Por Miguel Castro Serantes [*]
19.11.2010
Durante estas últimas semanas vivimos, sen velo, o ataque das forzas marroquís aos campamentos de protesta saharauís, preto do Aiún, cidade máis importante do Sahara Occidental, antiga capital do Sahara Español e, desde 1975, controlada por Marrocos.
A xusta protesta do pobo saharauí foi contestada, brutalmente, polo goberno de Marrocos. A poboación Saharauí defenestrada e vivindo o seu particular inferno no deserto, non só se atopa asediada e ameazada, senón que perdeu o apoio “teórico” que lle demostraba parte de Occidente, entre os que se atopaba España.
A sociedade española non dubida da responsabilidade do noso estado no devir do pobo saharauí, tan ligado á nosa historia e a tantas familias do agora, participantes en proxectos de adopcións temporais.
Pero, como tantas veces, mentres os cidadáns albergamos sentimentos de rabia e indignación ante o ataque, as mortes e o veto informativo, o goberno do PSOE actúa cun cinismo inimaxinable para un goberno que fai seis anos retirou as tropas de Iraq cando, sen dúbida, tiña presións moito maiores que na actualidade.
De súpeto, ese “mínimo” de resolucións aos que se chegou tras o baño de sangue que foi a Segunda Guerra Mundial, os Dereitos Humanos, quedan relegados a un segundo plano. Como dixo o presidente, os intereses económicos deben prevalecer, xustificando a cesión á chantaxe efectuada polo goberno marroquí. Á súa vez, a ministra de exteriores, Trinidad Jiménez equipara as dúas frontes e xustifica o seu discurso coas imaxes, totalmente partidarias, que mostra Marrocos. A morte duns cidadáns españois pasa a converterse nunha anécdota.
Fronte a estas actuacións do goberno, alén, é evidente o oportunismo do PP en busca de votos “centrados”. Nietzsche dicía que “os que antes tostaban herexes, agora metéronse a predicadores da xustiza e a igualdade”. Perfecto para o caso. Hai que lembrar que a cita finalizaba dicindo que “para un ollo atento, son os mesmos”.Graduemos a vista.
Desde a Asociación Cultural Fuco Buxán condenamos, sen paliativos, o ataque marroquí. En non en menor medida, pensamos que o goberno debe reformular a postura tomada, pasando a facer unha política propia, sen se deixar arrastrar polos intereses de mercado e institucións internacionais ou polas chantaxes de gobernos alleos, como é o caso. E, o máis importante, apoiamos ao pobo Saharauí e aos seus representantes da Fronte Polisario nesta loita pola dignidade, pola recuperación do seu territorio, pola celebración do Referendum de Autodeterminación aprobado pola Asemblea Xeral da ONU en 1991 e, en definitiva, pola Liberdade e a Paz.
[*] Miguel Castro Serantes, é mestre, activista internacionalista, membro de Rádio Filispim e directivo da A.C. Fuco Buxán, ...
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
19 de novembro de 2010 11:29
_______