O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA DEMANDA A CREACIÓN DUN PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS PÚBLICO E REAL.
O Consello Local de EU considera que a aprobación do convenio co Consorcio Provincial da Coruña para a creación dun Parque comarcal de bombeiros é unha construción política ficticia, sen ningún tipo de investimento público necesario en medios materiais e humanos, que para Esquerda Unida non é máis que deixar a porta aberta á privatización do servizo, como así está a acontecer nos parques comarcais de toda Galicia, creándose un oligopolio que vai xestionar as emerxencias, servizo que, sempre e en todo caso, debe ser público para a protección da cidadanía, como quedou demostrado nestes días.
Suso Basterrechea, coordinador local, manifesta que o que EU defende é unha comarcalización real que pase por:
1.- Un investimento en medios materiais, coa creación dun parque suficientemente dotado para a atención dos municipios que debe atender un Parque Comarcal.
2.- A ampliación do cadro de persoal. Non é lóxico e calquera pode entender que un servizo de emerxencias que amplía a súa competencia territorial, poida ser prestado polo mesmo persoal, tanto pola súa propia seguridade como pola do conxunto da veciñanza. A día de hoxe, con nove bombeiros en cada quenda é de todo punto imposible a prestación adecuada das emerxencias.
3.- A garantía de que o Parque comarcal de bombeiros non vai ser privatizado e continuará como servizo público para garantir, tanto en prevención como en extinción de incendios, un servizo eficaz e non pregado a rendibilidade económica dun grupo empresarial determinado.
Como manifestou Javier Galán, voceiro do grupo, no pleno de xullo, este convenio deixe moitos interrogantes sen resposta e todo apunta a que os investimentos de empresas como Reganosa ou a Autoridade Portuaria, ou as pólizas derivadas de seguros como Unexpa, van ir directamente á deputación, que aínda que se nos presenta como redentora do Parque de Bombeiros, con eses investimentos vai saírlle a custo cero a creación do Parque Comarcal e, o máis grave, vai camiñar directamente cara a privatización. Cómo é posible senón, pregúntase Javier Galán, que o convenio de Ferrol estea dotado polo Consorcio con 218.000 € e o das Pontes, cunha extensión claramente menor, se dote con 700.000€? No fondo do convenio está o negocio, e a garantía dos dez postos de traballo non é suficiente, dende EU esiximos máis persoal, e persoal non subrogado a empresas que dilapidan o público.
Por outra banda, dende Esquerda Unida salientamos o pouco respecto que ten o goberno municipal, tanto coa cidadanía como co persoal. A cidadanía e menosprezada a través dos grupos municipais, que non tiveron coñecemento deste convenio ata unhas horas antes de ser presentado a pleno, e non puideron dar traslado do mesmo á veciñanza, suplindo a obriga do goberno cara ela. O persoal é ninguneado, como así recoñece nun informe o Secretario municipal, onde afirma tallante que o Convenio tiña que ter pasado por Mesa de negociación, o que pon en cuestión a validez do mesmo.
En definitiva, Esquerda Unida pula por algo tan sinxelo como un servizo público eficaz, gratuíto e universal, algo que este goberno non quere apoiar, e o que debería dicir claramente no pleno e nos medios de comunicación aos veciños e veciñas de Ferrol e que a privatización do Parque comarcal de bombeiros é o destino final deste convenio, coa merma conseguinte de calidade profesional, humana e de seguridade, e un paso máis na reforma local que baleirará de contido as competencias municipais.
Ferrol, 31 de xullo de 2013
Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org
facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
31 de julho de 2013 13:30
Boas . Adxunto enviamos nota de prensa do Consello Local de Esquerda Unida de Ferrol onde nos posicionamos en apoio ao noso grupo municipal e en contra da solución adoptada polo PP para a xestión das emerxencias da comarca. Consello Local de Esquerda Unida.
_________________