Amosando publicacións coa etiqueta Memoria Histórica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Memoria Histórica. Amosar todas as publicacións

venres, novembro 12, 2021

A comisión 'Dez De Marzo Cincuenta Aniversario' continua coa súa vista ás alcaldías das comarcas do noroeste, para implicar ás institucións locais na celbración do 50 aniversario da loita obreira de marzo do 72




Visita as alcaldías das comarcas

As asociacións 'Fuco Buxán' e 'Memoria Histórica Democrática' iniciaron a pasada semana as visitas as alcaldesas e alcaldes das comarcas, co fin de expoñer-lles as iniciativas e solicitar a súa colaboración respecto do 50º Aniversario, para o vindeiro ano, do DEZ DE MARZO DO 72.

A comisión 'Dez De Marzo do 72 - Cincuenta Aniversario' continua coa súa vista á alcaldías das comarcas do noroeste para implicar ás institucións na celebración do 50 aniversario  do sucesos de marzo do 72.

Continuando coas visitas ás alcaldías das comarcas Ferol-Eume-Ortegal, entrevistaron-se coa Alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy e co Alcalde de Cabanas, Carlos Ladra, a ambos agradecemos a súa atención e interese por participar e apoiar os actos que ao longo do vindeiro 2022 organizaremos para conmemorar o 50 Aniversario do Dez de Marzo con toda a dignidade que merece o que esta data representa: A Clase Obreira Galega.

A pasada semana celebráronse xa as entrevistas cos alcaldes de Neda e Fene, Ángel Alvariño Saavedra e Juventino J. Trigo Rey, nos respectivos Concellos, presentando-lles o MANIFESTO e toda unha serie de actividades a desenvolver ao longo do 2022, e queremos agradecer a ambos rexedores a boa acollida ás nosas propostas e a boa disposición a colaborar neses actos, encamiñados a manter una digna lembranza daqueles feitos, non como nostalxia de cousa pasada, senón como exemplo de dignidade da clase obreira, para o presente e para o porvir.

Continuarán os encontros en próximas datas.

Dez de Marzo Cincuenta Aniversario
https://www.facebook.com/profile.php?id=100073115216175

10 de Marzo de 1972
50 Aniversario. Memoria e Dignidade


Adxunto:. Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

10m72.50aniversario@gmail.com
Facebook:  Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

Info baseada na enviada por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
12 de novembro de 2021 00:12

_______

domingo, novembro 07, 2021

Monumento ao 10 de marzo: símbolo da Clase Obreira Galega, ... Por Rafael Pillado Lista



Por Rafael Pillado Lista [*]
07.11.2021


MONUMENTO AO 10 DE MARZO: SÍMBOLO DA CLASE OBREIRA GALEGA

Hai tan só unha semana, presentábase no  Parador de Turismo de Ferrol, a iniciativa que Memoria Histórica Democrática e a Asociación Fuco Buxán, apoiadas por unha vintena de agrupacións e centos de cidadáns, elaboraran para celebrar, no 2022, o 50 Aniversario dos  tráxicos acontecementos sucedidos en 1972 a nivel de Galicia, primeiro en Ferrol e, inmediatamente, en Vigo e outras localidades, dando lugar ao recoñecemento parlamentario da xornada do 10 de marzo como “Día da Clase Obreira Galega”.

No devandito Manifesto, que expresaba a vontade de considerar todo o ano afectado por esa celebración, sinaláronse algúns trazos fundamentais dese Aniversario, destacando, entre eles, un tema concreto: a vontade de rescatar da  vergonzante marxinalidade o simbólico e significativo Monumento que lle fai xustiza; para iso, resulta imprescindible o seu traslado ao centro da praza, onde lle corresponde de pleno dereito.

En paralelo, reclámase a denominación de “Praza do 10 de marzo” ao espazo público abarcado.

No seu día, o 12 de setembro de 1994, publicara na prensa, unha carta dirixida ao Sr. Alcalde, lembrándolle que a remodelación de toda a zona desprazara a localización do Monumento.

Naquel escrito, expresábame nos seguintes termos: Tras as obras de remodelación da entrada á cidade e a creación dunha praza, desprazando lateralmente as estradas de entrada e saída, o Monumento ao 10 de marzo foi marxinado de forma extrema….

Aténdonos á Verdade Histórica, a intervención policial do día de autos, coa pretensión de cortar pola metade a manifestación que, desde a Estrada de Castela, discorría xa pola Estrada das Pías (denominada naqueles momentos como Av. Jorge Vigón), chegou e até superou a actual zona de emprazamento do Monumento, ata que a heroica resposta dos traballadores -pedras contra fusís- obrigoulles a retroceder e refuxiarse no Cuartel.

Esa brutal intervención “das forzas da orde” obrigou aos traballadores a desprazarse á zona de entrada da estrada para pórse a salvo.

Quen fomos testemuñas directas dos feitos sabemos que foi o lugar que hoxe ocupa a “Porta Nova”, o centro de todos aqueles feitos, que haberían de culminar coa morte dos compañeiros Amador e Daniel por disparos da Policía, que causaron, ademais, numerosos feridos indefensos, reos do delito de demandar unha vida digna para as súas familias.

Sabemos tamén que as dúas vías de entrada e saída á cidade, coincidían co centro da actual praza, polo que a nosa pretensión de traslado do monumento está máis que xustificada.

Por todo iso, reclamo a maior atención a esta esixencia e o seu cumprimento, cando transcorreron 50 anos daqueles acontecementos, con proxección histórica, presentes aínda nunha memoria cidadá, merecedora de verdade e de Xustiza.

Sí, “…esiximos un decoroso e digno emprazamento do monumento en lugar privilexiado da nova Praza…”, facémolo para sacalo da incomprensible marxinalidade a que, por razóns non o suficientemente explicadas, viuse relegado. O seu autor, Xoan Xosé Braxe Rei, artista comprometido e solidario, tamén llo merece.

As efemérides do 10 de marzo significa para Ferrol e as súas Traballadoras e Traballadores -como o representa para Galicia (e aínda máis aló)-, unha data de insoslaiable referencia no longo camiño por conseguir Dereitos e Liberdades que a ditadura franquista negara por máis de corenta anos á Sociedade Española.

A Clase Obreira Galega hoxe demándanos que tanto esforzo, tanto sacrificio, tanto sangue derramado non sexan en balde e, de igual modo, que se lle recoñeza o seu protagonismo na vangarda, ao longo e ancho da nosa Longa Noite de Pedra, algo que, por desgraza, están a pretender sepultar no esquecemento unhas voces que só representan o rostro máis escuro e sinistro do fascismo ilustrado.

Ferrol, 15 de outubro de 2021


[*] Rafael Pillado Lista, San Cibrao (Cervo) o 12 de xuño de 1942, xubilado de BAZAN, é Vicepresidente da A.C. Fuco Buxán e membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Foi un activista sindical e político nos anos da ditadura franquista, sen deixar nunca a súa actividade social e política. Foi condenado polo TOP (Tribunal de Orden Público da Ditadura Franquista), no chamado proceso dos 23 de Ferrol, polos sucesos de Marzo do 72, polo que foi encarcerado en Carabanchel e con anterioridade na prisión da Coruña. Foi Secretario Xeral do PCG e foi concelleiro en Ferrol co PSOE no que estivo afiliado até finais 2011. Participou no Encontro Social e na Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra e nas Marchas da Dignidade de Ferrolterra. Agora está ligado a Podemos. Escribe artigos sobre a actualidade nos medios locais. Ten escrito un importante e moi interesante libro sobre unha parte da nosa historia recente "O Latexo da vida e da conciencia - Memorias Colectivas de Rafael Pillado - I (Primeiro Volume)". E xa en decembro de 2019, publicou o segundo volume das súas memorias: "A dura luz da memoria | PALABRAS AFIADAS | Memorias colectivas de Rafael Pillado - II".

10 de Marzo 1972
50 Aniversario. Memoria e Dignidade


Adxunto:. Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

10m72.50aniversario@gmail.com
Facebook:  Dez de Marzo Cincuenta Aniversario.

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
7 de novembro de 2021 13:03

_______

sábado, novembro 06, 2021

Homenaxe ao guerrilleiro antifascista Benigno Fraga Pita - Sábado 13 de novembro, ás 11:30hs, no Ateneo Ferrolán e ás 13:30 no Cemiterio de Catabois - Organizado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH)


Acto a realizar en Ferrol: a homenaxe ao guerrilleiro antifascista Benigno Fraga Pita, a entrega de restos por parte da ARMH, enterro e xantar de confraternidade

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) exhumou, entre os días 3 e 4 de xuño de 2020, o corpo de Benigno Fraga Pita enterrado nunha foxa individual na zona civil do cemiterio de Celeiros (Chandrexa de Queixa) Ourense.

O sábado 13 de novembro ás 11:30hs celebrarase o acto de homenaxe a Benigno Fraga Pita no Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204).

Intervirán  no acto:

A ARMH, familiares e veciños de Celeiros.

Coa a participación de poetas e músicos.

Presenta a periodista Clara Bernal.

De seguido, no cemiterio de Catabois ás 13:30hs realizarase procederá se ó  enterro.

Para o enterro haberá servizo de autobús.

A continuación haberá un xantar de confraternización

RESERVAS

Agradecemos nos comuniquen a asistencia ao acto para a reserva no Ateneo, no autobús e no restaurante no correo:

armhgalicia@gmail.com

Benigno na II Agrupación do Exercito Guerrilleiro de Galicia

Benigno Fraga Pita
, Alexandro ou Alexandro O Vello. Comisario Político desta II Agrupación, membro do Comité Provincial do PCE da Coruña e enviado a Ourense para fundar a II Agrupación. Nacido nas Somozas, A Coruña, en 1892, traballou como mestre armeiro nos arsenais de Ferrol, exerceu como secretario de Organización do PCE en Ferrol, e descuberta o seu pertenza ao Partido Comunista, tivo que fuxir. Ao incorporarse á Guerrilla foi cando o partido enviouno a Ourense, onde asentou a súa base na Edreira, que é unha casa de proporcións considerables no Macizo Central Ourensán, onde se poden contabilizar un total de ata 18 guerrilleiros entre os que se atopa tamén Camilo de Deus.

En torno a febreiro de 1949, o réxime franquista intensificara a súa represión, polo que se planean golpes combinados desde a II Agrupación contra o réxime. Por unha banda, o 8 de marzo ou poida que uns días antes, un grupo formado polos guerrilleiros: Saúl Maio, Anxo Santos e Enrique Rei, saía con destino Valdeorras-O Bierzo para reunirse cos mandos superiores para expoñerlles a súa situación e solicitar recursos económicos para a partida.

Doutra banda, do cuartel xeral da Edreira, saíu o 8 de marzo de 1949 a Guerrilla de Choque de Juan Sorga para a capital ourensá, que planeaban golpear duro sobre os elementos represores. Aquel grupo formábano os seguintes guerrilleiros: Manuel Rodríguez González, Manuel Novoa Barreiros, Antonio Pérez Barreiros, Jose María Saavedra, Camilo de Deus Fernández e Juan Sorga. Este golpe, do que destacan episodios coñecidos por todos como o da Casa das Mercés, finalizou o 18 de marzo de 1949, co guerrilleiro Manuel Novoa Rodríguez morto, tres dos guerrilleiros detidos, dos que José Saavedra e Camilo de Deus resultaron feridos, e dous guerrilleiros que conseguiron darse á fuga, que foron Manuel Rodríguez e Juan Sorga, que conseguiron regresar ao campamento basee.

Paralelamente, o mesmo 18 de marzo de 1949, os seis guerrilleiros que quedaron na base da Edreira, á espera de que estes dous grupos volvesen, tiveron que presenciar quéimaa da base por parte da Garda Civil e poñerse a cuberto nos montes e agardar o regreso dos seus compañeiros. (Hai que destacar aquí a represión da Garda Civil cos arrendatarios reais da Edreira, os Galán, que daban acubillo á agrupación). Estes seis guerrilleiros eran: Benigno Fraga, Lucio Saburido, José María Cerviño, Gumersindo Ansias e Perfecto de Deus e a súa nai, Carmen Fernández. Despois uníronselles Manuel Rodríguez e Juan Sorga, e foise Lucio Saburido que negociou a súa detención. É dicir, a principios de abril de 1949, en total quedaban agrupados 7 dos guerrilleiros da II Agrupación. Coa necesidade apertando, o grupo se viu obrigado a baixar dos montes o mércores 27 de abril de 1949, pola vertente de San Mamede que dá ás terras de Queixa por O Curro de Mede. Chegaron á Cantina do Eliseo en Candedo, que se atopaba na desembocadura do camiño sen necesidade de achegarse á localidade. O grupo é cercado pola Garda Civil ese mesmo día, cando estaban conseguindo alimentos, conseguen escapar fóra diso Benigno Fraga Pita, que morre por mor dun artefacto explosivo. Dato importante a ter en conta na análise antropolóxico-forense de ser atopado o corpo.

En varias fichas policiais figura que Benigno morreu o 28 de abril de 1949 na base da Edreira dun disparo dun garda. Con todo, a Garda Civil ante sospeitas máis que confirmadas de que A Edreira era a base dos guerrilleiros préndelle lume o 18 de marzo de 1949, paralelamente a actuacións que a guerrilla estaba realizando en zonas próximas, polo que Benigno non puido ser asasinado na Edreira un mes despois xa que o lugar non existía e eles, os sete guerrilleiros que quedaban agrupados estaban refuxiados por outras zonas dos montes de Ourense. Esta información tamén é desmentida por Camilo de Deus.

Durante a de documentación do caso foi atopada a causa 146 de 1949 no Arquivo Militar Intermedio de Ferrol, nela existe un acta de inhumación que sitúa o lugar de enterramento de Fraga Pita.

Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica
 
Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
1 de novembro de 2021 17:51

_______

mércores, outubro 06, 2021

Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática presentaron ante os medios de comunicación o Manifesto con motivo do 50 Aniversario do 10 de Marzo de 1972


Onte, 5 de outubro de 2021, no Parador de Turismo, Directivas e Directivos das Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática presentaron ante os Medios de Comunicación o Manifesto con motivo do 50 Aniversario do 10 de Marzo de 1972, que terá lugar o vindeiro ano. Promovido este Manifesto por ambas organizacións co apoio de outras Asociacións e Entidades e de numerosas persoas, de todos os ámbitos da sociedade, explica as motivacións para levar a cabo todos os actos que no próximo 2022 se celebrarán, non só como lembranza dos pasados feitos senón como  a necesidade de coñecelos e relacionalos coa vida presente e futura.

Fixeron a presentación do acto, pola A.C. Fuco Buxán, Susana Alaníz, Presidenta e Rafael Pillado, Directivo e represaliado nos sucesos do 72 e noutros anteriores, e pola A.C. Memoria Histórica Democrática, Manuel Fernández Pita, Presidente e Beatriz Rascado, Directiva. Acompañados de representantes das Entidades e persoas asinantes do Manifesto.

Para este MANIFESTO, que achegamos, coa relación de apoios ata agora, seguimos recibindo e solicitando a adhesión de cantas Organizacións e persoas desexen apoialo. Pódense recibir no e-mail sinalado ao pé, ou no Facebook, e periodicamente se irán publicando. Rogamos tamén a colaboración de todas e todos na súa difusión.

Daremos ampla información de cantas actividades se vaian programando para facer, entre todas e todos, unha digna celebración do 50º Aniversario do “Día da Clase Obreira Galega” ao longo do 2022 extensivo aos anos sucesivos.

10 de Marzo 1972
50 Aniversario. Memoria e Dignidade


Adxunto:. Manifesto. Relación de Adhesións. Logotipo.

10m72.50aniversario@gmail.com
Facebook:  Diez DE Marzo Cincuenta Aniversario

Documentos:

✔ Selo Logotipo 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

✔ Apoios ao Manifesto do 50 aniversario do 10 de Marzo. | Acceder/Baixar.

 
Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática  

www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol
 
Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
6 de outubro de 2021 07:49

_______

Proposta nova localización do Monumento 10 de Marzo, símbolo da solidariedade da clase obreira


Proposta Monumento 10 de Marzo

Memoria e Dignidade
50 Aniversario 10 de Marzo de 1972


Na Roda de Prensa celebrada onte no Parador, para presentar o Manifesto, anunciouse como cuestión prioritaria a inminente solicitude, ao Concello de Ferrol, de que o Monumento ao 10 de Marzo, obra xenerosa do artista plástico Xoán Braxe, símbolo da Clase Obreira Galega, sexa trasladado desde o emprazamento actual ao centro da contigua Plaza da Porta Nova, lugar máis destacado e coincidente coa localización dos tráxicos sucesos que o motivan.

Contacto:

10m72.50aniversario@gmail.com
 
Enviado por:
10M72 50Aniversario
-10m72.50aniversario@gmail.com-
6 de outubro de 2021 08:59

_______

luns, setembro 20, 2021

Hoxe, luns 20 de setembro, en Radio Filispím: Os Historiadores da AC. Ferrolterra Antiga realizarán un debate sobre a actualidade e potencialidades da Memória Histórica en Ferrol, coa presenza de Xosé Manuel Suárez (Investigador) e Manuel Fernández Pita (Presidente da A.C. Memoria Histórica Democrática)



Luns 20, 18 hs, en  Radio Filispím (93.9 FM).

Contidos  do PROGRAMA 117. UNHA TARDE NO MUÍÑO

✅ Memoria doutros 11-S. Salvador Allende, sempre, por Celia Fernández Alvariño (Unha ollada sociolóxica).

✅ Outro mundo é posible. Rafa Rodríguez entrevista a Luis Ruiz Rodríguez.

✅ Ferrol, un espazo para a Memoria. Os Historiadores da AC. Ferrolterra Antiga realizarán un debate sobre a actualidade e potencialidades da Memória Histórica en Ferrol. Coa presenza de Xosé Manuel Suárez (Investigador) e Manuel Fernández Pita (Presidente da A.C. Memoria Histórica Democrática).

✅ Noticias dende o Barrio Alto-Canido, por Roberto Taboada.
 
Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
 
Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
memoriahistoricademocratica@gmail.com-
19 de setembro de 2021 16:54

_______

domingo, xullo 18, 2021

Homenaxe e acto reivindicativo en Ferrol, celebrado este 18 de xullo, pro memorial de dignidade para homes e mulleres asasinados do franquismo - Vídeo do acto

Homenaxe en Ferrol ás persoas asasinadas polo franquismo nas comarcas (Ferrolterra, Eume e Ortegal)

Homenaxe e acto reivindicativo en Ferrol, celebrado este 18 de xullo de 2021, na Praza de Armas de Ferrol, ás 12 do mediodía, pro memorial de dignidade para homes e mulleres asasinados do franquismo.



Enlace de referencia en Ártabra 21:

Ante o desleixo do Goberno do Concello Municipal de Ferrol, para executar o acordo Plenario do 29 de setembro do 2017, para erixir un Monumento como Memorial de dignidade para homes e mulleres asasinados do franquismo, convocase un acto reivindicativo na Praza de Armas diante do Pazo Municipal, o domingo 18 de xullo ás 12 do mediodía. | Ártabra  21 - 10 de xullo de 2021 | Acceder.
_______

Homenaxe en Ferrol ás persoas asasinadas polo franquismo nas comarcas (Ferrolterra, Eume e Ortegal) - Hoxe domingo 18 de Xullo, na Praza de Armas, ás 12 do mediodía


Homenaxe en Ferrol ás persoas asasinadas polo franquismo nas comarcas (Ferrolterra, Eume e Ortegal) - Domingo 18 de Xullo, na Praza de Armas, ás 12 do mediodía. Acto organizado pola Comisión pro memorial.


Enlace de referencia en Ártabra 21:

Ante o desleixo do Goberno do Concello Municipal de Ferrol, para executar o acordo Plenario do 29 de setembro do 2017, para erixir un Monumento como Memorial de dignidade para homes e mulleres asasinados do franquismo, convocase un acto reivindicativo na Praza de Armas diante do Pazo Municipal, o domingo 18 de xullo ás 12 do mediodía. | Ártabra  21 - 10 de xullo de 2021 | Acceder.
_______

sábado, xullo 10, 2021

Ante o desleixo do Goberno do Concello Municipal de Ferrol, para executar o acordo Plenario do 29 de setembro do 2017, para erixir un Monumento como Memorial de dignidade para homes e mulleres asasinados do franquismo, convocase un acto reivindicativo na Praza de Armas diante do Pazo Municipal, o domingo 18 de xullo ás 12 do mediodía


Ante o desleixo do Goberno do Concello de Ferrol para executar o acordo Plenario do 29 de setembro do 2017, para erixir un Monumento como Memorial de dignidade para homes e mulleres asasinados do franquismo, convocase un acto reivindicativo e homenaxe na Praza de Armas diante do Pazo Municipal, o día 18 de xullo ás 12 do mediodía

PRO MEMORIAL ASASINADOS POLO FRANQUISMO
De Ferrolterra, Eume e Ortegal

O pasado 1 de xullo, reunían-se 23 persoas, co apoio de 100 máis, para recuperar a iniciativa para erixir un Monumento como Memorial de dignidade para homes e mulleres asasinados do franquismo, comprometidas co ánimo de seguir apoiando a causa, despois de deixar claro o desleixo do Goberno Municipal do Concello de Ferrol para a erección do MONUMENTO ÁS VÍTIMAS DE FRANQUISMO, que fora acordado por un Pleno Municipal o 29 de setembro do 2017. Quedou constituída unha Comisión, conformada por Mar Sabín Sueiras, Iván Rivas Rico, Ton Blanco Carballo, Suso Basterrechea, Anxo Ferreiro Currás e Vicente Couce Ferreira, para organizar o Acto que se acordou facer o vindeiro domingo 18 de xullo, ás 12 do mediodía, na Praza de Armas, diante do Pazo Municipal, para dignificar estas vítimas que loitaron pola democracia e pola liberdade e demandar do Concello a execución do citado acordo Plenario.

Para o acto elaborara-se un cartaz onde diga:

PRO MEMORIAL ASASINADOS POLO FRANQUISMO e coa listaxe das vítimas que nos proporcionaron os autores e historiadores: Xosé Manuel Suárez e Bernardo Máiz Vázquez, historiadores e promotores da iniciativa aprobada a quen se lle confiara a elaboración da nómina de vítimas.

A CONVOCATORIA FAI UN CHAMAMENTO A VECIÑANZA E ÁS PERSOAS QUE SODES FAMILIA DAS VÍTIMAS, QUE VIVIRON O TERROR, SILENCIO E ESQUECEMENTO

Sabemos que aínda hai familiares das vítimas que viven a tristeza dos seres queridos que loitaron e deron a vida pola democracia, pola liberdade contra do fascismo. Tamén sabemos que sufriron o abandono e o esquecemento de Ferrol, Ferrol viviu nun terror imposto por unha ditadura atroz. Exiximos do Concello de unha vez por todas levante ese Monumento como Memorial de dignidade para homes e mulleres e queden os seus nomes gravados de forma indelébel. Nós estaremos na fronte e non pararemos ate que o Concello faga o MONUMENTO ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO. Se non o pode facer que delegue.

En Xullo de 2018, fai tres anos, o Concello facía o chamamento logo de ser aprobado o Memorial nun Pleno Municipal que transcribimos a continuación:
Chamamento ás vítimas do franquismo. 1936-1976.

En xullo do 1936 importantes seccións do Exército español erguéronse en armas contra da legalidade republicana, desencadeando unha guerra de tres anos. A represión foi o medio principal para acadar un Nuevo Estado asentado de maneira permanente nunha represión metódica e implacable, un réxime que nunca se someteu a ningún control democrático: aquel tempo cruel durou ata 1976, catro décadas.

O Pleno municipal de Ferrol aprobou o 29 de setembro do 2017 (sen ningún voto en contra) a construción dun MEMORIAL que recollerá a lista nominal de vítimas do franquismo nos territorios de Eume-Ferrolterra-Ortegal, tomando como centro de referencia Ferrol como lugar onde a represión mortal foi cuantitativamente máis elevada.

A elaboración da nómina de vítimas foi confiada aos Drs. Hª. Bernardo Máiz Vázquez e Xosé Manuel Suárez como propoñentes dun proxecto elevado para o seu coñecemento e financiación á Mancomunidade, á Deputación e aos 21 concellos da área estudada. Non imos detallar agora as dificultades para pescudar as identidades de todas as vítimas. Nesta altura, os profesores Máiz e Suárez, como produto do xa esculcado, contrastado na análise dos sumarios dos consellos de guerra que produciu a represión e coa investigación en rexistros civís e parroquiais, contan cunha moi fiable e completa base de datos de persoas represaliadas con nomes, datas, lugares, ...

Podemos adiantar que de Ortegal ao Eume o número de vítimas de fusilamentos e de ”paseos” entre 1936 e 1939 supera con moito ás oitocentas. Tristemente, a represión continuou durante toda a Ditadura e aínda sobrepasou á morte do ditador, de xeito que a cifra total de persoas asasinadas ata 1976 achegase ás mil.

A lista permanecerá 15 días na páxina WEB do Concello de Ferrol, PREGAMOS COMUNIQUEN AS INEXACTITUDES, OMISIÓNS, ERROS, AUSENCIAS,... CUBRINDO O FORMULARIO ADXUNTO.

Con este MEMORIAL, renderemos homenaxe perdurable ás mulleres e homes que entre 1936 e 1976 deron a súa vida na defensa da democracia e a igualdade.

Ferrol. Xuño 2018.

LISTAXE PROVISIONAL REXISTRADO NO CONCELLO NO SEU MOMENTO, ACADABAN A 984 PERSOAS

Pode consultar a Listaxe de vítimas do franquismo 1936-1976 (Eume-Ferrolterra-Ortegal), elaborada en 2018, premendo no documento da dereita. | Acceder/Baixar.

PARTICIPA NA HOMENAXE A ESTES ASASINADOS, HEROES E MÁRTIRES !!
_______

martes, xuño 29, 2021

Sentimento polo pasamento do compañeiro Juan Antonio Fernández, Curro - Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática


Sentimento polo pasamento do compañeiro Juan Antonio Fernández, Curro

A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, lamenta comunicar o pasamento, onte en Santiago, do noso querido compañeiro Juan Antonio Fernández Rodríguez, Curro, da Sección de Cedeira, para todas e todos nos un valioso referente de fidelidade e compromiso coas ideas da Memoria, sociais e de progreso, que a pesar das adversidades mantivo toda a súa vida. Estará sempre con nos o seu exemplo e a súa entrañable lembranza.

Para a súa filla Teresa e o seu neto, a nosa solidaria aperta.

Curro, era fillo de Manuel Fernández Freijeiro, Alcalde de Cedeira en 1936 e irmán de Ginés, ambos fusilados o 18 de Decembro de 1936, no Castelo de San Felipe, polo seu compromiso coa República.








Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática

Democráticawww.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com

en facebook:Memoria Historica Democratica

en twitter: Memoria Ferrol @memoriaferrol 

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
29 de junho de 2021 11:48

_______

venres, xuño 25, 2021

Encontro da A.C. Memoria Histórica Democrática con Fernando Martínez, Secretario de Estado da Memoria Democrática - Centro de Interpretación da Memoria que o Concello de Ferrol se comprometeu a manter no Castelo de San Felipe


ENCONTRO CO SECRETARIO DE ESTADO DA MEMORIA DEMOCRÁTICA

Esta mañá a A.C. Memoria Histórica Democrática, invitada pola Delegación do Goberno, en A Coruña, estivo presente no Encontro mantido entre o Secretario de Estado da Memoria Democrática, Fernando Martínez, a Subdelegada do Goberno, María Rivas e varias asociacións e fundacións mMemorialistas.

Valoramos moi positivamente o contido da reunión e as extensas explicacións que do proxecto de Lei da Memoria Democrática deu o Secretario de Estado, e de todas as posibilidades de aplicación desta norma legal como vehículo de recuperación, reparación, pedagoxía e prevención para a non repetición de feitos que deixaron tráxica pegada na historia deste país e dos seus habitantes. Así como da súa extensión orzamentaria e do protagonismo das distintas institucións para levalo a cabo.

Tivemos oportunidade de abordar temas importantes para a nosa Asociación e a nosa Comarca, que xa formularamos ao Secretario de Estado, nun encontro virtual o pasado día 2, convidados pola Agrupación Socialista Ferrolá,  como son o demandado Centro de Interpretación da Memoria que o Concello de Ferrol se comprometeu a manter no Castelo de San Felipe, no seu acordo plenario de abril de 2017, froito dunha vella solicitude nosa do 2015 e dunha Moción do G.M. Socialista.

Tamén o tema de recuperación e dignificación dos Cemiterios do Norte de África onde descansan moitos mariños republicanos, boa parte deles galegos e ferrolterráns.

Mañá estaremos tamén presentes no Pazo de Meirás, na firma do Convenio de Usos, entre o Estado, a Xunta de Galicia, a Deputación d'A Coruña e os concellos d'A Coruña e Sada, acto ao que asistirá a Vicepresidenta do Goberno e Ministra da Memoria, Carmen Calvo.

www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
@MemoriaHistoricaDemocratica
@memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
25 de junho de 2021 19:29

_______

Documentación:

✔ Anteproxecto de Lei de Memoria Democrática. En formato pdf e 66 páxinas. | Acceder/Baixar.

✔ Memoria da Análise de Impacto Normativo. En formato pdf e 43 páxinas. | Acceder/Baixar.

_______





xoves, xuño 03, 2021

O Secretario de Estado da Memoria Democrática, Fernando Martínez, comprométese coa A.C Memoria Histórica Democrática e a Executiva do PSdG-PSOE de Ferrol a declarar o Castelo de San Felipe símbolo da Memoria Histórica



O pasado mércores 2 xuño, tivo lugar un acto aberto da Agrupación Socialista de Ferrol que consistiu nunha conferencia-coloquio telemática, baixo o título: "Recuperando a Memoria Histórica" coa participación de Fernando Martínez López, Secretario de Estado de Memoria Democrática e Juan Andrés Perelló Rodríguez, Secretario de Xustiza e Liberdades da Executiva Federal do PSOE, presentados por Beatriz Sestayo Doce, Secretaria Xeral de Ferrol. Foi un acto aberto no que participaron diferentes persoas de organizacións da comarca entre as que estaba o presidente da Asociación Memoria Histórica Democrática, asociación que despois do acto emitiu un comunicado que a continuación transmitimos.


O Secretario de Estado da Memoria Democrática, Fernando Martínez, comprométese coa A.C Memoria Histórica Democrática e a Executiva do PSdG-PSOE de Ferrol a declarar o Castelo de San Felipe símbolo da Memoria Histórica.


Como Asociación, tivemos onte a oportunidade de participar, convidados pola Agrupación Socialista de Ferrol, nun concorrido encontro virtual, “Recuperando a Memoria Histórica”, no que Fernando Martínez, Secretario de Estado de Memoria Democrática e Juan Andrés Perelló, Secretario de Xustiza e Liberdades da Executiva Federal do PSOE, presentados por Beatriz Sestayo, Secretaria Xeral de Ferrol, fixeron unha interesantísima exposición da situación actual da Memoria Histórica e da importancia que a nova Lei de Memoria Democrática vai ter en todas as ordes, en canto á recuperación, reparación, pedagoxía e prevención para a non repetición de feitos que deixaron tráxica pegada na historia deste país e dos seus habitantes.

No coloquio, a nosa A.C. Memoria Histórica Democrática tivo oportunidade de lembrar dous temas para nós fundamentais: O Centro de Interpretación da Memoria, no Castelo de San Felipe, aprobado por acordo plenario do noso Concello en 2017, como espazo permanente de recordo e de exposición pedagóxica que o Concello deberá administrar e pór en valor, ao que ambos relatores manifestaron a súa consideración de que San Felipe ten que ser un dos lugares principais da Memoria e ofreceron a súa colaboración para a súa posta en marcha.

Outro tema que apuntamos foi a recuperación e dignificación dos Cemiterios no Norte de África (Túnes, Alxeria e Marrocos) onde descansan exiliados españois da Mariña Republicana, e as súas familias, entre os que se atopan numerosos ferroláns, considerando, nos casos que proceda, a exhumación e repatriación dos seus restos. Sobre isto comunicounos o Secretario de Estado a total disposición do Goberno de España para levalo a cabo, que é un tema no que xa están a traballar e en casos concretos o labor está moi adiantada.

A nosa satisfacción por este acto interesante e necesario e o noso agradecemento á Executiva Local Socialista.

Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
http://www.memoriahistoricademocratica.org/
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook: Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol @memoriaferrol
_______

luns, maio 03, 2021

Presentación do libro: 'Romanza de los naranjos en flor' de Juan Galán - No Ateneo Ferrolano, o mércores 12 de maio, organizado pola Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática

Presentación libro: "Romanza de los naranjos en flor" de Juan Galán

A  A.C. Memoria Histórica Democrática, convida a participar na presentación do libro “Romanza de los naranjos en flor” de Juan Galán. O mércores 12 de Maio, ás 19:00 hs. no Ateneo Ferrolán.

Acompañarán neste acto ao autor, o profesor José Antonio Ponte Far e o profesor e historiador Enrique Barrera Beitia.

Trátase dunha historia ambientada na Guerra Civil española, no Campo de Prisioneiros de Oia (Pontevedra), a máis de lugares como Ferrol, Serantes, Coruña…

O aforo será limitado e a forma de reservar asistencia será comunicada oportunamente

https://eu.docworkspace.com/d/sIFj1vaFc44LMgwY

Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
Visita as nosas páxinas web:
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook: Memoria Historica Democrática
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
12 de abril de 2021 23:42

______

mércores, abril 21, 2021

O Arquivo da Transición actualiza o seu contido - ... documentos, xornais e materiais que produciron as organizacións, movementos e persoas que estiveron na Vanguardia contra o franquismo e que se opuxeron á Reforma Política impulsada por Adolfo Suárez - Organizacións e movementos pola ruptura democrática


O Arquivo da Transición quere conservar as imaxes, documentos, xornais e materiais que produciron as organizacións, movementos e persoas que estiveron na Vanguardia contra o franquismo e que se opuxeron á Reforma Política impulsada por Adolfo Suárez, que permitiu ás institucións franquistas a pervivencia incrustadas na democracia.

Nas últimas semanas:

☑ Incorporamos o acceso á documentación das organizacións desenvolvidas a partir do grupo "Octubre".

☑ Ampliamos e melloramos o acceso á hemeroteca.

A hemeroteca contén xa unhas 1500 publicacións dos anos da Transición e dimos-lle un formato máis accesíbel para localizar axiña a información.

Podes consultar a hemeroteca desde aquí.

E, como sempre, o ARQUIVO DA TRANSICIÓN non é só un depósito documental para os estudosos senón que está igualmente pensado como lugar de consulta puntual de acontecementos e organizacións da Transición española.

Saúdos

https://archivodelatransicion.es/

Foto: Vendendo "La Unión del Pueblo", órgano do Comité Central do Partido del Trabajo de España (PTE).

Enviado por:
Arquivo da Transición
-info@archivodelatransicion.es-
20 de abril de 2021 19:01

_______

venres, abril 16, 2021

Podemos Ferrol e Rebeldía Galicia reclama a retirada da simboloxía fascista no concello de Ferrol e presenta unha Moción - A memoria é un alicerce fundamental da saúde democrática dun territorio, mais en Galicia semella estarse a desvanecer ante as novas xeracións, que medran totalmente alleas ao pasado


MOCIÓN LEI MEMORIA HISTÓRICA - PODEMOS FERROL

Podemos Ferrol e Rebeldía Galicia reclama a retirada da simboloxía fascista no concello de Ferrol

No concenllo de Ferrol hai hoxe aínda 33 símbolos que conmemoran a persoeiros relacionados coa sublevación do 36, a Guerra Civil ou a Ditadura, entre eles 12 rúas, 14 distincións honoríficas, e 7 escudos, placas ou monumentos.

Podemos Ferrol e Rebeldía Galicia ven de presentar una mocións no concellos de Ferrol reclamando a retirada das pegadas fascistas aínda vixentes, ademais de propostas para a conservación e divulgación da memoria histórica no concello.

A iniciativa, realizada en colaboración con Podemos Galicia e Rebeldía Galicia en diversos concellos galegos cando se conmemora o noventa aniversario da proclamación da II República, inclúe a exposición nas rúas das biografías dos fascistas homenaxeados por esa simboloxía, coa intención de crear conciencia colectiva.

A intención non é borrar a historia, senón reparala con verdade, memoria e xustiza”, subliña Aitor Neira e Tamara Deza, voceiros de Rebeldía Galicia. “A sociedade ten unha gran responsabilidade colectiva coa historia para que non se volva a repetir. Por iso, sentímonos na obriga de pedir hoxe aquí unha cousa moi sinxela: que se cumpra a lei”.

A Lei 52/2007 de 26 de decembro, chamada Lei de Memoria Histórica, dita no seu artigo 15.1 que as administracións públicas, no exercicio das súas competencias, serán as encargadas de tomar as medidas oportunas para a retirada de simboloxía ou honores de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, a Guerra Civil ou a Ditadura.

Segundo os datos que puido recoller Podemos Ferrol e Rebeldía Galicia, Ferrol conta na actualidade con 33 símbolos que conmemoran a persoeiros que foron claves, importantes ou destacados no período escuro da sublevación, na Guerra Civil ou na Ditadura: en concreto 12 rúas encravadas no Arsenal e no Porto; 14 distincións honoríficas; e 7 escudos, placas ou monumentos.

Solicitamos o alcalde Anxel Mato que inste o Ministerio de Defensa e a ministra Robles, que cumpra a Ley de Memoria histórica e suprima as 11 rúas con nomenclatura franquista que actualmente ten o Arsenal militar de Ferrol, así como a retirada inmediata do escudo franquista da fachada do cuartel Sánchez Aguilera”, indica Xosé Iglesias, portavoz de Podemos Ferrol.

A memoria é un alicerce fundamental da saúde democrática dun territorio, mais en Galicia semella estarse a desvanecer ante as novas xeracións, que medran totalmente alleas ao pasado; cando é precisamente a mocidade a encargada de conservar, coidar e construír a memoria dende a verdade. Por iso Rebeldía Galicia e Podemos Ferrol entenden que deben ser os máis novos quen leven a iniciativa para que se cumpra a Lei de Memoria Histórica no territorio galego, catorce anos despois da súa entrada en vigor.

Mércores, 14 de abril de 2021.

Achegamos:

✔ Moción para o cumprimento da lei de Memoria Histórica no Concello de Ferrol. | Presentada o 14 de Abril de 2021. | Formato pdf. 5 páxinas | Acceder/baixar.

CONTACTOS

Rebeldía Galicia
Mail: rebeldiagz@gmail.com
Tamara Deza e Aitor Neira

Podemos Ferrol
Mail: ferrol@circulospodemos.info
Xosé Iglesias

https://www.facebook.com/PodemosFerrolOficial/

Enviado por:
Podemos Ferrol
-ferrol@circulospodemos.info-
14 de abril de 2021 16:55

_______

sábado, abril 03, 2021

Presentación do Roteiro 'Ferrol en Feminino' - A historia de Ferrol a través dos ollos das mulleres - Vídeo - Acceder ou Baixar o Libro - A historia escribiuse en masculino, ocultando que tras cada episodio, tras cada fazaña, tras cada retallo, miles de mulleres aportaban entrega, xenerosidade, intelixencia, valentía, dignidade, sufrimento, sorrisos..


Presentación do vídeo "Roteiro Ferrol en Feminino" - A historia de Ferrol a través dos ollos das mulleres. Un documento audio/visual baseado no libro publicado en 2009. Estas son as palabras de presentación do libro pola entonces Concelleira de Muller:
A historia escribiuse en masculino, ocultando que tras cada episodio, tras cada fazaña, tras cada retallo, miles de mulleres aportaban entrega, xenerosidade, intelixencia, valentía, dignidade, sufrimento, sorrisos... A historia de Ferrol non é unha excepción a esa concepción masculina que latexaba, e aínda latexa, na nosa sociedade. Pero hoxe, con este libro, queremos aportar á memoria común, centos de recordos aportados por unha sociedade viva, que afortunadamente négase a esquecer, para render homenaxe a tantas mulleres que foron protagonistas no desenvolvemento da nosa cidade.Sirva este libro para agradecer a todas elas a súa pegada na nosa historia, o seu traballo a prol dunha sociedade mellor. Grazas a todas as persoas que o fixeron posible, dende todo o equipo da Concellería da Muller, á Xunta de Galicia por crer neste proxecto de meses e meses de traballo, sensacións e sentimentos; grazas ás persoas que nos regalaron os seus recordos para a Memoria Común, e a todas e todos vós por ler este libro e contribuír ao fortalecemento da Historia de Ferrol en Feminino.

Ferrol, a marzo de 2009

Beatriz Sestayo Doce
Concelleira de Muller



Canle do Concello de Ferrol | Ir á Canle.

💜 "Ferrol en Feminino - Mulleres na Historia da Cidade- Rutas Turísticas". Libro en formato pdf de 84 páxinas | Acceder/Baixar.
_______

venres, abril 02, 2021

Manifesto por un pazo de Meirás dedicado á memoria, promovido por Montse Fajardo, Mª Xosé Bravo e Marta Dacosta - A loita feminista non debe ser utilizada de maneira interesada para impedir que o que foi un símbolo do fascismo reverta nun centro dedicado á memoria antifranquista - Enlace para asinar en apoio do Manifesto


Por un pazo de Meirás dedicado á memoria

A LOITA FEMINISTA NON DEBE SER UTILIZADA DE MANEIRA INTERESADA PARA IMPEDIR QUE O QUE FOI UN SÍMBOLO DO FASCISMO REVERTA NUN CENTRO DEDICADO Á MEMORIA ANTIFRANQUISTA

O pazo de Meirás é para o pobo galego o símbolo do espolio franquista. Durante décadas agardamos impacientes a que chegase a hora de recuperalo para o seu lexítimo propietario, o pobo galego, e agora que é posíbel, cremos que é o momento de mudar o seu significado e convertelo no símbolo da restitución da memoria das vítimas e da loita emprendida pola sociedade civil para acabar coa impunidade.

Esa debe ser a súa finalidade: a recuperación e a divulgación da memoria do pobo aldraxado e aniquilado e da súa loita antifranquista desde unha imprescindíbel perspectiva de país, clase e xénero, coa ollada posta tamén na restitución do recordo das mulleres que foron represaliadas, violentadas, abusadas, asasinadas, presas, depuradas, exiliadas, degradadas e escarnecidas e que aínda así foron quen de ser solidarias co pobo perseguido, e resistentes na loita e na transmisión do verdadeiro relato.

Como as propias labregas de Meirás en 1933, nunha revolta histórica, continuadora da que outras mulleres levaran a cabo en Nebra, en Oseira, en Salcedo, en Sofán ou Sobredo para lograr un profundo cambio que ficou paralizado co golpe de Estado de 1936. Tamén elas foron vítimas da ditadura que chegou despois e que, nalgúns casos, mesmo as despoxou das súas terras para maior gloria da familia Franco. É un acto de xustiza imprescindíbel para a cidadanía galega converter agora ese espazo en lugar de lembranza para quen deu a vida, até a morte, pola liberdade de pensamento e acción, para quen loitou contra o fascismo.

Cómpre facer visíbel a súa loita. Cómpre honrar a súa memoria. Cómpre facer do pazo de Meirás un centro dedicado a esta tarefa imprescindíbel.

Por iso, as que asinamos reclamamos que a memoria centre os usos do Pazo de Meirás e rexeitamos que, baixo a aparencia de o dedicar a outra loita tan necesaria como é a do feminismo, se impida, outra vez, facer xustiza coas persoas represaliadas.

Nós tamén dicimos que o feminismo non branquea o fascismo. Non agocha a memoria, está inzado dela.

Promoven este manifesto Montse Fajardo, Mª Xosé Bravo e Marta Dacosta.

✔ Formulario de adhesión | Acceder para asinar.

✔ Listaxe de apoios (non se actualiza automaticamente): Acceder.
_______

domingo, marzo 14, 2021

Estrea en Narón de 'Os nenos do Winnipeg', no Pazo da Cultura, o sábado 27 de marzo, ás 8 da tarde - A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, anima a asistir á estrea que pon en escena a Compañía de Teatro de Obxectos e Narrativa: 'La llave maestra'


Teatro "Los niños del Winnipeg" en Narón

Estrea en Narón de 'Os nenos do Winnipeg', no Pazo da Cultura, o sábado 27 de marzo, ás 8 da tarde. A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, anima a asistir á estrea que pon en escena a Compañía de Teatro de Obxectos e Narrativa: 'La llave maestra'.

Os textos ao igual que toda a obra foron creados especialmente para render unha homenaxe a todos os nenos e nenas  que viaxaron a bordo do Winnipeg, fuxindo da guerra civil española. E a Pablo Neruda, quen fixo posíbel esta incríbel fazaña. A actriz iranos mergullando nesta historia a través dos ollos de catro pícaros que viaxaban no barco da esperanza.

✅ Venda de billetes, tarifas, funcións... e outra info no Padroado da Cultura de Narón. | Ir á Web.

✅ Info sobre a obra en 'La Llave Maestra'. | Ir á Web.

Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
Visita as nosas páxinas web:
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook: Memoria Historica Democrática
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol
 
Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
13 de março de 2021 12:36

_______

sábado, marzo 13, 2021

Hai 20 anos que o feminismo deu nome á Praza Amada Garcia en Ferrol - Documento, Fotos e Vídeo - Letra de 'Adeus, Amada Garcia'


Este 8 de marzo, fixo 20 anos, desde que activistas feministas, puñan nome a praza pública localizada diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, co nome de Amada Garcia, a militante comunista e republicana, vítima  da barbarie fascista. Amada García Rodríguez, veciña de Mugardos, foi detida en 1937 e ingresada no cárcere acusada de rebelión militar. Cando a detiveran estaba en estado de xestación e non tardou en dar a luz ao seu fillo Gabriel [1]. Condenada a morte por un tribunal militar, foi levada co bebé á prisión no Castelo de San Felipe, na beira norte da canle de entrada á Ría. Tan só tiña 27 anos cando a fusilaron o 27 xaneiro de 1938, xunto a outros sete compañeiros [2].

Foi a organización feminista MNG (Mulheres Nacionalistas Galegas) [3] que formaba parte da Marcha Mundial das Mulleres, quen tomou a iniciativa de dar-lle o nome de Amada Garcia á Praza, xunto a unha serie de actos de homenaxe á republicana covardemente asasinada polas balas franquistas -muller silenciada perante máis de 60 anos. Sabendo que o Concello tiña pensado poñer o nome de Camilo José Cela á praza, as feministas reclamaron o nome de Amada Garcia para a citada praza, para a súa lembranza, recoñecemento e desagravio. As organizacións feministas consideraban a Camilo José Cela un machista e misóxino declarado. Ademais de ser unha persoa que se ofreceu como delator, de artistas e escritores republicanos do seu circulo, en plena represión fascista.


https://youtu.be/p5tcI3_knbg

A continuación transcribimos un emotivo e significativo comunicado da organización feminista, para o acto, fotos e vídeo, de pouca calidade, polos incipientes medios dixitais do momento, mais de alto valor simbólico e documental. A letra da canción interpretada polas Cantareiras de Trasancos e dun poema de Memela Ces Riobóo: "Adeus, Amada Garcia" [4].

8 de Março do 2001. Inauguraçom da Praça Amada García.

Queremos lembrar a umha mulher que no tempo da II República tivo os seus projectos, a sua actividade, a sua luita e os seus sonhos comunitários:

AMADA GARCÍA, ama de casa de Mugardos, era de esquerdas e era republicana, e como tal participava em comícios, em reunions, falava publicamente e mantinha umha organizaçom de mulheres en Mugardos. Era mui querida e respeitada, mas tambén odiada por alguns.

Os sonhos desta gente, os seus projectos para a comudidade ficárom rachados com o golpe de estado fascista.

AMADA GARCÍA, como outra muita gente, é acusada no tempo em que estava esperando o seu segundo filho. Sem importar esta circunstáncia é apressada e obrigada a fazer trabalhos forçados.

No momento de parir levam-na ao Hospital de Caridade onde as freiras lhe recordam que o seu filho devera morrer, pois vinha de “mal sangue”. Depois levam-na outra vez com o seu filho ao cárcere da avda. de Vigo, a actual comissaria de policía.

A 1 de dezembro do 37 celebra-se um conselho de guerra contra 45 republican@s de Mugardos, entre elas duas mulheres, umha delas é Amada García com o seu filho de dias nos braços, a sentença para ela é de morte, igual que para 37 pessoas mais.

O 26 de Janeiro levam a Amada e ao seu filho para o Castelo de S. Felipe. Metem-na numha cela onde Amada passa horas de pé porque nom quere que as chinches do camastro piquem ao neno, nom há outra cousa na cela.

Entre os pressos de ali houvo 25 companheiras que se oferecem a cambiar a sua vida pola de Amada mas nom o aceitam.

As 5 da manhá permíte-se-lhe a entrada ao seu home e a duas parentes para recolher o neno. Amada é valente e entom dá o seu legado ao seu filho: “o primeiro que lhe ensinaredes é o meu nome e porquê matárom a sua mai”.

Amada cai afusilada na 2º descárga de balas o 27 de Janeiro de 1938. Tinha 27 anos.

Com o passo do tempo as nossas nais ainda lembravam em voz baixinha a esta mulher: “os assassinos, esperárom a que parisse para matá-la. E esse filhinho, que será dele sem a sua nai?”

Em voz baixinha porque o silêncio estava imposto.

Agora o nome de Amada parece esvaer-se mentres os nomes dos fascistas ainda estám nomeando as nossas ruas.

Nós, hoje, queremos rescatar do silêncio da historia o seu fermoso nome e explicar por quê a matárom, mas desta volta, em voz mui alta.

MULHERES NACIONALISTAS GALEGAS. M.N.G.


Clicar acima da imaxe para ampliar
Clicar acima da imaxe para ampliar

O nome da praza no Consello Sectorial da Muller

A principios de outubro do pasado ano 2020, no Consello Sectorial da Muller do Concello de Ferrol, a Marcha Mundial das Mulleres propuxo formalizar institucionalmente o nome da praza como Praza Amada Garcia, aínda hoxe o Concello está pendente de aprobar en pleno dita proposta. Mentres o movemento feminista e social de Ferrol sigue chamando a praza: "Amada Garcia".

Adeus Amada Garcia, adeus Amadita, sempre na memoria e sempre no corazón.

Notas.-

[1] Gabriel Toimil Garcia, morreu o 2 de maio de 2014, os seus restos están xunto aos da súa nai Amada Garcia no cemiterio de Serantes.

[2] Os outros fusilados pola barbarie fascista o 27 de xaneiro de 1938, no Castelo de San Felipe: Juan José Teijeiro Leira (de 42 anos, mariñeiro, de Mugardos, militante do PCE); José María Montero Martínez (de 39 anos, de Mugardos); Ángel Roldós Gelpi (de 50 anos, de Mugardos, de Izquierda Republicana, comerciante); Ramón Rodríguez López (de 38, de Caamouco-Ares); Antonio Eytor Cañizo (de 57, concelleiro de Mugardos, de IR, carpinteiro); Germán López García (de 50 anos, de Ares, mariñeiro, presidente de Fraternidade Sociedad de Traballadores da Terra e Oficios Varios de Caamouco-Redes, de UGT); Jaime González Pérez (de 31 anos, de Ares, dependente de farmacia).

[3] Mulheres Nacionalistas Galegas - MNG, organización feminista com importante presencia en Ferrolterra, nace en 1986 e hoxe sigue presente no movemento feminista galego. | Ir á Web.

[4] Un Canto a Amada Garcia, letra de Memela Ces Riobóo, con música popular da Beira Baixa portuguesa recollida pola Ronda dos Catro Caminhos, adaptada e interpretada polas Cantareiras de Trasancos.

Canto a Amada Garcia

Letra de "Adeus, Amada Garcia"

Como a fouce sega a erva
A tua vida foi segada
junto a mulheres e homes
de Mugardos cae Amada

Justiza berram as gorxas
das que agora a ti te cantam.
Justiza berravam todas
a tua também berrava.

Junto a mulheres e homes
em Mugardos cae Amada.
Como a fouce sega a erva
a tua vida foi segada.

Ti loitaches contra a sombra,
a luz de ti se prendava,
por amor teu ao teu povo
ficaches presa, Amada.

Forom moitas, forom moitos,
quem a vida por ti cambiavam,
mas eram a ti a quem temiam
por mulher republicana.

Na prisiom nace o teu filho
e a morte ti condenada
disque lhe falem de ti,
Entregas com el a alma.

Quem seria deste povo
a quem lembrar numha praça?
A quem gustou da censura
ou a quem lhe plantou cara?

A lembrança é para ti
por mulher e camarada,
por nai, razom e caminho,
por mártir republicana.

Adeus, Amada Garcia!
Adeus, Amada Garcia!
Adeus e moito obrigadas,
Adeus e moito obrigadas.
_______

martes, febreiro 23, 2021

Volver a pagar polo roubado: unha sentenza inasumible para un Estado democrático - Manifesto a mantenta da resolución da Audiencia Provincial da Coruña ao recurso da familia Franco a respecto do Pazo de Meirás - Enlace para asinar o manifesto


UNHA SENTENZA HISTÓRICA EN PRIMEIRA INSTANCIA

O pasado día 12 coñecíase a resolución da Audiencia Provincial da Coruña ao recurso da familia Franco a respecto do Pazo de Meirás. Esta nova sentenza, en base ás alegacións presentadas polas persoas demandadas, revisa a emitida pola xuíza Marta Canales en setembro de 2020. Unha sentenza histórica pola que se determinaba que o inmoble era patrimonio do Estado en base a sólidos argumentos xurídicos apoiados no coñecemento histórico: a fraude que implica a existencia de dúas escrituras contraditorias (1938 e 1941); o uso e xestión por parte do Estado durante toda a ditadura, facéndose cargo de todos os gastos e levando a cabo innumerables obras; a presenza do Estado máis alá da morte do ditador, con persoal a soldo das arcas públicas traballando no Pazo ata 1990. A todas estas razóns de peso, determinantes á hora de establecer a consideración do edificio como un ben público, a sentenza sumaba outras consideracións moi relevantes: o exercicio represivo que caracteriza ao proceso polo que o Pazo chega a mans do ditador ou a súa entrega en calidade de Xefe do Estado e non a título particular, acreditada pola documentación pero tamén evidenciada por un contexto no que a identificación de Francisco Franco co Estado é total e existe unha indelimitación entre os ámbitos do público e o privado.

O TRIUNFO DUNHA REIVINDICACIÓN DEMOCRÁTICA DA SOCIEDADE GALEGA

Pois ben, o primeiro que a nova sentenza vén poñer de manifesto é que a evidencia de que o Pazo de Meirás é propiedade pública é tan firme que hoxe moi dificilmente pode ser posta en cuestión. O documento que sostiña que o ben pertencía á familia Franco, a escritura de compra-venda de 1941, corresponde a un negocio simulado, a un fraude. A finca xa fora adquirida á súa propietaria en 1938 pola Junta Pro-Pazo del Caudillo, co obxecto de doala ao Xefe do Estado. En 1941, para inscribila como propiedade particular, Franco, a través do seu apoderado Pedro Barrié de la Maza, asina unha nova compra-venda na que a vendedora volve a ser a mesma persoa que xa vendera o ben en 1938 e na que se sinala un prezo ficticio, pois xa fora pagada. A esta evidencia súmase o uso continuado por parte do Estado e os investimentos públicos realizados. É dicir, que Franco tería recibido o Pazo de Meirás en calidade de Xefe do Estado, tería manobrado, incorrendo nunha simulación, para converter esa doazón nunha compra-venda que acreditase a posesión particular do edificio pero, en contradición, as propias administracións públicas daríanlle consideración de residencia oficial e de edificio público, asumindo todos os custes. A conclusión non podería ser outra: o Pazo de Meirás é unha propiedade do Estado.

Esta afirmación, formulada pola Avogacía do Estado na súa demanda, aceptada na sentenza de 2020 e ratificada na de 2021, representa un fito democrático produto dunha reivindicación colectiva. Un proceso con longo percorrido no tempo que se caracterizou pola divulgación de investigacións históricas, as reclamacións da sociedade civil, a suma progresiva de vontades e a construción de consensos en base a evidencias que dificilmente podían seguir sendo asumidas desde a perspectiva das institucións democráticas. O coñecemento dun pasado que nos avergoñaba como sociedade se non faciamos nada para mudar as súas consecuencias no presente. Neste contexto, a reivindicación social daba o salto ás institucións galegas (Deputación, Concellos e Parlamento galego) que acordaban a creación de órganos de estudo para a a incorporación do Pazo a patrimonio público, dos que nacerían informes clave para a recuperación do inmoble, sen custos para as arcas públicas, xa que este era un ben que xa pagara o pobo galego. Os informes concluían que o seguinte chanzo no camiño á recuperación do inmoble pasaba por que a Avogacía do Estado interpuxese unha demanda, como así fixo.

UNHA NOVA SENTENZA INACEPTÁBEL NUNHA DEMOCRACIA

Agora, cando semellabamos camiñar con paso firme cara á transformación do Pazo de Meirás nun referente de rexeneración democrática e de normalización da nosa relación co pasado traumático, a nova sentenza, que non contradí á primeira nos termos xa indicados, establece outras resolucións que afondan na dirección contraria. Fundamentalmente, porque manobra para satisfacer intereses moi cuestionables da familia Franco, retorcendo os límites da realidade e incorrendo en contradicións evidentes. Pero tamén porque tece un discurso acerca da ditadura que axuda a branquear o réxime, poñendo en dúbida conclusións das investigacións previas desde unha absoluta subxectividade e insultando á memoria das vítimas. No momento en que avanzabamos na ruptura co relato sobre a historia do Pazo de Meirás creado e difundido pola ditadura, unha sentenza colabora na consolidación de elementos dese relato e resolve que hai que indemnizar á familia Franco por un ben do que gozou sen que lle correspondese. Mentres, o mesmo goberno do Estado que interpuxo a demanda decide renunciar á posibilidade de presentar recurso e asume a sentenza como positiva para os seus intereses.

AFIRMAR QUE FRANCO POSUÍU O PAZO DE MEIRÁS DE “BOA FE” É UN INSULTO Á MEMORIA DAS VÍTIMAS DO FRANQUISMO


O relator da sentenza considera que a familia Franco posuíu un inmoble que, en realidade, correspondía ao Estado, mais fíxoo “de boa fe”. Permaneceu allea aos fraudes, vicios, incongruencias e abusos presentes e todo o proceso polo que chegou ás súas mans e que caracterizaron tamén a xestión que se realizou do Pazo durante décadas. Non só os herdeiros do ditador, senón o ditador mesmo, que tería sido beneficiario das irregularidades cometidas por outros. Tampouco en Franco se advirte “mala fe”. E isto malia admitirse que era coñecedor de que o título posesorio era ilícito, e que, de feito, manobrou para legalizalo coa escritura fraudulenta de 1941. O relator debuxa a un Franco alleo ao que acontecía ao seu redor, trasladando as responsabilidades a terceiras persoas (Junta Pro-Pazo, Estado, o seu apoderado Barrié de la Maza) para liberalo a el das mesmas, o que non deixa de ser unha valoración subxectiva contraditoria coas probas documentais e testemuños presentados no xuízo.

A FAMILIA FRANCO NON SABÍA NADA

Entende tamén o relator que, sexa como for, a posesión de “mala fe” nunca podería ser achacada aos netos do ditador, porque esta condición non se herda. Eles foron propietarios en virtude dunha escritura, a de 1941, que acreditaba esa propiedade, e non tiñan por que coñecer a súa natureza fraudulenta. Poderiamos aceptar este argumento, malia as declaracións públicas continuadas nas que afirmaban que o Pazo fora un agasallo ao seu avó e que, polo tanto, non o mercara el, o que evidencia que coñecían esa contradición. Mais aínda dando por bo que eran descoñecedores desta realidade, hai algo que cómpre advertir. Os netos do ditador foron propietarios desde decembro de 2017. Ata ese momento foino a súa nai, Carmen Franco, e a súa avoa, Carmen Polo, a primeira dama, faleceu no ano 1988. Tamén elas eran descoñecedoras de todo o proceso e, xa que logo, propietarias "de boa fe"? Elas, que pisaron o pazo antes que o propio Franco, xa en 1938? Que estiveron presentes no acto de entrega do edificio?
Todo isto, ademais de proxectar unha determinada imaxe da ditadura e do ditador, ten unha consecuencia directa. Se os posuidores o son “de boa fe”, adquiren dereito a seren compensados economicamente polos gastos nos que incorreron, tanto os de mantemento como os de mellora, sen que poidan deducirse os ingresos percibidos polos Franco. Ingresos a compensar que entrarían no cálculo da liquidación posesoria de declararse a “mala fe” na actuación do ditador, e polo tanto con presumible saldo negativo para os Franco.

TEMOS QUE PAGARLLO TODO DESDE 1975. INCLUÍDA A RECONSTRUCIÓN POR UN INCENDIO QUE XA COBRARON

O relator fixa a data a partir da cal os gastos deben ser reembolsados: 1975, a morte de Franco. Entende que é a partir dese momento cando o Pazo perde a condición de ben público do Estado e pasa a ser administrado pola familia Franco, que corre cos gastos. Non ten en conta, a estes efectos, que o Estado mantivo un destacamento da Garda Civil ata o ano 1982 destinado no cuartel do Pazo coa función de vixiar a finca. Nin ten en conta que, ata o ano 1990, o Pazo de Meirás estivo custodiado por un Garda Civil que vivía no interior e realizaba tarefas de mantemento. Realidades ambas constatadas no xuízo e aceptadas como probadas en ambas sentenzas. Tampouco ten en conta que as únicas actuacións relevantes acreditadas pola familia no recente xuízo son as de reforma interior acometidas entre 1998 e 2000. As obras coas que se reformou o edificio para amañar os danos ocasionados por un incendio polo que percibiron do seguro máis de trece millóns de pesetas de 1978. Actuacións realizadas, por certo, en detrimento da estética orixinal do inmoble e sen os permisos da Xunta, preceptivos ao se tratar dun ben catalogado. É dicir, que un dos principais investimentos que alegan e polo que pretenden agora ser compensados foi unha reforma realizada 20 anos despois dun incendio polo que xa percibiron compensación.

Non é certo, xa que logo, que a familia Franco asumise todos os gastos de mantemento do Pazo de Meirás desde o ano 1975. Nin moito menos. De feito, ata finais dos anos 90 o Pazo permaneceu nun estado que rozaba o abandono e que contribuíu a acentuar o seu deterioro. Mentres, en paralelo e previa recualificación, vendían parcelas nas súas inmediacións que durante a ditadura recibiran fortes investimentos do Estado. Mentres, por outra banda, puñan todos os atrancos posibles á súa declaración BIC, impedían a entrada dos técnicos da Xunta e incumprían a Lei de Patrimonio Cultural ao non permitir as visitas. Que hoxe haxa que compensalos economicamente por teren gozado dun ben que non lles correspondía, sabendo ademais que o xestionaron con absoluto desleixo, con menosprezo cara ás leis e con profundo desprezo cara a sociedade galega, non semella ético nin xusto.

UN PAZO A TITULO PERSOAL PARA FRANCO, “ENVIADO DE DIOS”

A sentenza inclúe outras afirmacións que consideramos inasumibles. Por exemplo, o feito de que pretenda demostrar que o agasallo se efectuou a Francisco Franco en calidade de particular e non como Xefe do Estado. Que nos documentos da época se aluda ao Caudillo, Generalísimo, Salvador de España ou al Generalísimo de los Ejércitos y Jefe del Estado Nacional Excmo. Sr. don Francisco Franco Bahamonde acreditaría, a dicir do poñente, que o agasallo ía destinado á persoa particular, pois todos eses títulos fan referencia a el. Chégase a a afirmar o seguinte: “El apelativo de «Caudillo» se aplicaba a él, y a nadie más. Y se le presenta como un enviado de Dios. Mensajero divino no puede ser el Estado, ni la Administración General del Estado. Es una persona física”. Nin atende a un contexto no que resulta evidente que Franco é obsequiado por ser Xefe do Estado, nin se ten en conta que, ao realizar un agasallo a un cargo institucional, antes e agora, adoita concretarse o nome de quen nese momento detenta o cargo.

DESPREZO Á MEMORIA DEMOCRÁTICA. POSTA EN DÚBIDA DOS ABUSOS

Por outra parte, póñense en cuestión aspectos do relato histórico polo feito de estaren baseados en testemuños orais, como se non fose esta unha práctica habitual –tanto a nivel historiográfico como xurídico– cando non existen evidencias documentais e sempre que se analicen estas probas de xeito rigoroso. Négase, por exemplo, que existan probas de que as fincas lindeiras fosen tomadas pola forza. Admítese probado que, entre 1938 e 1941, ao erguerse o muro, incorporáronse fincas e alúdese a unha testemuña que narrou como “su abuela había sido desahuciada de su casa y privada de su propiedad violentamente”, mais, acto seguido, afírmase que “no puede confundirse la usurpación de las parcelas con la supuesta coacción para el otorgamiento de escrituras públicas transmitiendo esas propiedades”.

Tamén realiza o poñente consideracións improcedentes acerca dos métodos empregados na recadación. Realiza xuízos interpretativos carentes de rigor cando cuestiona se as achegas realizadas por cuestión popular foron relavantes. Afirma que “tampoco resulta relevante si las aportaciones fueron mayoritariamente voluntarias o se obtuvieron a punta de bayoneta”. Novamente, excúlpase a Franco ao indicar que “no hay constancia de que él solicitase esa actuación, la auspiciase o promoviese” e que a subscrición é anterior á adquisición do Pazo á súa anterior propietaria. Extremo este último abertamente falso, como se pode comprobar na documentación presentada ao xuízo pola acusación, na que se certifican entregas de diñeiro procedentes da colecta cando menos ata o ano 1940, cando Franco xa levaba dous anos facendo uso do inmoble.

O ESTADO NON PODE ASUMIR ESTE RELATO. DEBE RECORRER A SENTENZA

Todas estas razóns fan desta sentenza un documento inadmisible nun Estado democrático. Un relato que asegura a “boa fe” dun ditador e dunha familia que detentaron de xeito ilícito a posesión do Pazo de Meirás. Que implica compensalos economicamente. O Estado ten ferramentas para, cando menos, cuestionar ante un tribunal argumentos tan controvertidos. Se o fai, dará un paso máis neste camiño emprendido para saldar problemas non resoltos da nosa sociedade e do propio Estado español co seu pasado que se proxectan no presente. Un Estado que segue a ter graves dificultades para xestionar o exercicio á liberdade de expresión, no que investigar os crimes da ditadura segue a ser un risco para quen investiga, no que seguen a darse atrancos no acceso a arquivos e no que seguen a sorprender decisións da xudicatura que evidencian continuidades co pasado. Non é comprensible unha postura que non se enfronte ao que significan moitas das resolucións que se conteñen nesta sentenza. Unha postura que non cuestione esta distorsión da realidade para proxectar unha imaxe de Franco allea ao relato historiográfico e para volver a pagar polo que foi roubado, insultando, máis unha vez, a memoria de tantas persoas que tiveron que padecer décadas de insultos e de complicidades do Estado cos herdeiros do ditador.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes, reclamamos do Goberno do Estado que interpoña a través da Avogacía do Estado, os correspondentes recursos ante o Tribunal Supremo contra da sentenza da Audiencia Provincial da Coruña de 12 de febreiro de 2021, en base ao anteriormente manifestado, na defensa dos intereses públicos e dos valores democráticos que nos deben representar como sociedade. E como débeda histórica ás vítimas do franquismo.

Así mesmo reclamamos das outras partes adhesivas e personadas, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Sada e Concello da Coruña, que insten á Administración Xeral do Estado á interposición de ditos recursos, e interpoñan ditas partes tamén os recursos oportunos.

Son promotores deste Manifesto, Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi, autores do libro Meirás. Un pazo, un Caudillo, un espolio (Fundación Galiza Sempre).

Para asinar o Manifesto. | Acceder ao Formulario.

_______