luns, abril 19, 2010

Esta Europa dá noxo


Por Juan Torres López [*]
18.04.2010

A Unión Europea adoptou recentemente tres medidas que creo que demostran claramente que intereses defenden os seus dirixentes, de quen son cómplices e a quen están dispostos a prestar axuda e, xa que logo, que destino agárdanos se non pomos freo a esta dinámica.
  • Europa presta diñeiro aos bancos que ocasioanaron a crise ao 1%.
  • Ao pobo grego que a sofre, ao 5%.
Europa controlará os orzamentos dos estados membros antes de que os aproben os parlamentos (estaría bo que fose despois).

Europa renuncia a pór unha taxa aos bancos que provocaron a crise e que recibiron cento de miles de millóns de euros de axudas públicas para salvar os seus balances e seguir obtendo beneficios multimillonarios. É domingo e prefiro dedicarme a outras cousas, pero non creo que fagan falta moitos máis comentarios: Esta Europa neoliberal dá noxo.

[*] Juan Torres López, Granada -1954-, Doutor en CC. Económicas e Empresariais, exerce na Universidade de Sevilla como catedrático de Economía Aplicada do Departamento de Teoría Económica e Economía Política. Escritor, investigador, analista de política económica e activista social. Manten unha páxina web (Ganas de Escribir: www.juantorreslopez.com) e coordena a páxina web dedicada a información económica www.altereconomia.org.

Enviado por:
Ganas de Escribir
-juantorres@uma.es-
18 de abril de 2010 14:10
________________

domingo, abril 18, 2010

Nós-UP: "A Esquerda Independentista nom esquece quem é Garzón"

Perante a convocatória para o dia 24 de Abril de umha concentraçom de apoio a Garzón, em princípio subscrita por dez entidades de diversa índole da cidade de Ferrol, NÓS-Unidade Popular recorda, por se alguns abandonados ao simplismo da política oficial esquecêrom, que Baltasar Garzón é um juíz salpicado pola tortura e o terrorismo de estado.

Que neste momento o aparelho judicial espanhol, em maos da extrema-direita, tenha paralisada a sua investigaçom sobre os desaparecidos na guerra civil e na repressom franquista, obedece, isso é certo, a umha dura pugna dos herdeiros directos do franquismo (com o apoio descarado do PP) para fazer imortal e intocável a herança do Caudilho. Nom é nengum acaso que na causa que se lhe abriu ao juíz por prevaricaçom se tenham apresentado como acusaçom organizaçons ultras como Falange Española de las JONS, Manos Limpias ou Libertad e Identidad.

De qualquer maneira, o lamentável é que Garzón, com o historial que pesa sobre as suas costas, se converta no rosto da memória histórica, um direito que corresponde a todo povo exercer de maneira participativa, crítica e sem censuras, e nom porque um dia as instituiçons lhes outorguem de maneira caritativa a capacidade para lembrar o que, também por um decreto nom escrito, até esse momento era incorrecto reivindicar. Lamentável e contraditório, pois algum dia haverá que também apelar à memória histórica para lembrar os mortos e desaparecidos da democracia bourbónica, numha guerra suja em que Garzón participou do lado dos carrascos.

A nossa condiçom de organizaçom independentista, socialista e antipatriarcal, enfrentada de maneira diametral portanto ao regime monárquico e burguês espanhol, solidária com outros movimentos de libertaçom e portanto também e muito especialmente com o basco, exemplo para muitos outros movimentos sobretodo na Europa, obriga-nos a nom perdermos a composiçom de lugar nesta questom evidentemente colateral, pois destapar os crimes dos sublevados no 36 nom depende da continuidade da carreira judicial de Garzón. Que nós apoiemos o cumprimento da Lei de Memória Histórica por parte das instituiçons do Estado espanhol obedece apenas à necessidade de assinalar a contradiçom existente entre a pretensa nova página na história que suporia a instauraçom do Regime bourbónico e as dificuldades de facto que há para cumprir as leis por parte das instituiçons desse regime, polas resistências encontradas nas próprias estruturas de poder. Outra conversa é pensar que a memória histórica depende dessa lei, que desde um primeiro momento julgamos insuficiente.

A condiçom de carrasco de Garzón é tam manifesta, que desde a pouca esquerda conseqüente que fica no Estado espanhol, além dos movimentos de libertaçom, repete-se constantemente a pergunta de quando e quem vai julgar Garzón. Em que momento e em que lugar será possível esclarecer de maneira precisa a sua relaçom com a trama dos GAL e episódios do carácter sinistro de Intxaurrondo, por exemplo.

A memória histórica como movimento social nom deveria (ainda que pareça que em parte aceita esse papel) aparecer como comparsa num novo show garzoniano; também é certo que ainda que haja umhas entidades maioritariamente reconhecidas como vanguarda da memória histórica, nom tenhem o seu monopólio. A memória histórica somos todos e a Esquerda Independentista também contribuiu para ela, em Ferrol, na Corunha, em Ponte Areias, em Tui... com acçons que nos colocárom em lugar referencial, por termos feito o que outros desejariam mas nom se atrevem a fazer.

É a partir dessa legitimidade que dizemos que nom vamos participar em nengum acto de apoio ao juiz Baltasar Garzón

Enviado por:
nosup-trasancos@nosgaliza.org
17 de abril de 2010 00:14
__________

Enlace relacionado:
Web oficial de Nós-UP
http://www.nosgaliza.org
_____________________

sábado, abril 17, 2010

O Gobernador do Banco de España acosa ao goberno e apoia ás teses da Patronal e á Banca Privada


O GOBERNADOR E A DEMOCRACIA

Por Juan Torres [*]
16.04.2010

As últimas declaracións do Gobernador do Banco de España superan todo o que un puidese esperar na súa constante estratexia de acoso ao goberno. Para presionar ao executivo e apoiar as teses da patronal e da banca privada recorreu ata a retorcer a realidade e torturar os argumentos. Di agora o gobernador que o paro masivo é a ameaza da banca. Dalle a volta ás cousas para expor o problema de modo que en lugar de que a presión recaia sobre os verdadeiros culpables, a súa institución e os bancos, pese sobre o Goberno, os traballadores e a sociedade en xeral.

Se recoñecese a verdade, que o paro foi provocado polo estalido dun modelo especulativo ao redor da burbulla inmobiliaria que o seu banco non soubo ou non quixo evitar e pola falta de crédito que iso e a crise financeira internacional provocaron, a solución habería que pola no maior control dos bancos e dos beneficios. E o que entón tería que facer o Gobernador e o seu banco sería, entre outras cousas, corrixir a perniciosa regulación financeira concibida para que os bancos gañen cada vez máis diñeiro, axudar a diminuír a desigualdade enorme dos últimos anos, e prohibir a conduta avariciosa e irresponsable dos banqueiros que agora de novo crean un gran risco como consecuencia da gran débeda que obrigaron a xerar aos gobernos. E de xeito inmediato, axudar eficazmente a que se reestablezca o fluxo de crédito ás empresas e aos consumidores que os bancos non abren porque están dedicando os recursos públicos multimillonarios que se pon á súa disposición para sanear as contas que eles mesmos desequilibraron.

Con todo, para evitar enfrontarse á Banca e apoiar pola contra as súas teses e as da patronal recorre a unha falacia insostible coa que nos quere facer crer que o paro apareceu como por arte de birlibirloque e que os pobres bancos son os que se atopan ameazados por iso.

A partir de aí volve á carga coas mesmas propostas que fan as patronais e que en definitiva non significan senón que se rebaixe o custo do traballo e diminúase o poder de negociación que teñen os traballadores e os seus sindicatos para que as grandes empresas sigan gañando diñeiro máis facilmente.

As declaracións, en fin, son escandalosas polo que teñen de argumento trucado e de falsificación da realidade. Pero non só por iso. Son un elo máis dunha cadea constante de interferencias no labor do Goberno, a quen a cada pouco somete a proba ante os cidadáns pondo en dúbida as súas medidas e propostas, xerando así unha presión continua que o debilita e que produce unha inevitable desconfianza e perda de credibilidade no goberno socialista que só favorece á dereita e aos sectores económicos máis privilexiados.

Nas democracias, o executivo é o poder nacido da representación popular que debe gobernar e parece elemental que debería facelo en función do seu programa electoral, que é unha especie de acordo ou contrato implícito co pobo que o votou. Por iso, un goberno democrático non só ten o dereito senón tamén o deber de gobernar conforme ás promesas que presentou aos electores e en virtude das cales logrou o apoio suficiente para ser investido como tal. E se en lugar de gobernar quen gañou unhas eleccións e foi proposto para iso polo parlamento gobernan outros impondo ao Goberno as súas directrices á marxe das institucións representativas, a democracia perde a súa razón de ser, desaparece.

E o que está pasando nos últimos anos é que os poderes financeiros e empresariais cada vez substitúen máis explicitamente aos gobernos á hora de tomar decisións económicas.

Para logralo vén sostendo ata expresamente a idea de que os gobernos deben abdicar das súas responsabilidade de goberno e renunciar ás súas formulacións económicas cando "os mercados" manifestan a súa opinión (algo irreal, pois non son os mercados quen falan e mostran preferencia senón eses grupos poderosos de grandes empresarios e financeiros que os dominan). E así se conseguiu que as cuestións económicas non estean sometidas ao designio da vontade popular, facendo crer que deben resolverse en virtude de argumentos técnicos, de leis inexorables do mercado (que en realidade son os intereses dos poderosos) que ningún goberno pode nin debe tratar de modificar.

A conversión dos Bancos Centrais en institucións independentes dos gobernos (e polo tanto da vontade popular expresada nas urnas e que é a que debería decidir o devir das decisións de política económica porque delas depende o benestar maior ou menor da cidadanía) foi un instrumento perfecto para conseguir que os grupos financeiros impoñan máis facilmente a súa vontade aos gobernos. O noso gobernador sostén os postulados da patronal e da banca coma se fose un técnico á marxe de calquera sospeita, como unha autoridade independente a quen hai que obedecer e que, como tal, pode corrixir e ata sabotear as acción do goberno.

Dese xeito chégase á situación na que estamos. Os Bancos Centrais convertidos en independentes coa escusa de que así se podería combater mellor a inflación non foron capaces de evitar a maior subida de prezos inmobiliarios da historia que provocou unha crise sen precedentes. Os bancos centrais convertidos en independentes coa escusa de que así se garantía mellor a estabilidade financeira non souberon evitar a maior acumulación de crise e situacións de stress financeiro da historia.

Os Bancos Centrais convertidos en independentes coa escusa de que así o diñeiro circulante estaría fixado no seu nivel adecuado e non en función da vontade "caprichosa" dos gobernos, permitiron que se produza a maior acumulación de débeda privada da historia, é dicir, a maior fonte de beneficios bancarios da historia.

Os Bancos Centrais convertidos en independentes coa escusa de que o sistema financeiro non estivese gobernado por político manirrotos e si por técnicos cualificadísimos que se di coñecen mellor que ninguén o que hai que facer cos mercados, estableceron e permitido a súa regulación máis catastrófica da historia.

Os Bancos Centrais convertidos en independentes coa escusa de que iso era imprescindible para defender o libre mercado e lograr a estabilidade económica, favoreceron coas súas políticas a maior concentración de beneficios e de poder financeiro privado da historia.

E a pesar dos inmensos medios cos que contan os bancos centrais grazas á súa independencia e poder, non foron capaces de prever a crise e, en lugar de atallar as súas causas, dedicáronse a salvar aos seus causantes mediante o maior dispendio de recursos públicos da historia.

E a pesar diso, a pesar do seu gran fracaso histórico como institucións independentes capaces de evitar a aparición dos problemas económicos máis graves ou de alivialos con maior eficacia que os gobernos representativos, seguen falando e forzando a acción destes últimos coma se fosen os depositarios da verdade económica. Habería que acabar con esta farsa. É bo que haxa institucións monetarias e financeiras que unha vez tomadas as decisións políticas por quen teñen lexitimidade democráticas para iso encárguense de garantir que leven a cabo no seu ámbito. Pero non se pode consentir que unha institución que se solapa constantemente cos intereses privados corrixa o rumbo dos gobernos democráticos, ou se converta no instrumento que permite que o corrixan as patronais e os grandes grupos financeiros.

O problema de que un Gobernador do Banco Central se independice do Goberno representativo e se dedique a sabotearlo pero se faga dependente e cómplice das patronais non é simplemente que force os discursos e faga xogos de mans cos seus argumentos senón que é unha ameaza material para a democracia.


Publicado na revista Sistema Dixital

Fonte: juantorreslopez.com

[*] Juan Torres López, Granada -1954-, Doutor en CC. Económicas e Empresariais, exerce na Universidade de Sevilla como catedrático de Economía Aplicada do Departamento de Teoría Económica e Economía Política. Escritor, investigador, analista de política económica e activista social. Manten unha páxina web (Ganas de Escribir: www.juantorreslopez.com) e coordena a páxina web dedicada a información económica www.altereconomia.org.
________________

venres, abril 16, 2010

Encontro de Esquerda Unida coa xente do mar para analizar o proxecto de acceso ferroviario ao porto exterior


  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA MANTIVO UN ENCONTRO DE TRABALLO COA CONFRARÍA DE MARISCADORES
  • ESQUERDA UNIDA VAI CONTINUAR A TRABALLAR PARA GARANTIR QUE NON HAXA DANO NA MALATA
  • PREOCUPACIÓN NOS MARISCADORES ACERCA DAS REPERCUSIÓNS DO PROXECTO
O Grupo Municipal de Esquerda Unida mantivo un encontro de traballo coa confraría de mariscadores ao obxecto de facer unha primeira avaliación do proxecto contido no estudo informativo dos accesos ferroviarios ao porto exterior.

A preocupación preside as primeiras impresións acerca das repercusións negativas que poida xerar o proxecto sobre unha zona, a ensenada da Malata, que xa ten sufrido abondo coas sucesivas actuacións nela.

O Grupo Municipal salientou no encontro cos mariscadores a nosa decidida vontade de achegar propostas no tempo de exposición pública que garantan a salvagarda da ensenada tanto polo seu valor produtivo canto pola importancia histórica do que acubilla ( caso do dique ) e o seu valor para a práctica das actividades náuticas.

A actividade marisqueira e a fonte de riqueza que supón a ría esixen a máis esixente protección do espazo no que o estudo formula unha intervención en forma de ponte.

A nosa organización comezou con esta xuntanza a xeira de xuntanzas con diferentes colectivos para acadar, de resultas das mesmas e xunto co nosa análise propia, a elaboración dunhas achegas que sirvan para preservar a riqueza e ben que supón para a nosa cidadanía a zona da Malata. En datas próximas terá continuación con outras reunións.

Ferrol, venres 16 de abril de 2010
Grupo Municipal de Esquerda Unida

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
16 de abril de 2010 15:48
Benquerid@s amig@s: achegamos un Informacións dando conta do encontro de traballo tido na mañá de hoxe cos mariscadores, ao obxecto de avaliar as repercusións que ten o proxecto contido no estudo informativo dos accesos ferroviarios ao porto exterior para a ensenada da Malata. A preocupación dos mariscadores, compartida pola nosa organización, marcou a reunión. Esquerda Unida amosou a súa decidida vontade de achegar propostas nos vindeiros días que permitan garantir a preservación e navegabilidade da Malata. Un saúdo, Ramiro Marier
_____________

Novo filme: Patent Absurdity -Absurdos da Patente- como as patentes de software rompe o sistema

Por Peter Brown [*]
16.04.2010


Luca Lucarini cineasta independente acaba de publicar o seu novo filme "Absurdos da Patente: como as patentes de software rompe o sistema"

Patent Absurdity -Absurdos da Patente- explora o caso das patentes de software e da historia de activismo xudicial que levou á súa ascensión, e os danos que está a ser feito para desenvolvedores de software e da economía. O filme está baseado nunha serie de entrevistas realizadas durante o reexame do caso Bilski no Tribunal Supremo de UsaAmerica- un caso que podería ter implicacións profundas para as patentes de software. A decisión do Tribunal de Xustiza sera en breve ...

Sobre o Filme:
  • Dirixido Lucarini, películas e editado por Luca
  • Producido por Jamie King
  • Animacións por Allan Christopher Webber
  • Mix Sound pola Matt Smith

Apoiado por:

O filme foi soportado por unha concesión da Free Software Foundation e tornada posible pola Membros Asociados do Software Libre Fundación http://www.fsf.org/associate/.

Feitos con software libre:
  • Cinelerra para edición de vídeo
  • Audacity para edición de audio
  • Inkscape, Python e Blender para animación
  • Ogg Theora e Ogg Vorbis codecs
  • Editado en máquinas GNU / Linux

Website por Rudolf Steve .

Final de codificación de vídeo por Gregory Maxwell.

copyright © 2010 Movie Luca Lucarini .

http://patentabsurdity.com/

O que se pode facer para axudar:
  • Poden-se compartir noticias da película coas amizades usando liñas de redes sociais.

A túa participación no FSF axuda a facer este traballo posíbel.

Saúde!

[*] Peter Brown é Director Executivo da Fundación Software Libre -FSF-
-
www.fsf.org
www.gnu.org

Información baseada na enviada por:
Peter Brown
-info@fsf.org-
16 de abril de 2010 17:28
______________________

xoves, abril 15, 2010

Entidades ecoloxistas denuncian irregularidades na tramitación da solicitude de dereitos mineiros na Mina de Andalucita de Goente

As entidades Agrupaçom de Montanha Águas Limpas [AMAL], Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza [ADEGA], Clube Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, DROSERA, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, G.N.Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de Historia Natural [SGHN] e VERDEGAIA presentan unha denuncia diante da Fiscalía por atopar irregularidades no proceso de tramitación da solicitude de concesións mineiras na mina de andalucita nas Pontes de García Rodríguez, baseándose para elo en varios puntos:

1. Que non se respectaron os prazos establecidos pola lexislación para o outorgamento de licenzas. De terse respectado, teríase asumido a denegación, por silenzo administrativo, por parte do anterior goberno da Xunta, xa que a decisión da autorización deberíase ter tomado no prazo de doce meses. Pasado este tempo, e ao non terse notificado resolución, enténdese que a solicitude foi denegada.

2. Denuncian tamén á Secretaría Xeral de Calidade Ambiental, polas irregularidades que se atopan no contido do seu informe de impacto ambiental, comezando polo feito de que non se fai valoración das repercusións negativas sobre o Río Belelle. Chégase ao extremo de encadrar o Rego Cernada, que xurde e atravesa a área na que se ubica o xacemento, na cunca do Río Eume. Como sexa que o Cernada é un dos dous regos máis importantes que forman a cabeceira do Río Belelle, pódese comprender o gravísimo erro no que se incurriu con esta omisión, pois as afeccións de maior alcance recaen sobre este rego, xa que literalmente desaparecería do mapa, levándose con el unha porcentaxe considerable de volume de auga do Río Belelle que está proposto, na súa integridade, para formar parte da Rede Natura.

3. No informe de avaliación ambiental non se detallan os impactos que a explotación mineira provocaría sobre o Parque Natural Fragas do Eume, ao que están obrigados pola Lei de Avaliación de Impacto Ambiental de Proxectos: “A avaliación dos proxectos que, sen ter relación directa coa xestión do lugar de que se trate da Rede Natura 2000 ou sen ser necesario para a mesma, poida afectar de forma apreciable aos citados lugares xa sexa individualmente ou en combinación con outros plans ou proxectos, someterase a unha adecuada avaliación das súas repercusións no lugar tendo en conta os obxectivos de conservación de devandito lugar ...

Por todos estes motivos, entre outros, como afectar a Hábitats Prioritarios da UE, demandan a paralización definitiva da tramitación do proxecto e que se anule, por “contido imposible”, o informe de avaliación ambiental, emitido pola Secretaría Xeral de Calidade Ambiental, pedindo que se tomen medidas contra os responsables das irregularidades cometidas.

Todas estas asociacións preparan un roteiro polas fragas ameazadas para o día 15 de maio, coa finalidade de expresar o seu desacordo con esta iniciativa. No momento darase información máis detallada.

Envido por:
SGHN-FERROL
-ferrol@sghn.org-
15 de abril de 2010 17:37
_____________________

Enlaces relacionados:

Blogue O Pico Vello
http://picovello.blogspot.com/

No facebook
NON á mina de andalucita nas Fragas do Eume
______________________

Conmemoración, en Ferrol, do 79 Aniversario da proclamación da Segunda República

Dentro da Semana dá República, en comemoración do 79° Aniversario da proclamación da II República, que organiza a Asociación Memoria Histórica Democrática, celebrouse no antigo cemiterio de Canido unha emotiva homenaxe ás vítimas da ditadura franquista que tivo lugar onte, 14 de Abril de 2010, ás sete da tarde.

Lembrar que no Ateneo Ferrolán está aberta a Exposición “A MEMORIA DA TERRA” do fotoperiodista e colaborador de A.R.M.H. Eloy Alonso. Dita exposición está aberta a todo o público do 12 até o 24 de Abril ambos inclusive.

E que o Sábado 17 de Abril, terá lugar unha Cea Conmemorativa, desde as 21,30 horas a celebrar no restaurante O GALO. As entradas pódense mercar na Galería Sargadelos ate o 16 de abril.

Vídeos do Acto no Cemiterio de Canido:

Conmemoración, en Ferrol, do 79 Aniversario da proclamación da Segunda República - 1 de 7


Conmemoración, en Ferrol, do 79 Aniversario da proclamación da Segunda República - 2 de 7


Conmemoración, en Ferrol, do 79 Aniversario da proclamación da Segunda República - 3 de 7


Conmemoración, en Ferrol, do 79 Aniversario da proclamación da Segunda República - 4 de 7


Conmemoración, en Ferrol, do 79 Aniversario da proclamación da Segunda República - 5 de 7


Conmemoración, en Ferrol, do 79 Aniversario da proclamación da Segunda República - 6 de 7


Conmemoración, en Ferrol, do 79 Aniversario da proclamación da Segunda República - 7 de 7

__________________

Enlace relacionado:

http://memoriahistoricademocratica.org/
_____________________

Reunión en réxime de autoconvocatoria, este Xoves 15 de Abril, para preparar unha mobilización contra o xulgamento do xuíz Garzón


"Desde Setembro de 2008 o xuíz Baltasar Garzón estaba solicitando información do Goberno, a Conferencia Episcopal e varios concellos co fin de elaborar un censo de fusilados, desaparecidos e enterrados en fosas comúns a partir da vitoria franquista na Guerra Civil Española. O 16 de Outubro do 2008, Garzón emite o primeiro auto xustificando a súa intención de investigar as desaparicións rexistradas durante a Guerra Civil e os primeiros anos da ditadura de Francisco Franco, e instruíu a apertura de 19 fosas comúns diseminadas en todo o país, entre elas na que se supón atopa-se enterrado o poeta Federico García Lorca." [1]

O Tribunal Supremo considerou procedente un pedido de organizacións de fascistas e da ultradereita española: Manos Limpias -presidida por Miguel Bernard, ex dirigente de Fuerza Nueva- e Falange Española de las JONS, todo aplaudido polo Partido Popular, para que o xuíz Baltasar Garzón sexa xulgado por facer unha investigacción sobre a Guerra Civil Española e os crimes do franquismo. Acusa-se-lle de prevaricación, delito segundo o cal un funcionário público conscientemente toma unha decisción ilegal. No caso de ser xulgado, Garzón pode ser condenado con suspensión das súas funcións por varios anos, colocando-o deste xeito fóra da xudicatura e da Audiencia Nacional onde exerce como titular dun dos xulgados centrais de instrucción.

Desde certas posicións de esquerdas [2] e moi difícil defender -e non se defende- a Baltasar Garzón, como persoa e como xuíz, dado a manga ancha que se lle deu por parte de dereitas e "esquerdas" na persecución da esquerda basca baixo o falso axioma de que todo era "terrorismo" e outras dudosas actuacións en diferentes intruccións. É por iso que non se trata de defender a Garzón e as súas instruccións na AN, senón polo agravio e a "vergoña histórica" ao permitir o xulgamento contra o magistrado, por non querer deixar impunes os crimes da Ditadura Franquista (1939-1975), que tentou investigar ao considerá-los de lesa-humanidade.

O argumentario contra a instrucción de Garzón, é que ele sabía que eses crimes estaban amnistiados por unha Lei estatal de 1977, portanto non podería xulgá-los, pois din que hai fundamentos xurídicos para que no se poida iniciar un proceso contra os crimes da dictadura. Mesmo desde as vocerías do Partido Popular, consideran prevaricación a citada instrucción de Garzón. María Dolores de Cospedal, Secretaria Xeral do PP, deita máis leña no lume apoiando o xulgamento de Garzón e anda contenta porque o procesamento de Garzón e o efecto mediático que desencadea, tapa o Caso Gürtel que o mesmo xuíz iniciou. Un escándalo de corrupción nas entrañas do propio Partido Popular que co diñeiro público, de tod@s nós, enriqueceron-se os propios dirixentes e se pagaron campañas electorais e "merendas" por to o Estado.

Desde as asociacións da recuperación da memoria histórica e de vítimas da represión da ditadura franquista, demandan unha mobilización social contra o intento do xulgamento do xuíz por instruir un proceso contra os crimes do franquismo, varios sindicatos e organizacións da esquerda social acudiron ao chamado destas organizacións. A Ártabra 21, onte, chegaron por varias vías [Asociación Veciñal de Esteiro e Fuco Buxán A.C.] unha nota dunha reunión en réxime de autoconvocatoria, para celebra-se este Xoves 15 de Abril, ás 7 da Tarde, nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro, na rúa Fernando VI, Bloque I baixo, para falar dos actos que se van organizar en todo o Estado Español o día 24 de abril e da súa concreción en Ferrol.

[1] Wikipedia
[2]Para coñecer unha postura desde outra esquerda: Interesante artigo de M. Urkijo, D. Paredes, L. Garcia e S. Santaquiteria, pertencentes a asociación Ahaztuak 1936-1977 - Ante o enjuiciamiento do xuíz Baltasar Garzón - É sumamente rechamante ver como personalidades e personaxes da máis diversa adscrición, partidos, sindicatos e asociacións, dos cales moitos foron promotores e sostenedores desde 1977 deste modelo de impunidade, préstanse agora a mobilizarse e convócannos a facelo, pero non contra o modelo no seu conxunto e contra todo o que este significa, senón exclusivamente en defensa do xuíz Garzón ... [Máis en Kaos na Rede].

______________________

Nunha conferencia, na Universidade, sobre as excelencias de Reganosa



Ferrol, 14 de Abril de 2010, chegamos, sobre as oito menos vinte da tarde a Escola Universitaria Politécnica, Naval e Industrial, da Universidade d'A Coruña, no Campus de Ferrol - Serantes. Nada máis entrar observamos que a "Coca-Cola" o invade todo. Enormes letreiros postos no hall de entrada e noutras salas, grande botellón incluído, dan a medida dunha universidade acrítica imbuída polo sistema non só polo modelo productivista, baseado no crecimento, senón que o modelo consumista quedaba patente. As poucas persoas que entraban na sala ían recibindo o Boletín nº16 do Comité Cidadán, ao comezar pouco máis dunha trintena de persoas ocupaban asento.

Jesús Losada Maseda, daba unha conferencia titulada “Operación dunha planta regasificadora de gas natural licuado”, mais non se ía falar dunha planta regasificadora calquer, senón que o modelo a expor era nin nada máis nin nada menos que Reganosa.



Unha representación do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, asistiu á conferencia que o Xefe de Mantenimento de Reganosa, Jesús Losada Maseda, ofreceu, hai unhas horas, na Escola Universitaria Politécnica de Serantes. Unha conferencia que trataba de explicar o funcionamento dunha planta de GNL, exemplificada no caso Reganosa. Jesús Losada Maseda foi describindo o itinerario do gas, desde os pozos de extracción até os puntos de consumo, obviando e mesmo ocultando deliberadamente todos os aspectos conflitivos derivados do funcionamento e localización da planta regasificadora. Ocultou as dificultades que teñen os gaseiros para chegar até a planta, o perigo que supón as instalacións de Forestal do Atlántico e Imegasa achegadas á mesma. Non mencionou o tratamento con hipoclorito sódico das 5.500 toneladas/hora de auga do mar da Ría que esteriliza e enfría. Na descrición do sistema gasístico non mencionou o gasoduto de Tui, fechado para beneficiar a Reganosa. ...  Toda a charla foi un canto á excelencia da planta e o seu altísimo nivel de seguridade e transparencia. Por parte do CCE, desde o público, se lle recriminou esa manipulación. Lembrou-se-lle a inadecuada localización da planta xunto a importantes núcleos de poboación e nunha Ría cun canal de navegación estreito e sinuoso que nunca vai permitir evacuar un gaseiro en caso de emerxencia. Ademais de que máis do 20% dos gaseiros, desde que entrou en funcionamento a planta, tiveron que abortar a súa entrada polas condicións meteorolóxicas. Tamén se lle recordou que a planta entrou en funcionamento sen Plan de Emerxencia Exterior e que o que agora existe é inoperativo en caso de accidente. O coloquio gañou intensidade cando se lle pediu que explicase como é que xa por dúas ocasións, Reganosa fai saltar as alarmas do sistema gasístico, ou as mentiras que contén o proxecto presentado polos promotores en canto a demanda de gas ... Jesús Losada Maseda, dixo manter unha reunión de coordinación na planta -de dúas horas de duración- cada vez que se realiza unha operación de descarga, desde o público se lle dixo "lembrade en cada unha desas reunións que estades xogando coa vida de miles de persoas nesta comarca". Moitas foron as preguntas, denuncias e reflexións das persoas que asistiron á conferencia, coas que quedou patente o despropósito gasístico que representa Reganosa. Unha charla que pretendía ser técnica, que pretendía vender a Reganosa como un modelo de empresa e xestión de calidade, quedou combertida nunha denuncia cidadá contra a planta de gas.

A representación da comunidade universitaria, asistía atónita a como discorría o debate, só unha pregunta saíu das bocas estudantís: " ... se pude visitar Reganosa ...". O debate continuou na propia sala despois da conferencia, mentres unha vintena de estudantes asinaban nunha folla para que se lle recoñeceran os "créditos" por asistir á conferencia.

Cantas persoas van reflexionar sobre o que se debateu nesa sala é unha incógnita, mais o traballo do Comité Cidadán quedou feito.
_________________________

mércores, abril 14, 2010

O "Galicia Spirit" na memoria: posíbel procesamento de 60 persoas no transcurso da loita contra Reganosa

A edición de Ferrol do xornal "La Voz de Galicia", publica hoxe -14.04.2010-, unha noticia asinada por Francisco Varela, onde afirma que a titular do Xulgado de Primeira Instancia nº 3 de Ferrol, a Maxistrada-Xuíz Mónica Ramírez Encinas, "procesou por desordes públicas a 60 mariscadores da ría de Ferrol polo corte do paso de buques gaseiros que se dirixían á planta de Reganosa en Mugardos no 2007". Segundo recolle a noticia citada, a xuíz "considera que os procesados poden ser imputados de delitos de desordes públicas, desobediencia grave á autoridade e coaccións graves".

Di-se na noticia de referencia que "... O fiscal aínda non se pronunciou en canto aos cargos, pero de prosperar a causa, como se supón que ocorrerá, ..."

Mais o que pretenden encausar é unha a acción emprendida polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol coa colaboración especial dun dos seus compoñentes, a Cofradía de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, que impediu, ás 8 da mañá do Luns 7 de Maio de 2007 un acto ilegal e perigoso, que ao día de hoxe aínda segue poñendo en perigo as nosas vidas, a Ría e a nosa seguridade. Trata-se da entrada na Ría de Ferrol de buques gaseiros cargados con GNL-LNG, para a perigosa e ilegal Reganosa. E xa son 64 os buques que entraron na Ría de Ferrol, para atracar no peirao de Punta Promontorio no Concello de Mugardos, en pleno corazón da Ría, moi próxima aos núcleos de poboación e mesmo á beira dun complexo petroquímico [Forestal del Atlántico, SA e Imegasa] onde se almacenan miles de litros de fluídos tóxicos e altamente perigosos [Potencial Efecto Dominó]. A xente do mar, puxo á disposición do Comité Cidadán as súas embarcacións, onde subiron máis persoas polo que non eran só mariscadores, para saír-lle ao encontro do buque gaseiro que ía entrar na Ría, para descargar nunha Planta de Gas que nen tan sequera contaba cos permisos de funcionamento, senón que ademais eran outras persoas ligadas ao Comité, membros de asociacións veciñais, ecoloxistas, políticos, sindicalistas, ... e mesmo xornalistas. O buque era o "Galicia Spirit" que tardou tres días en poder entrar, dado que abortou por dúas veces a entrada na Ría.

Desde o Comité Cidadán de Emerxencia, fixera-se un chamamento á cidadanía de Ferrol e Comarca, para que se mobilizara contra o despropósito gasístico de Reganosa e a ilegal entrada de buques gaseiros cargados na nosa Ría. E iso foi o que fixemos en lanchas na Ría e manifestando-nos a pé, no Peirao Curuxeiras de Ferrol.

Compre pois, non só os recursos correspondentes de reforma ou apelación ao auto xudicial de procesamento, senón que é necesaria unha resposta cidadán a semellante atropelo a un dereito inalienábel como é o dereito a loitar contra a inxustiza.

O que pasou en 7 de Maio de 2007, e días posteriores non foi cometer un delito, foi unha protesta cidadá lexítima contra decisións empresariais e administrativas ilegais, inxustas e perigosas.

No 2007, cando detiveran a Bernardo Bastida, daquela Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, o Comité Cidadán promovera unha campaña de autoinculpacións, presentando-se no xulgado máis de 1000. Pensamos que cumpre, no caso de prosperar a causa, facer unha nova campaña de Autoinculpacións para este novo procedemento xudicial.

Enlace nos Arquivos Ártabros co escrito que se utilizara doutra vez para as autoinculpacións:

Escrito de autoinculplación
AO XULGADO DE INSTRUCCIÓN Nº 3 DE FERROL
Procedemento abreviado nº 443/2007


Secuencia, ao encontro do "Galicia Spirit", do documentario "O Salario do Silencio", realizado por: Mabel Rivera e Enrique Banet.



Fonte: http://www.youtube.com/user/Tximbalee

Enlace coa Galería Fotográfica nos Arquivos Ártabros
[38 fotos]
__________________

martes, abril 13, 2010

Esquerda Unida crítica, de novo, o atraso na aprobación do regulamento para a adxudicación das vivendas de Recimil, e noutro asunto saúda a nova edición da Poesía Salvaxe.

Informacións do Grupo Municipal Esquerda Unida

  • ESQUERDA UNIDA CRITICA O NOVO ATRASO NA APROBACIÓN DO REGULAMENTO DAS VIVENDAS DE RECIMIL
  • A VOCEIRA DO GRUPO MUNICIPAL, YOLANDA DÍAZ, ESIXE CELERIDADE DO GOBERNO MUNICIPAL PARA PÓR EN VIGOR A INICIATIVA DO NOSO GRUPO

O Grupo Municipal de Esquerda Unida ten que criticar o novo atraso na aprobación do regulamento das vivendas de Recimil. Na convocatoria da Comisión de Benestar para o vindeiro xoves, 15 de abril, non se contempla na orde do día a aprobación do regulamento para a adxudicación das vivendas de Recimil. Morren semanas e meses sen que se produzan resultados positivos neste campo.

Foi unha proposta do noso Grupo Municipal a elaboración dun regulamento para a adxudicación das vivendas municipais. Con esta medida pretendemos garantir a meirande transparencia e obxectividade na concesión duns bens públicos de propiedade municipal. Esquerda Unida está certa do enorme potencial social que posúe o parque de vivenda municipal de Recimil e considera indispensable a súa ordenación e regulamento.

Lamentamos que unha vez máis se adíe levar a Comisión o texto do regulamento. Lamentamos a tardanza e lle preguntamos ao Goberno acerca das razóns da mesma. O Noso Grupo considera que o Goberno Municipal está a desatender esta fronte social e a deixar que a situación no barrio se degrade a causa da súa inacción e tardanza.

O noso Grupo Municipal achegou a proposta de elaboración dun novo regulamento e ten presentado no proceso unha serie de emendas para mellorar o contido final da proposta. Non entendemos que na actual situación de crise económica e social, este Goberno non acelere o remate do documento e a súa entrada en vigor.

Son moitas as necesidades sociais, demasiados os anos de abandono por parte do Goberno Municipal neste eido, e para Esquerda Unida é unha cuestión urxente e importante, que merece un tratamento prioritario polo Goberno Municipal. Xa que logo, a Voceira do Grupo Municipal de EU, Yolanda Díaz, reclama do Goberno celeridade para pór en vigor esta iniciativa.


  • O GRUPO MUNICIPAL DE EU SÁUDA UNHA NOVA EDICIÓN DA POESÍA SALVAXE
  • ESTA ANOVADORA FÓRMULA CULTURAL CHEGOU DA MAN DE ESQUERDA UNIDA ÁS RÚAS DE FERROL NO ANO 2008

O Grupo Municipal de EU quere manifestar a súa ledicia pola nova edición, a terceira xa, da poesía salvaxe, que se vai celebrar esta semana nas rúas da nosa cidade. Esta iniciativa anovadora no eido cultural comezou no 2008 da man da anterior responsable da concellería de cultura, Yolanda Díaz, en consonancia co programa de renovación do panorama de actividades culturais do noso concello emprendido entón.

Achegar á rúa as expresións da cultura, erguer voces veraces e ceibes no espazo onde vivimos as persoas, sacar á poesía dos redutos pechados, foron a motivación central para comezar esta xeira, que felizmente se mantén e consolida co paso das edicións, poética que imos gozar nestas datas.

Esta semana vanse misturar nas rúas de Ferrol a celebración insubmisa da palabra poética coa evocación dun porvir republicano ao redor do 14 de abril. Para Esquerda Unida non é casual aventurar poesía e república no abril ferrolá, senón que ambos elementos conxugan a determinación e esperanza nun abrente creador de liberdade e igualdade.

Esquerda Unida anima á cidadanía a gozar dos encontros súbitos coas palabras feraces, nun abril poético e republicano, porque lingua e pobo conforman un todo creador invencible. Máis que nunca a poesía semella necesaria para resistir aos bárbaros que agreden, parapetados nas institucións da Xunta de Galicia, a nosa cultura, cultura universal a pesares da ollada prexuízosa coa que é maltratada polo PP.

Ferrol, 13 de Abril de 2010
Grupo Municipal de Esquerda Unida

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/



Enviado por:
Grupo Municipal Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
13 de abril de 2010 15:11
Benquerid@s amig@s: achegamos dous Informacións do Grupo Municipal de EU. Nun primeiro Informacións facemos a crítica do novo atraso na aprobación do regulamento para a adxudicación das vivendas de Recimil, que se está a elaborar a proposta de EU e que acumula un retraso
inaceptable. O segundo Informacións saúda a nova edición, xa a terceira, da Poesía Salvaxe, anovadora iniciativa cultural que naceu no ano 2008 coa anterior responsable de cultura, Yolanda Díaz. Esquerda Unida vos anima a participar nela nestes días tinguidos de palabras veraces e ceos de tres cores, na conxunción afortunada que xungue Poesía e República, abrentes dun porvir emancipado. Un saúdo, Ramiro Marier
_____________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Os días 14,15,16 e 17 Abril 2010: Terceira Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol
_______________

Os días 14,15,16 e 17 Abril 2010: Terceira Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol


III Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol

Os días 14,15,16 e 17 de Abril de 2010

A palabra encarnada

Programa da 3ª edición da POESÍA ENCARNADA - SEMANA DÁ POESÍA SALVAXE

Poemas de Emma Couceiro

Tiago Gomes - Autor de varios libros de poesía en portugués e castelán. Letrista do grupo A Naifa e Liña da Fronte -
Vocalista e letrista do grupo Os Inspectores. Editor e produtor da revista a Biblia. Fundador da Galería ZDB.

Antonio Gómez - poemas e poemas

Ada Salgas - a escoitar o silencio

María Couceiro - inevitablemente poeta

Tres Gatos Swing - para o último día, musica e voces. Fusión: Jazz, ritmos africanos, balcánicos, rueiros - Músicos moi curtidos tamén, estarían dispoñibles para levar a cabo "acciones" na rúa durante as incursións salvaxemente poéticas.

MadameCell - piano só en campo aberto. Madame Cell, alter ego do pianista Nacho Muñoz, actúa no parque de Belvís, nunha perspectiva diferente para observar a cidade desde o alto. Presenta unha serie de pezas "compostas como células ou obxectos sonoros, libres para a improvisación, a deconstrucción, a poesía, a fonética e a ópera".

Javier Semprún -  con El Cuervo de Poe

Nós: Guillermo, Karlotti, Víctor M. Gómez e Marcos Lorenzo

IMAXENS

Subpáginas (1): poesia encarnada

www.poesiasalvaxe.com

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Información baseada na enviada por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
13 de abril de 2010 09:11
______________________

O Domingo 25 de Abril, Manifestación Nacional en Compostela: “En defensa dos Servizos Públicos”

Manifestación Nacional “En defensa dos Servizos Públicos”, o vindeiro 25 de abril

As organizacións convocantes denunciaron a política de privatización e desmantelamento dos servizos públicos e exixiron un incremento do gasto público

CIG, BNG, IU, SLG, FRUGA, Plataforma en Defensa dos Servizos Sociais Públicos, AS-PG e Nova Escola Galega veñen de anunciar a convocatoria dunha manifestación nacional “En defensa dos Servizos Públicos”, que terá lugar o vindeiro 25 de abril en Compostela. As organizacións convocantes denunciaron, na rolda de prensa celebrada o pasado 9 de Abril, “as políticas económicas e sociais deseñadas e aplicadas polo sistema económico neoliberal, que procuran a privatización e mercantilización de todo o que é público e aproveitan a actual crise económica para acelerar o desmantelamento ou privatizar, aínda máis, os servizos públicos”.

Máis información en Avante e un interesante Manifesto "En defensa dos Servizos Públicos" .
____________________

Caso Egunkaria: Absolven aos cinco directivos do diario -Martxelo Otamendi, Xabier Oleaga, Txema Auzmendi, Iñaki Uria e Joan Mari Torrealdai- poñendo en cuestión o peche do xornal basco e afirmando que "non tiñan a máis mínima relación con ETA"

Absolveron aos cinco, mais ainda non se fixo xustiza, para que se faga xustiza hai que reparar o dano causado, ...  e o proceso ainda está sen rematar [O ex director do xornal cre que "os perdedores" no xuízo presentarán un recurso contra a sentenza, e advirte que queda a parte económica do caso], no seu momento Director, Martxelo Otamendi, foi torturado, calquera que se atrevera a defender Egunkaria era tildado de terrorista, a liberdade de expresión foi secuestrada, ... o resto dos medios de comunicación, os que non aplaudiron a medida, gardaron un cúmplice silencio, ... Os cinco realizarán hoxe pola mañá unha Rolda de Prensa no Parque da Cultura, en Andoain.

O 20 de febreiro de 2003,
Euskaldunon Egunkaria [*], o único diario publicado integramente en lingua basca en todo o mundo, foi clausurado polo xuíz da Audiencia Nacional Juan do Olmo que decretou o seu peche "temporal", e dez membros do seu persoal ou que formaron parte del no pasado foron arrestados baixo a acusación de "colaboración con banda armada". A Garda Civil española levou a cabo unha redada a gran escala tanto nas oficinas centrais do xornal en Andoain como nas súas delegacións de Iruñea (Pamplona), Bilbao e Gasteiz (Vitoria), que quedaron precintadas.

A Audiencia Nacional española absolve aos cinco directivos de "Egunkaria" que foron xulgados

A Audiencia Nacional española absolveu a Martxelo Otamendi, Xabier Oleaga, Txema Auzmendi, Iñaki Uria e Joan Mari Torrealdai, que foron xulgados na causa contra "Egunkaria" a pesar de que a propia Fiscalía pedira o arquivo do proceso. O fallo pon en cuestión o peche do diario en euskara e afirma que os procesados e o xornal "non tiñan a máis mínima relación con ETA".


[Joan Mari Torrealdai, Iñaki Uria, Txema Auzmendi, Martxelo Otamendi and Xabier Oleaga]

Fontes: xornal basco "Gara" [Máis Información] e ideasapiens [2003]

Web de Egunkaria:
http://egunkaria.info/

[*] EUSKALDUNON EGUNKARIA [o xornal dos basco-falantes] naceu o 6 de decembro de 1990. Era o único xornal publicado en basco, e estaba á venda en todo o País Basco, tanto en Iparralde como en Hegoalde [é dicir, tanto na zona norte como na zona sur do País Basco a ambos os dous lados da fronteira franco-española]. Publicaba-se seis días á semana de martes a domingo. Tiña unha versión on-line en basco que contiña tamén unha sección en inglés.

EUSKALDUNON EGUNKARIA desenvolveuse de xeito considerable desde o inicio da súa andaina, cando contaba con só 32 páxinas. No momento do seu peche tiña xa 60 páxinas na súa edición diaria, e tendo en conta todos os seus diferentes produtos, publicaba unha media de 76 páxinas diariamente.

EUSKALDUNON EGUNKARIA era un xornal corrente, e ofrecía as seccións habituais en calquera diario: opinión, política do País Vasco, sociedade do País Basco, economía, deportes, artigos, servizos, cultura, sucesos e televisión.

EUSKALDUNON EGUNKARIA tiña a súa sede central en Andoain (Gipuzkoa) e delegacións en Iruñea (Pamplona), Baiona (Bayonne), Bilbao e Gasteiz (Vitoria). Contaba cunha plantilla de 150 persoas.











Enviado por:
Imorero
-inaciogz@gmail.com-
13 de abril de 2010 07:00
__________________

luns, abril 12, 2010

O caso Gürtel: "Todo pola Patria"

Por José María Villot [*]
10.04.2010

Agora a mensaxe desde a dereita é: detrás de Gürtel non había unha banda coa camiseta do PP senón ducias de chourizos que eran do partido ...

Ten graza que nos conten agora eses "segredos" que todos coñeciamos pois eran a voces ... e corais.

Din: non hai sobresaltos en Xénova pois (os ladróns son xente honrada?) pois se demostrou (cando, onde, como, se o sumario fala de pagos para os mitins en Valencia e no Monte do Gozo?) que non hai novos imputados nin novos delitos ... Xa comprendo que é molesto lerse os cincuenta mil folios e que ademais de ler hai que atender, entender e comprender.

Pero parece claro que setenta e tantos militantes do Partido Popular (todos con cargos orgánicos ou de representación populares; ás veces as dúas cousas) están imputados por unha serie de pistas e datos que van do esperpéntico ao cómico pero pasando sempre -iso se, eh?- polo banco dos acusados ...

Ninguén pode entender que tantos roubasen tanto (millóns e máis millóns de euros) sen que os seus xefes e superiores notasen os coches, pisos, xoias e viaxes...

... Alguén tería que preguntar no mitin de Valencia; no de Compostela -con empanada e viño gratisQuen paga isto..? Como podemos gastar tanto...?

E de gastar controla o tesoureiro ... o mesmo que obrigou a Rajoy a asinar ese comunicado (faltoulle pór quéroche un ovo, como o outro) e, sobre todo, a conservarlle o cargo de senador (jo... como está a política) e pagarlle o avogado ...

Todo pola patria ... ? ¡Todo pola "pasta" ...!

E aínda que roubar é malo, queridos lectores, peor é para comparte caviar e un jaguar que para mellorar a vida dos teus aos que tanto amas ...

E falando de amor e cartos acórdome das "caixas" que parece outra novela de cobiza e diñeiro. Quen vai decidir o futuro, fano pola patria ou pola "pasta" ...?

Agora din que supeditan o seu apoio á fusión a que esta satisfaga as expectativas do Sur ... Iso: todo pola patria.

A patria pona sobre catro rúas esquecendo a xeografía dun país que observa hastiado (como no caso dos políticos corruptos) como se pelexan pola "pela" (polas súas "pelas") facendo crer aos demais que están loitando pola patria ...

E, oia, non picamos eh ...?

Publicado no Diario de Ferrol
[*] José María Villot y Villot, xornalista e escritor, foi Director do Centro Territorial de Televisión Española en Galicia  entre o 1 de xaneiro de 1988 e o 30 de abril de 1989.
_______________

Que tes na caldereta? Martes 13 de Abril de 2010, con María Manuela

Ola a todas e todos;

Dende Lefre de Caldereta queremos convidarvos o martes 13 de abril ás 20.30 horas no pub Borsalino, á charla-tertulia Q tes na caldereta?, con María Manuela (Manola). Falaranos da súa vida, da súa andaina, das súas grandes paixóns e como non do novo disco que en breve verá a luz.

Agardamos por todas e todos vós. Non podedes faltar.

Xuntamos cartel e agradecemos a difusión desta información.

saúde.

--
Asociación Cultural Lefre de Caldereta
www.lefredecaldereta.com
lefre@lefredecaldereta.com

Enviado por:
A.C Lefre de Caldereta
-lefre@lefredecaldereta.com-
11 de abril de 2010 21:02
_________________

Reportaxen sobre a Manifestación contra a privatización da Sanidade Pública que se celebrou o Domingo 11 de Abril de 2010 en Ferrol - Audio, Vídeo, Fotos, Artigos, ...


[Clicar acima da imaxe para entrar na Galería Fotográfica de Suso Pazos -Susete- en Fuco Buxán A.C.]

Miles de persoas secundaron a chamada da Plataforma contra a privatización da Sanidade Pública, baixo o lema "A Saúde non é un negocio - Non á privatización da Sanidade Pública".

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol -que a integran 44 entidades da comarca-, diante do grave deterioro ao que se está sometendo á Sanidade Pública, á falla de compromiso que con esta Área ten a Xunta de Galicia e ante as medidas privatizadoras do Partido Popular, realizou es Domingo 11 de Abril de 2010 unha manifestación, a cal reflexou na rúa o descontento e o rexeitamento destas medidas por parte da cidadanía da comarca.

Rádio Filispím, a radio libre e comunitaria da Comarca realizou unha reportaxen completa e en directo da mobilización realizada hoxe en Ferrol.

O Colectivo Opaii!, a entidade que promove e manten a radio, realizou unha extensa reportaxen sonora con música entrevistas e conexións en directo.

Documento sonoro de "Rádio Filispím" online:



Fonte: http://artabrix.blip.tv/


Vídeo de Ártabra 21 que se corresponde co momento da leitura do comunicado final da Manifestación, leido por un dos portavoces da Plataforma, Miguel López, presidente da Asociación Veciñal de Esteiro.


Fonte: http://artabrix.blip.tv/

Contra a privatización da Sanidade Pública
Lois Méndez Pérez [*]
11.04.2010

As Iniciativas de Financiamento Privado (PFI) son unha ferramenta para privatizar a Sanidade Pública, poñendo os seus activos e o seu financiamento nas mans do sector privado e os seus accionistas

Con estas ferramentas de privatización increméntanse os custes finais de construción dos hospitais e dos centros de saúde moi por riba dos construídos polo sistema público tradicional

Estes custos tan elevados e progresivos hipotecan os orzamentos, de investimento e de gasto corrente do sistema sanitario público, durante moitos anos e trasladan ás xeracións futuras o pago dos actuais centros. Conleva ceder as empresas á construción do edificio, adquisición do equipamento, mantemento e contratación do persoal non sanitario, ademáis de explotar tódolos servizos (cafetería, aparcamento, subministros, almacén ….), O Sergas pagará un aluguer como inquilino durante máis de 20 anos, o custe final será seis veces superior ao que custaría o hospital de terse construído con financiamento totalmente público. Cando o Sergas, pasados máis de 20 anos, sexa o propietario do hospital ou dos centros de saúde, xa estarán obsoletos e necesitaran grandes investimentos para poñelos en valor. Este modelo de xestión xa fracasou no Reino Unido, Valencia, Madrid, pois deteriora a calidade asistencial, con peor atención ao usuario, ademáis este modelo privado sae máis caro, desviando recursos a favor da empresa privada que só busca beneficios. Para compensar os maiores custes, as infraestruturas son de peor calidade, redúcese o número de camas e de persoal, co que se deteriora a calidade da asistencia sanitaria. A experiencia inglesa demostrou que os maiores custos condicionan problemas de infraestruturas e reducións en camas, persoal e en calidade da asistencia sanitaria:
  • Por cada 200 millóns de libras de incremento de custos perdéronse 1.000 postos de traballo, polo que o persoal reduciuse nun 25% desde a posta en marcha da PFI. Perdéronse 13.000 camas entre 1997 e 2001. Estes hospitais teñen unhas listas de espera moi elevadas (en áreas esenciais que pon en perigo a saúde dos pacientes).
  • Construtoras deseñan e constrúen.
  • Proporcionan e repoñen mobiliario e resto do equipamento básico.
  • Xestionan persoal e servizos non sanitarios. As empresas concesionarias son as responsables de:
    • Mantemento integral del edificio, Xestión de residuos Seguridade, Lavandería.
    • Transporte exterior e interior, desinfectación e Xestión do arquivo de documentación clínica e administrativa.
    • Conservación de vías e xardinería, limpeza, esterilización, almacenaxe, distribución é restauración

Estes centros sanitarios teñen un 68% menos camas, 0,95 fronte a 3 camas por mil habitantes dos públicos da comunidade. Teñen externalizada a radioloxía e laboratorio, que quedan fóra dos centros impedindo contacto con profesionais clínicos. Poñen en perigo a confidencialidade dos datos clínicos dos pacientes, que están en poder de empresas privadas. Teñen menos médicas/os por mil habitantes: Centros con xestión privada (PFI) oscilan entre 0,46 e 0,73 por mil habitantes. Centros Públicos entre 1,3 e 2,4 por mil habitantes. Teñen menos persoal de enfermaría por mil habitantes:

Centros con xestión privada (PFI) oscilan entre 1,07 e 2,47 por mil habitantes. Centros Públicos 4,5 por mil habitantes. As fórmulas de financiamento das que se está a falar non son novas nin teñen dous anos de vida, non se orixinan nin son produto da crise, senón que son fórmulas que viron a luz hai máis de dez anos, en plena fase expansiva da economía, e que xa dende o ano 2000 nas comunidades de Valencia e Madrid, gobernadas polo Partido Popular, e en Galicia co goberno Fraga, con Romay Becaría na Consellería de Sanidade e con Alberto Nuñez Feijóo no Sergas liderou no seu día a experimentación sobre novas formas de xestión do sector sanitario, as fundacións: hospital de Verín, Barbanza e Cee (xa restituídas ao Sergas, que constituíron un rotundo fracaso de xestión: economica e asistencial) ou a asignación a un centro privado da atención sanitaria dunha área de poboación (Povisa, aínda en vigor e polo que o Sergas paga un canon anual superior aos 74 millóns de euros). Nesta área sanitaria, a unión do centro de especialidades co hospital A. Marcide (a entrada actual ao hospital: citas) foi financiada pola empresa privada, como contraprestación da explotación do aparcadoiro construido en chan público, por un período de 50 anos.

Consecuencias para os usuarios, cada vez que teñen que acudir a consultas externas, facer probas ou visitar algún familiar, pagan as tarifas máis caras por usar o aparcadoiro de toda a cidade: a necesidade convírtese nun negocio.

As consecuencias da privatización son catastróficas: abandono de valores fundamentais; universalidade, equidade, gratuidade, carácter redistributivo, planificado por necesidades e participativo. Incrementa a irracionalidade e a desigualdade sanitaria (acceso servizos). Aumenta o gasto sanitario sen mellorar resultados.

Os efectos dos orzamentos destinados pola Xunta de Galicia no ano 2010 nesta Área Sanitaria son:
  • A falla de orzamento para adicar á alta tecnoloxía: nin un só euro.
  • A escasa dotación de 100.000 euros ao plano director.
  • Aumento alarmante das listas de espera.
  • Aumento de derivacións de usuarios a outras Áreas Sanitarias e a centros privados concertados.
  • Conxelación dos cadros de persoal, anulación do plan mellora de atención primaria e redución drástica de contratacións temporais: peor calidade asistencial.
  • A construción dos centros de saúde de Ares, A Capela, Cedeira e Narón pola iniciativa privada.
  • O nulo investimento na adaptación do Hospital de Defensa, coa conseguinte paralización de novos servizos e a plena utilización desta infraestrutura.

Por todo isto temos que dar a batalla en defensa da Sanidade Pública.

Contra a Privatización da Sanidade Pública, contra o deterioro dun servizo público esencial, contra a perda e precarización dos postos de traballo. Por unha sanidade pública, gratuíta e de calidade.

Hoxe dende o ambulatorio Fontenla Maristany na praza de España, convido a participar a tódolos traballadores e traballadoras da sanidade e a todos/as os/as usuarios/as na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, porque aínda estamos a tempo de parar esta agresión a un dos pilares básicos do estado de benestar, o que non defendamos agora, no futuro ímolo lamentar, pero daquela xa será demasiado tarde.

[*] Lois Méndez Pérez é membro da Executiva Nacional da Federación da Sanidade da CIG -Cig-Saúde-
__________________

A Manifestación en medios na rede:

Vieiros - Milleiros de persoas piden a dimisión de Farjas - Convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, a manifestación denunciou os “intentos da Xunta de privatizar a sanidade pública”.

A nosa Terra - Publica noticia de Axencia -Milleiros de persoas contra a privatización da sanidade Europa Press . Unhas 10.000 persoas, segundo a organización, e perto de 5.000, de acordo coa Policía Local, manifestáronse este domingo en Ferrol, convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, para reclamarlle á Xunta que non converta a saúde nun negocio.

Diario Liberdade - Polo de agora non publicou a noticia [12.04.2010 -11:50]

GalizaLivre - Polo de agora non publicou a noticia [12.04.2010 -11:55]

A Peneira - Polo de agora non publicou a noticia [12.04.2010 -12:05]

GZNación - Polo de agora non publicou a noticia [12.04.2010 -12:15]

MundoGaliza - Polo de agora non publicou a noticia [12.04.2010 -12:20]

Galicia-Hoxe - Milleiros de galegos rexeitan converter a sanidade nun negocio
"A saúde non é un negocio", berro unánime das miles de persoas, 10.000 para a organización e unhas 5.000 segundo a Policía local, que tomaron onte as rúas de Ferrol
____________

Dentro dunhas horas publicaremos unha galería fotográfica de Mel da Asociación Veciñal "O Rosario" d'O Inferniño.
_________________

domingo, abril 11, 2010

Mercedes Sosa - Todo cambia

Mercedes Sosa "La Negra" e unha bela poesía do chileno Julio Numhauser cofundador de Quilapayun. Temos que aceptar os cambios como parte da vida, tamén os que non son do noso agrado, mais Julio Numhauser, exiliado en Suecia pola dictadura de Pinochet, nos apremiou a conservar os sentimentos e os valores que dan sentido á nosa existencia e a agardar tamén, en tempos difíciles, que os cambios, de novo nos favorezan.




Todo cambia


Cambia o superficial
Cambia tamén o profundo
Cambia o modo de pensar
Cambia todo neste mundo

Cambia o clima cos anos
Cambia o pastor o seu rabaño
E así como todo cambia
Que eu cambie non é estraño

Cambia o mais fino brillante
De man en man o seu brillo
Cambia o niño o paxariño
Cambia o sentir un amante

Cambia o rumbo o camiñante
Aúnque isto lle cause dano
E así como todo cambia
Que eu cambie non é estraño

Cambia todo cambia
Cambia todo cambia
Cambia todo cambia
Cambia todo cambia

Cambia o sol na súa carreira
Cando a noite subsiste
Cambia a planta e vístese
De verde na primavera

Cambia a pelame a fera
Cambia o cabelo o ancián
E así como todo cambia
Que eu cambie non é estraño

Pero non cambia o meu amor
Por mais lonxe que me atope
Nin o recordo nin a dor
Do meu pobo e da miña xente

O que cambiou onte
Terá que cambiar mañá
Así como cambio eu
Nesta terra afastada

Cambia todo cambia
Cambia todo cambia
Cambia todo cambia
Cambia todo cambia

Pero non cambia o meu amor...
_______________________