Amosando publicacións coa etiqueta Privatizacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Privatizacións. Amosar todas as publicacións

martes, xullo 01, 2014

Para militantes e activistas que buscan vías concretas para democratizar os servizos de auga e por unha xestión pública ao 100 % - Remunicipalización: O retorno da auga a mans públicas - Libro, Vídeo e Enlaces de interese


O pasado sábado 28 de Xuño de 2014, tiña lugar en Ferrol unha xornada de debate sobre a 'Remunicipalización da xestión do Ciclo Integral da Auga'. O acto estaba organizado polas entidades integrantes da Comisión Social de Seguimento do proxecto e obras do sistema de saneamento da marxe norte da Ría de Ferrol.

O obxectivo do acto era o da defensa dunha xestión pública do ciclo integral da auga e a 'remunicipalización' como alternativa, nos concellos onde a auga está en mans privadas. Nestes momentos de "destape" da corrupción xeneralizada que se esconde nas privatizacións dos servizos públicos, na contratación de obras e servizos, na construción de infraestruturas, mesmo na constitución de empresas mixtas de xestión privada, trataba-se de elaborar un argumentario, para a reivindicación da xestión pública ao 100 %.

O caso de Puxín

No acto interviñeron Joaquín Moldes e Juan Lage da Comisión da Auga de Punxín, que falaron sobre como conseguiron rescatar a concesión da auga no concello que estaba en mans de Aquagest.  Os de Punxín explicaron a loita que levaron a cabo para remunicipalizar o servizo da auga, nun municipio onde o goberno municipal xunto con Aquagest, subiron o recibo da auga que ademais abastecían envelenada con arsénico. A veciñanza organizada, elaboraron información e fixeron análises, entrevistas, mobilizaron-se e prepararon unha iniciativa popular que foi rexeitada polos gobernates no concello, o que lles obrigou a pechar-se nas dependencias municipais perante 18 días. Ante a presión veciñal e denuncias, ao final a empresa, abandona a concesión.

Desde Sevilla

Por outra banda desde Sevilla achegaron-se a Ferrol:  Joaquín Morell e Emilio Pachón do Consorcio Provincial de Augas de Sevilla e membros de AEOPAS (Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemiento e Saneamento) falaron do traballo  da asociación dedicada á defensa da Xestión Pública da auga; á creación de indicadores de xestión sostible da auga; á constitución de órganos reguladores públicos que supervisen o ciclo integrado da auga urbana; e á defensa do dereito humano á auga e o saneamento. O modelo de xestión pública da auga que se propón desde AEOPAS, basea-se nos principios: da planificación; a participación cidadá; a transparencia e rendemento público das contas; a responsabilidade social corporativa das empresas; a protección dos recursos naturais; a cooperación; e a solidariedade. Por último expuxo-se o caso concreto de xestión pública intermunicipal a través do Consorcio Provincial de Augas de Sevilla. Ao final desenvolveu-se o debate sobre os procesos de remunicipalización.

Remunicipalización, Audiencia Pública e Consulta Popular

Nos últimos días, a partires das entidades que participan apoiando á citada Comisión de Seguimento, xorde en Ferrol unha iniciativa de loita pola remunicipalización do ciclo integral da auga. Consideran necesario a "apertura dun debate público aberto á cidadanía ao abeiro do art. 17. Audiencia Pública do Regulamento de Participación Cidadá (RPC) vixente no Concello de Ferrol", onde se dea conta "do conxunto de elementos que conforman o convenio sobre o saneamento, o protocolo, a encomenda de xestión e a ordenanza que regula a taxa, entre outros". A tempo, tamén conforme ao disposto no artigo 19 do mencionado Regulamento de Participación Cidadá, presentan unha iniciativa popular baseada na remunicipalización da auga e o saneamento, que incorpore unha consulta popular.

Vídeo e libro de interese: O retorno da auga a mans públicas

O vídeo que presentamos agora que está baseado no libro ao que se pode acceder e baixar gratuitamente do servidor da Transnational Institute, constitúen ferramentas básicas, para construír o argumentario, xunto a diferentes artigos e relatorios de experiencias de remunicipalización da auga, un ben escaso e imprescindíbel para a vida.

Video: O retorno da auga a mans públicas | Remunicipalización | 27 Xullo 2013 | Servizos Públicos e Democracia | Proxecto do programa Xustiza Económica | Transnational Institute.


http://youtu.be/OTu74XhDjMQ

Unha animación de vídeo que explica de forma amena como cidades de todo o mundo están acabando coa privatización da auga para recuperar o control público.

Este video explica en 5 minutos os casos de 'remunicipalización' da auga nas cidades de Bos Aires e París, sinalando os retos e beneficios dos modelos públicos. Tamén fai un chamamento a que os cidadáns e as cidadás de todo o mundo se mobilícen a favor desta vía. ¡Fagámo-lo! ¡A remunicipalización funciona!.

O video foi producido polo Transnational Institute (TNI), o Proxecto Servizos Municipais (MSP) e Corporate Europe Observatory (CEO).

Para saber máis sobre outras cidades que tamén están pasando do suministo de auga privado ao público (Dar é Salaam, en Tanzania, Hamilton, en Canadá, e un experimento a escala nacional en Malasia), recomendamos ler este libro en que está baseado o video (descarga gratuita).

Tamén se pode visitar Remunicipalisation Tracker, un portal do TNI e CEO desde o que se fai un seguimiento das cidades, as rexións e os países que abandonaron a privatización dos servizos de auga e optaron por asumir a responsabilidade de garantir un modelo público para os seus cidadáns e cidadás.

Recomendamos ler libro:
http://www.tni.org/es/briefing/remunicipalizacion

Remunicipalisation Tracker:
http://www.remunicipalisation.org/

O video está gravado en inglés, pero conta con subtítulos en portugués, español e outros idiomas:
Francés https://www.youtube.com/watch?v=qdk0Jw6T080
Griego http://youtu.be/A1XAQwcmmnQ
Español https://www.youtube.com/watch?v=S-pi8Gckpx4
Alemán http://www.youtube.com/watch?v=bMwvzE-tEP8
Italiano http://www.youtube.com/user/AcquaBeneComune
Portugués http://ow.ly/jjWkK
Si desexa engadir subtítulos noutro idioma, póñase en contacto con Satoko en: satoko [en] tni [punto] org.

Fonte: http://www.tni.org/es/multimedia/video-el-retorno-del-agua-manos-publicas?context=597

---

Remunicipalización: O retorno da auga a mans públicas

Tras décadas de privatización errada, cidades como Paris están volvendo asumir o control público da auga. Velaquí unha lectura obrigada para políticos e activistas que buscan vías concretas para democratizar os servizos de auga.

Remunicipalización: O retorno da auga a mans públicas (pdf, 1.85MB) [Baixar].

Cidades de todo o mundo están experimentando o fracaso da privatización do auga. Acceso desigual, promesas rotas, obstáculos medioambientales e escandalosos marxes de ganancias están impulsando ás municipalidades a retomar o control deste servizo esencial.

A 'remunicipalización' da auga é unha tendencia nova e apaixonante que se explora ao longo deste libro. Os estudos de caso analizan a transición do abastecemento privado de auga ao público en París, Dar es Salaam, Bos Aires e Hamilton, e revisan un experimento a nivel nacional en Malasia. A travesía cara a un mellor servizo público de auga ilustra os beneficios e desafíos da propiedade municipal, e ao mesmo tempo destaca o dominio das institucións financeiras internacionais e o legado do controlo corporativo.

O libro sitúa estes acontecementos no marco de debates máis amplos achega "as alternativas á privatización" e extrae leccións destas experiencias para accións futuras a favor dos servizos públicos. É lectura obrigada para políticos e activistas que buscan vías concretas para democratizar os servizos de auga.

Marzo 2013Remunicipalización: O retorno da auga a mans públicas | Transnational Institute (eds.) | 156 pages | ISBN/ISSN: 978-94-6228-049-6

Remunicipalización: O retorno da auga a mans públicas (pdf, 1.85MB)
http://www.tni.org/sites/www.tni.org/files/download/pigeon-mcdonald-hoedeman-kishimoto_remunicipalizacion_retorno_del_agua_a_manos_publicas_2013_0.pdf

Sobre os autores

Olivier Hoedeman, (Países Baixos/Dinamarca, licenciado en Ciencias Políticas) é o coordinador de campañas e investigacións de Corporate Europe Observatory (CEO), un grupo da sociedade civil con sé en Bruxelas que traballa sobre as ameazas á democracia, a igualdade, a xustiza social e o medio ambiente que supón o poder económico e político das grandes empresas e os seus grupos de cabildeo. CEO coorganiza o proxecto Dereito ao Auga xunto co TNI.

Satoko Kishimoto, era participante activa de movementos ambientalistas e xuvenís de Xapón na década de 1990. Satoko comezou a traballar co TNI no ano 2003, con ocasión do III Foro Mundial do Auga, celebrado na cidade xaponesa de Kyoto. O TNI organizou alí un exitoso seminario sobre alternativas á privatización do auga, que se converteu no punto de partida do proxecto Dereito ao Auga. En 2005, creouse a rede Reclaiming Public Water (RPW) a raíz da publicación do libro Por un modelo público de auga, á que o TNI serve como centro de coordinación. A rede RPW conecta a activistas, sindicalistas, investigadores, activistas comunitarios e operadores públicos de auga de todo o mundo, e aboga por reformas progresistas en materia de auga pública e asociacións público-públicas como elementos crave para solucionar a crise global no acceso a auga potable e saneamiento.

Fonte: http://www.tni.org/es/briefing/remunicipalizacion

Enlaces:

Proxecto Dereito ao Auga
http://www.tni.org/es/work-area/water-justice

Rede Reclaiming Public Water (RPW)
http://www.tni.org/es/network/reclaiming-public-water-network

Por un modelo público de auga
http://www.tni.org/es/archives/books_publicwater-s?context=599

Tamén:

Remunicipalización no sector da auga: unha ola imparable
http://www.tni.org/es/article/remunicipalizacion-en-el-sector-del-agua-una-ola-imparable

Construíndo unha nova cultura pública da auga
http://www.tni.org/es/article/construyendo-una-nueva-cultura-publica-del-agua

Colectivo Ártabra 21
________________

mércores, xuño 25, 2014

As privatizacións de servizos municipais, corrupción, corruptos e corruptores, ... A operación Pokémon chega ao Pazo Municipal ferrolán, o Alcalde, José Manuel Rey Varela, imputado - Mesa de Debate sobre a Remunicipalización da xestión do Ciclo Integral da Auga


Nos últimos días, coincidindo cunha nova apertura do sumario da 'Operación Pokémon', saiu á palestra un novo imputado desta vez é o Alcade de Ferrol, José Manuel Rey Varela, tamén presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

O sumario que ainda está sen finalizar, imputa a case un centenar de políticos, funcionarios e representantes de empresas implicadas do Grupo VENDEX. A xuiza Pilar De Lara, baseando-se nun informe de Aduanas, imputa-lle a José Manuel Rey un "Delito de Cohecho".

A Profesora Titular de Dereito Administrativo Universidade de Santiago de Compostela, Alba Nogueira López, ilustraba-nos, o pasado 2 de Febreiro, no seu interesante blogue "Porta ventosa" cun artigo "Pokemon. Privatizacións e corrupción", como a 'Operación Pokemón' amosaba as relacións entre as privatizacións das empresas e servizos públicos, coa corrupción, corruptos e corruptores. Polo que recomendamos a súa lectura, un escrito bon, breve e claro, e de paso dar unha ollada ao seu blogue, sobre todo ler o seu último artigo: A galiña, o ovo, a privatización e a desfeita. "Depende de ti".

Para informar-nos da 'Pokémon', nos xornais diarios comerciais podemos atopar abundante información, por exemplo a reportaxen de Silvia R. e Xosé Hermida no xornal 'El País' na súa edición para Galiza: "Unha mafia empresarial á caza de contratas municipais", mais a análise e información interesante está no xornal dixital amigo 'Praza Pública' da man de David Lombao, nos seus artigos "A xuíza atráncalle a Feijóo o ventilador da Pokémon" | 24.06.2014 [] e "A xuíza da Pokémon imputa o alcalde de Ferrol ao sospeitar que Véndex lle pagou viaxes" | 24.06.2014.

Remunicipalización da xestión do Ciclo Integral da Auga

Ante estas últimas noticias de corrupción, se cadra, converte en moi interesante a "Mesa de Debate sobre a Remunicipalización da xestión do Ciclo Integral da Auga" do vindeiro Sábado 28 de Xuño, pola mañá, ás 10:30hs que terá lugar no Salón de Actos da Sociedade Galega de Historia Natural -SGHN, (Cruceiro de Canido S/N - Antiga Casa do Coronel). Acto organizado polas entidades integrantes da Comisión Social de Seguimento do proxecto e obras do sistema de sanemento da marxe norte da Ría de Ferrol (Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil, ADEGA, VERDEGAIA e SGHN). Onde intervirán: Joaquín Moldes e Juan Lage da Comisión da Auga de Punxín, e Joaquín Morell e Emilio Pachón do Consorcio Provincial de Augas de Sevilla
_________

martes, xaneiro 14, 2014

Sobre o mantemento de viais en Ferrol - Esquerda Unida considera que debe revogarse o contrato coa empresa adxudicataria, e iniciar unha xestión pública integral


ESQUERDA UNIDA CRE NECESARIA A REVOGACIÓN DO CONTRATO COA EMPRESA MISTURAS


Segundo Javier Galán, voceiro do grupo municipal o lamentable estado das rúas da nosa cidade son consecuencia directa do empeño do Partido Popular de externalizar servizos, cando quedou máis que demostrado que a xestión de recursos públicos por empresas privadas tan só carrexa emprego precario e servizos diferentes.

A nosa cidade que xa ostenta o vergoñento record na taxa de paro, na de risco de pobreza, na perda de poboación, senón que agora tamén exemplificamos o que non debe ser a xestión do mantemento de viais, que debería facer non só máis confortable a vida da cidadanía, senón, cando menos, posible, cousa que non está a suceder.

O compromiso de hai máis dun ano adquirido polo goberno municipal é evidente que non se está a cumprir, como así o demostran as convocatorias cidadás de protesta, as declaracións de comerciantes e o sentir xeral da cidadanía, que debe saber que cos seus cartos, preto de medio millóns de euros anuais, non se está a solucionar un tema prioritario para o convivir ferrolán, nin tan sequera está habilitada a liña telefónica a que quedou comprometida a empresa adxudicataria para que a veciñanza puidera por de manifesto as irregularidades dos seus barrios.

O mantemento de viais e a reparación de fochas pareceu quedar reducido ás visitas daquel Plan de Barrios que emprendeu o noso alcalde, cando ao seu paso promete investimentos para reparacións defectuosas, e cando non queda un só barrio da nosa cidade no que os veciños poidan dicir que non hai prexuízos polas irregularidades do pavés: A Malata, Santa Mariña, o Ensanche, San Xoan,... son públicos e notorios os incumprimentos no mantemento.

Polo tanto, segundo Suso Basterrechea, considera que debe revogarse o contrato coa empresa adxudicataria, e iniciar unha xestión pública integral, con cuadrillas municipais para acometer as obras de reparación e mantemento, que ademais de asegurar un maior control sobre as mesmas, crearían ese emprego que tanto necesita a nosa cidade e suporían un abaratamento do custo do servizo.

Ferrol, 13 de xaneiro de 2014-01-13

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
13 de janeiro de 2014 14:21

Bo día, Remítese nota de prensa do Grupo Municipal de Esquerda Unida sobre o mantemento de viais e reparación de fochas na nosa cidade. Un saúdo. Secretaría de comunicacion de EU Ferrol

__________________

Foto de Daniel Alexandre no Diario de Ferrol.
______________________

Confírmanse a denuncia da CIG: publicado o concurso da privatización do servizo de esterilización

Confírmanse a denuncia da CIG: publicado o concurso da privatización do servizo de esterilización | O anuncio da apertura do concurso para a concesión do servizo saíu publicado no DOUE (Diario Oficial da Unión Europea) do pasado 2 de xaneiro de 2014.

A CIG-Saúde demandaba da consellaría de Sanidade, o pasado 4 de decembro, a confirmación ou desmentido da información que circulaba polos centros hospitalarios do SERGAS segundo a que, a finais dese mesmo mes, se procedería á publicación do concurso para a privatización do servizo de esterilización dos centros hospitalarios. Desde a consellaría non houbo resposta algunha, pero si a publicación do concurso o día 2 de xaneiro. A CIG-Saúde denuncia que para que pasara desapercibido, o anuncio para esta privatización foi publicado no DOUE e nin sequera se informou aos servizos afectados. A data prevista para o inicio dos procedementos de adxudicación é o 1 de marzo e a CIG-Saúde exixe a súa paralización e que a concesión non chegue a ser formalizada.

Segundo a publicación no DOUE o contrato do servizo ascendería a 132 millóns de euros, máis IVE. Para a CIG-Saúde o máis grave é que para a súa privatización non se tivo en conta a opinión dos/as profesionais, xa que nin sequera foron previamente consultados ou recibiron comunicación algunha.

A CIG-Saúde explica que os hospitais públicos do SERGAS contan cos certificados de calidade ISO 9001 que garante a excelencia e calidade do traballo. Este control dos estándares de calidade tamén se fai polos servizos de medicina preventiva dos hospitais. O conxunto do traballo e do control de calidade é prestado por persoal sanitario (TCAEs, enfermeiras/os e médicas/os) e se isto pasa a mans dunha empresa privada tal e como vén de confirmarse “estariamos a falar da privatización da ‘bata branca’, esa que dixeron, tanto a conselleira, como o propio presidente da Xunta que non se ía producir”, denuncia María Xosé Abuín.

A CIG-Saúde advirte do encarecemento de todo o proceso se realmente se chega a efectivizar, xa que o material tería que ser trasladado en camións blindados, con sistemas que preserven un determinado nivel de humidade. De non ser así, o traslado deste material contaminado, en medios de transporte convencionais sería un risco para a poboación.

A ausencia absoluta de transparencia na xestión da consellaría de Sanidade queda evidenciada máis unha vez, xa que con data de 4 de decembro, a CIG-Saúde remitiu un escrito solicitando do SERGAS unha aclaración a respecto deste asunto que nunca chegou a ser contestado. O escrito foi enviado á Directora de Recursos Humanos do SERGAS, ao Director Asistencial e ao Director de Recursos Económicos, Pablo Torres, que é o encargado de publicar os concursos.

Luns, 13 Xaneiro 2014

Adxuntamos enlace co DOUE.

http://ted.europa.eu/udl?uri=TED:NOTICE:601-2014:TEXT:ES:HTML&src=0

A MÁIS PRIVATIZACIÓNS, MÁIS LOITA!!! SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE!!!

CIG-Saúde Ferrol
647938026 Ana Arto
630594691 Sandra Martínez
670264501 Merche Díaz
981334566 A.Marcide
www.cig-saude.info/ferrol/



Enviado por:

cig-saude.ferrol
-cig-saude.ferrol@sergas.es-
13 de janeiro de 2014 13:46
_________________

martes, setembro 18, 2012

Artigo de Pablo Vaamonde sobre a sanidade galega "Os negocios na sanidade galega"

Deixámosvos un artigo publicado hoxe no xornal praza.com por Pablo Vaamonde:

Os negocios na sanidade galega


Os actuais gobernantes de Galicia non cren nos servizos públicos. O seu ideario ultraliberal lévaos a afirmar que a xestión privada é mellor. Mais no terreo sanitario hai razóns dabondo para afirmar o contrario. A experiencia das Fundacións Sanitarias, impulsada en Galicia por Romay e o seu equipo (Núñez Feijóo, Enrique Castellón) foi un fracaso. O grave endebedamento das mesmas e o descontento xeneralizado da poboación e dos profesionais levou ao goberno de Pérez Touriño a integralas na rede do Sergas. A privatización dos hospitais en Valencia e Madrid provocou un severo deterioro da calidade asistencial e un importante incremento do déficit económico destas comunidades. O resultado de todas estas experiencias é de dominio público e ninguén pode alegar descoñecemento das mesmas.
"A experiencia das Fundacións Sanitarias, impulsada en Galicia por Romay e o seu equipo (Núñez Feijóo, Enrique Castellón) foi un fracaso"
Mais, a pesar de todas as evidencias, o presidente da Xunta insiste na súa intención de privatizar todo o que non sexa o núcleo duro do sistema sanitario. Porque o que realmente buscan non é mellorar a calidade e a eficiencia dos servizos; o que perseguen é xerar espazos de negocio privado a expensas dos orzamentos. Desde que o Partido Popular tomou o poder na Xunta de Galicia xa se deron moitos pasos nesta dirección. No terreo sanitario os exemplos son numerosos.

A central de chamadas

"Este servizo foi adxudicado a unha empresa leonesa, Telemark Spain SL, que non ten ningún empregado en Galicia"
COnseguir unha cita para o médico de familia era ben doado: as chamadas telefónicas eran atendidas polo persoal de recepción dos Centros de Saúde. Agora existe un servizo automatizado que require dar correctamente once pasos sucesivos para obter a citación. O resultado xa sabemos cal é: catro de cada dez chamadas non conseguen finalizar o proceso. No medio rural volvemos a ver unha estampa do pasado: as persoas maiores agardando, pola mañá cedo, ás portas do Centro de Saúde. O que debería ser unha mellora convértese nun atranco para o acceso á atención sanitaria. Este servizo foi adxudicado a unha empresa leonesa, Telemark Spain SL, que non ten ningún empregado en Galicia. A maior parte dos seus traballadores concéntrase en Latinoamérica.

O centro loxístico de almacenamento e subministro

"Agora esta actividade pasa a mans privadas cun custe de preto de 100 millóns de euros e facilítanlle a unha empresa o control do subministro e o manexo dunha información de enorme interese estratéxico empresarial"
Vai distribuír material aos centros sanitarios de toda Galicia. Esta tarefa viña sendo realizado nas áreas sanitarias por persoal propio do Sergas, coa máxima eficiencia e sen que houbese ningún problema. Agora esta actividade pasa a mans privadas cun custe de preto de 100 millóns de euros e facilítanlle a unha empresa o control do subministro e o manexo dunha información de enorme interese estratéxico empresarial. Preto de Negreira ergueron, nun tempo récord, unha enorme nave na que van centralizar este servizo.

A empresa concesionaria é Severiano Gestión SL que, casualmente, xestionaba no ano 2004 o arquivo de historias clínicas dos pacientes do Hospital de Pontevedra, onde se produciu un  incendio que deixou ao hospital sen documentación clínica. Tamén xestionaba en 2005 unha nave que almacenaba material da Consellería de Educación valenciana e que tamén ardeu. No informe policial sinalábase a posibilidade de que o lume fose intencionado. Agora que as historias clínicas están informatizadas a actual administración concédelle a esta empresa a xestión dun servizo que era realizado de maneira perfecta por persoal propio e sen custe engadido.

A privatización do servizo de diálise do hospital de Barbanza
 

A Consellería de Sanidade pretendeu privatizar este servizo, mais a intensa mobilización impulsada pola Plataforma en defensa da sanidade pública desta comarca conseguiu frear, polo momento, este proceso. A pretensión da Consellería é transferir o servizo de diálise á Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo (FRIAT), entidade privada que xestiona diversos centros de diálise en toda España (tres na provincia de Ourense). Son patróns desta fundación José Manuel Romay Beccaría (actual presidente do Consejo de Estado) e Enrique Castellón  (compañeiro de viaxe de Núñez Feijóo, pois ambos ocuparon altos cargos na Consellería de Sanidade e no Ministerio co citado Romay). 
 
Castellón tamén é o promotor dunha sociedade de capital risco (Cross Road Biotech), dedicada á investigación en biomedicina, que conta cunha achega importante (o 50 por cento) de diñeiro público. Este proxecto foi presentado en A Coruña o pasado mes de xullo, contando coa presenza do presidente da Xunta. 

O hospital privado Povisa

"Os seus propietarios e xestores teñen a extraordinaria fortuna de ver no outro lado da mesa a Rocío Mosquera, que foi xerente do sanatorio La Esperanza de Santiago (pertencente ao grupo Nosa Terra, propietario de Povisa)"
Todos os hospitais privados de Galicia teñen concertos co Sergas, que vén ser o seu principal cliente. Mais a relación do hospital Povisa coa sanidade pública é especial. Desde os anos 80 da cobertura asistencial a uns 140.000 habitantes da cidade de Vigo e da península do Morrazo, sendo o hospital de referencia para esta poboación a todos os efectos, como se fose un hospital público. Por esta actividade ingresa unha cantidade elevada, establecida no seu concerto particular. Este acordo privilexiado permitiulle ao hospital realizar un crecemento espectacular en novos espazos, servizos e renovación tecnolóxica. Sen embargo, o ratio de traballadores por cama está moi lonxe dos hospitais do Sergas, e as enormes listas de espera que provoca constitúen un problema crónico, que sofre a poboación adscrita. Os defensores da sanidade pública levan anos reclamando a suspensión deste concerto con Povisa, e realizaron numerosas denuncias sobre os déficits na atención deste hospital.

O concerto particular que vincula este hospital co Sergas está a ser negociado nos últimos meses. Os seus propietarios e xestores teñen a extraordinaria fortuna de ver no outro lado da mesa a Rocío Mosquera, que foi xerente do sanatorio La Esperanza de Santiago (pertencente ao grupo Nosa Terra, propietario de Povisa) durante moitos anos. Hai un evidente conflito de intereses que debería impedir a esta persoa participar nesta negociación. 


A renovación tecnolóxica

"O principal negocio previsto polo goberno de Núñez Feijóo é o novo hospital de Vigo. Diso falaremos nunha próxima entrega"
A Consellería de Sanidade deixa comprometidos 200 millóns de euros para realizar, con xestión privada, a renovación da alta tecnoloxía dos hospitais do Sergas; esta decisión foi moi cuestionada pola oposición e polas organizacións que defenden a sanidade pública. Tamén poderíamos falar da cesión á empresa Indra Sistemas (que realiza numerosos traballos para a Xunta de Galicia) da xestión das tecnoloxías da información do Sergas, incluíndo a receita electrónica e o programa Ianus.

Con todo isto non facemos máis que unha breve aproximación aos espazos de negocio que os actuais gobernantes estiveron a crear arredor dos orzamentos sanitarios. Mais o principal negocio previsto polo goberno de Núñez Feijóo é o novo hospital de Vigo. Diso falaremos nunha próxima entrega.


 ___________________________________________________________

Fonte: Praza.com

Acerca de Pablo Vaamonde:

Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005). Presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña (1998-2005). Foi Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005 polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia. Coordenador xeral da Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA),  que pretende promover o uso do galego no ámbito sanitario.

|||||||||||||||| |||||||||||||||||||| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

martes, agosto 28, 2012

"Os servizos públicos e os negocios privados", novo artigo de opinión de Pablo Vaamonde

Cando o PP ocupou o poder en Galicia en 2009, Núñez Feijóo afirmou que levaría a cabo políticas de austeridade pero sen reducir os orzamentos de sanidade, educación e servizos sociais. Minteu doblemente: estes departamentos son os máis atacados polas súas actuacións mentres que, durante o seu mandato, a débeda de Galicia medrou o triplo que co goberno bipartito. En 2009 a débeda autonómica equivalía ao 7,7% do PIB. Nos tres últimos anos a débeda medrou de 4.282 a 7.381 millóns de euros. Esto representa un incremento de 3.099 millóns de euros na débeda,  que equivale xa ao 12.8% do PIB (5 puntos por enriba do herdado). En resumo, os tres anos de suposta austeridade e solvencia económica do actual goberno da Xunta tradúcense nun incremento da débeda en máis de 1.000 millóns de euros por ano.

A pregunta que xurde é ven sinxela: cómo é posible que aumente a débeda autonómica a pesares dos tremendos recortes que están a sufrir os servizos públicos e os cidadáns? Obviamente porque hai menos ingresos pero tamén porque as decisións deste goberno non conducen ao aforro público senon ao desvío de diñeiro público a mans privadas, utilizando todos os mecanismos posibles dentro da legalidade vixente. Dí Antón Baamonde, no seu libro A derrota de Galicia que “no goberno galego senta xente firmemente partidaria da identidade, pero non da galega, precisamente”. Tamén podemos afirmar que temos uns dirixentes públicos que non cren no sector público ao que agreden de xeito sistemático e procuran debilitar progresivamente transferindo orzamentos e funcións a mans privadas.

O Partido Popular afirma que a xestión privada é mellor que a pública. Por eso o goberno de Núñez Feijóo contratou á empresa Eulen (da que é apoderada a súa irmá Micaela) para realizar a atención telefónica e xestión da documentación das persoas afectadas polas preferentes. Para poder adxudicar directamente (sen concurso no DOG) a Xunta dividiu o servizo aos afectados por provincias, para que non superase o límite económico estabelecido. Este proceder xa o realizou esta Xunta noutras ocasións en relación coa mesma empresa. O grupo Eulen tamén consigueu que o concello da Coruña(presidido por Carlos Negreira, compañeiro e amigo de Núñez Feijóo) lle adxudique a xestión da rede de bibliotecas da cidade por máis de dous millóns de euros, sen que tivese ningunha experiencia previa neste tipo de actividade (até o de agora era requisito indispensable para poder presentarse a concurso).

Chegounos esta información durante o mes de agosto mentres o presidente disfrutaba das súas merecidas vacacións en Póvoa de Varzim, localidade do norte de Portugal moi coñecida polo seu casino. Alí foi parado por un garda de tráfico por exceso de velocidade. Despois dunha discusión accedeu a pagar a sanción correspondente. O presidente galego tamén tivo tempo, durante o descanso estival, paraxantar nun restaurante da Estrada con Rajoy, Louzán, Jove (ex-propietario de Fadesa) e varios alcaldes da zona. Ainda que acudiron nos coches oficiais foi unha xuntanza informal, fora de axenda. Non trascendeu nada sobre o tratado nese encontro. Non sabemos se falaron dos servizos públicos ou de negocios privados. Se cadra era unha celebración gastronómica e só loubaron a calidade das viandas. Quén sabe? Ou estarían a falar, por un casual, do próximo adianto electoral?
 
Blogue persoal de Pablo Vaamonde:

Pavillón de Repouso

http://pablovaamonde.blogspot.com.es/

[*] Pablo Vaamonde, nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.
 
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||| |||||||||||| |||| ||| 

mércores, agosto 01, 2012

Outro interesante artigo de Pablo Vaamode "A contrarreforma sanitaria"

A crise económica é utilizada como escusa polo actual goberno (e polas autonomías afíns) para realizar profundos recortes na sanidade pública que están a producir un impacto notable na calidade asistencial e nas condicións laborais dos sanitarios. O obxectivo real non é reducir o gasto público senon conseguir o desvío de parte dos orzamentos cara petos privados. Non tratan de procurar a eficiencia nin de garantir a continuidade do sistema, como afirman de forma enganosa; o que pretenden é crear espazos de negocio que permitan xerar ganancias a expensas do diñeiro público.

Xa decía Naomi Klein (“La doctrina del shock”) que cómpre debuxar escenarios de catástrofe –reais ou imaxinarios- que provoquen o pánico colectivo e que permitan adoptar medidas prexudiciais para amplias maiorías sen que éstas ofrezan resistencia, paralizadas polo temor e a desunión. O medo a un futuro peor e a imposición da política de recortes como única posible produce un efecto anestésico que aborta a reacción popular. O pensamento ultraliberal elaborado en diversas factorías (FMI, Faes, Fundación Idis, Fundación Bamberg etc) e divulgado polos medios de comunicación afíns –a inmensa maioría-, é asumido pola poboación de xeito resignado, como unha verdade absoluta. 

No terreo sanitario presentan un argumentario tan simple como falso. Baséanse en dúas falacias:  que o actual sistema sanitario é insustentable (non é certo: a porcentaxe de PIB adicada á sanidade é das máis baixas do mundo) e que a xestión sanitaria privada é mellor que a pública (hai estudios que certifican o contrario: Sally Ruane, Vicenç Navarro, Sánchez Bayle etc). Afirman que a crise obriga a realizar recortes; por eso cómpre eliminar servizos públicos, reducir o estado de benestar, precarizar o emprego e limitar ao mínimo os dereitos laborais. Estas medidas, aplicadas con dilixencia (e mesmo con crueldade) polo actual goberno non conducen á saída da crise senon ao seu agravamento. Mentres tanto, as quenllas da economía especulativa seguen a engordar os seus patrimonios persoais. 

 

O que precisa a sanidade en momentos de crise non é reducir presupostos, persoal,  servizos e calidade asistencial. Pola contra, deberían reforzar o sistema público -priorizando a Atención Primaria- para garantir unha correcta atención aos sectores sociais máis castigados pola precariedade económica. Pero non é así: hai unha estratexia global que pretende degradar o actual sistema sanitario (recoñecido como ún dos mellores do mundo) para crear espazos de negocio: a privatización do aseguramento, a construcción e xestión dos hospitais, a tecnoloxía sanitaria, os servizos informáticos etc.

O Real Decreto Ley 16/2012, aprobado polo goberno de Rajoy por vía de urxencia, furtando o debate parlamentario, supón un auténtico atentado contra do actual sistema sanitario, unha bomba en plena liña de flotación. De xeito hipócrita sinalan que son medidas urxentes para “garantizar la sostenibilidad del Sistema Nacional de Salud (SNS)”. Trátase de todo o contrario. Ademáis de obrigar ao copagamento nas medicinas e noutras prestacións (próteses, transporte sanitario etc), esta lei introduce cambios que representan unha auténtica contrarreforma sanitaria. Vexamos algúns contidos desta norma.
-A saúde como un dereito dos cidadáns quedou estabelecido na Lei Xeral de Sanidade en 1986. Iniciouse un longo camiño para dar cobertura sanitaria a diversos colectivos daquela desprotexidos, coa pretensión de universalizar a atención sanitaria a todos os habitantes do Estado español. Agora esta lei recupera a figura do “asegurado” que será quen teña dereito aos servizos sanitarios. Deste xeito as persoas que non coticen á Seguridade Social quedarán sen protección. Esto é unha volta ao pasado e significa a perda dun dereito que considerabamos sólido e definitivo. Agora deixan sen cobertura aos inmigrantes sen papeis, o que representa un atentado contra dos dereitos humanos e un serio problema para a saúde pública. Outros colectivos poderán quedar tamén sen dereito á atención sanitaria: os mozos maiores de 26 anos que xa non poden figurar como beneficiarios na tarxeta dos pais, os divorciados/-as que non teñan cotizado etc. 

-Esta lei tamén estabelece tres niveis na carteira de servizos do SNS: básico, suplementario e accesorio. Ata o momento a relación dos servizos asistenciais ofrecidos polo sistema público era única e xeralizada para todo o Estado, sen chanzos diferenciados. Esta nova catalogación vai no camiño de que o sistema público quede, no seu momento, como provisor dos servizos básicos, deixando os outros niveis como optativos para aqueles cidadáns que contraten unha póliza privada para cubrir ditas prestacións. Só lles queda por aprobar a desgravación fiscal dos seguros privados (que reclaman con insistencia as aseguradoras) para redondear o negocio, e para volver á sanidade dualizada (porta para os ricos, porta para os pobres). 
Esta é a sociedade que está a construir este goberno capitaneado por Rajoy. Non é a crise a responsable deste porvir ameazante, son as decisións políticas do grupo gobernante as que nos condenan a este futuro. A ideoloxía ultraliberal e supremacista que inspira estas normas está a provocar o regreso a un pasado que criamos vencido e sen retorno. Haberá que facer todo o posible para desvialos deste camiño.

Pablo Vaamonde: Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.

||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||| ||||| ||| || |

martes, xuño 19, 2012

SOS contra o veto do PP a Inicitiva Lexislativa Popular - O PP impide o debate da Inicitiva Lexislativa Popular contra a privatizacion saúde



SOS contra o veto do PP a Inicitiva Lexislativa Popular

Ante o veto do Grupo do Partido Popular a que o Parlamento de Galicia debata a Iniciativa Lexislativo Popular e defensa do sistema sanitario público e da potenciación da Atención Primaria e en contra da súa deterioración e privatización a pesar de cumprir con todos os requisitos esixidos pola lexislación electoral e do propio Parlamento, a Plataforma SOS Sanidade Pública quere:
  • 1.- Denunciar este comportamento antidemocrático que menospreza a vontade cidadá e vulnera a Constitución e as leis electorais que dan aos cidadáns a posibilidade de elevar ao Parlamento proposicións de lei para o seu debate e aprobación (sempre que teñan respaldo suficiente debidamente controlado pola Comisión Electoral como é o caso).
  • 2.- Expor que a Iniciativa tivo un enorme respaldo, habendo recolleu máis de 45.000 o que supón superan con fartura as 15.000 esixidas para a súa toma en consideración polo Parlamento.
Consideramos que esta negativa pretende acalar a vontade líberamente expresada por miles de galegos que de manase voluntario mostraron o seu rexeitamento á privatización e apoian os seus sistema sanitario público. O PP non acepta manter un debate que deixaría novamente en evidencia a súa intención de desmantelar e privatizar a sanidade pública galega para entregala a grupos empresariais, bancos e aseguradoras privadas afíns aos seus intereses.

A Plataforma SOS fai un chamamento á cidadá para que esixa a este partido que acepte as regras da democracia e anuncia que convocara no seu momento as mobilizacións oportunas para conseguilo.

Manuel Martin
Portavoz SOS Sanidade Pública

www.sos-sanidadepublica.org


O PP impide o debate da Inicitiva Lexislativa Popular contra privatizacion saúde

O Grupo Popular do Parlamento de Galicia utilizou a súa maioría absoluta para vetar o debate no Parlamento de Galicia da Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública contra a privatización dos centros sanitarios e a favor da xestión pública dos mesmos e da potenciación da Atención Primaria (en situación de precariedade incompatible co funcionamento racional e eficiente do sistema sanitario).

A Iniciativa Lexislativa Popular reuniu todos os requisitos legais esixidos polo Parlamento e a Comisión Electoral para a súa presentación e trámite e reuniu máis de 45 firmas perfectamente acreditadas en apoio da mesma.

Esta decisión mostra
  • O talante antidemocrático e autoritario do Partido que se atreve a bloquear un mecanismo de participación social recoñecido e regulado pola Constitución Española e polo ordenamento xurídico galego.
  • O temor a que a cidadanía coñeza o proceso de privatización e deterioro da sanidade pública galega perpetrado polo Goberno da Xunta de Galicia polas serias consecuencias electorais que pode ter para o PP.

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública esixe ao Grupo Popular que acepte o debate democrático da Iniciativa no Parlamento e retire o veto á tramitación da mesma, en caso a Plataforma contrario convocará á cidadanía galega a mostrar a súa repulsa a un comportamento tan prepotente e antidemocrático.

É perigoso para a convivencia desprezar a vontade e o esforzo de miles de galegos que exerceron o seu dereito democrático a expresarse e a presentar as súas propostas ao Parlamento da súa Comunidade Autónoma para o seu debate e posible aprobación.


Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
______________________

martes, xuño 12, 2012

Presentación do libro "A saúde como negocio" o vindeiro 26 de xuño - Artigo de Pablo Vaamonde sobre o libro

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol organiza a presentación do libro "A saúde como negocio".

O acto será presentado por Xosé Miguel López Pérez, presidente da A.V. de Esteiro e portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

No mesmo intervirán, D. Francisco Pillado Maior, Director de Edicións Laiovento. D. Pablo Vaamonde, D. Jesús Rey e D. Manuel Martín, Especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria e coautores do libro.

A presentación será o vindeiro 26 de xuño ás 19:30 horas na Galería Sargadelos Ferrol.

Colabora coa Plataforma: Descarga, imprime e reparte o cartaz (pdf e A3)



Artigo de Pablo Vaamonde, coordinador e coautor do libro sobre o mesmo:
“A saúde como negocio”
Neste tempo de incertezas sobre o noso futuro colectivo, Edicións Laiovento ven de publicar o libro “A saúde como negocio”, no que se describe a situación actual da sanidade pública, analízanse as actuacións realizadas polos actuais gobernantes e faise unha valoración das consecuencias negativas que estas intervencións poden ter para a sustentabilidade do sistema sanitario no porvir inmediato.

Trátase dun libro colectivo. Os seus autores son Mª Luísa Lores, Manuel Martín, Jesús Rey, Marciano Sánchez-Bayle e Pablo Vaamonde, todos eles persoas comprometidas coa defensa da sanidade pública. É un texto oportuno e necesario, que aporta información obxectiva, argumentos e análises para explicar como é posible facer outras políticas que, na vez de deteriorar e pór en risco o sistema público, procuren a súa mellora e consolidación.

De xeito didáctico e a grandes trazos podemos definir dúas posicións confrontadas en relación coa política sanitaria e a xestión dos servizos sanitarios públicos:
*Hai unha corrente progresista que entende a sanidade pública como un dos piares esenciais do estado do benestar, defende a atención sanitaria como un dereito dos cidadáns e promove o acceso aos servizos de forma universal e gratuíta, sen ningunha restrición. Esta corrente considera que o financiamento da sanidade debe realizarse cos impostos dos cidadáns e a prestación debe ser fundamentalmente pública, considerando o sector privado como subsidiario e complementario.
*Na outra banda existe un pensamento ultraliberal que considera que cadaquén debe acceder aos servizos sanitarios que poida custear persoalmente. Esta corrente, hoxe predominante, fixo circular nos últimos tempos unha argumentación elemental baseada en catro conceptos: a insustentabilidade do actual sistema sanitario, a utilidade de separar financiamento e prestación dos servizos para mellorar a eficiencia, a necesidade imperiosa de introducir o copagamento para o acceso aos servizos, e a crenza (non demostrada) de que a xestión da sanidade privada é mellor e máis eficiente que a pública.

Os autores deste libro partimos da hipótese de que as diferentes medidas adoptadas nos primeiros tres anos de goberno de PP en Galicia (redución dos orzamentos sanitarios, recorte das prestacións, restricións no acceso aos servizos, limitación dos recursos destinados a investigación e formación profesional etc.) están enmarcadas nesta corrente ultraliberal e motivadas pola mesma estratexia: a precarización dos servizos sanitarios públicos e a definición de espazos de negocio (a construción e xestión dos centros sanitarios, o control da tecnoloxía sanitaria etc.) que permitan a grupos empresariais afíns apropiarse dunha parte importante dos orzamentos públicos.

Neste libro presentamos un conxunto de textos de carácter divulgativo, dirixidos a un público non profesional, que pretende describir e analizar as decisións políticas levadas a cabo polo PP no terreo sanitario dende que no ano 2009 ocupou o poder na Xunta de Galicia. Tamén se valoran as actuacións realizadas pola dereita noutras latitudes: Valencia, Madrid, Castela-A Mancha, Catalunya etc. Consolidando a ruta trazada nas autonomías o goberno de Rajoy, aos cinco meses de ocupar o poder en Madrid, tamén realiza severos recortes que danan gravemente a sanidade pública. O Real Decreto ley 16/2012 recupera o concepto de “asegurado”. Os inmigrantes e outros colectivos cidadáns quedarán sen cobertura sanitaria. Esta norma deixa ver ás claras a intención do PP de retornar ao pasado; devólvenos a unha sanidade dualizada: de seguir adiante coa súa política nos hospitais haberá unha porta para os ricos e outra para os pobres.

Este libro é unha achega seria e documentada, mais non imparcial; pretendemos expoñer argumentos e análises que sexan útiles (aos cidadáns e ás organizacións políticas, sindicais e profesionais) para comprender as estratexias postas en marcha desde a Xunta de Galicia no terreo sanitario e o grave risco que representan para o futuro inmediato da sanidade pública. Poderá ser útil, tamén, ás distintas plataformas para a defensa da sanidade pública que, nos últimos tempos, están a traballar en distintos puntos da xeografía galega para evitar o desmantelamento dos servizos públicos, elementos clave do estado do benestar.

Pretendemos pór en evidencia, con datos e análises rigorosas, as políticas de deterioración dos servizos públicos que vén desenvolvendo o PP en Galicia e nas diferentes comunidades en que goberna. Por último, este libro quere ser unha contribución ao amplo movemento social que se está xerando en todo o Estado para frear esta dinámica destrutiva e privatizadora, que pon en grave risco a atención da saúde das futuras xeracións.

Pablo Vaamonde. Web persoal. Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.


Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol: www.plataformadspferrol.blogspot.com

venres, xuño 08, 2012

A privatización da sanidade pública. Qué significa? ... por Edmundo Fayanás Escuer


Dentro da política de recortes que está sufrindo o noso sistema de protección social, un dos máis significativos é o da sanidade pública. Debemos ser conscientes de que isto é totalmente evitable se aplicásemos unha política económica distinta do neoliberalismo.

Dinnos que esta política económica é a única posible, e en consecuencia, que debemos aceptala con resignación cristiá. Os que afirman isto, só fan política ideolóxica de dereitas, onde a única finalidade é preservar e aumentar os beneficios dos ricos, subtraéndoos da inmensa maioría dos cidadáns.

Que significa a privatización sanitaria?
O primeiro  argumento utilizado, é que se gasta moito na sanidade pública, cun custo que a nosa economía non pode soportar. Isto é mentira como veremos posteriormente.

Debemos saber, que o noso país é un dos países da Unión Europea dos 15 que gasta menos por habitante en sanidade. O seu custo é de 1.673 euros anuais fronte aos 2.103 euros da media europea. Só o 4,1 % da poboación adulta traballa no sector sanitario do noso país, un dos máis baixos, pois na UE-15 (países de desenvolvemento  parecido ao noso) é do 6,6%.

Nos últimos dez anos, o crecemento  sanitario foi do 2,7%, mentres que nos países da OCDE foi do 4,1%. Como di Vicenc Navarro “gran parte do crecemento sanitario en España foi no sector privado. España é un dos países nos que a poboación paga máis por servizos  sanitarios privados, e iso é consecuencia do subdesenvolvemento do sector sanitario público”. A solución pasa inevitablemente non por recortar en sanidade  pública, senón en investir  máis. Si impóñennos Europa, reclamemos ser europeos non só nos recortes, senón que queremos selo coas mesmas prestacións sociais.

O gran problema non é o gasto do Estado senón a falta de ingresos. No ano 2007, os ingresos do Estado español era do 41.1 % do seu PIB e a dos países da zona euro era do 45,5% do PIB. No ano 2011, os ingresos do Estado español baixa ao 34,5% do seu PIB, mentres que os da eurozona é do 44,4 % do seu PIB. Este é o problema, un problema de fiscalidad , onde os ricos néganse a pagar o que deben en función da súa riqueza económica.

É a sanidade privada máis barata e eficiente?
Desde fai anos, escoitamos á neoliberal Esperanza Aguirre, que hai que privatizar a sanidade pública, porque a privada é moito máis barata e eficiente. Que mellor que utilizar os datos, que aparecen nos orzamentos da Comunidade de Madrid, presidida por ela  mesma, para que non se me acuse de manipulador e podamos responder a este mantra neoliberal da Sra. Aguirre.

No ano 2010, a comunidade de Madrid tiña o presuposto /cama/ ano nos seus centros públicos en 277.375 euros, fronte aos 434.686 euros dos seus concertos cos hospitais de xestión  privada ou semiprivada. No ano 2011, o orzamento /cama/ano nos centros públicos foi de 307.187 euros, fronte aos 485.970 euros dos privados ou semiprivados, é dicir , un 58,2% máis cara a cama no sistema privado que no público onde está a eficiencia económica Sra. Aguirre? Por que sistematicamente nos minte. Estes datos están nos seus orzamentos, míreos e rectifique.

Vexamos outros datos. A Comunidade de Madrid concerta camas coa multinacional sanitaria sueca Capio nos seus distintos hospitais por 535.000 euros ou por exemplo  paga por unha cama na Fundación Jiménez Díaz por 675.000 euros. Que ten que dicir a Sra. Aguirre a estes  datos extraídos dos seus orzamentos? A pesar do escándalo destes  datos, nos orzamentos de 2011 incrementáronse os fondos destinados á sanidade privada nun 30%, mentres que os recortes na sanidade pública madrileña supuxeron un 9%.

Seguindo o modelo de xestión  semiprivada da sanidade, a Comunidade de Madrid abriu sete hospitais con criterios de xestión  semiprivada. O seu custo de construción  estaba presupostado en 701 millóns de euros. Con todo, a xestión semiprivada, cando se termine de pagalos resultará o seu custo nuns  5.000 millóns de euros, é dicir  cun encarecemento de máis de 700%. É isto unha xestión eficiente ou un saqueo?

En Navarra, a Cámara de Comptos  cuestionou os custos dos concertos coa Clínica Universitaria (OPUS DEI) e outros privados, ao consideralos excesivamente altos.
O modelo neoliberal, polo que se rexe Esperanza Aguirre, é o sistema sanitario norteamericano. Estados Unidos ten un gasto sanitario o máis elevado da OCDE, chegando ao 17% do seu PIB, sendo o reino do negocio das empresas privadas sanitarias. O 20% da poboación norteamericana non ten ningunha cobertura sanitaria e o resto con moi  escasas coberturas, por suposto moi lonxe das que dá calquera sistema sanitario público europeo. O seu sistema sanitario é pésimo, salvo en catro  hospitais de renome . As súas empresas sanitarias e farmacéuticas son as raíñas do beneficio en Wall  Street, onde o que importa é o beneficio e nunca a persoa.

O gasto sanitario español rolda entre o 9-9,5% do PIB e o do eurogrupo sobre o 12% con potentes sistemas públicos e amplas coberturas, atendendo ao cento por cento da poboación, cousa que non fai o sistema norteamericano. En calquera  avaliación obxectiva non ten cor entre o sistema europeo sanitario e o ínfimo norteamericano.

Si se consegue impoñer o sistema privatizador de Esperanza Aguirre temos asegurado, que teremos moitas menos prestacións e as que ofrezan moito máis caras, o negocio é o negocio. Denunciouse, que no sistema privado realízanse moitísimas intervencións quirúrxicas innecesarias coa finalidade de obter  máis beneficios.

Resulta descarado que os sectores que apoian a redución do gasto público sanitario por insostenible, son os mesmos que piden fortes desgravacións fiscais para  os seus seguros sanitarios privados.

Outro modelo a analizar é o sistema sanitario holandés de xestión  por mutuas, que foi imposto pola dereita política. A cobertura sanitaria é universal e obrigatoria. O Estado fixa os límites dos servizos de saúde  esenciais. A súa xestión está en mans  de aseguradoras privadas que non poden rexeitar a ninguén, xa sexan doentes crónicos ou anciáns. O custo  a pagar polo asegurado é duns 170 euros mensuais. Abarca esta cobertura a atención dos médicos de familia, hospitais, especialistas e obstetras.

O obxectivo  da dereita política holandesa era que deixando a sanidade en mans  de entidades privadas, lograríase un mellor servizo sanitario, libre de regulacións  e sen listas de esperas, é dicir , aplicar as ideas neoliberales. Que sucede dez anos logo da súa implantación? A revista Saúde 2000, ao falar do sistema holandés cuantifica, que hai uns 150.000 holandeses sen seguro sanitario e máis de 320.000 son insolventes e non poden pagar devandito seguro, polo que xa son un 5% da poboación que en 2011 están sen cobertura sanitaria.

O outro  obxectivo era conseguir unha redución do gasto sanitario. Seguindo os datos da Central de Estatística, Holanda destinou a sanidade  o 14,8% do seu PIB no ano 2009, moi por encima da media europea e case un 60% máis que o noso país. Nos datos sanitarios de 2010 houbo un desviou de máis de 1.400 millóns de euros. En consecuencia, a partir de 2012, son reducidas as prestacións da cobertura básica. Vexamos algunhas consecuencias, en fisioterapia, as vinte primeiras sesións correrán a cargo do paciente. Haberá que pagar unha parte maior das medicinas e a prima de seguranza sanitaria sobe un 30% pasando de 170 euros a 210, é dicir  pagar máis para que che dean menos. 

Este é o modelo fracasado de sanidade  privada que nos quere impoñer o PP. Poderíanos explicar Esperanza Aguirre quen son os membros executivos da multinacional sanitaria sueca Capio que tantos beneficios obtén en Madrid? Sóalles os Lamela, Guemes e compañía, todos eles conselleiros de sanidade  nos gobernos de Esperanza Aguirre.

Xa podemos ver que é o modelo neoliberal sanitario, onde a calidade e eficiencia económica brila pola súa ausencia, o que nos está a impoñer o Partido Popular. Privatización sanitaria significa un retroceso en prestacións, onde o benestar do home é substituído polo negocio. Hai uns dereitos humanos básicos, sanidade, educación, pensións…. Que nunca deben estar baixo a óptica privada, senón que deben ser uns bens exclusivamente públicos. Defendamos os dereitos públicos.

Edmundo Fayanás Escuer é Licenciado e Profesor de Historia e redactor de El Inconformista Digital

Fonte: Rebelión

Rebelión publicou este artigo  co permiso do autor mediante unha licenza de Creative  Commons, respectando a súa liberdade para publicalo noutras  fontes.