Amosando publicacións coa etiqueta Planta de gas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Planta de gas. Amosar todas as publicacións

domingo, xaneiro 17, 2010

Denuncia do Comité Cidadán de Emerxencia no Xulgado de Garda, polo incumplimento da normativa vixente, na entrada do gaseiro GNL “Ibérica Knutsen” na Ría de Ferrol



Hoxe sábado 16 de xaneiro, o noso Coordinador, Manuel Rodríguez Carballeira, en representación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, presentou unha denuncia no Xulgado de Garda, polo incumplimento da normativa vixente, na entrada do gaseiro GNL “Ibérica Knutsen” na Ría de Ferrol, ocorrido o día de onte.

Dito gaseiro ten unha capacidade de 173.000 m3, sendo o máximo permitido 140.000 m3, segundo establece a cláusula 2ª da Resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, de 13 de febreiro de 2004, pola que se aprobou o proxecto de execución das instalaciones da Planta de Recepción, Almacenamento e Regasificación de GNL, presentada por Reganosa..

O CCE considera que a entrada deste buque supuxo un grave risco para a cidadanía do entorno da Ría, e un incumplimiento flagrante e doloso da autorización de construcción e que a tolerancia delo pode acarrear responsabilidades personais para os organismos de control.

Preveendo estas circunstancias, o CCE, como xa fixemos público, cursou escrito ao Ministerio de Industria, o pasado día 14, solicitando a adopción das medidas oportunas para impedir a entrada na ría de dito buque.

A denuncia foi presentada contra as seguintes persoas e entidades:

- Capitán do buque “Ibérica Knutsen”.

- Dirección General de Política Energética y Minas.

- Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao.

- Promotores de la Planta de Gas de Reganosa.


¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org




Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
16 de janeiro de 2010 21:07
____________________

sábado, xaneiro 16, 2010

O Comité Cidadán de Emerxencia, voltou de novo a concentrar-se para denunciar e protestar pola entrada na Ría do buque gaseiro "Iberica knutsen", cargado con GNL-LNG para Reganosa


[Para entrar na Galería clicar acima da imaxe]

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, voltou de novo a concentrar-se para denunciar e protestar pola entrada na Ría do buque gaseiro "Iberica knutsen", cargado con GNL-LNG para Reganosa. Foi o primeiro buque gaseiro do ano e o 59 desde que entrara o Galicia Spirit en Maio de 2007.

Na concentración denunciou-se, unha vez máis, as irregularidades da chegada deste buque, non só polo arriscado de entrar co temporal que había, senon por superar en moito a capacidade permitida para este tipo de buques na normativa do Porto, para que estes podan entrar na Ría, sendo ao do buque de 173.000 m³, e a permitida de 140.000 m3. Mais isto non é novo xa ten pasado outras veces sen que as autoridades tomen medidas, para impedir esta situación de alto risco. Deste xeito Reganosa, coa complicidade da administración, ven a aumentar o perigo potencial que xa de por si ten a presencia da planta regasificadora construida irresponsabelmente en Punta Promontorio, no concello de Mugardos. Os contínuos incumprimentos da normativa establecida incrementan a situación de risco e perigosidade a que constantemente está sometida a población de Ferrol e comarca.

Tamén se anunciou a presentación dunha ampliación da denuncia presentada ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo que vai tratar a nosa Petición 1322/2007 na Reunión Plenaria da Comisión de Peticións dos vindeiros 27 e 28 de Xaneiro de 2010 que por certo non fora arquivada como así espallaron a todos os ventos os medios e axencias convencionais, sen dementi-lo con posterioridade.

Por outra banda solicitou-se apopio económico ante o pago do peritaxe [4.000 €] que obrigou a facer un dos tribunais de Madrid que leva un dos contenciosos que seguimos mantendo contra Reganosa, no aspecto da seguridade dos buques e a imposibilidade destes de saír a alta mar polos seus propios medios, e en calquer momento, en caso de emerxencia.


Fonte da galería Fotográfica:
http://picasaweb.google.es/reganosa.ferrol

Enlace coa Galería Fotográfica para poder baixar as Fotos

______________________

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
NOVA CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingrear na seguinte conta corrente do Banco Santander:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995


Blog solidario coa veciñanza de Meá

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

_____________________________

venres, xaneiro 15, 2010

Galería fotográfica da entrada na Ría de Ferrol do "Iberica knutsen"


[Clicar acima da imaxe para entrar na Galería de Diapositivos]



Enlace coa Galería fotográfica para baixar as fotos


Enviado por:
suso
-susopazos@yahoo.es-
15 de janeiro de 2010 18:05
______________________________

Enlace relacionado:

Colectivo Ártabra 21: Un novo gaseiro coa súa perigosa carga ten pensado entrar na Ría de Ferrol, este Venres 15 de Xaneiro de 2010: O Comité Cidadán convoca unha acción de protesta e denuncia
___________________________________

xoves, xaneiro 14, 2010

Un novo gaseiro coa súa perigosa carga ten pensado entrar na Ría de Ferrol, este Venres 15 de Xaneiro de 2010: O Comité Cidadán convoca unha acción de protesta e denuncia


Ante o anuncio de que un novo gaseiro coa súa perigosa carga, para Reganosa, ten pensado entrar na Ría de Ferrol, este Venres 15 de Xaneiro de 2010, o Comité Cidadán convoca unha acción de protesta e denuncia, para o mesmo día ás 7 da tarde diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García de Ferrol. Unha concentración sonora ante o que ven ser o buque metanero número 1 do ano 2010 e o 59 desde que entrara o Galicia Spirit en Maio de 2007.

Unha vez máis Reganosa, coa complicidade das autoridades locais, autonómicas e centrais, veñen a aumentar o perigo potencial que xa de por si ten a presencia da planta regasificadora, instalada irresponsabelmente no corazón da nosa Ría.

Características do buque: Nome.- Iberica Knutsen, Bandeira .- Noruega, Eslora.- 277 m, Manga.- 43.40 m, Calado Máximo.- 12.10 m, Puntal.- 26 m, Capacidade.- 173.000 m³ (1)

(1) A capacidade máxima autorizada, pola legislación vixente, para a entrada na nosa Ría deste tipo de buques é de 140.000 m3.

Os contínuos incumplimentos da normativa establecida incrementan a situación de risco e perigosidade a que constantemente está sometida a población de Ferrol e comarca.

O movimento social que se opon a Reganosa, coa forza moral que lle dan os seus argumentos, vai seguer loitanto contra o despropósito gasístico, porque  é perigoso, irracional e corrupto.

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


_________________________

Enlaces con historia:

__________________

Unha regasificadora innecesaria: José Bogas, Director Xeral de Endesa, falou das dificultades que está pasando Reganosa, cunha caída de produción catro veces superior á da media do Estado

Onte pola noite a axencia europa press, publicaba unha nova referente a unha entrevista que concedeu o Director Xeral do negocio eléctrico do grupo Endesa para España e Portugal, José Bogas Gálvez, na súa visita ao complexo enerxético d'As Pontes, reconoceu que se prevé "unha redución importante" na produción enerxética de carbón e dos ciclos combinados da empresa durante este ano 2010, así como tamén as dificultades que está pasando Reganosa, onde un recente informe da Comisión Nacional da Enerxía advertiu da baixa utilización da regasificadora de Mugardos, cunha caída de produción catro veces superior á da media do Estado.

A continuación transcribimos a noticia, pola súa importancia na loita social contra a planta de gas instalada por Reganosa no corazón da nosa Ría. Esta noticia avala o noso argumentario, aprofundando no fundamento e razonamento de que a planta regasificadora, está moi lonxe de ser estrátéxica para Galiza, senon que nen tan sequera era necesaria.



[Para ampliar clicar acima da foto]

Economía/Enerxía
Endesa prevé unha "redución importante" na produción enerxética debido á crise económica

FERROL, 13 Xaneiro 2010. (EUROPA PRESS) -

O director xeral de Endesa para España e Portugal, José Bogas, prevé "unha redución importante" na produción enerxética de carbón e dos ciclos combinados da empresa durante este ano 2010, cunha diminución importante con respecto a 2008, derivada da actual crise económica e do descenso na demanda.

José Bogas, que visitou hoxe a central eléctrica das Pontes, explicou que, como consecuencia da crise financeira, en 2009 xa se produciu unha importantísima caída na demanda. Fronte ao crecemento que se rexistrou en España nos últimos anos do 4,5 por cento, en 2008 a subida foi inferior ao 1 por cento e en 2009 xa rexistrou valores negativos, cunha baixada do 4,05 por cento.

Neste sentido, augurou que non será ata o ano 2013 cando se recuperen valores de demanda similares ao ano 2008. O incremento da produción con enerxías renovables, xunto coa caída da demanda e o aumento na capacidade tras a construción de ciclos combinados provocaron, segundo manifestou Bogas, que "exista unha sobrecapacidad e que as producións sexan moi inferiores ás inicialmente esperadas".

Con todo, precisou que esta situación non suporá cambios nas previsións empresariais para As Pontes, na que se transformou a central térmica para que "teña unha vida de 15 a 20 anos" e construíronse ciclos combinados para outras dúas décadas. "Por conseguinte, aínda que con menos utilización, temos vocación de permanencia", concluíu.

José Bogas respondeu deste xeito ás preguntas formuladas sobre as previsións de produción da empresa e tamén de Reganosa. Un recente informe da Comisión Nacional da Enerxía advertiu da baixa utilización da planta de gas de Reganosa, na ría de Ferrol. O documento elaborado a finais de 2009 reflexa unha caída de produción da planta de gas catro veces superior á da media do país.

Fonte: http://www.europapress.es/
______________________________

Enlaces relacionados:

___________________________

xoves, xaneiro 07, 2010

Por unha información veraz


Este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, denuncia -unha vez máis- a falta de información veraz, en todo o relacionado cun complexo petroquímico tan perigoso como é Reganosa [perigo que incrementa a súa situación á beira de Forestal del Atlántico], onde se investiu tanto diñeiro público e que nos segue custando aínda moitos millóns de euros anuais.

Onde se empobrece a Ría, onde se pon en perigo permanente a nosa vida e seguridade, a cidadanía temos dereito a que se nos informe, non á desinformación coa manipulación e constante ocultación do que non interesa que se saiba.

Esta análise, que agora facemos público, vén confirmar o que levamos dicindo, desde fai moito tempo, de que a planta regasificadora non é necesaria e que principalmente supón un proxecto económico especulativo, onde o negocio estivo nos pelotazos urbanísticos, os recheos ilegais e altamente contaminantes da Ría, nas recualificacións das parcelas, na propia construción da planta e porto, na capitalización com diñeiro público e das caixas de aforros e nos subsidios e favores das administracións europea, central e autonómica.

Informe do Comité Cidadán de Emerxencia

En relación coa noticia emitida por Europa Press o 30 de decembro pasado, recollida en varios medios de comunicación, afirmando que a regasificadora de Gas Natural Licuado (GNL) de Mugardos operaba case ao máximo da súa capacidade nominal, o Comité Cidadán de Emerxencia (CCE) vese na obrigación de desmentila por inexacta e denunciar de novo a intención de Reganosa de manipular os datos para confundir aos lectores e cidadáns da ría de Ferrol. Lonxe de lograr a produción nominal obxectivo da planta e tal como xa informamos anteriormente, a regasificadora de Mugardos está sendo cuestionada tanto polo regulador de enerxía CNE como polo xestor do sistema gasista español debido á súa baixa ocupación.

A información máis abaixo descrita é pública polo que o lector pode facilmente contrastala nos enlaces que se indican. Vexamos:

1. Os “picos” de regasificación de GNL son normais nesta época do ano. No entanto, estráñanos a intensidade de produción que citaban os medios na regasificadora de Mugardos, xa que, segundo o xestor do sistema, nesas datas (do día 14 ao 21) non estaba prevista unha eventualidade por “onda de frío e na seguinte, de data 22 de decembro (nota de operación nº 24) a planta de Mugardos non estaba incluída na lista de regasificadoras de apoio para esta situación excepcional. (1)

2. Ademais esa “elevada actividade continuada” da planta durante eses días, de 71,7 GW.h/día de produción, supón un 56% da capacidade nominal da planta se temos en conta que esta capacidade é de 127 GW.h/día e non dos 115 GW.h/día citados pola axencia. (2)

3. A regasificación de gas na planta de Mugardos diminuíu no ano 2.009 un 26,6% respecto ao ano anterior, cando no mesmo período a demanda de gas natural en España reduciuse soamente un 10,5%, o que significa unha perda clara de mercado. Por esta razón, a CNE “considera que se deberían analizar as causas desta baixa utilización, para saber en que medida éstas son consecuencia da evolución da demanda rexistrada nos últimos meses, e xa que logo respondería a unha situación temporal, ou resulta máis ben dun problema estrutural de demanda en devandita planta”. (3)

4. A baixa utilización da planta de Mugardos dá como resultado unha achega de GNL na Planta regasificadora insuficiente para atender a produción diaria mínima que garanta o necesario fluxo de GNL no relicuador que evite a emisión de metano á atmosfera. Para solucionar este desequilibrio foi necesaria a descarga na Planta de cantidades adicionais de GNL, mediante o desvío dun buque metanero de 125.000 m3 de GNL a Mugardos contratado inicialmente por outra regasificadora. (4)

5. O número de gaseiros que descargaron GNL na planta de Mugardos, durante o ano 2.009, foi de 21, un 60% menos dos gaseiros programados. Por esta razón a CNE propón no seu informe 34/2009 do 17 de decembro de 2.009, “….a peaxe de descarga de buques aumenta na proposta de Orde entre un 10% e un 12% en todas as plantas do sistema, excepto a planta de Mugardos, que pasa a ter un prezo igual a cero, con obxecto de corrixir o escaso grao de utilización dadevandita planta". (3)

6. Tal como dixemos en comunicados anteriores durante os meses de setembro, outubro e novembro do pasado ano, o ratio de utilización da planta de Mugardos foi dun 30% da súa capacidade nominal (non se coñece o dato de decembro). (5)

7. Denunciamos tamén o feito de que o xestor gasista, Enagás, mantén pechada a conexión internacional situada en Tuy desde a inauguración da regasificadora de Mugardos, abril de 2.007, o que impediu a Galicia recibir gas por gasoduto directamente desde Alxeria, vía Portugal, ofrecendo unha clara situación de privilexio á planta de Mugardos e ademais co consecuente incremento de custo para os consumidores. (5)

Os compromisos dos promotores da Planta de gas de Mugardos, en canto á capacidade de regasificación, están moi lonxe de cumprirse tal como expuxemos máis arriba neste comunicado. O futuro desta planta augura unha situación aínda máis difícil debido ás seguintes circunstancias:

a. Durante o ano 2.009 as exportacións a Francia por Larrau multiplícanse por 4,4 e en Irún por 7,1 con respecto ao 2.008. Cara a Portugal foi de 11,9 veces a través de Badaxoz. Con todo, na nova proposta da Orde Ministerial que substitúe á actual ITC/1724/2009 elimínase a posibilidade de realizar exportacións con punto de entrada de GNL por Mugardos cara a gasodutos con saída por Portugal, Larrau ou Irún. Ver páxina 9 da referencia (3)

b. Dos cincuenta e oito gaseros que recibíu a regasificadora de Mugardos desde a súa inauguración unha ducia tivo que demorar a súa entrada á Planta, nalgún caso ata dous días, debido ás condicións meteorolóxicas existentes polo que a súa navegación, nestas condicións, podería supor riscos para o buque, a carga e veciñanza da zona.

c. O transporte do GNL mediante gaseiros está cara a buques de mellor tecnoloxía e de maior capacidade de carga como os tipo Q-flex e os Q-max (ata 267.000 m3), o que implica unha redución considerable dos riscos de accidentes e de custos de transporte do GNL. Tal como informamos anteriormente a regasificadora de Mugardos non pode recibilos xa que o seu calado impide a súa navegación pola canle de acceso á ría de Ferrol.

d. A baixa produción da regasificadora de Mugardos débese aos incumprimentos das condicións da APROBACIÓN da súa construción, principalmente pola case nula operación das plantas de Ciclo Combinado, á inexistencia dos complexos químicos anunciados polo grupo Tojeiro e a que Galicia non sofre fortes condicións climatolóxicas (frío no inverno e calor no verán). Ademais, e segundo a noticia recollida en La Voz, de data 26 de novembro pasado, Gas Natural, a empresa catalá que acaba de completar a adquisición de Unión Fenosa, apostará no futuro por achegar a produción eléctrica aos centros de consumo, en detrimento de os grandes territorios xeradores de enerxía, entre os cales no sistema peninsular destaca Galicia, polo que a actividade das Centrais de Ciclos Combinados situadas na nosa comunidade pode verse reducida aínda máis. (6)

e. Para o colmo, outra contrariedade vaille a xurdir á regasificadora de Mugardos, xa que o novo gasoduto Medgaz tendido entre Orán (Alxeria) e Almería está a piques de comezar a fornecer gas natural cunha capacidade de 8.000 Mill. m3/ano. Segundo nota de prensa da CNE do 22 de decembro “... en canto á diversificación, o gas procederá de, polo menos, oito orixes distintas, sendo Alxeria o principal país aprovisionador. Este país, coa entrada en funcionamento de Medgaz, chegará a aprovisionar en torno ao 40% do mercado español”. (7)

- Enlaces de onde se extraeu a información:
  1. http://www.enagas.es/cs/Satellite?blobcol=urldata&blobheader=application%2Fpdf&blobkey=id&blobtable=MungoBlobs&blobwhere=1146250303539&ssbinary=true
  2. http://www.europapress.es/galicia/noticia-reganosa-senala-actividad-acerca-limite-maximo-atender-demanda-causada-frio-20091230193718.html
  3. http://www.cne.es/cne/doc/publicaciones/cne155_09.pdf
  4. http://www.enagas.es/cs/Satellite?blobcol=urldata&blobheader=application%2Fpdf&blobkey=id&blobtable=MungoBlobs&blobwhere=1146250194815&ssbinary=true
  5. http://www.enagas.es/cs/Satellite?cid=1146233000618&language=es&pagename=ENAGAS%2FPage%2FENAG_listadoComboDoble
  6. http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/11/26/0003_8132279.htm
  7. http://www.cne.es/cne/doc/prensa/np_22122009.pdf

¡¡ Planta de Gas fóra da Ría !!

--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
7 de janeiro de 2010 13:27
Para: comitecidadan@gmail.com

____________________

Enlaces relacionados:
_____________________________

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade:

NOVA CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingrear na seguinte conta corrente do Banco Santander:

Luz Marina Torrente e outros
  • Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
    00493315772894017995
  • Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
    ES 71 00493315772894017995
__________________________________

domingo, xaneiro 03, 2010

"Ladran, porque cabalgamos Sancho"

Unha vez máis, Reganosa sae aos medios de comunicación, este fin de ano, cunha campaña de imaxe e medias verdades, posibelmente elaborada pola redacción da axencia  INCIS, empresa de Santiago de Compostela, contratada desde o 2001 pola empresa regasificadora. A campaña de imaxen busca contrarrestar a denuncia do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, de que a planta de Mugardos estaba a baixo rendemento, moi por debaixo da súa capacidade operativa. Para mostra, basta ver a lista dos buques gaseiros que arribaron ao terminal de Punta Promontorio, só 21 dos 50 previstos no proxecto. Esta denuncia demostraba que a Planta Regasificadora é a todas luces innecesaria, tendo en conta ademais o peche do gasoduto de Tui que abastecía á rede na Galiza, con gas moito máis barato. Ante a reacción da empresa frente a esta denuncia só queda decir "Ladran, porque cabalgamos Sancho".


Mais que é o que quere ocultar Reganosa ?

Esta é a realidade que pretende ocultar Reganosa

O desequilibrio na utilización da planta de Mugardos, o cal pode constituír un problema na medida en que se poñan en perigo os niveis mínimos de planta por falta de utilización

Título: Informe 34/2009 da Comisión Nacional de Enerxía sobre a proposta de orde pola que se establecen as peaxes e canons asociados ao acceso de terceiros ás instalacións gasistas e a retribución das actividades reguladas do sector gasista para o ano 2010.
Autor: Consello de Administración
Data: 28 de Decembro de 2009
Referencia: 155/2009

Fonte: http://www.cne.es/cne/Publicaciones?accion=3&id=2047&id_nodo=32

No informe mencionado, nas páxinas 17 e 18, figura textualmente, en español, o que a continuación publicamos en galego:

4.3 Comentarios particulares

4.3.1 Peaxes de descarga de buques

A información que acompaña á proposta de Orde xustifica que a modificación das peaxes de descarga de buques débese ao desequilibrio na utilización da planta de Mugardos, o cal pode constituír un problema na medida en que se poñan en perigo os niveis mínimos de planta por falta de utilización.

Cabe sinalar que, durante o período comprendido entre xaneiro e outubro de 2009, e tendo en conta a caída da demanda, a regasificación na planta de Mugardos diminuíu un 26,6% respecto ao mesmo período do ano anterior, diminución superior ao resto de plantas do sistema (Véxase o Cadro 8).

Considérase que se deberían analizar as causas de devandita variación, para determinar en que medida esta é consecuencia da evolución da demanda rexistrada nos últimos meses, e xa que logo responde a unha situación temporal, ou resulta máis ben dun problema estrutural de demanda en devandita planta. Dependendo da causa, os remedios que se requiran para resolver o problema serán diferentes.

Cadro 8. Regasificación por plantas (GWh)

Planta

Xaneiro - Outubro 2008 Xaneiro - Outubro 2009 Taxa de variación (%)
Barcelona 64.045 58.864 -8,1%
Huelva 50.019 50.209 0,4%
Cartaxena 39.178 37.453 -4,4%
Bilbao 47.725 41.836 -12,3%
Sagunto 55.610 55.795 0,3%
Mugardos 18.040 13.233 -26,6%
TOTAL 274.617 257.390 -6,3%
Fonte: GTS
Nota: Inclúese a carga en cisternas

Neste sentido, as cantidades que os axentes regasifican en cada planta dependen de diversos factores, entre os que se atopan a distancia desde as plantas de licuefacción, as restricións á operación das plantas, a posibilidade de realizar transaccións con outros axentes comercializadores, etc. Polo tanto, a modificación da peaxe de descarga de buques é un elemento que favorece a utilización da mesma, pero que en ningún caso garante unha utilización superior, o que dependerá esencialmente dos custos de trasladar devandito gas e fretes asociados [9].

[9] No informe 34/2006 da CNE sobre a proposta de Orde pola que se establecen as peaxes e canons asociados ao acceso de terceiros ás instalacións gasistas, explícase a diferenza existente entre os custos de trasladar un buque desde o Mediterráneo ás plantas do norte (aproximadamente 100.000 €) e o incentivo existente nas peaxes de descarga de buques (que aplicando as peaxes da proposta de Orde resulta en aproximadamente 78.000 €).

Fonte: Informe 34/2009 da CNE

__________________

Ademais de páxinas completas de publicidade coas "excelencias" da planta de gas, Reganosa elabora noticias que a maioría dos medios reproducen integramente e lles dá un espazo nas súas portadas, tanto nos medios convencionais impresos como nos audio-visuais e dixitais.

Reganosa nalgúns medios:

E así poderíamos seguir poñendo noticias aparecidas na rede cos mesmos titulares, máis "para proba un botón".

Nota: Consideramos a necesidade do estudo por parte dos nosos técnicos, o máis axiña posíbel, do Documento referenciado como Informe 34/2009 da Comisión Nacional de Enerxía sobre a proposta de orde ...  , pois nas súas 62 páxinas hai asuntos de suma importancia que afectan a Reganosa, como pode ser a previsión de disminución  nun aproximado 14% da demanda de GNL para os ciclos combinados ou mesmo partes do informe onde menciona a planta de Mugardos, sen asignar-lle previsións para o 2010 e noutros casos reduccións do 100% en peaxes asignados co respeito ao 2009.

Se non se poidera descargar, o Documento, da páxina da CNE, o CA21 dispon de copia do documento en formato  -PDF-, quen o necesite pode solicirá-lo a:
artabra21@gmail.com

SAÚDE, LIBERDADE E BON ANO 2010 !!
Colectivo Ártabra 21
__________________________

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


____________________________________

Enlaces relacionados:
____________________________