venres, febreiro 20, 2009

Análise das Propostas Electorais para a Lingua Galega

O futuro inmediato
O que as organizacións políticas queren facer coa lingua na vindeira lexislatura

Análise: por Nel Vidal Barral 18-02-2009

Co obxectivo de dar a coñecer as posturas lingüísticas das organizacións políticas e os proxectos de política lingüística para a vindeira lexislatura, ofrecemos aquí, de xeito esquemático, unha análise das propostas en materia de lingua dos programas que as distintas formacións presentan de cara ás eleccións ao Parlamento galego do 1 de marzo.

BNG


Igualdade xurídica de galego e castelán no novo Estatuto, rede territorial consorciada de servizos de normalización e medidas en todos os ámbitos e desde todas as áreas do goberno
-Apartado: “Lingua”, dentro de “Avanzando no ensino, a lingua e a cultura”.
-Localización: no medio do programa, entre desenvolvemento económico e ordenación territorial.
-Páxinas: 5 de 210 (ademais de moitas outras medidas transversais recollidas en practicamente todos os apartados do programa). [2,4%]
-Idioma: galego.
-Análise xeral do programa:

* O BNG presenta un amplo programa de política lingüística, cunha análise crítica da acción do goberno na lexislatura 05/09, da que se di que houbo “tépedos avances ligados a consellarías gobernadas por nacionalistas”, mais que non houbo un verdadeiro cambio transformador, debido en gran parte á “actitude pasiva, de inanición total e mesmo ás veces contraproducente, da Secretaría Xeral de Política Lingüística”. Deste xeito, o BNG considera que esta foi “unha lexislatura practicamente perdida que cómpre recuperar impulsando a SXPL para que cumpra os obxectivos para o que foi creada”.

* Co obxectivo de “normalizarmos a situación da lingua e estendermos a toda a sociedade o uso do galego”, o BNG presenta un completo programa de obxectivos e medidas estruturadas en 12 puntos, baseándose en que a normalización debe ser un compromiso de todo o goberno e non unha materia en exclusiva dun departamento: administración, novas tecnoloxías, mocidade, comunicación, economía, deporte, cultura, xustiza, relixión, migración, achegamento ao ámbito galego-portugués e galego exterior.

-Algunhas das propostas máis salientábeis:

* Igualdade xurídica do galego co castelán no novo Estatuto de Nación para Galiza.

* Cumprimento dos obxectivos do PXNLG como paso inicial de normalización social da lingua.

* Creación dunha rede estruturada e coordinada de servizos de normalización lingüística de carácter territorial, unha estrutura nacional consorciada que concite os esforzos das diferentes administracións públicas e entidades privadas.

* Vinculación de todas as contratacións e axudas públicas de todos os ámbitos ao uso da lingua galega.


PPdeG

Bilingüismo, derrogación do Decreto de promoción do galego no ensino e oficina para a defensa dos dereitos lingüísticos de falantes de castelán e galego
-Apartado: “Lingua”, dentro de “Lingua, cultura e patrimonio”, dentro do programa de “Autogoberno”.
-Localización: último apartado do programa, despois de relacións institucionais e acción exterior.
-Páxinas: 10 de 320 (ademais dalgunha referencia xeral nalgúns apartados concretos). [3,1%]
-Idioma: galego.
-Análise xeral do programa:

* O programa de lingua do PP comeza cunha ampla introdución na que se critica a política lingüística do bipartito, que “ao servizo dos intereses dunha minoría nacionalista pretende impoñer o monolingüismo, apostando pola substitución das políticas de fomento e de promoción, a favor de políticas de imposición e de sanción”.

* No seu programa o PP recoñece que para a normalización da lingua “aínda queda terreo por percorrer nalgúns ámbitos públicos e sociais: a xustiza, a empresa, as novas tecnoloxías e os medios de comunicación, entre outros”, para o que aposta por un “bilingüismo integrador baseado no coñecemento por todos de ambas as linguas e no dereito da libre opción lingüística”.

-Algunhas das propostas máis salientábeis:

* Derrogación do Decreto de fomento do uso do galego no ensino para garantir o libre uso das linguas galega e castelán nas relacións entre profesorado e alumnado nos exames, textos e materiais.

* Creación dunha oficina de dereitos lingüísticos para tramitar queixas en relación co uso do galego e do castelán.

* Homoxeneización, a través un único Centro de formación, da obtención dos coñecementos de galego e expedición de títulos.

* Aplicación a empresas da exención fiscal prevista na Lei de normalización lingüística e no PXNLG.


PSdeG-PSOE

Fomento dos valores do plurilingüismo, promoción da diversidade lingüística e Consello Social da Lingua
-Apartado: “Política lingüística”, dentro de “A cultura: un dereito de todos e todas”.
-Localización: no medio do programa, entre universidade e sanidade.
-Páxinas: 1/2 de 225 (ademais dalgunha referencia xeral nalgúns apartados concretos). [0,2 %]
-Programa en galego.
-Análise xeral do programa:

* No escaso espazo dedicado á política lingüística, o programa do PSdeG-PSOE considera que “o galego é o noso patrimonio singular, como o español é un patrimonio compartido e ás institucións e aos cidadáns de Galicia, correspóndelles a responsabilidade de garantir e estimular o seu coñecemento e uso a través dun modelo de educación plurilingüe e aberto”.

* O programa do PSdeG-PSOE baséase no “fomento do multilingüismo” e nos “valores do plurilingüismo en Galicia, España e Europa”.

-Algunhas das propostas máis salientábeis:

* Elaboración dun Plan estratéxico de política lingüística que delimite as prioridades de actuación.

* Creación dun Consello Social da Lingua Galega.

* Fomento dos valores do plurilingüismo e promoción da diversidade lingüística en España e Europa.


EU-IU

Ensino comprometido coa lingua galega
-Apartado: non hai un apartado específico de política lingüística, tan só algunhas referencias xerais nos apartados de educación e cultura.
-Localización: -
-Páxinas: 0 de 160. [0%]
-Idioma: galego.
-Algunhas das propostas máis salientábeis:

* A única proposta relacionada coa lingua que se fai en todo o programa é: ensino comprometido coa lingua galega, respectando de forma firme o decreto de normalización lingüística.


FPG

Monolingüismo social, inmersión lingüística no ensino e introdución do galego en todos os ámbitos
-Apartado: “Política lingüística”.
-Localización: é o último apartado do programa, despois de política cultural e educativa.
-Páxinas: 2 de 30. [6,7%]
-Idioma: galego.
-Algunhas das propostas máis salientábeis:

* Plan integral de inmersión lingüística en todos os niveis do ensino obrigatorio.

* Introdución do galego en todos os ámbitos.

* Retirada de apoio a publicacións non escritas en galego maioritariamente e mais a propostas alleas á normalización.


NÓS UP

Plena hexemonía do galego, retirada da condición de oficial ao español e unidade lingüística galego-luso-brasileira
-Apartado: “Direitos nacionais e lingüísticos”.
-Localización: no medio do programa, entre dereitos democráticos e dereitos laborais.
-Páxinas: 1/8 de 1. [12,5%]
-Idioma: galego (norma reintegracionista)
-Algunhas das propostas máis salientábeis:

* Oficialidade única do galego e progresiva retirada da condición de oficial ao español.

* Recoñecemento oficial da unidade lingüística galego-luso-brasileira.


Tega

Bilingüismo de verdade, deber de coñecer os dous idiomas e cumprimento da Lei de normalización lingüística
-Apartado: “Língua”, dentro de “Rexeneración social”.
-Localización: penúltimo apartado do programa, antes de medio ambiente.
-Páxinas: 1 de 59. [1,7%]
-Idioma: galego.
-Algunhas das propostas máis salientábeis:

* Dereito de usar e deber de coñecer as dúas linguas oficiais por parte de toda a cidadanía.

* Cumprimento da Lei de normalización lingüística.


UPyD

En contra da promoción do galego, derrogación de todas as normas que a apoian, división do alumnado segundo a lingua e introdución do castelán en toda a administración e na RTVG
-Apartado: “La lengua: un problema artificial”, dentro de “Unión”.
-Localización: primeiro apartado do programa, despois da presentación.
-Páxinas: 4 de 62 (ademais de moitas outras referencias en case todos os apartados do programa). [6,5%]
-Idioma: só en castelán.
-Algunhas das propostas máis salientábeis:

* Derrogación do decreto de fomento de uso do galego no ensino, da Lei de normalización, dos artigos lingüísticos da Lei de función pública, etc.

* Disolución dos equipos de normalización e dinamización lingüística.

* Eliminación da necesidade de coñecemento de galego para traballar na administración.

* Introdución do castelán na RTVG e en todas as institucións.

Consulta tamén a análise da acción de política lingüística desde o goberno galego nos últimos catro anos e propostas para a vindeira lexislatura

Ligazóns relacionadas

O futuro inmediato. O que as organizacións políticas queren facer coa lingua na vindeira lexislatura [.pdf, 190 Kb]

___
Fonte:

Enlace coa noticia orixinal na web da Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua
_____________

Desastre financeiro, crise sistémica?

por Samir Amin [*]
09.12.2008



A crise financeira era inevitable


A brutal explosión da actual crise económica non nos pillou desprevidos. Ademais, eu evocáraa fai uns meses, cando os economistas convencionais se esmeraban en minimizar as súas consecuencias, particularmente en Europa. Para entender a súa xénese, convén abandonar a actual definición do capitalismo, que hoxe día se adoita definir como "neoliberal globalizado". Esta cualificación é enganosa e oculta o esencial. O sistema capitalista actual está dominado por un puñado de oligopolios que controlan a toma de decisións fundamentais na economía mundial. Uns oligopolios que non só son financeiros, constituídos por bancos ou compañías de seguros, senón que son grupos que actúan na produción industrial, nos servizos, nos transportes, etc. A súa característica principal é a súa financiarización. Con iso convén comprender que o centro de gravidade da decisión económica foi transferido da produción de plusvalía nos sectores produtivos cara á redistribución de beneficios ocasionados polos produtos derivados dos investimentos financeiros. É unha estratexia perseguida deliberadamente non polos bancos, senón polos grupos "financiarizados". Máis aínda, estes oligopolios non producen beneficios, sinxelamente apodéranse dunha renda de monopolio mediante investimentos financeiros.

Este sistema é sumamente proveitoso para os segmentos dominantes do capital. Logo non estamos en presenza dunha economía de mercado, como se adoita dicir, senón dun capitalismo de oligopolios financiarizados. Con todo, a fuxida cara adiante nos investimentos financeiros non podía durar eternamente cando a base produtiva só crecía cunha taxa débil. Iso non resultaba sostible. De aí a chamada "burbulla financeira", que traduce a lóxica do sistema de investimentos financeiros. O volume das transaccións financeiras é da orde de dous mil trillones de dólares cando a base produtiva, o PIB mundial só é duns 44 trillones de dólares. Un xigantesco múltiplo. Fai trinta anos, o volume relativo das transaccións financeiras non tiña ese tamaño. Esas transaccións destinábanse entón principalmente á cobertura das operacións directamente esixidas pola produción e polo comercio nacional e internacional. A dimensión financeira dese sistema dos oligopolios finaciarizados era - xa o dixen - o talón de Aquiles do conxunto capitalista. A crise debía pois estalar por un desastre financeiro.


Detrás da crise financeira, a crise sistémica do avellentado capitalismo

Pero non basta con chamar a atención sobre o desastre financeiro. Detrás deste esbózase unha crise da economía real, xa que a actual deriva financeira mesma vai asfixiar o desenvolvemento da base produtiva. As solucións achegadas á crise financeira só poden desembocar nunha crise da economía real, isto é, unha estagnación relativa da produción e o que esta vai carrexar: regresión dos ingresos das traballadoras e traballadores, aumento do paro laboral, alza da precariedade e empeoramento da pobreza nos países do Sur. En diante debemos falar de depresión e xa non de recesión.

E detrás desta crise perfílase á súa vez a verdadeira crise estrutural sistémica do capitalismo. A continuación do modelo de desenvolvemento da economía real, tal e como o vimos coñecendo, así como o do consumo que lle vai emparellado, volveuse, por primeira vez na historia, unha verdadeira ameaza para o porvir da humanidade e do planeta.

A dimensión maior desta crise sistémica concierne o acceso aos recursos naturais do planeta, que se volveron moitísimo máis escasos que fai medio século. O conflito Norte/Sur constitúe, polo tanto, o eixo central das loitas e conflitos por vir.

O sistema de produción e de consumo/malgasto existente fai imposible o acceso aos recursos naturais do globo para a maioría dos habitantes do planeta, para os pobos dos países do Sur. Outrora, un país emerxente podía reter a súa parte deses recursos sen ameazar os privilexios dos países ricos. Pero hoxe día xa non é o caso. A poboación dos países opulentos - o 15% da poboación do planeta - acapara para o seu propio consumo e malgasto o 85 % dos recursos do globo e non pode consentir que uns recentemente chegados accedan a estes recursos, xa que provocarían graves penurias que porían en perigo os niveis de vida dos ricos.

Se Estados unidos fixáronse como obxectivo o control militar do planeta é porque saben que sen ese control non poden asegurarse o acceso exclusivo de tales recursos. Como ben se sabe, China, a India e o Sur no seu conxunto tamén necesitan eses recursos para o seu desenvolvemento. Para Estados Unidos trátase imperativamente de limitar ese acceso e, en última instancia, só existe un medio: a guerra.

Por outra banda, para aforrar as fontes de enerxía de orixe fósil, Estados Unidos, Europa e outras nacións desenvolven proxectos de produción de agrocombustibles a gran escala, en detrimento de a produción de víveres, aínda afectados polo alza dos prezos.


As respostas ilusorias dos poderes vixentes

Os poderes vixentes, ao servizo dos oligopolios financeiros, non teñen outro proxecto senón o de volver pór en pé este mesmo sistema. Que son esas intervencións estatais senón as que lles esixe a mesma oligarquía? Con todo, non é imposible o éxito desta posta en pé se as infusións de diñeiro resultan suficientes e se as reaccións das vítimas - as clases populares e as nacións do Sur - non deixan de ser limitadas. Pero neste caso o sistema só retrocede para mellor saltar e un novo desastre financeiro, aínda máis importante, será ineludible, xa que as "adaptacións" previstas para a xestión dos mercados financeiros e monetarios resultan amplamente insuficiente, pois non pon en cuestión o poder dos oligopolios.

Por outra banda, resultan divertidísimas estas respostas á crise financeira mediante a inxección de fondos públicos astronómicos para restablecer a seguridade dos mercados financeiros: privatizados xa os beneficios, en canto resultan ameazadas os investimentos financeiros se socializan as perdas. ¡Cara: gaño eu; cruz: perdes ti!


As condicións dunha resposta positiva aos desafíos

Non basta con dicir que as intervencións dos Estados poden modificar as regras do xogo, atenuar derívalas. Tamén é necesario definir as súas lóxicas e os seus impactos sociais. Desde logo, en teoría, poderíase volver a fórmulas de asociación dos sectores públicos e privados, fórmulas de economía mixta como ocorreu durante os "trinta anos gloriosos" (os anos 1945/1975) en Europa e durante a era de Bandung, en Asia e en África, cando o capitalismo de Estado dominaba amplamente, acompañado por políticas sociais fortes. Pero este tipo de intervención do Estado non está á orde do día. E están as forzas sociais progresistas encondicións de impor unha transformación desta amplitude ? Aínda non, opino eu.

A verdadeira alternativa pasa polo derrocamento do poder exclusivo dos oligopolios, o cal é inconcibible sen, finalmente, a súa progresiva nacionalización democrática. Fin do capitalismo ? Non o creo. Creo en cambio que son posibles unhas novas configuracións das relacións de forzas sociais que obriguen ao capital a axustarse ás reivindicacións das clases populares e os pobos. A condición de que as loitas sociais aínda fragmentadas e á defensiva, no seu conxunto, consigan cristalizar nunha alternativa política coherente. Con esta perspectiva, resulta posible o comezo dunha longa transición do capitalismo ao socialismo. Os avances nesa dirección, está claro, sempre serán desiguais dun país a outro e dunha fase do seu despregamento a outra.

As dimensións da alternativa desexable e posible son múltiples e conciernen a todos os aspectos da vida económica, social, política. Evocarei a continuación as grandes liñas desta resposta necesaria.
  • A reinvención por parte dos traballadores de organizacións apropiadas que fagan posible a construción da súa unidade co fin de transcender a súa dispersión asociada ás formas de explotación vixente (paro laboral, precariedade, informalidade).
  • A perspectiva é a dun espertar da teoría e da práctica da democracia asociada ao progreso social e ao respecto da soberanía dos pobos e non disociada destes.
  • Liberarse do virus liberal fundado no mito do individuo, que xa pasou a ser tema histórico. Os rexeitamentos frecuentes dos modos de vida asociados ao capitalismo (múltiples alleamentos, consumismo e destrución do planeta) sinalan a posibilidade desta emancipación.
  • Liberarse do atlantismo e do militarismo que lle está asociado, ambos os destinados a facer aceptar a perspectiva dun planeta organizado sobre a base do apartheid a escala mundial.
Nos países do Norte o desafío implica que a opinión xeral non se deixe encerrar nun consenso de defensa dos seus privilexios con respecto aos pobos do Sur. O internacionalismo necesario pasa polo antimperialismo, non polo humanitarismo.

Nos países do Sur, a estratexia dos oligopolios mundiais leva consigo o facer recaer o peso da crise sobre os seus pobos (desvalorización das súas reservas de cambio, baixa dos prezos das materias primas exportadas e alza dos prezos dos produtos importados). A crise ofrece a ocasión do renacemento dun desenvolvemento nacional, popular e democrático autocentrado, que someta as relacións co Norte ás súas esixencias, isto é, a desconexión. O cal implica:
  • O control nacional dos mercados monetarios e financeiros
  • O control das tecnoloxías modernas en diante posible,
  • A recuperación do uso dos recursos naturais,
  • A derrota da xestión globalizada, dominada polos oligopolios (a OMC) e a do control militar do planeta por Estados Unidos e os seus aliados,
  • Liberarse das ilusións dun capitalismo nacional autónomo no sistema e dos mitos do pasado.
  • A cuestión agraria, en efecto, está no centro das opcións por vir nos países do Terceiro Mundo. Un desenvolvemento digno de chamarse así esixe unha estratexia política agrícola baseada sobre a garantía do acceso á terra para tod@s @s campesiñ@s (a metade da humanidade). En contrapartida, as fórmulas preconizadas polos poderes dominantes - acelerar a privatización da terra agrícola e transformar a terra agrícola en mercancía - levan consigo o éxodo rural masivo que ben vimos coñecendo. Como o desenvolvemento industrial dos países afectados non pode absorber dita superabundante man de obra, esta concéntrase nas barriadas miserables dos arrabaldes cidadáns ou se deixa tentar polas tráxicas aventuras dunha fuxida en balsa polo Atlántico. Existe unha relación directa entre a supresión da garantía do acceso á terra e o aumento das presións migratorias.
  • A integración rexional, ao favorecer o surgimiento de novos polos de desenvolvemento, pode constituír unha forma de resistencia e de alternativa? A regionalización é necesaria, talvez non para xigantes como China e a India ou ata para Brasil, pero seguramente si para outras moitas rexións, no sueste asiático, en África ou en América Latina. Este continente está un pouco por diante nese terreo. Venezuela, oportunamente, tomou a iniciativa de crear o Alba (Alternativa bolivariana para América Latina e o Caribe) e o Banco do Sur (Bancosur), ata antes da crise. Pero o Alba - un proxecto de integración económica e política - aínda non recibiu a adhesión de Brasil nin a de Arxentina. En cambio, o Bancosur, que supostamente debe promover outra forma de desenvolvemento, asocia igualmente a estes dous países a pesar de que, ata hoxe, sigan tendo unha concepción convencional do papel que ha de desempeñar un banco.
Os avances nesas direccións tanto no Norte como no Sur, que son a base do internacionalismo dos traballadores e dos pobos, constitúen as únicas garantías de reconstrución dun mundo mellor, multipolar e democrático, única alternativa á barbarie do envellecido capitalismo.

Máis que nunca, a loita polo socialismo do século XXI está á orde do día.

Fonte: http://altereconomia.org/
___________________________

[*] Samir Amin, O Cairo, 3 de Setembro de 1931); economista exipcio. É un dos pensadores neomarxistas máis importantes da súa xeración. Desenvolveu os seus estudos sobre política, estatística e economía en París. Na actualidade reside en Dakar (Senegal).

Entre 1957 e 1960 traballou na administración exipcia do desenvolvemento económico. Desde ese ano e ata 1963 desempeñouse como conselleiro do Goberno de Mali. En 1970 convértese en director do Instituto Africano de Desenvolvemento Económico e Planificación con sede en Dakar, Senegal. Actualmente é director do Foro do Terceiro Mundo, unha asociación internacional formada por intelectuais de África, Asia e América Latina, destinada a fortalecer os esforzos intelectuais e os lazos entre os países do terceiro mundo, tamén con sede en Dakar.

___________________

Boletín Informativo "Democracy Now!" do Xoves 19 de Febreiro de 2009

Os Titulares do 19 de Febreiro de 2009

O RESTO DA HORA DE DEMOCRACY NOW!

  • Aseguran que unha caricatura na que se executa a un chimpancé é unha velada referencia racista a Obama

    Postcartoonweb

    Organizáronse para hoxe varias manifestacións ante a sede do New York Post para condenar a publicación dunha caricatura que, segundo os detractores, representa ao presidente Obama como un simio. Falamos co senador de Nova York Eric Adams e co organizador e investigador do Instituto de Estudos Políticos (IPS, polas súas siglas en inglés) Dedrick Muhammad, ex Director Nacional da National Action Network do reverendo Ao Sharpton.

    Escoite/Vexa/Lea (en inglés)
  • Estado do Soño 2009: un informe determina que a xente de cor en Estados Unidos padece unha depresión económica silenciosa

    Muhamreportweb

    A taxa de desemprego segue sendo máis alta entre a xente de cor. Entre eles, o desemprego supera xa o 12,6 % e entre os mozos negros a cifra é considerablemente maior. Falamos con Dedrick Muhammad, coautor do novo informe ?State of the Dream 2009: The Silent Depression? (Estado do Soño 2009: a depresión silenciosa), publicado por United for a Fair Economy (Unidos por unha Economía Xusta).

    Escoite/Vexa/Lea (en inglés)
  • Poderá frear as execucións hipotecarias o plan de axuda para propietarios de vivendas, que ascende a 275.000 millóns de dólares ?

    Forecloseweb

    O presidente Obama revelou o seu primeiro plan concreto para enfrontar a grave crise de vivenda que existe no país: trátase dunha medida de 275.000 millóns de dólares que podería axudar a que ata 9 millóns de propietarios eviten a execución das súas vivendas e reduzan os seus pagos hipotecarios. Axudará o plan a aqueles que o necesitan? Falamos con Josh Zinner, da organización con sede en Nova York Neighborhood Economic Development Advocacy Project.

    Escoite/Vexa/Lea (en inglés)
  • Activistas canadenses instan a Obama a que non acepte a extracción de petróleo das areas bituminosas de Alberta polo destrutivo do proceso para o medio ambiente

    Greenpeacefsweb

    O presidente Barack Obama diríxese hoxe a Canadá con motivo da súa primeira visita ao estranxeiro como presidente. Unha coalición de grupos ambientalistas está pedindo a Obama que reduza a dependencia estadounidense do petróleo extraído das areas bituminosas de Alberta, Canadá. Greenpeace afirma que ditas areas xeran de tres a cinco veces máis contaminación en forma de gases de efecto invernadoiro que a extracción convencional de petróleo.

    Escoite/Vexa/Lea (en inglés)

[Información completa no Blog Difundindo Democracy Now! desde Galiza]

Democracy Now!
http://www.democracynow.org/
Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/

Este Sábado 21 de Febreiro, O Recuncho nº 10, en Radio Filispim no 93.9 da FM

[orecuncho.jpg]
Emisión en directo: Sábado de 11:00hs. a 13:00hs.
Repetición en diferido: Mércores, de 15:00hs. a 17:00hs. e Domingos, de 20:00hs. a 22:00hs.


O Recuncho nº 10

19 de fevereiro de 2009 21:21
Micki -ser_tb_algo_mas@yahoo.es-

Moi boas dende "O Recuncho". Este sábado 21 de Febreiro, de 11 a 13 horas, novo programa dende o estudo de Radio Filispim.

Neste noso xa décimo programa abordaremos os seguintes temas:
  • Manifestación en Santiago de Compostela da rede "Galicia non se vende".
  • Entrevista con Nanina da revista feminista Andaina.
  • Falaremos e escoitaremos poesías de Eduardo Galeano.
  • Conferencia do historiador Bermejo Barrera.
  • Falaremos en directo con César Fraga, traballador de Megasa.
  • Teremos uns especiais musicais.
  • En directo, no plató, José Torregrosa, mestre, escritor, crítico de cine e directivo de Fuco Buxán.
Sen máis, esperamos encontraros nas ondas filispinianas ou no noso blog www.recunchofuco.blogspot.com

"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM e Radio Piratona de Vigo.
______________________

xoves, febreiro 19, 2009

Adianto da Programación do Ateneo Ferrolán para Marzo de 2009

MARTES DE CINE no ATENEO FERROLÁN

CICLO “CINE OBREIRO”

As proxeccións serán os MARTES ás 19:00hs.

no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán

(entrada é de balde)


3 MARZO - PAN Y ROSAS

ANO 2000 DURACIÓN 110 min

DIRECTOR Ken Loach. GUIÓN Paul Laverty. MÚSICA George Fenton FOTOGRAFÍA Barry Ackroyd.

REPARTO Pilar Padilla (Maya), Adrien Brody (Sam), Elpidia Carrillo (Rosa), Jack McGee (Bert), George Lopez (Perez), Alonso Chavez (Ruben), Monica Rivas (Simona), Frankie Davila (Luis), Tim Roth (él mismo).

SINOPSE: Maya e Rosa son dúas irmáns mexicanas que traballan de limpadoras para unha gran empresa en Hollywood; ate que coñecen a Sam, un defensor dos traballadores que espertará nelas a forza para levantarse en contra da súa marxinal situación en pos dunha mellora da súa condición social. Trátase da loita das clases baixas e inmigrantes contra os poderes empresariais que lles someten.


10 MARZO - ROSETTA

ANO 1999 DURACIÓN 91 min.

DIRECTOR Jean-Pierre Dardenne , Luc Dardenne GUIÓN Jean-Pierre Dardenne & Luc Dardenne MÚSICA Varios FOTOGRAFÍA Alain Marcoen REPARTO Émilie Dequenne, Fabrizio Rongione, Olivier Gourmet, Anne Yernaux

SINOPSE: Rosetta es una joven de 17 años que vive en una caravana con su madre alcohólica y que no desea otra cosa que un trabajo digno. Rosetta es el demoledor grito de libertad de un ser desesperado que navega a la deriva.


17 MARZO - EN LA PUTA CALLE

ANO 1997 DURACIÓN 95 min.

DIRECTOR Jean-Pierre Dardenne , Luc Dardenne GUIÓN Jean-Pierre Dardenne & Luc Dardenne MÚSICA Varios FOTOGRAFÍA Alain Marcoen

REPARTO Émilie Dequenne, Fabrizio Rongione, Olivier Gourmet, Anne Yernaux

SINOPSE: Xoan, un electricista que se mudou do País Vasco a Madrid en busca de mellores perspectivas laborais, atopase sen traballo, sen poder pagar a pensión na que vivía e, polo tanto, "na puta calle". Na súa nova condición de sen emprego e sen fogar, terá como compañeiro de desventuras a outro emigrante, vido do outro lado do charco.


24 MARZO - LA SAL DE LA TIERRA

ANO 1954 DURACIÓN 93 min.

DIRECTOR Herbert J. Biberman

REPARTO David Sarvis, Mervin Williams

SINOPSE: En Novo México, un grupo de mineros do zinc sofren discriminación en condicións de vida e de traballo con respecto aos seus compañeiros anglos. Tras un accidente sucedido na mina, os obreiros mexicanos deciden ir á folga e esixir igualdade. Sen embargo, esa mesma igualdade é a que esixen as mulleres dos folguistas, que néganse a quedarse en casa sen tomar parte na protesta. Por fin, os traballadores comprenden que traballando todos xuntos é cómo conseguirán facer fronte ás desigualdades entre patrón e obreiro, entre brancos e mexicanos, entre maridos e mulleres...


31 MARZO - LA LINEA RECTA

ANO 2007 DURACIÓN 154 min.

DIRECTOR José María De Orbe

REPARTO Ferrán Madico, Aina Calpe Serrats, Alejandro Cano, Blanca Apilanez, Sergi Ruiz

SINOPSE:

Noelia aínda non cumplíu os trinta anos. Vive nun barrio periférico de Barcelona. De noite, traballa nunha gasolineira. De día, reparte publicidade polos portais. Non ten tempo libre. Noelia deixa o seu traballo nocturno. Abandona a casa que comparte con Rosa. Nunca se despide de ninguén. Non deixa pistas nin pegadas. Non busca nin ten amigos. Noelia é un personaxe anónimo. Unha máis entre os miles de mozos dunha grande cidade. Ao seu redor, Rosa, Lucas, Nico, o xefe. Todos cos seus pequenos conflitos, as súas pequenas ilusións, loitando por sobrevivir día a día.

A liña recta é unha historia urbana na que a protagonista, Noelia, comportase como a propia cidade na que habita, crece e avanza nunha liña recta imaxinaria que a leva dun traballo a outro, dunha vivenda a outra, sen rumbo fixo, sen deterse, sen descansar, sen saber a ónde vai.


CLUB DE LECTURA

Martes día 3 de marzo ás 19,30 horas.

Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA, segue levándose a cabo Todos os primeiros MARTES DE CADA MES.

Encontros coa LECTURA onde xúntanse uns 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola profesora ANXELES SEOANE.


SÁBADO día 7 de marzo ás 20 horas.

CONCERTOS EN DIRECTO

Miguel Alonso
contacto@miguelalonso.tk


XOVES 12 Marzo ás 20 horas.

CONFERENCIA / PRESENTACIÓN DO LIBRO:

"Auge y decadencia. Desarrollo económico, cultural y educación en Ferrolterra durante el Antiguo Régimen"

Lugar: Ateneo Ferrolán - Ferrol
Hora: 20.00 h

Imparten a conferencia:
EDUARDO PARDO DE GUEVARA. Director do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento

ALFREDO MARTÍN. Autor do libro


EXPOSICIÓNS MARZO

EXPOSICIÓN COLECTIVA PINTURA:

Asociación Galega de Arte e Cultura (AGAEC),

Do día 13 de marzo ao 2 de abril.



16 Marzo – CONFERENCIA / PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL: “ASTANO, A FORXA DUN SOÑO”

Documental producido por Zenit Tv que narra a historia do estaleiro ferrolán.

O documental contou coa participación da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, NAVANTIA e o Concello de Fene.

A HISTORIA DUN GRAN PROXECTO INDUSTRIAL

“ASTANO, A FORXA DUN SOÑO” conta a historia dun dos máis grandes proxectos industriais galegos: ASTANO.

A industria naval é unha das máis globalizadas, complexas e estratéxicas do mundo. En Galicia existe construción naval artesanal desde a noite dos tempos, e Vigo e Ferrol foron os polos deste desenvolvemento naval. No caso de Ferrol existen desde o século XVIII uns estaleiros militares, xerme do que máis tarde serían BAZÁN e ASTANO, e actualmente é NAVANTIA.

Desde a perspectiva actual, parece que os xigantescos estaleiros de ASTANO foron unha fantasía, case unha lenda, unha realidade esquecida polos que viviron hai máis de vinte anos a súa crise, e descoñecida polas novas xeracións que escasamente saben da súa importancia por referencias.

O documental “ASTANO, A FORXA DUN SOÑO” recupera esta historia, unha historia fermosa da que se pode aprender para o futuro. ASTANO naceu como un soño: crear unha gran industria naval civil nun momento difícil, en plena II Guerra Mundial. O seu fundador José María González-Llanos, un experto enxeñeiro naval, decidiu afrontar no ano 1941 esta aventura empresarial con modestos recursos. ASTANO constituíuse como sociedade limitada e iniciou a súa andaina cunha trintena de traballadores, moitos deles socios fundadores.

Tras estes modestos comezos, nos que se construían pesqueiros de madeira, o éxito sorriu por fin á empresa. Nos anos sesenta ASTANO rivalizou cos grandes estaleiros do mundo.

A pesar da crise que sufriu o estaleiro a partir dos anos setenta, a historia de Astano é brillante, chegando a ser unha empresa innovadora e influinte no campo da construción naval. Ademais, creou unha gran riqueza, convertendo a Ferrolterra na comarca máis próspera de Galicia, e fixo que centos de galegos do rural conseguisen un traballo digno e unha capacitación profesional preto dos seus fogares, nun momento en que a emigración cara a Europa e o resto de España asolaba o campo galego.

O contexto histórico

A sucesión de imaxes e as intervencións que recordan o liderado de Ferrol na construción naval mundial naqueles tempos, é definitiva para dar fe da magnitude dos logros acadados por un grupo de homes e mulleres nunha zona onde ninguén podería imaxinar unha empresa similar. As grandes moles rompendo a ría de Ferrol, a presenza de expertos de todo o mundo nas botaduras, e a valoración de expertos en construción naval do que significou Ferrol para a industria, definen a magnitude da propia historia que se narra no documental.


MÉRCORES día 18 ás 20 horas: CÍRCULO DE PENSAMENTO “CIRPÉN” no ATENEO FERROLÁN

A filosofía é a ciencia que trata da esencia, propiedades, causas e efectos das cousas naturais.

Círculo de pensamento filosófico do Ateneo. Reúnense un bo número de persoas a reflexionar sobre as distintas realidades da vida, profundizando nelas, en busca da razón.


MÉRCORES 25 ás 19 horas.

A nova grella filispiniana, inclúe o programa que vai realizar o Ateneo Ferrolán, "Atenea".

En principio, o programa terá unha periodicidade mensual, aínda que se a cousa funciona e a xente se anima, poderiamos chegar a semanal.

Desde o Ateneo Ferrolán, facemos un chamamento aos socios e socias para que, se lles interesa, se animen a participar nesta nova actividade radiofónica e axuden a facer o programa.

O programa Atenea, emitirase en Rádio FilispiM 93.9 da FM:
Luns: 21:00hs. - 22:00hs. [Diferido]
Mércores: 19:00hs. - 20:00hs. [Directo]
Sábados: 15:00hs. - 16:00hs. [Diferido]


VENRES día 27 de marzo ás 20 horas.

DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

CONCERTOS EN DIRECTO : NELSON QUINTEIRO ofrece un recital-monólogo baseado na voz.

Encadrado dentro da música tradicional fai unha reinterpretación intrahistórica sobre as letras do cancioneiro tradicional acompañadas de monólogos e xogos de interacción co público.

Cunha potencia de voz moi destacable e unha sólida actividade escénica e creativa, Nelson Quinteiro ofrece un concerto íntimo con músicas que van dende José Afonso e cantigas portuguesas a cantigas tradicionais que falan de conserveiras, de redeiras, de canteiros ou outros gremios da nosa tradición.

Musicalmente basease no sampleado de instrumentos e voces rítmicas e melódicas en directo mediante pedais de loops, delays e efectos sonoros, ademais de gravacións de sons artificiais.

Neste concerto amósase a verquente máis íntima e personal deste artista, que noutros eidos destaca como director de iniciativas como o Festival Galego de Cabaré ou da Compañía Femme Fatale.


+ Info en www.myspace.com/cantareiro

Consulta a Grella Filispiniana

--
Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura desde 1879Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org
__________________

O mundo ao revés

Denuncian os atrasos nos pagamentos dos salarios que se están a producir con respecto ao personal que atende os comedores escolares públicos

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org 18 de fevereiro de 2009 13:41
Prezad@s compañeir@s: vaivos no arquivo un comunicado de prensa do Consello Local de Esquerda Unida acerca dos comedores escolares. Grazas pola atención. Un saúdo, Ramiro Marier

Ferrol, mércores 18 de febreiro de 2009

O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA OS ATRASOS NOS PAGAMENTOS DOS SALARIOS DAS TRABALLADORAS DOS COMEDORES ESCOLARES PÚBLICOS

ESQUERDA UNIDA ENTENDE QUE É NECESARIO UNHA MELLORA SUSTANCIAL DO CONVENIO VIXENTE NO QUE ATINXE A HORARIOS E REMUNERACIÓNS

O Consello local de EU quere denunciar os atrasos nos pagamentos dos salarios que se están a producir con respecto ás traballadores e traballadores e monitores dos comedores escolares públicos, e monitores de actividades extraescolares, nunha situación que reproduce a que aconteceu no remate do ano pasado e que semella inadmisible.

Esquerda Unida lembra a importante tarefa social que cumpren as traballadoras dos comedores e máis os monitores escolares e os monitores das actividades extraescolares. O ensino público precisa dunha oferta de servizos complementarios que a faga atractiva para atender as necesidades sociais de hoxendía. As condicións nas que as e os traballadores prestan o servizo afectan á calidade do mesmo e, xa que logo, teñen que ser especialmente coidadas polos responsables públicos do servizo.

Para o Consello local supón unha situación en extremo preocupante e que nos leva a reclamar unha actuación inmediata do Goberno Municipal que permita aboar os salarios e garantir que non se repitan os atrasos.

O Consello Local demanda tamén do Goberno Municipal unha revisión das condicións laborais das traballadoras, no canto de conquerir unha mellora dos horarios laborais e das retribucións, circunstancias ambas manifestamente mellorables.
____________

Ábrese o prazo de solicitude de subvencións para a edición de materiais didácticos en lingua galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüística financia esta convocatoria de axudas cunha partida de 1.050.000 euros
Este ano incentivaranse, prioritariamente, os libros de texto e os recursos complementarios de distintos ciclos de formación profesional, de novas materias de bacharelato e de programas de atención á diversidade e de educación infantil, entre outros

Santiago, 19 de febreiro de 2009.- A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de anunciar a convocatoria de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios. Segundo publica o Diario Oficial de Galicia de hoxe, o financiamento das axudas será de 1.050.000 euros.

Establecéronse dous criterios preferentes de concesión da subvención: a calidade da obra e a súa orixinalidade. Como elementos para valorar a calidade teranse en conta a adaptación dos contidos da obra ao currículo establecido, o tipo de actividades, a motivación, o tratamento dos valores democráticos, a adecuación da linguaxe ao nivel académico do alumnado, a adecuación á realidade cultural e social de Galicia e a calidade lingüística. No relativo á orixinalidade da obra, valoraranse as obras de creación propia sobre as refundidas ou adaptadas.

Enlace coa Información detallada

__________

Axuda urxente para a asociación da Coruña, de atención a inmigrantes, Viraventos

De: BRASILIA LOURO LAGO -comitedefensariasaltas@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de fevereiro de 2009 20:42
Asunto: Solicitude de Axuda



Solicitude de Axuda

Ola, compañeiros/as, reenvío esta mensaxe do grupo de defesa dos dereitos humanos VIRAVENTOS ...
Graciñas.
Brasilia

Calquera axuda, idea ou suxerencia, por favor, avisade a súa presidenta, Malena tamén.

ONGD Viraventos -ongviraventos@yahoo.es-

AXUDA URXENTE

Como sabedes diriximos a ONG Viraventos adicada á atención de inmigrantes e á Cooperación Internacional.

Necesitamos axuda urxente para poder continuar prestando asistencia a 350 inmigrantes e as súas familias que residen na nosa cidade.

Debemos reunir polo menos 2000 euros antes do día 28 de febreiro ou verémonos na dolorosa situación de pechar o noso local e cesar as actividades que vimos realizando.

Ante a avalancha de peticións de axuda dos nosos usuarios, os nosos recursos económicos esgotáronse literalmente. Por este motivo tivemos mesmo que recorrer ás achegas económicas dos nosos voluntarios.

A falta de axudas da Administración Pública e o retraso nos pagos leváronnos a esta situación.

Como sabedes nunca pedimos axuda económica, pois non queriamos comprometer os nosos amigos nunhas accións solidarias, que forman parte dunha convicción persoal. Pero hoxe vémonos obrigados polas circunstancias, a facer un chamamento dende o desespero e a non saber a quen máis recorrer para non abandonar ás persoas que dependen da nosa axuda e que consideran á ONG Viraventos a súa casa e a todos nós a súa familia.

¿Como podes axudar?
  • .Facendo un donativo único ASOCIACIÓN ONG VIRAVENTOS BBVA 0182 0619 91 0201554140
  • Facendote soci@ por 15 euros ao mes (0,50 euros ao día) ONG VIRAVENTOS A CAIXA 2100 5496 28 0200022812
  • Facilitándonos contactos de músicos, artistas, etc que queiran colaborar nun concerto solidario, exposicións ou calquera actividade benéfica que sirva para recadar fondos. Ponte en contacto connosco e estudaremos calquera axuda posible.
Moitas grazas pola túa colaboración.

Contactos:

Malena Andrade [Presidenta]: 657 113 527
Patricia Ares [Vicepresidenta]: 657 051 269
ONG Viraventos: 881 889 460

http://www.viraventos.org/
____________________

O Centro de Día de Caranza estará construído a comezos de 2010

De: Correo electronico BNG -bng@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data:
19 de fevereiro de 2009 10:24 Asunto: O Centro de Día de Caranza estará construído a comezos de 2010



O Centro de Día de Caranza estará construído a comezos de 2010

O Bloque Nacionalista galego de Ferrol quer informar que o Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar publica hoxe a licitación do concurso para a adxudicación das obras de construción do Centro de Día de Caranza, o primeiro dos acordados no protocolo asinado entre o Concello e a Vicepresidencia da Xunta para a dotación de servizos de igualdade e benestar na cidade de Ferrol. O equipamento terá capacidade para a atención diúrna de 80 persoas maiores e contará cun cadro de persoal duns 15 profesionais.
O custo das obras suporá un investimento, con cargo aos orzamentos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, superior a 1,3 millóns de euros, e o período de execución non poderá superar os nove meses desde o comezo das obras, que segundo os prazos establecidos, será a mediados do vindeiro mes de abril.

Deste xeito, o Centro de Día de Caranza estará construído nos primeiros días do vindeiro ano 2010, e poderá comezar a dar servizo a un total de 80 persoas maiores e/ou dependentes que recibirán atención terapéutica integral e plural durante o día a cargo dunhas 15 persoas profesionais neste ámbito (traballadoras/es sociais, fisioterapeutas, enfermeiras/os, xerocultoras/es, etc.), contribuindo así a conciliar a vida familiar e laboral das familias.
O edificio sitúase nunha parcela cedida polo Concello en zona urbana de equipamentos comunitarios, e a pesar do marcado entorno urbano da parcela, rodeada de grandes edificacións, este equipamento consegue resolver un espazo de parcela exterior axardinado, ben orientado e cunha adecuada relación interior-exterior. A suave topografía do terreo permite ademais unha zona de esparcimento exterior moi accesible e cómoda para as persoas usuarias.

Ferrol a 18 de febreiro de 2009

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol

Adxuntamos Vía Correo electrónico imaxes virtuais do centro
_________________

mércores, febreiro 18, 2009

Por que furar Ferrol ?


A propósito dos estacionamentos subterráneos e a calidade de vida


Un pouco de historia.

A Praza do Concello, oficialmente Praza de Armas [que outros xa a re-nomearon como "Praza da Paz" durante os 13 días de Folga de Fame do noso compañeiro Xosé Álvarez Crucio], segundo técnicos municipais necesitaba unha remodelación, xa que había informes municipais que alertaban do seu progresivo deterioro.

Cando gobernaba o bipartito conservador [PP e IF], procedeuse á convocatoria dun concurso público para a presentación de ofertas de reforma, a cambio da concesión de máis espazo de negocio, en sentido vertical claro.

O concurso, foi anulado nun pleno municipal [a pesar de que IF -Pita Romero- teimaba en que fora aprobado - o porqué saben-no eles - "negocios" ?], parece ser que debido a que o prego de condicións establecido, non cumpría o Plano Urbanístico Municipal de Rehabilitación para o bairro da Magdalena, o que provocou que a empresa implicada -única licitante-, Ferrolxest [unha das de Isidro Silveira], presentase unha demanda contencioso-administrativa contra o Concello ferrolán. O xulgado, finalmente, deu a razón ao Concello, nunha sentenza coñecida en Outubro de 2007.

A situación era óptima para retomar o asunto da Praza, obrigar a Isidro Silveira a cumprir coas súas responsabilidades como empresa concesionaria e senón fora así, revocar a concesión do estacionamento e locais comerciais [algún deles fechado desde hai anos], rescatando a mesma -se fora posíbel expropiando -alegando interese público- como así o é, para unha posterior reforma e rehabilitación da Praza e estacionamento, conforme ao citado Plano Urbanístico. E porque non, posteriormente ofertar a concesión ou aluguer de prazas individuais a residentes do barrio.


Ao asunto, con argumentos

Os nosos responsábeis municipais pretenden demostrarnos que os estacionamentos subterráneos están feitos para facilitar a vida urbana e mellorar a súa calidade de vida. Alega-se que hai que devolver ao "peón" o espazo que até agora ocupaban os coches. Todo un tópico que non se corresponde coa realidade. A realidade é todo o contrario, o que se pretende e facer-lle máis espazo, dentro da cidade, ao vehículo particular motorizado privado, pois xa non collen nas rúas. Na vez de limitar paulatinamente a entrada destes vehículos no centro da cidade.


A construción dos estacionamentos subterráneos no centro das cidades

A simple vista, os estacionamentos subterráneos permiten deixar os coches baixo terra, desculpas polo "lapsus", quixemos dicir baixo cemento, na cidade, facéndo-os desaparecer das rúas e gañar espazo para a xente da pé. Mais, deixando para despois o máis significativo da súa perversidade, os efectos perniciosos da súa construción están á vista para o medio ambiente urbano. De entrada, como é un negocio, o aproveitamento ao máximo do espazo converte-se en premisa fundamental, arrasando con todo o verde e o pouco arborado existenten nas cidades. Para, logo, re-urbanizar a maior parte das prazas e rúas, para de seguido ocupa-las polo asfalto e cemento, por regla xeral sen árbores ou no mellor dos casos xardineiras diseminadas pola superficie. Perante a súa construción, ruídos e molestias ao comercio e á cidadanía da súa contorna. Maquinaria pesada, grúas, innumerábeis camións formigoneiras, ... Utilización de cantidades enormes de cemento.


O Caso da Praza do Concello de Ferrol

No caso do da Praza do Concello, imaxinemos tres andares e remodelación da Praza. O máximo lucro do negocio, como antes mencionabamos, leva ás empresas concesionarias a ocupar a práctica totalidade da praza e rúas que a ladean, instalando nas beirarrúas, ramplas de acceso e outras de saída, casetas para escaleiras e ascensores na superficie, ... E agora imaxinemos un grande furado diante da casa do Concello, con obras de duración superior ao ano e medio ou dous anos. Di-se que tamén se quere beneficiar ao comercio do Centro, máis se lle vai castigar sen 100 estacionamentos, mentres duren as obras. Xa non falemos do colapso do tránsito motorizado e das xa mencionadas molestias e ruídos. Dentro da súa lóxica, non parece lóxico. Os negocios máis débiles resentiran-se e até pode que cheguen a un deterioro económico irreparábel.

Máis a nosa oposición, non é só polo dano ao medio ambiente urbano, nunha zona sensíbel como é o bairro histórico da Magdalena. Outro motivo é continuar coa privatización dun servizo público municipal. Gastar no seu rescate case dous millón e medio de euros, para voltar a privatizar, parece un despilfarro económico, cando só faltaban uns poucos anos [din que 10 anos] para o fin da concesión.


Animando a utilizar o vehículo motorizado particular privado

Doutra banda, a desaparición dos coches estacionados baixo a superficie, non supón, por iso, un menor tránsito motorizado pola cidade, senón máis ben o contrario, unha maior circulación de vehículos que, animados pola existencia de lugares para aparcar, non terán tantos reparos para adentrarse no casco histórico da Magdalena no centro da cidade. Polo que, en lugar de desanimar aos motorizados para que non collan o coche ou non entren con el na cidade, ante as dificultades para poder estacionar no centro e, deste xeito, favorecer o uso doutras formas máis ecolóxicas de desprazarse [a pé, en bicicleta ou collendo o transporte público], anímaselles a utilizar o vehículo motorizado. Circulación motorizada que se agrava e que vai continuar agravando-se na medida que a cidade se expande innecesariamente pola actual zona rural a través de numerosos plans parciais, como polo de agora permite o actual e de urxente reforma PXOM [para exemplo o Plano Sectorial de Menáncaro que se non chega a ser pola loita firme e consecuente da Comunidade Menáncao e os colectivos ecoloxistas, hoxe teríamos unha urbanización de luxo no lugar, coa conseguinte desaparición do valioso espazo natural] e mentres o centro urbano de Ferrol baléira-se e as distancias desde o lugar de residencia ao do traballo, administracións ou zona comercial, aumentan.

Deste xeito, atopamo-nos ante a degradación das condicións de vida da cidade, onde cada día máis xente vai ao centro de Ferrol, para facer algún tipo de xestión, comprar ou a locais culturais ou de ocio, para o que se utiliza o coche particular que necesita, á súa vez, unha praza de estacionamento, o que provoca, unha maior contaminación acústica e atmosférica das rúas, pola afluencia continuada de vehículos motorizados.

A nós, non nos cabe a menor dúbida de que a construción de estacionamentos subterráneos no centro da cidade, vai na dirección de potenciar o uso do vehículo particular motorizado privado, non na súa redución no centro de Ferrol.


Saúde

Estamos a falar dunha cidade pequena, onde as distancias son curtas, todo queda perto, ao lado, a poucos minutos. Ampliar o estacionamento da Praza do Concello vai contra toda lóxica e sobre todo contra un futuro saudábel. Hoxe en día, cando a OMS [Organización Mundial da Saúde] chama a cambiar os hábitos pouco saudábeis de vida, establecendo a "Estratexia Mundial sobre Réxime Alimentario, Actividade Física e Saúde", concretado na Galiza no "Programa Pasea" que pretende abordar en conxunto unha estratexia de concienciación e mobilización comunitaria fronte ao problema de saúde colectivo, promovendo hábitos saudábeis que condicionen un cambio global no estilo de vida. Demos 10.000 pasos ao día e o corpo no lo agradecerá.

Colectivo Ártabra 21
_________________

Enlace relacionado:

Colectivo Ártabra 21: No Pleno Municipal de hoxe, en Ferrol, vai-se hipotecar parte do futuro da cidade ...
__________

Democracias e caraduras

Por Juan Torres López 17.02.2009

En Venezuela acábase de aprobar por referendum unha medida que permite que quen queira que sexa Presidente preséntese cantas veces desexe á reelección.

Facendo provisión de cinismo e malo sangue, os medios de comunicación dos ricos e os políticos de dereitas din que iso mostra que o presidente Chávez é un ditador que quere perpetuarse no poder e afirman, en consecuencia, que en Venezuela non hai democracia.

Esquécense, ou ocultan, que para seguir de Presidente terá que gañar unhas eleccións que deberán ser especialmente limpas posto que alí haberá cando se celebren (como ocorreu ata agora) centos de observadores internacionais, moitos deles desexosos de atopar o máis mínimo fallo para denuncialo.

Pola contra, os mesmos que descualifican a democracia de Venezuela pon como exemplo a Estados Unidos, onde Bush chegou a Presidente con menos votos que o seu adversario e despois de que no Estado onde goberna o seu irmán votáseno moitos mortos e de que non puidesen votar moitos dos vivos que non o querían como Presidente.

Que dirían se o Tribunal Supremo de Venezuela nomease presidente ao candidato con menos votos?

Tamén pon de exemplo a España, onde os presidentes poden igualmente presentarse á reelección cantas veces queiran sen que ninguén ouse chamalos ditadores e onde non se permite que os cidadáns decidamos concretamente se queremos que o Xefe do Estado sexao para sempre e con carácter hereditario.

E iso, por non falar da claridade e a democracia real con que se fala dun e outro nos medios de comunicación.

Que dirían se Chávez fixese baixo o seu mandato a metade da fortuna que fixo o rei Juan Carlos?
Poden dicir o que queiran pero hai que ter moita cara dura para descualificar a Venezuela cando pasan as cousas que todos sabemos que pasan nos demais países.

E engado: por que non se menciona que en Venezuela quen non estean de acordo cun cargo electo, e entre eles co presidente, poden convocar un referendum para revogalo a metade do mandato? Tamén iso é propio dunha ditadura?

Recomenda-se entar no artigo orixinal do compañeiro Juan Torres con interesantes comentarios
____________

Boletín Informativo Democracy Now ! do Martes 17 de Febreiro de 2009

Os Titulares do Martes 17 de Febreiro de 2009


O RESTO DA HORA DE DEMOCRACY NOW!

  • Xuíces de Pensilvania decláranse culpables de aceptar subornos a cambio de enviar a mozos a cárceres privados

    Pajusticeweb

    Un caso de corrupción xudicial sen precedentes está tendo lugar en Pensilvania. Varios centos de familias presentaron unha demanda conxunta contra dúas ex xuíces que se declararon culpables de aceptar subornos a cambio de enviar a mozos a cárceres privados. Crese que os xuíces Mark Ciavarella e Michael Conahan recibiron 2,6 millóns de dólares por garantir que novos sospeitosos fosen encarcerados en prisións xestionadas polas empresas PA Child Care e a súa xemelga Western PA Child Care. Algúns dos mozos foron encarcerados a pesar das obxeccións dos funcionarios encargados de vixiar a liberdade condicional. Aproximadamente 5.000 mozos foron condenados por Ciavarella desde que a trama de corrupción comezou en 2002. Falamos con dous dos mozos condenados por Ciavarella e con Bob Schwartz, do Juvenile Law Center (Centro Legal Xuvenil).

    Escoite/Vexa/Lea (en inglés)
  • Beverly Eckert (1951-2009): viúva a causa do 11-S, defensora da paz e das vítimas do 11-S

    Eckertweb2

    Durante a emisión de onte recordamos a vida de Alison Deas Forges, unha das principais expertas no mundo sobre Ruanda. Deas Forges atopábase entre as cincuenta persoas que morreron no accidente do voo Continental Flight 3407 preto de Buffalo, Nova York o xoves pasado. Hoxe repasamos a vida doutra das vítimas, unha muller que se converteu en defensora da paz e das vítimas do 11-S tras perder ao seu marido no atentado ás Torres Xemelgas. Beverly Eckert era co-presidenta de Voces do 11 de Setembro e traballaba estreitamente co grupo Familias do 11-S por un Mañá de Paz (September 11th Families for Peaceful Tomorrows). O seu marido, Sexan, morreu cando se atopaba traballando no piso 98 da torre sur do World Trade Center.

    Escoite/Vexa/Lea (en inglés)
  • Martin Khor fala sobre a crise económica global: “Poderiamos chegar a ter mil millóns máis de persoas sumidas na pobreza nos países en desenvolvemento por mor desta crise”

    Kohrweb

    O presidente Obama ten previsto converter en lei hoxe en Denver o plan de estímulo económico de 787.000 millóns de dólares. Mañá, Obama acudirá a Phoenix e espérase que aborde a crise hipotecaria e presente un plan para pór fin ao desproporcionado aumento do número de execucións hipotecarias. Aínda que se falou moito nos medios sobre o estado da economía estadounidense, que pasa no resto do mundo? Desde Grecia ata Guadalupe, de Italia a Indonesia, desde Chile ata China e de Exipto a India, os países de todo o mundo senten a presión da recesión que empezou fai máis dun ano en Estados Unidos. Falamos co economista Martin Khor, da sede en Malaisia da Rede do Terceiro Mundo.

    Escoite/Vexa/Lea (en inglés)

No Ano de Darwin - 150 anos depois da publicação das Origens das Espécies

No Ano de Darwin

Por Adela Figueroa 15.02.2009

150 anos depois da publicação das Origens das Espécies.

Celebra-se este ano o centenário da morte de Charles Darwin e também o 150 aniversario da Publicação da obra pela que é conhecido universalmente.

O interessante da teoria de Darwin é que coloca á nível do público a expressão científica da grande diversidade que os seres vivos manifestam. E que isto não se deve ao capricho de nenhum Ser Superior. Pelo contrario, esta diversidade reflete á necessidade de sobreviverem melhor que outros no meio em que se encontram. As novas idéias tenham, sempre, que se abrirem caminho através dos Paradigmas teóricos dominantes no seu momento. Pero case nunca aparecem como feitos isolados. A mudança conceptual tem que superar a inércia das idéias dominantes porque a sociedade, como a vida, é conservadora.

A evolução do pensamento é sempre gradual , porque a sociedade rejeita as inovações, como a vida rejeita as mutações que impliquem fortes mudanças estruturais que não encontrem o seu lugar no ambiente. Porque este muda aos poucos, ao mesmo tempo que mudam algumas particularidades das espécies.

No caso que nos ocupa, podemos afirmar que o fermento ideológico estava botado na sociedade. Antes que Darwin, já Lamarck enunciara uma teoria da Evolução. O mérito do francês foi romper com o esquema filosófico da época, mas não conseguiu formular uma seria explicação ao motivo da evolução.

Na Inglaterra Victoriana, que iniciava um modelo social devido á industrialização e, depois das teorias de Marcuse que relacionava o crescimento da população humana com a disponibilidade de alimento, imaginar um mecanismo pelo qual as espécies vivas mudam pela pressão do ambiente resultava facilitado. Não quero tirar-lhe o mérito a Darwin, mas si colocar a sua aportação no pensamento da sua época.

Lembremos também que Wallace, tinha chegado á mesma conclusão que Darwin antes que este fizesse públicas as suas idéias, e que já em 1788 Hutton, em Edimburgo, enuncia a sua Teoria sobre a Terra em que introduze a idéia de mudança permanente sentando as bases do que hoje conhecemos como Ciclo dos Fenômenos Geológicos.

Por tanto, as idéias evolucionistas estavam no ambiente. Só aguardavam que uma mente preclara e rigorosa as aplicasse para entendermos porque existe tal diversidade de seres vivos, cada um representando a melhor estratégia para obter o máximo rendimento do alimento e das condições do ambiente .

Hoje não falamos apenas de evolução biológica, mas da evolução conjunta dos seres vivos e o seu meio. Segundo Lynn Margulis, “desde que apareceu a vida, a Terra já não voltou ser a mesma”, porque os seres vivos não só se adaptam para melhorar as suas estratégias de alimentação ou para fugir melhor dos seus predadores, conseguindo assim terem mais descendência, mas também interatuam com o seu ambiente modificando-o até conseguir um equilíbrio com ele. Este equilíbrio é global ( Os animais respirando deitam CO2 a atmosfera, que é utilizado pelas plantas para fazerem a fotosintesse).

A Hipótese Gaia de Lovelock e Margulis considera á Terra como um sistema integrado que funciona á semelhanza dos viventes reagindo face os câmbios e adaptando-se permanentemente num equilibrio dinámico, em constante mudança .

O motor da evolução já não se coloca ,exclusivamente, em uma “natureza de dente e garra” , mas em mecanismos de cooperação inter específicos como a simbiosse entre bacterias. Margulis vai mais longe com a sua s teorias afirmando que a simbiogenese é o motor principal das variaçoes na evoluçao .

Estes câmbios conceptuais tenhem grande importancia na aceptaçao dos ecosistemas como os lugares em que a vida se desenvolve. Nao evoluem apenas os seres vivos mas os ecosistemas. Os pinzons de Darwin evoluiram para adaptarem os seus peteiros ao alimento disponivel em cada uma das ilhas das Galapagos. Mas as sementes das que se nutriam iriam encontrando novos lugares para a sua germolaçao ao serem diseminadas pelos passarinhos. Isto até onde o espaço disponivel o permitisse. O que hoje chamamos a capacidade de carga do ecosistema. Todas as especies que conformam um ecosistema competem entre sim, mas também cooperam aportando dejectos que outras aproveitam ou servindo de alimento aos predadores que controlaram assim os excedentes de povoaçao .

A evoluçao caminha sempre hacia a maior complexidade possível dos ecossistemas, incrementando a Biodiversidade, de maneira a facilitar uma melhor circulaçao da materia e a energia de geito que nunca se produza um “atasco” (o que chamariamos acúmulos de refugalhos).

A herdança que Darwin nos deixou foi transcendente. Ele enunciou a teoria, e deu uma explicaçao científica e razonada da mesma.

Por essa porta aberta puderam passar outros e outras que conseguiram formular as causas e a natureza dos sistemas viventes como sistemas integrados entre os que a materia e a energia circula sempre. Cando esta circulaçao se interrompe, ou cando hai uma mudanza ambiental forte os seres vivos entram em crise, desaparecem especies e os sistemas simplificán-se tornando-se mais vulneraveis.

Nos, como especie viva estamos submetidos tambem as leis da natureza. Mas conseguimos, por vertude da cultura gerar ambientes adaptados a nos .

A cultura e o conhecemento sao as nossas armas evolutivas. De grande eficacia, somos a especie mais extendida do Planeta. Porem, a que mais interfire com o seu ambiente.

A inteligencia de Darwin foi explicar o mecanismo da evoluçao, por selecçao natural dos individuos mais aptos. A nossa inteligencia é comprender os limites do ecossistema Terra, para evitarmos que entre em crise, nao superando a sua capacidade de carga por sobre-exploraçao dos recursos ou pela acumulaçao dos refugalhos que os ecossistemas nao possam reciclar.

Adela Figueroa Panisse

Fonte: MundoGaliza
__________________________

martes, febreiro 17, 2009

Urxen economías máis amigables co planeta

16 de febreiro, 2009 O Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente destacou este luns que se necesitan con urxencia acciones para reducir os niveis de emisión de gases de efecto invernadoiro a través de economías máis amigables co medio ambiente.

No seu anuario 2009, tamén alerta sobre a crecente preocupación dos científicos pola liberación de gases como o metano proveniente do desxeo do Ártico e o derretimiento do chan permanentemente xeado.

O PNUMA advirte que o manto de xeo de Groenlandia, está perdendo actualmente 100 quilómetros cúbicos de xeo ao ano.

Estímase que os niveis do mar poderían aumentar ata en 2 metros no próximo século debido unicamente ao desxeo de Groenlandia.

Esta situación podería desprazar a máis de 100 millóns de persoas en Asia, 14 millóns en Europa e 8 millóns en África e América Latina respectivamente.

O anuario destaca que o sector do transporte contabiliza máis do 20% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro.

Indica que en 2005 circulaban uns 650 millóns de vehículos. Espérase que esa cifra duplíquese para 2030.

Fonte: Centro de Noticias de Nacións Unidas

___________________

24 persoas mortas, 15 deles crianzas, ao envorcar unha patera fronte á illa de Lanzarote


O número de inmigrantes mortos na costa de Teguise (Lanzarote) elévase xa a 24 persoas, dos que polo menos 15 son menores. Do total, 21 corpos foron rescatados tras envorcar a patera coa que intentaban chegar onte a terra, mentres que os servizos de procura intentar recuperar outros dous corpos localizados nunha zona de difícil acceso, segundo informaron fontes de Cruz Vermella.

Entre os falecidos hai 15 nenos e dúas mulleres, unha delas embarazada

Do total de persoas falecidas, 15 son menores e dúas mulleres, das que unha estaba embarazada de oito meses. As mesmas fontes sosteñen que o patrón do barco, un home, faleceu, o que se engade aos dous desaparecidos no mar e que están "enganchados" nunha zona rochosa.

Así mesmo, aínda que Cruz Vermella cre que só un fuxiu a pé, fontes policiais apuntan a que dúas ou tres persoas podían saír fuxindo tras naufragar, sobre as 18.30 horas de onte, a embarcación duns cinco metros de eslora na praia dos Cocoteros, ao noroeste da illa.

Seis rescatados con vida

Tan só seis dos ocupantes da patera puideron ser rescatados por dous mozos da zona, quen se lanzaron ao auga e puideron arrastralos á beira, axudados por outros veciños, que lles lanzaron cordas e salvavidas das súas pequenas barcas.

Os veciños colaboraron no rescate con cordas e salvavidas.

Os inmigrantes que correron peor sorte lanzaron berros de desesperación e queixumes baixo a barca antes de desaparecer, segundo explicaron testemuñas presenciais da traxedia.

Aínda que ás 23:00 horas (local) mantíñase o dispositivo de procura dos desaparecidos, que procedían de Marrocos, as autoridades da illa consideraban pouco probable que houbese máis sobreviventes. O tempo deulles a razón.

O naufraxio ocorreu sobre as seis e media da tarde fronte á costa dos Cocoteros, no municipio de Teguise, ao nordés de Lanzarote.

Pouca profundidade

Por causas que se descoñecen, a patera, de fibra e duns cinco metros de eslora, envorcou moi preto da costa, onde a profundidade do mar é xa escasa.

Os dous mozos que se lanzaron ao auga para rescatar aos inmigrantes foron identificados como Cristian Hunt (un surfeiro uruguaio) e Johny Camarasa, quen presenciaran os feitos e axudaron no que puideron aos náufragos. Os veciños atenderon aos inmigrantes ata a chegada dos sanitarios.

Os equipos de rescate e salvamento despregaron no lugar un amplo dispositivo de procura dos inmigrantes e varias horas despois confirmaron o achado dos primeiros cadáveres.

Entre os inmigrantes viaxaban unha muller embarazada e tres nenos de entre sete e nove anos.

Cinco dos seis sobreviventes foron ingresados no Hospital Xeral de Lanzarote e outro foi dado de alta, aínda que se atopaba emocionalmente moi afectado polo sucedido, xa que entre os desaparecidos atopábase un irmán seu.

Onte á noite, ás 23:00 horas os equipos de rescate continuaban rastrexando a zona catro embarcacións de Salvamento Marítimo, Garda Civil e Cruz Vermella, axudados por medios aéreos, aínda que en breve ían suspender as operacións.

Os labores de procura dos desaparecidos eran difíciles debido á escuridade da noite, as malas condicións do mar e ao terreo volcánico e escarpado das beiras da zona.

Fonte: 20 Minutos
Este periódico publica-se baixo licenza Creative Commons
___________________

Enlaces relacionados de interese:

Inmigrantes [20 Minutos]
________________