Amosando publicacións coa etiqueta Privatizacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Privatizacións. Amosar todas as publicacións

venres, decembro 02, 2011

A taxa de reposición na sanidade pública, ou como eliminar postos de traballo e deteriorar o sistema público de saúde

CIG-SAÚDE: QUÉ SIGNIFICA A TAXA DE REPOSICIÓN NO SERGAS?

O fin das OPE - Traslados sen prazas - Listas de contratación paralizadas

Interesante folleto da CIG-Saúde que explica en poucos pasos as políticas de desmantelamento do sistema sanitario público no aspecto da redución de persoal. En tres anos pensan reducir miles de postos de traballo, até un 7% do persoal actual do SERGAS.


Ana Arto 647938026
Sandra Martínez 630594691
Merche Díaz 670264501
Local Marcide 981334566
www.cig-saude.org
scigasf@sergas.es

Enviado por:
cig-saude.asf@sergas.es
-cig-saude.asf@sergas.es-
2 de dezembro de 2011 19:54
____________________

luns, novembro 29, 2010

A Administración é como unha grande apisoadora que todo o esmaga - SOS "Souto de Leixa": na defensa dos postos de traballo, na defensa dos servizos sociais públicos, non permitamos a privatización da súa xestión

O venres pasado, 26 de Novembro, despois de dúas horas de peche no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, as traballadoras e traballadores do "Terra de Ferrol" - "Souto de Leixa", eran desaloxados pola policía, sen ter conseguido estes os obxectivos de entrevistar-se coas autoridades autonómicas, mais si, en certa medida, os obxectivos propagandísticos de oposición á privatización e de que a loita continua.

A administración non é sensíbel ás reivindicacións, ... o concurso, os trámites, os prazos, as decisións, todo un entramado administrativo segue o seu curso implacábel. O pasado 22 de Novembro a Mesa para a contratación da xestión do "Souto de Leixa", decidía definitivamente a admisión con capacidade para contratar ás dúas empresas presentadas: a integrista católica e multinacional "Hermanas Hospitalarias del Sagrado Corazón de Jesús" y a multinacional de multiservizos Clece, S.A, empresa do grupo ACS, grupo con case 900 empresas con presencia en todo o mundo. Agora só queda a decisión da adxudicación a unha delas. Para estas empresas coas súas enormes estruturas e complexas organizacións, a adxudicación deste servizo social público, só supón unha parcela máis a dominar, no seu afán monipolizador, do controlo social, do dominio ideolóxico e da expansión do negocio. Para nós pode supoñer unha batalla máis perdida, unha sociedade: menos nosa, menos xusta e menos democrática.

A Xunta estivo a semana pasada dotando ao centro de novo material, un material que antes se negaba. ao Igual que se nega a información e o diálogo, xa non digamos a negociación. Todo é unha política de feitos consumados. A todas luces deplorábel. Xogando coa vida da xente, deixando na incertidume a 118 persoas que ainda non saben o que vai ser do seu futuro inmediato, e estamos falando que isto sucede nunha administración pública.

Só unha decisión política, pode paralizar a inminente privatización da xestión do CAPD "Souto de Leixa". E para que exista unha decisión política tiña que aparecer un revulsivo social, un salto cualitativo e cuantitativo nas demandas, nos apoios e nas accións. Un mes de mobilizacións, 25 días de peche continuado no Pazo Municipal do Concello de Ferrol, manifestacións, máis de 14.000 sinaturas contra a privatización, accións sorpresa, entrevistas, mocións, apoios institucionais e parlamentarios, ... todo un cúmulo de traballo sindical, non dobrega a vontade privatizadora do goberno do PP na Xunta de Galicia. O goberno Feijóo segue directrices marcadas polo FMI, a OMC, o  BM, a Comisión Europea, políticas neoliberais que tamén aplica o goberno zapatero en Madrid. A deriva privatizadora, non é nova e non hai goberno que se resista, nen central, nen autonómico, nen local, ... Hai un Acordo Xeral sobre o Comercio de Servizos (AGCS), de 1995, adoptado no seo da OMC -Organización Mundial do Comercio- que persegue a liberalización progresiva de todos os servizos para o comercio internacional e a progresiva mercantilización do sector público. A privatización dos servizos públicos sociais, supón sinxelamente, converter en puro negocio, o que son dereitos básicos da cidadanía. Non chega cun apoio puntual sen que teña unha consecuencia práctica. As centrais sindicais son as principais responsábeis de que non haxa un accionar sindical e cidadán decidido contra as privatizacións. En segundo lugar os partidos políticos e cargos institucionais que en plena precampaña eleitoral, buscan máis o protagonismo da sigla que o obxectivo a acadar que o "Souto de Leixa", siga sendo de xestión pública. En terceiro lugar o movimento social e veciñal desmobilizado, sen obxectivos claros na defensa do benestar social. Primeiro hai que crer-se que podemos gañar a batalla e despois accionar entre todas e todos na mesma dirección e sentido. Só unha acción decidida, consciente, conxunta e unitaria de todos os sectores progresistas defensores do público frente as privatizacións, vai conseguir dobregar a vontade privatizadora do goberno do PP na Xunta de Galicia.

A esquerda social e política, non ten só que combatir os intentos de privatizacións dos servizos públicos, senon que debería pasar a ofensiva contra o neoliberalismo, formulando propostas xá de rescate dos servizos públicos privatizados.
__________________

domingo, abril 25, 2010

Tivo lugar en Compostela a Manifestación Nacional: "Contra a privatización - En defensa dos servizos públicos"


Hoxe Domingo 25 de Abril de 2010, tiña lugar a Manifestación Nacional en Defensa dos Servizos públicos. Milleiros de persoas saíron á rúa contra a privatización dos servizos públicos, denunciaba-se que a Xunta de Galicia, gobernada polo Partido Popular, está dando pasos de xigante na precarización dos servizos públicos e todo o sistema de prestacións sociais.

Baixo en lema "Contra a privatización - En defensa dos servizos públicos", saía a manifestación desde a Alameda de Compostela, pasadas as doce e media da mañá "Non, non, non, á privatización", "O público é servizo ... o privado, beneficio"

Máis información en Vieiros

Fonte e Foto: Vieiros
_______________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: O Domingo 25 de Abril está convocada unha manifestación en Santiago contra a privatización dos Servizos Públicos
____________________

sábado, abril 24, 2010

O Domingo 25 de Abril está convocada unha manifestación en Santiago contra a privatización dos Servizos Públicos

25 de abril, manifestación en Santiago contra a privatización dos Servizos Públicos

Este domingo, día 25 de abril, haberá unha manifestación en Santiago para protestar contra a privatización dos Servizos Públicos. A manifestación partirá ás doce da mañá da alameda compostelana. Haberá servizo de autobuses. Os autobuses sairán do Local Comarcal da CIG en Esteiro ás 10:30 horas. Podédesvos anotar chamando ao Local Comarcal ao 981358750.

A aposta pola privatización e mercantilización de todo tipo de servizos públicos implica diminuír a calidade do servizo ou prestación e precarizar e reducir o emprego. A empresa privada pretende o máximo beneficio co mínimo custe, a conta do rebaixe da calidade do servizo da redución do persoal, de baixos salarios, contratos temporais e precariedade laboral dos seus traballadores e traballadoras. Non hai mellor proposta para defender o público fronte ao privado que ampliar a xestión directa dos servizos e non recorrer a órganos ou empresas con menos garantías para prestar o servizo e con traballadores/as que teñen os seus dereitos laborais reducidos.

Non hai sociedade do Benestar nin xustiza social sen uns servizos públicos universais de calidade, xa que significan unha garantía para reducir as desigualdades sociais e reforzar a cohesión social. A súa calidade e eficiencia soamente é posíbel mediante a xestión pública, xa que esta busca exclusivamente o ben público e social. O público é garantía de calidade, o privado é negocio e beneficio.

Resulta inxustificábel que, neste momento de crise motivada pola aplicación de políticas neoliberais, se liquiden servizos, se despidan traballadores e traballadoras e se deixe de atender sectores sociais máis desfavorecidos que sofren de xeito máis duro as consecuencias desta situación. Por iso, rexeitamos o desmantelamento das oficinas I+B co despedimento de 61 traballadoras/es, a privatización dos centros de día e a pretensión de eliminar o carácter público do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar,como instrumento de xestión interadministrativa entre a Xunta e os entes locais para o desenvolvemento de servizos sociais comunitarios específicos comarcais acaídos ao País, asi como a entrega total á empresa privada de SOGASERSO, destinada a xestionar as Residencias de maiores.

A aposta do Partido Popular pola mercantilización do ensino, lévaos a privilexiar modelos educativos retrógrados mediante concertos educativos que segregan o alumnado por razón de xénero. A Xunta destina 259 millóns de euros, o 11% dos orzamentos de Educación, ao ensino privado, mentres o ensino público continúa con carencia de profesorado e de recursos suficientes para facer fronte ao fracaso escolar e non garante a demanda de prazas escolares de 0 a 3 anos. Esta xenerosidade do PP coa patronal do ensino concertado contrasta coa redución do orzamento da Consellaría de Educación, coa supresión da gratuidade dos libros de texto, coa negativa a reducir o número de alumnado por aula, a universalizar o servizo de comedores escolares e á gratuidade das actividades extraescolares.

A redución dos orzamentos dedicados á sanidade pública para o ano 2010 constatan a continua aposta polo financiamento da sanidade privada coa introdución do modelo de financiamento privado de obra pública para a construción do hospital de Pontevedra e Vigo que veñen a completar a privatización de numerosos servizos que hoxe xa están externizados. As listas de espera fanse insufríbeis e intolerábeis, os servizos sanitarios teñen múltiples deficiencia e carencias, mais isto non lle impide á Xunta amortizar prazas e perpetuar a precariedade laboral. A aposta pola sanidade pública comporta impedir que a saúde se converta nun negocio, ter control público, garantía e calidade.

Un capítulo á parte é a privatización e eliminación dos servizos ás explotacións agrícolas e gandeiras. As oficinas de asesoramento e de apoio ás explotacións comarcais sufriron dende hai anos recortes de persoal e de medios, perdendo o seu carácter de dinamizadoras para quedarlles encomendada só unha parte dos trámites burocráticos.

Mención à parte merece o desmantelamento da empresa pública SEAGA, privatizando a xestión agroforestal e encomendando a empresas privadas a extinción de incendios forestais, atención veterinaria, atención telefónica ao agro, etc, que comportaron o despedimento de máis de 2000 traballadores/as. Así mesmo persiste unha total incerteza na extinción de incendios de cara ao verán onde traballan arredor de 2000 persoas. Así mesmo ficaron paralisados os proxectos UXFOR e o BANTEGAL actúa co mínimo persoal.

A xestión privada tamén se apoderou dos parques comarcais de bombeiros. Desde as administracións non se rescata ningunha privatización e continúase coa vontade de que todos os que abran de novo sexan de xestión privada.


scigasf@sergas.es

www.cig-saude.org/ferrol


Enviado:

Cig-Saúde
-cig-saude.asf@sergas.es-
20 de abril de 2010 10:27
_________________________

martes, abril 13, 2010

O Domingo 25 de Abril, Manifestación Nacional en Compostela: “En defensa dos Servizos Públicos”

Manifestación Nacional “En defensa dos Servizos Públicos”, o vindeiro 25 de abril

As organizacións convocantes denunciaron a política de privatización e desmantelamento dos servizos públicos e exixiron un incremento do gasto público

CIG, BNG, IU, SLG, FRUGA, Plataforma en Defensa dos Servizos Sociais Públicos, AS-PG e Nova Escola Galega veñen de anunciar a convocatoria dunha manifestación nacional “En defensa dos Servizos Públicos”, que terá lugar o vindeiro 25 de abril en Compostela. As organizacións convocantes denunciaron, na rolda de prensa celebrada o pasado 9 de Abril, “as políticas económicas e sociais deseñadas e aplicadas polo sistema económico neoliberal, que procuran a privatización e mercantilización de todo o que é público e aproveitan a actual crise económica para acelerar o desmantelamento ou privatizar, aínda máis, os servizos públicos”.

Máis información en Avante e un interesante Manifesto "En defensa dos Servizos Públicos" .
____________________

venres, setembro 18, 2009

O BNG reitera a sua oposición a Privatización dos servizos de vixilancia municipais

Xoán Xosé Pita considera triste que se empreguen policías municipais como administrativos e se contrate vixilancia privada.

Ferrol a 17 de setembro de 2009.
O grupo Municipal do BNG reiterou esta mañá a súa oposición a decisión do goberno municipal de privatizar o servizo de vixilancia das instalacións municipais e censurou o excesivo afán privatizador que esta a desenvolver o goberno de Irisarri.

Xoán Xosé Pita, portavoz nacionalista, considera inxustificada esta medida xa que indicou que o Concello ten persoal que pode atender este servizo,  “é triste ver como se empregan policías municipais como administrativos e se contratan a empresas de  vixilancia privada”.

O BNG lamenta que o goberno municipal desbote a posibilidade de cubrir con persoal propio este servizo apostando, deste modo, pola estabilidade e calidade do emprego e  opte pola contratación externa.

Xoán Xosé Pita afirmou que este persoal vai asumir funcións de vixilancia e actuarán tamén como conserxes o que evidentemente significa a desaparición deste persoal do plantel municipal. Fronte a esta decisión existe a posibilidade de que policías en segunda ocupación cubran este servizo e asi se podería renovar o plantel de policías locais, dixo Pita

O BNG lembra que foi o único grupo municipal que nas sesións plenarias oportunas votou en contra da  Proposta de aprobación da declaración de crédito plurianual e autorización presupostaria da contratación administrativa correspondente aos servizos de vixilancia nas dependencias municipais  por entender que o Concello de Ferrol ten os mecanismos suficientes para cubrir estes servizos sen ter que privatizar a súa xestión e indicou que ao contrario dos pregos de contratación do servizo de control do persoal municipal (levado onte a pleno) os de vixilancia non foron levados a pleno senón que foron aprobados exclusivamente pola Comisión de Goberno.

Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol

Enviado por:
Correo electronico BNG
-bng@ferrol.es-
17 de setembro de 2009 14:09

________________________

martes, agosto 26, 2008

Aponta-se IU ao neoliberalismo? Nom à privatizaçom de serviços municipais em Ferrol

De: nosup-trasancos@nosgaliza.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de agosto de 2008 17:09
Assunto: Aponta-se IU ao neoliberalismo? Nom à privatizaçom de serviços municipais em Ferrol



Aponta-se IU ao neoliberalismo? Nom à privatizaçom de serviços municipais em Ferrol

Nos últimos dias, deparamos com umha desagradável, ainda que relativa, surpresa na política da coligaçom governante na nossa cidade. O edil de Obras, Miguel Reimúndez, anunciou a assinatura de um contrato de privatizaçom do serviço de manutençom de ruas e passeios, de maneira semelhante a como se privatizou, no seu dia, a manutençom dos jardins ferrolanos.

Segundo diversos meios, será um contrato de dous anos em que o concelho se compromete a pagar 1.000.000 de euros e com o qual, segundo Reimúndez, vai "agilizar-se" o procedimento administrativo para a execuçom das obras, que até agora demorava até quatro semanas pola burocracia excessiva e a falta de meios próprios para acometer as obras menores.

É verdade que o serviço de manutençom municipal nom funciona como deveria. É verdade que é um tema de suficiente importáncia, polo que afecta no dia a dia da vizinhança, para que seja afrontado de maneira realista e resolutiva. É necessária umha brigada de obras dependente da administraçom local, com meios e pessoal suficientes para atender as necessidades.

Em lugar disso, a 'soluçom' proposta por IU consiste em aplicar as políticas do Partido Popular, imitadas cada vez mais também polo PSOE e polo BNG. Essas políticas partem da desatençom às necessidades do trabalho público para assim justificar as privatizaçons, que nom resolvem o problema e hipotecam os recursos públicos.

Nom é nada novo, nem sequer em Ferrol. Antes, partidos como o PP, PSOE e BNG assinárom contratos privatizadores de serviços como a água, o lixo ou a manutençom de jardins.

Como sempre nestes casos, parte-se de umha realidade: o mau funcionamento de umha área e, em lugar de fazê-la funcionar, decide-se pô-la em maos de umha empresa privada, favorecendo o lucro dos empresários e a precarizaçom das condiçons de emprego. Quer dizer, o governo renuncia a governar e contrata umha empresa que o faga no seu lugar, enquanto contribui para desacreditar os mesmos serviços públicos que renunciou a fazer funcionar.

De NÓS-Unidade Popular denunciamos a aplicaçom de receitas neoliberais como a que propom agora Izquierda Unida em Ferrol, e reivindicamos umha reforma dos mecanismos e recursos que afectam à área da manutençom de obras, pondo a funcionar umha brigada pública de manutençom e obras menores, para que funcione como deve sem deixar de ser o que sempre foi: um serviço público.

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular

Ferrol, 26 de Agosto de 2008
_________________________

mércores, abril 16, 2008

O BNG solicita a retirada do prego de vixilancia para as dependencias municipais

De: Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de abril de 2008 20:39
Asunto: O BNG solicita a retirada do prego de vixilancia para as dependencias municipais


O BNG solicita a retirada do prego de vixilancia para as dependencias municipais

O grupo municipal do BNG no Concello de Ferrol esixiu, novamente esta mañá, a retirada do prego de prescripcións técnicas para a contratación do servizo de vixilancia das dependencias municipais por atentar contra a liberdade dos e das cidadáns.

O BNG considera que a proposta do goberno local contrariamente ao que afirma a edil de seguridade, Sandra Ríos, non unifica ningún servizo. Trátase dunha proposta ambiciosamente privatizadora que vai mudar persoal municipal por unha empresa privada. Ademais, só dúas dependencias das oito ofertadas teñen contratado, na actualidade, algún servizo de custodia privada.

Faise preciso unha rectificación do goberno local por presentar un prego que recolle no seu articulado funcións que supoñen unha vulneración dos dereitos fundamentais. Sandra Rios, edil de seguridade, debe dar unha explicación pública de porque o goberno , PSOE-IU, promove a vixilancia de "estraños e sospeitosos" un tema que escapa das competencias municipais e significa poñer en entredito a calquera persoa polo seu aspecto,

Consideramos totalmente inxustificábel as funcións que se lle encomendan a empresa que resulte adxudicataria pois significa poñer en mans privadas a seguridade cidadá.

O BNG considera que existen numerosos exemplos de concellos que atenden os mesmos servizos con persoal propio polo que insta ao goberno local a reconsiderar a súa decisión de sacar a concurso este prego.

Ferrol a 16 de abril de 2008

Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol

--
Xosé Manuel Pazo Blanco
__________

Enlaces Relacionados:

O CONCELLO PRETENDE PRIVATIZAR UN SECTOR DO SERVIZO MUNICIPAL DE VIXIANCIA QUE ATÉ O DE AGORA VIÑA DESEMPEÑANDO A POLICIA LOCAL.-
_______________

PSOE e IU querem mais polícia... e privada!

De: Nosup-trasancos -nosup-trasancos@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de abril de 2008 18:42
Asunto: PSOE e IU querem mais polícia... e privada!



PSOE e IU querem mais polícia... e privada!

A Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos quer denunciar a orientaçom privada e repressiva que os partidos governantes em Ferrol querem dar à segurança pública.

O anúncio de que o PSOE e IU querem pôr em maos de umha empresa privada labores tam inconcretos e sujeitos à arbitrariedade como a “vigiláncia de estranhos e suspeitos” em espaços públicos do concelho de Ferrol, situa essas forças políticas nos parámetros repressivos e privatizadores próprios do mais puro e duro neoliberalismo.

A policializaçom da vida social, com empresas privadas a exercer labores repressivos carentes de transparência e controlo público é umha decisom reaccionária que deve ser rechaçada por quem defende um modelo de convivência democrática.

Em lugar de andar a conceber planos repressivos privados para o controlo das pessoas, o governo municipal de Ferrol deveria pôr os meios para combater as desigualdades e promover a justiça social, através de programas de integraçom, formaçom e promoçom de emprego em condiçons dignas para todos e todas.

É certo que todo isso nom está só nas maos de umha administraçom local, mas gastar o dinheiro público em pagar a empresas para que controlem e reprimam “estranhos e suspeitos” é umha medida contrária a um modelo social justo e democrático como o que duas forças autodefinidas como de esquerda deveriam defender.

Por todo o anterior, NÓS-Unidade Popular reclama a retirada imediata da proposta de privatizaçom parcial dos labores policiais através do chamado “serviço de vigiláncia e serviços complementares para os centros e instalaçons pertencentes ao Excmo. Concelho de Ferrol”.

Ferrol, 15 de Abril de 2008

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos
_______________

Enlaces Relacionados:

Segundo o BNG, o goberno local pretende contratar un servizo de vixilancia de estranos e sospeitosos

Prego de prescripcións técnicas Servizo de vixilancia e servizos complementarios para os centros e instalacións pertencentes ao Excmo. Concello de Ferrol, asinado o 31 de Marzo de 2008, polo Cordenador da Área de Seguridade do Concello de Ferrol, José Manuel Pérez Díaz

Enlace co Prego nos Arquivos Ártabros

______________

domingo, abril 13, 2008

Prego de prescripcións técnicas Servizo de vixilancia e servizos complementarios para os centros e instalacións pertencentes ao Concello de Ferrol

Cancello de Ferrol
ÁREA DE SEGURIDADE


Prego de prescripcións técnicas Servizo de vixilancia e servizos complementarios para os centros e instalacións pertencentes ao Excmo. Concello de Ferrol


1.- OBXECTO DO CONTRATO

O obxecto deste contrato é a prestación por parte da EMPRESA dos servizos de vixilancia e protección das instalacións dos centros que se datallan no artigo nº 7

As necesidades dos servizo de vixilancia poderán ser ampliadas ou reducidas a petición
do Concello, preavisando con unha antelación mínima de vinte e catro (24) horas.


2.- PRESUPOSTO DE LICITACIÓN

o presuposto máximo de licitación para a prestación dos servicios recollidos no presente prego ascende á cantidade de CATROCENTROS CORENTA MIL EUROS ( 440.000,00 €ANO I.V.E. i.iicluido. Serán por conta da Empresa a totalidad dos gastos (Seguros, transportes, salarios e toda clase de retribucións, etc.), impostos e gravámenes e tasa de calquera clase que poidan derivarse da aplicación do presente contrato.


3.- IMPORTE DO CONTRATO

Os prezos reflectidos neste contrato só tefien validez ata o 31 de decembro do ano de inicio dos servizos do presente Contrato.

No caso de prórroga prevista (si a houbese) o prezo do contrato poderá ser revisado, por mutuo acuerdo de ambas partes. Non en tanto, e en prevision de que o acordo poida dilatarse, ao ano do inicio da prestación do servicio, a EMPRESA incrementará os prezos dos servizos na mesma porcentaxe que o faga o índice Xeral de Prezos ó Consumo (I.P.C) referido ó conxunto dos doce meses anteriores, tendo carácter de "provisional e a conta" e reaxustándose posteriormente á alza ou á baixa, unha vez acordado as novas tarifas para o tempo de prórroga acordado.


4.- ALCANCE DO SERVIZO

A prestación dos servizos levarase a cabo nos edificios e instalacións pertencentes ó Concello de Ferrol que se relacionan a continuación:

1) pazo Municipal
2) CentroCulturalTorrenteBallester
3) Vertedoiro Municipal Mougá
4) Castelo San Felipe
5) Mercado Municipal de A Magdalena
6) Mercado Municipal de Caranza e Recimil
7) Cementerio Municipal
8) Vixilancia de praias


5.- HORARIOS PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO

A prestación do servizo realizarase atendendo ós seguintes horarios:

Pazo Municipal:
1 vixilante de seguridade sin arma, todos os días de luns a venres laborais en horario de 07:30 a 15,00 h. controlando o acceso ó edificio.

Centro Cultural Torrente Ballester:
1 auxiliar de servizos, eo seguinte horario:
Inverno: de luns a sábado, de 11:00 a 13:30 h e de 17:00 a 21:00 h.
Verán: de martes a sábado, de 10:30 a 14,00 e de 19,00 a 21:30 h.

Aula de Educación ambiental ( RECICLATERRA ):
1 auxiliar de servizos, todos os días do ano, 24 h.

Castelo de San Felipe:
1 auxiliar de sevizos nos turnos de día e 1 vixilante de seguridade sin arma para a
quenda de noite todos os días do ano, 24 h.
1 auxiliar de servizos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 para tarefas de
información.

Mercados: Central, Recimil e Caranza:
1 auxiliar de servizos de luns a sábados de 05,00 al14,00 h.
1 auxiliar de servizos de luns a sábados de 14:00 a 20:00 h.
3° domingo do mes: de 08:00 a 15:00 h. ( Mercado Central ).

Cemiterio Municipal:
1 Auxiliar de servizos de Lunes a Sábado de 10,00 a 13,OOh.Y de 16.00 a 18,OOh.
Domingos y festivos de 10,00 a 13,00h.

Vixilancia de praias:
1 auxiliar de servizos con un vehículo, do 20 de xuf'ioó 15 de setembro, de 22:00 a
06:00 h.


6.- IMPLANTACIÓN DO SERVIZO

A implantación do servizo nos diferentes centros irase facendo conforme vaian cumprindo o contrato as empresas que actualmente realizan o traballo, terminando as siguientes dependencias nas fechas que a continuación se detallan:

-Castelo de San Felipe en fecha 07 de Septembro de 2008

-Aula de Educación Ambiental "RECICLATERRA" 31 de Xulio de 2008


7.- FUNCIÓNS A REALIZAR

o servizo de vixilancia e seguridade debe encargarse de:

a) Ordenación e vixilancia dos aparcamentos para evitar o estacionamento en zonas prohibidas e o cumprimento das normas, facilitando e controlando a
entrada e o uso correcto dos mesmos, evitando un acceso indiscriminado ao aparcamento.
b) Vixilancia para evitar a comisión de todo tipo de delitos e inftaccións, obrando en consecuencia, de acordo coa lexislación vixente. Con atención especial ás zonas de material de alto custo, etc.
c) Vixilancia especial en zonas de alta seguridade.
d) Seguridade dos inmobles. Inundacións, escapes de gas, incendios, desactivación de alarmas, ete.
e) Protección de persoas. Mantemento da orde nas instalacións,,.vixilancia a estranos e sospeitosos, auxiliar a persoas en situación de perigo ou emerxencia.
f)Comunicación diaria de incidencias ó Concello de Ferro!. Diariamente entregaranse os partes de incidencias de todos os servizos ó Responsable de Seguridade do Concello de Ferro!. Semanalmente, entregarase o resumo da infonnación dos reportes de rondas de todos os servizos Au1a vez verificada polo Xefe de servizos. Mensualmente entregaranse o día 1 de cada mes os cadrantes de todos os servizos, así como o resumo de inspeccións realizadas o mes anterior ó tempo que se entregará a previsión de inspeccións para o mes seguinte.
g) Control do correcto funcionamento das portas e fiestras das distintas instalacións do Concello de Ferrol, particularmente no que se retire ó horario de apertura e peche nos distintos centros, función que tefienasignada.
h) Terase especial coidado na prevención do consumo de sustancias non autorizadas, segundo a legalidade vixente e en especial no referente ao consumo e tráfico de estupefacientes.
i) Control do persoal que accede ás dependencias das distintas instalacións do Concello de Ferrol, fóra das horas de apertura das mesmas.
j) Chequeo e revisión diaria dos distintos sistemas e mecanismos de seguridade instalados ou que se instalen.
k) Realizar rondas por todas ás instalacións do Concello de Ferrol e os seus arredores que se determinen por parte dos responsables, empregando para a súa comprobación aqueles elementos técnicos que se establezan.
1) Colaborar cos plans de seguridade que se establezan.
m) Os vixiantes de seguridade colaborarán co Concello de Ferrol na optimización de consumos de luz, auga e outros subministracións.
n) O servizo de vixilancia será responsable do uso das videocámaras de vixilancia e seguridade instaladas ou que se instalen nas distintas dependencias.
o) Evitar aquelas accións derivadas de determinados actos de natureza antisocial que tefian que ver coa conservación do edificio: pintadas, pegada de carteis, danos, etc. No caso de que sexa posible evitar a acción, procederase a identificar ós autores para proceder contra eles do xeito que reguIamentariamente se determine.
p) Calquera outra función sinalada polos responsables de Seguridade que se atope comprendida no concepto de Protección e Vixilancia.

Servizos complementarios:

Comprenderá as prestacións mínimas que de xeito enunciativo e non exhaustivo se indican a continuación:

a) Abrir e pechar o centro
b) Controlar o acceso.
c) Atender chamadas telefónicas.
d) Informar das actividades que se realizan no centro.
e) Preparar as instalacións antes e o remate das actividades.
f) Controlar o correcto comportamento dos usuarios.

En xeral aquelas outras tarefas similares ás descritas que se lles encomenden polos responsables do centro.

As empresas licitadoras poderán presentar alternativas á prestación dos servizos e en cuxo caso. serán estudadas polos servizos técnicos municipais co obxecto de valorar a viabilidade das propostas.


8.- DOTACIÓN E CONDICIÓNS XJERAIS:

  • A vixilancia deberá ser desempeñada por vixilantes ou auxiliares de seguridade, uniformados, e dotados de todo o equipo regulamentario. Disparase, así mesmo do seguinte equipo auxiliar en cada servizo:
  • Radioteléfono con batería de reserva.
  • Linterna halóxena con cargador.
  • Controlador de rondas
  • Teléfonos móviles.
  • No caso de avaría ou deterioro do equipo auxiliar, deberá procederse á substitución inmediata dos devanditos elementos.
  • A empresa adxudicataria disporá de delegación na provincia de A Coruña legalmente rexistrada, con todos os requisitos do Ministerio do Interior.

NOTA:
Todos os medios e materiais mencionados serán propiedade da empresa adxudicataria e deberán ser incluidos. para todos os efectos, dentro do presuposto de licitación.


9.- OBLIGACIÓNS DA EMPRESA

a) A EMPRESA realizará. conforme ao establecido legalmentew, a contratación do persoal a desenvolver os servizos obxecto deste contrato.
- Devandito persoal terá a cualificación profesional adecuada ás tarefas que presta e pertencerá ao persoal da EMPRESA que para todos os efectos asume con respecto ao mesmo. carácter legal de empresario, con todos os dereitos e obrigacións inherentes a esta condición, con arranxo á lexislación vixente en cada momento. - En particular deberá cumprir o estipulado no Convenio Colectivo de Empresas de Seguridade.
- A EMPRESA obrígase a entregar puntualmente ó Concello, a documentación necesaria para acreditar en todo momento o disposto no parágrafu precedente.
_ O Concello non terá co persoal adscrito a este contrato vinculación laboral algunha, nin será responsable dos traballos a desenvolver.
b) A EMPRESA virá obrigada a cumprir todas as disposicións vixentes en cada momento en materia fiscal, laboral, de Seguridade Social, de Seguridade e Hixiene no Traballo e de Prevención de Riscos Laborables.
c) A EMPRESA cumprirá as instrucións do Concello, en canto ao uso de identificación persoal, rexistro de entradas e saídas, utilización de accesos respecto dos horarios, réxime de Seguridade de locais e edificios e calquera outra norma de réxime interior, instrucións e normas todas elas que a EMPRESA, previa análise detida e en calidade de experta, considera perfectamente válidas para o correcto desempefio dos servizos contratados.
d) O incumprimento das obrigacións por parte da EMPRESA ou a infracción das Disposicións sobre Seguridade e Hixiene no Traballo, por parte do persoal designado por ela, non implicará responsabilidade algunha para o ConceDo,xa que a EMPRESA especialmente asume tales obrigacións.
e) A EMPRESA obrígase a conservar os locais, instalacións, mobiliario e aveños de propiedade municipal e que utilice para a realización do presente contrato en perfecto estado de uso e funcionamento, en cuxo estado deberán acharse á extinción do mesmo.
As avarías e deterioracións que sufran os elementos a que se refire no parágrafo anterior, como consecuencia de actos realizados pola EMPRESA ou o seu persoal empregado, serán reparados por este. No caso de que a reparación fose aceptada por el ConceDo o importe pagado por este concepto se detraerá, previa presentación da correspondente factura, do prezo a percibir a EMPRESA polos servizos prestadosdurante o mes.
f) A EMPRESA proporá ao Departamento de Seguridade, un réxime mínimo de inspección de servizos pola súa conta, que unha vez acordado entre as partes levará a efecto co correspondente soporte documental. (sen prexuízo do referido réxime mínimo de inspección. A EMPRESA procurase realizar, a feixes, outras inspeccións que aseguren a correcta execución dos servizos contratados)
g) No caso de que a EMPRESA non puidese prestar os servizos contratados, por causas de alteracións lahorais ou de folgas dos seus empregados, asegurará un servizo mínimo que, se resultase insuficiente, daría lugar a un abono equivalente ao custo que supoña para o Concello, a prestación dos servizos por outros medios. Esta diferenza acreditarase o Concello e deducirase do prezo a percibir polos servizos prestados durante mes da data de incidencia ou posteriores.
Todo iso enténdese sen prexuízo das obrigacións que a EMPRESA ten de pór os medios ao seu alcance para lograr a normal prestación dos servizos, así como colaborar co Concello para obter unha solución alternativa.
h) A EMPRESA conservará a maior reserva, durante e logo da vixencia do presente contrato, sobre toda a información confidencial que poida obter durante o desenvolvemento dos traballos. Así mesmo é responsabilidade da EMPRESA que o seu persoal manteña esta reserva.
i) Calquera baixa por enfermidade ou outro motivo que se produza no persoal da EMPRESA que presta servizo nas instalacións municipais, será cuberto de xeito inmediato. O Concello de Ferrol resérvase o dereito de efectuar inspeccións de control do cumprimento horario do persoal da EMPRESA sen ningunha limitación. Calquera modificación do persoal da EMPRESA deberá notificarse ó Concello previamente e por escrito.
Nos casos necesarios a EMPRESA será responsable pola súa conta do transporte para o seu persoal ás instaIacións de lugares de prestación de servizos solicitados polo Concello.
j) A EMPRESA deberá cumprir con todas e cada unha das obrigacións que deriven da Lei 23/1992, de Seguridade Privada e do seu Regulamento e posteriores desenvolvementos, rnantendo en todo momento á súa empresa e ao persoal afecto a este contrato en plena capacidade legal e técnica para o desenvolvemento dos traballos.


10.- MANUAL DE PROCEDEMENTOS

Para a realización do servÍzo existirá un "Manual de Procedementos" diseñado de común acordo por ambas partes e que deberá ser observado en todo momento polos vixilantes de seguridade.


11.- SERVICIOS EXTRAORDINARIOS

O Concello poderá solicitar á EMPRESA a prestación de servizos de vixilancia e protección de carácter extraordinario ou esporádico e, xa que logo, non previstos no presente contrato como servizo ordinario incluído no esquema de servizos.

A solicitude de prestación destes servÍzos extraordinarios haberá de realizarse mediante escrito comunicado á EMPRESA con, polo menos, tres días naturais de antelación ao comezo na prestación dos servizos solicitados, salvo naqueles casos de por circunstancias excepcionais de roubo, incendio, danos, catastrofes, conflitos sociais, averías dos sistemas de seguridade ou outra causa analogas de gravidade ou de extraordinaria urxencia fixesen necesaria a prestación urxente do servizo, nese caso comunicásese polo procedemento mais rapido dispoñible, antes de comezar a prestación do servizo. Devandita comunicación haberá de ser cursada por conduto fehaciente que acredite a data e hora en que esta é recibida pola EMPRESA, sendo válida a estes efectos a comunicación cursada por fax ó correo electrónico: que sinale a empresa.

A EMPRESA prestará o servizo solicitado en función das posibilidades operativas que teña en cada momento, aténdose no posible, ás esixencias do Concello.

Os costes de estos servicios cinguiranse ós precios de adxudicación do concurso.


12.- OBRIGACIÓNS DO CONCELLO.

O Concello porá a disposición da EMPRESA as subministracións de auga, alumado, e forza posible que precise para a perfecta execución do seu labor, comprometéndose a mencionada EMPRESA a non facer uso indebido ou abusar destes servizos. Por outra banda o Concello facilitará normas de seguridade e instrucións de actuación ao representante da EMPRESA, que será responsable da súa difusión entre o seu persoal e do seu cumprimento.


13.- NOTIFICACIÓNS

Calquera notificación formal en relación coa execución do presente contrato deberá ser efectuada por escrito. As notificacións a calquera das partes, serán enviadas á dirección ou ás direccións que cada unha das partes especifique mediante escrito á outra parte.


14.- VISADO DO CONTRATO

Para o inicio do servizo contratado, será preciso obter previamente a autorización polo Organismo competente do Ministerio do Interior.

Esta xestión deberá ser realizada pola EMPRESA informando dela ó Responsable de seguridade do Concello, e enviándolle a correspondente copia visada do Contrato.


15.- CANCELACIÓN DE AUTORIZACIÓN

No caso de que por resolución de órgano administrativo competente fóselle retirada á EMPRESA a autorización da Dirección da Seguridade do Estado para a prestación de servizos de seguridade privada, o presente contrato quedará resolto de pleno dereito, con efectos a partir do momento en que tal resolución sexa executiva, sen que a Empresa póidanse esixir por iso indemnización algunha .


16.- CESION DE CONTRATO

O presente Contrato de prestación de servÍZOsnon poderá ser obxecto de cesión por parte da EMPRESA, sen que medie acordo escrito previo co Concello de Ferrol.


17.-EXECUCIÓN E RESPONSABILIDADES.

O adxudicatario prestará o servizo por sí e/ou cos profesionais que considere necesario empregar, nos días e horas que o ConceHoHeencomende, axustándose na súa actuación ás normas, directrices e indicacións particulares que lle sexan formuladas pola mesma. As obrigas consistirán en percorrer periódicamente as instalacións obxecto do presente prego, advertindo e controlando as anomalías que se produzan, reparándoas no posible e dando parte ó Responsable de Seguridade do Concello para o seu coñecemento e actuacións que procedan. Do mesmo xeito, e con extremada dilixencia, avisará ás forzas do orden público ou municipais, cando a proximidade de persoas, animais, máquinas, etc., fixeran prever a existencia de perigo ou menoscabo para o persoal ou as instalacións do Concello, dando posteriormente o parte estipulado no párrafo anterior.

Cando advertira a existencia de menoscabo, dano, roubo, furto, ete, nas dependencias ou instalacións, unha vez atendido no posible o control da situación para evitar males maiores, dará conta detallada de inmediato ós responsables dos Centros afectados e ó Responsable de Seguridade para a súa comprobación e posible actuación posterior. Así mesmo, controlará o acceso de vehículos e persoas co obxecto de manter a orde necesaria en aparcamentos e demáis usos das instalacións. O servizo non se poderá interrumpir, nin ainda por cumprimento do termo, sendo obrigatoria para o adxudicatario a continuidade nas mesmas condicións ata a súa substitución polo Concello.


18.- UNIFORMIDADE

As empresas ofertantes achegarán ás súas proposicións fotografia da uniformidade de verán e de inverno.


19.- CONDICIÓNS LABORAIS E SOCIAIS

A empresa adxudicataria comprométese a contratar ó persoal necesario para realizar o obxecto do contrato, e facerse cargo na forma regulamentaria do persoal procedente doutra ou doutras contratas que cesen na prestación do servizo, cando así o esixan as normasconvenio ou acordos en vigor. O devandito persoal dependerá exclusivamente do adxudicatario, por canto este terá todos os dereitos e deberes inherentes á súa calidade de empresario sin que exista relación laboral entre o devandito persoal e o Excmo. Concello de Ferrol e quedará o adxudicatario obrigado ó cumprimento das

disposicións vixentes en materia laboral e social e das demáis que sexan aplicables e que sepoidan promulgar durante a prestación do servizo obxecto deste contrato.

Establécense oito (8) horas como tempo máximo de servizo por quenda, para todo o persoal de Seguridade. Este tempo poderá modificarse a petición do adxudicatario.

Tamén se evitará que o persoal de seguridade destacado no Concello de Ferrol dobre quenda en dependencias alleas a este contrato.

O persoal de Seguridade destacado no Concello de Ferrol terá carácter estable. Todo cambio de persoal deberá ser cofiecido e aprobado previamente polo responsable de Seguridade do Concello. O Concello de Ferrol resérvase o dereito a pedir a substitución de calquera membro do equipo de seguridade; este feito comunicarase ó adxudicatario por escrito asinado polo responsable de Seguridade.

Todas as instruccións que sobre o desenvolvemento do traballo se Heteñan que dar ó perso seranlle facilitadas exclusivamente polo adxudicatario, ou por persoas ó seu servizo a quenes se falcultara para iso.

O Excmo. Concello de Perrol entenderase directamente co adxudicatario, ou cos seus apoderados ou persoas debidamente autorizadas por este, sobre todas as cuestións que xurdan en relación co servizo que ha de prestarse.

O adxudicatario designará unha persoa encargada e responsable que supervisará a asistencia e eficacia do traballo e a través da que, o responsable de Seguridade do Concello de Ferrol manterá as necesarias relacións respecto ó servizo a prestar. Isto é independente da vixilancia e control que o responsable de Seguridade exercerá en todo momento sobre a calidade, eficiencia e oportunidade do servizo.

O persoal de seguridade que preste servizos nas instalacións do Concello de Ferrol estará en permanente contacto co Responsable de Seguridade de este Concello a través de teléfonos facilitados pola empresa adxudicataria. Tamén utilizarán estos equipos para o contacto entre eles mesmos e a empresa.

O servizo poderá ser requirido polo persoal do Concello, cando se realicen
inspeccións periódicas.

O adxudicatario organizará a prestación do servizo de protección e vixilancia sin mais intervención do Concello que as excepcionais situacións e aspectos previstos neste Prego, pero está obrigado a presentar ó Concello, no termo de trinta días a partir da adxudicación definitiva, un informe escrito no que se detalle a estructura órganica e funcional adoptada, sinalando nominalmente as persoas que designa como representantes da empresa ante o Concello, a situación dos vehículos, máquinas ou aparatos que serán utilizados para o desempefio do servizo, etc., así como relación nominal do persoal que dedicará ó servizo, de fonna exclusiva. Calquera modificación que se introduza posteriormente será obxecto de igual notificación.

Ferrol, 31 de Marzo de 2008
O Coordinador da Área de Seguridade,
Asdo. José Manuel Pérez Díaz
___________

Segundo o BNG, o goberno local pretende contratar un servizo de vixilancia de estranos e sospeitosos

De: BNG -bng@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de abril de 2008 11:13
Asunto: o goberno local contrata servizo de vixilancia de estranos e sospeitosos


O GOBERNO LOCAL, PSOE-IU, PRETENDE VIXILAR A “ESTRAÑOS E SOSPEITOSOS” QUE ACUDAN AO CONCELLO.

O goberno Local, PSOE-IU, vai sacar a concurso (POR VALOR DE 440.000€) a contratación dun servizo de vixilancia privada para controlar os accesos ao pazo municipal, vixilar as praias pola noite, os mercados municipais o Castelo de san Felipe entre outras dependencias.

O máis chamativo deste prego son as funcións a desempeñar pola empresa adxudicataria xa que entre outras lindezas se afirma que son as seguintes.

Artigo 7.- Funcións a realizar (entre outras)

Protección de persoas. Mantemento da orde nas instalacións, vixilancia a estraños e sospeitosos, auxiliar a persoas en situación de perigo ou emerxencia.

Terase especial coidado na prevención do consumo de sustancias non autorizadas, segundo a legalidade vixente en especial no referente ao consumo e tráfico de estupefacientes.

O servizo de vixilancia será responsábel do uso das videocámaras de vixilancia e seguridade instaladas ou que se instalen nas distintas dependencias.

Así mesmo, e con carácter de urxencia, o goberno se reserva a posibilidade de que esta empresa poida actuar en “Conflitos Sociais”.

ADXUNTAMOS CÓPIA DO PREGO PARA O SEU COÑECIMENTO.

Prego para a contratación servizos de vixiancia.pdf 4415K
[Quen teña interese pode solicitar copia do orixinal en bng@ferrol.es]

____________

O CONCELLO PRETENDE PRIVATIZAR UN SECTOR DO SERVIZO MUNICIPAL DE VIXIANCIA QUE ATÉ O DE AGORA VIÑA DESEMPEÑANDO A POLICIA LOCAL.-

Prego de prescripcións técnicas Servizo de vixilancia e servizos complementarios para os centros e instalacións pertencentes ao Excmo. Concello de Ferrol, asinado o 31 de Marzo de 2008, polo Cordenador da Área de Seguridade do Concello de Ferrol, José Manuel Pérez Díaz

Enlace co Prego nos Arquivos Ártabros


______________________

As Privatizacións.