xoves, xaneiro 16, 2020

O Sindicato Comarcal de CCOO Industria denuncia que o grupo empresarial local, conformado polas empresas TECMAN, INTAF e SINCRO, pretenden a aplicación dun acordo que incumpre o Convenio do Metal e mesmo o disposto no artigo 35.1 do Estatuto dos Traballadores


ACORDOS DE INAPLICACIÓN CONVENIO DO METAL EN TECMAN, INTAF E SINCRO


O Sindicato Comarcal de CCOO Industria na comarca de Ferrol temos que trasladar unha información que nos chegou o pasado 26 de decembro de 2019. Como sindicato firmante do Convenio do metal chegáronnos vía Comisión Paritaria do Convenio uns acordos de inaplicación do Convenio do Metal nas empresas TECMAN, INTAF e SINCRO.

Os acordos de INAPLICACIÓN do Convenio do metal parten dunha proposta da Empresa trasladada o 11 de xuño, levada a asemblea o 26 de xuño, firmados tales acordos o 27 de xuño, e trasladados á Comisión Paritaria o 26 de decembro.

Os acordos consisten en:

- Este acordo tivo vixencia do 1 de xuño de 2019 a 31 de decembro de 2019, e se emprazan a negociar un novo acordo que non sabemos si existe xa.

- @s traballadores/as das empresas TECMAN, INTAF e SINCRO non poderán optar por cobrar as horas extras realizadas.

- As horas extra en días laborables (incluídas as nocturnas deses días) se compensarán con 1h.15min de descanso.

- As horas extra en días non laborables (incluídas as nocturnas deses días) se compensarán con 1h.30min. de descanso.

Dende CCOO Industria Ferrol entendemos que:

⇾ Empresas locais, co seu empresario á cabeza, que se venden como exemplares, son unha vez máis exemplo da precarización e recorte de dereitos.

⇾ Este tipo de acordos de INAPLICACIÓN do Convenio van en contra d@s traballadores/as desas empresas, así como de tódol@s traballadores/as que loitaron para acadar este Convenio do Metal que algúns sindicatos calificamos de histórico.

⇾ CCOO Industria Ferrol descoñecíamos este acordo ata este 26 de Decembro no momento que se informa á Comisión Paritaria.

⇾ CCOO Industria Ferrol valoramos negativamente este acordo que incluso ataca ao artigo 35.1 do Estatuto dos Traballadores. Así mesmo agardamos que non se de ningún novo acordo de inaplicación de convenio, tal como o propio acordo prevé.

⇾ Estos acordos tentan esquivar o límite de horas extras, xa tivemos algún litixio contra este Grupo empresarial por non pagalas. E por riba o acordo non inclúe como se regula o uso das mesmas, nin o tempo para collelas pois segundo o Estatuto dos Traballadores hai 4 meses para gastalas despois da xeración das mesmas.

⇾ CCOO Industria Ferrol trasladaremos á Dirección de Navantia dita situación e que estamos totalmente en contra da contratación de empresas que vulneran os convenios sectoriais, e máis neste caso o Convenio do Metal de A Coruña que tanto costou acadar e do que tod@s estamos orgullosos polos avances que se acadaron. Ademais de que supón competencia desleal dende o momento que esta empresa fai unha oferta baixo unhas condicións e non as respeta, pois non é un acordo complementario ou unha opción a elección do traballador, senón a vulneración dunhas condicións reguladas por convenio.

⇾ CCOO Industria Ferrol instamos a que a Dirección de Navantia tome medidas contra este tipo de situacións actuais e futuras, coa rescisión dos contratos actuais que ditas empresas teñan con Navantia e descartando das licitacións de pedidos a calquer empresa que teña un Acordo de Inaplicación de Convenio.

Ferrol, a 11 de xaneiro de 2019.

Enviado por:
ROBERTO VILLASUSO VAZQUEZ
-rvillasuso@industria.ccoo.es-
11 de janeiro de 2020 18:07

_____________


Enlaces relacionados

Unión Comarcal de Ferrol:
http://www.ccoo.gal/webgalicia/menu.do?O_teu_sindicato:Unions_Territoriais:Ferrol

SIndicato Nacional de CCOO de Galicia:
http://www.ccoo.gal/webgalicia/

Federación de Industria de CCOO:
http://www.industria.ccoo.es/Galicia

Confederación Sindical de Comisión Obreiras:
https://www.ccoo.es/










_________________________

Presentación da novela 'El guardián de las flores', de Roberto H.L. Cagiao, no Ateneo Ferrolán, este venres 17 de xaneiro ás 19:30hs


Presentación da novela "El guardián de las flores", de Roberto H.L. Cagiao, no Ateneo Ferrolán, este venres 17 de xaneiro ás 19:30hs


#AteneoFerrolán

Contará coa presenza de Sonia Mauriz como condutora e nela haberá unha charla sobre a novela, lendas e firma de exemplares xunto ao autor Rober H.L. Cagiao.

SINOPSE:

Corenta e oito horas para o gran día do Apóstolo. Colexiata de Iria Flavia. Un home aparece morto e a súa filla foi secuestrada, e só é o principio…
A comisaria Paola Gómez enfróntase a unha vinganza máis aló do persoal entre flores, libros e lendas galegas tinguidas de sangue.

O mosteiro de Caaveiro, o Castelo de Andrade ou a Igrexa de Breamo e o Parque Natural das Fragas do Eume son os emprazamentos polos que transcorre este thriller sen pausa que promete atrapar ao lector e deixalo sen respiración.

AUTOR: Nacín en Bañobre en 1976. Xa no colexio doume conta de que o meu son as letras e pouco os números. Diplomado en Ciencias da Educación. Na miña mocidade encamiño a miña vida artística á música, gravando dous discos con Trashnos. Tras deixar (só de feito) o difícil mundo do rock, a vida engóleme. O destino e unha serie de variados acontecementos fan que en xuño de 2019 volva escribir. O Gardián das flores é a miña primeira vez. Moitas grazas a todos pola súa colaboración.


--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
14 de janeiro de 2020 12:35
__________

De fondo Reganosa: Grave accidente nunha planta petroquímica en Tarragona - polo de agora tres persoas morreron e varias feridas - A detonación foi tan forte que desprazou pezas de varios centos de quilos a varios quilómetros de distancia, unha das mortes produceu-se polo impacto dunha desas pezas

Explosión en IQOXE, empresa da industria química da Canonja

Despois de dous días vagando, sen rumbo, diante das costas do golfo Ártabro, agardando a que amainara o temporal, o buque ruso "Boris Vilkitsky LNG", navegando baixo bandeira de conveniencia de Cyprus (Chipre), non puido entrar na Ría, até o mesmo día 31 de decembro, para atracar e descargar as ducias de miles de toneladas de LNG, na ilegal e perigosa Reganosa, pasou o fin de ano e até tres día despois non puido volver a zarpar, polo mal tempo. Outro tanto estaba-lle a pasar, este martes 14 de xaneiro, ao buque "LNG Madrid Spirit" que non puido entrar no día previsto e andaba sen rumbo fixo a varias millas da costa Ártabra, até que hoxe mércores 15, entrou a última hora da tarde, case ás 8 arribaba ao porto de Mugardos, na punta Promontoiro, axudado polos catro remolcadores de quenda. A regasificadora, construída no corazón da nosa Ría, ao amparo da corrupción política e económica, está contigua a unha petroquímica que almacena centos de miles de produtos tóxicos e inflamábeis, e a unha central de coxeneración eléctrica (Forestal del Atlántico - Imegasa).

Onte na concentración sonora, de denuncia, que realiza o Comité Cidadán de Emerxencia, sempre que entra un gaseiro, para deixar a súa carga de gas natural licuado (GNL), na perigosa e ilegal Reganosa, chegaba-nos a nova do accidente producido nun complexo petroquímico en Tarragona. Unha grande explosión con defragación de materiais desprazados a varios quilómetros de distancia; inmenso incendio; varios mortos e feridos; e a indignación da veciñanza ante o perigo e a falta de seguridade.

Complexo petroquímico en Mugardos (Forestal del Atlántico, Imegasa e reganosa).

De fondo Reganosa: Grave accidente nunha planta petroquímica en Tarragona

A deflagración, percibida a quilómetros de distancia causou un gran incendio e unha gran columna de fume visíbeis desde Cambrils ou Reus, a un 15 km de distancia.

Protección Civil decretou o confinamento preventivo dos municipios da Canonja e Vila-seca e pediu aos cidadáns que pechen "portas e xanelas".

Renfe interrompeu a circulación de trens nos tramos que van de Tarragona a Reus e de Tarragona a Port Aventura, o que afecta as liñas R13, R14, R15, R16 e R17, así como a RT1 e a RT2.

IQOXE é o único produtor de Óxido de Etileno en España, cunha capacidade instalada de 140.000 toneladas anuais, e o 50% desta produción está destinada á fabricación de Glicol, unha das principais materias primas para a produción dos polímeros PET

Polo de agora tres persoas morreron e varias feridas. A detonación foi tan forte que desprazou pezas de varios centos de quilos a varios quilómetros de distancia, unha das mortes produciu-se polo impacto dunha desas pezas. É inevitábel para o Comité Cidadán de Emerxencia non relacionar estes tráxicos sucesos coa potencialidade dunha traxedia moito maior caso de producirse un accidente na bomba que supón a Planta de Gas de REGANOSA e o seu perigoso tráfico de gaseiros no interior da nosa Ría, ao pé das nosas vidas, dos milleiros de vidas que nun radio letal de 3 km sofrermos a ameaza desde hai case 15 anos.

Terceira morte confirmada trala explosión en Tarragona

A vítima é un traballador da empresa afectada, IQOXE, e foi trasladado a Vall de Hebrón con graves queimaduras no corpo.

O ferido crítico pola explosión da industria química da Canonja, morreu este mércores pola tarde no Hospital Vall de Hebrón, segundo confirmaron fontes do centro sanitario. A vítima é un traballador da empresa afectada, IQOXE, e foi trasladado a Vall de Hebrón con graves queimaduras no corpo como consecuencia da explosión.

Outra vítima é outro traballador da empresa, o corpo do cal foi atopado polos Bombeiros este mércores pola mañá. Ademais, dous feridos máis continúan ingresados, un na Vall de Hebrón, en estado moi grave, e outro no Hospital Joan XXIII de Tarragona, que está grave pero estábel.

Unha placa que saíu disparada

A victima mortal foino ao derrubarse parcialmente o piso no que residía, situado no barrio tarraconsense de Torreforta. O edificio de 5 plantas foi desaloxado.

As primeiras investigacións apuntan a que o veciño de Torreforta morrería tralo impacto por unha peza que saíu disparada durante a deflagración. O suceso tivo lugar na praza García Lorca do barrio de Ponent. Albert Ventosa, responsable da rexión de Emergències de Tarragona, explicou que ese proxectil, probablemente unha placa metálica, sería a causa do falecemento, que xerou diversos danos no edificio. O forte impacto provocou o afundimento de parte do chan dun terceiro piso, que cedería cara ao segundo, onde residía a vítima. Algúns veciños relataron como viran e sentido que un proxectil entraba no edificio, situado a uns tres quilómetros de distancia da explosión.

Outro 'proxectil' da explosión aterrou no Port de Tarragona

Varias pezas de gran tamaño foron atopadas en moitos lugares dos municipios próximos á petroquímica

As fotos de pezas e fragmentos de maquinaria sucédense nas redes e os teléfonos móbiles dos tarraconenses. E é que, máis aló da prancha dunha tonelada que saíu disparada trala explosión e que resultou na morte dun veciño de Torreforta, é moita a 'metralla' que acabou repartida polos barrios próximos á petroquímica.

Entre estes, unha válvula de 1,5 metros de alto por 50 centímetros de ancho e cun peso de 300 quilos, que voou case 1 quilómetro ata o Porto de Tarragona. Como apuntan fontes da instalación, o primeiro impacto contra o chan provocou un buraco de dous metros de longo por 80 centímetros de ancho, así como unha profundidade de máis de 30 centímetros.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Información baseada na enviada polo:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
15 de janeiro de 2020 11:56
__________________

xoves, xaneiro 09, 2020

O Colectivo Terra, reclama ao Concello de Pontedeume, a retirada dos contentores de recollida de roupa de Humana instalados na vila - Tras esta organización agóchase o entramado financiero da seita Tvind, que xa foi condenada por enriquecimento ilícito e branqueo


O COLECTIVO TERRA RECLAMA A RETIRADA DOS CONTEDORES HUMANA INSTALADOS EN PONTEDEUME


Tras esta organización agóchase o entramado financiero da seita Tvind, que xa foi condenada por enriquecimento ilícito e branqueo. Con sede en Dinamarca, mais con presenza en paraísos fiscais, o seu fundador está sendo buscado pola Interpol. A empresa Humana vende a roupa en tendas de segunda man en multitude de países. Coa doazón de roupa nestes contedores, fornecemos de balde a     materia prima do seu lucrativo negocio, ficando    a multinacional    co 91% dos beneficios.

O Colectivo Terra, reclama ao Concello de Pontedeume, a retirada dos contentores de recollida de roupa de Humana instalados na vila Apresentou a proposta no rexistro do Concello, así como ás organizacións políticas con representación municipal, para o seu debate no Pleno.

Documento apresentado no rexistro e aos grupos municipais. | Acceder/Baixar.

Colectivo Terra

http://www.colectivoterra.gal/


Enviado por:
Colectivo Terra
-colectivoterra@gmail.com-
3 de janeiro de 2020 15:54

__________________

Exposición, video, libro e coloquio 'A fuxida do Bou Ramón', este Venres 10 de xaneiro, en Cedeira


Inauguración da Exposición Fotográfica, proxeción de vídeo e apresentación do libro, con coloquio 'A fuxida do Bou Ramón', este Venres 10 de xaneiro, en Cedeira, ás 7 da tarde no Placete Municipal.

"A fuxida do Bou Ramón" (A historia de 27 republicanos que, en 1939, marcharon de Ares, cara a liberdade...), escrito por Enrique Barrera e Eliseo Fernández, coas ilustracións de Fernando Ocampo.

Organizado pola Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática e o Concello de Cedeira.

--
Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática⏩ memoriahistoricademocratica@gmail.com
http://www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
En facebook: Memoria Historica Democratica
En twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
4 de janeiro de 2020 19:59

___________________

Os Acordos McCloy-Zorin, 20 de Setembro de 1961, ... Por Valerian Alexandrovich Zorin e John Jay McCloy - 'Que Não Haja Mais Guerra', estabeleceu as directrizes não só para o desarmamento nuclear, mas também para o desarmamento completo e geral de todas as nações do mundo - A mantenta da escalada de guerra promovida por Donald Trump


Em 20 de Setembro de 1961, na cidade de Belgrado, os Estados Unidos e a União Soviética assinaram os Acordos McCloy-Zorin. Este acordo notável, que exige “Que Não Haja Mais Guerra”, estabeleceu as directrizes não só para o desarmamento nuclear, mas também para o desarmamento completo e geral de todas as nações do mundo. Se for encontrada vontade política para concretizá-lo, as ideias contidas nestes Acordos ainda podem ser usadas para atingir este objectivo.


DECLARAÇÃO CONJUNTA DE PRINCÍPIOS ACORDADOS PARA NEGOCIAÇÕES DE DESARMAMENTO


Os Estados Unidos e a URSS concordaram recomendar os seguintes princípios, como base para futuras negociações multilaterais sobre desarmamento e exortaram outros Estados a cooperarem na obtenção de um acordo antecipado sobre desarmamento geral e completo num mundo pacífico, de acordo com estes princípios:

DESARMAMENTO SEGURO E SOLUÇÃO PACÍFICA DOS LITÍGIOS… GUERRA, NUNCA MAIS.

O objectivo das negociações é alcançar um acordo sobre um programa que assegure:

➤ Que esse desarmamento seja geral e completo e a guerra não seja mais um instrumento para resolver problemas internacionais, e

➤ Que esse desarmamento seja acompanhado pelo estabelecimento de procedimentos transparentes para a solução pacífica de discórdias e medidas efectivas para a manutenção da paz, de acordo com os princípios da Carta das Nações Unidas.

RETENÇÃO DE FORÇAS NÃO NUCLEARES PARA GARANTIR A ORDEM NACIONAL E UMA FORÇA DE PAZ DA ONU

O programa para o desarmamento geral e completo responsabilizar-se-á para que os Estados tenham à sua disposição apenas os armamentos, forças, instalações e estabelecimentos não nucleares que forem considerados necessários para manter a ordem interna de cada Estado e para proteger a segurança pessoal dos cidadãos; e que os Estados deverão apoiar e fornecer mão-de-obra para uma força de paz das Nações Unidas.

TODAS AS FORÇAS MILITARES, BASES, DEPÓSITOS DE ARMAS E DESPESAS MILITARES SERÃO CANCELADAS

Para esse fim, o programa de desarmamento geral e completo deve conter as disposições necessárias, em relação à estrutura militar de cada nação para:

➤ O desmantelamento das forças armadas, o desmantelamento dos estabelecimentos militares, incluindo bases, a cessação da produção de armamentos, bem como a sua eliminação ou conversão para usos pacíficos;

➤ A eliminação de todos os depósitos de armas nucleares, químicas, bacteriológicas e outras armas de destruição em massa, e a cessação da produção de tais armas;

➤ A eliminação de todos os meios de transporte de armas de destruição em massa;

➤ A abolição das organizações e instituições destinadas a organizar os esforços militares dos Estados, a cessação do treino militar e o encerramento de todas as instituições de treino militar; e

➤ O cancelamento das despesas militares.

EXECUÇÃO POR ETAPAS COM DATAS ESTABELECIDAS, COM CUMPRIMENTO E VERIFICAÇÃO ACORDADAS PARA CADA FASE

O programa de desarmamento deve ser concretizado numa sequência acordada por etapas, até à sua conclusão, com cada medida e etapa executadas dentro de prazos especificados. A transição para uma etapa subsequente no processo de desarmamento, deve ocorrer após uma revisão das medidas de execução incluídas na etapa anterior e uma decisão de que todas essas medidas foram efectivadas e verificadas e que quaisquer critérios adicionais de verificação necessários para medidas no próximo estágio, quando apropriados, estejam prontos para funcionar.

EQUILÍBRIO EQUITATIVO EM CADA ESTÁGIO, SEM VANTAGENS PARA QUALQUER ESTADO E COM SEGURANÇA PARA TODOS

Todas as medidas de desarmamento geral e completo devem ser equilibradas, de modo que, em nenhuma fase da concretização do Tratado, qualquer Estado ou grupo de Estados, obtenha vantagem militar e que a segurança seja garantida igualmente para todos.

CONTROLO RIGOROSO PARA GARANTIR O CUMPRIMENTO DE TODAS AS PARTES E A CRIAÇÃO DE UMA ORGANIZAÇÃO INTERNACIONAL DE DESARMAMENTO, COM INSPECTORES QUE TENHAM ACESSO SEM RESTRIÇÕES EM TODA A PARTE, SEM QUE HAJA PROIBIÇÃO PARA VERIFICAÇÃO COMPLETA

Todas as medidas de desarmamento devem ser efectivadas, do começo ao fim, sob controlo internacional rigoroso e eficaz, a fim de fornecer uma garantia permanente de que todas as partes estão a cumprir as suas obrigações. Durante e após a realização do desarmamento geral e completo, deve ser exercido um controlo total. A natureza e a extensão de cada controlo depende dos requisitos para verificação das medidas de desarmamento que estão a ser executadas em cada etapa. Deve ser criada no âmbito das Nações Unidas, uma organização internacional de desarmamento, que inclua todas as partes do acordo, para concretizar o controlo e a inspecção do desarmamento. Esta organização internacional de desarmamento e os seus inspectores devem ter acesso ilimitado, sem qualquer proibição, a todos os locais, consoante seja necessário para fins de verificação efectiva.

O PROCESSO DE DESARMAMENTO DEVE SER ACOMPANHADO POR MEDIDAS PARA MANTER A PAZ E UMA FORÇA DE PAZ DAS NAÇÕES UNIDAS SUFICIENTEMENTE FORTE PARA DETERMINAR OU SUPRIMIR QUALQUER AMEAÇA OU USO DE ARMAS, EM VIOLAÇÃO DA CARTA DAS NAÇÕES UNIDAS

O progresso no desarmamento deve ser acompanhado por medidas para fortalecer as instituições, a fim de manter a paz e a solução de conflitos internacionais por meios pacíficos. Durante e após a efectivação do programa de desarmamento geral e completo, devem ser tomadas, de acordo com os princípios da Carta das Nações Unidas, as medidas necessárias para manter a paz e a segurança internacionais, incluindo as obrigações dos Estados de colocar à disposição das Nações Unidas, a mão-de-obra acordada, necessária para que uma força de paz internacional esteja equipada com os tipos de armamentos acordados. Os acordos para o uso dessa força devem assegurar que as Nações Unidas possam, efectivamente, impedir, suprimir e ameaçar ou usar armas, que transgridam os propósitos e princípios das Nações Unidas.

OS ESTADOS DEVEM EMPENHAR-SE NUM ACORDO MAIS ALARGADO, O MAIS CEDO POSSÍVEL, CONTINUANDO A TENTAR CONSEGUIR MAIS ACORDOS LIMITADOS QUE FACILITARÃO E FORMARÃO PARTE DO PROGRAMA GERAL DO DESARMAMENTO GERAL, COMPLETO E SEGURO, NUM MUNDO PACÍFICO

Os Estados participantes nas negociações devem procurar alcançar e concretizar o acordo, o mais amplo possível, na data mais próxima possível. Os esforços devem continuar sem interrupção até que seja alcançado um acordo sobre o programa total e devem ser empreendidos esforços para garantir um rápido acordo e a execução das medidas de desarmamento, sem prejudicar o progresso do acordo sobre o programa total e de maneira que essas medidas facilitem e façam parte desse programa.


[*Valerian Alexandrovich Zorin (russo: Валериан Александрович Зорин; 1 de Janeiro de 1902 – 14 de Janeiro de 1986) foi o diplomata soviético mais recordado por seu famoso confronto com Adlai Stevenson, em 25 de Outubro de 1962, durante a crise de mísseis cubanos.

Vida e carreira

Zorin nasceu em Novocherkassk. Depois de ingressar no Partido Comunista Soviético, em 1922, Zorin ocupou uma posição administrativa na Comissão da Cidade de Moscovo e na Comissão Central do Komsomol, até 1932. Em 1935, formou-se no Instituto Comunista de Educação (Высший коммунистический институт просвещн). De 1935 a 1941, Zorin trabalhou em várias tarefas do Partido e como professor. De 1941 a 1944, trabalhou no Comissariado do Povo para os Negócios Estrangeiros. De 1945 a 1947, Zorin exerceu o cargo de Embaixador Soviético na Checoslováquia. Em 1948, ajudou a organizar o golpe de Estado checoslovaco. De 1947 a 1955 e, novamente, de 1956 a 1965, foi Ministro Adjunto dos Negócios Estrangeiros da União Soviética. Ao mesmo tempo, ocupou outros cargos, incluindo o de representante soviético permanente no Conselho de Segurança da ONU, de 1952 a 1953. De 1955 a 1956, Zorin foi o primeiro Embaixador soviético na República Federal da Alemanha. De 1956 a 1965, representou, novamente, a União Soviética no Conselho de Segurança da ONU, que levou ao seu famoso confronto com Adlai Stevenson, em 25 de Outubro de 1962, durante a Crise dos Mísseis em Cuba.

Após o assassinato de John F. Kennedy, em 1963, Zorin divulgou uma declaração controversa sobre as possíveis causas do assassinato do Presidente, pondo de lado a crença de que Kennedy havia sido morto por um fanático esquerdista, Lee Harvey Oswald e, em vez disso, especulou que poderia ter sido um crime resultante das visões progressistas de Kennedy sobre os direitos civis e sobre a “gentalha” da América do Sul.

De 1965 a 1971, Zorin exerceu o cargo de Embaixador Soviético, em França. Em 1971, tornou-se Embaixador em missões especiais, no Ministério dos Negócios Estrangeiros da União Soviética. No 22º e 23º Congresso do PCUS, em 1961 e 1966, Zorin foi eleito para a Comissão Central do PCUS.

[**] John Jay McCloy (31 de Março de 1895 – 11 de Março de 1989) advogado, diplomata, banqueiro e consultor presidencial americano. Exerceu o cargo de Secretário Assistente da Guerra durante a Segunda Guerra Mundial, sob o comando de Henry Stimson, ajudando a lidar com questões como a  sabotagem alemã, tensões políticas na Campanha do Norte de África e opôs-se aos bombardeios atómicos de Hiroshima e Nagasaki. Após a guerra, ocupou os cargos de presidente do Banco Mundial, Alto Comissário dos EUA para a Alemanha, presidente do Chase Manhattan Bank, presidente do Conselho dos Negócios Estrangeiros, membro da Comissão Warren e destacado conselheiro de todos os presidentes dos Estados Unidos, de Franklin D. Roosevelt a Ronald Reagan.

Final da guerra com o Japão

McCloy tentou convencer o Presidente Truman de que não era aconselhável uma invasão do Japão. Em meados de 1945, o Imperador japonês começou a procurar maneiras de livrar-se da guerra, chegando a pedir à União Soviética que mediasse uma paz entre os Estados Unidos e o Japão. Através de interceptações criptografadas, McCloy sabia que o Imperador estava preparado para se render, se lhe fossem dadas garantias para preservar a monarquia japonesa. Assim sendo, aconselhou Truman a oferecer termos de rendição que oferecessem essa garantia associada à ameaça implícita de usar a bomba atómica contra o Japão. McCloy argumentou que, ao fazê-lo, permitiria aos Estados Unidos reivindicar um terreno moral elevado, no caso de um bombardeio ser necessário para impedir uma invasão do continente japonês. Enquanto viajava de barco para a Conferência de Potsdam, o Secretário de Estado, James Byrnes, convenceu Truman a ignorar o conselho de McCloy. Truman ordenou que as bombas atómicas fossem lançadas assim que estivessem prontas.

Leitura complementar:

As bombas Atómicas no Japão Foram Destinadas a Terminar a Guerra e a salvar vidas?  Por Larry Romanoff.

Tradutora: Maria Luísa de Vasconcellos

Email: luisavasconcellos2012@gmail.com

The original source of this article is nucleardarkness.org
Copyright © Valerian Alexandrovich Zorin e John Jay McCloy, nucleardarkness.org, 2020

Comment on Global Research Articles on our Facebook page

Become a Member of Global Research

Fonte: Global Research, January 07, 2020. |nucleardarkness.org
________________

Asemblea aberta do Movemento Galego polo Clima, o sábado 11 de xaneiro en Compostela


Participa na asemblea aberta do Movemento Galego polo Clima


O vindeiro sábado 11 de xaneiro terá lugar unha asemblea aberta do Movemento Galego polo Clima (MGpC) para quen queira asistir e participar nela. Até o momento xa son máis de 80 colectivos, entre este ADEGA, que asinaron o manifesto do MGpC.

O encontro será ás 16:30h na Casa do Matadoiro de Santiago de Compostela. A orde do día proposta para a asemblea do 11 de xaneiro é a seguinte:
  1. Valoración das manifestacións do 27-S, do cumio do clima e da manifestación internacional polo clima de Madrid.
  2. Metodoloxía para elaborar o manifesto 2020 do MGpC
  3. Encontro nacional do MGpC (tipo de evento, lugar, datas, ...)
  4. Organización interna do MGpC
  5. Comunicación externa do MGpC (blogue, redes sociais, ...), divulgación e educación social
  6. Novas accións do MGpC
  7. Decálogo de propostas do MGpC ás formación políticas de cara as vindeiras eleccións galegas.
  8. Suma de máis organizacións adheridas ao MGpC
Úneste a esta andaina colectiva?

ADEGA, como colectivo integrante do MGpC, anímavos a participar e achegar ideas para construírmos entre todas unha folla de ruta para este ano 2020.

Úneste a esta andaina colectiva polo planeta?

Agardámoste!!

Ligazóns

Movemento Galego polo Clima

Enviado por:
ADEGA-Ferrolterra
-adegatrasancos@adega.gal-
7 de janeiro de 2020 19:18

___________________

xoves, xaneiro 02, 2020

Nacionalismo Electrointensivo, ... Por Iolanda Teixeiro Rei - A mantenta da proposta de Estatuto da industria electrointensiva


Por Iolanda Teixeiro Rei ][*]
02.01.20120

NACIONALISMO ELECTROINTENSIVO


Entrementres os turistas e romeiros deslumbran coas xanelas de aluminio do casco monumental compostelán, nas tendas non se atopa unha tixola que non leve o prolífico metal e unha nai le abraiada do perigo desta neurotoxina presente en todo, desde as vacinas ate os dentífricos, que afecta aos nosos miolos con níveis moi altos en pacientes de Alzheimer e cancros.. entrementres Néstor Rego, o nacionalista que acaba de recuperar unha cadeira no Congreso, rexistra como primeira iniciativa a urxencia do Estatuto da industria eletrointensiva co fin de garantir o mantemento dos postos de traballo de Alcoa-San Cibrao, complexo adicado á produción de Alúmina-Aluminio e outras externalidades.

Non vou ser eu quen deixe de me solidarizar cos traballadores de Alcoa e con toda a Mariña luguesa. Faltaría máis. Pero o mesmo que non pido a continuidade de Ence en nome dos traballadores da multinacional celulósica tampouco podo pedir privilexios públicos para esta multinacional e menos aínda por ser grande consumidora de electricidade.

Que tipo de nacionalismo pode entrar no congreso con semellante proposta e apoiar a un tempo as manifestacións internacionais -nas que Galiza fai parte activa- que demandan medidas efectivas para deter o cambio climático?. Nacionalismo eleitoralista, burgués, colonizado? Que proposta de nazón espella a petición do nacionalismo galego ao governo español para favorecer ao xigante estadounidense do aluminio Alcoa por despilfarrar enerxía elétrica a custa do erario público? Foi para iso que nos desfixemos de Inespal, da industria española do aluminio? Canda menos esta era pública. Que nacionalismo solidario é aquel que acepta gasoductos para reducir os custes dunha empresa estranxeira que trae ese pó albo de terra roiba do colonialismo da Guiné Conakri? Pode o nacionalismo galego darlle as costas á chegada da bauxita polas portas abertas ao mar da piratería occidental? Bauxita procedente da costa dos escravos, terra rica en minerais, diamantes, ouro e aluminio do que seu povo fuxe en pateras cara o noso mundo expoliador e xenófobo. Pateras de bauxita para un nacionalismo miope.

Esa Guiné que, á morte de Sekou Turé, líder do anticolonialismo, voltou ser expoliada polas larvas do norde. Terra dos ghinawen, da xente queimada tamén pola epidemia do Ébola, ese virus de raigames biotecnolóxicas da europea Marburg. (A guerra bacteriolóxica  de control xeopolítico).

Electricidade a borbollóns para os lambiróns que esfregan xa as maus de luva verde en reviravolta lucrativa ecofascista?.

O nacionalismo reclama no Congreso, e en defensa da nazón galega, a electricidade a borbollóns para que unha empresa estranxeira se lucre no mercado global co aluminio das tixolas, xanelas, portas, tubaxes, fibra,  automóbiles, a metade dos utensilios de cociña, láminas papeis, envases, dentífricos... ate as lixeiras bicicletas, no canto de defender un programa de industria ecolóxica galega alternativa a este abuso. Entramentres, nas palestras  do capitalismo verde defenden o consumo responsábel e incluso permítense criticar os préstamos ás empresas da megaminería nos suplementos dominicais.

Electricidade a borbollóns, porque ser nacionalistas obríganos a incentivar das arcas públicas á multinacional de Cervo que deslocalizou xa os seus negocios de A Coruña e Avilés e segue a pedir privilexios estatais como ese Pai Larva do videoxogo que cando lle arrecadamos os seus fillos é para comelos de contado.

Será esa economía circular a noria na que a Galiza e a Guiné como larvas cativas moeremos o pó branco para aluminizar o planeta e abrillantar as xanelas dos mercados?. Entrementres os nacionalistas para non deslumbrar na noite, coas curtas sempre acesas, ano tras ano, no Coliseo dos Insensatos, a defender a un tempo o escravo e a tralla.

[*] Iolanda Teixeiro Rei, Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Sermos Galiza.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
8 de dezembro de 2019 21:03
_________________

Xa á venda nos quioscos o nº1 de 'Nós Diario' - Un xornal diario progresista, galego e en Galego


Xa podes comprar "Nós Diario", pois o Nº 1 xa está nos Quioscos.

Apoia á prensa progresista, galega e en Galego.

https://www.nosdiario.gal/

Faite asinante de Nós Diario

Tamén a través das subscricións, puntualmente na caixa de correos ou na porta da túa casa.

Nós Diario xa logrou o mínimo de 3.000 subscricións para facer viábel o proxecto dun xornal en galego que comezou a saída regular hoxe 2 de xaneiro de 2020. Mais precisamos aumentar o número de asinantes para ofrecer a mellor calidade xornalística posíbel tanto en papel como na rede.

Para facer-se asinante | Ir á Web.

---

Nova Xuntanza da Asemblea de 'Galegas 8M' de Ferrolterra, convocada para hoxe xoves 2 de xaneiro, ás 19.30hs no Ateneo Ferrolán - Preparando as mobilizacións de marzo de 2020



Galegas 8M xa traballa na convocatoria de 2020, polo de agora só está convocada unha manifestación nacional en Verín, para o 1 de marzo de 2020 e as Asembleas Abertas que terán lugar por toda Galiza.

Nova Xuntanza da Asemblea de "Galegas 8M" de Ferrolterra.


Día: Xoves 2 de xaneiro.
Hora: 19:30hs.
Lugar: Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204).

PARTICIPA !!

POR TODAS AS MULLERES, POR TODOS OS DEREITOS:
REVOLTA FEMINISTA !!

#Galegas8M
#LoitaFeminista
---

Asemblea Galegas 8M


Quen somos?

A Asemblea Galegas 8M xorde da necesidade de repensar o 8 de marzo en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal. Con estes obxectivos, e a través de convocatorias e xuntanzas abertas nas distintas cidades e vilas de todo o país, diversos colectivos feministas e mulleres individuais de toda Galiza tecemos a rede e comezamos a traballar na organización da Manifestación Nacional do Día das Mulleres, xa se fixo en Vigo en 2018 e en Lugo no 2019, agora estamos a desenvolver a de 2020 que terá lugar en Verín o 1 de marzo.

Somos Todas

Galegas 8M non somos só as mulleres que nacemos nesta terra: somos todas as que estamos vinculadas a ela dun xeito ou doutro, todas as que a sentimos como propia, todas as que vivimos, traballamos e transitamos nela, e por iso todas temos o mesmo nivel de participación e decisión.

Manifestación

Por acordo unánime da asemblea de Galegas 8M, a manifestación nacional previa ao 8M de 2020 será en Verín, o domingo 1 de marzo. A loita en Verín polo peche do paridoiro representa a loita pola dignificación dos coidados, dos dereitos sexuais e reprodutivos, dos servizos públicos; a loita contra a dispersión da poboación e o despoboamento do rural, e contra a violencia obstétrica. É unha loita pola vida.

Este ano a manifestación unitaria galega trasládase a Verín, coa intención de amosar a nosa forza e a nosa capacidade de espallar a loita feminista e de xuntar forzas para dar visibilidade á ampla rede de mulleres galegas.

Esta manifestación de loita feminista fai parte do traballo mobilizador cara a folga de coidados, laboral e de consumo, e pretende tamén darlle pulo ás convocatorias locais que terán lugar o propio día 8 nas diferentes localidades do país.


Hoxe e sempre: abaixo o patriarcado capitalista e colonial!

Que colectivos e entidades participan en Galegas 8M?

Todas estas asociacións, colectivos, plataformas e entidades feministas do país formaban parte e colaboraban nesta Asemblea Nacional Galegas 8M nas mobilizacións de 2019. Tamén hai un bo número de mulleres que participan a nivel individual e outros colectivos de carácter local que non se relacionan.
Web nacional de referencia:http://galegas8m.gal/

Correo-e nacional de referencia:

8m2018gal@gmail.com

Facebook | @Galegas8M

Twitter | @Galegas8M

Instagram | @galegas8m

---

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
@marchamundialmulleres.galiza
@MMMGaliza

Info baseada na enviada por por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
2 de janeiro de 2020 10:59
____________________

mércores, decembro 25, 2019

Resolvémosche as dúbidas sobre Nós Diario - A Quinta feira, 2 de xaneiro de 2020, sairá á rúa o primeiro número de Nós Diario, tanto en papel como en soporte dixital


Quinta feira, 2 de xaneiro, sairá á rúa o primeiro número de Nós Diario, tanto en papel como en soporte dixital
. Apenas quedan uns días. Esta quinta, 26 de decembro, non se editará o semanario Sermos Galiza por descanso do persoal. O último número no seu actual formato foi o 377, publicado a pasada semana. Agora, pasará a formar parte de Nós Diario todos os sábados, como suplemento de fin de semana.


Cando se publicará o primeiro número?


Despois da publicación do número cero, de proba, que se presentou o 30 de novembro de 2019 no Culturgal, Nós Diario sairá á rúa o 2 de xaneiro tanto no soporte en papel como no soporte dixital. A partir de entón publicarase de terzas feiras a sábados en papel e os 365 días do ano en www.nosdiario.gal.


Por que cinco días á semana en papel?


Nós Diario publicarase en papel cinco días á semana, algo habitual na imprensa europea-, de terzas feiras a sábados. Unha edición en papel cinco días á semana supón un aforro nos custos de produción que fan viábel o proxecto e garante o dereito ao descanso de fin de semana das traballadoras e traballadores. Eses dous días sen edición impresa manteremos actualizado o diario dixital.


Que acontecerá con Sermos Galiza?


O diario dixital www.sermosgaliza.gal virará en www.nosdiario.gal e permitirá o acceso a todas as informacións de Sermos Galiza publicadas desde o seu inicio. O semanario en papel Sermos Galiza, que esta semana suma 377 edicións, desaparece na súa forma actual e pasará a formar parte de Nós Diario os sábados, como suplemento de fin de semana. Presentará unha aparencia e uns contidos diferentes ao actual semanario.


A subscrición ao suplemento é independente á do diario en papel?


Non. A subscrición é a Nós Diario e o prezo inclúe o suplemento de fin de semana Sermos Galiza, co cal, se es subscritora ou subscritor de Nós Diario recibirás de terzas a sextas o diario en papel e os sábados recibirás o diario en papel e mais o seu suplemento semanal Sermos Galiza.


Canto custará Nós Diario nos quiosques?


De terzas a sextas, 1,50 euros. Os sábados, 3 euros, pois inclúe o suplemento fin de semana.


Canto aforro se me subscribo a Nós Diario?


Subscribíndote obterás un importante aforro a respecto da compra día a día. Existen varias posibilidades de subscrición.

Versión en papel con acceso ao diario dixitalizado na nube:

➤ 12 pagamentos mensuais por un importe de 27 euros ao mes.
➤ 4 pagamentos anuais por un importe de 78 euros ao trimestre (26 euros ao mes).
➤ 2 pagamentos anuais por un importe de 150 euros ao semestre (25 euros ao mes).
➤ 1 pagamento anual por un importe de 288 euros ao ano (24 euros ao mes).

Acceso ao diario dixitalizado na nube:

➤ 12 pagamentos mensuais por un importe de 20 euros ao mes.
➤ 4 pagamentos trimestrais por un importe de 57 euros ao trimestre (19 euros ao mes).
➤ 2 pagamentos semestrais por un importe de 108 euros ao semestre (18 euros ao mes).
➤ 1 pagamento anual por un importe de 204 euros ao ano (17 euros ao mes).


Que é o acceso ao diario dixitalizado na nube?


Todas as persoas subscritoras ao papel terán acceso de balde ao diario dixitalizado na nube, que vén ser unha versión en PDF -mais sen posibilidade de descarga- do diario en papel.

Ademais, é posíbel subscribirse só ao diario dixitalizado, sen papel, cuxos custos son menores debido a que non é necesario distribuílo de maneira física.


Que sustentará a viabilidade de Nós Diario?


Nós Diario non conta con ningún gran medio de comunicación detrás. De feito, Sermos Galiza S.A. é unha iniciativa colectiva conformada por máis de 900 accións. Contamos co apoio económico de máis de 3.000 persoas, a cifra mínima de asinantes que garante a estabilidade financeira do medio. Continuamos a medrar.


Aínda é posíbel subscribirse a Nós Diario ou facerse accionista de Sermos Galiza S.A.?


Si, tes toda a información sobre as distintas modalidades de subscrición na web www.nosdiario.gal. É posíbel subscribirse desde 20 euros cada mes ou, o que é o mesmo, por 60 céntimos ao día, menos do que custa un café.

Este sería o prezo da subscrición ao diario dixitalizado na nube. Tamén permanece aberto o prazo para facerte accionista da empresa. Tes toda a información dispoñíbel no teléfono 881959597.


Podo agasallar subscricións ao diario?


Nós Diario pode ser o mellor agasallo para as persoas de pensamento aberto, actual e implicadas que non ven reflectidas na prensa convencional as súas ideas de avance social e que queren un medio galego, é dicir, aquel que coloca a lingua propia como único idioma de comunicación e Galiza como miradoiro.

O Nadal mais tamén un aniversario poden ser a escusa perfecta para agasallar unha subscrición que permitirá rachar coa anormalidade que supón que da ducia de cabeceiras diarias que operan no país ningunha saia en galego nin teña Galiza como centro. Todas as modalidades de subscrición en www.nosdiario.gal.


Como se garante a súa independencia?


Sermos xornalistas implica asumirmos un compromiso coa sociedade, sen censuras, sen autocensuras, sen presións e sen clientelismos. Quen renuncia a iso, deixa de ser xornalista e pasa a ser escritora ao ditado ou relacións públicas. Nós Diario, en todos os seus soportes, quere ser unha prensa libre e incorruptíbel.

Un medio que practique xornalismo crítico e que non estea amordazado pola subvención nin pola banca. Acreditamos en que unha sociedade libre non se consegue sen prensa independente que renda contas perante a verdade, a honestidade e o interese galego.

Sustentar a nosa viabilidade económica no conxunto de persoas asinantes permitiranos editar cada día un xornal plural e practicar un xornalismo sen cancelas, un xornalismo de calidade.


Que temáticas tratará Nós Diario?


Traerá ao primeiro plano informativo as temáticas que se botan en falta na axenda mediática da Galiza. Cuestións como a cultura galega, o traballo, os feminismos, a lingua, a diáspora, os dereitos civís, a historia, a memoria, o ecoloxismo...

Todo o que interesa a un público de pensamento aberto, actual e implicado, que non ve reflectidas na prensa convencional as súas ideas de avance social. Todo en base a unha ollada construtiva cara á realidade galega para contribuír a que o pobo galego conforme a súa opinión sobre información obxectiva e contrastada.


Web
https://www.nosdiario.gal/

Facebook
https://www.facebook.com/NosDiarioGZ/

Twitter
https://twitter.com/NosDiario

Dirección
Avenida de Lugo, 2-A, Entresollado A
15702 - Santiago de Compostela


Teléfono
(+34) 881 95 95 97

E-mail
xerencia@sermosgaliza.gal
__________________

Inauguración da 'Praza 18 de decembro' en Cedeira, en memoria das persoas asesinadas no Castelo de San Felipe, de Ferrol, nesa mesma data do ano 1936


O pasado domingo 22 de Decembro, inaugurouse, en Cedeira, o panel informativo que dá o nome da PRAZA DO 18 DE DECEMBRO a antiga Praza dos Cabalos. O pasado 29 de Novembro en Sesión Plenaria do Concello de Cedeira, foi aprobada por unanimade unha Moción presentada pola Sección Local da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, propoñendo a nova denominación da Praza en memoria das persoas fusiladas en Ferrol, o 18 de decembro de 1936,  no Castelo de san Felipe.

Moción presentada en presenza de Juan Antonio Fernández Rodríguez, fillo do derradeiro Alcalde da República, Manuel Fernández Freijeiro, lérona a súa neta Teresa Fernández e Vicente Loureiro, membros  da Asociación.

A Moción, en recoñecemento aos 13 veciños de Cedeira e un de Cabanas asasinados, o 18 de Decembro de 1936, no Castelo de San Felipe, presentouse ao amparo da Lei 52/2007 que establece medidas en favor de quenes padeceron persecución e represión durante a Guerra Civil e a Ditadura.

Representan tamén a un total de 39 veciños e veciñas de Cedeira que pagaron coa súa vida, o seu compromiso democrático e a moitos e moitas máis que o fixeron con cárcere, torturas, usurpación dos seus bens, perda do seu modo de vida, e marxinación social, e que foron implacablemente castigados e castigadas con crueldade inusitada asó como a todos os membros das súas familias.

Álbúm Fotográfico do Acto. | Acceder/Baixar.

Texto completo da Moción:

A Sección Local de Cedeira da ASOCIACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA en base a Lei de Bases de Réxime Local do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poda resultar de aplicación, presenta para a súa aprobación unha MOCIÓN, coa seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O próximo 18 de decembro cumpriranse 73 anos dos asasinatos de catorce galegos, trece dos cales eran cedeireses, entre os que se atopaban  tres representantes institucionais da cidadanía no Concello de Cedeira. Cinco meses despois do golpe de estado e tras un consello de guerra farsa e ilexítimo, foron fusilados no Castelo de San Felipe:

➤ Enrique Alonso Teijeiro
Mestre

➤ Adolfo Bouzón Teijeiro
Mariñeiro

➤ Antonio Castillo Domínguez
Veterinario

➤ José Cipriano Durán Fraguela
Labrego
2º Tte. alcalde

➤ Manuel Fernández Freijeiro
Militar retirado
Alcalde

➤ Ginés Fernández Rodríguez
Estudante

➤ Miguel Fernández Santos
Funcionario de Correos

➤ Isaac Forneiro Varandela
Mestre e empregado de banca

➤ Antonio Iglesias Freire
Mariñeiro

➤ José Lago Beceiro
Labrego
Concelleiro

➤ Enrique Martínez Teijeiro
Condutor de autobús

➤ Rufino Redondo Senra
Mestre

➤ Francisco Rodríguez N
Barbeiro e Músico

➤ Antonio Ameneiro Brage
Veciño de Cabanas

Súmanse estes veciños aos que xa, desde os primeiros momentos da entrada en Cedeira das hordas sublevadas foron, en palabras de Isaac Diaz Pardo, “inmolados” sen delito, sen xustiza, impunemente, nunha estratexia de eliminación física e social de cantos, dunha maneira ou doutra, apostaban por una sociedade de iguais, libre, próspera, moderna e culta.

Trinta e nove veciños e veciñas de Cedeira pagaron coa vida o seu compromiso democrático, aparte de moitos e moitas máis que o fixeron con cárcere, usurpación dos seus bens, perda do seu modo de vida e, en definitiva marxinación social. Foron implacablemente castigados e castigadas con crueldade inusitada todos os membros da familia, sendo privados, non só dos seus seres queridos, senón das súas propiedades e medios de vida.

Todas e cada unha destas persoas deben ter o seu especial recoñecemento e dignificación e desexamos que así sexa en futuras iniciativas, pero nesta ocasión, ante a magnitude da traxedia concentrada nun só día, nun só instante e por estar preto o seu moi triste cabodano cremos que esta pode ser a primeira das suxestións que ao respecto da recuperación da memoria histórica de Cedeira lle facemos a toda a Corporación Municipal.

Ancoramos a presente moción na Lei 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e establécense medidas a favor de quenes padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura.

Esta lei no seu artigo primeiro expresa que:

“…atende ao manifestado pola Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados que o 20 de novembro de 2002 aprobou por unanimidade unha Proposición non de Lei na que o órgano de representación da cidadanía reiteraba que «ninguén pode sentirse lexitimado, como ocorreu no pasado, para utilizar a violencia coa finalidade de impor as súas conviccións políticas e establecer réximes totalitarios contrarios á liberdade e dignidade de todos os cidadáns, o que merece a condena e repulsa da nosa sociedade democrática». A presente Lei asume esta Declaración así como a condena do franquismo contida no Informe da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa asinado en París o 17 de marzo de 2006… “

É hora, así, de que a democracia española e as xeracións vivas que hoxe gozan dela honren e recuperen para sempre a todos os que directamente padeceron as inxustizas e agravios producidos, por uns ou outros motivos políticos ou ideolóxicos ou de crenzas relixiosas, en aqueles dolorosos períodos da nosa historia. Desde logo, a quen perderon a vida. Con eles, ás súas familias.

Faise unha proclamación xeral do carácter inxusto de todas as condenas, sancións e expresións de violencia persoal producidas, por motivos inequivocamente políticos ou ideolóxicos, durante a Guerra Civil…

No artigo 3 da Lei declárase a ilexitimidade dos tribunais, xurados ou órganos de calquera natureza administrativa creados con vulneración das máis elementais garantías do dereito a un proceso xusto, así como a ilexitimidade das sancións e condenas de carácter persoal impostas por motivos políticos, ideolóxicos ou de crenzas relixiosas. Sublíñase, así, de forma inequívoca, a carencia actual de vixencia xurídica daquelas disposicións e resolucións contrarias aos dereitos humanos e contribúese á rehabilitación moral de quen sufriron tan inxustas sancións e condenas.

Artigo 2. Recoñecemento xeral.

1. Como expresión do dereito de todos os cidadáns á reparación moral e á recuperación da súa memoria persoal e familiar, recoñécese e declara o carácter radicalmente inxusto de todas as condenas, sancións e calquera forma de violencia persoal producidas por razóns políticas, ideolóxicas ou de crenza relixiosa, durante a Guerra Civil…

Artículo 3. Declaración de ilexitimidade.

1.Declárase a ilexitimidade dos tribunais, xurados e calquera outro órgano penal ou administrativos que, durante a Guerra Civil, se tiveran constituído para impor, por motivos políticos, ideolóxicos ou de crenza relixiosa, condenas ou sancións de carácter persoal, así como a das súas resolucións.

2. Por ser contrarios a Dereito e vulnerar as máis elementais esixencias do dereito a un xuizo xusto, declárase en todo caso a ilexitimidade do Tribunal de Represión da Masonería e o Comunismo, o Tribunal de Orden Público, así como os Tribunais de Responsabilidades Políticas e Consellos de Guerra constituídos por motivos políticos, ideolóxicos ou de crenza relixiosa de acordo co disposto no artigo 2 da presente Lei.

3. Igualmente, decláranse ilexítimas, por vicios de forma e fondo, as condenas e sancións ditadas por motivos políticos, ideolóxicos ou de crenza por calquera tribunal ou órganos penal ou administrativo durante a Ditadura contra quenes defenderon a legalidade institucional anterior, pretenderon o restablecimento dun réxime democrático en España ou intentaron vivir conforme a opcións amparadas por dereitos e liberdades hoxe recoñecidos pola Constitución.

Artículo 4. Declaración de reparación e recoñecemento persoal.

1. Recoñece o dereito a obter unha Declaración de reparación e recoñecemento persoal a quenes durante a Guerra Civil e a Ditadura padeceron os efectos das resolucións a que se refiren os artigos anteriores.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN

1. Rexeitar TODOS os casos que en Cedeira se deron de represión, en calquera das súas manifestacións, acoso ou menosprecio por motivos da súa calidade como representantes da cidadanía, por motivos ideolóxicos, políticos ou relixiosos, ou aqueloutros que tiveran que ver co dereito á libre maneira de vivir e de expresarse a todas as víctimas do golpe de estado do 1936 e posterior ditadura Franquista.

2. Pola proximidade da data, sen perxuizo de futuras propostas, solicitámoslles teñan a ben adicar un espazo público de importancia urbanística e de elevada concurrencia en memoria e recordo de todos os asasinados o dezaoito de decembro de 1936 no Castelo de San Felipe, non só polo significado especial dos que coma vós foron concelleiros de Cedeira, que tamén, senón por todos os que aquel aciago día, en virtude dunha inxusta sentenza dun Consello de Guerra ilexítimo, pagaron coa vida o seren homes de ben.

3. Propoñémoslles  a coñecida como Praza dos Cabalos para que a nomeen e rotulen como “PRAZA 18 DE DECEMBRO”.

4. Colocar un panel explicativo e reivindicativo das persoas e valores de todos os asasinados co seguinte texto:
Enrique Alonso Teijeiro (Mestre), Adolfo Bouzón Teijeiro (Mariñeiro), Antonio Castillo Domínguez (Veterinario), José Cipriano Durán Fraguela (Labrego e 2º Tte. alcalde), Manuel Fernández Freijeiro (Militar retirado e Alcalde), Ginés Fernández Rodríguez (Estudante),Miguel Fernández Santos (Funcionario de Correos), Isaac Forneiro Varandela (Mestre e empregado de banca), Antonio Iglesias Freire (Mariñeiro), José Lago Beceiro (Labrego e Concelleiro), Enrique Martínez Teijeiro (Condutor de autobús), Rufino Redondo Senra (Mestre) e Francisco Rodríguez N (Barbeiro e Músico), todos veciños do concello de Cedeira:

Os militares rebeldes, que se levantaron en armas contra a España democrática en xullo de 1936, condénanvos a morte e execútanvos no Castelo de San Felipe por “rebelión militar”.

Xunta vós, tamén sería asasinado Antonio Ameneiro Brage, veciño de Cabanas.
A ignominia da sentenza, coa que intentan xustificar o criminal fusilamento de xente de paz, viría acrecentar, se iso fose posible, o horror do delirante fanatismo dos golpistas.

Sobre os vosos nomes, sobre a vosa memoria... sobre as vosas almas, quixeron estender unha negra sombra de sospeita que fixese tremer de incerteza á xente de ben, que arrepíase de pavor ás vosas amizades, que afogase no silencio o longo pranto das vosas familias.

Pensaban, de certo, que nese cruento exterminio extinguían para sempre a luz transformadora da esperanza, a humanista ilusión nun mundo novo e o soño solidario dun país que creu na cultura, no progreso e na liberdade; soño que vós representábades.

Porén, non foi así. Non o conseguiron. A cruenta e dolorosa Verdade, alporizada nos estalidos trepidantes dos disparos da mortífera descarga, ficou para sempre suspendida no baleiro. Latexando nos nosos corazóns, paseniño coma a lene e límpida brisa mareira que acariña o abrente, a Verdade agardou o día no que puidésemos pechar a terrible ferida que nos aflixe para que, desa maneira, se converta ao fin en pasado e que as persoas represaliadas poidades ficar, xa que logo, no memento, na acordanza colectiva, entre o recendo das flores.

A todas aquelas persoas que polas súas conviccións democráticas foron perseguidas,detidas, encarceradas, torturadas ...asasinadas. Xente que, polas súas arelas de progreso, liberdade e xustiza social, sería aínda inxuriada e deostada; aldraxada e asoballada a súa memoria e, finalmente, silenciada.
Porén, a queixume anguriosa dos seus ficou para sempre suspendida no baleiro e moitas décadas despois segue latexando nos nosos corazóns, que ansían fechar a terrible ferida que os aflixe para, desa maneira, convertela ao fin en pasado e que as almas represaliadas poidan ficar, xa que logo, no memento, na acordanza colectiva, entre o recendo das flores
”.

--
ASOCIACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA
http://www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
En facebook: Memoria Historica Democratica
En twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
22 de dezembro de 2019 19:49

___________

Convocada Xuntanza da Asemblea de 'Galegas 8M' de Ferrolterra, este xoves 26 de decembro, ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán - Preparando as mobilizacións de marzo de 2020

Galegas 8M xa traballa na convocatoria de 2020, polo de agora só está convocada unha manifestación nacional en Verín, para o 1 de marzo de 2020 e as Asembleas Abertas que terán lugar por toda Galiza.

Convocada Xuntanza da Asemblea de "Galegas 8M" de Ferrolterra.


Día: Xoves 26 de decembro.
Hora: 7 da Tarde.
Lugar: Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204).

PARTICIPA !!

POR TODAS AS MULLERES, POR TODOS OS DEREITOS:
REVOLTA FEMINISTA !!

#Galegas8M
#LoitaFeminista
---

Asemblea Galegas 8M


Quen somos?

A Asemblea Galegas 8M xorde da necesidade de repensar o 8 de marzo en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal. Con estes obxectivos, e a través de convocatorias e xuntanzas abertas nas distintas cidades e vilas de todo o país, diversos colectivos feministas e mulleres individuais de toda Galiza tecemos a rede e comezamos a traballar na organización da Manifestación Nacional do Día das Mulleres, xa se fixo en Vigo en 2018 e en Lugo no 2019, agora estamos a desenvolver a de 2020 que terá lugar en Verín o 1 de marzo.

Somos Todas

Galegas 8M non somos só as mulleres que nacemos nesta terra: somos todas as que estamos vinculadas a ela dun xeito ou doutro, todas as que a sentimos como propia, todas as que vivimos, traballamos e transitamos nela, e por iso todas temos o mesmo nivel de participación e decisión.

Manifestación

Por acordo unánime da asemblea de Galegas 8M, a manifestación nacional previa ao 8M de 2020 será en Verín, o domingo 1 de marzo. A loita en Verín polo peche do paridoiro representa a loita pola dignificación dos coidados, dos dereitos sexuais e reprodutivos, dos servizos públicos; a loita contra a dispersión da poboación e o despoboamento do rural, e contra a violencia obstétrica. É unha loita pola vida.

Este ano a manifestación unitaria galega trasládase a Verín, coa intención de amosar a nosa forza e a nosa capacidade de espallar a loita feminista e de xuntar forzas para dar visibilidade á ampla rede de mulleres galegas.

Esta manifestación de loita feminista fai parte do traballo mobilizador cara ás convocatorias locais que terán lugar o propio día 8 nas diferentes localidades do país.


Hoxe e sempre: abaixo o patriarcado capitalista e colonial!

Que colectivos e entidades participan en Galegas 8M?

Todas estas asociacións, colectivos, plataformas e entidades feministas do país formaban parte e colaboraban nesta Asemblea Nacional Galegas 8M nas mobilizacións de 2019. Tamén hai un bo número de mulleres que participan a nivel individual e outros colectivos de carácter local que non se relacionan.

Web nacional de referencia:http://galegas8m.gal/

Correo-e nacional de referencia:

8m2018gal@gmail.com

Facebook | @Galegas8M

Twitter | @Galegas8M

Instagram | @galegas8m

---

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
@marchamundialmulleres.galiza
@MMMGaliza

Info baseada na enviada por por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
23 de dezembro de 2019 17:10
____________________