Por considera-la de interése transcribimos a noticia que publicou o Diario de Ferrol, na súa edición deste Sábado 4 de Xullo de 2009, sobre o acto de participación cidadá, referente aos orzamentos participativos que, como primeiro paso, responsábeis do Concello de ferrol e do movimento veciñal acordaron logo dun proceso de converxas e reflexions que duraron varios meses.
A cidadanía empeza a manexar as contas do Concello
REDACCIÓN > FERROL
Veciñas e veciños de cinco barrios serán os primeiros en ter capacidade de decisión sobre o destino de parte do diñeiro de todos. Nesta primeira experiencia de orzamentos participativos, a partida alcanza os 350.000 euros, pero se espera chegar aos dous millóns en 2010.
O local da Asociación Veciñal de San Xoán de Filgueira-Bertón encheuse onte con motivo da presentación dos orzamentos participativos, que terán precisamente neste barrio, xunto cos de Santa Mariña, San Pablo, Doniños e San Xurxo, as súas experiencias pioneiras e que permitirán aos veciños decidir o destino dunha partida de 350.000 euros este ano. A importancia da participación cidadá na construción da democracia foi o eixo central da totalidade das intervencións, empezando pola do responsable da área no Concello, Manuel Santiago, que explicou como se fraguou o proceso de orzamentos participativos e apuntou que o acto de presentación de onte é só un primeiro paso dunha campaña moito máis ambiciosa para lograr a implicación activa da poboación na toma de decisións.
Foi o presidente da Asociación Veciñal de Santa Mariña, Xosé Fontao, o encargado de pór voz á representación cidadá, e fíxoo como persoa que aglutina unha dobre experiencia: foi concelleiro na primeira corporación democrática e participou e participa activamente no movemento veciñal. Fontao recordou aqueles primeiros tempos de liberdades limitadas, pero apuntou que xa entón se consideraba que os veciños tiñan moito que dicir no día a día da cidade. Aínda recoñecemento que a auténtica democracia participativa poida ser unha utopía, o representante de Santa Mariña preguntouse que sería da democracia sen utopía. Recordou tamén Fontao aquel primeiro Regulamento de Participación Cidadá que confeccionou de xeito pioneiro en Ferrol a corporación en 1983, e ao fío disto, animou á veciñanza a acudir ao pleno do próximo xoves, no que se aprobará unha nova normativa deste tipo, unha ferramenta de participación pero que tamén implicará máis traballo e compromiso veciñal, apuntou.
Pola súa banda, o alcalde, Vicente Irisarri, asegurou que "ningunha cidade chegou en Galiza ao lugar onde está Ferrol en materia de participación" e quixo deixar claro que non se trata dunha conquista da esquerda nin dun determinado partido político, "senón dos cidadáns".
En materia de orzamentos participativos, o rexedor municipal precisou que haberá que "elixir e priorizar" á hora de establecer as partidas, e considerou tamén que será necesario realizar "un exercicio de extrema xenerosidade entre os barrios, para favorecer aos que teñan menos recursos e servizos". Xunto coa xenerosidade, a capacidade, o consenso, o traballo e o esforzo serán, dixo Irisarri, claves para o bo desenvolvemento desta iniciativa, polo que fixo un chamamento a que se eviten as discusións estériles. Tamén advertiu de que unha vez que se decida o destino do diñeiro aínda será necesario dar cumprimento a unha serie de trámites administrativos, aínda que matizou que "os proxectos que nacen do pobo terán menos filtros administrativos porque teñen o aval da cidadanía".
Fonte: Diario de Ferrol
_______
[O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, explicou o proceso
Foto de DANIEL ALEXANDRE ]