Amosando publicacións coa etiqueta Celso Posada Fernández. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celso Posada Fernández. Amosar todas as publicacións

xoves, febreiro 24, 2022

Amador, Daniel, a loita Continúa, ... Por Celso Posada Fernández


O vindeiro 10 de Marzo cúmprense 50 anos do asasinato salvaxe pola policía franquista española en Ferrol de Daniel Niebla e Amador Rey, dous operarios de Bazán mentres se manifestaban na defensa dos dereitos da clase traballadora e por un convenio laboral digno.

Amador Rey, Daniel Niebla, o camarada Moncho Reboiras e milleiros de homes e  mulleres  asasesinad@s, represaliad@s, torturad@s, enterrad@s infamemente nas cunetas  e encarcelad@s pola ditadura fascista, represora e asasina  do ditador fascista Francisco Franco durante 40 anos, son persoas as que temos a obriga moral como demócratas de honrar, homenaxear, agradecer a súa enorme dignidade, coherencia, valentía e a súa heroica loita na defensa das liberdades, da democracia, fronte o fascismo e a loita polos dereitos da clase traballadora.

A mellor homenaxe que lles podemos facer é seguir o seu exemplo e continuar na loita fronte o fascismo, pola democracia, polas liberdades e na defensa dos dereitos da nosa clase social a clase traballadora.

Viva o 10 de Marzo Día da Clase Obreira Galega.
Amador, Daniel A loita Continúa.
Viva a loita da clase traballadora.
Verdade, Memoria, Xustiza e Reparación para as vítimas do franquismo.
Fascismo Nunca Máis.

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. É un activista en diferentes movementos sociais de Ferrolterra. Militante do BNG, Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre.| No Facebook.


Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
23 de fevereiro de 2022 17:13

_______

luns, febreiro 14, 2022

Non ao neoliberalismo, ... Por Celso Posada Fernández - ... O obxectivo e pasar dunha economía de mercado a unha sociedade de mercado onde se privatizan salvaxemente os servizos públicos, ...


Celso Posada Fernández [*]
14.02.2022


NON AO NEOLIBERALISMO

Nestes tempos de hexemonía neoliberal e de auxe da economía de mercado todo se mide dende a rasoira económica, as relacións humanas se mercantilizan e predomina o individualismo salvaxe, o beneficio económico e as ganancias das grandes trasnacionais por riba da vida humana, dos dereitos humanos, da solidariedade internacionalista, da xustiza social e do medio ambiente.

Predomina a financiarización da economía, o predominio do mundo das finanzas e o individual sobre o colectivo, nun pensamento único imposto como se non houbera alternativa.

As democracias baléiranse de contido, os dereitos quedan reducidos a ser meras mercancías e a obxectos de consumo, exemplo de sociedade de mercado na que terán dereitos quen poida pagalos, predominando o privado sobre o público.

Os estados quedan reducidos a mínima expresión, pra ter menos estado e máis mercado e pra acabar co papel regulador dos estados pra contribuír a acabar coas desigualdades sociais

O obxectivo e pasar dunha economía de mercado a unha sociedade de mercado onde se privatizan salvaxemente os servizos públicos, o poder político está subordinado o poder económico, mandan as grandes trasnacionais e quen non se presentan as eleccións democráticas (grandes empresas, oligarquías financeiras, elites económicas), a cidadanía e os dereitos son percibidos como meras mercancías intercambiables, as organizacións políticas socialdemócratas ou presuntamente de esquerdas non son tales converteron-se en produtos de consumo e de márketing e derivaron en social liberalismo, os medios de comunicación son meros altofalantes e correas de transmisión dos intereses da banca, das grandes empresas e das elites financeiras e interesa conformar unha cidadanía apática, manipulábel, insolidaria, consumista e empresaria de si mesma e competindo continuamente e constantemente entre ela nun salvaxe darwinismo social.

Unha sociedade neoliberal baseada nunha economía de mercado precisa conformar persoas neoliberais, profundamente individualistas, capitalistas consumistas, mercantilistas, utilitaristas, narcisistas, egocéntricas caldo de cultivo dun perigoso fascismo social.

O neoliberalismo non é só un proxecto económico senón cultural, político, social o servizo dos intereses de clase dunha minoría privilexiada (Loita de Clases) senón que é tamén un proxecto profundamente imperialista, pra facer impoñer os intereses económicos, xeoestratéxicos, políticos, mediáticos, militares, empresariais e de clase dunhas nacións sobre outras e pra someter non só a unha clase social sobre outra senón unhas nacións sobre outras (imperialismo puro e duro).

O neoliberalismo colonizou todo dende as mentes ata todos os lugares de socialización, se ha convertido nun sentido común, nun mundo onde cada día increméntanse máis e máis as desigualdades sociais por decisións políticas e o poder e a riqueza concéntranse cada vez en menos mans

O neoliberalismo que é a ideoloxía do Capital estende os seus tentáculos non so a intelectuais orgánicos o seu servizo (xornalistas, tertulianos, dirixentes políticos) senón tamén os medios de comunicación de masas, a universidade, as escolas, as institucións públicas, as administracións, as organizacións políticas presuntamente de esquerdas (exemplo os partidos socialdemócratas), as organizacións sindicais presuntamente de clase traballadora, a prensa escrita, programas de TV, da radio, xornais, revistas, redes sociais.

Fronte ao neoliberalismo formémonos cultural, sindical e politicamente, organizémonos dende a sociedade civil, nos movementos sociais, no movemento feminista, ecoloxista, nas asociacións veciñais, culturais, estudantís, nas plataformas cidadáns na defensa do ensino e a sanidade pública, nas PAHs , en Stop Desafiuzamentos, nas plataformas de pensionistas, nas organizacións políticas de esquerdas (UPG, BNG, etc) nos sindicatos de clase (CIG, etc), nas radios libres e comunitarias, nos centros sociais, etc.

Van-nos os nosos dereitos e as nosas vidas nelo xa que morremos cando gardamos silencio fronte as inxustizas.

Forza, adiante e a loita é o único camiño.

Merecer o desprezo e o odio  dos que rouban e envelenan o pobo será a maior das nosas honras.

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. É un activista en diferentes movementos sociais de Ferrolterra. Militante do BNG, Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre.| No Facebook.


Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
12 de fevereiro de 2022 12:48

_______

martes, novembro 30, 2021

Homenaxe ás que loitan, ... Por Celso Posada Fernández


Hoxe e sempre quero lembrar, agradecer e homenaxear a loita e a dignidade de milleiros de persoas que levan anos loitando por un mundo máis xusto dende a sociedade civil, no movemento obreiro, na loita da clase traballadora, no movemento feminista e ecoloxista, nas plataformas de pensionistas, nas  Marchas da Dignidade,  movementos sociais, radios libres e comunitarias, centros sociais, organizacións políticas de esquerdas, sindicatos de clase, asociacións culturais, estudantís, veciñais, nos centros de traballo, nas fábricas e que non saen nos medios de comunicación, na prensa, nos libros de historia, máis o seu exemplo, a súa loita e dignidade contribúen a mudar o mundo e a loitar fronte as inxustizas.

Sodes exemplo de valentía, de solidariedade, de empatía, de dignidade.
Moitas grazas compañeir@s. A loita continúa.

Loitar anque non che falte nada porque a moitas persoas fáltalles todo.

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. É un activista en diferentes movementos sociais de Ferrolterra. Militante do BNG, Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre.| No Facebook.


Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
30 de novembro de 2021 10:00

_______

xoves, marzo 19, 2020

Reflexión, ... Por Celso Posada


Compartindo unha reflexión:

LECCIÓNS QUE PODEMOS APRENDER E SACAR DESTES TEMPOS DE CORONAVIRUS, DOUTRINA E ESTADO DE SHOCK, E DE CRISE SISTÉMICA DO CAPITALISMO

Cando todo isto da crise sanitaria do Coronavirus pase, cando pase este estado de shock no que vivimos, darémonos conta que estamos ante unha crise sistémica do Capitalismo e que temos que buscar entre tod@s nós, por enriba de todo a clase traballadora, unha alternativa social e económica xusta pra acabar co Capitalismo (un sistema económico inxusto, feroz, cruel, antidemocrático e ao servizo dunha minoría), e que só o pobo salva ao pobo.

Darémonos conta do que é realmente importante: o valor da liberdade; de defender os nosos dereitos; do pensamento crítico; dunha aperta, dos beixos e abrazos; do fundamental que son o amor, a empatía, a solidariedade e o apoio mutuo; dende abaixo pra mudalo mundo; a importancia de expresar o que sentimos co contacto os teus seres queridos; poñer a vida das persoas, os coidados e os dereitos humanos no centro de todo; a importancia de determinados traballos e de defender os servizos públicos; a Sanidade Pública;  poder pasear, estar en contacto coa natureza, conversar tranquilamente coas amizades; a importancia do público e do ben común; da empatía, da colectividade e da solidariedade.

É importante que nos demos conta que só o pobo salva ao pobo, que o Neoliberalismo e o Capitalismo salvaxe no que vivimos, fomenta as desigualdades sociais e a miseria (a loita de clases): o medo ao contaxio, as enfermidades, a morte entre a poboación civil; o sálvese quen poida; as catástrofes e as enfermidades como mecanismo de control social, para recortar dereitos e como coartada para levar a cabo unha doutrina do shock, para aplicar políticas económicas neoliberais, de salvaxes recortes e privatizacións. Un brutal darwinismo social para favorecer aos ricos.

È hora de deixar de lado o individualismo salvaxe, o consumismo exacerbado e a competitividade extrema, inoculados por un sistema capitalista neoliberal, para dividir ao pobo e á clase traballadora, para beneficiar e defender os intereses das elites e dos ricos.

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. É un activista en diferentes movementos sociais de Ferrolterra. Militante do BNG, Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre.| No Facebook.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
16 de março de 2020 18:04
_______

martes, setembro 17, 2019

Non ao Neoliberalismo, ... Por Celso Posada Fernández


Por Celso Posada Fernández [*]
17.09.2019


NON AO NEOLIBERALISMO

Nestes tempos de Hexemonía Neoliberal e de auxe da economía de mercado todo se mide dende o raseiro económico, as relacións humanas se mercantilizan e predomina o individualismo salvaxe, o beneficio económico e as ganancias das grandes transnacionais por riba da vida humana, dos dereitos humanos, da solidariedade internacionalista, da xustiza social e do medio ambiente.

Predomina a financiarización da economía, o predominio do mundo das finanzas e o individual sobre o colectivo nun pensamento único imposto como se Non Houbera Alternativa.

As democracias baléiranse de contido, os dereitos quedan reducidos a ser meras mercancías e a obxectos de consumo exemplo de sociedade de mercado na que terán dereitos que poida pagalos, predominando o privado sobre o público .

Os Estados quedan reducidos a mínima expresión pra ter menos Estado e Máis Mercado e pra acabar co papel regulador dos estados pra contribuír a acabar coas desigualdades sociais.

O obxectivo e pasar dunha economía de mercado a unha sociedade de mercado onde se privatizan salvaxemente os servizos públicos, o poder político está subordinado ao poder económico, mandan as grandes transnacionais e quen non se presentan as eleccións democráticas (grandes empresas, oligarquías financeiras, elites económicas), a cidadanìa e os dereitos son percibidos como meras mercancías intercambiábeis, as organizacións politizas socialdemócratas ou presuntamente de esquerdas non son tales, convertéronse en produtos de consumo e de márketing e derivaron en social liberalismo, os medios de comunicación son meros altofalantes e correas de transmisión dos intereses da banca, das grandes empresas e das elites financeiras e interesa conformar unha cidadanía apática, manipulábel, insolidaria, consumista e empresaria de si mesma e competindo continuamente e constantemente entre s nun salvaxe darwinismo social.

Unha Sociedade Neoliberal baseada nunha economía de mercado precisa conformar persoas neoliberais, profundamente individualistas, capitalistas consumistas, mercantilistas, utilitaristas, narcisistas, egocéntricas caldo de cultivo dun perigoso fascismo social.

O Neoliberalismo non é so un proxecto económico senón cultural, político, social o servizo dos intereses de clase dunha minoría privilexiada (Loita de Clases) senón que é tamén un proxecto profundamente imperialista pra facer impoñer os intereses económicos, xeoestratéxicos, políticos, mediáticos, militares, empresariais e de clase, dunhas nacións sobre outras e pra someter non só a unha clase social sobre outra senón unhas nacións sobre outras (imperialismo puro e duro).

O Neoliberalismo colonizou todo dende as mentes ata todos os lugares de socialización, converteuse nun sentido común nun mundo onde cada día increméntanse máis e máis as desigualdades sociais por decisións políticas e o poder e a riqueza concéntranse cada vez en menos mans.

O Neoliberalismo que é a ideoloxía do Capital estende os seus tentáculos non so a intelectuais orgánicos o seu servizo (xornalistas, tertulianos, dirixentes políticos, ...) senón tamén os medios de comunicación de masas, a universidade, as escolas, as institucións públicas, as administracións, a organizacións políticas presuntamente de esquerdas, a organizacións sindicais, a prensa escrita, programas de TV, da radio, xornais, revistas, redes sociais...

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. É un activista en diferentes movementos sociais de Ferrolterra. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre.| No Facebook.


Enviado por:
Celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
2 de setembro de 2019 18:18

_______________

domingo, novembro 18, 2018

O verdadeiro Ferrol Rebelde, ... Por Celso Posada Fernández


Por Celso Posada Fernández [*]
19.11.2018


O verdadeiro Ferrol Rebelde


O Ferrol Rebelde, Obreiro, Reivindicativo, Loitador, de Esquerdas, Feminista  e que sigue na loita e resistindo con dignidade son tod@s @s activistas, mulleres e homes que saen as rúas a loitar, a defender dereitos os dereitos de Tod@s nós, a loitar fronte as inxustizas, fronte o patriarcado, fronte as violencias machistas, fronte o fascismo e neoliberalismo, fronte a xenofobia, homofobia e racismo e que se organizan en plataformas, movementos sociais na defensa das pensións públicas, do ensino público, da sanidade pública, polo dereito a unha vivenda digna, pola igualdade real entre mulleres e homes,  na defensa da nosa lingua e cultura galega, que se organizan, participan no movemento feminista, nas asociacións culturais, veciñais, fundacións, ateneos, en centros sociais en radios libres e comunitarias e que non se renden, que teñen dignidade e que son persoas solidarias, comprometidas, loitadoras que adican o seu tempo libre, a súa saúde, a defender dereitos de forma desinteresada e que non queren nin  protagonismos, nin palmadas no lombo, nin cadeiras nas institucións, nin falsos postureos, nin falso activismo de darlle a un like nas redes sociais comodamente sentado no sofá da casa ou nun bar.

[*] Celso Posada Fernández. Mestre de Educación Primaria e activista Social en diferentes movementos sociais de Ferrol e Comarca.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
18 de novembro de 2018 14:26

_______________

sábado, setembro 15, 2018

A independencia dos medios e as radios libres, ... Por Celso Posada Fernández e Anxo Fernández-Armesto Sánchez - Os autores deste artigo consideran que a radio debe dar voz aos colectivos sociais e que estes deben ser conscientes de que nela teñen unha plataforma excelente para dar a coñecer as súas reivindicazóns e un pequeno altofalante para a súa mensaxe - Modestamente convidan a que se impliquen e polo menos no seu programa 'Directo de Esquerdas' sempre estamos abertos a darlle un micro a quen o precise


Por Celso Posada Fernández e Anxo Fernández-Armesto Sánchez [*]
15.09.2018


A independencia dos medios e as radios libres

Hoxe en día, con tatas canles de televisión que existen e o acceso á informazón a través da rede, fálase moito de se esta ou aquela tele é máis independente ou máis progresista, máis conservadora, máis liberal, alternativa, moderna...que as outras. Realmente todos os grandes medios mandan unha mensaxe similar, a do sistema socioeconómico e político vixente. E dentro diso, a que os seus respectivos donos queren que manden, porque teñen donos; os grandes medios son todos propiedade de grandes conglomerados empresariais con intereses diversos.

Iso non implica que non existan en absoluto medios independentes, un exemplo son as radios libres e comunitarias como Cuac FM, Radio Calimera ou en Ferrol a Radio Filispim (a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, 93.9 FM). Estas radios libres, ao non teren donos, son unha garantía de independencia e de liberdade, pode dicerse que son unha alternativa da xente para a xente que dan cobertura a causas e a temas dos que nos grandes medios non se preocupan moito ou que directamente omiten. Estas radios, con toda a súa modestia, tentan dar unha voz a que non a ten. Entre as súas características a priori máis salientábeis están o compromiso e a utilidade social. Moita da xente que participa nelas ten un nivel de conciencia social alto e algúns destes teñen ademais vontade de axudar a crear esa conciencia noutros. Estes medios ofrecen unhas opcións de ocio e entretemento diferentes e unha informazón non suxeita aos dictados de ningún grupo empresarial e por tanto realmente independente. En suma, pode dicerse que apostan por un modelo social diferente, máis libre e máis baseado na comunidade. Por exemplo na Radio Filispim, nacida en 2005, existen e existiron historicamente programas con temas como feminismo, migrazóns, ecoloxía e moitos outros, alén de ofrecer unha alternativa cultural. A xente que participa son polo xeral persoas implicadas socialmente. Dase unha mensaxe de que a xente humilde tamén quere que a escoiten.

Esta implicación é hoxe máis necesaria que nunca. Moita xente está indignada con moitas cousas, proba son as mobilizazóns que se van dando periodicamente nos últimos tempos (Prestige, Guerra do Irak, Reformas educativas, incendios, 15M, Marchas da Dignidade...). A participazón das persoas é o factor que pode marcar a diferenza. Non vai vir ningún salvador a rescatarnos, temos que salvarnos nós mesmos. Os autores deste artigo consideramos que a radio debe dar voz aos colectivos sociais e que estes deben ser conscientes de que nela teñen unha plataforma excelente para dar a coñecer as súas reivindicazóns e un pequeno altofalante para a súa mensaxe. Modestamente convidamos a que se impliquen e polo menos no noso programa “Directo de Esquerdas” sempre estamos abertos a darlle un micro a quen o precise.

Temos que ser conscientes de que os grandes medios non serven á xente senón aos seus donos. Dicía Simone de Beaovoir que o opresor non sería tan forte sen cómplices entre os oprimidos. Eses cómplices son moitas veces involuntarios, xente que cre a mensaxe que lles mandan eses grandes conglomerados empresarias e que, nas palabras de Malcolm X, lles fan amar ao opresor e odiar ao oprimido. Non debemos permitir que a apatía ou o medo nos dominen, é importante implicarse socialmente e non abonda con criticar desde as redes sociais. Animamos a todos os colectivos sociais que queiran darse a coñecer a achegarse á radio e buscar un oco para darlle máis vida e darlle megafonía á súa mensaxe.

Ferrol, 12 de setembro de 2018


@directodeesquerdas

Toda a info en Rádio Filismim que emite en Internet e no 93.9 da FM

https://opaii.blogspot.com/

[*] Celso Posada Fernández e Anxo Fernández-Armesto Sánchez, son o condutor e colaborador do programa "Directo de Esquerdas" de Radio Filispim.

Enviado por:
Anxo Fernández-Armesto Sánchez
-anxofarmesto@hotmail.com-
13 de setembro de 2018 15:17

_______