martes, marzo 29, 2016

Terror, ... Por Amadeo Varela

Por Amadeo Varela [*]
29.03.2016


Despois dos atentados de París e Bruxelas, parece que a xente se decata de que estamos en guerra. Atrás quedaron os atentados das Torres Xemelgas ou de Madrid, e os de tantos outros que son unha clara mostra de que a guerra é continua e permanente. Pero ninguén se lembra de Santa Bárbara ata que trona. E nembargante, hai unha guerra declarada entre os que controlan a economía mundial e o resto da Humanidade, que produce estragos entre os máis pobres e indefensos, con centos de milleiros de mortos de fame. E ninguén se alporiza. E non se convocan manifestacións nin minutos de silencio, que terían que ser manifestacións sen fin e silencio total todo o ano. Porque vivimos nun estado de terror latente, no que o estoupido dunha bomba parece un mal menor, sempre que lle toque ao do lado, claro. E pasa o tempo, fanse recordatorios, acéndense velas e póñense flores; e todo se esquece ata a próxima. E nada se fai para atallar a raíz do mal. Hipocresía? Impotencia? Non sei.

Publicado no Diario de Ferrol | 28.03.2016

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida") publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
____________

Non ao racista e infame Acordo entre a UE e Turquia, ... Por Celso Posada Fernández

Por Celso Posada Fernández [*]
29.03.2016


O Acordo entre a UE e Turquía, aprobado o pasado Venres 18 de Marzo, e un acordo profundamente cruel, inhumano, ilegal, inmoral, antidemocrático, xenófobo e racista, xa que vulnera flagrantemente os dereitos humanos e atenta gravemente contra as vidas e a dignidade das persoas refuxiadas. Persoas que están sufrindo e morrendo escapando das guerras, da fame, da miseria e en busca dunha vida digna e dun futuro mellor.

O partido politico socialista e republicano Decide en Común, opoñémonos e rexeitamos rotundamente o acordo entre a UE e Turquia porque e profundamente racista, xenófobo, inmoral e inhumano porque atenta gravemente contra a dignidade, contra as vidas e porque vulnera flagrantemente os dereitos humanos das persoas refuxiadas.

Decide en Común esiximos tanto o goberno español, como os gobernos europeos que retiren inmediatamente este infame e inhumano acordo da UE con Turquía un país cun goberno o de Erdogan autoritario e antidemocrático que vulnera flagrantemente os dereitos humanos e que esta exterminando o pobo Kurdo. Decide en Común esiximos ao goberno español e os gobernos europeos politicas de acollida e de dereito a asilo para as persoas refuxiadas, así como que defendan unha pasaxe segura e os dereitos humanos das persoas refuxiadas e inmigrantes. Decide en Común opoñémonos e rexeitamos rotundamente esta Europa Neoliberal, insolidaria, antidemocrática e dos mercaderes na que vivimos na que se rescata infamemente aos bancos e se levan a cabo políticas austericidas e neoliberais mentres cada día se vulneran flagrantemente os dereitos humanos das persoas refuxiadas e inmigrantes e da maioria social.

Decide en Común seguiremos traballando conxuntamente e cooperativamente cos partidos de esquerdas, cos sindicatos de clase e cos movementos sociais para construír unha Europa Social, democrática, solidaria e dos/as cidadáns/ás onde se respecten os dereitos humanos, a vida e a dignidade das persoas refuxiadas, inmigrantes e da maioría social. E onde os valores e principios que imperen sexan os de o respecto os dereitos humanos, a igualdade de oportunidades, os da igualdade real entre mulleres e homes, os da xustiza social, os da solidariedade internacional e os do respecto a dignidade das persoas e pobos.

Decide en Común facemos un chamamento a toda a cidadanía europea a que sigan rexeitando, opoñéndose e mobilizándose rotundamente contra o infame e racista acordo entre a UE e Turquía e a que sigan defendendo os dereitos humanos, as vidas e a dignidade das persoas refuxiadas e inmigrantes. Decide en Común dicimos alto e claro: "Ningún ser humano e ilegal; Non ao Acordo entre a UE e Turquia;  Pasaxe Segura; Dereito Asilo paras persoas refuxiadas;  Non a Europa do Capital por outra Europa Solidaria e Socia".

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista e Coordinador en Galicia do partido Socialista, Republicano e de esquerdas "Decide en Común" e Secretario de Ensino e de Cultura da Executiva Federal; integrante da Plataforma Somos Esquerda. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. Foi membro do PSOE, candidato a liderar o partido a nivel provincial, até formou parte da súa Executiva Comarcal da que dimitiu. A situación socioeconómica e política, e a súa participación activa nos movementos sociais, levou-no a abandonar o PSOE e colaborar na refundación dun novo partido socialista e republicano. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, da Asociación de Mobilidade Humana para a Colaboración e o Desenvolvemento (de apoio ás persoas inmigrantes e refuxiadas) e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP. Está no facebook e un blogue persoal.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
28 de março de 2016 18:28
___________

Os vindeiros 29, 30 e 31 de Marzo unha delegación da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo visitará Galiza


Visita delegación da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo a Galiza: 29, 30 e 31 de marzo


Co obxectivo de coñecer o funcionamento da Política Pesqueira Común (PPC) na Galiza, dende este martes 29 e até o xoves 31 de marzo unha delegación integrada por seis eurodeputados/as da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo (PE) -da cal a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, é suplente para o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea, desprazarase á Galiza.

Esta delegación foi asumida pola Comisión de Pesca á instancias de Lídia Senra, quen xa no ano 2014 [1] realizou a proposta de levar adiante unha supervisión da aplicación da PPC na Galiza, "á vista da preocupante perda de empregos que está a sufrir o sector pesqueiro galego e dos problemas que para o noso País está a xerar o sistema de reparto de cotas".

A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, amosouse satisfeita de que finalmente o Parlamento vaia acudir "a comprobar in situ como un país como o noso, cunha fonda tradición pesqueira, está a loitar non só para manter os postos de traballo do sector, senón tamén para protexer a nosa biodiversidade, valorizar a nosa cultura como pobo pesqueiro e defender o dereito a obter alimentos do mar sans e a través da xente, e non vendendo a nosa costa a cachos ás multinacionais como pretendía facer o Goberno da Xunta ca Lei de Acuicultura que o sector lles obrigou a paralizar".

A primeira xornada, martes 29, transcorrerá na cidade de VIGO, onde as deputadas/os europeas manterán xuntanzas dende as 16.30hrs [2] con CONXEMAR -Asociación Española de Maioristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura-, ARVI -Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo- e ANFACO-CEDOPESCA -Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca.

O segundo día, mercores 30, comezará ás 9.00hrs [3] cunha reunión con ASOAR-ARMEGA -Asociación de Armadores e Artes Menores de Galicia- e xeiteiros en Vilagarcia de Arousa, onde tamén manterán un encontro con mariscadoras da Ría de Pontevedra e Illa de Arousa, representantes do Consello Regulador do Mexillón, da Comisión do Mexillón e do INTECMAR -Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

Logo desprazaranse a Lira, onde durante unha hora visitarán as instalacións da controvertida planta de rodaballo da multinacional de orixe norueguesa Stolt Sea Farm. A continuación visitarán a Reserva Mariña Lira-Carnota "Os Miñarzos".

Declaracións para os medios de comunicación (Canutazo): mércores 30 ás 12.30hrs. diante da sede do INTECMAR (Rúa do Peirao, s/n, Vilagarcia).

Os seis eurodeputados/as darán por finalizada esta delegación o XOVES 31 en Santiago de Compostela, onde manterán distintas xuntanzas a partir das 09.15hrs. [4] co Comité Executivo da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, a Comisión Sectorial do Cerco, ACERGA -Asociación de Armadores do Cerco de Galiza- e a Consellaría de Pesca da Xunta de Galicia.

Declaracións para os medios de comunicación (Canutazo): xoves 31 ás 13.00hrs. diante da sede da EGAP (Rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela).

Bruxelas, 27 Marzo 2016.

Notas.-

[1] Inicialmente esta delegación estaba prevista entre o 16-18 de Febreiro de 2015, sendo finalmente adiada até marzo 2016.

[2] As xuntanzas terán lugar na sede de ANFACO, Crta. Colexio Universitario, 16, Vigo.

[3] As xuntanzas de Vilagarcía serán no INTECMAR, Rúa do Peirao, s/n.

[4] O último día as xuntanzas serán na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

Equipa de Comunicación AGEe.
lidia.senra@europarl.europa.eu

http://ageuropa.gal/

twitter  Facebook

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
27 de março de 2016 16:54
______________

Foto: Diario Maritimo. | ACERGA en loita polo seu futuro. 1 Novembro 2015.
__________________________

Condena da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores á actuación dun xulgado de Cartagena que entregou, por vía de urxencia, a custodia dunha nena de catro anos a seu pai, contra o que permanece aberto un procedemento por abusos sexuais cara á pequena


AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato a Menores) condena a actuación dun xulgado de primeira instancia de Cartagena que entregou a custodia dunha nena de catro anos a seu pai, contra o que permanece aberto un procedemento por abusos sexuais cara á pequena.

O xulgado actuou con urxencia na retirada da custodia á nai da nena, facendo referencia a un suposto trastorno de personalidade. Ao respecto, AGAMME quere deixar constancia da irregular actuación do xulgado, pois ningunha avaliación de saúde mental concluíu que a muller padeza trastorno algún e no procedemento non participou ningún profesional de saúde mental.

AGAMME destaca a gravidade da decisión xudicial, contradicindo o indicado polo xulgado de instrución respecto á necesidade de protexer a indemnidade sexual da nena. Non só non se protexeu á pequena senón que foi entregada baixo o coidado único do seu presunto agresor.

Obsérvase no comportamento do xulgado, así como dos-as profesionais que informaron no procedemento, un posible sesgo xenófobo ao pretender aplicar o concepto ideolóxico e non científico da suposta síndrome de Ulises, dada a procedencia peruana da nai da nena.

AGAMME denuncia que esta forma de operar do sistema xudicial ante os abusos incestuosos cometidos por proxenitores non é unha excepción, senón máis ben un patrón. Este é un caso máis no cal a aplicación da terapia da ameaza (como parte da suposta síndrome de alienación parental, sap) empurrou ao sistema a producir sobre a xa danada vítima unha ferida engadida, a da vitimización institucional.

AGAMME solicita a participación de todos os organismos públicos competentes e as organizacións de dereitos de infancia e de dereitos da muller a promover a redacción dunha declaración institucional como punto de partida para a erradicación desta práctica e permitir o acceso efectivo á xustiza ás vítimas de abusos incestuosos a mans dos seus proxenitores.

Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME)
agammeferrol@gmail.com

http://www.agamme.org/

https://www.facebook.com/Agamme.org

Foto: sede dos xulgados de Cartagena (Murcia).

Enviado por:
Agamme
-agammeferrol@gmail.com-
28 de março de 2016 16:0
8

______________

luns, marzo 28, 2016

Esquerda Unidade Narón presenta dúas mocións unha para a constitución dunha Concellería da Muller e outra para a creación dunha oficina municipal de vida independente e o fomento do emprego social


Esquerda Unidade Narón presenta dúas mocións en Marzo unha solicitando o estudo da posibilidade de crear a "Concellería da Muller", entre outras medidas a prol dos dereitos da muller para acadar a plena igualdade e outra para a creación dunha oficina municipal de vida independente (OVI), e o fomento do emprego social como asistente persoal. Que  continuación transcribimos.


Moción solicitando o estudo da posibilidade de crear a "Concellería da Muller", entre outras medidas a prol dos dereitos da muller para acadar a plena igualdade.

André Abeledo o concelleiro de EU Narón presenta para o pleno deste mes de Marzo unha moción solicitando o estudo da posibilidade de crear a "Concellería da Muller", entre outras medidas a prol dos dereitos da muller para acadar a plena igualdade, entre as medidas están:

Aprobar uns orzamentos específicos para programas de igualdade de xénero, e elevar aos gobernos central e autonómico as seguintes propostas; a despenalización total no Código Penal da Interrupción Voluntaria do Embarazo, pois a muller é a única dona do seu corpo e da súa vida, o desenrolo de políticas activas contra a explotación sexual das mulleres e pola abolición da prostitución, entendemos que hai unha gran hipocrisía neste asunto posto que a prostitución continua a estar no estado español nun limbo legal, como ni non existise, cando é un comercio da trata de mulleres deixa pingues beneficios, ou a modificación da lei Electoral Xeral para garantir, polo menos o 50%, algo que ten que ser posible posto que a muller representa máis do 50% da poboación.

Dende EU Narón entendemos que hai que artellar novas e mellores ferramentas para loitar contra a violencia machista e o patriarcado, estase a notar dende a escola unha involución en canto a igualdade da muller e o home, cada día mais rapazas e rapaces teñen comportamentos machistas que xa debían terse superado, ademais a violencia machista segue matando, ante esta situación excepcional é a nosa obriga tomar cartas no asunto e poñer os medios, o que está demostrado é que os que temos ou son insuficientes ou xa non valen e deben ser superados.

Texto da Moción:

Neste mes de marzo conmemorouse o día mundial da muller traballadora.

O 8 de marzo de 1857 as mulleres dunha fábrica novayorkina protestaron pola mellora das súas condicións laborais, e como consecuencia disto, o patrón fechounas dentro e prendeulles lume, o que acabou coa vida de 129 mulleres.

Dende entón a muller segue loitando polos seus dereitos como traballadora e tamén pola súa igualdade no social. 

A desigualdade é a realidade que rodea a vida das mulleres, en todas as partes do mundo. Diferentes son os graos, ou a forma na que se mostra esa desigualdade. Pero en todas e cada unha das sociedades, culturas e relixións, as mulleres seguen estando nunha posición subordinada; as mulleres seguen sendo cidadás de segunda.

É indubidable que nas últimas décadas progresouse (nuns lugares máis que noutros), pero iso non pode conformarnos como sociedade, como administracións, como responsables institucionais. Debemos traballar para conseguir que o noso municipio  sexa un espazo exento de discriminación e desigualdades.

Debemos desenvolver políticas públicas dirixidas á sensibilización cidadá, ás medidas sociais e laborais que sitúe ás mulleres en situación de igualdade, para poder facer realidade que as mulleres sexan, tamén, cidadás con plenos dereitos.

Facemos un recoñecemento expreso á loita histórica do movemento de mulleres e recoñecemos o feminismo como ferramenta irremplazable para conseguir elementos definitivos e consolidables de igualdade para todas e todos.    

Por iso, desde esta Corporación Municipal,  comprometémonos coas seguintes medidas:
  • Constitución da Concellaría de Muller, estudar a necesidade de constituír a concelleira da muller con competencias  e orzamento adecuado, desde onde se deberían coordinar as políticas transversais para a igualdade entre mulleres e homes.
  • Aprobar uns orzamentos específicos para programas de igualdade de xénero. Acadar o compromiso do aumento anual do orzamento para políticas de igualdade de xénero, solicitar así mesmo tanto a Xunta de Galicia como ao Goberno Central o aumento das axudas neste senso.
E desde esta Corporación Municipal,  elevamos ao Goberno Central e/ou Autonómico, as propostas seguintes:
  • Modificación da lei de Réxime Electoral Xeral para garantir que as listas electorais contemplen, polo menos, un 50% de mulleres.
  • Despenalización total no Código Penal da Interrupción Voluntaria do Embarazo, partindo do recoñecemento do dereito á IVE baseado na libre decisión da muller e que garanta a súa práctica nas 24 primeiras semanas na Sanidade Pública. Ademais esta cobertura, na Sanidade Pública, debe estar garantida en calquera momento da xestación se supón un perigo para a vida das mulleres. Garantir o Dereito ao aborto das mozas de 16 a 18 anos sen necesidade do consentimento familiar. 
  • Políticas activas contra a explotación sexual das mulleres e pola abolición da prostitución.

Moción para a creación dunha oficina municipal de vida independente (OVI), e o fomento do emprego social como asistente persoal.

O concelleiro de EU Narón André Abeledo presenta o pleno de Marzo unha Moción para a creación dunha oficina municipal de vida independente (OVI), e o fomento do emprego social como asistente persoal.

Dende EU Narón entendemos que estas medidas son necesarias, a "Lei de dependencia" debe ser algo mais que papel mollado. É previsible que ante este proxecto nos atopemos problemas en cuestións técnicas e burocráticas, pero estes non son tempos para poñer trabas, son tempos de traballar, de artellar solucións, de buscar xeitos de xerar emprego e benestar.

Estas son medidas para crear empregos dignos, son medidas para avanzar na famosa e esquecida lei de dependencia, son medidas para construír unha cidade máis humana.

Cantas veciñas e veciños precisan deste servizo nunha sociedade onde desgraciadamente o tempo é ouro?, cando dende a sanidade pública non se dan solucións, cando todos sabemos que os profesionais sanitarios teñen instrucións máis ou menos veladas de dar altas a xente enferma, sen preocuparse de si terán quen os coide cando cheguen as súas casas.

Ou cando sendo necesario o ingreso dunha persoa, nos atopamos de que non hai prazas, ou que as persoas e as súas familias non teñen capacidade económica para pagar o seu ingreso nunha residencia, porque estes son casos reais, que están na rúa, que forman parte do día a día, é a dramática, a terrible realidade que tantas familias viven.

Temos que camiñar cara a municipalizar este tipo de servizo, isto non debe ser un negocio, debe ser un servizo publico sen máis beneficio do que revirte na sociedade.

A quen se lle escapa que si quitamos o marxe de beneficio o estamos abaratando, porque os recursos irían directamente a salario e mellorar a calidade de servizo, e a ir ampliando o numero de persoas empregadas segundo aumenta a necesidade.

Este tipo de servizo non debía ser só municipal, debería ser competencia das administracións públicas.

Texto da moción:

Moción de EU Narón pola promoción da autonomía persoal e da vida independente de persoas con diversidade funcional, mediante a creación dunha Oficina municipal de Vida Independente e o fomento do emprego social como asistente persoal

Fundamentos

As institucións públicas, en xeneral, e a administración local, en particular, por ser a máis próxima da cidadanía, deben garantir a igualdade efectiva dos dereitos das persoas, e actuar de forma decidida para facilitar a promoción da autonomía persoal e a consecución da plena cidadanía de toda a poboación. Estamos a pensar, particularmente, no colectivo de persoas con diversidade funcional (discapacidade), que precisa contar cos necesarios medios específicos e coas novas formas de relación institucional para poder ter garantidos os citados fins. Estes medios serían: a asistencia persoal e as Oficinas de Vida Independente.

A promoción da autonomía e a vida independente é un dos principios que recoñece o dereito de todas as persoas a tomar decisións sobre a súa propia vida. No contexto internacional, este recoñecemento está plasmado no articulado da Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, aprobada pola Asemblea Xeneral da ONU en decembre de 2006 e ratificada por España no ano 2007. Aínda que o principio de vida independente orienta, de forma xeral, todas as actuacións dirixidas ás persoas con discapacidade, son necesarios programas específicos destinados a prestar apoios concretos, tanto materiais como humanos para a consecución deste obxectivo.

Entre elas, a Asistencia Persoal, canalizada a través de Oficinas de Vida Independente, que veñen demostrando grandes resultados naqueles lugares onde, ata a datas, se realizaron experiencias piloto. A asistencia persoal debe diferenciarse tanto dos coidados familiares como da asistencia domiciliaria ou institucional e, actualmente, constitúe un dereito recollido no  ordenamento xurídico, aínda que non se teña establecido un mecanismo para garantirlle o financiamento público necesario para aplicala. A figura do asistente persoal correspóndese cunha persoa que, de forma profesional e remunerada, realiza, ou axuda a realizar, aquelas actividades que outra persoa quere facer e que non pode realizar por si mesma en función da súa diversidade funcional.

Pola súa parte, as Oficinas de Vida Independente (OVI) son entidades colaboradoras da xestión do servizo de prestación de horas de asistencia persoal dirixida a persoas con discapacidade física severa que realicen unha vida activa. Está baseado en Plans Individuais de Vida Independente (PIVI). Nos modelos existentes, o servizo da OVI se caracteriza pola participación dos afectados na elaboración dos seus propios Plans Individuais de Vida Independente (os documentos que establecen as necesidades de apoio en función das actividades diarias de cada persoa) e a selección dos asistentes persoais. Desta forma, son os participantes os que organizan horarios e tarefas (que poden ser de calquera tipo sempre que fosen pactadas previamente por ambas as partes).

A Oficina de Vida Independente local, prestaría servizo a persoas tanto menores como adultas que cumpran, ademais, as seguintes características:
  • Persoas con discapacidade (xa sexa física, intelectual ou sensorial) que necesiten apoio para poder participar no seu entorno socio económico
  • que teñan o recoñecemento legal da situación de Dependencia
  • que desenrolen unha vida activa (estudos, traballo ou en busca activa de emprego, ou que participen en actividades asociativas e comunitarias)
  • que dispoñan de vivenda, en calquera réxime
  • que fosen seleccionadas polos servizos sociais e a xestora da OVI tomando en consideración todas as variables relevantes para as súas posibilidades de vida independente, e
  • que asinen un contrato no que se recollan as normas de prestación deste servizo.
Unha proba das vantaxes deste tipo de servizos ás persoas é que estes Centros de Vida Independente (CIL, ILC, CVI) podería ser a de que están implantados en moitos países.

O Movemento de Vida Independente en España optou por denominar Oficina de Vida Independente (OVI) a este modelo organizativo con propósito emancipador. Estas OVI, ademais, poden ter diferentes formas xurídicas (asociación, cooperativa...), dependendo do modelo de xestión, o grado de dependencia administrativa...

En EU de Narón defendemos o modelo de cooperativa, aínda que  non desbotamos calquera outra forma de organización sempre que se trate de entidades sen ánimo de lucro dirixidas e xestionadas polas propias persoas con diversidade funcional e con necesidade de asistencia persoal co obxectivo común de alcanzar a vida independente e por tanto o dereito por parte das persoas con diversidade funcional a elixir como, onde e con quen vivir.

Por todo elo, Esquerda Unida de Narón presenta para a súa aprobación as seguintes propostas de acordo:
  1. Este Concello acorda realizar os estudos necesarios para avaliar a demanda no municipio dos servizos de Asistencia Persoal para persoas con diversidade funcional que cumpran os anteditos requisitos poñendo en marcha unha Oficina municipal de Vida Independente (OVI) en Narón.
  2. Ofrecer, no caso de demanda, á Xunta de Galicia unha proposta de convenio de colaboración para a creación dun proxecto piloto de OVI local, xestionado dende o Concello coa participación do colectivo de usuarios e das asociacións existentes en Narón neste ámbito.
  3. Este proxecto piloto municipal, ademais, tamén permitiría contratar asistentes persoais do noso municipio, abrindo un novo xacemento ocupacional que pode chegar a ter unha importancia relevante.
Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón


ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.

Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
23 de março de 2016 19:24
27 de março de 2016 14:36

___________________

venres, marzo 25, 2016

40 anos da Refundación do Ateneo Ferrolán, ... Por Fran Iglesias

Por Fran Iglesias [*]
25.03.2016

Este xoves 24 de marzo conmemóranse os 40 anos da Refundación do Ateneo Ferrolán. Este Ateneo é, como ben escribía o historiador e escritor Guillermo Llorca fai trinta anos, “un importante anaco da historia cultural de Ferrol”. Un Ateneo que é a herdanza directa dos vellos Ateneos ferroláns que existiron en Ferrol desde o século XIX. Unha entidade nada na nosa cidade no ano 1879. Diferentes etapas pero unha mesma dirección. Difundir e cultivar as ciencias, as letras e as artes e fomentar a nosa lingua e a nosa cultura.

Atopámonos, sen dúbida, na etapa máis longa e probablemente a máis frutífera de todas. A cultura por riba de todo. Música, teatro, pintura, danza, fotografía, poesía, proxeccións, exposicións, coloquios, cine e un longo etcétera de actividades prográmanse diariamente no noso centro. Centro situado nun edificio do século XVIII do histórico barrio da Madalena e restaurado fai poucos anos e que da cabida a todas as nosas actividades así como a moitas actividades organizadas por outras asociacións que, precisamente, escollen o noso centro para realizalas por ser “un lugar de encontro para a cultura”, como ben di o noso lema.

Con moito orgullo podemos falar da nosa Biblioteca-Hemeroteca. Especializada en fondos de temática galega e de Ferrol e do conxunto da nosa comarca e considerada de Especial Interese para Galicia e integrada na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Composta na actualidade por máis de 10.000 volumes e na que podemos atopar, entre outras, cabeceiras completas únicas de xornais como a de Ferrol Diario-El Norte. Ademais de ser a única hemeroteca da comarca.

Corenta anos desta nova etapa. Corenta anos dando continuidade ás nosas actividades. Corenta anos creando e xestionando cultura. Corenta anos sendo un referente cultural da nosa cidade e da nosa comarca. Corenta anos de portas abertas a tolerancia, a diversidade e a pluralidade. Corenta anos facendo certas aquelas verbas que escribira Llorca fai tres décadas “Pero algo haberá para que a pesar de todo a semente plantada fai máis de cen anos continúe dando os seus froitos”.

[*] Fran Iglesias, membro da Xunta Xestora do ateneo Ferrolán.

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
24 de março de 2016 12:27

--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879 |
Refundado o 24 de Marzo de 1976.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/
Faite soci@! Colabora con nos!

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

______________________

A Semana Santa ferrolá, ... Por Francisco Rodríguez Sánchez


Parece que hai a intención declarada de converter estas procesións, xunto coa inefábel noite das Pepitas, nos dous símbolos senlleiros e definitorios da cultura tradicional e popular da cidade

Por Francisco Rodríguez Sánchez [*]
25.03.2016


Seguramente  hai moita xente na Galiza que escoitou falar das procesións de Semana Santa en Ferrol. A súa especial promoción propagandística pola RTVG,  pola Xunta, o Concello e a Deputación, en ascenso durante os últimos anos, contrasta coa cativa difusión que se fai do patrimonio histórico-artístico, ambiental e paisaxístico do que se deu en denominar Ferrolterra. Parece  que hai a intención declarada de converter estas procesións, xunto coa inefábel noite das Pepitas, nos dous símbolos senlleiros e definitorios da cultura tradicional e popular da cidade. Por que? É  algo casual e inocuo?

Crucei, un día de Antroido, a  praza de Amboaxe, no momento en que se concentraban crianzas, duns seis anos, a maioría de colexios relixiosos concertados, militarmente ordenadas e uniformemente disfrazadas para a ocasión. Daba a triste impresión de algo sen vida, unha especie de impostura, ver aqueles meniños e meniñas en ringleiras, sometidos a unha uniformidade plástica. Aquela visión educativa retrotraeume aos discursos que escoitara algunha vez, sendo estudante adolescente, contra o comunismo como asfixia do individuo ser orixinal, como ataque  á liberdade creativa, como opresiva uniformidade. Sorrí: non estaba nunha concentración comunista de adoutrinamento da infancia. Era, en todo caso, unha concentración de ensino infantil privado-concertado, que estaba a facer ostentación pública, previo percorrido polas rúas centrais da cidade, de como celebran tamén o carnaval. As meniñas e meniños foron, no seu desprazamento controlado e guiado, dándome as costas. Ían de bombeiros, ao que parece. Os meus ollos non daba crédito. En cada un dos seus lombiños, aparecía estampada unha grande bandeira española. Volvín retrotraerme ao meu pasado de neno e adolescente. Nunca me puxeran semellante cousa ás costas nin na escola nin no Instituto…Algo está a pasar no sistema educativo e non é difícil saber cal é a orientación do seu adoutrinamento….Por certo, con cargo ao erario público….

Vén o devandito moi a conto para axudar a responder, axeitadamente, os interrogantes formulados sobre a promoción pública  das procesións de semana santa como símbolo da cultura tradicional e popular da cidade de Ferrol.  Hai a tendencia por parte de moitos sectores que se consideran progresistas a restarlle importancia á cuestión, aducindo que non teñen significación relixiosa. Que son só unha manifestación folclórica, alén de significar unha fonte de ingresos por turismo, en momentos de tan grave deterioro e retroceso do sector industrial, o naval en particular. Non parece importar nada que se simbolice Ferrol en dous manifestacións que non teñen unha tradición antiga, galega e popular, senón colonial, clasista e discriminatoria.

Desde logo, as procesións da Semana Santa ferrolá, no seu actual formato, dimensión e intención, non teñen catrocentos anos. Son unha creación, promoción, imposición e impostura  do poder militar, en alianza coa Igrexa Católica, para homologar, en plano mimético, a cidade naval con outras urbes  españolas, en particular, pero non só, Cartagena, Cádiz, Sevilla e Málaga. É un fenómeno  progresivo que se pode detectar, sobre todo, desde mediados do século XIX até o franquismo. Desfilaban os corpos de todos os rexementos, xefes e oficiais e clase de tropa, os lombeiros eran mariñeiros e soldados, a mesma garda civil, e cantos cregos e frades había, e naturalmente foise involucrando a propia Maestranza, os estaleiros….O pobo que formaba parte, pouco e ao final. Así se pode deducir, por exemplo, da información de El Correo Gallego a fins do XIX e no primeiro terzo do XX. De cativo, en pleno franquismo, desde a galería dun terceiro piso na Rúa Magdalena, escoitei como un mariñeiro andaluz nos agasallaba cunha saeta, o prato forte da noite. Pasmo e mímese. O mesmo que, baixo novos envoltorios, se estila hoxe. Desde logo, non ten empate posíbel esta articulación procesional xurdida desde institucións do Estado centralista español, con ningunha tradición relixiosa autóctona, incluídas as de Semana Santa, que as hai.

Certamente, pode parecer inocua esta promoción, folclórica e sen intencionalidade ideolóxica, a articulación de confrarías e procesións, coas súas directivas. Non vou falar da maridaxe que aínda se mantén entre forzas armadas  e relixión católica, nin da confusión entre cargos institucionais e relixión, todo impropio dun Estado que se di aconfesional, non digamos xa laico. Hai máis, entrégase un diñeiro público, como mínimo 100.000 euros,  que non se somete a ningún tipo de control das institucións democráticas. Esta é unha cuestión que debía de ser contemplada coa máxima urxencia, sexa cal for a consideración ideolóxica e a intencionalidade que lle atribúamos ao evento.

Aliás, resulta inxenuo cerrar os ollos perante un feito tan evidente como lexítimo, se non se usase diñeiro público: os colexios relixiosos do centro da cidade, concertados, nutren de confrades as confrarías, galvanizan as familias arredor da súas organizacións e orientan os nenos, nenas e adolescentes cara a elas, sen esquecer a debida catequese. Alguén pensa que todo isto é inocuo e que non favorece as crenzas, ritos e mitos católicos, incluídos bautismos, comuñóns e vodas pola  Igrexa? É así como se respecta a aconfesionalidade e a laicidade? O mundo católico está no seu dereito de se organizar libremente como lle conviñer, e desde logo a facer o seu adoutrinamento, dentro da legalidade. Tamén a manifestarse cos seus ritos e símbolos. O que non pode ter é o dereito a sufragarse con fundos públicos sen control, mesmo considerando a manifestación deses ritos e símbolos unha manifestación cultural de interese turístico (en todo caso mimética e colonial), como gustan de xustificar os poderes públicos. Por certo, sería bo que puxesen tamén algunha condición, non puramente burocrática, sobre o país, o respecto polo uso da lingua propia de Galiza, tan discriminada, marxinada e ausente sempre.

Publicado no Terra e Tempo. | 24.03.2016.


[*] Francisco Rodríguez Sánchez, Ferrol, 1945. É Licenciado e Doutor en Filoloxia Románica e Catedrático de Literatura española en Instituto. É autor dunha ampla obra de investigación e ensaio en temas lingüísticos, literarios, culturais e políticos desde unha perspectiva nacionalista. Inaugura unha liña de análise socio-lingüística coa publicación de "Conflicto lingüístico e ideoloxía na Galiza" (1976 - vai pola 4ª edición). Especialista en figuras de grande releváncia como Rosalía de Castro (tese de doutoramento, xaneiro 1988), Curros Enríquez  (1973),  Blanco Amor  (1993)   Neste ámbito realizou diversas publicacións- e o manual "Literatura galega, problemas de método e interpretación". Militante do nacionalismo desde que tiña 19 anos. Desde entón, loitou contra o franquismo desde a perspectiva nacionalista, por iso sofreu desterro, foi multado en numerosas ocasións e padeceu o cárcere pola súa militáncia, por defender os direitos de Galiza e os direitos dos traballadores do país. Foi impulsor fundamental da creación e dinamización de organizacións sindicais e políticas como a INTG e o BNG. Dirixente da UPG é, desde a súa fundación membro do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego. Actualmente é  membro do Consello Nacional do BNG e da Executiva. Foi deputado no Parlamento Galego e deputado e Portavoz do BNG no Congreso dos Deputados desde o ano 1996 até o 2008. Logo de ter deixado a sua actividade parlamentaria, encamiñou a súa labor ao traballo no BNG, aos estudos da nosa realidade nacional, amáis de ser o Secretario Xeral da UPG, secretaria que deixou o 17 de xuño de 2012, no XIII Congreso da Unión do Povo Galego.
Enviado por:
Inácio GZ

-inaciogz@gmail.com-
25 de março de 2016 113:40
______________

xoves, marzo 24, 2016

Hoxe xoves 24 de Marzo, ao mediodía no Ateneo Ferrolán, Charla e Sesión Vermú, onde teremos o pracer de escoitar a Eugenia Sanmartin


Actos 40 aniversario: Charla e Sesión Vermú o xoves 24 de marzo

Este xoves 24 de marzo de 2016 cúmprense 40 anos da Refundación do Ateneo Ferrolán.
Fundado en 1879 refundado en 1976.

Ven a celebralo con nós !!!

ás 12 horas no salón de actos
Charla con Fernando Álvarez. 1º Presidente do Ateneo Ferrolán após a súa Refundación.
Presenta Luis Calvo, expresidente do Ateneo.

ás 13 horas teremos o pracer de escoitar a Eugenia Sanmartin nunha Sesión Vermú na 3ª planta do Ateneo Ferrolán.

Esperámosvos!
O evento no noso facebook:
https://www.facebook.com/events/1745355715710176/

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2016/03/programa-de-actos-do-40-aniversario-da_12.html

Apoia ao Ateneo, ven e Participa !

Mais info dos actos en:
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2016/03/programa-de-actos-do-40-aniversario-da_12.html

--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/
Faite soci@! Colabora con nos!

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
23 de março de 2016 13:25

_______________

mércores, marzo 23, 2016

O Foro Galego de Inmigración ante a pretensión dunha expulsión masiva de refuxiad@s, como consecuencia do inmoral e inhumano acordo entre os mandatarios da UE e o goberno turco, fai un chamamento á mobilización e á denuncia de violación dos dereitos humanos


Comunicado Urxente


NON PERMÍTAMOS QUE A UNIÓN EUROPEA VIOLENTE DE FORMA INTOLERABLE OS DEREITOS HUMANOS: NON AO ACORDO DA UE CON TURQUÍA/NON A EXPULSIÓN DAS ONGs DOS CAMPOS DE REFUXIADOS DE GRECIA

O Foro Galego de Inmigración reclama a necesidade do cumprimento rigoroso dos dereitos humanos nas políticas migratorias e respecto á poboación refuxiada da UE, por iso

1.- Denunciamos o Acordo que a Unión Europea ve de asinar  con Turquía  que contravén os máis elementais dereitos humanos e os acordos internacionais en materia de refuxio e inmigración, entre outras razóns por:
  • A pesar de eliminar en teoría ás deportacións colectivas, na práctica establece un modelo de revisión de situacións individuais, que van ser tratadas de forma colectiva (senón precisaríamos miles de funcionarios traballando a tempo completo  dende xa na atención ás persoas  refuxiadas  e moitos meses ou anos  para abordar de forma sería e individualizada esta cuestión). Polo tanto unha vez máis a UE cambia a terminoloxía, pero non a realidade. O ACORDO CON TURQUÍA SUPÓN DE FEITO DEPORTACIÓNS MASIVAS DE PERSOAS, senón, simplemente non pode funcionar.
  • Por pretender “comprar” en Turquía campos de internamento destas persoas para quitarse de forma intolerable esta realidade de enriba.
2.-  DENUNCIAMOS UN PASO MÁIS NA ESTRATEXIA: A expulsión que se está empezando a comunicar as ONGs de intervención nos campos de refuxiados das illas gregas, mesmo o posicionamento de ACNUR de abandonar algún deses campos, ten que ver co paso evidente que se está a realizar de converter aos campos europeos  de refuxiados en campos de internamento forzado baixo control militar e/ou policial. NON DEBEMOS PERMITIR QUE SE EXPULSE ÁS ONGs DOS CAMPOS DE REFUXIADOS, QUE DEBE DIRIXIR E XESTIONAR ACNUR, COMO GARANTÍA DE RESPECTO AOS DEREITOS HUMANOS. NON SON CAMPOS DE PRISIONEIROS


FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com

Enviado por:
susana beatriz alaníz gonzález
-sual259@hotmail.com-
23 de março de 2016 10:31
_____________

martes, marzo 22, 2016

"Bruxelas e a barbarie global", comunicado da organización política ANOVA ante os atentados en Bélxica


Anova-IN, reafirmándose nos seus principios republicanos, laicos e de defensa da igualdade, a liberdade, a fraternidade e a convivencia pacífica entre os pobos e as nacións do mundo, fai constar a súa máis enérxica repulsa polo acontecido hoxe, 22 de Marzo de 2016, en Bruxelas, principal sede das institucións da Unión Europea.

A violencia, o fanatismo e o fascismo de vello e novo cuño, constitúen unha maquinaria abominábel de produción das peores respostas por parte dos seres humanos. Os terríbeis feitos acontecidos hoxe, ao igual que os que se producen acotío en Bagdad, Homs, Raqqa, Ankara, Rojava, Kabul, Trípoli, ou noutros lugares como París, Londres, Nova York e Madrid, non fan máis que constatar que vivimos mergullados en tempos ben duros, inxustos e moi perigosos para os cidadáns e cidadás do común.

A Unión Europea é un espazo xeográfico, político, institucional e económico que vive instalado nunha grave crise civilizatoria, ética e de identidade: o modelo neoliberal e austeritario que non deixa de producir desigualdades e que está a derrubar as democracias que coñecemos até o de agora; o falso modelo de integración de comunidades raciais e relixiosas; a obrigada submisión ás políticas expansionistas e belicistas atlantistas; a infame xestión da crise dos refuxiados que foxen dos países en guerras coadxuvadas por gobernos occidentais; o auxe da estrema dereita en formas variadas ou estas cadeas de atentados indiscriminados e masivos configuran un panorama desolador, unha realidade distópica que non fai máis que medrar na súa forma máis espantosa. E que non se detén.

Todo indica que esta situación de guerra sen fronteiras, de contenda global, non pode, nin por asomo, atallarse con máis control e espionaxe gobernamental, nin co incremento das intervencións militares, nin co xogo falaz das condenas ou das manipulacións mediáticas de diferente signo. A quimera da Europa fortaleza, visualizada coma nunca estes meses ao redor do campo de concentración da illa de Lesbos e o infame acordo UE-Turquía para a expulsión de quen máis sofren os efectos das súas políticas depredadoras e inhumanas, non abonda para illarnos dos atroces efectos do caos humanitario provocado dende hai décadas en Oriente Medio e noutras partes do planeta.

Detestamos o acontecido hoxe no corazón da Unión Europea: o fanatismo e a desesperación que levan á vinganza. O integrismo é unha arma contra todo ensaio de autodeterminación real dos pobos árabes e nomeadamente contra os movementos panárabes socialistas e laicos. É un proxecto opresor, non liberador, que tamén toma diferentes formas tanto en Europa como alén do Cáucaso ou ao sur de Xibraltar.

A extrema dereita e o capitalismo radical, que non habitan só no partido de Le Pen ou noutros que hoxe proliferan, precisan do integrismo e o integrismo precisa destes para impoñeren proxectos non tan distantes, proxectos totalitarios e teocráticos, integristas e opresores. En todos os casos, o pobo e a cidadanía do común son a principal vítima. A construción dun inimigo demoníaco, que pode estar en todos os lados, é para o poder un excelente mecanismo de dominio e control sobre as cidadanías e os súbditos de todo o mundo. A paranoia colectiva como arma de dominio. As chamadas ás expulsións da inmigración e outras derivas xenófobas e fascistas son ferramentas para afianzar un edificio de explotación, de dominio, de opresión e de derrota. Aquí non hai unha guerra entre civilizacións, nin sequera entre relixións; hai proxectos de dominación e de sometemento que se retroalimentan e se esixen mutuamente. Golpean en Bélxica, en Siria, no Chad ou no Iraq. De múltiples maneiras.

Por esas mesmas razóns, e por outras máis de pura humanidade, non esquecemos que no mundo, día a día, minuto a minuto, centos de milleiros de homes, mulleres, nenos e nenas sofren cunha crueldade sen límites as múltiples formas de violencia ás que hoxe nos opoñemos con total rotundidade.

http://www.anova.gal/
_________________

luns, marzo 21, 2016

Presentación dos libros de Emilio Santiago Muíño o mércores 23 de Marzo no Ateneo Ferrolán


Este vindeiro mércores 23 de marzo todas as persoas interesadas na cuestión do colapso desde un punto de vista civilizatorio, antropolóxico, social e político temos unha cita con Emilio Santiago Muíño no Ateneo de Ferrolán (19:30 h), coorganizada por Pumido ao Natural (Esmelle).

Presentación Emilio Santiago Muíño en Ferrol (23 de marzo de 2016). O antropólogo e activista ferrolán, residente en Móstoles, volve pola súa terra presentar os seus dous últimos libros, que forman unha importante biloxía: "No es una estafa: es una crise (de civilización) e Rutas sin mapa". Horizontes de transición ecosocial (último premio Catarata de ensaio). Tamén recentemente vén de publicar online a súa esperadísima tese doutoral acerca de como Cuba afrontou o seu particular e anticipado Peak Oil: "Opción Cero. Sostenibilidad y socialismo en la Cuba postsoviética". Animámosvos a todos a non perder a ocasión de escoitar unha das voces máis interesantes na actualidade, un galego da diáspora á vangarda da transición civilizatoria de base local e libertaria.

Difunde o evento en Facebook. Tamén no web de Rompe el Círculo.

Enlace de interese:
http://www.vesperadenada.org/
________

sábado, marzo 19, 2016

Pascual Sabido "Se continuarmos a construir alternativas vamos conseguir decidir a axenda do TTIP"



https://www.youtube.com/watch?v=ISFngkLYfFc

Video que desenvolve unha entrevista sobre o Plan B para Europa.
Pascual Sabido, ativista ambiental e pola xustiza climática, traballa no Corporate Europe Observatory, onde lidera o grupo de traballo de peritos da Alianza para Transparencia no Lobbying e Regulación Ética (ALTER-EU).

Fonte: esquerda.net

----------------------------------------------------------------------------

A Comisión Europea apunta vulneración da Directiva 2008/98/CE (Sobre Xestión de Residuos) na contaminación do Río Baa (concellos de Cabanas e Fene) por residuos asfálticos


A CE apunta vulneración da Directiva 2008/98/CE na contaminación do Río Baa por residuos asfálticos. | A CE resposta a unha pregunta rexistrada por AGEe recoñecendo a infracción malia non poder actuar até finalizar a vía xudicial no Estado. | A Plataforma en Defensa do Río Baa trasladou tamén esta denuncia á CE durante o encontro convocado por Senra en Bruxelas en decembro.

A Comisión Europea vén de respostar unha pregunta parlamentaria rexistrada pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, denunciando o verquido de residuos asfálticos da empresa Bentum Recycling Centrale, que entraron na Galiza a través do porto de Ferrol no ano 2009 procedentes do porto de Rotterdam.

Dita pregunta realizouse en coordenación ca Plataforma de Defensa do Río Baa, un dos colectivos que acudiu a Bruxelas o pasado mes de decembro no marco do encontro sobre a contaminación das rías e ríos galegos convocado pola eurodeputada de AGEe co obxectivo de facer unha posta en común destas loitas e ter un encontro directo ca Comisión Europea, presente na xuntanza a través da Dirección Xeral de Medio Ambiente.

Á pregunta rexistrada por Alternativa Galega de Esquerda en Europa, a Comisión Europea (CE) resposta apuntando a vulneración da Directiva 2008/98/CE, xa que especifica que os Estados membro non só teñen a obriga de incorporar aos seus ordenamentos xurídicos as normas sinaladas na citada Directiva, senón tamén a de "aplicar as súas disposicións de maneira eficaz e completa, neste caso para asegurar a descontaminación das superficies contaminadas con residuos asfálticos"; "responsabilidade que claramente o Estado español está obviando", recalcou Lídia Senra, "á vista da existencia inda a día de hoxe de 135.000 toneladas de asfalto acumuladas sobre o río Baa sen que nunca se teñan cumprido as restricións esixidas para o seu almacenamento, e cómpre lembrar ademais que este río desauga na ría de Ferrol".

Aliás, a Comisión explica que, malia a estar informada deste caso concreto, non pode tomar inda medidas ao respecto por estar aberto un proceso xudicial [1] en relación a este verquido -un xuízo penal por delito ambiental que resolveu precisamente hoxe a apertura de xuízo oral [2]-.

"A sociedade galega leva denunciando esta situación diante das institucións europeas dende o ano 2009", salientou Lídia Senra, "a contaminación no río Baa e ría de Ferrol, onde ningunha das Administracións competentes parece disposta a cumprir a legalidade, é unha indignante mostra máis da situación de desprotección na que se atopan os ríos e rías galegas". Un preocupante escenario que foi denunciado polas organizacións reunidas en Bruxelas en decembro, que concluíron sen dúbidas, logo da posta en común de diversas problemáticas relacionadas ca hidrografía galega, que "unha das principais ameazas son precisamente as Administracións", lembrou hoxe a eurodeputada galega, "vémolo neste caso, pero puidémolo ver claramente tamén no caso da renovación de ENCE na ría de Pontevedra por parte do PP en funcións, e noutros moitos. Non podemos permitir que quen teñen que protexer a nosa biodiversidade estean a dar mostras dun comportamento totalmente irresponsábel".

Na defensa do Río Baa

A Plataforma de Defensa do Río Baa está integrada pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), as asociacións ecoloxistas Adega e Verdegaia, a Plataforma de Defensa dos Camiños e a de Afectados polo Polígono Industrial de Vilar do Colo. Levan tempo denunciando que a auga do río que comparten os concellos de Fene e Cabanas está contaminada por culpa dos refugallos altamente tóxicos depositados ilegalmente no monte dos Cocidos, na Parroquia de Laraxe. AGE ten presentado tamén iniciativas no Parlamento galego a este respecto, atopándose sempre co voto en contra do PP.

Na xuntanza mantida ca Comisión Europea durante a súa estancia en Bruxelas no pasado mes de decembro de 2015, dende a Plataforma exemplificaron a situación con datos concretos, tales como o desecamento realizado no río nun tramo de máis dun quilómetro, a alteración da capa freática pola construción da autovía a Lavandeira, o aumento de vertedoiros incontrolados en Cabanas e Fene, a tala indiscriminada de vexetación e a acumulación de residuos asfálticos contaminantes. “A día de hoxe residuos procedentes de Holanda seguen depositados nun terreo forestal de Cabanas”, ilustraron xa nese primeiro contacto persoal ca Comisión Europea.

As asociacións integrantes da Plataforma esixen o inmediato subsanamento destas agresións ao río Baa e que se proceda “á recuperación integral dun espazo de extraordinario valor patrimonial”.

Bruxelas, 18 Marzo 2016.

[1] Un contencioso-administrativo interposto pola Asociación Galega de Áridos por considerar fraudulento o certificado europeo -marcado CE- expedido por la firma holandesa Eeland Certification localizado nestes residuos.

[2] Máis información contactando ca Plataforma de Defensa do Río Baa: Xosé Mauel Sardiña (636 280 513).

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). |Equipa de Comunicación AGEe. |
lidia.senra@europarl.europa.eu |
http://ageuropa.gal/

twitter  Facebook

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
18 de março de 2016 15:39

_____________

A Europa sen memoria e a crise dos "ninguén", ... Por André Abeledo Fernández

.





Por André Abeledo Fernández [*]
14.03.2016


Esta Europa do Euro é tamén a Europa sen memoria, esta é a Europa dos mercados que non a das persoas, esta é a Europa da liberdade de comercio que non a dos dereitos humanos.

Unha vez máis Europa ensina a súa verdadeira cara, a cara dos verdugos que non a dos salvadores, dúas guerras mundiais sumadas á infinidade de xenocidios e abusos que enchen a historia da vella Europa non a fixeron máis humana, a barbarie segue imperando, a barbarie capitalista que goberna o mundo tamén goberna á hipócrita Europa.

Os medios de comunicación falan dos refuxiados como dos "ninguén" de Eduardo Galeano, a ninguén lles importa o seu destino, ninguén se indigna o suficiente, ninguén fai o suficiente, ninguén esta a a altura.

Miles de nenas e nenos desaparecidos, secuestrados para non se sabe ben que, explotación sexual?, trafico de órganos?, como pode ser que os pobos de Europa non tomen as rúas reclamando xustiza?, asustados porque nesta Europa do século XXI as crianzas poidan desaparecer sen deixar rastro algún.

Vemos longas filas de crianzas, mulleres, anciáns, homes, persoas, camiñando sen destino, humillados, mal tratad@s, reprimidos, no medio do barro, mollados, xeados, descalzos, farrapentos, parece coma se os campos de concentración da vergonza volvesen para avergoñarnos, pero o dramático é que é unha realidade que a ninguén parece importar o suficiente para facer nada respecto diso.

A Unión Europea xa demostrou que é pouco máis que unha unión económica que beneficia a unha minoría, é unha unión baseada no libre mercado e na deshumanización da sociedade, é unha unión entre desiguais, é un tratado para que as oligarquías repártanse o poder a maior escala e con máis beneficios.

Os pobos europeos debemos repudiar esta Europa vella, con vellos vicios, onde os seres humanos só importan cando dan algún beneficio, como os refuxiados importaban cando servían como coartada para poder participar nunha guerra de espolio.

Pasará o tempo e os libros de historia recollerán estes anos como anos negros, recordarán como unha vez máis centenares de miles de seres humanos foron tratados como lixo e as futuras xeracións preguntaranse como foi posible que ninguén dixese nada para defender aos "ninguén".

[*] André Abeledo Fernández, é un activista sindical, social e político de Ferrolterra. Traballador e membro do Comité de Empresa de Mercadona; e coordinador de Esquerda Unida de Narón. Concelleiro por EU en Narón. Militante do PCG e organizado sindicalmente na CIG.

Contas de André no facebook e no twitter.



Enviado por:

André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
16 de março de 2016 01:00
__________

venres, marzo 18, 2016

En Defensa do Ensino Publico: Derogación Inmediata da Lomce e do Decreto 3+2, ... Celso Posada - Queremos amosar o noso total apoio a Folga Estudiantil convocada polo Sindicato de Estudiantes os vindeiros 13 e 14 de Abril para esixir a derrogación inmediata da Lomce e do Decreto 3+2

Por Celso Posada Fernández [*]
18.03.2016


Hoxe é mais necesario que nunca seguir defendendo o Ensino Publico ante os ataques e recortes salvaxes dos gobernos do PP. Os gobernos do PP están privatizando, desmantelando e recortando salvaxemente o Ensino e Universidade Pública, para beneficiar o Ensino e Universidade Privada; e para expulsar aos fillos e fillas da clases traballadora das universidades para que só poidan estudar unha minoría privilexiada por iso recortaron salvaxemente as becas universitarias e incrementaron salvaxemente os prezos das taxas universitarias.

O partido político socialista, de esquerdas e republicano Decide en Común opoñemos-nos rotundamente aos recortes salvaxes nas becas e á subida brutal dos prezos das taxas universitarias. Opoñemos-nos e rexeitamos rotundamente a Lomce, o Decreto 3+2 e esiximos a Derrogación Inmediata tanto da Lomce como do Decreto 3+2. A Lomce é unha lei educativa profundamente neoliberal, clasista, segregadora, antipedagóxica, privatizadora e lesiva que recorta salvaxemente o Ensino Público e ataca a clase traballadora.

Decide en Común defendemos un Ensino público, de calidade, gratuíto, universal, democrático, laico, de e para todas e todos. Un Ensino que fomente o pensamento crítico da cidadanía, que axude a conformar unha cidadanía, libre, solidaria, democrática, comprometida socialmente coa defensa da democracia, das liberdades, dos dereitos humanos, coa xustiza social, coa igualdade real entre mulleres e homes e coa solidariedade internacional.

Decide en Común queremos amosar o noso total apoio a Folga Estudiantil convocada polo Sindicato de Estudantes os vindeiros 13 e 14 de Abril para esixir a derrogación inmediata da Lomce e do Decreto 3+2.

NON A LOMCE !
NON O DECRETO 3+2 !
DERROGACIÓN XA!

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista e Coordinador en Galicia do partido Socialista, Republicano e de esquerdas "Decide en Común" e Secretario de Ensino e de Cultura da Executiva Federal; integrante da Plataforma Somos Esquerda. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. Foi membro do PSOE, candidato a liderar o partido a nivel provincial, até formou parte da súa Executiva Comarcal da que dimitiu. A situación socioeconómica e política, e a súa participación activa nos movementos sociais, levou-no a abandonar o PSOE e colaborar na refundación dun novo partido socialista e republicano. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, da Asociación de Mobilidade Humana para a Colaboración e o Desenvolvemento (de apoio ás persoas inmigrantes e refuxiadas) e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP. Está no facebook e un blogue persoal.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
18 de março de 2016 01:43
___________

xoves, marzo 17, 2016

En Ferrol, Manifestación en solidariedade coas persoas refuxiadas e inmigrantes da Unión Europea, este este sábado día 19 de marzo ás 7 da tarde na Praza de Amada García (fronte o Edificio da Xunta)


CONVOCATORIA URXENTE EN APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS ORGANIZADA POLO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN - COORDINADORA DE FERROLTERRA


NON PERMÍTAMOS QUE A UNIÓN EUROPEA VIOLENTE DE FORMA INTOLERABLE OS DEREITOS HUMANOS

Manifestación en solidariedade coas persoas refuxiadas e inmigrantes da Unión Europea, este sábado día 19 de marzo ás 19:00 h na Praza de Amada García (fronte o Edificio da Xunta), en Ferrol.

O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN promove esta mobilización, á que xa se adscribiron as seguintes organizacións: AGAMME, ASMIREFE, CIG - Departamento de Inmigración, Cerna, Concello de Ferrol, Decide en Común, Esquerda Unida, Ferrol En Común, Fuco Buxán, Ganemos CCOO, Grupo Consumo Responsable Fonte da Uz, Marcha Mundial das Mulleres, Marchas da Dignidade Ferrolterra, Movilidad Humana, PSOE, Patronato Concepción Arenal, Podemos, STOP Desafiuzamentos Ferrolterra, Sindicato de Estudiantes, Somos Cabanas.

Unha mobilización que ten como obxectivo:
  1. Denunciar o Acordo que a Unión Europea pretende asinar con Turquía e que contravén os máis elementais dereitos humanos e os acordos internacionais en materia de refuxio e inmigración, entre outras razóns por:
    A) Establecer a posibilidade de facer deportacións colectivas de persoas,retrotraéndonos aos peores momentos da Historia de Europa do século XX.

    B) Por pretender “comprar” en Turquía campos de internamento destas persoas para quitarse de forma intolerable esta realidade de enriba.

  2. Esixir que o goberno español promova unha radical oposición a este Acordo entre os gobernos da UE. Esixir tamén que o propio Parlamento Europeo impida a aprobación do mesmo.

  3. Reclamar unhas políticas de refuxio e inmigración a nivel europeo e a nivel do Estado Español acordes coa legalidade internacional e baseadas no respecto aos dereitos humanos.

  4. Esixir unha Política exterior europea que promova solucións pacíficas e razoables dos conflitos que como o de Siria forzan a tantos millóns de persoas no Mundo a buscar protección e refuxio noutros territorios.
Se ben somos conscientes que este acordo pretenden aproba-lo no consello da Unión Europea entre os días 17 e 18, cremos que independentemente do resultado da mesma estas reivindicacións seguen a ser válidas, sobre todo ante a posibilidade dun non, e mentres a UE non modifique radicalmente as súas políticas sobre inmigración e as faga en consonancia á lexislación - tanto propia como internacional- en materia de dereitos humanos.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/562158853959654/

PARA MÁIS INFORMACIÓN:
En Ferrol:
Susana Alaniz González - Coordinadora do Foro Galego de Inmigración en Ferrolterra
ferrol.forogalegoinmigracion@gmail.com
https://www.facebook.com/forodeinmigracionferrolterra2015/

En Galicia:
Miguel Fernández (662-307019)- Voceiro/coordenador do Foro Galego de Inmigración.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
http://www.forogi.wordpress.com
Enviado por:
Foro Inmigracion Ferrol
-ferrol.forogalegoinmigracion@gmail.com-
17 de março de 2016 16:28

____________________

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Refuxiandonos para ser e entender - A condición humana en perigo: unha sociedade enferma?, ... Por Xavier Ron

Ártabra 21: Como en moitas cidades da Galiza e europeas, en Ferrol imo-nos mobilizar contra o Acordo entre a UE e Turquía sobre Refuxiadas, porque consideramos que é vergoñoso, ilegal e vulnera a Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do Refuxiado - Ante esta situación convoca-se ao pobo a mobilizar-se na rúa contra o inmoral e ilegal Acordo, para denuncia-lo e esixir ao Goberno español que non o firme, o rexeite e o vete.

De interese:

Reunión dos xefes de Estado ou de Goberno da UE con Turquía, 07.03.2016 | Páxina do Consello da Unión Europea. | Ir á Web.

Declaración dos xefes de Estado ou de Goberno da UE. | 08.03.2016 | Páxina do Consello da Unión Europea. | Ir á Web.

Reacción do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados ACNUR á Declaración dos Xefes de Estado da UE e do Goberno de Turquía de 7 de Marzo. | martes 08. marzo 2016 12:00 | Ir á Web.

____________________________

Eliximos Narón propón un novo acceso dende O Couto á rotonda sobre a Autopista


Eliximos Narón propón un novo acceso dende O Couto á rotonda sobre a Autopista

A parroquia d'O Couto a pesar de ser unha zona semiurbana cuns 1600 veciños presenta en xeral uns viarios de antigos trazados e que se melloraron no seu firme, pero que resultan estreitos e carecen de beirarrúas na maior parte dos casos, o que os fai pouco seguros e eficientes para a súa circulación. Por estas razóns, calquera redución de tráfico que se poida facer en ditas rúas redundará sobre a seguridade viaria.

Co fin de dar unha alternativa ao trafico da parroquia, reconducindo o mesmo as vías de alta capacidade que a atravesan (autopista AP-9 e FE11), proponse o trazado de un novo viario dende o camiño do Corveiro ata a rotonda de conexión da FE11 coa AP-9 (na saída 33F), que se pode ver na ilustración anexa, na que tamén se recolle un posible acceso directo a FE11 en sentido Ferrol co fin de evitar a dificultade de xiro na saída na rotonda.

Na actualidade para acceder dende a rotonda aos viarios do contorno e necesario dar voltas de entre 3 e 4 km. co conseguinte gastos de combustible e tempo, impacto no medio e riscos de circulación. Este novo trazado de uns 115 m de lonxitude transcorrería en case a súa metade (uns 52 metros) por unha parcela que figura como parte do sistema viario, e afectaría soamente a unha propiedade privada de 1.371 m2 de uso forestal con eucaliptos.

Resulta evidente que a zona da parroquia do couto e unha zona de futuro crecemento da cidade e, polo tanto, debe contemplarse na nova planificación do PXOM os viarios que, coma o proposto, dean solucións as comunicacións da mesma.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 /
E-mail: grupomixto_ene@naron.es
Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Web: http://eliximos.esy.es/


Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
17 de março de 2016 13:10
_____________________