiro, maestro gaiteiro, Vitor Agulló interpretaba maxistralmente o "Alalá das Mariñas" seguido do "Caravel Colorado".

O compañeiro Carmelo Teixeiro Menéndez, foi o primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia. Este Comité convidou a toda a cidadanía comprometida coa xustiza social, coa defensa da Ría ... a participar nunha ofrenda floral na súa lembranza. O acto realizou-se no Parque de Caranza que leva o seu nome.



http://youtu.be/AIQYyi89lnM

http://youtu.be/XX2P0eS3Yp4

http://youtu.be/oJkG_lmaT7Y

http://youtu.be/b2hariDl3_4

http://youtu.be/2UASknmwgdo

http://youtu.be/UrWIXlhqEE0

http://youtu.be/nBpeeWK-h0M


Fonte: Canle Ártabra 21



Fotos de Susete'70

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
__________________________________

mércores, febreiro 01, 2012

Este Domingo 5 de Febreiro, homenaxe a Carmelo Teixeiro no IV aniversario do seu pasamento


Carmelo un compromiso cos demais, un compromiso coa xustiza, un compromiso coa liberdade, ...

Este Domingo 5 de Febreiro, ás 12 do mediodía, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, homenaxeará a Carmelo Teixeiro Menéndez no IV Aniversario do seu pasamento.

O compañeiro Carmelo Teixeiro Menéndez, foi o primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia. Este Comité convida a toda a cidadanía comprometida coa xustiza social, coa defensa da Ría ... a participar nunha ofrenda floral na súa lembranza. O acto realizara-se no Parque de Caranza que leva o seu nome, próximo á Ermida de Caranza, na súa ribeira.


http://youtu.be/QV0Y38pvpkA


--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
1 de fevereiro de 2012 20:51

sábado, febreiro 05, 2011

Lembrando a Carmelo Teixeiro no Terceiro Aniversario do seu pasamento - Vídeos - Fotos

Este Sábado 5 de Febreiro de 2011, tivo lugar na ribeira de Caranza, unha emotiva homenaxe a Carmelo Teixeiro Menéndez, no mesmo parque que leva o seu nome. Tres carballos e unha pequena placa chantada no chan lembran a figura e obra de Carmelo, un home bon e loitador. Toda unha vida na procura do ben común, da xustiza, na loita por un mundo mellor. Carmelo Teixeiro dedicou, a última década da súa vida, grandes esforzos contra a aldraxe, a corrupción e o perigo que representa a planta de gas de Reganosa, colocada no corazón da nosa Ría, por irresponsábeis, cobizosos e corruptos. Carmelo Teixeiro é un dos principais impulsores do movimento social que se constituíu ao redor da loita contra a ilegal e perigosa planta regasificadora de Mugardos.

Un sinxelo e emotivo acto, tivo lugar esta mañá en Caranza, palabras de agradecemento, flores, música, lembranzas e poesía, ... Grazas Carmelo, ... ten por seguro que o verás cos nosos ollos.















Fonte da Galería Fotográfica: Suso Pazos - Susete'70


Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán
:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Hoxe Sábado 5 de Febreiro, ás 12 do mediodía, Acto de Lembranza a Carmelo Teixeiro no terceiro aniversario do seu pasamento, no parque público da ribeira de Caranza que leva o seu nome
_________________

Hoxe Sábado 5 de Febreiro, ás 12 do mediodía, Acto de Lembranza a Carmelo Teixeiro no terceiro aniversario do seu pasamento, no parque público da ribeira de Caranza que leva o seu nome

Carmelo TeixeiroHomenaxe a Carmelo Teixeiro no 3º aniversario.

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia

Sábado, 5 de febreiro 2011 ás 12 hs,

Acto en lembranza de

CARMELO TEIXEIRO

No Parque que leva o seu nome, en Caranza

No terceiro aniversario do seu pasamento, homenaxearemos cunha ofrenda floral, música e poesía, a quen foi querido compañeiro e primeiro Coordinador do Comité.

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
1 de fevereiro de 2011 22:12
____________________________



Enlaces relacionados en Ártabra 21:

Videos da homenaxe a Carmelo Teixeiro no segundo aniversario do seu pasamento - 07.02.2010

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, realizou-se o Sábado, 6 de febreiro 2010, ás 12 do mediodía no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, unha homenaxe a quen foi o seu primeiro Coordinador: Carmelo Teixeiro Menéndez, ao celebrarse...
Ler máis...

Emoción e compromiso na homenaxe a Carmelo - 07.02.2010


Hoxe, sábado 6 de Febreiro, en Caranza, xunto aos tres carballos plantados no seu recordo, no parque que leva o seu nome, celebrouse un acto sinxelo e entrañable dedicado a Carmelo Teixeiro, cando se cumpre o segundo aniversario do seu falecemento. A...
Ler máis...

Lembrando a Carmelo Teixeiro no segundo aniversario da súa morte - 02.07.2010


Por José Torregrosa [*] 06.02.2010 Desde a Asociación "Fuco Buxán", onde tanto tivo que facer ese home enteiro, quero expresar -está soando Bach- a súa vívida nostalxia e o seu presente. Pois a loita pola Razón aínda segue en pé, desde esa ría que...
Ler máis...


O noso "Parque Carmelo Teixeiro" - 28.02.2009


Comité Cidadán de Emerxencia-comitecidadan@gmail.com-28 de fevereiro de 2009 01:21Coa unánime decisión plenaria do Concello de Ferrol, que aprobou a denominación oficial de “Parque Carmelo Teixeiro” para o lugar anexo a ermida de Caranza, a iniciativa...
Ler máis...


Lembranza de Carmelo Teixeiro no primeiro aniversario do seu pasamento - 07.02.2009


[Galería Fotográfica do Acto do 7 de Febreiro de 2009 - Fotos: Fuco Buxan AC,para entrar Clicar acima da imaxe]Hoxe Sábado, 7 de Febreiro de 2009, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e outras entidades, organizaron un emotivo homenaxe...
Ler máis...


Este Sábado 7 de Febreiro, o programa radiofónico "O Recuncho" está dedicado a Carmelo Teixeiro - 06.02.2009


De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-Para: artabra21@gmail.comData: 6 de fevereiro de 2009 16:35Asunto: Dedicado a Carmelo - Programa radiofónico "O Recuncho" 7 de febreiroDedicado a Carmelo: Programa radiofónico "O Recuncho" do...
Ler máis...


O Sábado 7 de Febreiro de 2009, Homenaxe a Carmelo Teixeiro - 30.01.2009

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, anunciou que o Sábado 7 de Febreiro deste ano 2009, cando se cumpre o primeiro aniversario, do pasamento do compañeiro Carmelo Teixeiro, vai ter lugar un Acto de Homenaxen a "un home de ben", a un compañeiro. O Acto terá lugar ás 12 do mediodía, no parque de Caranza perto da Ermida, parque que para...
Ler máis...


Novo vídeo sobre o noso compañeiro Carmelo Teixeiro - 09.05.2008


De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-Para: artabra21@gmail.comData: 9 de maio de 2008 17:03Asunto: Novo vídeo sobre Carmelo TeixeiroNovo vídeo sobre o noso compañeiro Carmelo Teixeiro, enlazando a nosa web: www.fucobuxan.com--fuco...
Ler máis...


Homenaxe a Carmelo Teixeiro en Caranza - 15.02.2008


Galería Fotográfica do Acto celebrado en Caranza en Homenaxe a Carmelo Teixeiro[Clicar acima da imaxe para entrar na Galería Fotográfica] Recomendamos a entrada na web do Comité Cidadán ... , pois podese apreciar o sentimento do Acto nunha pequena...
Ler máis...

15 de febreiro Homenaxe a Carmelo Teixeiro - 12.02.2008


De: Comité Cidadán de Emerxencia-comitecidadan@gmail.com-Para: artabra21@gmail.comData: 12 de fevereiro de 2008 19:33Asunto: 15 de febreiro Homenaxe a Carmelo TeixeiroOrganizada poloComité Cidadán de Emerxenciapara a Ría de FerrolO Venres, 15 de Febreiro,...
Ler máis...

Centos de persoas despiden a Carmelo Teixeiro ... Concentración contra a entrada na Ría dun novo Gaseiro ... A Revolta consigue outro 1º Prémio - 07.02.2008


[Para entrar na Galería clicar acima da imaxe]Pasadas as 6 da tarde, do 6 de febreiro, no cemiterio de Catabois, tiña lugar o enterro de Carmelo Teixeiro, nun acto onde centos de persoas rendiron unha merecida homenaxe ao que foi Coordenador do Comité...
Ler máis...

Morreu Carmelo Teixeiro, Coordenador do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol - 05.02.2008


Un grupo de persoas convocadas polo CCE, nos dispoñiamos a realizar unha nova cacerolada de protesta pola entrada dun novo gaseiro, cando nos chegou a nova da morte de Carmelo. O vento do nordés non permitiu que atracara na Planta de Gas de REGANOSA...
Ler máis...


Un agarimoso e fraternal abrazo -19.12.2007


Onte, en Ferrol, no "Centro Cívico e Cultural Carvalho Calero" do Inferniño, organizado por Fuco Buxan A.C., tivo lugar un emotivo acto de recoñecimento ao compañeiro Carmelo Teixeiro Menéndez, pola súa entrega e seu compromiso coa causa democrática...
Ler máis...
____________

domingo, febreiro 07, 2010

Videos da homenaxe a Carmelo Teixeiro no segundo aniversario do seu pasamento

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, realizou-se o Sábado, 6 de febreiro 2010, ás 12 do mediodía no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, unha homenaxe a quen foi o seu primeiro Coordinador: Carmelo Teixeiro Menéndez, ao celebrarse o segundo aniversario do seu pasamento.

Os que a continuación presentamos son vídeos que recollen algúns dos momentos relevantes do acto.

Ofrenda Floral na Ría de Ferrol desde Caranza


Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=iBfcP0VtgNc

Intervencións de Luz Mariña Torrente, Eliseo Zaera e Lalán


Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=p5nlanEnUOg

Na voz de Pim Patinho, unha versión especial para Carmelo, de Xan Tavía, do poema NALGURES de Marica Campo.


Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=UvwPyYBdzzg

A música de Bach desde o violín de Estrela Gómez.


Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=6HJ9ArDwtcQ

Interpretación de Agulló e André d'A Revolta


Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=CI70GPT2_9w

O Hinno Galego por Agulló e André d'A Revolta


Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=kw2-78DlD3U

__________________

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Emoción e compromiso na homenaxe a Carmelo

Ártabra 21: Lembrando a Carmelo Teixeiro no segundo aniversario da súa morte

Ártabra 21: Sábado 6 de Febreiro de 2010: Homenaxe a Carmelo Teixeiro no II Aniversario do seu pasamento
__________________________

Emoción e compromiso na homenaxe a Carmelo


Hoxe, sábado 6 de Febreiro, en Caranza, xunto aos tres carballos plantados no seu recordo, no parque que leva o seu nome, celebrouse un acto sinxelo e entrañable dedicado a Carmelo Teixeiro, cando se cumpre o segundo aniversario do seu falecemento.

A emoción coa que case un centenar de persoas depositaron un caravel no mar onde Carmelo descansa, ademáis dun acto de recordo e de solidariedade coa súa familia, é un sinal inequívoco de que as súas compañeiras e compañeiros seguimos na loita e non abandonaremos ata conseguir que
algún día, Carmelo poida ver cos nosos ollos o final destaameaza contra a que tanto loitou.

Do compromiso, da tenacidade e da entrega xenerosa de Carmelo, así como do seu esforzo de toda unha vida por facer un mundo mellor, falaron na súa intervención Luz Mariña Torrente, Presidenta dá A. VV. “O Cruceiro” de Mehá e Eliseo Zaera, Presidente do Ateneo Ferrolán,  membros do Comité Cidadán de Emerxencia.

Lalán, como coordinador do CCE, estableceu unha conversa con Carmelo na que lle dicía:

Saberás Carmelo que a ameaza segue en pé. A morea de postos de traballo que ian crear, esfumáronse, é mais, vivimos unha profunda crise económica, consecuencia da rapiña e da especulación levada adiante por unha minoría que cementou unha gran parte do solo do estado español, do que Reganosa é un exemplo.

A destrución da Ría avanza. A produción de gas disminúe, os ciclos funcionan ao ralentí. Esta realidade amosa a falsedade dos datos aportados polos promotores para obter a autorización da Planta.


Para nos, a seguridade, a defensa da vida, da legalidade e da Ría, son fundamentais. Pero agora sabemos tamén que é unha instalación innecesaria.

Carmelo, tamén saberás que seguimos aquí contra esta ameaza, con todos os frentes de loita abertos: xurídico, administrativo, mediático e de movilización, que ao longo deste anoDécimo Aniversariodesenvolveremos”.

E así seguiremos, porque nós non nos resinamos, Queremos deixar ás novas xeracións un entorno habitable, sin ameazas. Conseguiremos que o espírito de rebeldía que tiña Carmelo


cristalice nesta sociedade e impediremos que estes sectores económicos e financieiros, cuio obxetivo non é máis que obter beneficios sen ningunha outra consideración, a base de explotar aos seres humanos e a propia natureza, sigan dominando o presente e o futuro.

Tras das intervencións citadas, a música e a poesía selaron este compromiso de solidariedade.

Na voz de Pim Patinho, unha versión especial para Carmelo, de Xan Tavía, do poema NALGURES de Marica Campo. A música de Bach desde o violín de Estrela Gómez, e o son dás

gaitas de André e Agulló (A Revolta) encheron o parque e os corazóns presentes de saudade e determinación.

Compañeiro Carmelo : ¡ A loita continúa ¡
¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA ¡


NALGURES

Nalgures andarás, nalgunha guerra,
quizais nunha cidade destruída
osmando entre os cadáveres a vida,
que o oficio de vivir nunca te aterra.

Sempre a loitar coa xente que se aferra
aos soños e que aposta na partida
non dando nunca a causa por perdida

loitando sempre polo mar e a terra

Pintando arcos da vella na tormenta,
liñas pintadas coma pontes,
cousas de non matar e bolboretas,

así te podo ver, sempre á mantenta
onde se movan máis os horizontes,
que as ondas do teu mar nunca están quietas.

Marica Campo

[poema versionado por Xan Tavía, especialmente para Carmelo]


Album fotográfico (fotos de Suso Pazos):

http://picasaweb.google.com/fucobuxan2/IIHomenaxeACarmeloTeixeiro#

--
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
7 de fevereiro de 2010 00:41

______________________

Lembrando a Carmelo Teixeiro no segundo aniversario da súa morte

Por José Torregrosa [*]
06.02.2010


Desde a Asociación "Fuco Buxán", onde tanto tivo que facer ese home enteiro, quero expresar -está soando Bach- a súa vívida nostalxia e o seu presente. Pois a loita pola Razón aínda segue en pé, desde esa ría que mece a súa brillante cinza, continúa chegando a esixencia do seu alento, un máis entre todos, arrimando ombreiros e argumentos.

Que levou a morte de Carmelo? Non a súa enerxía e a súa fe esperanzada no futuro; non a súa bondade, que nos serve de exemplo. Se seica, afastou a súa cabal proximidade; pero non máis aló do horizonte dunha empresa en común e salvadora: "Planta de Gas Fóra da Ría". El foi o seu impulsor e baluarte; a súa vangarda e a súa forza integradora. Nin a Comadre Seca foi quen para esgotar a súa forza convencida. Non se cansou Carmelo nin na Hora: caeu, non o calaron nunca, rodeado de muíños de furacán corrupto, de plantas venenosas, de cámaras de gas onde debía perecer Natureza e Vida ...

[Lembrandoa Carmelo Teixeiro no segundo aniversario da súa morte.]

Foi un privilexio convivilo, compartir a súa mensaxe xenerosa, unha consigna chea de sentido: "Todos xuntos; pero ti, o primeiro". Non era incansable; sacaba forzas da súa crenza no próximo alcanzable e un sentido emocionante do deber, do compromiso, da acción, que non coñeceu máis límite que o espazo dedicado á reflexión e ao sentimento.

Ai, Carmelo, loitador, e home de familia, e compañeiro, que roubaches o tempo aos reloxos para poder cumprir coa túa tarefa; que aprendiches, como pedía Machado, a distinguir as voces dos ecos ... Hoxe sabémosche perto, respirando unha espera: o converter os muros de silencio no berro cidadán colectivo, portador da rabia e da idea.

Nese día descansarás tranquilo, peixe de luz nesa ría que hoxe acolle a túa historia e o teu traxecto: permanecer, xa sempre, na memoria da masa fecunda do teu Pobo. Mentres tanto, temos moitas cousas que encargarche; sobre todo, o que non nos esquezas: oxalá acertemos a encher o teu repouso de recordos, os novos pasos, tantos novos camiños que estamos percorrendo co teu nome nos beizos e a túa hombría xusta e sabia no corazón e a cabeza.

Non digamos "parece que foi onte", pois non o foi. Carmelo é o reto dun mañá nunha Galicia a salvo de ameazas e de atrasos. Se vin chorar aos teus amigos aquel día, foi por agrandar o mar que ti defendes desde o máis profundo da súa alma, o asuco azul que labra o po e a semente da túa, tan branca e tan fermosa.
Na mañá do sábado, che ofrendaremos flores. Non será suficiente: debemos achegarche a vitoria contra o despropósito e a avaricia.

Só entón poderemos darche grazas e ser dignos de estar na túa memoria eterna, ao teu lado, nun milagre laico, cando na ría de Ferrol estea fóra de perigo e dentro do Progreso, e vexamos como se multiplican, outra vez, Carmelo, na ría de Ferrol, os pans e os peixes.


[*] José Torregrosa comezou a traballar na prensa galega a mediados dos anos sesenta. No ano 1972, foi encausado no proceso dos 23, un xuízo aos traballadores dos estaleiros de Bazán en Ferrol aos que a ditadura franquista represaliou polos seus actos de protesta.

Un feito que o marcou e que fixo tamén que marchara a Madrid en 1974 para intentar a aventura teatral. Logo, regresa en Ferrol, onde casa en 1976 e ten dúas fillas.

Colaborador na prensa e en diversas entidades culturais, gusta de escribir sobre cine e literatura que cre que "unha novela ten tantas historias como lectores ten".

Comezou adicandose á poesía dende o mesmo cárcere da Coruña. "Era a única forma de saír do meu interior a través das palabras". Ademais, tamén ingresou no Grupo Chorima co que publicou antoloxías e recitais poéticos. "Todo o que escribín ten que ver coa poesía existencial, experimental, en palabra e forma, sempre cunha búsqueda do interior", asegura Torregrosa.

Unha vida moi intensa a deste xornalista e escritor ferrolán que, dende o 2000, dirixe a revista Razón Socialista da Asociación Fuco Buxán e tamén colabora co suplemento "Nordesía" do xornal Diario de Ferrol. [Galicia -Hoxe]


Bolgue Persoal:
http://josetorregrosa.wordpress.com/______________________________

sábado, febreiro 28, 2009

O noso "Parque Carmelo Teixeiro"

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
28 de fevereiro de 2009 01:21



Coa unánime decisión plenaria do Concello de Ferrol, que aprobou a denominación oficial de “Parque Carmelo Teixeiro” para o lugar anexo a ermida de Caranza, a iniciativa emprendida pola A. VV. “Ruíz de Cortázar” e a A.C. “Fuco Buxán” e apoiada por numerosas persoas, entidades e colectivos, acada un espazo público de lembranza e recoñecemento a personalidade de Carmelo Teixeiro Menéndez, na súa dimensión social, política, sindical, humana...

E tamén a súa loita, como primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, na defensa da legalidade, do patrimonio laboral, cultural, medioambiental da nosa Ría e das nosas vidas, ante a irresponsabilidade e a amenaza da Planta de Gas na súa actual ubicación.

A nominación deste Parque Carmelo Teixeiro, é un eslabón máis nesta loita, e un recoñecemento, de xeito inequívoco, a cantas persoas e entidades, seguindo o exemplo de Carmelo, e coa mesma determinación, estamos a proclamar:

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

______________

sábado, febreiro 07, 2009

Lembranza de Carmelo Teixeiro no primeiro aniversario do seu pasamento

Homenaxe a Carmelo Teixeiro - 7 de Febreiro de 2009[Galería Fotográfica do Acto do 7 de Febreiro de 2009 - Fotos: Fuco Buxan AC,
para entrar Clicar acima da imaxe]

Hoxe Sábado, 7 de Febreiro de 2009, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e outras entidades, organizaron un emotivo homenaxe a Carmelo Teixeiro, no primeiro aniversario do seu pasamento. Nun día de forte chuvia, foron moitas as persoas que se achegaron ao parque, nas inmediacións da Ermida e Praia de Caranza. Dirixíu o acto Monset Garel, logo interviñeron, Mapi, presidenta da asociación veciñal; José Torregrosa, da A. C. Fuco Buxán, leu un poema a Carmelo; a Concelleira de Ensino e Cultura, Mercedes Carbajales que estivo presente en representación do Concello e o Alcalde, Vicente Irisarri, que tamén tivo unhas palabras ao final do acto. Luz Mariña Torrente da Asociación Veciñal de Meá, tivo unha intervención sinxela, directa, emotiva e cargada de entrañábel calor, recoñecemento e reivindicación. O fillo maior de Carmelo, Juan Ramón, leu unha carta escrita aos poucos días da morte do seu pai, un verdadeiro poema dun fillo agradecido a un pai entregado, a un bo home. A carta foi todo un percurso pola vida de Carmelo desde a súa infancia nas praias do Seixo, o seu paso por Cuba, a entrada como aprendiz en BAZAN, a súa tenacidade no estudo, para superar-se, até conseguir ser un técnico recoñecido no estaleiro, a súa militancia nas JOC e o seu traballo no mundo social, sindical e político desta comarca, a ruptura co mundo dos "politiquillos" trepas e codiciosos, até chegar na súa última etapa na loita pola defensa da Ría, contra a instalación da Planta de Gas no corazón da mesma, contra esta irracionalidade sobrada de corrupción e grandes intereses políticos e económicos para beneficio duns poucos, ... O compañeiro "Lalán", falou no nome do Comité Cidadán, moi emocionado. Colocou-se unha placa comemorativa e realizou-se unha ofrenda floral no medio dos tres carballos que están plantados na súa lembranza ... Mentras as gaitas do Colectivo "A Revolta" entonaban a "Marcha do Antigo Reino da Galiza", ... Carmelo o teu alento segue con nós, ... a loita continua.

Enlaces relacionados:
________________________

venres, febreiro 06, 2009

Este Sábado 7 de Febreiro, o programa radiofónico "O Recuncho" está dedicado a Carmelo Teixeiro

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de fevereiro de 2009 16:35
Asunto: Dedicado a Carmelo - Programa radiofónico "O Recuncho" 7 de febreiro



Dedicado a Carmelo: Programa radiofónico "O Recuncho" do sábado 7 de Febreiro, de 11 a 13 horas, programa nº 9 de "O Recuncho", o Programa radiofónico da A.C. Fuco Buxán que se emite Rádio FilispiM ( 93.9 FM ) e en diferido: www.recunchofuco.blogspot.com

Neste novo programa, destacan os seguintes contidos:
  • Prestaremos gran atención a homenaxe que se lle brinda o mesmo 7 de Febreiro a Carmelo Teixeiro, un dos fundadores do Comité Cidadán de Emerxencia e de Fuco Buxán, falecido hai un ano.
  • Seguiremos falando de Palestina, así coma das movilización que houbo en Madrid en apoio o goberno cubano, en resposta o acto apoiado por Esperanza Aguirre en contra da revolución cubana.
  • En directo, no plató, Gerardo, traballador de Asfedro, a asociación de axuda aos drogodependentes, o cal nos falará da situación actual de Ferrolterra e falaranos de cal é o traballo da asociación.
  • Escoitaremos ao compañeiro da corriente marxista internacional El militante, Miguel Campos. Estivo falando para Radio Filispim da súa estancia en Venezuela e dando datos de cómo se atopa o país, en pleno proceso revolucionario.
  • Tamén, por suposto, falaremos con veciños afectados polos cortes de luz de Fenosa, despois do temporal que pasou pola comarca.
  • Un saúdo, dende O Recuncho.
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, 93.9 FM
www.recunchofuco.blogspot.com

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

___________

venres, xaneiro 30, 2009

O Sábado 7 de Febreiro de 2009, Homenaxe a Carmelo Teixeiro

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, anunciou que o Sábado 7 de Febreiro deste ano 2009, cando se cumpre o primeiro aniversario, do pasamento do compañeiro Carmelo Teixeiro, vai ter lugar un Acto de Homenaxen a "un home de ben", a un compañeiro. O Acto terá lugar ás 12 do mediodía, no parque de Caranza perto da Ermida, parque que para nós xa leva o seu nome "Parque Carmelo Teixeiro".

Homenaxe a Carmelo Teixeiro

Vídeo: mugar2 - Lolo


Carmelo, un compromiso cos demais


Vídeo: Fuco Buxan A.C.

O 9 de maio de 2007 entraba pola Ría de Ferrol o primeiro gasero cara a Reganosa. Ese mesmo día rompéronse os muros de silencio e recoñeceuse a loita que levaba a cabo desde facía 7 anos o CCE presidido por Carmelo Teixeiro. Unha loita que se viu plasmada no libro "Muros de Silencio". Neses días espertouse na conciencia de moitas persoas un sentimento de rabia e loita que se reflectiu nas múltiples protestas nas rúas de Ferrol e en cidades de toda Galicia.

Unha das persoas que conseguiu, tras 8 anos de traballo, que rompesen eses muros de silencio, foi o noso compañeiro e amigo Carmelo Teixeiro. Unha persoa tenaz e cun espírito inquebrantable, que se mantivo firme desde o principio. A loita incansable de Carmelo polo desenvolvemento sostible da ría, revela unha personalidade especial que se foi contaxiando a moitos de nós.

Os compañeiros de Fuco Buxán e persoas que souberon recoñecer o seu traballo, realizamos unha pequena síntese do "seu compromiso social, político, cultural..... cos demais". Intentamos reflectir en poucos minutos o seu traballo por unha sociedade máis xusta.

Quizá a súa imaxe tivo maior transcendencia pública polos acontecementos relacionados coa Planta de Gas e coa ría, pero moitos sabemos que o seu compromiso coa democracia viña de tempo atrás co seu paso pola JOC, USO-UXT, PSOE,....

Por iso queremos recoñecelo neste traballo e aínda que a el gustáballe pasar desapercibido, cremos que o seu labor ten que ser recoñecida para pasar a testemuña nesa loita.

Grazas a todas as persoas que colaboraron neste proxecto, achegando material, tempo e traballo. Fernando, Amadeo, Carducho, Mario. E de xeito especial a Jorge pola túa ilusión e o teu entusiasmo e por involucrarte do xeito en que o fixeches; e a Marichy, por esa sensibilidade que a caracteriza sempre.

Ferrol, 8 de Maio de 2008
Mª Teresa Martínez Vilariño
____________________

venres, maio 09, 2008

Novo vídeo sobre o noso compañeiro Carmelo Teixeiro

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de maio de 2008 17:03
Asunto: Novo vídeo sobre Carmelo Teixeiro


Novo vídeo sobre o noso compañeiro Carmelo Teixeiro, enlazando a nosa web: www.fucobuxan.com

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

____________________

venres, febreiro 15, 2008

Homenaxe a Carmelo Teixeiro en Caranza [15.02.2008]

martes, febreiro 12, 2008

15 de febreiro Homenaxe a Carmelo Teixeiro

De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de fevereiro de 2008 19:33
Asunto: 15 de febreiro Homenaxe a Carmelo Teixeiro



Organizada polo
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol


O Venres, 15 de Febreiro, ás 12 h.
no Parque próximo a Ermida de Santa María de Caranza


Celebrarase unha
HOMENAXE A CARMELO TEIXEIRO.


Con invitación expresa a toda a cidadanía

Plantaránse tres árbores, monumento vivo a súa lembranza.
Intervirá un orador e un representante da súa familia
e recitaránse uns poemas,
Rematando cunha interpretación musical.
A continuación sairán do espigón próximo varias embarcacións
que trasladarán a súa familia, mariscadores, compañeiros e amigos
ó centro da Ría, onde serán depositadas as súas cinzas.

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Prégase participación e difusión.

______________

Enlaces relacionados:

_____


______________

Blog solidario coa veciñanza de Meá

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade:
C/C en BBVA
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0181-59-0201548440

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN
ES96 0182 0181 5902 0154 8440

_________
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

xoves, febreiro 07, 2008

Centos de persoas despiden a Carmelo Teixeiro ... Concentración contra a entrada na Ría dun novo Gaseiro ... A Revolta consigue outro 1º Prémio


Pasadas as 6 da tarde, do 6 de febreiro, no cemiterio de Catabois, tiña lugar o enterro de Carmelo Teixeiro, nun acto onde centos de persoas rendiron unha merecida homenaxe ao que foi Coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia desde a súa constitución o 17 de Xullo de 2001.

Despois dunha cerimonia relixiosa, pois Carmelo era creente, interviron "Lalán", no nome da Asociación Cultural "Fuco Buxán" e Monse Garel no do Comité Cidadán de Emerxencia, que falaron con emotivas palabras, valorando a entrega e o compromiso do compañeiro Carmelo. Logo no nome da familia interviu o fillo maior Juan Ramón que agradeceu as mostras de apoio e recoñecimento, para pasar a expresar con palabras a lembranza do seu pai, a dor que sentían e a esperanza de que se consigan os obxectivos polos que loitaba Carmelo.

O venres 15 de febreiro, vai ter lugar un acto de recoñecimento a Carmelo Teixeiro, onde se van plantar tres carballos no bairro de Caranza que simbolizarán o seu compromiso e entrega, así como tamén, o mesmo día, espaciranse parte das súas cinzas pola Ría de Ferol. Mais adiante informara-se con concreción dos Actos.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Hoxe, tiña lugar con moito suceso, unha nova concentración sonora, no Porto de Ferrol, contra a entrada do gaseiro "Cheikh el Mokrani", cargado con GNL para REGANOSA. Este é un buque mono-casco e máis pequeno que os anteriores, e dase a circunstáncia que na relación de buques metaneiros compatíbeis coas terminais da península, non figura como compatíbel coa terminal de Mugardos, cousa que teremos que investigar, así como a responsabilidade, se a hai, da Autoridade Portuaria neste asunto. Coa entrada na Ría do "Cheikh el Mokrani", xa son 14 os buques que entraron, poñendo en perigo a seguridade e a vida de miles de persoas.


O pasado Martes de Antroido, 5 de febreiro, A Revolta de Trasancos, cunha comparsa de 65 persoas conseguia o 1º Prémio á Comparsa mellor valorada deste Antroido 2008. Non publicaríamos esta noticia hoxe aquí, se non fose porque "A Revolta Chalaneira e os seus gases ..." representa a Loita das lanchas de Mariscador@s e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, contra a ilegal e perigosa REGANOSA e os seus ameazantes gaseiros cargados de GNL. O pasado sábado A Revolta tamén foi o 1º Premio en Narón. Que a loita contra a Planta de Gas sexa paseada por toda a comarca, aindaque sexa en forma de comparsa e cançons, é moi importante.
___________

Enlaces relacionados:

Morreu Carmelo Teixeiro, Coordenador do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol
_______________

martes, febreiro 05, 2008

Morreu Carmelo Teixeiro, Coordenador do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol


Un grupo de persoas convocadas polo CCE, nos dispoñiamos a realizar unha nova cacerolada de protesta pola entrada dun novo gaseiro, cando nos chegou a nova da morte de Carmelo. O vento do nordés non permitiu que atracara na Planta de Gas de REGANOSA en Mugardos. Este gaseiro monocasco (Cheikh el Mokrani), que algunhas fontes marcan como incompatibel coa terminal de Mugardos, queda en espera da próxima marea. O último alento de Carmelo xuntouse ao nordés para demostrar unha vez mais a loucura e sinrazón da localización de REGANOSA no medio dunha Ría onde se pon en perigo a vida de miles de persoas e a riqueza marisqueira.

Seguimos contando co teu alento Carmelo,
PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!!



____________




Ante a anunciada chegada do gaseiro nº 14 con carga de GNL para a ilegal e perigosa Planta de Gas, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

CONVOCA

Unha concentración
cacerolada

Mércores, 6 de Febreiro
ás 15.30 horas

no peirao de Ferrol,
para realizar logo outras posibles accións.

Características do buque "Cheikh el Mokrani"
eslora: 220 m.
manga: 35 m.
capacidade: 75.000 m3.
Bandeira: Bermudas.

Blog solidario coa veciñanza de Meá

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RIA ¡!

_____________

O Comité Cidadán de Emerxencia quere manifestar o seu máis fondo pesar polo falecemento do seu Coordinador Carmelo Teixeiro Menéndez e amosar as súas condolencias á familia e amigos.

Carmelo, era persoa cunha traxectoria vital de exemplo en valores e principios, salientable polo seu compromiso na defensa da ría de Ferrol e na loita por unha sociedade máis xusta, solidaria e comprometida co medio ambiente.

Todas as persoas que queiran renderlle unha homenaxe, poderán facelo acompañándoo na súa despedida mañá mércores día 6 as 18:00 no cemiterio de Catabois.

--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
...........
Tanatorio Artabria nº 5 (A Gándara - Ferrol)

____________________
Con profundo sentimento comunicamos o falecemento do noso querido amigo e compañeiro Carmelo Teixeiro Menéndez, ocorrido hoxe día 5 de Febreiro, consecuencia da súa irreversible enfermidade.

Á súa esposa Victoria Fernández Paredes, a nosa compañeira, aos seus fillos Carmelo, José Ramón e Noé, familia e amigos,expresamos o noso fraternal e solidario abrazo.

Carmelo Teixeiro, Directivo desta Asociación e Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol dedicou os dez últimos anos da súa vida a dirixir con eficacia, enerxía e constancia todas as actividades desenvolvidas en contra da ubicación da Planta de Gas, da defensa medioambiental de Ría e da vida dos seus habitantes.

Ademais, Carmelo Teixeiro desempeñou un importante papel na Transición política do noso país. Procedente das JOC, participou activamente no movemento sindical de Bazán dos anos sesenta ( foi xurado nas eleccións de 1963) e na reconstrución do movemento socialista na comarca, pois foi fundador da USO, posteriormente dirixente da UXT e formou parte da dirección do PS de G-PSOE, desde 1978.

O seu traballo sempre intenso, desinteresado e discreto, ao longo de toda a súa vida, polas causas sindicais, políticas e sociais, fai que nós - os seus compañeiros de tantos anos - sintámosnos enormemente orgullosos e agradecidos de compartir con el amizade, inquedanzas e tarefas.

O seu exemplo e a súa memoria compartida alentaranos sempre e estimularanos a seguir desenvolvendo cantas actividades contribúan a facer realidade o proxecto social que esta Asociación Cultural persegue.

Invitamos a toda a sociedade, cidadás e cidadáns, asociacións, entidades e institucións, a mostrar a solidariedade coa súa persoa a súa acción e o seu pensamento, participando nas súas honras fúnebres que terán lugar:

Mércores 6 de Febreiro ás 18 h. no Cimiterio de Catabais (Ferrol)

Velatorio: Tanatorio Artabria – nº 5 – (A Gándara – Ferrol)

Ferrol, 5 de febreiro de 2008.

fuco buxán

Asociación Cultural


fuco buxán Asociación Cultural - Apartado de Correos, 240 – 15400 - Ferrrol -

Tº e fax 981325492 –Tº Mov: 669208499 – 664330624

fucobuxan@yahoo.eswww.fucobuxan.com


___________________

CARMELO TEIJEIRO MENENDEZ

Finou hoxe día 5.02.08 ás 14,30 horas.

Adeus amigo, recibín aínda onte o teu aviso electrónico da chegada do gaseiro nº 14. Non poido entrar pola forza do vento. O vento do nordés non permitiu que atracara na Planta de Gas de REGANOSA en Mugardos. Este gaseiro monocasco (Cheikh el Mokrani), que algunhas fontes marcan como incompatíbel coa terminal de Mugardos, queda en espera da próxima marea. O último alento de Carmelo xuntouse ao nordés para demostrar unha vez mais a loucura e sen razón da localización de REGANOSA no medio dunha Ría onde se pon en perigo a vida de miles de persoas e a riqueza marisqueira.. Ti non puideches continuar loitando por TOD@S. Non puideches ver o final desta monstruosidade, deste atropelo, pero imos seguir coa túa bandeira. Esperamos poder brindarche pronto éxito que ti tanto desexabas.

Dende o ATENEO FERROLÁN unha grandísima aperta de condolencia a súa dona Victoria e aos seus fillos.

Serviunos e seguirá servíndonos de exemplo e guía para acadar os obxectivos comúns.

Invitamos a toda a sociedade, cidadás e cidadáns, asociacións, entidades e institucións, a mostrar a solidariedade coa súa persoa a súa acción e o seu pensamento, participando nas súas honras fúnebres que terán lugar:

Mércores 6 de Febreiro ás 18 h. no Cimiterio de Catabois (Ferrol)

Velatorio: Tanatorio Artabria nº 5 (A Gándara Ferrol)

Ferrol, 5 de febreiro de 2008

____________________

PASAMENTO DE CARMELO TEIJEIRO

A Xunta Directiva da Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, expresa súas condolencias e pesar a familia de noso COMPAÑEIRO E AMIGO, CARMELO TEIJEIRO.
Trasladar a nosa Solidariedade a todo O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA e a Asociación C. Fuco Buxán.
En lembranza do seu traballo, continuaremos con mais folgos polo traslado da PLANTA DE GAS.
PLANTA DE GAS , FÓRA DA RÍA DE FERROL.
Ferrol a 5 de Febreiro de 2008.
asdo.- Pedro Cachaza- Secretario
asdo.- Xosé M. Sanxoán - Presidente

_____________

NÓS-Unidade Popular quer transmitir as condolências aos companheiros e companheiras do Comité Cidadao de Emergência da Ria de Ferrol, pola perda do seu coordenador, Carmelo Teixeiro, significado durante todos estes anos de luita pola sua incansável entrega à causa da defesa da nossa ria e da segurança de toda a populaçom que vive em torno dela.

Nestes duros momentos, queremos reiterar-vos a nossa disponibilidade para colaborar em todo o que estiver na nossa mao para levarmos a bom porto os objectivos que unem um importante sector do povo da nossa comarca, entre os quais se encontrava Carmelo Teixeiro, cujo exemplo à frente do vosso Comité permanecerá na memória de todos e todas.

Ferrol, 6 de Fevereiro de 2008

Assembleia Comarcal de Trasancos de NÓS-Unidade Popular




____________
Ferrol polo Mar e a Vida
Video realizado polos alumnos asistentes ao curso de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción.


__________

Enlaces Relacionados:
____________