martes, abril 21, 2020

Dereitos democráticos e liberdades, en risco, ... Por Néstor Rego


Por Néstor Rego [*]
21.04.2020


A crise sanitaria, social e económica provocada polo coronarivus ocúpao todo, das preocupacións da xente até o foco informativo case en exclusiva. Tanto que pode ocultar preocupantes actuacións que colocan en risco, cando non conculcan directamente, dereitos democráticos e liberdades públicas. Algunhas desas actuacións xorden precisamente ao amparo do Estado de alarma decretado no pasado 14 de marzo.

É verdade que a calidade democrática do Estado español xa ten ficado moitas veces en entredito. Non é cuestión aquí de repasar todas as vulneracións de dereitos como consecuencia de decisións políticas e xudiciais. Partamos de que continúa en vigor -e en aplicación- a Lei de Seguranza Cidadá (Lei da mordaza), aínda non derrogada polo goberno, apesar dos case dous anos que transcorreron desde a moción de censura e de que era un compromiso tanto do PSOE como de Podemos.

Aliás, para alén de non derrogar a Lei da mordaza do Partido Popular, o goberno do PSOE aprobou en outubro de 2019 o “Decreto da mordaza dixital”, validado cos votos a favor do PP e Cs e a abstención de Unidas Podemos. O decreto -que se vendeu como unha acción contra a ‘República dixital catalá’– na realidade permite a limitación da liberdade de expresión en internet, mesmo sen control ou autorización xudicial. Constitúe, por tanto, unha grave ameaza a un dereito democrático fundamental e é impropio dun sistema que se diga democrático.

Coa declaración do Estado de alarma aceptamos, polo interesse común, a restrición temporal de algúns dereitos, como o de movemento. Mais, ao amparo desta situación están a se producir situacións que non condicen cun Estado verdadeiramente democrático. E a escenificación militarizada, con uniformados protagonizando todos os días as conferencias de imprensa sobre unha crise sanitaria ou a desfilar polas rúas -máis propia dun Estado de excepción que dun Estado de alarma-, é apenas a face visíbel, mais non nos escapa que ten unha intencionalidade política evidente.

Estamos a ver que son numerosos os vídeos que circulan nas redes de brutalidade e abusos policiais nun contexto en que a cidadanía ve limitada a súa capacidade de se defender, de denunciar ou de protestar. E, que saibamos, non houbo ningunha reacción, moito menos investigación por parte do Ministerio de Interior, o que sen dúbida, incentiva este tipo de comportamentos por parte de policiais que se senten impunes.

E con razón. A instrución que o próprio Ministerio do Interior envía ás Delegacións do Goberno, para as trasladar aos corpos policiais sobre como actuar para facer cumprir o Estado de alarma é escandalosa.

Primeiro porque, a pesar de que o Real Decreto 463/2020, en relación cos incumprimentos do nel previsto remite xenericamente ás leis, a instrución sinala directamente á amplicación da Lei 4/2015 (Lei da mordaza) á hora de sancionar, en especial ao artigo 36.6 que considera infraccións graves, sancionábeis con multa de 601 a 30.000 euros, “a desobediencia ou a resistencia á autoridade ou aos seus axentes no exercicio das súas funcións”.

Aliás, isto é completado cunha “descrición” sobre a “actitude do denunciado” que considera “actitude inapropiada do infractor” todo o que non sexa “aceptación resignada da denuncia, que resultaría nunha sanción mínima (por “menosprezo, xactancia ou mala educación) de 2.000 euros, mais que podería chegar até os 10.400 euros.

En todo o caso, segundo xuristas, a instrución non se axusta a dereito e a propia Avogacía Xeral do Estado indica nun informe que para o incumprimento do estado de alarma non é aplicábel o artigo 36.6 da Lei da Mordaza salvo que se “desatenda o requirimento da autoridade”. Un informe que Interior parece desouvir.

Mais as actuacións que poden pór en risco dereitos continúan. A Orde SND/297/2020, de 27 de marzo, habilita para disponibilizar unha “solución tecnolóxica” que permita a xeolocalización do usuario “para os únicos efectos de verificar que se encontra na comunidade autónoma en que declara estar” e tamén estabelece “a análise da mobilidade das persoas” nos días previos e durante o confinamento, a partir do “cruzamento de datos dos operadores móbiles, de maneira agregada e anonimizada”. Son solucións que se revisten de lóxica na loita contra unha pandemia, mais que representan un enorme risco de cara ao futuro.

Risco que avaliamos máis próximo se tomarmos en conta as declaracións do próprio ministro do Interior na conferencia de imprensa de 15 de abril en que informou de que funcionarios de Interior están rastreando as redes sociais “co fin de comprobar algúns discursos que poidan ser perigosos ou delitivos”. É dicir, admite que procuran opinións que, sen seren delitivas, achan -a xuízo de quen?- perigosas.

Fontes do Ministerio confirmaron que era así porque “hai elementos que vemos a diario e que, sen revestiren carácter delitivo, tratan de intoxicar, causar desasosego e de manipular a opinión pública”. En que estado democrático é a policía a que ten a potestade para determinar o que é unha opinión perigosa? Perigosas son este tipo de actuacións que, aliás, son recoñecidas publicamente con total normalidade.

Mais isto non parece resultado dun repente do Ministro do Interior. A pregunta que o CIS deslizou no seu último inquérito sobre se as informacións sobre o coronavirus só poderían proceder de fontes oficiais vai nesa mesma dirección e ambas atentan directamente contra a liberdade de expresión.

Como dicía, semella que a loita contra a epidemia tapa todo, mais non pode xustificar todo. Que razón haberá entón para que en calquera outro asunto que o goberno considere de “especial interese público” non se tente limitar a información a “fontes oficiais”. E, mais unha vez, en que Estado democrático só pode ser divulgada a información que facilita o goberno?

E aínda temos máis. Neste momento está en tramitación parlamentaria un proxecto de lei orgánica (ao que xa o BNG ten presentado emenda à totalidade, de devolución) que pretende facultar as autoridades para coñecer e cruzar os datos particulares das persoas que pretendar utilizar un avión. Máis unha vez, o argumento da seguranza para vulnerar dereitos básicos das persoas.

A limitación aos dereitos democráticos e ás liberdades públicas xa está aquí e os riscos de vulneración grave no futuro son evidentes: Lei da Mordaza, Decreto da mordaza dixital, abusos policiais, instrucións aos corpos de policía que exceden mesmo as previsións legais, militarización dunha emerxencia sanitaria, control dos datos de localización através da telefonía móbil, varrido nas redes de opinións “perigosas”, globo sonda do CIS para a limitación da liberdade de información, lei para control da pasaxe dos avións…

Non teño dúbida de que se estas medidas todas as estivese a executar o Partido Popular, habería un forte movemento de rexeitamento. Mais se un goberno que se denomina “progresista” conformado por partidos que se definen de esquerda, fai políticas de dereita e implementa medidas que coartan dereitos e liberdades públicas, é exactamente igual de perigoso e merece exactamente o mesmo rexeitamento.

Fonte: Dias a fio. | 19 de abril de 2020

[*] Néstor Rego Candamil, nado no Vicedo o 2 de abril de 1962, é un profesor e político galego do Bloque Nacionalista Galego, actual secretario xeral da Unión do Povo Galego. Nas eleccións xerais do 10 de novembro de 2019 foi elixido deputado do Congreso pola circunscrición d'A Coruña. | Galipedia. | @NestorRego | Nestor Rego no Congreso dos Diputad@s. |
nestorrego@congreso.es
. |

Enviado por:
Inacio Caranza
-inaciogz@gmail.com-
20 de abril de 2020 23:45

_______

Nin Risga, nin Ingreso Mínimo Vital: Renda Básica Xa ! - Organizacións sociais galegas demandan unha renda básica universal como dereito


Campaña: Nin RISGA, nin Ingreso Mínimo Vital !
RENDA BÁSICA XA!


Confinadas e empobrecidas estamos por mor dun virus. A moitas galegas esta crise pillounas núas, orfas de protección. Por iso o futuro albíscase complicado, en forma de despedimentos, ERTEs, precariedade, despexos, mortes...

Hai uns meses colectivos e asociacións do país reclamabamos facer da “RISGA UN VERDADEIRO DEREITO” para nos protexer da pegada do empobrecemento. Agora, á vista da continuidade das ineficaces e miserentas políticas sociais e da crise provocada polo coronavirus, esiximos RENDA BÁSICA, XA!
Malia os anuncios de medidas por parte do goberno central, polo momento non hai INGRESO MÍNIMO VITAL e descoñecemos o detalle da súa cobertura. Mais do que imos sabendo semella que vai beber das mesmas fontes que as políticas de rendas mínimas.

Cómpre implantar unha RENDA BÁSICA e desbotar medidas como a RISGA que cunhas contías miserentas, cun taxa de cobertura da poboación empobrecida ínfima e cun nivel altísimo de burocracia, que se traduce en obstáculos e atrasos, non serve para cubrir necesidades básicas. A RISGA non serve para erradicar a pobreza, nin antes da crise do COVID19, nin moito menos cara o futuro que entrevemos. Mais ben ofrece xestionar a miseria, ao igual que as medidas que propoñen.

Esiximos superar as políticas sociais vixentes e apostar dunha vez por dereitos fortes que estean dotados do persoal e dos recursos necesarios. Hai uns meses Philip Alston, relator sobre extrema pobreza e dereitos humanos da ONU, visitou o Estado Español e denunciou o pantano burocrático para acceder a unha prestación.Por isto urxen medidas transformadoras como a Renda Básica que permita unhas mínimas condicións materiais para garantir unha vida digna, desde as cales conquistar colectivamente outros dereitos.

A vida digna como dereito non se negocia nin pode agardar!

Galiza, abril 2020

Asinan: Foro Galego de Inmigración, Oficina Dereitos Sociais de Coia, Colectivos pola Renda Básica Universal de Compostela, Betanzos e A Coruña, Boa Vida, SOS Racismo Galicia, ONGD Viraventos, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, Coordinación Baladre contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión social, Coordinadora de Crentes Galeg@s, Asociación Fuco Buxán, Vangarda Obreira da Coruña.

Email: foroinmigracionsantiago@yahoo.es

A RISGA non serve por:

1) contía miserenta: importe medio de 439 € en 2019.

2) camiño de obstáculos burocráticos: 4 meses de media para tramitala, nas grandes vilas, como Vigo, as esperas poden chegar aos 9 meses.

3) escasa cobertura: algo máis de 10.000 persoas cobran a RISGA en 2020, fronte as 470.000 que se atopan en situación de exclusión social, das cales 226.946 persoas malviven en situación de exclusión severa segundo Cáritas.

4) prestación por unidade de convivencia: que implica unha morea de atrancos se compartes vivenda con persoas que teñen ingresos ou con familiares que reciben axudas.

Fronte a isto esiximos un novo dereito, a RENDA BÁSICA:


1) suficiente: cunha contía que permita vivir cuns mínimos de dignidade, nunca por baixo do limiar da pobreza.

2) universal: dereito a unha renda individual para todas as persoas.

3) incondicional: sen contraprestacións e ao marxe das circunstancias de cada quen.

4) a renda básica permitiríanos ter unhas mínimas condicións materiais para a conquista colectiva de máis dereitos.

--
OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia). | odscoia.arkipelagos.net | odscoia@riseup.net |@odscoia | tel: 696 618 732 - 679 758 663. | Estamos os luns de 10h00 a 12h00 en Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo)


Enviado por:
Oficina Dereitos Sociais - Coia
-dereitossociais@gmail.com-
21 de abril de 2020 10:00

______

Coronavirus: A porta pechada, ... Por Iolanda Teixeiro Rei - Non é a chave quen nos mantén pechados senón o mordomo que marchou e ao que esquecimos mentres nos pelexamos ollando a pechadura


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
21.04.2020


CORONAVIRUS: A PORTA PECHADA

Fumos conducidos a un cuarto por un mordomo que nos deixou alí pechados baixo chave. Un cuarto dun enorme hotel no inferno. Un cuarto sen espello nin fiestras cunha única porta e con a penas tres sillóns, unha estatua de bronce e un abrecartas. O mordomo marchou e aquí ficamos nós, a porta pechada. Esperando. Esperando ser torturados, mais non aparece ningún torturador xa que os torturadores somos nós. Todo o que hai na habitación é inútil. Fai parte dun absurdo. Nin a estatua de bronce da lámpada permite apagar a luz nin o abrecartas ten utilidade sen papel. Estamos así obrigados a mirar e ser mirados nun nudismo forzado.

Ao nos confinar, o mordomo converteunos nos nosos proprios verdugos. Nunha dependencia demoníaca. So no ínfimo intre do palpabrexo é que nos podemos sustraer á ollada allea. E aínda entón están os xeolocalizadores para nos axexar.

Un home e dúas mulleres, Garcin, Inés e Estelle obrigados a convivir. Sumetidos á ollada da Gorgona que petrifica.

Este é o argumento da obra de teatro do existencialista Sartre, escrita e estreada antes do remate da Segunda Guerra Mundial.

A primeira vez que eu lin a rotunda frase do protagonista, Garcin, alter ego de Sartre: O inferno son os Outros, aqueloutroume. Principalmente porque vin por vez primeira enunciada a miña propria experiencia ou intuición. De nena eu coidava que o mundo era un lugar perigoso, que se podía vivir só dentro dunha limia que non ía moito máis aló da rúa do Hospital onde vivían meus avós maternos e Pazos onde ficava a familia paterna. Os nenos teñen un pensamento mítico. A realidade divídese en dúas, unha coñecida, segura e outra selvaxe, misteriosa e arriscada onde tes que estar sempre en estado de alerta. A dicotomía civilizado-selvaxe coa que tamén xoga a literatura.

O mundo globalizado e a interrede crebaron esas limias e hoxe o estado de alerta é permanente. Os nenos teñen máis pesadelos ca nunca e os adultos sofremos de insomnio ou sopor. Esborrelan as contornas e custa barro e fariña disterar se é que estamos dentro ou fóra e de que. Máis isolados ca nunca, latexando entre a continxencia e a necesidade, entre o real e o dixital, o sono e a vixilia, o inferno habítanos. Levamos o demo da alteridade interiorizado, sobrexpostos á ollada obrigada nas redes sociais sen as que o isolamento sería aínda máis terrorífico.

Máis dun mes confinados, acuartelados. Imaxinando só o que pasa fóra. Moitos temos fiestras, non todos, desde as que mirar por vez primeira a ese outro que se mira nas luces nouturnas das pantallas o mesmo ca nós. Un outro ao que non nos podemos achegar, nin ollar de fite, co que non podemos falar se non é na distancia das redes onde voluntariamente nos sometemos a ser xulgados , a procurar o veredicto que nos salve ou nos destrúa. Prefiririamos estar nesa habitación sartriana, con conflictos cara a cara? Cantas familias, compañeiros forzosos ou non de vivenda estarán nese cuarto a porta pechada?. Con habitacións sen xanelas co mesmo abrecartas absurdo sen papel na vida?. Cun abrecartas inútil no tempo dos emailes. Cantas velliñas temerán sair á horta após a apocalipse do noticieiro a buscar os repolos?.

Agora temos todo o tempo do mundo, os confinados, a desvelar a identidade dese mordomo que nos pechou coa chave da covid 19. Son os mordomos do universo todo. Senhores à força, mandandores sem lei. Enchem as tulhas, bebem vinho novo. Dançam a dança no pinhal do Rei. Os mordomos-vampiros do Zeca que xa están acó, que nunca tiveron marchado.

Sartre nos di en A porta pechada que non é posibel o illamento. Que ninguén pode salvarse só. Que gañamos ou perdemos todos. Transitar da cortesía ao silenzo, do silenzo a axuda e da axuda mutua ao vincallo. Non temos outra que defrontarmonos no Outro, sempre no cerne do conflicto. Abocados á nos construir na Alteridade. A impotencia do individuo pode levar do individualismo mercantil a unha procura colectiva, un volver sobre nós como colectividade. Confrontar o meu sen medo ao teu. Todos deveriamos agardar que se espere algo de nós. O outro como espello onde nos mirar. Non deveriamos ter espellos na casa.


A porta pechada, neste eterno presente sartriano, non todo está previsto. Desbotemos a ollada que nos xulga. Apontemos a ollada no verdadeiro conflicto. A situación alarmante non é consecuencia da chave ou virus. Non é a chave quen nos mantén pechados senón o mordomo que marchou e ao que esquecimos mentres nos pelexamos ollando a pechadura.

Procuremos o discernimento. Pescudemos no acontecemento que nos limita. Rachemos coas aparencias do mundo, cos xuízo externos, cos roles sociais que nos vazían da nosa potencialidade ao servizo do común. É tempo de parar e rachar co inferno das aparencias, coas máscaras impostas. Estamos núos até os ósos. A Ocasión a pintan calva porque non poderemos xa asir a esa fugaz deusa romana cando pasar. Batamos coa porta e saiamos a un mundo distinto, máis noso. Localizado. Deixemos de fuxir.

Pois ben, continuemos.

[*] Iolanda Teixeiro Rei, Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
20 de abril de 2020 23:14
______________

Foto: Porta aberta de unsplash-logoJan Tinneberg
_______

luns, abril 20, 2020

O Comité Cidadán de Emerexencia crítica a designación do Director Xeral de Reganosa, Emilio Bruquetas Serantes, como membro dunha 'Comisión de Expertos' para asesorar sobre a recuperación económica e minimizar o impacto da crise do Covid-19


Ante o anuncio de que o Goberno Galego conformou unha “Comisión de Expertos” para asesorar sobre a recuperación económica e minimizar o impacto da crise do Covid-19, e de nomear ao Sr. Emilio Bruquetas Serantes Director Xeral de Reganosa para formar parte de dita Comisión, o Comité Cidadán de Emerxencia para la Ría de Ferrol ante este nomeamento desexa facer públicas as seguintes consideracións:

1º Reganosa é unha empresa ilegal que carece de autorización para o seu funcionamento despois de que o Tribunal Supremo ditara 5 sentencias en contra. Reganosa é unha empresa produto da corrupción política-financeira, supón unha ameaza ao conxunto da poboación que vive na contorna da ría de Ferrol.

2º É lamentable o oportunismo do Presidente Feijóo, que non dubida de utilizar a traxedia que supón a pandemia do Covid-19 e os danos resultantes para as persoas e a actividade económica, para tentar branquear e lexitimar a Reganosa, unha empresa condenada pola Xustiza por cinco sentenzas do Tribunal Supremo, debido aos incumprimentos de Leis tan importantes como son as relacionadas co medio ambiente e a seguridade cidadá, entre outras. Rechazamos polo tanto, a presenza de Reganosa nesta comisión, pois non ten a lexitimidade legal nin social por estar xudicializada e porque intuímos que o interese de Reganosa, é o poder estar na mesa da toma de decisións para o reparto dos orzamentos que tanto o goberno central como a Unión Europea, están dispoñendo para a recuperación da economía das zonas afectadas pola pandemia.

3º Reganosa, ademais do perigo que supón para a poboación da Ría de Ferrol, ten unha actividade específica de regasificación de gas natural licuado (GNL), un combustible fósil que emite gases de efecto invernadoiro, como son o CO₂ e o metano, polo tanto tampouco pode formar parte da planificación dun futuro enerxético sostible dado que ao ser un combustible fósil non pode descarbonizarse.

4º Un dos incumprimentos de Reganosa refírese á Lei Seveso. Esta Lei é derivada dun accidente grave dunha planta petroquímica na rexión de Lombardía. Este accidente, xunto ao acontecido no Cámping de Les Alfaques de Tarragona, que ocasionaron a morte de centenares de persoas, sabemos agora que fundamentaron a inclusión na redacción da Constitución do “Estado de alarma”, que está evitando nestes momentos que a pandemia se cobre máis vidas, polo que é contraditorio que, precisamente nun estado de alarma, se confíe en quen non ten problema en vulnerar a Lei Seveso.

5º Reganosa ao non ser unha empresa xeradora de postos de traballo e con unha actividade con data de peche non pode encaixar nun plan de recuperación económica sinon todo o contrario xa que é unha empresa que lle costa aos contribuintes deceas de millons de euros ao ano por ser ineficiente e innecesaria, ademáis de ilegal, e que o único ben que lle pode facer a este ría e deixar de operar para a seguridade da xente, a xeración marisqueira da ría e aforros de millóns de euros das arcas públicas.

6º Reganosa, ademais do perigo que supón para a poboación da Ría de Ferrol, ten unha actividade específica de regasificación de gas natural licuado (GNL), un combustible fósil que emite gases de efecto invernadoiro, como son o CO₂ e o metano, polo tanto tampouco pode formar parte da planificación dun futuro enerxético sostible.

7º O peche de Reganosa por ser unha empresa ilegal, innecesaria e ineficiente, que vive das subvencións do sector, ao percibir cada ano do erario público decenas de millóns de euros (ten asegurado o 100 % da inversión inicial máis un plus para intereses financeiros), significaría unha posibilidade de recuperación para a nosa comarca, con novos proxectos que crearan máis emprego e trouxeran seguridade. A existencia de Reganosa non impediu ao longo destes anos, que a nosa comarca afondara nunha profunda crise que se vai sumar aos efectos da pandemia.  E por outro lado, resulta ofensivo que Reganosa, desde a súa situación de privilexio, sexa a responsable de organizar o rescate de outras empresas, que nunca vulneraron a lei, non están acusadas de facer parte dunha trama de corrupción e non teñen 5 sentenzas do Tribunal Supremo indicando a súa ilegalidade.

8º Se unha emerxencia como esta provocada polo Covid-19, deixou ao descuberto a debilidade do sistema sanitario para facerlle fronte en canto a escaseza de medios, un accidente en Reganosa tendo en conta o potencial de letalidade que supón os ducias de miles de m³ almacenados, equivalentes a 12 millóns de bombonas de butano; a proximidade dun complexo petroquímico, Forestal do Atlántico, e un estaleiro militar, xunto á concentración de aproximadamente 100.000 persoas que habitan a contorna da Ría, a emerxencia sanitaria diante dun accidente e un case inevitable efecto dominó, sería inabordable.

#ReganosaIlegalPerigosa
#Coronavirus
#Covid19

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
Comité Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
20 de abril de 2020 11:31

_______

CCOO Industria de Ferrol tacha de vergoñento e irresponsábel tanto o comunicado feito no día de onte pola Asociación de Empresarios do Naval, como a posición respecto a esta situación dende o comezo


COMUNICADO RESPOSTA AO DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DO NAVAL


CCOO Industria de Ferrol tachamos de vergoñento e irresponsábel tanto o comunicado feito no día de onte pola Asociación de Empresarios do Naval, como a posición respecto a esta situación dende o comezo.

CCOO Industria de Ferrol solicitamos a esta Asociación nos primeiros días desta crise que tiveran posición unitaria respecto a esta crise e que participaríamos no debate da posición para que servise de criterio e evitase o descontrol para aproveitarse d@s traballadores/as nesta situación, e non quixeron.

CCOO Industria de Ferrol como sindicato maioritario no Comité de Empresa de Navantia e con representación en moitas das empresas auxiliares vemos como con este comunicado se demostra que esta asociación só actúa como tal baixo intereses propios e individuais d@s empresari@s, pois dende o comezo desta crise sanitaria estiveron desaparecidos como Asociación para aproveitar a crise e a desorganización empresarial para que cada empresa aproveitase esta crise ao gusto. Dende o comezo CCOO instamos a que agardaran as medidas laborais que sairían para paliar esta situación, e algunhas empresas auxiliares xa despedían con data do 13 de marzo. O 18 de marzo o Goberno nas medidas laborais para evita-los despidos recolle parte das medidas que dende CCOO viñamos reclamando, aínda que faltaron algunhas, e as empresas continuaron a despedir para non meter aos temporais nos ERTEs (despidos irregulares que animamos a demandar cando pase o Estado de Alarma). E non só iso, senón que acudiron ao ERTE de Forza Maior en masa para acollerse aos beneficios empresariais á vez que evitando a negociación cos Comités, algo que podería darse igual pero de tódolos xeitos a meirande parte das empresas non o fixeron, porque sabían que a situación derivada do COVID-19 anulaba en parte a Acción Sindical que sen dúbida se daría noutra situación.

Utilizaron ERTEs de Forza Maior malia que algunhas das empresas seguiron a traballar nas obras puntuais que Navantia permitía, o cal perde o sentido da Forza Maior.

E agora únense para premer a entrada graduada. Menos mal que Navantia e o seu Comité de Empresa xa estaba niso fai unhas semanas, para que tanto se preparase o estaleiro, se organizasen eses pasos e se dotaran dun protocolo propio para os estaleiros que garanta a seguridade e saúde dentro do estaleiro.Dende CCOO agardamos que se seguen traballando individualmente, preparen no seno de cada empresa os protocolos propios dos seus traballos e compatible co protocolo de Navantia, así mesmo unha das condicións é que ditos protocolos, guías, etc. de cada unha das contratas, sexan consensuados cos Comités, delegad@s e no caso que non teñan co Comité de Seguridade de Navantia. E a continuación sexan tódolos protocolos coñecidos por todos e cada un d@s traballadores/as que entran no estaleiro.

Así mesmo, nin que dicir ten que a outra petición que manifestan é máis do mesmo, seguir afondando no prexuízo aos traballadores, pois se a reactivación paulatina e gradual vai máis aló do estado de alarma como entendemos que será con total probabilidade, as empresas non poderán seguir co ERTE de Forza Maior, e terán que optar polos ERTEs de outras causas (organizativas, productivas, económicas,...) os cales teñen que ser negociados, e os traballadores terán mellores condicións.

E respecto as cláusulas de mantemento de emprego ligadas aos ERTEs de Forza Maior que nese comunicado da Asociación de Empresarios solicitan que teñan un tratamento especial. CCOO nos posicionamos por suposto na obrigatoriedade do cumprimento das cláusulas e agardamos e faremos os trámites que sexa necesarios para que tódolos ERTEs de Forza Maior inxustificados sexan revisados, pois é un fraude á Seguridade Social que imos a pagar tódala cidadanía e como vemos do que se aproveitan os empresarios que ante o colapso sabían que colarían, cando menos a maioría por silencio administrativo. Estas empresas aproveitáronse dos beneficios empresariais das medidas laborais que elaborou o Goberno e agora non queren ser responsábeis coas cláusulas do R.D. 10/2020 que benefician aos traballadores/as.

CCOO Industria Ferrol instamos a que cando “queiran exercer como Asociación” estamos abertos a colaborar polo beneficio d@s traballadores/as e o mantemento do emprego.

Ferrol, a 18 de abril, de 2020

Roberto Villasuso Vázquez

Sec. Organización CCOO INDUSTRIA-FERROL

Enviado por:
ROBERTO VILLASUSO VAZQUEZ
-rvillasuso@industria.ccoo.es-
18 de abril de 2020 16:04

______

Foto de Daniel Alexandre | Febreiro de 2014 | Protesta de traballadores de Acciona diante do edificio de dirección de Navantia Ferrol.
_______
Unión Comarcal de Ferrol:
http://www.ccoo.gal/webgalicia/menu.do?O_teu_sindicato:Unions_Territoriais:Ferrol

SIndicato Nacional de CCOO de Galicia:
http://www.ccoo.gal/webgalicia/

Federación de Industria de CCOO:
http://www.industria.ccoo.es/Galicia

Confederación Sindical de Comisión Obreiras:
https://www.ccoo.es/










_______

Comunicado en referencia, da Sección Sindical de CCCOO Industria de Navantia Ferrol, ao Comité de Emerxencia do día de ontes no que se aprobou a reanudación paulatina da actividade en Navantia baixo o protocolo consensuado co Comité de Seguridade


COMUNICADO REUNIÓN COMITÉ DE EMERXENCIA 17 DE ABRIL


Dende a Sección Sindical de CC.OO de Navantia Ferrol queremos informar da reunión do comité de emerxencia de onte coa principal intención de que a cidadanía en xeral coñeza polo miúdo as decisións acordadas en dita reunión.

Dende fai varios días os Coordinadores de Seguridade e Saúde Laboral dos Comités de empresa tanto de Fene como de Ferrol traballaron intensamente co Departamento de Prevención da Ria de Ferrol para desenvolver un protocolo específico da Ría de Ferrol que garanta a seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras, na volta ás actividades laborais previas ao período de cese total de actividade que sufriron os nosos centros de traballo dende o 30 de Marzo ate o 9 de Abril.

Tanto a Dirección coma os Representantes dos Traballadores/as marcamos dúas condicións para a volta as tarefas produtivas. As medidas preventivas serían consensuadas entre as dúas partes e garantirían o retorno seguro dos e das traballadoras. Hoxe podemos transmitir tranquilidade á clase traballadora co protocolo consensuado, entendemos que supera tódalas medidas preventivas sanitarias e define como e cando se van a explicar aos planteis, prevé as actuacións en caso de calquera imprevisto e ademais é un documento vivo, diariamente mellorarase coas medidas preventivas que tanto Dirección coma Delegad@s de Prevención e traballadoras e traballadores entendamos como positivas.

Debemos destacar que a adaptación do protocolo aos nosos centros de traballo foi ben visto e avalado por tódol@s delegad@s de prevención dos distintos sindicatos, malia que houbese logo distintas posicións sindicais para a aprobación dos traballos puntuais que comezarán este luns con 60 traballadores/as totais en cada quenda de empresas de electricidade.

CC.OO. quere transmitir que estará vixiante das condicións preventivas en todo momento, e esixirá o cese de calquera actividade no momento que se detecte algún risco. Entendemos que nesta situación non so é aconsellable, se non que é necesario a volta a actividade produtiva no sector de Industria, recuperando os planteis dos ERTEs, pero de forma paulatina, asimilando un número de traballadoras e traballadores que non supoña un risco, coa intención de aumentalo só cando haxa plena confianza , e coa firme convicción de que estamos preparados para aborda-la volta á actividade.

Ferrol a 18 de abril de 2020.

Sección Sindical de CCOO Industria de Navantia Ferrol

Enviado por:
CCOO (FE)
-ccoo.fe@navantia.es-
18 de abril de 2020 12:27

_______

Coronavirus: O Estado larvario, ... Por Iolanda Teixeiro Rei - Tempo há que nos sabiamos ollapados polo gran ollo baixo a cutícula do grande irmao


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
20.04.2018


CORONAVIRUS: O ESTADO LARVARIO

Moitos agardavamola. Só descoñeciamos que traza havería ter. E a traza foi súpeta, como un verme roedor que todo o destrúe insensivelmente cunha renartería vil, a se mascarar de solidariedade. Como un animálculo intestinal, lombriga mastodóntica de corpo mol, larva metaforfoseada que simula nos protexer mentres nos vai engulindo e corroendo de vagar. Envoltos nuns aplausos teledirixidos, como vítimas propiciatorias que se autoinmolan, os hópedes do medo resignáronse a albergar as larvas nas súas proprias moradas. Lelos e ledos de ser farándula a representar o grande espectáculo planetario dun acuartelamento sen barrotes nin réxime de visitas, cunha liberdade condicional aproveitada para o avituallamento indispensabel e o rendemento da forza de traballo para as grandes empresas globais, esas que agasallan unhas pingas da suor proletaria en doazóns de luvas ou máscaras. Nos embigos da institución familiar, as xentes votan dende o encerramento os seus proprios grillóns de milicia voluntaria, engordando o nível de audiencia desta distopía real.

Moitos foron os síntomas ignorados pola parasitoloxía oficial. Tempo há que nos sabiamos ollapados polo gran ollo -como aquel do conto diesteano- baixo a cutícula do grande irmao. Os vermes roedores do big data a luir nos datos dos nosos periplos cotiás, físicos e virtuais, na voracidade da caza de tendencias. A axexar nas nosas cobizas moldeadas para nos vender os sucedáneos de desexos do mercado. Era o prezo que estavamos dispostos a pagar por adurmiñar o isolamento e o cansanzo das xeiras inútiles de escravos. O prezo por wasapear ou enredarmonos nesas redes que nos achegan na distancia a medida que nos arredan na cercanía. Tempo há que sofriamos esas súas células diferenciadas agrupadas en tecidos ao cárrego das forzas de seguridade do Estado, esas células que, co gallo de nos protexer, batían na moitedume mobilizada pacíficamente nas rúas, esa moitedume indignada que reclamava o cumprimento dos dereitos básicos da Constitución: pan, vivenda, traballo digno, educación, cultura, liberdade... Esas células parasitarias que batían sen arrubecer contra xubilados desafiuzados das súas vivendas, agora agasalladas a uns fondos avutres de metazoos parásitos, consanguíneos da clase dirixinte. As mesmas células que piolinizaran o porto de Barcelona co G-36-E, o novo fusil de asalto dos abandeirados do 155.

Havía tempo, si, e moito, que renunciaramos á nosa privacidade polo nudismo dixital, por un segundo de gloria nas redes sociais. Havía tempo que sabiamos das represalias dos Marlaskas e afíns, das leis antiterroristas lesivas cos dereitos fundamentais, das detencións irregulares de independentistas por motivos ideolóxicos, da tipificación de novos delitos como o autoadoutrinamento que permitían ás forzas heterótrofas espallar a helmintiase para disolver a capacidade crítica do corpo social que aínda tentava vivir ao abeiro deses parásitos hermafroditas.

Moitos agardavamola, mais todo foi en valuto. Non estavamos preparados. Escasas revistas de parásitos era quen de publicar as posibeis terapias para tratar as doenzas autoinmunes. E estas se perdían nun magma de datos combustibeis bradburiáns e duvidosos fakes a avivecer a indiferenza. No estado larvario, a verdade xa non precisava inquisitores tonsurados para se velar.

Así foi como as larvas foron infestando, casa por casa, a todos os hóspedes do medo aproveitando as baixas defensas que o pánico ía causando no espírito gregario. Cada casa tiña as xanelas abertas a estes gusanos prestos sempre á delación. De corpo mol, orgullosos títeres sistémicos dispostos a amosar diante das súas proprias gravacións o protagonismo na caída da presa, esa que antes fora o seu veciño. Somentes por un minuto de gloria nas pantallas.

O ministerio de transportes larvario parasita agora os nosos sangumiños, diagnostica o intestino cego para controlar as nosas feces xa antes de que cheguen ao recto coa coartada de nos facilitar unha dieta máis saudavel. Os militares, embutidos en batas brancas, diagnostican os nosos movementos nun reclutamento forzoso baixo a ameaza duns efectos secundarios que enchen todos os telexornais. Como sumisos soldados, heroicos voluntarios fabrican máscaras caseiras nun arrouto salvífico de redención cuaresmal. O mesmo ten o valor social. Nenos, xubilados, monxas ou ertes potenciais a producir o que San Amancio é quen de sobardar nun carismático mecenádego deslocalizado. Máscaras personalizadas con bandeiras, debuxos infantís, esponsorizadas ou esportivas. Máscaras dunha mascarada solidaria que pretenden medir o nível de cidadanía veciñal, namentres os traballadores da saúde, da alimentación e coidados, do transporte... arriscan a vida como uns herois obrigados no medio dun mar de aplausos. Máscaras en molde de xeso que se facían para conservar a faciana dos cadavres e que nesta pandemia deverían se elaborar nas residencias de anciáns.

Sairemos deste estado larvario inmunizados ao virus de Wuhan, afeitos xa á cesión dos nosos dereitos fundamentais, os de livre reunión e circulación, o dereito á intimidade, os dereitos laborais, os dereitos universais da infancia...en nome dun Estado paramilitar que nos acuartela nun estado de excepción, encuberto nun de alarma, suspendendo os máis elementais dereitos democráticos. E o máis abraiante, sen o menor chío de insumisión ou descontento. Nun isolamento paradoxal hipercomunicado. Sen nin sequera saber de certo se nestes tempos de confinamento, os okupas foron desokupados. Ou alerta por se o sorriso do outro agocha unha coitelada preventiva nas nosas costas.

As larvas da posmodernidade, que xa rillaran a fins do século pasado os alicerces ideolóxicos da xustiza social co seu rancio eclecticismo bursátil, confínannos nos nosos fogares para instalar neles as novas penitenciarías, oficinas de teletraballo, tendas online, bancas electrónicas, centros de teleensino, telemedicina, videoconferencias, teleocio... nun novo cercamento de pago fácil para espalancar as portas dun capitalismo totalitario máis velaíño e perigoso que aquel que cercou os campos ingleses, forzou o éxodo rural e deu lugar a acumulación orixinaria da que Marx xa alertava, esa que puxo en pé o sistema de explotación capitalista.

[*] Iolanda Teixeiro Rei, Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
17 de abril de 2020 18:55
______________

Foto: O 17 de marzo de 2020, o exercito pasea armado polas rúas de Vigo (Detalle dunha foto de Maite Gimeno).
_______

sábado, abril 18, 2020

Un novo buque gaseiro, o Maran Gas Alexandria LNG, está atracado en Punta Promontoiro, descargando o GNL no despropósito gasista de Reganosa, aumentando de xeito exponencial a xa de por si perigosidade da Planta de Gas, localizada no interior da Ría de Ferrol, no concello de Mugardos - Unha regasificadora que ten anulados os permisos de funcionamento e construción, por cinco sentenzas firmes do Tribunal Supremo

Na foto pode-se apreciar como Reganosa deita na Ría a sopa química a base de hipocloritos

Hoxe pola mañá atracaba no porto de Mugardos, en Punta Promontoiro, dentro da Ría de Ferrol, o buque gaseiro, "Maran Gas Alexandria LNG Tanker", na actualidade navegando baixo bandeira grega, con miles de toneladas de gas natural licuado, para a perigosa e ilegal Reganosa. Un buque de grande porte con 289 metros de eslora, por 45 de manga.  Xa son 263 os buques que entraron na Ría de Ferrol cargados con GNL.  Mentres se produza a descarga, perante 24 horas, aumentará de xeito exponencial, o xa de por si perigo que ten a Planta de Gas, instalada no corazón da nosa Ría. Un potencial perigo, para todas as miles de persoas que moramos na súa contorna. Este é o primeiro gaseiro que descarga desde o confinamento obrigatorio nas casas, mais non por iso a protesta debe parar, seguimos denunciando unha vez máis a unha planta de gas que non só pon en perigo as nosas vidas e contribúe ao deterioro da Ría, senón que foi construída ao amparo da corrupción económica e política. Confirmado por cinco sentenzas do Tribunal Supremo en contra do despropósito gasista de Reganosa, e está última ditada en xullo do pasado ano, onde tumba a resolución do anterior Goberno Español de Mariano Rajoy, dun partido corrupto até o espiñazo, que eximiu a Reganosa de ter que someter-se a avaliación ambiental, intentando chulear deste xeito as sentenzas condenatorias que declaran ilegal, á perigosa planta regasificadora.
A sentenza núm. 1075/2019 do Tribunal Supremo, de 16 de xullo de 2019, anulou o Acordo do Consello de Ministros de 27 de maio de 2016 polo que se declaraban excluídos do trámite de avaliación de impacto ambiental aos proxectos da planta de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado en Mugardos [Sentenza].

A pesares de se demostrar a ilegalidade e a mentira coa que se construíu a planta de Reganosa, esta segue contando cos apoios económicos, políticos e mediáticos que fan que poda funcionar sen os permisos e licenzas necesarios, mesmo sen o permiso de construción, prolongando-se no tempo esta provisionalidade, mais sen perder tempo nunha campaña mediática e política, de busca de apoios institucionais, intentando facer ver o "imprescindíbel da planta regasificadora", para unha comarca en crise permanente. Un despropósito que se apoia nas miserias que nos fan padecer nunha comarca en declive industrial e socioeconómico, para que admitamos o "inevitábel deterioro da nosa Ría", a corrupción e o potencial perigo de vivir con unha enorme planta de gas coa potencial capacidade explosiva de varias bombas atómicas como as que se lanzaron en Hiroshima e Nagasaki.
---
Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

_______________

venres, abril 17, 2020

A CIG considera un 'desprezo' cara os organismos públicos que Feixóo ignore as súas funcións e os supla por un comité de expertos - Lembra que o CES ou o CGRL teñen precisamente como función asesorar en materia económica e social


A CIG considera un “desprezo” cara os organismos públicos que Feixóo ignore as súas funcións e os supla por un comité de expertos

Lembra que o CES ou o CGRL teñen precisamente como función asesorar en materia económica e social


A CIG considera que buscar alternativas como a creación dun comité de expertos para deseñar unha saída á crise provocada pola situación de emerxencia sanitaria do Covid-19 en materia económica e laboral é un “desprezo” para as institucións públicas galegas creadas a tal fin.

Neste sentido, o secretario xeral, Paulo Carril, lembra que precisamente esa é a función que teñen organismos como o Consello Económico e Social (CES) e o Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL), aos que “habería que respectar as súas atribucións”.

Carril sinala que no CES participan xa axentes socioeconómicos, organizacións sindicais e representantes da sociedade civil e que ten, precisamente, o carácter de órgano consultivo e asesor da Xunta de Galiza en materia económica e laboral.

Do mesmo xeito salienta o carácter consultivo e asesor en materia de política laboral do Consello Galego de Relacións Laborais. Organismos públicos ambos contra cuxo criterio actuou en diversas ocasións o goberno de Feixóo, como ocorreu coa chamada Lei de Fomento Empresarial. Un goberno que tampouco quixo atender as súas recomendacións en diversas materias.

Fonte: Avantar. | 14 de abril de 2020
_______

'Sarmaty' volveu á Terra - Vídeo da aterraxe






'Sarmaty' volveu á Terra 17 de abril de 2020, 05:17 GMT

A tripulación da nave espacial Soyuz MS-15 que se desenterrou do módulo Zvezda o 17 de abril de 2020 ás 01:53 UTC, aterrou con seguridade. Todo o proceso de baixada e desembarco foi de rutina, "Sarmaty" (sinal de equipo) está ben. Aterrou a 147 quilómetros ao leste da cidade de Zhezkazgan (Kazajstán).

A nave espacial Soyuz MS-15 formou parte da Estación Espacial Internacional desde o 25 de setembro de 2019. A tripulación realizou varias decenas de experimentos de varias áreas científicas segundo o programa científico ruso (medicina, bioloxía espacial, biotecnoloxía, procesos físicos e químicos, etc.)

Oleg Skripochka e Jessica Meir pasaron 205 días en órbita, mentres que o voo de Andrew Morgan durou 272 días (chegaron á estación a bordo da nave espacial Soyuz MS-13 lanzada o 20 de xullo de 2019). Por mor da situación epidemiolóxica, despois do desembarco, Oleg Skripochka será enviado a unha clínica preventiva para permanecer baixo observación. O seu encontro coa familia organizarase de acordo cos requisitos e as regras que actúan no Óblast de Moscova.

Na actualidade, a tripulación da misión de longa duración ISS-63 - os cosmonautas roscosmos Anatoly Ivanishin e Ivan Vagner e o astronauta Christopher Cassidy da NASA continúan traballando na estación.



State Space Corporation ROSCOSMOS
42, Schepkina, Moscova, Rusia, 107996
info@roscosmos.ru
tel .: +7 (495) 660-2323
fax: +7 (495) 631-9900
https://www.roscosmos.ru/
_______

O Eurogrupo, presidido por Mário Centeno, aprovou, no dia 9 de abril de 2020, um pacote de 500 mil milhões de euros para combater a crise -Entrevista a Yanis Varoufakis - A desintegración da zona euro comezou - Austeridade será peor que en 2011 - Não se enganem: eles vão pedir consolidação fiscal para Portugal, para a Grécia, Espanha e Itália


➤ O Eurogrupo, presidido por Mário Centeno, aprovou, no dia 9 de abril de 2020, um pacote de 500 mil milhões de euros para combater a crise

Yanis Varoufakis, antigo ministro grego das Finanças, considera que o desempenho de Mário Centeno no Eurogrupo é "vergonhoso" por ter mediado a aprovação de um acordo que vai trazer “austeridade pior que a de 2011” e é "o início da desintegração europeia"

➤ Não se enganem: eles vão pedir consolidação fiscal para Portugal, para a Grécia, Espanha e Itália

"A desintegración da zona euro comezou"

"Austeridade será peor que en 2011"


Yanis Varoufakis afirma que o pacote europeu de 500 mil milhões para combater a crise é o início do fim do euro. Antigo ministro grego das Finanças critica Centeno e avisa: "Vai haver austeridade".

Yanis Varoufakis cre que o paquete de socorro de Europa é o comezo do fin para o euro. O ex ministro de Finanzas de Grecia asegura que os países do sur non deben apelar á solidariedade do norte, "senón ao sentido común".

Tornou-se uma figura mediática em 2015, quando assumiu a pasta grega das Finanças no Governo de Alexis Tsipras, do Syriza. Ao longo de seis meses, confrontou a troika e Bruxelas, exigindo uma reestruturação da dívida grega.

Saiu em conflito com o primeiro-ministro, depois do referendo que ditou a vitória do "não" a medidas impostas num novo programa de resgate, resultado que o Governo grego acabou por não levar à prática.

Em entrevista à TSF, Yanis Varoufakis afirma que o acordo do Eurogrupo, que aprovou um pacote de mais de 500 mil milhões de euros para fazer face às consequências da pandemia do novo coronavírus marca "o início da desintegração europeia".


O Eurogrupo aprovou um pacote de 500 mil milhões de euros para fazer face à crise. No Guardian escreveu recentemente que o acordo é "um presente para os inimigos da Europa". Explique.

Para começar, os 500 mil milhões são quase só empréstimos. É exatamente o que a Europa não precisa, especialmente nos países que estão a sofrer mais, como Itália ou Espanha ou a Grécia, que têm menor capacidade de aumentar a dívida pública. O motivo pelo qual os eurobonds - que nove países, incluindo a Grécia e Portugal pediram - são essenciais é porque constituem uma reestruturação da dívida, de forma a que não vá para os países, sendo partilhada pela Europa. Espalhando a dívida, o valor líquido diminui nos próximos 20 anos, tornando-se mais gerível.

Ao rejeitar os eurobonds, tendo em vez disso empréstimos do Mecanismo Europeu de Estabilidade ou dos mercados, países como a Grécia ou Portugal vão estar tão endividados no próximo ano que, mesmo sem restrições orçamentais europeias, vai haver um nível de austeridade pior que a de 2011. E depois, quando a economia começar a sair da crise, vai haver uma segunda vaga de recessão que vai ser imposta por Bruxelas e Frankfurt.

Berlim já começou a falar em retomar o travão da dívida no próximo ano. Não se enganem: eles vão pedir consolidação fiscal para Portugal, para a Grécia, Espanha e Itália em 2021. Não pode haver melhor presente para os eurocéticos, para os nacionalistas que querem destruir a União.

O problema está na natureza da solução ou no valor? O pacote alemão é maior do que o europeu.

Em ambos. O valor faz dó. O resto do mundo está a rir-se da Europa, e com razão. É só 0,2% do PIB da zona euro. O resto é empréstimos, e os empréstimos são inúteis. Um problema de bancarrota não se resolve com empréstimos e é esse o problema que enfrentamos.

A Alemanha, por causa da sua margem orçamental, está a canalizar injeções diretas de 6%. Não são empréstimos. Em Portugal e na Grécia são cerca de 0,9%. Isto vai ampliar os desequilíbrios já existentes, a tal ponto que os políticos, sobretudo nos países do Sul, como a Itália, por exemplo, vão tornar-se tóxicos. Não vejo como é que a zona euro pode sobreviver fazendo erros da mesma natureza dos de 2010, quando tratou os problemas de insolvência dos nossos dois países como se pudessem ser solucionados com empréstimos.

A longo prazo, os países que hoje se opõem aos eurobonds chegarão a um ponto em que não terão outro remédio senão aceitá-los?

Não estou a ver por que motivo mudariam de opinião no futuro. É por isso que acho que o Eurogrupo de dia 9 de abril vai ser lembrado como o momento em que a desintegração da União Europeia e da zona euro começou.
Este acordo foi mediado por Mário Centeno. Como classifica o desempenho do ministro português enquanto presidente do Eurogrupo?

Uma palavra: vergonhoso. Ele devia baixar a cabeça com vergonha por ter arranjado este não-acordo. Se esta não fosse uma situação trágica seria uma piada. O sr. Centeno vem de um país que conhece a dor da austeridade, que sabe que a zona euro nunca lidou racionalmente com a enorme crise de 2010 e 2011. O sr. Centeno tinha o dever moral e político para com os povos português e europeu de não repetir os desempenhos do sr. Juncker e do sr. Dijsselbloem quando eram presidentes do Eurogrupo.

O ministro holandês das finanças sugeriu que Itália e Espanha fossem investigadas por não terem dinheiro para lidar com a crise. Mais tarde pediu desculpa, depois do primeiro-ministro português ter dito que eram declarações repugnantes. A palavra solidariedade ainda tem significado na Europa?

Não. Não tem. Os resgates a Portugal e à Grécia foram disfarçados de solidariedade. E foram solidários: com o Deutsche Bank e com a Societé Generale, porque o dinheiro que foi para os países acabou por servir para pagar dívidas que bancos franceses e alemães acumularam em 2008 nos Estados Unidos.

Mas julgo que estamos a fazer um grande erro, enquanto portugueses, gregos ou mesmo alemães. Isto não é uma questão de solidariedade. Não devemos pedir solidariedade ao ministro holandês. Se pedir solidariedade a um cidadão holandês, eles têm o direito de rejeitar. Podem dizer "quero ser solidário, vou fazer-te um empréstimo ou dar-te uma prenda". E isso é um argumento.

O ministro holandês tem razão. Ele não tem uma obrigação de concordar com eurobonds em nome da solidariedade. Mas tem a obrigação de aceitar os eurobonds porque é a única opção sensata e que também é no interesse da Holanda.

O que eles têm de compreender é que o motivo pelo qual têm contas públicas melhores que as de Portugal ou Espanha ou da Grécia é que tiveram taxas de juro negativas que fizeram a dívida descer, mesmo sem terem feito nada.

As exportações deles foram altas porque o euro estava baixo. E estava baixo porque na zona euro há países com défices. Os excedentes orçamentais devem-se a estarem numa zona com países com défices. Não podem dizer que foi só trabalho deles. Se querem o benefício do euro, têm de ter os eurobonds. E se querem ser inteligentes no seu egoísmo, deviam aceitá-los. Nós, os países do Sul, não devemos apelar à solidariedade. Devemos apelar ao bom senso.

Esta crise pode levar ao fim da zona euro?

Não tenho dúvidas de que sim, se continuarmos neste caminho. Itália vai ter de pedir enormes quantidades de dinheiro emprestado. Vai ter um colapso de 10% no PIB. O rácio de dívida sobre o PIB vai rapidamente aumentar para 180% ou mais. O défice vai ser gigantesco: 15%, talvez 20%. No próximo ano, Bruxelas vai dizer, por exemplo: "vão ter de reduzir de 18% para 7%". Isto é um programa de austeridade de 11% do PIB. Qualquer governo que tenha de implementar um programa assim vai para a rua rapidamente. Matteo Salvini vai cavalgar para o poder e garanto que a primeira coisa que vai fazer é um plano para a Itália sair do euro. E se a Itália sair, saímos todos.

Há grupos de defesa dos direitos humanos que alertam para uma situação potencialmente perigosa nos campos de refugiados na Grécia. A Europa e o governo grego estão a fazer o suficiente para evitar um desastre?

O governo grego tem sido desprezível. Tem tratado os refugiados como sub-humanos. Não fez nada para lhes dar condições. O nosso partido, o MeRA25, que represento no Parlamento, pediu desde o primeiro dia que fossem deslocados. Temos tantos hotéis vazios, agora que não há turismo. Que acabem com os campos e os coloquem nos hotéis temporariamente, e paguem aos hotéis, toda a gente ganharia. Mas não. O governo isolou os campos, que nem têm unidades médicas. Mesmo sem o coronavírus, eles já morriam por viverem em condições terríveis. Com Covid-19 é uma catástrofe.

O FMI prevê uma recessão pesada em toda a zona euro. Será uma recessão longa?

Não tenho dúvidas de que o lamentável Eurogrupo ao qual o sr. Centeno presidiu condenou a zona euro a ser um bloco económico doente. A China, os Estados Unidos e o Reino Unido vão ter uma recuperação muito mais rápida. A falta de um estímulo forte na zona euro garante que vamos sair desta crise com as economias muito enfraquecidas e com os desequilíbrios entre os países do Norte e do Sul muito mais fortes.

Fundou o movimento Democracia na Europa (DiEM25) e a secção política grega, o MeRA25. A referência a esse ano é porque esse seria o prazo para democratizar a Europa. Mantém este horizonte?

A questão que colocámos a nós próprios em 2015 foi a de saber quanto tempo temos para democratizar a Europa antes de chegarmos a um ponto de não retorno. Um pouco como nas alterações climáticas. Quando é que a Europa vai chegar a um ponto em que os desequilíbrios são tão grandes que não conseguimos estar unidos? E achámos que seriam 10 anos. O coronavírus demonstrou que isto era otimista. Se não nos unirmos agora, com uma ameaça igual para todos, se não entendermos que estamos no mesmo barco... e não é uma questão de solidariedade, é uma questão de racionalidade.

Divulgou as gravações das reuniões do Eurogrupo em que participou em 2015. Isso não pode levar a uma maior desconfiança entre os países?

Pelo contrário. O argumento que as pessoas não são suficientemente inteligentes é um argumento contra a democracia e pelo fascismo. Veja o Eurogrupo de dia 9 de abril: foram tomadas decisões importantes que condenam a Europa a mais recessão, austeridade e dor para a maioria dos europeus. Acredito que os portugueses têm todo o direito a saber o que o sr. Centeno disse em nome deles. Os alemães devem poder saber o que disse o ministro deles. Se tratarmos as pessoas como incapazes de lidar com informação sobre as suas vidas, o que estamos a dizer é : não queremos uma democracia, queremos uma oligarquia com eleições de vez em quando, em que as pessoas vão às urnas sem informação sobre o que os seus representantes fazem à porta fechada.

Olhando para trás, para o tempo em que foi ministro das finanças da Grécia, arrepende-se de alguma coisa? Teria feito alguma coisa de forma diferente?
Ah, claro. Teria feito muitas coisas diferentes. Mas a questão principal é: o que eu teria feito, com a mesma informação que tinha na altura? E eu teria sido muito menos conciliatório com a troika. Devia ter sido muito mais duro. Devia ter feito um ultimato: ou temos uma reestruturação da dívida, ou saímos do euro hoje mesmo.

Publicada en: https://www.tsf.pt/ | Por Hugo Neutel | 17 Abril, 2020
_______

A Federación de Industria de CCOO esixe á Xunta que execute as súas competencias en emprego para completar ó 100% a prestación ós miles de afectados polos ERTEs e atenda ó conxunto de propostas postas enriba da mesa


A Federación de Industria de CCOO esixe á Xunta que execute as súas competencias en emprego para completar ó 100% a prestación ós miles de afectados polos ERTEs e atenda ó conxunto de propostas postas enriba da mesa


Tócanos sinalar que o Goberno galego do señor Feijóo ten competencias que elude e non exerce para paliar as consecuencias da crise do Covid19 amosando, unha vez máis, o seu desprezo á clase traballadora

Dende a Federación de Industria de CCOO queremos manifestar que estamos, moi probablemente, ante a situación máis complexa que nos enfrontamos como persoas, como familias, como traballadores e como organización sindical.. A saúde pública e os coidados é o que ten que centrar agora as nosas forzas por en riba de calquera outra cousa. Primeiro, a vida.

En segundo lugar, e no exercicio da nosa responsabilidade coa clase traballadora galega temos que poñer o acento na complexa situación pola que pasan miles e miles de traballadores e traballadoras galegos que afrontan un ERTE, lexislado polo Ministerio, e que nos permitirá reanudar a actividade económica, unha vez esto pase, mentres outros tantos miles se atopan ante un escenario incerto no que periga o seu emprego e o seu sustento..

E mentres, como sindicato, tócanos denunciar que, lamentablemente, a Xunta de Galicia nin está nin se lle espera máis alá da TVG. Tócanos subliñar que o Goberno galego ten competencia sen emprego que poderían activar para completa e complementara xudas para paliara s consecuencias do COVID19. En lugar de executalas, a Xunta do señor Feijóo, decidiu poñerse de perfil, botar balóns fóra e subliñar ó Goberno central eludindo as responsabilidades propias e amosar, unha vez máis, o seu desprezo á clase obreira galega.

Dende o primeiro día na Federación de Industria de CCOO traballamos para buscar fórmulas e propostas que, a nosa experiencia, trataran de sumar e axudar a combater os efectos desta. Tamén, como non, á Xunta a través das súas consellerías.

E fixemos as nosas propostas, traballadas, consensuadas, razoables, necesarias e urxentes. E a Xunta de Galicia non só non as estudou, se non que nin as debateu e nin tan sequera nolas negou. O silencio foi a súa grande resposta. O silencio a propostas como a petición de información diaria e completa dos expedientes de regulación presentados en Galicia, como a petición de completar ata o 100%, as cantidades recibidas polos traballadores e traballadoras no desemprego ou como a petición dun bono extraordinario de conciliación de 500 euros para familias nas que un dos proxenitores precise acollerse á dispensa do traballo por garda legal ou coidado de menores, derivado do peche dos centros escolares e dos centros de día.

Tamén ofreceu silencio a cuestións como a proposta de facer as probas de COVID-19 a todo o persoal sanitario, á proposta dun plan de inspección urxente da autoridade sanitaria para todos os centros de maiores privados, á prohibición da liberdade de horarios, á proposta do mantementos dos contratos públicos mentres dure o estado de alarma, á petición de axudar a colectivos que contan con características especiais como son o sector pesqueiro e o colectivo de empregadas do fogar. Todas elas peticións realizadas por CCOO á Xunta de Galicia antes do 20 de marzo de maneira clara e explícita.

A falta de respeto cara CCOO é patente e, por extensión, ó conxunto de traballadores e traballadoras galegas que representamos. Una vez mais, a inacción como parella de baile do Goberno autonómico galego, máis preocupado da publicidade e a propaganda. Una vez que esto pase, a Xunta terá moito que explicar e asumir as consecuencias que a súa inacción está a ter sobre centos de miles de familias traballadoras galegas.

Ferrol, a 17 de abril, de 20220

Eugenia Freire Fajardo
Resp. Organización - Gabinete Económico
CCOO Industria - Galicia
Tlf. oficina: 981.36.93.26
efreire@industria.ccoo.es
CCOO de Industria – Galicia. | | www.industria.ccoo.es | Secretaría de Comunicación | R/ María, 42-44, 3o | Tlfno.: 981369323 / 71337 | galicia@industria.ccoo.es

Enviado por:
MARIA EUGENIA FREIRE FAJARDO

-efreire@industria.ccoo.es-
17 de abril de 2020 14:00
_______

CCOO solicita con urxencia realizar a proba do coronavirus ao Sector de Axuda no Fogar e denuncia ausencia de medidas preventivas no persoal que os desenvolve


CCOO solicita con urxencia realizar a proba do coronavirus ao Sector de Axuda no Fogar


A Federación de Construción e Servizos de CCOO en Ferrol e comarca denuncia que na totalidade dos Servizos de Axuda no Fogar (SAD) de Ferrolterra cumpríronse os mesmos patróns, ausencia de medidas preventivas no persoal que os desenvolve.

A falta de previsión e a ausencia de dinámicas preventivas habituais quedaron magnificadas pola pandemia do Coronavirus, denunciado a falta de coordinación das empresas adxudicatarias dos diferentes SAD da zona que non estiveron á altura e non quixeron ver a realidade que teñen miles de familias da zona e de toda Galicia e as traballadoras que os atenden.

Alejandro Bello, responsábel de CCOO do sector na zona puntualiza que só por parte dos concellos e das súas respectivas concellarías de Servizos Sociais (Ferrol, Narón, Neda e Valdoviño) estase colaborando abertamente e na entrega de equipos de protección a auxiliárelas (cubre bocas, luvas, xeles...etc) pero denuncia o pasotismo das empresas e de grandes multinacionais como CLECE, respecto diso deste tema e responsabiliza directamente á Xunta de Galicia de permitir esta situación.

CCOO trasladou á maioría das empresas concesionarias deste servizo mediante contratación pública que se deben de tomar medidas preventivas para evitar que o sistema colapse e que si se produce un contaxio simultáneo se poda dar a situación de que unha gran maioría do persoal que desempeñe o seu labor de Auxiliar de Axuda no Fogar estea "infectada" e non teñamos suficiente persoal para atender ás persoas dependentes. Toda a sociedade ten que responsabilizarse de non expandir o Virus e de manter ás "profesionais" do Ser vizo de axuda no fogar nas mellores condicións de saúde.

"Para iso é fundamental investir en medidas preventivas para este colectivo 'esquecido' e moi importante para toda a sociedade, sobre todo para as persoas de maior idade".

"Por todo iso, CCOO insta á consellería de Sanidade a realizar a proba do coronavirus a toda os persoais de axuda a domicilio de Galicia".

"É inadmisible que a Administración Central non protexa a quen coida da saúde dos nosos e dos que máis risco teñen de padecer e sufrir a pandemia", comenta Bello que recorda que "na comarca hai máis de 500 traballadoras de axuda no fogar".

A federación de Construción e Servizos de CCOO rexistrou ate cinco alternativas á Xunta de Galicia:


1.- A entrega obrigatoria de luvas de nitrilo, batas dun só uso, gorros e cubre bocas para todo persoal que estea traballando no Sector de Axuda no Fogar en Galicia. Estes EPIs só poden ser utilizados nun único domicilio de cada uso.

2.- É responsabilidade da Xunta de Galicia (de man cos Concellos) o especificar que Concellos/Empresas/Servizos non cumpren este requirimento e polo tanto, por seguridade recortar os servizos nos que non sexa posíbel cumprir.

3.-  Si detéctanse que os medios materiais preventivos non son suficientes para atender a todas as persoas usuarias, débense avaliar e cancelar os servizos de menor (limpezas menores e/ou acompañamentos) a maior importancia dedicando así os EPIs ás persoas que realmente poden estar en risco de contaxio.

4.-  Si se chegase a priorizar servizos por falta de EPIs, tamén se deberá avaliar a rotación controlada de Auxiliares de Axuda no Fogar, para evitar quedar sen persoal preparado para atender ás persoas dependentes.

5.-  Si non se dá garantido a seguridade e saúde das persoas deberíase suspender temporalmente todos os servizos de Axuda no Fogar mentres non se dean as condicións mínimas. Por iso se instaría aos Concellos e entidades que teñan ao seu cargo o persoal de axuda no fogar a cancelar o servizo de xeito preventiva ate que se dean as condicións mínimas de prevención.

"Centenares de domicilios en Galicia chamaron aos Concellos correspondentes para dar de baixa o servizo ou ver como se podía suspender temporalmente ante o medo a que as profesionais que atenden aos seus maiores poderían traer consigo a enfermidade xa que utilizan os mesmos EPIs para todos os usuarios. A impotencia das familias traduciuse en infinidade de queixas aos seus respectivos concellos", comenta Bello.

Desde a unión comarcal de CCOO en Ferrol queren manifestar toda a solidariedade, apoio e ánimo ao sector de axuda no fogar e agradecerlles o seu labor diario e compromiso nestes momentos tan complicados que vivimos

Alejandro Bello Martínez
alexbello@construccionyservicios.ccoo.es
Responsable Ferrol Construcción e Servicios CCOO
Delegado Prosegur CCOO A Coruña

Yolanda Quintía Salido
Área de Administración
Unión Comarcal de CC.OO. de Ferrol
rúa María, 42-44 baixo // 15402 // Ferrol
Tfno: 981 369300 RPV 71314
Fax : 981 350353 RPV: 71104
ucferrol@galicia.ccoo.es
yquintia-ferrol@galicia.ccoo.es







SIndicato Nacional de CCOO de Galicia:
http://www.ccoo.gal/webgalicia/

Enviado por:
YOLANDA QUINTIA SALIDO
-yquintia-ferrol@galicia.ccoo.es-
17 de abril de 2020 12:18
ALEJANDRO BELLO MARTINEZ
-alexbello@construccionyservicios.ccoo.es-
15 de abril de 2020 20:10

_______


Foto de Xesús Fariñas: Protestas de traballadoras e traballadores en Ourense.
_______

Coronavirus: O Povo salva ao Povo, ... Por Iolanda Teixeiro Rei


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
17.04.2020


CORONAVIRUS: O POVO SALVA AO POVO

Panos vermellos pendurados das fiestras e balcóns. Non son comunistas, din os xornais asturianos, son persoas desesperadas que teñen fame no medio desta pandemia. O vermello é un derradeiro aviso de perigo antes de que aconteza o fatal desenlace. Porque este virus é un espello que amosa a nosa faciana como sociedade. Mais un espello-lupa, como eses que usamos nos aseos a nos recompor cada amencida para descubrir, temerosos, as microenrugas que nos pinta o tempo. E hoxe o tempo teima en nos debuxar a miseria social dun falso crecemento.

Cantos anos levamos a crecer? Cantas horas levamos regalado ao deus Capital desde que a tecnoloxía aumentou a produtividade e creou o exército de parados precedidos da avangarda dos precarios? E a clase traballadora, tanto ten que traballen no campo como na cidade, non só non crece en calidade de vida senón que perde os seus dereitos básicos para acadar  iso que se chama unha vida digna. Cando os medios de atordoamento masivo nos amosan o aumento do PIB temos que brincar de ledicia porque veñen os tempos das vacas gordas. Pero para quen?. Mentres non teñamos sociedades igualitarias de nada nos vai servir ese PIB. Porque nin ese ridículo indicador de riqueza dun país mide o reparto da riqueza senón o crecemento xeral, nin inclúe todos os traballos sociais que os ollos dos neoliberais non queren ver. Centos de traballos esenciais sen os que esta sociedade se paralizaría antes que co Covid 19, non computan. Teño en mente o traballo dos coidados tanto da crianza das novas xeracións como dos anciáns. A lupa do virus aumentaos para que o sistema os converta en fugaces herois dos que acornellará de novo cando volvamos a iso que chaman normalidade. 

Crecer por crecer para aumentar a competitividade, a produtividade e favorecer a oligarquía aumentando a distancia social, non a do confinamento, senón a que arreda os ingresos de quen máis ten a respecto dos que pouco ou nada teñen. Crecer por crecer para seguir producindo, coa suor dos máis, chilindrainas que enchan as vértolas do lecer fallido, do ocio programado e baleiro, do tempo consumido sen senso. Crecer a eito, como un cancro ou como unha praga. Propagar a nosa voracidade pola Terra como un virus coroado. Ese é o mal que padecemos como sociedade. Porque crecer leva o veleno da desigualdade. Ninguén gaña sen que outro perda, dicía xa o filósofo Séneca hai tantos séculos. A riqueza en mans dunha elite crea máis e máis desigualdade. Canto máis prosperidade máis desigualdade. O éxito do sistema propaga a miseria a fume de carozo. O contaxio comezou coa Revolución Industrial e seguiu coa Francesa. Cando caeron as guillotinas, e a igualité que erguera aos sanculottes mudou arteiramente en fraternité. Unha palavra tan foncha como a actual sororidade dentro dese feminismo demodé  que esquece as clases sociais ou as coloca nun segundo plano. Os fillos dos heroes do terror deixáronse degradar pola relixión do traballo, di Paul Lafargue en O dereito á preguiza. Livro esencial para estes días de confinamento clasista. Caroso de ler se non o mercamos pois que nos permiten mercar polo paradigma da explotación Amazon mais non temos servizo de biblioteca a domicilio, non vaia ser que nos dea por botar man do autodidactismo de encerro e nos unamos pero de verdade, non de simulacro centralista en feitío 155.

Crecer para seguir crecendo é a relixión do progresismo tanto de dereitas como de esquerdas. Todos eles concordan neste cancro planetario que está nos alicerces da globalización que non acaba de asumir a solidariedade de clase. En boca de Lafargue, Os traballadores mesmos, ao cooperar na acumulación dos capitais produtivos, contribúen a provocar o acontecemento que, tarde ou cedo, deve privarlle dunha parte do seu salario. E prosegue: En lugar de aproveitar os momentos de crise para unha distribución xeral dos produtos e unha satisfacción universal, os obreiros, rebentando de fame, van dar cabezadas á prota do obradoiro.

Panos vermellos pendurados das fiestras e balcóns. Mentres soan relixiosamente as sereas e aplausos das oito para esa moitedume que xa non está para inciensos online. Pois os exércitos modernos son permanentemente mantidos só para reprimir ao nemigo interior. Que llo digan, senón, a Grande-Marlasca. Pois as nazóns europeas non teñen exércitos nacionais, senón exércitos mercenarios que protexen aos capitalistas contra o furor popular. O furor popular dos tempos de Lafargue é amansado hoxe cos medios de entertainent manipulativo e as sereas que reforzan aos policías de balcón. Estar permanentemente informados e entretidos é o becho que acompaña a esta improductiva planetaria tan produtiva para os especuladores de toda ralea.

Só unha fírgoa de espranza fica nesta pandemia convertida nun circo histriónico onde todos somos a un tempo actores e espectadores das redes sociais e da veciñanza distanciada de xanela. Só unha fírgoa como a de San Ero de Armenteira que disque albiscou por ela o paraíso nun só intre. A fírgoa da comunidade a se autoorganizar nos principios remanecidos do pensamento libertario. Principios que na Galiza sobreviven aínda nas lembranzas dos nosos avós, o minifundio autoabastado. En vendo que o Estado, ese utópico igualador, dános as costas, unha vez máis.  E anque hai escribano e capelán en Cangas, acreditemos en que os comunitarios venzan a eses noxentos polis de balcón.


[*] Iolanda Teixeiro Rei, Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
15 de abril de 2020 16:07
______________

Foto: As persoas con menos recursos piden axuda en Colombia colgando un pano vermello nas súas xanelas (RAUL ARBOLEDA / AFP).
_______