venres, xuño 12, 2009

Manifesto do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia sobre a Lingua

Non pasar sen ler este Manifesto, paga a pena, polos argumentos que esgrime e a claridade co que está escrito. Copia, Espalla e Difunde !!

Manifesto sobre a Lingua Galega


"A interpretación dos soños"


O galego é meu, o galego é noso, é de todos e todas. O galego é do que o fala, e é tamén do que aínda non o fala, ou do que xa non o fala... O galego é daquel que o ama e mesmo daquel que o odia, se é que hai algunha persoa que tal sinta polo seu patrimonio herdado... Porque, ao final, o que é o galego?

O galego é o maís valioso dos noso tesouros inmateriais, xunto coa música que tamén é outro tesouro. Realmente é difícil ver o valor de certas cousas até que sentimos a súa carencia, a súa falta, cando xa é tarde... Hoxe é talvez tarde para recuperar a lagoa de Antela, a lagoa que hoxe a ninguén se lle ocorrería desprotexer, mais iso nos anos 50 non se viu. Hoxe é tarde para recuperar o que foi destruído, mais non é tarde para aprender deses erros e protexer o que nos resta.

A ninguén, no seu san xuízo, se lle ocorrería desprotexer a catedral de Santiago, e sen ir tan lonxe, a ninguén se lle ocorrrería desprotexer a arte e arquitectura da cidade de pedra compostelá ... Mesmo indo contra a suposta liberdade individual dos propietarios e propietarias dos inmóbeis da zona histórica, todos e todas concordamos en que hai que protexer o que é patrimonio común... E a lingua? Acaso a nosa lingua non merece o mesmo que as nosas pedras? Ela é patrimonio de todos e todas nós e non só... ela é tamén patrimonio de todo o Estado, e da humanidade enteira... Daquela, non merece o mesmo esforzo de protección?

Se a xente fose así preguntada non hai dúbida de que os resultados serían positivos, tanto na Galiza como no resto do Estado; ninguén, agás algún trastornado, desexaría que o galego, a lingua de Rosalía, a lingua na que foran escritos os primeiros poemas na península, dos primeiros tamén da Europa, morrese. Daquela a que van as preguntas do noso Goberno ás nais e aos pais de rapaces e raparigas en idade escolar? Alguén imaxina que preguntasen aos propietarios e propietarias das casas da zona monumental de Santiago se prefiren restaurar a súa casa, coidala e protexela para as xeracións futuras, ou derru- bala? Protexer o patrimonio é responsabilidade de quen foi escollido para gobernar. Arriscámonos a que a sociedade galega, que sempre se soubo manter unida por encima das diferenzas, se fraccione, cun grande custo para a harmonía social dun pobo tan pacífico como é o pobo galego. Se se vai facer esa pregunta, que é tentar colocar a responsabilidade en quen non a ten, que polo menos se informe e se digan as consecuencias que iso vai ter para a lingua. Porque estón a xente tería información para saber o que implica unha e outra resposta... Se a pregunta fose: quere que o seu fillo ou filla aprenda a ler e escribir en galego e así contribuír á conservación do noso patrimonio lingüístico? Mais, como xa se dixo, esea pregunta sería innecesaria porque a xente conscientemente non deixaría nunca que se danase o seu idioma.

O multilingüismo, mesmo que negativo cando se trata de diglosia e non do manexo da persoa en máis dunha lingua, pode ser beneficioso para as persoas. Numerosos estudos mostran como a xente que desde a infancia se manexou en dúas linguas ten máis facilidades para aprender unha terceira. Iso é algo que o estudantado galego comproba por exemplo ao estudaren inglés no estranxeiro con outros colegas do Estado que son monolingües. Mais para que a xente aprenda a se manexar en dúas linguas elas teñen que existir, e tal e como vai a tendencia do uso do galego coa convivencia das políticas exercidas ao longo da historia, non tardará en se deixar de usar. Cando iso aconteza a perda vai ser para todos e todas, falemos ou non galego agora.

Galego e castelán non están en igualdade de condicións, o galego non está no cine, a súa presenza é mínima nas TV, non está na inmensa maioría dos xornais, nas radios, na xustiza... etc. etc. Daquela que lle queda ao galego para se fortalecer? Porque el ten sido danado ao longo do tempo. O galego ten case só a escola, se aí se desportexe, o galego vai sufrir aínda máis retroceso do que xa padece. Estamos a tempo de tentar evitar danos a unha lingua que sempre foi de paz e de acollemento. De nada nos vai servir lamentarnos despois da nosa perda, e que imaxe se vai ter de si un pobo que deixou apagar, que deixou morrer, o máis valioso do seu patrimonio inmaterial? Esta pregunta vale non só para o pobo galego, esta pregunta deberá ser feita tamén ao Estado español no seu conxunto, e será tamén preguntada á unión europea, mesmo que as institucións europeas xa teñan asesorado sobre esa materia, recomendando a inmersión lingüística. Esa é tamén a pregunta que desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia nos facemos, e queremos transmitir á sociedade e ás institucións. Porque nós como profesionais sabemos da importancia da memoria e a identidade na vida das persoas e da comunidade. Non atopamos xustificación ningunha en que as institucións gobernamentais se descarguen así da súa responsabilidade e carguen con ela aos que teñen fillos e fillas en idade escolar.

Desde o Colexio Porfesional queremos tamén advertir da importnacia que a integración do pasado ten para o benestar presente e futuro das persoas. Un pobo que, non por vontade, porque se algo demsotrou o pobo galego foi aprecio e lealdade á súa lingua ao longo dos tempos, bos e malos, senón por desleixo dos seus gobernantes, perde a súa lingua é un pobo condenado a non saber quen é ... E un pobo, ou unha persoa, que non sabe quen é, non pode contribuír con nada de orixinal ao destino da humanidade. Porque a universalidade do saber non vén da maior ou menor extensión dese coñecemento, senón da profundidade á que somos capaces de chegar co noso saber.

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, coñecedores dos sentimentos de aprecio que a xente ten pola lingua, e non só no territorio galego, queremos facer un chamamento ás institucións responsábeis para tomar as axeitadas medidas protectoras para o tesouro máis valioso da nosa cultura inmaterial. Se iso non é feito as consecuencias van ser irreversíbeis para todos e todas nós, como o serían se hoxe se permitise que os propietarios das casas con valor históroico nas cidades as destruísen, e non nos podemos permitir iso, pois non... E acaso podemos permitir que iso lle pase á lingua galega?

E como di a poeta e psicóloga Concha Rousia, "Quando morre o último falante de uma língua morre un soño da Humanidade". Porque as linguas son todas obras marabillosas da humanidade, dignas de seren protexidas, e a nosa non pode ser menos. Polo tanto de nós, dos nosos gobernos, depende pois que ese soño non esmoreza.

Xuño, 2009

Enviado por:
Mª Rosa Álvarez Prada
Decana
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
copgalicia@cop.es


Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
http://www.copgalicia.es/
Espiñeira, 10-Baixo. 15706 Santiago de Compostela
copgalicia@cop.es, tfno: 981 534 049 fax: 981 534 983

______________________

xoves, xuño 11, 2009

Un novo gaseiro ten previsto entrar na nosa Ría: O Comité Cidadán convoca unha acción de protesta este venres 12 de Xuño


Este Venres, 12 de Xuño, está prevista a entrada na Ría de Ferrol dun novo buque gaseiro que faría o número 46 desde que un buque entrou por primeira vez, o "Galicia Spirit", en Maio de 2007 para a ilegal e perigosa REGANOSA. Este buque, o xa coñecido "LNG Oyo", vai cargado con miles de toneladas de GNL-LNG, para a planta regasificadora de Punta Promontorio en Mugardos, situada no corazón da Ría. Mais antes cruzará un angosto canal que ten unha bocana de apenas 150 metros de largo navegábeis, e uns 4.000 metros de longo até o peirao de Punta Promontorio, por un canal de pouco calado e de fundo rochoso co problema engadido de que esta operación só se pode realizar en mar morta, da pleamar diurna, que apenas dura unha hora. Na citada operación participarán catro remolcadores, lanchas de práticos, de operarios de Capitanía Marítima e quizás algunha patrulleira da Guardia Civil. Este é un feito que se ven repetindo desde que entrou o primeiro buque hai xa dous anos. De novo REGANOSA coa complicidade das Administracións volta poñer en perigo a miles de persoas coa súa irresponsábel actuación.


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ante a previsión de entrada do gaseiro nº 46, cargado de GNL, convoca unha CONCENTRACIÓN este Venres, 12 de Xuño, ás 7 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta.

Características do “LNG OYO:
Bandeira: Bermudas / Eslora: 285.48 m / Manga: 43.40 m / Capacidade: 145.914 m3


Este gaseiro sobrepasa, tanto na sua capacidade como na súa carga, a establecida nas Normas de seguridade para a entrada, atraque, desatraque e saída de grandes buques gaseiros na Ría de Ferrol (capacidade inferior a 140.00 m3) aprobadas pola Capitanía Marítima de Ferrol e a Dirección Xeral da Mariña Mercante, así como a capacidade establecida na autorización de construcción.

O coordinador do CCE dirixe sendos escritos á Autoridade Portuaria de Ferrol-S.Cibrao e á Dirección Xeral da Enerxía, advertindolles de que a entrada de dito gaseiro suporía un incumplimento flagrante e doloso da Autorización de construcción e cuxa tolerancia podería acarrear responsabilidades concretas e persoais para os organismos de control.

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
11 de junho de 2009 11:25


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


_____________

Manifestación Nacional en solidariedade coas persoas inmigrantes "Dereitos iguais para tod@s", o Sábado 27 de Xuño en Compostela

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
  • O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN PROMOVE EN REXIMEN DE AUTOCONVOCATORIA UNHA MANIFESTACIÓN-CONCENTRACIÓN DE AMBITO GALEGO O DIA SÁBADO 27 DE XUÑO DE 2009 ÁS 12 DO MEDIODÍA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.
  • Partindo dende o Parque da Alameda e rematando en Praza de Praterias cun acto público. O lema é "DEREITOS IGUAIS PARA TOD@S" !!!
  • XUNTAMOS O MANIFESTO DA CONVOCATORIA

MANIFESTO EN DEFENSA DA SOLIDARIEDADE COA POBOACIÓN INMIGRANTE

Ante o acoso policial que están sufrindo a poboación inmigrante en situación irregular e as persoas que lles prestamos apoio solidario, afirmamos que a solidariedade con este colectivo é unha conduta que ennobrece a quen a practica e unha obriga moral por razóns de reciprocidade histórica. Lembremos que entre 1959 e 1973, dous millóns e medio de cidadáns e cidadás españolas emigraron a Europa, sendo a maioría emigrantes irregulares ou sen contrato de traballo.

Tampouco podemos esquecernos da débeda contraída cos países empobrecidos, que ten a súa orixe no período colonial, mais que segue perpetuándose a día de hoxe a través de políticas internacionais que poñen os intereses económicos das nacións desenvolvidas por riba do dereito das persoas a poder vivir e traballar dignamente, ensanchando desa forma a brecha de desigualdade entre os pobos.

Ao mesmo tempo as guerras, os conflitos armados e a persecución política xeran millóns de persoas refuxiadas e desprazadas no mundo (concretamente, 37,4 millóns no pasado ano segundo os datos de ACNUR). É, por tanto, un deber ético evitar que calquera persoa inmigrante sexa deportada e enviada de novo á situación da que vén fuxindo.

Rexeitamos que a Unión Europea se converta nunha fortaleza inexpugnable para aquelas persoas que, na procura dunha vida mellor, se ven obrigadas a abandonar o seu país. En épocas aínda recentes, era a cidadanía europea a que buscaba o sustento noutras latitudes. Científicos, cineastas ou escritores tan relevantes como Albert Einstein, Marie Curie, Alfonsina Storni, Charles Chaplin, Victoria Kent, Margarita Nelken ou Mario Benedetti, foron inmigrantes ou descendentes deles. En Galicia, nomes como Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Daniel Castelao van unidos á emigración ou ao exilio.

Rexeitamos o Anteproxecto de Reforma da Lei de Estranxeiría que, aínda que presenta algúns aspectos positivos, incorpora puntos que representan un claro prexuízo para os dereitos fundamentais do colectivo inmigrante, como a posibilidade da repatriación de menores de idade; o endurecemento das esixencias para a reagrupación familiar; a criminalización da solidariedade ou o intolerable incremento do periodo de estancia nos centros de internamento.

Rexeitamos de igual modo a incentivación do retorno da poboación inmigrante mediante o pago acumulado das prestacións de desemprego. As e os inmigrantes debemos ser tratadas como persoas e non só como forza de traballo que interesa unicamente cando a situación económica nos necesita.

Finalmente, afirmamos con rotundidade que a inmigración é un proceso beneficioso. Non só supón unha gran aportación económica por tratarse dunha poboación moi nova que contribúe co seu esforzo laboral a financiar as prestacións sociais, senón que o contacto entre as sociedades de acollida e as culturas foráneas implica sempre un mutuo enriquecemento humano.

Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, publicados en xaneiro de 2009, polo menos unha de cada 10 persoas que habitan no estado español é inmigrante. Estas persoas son nosas veciñas, compañeiras de traballo ou de estudos; comparten conosco unha grande variedade de espazos e polo tanto é máis que probable que na nosa vida cotiá escoitáramos da súa propia voz a reivindicación que hoxe impulsa este manifiesto:

As persoas inmigrantes somos partícipes activas desta sociedade, non buscamos ser máis nin menos que ninguén, soamente pretendemos que na nosa condición de cidadás e cidadáns teñamos os mesmos dereitos e oportunidades que os demais membros desta comunidade”.

E por iso queremos dicir ben alto: “Dereitos iguais para tod@s

Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración:
Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo, Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Cite-CCOO, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migración da CIG, Esquerda Unida-izquierda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, AIDA, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”, ACCEM, Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego, ASMIREFE., Asociación Renacer, Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña, Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior, Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense., Asociación de Guineanos de A Coruña, Asociación Cultural e Intelectual de Santiago, Asociación de Senegaleses de Ourense.Somos Igrexa, Asociación Marusía. Movemento pola Base.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN


Enviado por:
lupe ces
-lupeces@gmail.com-
11 de junho de 2009 00:17


Lupe Ces Rioboo
981946412 - 652201003
http://lupeces.blogspot.com/

__________________________

Veciñanza de Lugo vai paralisar de novo as obras do Parque Rosalia


Paralizacion obra o xoves 11 de Xuño ás 12 do mediodía no novo acceso a obra do Parque Rosalia

Bos días, hoxe xoves día 11, a partir das 12:00 h., a "Asociación pola defensa do Parque Rosalía" concentrarase para paralizar as obras no novo acceso que, unha vez máis e de forma ilegal por tratarse dun vao da unidade CS-9, estase utilizando para acceder ás obras da unidade CS-5, nas que o Concello de Lugo outorgou licenza para a edificación de tres bloques de vivendas lindeiras coas costas do Parque Rosalía.

Membros da Asociación permanecerán neste acceso á espera de que o concelleiro de vías e obras ou algún representante municipal, acredite a legalidade do mesmo, o que non foi posible en anteriores ocasións (entrada por a Rolda República Arxentina).

A Asociación insta novamente aos representantes municipais a buscar unha solución á construción desta urbanización pendente de resolución de dous contenciosos administrativos, un presentado pola propia asociación e un segundo pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Anteriormente a asociación puido tamén demostrar que as obras se levaban a cabo sen a preceptiva licenza municipal de instalación de guindastre, polo que de non acreditar a empresa que posúe autorización para este acceso, vulneraríase unha vez máis a legalidade pondo tamén de manifesto a total ausencia de control por parte do Concello de Lugo.

Un saúdo

Tel. 606 801 594 (Marcos Bourio)

Asociación pola defensa do Parque Rosalía

www.parquerosalia.es

Enviado por:
Correo Parque Rosalía
-correo@parquerosalia.es-
11 de junho de 2009 08:03

_____________________

mércores, xuño 10, 2009

Manifesto contra a marxinación e censura da música galega na Radio Pública Galega

No portal KomuniKando.net -Música da Galiza- denuncián eliminación da música galega do programa ABERTO POR REFORMAS. Programa de música até agora dirixido por Xurxo Souto e que na súa nova xeira, logo do cambio político na Xunta de Galicia e na CRTV, leva-o o xa famoso xornalista e presentador dos manipulados informativos matutinos na Radio Pública Galega da era Fraga, Xusto López Carril.

No Portal KomuniKando.net, podes atopar información, foros, propostas e os audios da despedida do program por parte de Xurxo Souto e o primeiro programa dirixido por Xusto López Carril. Convidamos-vos a que pasedes polo portal de música KomuniKando.net toda unha gozada.

A continuación transcribimos o Manifesto que se está a asinar na defensa da música galega, contra a súa censura e marxinación.

Xurxo

Pasa a ser agora ...

"alberto por reformas" na radio Gallega


MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG
Contra a censura e a marxinación da música galega

"Artigo 16 da lei 9/1984 da RTVG: A programación debe de estar inspirada na promoción e difusión da cultura e lingua galega“.

Diante da eliminación da música galega do programa ABERTO POR REFORMAS, e en relación coa deformación e perversión dos seus contidos…

Consideramos que este programa viña sendo…
  • Un programa plural, aberto á cidadanía e participativo, como a sociedade na que queremos vivir e, precisamente por iso, um programa onde a música se vivía con vitalidade, intensidade e enerxía.
  • Un programa cun forte pulo dinamizador para a música que se está a facer hoxe na nosa lingua, no noso país, como un espello diario no que a xente preocupada pola música de calquer tendencia ollabamos unha realidade socio-cultural que está a transformar a historia da nosa música.
  • Un programa, enraizado na radio de todos e todas as galegas, cunha vocación pública fundamental, ofrecendo a música que se está a facer no noso país como un ben público de interese xeral.
  • Un programa que axudaba a tecer os fios da rede sociocultural da música galega, que nos relaciona ás persoas que facemos a música do século XXI coas persoas que queren gozar, emocionarse e vivir a música do presente.
  • Un programa que, durante os seus máis de 900 (¿?¿¿) días de emisión, día a día, fixo que –como recolle o Plan Xeral de Normalización da Língua Galega , aprovado por consenso polos tres partidos políticos maioritarios- o galego estivese vinculado e fose vivido por milleiros de persoas como referente de modernidade, como un motor de normalidade língüística cotiá.
  • Un programa que materializaba de forma sobresaliente a natureza e principios da propia CRTVG, no artigo primeiro da súa Lei de Creación: a promoción, difusión e impulso da lingua galega .
  • Un programa que, nun contorno social e mediático onde a cultura, a lingua e a música galega son minoritarias, minorizadas e desprezadas por múltiplos agentes sociais e institucionais, se baseaba na posta en valor da nosa cultura, a nosa lingua e a nosa música.
  • Un programa absolutamente xeneroso, respectuoso e honesto nas relacións humanas coa xente que está criar, a comunicar, a compartir, a impulsar, a gozar coa música deste país.
  • Un programa, ademais, aberto a culturas e músicas de todo o planeta, poñendo a música galega en relación -en pé de igualdade- coa doutras partes do mundo, con especial interese polas músicas irmás da Lusofonía.
...e por iso...
  • Entendemos que esta medida de eliminación da música en língua galega supón un paso máis na política de represión, empobrecemento e marxinación que os responsábeis políticos da Xunta de Galiza están a realizar contra a lingua e a cultura dos galegos e galegas.
  • Queremos denunciar, como xente preocupada pola nosa música e a nosa cultura, esta agresión dirixida –cunha intención política e simbólica evidente- contra un dos veículos de comunicación do movimento de Rexurdimento Musical que as novas xerazóns do mundo da música estamos a protagonizar, impulsado por unha sociedade que sabe valorar a sua criatividade.
  • Queremos posicionarnos e defender de forma decidida, belixerante e irrenunciábel a presenza da música galega na nosa Radio Pública.
  • Queremos dirixirnos á xente sensível coa nosa cultura e coa nosa música, para sumarse a esta denuncia, a esta reivindicación lexítima: A MÚSICA GALEGA DE VOLTA Á RÁDIO GALEGA!
  • Pedimos que se restableza un programa diario que de conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas e que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral.
Se apoias este manifesto, entra na web de Komunikando.net cubre o formulario e envianos os teus datos.

Ver a lista de apoios

_________________

Non pode ser que cada vez que chova se poña en perigo o grande valor que ten a Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán

Estes días de intensas chuvias amosaron unha vez máis o estado no que se atopa o edificio do Ateneo Ferrolán, tantas veces denunciado pola Xunta Directiva da entidade. O Concello de Ferrol ten acordada a reforma do edificio, mais non é quen de poñer en marcha a necesaria e urxente intervención, comezando polo arranxo do tellado, para evitar males maiores. Non pode ser que cada vez que chova se poña en perigo o grande valor que ten a Biblioteca-Hemeroteca da entidade e desta vez que chegara xa até o segundo andar na Sala de Exposicións, onde na actualidade esta exposta unha valiosa e interesante colección "Mulleres que cambian o mundo. A muller como motor do desenvolvemento" organizada pola Rede Social Ferrolterra [Solidariedade Internacional, Mundo Cooperante, Lena, Enxeñería sen Fronteiras, Axuda en Acción e Fuco Buxán]. Non pode ser que continuamente se estexa denunciando este problema nun edificio público do propio Concello e quen ten a responsabilidade non faga nada para evitar o continuo deterioro do mesmo.

O ATENEO FERROLAN INUNDASE DENDE A SÚA BIBLIOTECA-HEMEROTECA

A Xunta Directiva RECLAMA A EXECUCIÓN XA DO PROXECTO DE REHABILITACIÓN DO EDIFICIO.

O Ateneo INÚNDASE dende a Biblioteca-Hemeroteca (unha xoia única na comarca de Ferrol) a auga xa chega ás salas de exposicións ..... aguantará o edificio máis?



Enviado por:
ateneoferrolan.secretaria@gmail.com
10 de junho de 2009 11:04


Ateneo Ferrolán
Fundado en 1879 “Un Lugar de Encontro para a Cultura”
http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

_______________

Un libro fundamental para entender o mundo

Por Juan Torres López

O xornalista Pascual Serrano, fundador de rebelion.org e autor doutros libros que xa mencionei noutras ocasións nesta web, acaba de publicar unha obra fundamental para entender a realidade social que nos rodea: Desinformación. Como os medios ocultan o mundo [Editorial Península. Madrid. Xuño 2009 ISBN 978-84-8307-880-8, 624 páxs. 25,90€].

O libro está prologado polo director de Le Monde Diplomatique, Ignacio Ramonet, e aconsello vivamente que o lea calquera persoa que queira saber como os medios constrúen unha "verdade" que non o é, como ocultan as claves que poidan permitir que os cidadáns saiban o que pasa e entendan o que sucede no noso mundo.

É un libro fundamental para coñecer de primeira man como nos mentiron ao contarnos os grandes fitos da nosa época e, sobre todo, para saber por que e para que inventan constantemente unha falsidade tras outra cando narran a actualidade, cando analizan os conflitos políticos, cando informan das guerras, cando día tras día dinnos coma se fose verdade o que está pasando pero que en realidade case nunca sucede como eles din.

Logo de establecer unhas bases esenciais para entender o fenómeno da desinformación, Pascual Serrano entra enseguida no que eu creo que máis agradecen o lector ou lectora: un repaso aos acontecementos máis importantes da nosa época que permite non só descubrir a infame cobertura dos grandes medios senón, de paso, as claves que hai detrás de cada un deles. O que fai nos sucesivos capítulos dedicados a Europa, América Latina, Estados Unidos, Asia e África é desvelar o que nos últimos decenios ocorreu verdadeiramente. É dicir, descorrer o veo de desinformación coa que os grandes medios disimularon o papel dos poderes ocultos, coa que terxiversaron os acontecementos e coa que deron gato por libre para evitar deixar claro os intereses reais que condicionaron as decisións políticas, económicas e militares coas que fan e desfán as nosas vidas e os nosos patrimonios. Finalmente, o libro contén reflexións sobre a forma de combater a desinformación que son especialmente lúcidas vindo como veñen un combatente en exercicio, dun xornalista que día a día se dedica precisamente a cumprir co compromiso informativo que predica.

Non deixar pasar esta oportunidade, aprendan a informarse e non se deixen enganar, lean rapidamente o libro de Pascual Serrano e poñan desde agora en práctica a recomendación que impregna todo o seu libro: desconfiar das "verdades indiscutibles", contrastar toda a información que nos chega, buscar a información alternativa á dos grandes medios, aprender e axudar a desenvolvernos nós mesmos e os demais como cidadáns con pensamento independente e "conscientes de que a complexidade do que sucede no mundo nunca poderá simplificarse mediante mensaxes xornalísticas sometidos a demasiados e perigosos intereses".

___________________________________

A Consulta sobre o Galego no Ensino

CONSULTA SOBRE O GALEGO NO ENSINO

Prezada amiga,
Prezado amigo,

Xuntamos a esta mensaxe a posición do Bloque Nacionalista Galego en relación coa consulta que a Xunta de Galiza vai facer de inmediato a pais e nais sobre o uso do galego no ensino.

Desde o BNG queremos facer un chamamento ao conxunto da sociedade galega para defender o consenso sobre a normalización do noso idioma. Chamamos a moverse activamente no noso ámbito persoal para responder a esta consulta en favor do galego e para rexeitar este procedemento fraudulento.

Convén que divulgues a posición que che adxuntamos e que lla fagas chegar a todas as persoas do teu entorno, especialmente a aquelas que teñan posibilidade de responder á enquisa.

Saúdos.

Xosé Manuel Pazo Blanco


CONSULTA DA XUNTA DE GALIZA SOBRE O GALEGO NO ENSINO

O venres 5 de Xuño, a Xunta de Galiza presentou a enquisa que se vai remitir ás familias dos 350.000 alumnos e alumnas escolarizados en Galiza nos niveis de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional e que en teoría ten como propósito inquirir a pais e nais sobre en que lingua prefiren que lles sexa impartido o ensino aos seus fillos e fillas.

Estudado o contido desta enquisa e analizadas as motivacións que levan ao Goberno galego a elaborala, o BNG ten que facer as seguintes valoracións:

1.- Estamos perante unha auténtica “consulta trampa”, inaceptábel quer na forma quer no fondo. Con ela non se pretende máis que dotar ao Goberno dunha coartada para xustificar unha política tracexada xa de antemán: o resultado do inquérito está predeterminado e terá como desenlace a derrogación do decreto sobre o uso do galego do ensino. O PP decidiu no seu día afastarse do consenso sobre o galego (Plano Galego de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade polo Parlamento Galego en 2004). Anunciou en campaña a derrogación do decreto e xa no goberno reiterou esa intención. A enquisa tenta lexitimar cun suposto manto de apoio social unha decisión de carácter político tomada antes de chegar ao Goberno e adoptada co único propósito de contentar os sectores máis extremistas do electorado do Partido Popular.

2.- A consulta, que é de carácter voluntario, carece da menor fiabilidade, tanto por como están enunciadas as preguntas como polo feito de que será a Administración, controlada politicamente polo Partido Popular, quen custodie todo o proceso de recolla dos datos. Non existen suficientes garantías de que os resultados non poden ser mesmo manipulados se non fosen do agrado do partido no goberno.

3.- Coa enquisa vaise criar unha tensión innecesaria nos centros de ensino e na propia sociedade galega, innecesaria porque, sexa cal for o resultado do inquérito, o Goberno xa ten anunciado que vai derrogar o decreto nun sentido claramente contrario ao uso da lingua galega no ensino.

4.- Tal e como están enunciadas as preguntas da consulta, todo o máis que poderían demandar os sectores favorábeis ao galego no ensino sería que se mantivese o galego como lingua na que se imparten as materias troncais. En ningún caso se pregunta ás familias se serían partidarias de que o conxunto das materias, e non só as troncais, se impartisen en galego.

Isto significa que coa enquisa os sectores favorábeis á españolización do ensino si poden conseguir avances a respecto da situación actual -reducir a presenza do galego nas troncais-, mentres que aqueles que son partidarios de avanzar na galeguización só poden aspirar a que, como moito, se manteña o actual statu quo, que vén consagrado precisamente polo decreto que o Goberno anunciou que vai derrogar.

5.- O mesmo Goberno que fai proclamas populistas e demagóxicas en favor da austeridade e o control do gasto público vai dilapidar 200.000 euros na realización desta “consulta trampa”, un dispendio impresentábel no actual contexto de precariedade de medios humanos e materiais que caracteriza a situación do ensino público en Galiza.

6.- Por termos en conta as consideracións anteriores, propoñemos marcar a opción “galego” (en Infantil e FP) e “todo en galego” (en Primaria e Secundaria), porque desta maneira estariamos a indicar que queremos en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e como indica o decreto en vigor. Non significaría, por tanto, que optemos por todo o ensino en galego, pois esta opción non se considera.

7.- Igualmente xulgamos preciso transmitir a nais e pais a necesidade de incluíren no apartado de observacións da enquisa peticións semellantes ás que expresamos a continuación:
  • Desexaría que o ensino fose en galego, unha opción que non recolle esta enquisa.
  • Estou a favor da aplicación do decreto actual de promoción e uso do galego no ensino, realizado co consenso da comunidade educativa e que emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego.
  • Todo o anterior fai que os resultados desta consulta non me parezan lexítimos.

Enviado por:
Xosé Manuel Pazo Blanco
-manolopazo@gmail.com-
9 de junho de 2009 22:01

________________________

martes, xuño 09, 2009

Etnocidio na selva: unha masacre deliberada - Que pasa na Amazonia baixo a Administración peruana ?

Por Carlos Angulo Rivas
8 de xuño de 2009


A diferenza non é moi grande, só os seres humanos masacrados cambiaron. A sede de sangue de Alan García Pérez é inesgotable. Repite a súa historia do pasado, a de ordenar matanzas humanas como as do Frontón, Lurigancho, Los Molinos e as das comunidades andinas. Non lle importa se morren poboadores ou policías. Non se diga que non houbo paciencia no pobo. Sesenta días de folga masiva dos pobos nativos da Amazonía, de protesta nacional e de apoio global a esa xusta loita, ao longo e ancho do país, ademais da solicitude internacional, son exhortaciones máis que suficientes para facer reflexionar calquera gobernante, excepto, para un genocida cualificado que non escoita nin escoitará xamais a ninguén.

A manobra aprista no Congreso o día de onte, para non tratar o problema da derogatoria dos inconstitucionais decretos lexislativos depredadores da Amazonía, os cales non respectan o medio ambiente, nin os ríos, nin as árbores nin os animais e menos os dereitos ancestrais do pobos orixinarios, foi o preparativo indispensable para ordenar o asasinato de quen só defenden o seu dereito a existir.

Fai apenas dous días o Foro Permanente para as Cuestións Indíxenas das Nacións Unidas, organismo asesor do Consello Económico e Social, fixo un chamado preventivo ao goberno peruano respecto do que podía ocorrer en caso de seguir embromando aos nativos a través de conversacións dilatorias e farsantes. O organismo da ONU expresou a súa preocupación sobre os informes recibidos durante o seu oitavo período de sesións en relación aos abusos que vén cometendo Alan García en contra dos dereitos dos pobos indíxenas e as comunidades nativas. A Presidenta dese organismo, Vitoria Tauli Corpuz, en declaración oficial, recordou ao Goberno peruano a obrigación que ten de consultar e respectar os dereitos dos pobos indíxenas, tal e como o establecen os compromisos asumidos no Convenio 169 da OIT. Na súa exposición manifestou que sendo o Perú asinante da Declaración das Nacións Unidas sobre os Dereitos dos Pobos Indíxenas, o goberno está na obrigación de garantir o pleno respecto dos dereitos das comunidades sobre as terras tradicionais, territorios e recursos, así como o consentimento libre, previo e informado das mesmas. Tamén o organismo expresou a súa profunda preocupación polo estado de sitio decretado polo goberno de García Pérez desde o 8 de maio de 2009 en contra das comunidades e organizacións indíxenas. Respecto diso, a funcionaria internacional agregou: "O estado de sitio está dando lugar á suspensión das liberdades persoais e políticas dos pobos indíxenas na rexión amazónica, a criminalización dos líderes indíxenas e dos defensores dos dereitos humanos e a crecente militarización dos territorios indíxenas;" en consecuencia, o Foro Permanente para as Cuestións Indíxenas pediu ao Goberno peruano suspender de inmediato o estado de sitio.

Con todo, a pesar das exhortaciones e dos reclamos, a pesar da ilegalidade dos decretos lexislativos, o goberno de Alan García e do monicreque Yehude Simon optou polo etnocidio, pois máis de 20 indíxenas e 12 policías morreron no primeiro enfrontamento dunha conflagración anunciada, mentres outras 100 persoas resultaron feridas, na súa maioría de bala, produto da acción policial, desde helicópteros, ordenada polo goberno na Amazonía. Este crime premeditado polo goberno non ten absolución algunha, xa que nun desafío ás razóns legais en todos os idiomas, Alan García pretende xustificar a masacre chamando "SEUDO DIRIXENTES" aos xenuínos representantes dos nativos, agregando ademais que ?calquera estalido de violencia na Amazonía sería responsabilidade deles.? E co cinismo que o caracteriza, coñecidos os feitos de sangue da súa responsabilidade na selva, García Pérez afirmou que os nativos estaban instigados á violencia e utilizados como "carne de canón" pola dirigencia da Aidesep, encabezada por Alberto Pizango, nun intento de "xogar á revolución". "Calquera feito lamentable é absolutamente responsabilidade dos seudo dirixentes e seudos nativos que estiveron instigando a persoas máis humildes a que tomen accións ilegais e violentas". Como se observa nas palabras, a pretensión de xustificar o etnocidio por parte de Alan García non só é inconcibible senón insólita e inadmisible nunha autoridade censurada polo noventa por cento dos cidadáns peruanos, máis aínda cando pensa e vocifera que os dirixentes e os poboadores disfrazáronse de nativos, porque non doutra forma enténdese aquilo de seudos nativos cando, en realidade estamos, sen darlles moitas voltas, fronte a un seudo goberno.

A crise do paro rexional da Amazonía que leva sesenta días foise agravando polas manobras dilatorias inconsistentes do goberno e unha mesa de diálogo a cargo dun primeiro ministro mequetrefe, como Yehude Simon, tratando de enganar aos dirixentes nativos, o cal chegou a desbordar os límites da paciente espera de solucións aceptables. E saíuse de control cando o día de onte o pleno do Congreso volveu aprazar o debate sobre o decreto 1090, Lei Forestal e de Fauna Silvestre, que é parte dun paquete de dez leis atentatorias ao hábitat indíxena e aos recursos naturais do país. Como se explica que a Comisión a Encargada do Estudo dos Decretos Lexislativos Referidos ao Sector Agrario declare inconstitucional a esta lexislación, para logo nunha clara manobra sen debate algún, a maioría congresal acorde polos de regreso á mesa de "dialogo"? Si señores, os decretos lexislativos 997, lei de organización e funcións do Ministerio de Agricultura; 1081, que crea o Sistema Nacional de Recursos Hídricos; 1083, que promove o aproveitamento eficiente e a conservación dos recursos hídricos, e 1035, Lei de adecuación ao acordo sobre as medidas en materia de investimentos relacionados co comercio da OMC; e ademais, os decretos lexislativos 1059, Lei Xeral de Sanidade Agraria; 1060, que regula o Sistema Nacional de Innovación Agraria; 1080,que modifica a Lei Nº 27262, Lei Xeral de Sementes; 995, que modifica a norma de Relanzamento do Agrobanco; 1055, quemodifica a Lei Nº 28611, Lei Xeral do Ambiente; 1078, que modifica a Lei Nº 27446, Lei do Sistema Nacional de Avaliación de Impacto Ambiental, etc. foron declarados ilegais por pasarse por alto o ordenamento constitucional.

Aquí os dirixentes e os miles de nativos que se manteñen en pé de loita contra eses decretos abusivos e ilícitos por atropelar os seus dereitos territoriais e sociais, por arrebatar as súas terras e os recursos naturais deles e do país, non son figurados nin falsos ou seudos nativos como sinala Alan García senón homes de carne e óso e familias enteiras abusadas polo centralismo e a usurpación que se pretende, quen ao non ser escoitados recorreron á folga e a rebeldía. Por iso tamén, os pobos aborígenes denunciaron a campaña de desprestixio e persecución na súa contra, deseñada desde o goberno central. Estamos, pois, fronte a unha sanguenta masacre de poboadores humildes e étnicos catalogada na lexislación internacional como xenocidio, sendo a única saída á crise creada na Amazonía a renuncia obrigada do criminal perpetrador, Alan garcía Pérez, a fin sexa xulgado por este novo crime de lesa humanidade. O chamado á insurxencia popular cunha paralización nacional ata a renuncia do genocida Alan García Pérez, quen debe pasar a disposición das autoridades xudiciais polas matanzas habidas e os roubos do seu goberno detectados, é o único remedio á crise de gobernabilidade. Non cabe outra solución. Os pobos do Perú e as súas organizacións sociais, políticas e gremiais teñen a palabra.

Publicado en aporrea.org, el 7 de Junio 2009

Fonte: "Pueblos" - Revista de información e debate
____________________________

Masacre en Bagua Perú - Enfrontamento entre policías e nativos amazónicos
Primeiras imaxes sen editar sobre a masacre. Os helicópteros da Policía sobrevoan un tramo da estrada Fernando Belaunde Terry en Amazonas. Fíxache que en certo momento do vídeo, pasan os helicópteros que lanzan bombas lacrimóxenas e logo escóitanse disparos contra os nativos que bloqueaban a estrada. Un tráxico feito onde morreron cidadáns peruanos: indíxenas e policías. Fonte de Canle N.


Fonte: http://www.youtube.com/ricardomarapi
______________________________

Asemblea de Barrio no Inferniño para presentar e debatir sobre o Regulamento de Participación Cidadá

Esta Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO, con representación no GAP (Grupo de Análise e Proposta), queremos iniciar unha ASEMBLEA DE BARRIO co obxecto de presentar e explicar a veciñanza o proceso do REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ, este vindeiro xoves, día 11 de xuño as 7 h da tarde no Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.

O principal fin é informar e difundir a toda a cidadanía o verdadeiro significado da PARTICIPACIÓN CIDADÁ así como involucrar as diferentes entidades socio- culturais e deportivas do barrio.

Trataremos de contar coa presenza de varios membros do GAP coa intención de informar respecto a este proceso , analizar e debater o auténtico alcance da DEMOCRACIA PARTICIPATIVA

Esta mesa estará composta por varios membros do GAP:
  • Alberto Saavedra, Presidente da A.Veciñal de Ferrol- Vello.
  • Magdalena Gonzalez da Asociación Prioriño.
  • Miguel López, Presidente da Asociación Veciñal de FONTELONGA.
  • Pilar Venancio, Presidenta da A. V. de Caranza.
  • Maica Rodriguez, Asesora de Participación Cidadá,
  • Manuel Santiago, CONCELLEIRO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.
  • Moderando esta presentación o membro do GAP, Xosé Manuel Sanxoán da Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño.
Lembramos que os ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS ( 2 MILLÓNS de € ano 2009-10) requerirán dun exercico do máximo consenso social e a participación directa de todas as entidades do barrio do Ensanche , no Inferniño, as cales serán expresamente convidadas a este acto.


Saúdos veciñais.

Asdo. Xosé M. Sanxoán - Secretario
e Ana J. López - Presidenta

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog : orosario-inferninho.blogspot.com

_______________

Aberto por reformas pechado por Alberto

"Pechado por Alberto", este podería ser o cartaz que colga no estudio da Radio Galega, onde o Xurxo Souto e o Vituco Neira viñan de realizar o espazo radiofónico que máis apostou, divulgou e asentou a música de base galega nos últimos anos, Aberto por Reformas.

Ise lado miserábel do subsconsciente colectivo dunha boa parte do pobo galego, donde a propia lingua e o propio acento convértese nun problema (severo) vén de aparecerse descarado nunha toma de decisión que exemplariza o auto-odio que nos temos e o que nos agarda...

De vén atrás é coñecida a capacidade comunicadora do Xurxo, un estupendo laretas coñecido pola súa contribuzón a cultura contemporánea galega (propia) ao través dos seus relatos, historias, músicas e activismo radiofónico ("A Tropa da Traia", Radio Coruña).

O Colectivo Opaíí!! - Rádio FilispiM, tivo ocasión de comprobar como ise cascarilleireo de Monte Alto, embarcado dende había uns anos na radio pública da Galiza, tiña tempo para achegarse a Vila Podre (Ferrol) e contribuir a consolidación do proxecto da radio libre e comunitaria que emite dende estas terras, xunto ao resto da súa banda, Os Tres Trebóns e o Vendaval do Rosal. Foi un 13 de abril do ano 2006, no local social de San Carlos en Esteiro, no transcurso do III Conspirando por unha radio libre. Aínda nos acordamos os monstros.

Quero dicir, que Xurxo Souto estivo, estaba e estará sempre coa cultura de base galega (propia) e que a reacción que ten ocasionado o seu cese fulminante na Radio Galega e o silenciamento de todo ise traballo de consolidación antes comentado, semella o máis normal en todo este asunto ben cheo de absurdos.

Eu, agardaba que algo así acontecera pois forma parte da miseria dos medios controlados polos poderes públicos, mais no caso do Aberto por Reformas, ten sido certamente insultante que o programa continúe a emitirse co mesmo título e que o primeiro tema que teña soado na súa "nova andaina" sexa un de Bruce Springsteen... que queren que lles diga... que queres que che diga Xurxo... vente p'a FilispiM!!!

Pague a pena amplificar esta cuestión para fazérmonos a idea da miseria que nos agarda, cos Albertos e compaña. Así que ao pé vos van uns enlaces ben fermosos e algúns ben activos (cousa esta última importante) para que conspiredes, pequenos monstros.

En breves máis información pois semella que se está a argallar unha ben gorda, en apoio ao Xurxo e ao Vituco, cousa que é ben bonita e fermosa.

Pequeno Monstro.

- Ghastas Pista
- Agal-Gz
- Facebook de Xurxo
- Komunicando-1
- Komunicando-2
- Vieiros
- Abretedeorellas

IV Encontro da Red de Economía Ecológica de España en Compostela o 11 e 12 de Xuño de 2009

Red de Economía Ecológica de EspañaEste xoves e venres -11 e 12 de Xuño de 2009- vai ter lugar en Santiago de Compostela (Facultade de CC. Económicas e Empresariais - Avda. Burgo das Nacións s/n) o IV Encontro da Red de Economía Ecológica de España.

Podedes descargar o díptico sobre o encontro -pdf-, do cal vos copiamos os datos máis relevantes:

Programa do Encontro

11 de xuño- Reflexións sobre Economía Ecolóxica
  • 9,00-9,15 Inauguración da xornada
  • 9,15-9,45 Joaquim Sempere Carreras. Universitat de Barcelona:
  • “Decrecemento e Sostibilidade”
  • 9,45-10,15 Debate
  • 10,15-10,45 Antón Novas. Mºde Medio Ambiente y Medio Rural y Marino:
  • “Sistema alimentario e Transxénicos”
  • 10,45-11,15 Debate
  • 11,15-11,45 Pausa-café
  • 11,45-14,15 Reunión interna da Rede (SÓ MEMBROS EcoEcoEs)
  • 14,15-15,30 Xantar
  • 15,45 Saída visita: Cooperativa Monte Cabalar (A Estrada)
  • 20,30 Regreso da visita
  • 21,45 Cea
12 de xuño- Presentacións de estudantes
  • 9,00-9,45 Christian Kerschner. Universitat Autónoma de Barcelona.
  • 9,45-10,30 Benjamín López. Universitat Autónoma de Barcelona.
  • 10,30-11,15 Jaume Freire. Universitat Autónoma de Barcelona.
  • 11,15-11,45 Pausa-café
  • 11,45-12,30 Stephan Salate. Universitat de Barcelona.
  • 12,30-13,15 Erik Gómez. Universidad Autónoma de Madrid.
  • 13,15-13,45 Conclusións e Clausura
  • 19,00-21,00 Visita ao casco antíguo
  • 21,45 Cea
Coordinación e Organización do Encontro
  • Xoán R. Doldán García. Departamento de Economía Aplicada-Universidade de Santiago de Compostela
  • Xavier Simón Fernández. Departamento de Economía Aplicada-Universidade de Vigo
  • María Luisa Chas Amil. Departamento de Economía Cuantitativa-Universidade de Santiago de Compostela
  • Rosa María Regueiro Ferreira. Departamento de Historia e Institucións Económicas - Universidade de Santiago de Compostela
Que é a Red de Economía Ecológica de España?

  • Un grupo de profesores, investigadores e persoas interesadas na Economía Ecolóxica (EE) reunímonos en Ronda (I Encontro), en xuño de 2006, con idea de establecer un primeiro contacto de reflexión conxunta sobre a necesidade de crear a Rede. Houbo un consenso claro sobre o interese de continuar con estes encontros, fixándose dúas novas xornadas: a primeira, en Carmona en marzo de 2007, dedicada a docencia en Economía Ecolóxica cuxas conclusións leváronse ao III Encontro da Rede que se celebrou en Madrid, en febreiro de 2008.
  • A EE entende a economía como un sistema aberto afectado polas Leis da Termodinámica e todas as súas implicacións; considera a relación entre os diferentes sistemas que compoñen a realidade –económico, tecnolóxico, social, territorial e institucional- e realiza unha análise da evolución conxunta e dinámica de ditos sistemas (enfoque eco-integrador e análise sistémico-coevolutivo); analiza a dimensión física da realidade, non unicamente a monetaria, utilizando tanto variábeis cuantitativas como cualitativas.
  • A Rede EcoEcoEs xurde da necesidade de fomentar e coordinar a investigación e docencia en EE en España. O seu obxectivo principal é crear sinerxías entre os investigadores e docentes españois dedicados á EE, así como fomentar as relacións destes con institucións europeas e internacionais. Dado que un dos obxectivos principais da EE é a análise multidisciplinar e transdiciplinar dos problemas económicos, ambientais e sociais, opinamos que a Rede tería que comporse, non unicamente de economistas, senón de todo tipo de investigadores e docentes interesados nesta visión do mundo.
Web da Rede

Fonte: vesperadenada.org
________________

Xoves 11 de Xuño Mesa Redonda en Ferrol: "A Universidade e o Plano de Boloña"

Organizada pola Asociación Cultural Fuco Buxán Mesa Redonda "A Universidade e o Plano de Boloña", este Xoves, 11 de xuño de 2009, ás 20 hs, en Ferrol na Galería Sargadelos.

Intervirán :
  • José Carlos Bermejo Barrera (Profesor Hª Antiga da USC)
  • Guillermo Ferrández Rivera (Profesor secundaria IES Marqués de Suanzes)
  • Iria Gómez Corral (Estudante de Xornalismo)
Có acto sobre este plan de converxencia tentaremos dar resposta a cuestións de interese que atinxen ó impacto real do proceso na nosa Universidade, os problemas actuais desta, as consecuencias da aplicación do modelo Bolonia ou a eventualidade da privatización/mercantilización da Universidade, entre outras.

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
9 de junho de 2009 09:55


--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

_______________

Notas.-

Fírgoa - Importante Web de información e Debate sobre o Ensino

Nos últimos anos, viñemos reclamando desde fírgoa información e debate sobre o presente e o futuro da Universidade, fondamente preocupados polas políticas que sobre ela se cernían e se cernen. A información fómola recompilando pacientemente, día a día, esculcando nos boletíns, nas bibliotecas e, sobre todo, en internet. Hoxe dispomos dunha base de datos de máis de 40.000 elementos. Non estamos, pois, “desinformados”. E iso a pesar dos -para nós- evidentes intentos de manter na escuridade, na opacidade, o proceso de reconversión mercantilista das universidades. Onde si podemos dicir que fracasamos foi en promover o debate. Durante anos ninguén parecía querer discutir nada: todo estaba decidido (eran cousas de Europa, dicíase) e non había volta atrás, polo que o único que quedaba era acomodarse mansamente ao proceso que se nos impoñía. Mentres a roda do "cambio" esmagaba todo ao seu paso, o silenzo era estrepitoso: nin as autoridades académicas (reitorías, decanatos...) nin as administrativas (gobernos autonómicos, goberno central) estaban dispostas a discutir nada. A información e o debate quedaron limitados a pequenos redutos ("numantinos", dicía un reitor) de profesores e estudantes, con moi escasa repercusión nos ámbitos institucionais e nos medios de comunicación, que triunfalmente proclamaban as virtudes e excelencias do que se empezou a chamar o "Proceso de Boloña". ...

Fonte: fírgoa


Proceso de Bologna

O proceso de Bologna é un proceso de implantación do Espazo Europeo de Educación Superior, iniciado coa declaración de Bologna, acordo asinado en 1999 en Bologna polos ministros de educación da Unión Europea.

Esta declaración conxunta deu inicio ó proceso de converxencia que ten como obxectivo facilitar un efectivo intercambio de titulados, así como adaptar o contido dos estudos universitarios ás demandas sociais. Todo isto levou á creación do EEES, un ámbito ó que se incorporaron países incluso de fóra da Unión Europea e que serviría de marco de referencia ás reformas educativas que moitos países iniciaron nos primeiros anos do século XXI.

Cando se fala de proceso de Bologna faise referencia tamén a aspectos relativos á reforma universitaria consecuencia do acordo e non só ó asinado en Bologna. Estes aspectos, principalmente os relativos á financiación das universidades públicas, son os que máis controversia espertan.

Fonte: Wikipedia

________

Charla e exposicion sobre xénero e desenvolvemento: Martes 9 de Xuño 2009

Dentro das distintas actividades de difusión do seu traballo para levar a un obxectivo común que é concienciar a sociedade da situación de pobreza grave e evitable na que viven cerca de mil millón de persoas no mundo e como erradicar a pobreza no mundo, a Rede Social Ferrolterra, presenta en colaboración co Ateneo Ferrolán, unha actividade de Xénero e Desenvolvemento, dentro da cal enmárcanse distintos actos, unha exposición que leva por título, "Mulleres que cambian o mundo. A muller como motor do desenvolvemento", que poderá ser visitada no Ateneo Ferrolán do día 2 ó 15 de Xuño, así mesmo o día 9 de Xuño ás 20:00hs haberá unha charla-coloquio, sobre os vínculos solidarios entre organizacións de mulleres, na cal nos falará, Ana Mª García Fernández e a proxección dunha curta documental, titulada: "Mulleres en camino (Perú-Bolivia)", producido no marco do Convenio para o Empoderamento da Muller.

A Rede Social Ferrolterra está integrada por un total de seis organizacións non gobernamentais e asociacións que traballan na comarca: Solidariedade Internacional, Mundo Cooperante, Lena, Enxeñería sen Fronteiras, Axuda en Acción e Fuco Buxán.

Ateneo Ferrolán
Fundado en 1879 “Un Lugar de Encontro para a Cultura”
http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

_______________

luns, xuño 08, 2009

O Solstício de Verám celebraremo-lo prendendo lume a umha grande fogueira: Lumeirada d'A Revolta 2009

O Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, organizamos, como é habitual desde há já 11 anos, umha lumeirada para celebrar o solstício de verám. O lume vai ser o grande protagonista nesta noite meiga e de divertimento, onde celebraremos a chegada do verám, na noite mais curta do ano.

O Solstício de Verám 2009 celebraremo-lo prendendo lume a umha grande fogueira, mas nom faltará a festa com sardinhas, chouriços, pam, vinho, cerveja, danças, música, ...

Como nom podia ser doutro jeito, a Lumeirada d'A Revolta 2009, vai ter lugar a Terça-Feira [Martes], 23 de Junho, na ribeira de Caranza, nas imediaçons da Rua Cartagena, no antigo campo de terra batida, desde as 6 da Tarde até a madrugada do dia seguinte.

  • Nove veces há que saltar a fogueira recitando os benefícios que queres ou os males que queres espantar, para que cumpra o lume os seus poderes na noite meiga.
  • Mas também há quem pom o cacho da noite das lumeiradas, ervas medicinais e aromáticas com água, deixadas numha tina ao rocio da noite, para o asseio purificador da manhá.
Nom faltes!

A Revolta


Exibir mapa ampliado
_________________

Enlace de interesse:
Traballo de Xosé Carlos Villaverde Román
___________________

Enviado por:
A Revolta da Trasancos
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
8 de junho de 2009 12:08
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/

_______________

Polo á Carta

Um irmao meu enviou-me este documental, nom di nada que nom saibamos, o importante é como o di, para que nom se nos ocurra esquecê-lo.
Lupe

Titulo: Chicken a la Carte
Tema: A Comida, O Sabor e a Fame.
Dirixido, Musicado e Escrito por: Ferdinand Dimadura
Duración: 6' 10'' [Paga a pena dedicar 6 minutos a ver este filme]

Deixa-me contar unha historia que ninguén pode ouvir.

Como alguén desde o sorriso leva-me até as lagrimas?

Nunca sabes que facer, nunca hai nada novo que ver, pois logo do que vimos non podemos pechar os ollos outra vez.

Quero-vos contar unha historia, que pensaredes que non é certa, mais que vou compartillar con vós.

Despois pecharemos os ollos, mais as imaxes continuarán, e a historia comezará de novo.



En Febreiro de 2006,no 56 Festival Internacional de Berlin Os Cineastas foron convitados a participar nunha competición de filme curto sobre o tema: A COMIDA, O SABOR E A FAME. Uns 3.600 cineastas de todo o mundo participaron no concurso, mais só 32 filmes foron seleccionados para ser expostos no Campus de Talentos da Berlinale. Tamén filme foi o vencedor na competición de curtas Metragens Turim, en Italia patrocinadas polo movimento slow Food e os Berlinale talent Campus, en Outubro de 2006..

http://www.cultureunplugged.com/play/1081/Chicken-a-la-Carte

Enviado por:
lupe ces
-lupeces@gmail.com-

7 de junho de 2009 11:26


Lupe Ces Rioboo
981946412 - 652201003
http://lupeces.blogspot.com/

____________

domingo, xuño 07, 2009

Tertulia de xuño co Concelleiro Manolo Santiago sobre participación cidadán

Tertulia co Concelleiro Manolo Santiago sobre Participación Cidadá este Martes 9 de Xuño ás 9 da Noite no Pub Borsalino

O concello de Ferrol, desde o comezo deste mandato ven traballando na promoción de procesos de participación cidadá. O truncado goberno PSOE-EU, foi o responsable desta iniciativa representada, nomeadamente, por Jabier Galán (EU). Logo da ruptura do goberno, e tras dun importante receso, o PSOE recollía o testigo da man de Manolo Santiago, actual concelleiro de participación cidadá.


O camiño andado semella non ter volta atrás, e todo o asociacionismo e o conxunto da cidadanía ferrolá dispoñemos dun instrumento vital para afondar na democracia participativa. De vós depende, de nós depende e… por nós non vai ser.

O pasado ano elaborábase de forma participada un novo Regulamento de Participación Cidadá co que se pretende regrar toda unha chea de mecanismos que faciliten a participación de asociacións e cidadanía no devir do concello.

Este Regulamento vía a luz, nun “Foro Cidadán” no que se aprobaba por unanimidade o traballo que previamente fixeran moitos dirixentes veciñais, de asociacións ecoloxístas e outras persoas de forma individual desde unha Comisión de estudo (GAP-Grupo de Análise e Proposta).

A día de hoxe, logo dos preceptivos —e paralizantes— informes xurídicos, este Regulamento será aprobado nun Pleno en próximas datas.

Naquel Foro Cidadán, no que Lefre de Caldereta tamén participou, demandabase do concello un novo impulso, poñendo en marcha un proceso de orzamentos participativos que, logo de varios meses, parece que tamén se poñerá en marcha por medio dunha experiencia piloto.

Destas cuestións e doutros proxectos municipais relacionados coa participación é do que falaremos na nosa tertulia do segundo martes de xuño, coa participación de Manuel Santiago Pérez, actual concelleiro de participación cidadá.

Seguimos a falar no Borsalino.

A.C Lefre de Caldereta
http://lefredecaldereta.com/
______________________________

sábado, xuño 06, 2009

Así foi a Manifestación - Roteiro de Ferrol contra a Planta de Gas de REGANOSA


Onte, Venres, 5 de Xuño de 2009, tiña lugar o Roteiro - Manifestación convocado pola Rede Galiza Non Se Vende, co berro unitario: Planta de Gas Fora da Ría !, ás 8 da Tarde saía desde a Praza Amada García, nas inmediacións do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, non sen antes sinalar a un dos responsábeis do despropósito gasístico: a Xunta de Galicia. Ademais de socio de REGANOSA, foi a institución que aprobou unha efímera, irresponsábel e ilegal declaración de efectos ambientais, negando a necesaria avaliación de impacto ambiental do proxecto. Dúas sentenzas do TSXG xa se pronunciaron contra a tramitación ambiental da Xunta de Galicia. Ademais de asinar un documento "secreto", chamado Convenio de Colaboración, o 20 de xullo de 2000, polo Sr. Fraga representando á Xunta e outros cinco socios de Reganosa [Grupo Tojeiro, Endesa, FENOSA, Caixa Galicia e Sonatrach], cunha cláusula de confidencialidade para ocultar detalles comprometidos do mesmo. Con ese documento a Xunta acordou participar cun 10% de capital de Reganosa, pero ademais comprometeu-se para a obtención dos permisos e licenzas da súa administración ou doutras, tamén para asegurar a viabilidade económica no caso de que existan problemas de rendibilidade e para facilitar axudas públicas.

A marcha continuou polas sedes e locais de Caixa Galicia, Unión Fenosa, Gadisa do Grupo Tojeiro, Caixa Nova, Banco Pastor e rematando no Porto de Ferrol diante da Autoridade Portuaria. En todos estes lugares houbo intervencións de representantes de diferentes colectivos da Rede [onde se mencionaron a defensa do litoral contra o urbanismo salvaxe e as industrias contaminantes, a soberanía alimentaria, o conflito de Massó contra a construción do porto desportivo, ...] , o comunicado final foi leido polo compañeiro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Alexandre, mais antes tivo unha merecida lembranza para o compañeiro Santiago Torrente que morrera o pasado 23 de Marzo. Esta é unha mobilización máis contra o despropósito de permanencia dunha Planta de Gas no corazón da nosa Ría. Polo desmantelamento de REGANOSA, por ilegal e perigosa, por ameazar a nosa vida e seguridade, porque empobrece a Ría, e porque foi construída utilizando a corrupción política, o engano e a manipulación, só por intereses espúreos, económicos e políticos, duns poucos ricos, poderosos e covizosos. A loita continua !


Galería do: CA21

Galerías Fotográficas da Manifestación-Roteiro:
Rádio FilispiM emiteu, en directo, un programa especial cubrindo a Manifetación-Roteiro ao que se pode acceder ou descargar desde este enlace:
______________

Descargar o arquivo

______________
O programa repetira-se os Domingos 7 e 14 de Xuño a partir das 17:00 hras, pode-se escoitar no 93.9 da FM en Rádio Filispim.
__________________