Amosando publicacións coa etiqueta Violencia Machista. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Violencia Machista. Amosar todas as publicacións

venres, decembro 04, 2020

O feminismo galego responde ao feminicidio de Gondomar con mobilizacións en todo o país - En Ferrol, como en toda Galiza, vai ter lugar unha concentración na Praza Amada Garcia, hoxe venres 4 de decembro, ás 7 da tarde, na Praza Amada Garcia


O feminismo galego responde ao feminicidio de Gondomar con mobilizacións en todo o país. En Ferrol, como en toda Galiza, vai ter lugar unha concentración na Praza Amada Garcia.

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, condena o asasinato machista de Soledad Rey, de 59 anos, o mércores 2 de decembro de 2020, en Gondomar (Pontevedra) e convoca:

CONCENTRACIÓN
venres 4 de Decembro, ás 19 hs.
Diante do Edificio da Xunta
Praza Amada García - Ferrol
(con mascariña e distancias de seguridade)


CONVOCATORIAS NA GALIZA:

✔ A Coruña, 20h no Obelisco

✔ A Estrada, 20h diante do Concello

As Pontes, 20h na Praza do Hospital

✔ Ames, 20h, Praza da Maía (Bertamiráns).

✔ Barreiros, 20h. diante do Concello

✔ Cabanas, 19h diante do Concello

✔ Carnota, 20h na Praza da Pedra

✔ Catoira, 20h. no Adro de Catoira

✔ Celanova, 20.30h na Praza Maior

✔ Compostela, 20h na Praza 8 de Marzo

Ferrol, 19h na Praza Amada García

✔ Noia, 20h diante do Concello

✔  Ourense, 20h na Castañeira (Subdelegación do Goberno)

Val Miñor, 20h no cruce da Ramallosa

✔ Vigo, 20.30h no MARCO

✔ Vilagarcía de Arousa, 20h na Praza da Galiza

✔ Lugo, 20h diante do Concello

✔ Chantada, 20.30h na Praza do Cantón (Praza de España)

✔ Lalín, 20.30h Rúa Monte Faro (diante do casino)

✔ Barreiros, 20h diante do concello

✔ A Gudiña, 20h diante da Casa do Concello

✔ Sada, 20h na Praza da Peixaría

✔ Muros, 20h Praza do Concello

MAPA DOS FEMINICIDIOS NA GALIZA:

http://feminismo.info/feminismo/feminicidio/

#Feminicidio
#ViolenciaMachista
#MachismoMata

#RespostaFeminista
www.feminismo.info

"As mulleres decidimos"


Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado pola:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
3 de dezembro de 2020 16:39
_______

luns, novembro 23, 2020

Manifesto ante a condena da avogada Beatriz Sestayo, por unha xustiza libre de prexuízos machistas e igualitaria - Enlace ao formulario de apoio

 


As organizacións, colectivos, e persoas a título individual, abaixo asinantes, queren expresar mediante este comunicado público as seguintes reflexións e pronunciamentos:

Seguimos asistindo a unha actuación claramente aliñada cos presupostos machistas e misóxinos, por parte de algúns xuíces e xuízas, que non dubidan en aplicar o SAP (Síndrome de Aliñación Parental), ou ditar sentenzas baseadas en argumentos de estereotipos de xénero, aplicando a terapia da ameaza ou simplemente partir do prexuízo de que o relato da vítima, por ser muller, non é críbel.

As profesionais que asumen a defensa das vítimas de violencia machista, son á súa vez vítimas en demasiadas ocasións destas actitudes, que intentan acoutar a liberdade no exercicio da súa profesión, criminalizando a defensa das vítimas. Vímolo nalgúns casos mediáticos, e pasa invisible en moitos xulgados. Estas profesionais son de vital importancia tanto como defensoras ou peritos en procedementos, como no seu papel de apoio moral ás vítimas. Esta estratexia ten como obxectivo dificultar ás vítimas o acceso a uns servizos de psicoloxía, avogacía, cada vez máis escasos e nos cales as profesionais traballan con preocupación por posibles efectos adversos, polo tanto condicionadas e con frecuencia con temor, poñéndose en risco a imprescindible independencia profesional.

As consecuencias de certas actitudes persoais contrarias ao Dereito, que teñen nos procedementos de violencia machista, e a escasa formación que se lles require ás persoas que operan na xustiza, xuíces e xuízas incluídas, producen vitimización e violencia institucional. Ista é unha das principais razóns de retiradas de denuncias por parte das vítimas.

Nesta última semana, a condena da avogada Beatriz Sestayo por cualificar, nunha rede social, a actitude dun xuíz como "machista", cun importante eco mediático, onde se vinculaba a súa vida persoal e social, co feito de ser denunciada por este xuíz, é un caso máis a engadir á longa lista de actuacións, que o bloque machista e misóxino, que aínda resiste nalgúns xulgados, ven executando, com efectos claramente lesivos contra os dereitos das mulleres e o dereito á defensa. Resulta especialmente grave o feito de incluír argumentos subxectivos na sentenza, valorando a palabra machismo como un insulto, ou que sería un agravante o feito de que a denunciada teña unha actividade política e feminista.

Precisamos unha xustiza libre de prexuízos machistas e igualitaria, con xuíces e xuízas libres de prexuízos e de estereotipos, cos medios necesarios para que podan impartir a única que pode considerarse xustiza para as mulleres, a xustiza libre de machismo.

Apoia o manifesto
_______

xoves, marzo 26, 2020

As mulleres e a crise provocada polo novo coronavirus (Covid-19) - Son os traballos feminizados os que están en primeira liña fronte a pandemia - Recursos contra a violencia machista nos tempos de crise


A pandemia do novo coronavirus (Covid-19) non é só unha crise sanitaria, senón que tamén social e económica, de consecuencias previsibelmente profundas, onde principalmente son as mulleres as que cargan cos labores de coidados nos fogares, mais tamén, só fai falta fixar-se na imaxes que saen polas pantallas das nosas televisións, para dar-se conta que son os traballos feminizados os que están en primeira liña fronte a pandemia, na sanidade, no comercio de alimentación, nos coidados en dependencia, nas residencias de maiores, nas farmacias, como traballadoras sociais, atendendo as aulas virtuais, ... aceptando correr un maior risco de infección e de perda dos seus medios de vida. Somando-lle a dificultade para acceder á saúde sexual e reprodutiva. Mais desde hai días preocupa en especial a situación de moitas mulleres que conviven cos seus agresores. O aumento da violencia machista dentro dos fogares. E non é un problema menor, senón que as cifras rexistradas na Galiza son dunha contundencia alarmante, es as reais, non rexistradas, totalmente silenciadas polo medo e moitas das veces polas condicións económicas, son tres veces máis. Son situacións que se viven ocultas dentro das casas. Moitas agresións machistas acaban en asasinatos, ate o punto de convertese a violencia contra as mulleres en feminicidio e isto é algo que acada ás sociedades de todos os continentes.

En situacións de confinamento, a experiencia, os estudos e a realidade, di que a violencia contra as mulleres vai aumentar. Vivir confinada cunha parella violenta, pon en perigo a integridade das mulleres, menores e adolescentes. Os poderes públicos deben poñer medios para atallar ese potencial perigo, preocupando-se por esta situación, facilitando o acceso á axuda e a disposición de fogares seguros como posíbeis refuxios.

Son as mulleres as que maioritariamente realizan traballos na economía submerxida para facilitar a supervivencia familiar, sobre todo en unidades de convivencia monoparentais, hoxe en día cuantitativamente moi importantes. Polo que se volve de importancia vital unha Renda Básica hoxe chamada de Corentena, como dereito pleno, moi beneficiosa neste momento para as mulleres en situación de risco, pola violencia da pobreza e a do machismo.

Servizos de apoio ás mulleres reforzados ante a crise

Teléfonos e correo-e de axuda e información á muller vítima de violencia machista:

016
016-online@mscbs.es
❁ O Servizo de atención telefónico da Xunta de Galicia 900 400 273 (24hs) funcionará con normalidade todos os días da semana as 24 horas do día.

Emerxencias:
112

WhatsApp estatal:

682 916 136 e 682 508 507

Web Oficial de Mulleres en Galicia:

http://igualdade.xunta.gal/

A Guía de recursos ante a violencia machista de servizos, programas e contactos, para a atencións de emerxencia, social, psicolóxica, xurídica, económica, laboral,...

Guía de recursos fronte á violencia de xénero en Galicia. | Acceder/Baixar.

A Xunta pon en marcha un plan de reforzo destinado á atención e protección das vítimas de violencia de xénero.

Plan de reforzo da atención das vítimas da violencia machista que garanta a súa seguridade durante o estado de alarma por covid'19. | Acceder/Baixar.

Igualdade lanza unha campaña de información ás vítimas de violencia de xénero durante a crise do Covid-19.

Guía de actuación para mulleres que estean sufrindo violencia de xénero en situación de permanencia domiciliaria derivada do estado de alarma por Covid'19. | Acceder/Baixar.

Web oficial da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero.

http://www.violenciagenero.igualdad.gob.es/
_______

luns, febreiro 10, 2020

Acto en Ferrol: Basta de Femenicidios, o machismo mata ! - Vídeo


O feminismo galego responde con máis de 40 mobilizacións convocadas este luns 10 de febreiro en toda Galiza.

Resposta do Feminismo Galego nas Comarcas

En Ferrol, como en moitos outros concellos da Galiza, tivo lugar unha concentración, na Praza Amada Garcia, en repulsa polo novo asasinato machista, des Clara Expósito Vilanova, en Lugo.

Accións de repulsa convocadas polo conxunto do movemento feminista galego.

Basta de Femenicidios, o machismo mata !

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza



_____________

domingo, febreiro 09, 2020

En Ferrol, en Cabanas e nas Pontes, como en moitos outros concellos da Galiza, van ter lugar concentracións en repulsa por un novo asasinato machista, desta vez cometido en Lugo - Mobilizacións o luns 10 de febreiro


O feminismo galego responde con máis de 40 mobilizacións convocadas para o luns 10 de febreiro en toda Galiza.

Resposta do Feminismo Galego nas Comarcas


En Ferrol , en Cabanas e n'As Pontes, como en moitos outros concellos da Galiza, vai ter lugar unha concentración en repulsa por un novo asasinato machista, desta vez cometido en Lugo.

Accións de repulsa convocadas polo conxunto do movemento feminista galego.

Basta de Femenicidios, o mahismo mata !

Este luns 10 de febreiro.

💜 En Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do edificio da Xunta, ás 20:00hs.

💜 En Cabanas, diante da Casa do Concello, ás 20:00hs.

💜 N'As Pontes, na Praza do Hospital, ás 20:30hs.

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
9 de fevereiro de 2020 17:53

_________________

Nova Relacionada:

En Praza Pública | A policía detén o mozo da muller acoitelada en Lugo noutro posible caso de violencia machista. | Praza Pública @prazapublica  | domingo 9, febreiro 202. | Ir á Web.
___________________________

luns, xaneiro 27, 2020

Basta de Femenicidios, o mahismo mata: En Ferrol e n'As Pontes, como en moitos outros concellos da Galiza, vai ter lugar unha concentración en repulsa por un novo asasinato machista, desta vez foi n'A Pastoriza

Resposta do Feminismo Galego nas Comarcas

En Ferrol e n'As Pontes, como en moitos outros concellos da Galiza, vai ter lugar unha concentración en repulsa por un novo asasinato machista, desta vez foi n'A Pastoriza. Accións de repulsa convocadas polo conxunto do movemento feminista galego.

Basta de Femenicidios, o mahismo mata !

Este luns 27 de xaneiro.

💜 En Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do edificio da Xunta, ás 20:00hs.

💜 N'As Pontes, na Praza do Hospital, ás 20:30hs.

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
26 de janeiro de 2020 21:48

_________________

xoves, novembro 21, 2019

Mobilizacións do 25N no 'Día Internacional Contra a Violencia Machista' - Luns 25 de novembro - Se a xustiza é machista, non é xustiza - Erradiquemos o patriarcado da xustiza coa loita feminista



[ 25N ] 📌📢📢Queremos neste 25N colocar o foco sobre a violencia xudicial que reproduce cada día no noso país violencias contra as mulleres e as crianzas.

Nos últimos anos constatamos o incremento da toma de conciencia feminista das mulleres e dos avances formais que o feminismo organizado impulsou e conseguiu trasladar ás institucións en materia de violencia machista. Hoxe temos en marcha algunhas políticas públicas que hai 10 anos eran impensábeis, as campañas institucionais cada día avanzan na mellora da caracterización da violencia, algúns medios visibilizan as violencias con discursos non revictimizadores e as rúas énchense de mobilizacións sinalando a opresión das mulleres e a necesidade de transformar a sociedade para pórlles fin.


Mas todos estes avances resultan insuficientes cando profundizamos neles e analizamos a súa aplicación. Moitos, ademais, están reproducindo violencias contra as mulleres que temos a obriga de visibilizar e denunciar para non ficarmos nun feminismo cómodo que mire ao lonxe as grandes transformacións lexislativas ignorando a súa aplicación e a consecuencias que esta ten para a vida das mulleres.

👉 Compartimos ademáis as convocatorias do feminismo galego a nivel local e nacional que sairá este 25N á rúa en diferentes localidades.

Convocatorias do 25N:


➡️A Coruña, 20h Obelisco.
➡️A Estrada, 20:30h diante do Concello.
➡️As Pontes, 20.30h na Praça do Hospital.
➡️Betanzos, 20h. a carón do Palco da Música.
➡️Celanova, 20h na Praza Maior.
➡️Compostela, 20h Praza 8 de marzo
➡️Ferrolterra, 19h no Cantón de Molíns.
➡️Lugo, 20h diante do Concello.
➡️Marín, 20.30h Praza 8 de Marzo.
➡️Ourense, 20h subdelegación do Goberno.
➡️Pontevedra, 20h na Peregrina.
➡️Ribeira, 20h na Praza do Concello.
➡️Val Miñor, 200h no cruce da Ramallosa.
➡️Verín, 20.30h Praza do Concello.
➡️Vigo, 20h cruce de Vía Norte con Urzaiz.

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da
Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
20 de novembro de 2019 11:06

__________

xoves, setembro 19, 2019

En Ferrol como noutras cidades e vilas da Galiza ocuparon-se as rúas para manifestar a repulsa polo brutal feminicidio de Valga - Non á violencia machista


En Ferrol como noutras cidades da Galiza, centos de persoas, na súa grande maioría mulleres, saíron á rúa para amosar a súa repulsa polo triplo asasinato machista de Valga, combate contra o feminicidio. Corte de rúa, siluetas pintadas no pavimento, batucada e un minuto de ruído "... polas que están, polas que non están, polas que perigan, rebelión e autodefensa contra a súa violencia...”. O acto rematou coa lectura do comunicado da Marcha Mundial das Mulleres. Nas comarcas do noreste tamén tiveron lugar actos en Cabanas, As Pontes e Cariño.
#QuerémonosVivas #FeminismoOuBarbarie #NenUnhaMenos #MachismoMata #BastaDeViolencia #RespostemosTodas #GalizaEnPéContraOMachismo !

A continuación transcribimos a nova publicada en Avantar.


As mulleres galegas toman as rúas para manifestar a súa repulsa polo brutal feminicidio de Valga. | Celebráronse concentracións e mesmo manifestacións en decenas de cidades e vilas de Galiza.

As mulleres galegas tomaron novamente as rúas e prazas de Galiza nas decenas de concentracións e manifestacións convocadas ao longo e ancho da xeografía do país para manifestar o seu máis enérxico rexeitamento á violencia machista, tras do brutal asasinato, en Valga, de Sandra, María Elena e Alba diante das crianzas de 4 e 7 anos de Sandra. O asasino, José Luis Abet Lafuente, o seu ex-marido, disparoulle ás tres para logo entregarse á Garda Civil. Un episodio de violencia machista que conmocionou á nosa nación.

Ao remate das mobilizacións deuse lectura a un manifesto no que se rexeitou a violencia e se reclamaron medidas reais e efectivas na súa prevención e combate.

Para iso, nas cidades e vilas fíxose un chamamento a construír, desde o local ao nacional, un feminismo forte que procure “avances reais e medidas transformadores e non fique apenas en celebracións rotineiras ou meras medidas simbólicas” e subliñouse que “a axenda non pode tomar descanso no verán e volver co ritmo da pugna polo poder nas institucións ou para servir de apoio a medidas que non se constatan como útiles ou que non se comprometen a revisar o que falla e pór recursos ao servizo desta causa”.

Dúas das asasinadas non serán computadas como vítimas da violencia machista

Denunciouse ademais que dúas das asasinadas neste crime machista, María Elena e Alba, non aparecerán para o Estado como vítimas de violencia machista, pois “pese a que este ten subscrito o convenio de Estambul e colocado a vontade de trasladar o mesmo á lexislación no Pacto de Estado, nada diso foi efectivizado até hoxe. Segue no papel”.

Recoñeceuse que porén, a lexislación na Galiza, si considera estes crimes como crimes machistas, o que nos sitúa en posicións avanzadas “para reclamar dende a nosa acción melloras ao que xa temos cunha axenda propia que tensione as nosas institucións e dote de recursos as ferramentas das que xa dispomos”.

Nas mobilizacións advertiuse ademais de que “o tempo de pedir xestos rematou” e afirmouse que “é momento de conquistar realidades”. Por iso denunciouse que “o tan reclamado Pacto de Estado asignaba este ano ao Concello de Valga 1.766,48€ para a realización de reforzo dos servizos municipais, prevención, sensibilización, atención ás vítimas...”

Unha cantidade que consideraron “de miseria” e que, denunciaron, “amosa a absoluta falta de compromiso dese documento co combate real da violencia machista”. De aí que se rexeitaran as fotos e promesas, as accións cara á galería, os minutos de silencio, as condenas enérxicas e as iluminacións.

Fronte a isto exixiron “medidas contundentes e reais, recursos e orzamentos que garantan que se pode avanzar na formación de todos os axentes que interveñen na educación, a sanidade e a prevención e atención das mulleres que sofren violencia machista. Tres mulleres asasinadas, e a normalidade continúa tras colgar a pancarta ou realizar a declaración institucional de turno, mentres as aulas se baleiran de contidos de xénero e de metodoloxías pedagóxicas transformadoras, mentres a sanidade se recorta e a detección da violencia na mesma se imposibilita, mentres os puntos de encontro familiar se enchen de maltratadores visitan ás crianzas, os xulgados se ateigan de mulleres que deciden non facer efectiva a denuncia, se chegan a facela, as sentenzas deitan unha e outra vez custodias compartidas con agresores, as comisarías se baleiran de efectivos para vixiar as ordes de afastamento, os medios procuran o morbo nos feminicidios, as vítimas seguen cuestionadas, o machismo continúa ocupando o espazo público e se blanquea aos reaccionarios que combaten os avances do feminismo”.

Fartas de que se use o feminismo “para dar cor a acción política”

Xunto a isto denunciaron que se use o feminismo para dar cor á acción política sen que iso redunde en melloras ou avances reais e a “hipocresía” da dereita que recorta leis e orzamentos ao tempo que di sumarse á repulsa da violencia.

Lembraron que “sen recursos non hai combate da violencia. Sen educación en equidade e diversidade non hai combate da violencia” e chamaron a cuestionar “os cimentos mesmos da nosa educación para construírnos como suxeitos nunha sociedade na que a vida, das mulleres e de todas, debe estar no centro”.

O manifesto concluíu coa proclama de que “estamos fartas de que non se ille aos agresores nos nosos contornos máis próximos, onde nace e se perpetúa a violencia. De que se reproduza a educación machista e a discriminación que marca a lume o noso rol social a través das familias” e coa denuncia de que “todas aquelas persoas que negan a violencia machista, ou ben que a xustifican negando que o único motivo dos asasinatos é o patriarcado, é cómplice de cada asasinato”.

De aí que lembraran que “estamos na rúa porque urxe considerar a violencia machista como problema social e político de extrema gravidade, pero para esixir cambios reais. Estes asasinatos non poden ser considerados como un máis dunha longa lista de feminicidios. Non podemos asumir como algo cotián os asasinatos machistas cando nos últimos cinco anos, máis de medio cento de galegas foron asasinadas por mor da violencia machista. Máis de 1000 no estado español”.

Ante isto exixiron “que a Lei Galega de violencia de xénero sexa efectiva, esiximos recursos e un compromiso de vontade real para acabar co terrorismo machista. Non queremos máis mulleres asasinadas. Non queremos pésames, non queremos minutos de silencio, non queremos loito. Queremos que non haxa ningunha muller máis asasinada”.

Publicado en Avantar.
_______

martes, setembro 17, 2019

Violencia machista, ... Por Iolanda Teixeiro Rei


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
17.09.2019


VIOLENCIA MACHISTA

Entrementres eu lía a Antoloxía do conto galego de medo de Silvia Gaspar e nel debullava o ​ Espanto de nenos , ​ ese desacougante conto de Rafael Dieste onde os nenos, a xeito de conciencia da morte, ven nun buraco do teito un ollo alerte e só que os fita mentres xogan, entrementres, en Cordeiro, no concello de Valga dous pequechos de catro e sete anos presenciavan o asasinato da nai, a tía e a avoa a mans de seu proprio pai. Arreguiza o corpo ser humanos e capaces dunha crueldade tamaña como a de ningún outro animal. Porque o estarrecedor non é o gore nen o terror producido por un monstro ou un descoñecido senón mesmamente o terror impensavel, ese que convive ou conviviu na sombra connosco.

Haverá algo máis terribel que a agresividade da realidade hostil na propia familia?.Haverá algo máis estarrecedor que a violencia dentro da propria casa? A primeira hora da mañá e cando se dispuñan a ir cara a escola, o pai, separado, chega e mata a súa muller, a súa cuñada e a súa sogra a tiros. Parece que a súa exmuller non fixera denuncia algunha. Ao pouco e movidas pola alerta feminista, anúncianse concentracións como denuncia e rexeitamento do triplo asasinato machista en moitas cidades e vilas galegas.

Ao pouco xa xurden twitters políticos recriminando o crime e todos son a solidarizarse coa familia das vítimas, incluso aqueles responsabeis das políticas máis patriarcais. Uns claman por recursos e medios, outros falan de machismo criminal como dando a entender que o machismo non lles ocupa nen preocupa até atopar vítimas e aqueloutros aínda falan de aberración. Desafortunada palavra por canto unha aberración é un erro, desvarío ou perturbación. E certamente o asasinato é todo iso pero tamén, no caso de asasinato a mulleres ou aos fillos, hai algo máis a analisar e sobre todo tomar medidas políticas radicais que non se resolven só con máis medios e recursos como reclaman as políticas máis feministas da oposición.

A violencia machista é o normal na sociedade patriarcal como esta na que vivimos. Os machistas manifestan conductas aprendidas baseadas en conceptos e valores que foron e aínda son norma. Por que non desarmamos os banzos desta escalada de violencia machista? Os banzos dos videoxogos sexistas, das telenovelas, series e publicidade degradante para a muller, a pornografíamachista, os livros de texto patriarcais, o sexismo no traballo...todos os banzos desa longa escada que remata no crime que algúns aínda chaman paixonal.

Perante os crimes contra as mulleres non podemos limitarnos a nos concentrar berrando ou en silenzo. Temos que entrar a saco (expresión bélica por demais) a combater todas as violencias cotiás nas que caladamente participamos. Todos os días, na realidade real e na virtual asistimos á degradación da muller en distintos graos e xeitos. Dos macro aos micromachismos. Leo por aí que o 80% dos casos de violencia de xénero ocorren após a separación da parella. Parece que isto nos obriga, cando menos, a revisar esa sacrosanta institución chamada matrimonio. Volve a repuntar na mocidade ​ a cultura do dominio antes de se ter eliminado nas anteriores xeracións criadas nos anos da presunta liberación sexual. As mozas seguen a ser máis sumisas que os mozos, e estes adoitan seguir confundindo a homía cun abano de comportamentos agresivo-chulescos. Moitas mulleres seguen a pensar que ter parella é o estado ideal e o matrimonio a aceptación da renuncia a si mesmas.

Ao tempo, anuncios de voda machistas, aceptados con normalidade e incluso chacota polas mulleres do estilo ​ Ana tiñas unha avería e Javi desatascou a cañería, campan por todos os valados e postes do país. E, como ben aponta o antropólogo e historiador Felipe Senén, son un exemplo da degradación cultural na que vivimos.

Un estudoso destes temas da violencia dime que pode que o aumento dos casos de machismo, alén do focado da prensa para os visibilizar, poden ser causados, paradoxalmente, pola maior igualdade das mulleres así como a conquista de dereitos que, como o divoricio, ate hai pouco non tiñamos. Para un home machista e violento que unha muller poida deixar de ser súa, -pois por unha propriedade a ten- pode ser o detonante de resolver a súa frustración, a súa falla de éxito, co asasinato.

Moitos estaredes preguntándovos por que falo do criminal e non da víctima. Pois porque desde o ponto de vista educativo agresor e víctima forman nos comezos un tándem indisoluvel. E non estou a falar da moral nen das responsabilidades penais. Estou a falar de que temos que mudar a escala de valores desta sociedade que entroniza o abuso en aras do éxito. Esta sociedade onde se educa na cultura do dominio, onde se abusa do poder e onde a lei de tripar ao que se ten por feble campa por todos os recunchos.Choremos a estas tres mulleres e solidarizémonos cos familiares, mais é tempo de ir alén. Reclamemos unha educación sexual e emocional seria nas escolas, non somentes unhas nocións de bioloxía e anticoncepción. Organicemos actividades nos barrios sobre sexualidade e poder, cuestionando a cultura da dominación. Elimimemos os colexios segregados e a educación diferenciada. Cuestionemos os conceptos de pecado e culpa que a cultura xudeocristiana nos inoculou en vea. Non eduquemos ás nenas para ser sempre doces, sensibeis e serviciais e aos nenos para ser sempre rexos, rudos e dominantes.

E sobre todo, esixamos da prensa un código ético non-machista e non-sensacionalista.

Leo "El autor confeso del crimen de Valga tenía antecedentes...habría cometido pequeñas sustracciones de gasoil y chatarra. Regentó varios negocios fallidos..." ou estoutra: "...​ un asesino con antecedentes por robo de gasoil". Queren dicirnos os xornalistas, con esta vergoñenta trivialidade de recheo do xornal, que os ladróns de luva branca, que en vez de gasoil e chatarra sustraen diñeiro de aforradores das preferentes, non serían quen de asasinatos machistas?.

Como dicía Mark Twain, case tan terribel é o suceso como os titulares do día despois.

[*] Iolanda Teixeiro Rei, Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Sermos Galiza.

Enviado:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
16 de setembro de 2019 22:26

________________

luns, setembro 16, 2019

Que todas as rúas da Galiza se enchan de feminismo nunha resposta á altura contra a violencia machista! - Concentración, este mércores 18 de setembro, ás 8 da tarde, en Ferrol, en Cabanas e n'As Pontes, como noutros lugares da Galiza, en repulsa polo triplo feminicidio de Valga


En Ferrol e n'As Pontes como noutros lugares da Galiza, este Mércores 18 de setembro, están convocadas mobilización de repulsa polo triplo feminicidio que se produciu no lugar de Carracido, no concello de Valga, está mañá, onde tres mulleres foron asasinadas.

Feminicidio en Valga CONVOCATORIAS /en ACTUALIZACIÓN/ en repulsa do terríbel triplo feminicidio de Valga. Que todas as rúas da Galiza se enchan de feminismo nunha resposta á altura contra a violencia machista! 💜💜

➡️ Valga, 20:00 hrs a Plazuela de Valga (O refaixo da Carolina)⬅️
➡️ Allariz, 20h na Praza do Concello
➡️ A Coruña, 20 horas, Obelisco
➡️ A Estrada, 20:30 diante do Concello
➡️ A Guarda, 20:30h Praza do "Relò"
➡️ Ames, 20h na Praza da Amaía
➡️ As Pontes, 20h na Praça do Hospital
➡️ Betanzos, 20h a carón do Palco da Música
➡️ Bueu, 20h diante do Concello
➡️ Burela, 20.30h Praza da Mariña.
➡️ Cabanas, 20h diante Casa do Concello
➡️ Carballo, 20h na Praza do Concello
➡️ Celanova, 20h Praza de Celanova
➡️ Compostela, 20h Praza 8 de Marzo
➡️ Ferrol, 20h diante do Edificio da Xunta
(Praza Amada Garcia)

➡️ Lugo, 20h diante do Concello
➡️ Melide, 20h Praza do Convento
➡️ Moaña, 20h na Praza do Concello
➡️ Mondoñedo, 20.30h na Praza do Concello
➡️ Porriño, 20.30h na Praza do Concello
➡️ Ourense, 20h na Castañeira (Parque San Lázaro)
➡️ Pontevedra, 20h diante da Audiencia
➡️ Rianxo, 20h na Praza de Castelao
➡️ Ribeira, 20h na Praza do Concello
➡️ Val Miñor, 20h Cruce da Ramallosa
➡️ Vigo, 20h no MARCO
➡️ Vilagarcía, 20.30h na Praza de Galiza.
➡️ Viveiro, 20h Praza da Fontenova

#QuerémonosVivas #FeminismoOuBarbarie #NenUnhaMenos #MachismoMata #BastaDeViolencia #RespostemosTodas #GalizaEnPéContraOMachismo !

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
16 de setembro de 2019 18:48

___________

luns, xullo 22, 2019

Ante un novo asasinato machista, un acto de feminicidio, a Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración, como noutras cidades e vilas da Galiza, o martes 23 de xullo, ás 8 da tarde, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta


Martes 23, ás 20 hs,
CONCENTRACIÓN
por asasinato machista en Galicia


Convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra:

Martes, 23 de xullo, ás 20 hs

Diante do Edificio da Xunta de Galicia

Praza Amada García – Ferrol.

Outro feminicidio na Galiza, desta volta en Vilalba. María del Carmen Vázquez foi asasinada polo seu excompañeiro, e xa son 33 no Estado no que vai de ano e 1008 desde o 2003.

O machismo mata!
Basta de feminicidios!


O feminismo galego resposta nas rúas!

O teléfono de atención ás vítimas é o 016, atende as 24 horas. Non deixa rastro na factura, aínda que haino que borrar do rexistro de chamadas.

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
22 de julho de 2019 09:22

_________

domingo, maio 05, 2019

Xogar ao despiste, ... Por Estrela Gómez Viñas


Por Estrela Gómez Viñas [*]
04.05.2019


Xogar ao despiste

Esta semana o Parlamento Andaluz cedeu ante a intención aberta da ultradereita de atacar o centro do sistema de atención a vítimas de violencia de xénero. Foron entregados datos estatísticos sobre a formación destes equipos. A argumentación da ultradereita baséase en que ao ser, supostamente, persoal pouco formado os informes destes equipos estarían danando xudicialmente aos homes acusados de violentos. Bo intento, pero vai ser que non.

En primeiro lugar, as asociacións que loitamos contra a violencia de xénero e a violencia sexual hai anos que reclamamos a necesidade de que se dote de persoal especializado a todos os equipos que actúan en procedementos xudiciais nos que participan vítimas. Reclamámolo porque é un dos principios establecidos normativamente a nivel internacional para garantir o acceso a unha xustiza efectiva para a vítima. Considérase imprescindible para evitar a vitimización secundaria (que sofre a vítima) e para facilitar que (a vítima) poida ofrecer o seu testemuño coa maior calidade posible, así como para identificar a necesidade de protección urxente (que a vítima) poida ter. Todos os estudios coinciden en que a falla de formación diminúe a posibilidade de que o procedemento penal chegue a bo porto, así como de que a vítima atope protección e reparación.

A formación profesional adecuada é, primeiramente, un dereito e unha necesidade da vítima e un requisito para unha xustiza de calidade. Por suposto, esta obriga de formación non alcanza unicamente aos equipos específicos de violencia de xénero, senón que abarcaría aos equipos forenses, xuíces-as, fiscais, letrados-as, é dicir, a todos os axentes que entran en acción no procedemento.

Con esta nova parecemos pasar por alto datos máis relevantes. En primeiro lugar, que na análise dun caso, entre os resultados dos servizos específicos de violencia de xénero e os que aportan os equipos de avaliación forense dos xulgados, os tribunais inclínanse maioritariamente cara aos segundos. Por outra parte, a presunción de inocencia fai recaer a dúbida a favor do reo. A vítima queda entón fóra do sistema de protección. O informe do Defensor do Pobo do ano 2014 déixao claro: os equipos forenses dos xulgados non se seleccionan con criterio de especialización. No caso galego, por exemplo, a Xunta de Galicia establece como único requisito estar en posesión da Licenciatura de Psicoloxía. Significa que todas as mulleres, nenos e nenas que deban ser escoitados-as por medio destes equipos non terán a garantía de que o seu testemuño se recolla coa calidade á que obriga a normativa internacional. A miúdo, non se recolle o relato dos nenos e nenas porque, segundo certos equipos forenses, non poden entrevistar a menores de 6 anos. En realidade si que existen instrumentos adecuados para estas idades, pero hai que coñecelos, por suposto. Collida textualmente a argumentación destes equipos forenses, sería como dicir que os delitos que se cometen contra menores de 6 anos non teñen cabida no sistema xudicial. A súa palabra, sen dúbida, non a ten.

A estratexia que está levando a cabo a ultradereita é sinxela: xogar ao despiste. Por unha parte, a mentira a partir dun feito supostamente probado. Aínda sen entrar a discutir se en Andalucía estes equipos profesionais posúen ou non a formación adecuada, a falla de formación o que ocasiona é desprotección para a vítima e impunidade. Por outra parte, a maioría das resolucións relativas á necesidade de protección dunha vítima de violencia de xénero ou violencia sexual finaliza na fase de instrución. Para mostras o dato de Save the Children: o 70% das denuncias de abuso sexual infantil non chegan a xuízo. Presumir que o sistema prexudica aos acusados de violencia é unha falsidade. O gran problema da violencia de xénero e a violencia sexual continúa sendo a escasa credibilidade que se concede á vítima como parte do procedemento, a incapacidade por parte dos axentes xudiciais para recoñecer algúns indicadores relevantes de violencia, así como para entender a linguaxe verbal e non verbal da vítima.

Unha cosa si debemos dicir a favor dunha parte moi importante dos e das profesionais destes equipos específicos é o seu interese por reciclarse e manterse en constante coordinación. A estratexia dos ultra é agora cargar contra os e as profesionais que acompañan ás vítimas, que fan os informes de risco, que recollen o testemuño. Observamos como certos sectores que senten a lei de violencia de xénero como unha ameaza para os seus privilexios dirixiron a campaña contra aquelas que se converten na canle de transmisión da voz das vítimas: psicólogos-as, pediatras, letradas-os,… e agora os equipos específicos de violencia de xénero. Deixar inoperativos os servizos estratéxicos nos que pode apoiarse a vítima, ese é o obxectivo do momento. É un discurso interesado concordante coa ideoloxía da que fai alarde esta dereita ultra e descabezada. Teñamos coidado de non permanecer pasivas ante a mentira como estratexia. Tócanos mover.

Asociación galega contra o maltrato a menores








[*] Estrela Gómez Viñas. Coordinadora de AGAMME, Asociación Galega contra ou Maltrato a Menores. Profesora de educación secundaria. Mediadora social en prevención do abuso sexual infantil. Ponente e autora de artigos en distintos foros e medios sobre dereitos de infancia.

AGAMME: Asociación afincada en Galicia, fundada en 2010. Os seus obxectivos principais son a visibilización da problemática do maltrato infantil, e de forma sinalada o abuso sexual incestuoso, ofrecer apoio e información a vítimas e as súas familias ou profesionais que traballan habitualmente con nenos, nenas e adolescencia. Para rematar a participación en procesos lexislativos e a presentación de demandas á administración para o cumprimento da lexislación vixente.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
4 de maio de 2019 18:03
__________

xoves, maio 02, 2019

Solidariedade coa avogada feminista Beatriz Sestayo que vai ser xulgada por supostas inxurias a un maxistrado, este venres 3 de maio en Ferrol - Concentración, ás 10:45hs, diante dos Xulgados



O pasado 1 de marzo, comparecía Beatriz Sestayo no edificio dos Xulgados de Ferrol, para asistir á vista por un suposto delito de inxurias a un Maxistrado dos mesmos Xulgados ferroláns. Finalmente, a audiencia foi adiada até a citación das testemuñas propostas pola defensa. A vista xa está fixada para este venres 3 de maio nos Xulgados de Ferrol, ás 10:45 hs. Á mesma hora a Plataforma Ferrolterra en Defensa das Pensións Públicas, chama a solidarizar-se coa avogada feminista que até hai pouco foi concelleira en Ferrol, polo PSdeG-PSOE, do que sigue sendo Secretaria Local.

Non podemos pasar por alto o "machismo da toga", non pode ser o que está sucedendo primeiro a sentenza, logo a posta en liberdade dos violadores (La Manada), baixo um argumento que insulta... e logo está a mensaxe que se envía... ante un caso tan claro como infame, denuncias e pasa o que pasa,.. dás co "machismo da toga"... Mais se isto fora un caso illado, mais non o é, son moitos os casos onde togados que ante asuntos de clara violación, ven insuficiente a oposición amosada polas mulleres e as chegan a inquirir de tal forma que as vistas se converten nun cuestionamento sobre a vida sexual das vítimas... e isto sucede nos xulgados de medio mundo, non é propio só da xudicatura española.

Pretenden converter a crítica a decisións xudiciais non compartidas, mesmo o dereito á liberdade de expresión, en feitos tipificados como de delitos ou faltas no código penal (en inxurias e desacatos...).

Non se pode baixar a intensidade das manifestacións de repulsa até destapar as tramas dos machistas togados, con nomes e apelidos aínda que haxa xuízos por desacato... É o momento de destapar estas tramas da impunidade que pensan que lles dá a toga...

Betriz Sestayo foi investigada e procesada con petición oficial da fiscalía para que se lle xulgue e condene a "unha pena de multa de 3.600 euros, alén de indemnizar ao maxistrado com 4.500 euros por danos morais e de facer fronte aos gastos da publicación da sentencia condenatoria" [1]. Se se lles permite isto por unha crítica nunha conta de facebook feita o 25 de maio de 2017, segundo publicou EuropaPress, onde dicía: "Os xuíces aínda son demasiado impunes neste país e a sensibilidade destes machistas é a que é" e "O xuíz de violencia de xénero de Ferrol ve-se que considera que a vontade das mulleres é inútil e debe estar ao servizo do macho". [2Só por poñer un exemplo. Mais o peor é que foi a Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a que actuou de oficio sobre estas manifestacións de Beatriz Sestayo nas redes sociais, ante o arquivo da causa que ela consideraba inxustificado.

Non podemos permitir que isto se trate como un problema de inxurias a un xuíz... Pretenden advertir de que calquera discrepancia fronte a decisións de togados, vai ter unha resposta desde todas as instancias desde as que se senten impugnes,... non o permitamos, manifestemos a nosa repulsa a estas actitudes que pretenden calar as voces das persoas, sexan avogadas, activistas ou feministas que están implicadas na defensa das mulleres fronte a violencia machista...

Non ao machismo da toga !
Non ao o patriarcado xudicial !

Notas.-
[1] La Voz de Galicia - 07.06.2018 | La Fiscalía solicita una pena de multa para Sestayo por injurias a un juez. La líder socialista y abogada había tildado de machista al magistrado en Facebook. | Ir á Web.
[2] Europa Press - 14.09.2017 | Beatriz Sestayo, denunciada por tildar de "machista" a un juez en Facebook. | Ir á Web.


Info baseada na enviada por:
Plataforma Pensións Públicas Ferrol
-plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com-
1 de maio de 2019 20:00

_________________

luns, marzo 11, 2019

Ante un novo asasinato machista, o feminismo galego convoca unha acción de protesta en toda Galiza, en Ferrol terá lugar este martes 12 de marzo, ás 7 da tarde diante do Pazo Municipal


CONCENTRACIÓN
Diante dun novo asasinato machista.

Convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra:

Martes, 12 de Marzo, ás 19 hs

Diante do Concello de Ferrol.

Outro feminicidio na Galiza, desta volta en Valga (Pontevedra). Unha muller de 43 anos foi asasinada polo seu home, e xa son 14 no Estado no que vai de ano.

O machismo mata! Basta de feminicidios!

O feminismo galego resposta nas rúas!

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
11 de março de 2019 09:46

________________

Novas relacionadas:
Asasinatto machista en Valga. | Ir ao Buscador.

_________________________

martes, decembro 18, 2018

Violencias de xénero, ... Por Iolanda Teixeiro - A violencia machista non deixa de ser un xeito de se manifestar a violencia xeral propria da cultura da dominación


Por  Iolanda Teixeiro Rei [*]
18.12.2018


VIOLENCIAS DE XÉNERO

Podemos as persoas relacionarmonos sen esa teima polo xénero? O xenerocentrismo, nunha sociedade que reclama os dereitos dos LGBT (lesbianas, gais, transexuais/transxéneros e bisexuais) parece un concepto caduco máis propio daqueles tempos en que a reprodución era indispensável para a subsistencia da familia ou clan. Mais nun mundo superpovoado, que sentido ten?. Os xéneros son devedores de roles sociais  ríxidos e hoxe, a dicir de Baumann, vivimos nun mundo líquido.

O determinismo biolóxico segue a servir de coartada para manter a discriminación de xénero. Hai quen di que é unha cuestión hormonal -cousas da testosterona e dos estróxenos- que as mulleres sigamos ocupándonos maiormente dos coidados das persoas e do coidado do interior, das moradas, das emocións... Ate as persoas, homes e mulleres, que pasan por máis igualitarios, no día a día, portamos ideias, conceptos e conductas sexistas. Esperamos comportamentos distintos segundo sexa neno ou nena. Senón por que iamos ter esa preferencia ou esa necesidade imperiosa de saber que vai ser o naipelo antes de nacer?. Há anos que os estudos científicos amósannos que os tratamos de xeito diferenciado, que deixamos chorar máis ás nenas que aos nenos, por exemplo, porque temos o prexuízo de que elas son máis febles. E, de resulta dos nosos prexuízos así as fazemos para logo nos confirmar. E os prexuízos, sobre todo cando son inconscientes, educan na desigualdade e confirman o que imos construíndo como se viñera gravado a lume nos xenes. Ao fin, se a testosterona fóra a responsável, como algúns pretenden, da agresividade masculina, como se explica que os homes de sociedades non patriarcais ou con menos sentido da propiedade privada teñan comportamentos máis pacíficos?

A violencia machista non deixa de ser un xeito de se manifestar a violencia xeral propria da cultura da dominación. E non há profesión onde mellor se enxergue que na militar. Aí é onde bate máis a esquizofrencia dos modelos de xénero pois ás mulleres militares esíxelles ser rexas no traballo e dóciles no fogar.
Conta Henrietta L. Moore en Antropoloxía e feminismo, un interesante estudo sobre unha das formas de xeración de ingresos no fogar levado a cabo por Maria Mies sobre as encaixeiras indias de Narsapur, en Andhra Pradesh na década dos 70. Daquela, máis de 100.000 mulleres traballavan case como escravas na industria de fabricación de encaixes a domicilio, sen dereitos sindicais nen contratos laborais e cuns salarios ínfimos. Os encaixes exportavanse a Europa, Australia e EE.UU. Países que fachendeavan como hoxendía, de seren sociedades igualitarias que se crían de tan alta moralidade e progreso que coa importación dos encaixes exportavan esa hipócrita axuda ao desenvolvemento. Foran curiosamente os misioneiros cristiáns quen artellaran na India a industria do encaixe no século XIX, porque como dicía Bertrand Russell, se deus non fixera o corpo humano pecaminoso non havería que cubrir o corpo e que sería, entón, da industria algodoneira británica e deses industriais tan piadosos, sen os que, por outra parte, quizais Marx non podería contar cos ingresos de Engels para deixarnos esa xenial análise de cómo nos explota o Capital. Paradoxos da vida!.

Así que os países desenvolvidos medraron a costa da explotación selvaxe das mulleres dos países colonizados como a India. Mulleres subcontratadas sobre as que recaían todos os custes de produción. Esta é a verdadeira faciana do progreso. E tambén a causa de que unha feminista burguesa pouco teña a ver cunha feminista marxista ou ecofeminista. Unha industria téxtil que lembra moito ao emporio Zara e as mulleres galegas. Como di Maria Mies, o máis curioso, é que estas mulleres fan parte dunha povoción activa invisível debido á ideoloxía dominante patriarcal que as define como amas de casa que ocupan o seu tempo livre dun xeito rendível. E, por suposto, o traballo da casa non computa como valor de cambio. En sendo que tanto a exportación como a comercialización fican en mans masculinas. Polo que a organización do sector do encaixe como industria doméstica e o tratamento de ama de casa enxérgase na específica relación que existe entre as esferas productiva e reproductora da vida económica e social. Mais tambén ten relación co crecente empobrecemento do sector agrícola campesiño que forzou ás mulleres a procurar unha fonte adicional de ingresos. Ao se unir a casta coa ideoloxía cristiana de muller ama de casa entreteceuse un entramado que beneficia as relacións capitalistas do mercado e afianza as relacións de xénero existentes. Como non fazer comparación entre o éxodo rural galego e o medre do emporio téxtil tambén na Galiza? Ah, que isto non entra no día da violencia de xénero?.

Sería ben que cando celebramos días da violencia de xénero teñamos en conta as interrelacións entre xénero, clase e etnia. E non reduzamos todo a actitudes individualistas sen análise de clase.

No século XIX, en Gran Bretaña, ter servizo doméstico masculino tíñase por sino de elevado estatus social e os homes de etnias marxinadas traballavan no servizo doméstico. Katzman amosa como en EEUU a fins do século XIX, en California e Washington, a meirande parte dos traballadores domésticos eran varóns chineses. Coa industrialización e menor demanda de inmigrantes, foron as mulleres quen ocuparon eses traballos. Tambén na Africa do Sul, os traballadores domésticos europeos foron sustituídos polos pretos. Anque eran as mulleres pretas as que recibían os salarios máis baixos. Mais quen domina máis a clase ou o xénero?.

Hoxendía, cando nos falan de violencia de xénero, eses mesmos medios que a exercen a fío, esquecen sempre que violencia non é só, que tambén, asasinar, bater ou violar. Violencia de xénero  inclúe mercar a fío eses tecidos low cost a prezo de escravatura, anque sexa para engordar a un filántropo. Esquecen que son as relacións de dominación da sociedade clasista quen nos aprenden e reforzan cada día esas conductas de dominación que non só se exercen de home a muller, senón tambén de adulto a neno, de etnia branca a outras etnias, de clase empresarial a clase traballadora e entre o amplo abano de xerarquías de esta.


Teremos de mudar o sistema de valores sociais deixando de premiar o dominio e a sumisión para non seguir creando verdugos e víctimas, nas vindeiras xeracións. Non chega só con pór nunha marcha a camisola preta.

Se cadra no tocante aos xéneros deveriamonos educar como queer, isto é, rexeitando clasificarmonos con esas categorías universais fixas de varón, muller, hetero, homo, bi ou trans. Mais que nada por evitar as limitacións que estas categorías arrastran coas súas ocultas motivacións sociopolíticas. Pois nen xénero, nen identidade nen orientación sexual está escrito na natureza humana senón que son froito dunha construción social intereseira focada á dominación.

[*] Iolanda Teixeiro Rei -Ferrol, activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Sermos Galiza.


Enviado por:

Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
23 de novembro de 2018 20:12
___________

Ti tamén es o asasino de Laura - Existe unha estrutura política, cultural, económica e até estética que lexitima os asasinatos de mulleres á mesma vez que respiramos.


Por Raúl Solis [*]
18.12.2018


Ti tamén es o asasino de Laura. | Existe unha estrutura política, cultural, económica e até estética que lexitima os asasinatos de mulleres á mesma vez que respiramos.

Confirmouse a peor das hipóteses. A nova Laura Luelmo, a profesora zamorana de Plástica que fora destinada a un centro educativo na Sierra de Huelva, foi asasinada. E tirada logo a un pantano. Non hai consolo que amaine tanta pena.

Mentres a xente de ben non atopa consolo, un exército de infames trata de converter un asasinato machista, o nonaxésimo cuarto no que vai de ano -segundo o contador de feminicidio.net-, nun debate sobre o Código Penal en lugar de estar pensando que falla na nosa sociedade para que normalicemos que cada ano asasinen a preto dun centenar de mulleres. Ou o que é o mesmo, que nos ocorre como sociedade para normalizar que o noso país cada ano produza cen novos asasinos e que podemos facer entre todos, máis todos que todas, para acabar con esta masacre progresiva.

A violencia contra as mulleres non vén soa, non é un accidente meteorolóxico, nin unha mala fortuna. Os asasinatos contra mulleres non son simples sucesos, que é o que intentan vendernos os medios de comunicación que logo se tiran o resto do ano branqueando o machismo, cando non directamente dándolle ás, ou cuestionan ás poucas mulleres que se atreven a denunciar.

A Laura Luelmo non a matou soamente o seu asasino. Existe unha estrutura política, cultural, económica e até estética que legitima os asasinatos de mulleres á mesma vez que respiramos. A Laura matárona os medios de comunicación e os políticos que lamentaron o falecemento de Chiquetete sen dicir que foi un maltratador, que a súa exmuller perdeu un embarazo tras unha malleira e que a xustiza o condenara.

A Laura matárona aqueles partidos que cuestionan a Lei de Violencia de Xénero e que queren derrogala porque pensan que protexer ás mulleres é ir contra os homes. A Laura matárona os partidos que en Andalucía están negociando un pacto de goberno sen pudor ningún a recibir o apoio de VOX, un partido que nega a existencia mesma do machismo e que arremete contra as feministas en lugar de contra os potenciais asasinos de mulleres.

A Laura matárona quen se preguntan como hai mulleres que saen soas ás presas en lugar de cuestionarse por que hai homes que pensan que as mulleres son da súa propiedade e séntense lexitimados para matalas si estas se rebelan.

A Laura matárona os medios de comunicación que converten os asasinatos machistas nun espectáculo e á vítima nunha mercancía, nun obxecto de competición con outros medios por buscar o titular máis frívolo que dea máis audiencia, sen importar que tipo de sociedade estase construíndo.

A Laura matárona os xornalistas que lle poñen o micrófono a VOX e que non lle cuestionan na mesma rolda de prensa que é incerto que haxa denuncias falsas e recórdanlle á ultradereita que o Consello Xeral do Poder Xudicial só atopou 71 denuncias en máis dun millón de denuncias presentadas en 10 anos.

A Laura matárona os directivos de informativos que envían a xornalistas precarios, sen liberdade para opoñerse a informar sen ética e por 1.000 euros ao mes, a que graven á veciña da vítima e lle diga: "Por que foi a correr soa ? ... Eu non vou soa nin a tirar o lixo". A Laura mátana quen informan sobre un asasinato machista coa mesma lóxica que o fan sobre Gran Irmán.

A Laura matáchela ti, que che sentes violentado polo movemento feminista que grita que as mulleres teñen medo de regresar soas a casa pola noite. A Laura matáchela ti, macho cabrío, que, en lugar de cuestionarte que podes facer para que as mulleres poidan vivir seguras, pensas que estas están indo moi lonxe e crees que o feminismo aspira a facer cos homes o que os homes levamos séculos facendo coas mulleres.

A Laura matárona quen recortaron en recursos contra a violencia machista e quen permiten que haxa programas de máxima audiencia onde se fan comentarios que normalizan a violación, cando non a fomentan.

A Laura tamén a matan os canallas que cunha man piden derrogar a Lei de Violencia de Xénero e con outra piden cadea perpetua. A estes non lles importa acabar cos asasinatos machistas, senón facernos crer que as mulleres poderán vivir seguras nunha sociedade con cadea perpetua pero que siga sen cuestionarse a estrutura económica, cultural, mediática, estética e política que emite mensaxes constantes e continuos que lexitiman a violencia contra as mulleres, que non se toma en serio as denuncias e que encima pon en cuestión ás valentes que se atreven a achegarse a unha comisaría. A Laura tamén a mataches ti. E eu.

Fonte: La Voz del Sur. | Con comentarios de interese de indignación, mais tamén de maldade machista e reacionaria. | 17.12.2018

[*] Raúl Solis, xornalista Andaluz. Autor do artigo "El hijo de una limpia suelos". | En twitter. | Escritos do autor no xornal "La Voz del Sur". | Ir á Web.

____________________

venres, novembro 23, 2018

As delegadas asistentes ao IV Encontro Nacional de Mulleres da CIG acordan convocar folga xeral o 8 de marzo do vindeiro ano de 2019 - Concentráronse ao remate diante dos Xulgados de Compostela para denunciar as agresións do patriarcado - Preto de 300 delegadas asisteistentes ao IV Encontro Nants ao IV Encontro Nacional de Mulleres da CIG, acordaron esta mañá convocar folga xeral de mulleres o vindeiro 8 de marzo e trasladar esta proposta ao movemento feminista galego


As delegadas asistentes ao IV Encontro Nacional de Mulleres da CIG acordan convocar folga xeral o vindeiro 8M. | Concentráronse ao remate diante dos Xulgados de Compostela para denunciar as agresións do patriarcado. |
Preto de 300 delegadas asistentes ao IV Encontro Nacional de Mulleres da CIG, acordaron esta mañá convocar folga xeral de mulleres o vindeiro 8 de marzo e trasladar esta proposta ao movemento feminista galego.

Un paro de 24 horas “para dar resposta aos ataques do patriarcado, porque non imos permitir que foran de farol o pasado 8 de marzo e que todas as promesas que fixeron nos días posteriores quedaran finalmente en nada”.

Así o explicaba a secretaria das Mulleres da CIG, Margarida Corral, na posterior concentración diante dos xulgados de Compostela, onde fixo un chamamento a todas as compañeiras organizadas en colectivos e organizacións feministas no país a “loitarmos xuntas nun novo 8 de marzo e a combater na rúa as agresións do patriarcado, as agresións de todo o aparato, tamén o xudicial, que para nada teñen asimilada a perspectiva de xénero e que, para nada, combaten a desigualdade como terían que facelo”.

As delegadas da CIG acordaron ademais dar traslado nos seus centros de traballo das moitas razóns polas que se convoca esta folga xeral. Razóns que foron esgrimindo ao longo do debate e que deixaron constancia das discriminacións e violencias ás que teñen que facer fronte as mulleres dentro e fóra do ámbito laboral polo feito de ser mulleres.

Por iso exixiron que non haxa “#NinUnhaMáis acosada no traballo, agredida física, psicolóxica ou sexualmente, nin unha máis que sufra violencia económica, patrimonial, simbólica, obstétrica ou institucional”, porque, seguindo o lema da campaña da Secretaría das Mulleres da CIG arredor deste 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, “Imos Fartas do acoso e da violencia machista”.

Concentración nos Xulgados

As asistentes a este IV Encontro saíron, o seu remate, en manifestación cara aos Xulgados onde se concentraron para denunciar que, como afirmou Corral, “as mulleres traballadoras non só temos que sufrir a violencia nas nosas vidas, de man de parellas ou exparellas, senón que tamén sufrimos a violencia de xefes acosadores, de compañeiros acosadores que nos agriden sexualmente, que nos agriden fisicamente e que nos agriden coas súas decisións impedindo que poidamos exercer os nosos dereitos”.

Unha violencia que, lembrou, se produce tamén desde os gobernos, as administración públicas e do propio sistema xudicial que, como denunciaron no decurso do Encontro, é capaz de emitir sentenzas como a da Manada. “Por iso estamos aquí ás portas dos Xulgados, para denunciar unha vez máis esa situación. Porque as mulleres da CIG non imos permitir que nin unha soa muller máis sexa discriminada, agredida e imos facer todo o posíbel para combatelo desde os nosos postos de traballo, dos nosos espazos na sociedade”.

Agresións que non paran de medrar

A secretaria das Mulleres da CIG alertou do constante incremento das agresións machistas. Así denunciou que 6.001 mulleres foron vítimas de agresións machistas o ano pasado, un 17,5% máis que no ano anterior; que máis dun medio centenar foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas nos últimos 15 anos e que houbo 3 feminicidios en Galiza desde o principio deste ano: Magdalena Moreira Alonso; María Judite Martíns e Ana Belén Varela Ordóñez.

Corral sinalou ademais que, segundo os datos da Fiscalía galega indican tamén un aumento no número de denuncias que chegaron aos xulgados galegos, xa que no 2017 se presentaron 6.463, fronte ás 5.683 do ano anterior, o que supuxo un 13,7 % máis.

Esta terrible situación é a que levou, segundo Corral, ás mobilizacións multitudinarias do ano pasado. “Demostramos as galegas que enchemos as rúas deste país que necesitabamos un cambio, que necesitabamos non só medidas de aparencia, senón cambios reais a prol dos noso dereitos”. E estas cifras “e tantas outras que podiamos comentar do que sufrimos a cotío, son a realidade que demostra que ían de farol o 8 de marzo”.

Por iso chamou a todas as mulleres a reaxir, a mobilizarse este 25 de novembro nas mobilizacións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres e outros colectivos feministas da Galiza e a secundar masivamente a folga xeral do vindeiro 8M. “Nós facémolo como sabemos na CIG, combatendo nas rúas e debatendo sobre esta problemática, dando propostas e respostas desde o feminismo de clase a esta situación”.

Mobilizacións do 25N:
  • Vigo: 12:00 h, cruce de Vía Norte con Urzáiz (Feminismos Vigo)
  • Pontevedra: 12:00h na Peregrina
  • Lugo: 12:00h, diante do concello (Plataforma Feminista Lugo)
  • Ourense: 12:00 h. Acción de rúa (Praza Maior).
    • 19:00 h. Obradoiro de pasamontañas (Subdelegación Goberno).
    • 20:30 h. Manifestación (saída Subdelegación Goberno) -
  • A Coruña: 20:00 h, desde o Obelisco (Feminismos A Coruña)
  • Ferrolterra: 19:00 h Manifestación + batukada e performance desde praza da Gándara. Narón.
  • Compostela: 12:00 h, desde a Praza 8 de Marzo (Feminismos Compostela).
    • Día 26 de novembro: 19:00 h. Casa de Xohana Torres. - Palestra-café con Paz Filgueira, xuíza de Familia.
  • A Estrada: 11:30 h concentración diante do concello
  • As Pontes: 11:30 h Concentración na Praza do Hospital
Fonte: Avantar. | 22 de Novembro. | Baixo Licenza Creative Commons.
_____________

xoves, novembro 22, 2018

25 de Novembro Día Internacional contra a Violencia Machista - Manifestación da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, este ano en Narón, ás 7 da tarde, desde a Praza da Gándara - N'As Pontes, Concentración, ás 11:30hs na Praza do Hospital, convocada polo Colectivo Feminista - Rebelión, autodefensa, contra todas as violencias machistas

[25N] Rebelión, autodefensa, contra todas as violencias machistas

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra convida a participar na Manifestación do 25 Novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, este ano en Narón, ás 7 da tarde, na Praza da Gándara.

CONCENTRACIÓN | BATUKADA | PERFORMANCE


E n'As Pontes, pola mañá do domingo 25 de novembro na Praza do Hospital, ás 11:30hs, unha Concentración convocada polo Colectivo feminista.

Económica, sexual, psicolóxica, física, reprodutiva obstetricia, laboral, institucional... As mulleres recibimos múltiples violencias en maior ou menor grado na nosa vida diaria. Neste 25 de Novembro queremos reivindicar a necesidade de tecermos redes de coidados e soporte das nosas vidas fronte a esas violencias que sufrimos e facelo dende a loita feminista. No último ano coñecemos sentenzas xudiciais que confirman que a violencia sistémica e o monopolio da violencia por parte do estado son aínda un desafío que debemos afrontar dende o feminismo, que todas as campañas de chamados a denunciar as violencias machistas non ocultan a revictimización e mesmo a indefensión que sufrimos neses procesos de denuncia. Tamén constatamos que a violencia económica consecuencia da alianza capital-patriarcado segue colocando as nosas vidas e os nosos territorios en perigo. Por iso queremos falar de autodefensa e organización, autodefensa fronte á violencia física e psicolóxica mas tamén fronte á económica e institucional. Construír alternativas para a vida para defendernos das violencias que nos atravesan.

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
22 de novembro de 2018 11:42

____________