domingo, marzo 29, 2009

Deixou-nos o Compañeiro Torrente, Santiago Torrente López, "Tito", morreu hoxe 28 de Marzo de 2009 aos 61 anos de idade, logo duns meses loitanto ...

Deixou-nos o Compañeiro Torrente, Santiago Torrente López, "Tito", morreu hoxe 28 de Marzo de 2009 aos 61 anos de idade, logo duns meses loitando contra a dura enfermidade. Desde o Colectivo Ártabra 21 un sentido abrazo a toda a súa familia e amistades.

O Compañeiro Torrente, foi un loitador desde a súa mocidade, naceu o 25 de Xullo de 1947 na "República Independente da Pedreira" - Mugardos -. Desde os 8 anos estuda na Escola Obreira - tutelada polo asteleiro e rexentada polos "frailes" salesianos -, aos 15 entra de aprendiz na BAZAN. O Compañeiro Torrente era Mecánico Torneiro.

A súa escola política e sindical, estivo, principalmente, nas travesías diarias de lancha, entre Mugardos e Ferrol, onde escoitaba as charlas de Paco Filgueiras e outros compañeiros. Mais Torrente non quedou na BAZAN, foi despedido no ano 1966, polo que se traslada á Comarca de Vigo e traballa na empresa CENSA onde entra en contacto coas incipientes CCOO. Máis tarde estivo navegando na mariña mercante e coñeceu a emigración. Traballou en Italia, en Trieste na poboación de Mofalcone, onde reside, cando os sucesos de Ferrol en Marzo do 72. De novo voltou á Comarca para traballar en BAZAN en 1975, onde máis tarde foi responsábel do Partido Comunista do Asteleiro que chegou a ter naquel tempo, 500 afiliados. Na factoría chegou a ser presidente do Comité de Empresa e membro destacado de CCOO.

En certo sentido apartado por varios anos da loita social, política e sindical, volve implicando-se no movimento social anti-reganosa, na loita contra a Planta de Gas, onde a súa irma Luz Mariña é unha das dirixentes máis destacadas. Deixa-nos uns emocionantes versos dedicados á veciñanza de Meá que ocupaba a casa do Concello de Mugardos entre o 23 de Xullo ao 10 de Novembro de 2007, 111 días de peche, 111 días de Loita, 111 días de Dignidade... "Os Versos de Tito". Ultimamente estaba ao frente da Plataforma Cidadá en Apoio ao cabo Gago -Plataforma pola Verdade-, onde era o seu coordenador, nun loita contra a impunidade dos mandos militares e a inxustiza dun ordenamento militar virado de costas ás liberdades.

Emocionantes Versos do Compañeiro Torrente para a veciñanza de Meá, dedicados ás veciñas e veciños que ocupaban a casa do Concello de Mugardos entre o 23 de Xullo ao 10 de Novembro de 2007, 111 Días de Loita, 111 de Dignidade ... "Os Versos de Tito"


____________

Un interesantísimo audio dunha Mesa Redonda de Debate sobre o Sindicalismo Contemporáneo na Comarca de Ferrol Terra [O movimento obreiro na Comarca desde Marzo do 72], da man de Rafael Pillado, Alfonso Tellado e Santiago Torrente, coordenados por Xam López, acto realizado na Fundaçom Artábria, o 11 de Marzo de 2005, dentro do ciclo de historia "Memória de Nós".

Baixar o Audio do Acto: Descargar o arquivo

Escoitar o Audio do Acto agora:


Im memoriam
___________



asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
29 de Marzo de 2009 02:23


PASAMENTO DE SANTIAGO TORRENTE

A Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO queremos expresar noso pesar polo pasamento de SANTIAGO TORRENTE, vitima dunha enfermedade .

Lembraremos o seu compromiso e entrega como na sua ultima destacada actuación como portavoz da Plataforma pola verdade da fragata Extremadura e cabo Gago da cal esta asociación forma parte.

Noso pésame a súa viuva, fillos e a súa irmá, Luz Marina, compañeira e unha das valentes voceiras do Comité de Emerxencia contra a Planta de Gas.

A desapareción de SANTIAGO TORRENTE significa unha perda irreparable pero seu exemplo e reivindicación perdurará na nosa memoria.

Ferrol a 29 de Marzo de 2009

asdo. Xosé M. Sanxoán - Secretario
asdo. Ana J. López - Presidenta

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
avvorosario@gmail.com
orosario-inferninho.blogspot.com
_____________

En recordo de Santiago Torrente
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
29 de Marzo de 2009 18:12


Este Comité Cidadán de Emerxencia, lamenta o falecemento de Santiago Torrente López, amigo e compañeiro cunha intensa dedicación á actividade política e sindical, desde a etapa predemocrática, a través da súa militancia no Partido Comunista e en Comisións Obreiras e posteriormente en postos de responsabilidade no Comité de Empresa de Bazán.

A súa sensibilidade e compromiso social ocupáballe actualmente en coordinar, con empeño e eficacia, a Plataforma de Apoio ao Cabo Gago.

Á súa familia e amigos, e de modo especial á súa esposa e á súa irmá Luz Mariña, compañeira nos labores deste CCE, a nosa solidariedade e o noso profundo sentimento

--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_____________

Inmemoriam
Grazas Santiago Torrente !

É fácil atopar as palabras para eloxiar o traballo dun home loitador e humano como era Santiago Torrente. Pero é difícil atopar as palabras para describir tanto dor que nos produce a perda de alguén cun espírito humano fóra do normal.

Non seriamos humanos, senón recoñecésemos a gran Humanidade de Torrente.

A súa entrega incondicional cara aos seus, a súa muller, os seus fillos e os seus netos, non lle impediron sacar toda a súa Forza e Honra para pelexar pola Inxustiza deste mundo.

É inxusto que se marchou un home de tan gran corazón, pero a bondade nesta vida non nos fai inmortais. Por iso baixo estas palabras desexo arroupar á súa familia, para que non decaigan no desánimo, senón ao contrario, sentan orgullosos do gran home que foi Santiago Torrente.

E que os ferroláns tan dados a homenaxear a xente de alta alcurnia, se baixen dos seus pedestais e saiban recoñecer o labor dun gran traballador e entusiasta dos dereitos do humanos neste país.

No meu caso, O Caso do Cabo Gago, Torrente entregouse en Corpo e Alma para loitar contra a inxustiza que estabamos vivindo, foi en boa parte o artífice de facerlle chegar a Ferrolterra esa indignación polo que estaba acontecendo.

Agora tod@s debémosllo, debémoslle agradecemento, un

¡Até Sempre Compañeiro! ¡Nunca Che Esqueceremos!

Grazas pola Túa loita con Forza e Honestidade. Grazas Santiago Torrente.
_____________

Plataforma pola Verdade, herdeira da Plataforma Cidadá de Apoio ao cabo Gago.
  • Pola memoria do Mariñeiro de Máquinas Erik Noval Gómez
  • Pola memoria do cabo Primewiro de Máquinas Javier Pérez Castrillón
  • Polo esclarecimento de todo o acontecido o 19 de decembro de 2005, abordo da fragata "Extremadura", con resultado de morte de Erik e Javier
Web da Plataforma pola Verdade:
http://plataformaporlaverdad.blogspot.com/
__________________

sábado, marzo 28, 2009

A Marcha Mundial das Mulleres chama a unha "Semana global de mobilización contra o capitalismo e a guerra", convocada pola Asemblea dos Movementos ...

Entre os días 28 de marzo e 4 de abril, mulleres e homes de todo o mundo imos estar nas rúas para facer unha protesta contra o capitalismo e a guerra e dicir que non imos pagar por unha crise que non é nosa. Convocada pola Asemblea dos Movementos Sociais, a semana de mobilización esta marcada por tres grandes momentos:
  • 28 de marzo: mobilizacións ao redor do cume do Grupo dos 20 (ou G-20), formado por representantes dos bancos centrais e gobernos de 20 países que representan dous terzos do comercio e da populación mundial e máis do 90% do produto mundial bruto, e tamén o Banco Mundial e do Fondo Monetario Internacional (FMI). O G-20 vai reunirse en Londres (Reino Unido), no principio de abril.
  • 30 de marzo: día de mobilización contra a guerra e a crise e de solidariedade co pobo palestino. Esta data marca o Día da Terra Palestina e recorda un das masacres levadas a cabo por Israel contra os palestinos (en Galilea, no 1976). Foi elixida para dar impulso a unha campaña de boicot, desinversiones e sancións (BDS) contra Israel.
  • 4 de abril: día que marca o aniversario de 60 anos da Otan - Organización do Tratado do Atlántico Norte, alianza de cooperación militar formada por países da Europa e polos Estados Unidos. A Otan vaise a reunir nos días 3 e 4 de abril en Baden-Baden e Kehl, en Alemaña, e en Estrasburgo, en Francia.
En Europa, os movementos estarán concentrados especialmente nas accións de Londres e Estrasburgo. Xa hai diversas accións de rúa, como marchas, distribución de folletos, percorridas de bicicletas, marcadas nos países que seguen: Alemaña, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá, Cataluña, España, Estados Unidos, Francia, Galiza, Grecia, Holanda (Países Baixos), India, Italia, Noruega, País Vasco, Paquistán, Québec, Kenia e Reino Unido (Escocia e Inglaterra).

Ao longo desta semana e principalmente nestas datas, os movementos van dicir que, para enfrontarse á crise que hoxe vivemos (alimentaria, financeira, económica, climática, enerxética, migratoria), é necesario chegar á raíz dos problemas e construír unha alternativa ao sistema capitalista e á dominación patriarcal.

Fronte ás falsas solucións presentadas por empresas, bancos e gobernos para saír da crise como despedimentos, privatizacións de servizos públicos, recursos naturais e enerxéticos, que non fan máis que socializar as perdas, os movementos vai situarse esixindo urxentes como:
  • A nacionalización da banca sen indemnización e baixo control social
  • Redución do tempo de traballo sen redución do salario
  • Medidas para garantir a soberanía alimentaría e enerxética
  • Pór fin ás guerras, retirar as tropas de ocupación e desmantelar as bases militares estranxeiras
  • Recoñecer a soberanía e autonomía dos pobos, garantindo o dereito á autodeterminación
  • Garantir o dereito á terra, territorio, traballo, educación e saúde para todas e todos
  • Democratizar os medios de comunicación e de coñecemento
Facer clic para:



A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza:

www.feminismo.info


___________________

Enlace relacionasdo:

Colectivo Ártabra 21: Nace a Rede Anticapitalista Galega (Ra!) para transformar un sistema que está a esmagar a humanidade e o planeta: 28 de Marzo, mobilizacións na Galiza
_________________

ADEGA: O "Informe Auken": un ladrillazo na cara a políticos e especuladores urbanísticos

Este día 26 o Parlamento Europeo aprobou o Informe Auken. sobre a desfeita urbanística en España. Entre outras medidas, o informe pide conxelar os fondos comunitarios a España si non se remata cos abusos urbanísticos. A resolución, elaborada pola deputada verde danesa Margrete Auken, pide suspender e revisar todos os novos planos urbanísticos que non respecten o medio ambiente así como anular os PXOMs e outras figuras de planexamento que non se axusten á lexislación comunitaria. O informe tamén denuncia que “todas as administracións –central, autonómicas e locais– son responsábeis dun modelo de desenvolvemento insustentábel, que tivo gravísimas consecuencias, ambientais, sociais e económicas”. Qué vai pasar coa moratoria dos 500m, que caduca en mes e medio e co Plano do Litoral en trámite? Que vai facer Feijoo co Plano Acuícola, o de Portos Deportivos, o "axente urbanizador"... diante deste demoledor informe europeo?

Por unha ampla maioría de 349 votos a favor, 110 en contra e 114 abstencións o P. E. aprobou un informe que contaba coa oposición de socialistas e populares españois, que non lograron convencer aos seus compañeir@s dotras nacionalidades para que votaran en contra. É a terceira vez que o Parlamento Europeo denuncia os abusos urbanísticos en España nesta lexislatura (decembro de 2005 e xuño de 2007).

Socialistas e populares españois presentaran resolucións alternativas para suavizar o informe, pero foron rexeitadas: a do PP por 393 votos en contra e 126 a favor, e a do PSOE por 436 votos en contra e 72 a favor.

O Parlamento Europeo censura que algunhas urbanizacións construíronse en zonas protexidas pola Rede Natura 2000 e denuncian a falla dunha aplicación axeitada e coerente da lexislación ambiental, causa de moitos abusos urbanísticos. [Foto: Protesta en Valdoviño contra unha urbanización] Todo isto, xunto coa “laxitude” nos procedementos xudiciais, “xerou unha corrupción endémica”. O informe critica ademáis que as autoridades xudiciais españolas “non están debidamente preparadas” para tratar casos de abusos urbanísticos, tramítanos con demasiada lentitude e que “as sentenzas ditadas en moitos casos non poden executarse de forma que compensen ás vítimas dos abusos”. “Isto reforza a impresión, sobre a falla de actuación e parcialidade da xustiza española”, di o texto.

[O monstro de Toralla na ría de Vigo] Para solucionar estes problemas, o P. E. “pide ás autoridades españolas que deroguen todas as figuras legais que favorecen a especulación, como o axente urbanizador”. Tamén insta a revisar “urxentemente” e modificar a Lei de Costas “a fin de protexer os dereitos dos propietarios de vivendas e pequenas parcelas que non teñen impacto negativo sobre o medio costeiro”.


PROPOSTAS DE ADEGA EN URBANISMO E LITORAL

URBANISMO
  • Dotar de contido e medidas ás DOT (Directrices de Ordenamento do Territorio) para que sexan a referenza vinculante de todos os Planos Sectoriais (Eólico, Hidroeléctrico, de Transportes, do Litoral, de Vivenda, etc.)
  • Paralizar e revisar os Planos Sectoriais en vigor ou en tramitación para adatalos ás DOT.
  • Modificar a Lei de Ordenación do Territorio e a Lei de Ordenación Urbanística de Galiza, para entre outras medidas, limitar as novas urbanizacións, consolidar a franxa de protección do litoral e das chairas de inundación dos ríos, restrinxir a figura do “axente urbanizador” e limitar usos autorizábeis en solos de especial protección.
  • Penalizar fiscamente ás vivendas baleiras e segundas residencias e incentivar a rehabilitación fronte á obra nova, con especial atención aos núcleos históricos e á recuperación das fachadas marítimas.
  • Potenciar as Normas do Hábitat e a construción ecoeficiente.

LITORAL
  • Lei do Litoral de Galiza que garanta a protección e conservación da costa fronte aos efectos do cambio climático (suba do nível do mar, perda de biodiversidade, menor produtividade biolóxica...).
  • Ampliación da moratoria urbanística dos 500m mentres non se aprobe o Plano do Litoral.
  • Plano de Ordenación do Litoral elaborado con criterios de sustentabilidade que permita unha xestión integrada deste espazo e delimite os usos compatíbeis coa conservación da costa.
  • Derogación do Plano Acuícola e aposta pola a recuperación da pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura a flote, así como pola multifuncionalidade da pesca (turismo, patrimonio, cultura, etc.)
  • Revisión da Lei de Defensa das Rías para incorporar novos espazos, prohibir actividades potencialmente contaminantes, ampliar os parámetros de calidade das augas e garantir o saneamento integral das rías.
  • Ampliar a rede de Áreas Mariñas Protexidas e promover a declaración de Reservas da Biosfera para as rías galegas.
  • Desmantelamento de ENCE-ELNOSA e dos depósitos do Ferrazo antes do remate da lexislatura.
  • Máis dotación de medios para a loita contra a contaminación mariña, con bases loxísticas e dotacións nas zonas máis sensíbeis e de maior risco.

ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza Imprimir
www.adega.info

Travesa dos Basquiños, 9 - baixo
Santiago de Compostela
Gz. Sp
15704

adega@adega.info
981570099
981570099

Delegación de ADEGA - Trasancos
Centro Cívico de Caranza [na nosa delegacion], Avda Castelao s/n. Ferrol
Noso Apdo Correos 481 . 15480 Ferrol

Telefones:
Nés - 649779774
Suso L Piñeiro - 639288263
Antonio 625878352
Antón Muñiz 663304110

Na web de ADEGA, mais información da nosa Delegación:
Web de Adega - Trasancos
__________

Enlaces relacionados de interese:
  • "Informe Auken" : INFORME sobre o impacto da urbanización extensiva no Estado Español, nos dereitos individuais dos cidadáns europeos, o medio ambiente e a aplicación do Dereito comunitario, con fundamento en determinadas peticións recibidas - (2008/2248(INI)) Comisión de Peticións - Ponente: Margrete Auken
  • Pode-se baixar o texto do "Informe Auken" -revisado 20.02.2009- nos arquivos do Colectivo Ártabra 21 en formato -pdf- [Baixar]
_____________

Leccións do Exxon Valdez

Por Amy Goodman
25 de Marzo de 2009


Fai vinte anos, o buque petroleiro Exxon Valdez derramou polo menos 11 millóns de galóns de petróleo nas prístinas augas de Prince William Sound, en Alaska. As consecuencias do derrame foron desastrosas e continúano sendo ao día de hoxe. O incidente tivo un gran impacto no medio ambiente e a economía. En lugar de consideralo simplemente como un caso de contaminación, Riki Ott cre que o desastre do Exxon Valdez é unha ameaza fundamental para a democracia estadounidense.

Ott, unha toxicóloga mariña e pescadora comercial de salmón, oriúnda de Cordova, Alaska, comeza o seu libro sobre o desastre, "Not One Drop" (Nin unha pinga), cunha cita de Albert Einstein: "Ningún problema pode ser solucionado co mesmo nivel de conciencia que o xerou".

O masivo derrame estendeuse 1.900 quilómetros desde o lugar do accidente, e cubriu 5.150 quilómetros de costa e un área de 25.900 quilómetros cadrados en total. O 24 de marzo de 1989, Ott, que formaba parte do Consello Directivo do Sindicato de Pescadores do Distrito de Cordova, estaba inspeccionando a escena desde o aire: "Era unha escena surreal. Era simplemente marabilloso, marzo, o amencer, as montañas de cor rosada, brillando coa luz do sol. E de súpeto, chegamos ao lugar onde estaba a cuberta vermella do buque petroleiro, que é do longo de tres canchas de fútbol; a auga mansa, de cor azul profundo; e esta mancha negra, como de tinta, que se estendía coa marea".

A noticia do derrame coñeceuse en todo o mundo, e moita xente achegouse a Valdez, Alaska para empezar a limpeza. A vida mariña quedou devastada. Ott di que ata medio millón de paxaros mariños morreron, ademais de 5.000 nutrias mariñas, 300 ou máis focas de Groenlandia e millóns de salmóns novos, ovos de peixes e peixes novos. A morte dos ovos de peixes provocou un impacto de longo prazo, aínda que retardado, na pesca de arenque e salmón en Prince William Sound. En 1993, a industria pesqueira estaba en quebra. As familias perderon o seu sustento logo de pedir grandes préstamos para comprar botes e permisos de pesca custosos. Aínda que a pesca de salmón mellorou, os arenques nunca volveron.

Esta situación económica desfavorable é unha das bases da acción legal contra ExxonMobil, a maior empresa petroleira do mundo. O complexo litixio prolongouse durante dúas décadas, e ExxonMobil está gañando. Hai 22.000 actores que demandan a ExxonMobil. Un xurado outorgoulle unha indemnización de 5.000 millóns de dólares aos demandantes por danos e prexuízos, que equivale ao que eran, naquel momento, as ganancias anuais de Exxon. Esta cifra foi reducida á metade por un Tribunal Federal de Apelacións, e foi reducida finalmente a apenas pouco máis de 500 millóns de dólares pola Corte Suprema. Ao longo dos 20 anos de batallas xudiciais, 6.000 dos demandantes orixinais morreron. ExxonMobil, coas súas millonarias ganancias anuais e exércitos de avogados, pode facer que o caso de Valdez permaneza nos tribunais durante décadas, mentres os pescadores comerciais damnificados van morrendo da pouco.

O poder de ExxonMobil para librar unha batalla contra decenas de miles de cidadáns fixo que Ott unísese ao crecente número de activistas que quere pór ás empresas no seu lugar, quitándolles o seu status xurídico de "persoa". Unha decisión da Corte Suprema de Estados Unidos do século XIX deulle ás empresas o status de "persoas", brindándolles o acceso a proteccións amparadas pola Carta de Dereitos. Ironicamente, este dereito xorde da "Cláusula de Protección Igualitaria" da 14ª Emenda, adoptada para protexer aos escravos liberados das opresivas leis estatais logo da Guerra Civil. Historicamente, as empresas eran habilitadas polos estados para realizar as súas actividades. Os estados podían revogar o permiso dunha empresa se esta inclumplía a lei ou actuaba por encima da súa habilitación.

Ricki Ott díxome: "Durante os primeiros corenta anos logo da aprobación de devandita lei, presentáronse 307 demandas, dezanove por parte de afroestadounidenses, o resto por empresas. E nese momento, cando a Décimocuarta Emenda aprobouse para as empresas, xurdiu isto que se chama persoa empresarial. E a persoa empresarial, aos ollos da lei, pode ter acceso a dereitos, dereitos humanos, á Carta de Dereitos, a proteccións constitucionais. Iso está mal. A palabra -empresa- nunca aparece na Constitución nin na Carta de Dereitos. Así é como perdemos a liberdade de expresión. Aínda temos, como pobo, a Primeira Emenda, pero tamén a teñen as empresas".

Considérase que a "liberdade de expresión" das empresas inclúe realizar contribucións a campañas políticas e facer lobby no Congreso. As persoas que inclumplen a lei poden ser encerradas; cando unha empresa incumpre a lei - aínda que cometa un delito doloso, provocando a morte - as consecuencias non adoitan ser máis que unha multa, que a empresa pode cancelar mediante o pago de impostos. Como expresa Ott: "Se a lei coñecida como -a terceira é a vencida- pode pór a alguén preso para sempre, por que non sucede o mesmo coas empresas?" A chamada reforma "tort" do dereito estadounidense está erosionando a capacidade dos individuos de demandar ás empresas e a capacidade dos tribunais de valuar os danos e prexuízos, de modo tal que disuadiría ás empresas de cometer actos ilícitos.

Ott, xunto con outras persoas, redactaron unha "28a Emenda" da Constitución que lles quitaría o status de "persoa" ás empresas, someténdoas á mesma supervisión que existía nos primeiros 100 anos de historia de Estados Unidos.

Coa actual crise económica mundial e a crecente indignación pública polos excesos dos executivos de AIG e doutros beneficiarios do rescate financeiro, agora podería ser o momento de ampliar o compromiso público para terminar co desequilibrio de poder existente entre a xente e as empresas que ha socavado a democracia.

_____

Denis Moynihan colaborou na produción xornalística desta columna.

Amy Goodman é presentadora de "Democracy Now!", un noticiero internacional diario dunha hora de duración que se emite en máis de 550 emisoras de radio e televisión en inglés e en 200 emisoras en español. En 2008 foi distinguida co "Right Livelihood Award", tamén coñecido como o "Premio Nobel Alternativo", outorgado no Parlamento Sueco en decembro.


© 2009 Amy Goodman

Texto en inglés traducido por Laura Perez e Democracy Now! en español, spanish@democracynow.org


Texto en Galego traducido por Ártabra 21, utilizando os recursos públicos de tecnoloxía lingüística desenvolvidos polo o Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo.

Democracy Now!
http://www.democracynow.org/
Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/

______________
Enlace relacionado:

Obama enfróntase a outro 'Exxon Valdez': Vinte anos despois da vertedura, EEUU cuéstionase a herdanza de Bush, que abriu Alaska á explotación petrolífera [Público - Edición de 28.03.2009]
__________________

1ª Nota de prensa: VI CONSPIRANDO. Ferrol 9 de abril 2009 - Praza do Inferniño - Ferrol

[Clicar acima do cartaz para ampliar]

Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-

27 de março de 2009 20:49

1ª Nota de prensa.
VI Festival CONSPIRANDO por unha radio libre.
Organiza: Colectivo Opaíí!!! – Ferrol
Data: xoves 9 de abril de 2009
Lugar: Pista polideportiva da praza do Inferniño – Ferrol.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS:

Feira de Colectivos:
A partir das 5:00 h. do serán.

Grupos de base inscritos até o momento:
  • Rede Ferrol Troca
  • Lena ONG
  • Libera ONG
  • Fuco Buxán
  • Ateneo Ferrolán
  • Comité Cidadán Emerxencia para a Ría Ferrol
  • Ateneo Ferrolán
  • El Militante
  • Espazo Libertario
  • Fundaçom Artábria
  • Briga
  • Massa Crítica, que ademáis de ter o seu posto na Feira convocan unha “bicicletada”aberta a tod@s @s afeccionad@s que partirá baixo da carpa do Conspirando ás 20:00 h. , en punto, para dar unha volta por Ferrol.
  • Colectivo Opaii! – Rádio Filispim
  • Ademáis, o Colectivo de Uruguay@s en Ferrol instalarán un “tanque” donde asarán toneladas de chourizos.

Festival de música
:

A partir das 22:00 h, coa actuación de:
Programa de radio especial:

Dende o estudio de Rádio Filispim, 93.9 FM, programa especial coas voces dos protagonistas, durante e tarde noite do xoves 9 de abril.

Todos os actos na praza do Inferniño levaranse ao cabo baixo unha carpa, sendo a entrada aos mesmos de balde.


Colaboran na realización do VI CONSPIRANDO:
  • Ateneo Ferrolán.
  • Asociación Castelo de Moeche.
  • Colectivo Fervesteiro.
  • Concellaría de Cultura – Ferrol
Grazas pola difusión deste evento.

Rádio FilispiM, 93.9 FM
A rádio livre e comunitária da Terra de Trasancos emitindo dende Ferrol
http://www.opaii.blogspot.com
___________________

Un Abril cheo de Cultura no Ateneo Ferrolán

Ateneo Ferrolán
secretaria@ateneoferrolan.org-
27 de março de 2009 20:52

Enviamos un adianto da nosa programación cultural do mes de abril.
Grazas por axudarnos a difundila.

PROGRAMACION ABRIL 2009 NO ATENEO FERROLAN


Venres día 3 de abril ás 20 horas.


Concerto de guitarra de Alba López Sánchez

Obras de Narváez, Giuliani, Turina, Gerhard, Falla e Sainz de la Maza.

Biografía

Alba López Sánchez (Ferrol, 1981) finaliza grao medio Loxse no Conservatorio Oficial de Música de Ferrol en xuño de 2001 na especialidade de guitarra clásica, baixo a dirección de Iago Reigosa. En setembro do mesmo ano comeza os seus estudios de grao superior no COSMAC con Antonio Rocha e Rodolfo García remando en xuño de 2005. Prosegue o estudio de interpretación guitarrística co concertista Ramón Carnota e en 2007 trasládase ao Conservatorium van Amsterdam para estudar con Lex Einsedhart un máster en interpretación.

Perfecciona os seus estudos cos guitarristas Margarita Escarpa, Miguel Trápaga, Ana Jenaro, Gerardo Arriaga, Miguel Ángel Jiménez Arnaiz, Zoran Dukic, Carles Trepat, Alberto Ponce, David Russell, Alex Garrobé, Marco Socías e Ricardo Gallén, e cos compositores Jorge Cardoso e José Manuel Fernández.

Como solista participa na II, III e IV Mostra de Xoves Intérpretes de Vilagarcía de Arousa" (2003, 2004 e 2006) e no Concerto Homenaxe á premio nacional de poesía Julia Uceda en Ferrol, (novembro de 2003). En música de cámara destaca o dúo coa soprano Patricia Rodríguez Rico e o trío de guitarras Banora cos que ofreceu varios concertos en localidades coma Ferrol, Vilagarcía de Arousa ou Laracha, así coma concertos didácticos en institutos de educación secundaria. En maio de 2008 é invitada a tocar no Ateneu Tatarasi en Iasi, Romania e logo actúa en Amsterdam e no mes de xuño na Gallery Chief and Spirits na Haya.

Destaca tamén a súa participación no proxecto audiovisual "Mulheres na mitología" (concello de Fene, marzo de 2001) e no concerto "Mulheres a un tempo, tempo de mulheres" do concello de Ferrol en decembro de 2000.

En canto a outras músicas foi integrante do grupo de folk- fusión Sexfolia durante toda a súa traxectoria, formación coa que participa en máis de trinta festivais entre os anos 1999 e 2002. Logo pasa a formar parte de formación galaico-portuguesa A Quadrilha da Marola, coa que se sube aos escenarios nos anos 2003 e 2004.

No ámbito compositivo destaca a composición de Panxea para soprano, guitarra clásica, piano e percusión, encargada para o espectáculo multiartístico A fuxida do pensamento da Universidade de A Coruña, estreada en abril de 2004 no campus de Ferrol.


DEBATES ABRIL

Sábado día 4 de abril as 20 horas

CONFERENCIA:

"As eleccións galegas de 2009: unha análise sociolóxica do seu significado político" , por Fermín Bouza

Fermín Bouza (Santiago de Compostela, 1946), Catedrático de Socioloxía (Opinión Pública) na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Traballa sobre Opinión Pública, Comunicación Política e Socioloxía Electoral. E membro fundador de ACOP (Asociación de Comunicación Política) e forma parte da súa directiva. Tamén escribe textos literarios, particularmente en galego (o libro de poemas Labirinto de Inverno, en galego, foi Premio da Crítica Española). Publicou libros e artigos da súa especialidade (ver páxina de publicacións accesibles) e colabora en diversos medios sobre eses mesmos temas. Vive en Madrid desde 1969, onde chegou escapando da policía para evitar a deportación.

Podedes visitar o seu blog:

http://votoconbotas.trincheradigital.com/


Martes día 14 de abril as 20 horas

CHARLA - COLOQUIO:

"Ferrol na Segunda República” , participan:
  • ELISEO FERNANDEZ
  • XOSE MANUEL SUAREZ
Organizan: MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA e ATENEO FERROLÁN


MARTES DE CINE NO ATENEO FERROLÁN

CICLO CINEMA DIXITAIS

Cinemas Dixitais, unha rede de exhibición alternativa. Este proxecto encamíñase a facer difusión de obras audiovisuais non comerciais ao longo da xeografía galega a través da súa exhibición dixital, á maneira do cinema tradicional, en teatros, auditorios, casas de cultura ou salóns de actos de diferentes vilas.

Axencia Audiovisual Galega, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia.

As proxeccións serán os MARTES ás 19:00hs. (salvo o día 14 que sera as 18 h.) no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán. (entrada é de balde)

CICLO ABRIL: CICLO TELEFILMES

Tras uns comezos dubitativos a televisión estableceuse como unha forma popular de ocio logo da Segunda Guerra Mundial, sobre todo nos Estados Unidos de América. A súa aceptación inmediata e xeneralizada debeuse a unha serie de factores entre os que cómpre salientar o desenvolvemento dunha incipiente sociedade do benestar que se iría construíndo nas décadas seguintes. O carácter conservador da sociedade norteamericana fai que a televisión sexa un factor de esparexemento, xa que une a toda a familia arredor dela sen necesidade de se desprazar en busca doutros divertimentos. A televisión é imaxe e son, coma o cine, mais o seu maior aliciente era que se podía gozar desde a casa e, aínda por riba, de balde.

7 ABRIL: A ATLÁNTIDA (2005)

Directora: Belén Macías
Guión: Belén Macías, Teresa Vilardell, Maite Carranza Productor/a: José María Puigvert
Produción executiva: André Barbé Riesco, Jaume Santacana Compositor/a música: Xavier Capellas
Director de fotografía: Xavier Gil
Director de arte: Curru Garabal
Montaxe: Koldo Idígoras Xefe/a
Son: Pepe Cáceres Script: Encarna Alonso Sánchez
Maquillaxe/ perruquería: Raquel Fidalgo Fernández, Estefania Bello Martínez
Protagonistas: Nancho Novo, Manuel Lozano Obispo, Mercé Pons, Ana Wagener
Reparto: Pedro Alonso, Antonio Durán ´Morris´, Isabel Vazquez de Toro, Uxia Blanco Iglesias, Sara Casasnovas Pumar, Pilar Pereira, Carlos Pereira Costa, Anxo Carbajal González, Mariana Expósito Castaño
Argumento: A historia desta TV Movie xira en torno á protagonista, Victoria, que acaba de saber que lle queda pouco tempo de vida e a súa preocupación agora e arreglar o futuro do seu fillo adolescente, Mauro. Victoria, despois de moitos anos de non querer saber nada de Salinas, o seu ex marido e pai de Mauro, ponse en contacto con él para vender unha casa que teñen en común, a Atlántida, a fin de que o seu fillo poida contar nun futuro cun patrimonio. Salinas, un coñecido músico que vive nesta casa situada en Galicia, négase a vendela a pesares de ter problemas económicos, e suxire que Mauro vaia a vivir con él. Victoria, que non se fía cre, con razón, que Salinas só quere aproveitarse do seu fillo. Salinas inicia furtivamente un achegamento a Mauro. Victoria xa non pode esconder ó seu fillo o seu delicado estado de saúde, pero Mauro sinte terror ante algo (a morte da súa nai) que lle desconcerta. E refúxiase máis na interesada protección do seu pai. As relacións de Mauro coa súa nai vanse estropeando. Mauro, sen que a súa nai o saiba, diríxese á Coruña para asistir ó concerto de presentación do novo disco do seu pai, e alí descubre as súas mentiras. Victoria viaxa a A Coruña pero cando chega, Mauro desapareceu. Despois de moitos anos ela e Salinas, no entorno da casa que lles foi común, pasan contas do seu pasado. Cando Mauro aparece as augas están máis tranquilas entre os seus pais. Pai e fillo pactan que haxa armonía, que Victoria teña os derradeiros meses de vida en paz.

14 ABRIL: AUTOPSIA (2005)

Director/a: Milagros Bará Viñas
Guión: Milagros Bará Viñas Productor/a: Javier Valiño Vázquez Compositor/a música: Nani García Silva Director/a -Xefe de produción: Miguel Asensio Llamas Montaxe: Diego Macho Gómez, David Teijeiro Nouche Xefe/a Son: Alberto Beade Ríos Eléctrico: Alberto Diaz Blanco´Bertitxi´ Mestre de armas: Jesús Gómez Lesta
Equipo artístico
Protagonistas: Jesús Cabrero
Reparto: Luis Zahera, Isabel Blanco Picallo, Santi Prego Cabeza, Lino Braxe Mandiá, María Blanco-Fafián, Antonio Mourelos Vázquez, Roberto Leal Jiménez, Luisa Martínez, Abelardo Gabriel, Anxo Carbajal González
Argumento:Daniel Casares é un mozo xornalista que se ve arrastrado inicialmente a aceptar un novo posto por indicación do seu xefe, e casualmente relaciona dous casos de asasinato sen resolver. O contacto con Amanda, a atractiva irmán dunha das víctimas, involucrarao máis na investigación. Con axuda do forense chegará ata os verdadeiros asasinos.

21 ABRIL: O PARTIDO (2006)

Director/a: Juan Calvo
Guión: Xosé Antón Moure Ferreiro, Denis López Horro, Juan Calvo Productor/a: Borja Pena Auge, Emma Lustres Gómez Director/a de fotografía: Ricky R. Morgade Director/a de arte: Alexandra Fernández Carnero Director/a -Xefe de produción: Borja Pena Auge Montaxe: Rita Romero García
Xefe/a Son: Xavi Mas Atrezzo: Ramón Rubira López Axudante de produción: Martin Ramudo Prieto Eléctrico: Alberto Diaz Blanco´Bertitxi´
Equipo artístico
Protagonistas: Antonio Durán ´Morris´, Carlos Blanco Vila, Antonio Dechent
Reparto: Carlos Sante Varela, Tacho González, Dario Loureiro, Manuel Manquiña, Pepo Suevos Otero, Roberto Leal Jiménez, Carlos Pereira Costa, José Luís López Fernandez “Sacha”
Argumento: Unha fábrica do sector da metalurxia en problemas sufre un cambio importante cando a merca unha firma internacional americana. A situación vai a peor e xurde a idea de organizar un partido de confraternización. Mais esta iniciativa acaba sendo una batalla campal entre directivos e traballadores.
Observacións: Este proxecto contou ademais cunha subvención de 10.320 euros ao desenvolvemento de proxectos na Convocatoria de 2003. Premio Mellor película para televisión outorgado pola Academia española de Televisión no 2007

28 ABRIL: SECUESTRADOS EN XEORXIA (2001)

Director: Gustavo Balza Gámez
Guión: Ramón Campos Saez, Xosé Morais Rodríguez
Productor: Antón Rodriguez Reixa
Produción executiva: David Martínez Vázquez
Director de fotografía: Suso Bello Giz
Directora de arte: Alexandra Fernández Carnero
Directora -Xefa de produción: María Liaño Español
Montaxe
: Toño López Ríos
Xefe de Son: José Manuel Sospedra
Axudante de dirección: José Manuel Quiroga Rodríguez
Script: Ana Monteagudo Rúa
Efectos especiais: Ricardo Spencer Hartman Atrezzo: Ramón Rubira López
Axudante de produción: Xabier Eirís Rodríguez, Javier García Cea, Pablo Atienza Taurá, Quique Batet Franco
Axudante de cámara: José Juan Morgade López Eléctrico: Alberto Diaz Blanco´Bertitxi´
Foto fixa: Jorge Barreiro Mestre de armas: Jesús Gómez Lesta
Equipo artístico
Protagonistas: Chete Lera, Carlos Blanco Vila
Reparto: Beatriz Santana Dopeso, Celso Bugallo Aguiar, Miguel De Lira, Santi Prego Cabeza, Gonzalo Uriarte Martín, Alvaro Rodriguez Guevara, Monti Castiñeiras Rodríguez, Roberto ´Luna´ Sánchez, Antonio Mourelos Vázquez, Manuel Botana, Paco Campos Rodríguez, Carolina Vázquez Diéguez, Anxo Carbajal González
Argumento: Francisco Rodríguez e José Manuel Clavijo, dous empresarios españois, viaxan a Xeorxia coa intención de realiza-lo que en aparencia é un excelente negocio: comprar alí unha xoia que en España revenderán a un prezo alto. O intermediario do negocio é Carlos, socio de Francisco en Xeorxia. Pero as cousas non saen como esperaban : Carlos, necesitado de cartos, ten pensado un negocio moi distinto.
A Francisco e a José Manuel secuéstranos un grupo de guerrilleiros que, en realidade, son cómplices de Carlos, que pretende levar unha parte do rescate que pagarán as familias dos secuestrados. Ambos pasarán un ano de calvario, arrastrados dun zulo para outro polos secustradores e tratados coma animais.
Entrementres, en Madrid, Rosa e Helena – as mulleres dos secuestrados – intentan logra-la liberación dos seus maridos por tódolos medios diplomáticos posibles… Ata que non queda outro remedio que ir a Xeorxia e paga-lo rescate que esixen os secuestradores.


CONCERTOS NO ATENEO

Sábado día 25 de abril ás 20 horas

CONCERTO DA BANDA DE ROCK “96 GRADOS”, inmersos na promoción do seu primeiro traballo discográfico "MAÑANA SALE EL SOL" que pódese escoitar en www.96grados.es , ademais de presentar o disco reforzan o concerto con clasicos como: eric clapton, pink floyd, police, supertramp, etc, en formato acustico.


EXPOSICIÓNS ABRIL

EXPOSICIÓN COLECTIVA PINTURA: KALU, CHAPELA, FREIRE, A. SHECK, TENREIRO, M. ÁLVAREZ.

Do día 16 ao 29 de abril
___

Ateneo Ferrolán
Fundado en 1879
“Un Lugar de Encontro para a Cultura”

http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

____________

Obama tamén debe deter a tolemia dos agrocombustibles

Rettet dean Regenwald e.V.
-info@regenwald.org-
27 de março de 2009 18:16



A administración do presidente Obama debe centrar as súas políticas climáticas e enerxéticas na redución do consumo. En lugar diso, está promovendo a expansión dos agrocombustibles a gran escala, o que xa é causa de destrución de diversos ecosistemas, entre eles as últimas selvas tropicais.

Organizacións ambientais e sociais en Norteamérica piden que o goberno de Obama deteña o seu apoio financeiro e político á produción de agrocombustibles a gran escala, que se contradi coas súas intencións de deter o cambio climático e ameaza con causar máis fame, violacións de dereitos fundamentais, e degradación de chans e auga. En apoio das organizacións locais, vostede pode asinar unha carta dirixida ao presidente Obama e a súa administración que atopará en:

http://www.salvalaselva.org

Por favor, axude a difundir esta mensaxe entre aqueles que estean interesados.

Moitas grazas e un saúdo afectuoso

Guadalupe Rodríguez
Salva a Selva

http://www.salvalaselva.org
www.stop-agrocombustibles.nireblog.com

Berlin, Alemaña
Tel.: 49 (0)30- 51736879
______________

Xornadas sobre vida independiente: 2 e 3 de Abril na Facultade de Dereito da Universidade d'A Coruña

Grupo Diversidade Funcional Ferrol e comarcas ferrol comarcas
-diversidadefuncionalferrol@hotmail.com-
27 de Marzo de 2009 18:08


Adxuntamos programa, cartaz e inscripciones para poder asistir ás mesmas, tanto para as persoas interesadas como usuarias.


Mari Morado

ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS
C/Colon esq. Mendizabal B/4 P/5 Baixos 38-39 15406 Ferrol
Tlf: 981930544 e Fax: 981930544
diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
grupominferrol@hotmail.com

______________

Xornadas acerca da Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade
Os vindeiros 2 e 3 de abril a Asociación Asistencia Persoal para a Vida Independente, VIgalicia, organizará na Universidade da Coruña unhas Xornadas sobre a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con discapacidade.
As citadas xornadas contarán coa presenza de destacados conferenciantes dende o eido académico, como Adela Rey ou José Antonio Seoane, entre outros.
Tamén estarán presentes algúns dos máis importantes expertos do Movemento de Vida Independente, como poden ser Alejandro Rodríguez Picavea ou José Antonio Nóvoa.
Este evento realizase como unha iniciativa conxunta de VIgalicia e da Universidade da Coruña. Para VIgalicia é importante que o sector universitario da cidade herculina tome parte na difusión da Convención e que faga partícipe da mesma ao resto da sociedade.
Estas xornadas forman parte dunha campaña de difusión da Convención iniciada o pasado mes de xaneiro en Santiago de Compostela e nas que se expuxeron algúns aspectos fundamentais deste tratado de dereito internacional como é o feito de que as persoas con diversidade funcional son suxeitos de dereito e non obxectos de políticas caritativas e que, polo tanto deben ter os mesmos dereitos, opcións e control sobre as súas vidas que os demais cidadáns.
A Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con discapacidade aprobouse o 13 de decembro de 2006 pola Asemblea xeral das Nacións Unidas. Esta Convención é o resultado dun longo proceso, no que participaron varios actores e entre os que tiveron un papel destacado as organizacións de persoas con diversidade funcional e as súas familias.
Este novo instrumento supón importantes consecuencias para as persoas con diversidade funcional. Unha das principais será a "visibilidade" deste grupo cidadán dentro do sistema de protección dos dereitos humanos de Nacións Unidas, a asunción do fenómeno da diversidade funcional como unha cuestión de dereitos humanos, e poder contar cunha ferramenta xurídica vinculante á hora de facer valer os dereitos destas persoas.
O Estado español, asinou e ratificou a Convención da ONU e o seu Protocolo Facultativo, que abre unha nova vía de reclamación dos dereitos, entrando en vigor no noso país dende o pasado día 3 de maio de 2008. A partir desa data, a Convención pasa a formar parte do ordenamento xurídico español e é invocable ante as autoridades políticas, xudiciais e administrativas.
Por todo isto, invitámolos a acudir a estas Xornadas sobre a Convención das Nacións Unidas acerca dos Dereitos das Persoas con Discapacidade.
Organiza:
Colaboran:
[Clicar acima da imaxe para ampliar]
________________

Demandan unha campaña municipal de limpeza de fachadas

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
27 de Marzo de 2009 14:59


Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo o comunicado de prensa do Grupo Municipal de EU demandando unha campaña de limpeza de fachadas e de información e concienciación. Grazas pola atención prestada. Un saúdo, Ramiro Marier

Ferrol, venres 27 de marzo de 2009
  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DEMANDA QUE SE REALICE UNHA CAMPAÑA MUNICIPAL DE LIMPEZA DE FACHADAS
  • UNHA CIDADE QUE QUERE SER PATRIMONIO DA HUMANIDADE E DIVERSIFICAR O SEU TECIDO ECONÓMICO CO TURISMO ESIXE ESTA INICIATIVA MUNICIPAL, RECLAMOU A VOCEIRA DO GRUPO MUNICIPAL DE EU
O grupo Municipal de Esquerda Unida reclama do Goberno Municipal o lanzamento dunha campaña municipal intensiva de limpezas de fachadas, que permita recuperar a imaxe e atender o deber de conservación da nosa cidade. Campaña que tente facer cumprir a norma de disciplina urbanística, na que aténdese o deber de manter en condicións de seguridade, salubridade e ornato público as edificacións.

Unha cidade como Ferrol que aspira a ser declarada Patrimonio da Humanidade, e que ten no eido da promoción turística un rubro importante para conquerir unha adecuada diversificación das súas actividades económicas ten que ser especialmente coidadosa coa imaxe que como comunidade transmitimos aos visitantes.

Esquerda Unida entende que esta campaña debe ter dúas fases: unha primeira que comprenda ao conxunto de edificios municipais e públicos comezando polo concello. Nunha segunda fase se atenderá ao resto das edificacións privadas. Neste segundo momento cobra unha dimensión fundamental o lanzamento dunha campaña complementaria de información e concienciación cara á cidadanía. Nesta segunda fase, cando o propietario non atenda os seus deberes, Esquerda Unida sostén que terá o concello que atendelos de xeito subsidiario, segundo se recolle na norma.

Campaña de limpeza de fachadas que ten dúas facianas: limpeza e ornato, xunto co complemento indispensable dunha campaña de información e concienciación , que incida na necesidade e valor de manter coidadas as fachadas dos inmobles da nosa cidade.

O noso concello conta cunha máquina especial para a limpeza das fachadas, máquina que supuxo un desembolso oneroso para o noso concello e que ten que ser aproveitada e amortizada cun uso dilixente da mesma.
______________

Tipos de moito interese

Por Juan Torres López
28.03.2009


Fai un par de días informaba nesta web do chamado "tipo sintético" ao que prestan os bancos do que informa o Banco de España. Quedeime curto - hoxe leo o seguinte-:

"Segundo datos proporcionados polo Banco de España, os bancos, caixas de aforros, cooperativas e establecementos financeiros de crédito, estaban cobrabando unha media en xaneiro dun 11,55 por cento TAE pola concesión dun novo préstamo ao consumo, cando un ano antes pedían un 10,55% e en decembro un 10,99%. As entidades que máis encareceron este tipo de créditos son as caixas, xa que en xaneiro ofrecían créditos ao consumo a un 13,18% TAE (case dous puntos máis que en xaneiro de 2008), mentres que os bancos pedían un 11,58% TAE, fronte ao 10,67% dun ano antes" [ Fonte].

Os gobernos dan diñeiro á banca para que chegue aos empresarios e consumidores pero o pouco que chega faio con estas marxes impresionantes e o resto dedícano a tratar de salvar os seus balances. Estase producindo un desastre xigantesco provocado pola complicidade entre bancos e goberno. Para saír da crise, para evitar unha catástrofe de dimensións incalculables en países como España é preciso que os gobernos logren facer chegar o financiamento a empresas e consumidores directamente porque a banca está crebada e trágase todo. Cada día que pase é un paso adiante cara á depresión económica. Se os cidadáns non facemos oir a nosa voz e non presionamos a banca logrará que todo siga igual e afundirá definitivamente as economías.

http://juantorreslopez.com/
_______________

venres, marzo 27, 2009

Nace a Rede Anticapitalista Galega (Ra!) para transformar un sistema que está a esmagar a humanidade e o planeta: 28 de Marzo, mobilizacións na Galiza

José Miguel Fernández Vázquez
-jmiguel_vazquez@hotmail.com-
26 de Marzo de 2009 16:59



Nace a Rede Anticapitalista Galega (Ra!) para transformar un sistema que está a esmagar a humanidade e o planeta

Diversos colectivos galegos e persoas a titulo individual únense para respostar a unha crise sistémica e dar alternativas de transformación dende unha óptica galega. O 28 de marzo terá lugar a presentación da Ra! en actos descentralizados por Galiza e nun acto central en Compostela (Praza do Toural, ás 12:00 horas) que resposta tamén ao cumio do G20 en Londres

En Lugo: Sábado, 28 de Marzo, ás 11:30 na Praza Maior. Realizarase unha concentración- teatralización na que se repartirá información sobre a RA!

O mundo enteiro está en crise, unha crise de dimensións múltiples. As solucións que impoñen dende o poder –máis libre comercio, cartos públicos para rescatar os bancos, o sector automobilístico e inmobiliario, máis oligopolios, máis transxénicos, etc.– tratan de agachar que a crise é produto do sistema capitalista, que só afondará os seus impactos sobre os pobos, as persoas e sobre o conxunto do planeta.

Para respostar a está situación no noso país nace a Rede Galega Anticapitalista, a Ra!, que este 28 de marzo, coincidindo coas mobilizacións globais contra o cume do G20 en Londres, fará a súa presentación pública en Compostela (Praza do Toural, ás 12:00 horas) e noutros lugares do páis. Para os colectivos da Ra! “A esquerda institucionalizada abandonou hai tempo os programas de transformación social. Somos os movementos sociais quen temos que reaxir diante da incertidume”.

A RA! manifesta deste xeito a súa diposición a artellarse con outras mobilizacións globais, como a que terá lugar ese mesmo día en contra da xuntanza do G-20 en Londres, baixo o lema, “Decídelle ao G-20 que primeiro é a xente”. O 17 de abril, Día Internacional da Loita Labrega e pola Soberanía Alimentar dos Pobos, desenvolveránse novas protestas orientadas a concienciar e informar á cidadanía e a presionar aos poderes políticos para que emprendan cambios reais. Este sistema non nos vale.

Quen forma a RA!

A RA! agromou en decembro de 2008 axudada polas reflexións do Foro Social Galego. Están integrados os seguintes colectivos: Altermundo, Amarante, A Baiuca Vermelha, Cemma, CGT-Pontevedra, CGT-Arousa, CIG-Servizos, Enxeñeiros Sen Fronteiras, A Gentalha do Pichel, Implicadas no Desenvolvemento, Médicos do Mundo, Marcha Mundial das Mulleres, Ospaaal, Foro de Inmigración, Panxea, Ais O Peto, Sindicato Labrego Galego, Sinerxia, Verdegaia, Véspera de Nada, Veterinarios sen Fronteiras, Whipala e A.C. Xermolos.

+INFORMACIÓN: A páxina web da Ra! está en proceso de creación. Para integrarse na rede abonda por agora enviar unha petición á listaxe: redeanticapitalista@altermundo.eu
_________________________

_____________________________

OUTROS ACTOS

CONCENTRACIÓN INFORMATIVA. Xoves 2 de Abril ás 20,00 horas. Praza da Peregrina. Pontevedra

CONCENTRACIÓN EN LUGO, SÁBADO 28 ÁS 11:30 NA PRAZA MAIOR: Sinerxia ONGD, Plataforma Alternativa e outros movementos sociais lucenses únense as accións descentralizadas contra o cumio do G-20 e, para iso, realizarase unha concentración- teatralización o día 28 na Praza Maior de Lugo, ás 11:30. Organizarase un acto de difusión da RA! e protesta contra o sistema xenocida que padecemos. Para iso, un grupo dunhas 15 persoas irán disfrazadas de Primeiros Ministros dos países que asistirán ao devandito cumio. Repartirase o manifesto da RA! e, sobre todo, interactuarase coa xente co fin de facer un acto impactante, tanto para a prensa como para os viandantes.

Ademais, a RA! apoiará ás mobilizacións que a PLATAFORMA CONTRA A GUERRA vai a levar adiante en Pontevedra coincidindo co aniversario da OTAN e apoiar os actos que a PLATAFORMA VECIÑ@S POLA TOLERANCIA van a levar este sábado pola tarde en PONTECALDELAS en defensa da familia xitana acosada.

A Ra! tamén manifesta o seu apoio á convocatoria estatal antitransxénicos de 18 de Abril para a que a PGA pon buses: http://www.galizasentransxenicos.org/?q=node/136

__________________________________

xoves, marzo 26, 2009

informativos AttacTV: A Banca Ética

tvattac
ATTAC PAIS VALENCIA acaba de pór en marcha un interesante servizo de noticias por TV [en Español] a través de internet.

Pode-se ver a última que trata sobre a "Banca Ética"


Banca ética - Informativo AttacTV from AttacTV on Vimeo.

____________

Apoia o Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o Galego

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

pili pilinha -pilicex@gmail.com-
26 de Marzo de 2009 21:14


As persoas que promovemos esta chamada queremos manifestar, perante as institucións de autogoberno e como aclaración perante a sociedade galega, o seguinte:

1.- O pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia (orixinaria) sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial. As persoas usuarias do galego deben desfrutar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu.

2.- A situación do galego está moi lonxe de ser así. Non desfrutamos de dereitos lingüísticos plenos para desenvolver a nosa vida diaria con normalidade na nosa lingua na nosa terra. Son os falantes do galego os que resultan discriminados. É o galego o que corre perigo como idioma e os galego falantes os que non son debidamente respectados. Vivimos unha grande inxustiza que é a negación da igualdade e da verdadeira convivencia.

3.- Por iso, resulta realmente preocupante que, desde Madrid, con apoio de importantes medios de comunicación, haxa quen pretenda convencer á opinión pública de que o castelán corre perigo de desaparición e que os seus falantes son discriminados no noso país. Esta inversión da realidade ten como obxectivo que os falantes do galego non teñan dereitos lingüísticos e que os únicos deberes para as Administracións públicas se vinculen ao castelán.

4.- O verdadeiro problema non está na cooficialidade de idiomas como o galego, senón na actitude de quen nega a existencia de pobos e linguas diferentes no Estado español. Esta actitude si é a negación da convivencia e da igualdade. O proceso de normalización de usos do galego foi lento e, até hoxe, insuficiente para garantir o dereito a vivir nesta lingua. O que compre é respectar a legalidade vixente (Estatuto e Lei de Normalización Lingüística) e avanzar con cambios legais na dirección da igualdade e da convivencia. Xustamente a dirección contraria á proposta polos que pretenden a imposición do castelán como único idioma con dereitos e deberes para os cidadáns en todo o territorio do Estado.

5.-. Correspóndelle ao pobo galego, a través das súas institucións representantivas, definir a política lingüística acorde co criterio de cooficialidade e de lingua propia que mesmo o actual Estatuto recoñece para o noso idioma. Esperamos o compromiso das institucións de autogoberno na defensa da igualdade plena de dereitos para o galego e na aplicación de medidas a favor da normalización dos seus usos. Neste labor contarán sempre co noso apoio.

6.- Alertamos á sociedade galega para non se deixar confundir e instámola a cavilar sobre a verdadeira situación do galego no propio país.

Defendemos un dereito humano elemental que nos define, ademais, como pobo diferenciado. Debemos ser firmes rexeitando todo posicionamento que persiga recortar dereitos ou retroceder no cativo camiño andado tanto nas administracións públicas, como na vida social.
________________

Para asinar o Manifesto entra no enlace d'A Mesa: [Entrar]

Descarga o documento de recollida de sinaturas en formato -pdf-:
________________

Video da presentazón da Marcha Mundial pola Paz e a Non-Violencia na Coruña

Jose Alvarez
-josealvarezcster@gmail.com-
26 de Marzo de 2009 19:53


Video da presentazón da Marcha Mundial na Coruña.

Saúde.
Xosé Álvarez
http://josealvarez.wordpress.com/



______________