Amosando publicacións coa etiqueta Fontelonga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fontelonga. Amosar todas as publicacións

mércores, xuño 04, 2008

A Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga": Pola defensa da vida, da ría e do marisqueo

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com- Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de junho de 2008 18:55

Asunto: Pola defensa da vida, da ría e do marisqueo


Pola defensa da vida, da ría e do marisqueo

A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga", expresamos a nosa solidariedade e total apoio o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e particularmente para os compañeiros e compañeiras que en Defensa da Vida, da Ría e do Marisqueo se atopan pechados/as no Concello de Ferrol, como antes fixeron durante 103 días o veciños e veciñas de Meá no Concello de Mugardos, para demandar o desmantelamento da instalación, ilegal e perigosa, do Grupo Reganosa participado pola Xunta de Galicia.

Rexeitamos o proxecto de dinamitar a canle de entrada da Ría con diñeiro público para favorecer unha empresa privada, baixo o pretexto de que vai haber maior seguridade, cando se sabe que aínda así os gaseros non poderán cumpri-la normativa de cabotaxe da Ría de Ferrol en caso de emerxencia, e que vai acabar co importante banco marisqueiro de San Felipe e que mesmo pode afectar ós castelos da entrada da Ría que se quere sexan Patrimonio da Humanidade.

Rexeitamos tamén o Complexo Petroquímico de Forestal del Atlántico e pedimos que sexa desmantelado cando remate a súa concesión no ano 2017, un ano antes que a Papeleira Ence instalada na Ría de Pontevedra e que tamén se quere traer á Ría de Ferrol o que é , o igual que Reganosa, absolutamente inaceptable.

Facemos un chamamento a toda a cidadanía a que participen na manifestación convocada para o domingo día 8 de Xuño as 12 do mediodía, polo Comité Cidadán de Emerxencia no Porto de Ferrol.

Pola defensa da vida, da Ría e do patrimonio! ¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

Ferrol a 3 de xuño de 2008.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga".

Asdo/ X. Miguel López, presidente
____________

ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21

____________

Enlace relacionado:

Unha delegación de voluntar@s do Comité Cidadán de Emerxencia, ocupaba unhas dependencias do Pazo Municipal de Ferrol, coa intención de declarar un peche indefinido para reclamar o cese de actividade de REGANOSA
________

domingo, maio 18, 2008

Inaugurada a Praza da Paz: José Couso Permuy

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de maio de 2008 11:33
Asunto: Intervención da Asociación veciñal de Esteiro " Fontelonga", na inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy



Intervención da Asociación veciñal de Esteiro " Fontelonga", na inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy.


Ferrol a 16 de maio de 2008.

Boa tarde a todas e a todos no nome da Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga”.

O 30 de abril do 2004 presentamos no Concello de Ferrol a solicitude de que este lugar do barrio de Esteiro onde hoxe nos atopamos, onde esta a escultura dun dos mellores escultores galegos vivos Manolo Paz Mouta, levase o nome de Praza da Paz: José Couso Permuy.

Esta proposta, inicialmente non foi considerada e foi esquecida, finalmente, a proposta da Concelleira de Cultura, Dona Yolanda Díaz, foi aceptada de modo unánime polo Pleno do Concello de Ferrol do 24 de abril de 2008, catro anos despois.

Diciamos na nosa solicitude que “ O dereito á información séguese pagando coa vida” como así lle sucedeu ó foto xornalista ferrolá José Couso Permuy, quen o día 8 de abril do 2003 era asasinado no Hotel Palestina en Iraque polas tropas estadounidenses. Era asasinado para transmiti-la mensaxe de que ou se está cos Estados Unidos de Norte América ou se tropeza coa morte.

Entendiamos que a nosa proposta, e así era o sentido da mesma, se facía eco dos milleiros de ferroláns e ferrolás que dixemos “ Non á guerra” e logo de que por parte do Goberno de Ferrol se lle fixese un cativo homenaxe o venres 9 de abril de 2004, nun acto institucional ó que non foi convidada ningunha entidade asociativa da cidade.

Propoñiamos este lugar situado no progresista e obreiro Barrio de Esteiro, punto de encontro entre o vello Esteiro do século XVIII e o novo Esteiro de hoxe, nun espazo aberto e luminoso en un lugar preferente de acceso ó Centro Histórico da cidade de Ferrol.

Neste lugar preto do Santuario das Angustias construído en 1788, un dos monumentos que aínda se conservan do antigo barrio obreiro, onde se viñeron asentar os traballadores e as súas familias para traballar nos estaleiros .

Preto deses estaleiros que forxaron líderes obreiros e foron protagonistas principais en todo o Estado na loita contra a ditadura de Franco e na loita polas liberdades democráticas, loita na que entregaron a súa vida Amador Rey e Daniel Niebla, traballadores da Bazán asasinados pola Ditadura o 10 de marzo de 1972.

Preto do Monumento, realizado en 1986 polo escultor ourensán Xosé Cid Menor, que homenaxea á ilustre ferrolá de Ferrol Vello, Dona Concepción Arenal, defensora dos dereitos das mulleres e dos dereitos humanos, rebelándose contra a marxinación das mulleres e reivindicando a igualdade en tódalas esferas sociais para a muller.

Preto da representación das catro antigas rúas de Esteiro, nunha delas, na rúa San Nicolás naceu, o 18 de outubro de 1850, Pablo Iglesias Posse (fillo dun empregado do Concello de Ferrol), fundador do Partido Socialista Obreiro Español no 1879 e da Unión General de Traballadores no 1888.

Neste lugar e con eses veciños e veciña queriamos render homenaxe, na súa cidade natal, a José Couso Permuy , simbolizando nel a defensa da paz, da xustiza, da liberdade de prensa e dos dereitos humanos, como fixo José Couso Permuy e polo que foi asasinado.

Neste momento que se inaugura a Praza da Paz, non podemos por menos que esixir Xustiza, a paz sen xustiza é a paz dos cemiterios, Xustiza para que os seus asasinos sexan xulgados e se saiba toda a verdade, e Xustiza para que os responsables da invasión e da guerra do Iraque, inxusta e ilexítima, sexan tamén xulgados como criminais de guerra.

Queremos celebrar a inauguración desta Praza da Paz: José Couso Permuy e darvos as grazas a todos e a todas pola vosa presenza.

José Couso Permuy, está hoxe aquí , con nós e vivo, por que ninguén morre mentres é recordado.

Moitas Grazas.

Xosé Miguel López Pérez, presidente da Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga”

_________

ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21

__________

Fotos cedidas pola Asociación Veciñal O Rosario - Inferniño
Blog veciñal
Artigos PA21

avvorosario@gmail.com
______________

http://www.josecouso.info/

Galería Fotográfica

Galería da Página realizada polos seus compañeir@s de Tele5.
camaras@informativost5.com
http://www.primeraplana.net/couso/index.html









xoves, maio 15, 2008

Venres día 16 de maio ás 18 horas, inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de maio de 2008 10:45
Asunto: Inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy



Inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy

Desde a Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" , queremos lembrarvos e ó mesmo tempo convidarvos de novo, que mañá venres día 16 de maio ás 18 horas, se inaugura a Praza da Paz : José Couso Permuy na parte posterior da Igrexa das Angustias, na confluencia da Avenida de Esteiro coa rúa Zurbarán. O nome desa Praza fora proposto por Fontelonga.

O actos están organizados polo Concello de Ferrol , co Clube de Prensa de Ferrol e o Colexio de Xornalistas de Galicia, se enmarca dentro dos actos do "Día mundial da liberdade prensa", que continuará cunha ofrenda floral no Cantón ás 19 horas e rematará no Jofre ás 20 horas .

O programa da inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy é o seguinte:
  • Intervención da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga.
  • Lectura de poemas de Antón Cortizas.
  • Intervención de Dona Yolanda Díaz, concelleira de Cultura do Concello de Ferrol.
  • Intervención de Don Vicente Irisarri, Alcalde de Ferrol.
  • Actuación musical.
  • Intervención de Javier Couso Permuy.
  • Descubrimento da placa por parte das familias Couso e Permuy.
Está instalada unha pequena carpa na citada praza.

Dámosvos anticipadamente as grazas pola vosa asistencia.

Ferrol a 15 de maio de 2008.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga".

Asdo./X. Miguel López Pérez, presidente

venres, maio 09, 2008

Inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de maio de 2008 17:18
Asunto: Inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy


Inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy

Achegámosvos cartel anunciador da inauguración da Praza da Paz : José Couso Permuy, convidándovos a que asistades ó citado acto.

Xunta Directiva da Asociación veciñal de Esteiro " Fontelonga"

[Clicar no cartaz para ampliar]
____________
____________________

mércores, maio 07, 2008

Unha inspección en Ferrol descobre case cen edificios ruinosos

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de maio de 2008 12:50
Asunto: Noticia de El Correo Gallego






Os novos vampiros na cidade
Unha inspección en Ferrol descobre case cen edificios ruinosos
Unha inspección fotográfica do Concello contabilizou 80 edificios en ruínas en Ferrol ·· O 50% da zona vella atópase deshabitado debido á desidia dos propietarios ·· Moitos posúen varios pisos deteriorados, a pesar da presión do Goberno

PATRICIA HERMIDA FERROL

Vivendas abandonadas no barrio de Ferrol Vello: un exemplo da desidia dos propietarios
FOTO: Kiko Delgado




Lánzanse sobre a nosa yugular en forma de cascotes. Axéxannos desde a penumbra nos barrios históricos. Sobrevoan as nosas cabezas, bordeando os edificios en ruínas. Son os novos vampiros na cidade, amparados por grandes propietarios. Xa o empezan a denunciar os colectivos veciñais: eles non buscan a preservación do patrimonio, "senón escuros intereses especulativos".

Cando as casas empezáronse a caer no Ferrol histórico, as miradas acusativas dirixíronse cara ao Goberno local. Pero, que pasa cos donos de varias vivendas, observadores das ruínas mentres residen na opulencia? Unha inspección fotográfica realizada recentemente polo Concello revelou que 80 edificios do centro atópanse ao bordo do derrube. Desde as alturas dun camión de bombeiros, obtivéronse reveladoras imaxes sobre cubertas esborralladas ou convertidas en selvas urbanas.

A cociña do inferno non se atopa no dieciochesco A Magdalena, senón sobre todo en Ferrol Vello ou Esteiro: con máis facilidades para que un promotor transforme as ruínas en pisos á venda. A peor imaxe? Unha zona vella deshabitada ao 50%, debido á desidia dos seus donos. O concelleiro de Vivenda e Obras chama á calma. "Son 80 edificios dun total de 2.000", aclara Miguel Reimúndez.

Aínda así, o Concello intenta coller as rendas da súa relación cos propietarios. "Analizamos as licenzas solicitadas para demolición ou reforma, segundo ou Plan Xeral. E despois empregamos as armas dá disciplina urbanística para atacar a situación", explica Reimúndez. A administración municipal esixirá a reforma do inmoble en perigo: "Se ou propietario non quere facer a obra, ou Concello a executará subsidiariamente". Pero o dono nunca se irá de rositas. Contraerá ao instante unha débeda económica co Concello. Así o vampiro converterase no moroso do pobo.

O PROTAGONISTA

Miguel Reimúndez

Concelleiro de Vivenda e Obras no Concello de Ferrol

"Algúns deixan caer as casas con intereses claros"

- Hai casos de propietarios con varias vivendas, que mesmo residen fóra de Ferrol...

- Determinada xente conta con varias propiedades. E deixa caer as casas. Vos seus intereses están claros. Ferrol Vello é ou peor exemplo. A situación tamén se dá en Esteiro, con casas baleiras dende hai tempo. Lestes propietarios incumpren a obriga legal de coidar as súas edificacións.

- Os colectivos veciñais xa percorren á denuncia social.

- É moi positivo que lestes veciños respondan porque coñecen de primeira man a situación. Nos colectivos de Ferrol Vello e Esteiro espertouse a conciencia de conservación do patrimonio.

- E, que poden facer vos cidadáns da pé?

- Para ou Concello é unha sorte que exista unha sociedade urbana como a de Ferrol, que apoie ou Goberno na rehabilitación .


EXEMPLOS SANGUENTOS


Corazón galego, pero residentes en Madrid

Aquí todo o mundo presume de "amor a Ferroliño", pero boa parte dos propietarios das ruínas residen comodamente en Madrid. As 80 persoas que solicitaron axudas para ­rehabilitar as súas fachadas en 2007 recibiron subvencións.

Que ocorre co bloque de Esteiro?

Os veciños de Esteiro denunciaron ante a Fiscalía o abandono dun inmoble histórico no barrio, apuntando "unha posible especulación". Curiosamente, o propietario é o mesmo do bloque caído fai case un mes na Magdalena .

Enlace coa noticia orixinal en "El Correo Gallego"

_______________

Enlaces Relacionados:
_______________

martes, maio 06, 2008

Fontelonga recorre ao TSXG polo abandono de inmobles en Ferrol

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de maio de 2008 11:04
Asunto: ATENEO FERROLÁN: Un lugar de encontro para a Cultura. ¡REHABILITACIÓN XA!






Fontelonga recorre ao TSXG polo abandono de inmobles en Ferrol


REDACCIÓN > FERROL

A AVV Fontelonga porá esta semana en coñecemento do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a situación do parque de vivendas do casco histórico de Ferrol, incluída a parte vella de Esteiro. Esta entidade quere que a Fiscalía investigue a concentración na propiedade dos inmobles.

O fiscal Antonio Roma Valdés, coordinador da área de Patrimonio Histórico, Ordenación do Territorio e Urbanismo do TSXG, recibirá o vindeiro venres, día 9, a unha representación da xunta directiva de Fontelonga. A agrupación veciñal solicitou esta entrevista a raíz do derrube do edificio número 92 da rúa Magdalena acontecido o pasado 12 de abril, que puxo de manifesto a situación de abandono en que se atopan numerosos inmobles do casco histórico. "Consideramos que é unha situación grave para que se siga tolerando", sinala o presidente de Fontelonga, Xosé Miguel López.

Por esta razón, desde esta entidade veciñal queren chamar a atención da Fiscalía sobre a concentración na titularidade que se produce nestas vivendas sobre as que non se realizan traballos de mantemento. "É raro", apunta Xosé Miguel López, "que na Magdalena, Ferro Vello e a parte vella de Esteiro, zonas catalogadas e protexidas polo Plan Xeral de Urbanismo, unha mesma acode concentre nunha mesma rúa a titularidade de varios edificios". "Sen acusar a ninguén, queremos facerlle ver ao fiscal esta coincidencia para que se ou estima abra unha investigación", engade.

Este responsable veciñal considera que a actuación do Concello instando aos titulares destas construcións a que acometan obras de conservación dos mesmos non é suficiente. "Vos propietarios fan caso omiso dous requerimentos do Concello, por iso é necesario que ou fiscal lles obrigue".

Esta é a situación que se produce no edificio número 34 da rúa Carlos III, en Esteiro. A área municipal de Urbanismo remitiu o pasado mes de febreiro o último dun serie de requirimentos ao seu propietario para que acometese intervencións de urxencia co fin de evitar desprendimentos e garantir a conservación da construción. Ademais, a Dirección Xeral de Patrimonio desautorizou fai un ano a petición de derriba do edificio cursada polo seu titular debido ao valor patrimonial do mesmo.

Ferrol Martes 6 de Maio de 2008
Diario de Ferrol
http://www.diariodeferrol.com/

_________________

Enlace Relacionado:

Solicitude de iniciación de expediente de expropiación dun edificio na rúa Carlos III
__________

xoves, abril 24, 2008

Solicitude de iniciación de expediente de expropiación dun edificio na rúa Carlos III

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de abril de 2008 18:05
Asunto: Solicitude de iniciación de expediente de expropiación dun edificio na rúa Carlos III


Solicitude de iniciación de expediente de expropiación dun edificio na rúa Carlos III

A Asociación veciñal de Esteiro “Fontelonga”, demandamos do Concello de Ferrol, que inicie o expediente de expropiación dun edificio en Esteiro, dado o seu estado de abandono e a falla de conservación por parte do seu propietario, incumprindo as súas obrigas legais, para dedicalo, unha vez rehabilitado, a Centro Cívico Cultural Municipal do Barrio de Esteiro.

Esta asociación temos denunciado na Delegación Provincial de Cultura, sección de Patrimonio o 19 de decembro do 2006, e tamén no Concello de Ferrol o 20 de decembro de 2006, sendo concelleiro de Urbanismo o Sr. Pita Romero, o estado de deterioro e falla de conservación do edificio singular de Carlos III 34 no cruzamento con Adán y Eva, que é coñecido como Panadería dos Irmáns Bellón. O 17 de febreiro de 2007 ampliamos a nosa denuncia, tanto na Xunta de Galicia como no Concello de Ferrol.

No citado edificio, como tamén denunciamos de maneira oficial, se fixeron obras para agravar o seu deterioro, como afundirlle o tellado e quitarlle as portas e as ventás, temos abondosas fotografías que enviamos ó Concello e á Xunta de Galicia, para favorecer que ese edificio se esborrallase como resultado da acción do tempo, con claras intencións especulativas.

Tanto desde a Xunta de Galicia, como desde o Concello de Ferrol, desde que é concelleiro de Urbanismo o Sr. Mato, se ten requirido ó propietario do citado inmoble, para que efectúe as obras necesarias de conservación e mantemento da súa propiedade, tal e como lle obriga a Lei, devolvéndolle a cuberta ó edificio e selando as portas e ventás, coa indicación de que ese edificio só poderá ser rehabilitado e nunca derrubado. De maneira reiterada o propietario do edificio de Carlos III nº- 34, ignora os requirimentos municipais e de Patrimonio da Xunta de Galicia e o edificio segue a deteriorarse cada vez máis.

Desde Fontelonga apoiamos o compromiso que os actuais responsable de Obras e Vivenda e de Urbanismo, Sres Reimúndez e Mato, teñen coa conservación e rehabilitación da parte vella do Barrio de Esteiro e demandamos que ese compromiso sexa maior e se plasme na iniciación dun expediente de expropiación do edificio da Carlos III nº-34, polo incumprimento reiterado do seu propietario para coas súas obrigas legais.

Desde esta Asociación imos seguir demandando, como xa vimos facendo desde o ano 2001, que se obrigue ós propietarios de edificios en estado de abandono ou mal conservados a cumprir coas súas obrigas legais de coidar ás súas propiedades. É unha obriga dos propietarios e non dos Concellos o manter conservados os edificios que posúen..

Desde a Asociación Veciñal de Esteiro non imos tolerar ,e imos tomar todas cantas medidas de carácter legal sexan precisas, que o citado edificio singular que ten importantes valores arquitectónicos se esborralle como sucedeu na Praza de Armas con tres edificios dos que , cando menos nun deles, era propietaria a mesma persoa que o é en Carlos III nº34.

A Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga” imos seguir apoiando a firme decisión das concellerías de Urbanismo e Obras de facer cumprir a lexislación urbanística sancionando a quen non o faga, tanto no referente á conservación de edificios, como no referente a exceder o volume de edificabilidade autorizado polo PXOM. Nos pasados días, en resposta a unha denuncia nosa como entidade e de tres socias de maneira particular, se procedeu a derrubar as chemineas dun edificio de Fernando VI que constituían un perigo para as persoas polo seu grao de deterioro e risco eminente de caída.

Desde esta Asociación veciñal imos solicitar no Rexistro da Propiedade a relación de propietarios de edificios en estado de abandono e ruína de Esteiro para proceder a denuncialos , de maneira individualizada, por non cumprir coas súas obrigas e incluso poñer en perigo a integridade das persoas ó non conservar o seu patrimonio.

Tamén imos poñer en coñecemento do Fiscal de Delictos de Urbanismo do TSXG, D. Antonio Roma, a coincidencia de sucesos que se producen ultimamente de maneira relativamente frecuente, como son lumes e esborrallamento de edificios en Ferrol Vello, a Magdalena e Esteiro, para que inicie unha investigación, se o considera oportuno, para esclarecer as causas dos citados sucesos e se hai algún responsable dos mesmos.


Ferrol a 23 de abril de 2008.


Xunta Directiva da Asociación veciñal de Esteiro “ Fontelonga”.

Asdo./ X. Miguel López Pérez, presidente.

xoves, marzo 20, 2008

Acordos da Xunta Directiva da Asociación veciñal de Esteiro “Fontelonga” do luns día 17 de marzo de 2008

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de março de 2008 17:51
Asunto: Acordos da Xunta Directiva da Asociación veciñal de Esteiro “Fontelonga” do luns día 17 de marzo de 2008


Achegámoslles os acordos tomados pola Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" o luns día 17 de marzo de 2008.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga"

Acordos da Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga”.

Na primeira xuntanza mantida pola nova Xunta Directiva de Fontelonga xurdida da Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o xoves día 13 de marzo de 2008 e coa asistencia dos seus once compoñentes se tomaron os seguintes acordos:
  • Crear catro áreas de traballo que son: Área de Urbanismo, Obras e Tráfico e Seguridade que estará coordinada polo presidente de Fontelonga, Xosé Miguel López. Área de Servizos Sociais, Voluntariado, Servizos, Parques e Xardíns e Medio Ambientes que estará coordinada por Juan Cervantes. Área de Cultura, Ocio, Tempo Libre, Festas e Actividades que estará coordinada por Vicente Aneiros. Área de Participación Cidadá, Relacións Institucionais e Universidade que estará coordinada por Xesús Manuel Díaz Suárez.
  • O horario de atención a veciños e veciñas no local social de Fontelonga será de luns a venres en horario de tarde de luns a venres.
  • Unha delegación da Asociación Fontelonga participará nas xornadas Vivenda e Cidade que organizadas pola concellería de Vivenda do Concello de Ferrol se celebrarán no Salón de actos do Vicerreitorado de Esteiro os días 27, 28 e 29 de marzo de 2008.
  • Unha delegación da Asociación Fontelonga participará no Congreso Galego de Voluntariado que se celebrará o día 10 de abril no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
  • O vindeiro día 2 de abril manteremos unha xuntanza coa Coordinadora de Seguridade do Concello de Ferrol, Dona Sandra Ríos, co concelleiro de Tráfico, D. Gerardo López Castrillón e cos responsables da Policía Local. A xuntanza, con posterior recorrido polo barrio de Esteiro, será no local de Fontelonga ás 18 horas.
  • Nesa mesma primeira semana de abril manteremos unha xuntanza co Concelleiro de Obras e Vivenda D. Miguel Reimúndez para coñecer o plano de obras que e vai facer por importe de 58.000 euros e varias rúas e beirarrúas do Barrio.
  • Na próxima semana a Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga” entregaremos no Rexistro Municipal as alegacións que esta entidade imos formular á Ordenanza de Convivencia Cidadá que nestes momentos está en fase de alegacións por parte do tecido asociativo da cidade.
Ferrol a 18 de marzo de 2008.

Asdo./ Antonio Ríos Rodríguez, secretario.
______________

ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21

___

domingo, marzo 16, 2008

Información das Asembleas xerais ordinaria e extraordinaria , celebradas pola Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" o día 13 de marzo

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de março de 2008 11:22
Asunto: Asembleas de Fontelonga



Comunicado ós medios

Achegámoslles información das Asembleas xerais ordinaria e extraordinaria , celebradas pola Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" o día 13 de marzo e que foran previamente convocadas a través dos medios de comunicación varias veces, carta persoal a cada socio/a e colocación de 150 carteis en todo o Barrio de Esteiro.

Dámoslles anticipadamente as grazas pola difusión das mesmas.

Un saúdo.

Ferrol 14 de marzo de 2008.
Asdo./Antonio Ríos Rodríguez, secretario

Información das Asembleas xerais ordinaria e extraordinaria , celebradas pola Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" o día 13 de marzo

Asembleas xerais ordinaria e extraordinaria da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga” Celebradas o xoves día 13 de marzo de 2008 e cos seguintes acordos:
  • Foi aprobada a acta da asemblea anterior.
  • Foi aprobado o informe económico .
  • Foi aprobado o informe de xestión, felicitando a asemblea o bo traballo desenvolvido pola Xunta Directiva durante este pasado ano.
  • A asemblea se manifestou a prol de : Apoiar , unha vez máis,o Plano de colocación de bolardos, emprendido pola concellería de Seguridade, nas beirarrúas do barrio e demandar a colocación de moitos máis.
  • Rexeitar que desde a concellería de Tráfico se pretenda instalar un aparcadoiro nunha zona que o PXOM cualifica como zona verde, non entendemos como desde o Concello se pode facer incumpri-la Lei. Demandar desta concellería a ampliación da zona azul entre a rúa Rochel, Avenida de Vigo e Avenida de Esteiro. Demandar desta concellería que destine efectivos da Policía Local a Esteiro para sancionar os condutores que aparcan sobre as beirarrúas.
  • Reclamar que se axilicen os trámites para a creación dunha Area de Rehabilitación Integral da rúa Carlos III e transversais.
  • Seguir demandando que o Cuartel de Dolores sexa destinado a usos universitarios.
  • Demandar a construción dunha Escola Infantil Pública no Barrio de Esteiro na parcela que o Concello de Ferrol ten na Avenida de Esteiro.
  • Esixir a urxente solución o estado de degradación dos baixos e entrecháns das Vivendas de Álvaro Cunqueiro, algúns deles, como xa denunciamos, que están vertendo augas fecais con grave perigo para a saúde das persoas.
  • Reclamar, unha vez máis, a retirada da antena de telefonía móbil da Avenida de Esteiro que é ilegal.
  • Reclamar do Concello a construción dun Centro Cívico Municipal no Barrio de Esteiro.

Na Asemblea extraordinaria :
  • Foi reelixido Presidente da Asociación, D. Xosé Miguel López Pérez.
A Xunta Directiva pasa de 8 a 11 persoas, producíndose un incremento nunha época en que cada vez é máis difícil que as persoas se comprometan a traballar no movemento asociativo.

O resto da Xunta Directiva é :
  • Vicepresidente: Juan Luís Moreda Glez. Continúa da anterior.
  • Secretario: Antonio Ríos Rodríguez. Continúa da anterior.
  • Vicesecretario: Vicente Aneiro López. Continúa da anterior.
  • Tesoureiro:Carlos Aneiros Rico. Continúa da anterior.
  • Vogal: Francisco Fernández Rey. Continúa da anterior.
  • Se incorporan como vogais:
  • Juan Cervantes González.
  • Fernando Naveiras Freire.
  • Juan Garmendia Díaz.
  • Xesús Manuel Díaz Suárez.
  • Alfonso Tellado Sande.
Asdo./ Antonio Ríos Rodríguez, Secretario.
____________
________________
ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21
___________

luns, marzo 10, 2008

Convite da Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", ao acto de Homenaxe ás Vítimas do 11M do 2004

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de março de 2008 18:44
Asunto: Homenaxe ás vítimas do 11 M- RECORDATORIO


Homenaxe ás vítimas do 11 M

A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" celebraremos o vindeiro martes 11 de Marzo ás 18 horas un acto cívico , aberto a toda a cidadanía, de homenaxe ás vítimas do 11 de Marzo de 2004 en Madrid, como vimos facendo cada ano.

Madrid 1MO acto ó que están convidados tódolos grupos municipais do Concello de Ferrol, partidos, sindicatos e todo o tecido asociativo da cidade, será na Praza das Vítimas do 11 M, na confluencia das rúas Vázquez Cabrera e San Ramón, preto do Pavillón Municipal de Deportes de Esteiro.

Con este acto, carente de calquera contido partidista, se pretende recordar ós mortos e mortas, feridos e feridas nese brutal atentado, e ademais quere ser un acto de afirmación democrática fronte ó terrorismo, de defensa das liberdades, da paz e sobre todo da xustiza.

Ferrol a 7 de Marzo de 2008.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga".

Asdo../ Xosé Miguel López Pérez, presidente
________________
ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21
___________