Amosando publicacións coa etiqueta Narón por Diante. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Narón por Diante. Amosar todas as publicacións

luns, maio 27, 2019

André Abeledo candidato de Narón por Diante: 'Valoración do resultado do 26M'


Valoración do resultado do 26M


Gustaríame dar as grazas a tod@s @s compañeir@s que entregaron o seu traballo e o seu esforzo por unha idea, por un proxecto político dende a esquerda para Narón. Como candidato asumo toda a responsabilidade deste mal resultado.

É de xustiza felicitar aos gañadores nestas eleccións municipais en Narón, a TEGA de Marián Ferreiro conseguiu unha ampla vitoria e o apoio de gran parte da veciñanza. Un resultado incontestable froito da decisión da cidadanía.

Tamén felicitar a o PSOE de Narón por ter mellorado o seu resultado tanto en votos como pasando de 2 a 3 concelleiros, e a o BNG por ter aumentando en votos con respecto as eleccións municipais do 2015.

O PP tamén mellorou o seu resultado pasando de 5 a 6 concelleiros.

Podería analizar o resultado e buscar escusas no contexto, ou mellor facendo autocrítica dos erros propios. Pero ese análise debe saír da nosa asemblea e dun análise conxunto.

André Abeledo

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
27 de maio de 2019 14:06

___________

xoves, maio 23, 2019

André Abeledo candidato a Alcaldía de Narón por Diante, acompañado de Antón Sánchez, parlamentario de En Marea, rexistrou unha proposta de acordo sobre política de vivenda no Concello


Antón Sánchez e André Abledo explican que 10 anos despois do comezo da crise o problema de acceso á vivenda segue en Galiza.

O dereito recollido na Constitución a desfrutar dunha vivenda digna segue a estar tan lonxe coma nos peores anos da crise, cando miles de persoas eran expulsadas das súas casas por execucións hipotecarias.

Baixan os lanzamentos por execucións hipotecarias pero sube os derivados de non pagos de alugueiros.

Os desafiuzamentos e a exclusión do dereito ao acceso á vivenda de miles de persoas é algo estrutural e non conxuntural como nos pretenderon vender os gobernos durante estes anos.

É consecuencia de dous vectores. Un o modelo laboral do desemprego, da precariedade, da inestabilidade laboral, dos salarios de miseria que da lugar ás “pobrezas” sectoriais, denominación que buscan maquillar unha pobreza real, que son a pobreza, enerxética, alimentaria, ou a da exclusión do dereito á vivenda.

Outro vector é a política de vivenda, que no fundamental nada ten mudado nestes anos nos que supostamente os gobernos se preocuparon de atallar o drama da xente sen casa e das casas sen xente. Nada máis lonxe da realidade.

A vivenda segue a ser concibido como un ben de inversión, e non como un dereito.

O Estado español rescatou con miles de millóns, xa renunciou a recuperar 40.000 millóns dese rescate, aos bancos e mercoulles os “activos tóxicos” para sanear os seus balances, atopándose cunha boa oportunidade, nun momento en que miles de persoas estaban a quedar literalmente na rúa, de facer coas vivendas propiedade da SAREB un parque público de alugueiro a prezos sociais, e non se fixo.

Narón é unha cidade que sufriu tamén as consecuencias do modelo da burbulla inmobiliaria e do seu estoupido.

Os desafiuzamentos ou os problemas da xente para poder pagar a vivenda conviviron con promocións baleiras propiedade de grandes posuidores.

Nin unha medida de cambio de modelo a pesar da dramática experiencia destes anos. Só medidas de maquillaxe como reacción a un posible desgaste electoral, e pouco máis.

Ao contrario, a Lei de Arrendamentos Urbanos rebaixou o período mínimo de alugueiro de 5 a 3 anos, restando estabilidade aos inquilinos, sen introducir nin unha soa liña para a regulación dos prezos, duración de 5 anos recentemente restaurada vía RDL, medida positiva pero insuficiente para dar estabilidade ao arrendatario.

O Partido Popular e o PSOE incluso negáronse durante 15 anos a cumprir cun mandato lexislativo, para desenvolver regulamentariamente o concepto de vivenda baleira, paso indispensable para que os Concellos que así o desexen poidan aplicar recargos a esas vivendas que non se poñen a disposición da xente, en cumprimento do aprobado na Lei 2/2004 Reguladora de Facendas Locais.

Para as entidades financeiras ter un piso baleiro segue a ser tan barato coma antes da crise.

Un dos elementos reguladores do mercado e indispensables para unha política que defenda por riba de todo o dereito á vivenda é a creación dun Parque público de vivenda de alugueiro cunha dimensión axeitada.

Na maioría dos países europeos supera o 10 % do parque de vivendas, en Galiza e no Estado español non chega nin ao 1%.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo conta na actualidade cunhas 3.500 vivendas sobre un total de 1.600.000 vivendas que hai en Galiza, sendo a todas luces insuficiente, aínda máis si temos en conta que unha mala xestión nos procesos de adxudicación fai que haxa vivendas baleiras.

A pesar de anunciar con moita espectacularidade medidas que conducirían a liberar vivenda baleira para poñelas a disposición da xente, a Xunta de Galicia nos últimos 9 anos non incrementou ese parque, e non foi por falla de oportunidades, nun contexto onde se podía facer por varias vías; incorporación das vivendas da SAREB, de vivendas baleiras que se adquirisen, construción de vivenda nova, etc.

E con esta situación chega a chamada recuperación, que ven a consolidar o modelo da desigualdade, da perda de dereitos laborais, da precariedade e da miseria salarial.

Hai aproximadamente 300.000 traballadores e traballadoras que perciben menos do salario mínimo interprofesional.

Moitos deles mozos, que encadean traballos precarios e temporais.

A maioría das mozas e mozos, a diferencia de hai 10 anos, non poden acceder a unha hipoteca, e optan maioritariamente polo alugueiro.

En 2008 o 41% dos mozos que desfrutaban dunha vivenda o facían baixo a fórmula de alugueiro. No 2016 xa o fai o 71%.

Isto non tería porque ser malo si houbese un mercado de alugueiro público e privado que dotase de estabilidade e seguridade a estes mozos, cousa que non existe.

Aumenta a demanda de alugueiro, sobre todo nas áreas urbanas, e como non hai ningunha medida que regule prezos, e hai medidas que favorecen a expulsión dos arrendatarios, sube os prezos, como o fixeron en 2017 e 2018 onde medraron nalgunhas cidades de Galiza por riba do 10%.

Incluso, neste contexto, as axudas ao alugueiro contribúen a esta subida, ao carecer de elementos que limiten os prezos do mercado libre.

Os desafiuzamentos por impago de alugueiros sube, si non se quere remediar, seguirá subindo.

En Narón tampouco se artellou unha política de vivenda que atendese as necesidades de toda a sociedade desatendendo unha das cuestións prioritarias para clase traballadora.

Reivindicamos o papel central que deben de xogar os concellos, a administración máis próxima, na política de vivenda, a través da creación dun parque público municipal de vivenda en alugueiro social, da implantación dunha política fiscal que desincentive a especulación e incentive a función social da vivenda.

Dita política fiscal deberá de contar cos novos instrumentos que permite o RDL sobre medidas urxentes en materia de vivenda recentemente aprobado polo Estado, como é por exemplo o recargo no Imposto de Bens Inmobles á vivenda baleira dos grandes posuidores.

Ter a  vivenda baleira para especular non pode saír gratis.

Paralelamente estableceranse bonificacións en función da renda.

É preciso que Narón priorice a creación dun parque público de vivenda en alugueiro con prezos sociais para dar solución a aqueles colectivos con especiais dificultades económicas pero tamén que serva como elemento regulador do mercado da vivenda evitando a suba espectacular dos últimos anos nos prezos dos alugueiros, onde nas zonas urbanas de Galiza tiveron incrementos anuais de máis do 10 %.

O dereito a unha vivenda digna non está garantido neste país, e por elo compre mudar as políticas que nos trouxeron ata aquí.

A Moción solicita os seguintes acorgos ao Pleno do Concello, e pretende ser o primeiro paso para a creación dese parque de vivenda social que Narón tanto precisa.

➤ O Concello de Narón fixa como un obxectivo prioritario a implementación de políticas que incrementen substancialmente o parque público de vivenda en alugueiro, cunha intervención pública coordinada para a xeración suficiente de vivenda de promoción pública en alugueiro e desenvolver as posibilidades de incorporar ao patrimonio público de edificios e vivendas xa construídas de titularidade privada.

➤ Demande do Goberno do Estado a cesión das vivendas propiedade da SAREB en Galiza, para que se incorporen a dito Parque público de alugueiro mediante o oportuno convenio.

➤ A establecer os correspondentes orzamentos para as políticas de acceso á vivenda e liñas de axudas ás persoas economicamente máis vulnerables priorizando a xente moza, unidades familiares con baixos ingresos económicos e familias monoparentais con nenos a cargo.

➤ A implantar recargos no IBI á vivenda baleira sobre os grandes posuidores unha vez que entre en vigor o conceito de vivenda baleira definido pola Xunta de Galicia ou o Goberno do Estado como se determina no Real Decreto-ley 7/2019, de 1 de marzo, de medidas urxentes en materia de vivenda e alugueiro.

➤ Demande do Goberno español a iniciativa lexislativa para a modificación da Lei de Arrendamentos Urbanos que mellore a estabilidade dos contratos, limite o incremento dos prezos entre contrato e contrato, e limite as fianzas.

➤ Desenvolvemento, en coordinación coa Xunta de Galicia dun programa para prevención dos desafiuzamentos que sexa eficaz, que incremente a coordinación e conexión co sector do traballo social e, en última instancia que garanta o realoxo.

#AbrindoAsPortas
#AbrindoAsPortasDoRural
#AbrindoAsPortasDaIlusion

Programa Electoral 2019 de Narón por Diante. | Baixar/Acceder.

NARÓN POR DIANTE- SON EN COMÚN
Local de campaña
Praza de A Gándara (Rúa Vigo, 20, Narón).
Facebook | Twitter




Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
23 de maio de 2019 12:31

_______________

mércores, maio 22, 2019

Narón por Diante retrasa o seu peche de campaña para participar na manifestación xunto cós traballadores de Poligal - E solicita un acordo en Política de Vivenda no Concello



NARÓN POR DIANTE SOLICITA UN ACORDO SOBRE POLÍTICA DE VIVENDA NO CONCELLO DE NARÓN


Mañá Xoves 23 de Maio as 11:30 André Abeledo, candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE, xunto ao voceiro de EnMarea  Antón Sánchez darán entrada por rexistro a unha PROPOSTA DE ACORDO SOBRE POLÍTICA DE VIVENDA NO CONCELLO DE NARÓN, en modo de moción.

Unha vez rexistrada a Moción André Abeledo e Antón Sánchez farán unhas declaracións a prensa na porta do Concello.

Acto seguido Antón Sánchez xunto a compañeiras e compañeiros de NARÓN POR DIANTE farán un reparto de dípticos e papeletas pedindo o voto para NARÓN POR DIANTE o 26M.


NARÓN POR DIANTE retrasa o seu peche de campaña para participar na manifestación xunto cós traballadores de POLIGAL
.

Mañá Xoves día 23 as compañeiras e compañeiros de NARÓN POR DIANTE, encabezados polo noso candidato a Alcaldía André Abeledo, participarán na manifestación en defensa dos postos de traballo en POLIGAL (A manifestación partirá ás 19:00has das instalacións da compañía, no polígono d'A Gándara, até a Praza Amada Garcia, diante do edificio da Xunta).

Por ese motivo o acto de campaña previsto con Yolanda Díaz, deputada de UNIDAS PODEMOS, no noso Local de campaña situado na Praza de A Gándara, vaise atrasar ata o remate da manifestación.

André Abeledo indicou que debemos loitar xunto coas traballadoras e traballadores de POLIGAL na defensa dos seus postos de traballo, por unha banda porque son fundamentais para Narón, e por outra porque a unidade debe darse a todos os niveis en defensa ao dereito a un traballo digno.

#AbrindoAsPortas
#AbrindoAsPortasDoRural
#AbrindoAsPortasDaIlusion

Programa Electoral 2019 de Narón por Diante. | Baixar/Acceder.

NARÓN POR DIANTE- SON EN COMÚN
Local de campaña
Praza de A Gándara (Rúa Vigo, 20, Narón).
Facebook | Twitter


Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
22 de maio de 2019 09:19
22 de maio de 2019 09:32
__________________

Programa Electoral 2019 de Narón por Diante - #AbrindoAsPortas - Facemos unha aposta pola proximidade e a defensa do común


UN CONCELLO PARA A VECIÑANZA

POLÍTICA DO COMÚN. PARA GOBERNAR DÍA A DÍA

Facemos unha aposta pola proximidade e a defensa do común. Daqueles elementos que configuran a vida cotiá do noso concello, entendendo que as politicas públicas deben ser accesibles a toda a veciñanza  mediante criterios obxectivos e sen lugar para amiguismos e redes clientelares.

Unha politica de proximidade, de rúa que practique a escoita activa e que artelle mecanismos de participación e de emponderamento cidadá. Queremos que o concello sexa teu, do conxunto da veciñanza , sen lugar para o caciquismo , para o inmobilismos de governos de demasiados anos no poder, sen exclusión para ninguén, queremos abrir as portas.

As portas do traballo, da transparenza na xestión municipal, do pazo do concello que é do pobo, do futuro cara unha cidade eficaz e eficiente, xusta socialmente, sostible medioambeltalmente, accesible para todos e todas , abrir as portas a equidade entre homes e mulleres, entre as opcións sexuais das persoas ... queremos abrir as portas a un concello onde as persoas poidan desenvolver todo o seu potencial e non teñan que marchar.

#AbrindoAsPortas
#AbrindoAsPortasDoRural
#AbrindoAsPortasDaIlusion

Programa Electoral 2019 de Narón por Diante. | Baixar/Acceder.

NARÓN POR DIANTE- SON EN COMÚN
Local de campaña
Praza de A Gándara (Rúa Vigo, 20, Narón).
Facebook | Twitter



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
21 de maio de 2019 10:09

_____________

luns, maio 20, 2019

Abeledo confía no traballo na rúa para que 'Narón por Diante' sexa a gran sorpresa do 26M


Temos que conseguir que a veciñanza coñeza as nosas propostas para Narón, o noso programa, transmitirlles a nosa ilusión.

O 26M NARÓN POR DIANTE chegará  ABRINDO AS PORTAS do Concello a veciñanza.

O candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE, André Abeledo acompañado de membros da candidatura, militantes e simpatizantes toman nestes días as rúas.

Traballamos neste tramo final da campaña electoral para que a veciñanza coñeza os eixos do noso programa electoral e as nosas  propostas para construir un Narón mellor.

Estamos convencidos de que a única enquisa valida é a das furnas o 26M.

Estou convencido que a veciñanza vai a darnos a súa confianza o 26 de Maio.


NARÓN POR DIANTE- SON EN COMÚN
Local de campaña
Praza de A Gándara (Rúa Vigo, 20, Narón).
Facebook | Twitter



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
20 de maio de 2019 09:36

__________

André Abeledo acompañado de Sonia Mauriz e Xesús Anxo López Pintos visitaron unha das explicacións gandeiras de Narón


NARÓN POR DIANTE defendemos o noso rural.


André Abeledo acompañado da número 2 da candidatura Sonia Mauriz e o número 3 Xesús Anxo López Pintos visitaron unha das explicacións gandeiras de Narón.

Debemos recuperar o rural. Ofertar servizos básicos, centros educativos  e transporte ao noso rural que permitan afincar poboación.

Temos que traballar porque o noso sector primario sexa motor da nosa economía, sen soberanía alimentaria non hai soberanía.

Agricultores e gandeiros deben ter garantido o apoio das administracións e no caso de sufrir danos por mor da fauna salvaxe, sobre todo do xabarín, as axudas deben ser suficientes e teñen que pagarse coa maior celeridade.

NARÓN POR DIANTE- SON EN COMÚN
Local de campaña
Praza de A Gándara (Rúa Vigo, 20, Narón).
Facebook | Twitter



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
19 de maio de 2019 17:50

______________

domingo, maio 19, 2019

Narón por Diante vai presentar o seu programa electoral este luns 20 de Maio, na súa sede electoral


Narón por Diante presenta o seu programa electoral

Este luns  20 de Maio as 11:45 NARÓN POR DIANTE presentará o seu programa electoral nunha rolda de prensa no seu local de campaña situado na Praza de A Gándara (Rúa Vigo, 20, Narón).


https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante


NARÓN POR DIANTE- SON EN COMÚN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
19 de maio de 2019 02:48
_______________

luns, maio 13, 2019

O cabeza de lista de Narón por Diante, André Abeledo, e o Portavoz Nacional de Anova Antón Sánchez, explicaron as propostas en materia de vivenda


ANTÓN SÁNCHEZ E ANDRÉ ABELEDO PROPOÑEN EN NARÓN UN PARQUE PÚBLICO MUNICIPAL DE VIVENDA EN ALUGUEIRO CON PREZOS SOCIAIS


O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez e o cabeza de lista de Narón por Diante, André Abeledo, compareceron hoxe en Narón para explicar propostas en materia de vivenda.

Lembraron o dereito da poboación a ter acceso a unha vivenda digna, un problema agravado nos anos da crise e que se trasladou ao eido do alugueiro con enormes dificultades para poder acceder a presos accesíbeis e normais. “A vivenda continúa a ser obxecto de especulación e de investimentos, de tráfico económico e non un dereito da xente”, afirmou Antón Sánchez, quen lembrou que o estado “resgaou aos bancos con miles de millóns de euros mais non se ocupou de crear un parque público de vivendas en alugueiro a prezos sociais mediante a Sareb”.

A nulidade de Feijoó para garantir o dereito á vivenda.

Neste sentido, salientaron que Narón tamén é un exemplo de todo isto. Puxeron sobre a mesa a necesidade de crear un Parque público de vivenda de alugueiro ao xeito do que existe noutros países europeos. Ademais, apuntaron cara o grande volume de vivendas baleiras existente que habería que xestionar. Nesa liña, Antón Sánchez reprochou á Feijóo que “a pesar dos seus anuncios e da súa propaganda non adoptou ningunha medida para liberar vivenda baleira”.

Sánchez e Abeledo explicaron que nun contexto de “consolidación dun modelo de traballo precario, salarios baixos, e desigualdade, con mocedade que non pode ter un plan de futuro. Non poden plantexarse mercar unha vivenda e trasladáronse ao eido do alugueiro onde a especulación e o aumento dos prezos é co que se atopan”. Sinalaron que aumentou exponencialmente a demanda de vivenda de alugueiro, especialmente nas áreas urbanas como é o caso de Narón. “Aquí tampouco se artellou unha política de vivenda centrada nas necesidades da xente”.

Parar os abusos e a especulación coa vivenda

Enfatizaron o papel que os concellos poden xogar nesta importante materia mediante a creación un Parque Público municipal de vivenda en alugueiro social, con prezos sociais, a implantación dunha política fiscal que desincentive a especulación e impulse a función social da vivenda. Demandaron medidas para rematar coa especulación de vivendas baleiras.

Puxeron de manifesto que nos últimos anos as zonas urbanas de Galiza tiveron aumentos anuais de máis do 10% no alugueiro.

O candidato á alcaldía de Narón, André Abeledo, propuso que no concello de Narón se fixe como repto prioritario o estabelecemento dun Parque público de vivenda en alugueiro. Asemade, explicaron a necesidades de pedir ao Goberno do estado a cesión de vivendas en propiedade da Sareb para que poidan ser incluídas nesta iniciativa. Unha proposta que debe ser dotada de suficiente orzamento e liñas de axuda destinadas aos sectores sociais máis desfavorecidos, familias monoparentais e a mocidade. Igualmente, consideran relevante que se implanten recargos no IBI á vivenda baleira sobre os grandes posuidores a fin de rematar coa política especulativa. Consideran tamén que se debe modificar a Lei de Arrendamentos Urbanos para estipular un límite ao incrementos dos prezos de alugueiro entre contrato e contrato.

Defenden que a Xunta teña un papel máis activo en materia de vivenda e por exemplo desenvolva, en coordinación cos concellos, un programa de prevención de desafiuzamentos e haxa alternativas de realoxo.

Narón, 13 de maio de 2019.


https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante


NARÓN POR DIANTE- SON EN COMÚN



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
13 de maio de 2019 14:02

_____________________

domingo, maio 12, 2019

André Abeledo reúnirase, este luns 13 de maio, co parlamentario de En Marea Antón Sánchez, para falar sobre vivenda social en Narón no Local de Campaña de Narón Por Diante na Praza d'A Gándara - A deputada de Unidas Podemos Yolanda Díaz e o Alcalde de Ferrol Jorge Suárez, na inauguración do Local de Campaña


André Abeledo reúnese con Antón Sánchez para falar sobre vivenda social en Narón no Local de Campaña de NARÓN POR DIANTE na Praza de A Gándara
.

Mañá luns día 13 de Maio as 12:30 o candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE SON EN COMÚN, André Abeledo, acompañado do seu equipo de traballo reuniranse con Antón Sánchez Vicevoceiro de En Marea no Parlamento Galego e Portavoz Nacional de ANOVA, para falar sobre vivenda social en Narón.

A reunión será no Local de Campaña de NARÓN POR DIANTE (N'A Gándara,Rúa Vigo, número 20).


André Abeledo estivo arroupado pola deputada de UNIDAS PODEMOS Yolanda Díaz na inauguración do Local de Campaña de NARÓN POR DIANTE.  

André Abeledo estivo arroupado pola deputada de UNIDAS PODEMOS Yolanda Díaz, o alcalde de Ferrol Jorge Suarez, membros da candidatura de NARÓN POR DIANTE, e tamén doutras candidaturas, así como de veciñas e veciños de Narón.

Foi Una noite entre compañeir@s. Dende NARÓN POR DIANTE queremos agradecer a asistencia e azos a Ferrol en Común, a Yolanda Díaz, a Son de Ares e a veciñanza que nos arroupou neste acto.

André Abeledo indicou que NARÓN POR DIANTE é un espazo amplo onde a esquerda naronesa pode verse e sentirse representada.

Abeledo clarexou que os máis de 4.000 votantes de UNIDAS PODEMOS nas eleccións xerais poderán repetir o seu voto nas eleccións municipais votando a NARÓN POR DIANTE - SON EN COMÚN.

Tamén todos aqueles votantes do PSOE que queren un goberno de esquerdas no Estado español, poden utilizar o voto útil, votando desta vez a NARÓN POR DIANTE. Un voto realmente útil que vai servir como mensaxe claro ao PSOE, de que si incumpren o seu compromiso coa cidadanía o pagarán política e electoralmente nas Municipais e nas autonómicas.

Abeledo remarcou que NARÓN POR DIANTE é un espazo soberano, un proxecto propio de Narón, ao servizo das naronesas e naroneses.  Pero é moito máis porque formamos parte de SON EN COMÚN e imos ter voz tanto no Estado español, como na Xunta de Galicia, ou na Deputación.

Por iso NARÓN POR DIANTE - SON EN COMÚN é a garantía de que en Narón imos ter un goberno de cambio e progreso capaz de facer que Narón avance.

Somos unha organización que vai ABRINDO AS PORTAS a un futuro mellor para Narón.

👉Estamos na Rúa Vigo, número 20 , diante da Praza da Gándara, esta é a vosa casa, tedes as portas abertas.

#AbrindoAsPortasAoFuturo #AbrindoAsPortasAIlusion

https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante




Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
12 de maio de 2019 15:53
12 de maio de 2019 16:51

___________

sábado, maio 11, 2019

Mitín no Centro Cívico de Caranza de Ferrol en Común, Esquerda Unida de Mugardos, Xuntos por As Pontes, Narón por Diante, Son de Ares, coa participación de Antón Sánchez (Anova) e Eva Solla (EU) - Luns 13 de maio, ás 7 da tarde


Mitín no Centro Cívico de Caranza, coas candidaturas que se presentan nas comarcas baixo a coalición electoral Son en Común: Ferrol en Común, Esquerda Unida de Mugardos, Xuntos por As Pontes, Narón por Diante e Son de Ares, ademais vai contar coa participación do parlamentario galego de En Marea Antón Sánchez (Voceiro Nacional de Anova - Irmandade Nacionalista) e da parlamentaria galega, tamén de En Marea, Eva Solla (Cordenadora Nacional de Esquerda Unida). O acto vai ter lugar o vindeiro luns 13 de maio, ás 7 da tarde no Centro Cívico de Caranza,

➮ Ferrol en Común. | Web | Twitter | Facebook
➮ Esquerda Unida de Mugardos. | Web | Twitter | Facebook
➮ Xuntos por As Pontes. | Web | Twitter | Facebook
➮ Narón por Diante. | Web | Twitter | Facebook
➮ Son de Ares. | Web | Twitter | Facebook
➮ Anova IN. | Web | Twitter | Facebook 
➮ Esquerda Unida. | Web | Twitter | Facebook

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
11 de maio de 2019 17:00

__________

mércores, maio 08, 2019

Narón por Diante inaugura local de campaña coa presencia da recen elixida diputada por Pontevedra, na candidatura de 'En Común Unidas Podemos', Yolanda Díaz



NARÓN POR DIANTE INAUGURA O SEU LOCAL DE CAMPAÑA

Este venres 10 de Maio as 20:30 NARÓN POR DIANTE SON EN COMÚN inaugura o seu local de campaña situado na Praza de A Gándara (Rúa Vigo, 20, Narón).

André Abeledo (Candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE), estará acompañado pola deputada Yolanda Díaz e as compañeiras e compañeiros dunha candidatura que pretende dar a sorpresa en Narón o próximo 26 de Maio.

https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante




Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
8 de maio de 2019 09:18

______________

martes, abril 30, 2019

Narón por Diante, o espazo liderado por André Abeledo, concorre as eleccións municipais dentro de Son en Común. (Anova, Esquerda Unida e Podemos)


NARÓN POR DIANTE, o espazo liderado por André Abeledo, concorre as eleccións municipais dentro de SON EN COMUN. (ANOVA, ESQUERDA UNIDA, PODEMOS).

NARÓN POR DIANTE, o espazo de unidade da esquerda naronesa, liderado por André Abeledo, concorre as eleccións municipais dentro do espazo de unidade da esquerda que é SON EN COMUN.

Un espazo de unidade creado por ANOVA, ESQUERDA UNIDA e PODEMOS para ser a ferramenta capaz de parar a dereita na Galiza e construír alternativa dende a esquerda.

André Abeledo, o candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTER valora como “moi bo” o resultado de En Común Unidas Podemos, coalición de Podemos Galicia, Esquerda Unida e Equo en Narón.

Somos a terceira forza en empate técnico cun PP en caída libre.

Os 4.020 votos conseguidos, un 18,57% de porcentaxe de voto, demostran que o próximo 26 de Maio NARÓN POR DIANTE vai ter a oportunidade histórica de dar a veciñanza a posibilidade dun cambio real, o famoso “sorpasso” é posible en Narón de mans de NARÓN POR DIANTE.

Abeledo amosase orgulloso de liderar unha gran candidatura con capacidade para gobernar. Unha candidatura que conta con xente de esquerdas cunha traxectoria impecable, limpa, e un gran espírito de servizo a veciñanza é capaz de axuntarse para traballar por Narón.

Contamos cun equipo de traballo cunha gran capacidade e cunha traxectoria política ou sindical contrastada, axuntamos mocidade e veteranía, traballadoras e traballadores, veciñas e veciños de Narón dispostos a traballar con honestidade polo noso Concello. 

André Abeledo amósase convencido de que NARÓN POR DIANTE é a garantía de que a dereita non vai a gobernar en Narón. Nin con paracaidistas nin sen eles. Imos cerrar o paso a dereita en Narón cunha candidatura de garantías para as naronesas e naroneses.

Abeledo indica que NARÓN POR DIANTE é o mellor antídoto contra a dereita para a nosa cidade, un espazo de esquerdas amplo, onde organizacións e persoas a nivel individual con unha traxectoria política limpa e transparente axúntanse para presentar unha candidatura forte, que rema nunha mesma dirección, vai ser unha candidatura capaz de gobernar para que NARÓN avance e mude para mellor.

Estamos convencidas e convencidos de que NARÓN POR DIANTE SON EN COMUN será a gran sorpresa nas eleccións municipais grazas a ilusión e a confianza da veciñanza.


https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
29 de abril de 2019 14:39

____________

venres, abril 26, 2019

Sobre a senda peonil e ciclista de O Val, a retirada do proxecto, e a devolución dos terreos expropiados pola Xunta de Galicia


Sobre a senda peonil e ciclista de O Val, a retirada do proxecto, e a devolución dos terreos expropiados pola Xunta de Galicia.


André Abeledo indicou durante o Pleno que as xestións para a devolución dos terreos expropiados son un tramite administrativo individual, no que o Concello pode colaborar cos afectados para indicarlles cales son ditos trámites e como xestionalos. E pedimos ao Goberno que actúe neste sentido. Pero que tanto as expropiacións como a devolución dos terreos son responsabilidade da Xunta de Galicia. 

Debemos remarcar que a senda peonil e ciclistas de O Val era un proxecto da Xunta de Galicia, e que as expropiacións e a devolución dos terreos expropiados tamén son responsabilidade da Xunta de Galicia.

Non entendemos a postura dun PP que fai un xogo hipócrita, sabendo que a responsable é unha Xunta onde son eles os que gobernan, pero pretendendo pasar a pelota ao tellado do Concello. 

Abeledo tamén manifestou no seu momento a súa opinión sobre a escusa que puxo a Xunta de Galicia para retirar finalmente o proxecto, “parécenos infantil, pouco sería e irresponsable, o feito de sentirse maltratados durante unha asemblea para explicar un proxecto non é motivo suficiente nin defendible”.

Dende o primeiro momento manifestamos o noso pesar porque un importante investimento para O Val e para Narón puidera perderse.

Entendiamos que unha senda peonil e ciclista é algo positivo, aporta seguridade e dá valor aos terreos.

Un proxecto da Xunta pode ser modificado nun 10% sen necesidade de ser retirado, pos iso anímamos no seu momento ao dialogo da Xunta coa mediación do Goberno Local, con aqueles veciños que se sentían perxudicados para poder sacar adiante o proxecto.

Insistimos que a Xunta de Galicia responsable deste proxecto non fixo o esforzo necesario para negociar coa veciñanza, o PP responsable do proxecto dixo que non se ía facer porque a veciñanza non o quería, agoara o pretenden colgarse a medalla de ter retirado o seu propio proxecto e dar a imaxe de que agora o responsable do problema creado é do Concello de Narón.


https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante




Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
26 de abril de 2019 09:04

________________

xoves, abril 25, 2019

A veciñanza de Santa Icía quéixanse das molestias que causan as gaivotas no seu barrio - André Abeledo, candidato á Alcaldía de Narón por Diante, rexistrou unha moción urxente para a adopción de medidas para o control da poboación de gaivotas na zona urbana de Narón


Veciños de Santa Icía quéixanse das molestias que causan as gaivotas no seu barrio. | Abeledo rexistrou unha Moción urxente para o Pleno.

André Abeledo rexistrou unha moción urxente para a adopción de medidas para o control da poboación de gaivotas na zona urbana de Narón. 

Veciños de Santa Icía levan queixándose das molestias que causan as gaivotas no seu barrio sobre todo na época de cría. 

As gaivotas adoitan nidificar en poboacións naturais: illotes, rochas ou acantilados. Sen embargo, nos últimos anos a elevada densidade de individuos nas poboacións naturais xerou unha escaseza de lugares de nidificación, o que implica que estas aves poidan establecer as súas zonas de nidificación en áreas humanizadas.

Nestas zonas acostuman formar os seus niños preferentemente en lugares pouco accesibles e con abundantes sombras e reconcos, como por exemplo, tellados, chemineas, terrazas,…

O crecente aumento das poboacións de gaivotas débese a que aprenderon a explotar dúas fontes de alimento: os vertedoiros, contedores de lixo e do peixe na zona costeira. Isto supón que a densidade de individuos sexa cada vez maior, e que as colonias se despracen ata zoas humanizadas en busca de máis alimento e novas zonas para nidificar.

As gaivotas son coñecidas por ser aves moi territoriais, especialmente nesta época, cando hai crías de por medio.

Ao ser aves gregarias e ruidosas, a súa presenza causa molestias en zonas urbanas polos ruídos e ataques destas aves. E a nidificación en edificios implica molestias polo ruído e a sucidade por acumulación de excrementos. 

Os traballos de control da especie deron os seus froitos en Ferrol, cunha redución da colonia de gaivotas dun 54 % nos últimos dez anos.

As técnicas para poñer coto a estas pragas son moitas e variadas, aínda que todo depende da especie e do presuposto. O ideal é unha acción prolongada no tempo que permita un control sistemático da poboación.

Estes traballos de retirada das zonas de cría realízanse dende Maio ata o verán.

Por este motivo entendemos necesario diminuír a medio prazo a poboación reprodutora “urbana” e desprazala ata zonas naturais. Para minimizar no posible as molestias que as gaivotas ocasionan á cidadanía, sobre todo no período de cría.

ACORDOS:

1. Solicitamos un estudo sobre a poboación de gaivotas nos barrios da nosa cidade onde existan queixas veciñais, sobre todo na época de cría.

2. Solicitamos ao Concello de Narón que tome as medidas axeitadas non lesivas (evitando métodos como lazos, tanzas, etc que son cruentos) para o control desta ou outras especies.

3. Solicitamos medidas complementarias a adoptar para non facilitar o acceso ao lixo, recordando á veciñanza non deixar as bolsas fora dos contedores, poñendo máis se fose necesario para evitar facilitarlles o foco de alimentación. Temos como exemplo a zona de Santa Icía que é un punto de gran nidificación onde a superpoboación de gaivotas orixinan as queixas dos veciños.

Asdo.:  André Abeledo Fernández
Voceiro do Grupo Municipal de Esquerda Unida.
Candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE.

https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante




Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
25 de abril de 2019 00:22

_______________

martes, abril 23, 2019

André Abeledo, candidato a Alcaldía de Narón por Diante, acompañado do seu equipo de traballo, reuniuse cos membros da asociación veciñal Virxen do Mar


Entenden que un dos seus problemas principais é a falta de xente nova implicada e disposta a participar na AVV para traballar polo barrio.

Demandan actividades atractivas no barrio para a xuventude, implicación nas festas, non hai instalacións deportivas que incentiven as actividades deportivas e extraescolares. No barrio so impártese a educación primaria, isto sumado a falta de oferta lúdica infantil e para a mocidade fai que xente nova só acuda ao barrio practicamente a durmir.

Levan tempo demandando o apoio ao concello para fomentar as antigas festas da zoa ou participar en accións para reavivar o barrio, pero non obtiveron resposta.

Tampouco teñen no barrio os “camiños escolares seguros”.

O novo parque canino segue sen ser inaugurado. A fonte instalada no mesmo perde auga formando un lamazal ao lado das instalacións da AVV e das xanelas que dan ao ximnasio da entidade.

As beirarrúas non contan con papeleiras ,bancos ...e medra a herba nelas.

O edificio da AVV conta cunha rampa para facilitar accesibilidade que non é tal xa que non chega á estrada, chega á unha beirarrúa sen rebaixe, se alguén en cadeira de rodas a quere utilizar ten que rodear o edificio.

Realmente a accesibilidade xeral no barrio inexistente, non hai rebaixes nos pasos peonís.

Na parte de atrás do edificio da AVV, ao lado dos contenedores do lixo queda un escalón co chan roto, unha fochanca que se anega de auga e lixo cando chove. O concello foi avisado sen éxito.

https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
23 de abril de 2019 09:17

_________________

luns, abril 22, 2019

Unidos Podemos: O voto útil para a maioría, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
22.04.2019


É preciso que UNIDAS PODEMOS sexa a forza determinante despois destas eleccións Estatais. As traballadoras e traballadores xogamonos moito.

CIUDADANOS é un partido bisagra, unha simple ferramenta da oligarquía e da patronal que pretende conseguir o despido libre e gratuíto e afondar aínda máis nunha nefasta reforma laboral que deixa a clase traballadora sen dereitos e sen defensa ante os abusos da patronal. Unha dereita neoliberal de libro, que defende a privatización de todo para que as nosas vidas sexan un negocio que beneficie aos seus amos.

O PP máis dereita que nunca, máis facha que nunca, máis rancio e casposo que nunca, continúa a ser o partido da corrupción, non se rexenerou soamente deixou o poder a dereita máis radical e inútil. Casado, Cayetana, e o fillisimo de Suárez son o exemplo da máxima degradación deste partido do poder, un partido podrecido a sombra do nefasto Aznar, a esa escura sobra medraron os que hoxe marcan a liña política do PP.

VOX é a escisión da ala máis ultradereitista do  PP. Un fascismo neoliberal que basea todo o seu discurso nunha mistura ridícula de tópicos e odio. O partido do "Arriba España" e do "Viva la Muerte". Do negacionismo da barbarie franquista e do insulto as vítimas dun xenocidio ideolóxico que nos condenou a 40 anos  de ditadura franquista.

Pero o trifachito non deixa de ser unha ferramenta das oligarquías, a patronal e os poderes económicos para seguir atacando a clase traballadora.

Os tres son parte do machismo patriarcal que ven a igualdade entre homes e mulleres como unha ameaza.

Por iso precisamos dunha esquerda forte capaz de evitar un goberno onde participe calquera das tres cabezas do monstro, nin PP, nin  CIUDADANOS, nin VOX.

UNIDAS PODEMOS é a única ferramenta que temos hoxe para frear a ultradereita, ao neoliberalismo, e ao fascismo no Estado español.

En Común Unidas Podemos
(Podemos, Esquerda Unida, Mareas en Común e Equo)
info@encomun.gal
Facebook | Twitter
https://www.encomun.gal/

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974. Concelleiro de EU Narón (2015-2019), militante comunista e sindicalista. | Facebook e Twitter. Candidato á Alcaldía de Narón por Diante.


Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
21 de abril de 2019 17:33
_______________

sábado, abril 20, 2019

Narón por Diante, o espazo de unidade da esquerda naronesa, liderado por André Abeledo, rexistrou a súa candidatura para as eleccións municipais


NARÓN POR DIANTE, o espazo de unidade da esquerda naronesa, liderado por André Abeledo, rexistrou a súa candidatura para as eleccións municipais.


Esta é unha candidatura ilusiónante, plural e inclusiva, que axunta xuventude e veteranía.

NARÓN POR DIANTE é a demostración de que a unidade da esquerda baseada na xenerosidade, a vocación de servizo a veciñanza, e a ilusión compartida de construír un Narón mellor é posible. Un Narón con máis políticas sociais, máis humano e transparente, realmente participativo. Un Concello de portas abertas para a veciñanza, algo que é posible e necesario.

NARÓN POR DIANTE presenta unha candidatura formada por 15 mulleres e 11 homes cun currículum "vital" intachable. Unha candidatura de persoas dispostas a traballar por Narón.

A nosa candidatura é ante todo un equipo de traballo para facer que Narón avance, precisamos dun cambio e temos o mellor equipo para lideralo:

André Abeledo Fernández, Sonia Mauriz Pereira, Xesús Anxo López Pintos, Lorena Bermúdez Doce, Tamara Lopez Diaz, Roberto Villasuso Vázquez, Marcos Guerreiro Carballeira, María Belén Aneiros López, Alejandro Daniel Diaz Corral, Iria Gomez López, Jorge Torres Machado, Patricia Saavedra, Ruben Méndez, Otero, Sofia Bellón Yañez, María Luisa Agra Parada, Argemiro Montero Martiño, Zoraida Bermúdez Doce, Diana Alonso Teijeiro, Tania Martinez Ramilo, Monserrat Rodriguez Dominguez, Elena Bermúdez López, Lorena Teijeiro Fernández, Manuel Angel Prados Rego, Ricardo Aneiros Sixto, Manuela López Garcia, Alfredo del Rio López.

André Abeledo expresou o seu orgullo por encabezar unha gran candidatura, un equipo de garantías, cunha impresionante capacidade de traballo, esta é a candidatura da ilusión, lidero a candidatura que pon a veciñanza de Narón por diante de calquera outro interese persoal ou de partido.


https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
19 de abril de 2019 17:16

____________

martes, abril 16, 2019

André Abeledo, candidato á Alcaldía de Narón por Diante, reuniuse coa Asociación de veciños Altea


André Abeledo, candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE, xunto co seu equipo de traballo reuniuse coa Asociación de veciños Altea

Os representantes da AAVV transmitíronnos a necesidade dunha nova piscina municipal, posto que a da Gándara quedase pequena, as listas de espera para unha praza na piscina son interminables e as veciñas e veciños vense obrigados de buscar praza noutros concellos.

Tamén insistiron na necesaria de mellorar o transporte público para permitir unha verdadeira mobilidade.

Insistiron na súa demanda de abrir a Rúa Dr.Fleming.

Entenden que urxe que o concello busque unha alternativa de uso para o antigo cuartel.

Necesidades importantes como mellorar a accesibilidade, que os semáforos teñan son para os invidentes. Adaptar os bordos das beirarrúas e marquesinas que son demasiado altas.

A necesidade no concello dun centro de maiores.

Avisan da necesidade de traballar seriamente para a erradicación de plantas invasoras no paseo de Xuvia como a Herba da Pampa (plumón), acacia, margarida do Cabo...algo sobre o que André Abeledo xa insistiu, tomar medidas antes de que os problemas non teñan solución.


https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante





Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
16 de abril de 2019 02:04

___________

André Abeledo, o candidato á Alcaldía de Narón xunto ao seu equipo de traballo en Narón por Diante reuniuse coa Cofradia de Pescadores de Ferrol


Abeledo remarca que 300 familias dependen da Cofradia, e que a metade son veciñas e veciñas de Narón.

Os representantes da Cofradia transmitíronnos que non é verdade que exista un problema de sobreexplotación da nosa ría, pero si un problema de furtivismo, debido a falta de vixilancia e de medios, sería preciso, entre outras medidas, máis control e unha patrulla nocturna. O comercio ilegal é o gran culpable desta situación, sinalan a falta de control sobre o comprador desta mercancía extraída ilegalmente.

Esixen tamén un estudo serio da nosa ría, posto que despois de máis de 6 anos sen ameixa a ría non se recupera, é indubidable que algo pasa. A subdelegada do goberno prometeu un estudo previo polo que aínda están esperando.

O libre marisqueo case desapareceu.

Non entenden porque no Burgo levouse acabo unha retirada de lodos e na nosa ría non.

Tamén quéixanse da falta de implicación do Concello de Narón, do que entenden que reciben un apio insuficiente cando unhas 150 familias naronesas viven deste sector.

Transmítennos o nefasto acceso para chegar a zona do Couto, do mosteiro para abaixo é un autentico labirinto de ramas e matos.

Informáronnos da necesidade dun "rompeolas flotante" para evitar o afundimento das embarcacións.

André Abeledo entende que o saneamento e o cuidado da nosa ría é de intres xeral, tanto para Galiza como para o Estado español, posto que forma parte do noso patrimonio natural, da herdanza de futuro que temos a obriga de deixar as futuras xeracións.

https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante





Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
16 de abril de 2019 00:46

___________

sábado, abril 13, 2019

Narón por Diante runiuse coa asociación veciñal d'O Val - ... necesidade dun transporte público que de un servizo real, e que atenda as necesidades da veciñanza en materia de mobilidade


NARÓN POR DIANTE reuniuse coa AAVV de O Val.


André Abeledo candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE reuniuse xunto có seu equipo de traballo coa directiva da AAVV de O Val.

Abeledo entende como un punto moi importante dos tratados, o referido ao campo de golf en materia de seguridade.

A AAVV de O Val rexistrou unha queixa no Concello fai un par de semanas por este feito. Referímonos a choiva de pelotas de golf que teñen literalmente bombardeada unha casa veciña, e tamén ao colexio, có perigo que isto supón para as crianzas e a veciñanza que vive ou pasea polas inmediacións do campo de golf. A policía local recolleu tamén un informe sobre estes feitos.

Dende NARÓN POR DIANTE debemos esixir que sexa garantida a seguridade como prioridade absoluta. 

Tamén falamos da necesidade dun transporte público que de un servizo real, e que atenda as necesidades da veciñanza en materia de mobilidade.

A nosa cidade conta con apeadeiros pero non con trens suficientes, nin con un transporte público que comuniquen eses apeadeiros cos diferentes destinos. No rural o transporte público é moito máis deficitario.

Dende NARÓN POR DIANTE defendemos que a mobilidade debe ser entendida como un dereito. 

No que se refire ao transporte é moi grave o feito de que os estudantes de  ensinanza postobligatoria non teñan un transporte público que de servizo para poder acudir aos centros de estudo.

No eido da educación sinalouse tamén a escasa oferta de ciclos educativos en Narón, que obriga aos estudantes a desprazarse fora de Narón para poder formarse unha vez rematada a ensinanza obrigatoria.

Indicaron a realidade de que O Val só ten un parque infantil, algo claramente insuficiente.

Remarcamos a necesidade dun parque adaptado para persoas con mobilidade reducida, algo que dende NARÓN POR DIANTE entendemos que debe ser visto como unha necesidade e como un dereito.

Falamos da necesidade dun acceso a internet de calidade e a unha velocidade do século XXI, cun prezo axustado ao servizo prestado. Queremos un Concello con zonas abertas e Wifi gratis para poder estudar, traballar, etc...nunha cidade moderna que avanza.

En canto a oferta deportiva, de ocio, e incluso terapéutica, Narón precisa dunha nova piscina.

A piscina de A Gándara quedouse pequena e as listas de espera son interminables, obrigando a nosa veciñanza a buscar praza noutros Concellos.

Denuncian que a carreteira dende a Concha ata o Polígono non dispón de beirarrúas sendo un perigo para os viandantes. Dita carreteira depende da Deputación. A veciñanza amosase disposta a ceder o terreo si é preciso para que o proxecto saia adiante.

Denuncian  o deplorable estado da carreteira de Baltar dependente da Xunta de Galicia.

Abeledo entende que as administracións deben cumprir as súas obrigas. E de non facelo, dende o Concello temos a obriga de esixir a ditas administracións que cumpran, e poñernos ao carón da veciñanza para esixir conxuntamente as solucións.


https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante


Se queres sumarte a Narón por Diante, unión popular de esquerdas, feminista e comprometida coa substentabilidade medio ambental só tes que encher o formulario, recibirás toda a información,convocatorias, poderás formar parte dos nosos grupos de traballo , dos órganos políticos ou no que poidas aportar segundo a túa dispoñibilidade. Aceceder.

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
13 de abril de 2019 00:57

___________