venres, febreiro 09, 2007

A SGHN oponse a que o polígono industrial de Leixa destrúa espazos naturais

Transcribimos unha nova que sae hoxe publicada no Diario de Ferrol, pois a consideramos de interese, para procurar a súa máxima difusión, relacionada coa presentación de alegacións ao proxecto do Polígono Industrial de Leixa e o seu informe de impacto medio ambiental, pois a realización deste proxecto destruiría espazos naturais de grande valor ecololóxico.

Diario de Ferrol

Ferrol | Vernes, 9 de Febreiro de 2007

A SGHN oponse a que o polígono industrial de Leixa destrúa espazos naturais

A Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol presentou alegacións ó proxecto sectorial e ó estudo de impacto ambiental do parque empresarial de San Pedro de Leixa por entender que este proxecto afecta á integridade dos espazos húmidos e ás manchas de bosque autóctono de Leixa.

REDACCIóN > FERROL

A SGHN reitera que é fundamental excluir da zona afectada a superficie das veigas existentes no cuadrante suleste, así como a Fraga da Pega. Con esta segregación sería, para a entidade, suficiente para a preservación dos espacios con maior biodiversidade, que se corresponden coas zonas húmedas asolagadas temporalmente, de veigas ocupadas por prados de sega e vexetación riparia asociada ós regos Fonteiroa, Leixa e Río Seco, así como pola Fraga da Pega, un dos escasísimos e reducidísimos exemplos de bosque autóctono que fican no concello de Ferrol, o que lle confire un grande valor ambiental.

A sociedade ecoloxista indica tamén que dende outro punto de vista, semella que a superficie restante disponible para o polígono é suficiente para as aspiracións de reindustrialización da zona, tendo en conta o espazo industrial xa existente nunha superficie que abrangue dende Leixa ata Catabois, que precisaría dunha maior optimización, dándolle unha nova configuración.

Ámbito > A Sociedade Galega de Historia Natural entende ademáis a necesidade dunha planificación supramunicipal, tendo en conta que as sucesivas fases urbanizadoras dos concellos de Narón e Fene deron lugar, según a entidade, a un proceso de "conurbanización, podendo considerarse hoxe en día como una unidade".

Finalmente a entidade pon en dúbida a legalidade dos proxectos sectoriais que se están a desenvolver, tendo en conta a "inexistencia de directrices de ordenación territorial, requisito indispensable para levar adiante este tipo de actuacións", afirma a SGHN, que cita, neste senso, a Lei de Ordenación do Territorio.

___________________________
Notícia orixinal no Diario de Ferrol
___________________________

xoves, febreiro 08, 2007

Denuncia a pasividade do Goberno Municipal na reivindicación do Edifico de Aduanas

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para artabra21@gmail.com
Data: 8 de febreiro de 2007 16:23
Asunto: Denuncia a pasividade do Goberno Municipal na reivindicación do Edifico de Aduanas


Esquerda Unida-IU de Ferrol denuncia a pasividade do Goberno Municipal na reivindicación do Edifico de Aduanas

Como se lembrará no Pleno de 27 de xullo de 2006 foi aprobado por unanimidade da Corporación, e como punto 7 da moción presentada polo Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU de Ferrol, iniciar conversas co Ministerio de Hacienda para conveniar a cesión do edificio de Aduanas.

Pois ben, transcorrido xa máis de medio ano dende a aprobación do dito acordo, a Voceira municipal e Candidata á Alcaldía por Esquerda Unida-IU, Yolanda Díaz, preguntou na Comisión Informativa de Urbanismo sobre o estado do expediente ou as conversas mantidas para dar cumprimento ao dito acordo cos responsables do Ministerio de Hacienda.

A sorpresa foi maiúscula cando o Presidente da Comisión afirmou que non se fixo ningunha xestión encamiñada a ese fin. Así pois dende Esquerda Unida-IU de Ferrol non podemos deixar de denunciar a inoperancia do Grupo de Goberno que nin sequera é capaz de dar cumprimento o que votan afirmativamente nos Plenos e lamentar que por culpa desta neglixencia a veciñanza de Ferrol Vello non poida dar cumprimento ao desexo de darlle ao edificio un uso social.

Ademais queremos recomendarlle ao Goberno Municipal que ,antes de andar buscando responsabilidades noutras administracións, sexan honestos e responsables e cumpran as responsabilidades que libremente asumiron e para as que foron elexidos. Non sen deixar de recomendarlles que de cando en vez analisen a súa actuación e fagan autocrítica en vez de andar buscando responsables da súa nefasta actuación na oposición municipal.

Ferrol, 8 de febreiro de 2007

Esquerda Unida-IU de Ferrol

A Xunta Directiva, da Aso. Vec. O Rosario - Inferniño, presenta as coconlusións da Asemblea de barrio celebrada o 1 de febreiro de 2007

De: asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de febreiro de 2007 16:17

Nota da Xunta Directiva respecto a Asemblea do pasado 1 de febreiro de 2007

ASEMBLEA - PARQUE URBANO INFERNIÑO.-

A Xunta Directiva, presenta as CONCLUSIÓNS da ASEMBLEA DE BARRIO, celebrada o pasado día 1 de Febreiro no Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.

ENTROUTRAS CUESTIONS cabe destacar o proxecto do PARQUE URBANO do INFERNIÑO que a Asociación proponse impulsar o que entendemos que este parque leva un retraso de 20 anos.

Adxuntamos as CONCLUSIONS, PROXECTO e CONCURSO DE IDEAS, en detalle que ten o visto bo de arquitectos e todos veciños/as do barrio.

Ferrol a 7 de Febreiro de 2007.

asdo. Pedro Cachaza - Secretario

asdo. Xosé M. Sanxoán - Presidente


--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: http://ferrolnovo.blogspot.com

Enlaces relacionados coa documentación da Asemblea:

mércores, febreiro 07, 2007

Convocatoria Xuntanza e Rolda de prensa de presentación da Rede Litoral Vivo: 10 de febreiro, sábado en Compostela

De: Xan Duro xanduro@usc.es
Para: adega (martiño fiz), Afonso (Verdegaia Vigo), Amigos da Terra - Grupo comarcal de Cedeira, Anduxía, apdr (María Peón), Asociacion O Carballal (Luís Pérez), AVV de Bouzas (Miguel Anxo Rivas), Bouzas Móvete (Puri), Colectivo Nacionalista de Marin, Comité emerxencia Ría Ferrol (Carmelo Teixeiro), Foro Social de Cangas (Tiago Pérez), Fusquenlla, José Manuel Casais, Luita Verde (Cándido Martínez), "OTOMBOAV, Paco González (greenpeace), Plataforma Artabra 21, Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón (Antonio Lores), Salvemos Monteferro (Xosé Reigosa), Xesús do Río (viaduto outes), Tino
Data; 7 de febreiro de 2007 19:55
Asunto: Convocatoria Xuntanza e Rolda de prensa de presentación da Rede Litoral Vivo


Xuntanza e rolda de prensa posterior da Rede Litoral Vivo. Sábado, 10 de febreiro


Día: Sábado, 10 de Febreiro de 2007
Hora de comezo xuntanza: 11:00 h
Hora de comezo rolda de prensa: 13:00 h

Lugar: Galería Sargadelos. Rúa Nova 16. Santiago de Compostela

Asuntos a tratar

1.- Remate do proceso constitutivo
2.- Organización da rolda de prensa
3.- Xestión da web www.redelitoralvivo.info
4.- Actividades cara ao futuro. Proposta de mobilización realizada por Fusquenlla.
5.- Varios

--
Xan Duro
Coordenador Xeral
www.verdegaia.org
www.bicis.info

Concentración da Veciñanza de Sartaña na Praza do Concello, para presentar alegacións ao procedemento que está a levar o goberno local

VECIÑ@S DE SARTAÑA

Jove Vidal, José Ramón
joserjove@terra.es

Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de febreiro de 2007
Asunto: Concentración da veciñanza de Sartaña na Praza do concello, para presentar alegacións ao procedemento que está a levar o goberno local en relación co expediente para a construcción do centro de ocio de Sartaña


Ola compañeir@s.

Comunícovos que o próximo venres día 9 de febreiro as 12:30 horas, os Veciños na Defensa de Sartaña se concentrarán as portas do Concello de Ferrol para posteriormente acudir en grupo ao rexistro xeral do Concello, a presentar alegacións ao procedemento que está a levar o goberno local en relación co expediente para a construcción do "centro de ocio de Sartaña".

Nos convidamos a toda a xente que poida asistir.

Facede o favor de difundilo.

Un saúdo,

José Ramón Jove


Adxúntovos o documento.

Documento de Alegacións que se vai presentar o vindeiro venres, día 9 de febreiro, ás 12:30 no registro do Concello de Ferrol:



AO CONCELLO DE FERROL

D______________________., provisto de D.N.I. __________.__ e con domicilio a efectos de notificaciones na Rúa Galiano, 23-25, entresuelo, dereita de Ferrol, comparece e, como mellor proceda en Dereito, DI:

Que ante a decisión do Excmo Sr. Alcalde de retirar da orde do día da sesión extraordinaria do pasado día 1 de febreiro de 2007 a proposta de aprobación definitiva do proxecto básico e de execución para a construción, xestión e explotación dun centro deportivo de lecer e saúde no barrio de Ultramar, en aplicación do disposto no artigo 31 da Lei 30/92, a medio do presente escrito veño formular as seguintes

ALEGACIÓNS

PRIMEIRA.- A decisión de retirar da orde do día a votación achega do punto referido débese, ao parecer, a que non se procedeu por parte do Concello ao que me dirixo a resolver o recurso de reposición que unha formación política presentou no seu momento fronte ao acordo do Pleno adoptado o 25 de maio de 2006.

Con todo, non se tivo en conta que un gran número de veciños de Ferrol, non soamente da zona de Ultramar, presentaron escritos de alegaciones que tampouco obtiveron resposta por parte da Administración á que me dirixo. Como se sabe, o artigo 42 da Lei 30/92 obriga ás Administracións Públicas a dictar resolución expresa en todos os procedementos, xa sexan iniciados de oficio ou a instancia de parte, o que no noso caso, obriga ao Concello de Ferrol a resolver non soamente sobre o recurso de reposición presentado, senón tamén sobre as alegaciones suscitadas polos cidadáns. E todo iso con carácter previo a calquera decisión sobre a aprobación do proxecto.

SEGUNDA.- En segundo lugar, e segundo informacións publicadas en diversos medios de comunicación, o proxecto que se pretendía someter a Pleno sufriu variacións, a consecuencia do estudo encargado polo titular de Urbanismo.

Pois ben, aínda considerando que o trámite de publicidade do proxecto inicial cumpriuse ao non sufrir modificacións desde a fase de anteproyecto, as variacións sufridas neste instante, por nimias que puidesen ser, obrigar a someter a información pública, co correspondente prazo aos interesados para efectuar as correspondentes alegaciones. Debe considerarse que o proxecto foi variado e xa que logo, os interesados teñen dereito a coñecer o estado final do mesmo, e iso, por suposto, antes de que sexa sometido a aprobación polo Pleno municipal, a fin de que poidan terse en conta as alegaciones que se efectúen no seu caso.

Con todo, o que parece é que existe unha intención de acelerar os trámites administrativos, aínda a costa dos dereitos dos cidadáns (a efectuar alegaciones, coñecer o estado dos procedementos nos que teñan a consideración de interesados,?), das obrigacións que a Lei impón ás Administracións Públicas, ou ata dos principios constitucionais polos que debe rexerse a actuación administrativa.

TERCEIRA.- Doutra banda, é necesario apuntar que outras Administracións teñen as mesmas reservas cara ao proxecto que nos ocupa que moitos dos cidadáns de Ferrol, o que nos leva a preguntarnos como é posible que entidades públicas que se rexen por idéntica lexislación poidan ter enfoques tan absolutamente diversos dun mesmo procedemento, considerando unha que se cumpriu escrupulosamente coa legalidad, e outras, que a tramitación deixa bastante que desexar.

CUARTA.- Finalmente, quen subscribe desexa reiterarse en todas as alegaciones que se efectuaron ao longo da tramitación do presente procedemento, relativas á total inadecuación da cualificación das parcelas para os fins pretendidos, tendo en conta que unha lámina de auga, que non piscina, (tal e como aparece no anteproyecto) difícilmente pode considerarse como instalación deportiva; a cuestión relativa a existencia doutros lugares de mellor ubicación dunha instalación como a pretendida; o oscurantismo que reinou en todo o procedemento; o feito de que se vai a privatizar un espazo público empregado polos veciños libremente, para o enriquecimiento da empresa Serviocio; e a evidente perda de valor dos inmuebles colindantes.

En virtude do exposto,

SOLICITO que se admita o presente escrito como presentado en tempo e forma, e por realizadas as alegacions que se conteñen no corpo do mesmo, procedendo a someter a exposición pública o proxecto, con específica indicación das modificacións introducidas, e habilitando o prazo correspondente para que os interesados poidan alegar o que estimen conveniente, prazo que en todo caso non poderá ser inferior a dez días hábiles, con expresa notificación no domicilio consignado ao efecto, todo iso con anterioridad á nova convocatoria para someter a Pleno a cuestión da aprobación do mesmo.

En Ferrol, a 6 de febreiro de 2007

(Asinatura)


OTROSÍ DIGO.- Que ao amparo do disposto no artigo 42 da Lei 30/1992, SOLICITO resólvanse as alegaciones presentadas polos interesados no presente procedemento, antes de proceder á convocatoria de Pleno para a aprobación do proxecto, procedendo á notificación da resolución na forma legalmente determinada, no domicilio que se fai constar ao efecto no encabezamiento deste escrito.

Mesmos lugar e data

(Asinatura)

martes, febreiro 06, 2007

Concentración este martes, 6 de febreiro, ás 8 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Ferrol

De: marchagaliza@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de febreiro de 2007 10:15:30


A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN EN SINAL DE DOR E REPULSA POLO ASASINATO DE Mª CARMEN


Concentración este martes, ás 8 da tarde, día 6 de febreiro, na Praza de Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Ferrol

A Marcha Mundial das Mulleres quere manifestar a súa dor pola morte de Mari Carmen, veciña de Meaño, e a sua repulsa unha vez máis pola violência de xénero. E queremos facer pública a nosa raiba e a nosa dor para que o seu asasinato non sexa silenciado.

Mari Carmen é a primeira víctima de violencia de xénero en Galiza neste ano 2007, pero temos que lembrar que non é a primeira en Galiza desde o 2005 como din algúns meios de comunicación. No ano 2006 foron asesinadas outras tres mulleres: Águeda (en Baiona), Argentina (en Vigo) e Mª Mar (en Cedeira), sen contar coa muller nixeriana aparecida morta en Vigo da que non sabemos se morreu por causas naturais.

Unha vez máis temos a constatación dolorosa de que a “familia e o fogar” seguen sendo lugares inseguros para as mulleres, porque non está garantida a nosa seguridade, e a nosa liberdade.

A violencia de xénero non é un problema individual causado polo álcool, ainda que éste pode ser un desencadenante, nen é un problema das mulleres, ainda que somos nós quen o sofrimos. É un problema da cultura masculina/patriarcal e dos homes. Son as normas desta cultura as que propician e toleran a violéncia e son “homes” as que a exercen de diversos modos e en diferentes ámbitos. Por todo iso é necesário o compromiso de toda a sociedade para colaborar na loita contra a violéncia.

Esta vez foi Mª Carmen quen morreu pero cando unha muller é asasinada todas somos víctimas.


MMM na comarca de Ferrol
FENE [Ferrol-Terra]:
Escola Fonte do Campo S/N
15500 Fene
Telfs 652201003 - 667685430 - 696732735

Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
http://www.feminismo.info

correio-e: marchagaliza@feminismo.info

MMM web-internacional
http://www.marchemondiale.org

Rede Estatal de Organizacións Feministas Contra a Violencia de Xénero
http://www.redfeminista.org


A Rede fai un chamamento:

A todas as mulleres para que non toleren nas súas relacións, tanto públicas como privadas, ningunha afronta á súa dignidade e integridade, sumándose á defensa de cantas iniciativas tendan á erradicación da Violencia de Xénero.



A noticia nos medios de comunicación convencionais:
=============
La Voz de Galicia
=============
Diario de Ferrol
=============
Galicia Hoxe
=============
Faro de Vigo
=============

Respéctame
as miñas diferencias, os meus desexos, a miña sexualidade, a miña historia, a miña capacidade de decidir, de pensar, de traballar, de gozar; de decidir sobre a miña vida , a miña sexualidade, as miñas amizades, os meus estudos, o meu traballo; sen imposicións, sen malos tratos, sen discriminacións, sen violencia, sen estereotipos, sen sexismo, sen machismo,...

luns, febreiro 05, 2007

Video do discurso de Ignacio Ramonet ao recoller o II Premio Xosé Couso, concedido ao periódico Le Monde Diplomatique

Video "Los Juanes de Ferrol": Juan Juncal e Juan Fernández sobre a espoliación da veciñanza de Canido por parte do Goberno Municipal

Video emitido nunha cadena de de TV, no programa "Caiga Quien Caiga - CQC", sobre actuación do Mal-Goberno Municipal na expropiación da veciñanza da Rúa Insua no Bairro de Canido en Ferrol.
Sendo concelleiro de Urbanismo Pita-Romero, Alcalde Juan Juncal e Teniente Alcalde Juan José Fernández García.




<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

Convocatoria da XUNTA COORDINADORA para o vindeiro Martes, día 6 de Febreiro ás 7 horas da tarde, no LOCAL da Fundaçon Artabria

Convocatoria da XUNTA COORDINADORA

6 de Febreiro de 2007.


Orde do día

1 .- Lectura e aprobación, se procede, da ACTA anterior.

2 .- Estado de contas-

3 .- AVALIACION E ANÁLISE dos últimos PLENOS DO CONCELLO.

NOVAS PROPOSTAS .-

4 .- Rede Litoral VIVO .- XUNTA EN S.COMPOSTELA.

5 .- Declaración “Vítimas da Guerra de Iraq”.

6 .- Suxestións e preguntas.-


Ferrol a 5 de Febreiro de 2007.

Asdo. - A Xunta Coordinadora.

Amadeo Varela

Ernesto Lópes

Miguel Reimúndez

José R. Jove

Carlos Gª Seoane

Xosé M. Sanxoán

Convocatoria dunha reunión para o xoves, día 8 de febreiro, ás 7 da tarde no local social da A.V. de Esteiro "Fontelonga"

De:Convocantes en defensa dos espazos públicos
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra212gmail.com
Data: 4 de febreiro de 2007 23:15
Asunto: Convocatoria dunha reunión para o xoves, día 8 de febreiro, ás 7 da tarde no local social da A.V. de Esteiro "Fontelonga"

Olá a todos/as .- Por acordo da pasada Reunion , quedamos CONVOCADOS para o vindeiro xoves-8, ás 7 horas da tarde no local da Asociación Veciñal de FONTELONGA.

ORDE DO DÍA.

- Faremos unha revision e analise dos acordos vixentes na actualidade,

- Actualización das contas.

- Analise dos ultimos PLENOS .-

1 - Pleno de fin de mes, Praza de Porta Nova/ Praza de España.
2 - Pleno de Sartaña.

- Actitude actual do goberno local, respecto ao Edificio da Praza.

- Novas PROPOSTAS e ACORDOS.

Saúdos.

Ferrol a 5 de Febreiro de 2007

Entidades e organizacions CONVOCANTES.

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol

Comentarios ás declaracións do concelleiro e portavoz do PP en Ferrol, Sr. Vilariño

De: sanfernanadorecimil
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de febreiro de 2007 11:41
Asunto: Comentarios ás declaracións do concelleiro e portavoz do PP en Ferrol, Sr. Vilariño

¡Hola amigos ártabros!

Gustaríame que lle botásedes unha ollada a esta noticia que vos comento.

Na páxina 3 do día 2 de xaneiro, D. de Ferrol publicaba unhas declaracións do voceiro municipal do PP, Sr. Vilariño, arremetendo contra Roi Xordo. Se lemos entre líñas, a rabieta de Vilariño non ten desperdicio. Algunhas das conclusións que se poden tirar do asunto, son as seguintes:

Vilariño cuestiona a representatividade de Roi Xordo, pero o PP aproveitou esa representatividade cando os apoiaban nos casos de Recimil e Sartaña.

Trata de provocar ós da Federación para inducilos a presentarse ás eleccións dicindo que ese é o mellor xeito de demostrar a súa representatividade, pero sabe moi ben, que os votos que acadara Roi Xordo, non sairían da “parroquia” do PP. A xogada está clara: divide e vencerás.

Quéixase o rapaz de que, “este colectivo”, dun tempo a esta parte, dedícase a facer política, no canto de representar os intereses dos veciños de cada un dos barrios da cidade. Segundo o Sr. Vilariño, representar esos intereses non é facer política. El entende por facer política todo o contrario, é dicir, amolar, asoballar e arruinar ós veciños e a cidade.

Dice tamén Vilariño, que Roi Xordo está desempeñando unha acción política encuberta, dirixida por determinados grupos que conforman a oposición municipal. Esquece dicir, que antes esa política non era encuberta, senón que era claramente favorable ás súas intencións.

Ademais, acusa á Federación, de traballar ó servicio de determinados partidos políticos, fomentando a confrontación veciñal e a crispación social. É a táctica do que está “pringado”: chámallo antes de que cho chame.

Hai aínda algo máis significativo. Utiliza o vello sistema de descalificar e desprestixiar, definindo ós dirixentes de Roi Xordo, como "profesionales de la protesta, especializados en la creación de plataformas en las que siempre están los mismos". Vése claramente hacia donde apunta o Sr. Vilariño. Hai cuarenta anos, os sinalados deste xeito poderían ter graves problemas.

O remate tamén ten o seu AQUEL: sinala que as asociacións veciñais representan de forma moi digna e moi respetable o sentir e as reivindicacións dos veciños. O sentir e as reivindicacións ás que eles non fan nin puñetero caso. Pero había que dicilo, non sexa que as asociacións veciñais se cabreen...

En fin, que o Sr. Vilariño ten a cara como o cemento, pero políticamente da a impresión de que lle falta unha fervedura.

Para min, o que queda máis claro de todo é que parece que lles estamos facendo “pupa”. E coido que eso debería ser un estímulo para nós.

Saúdos.

domingo, febreiro 04, 2007

SOS Murela: Boas palabras, pero poucos feitos e balóns fóra agoiran un futuro pesimista para o xacemento

De: Choiva Ázeda -choivazeda@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 03-feb-2007 14:03
Asunto: S.O.S. MOURELA

SOS Mourela: Comunicado 31/01/06: A BUROCRACIA E O DESLEIXO PODEN ACABAR COA MOURELA

Boas palabras, pero poucos feitos e balóns fóra agoiran un futuro pesimista para o xacemento

As Pontes, 31 de xaneiro. No día de onte, tivo lugar a agardada entrevista co Director Xeral de Obras Públicas, Sr. Morato, para coñecer a opinión do seu departamanto encol do proxecto presentado por ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes para salvar o círculo lítico da Mourela. Lembremos que este proxecto propuña a construcción dun túnel en troques dunha trincheira que arrasaría o xacemento e fendería a zona arqueolóxica veciña.

mourela.jpg

Lamentábelmente, logo desta conversa temos que dicir que a destrucción da Mourela está hoxe máis perto. Nun exercicio de confusionismo, inconcreción, e burocracia mal entendida, o Dir. Xeral de Obras Públicas manifestounos a súa intención de continuar co proceso administrativo en marcha, isto é, de executar o proxecto previsto inicialmente.

Seguir lendo ....

SE CHE INTERESA QUE A XENTE COÑEZA ESTA PROBLEMÁTICA, REENVIA ESTE CORREO. GRACIÑAS.

Se non che interesa recibir máis E-MAILS nosos, só tes que enviar un correo ca palabra BAIXA

choiva-azeda.blogspot.com

Asociación Cultural Choiva Azeda

AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ


sábado, febreiro 03, 2007

Contra os abusos dos operadores de telefonia, 6 de Febreiro: ¡¡móbiles caídos!!

De: calareo -calareo@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de febreiro de 2007 22:13
Asunto: Contra os abusos dos operadores de telefonia, 6 de Febreiro: ¡¡móbiles caídos!!


IMPORTANTE:

Os operadores móbiles en España queren subir as súas tarifas a principios de marzo para compensar o efecto da nova lei que prohibirá a práctica do redondeo nas chamadas.

A idea das compañías de móbiles é aumentar o prezo do establecemento de chamada -fixado agora por todos os operadores en 12 céntimos- e o do prezo por minuto.

Telefónica xa anunciou que a partir do 1 de marzo o prezo de establecemento da chamada subirá de 12 a 15 céntimos de euro ?un 25%- e tamén subirá a tarifa nominal por minuto.

Telefónica Móbiles é o principal operador en España, con 21 millóns de clientes e unha cota de mercado que roza o 46%. Coa subida das tarifas, o prezo medio por minuto Subirá un 16% ao pasar de 18,4 céntimos a 21,45 céntimos, calcula o diario 'Expansión'.

Orange e Vodafone anunciasen nos próximos días cales serán as subidas das súas tarifas, similares a Movistar.

O único fin desta subida nas tarifas en non ver mermado o Beneficio do exercicio pola aplicación dunha lei aprobada no parlamento para salvagardar os dereitos dos Consumidores destas compañías telefónicas.

As compañías telefónicas non se avergoñan en absoluto de ESTAFAR aos seus clientes e soben as tarifas colocándoas ao dobre que noutros países Europeos por exemplo Dinamarca, Bélgica ou Holanda.

Se non reciben un toque de atención por parte dos consumidores, que deberían ser a súa primeira preocupación, estas compañías seguirán tendo uns beneficios anuais máis altos que o PIB de máis de 60 países no mundo.

Convócase a todos os usuarios e consumidores de telefonía móbil a unha xornada de móbiles caídos que terá lugar o próximo 6 de Febreiro (Martes).

Se durante ese día os 40 millóns de móbiles que hai en España non fan ningunha chamada, salvo as estrictamente necesarias, e non mandan ningún sms, algunha alarma soase nos consellos de dirección destas tres empresas e os directivos despegaran o cu dos seus asentos de pel para
dirixir as súas miradas cara aos seus clientes, que están fartos de tarifas abusivas, de contratos de permanencia que son tan ilegais como as tarifas que nos van a meter con calzador.

Pon unha alarma no teu móbil ou apontoo no teu calendario, para que non se che esqueza que ese día farás historia e recordásese por moito tempo como o día que empezaches algo moi importante para moita xente. Se conseguimos que non entren en vigor estas tarifas valería a pena.

PASAO.

Asoc. Cult. Fuco Buxán: Programación dos Actos da Homenaxe Galega a Isaac Díaz Pardo a celebrar en Ferrol nos meses de Febreiro e Marzo

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: -artabra21@gmail.com-

Data: 3 de febreiro de 2007 16:07

Asunto: Programa Homenaxe Galega a Isaac Díaz Pardo <>
Para: fucobuxan@yahoo.es

Temo-lo agrado de adxuntar Programación dos Actos da Homenaxe Galega a Isaac Díaz Pardo a celebrar en Ferrol nos meses de Febreiro e Marzo.

Prégase difusión

fuco buxán - Asociación Cultural


Homenaxe Galega a Isaac Díaz Pardo

Esta homenaxe ten vocación de ser un Acto plural, aberto a tódolos cida­dáns, que incorpore ó conxunto de colectivos que constitúen a realidade social, sindical, económica, política e cultural de Galicia.

Xa que logo, a participación na homenaxe -das Entidades e dos particulares- será posible, ademais de asistindo e colaborando cos actos que figuran no programa ache­- go, vinculándose ao mesmo a través de textos de adhesión, que serán entregados ao Homenaxeado incluídos nun álbum-recordo do evento.

Tamén é posible colaborar económicamente, axudando a sufragar os gastos de orga­nización, a través da SIMBÓLICA "Mesa Cero" da Cea-Homenaxe, efectuando o ingreso da donación na conta corrente abaixo sinalada, indicando o nome do donante e o concepto "MESA CERO".

A Céa-Homenaxe, na que haberá diversas intervencións e entrega de agasallos ao Homenaxeado, terá lugar o día 2 de Marzo ás 22 horas, na Feira de Mostras de Ferrol, sendo o número de asistentes limitado por razóns de organización.

O importe da cea é de 35 € por persoa no que se inclúe, como agasallo ós asisten­tes, o libro «l. DIAZ PARDO. Homenaxe Galega». A reserva de cuberto, efectuarase mediante ingreso na conta bancaria abaixo indicada, facendo constar nome do remi­tente e representación no seu caso, e sinalando no concepto o número de asistentes. O prazo de inscrición remata o día 20 de Febreiro. Asemade prégase aos cargos ins­titucionais confirmación de asistencia ao Acto Central no Teatro Jofre antes da data sinalada anteriormente.

Conta bancaria: 00720188900000102028- Banco Pastor-Ax. 3 Ferrol, FUCO BUXÁN. HOMENAXE A ISAAC DíAZ PARDO.

Co noso máis cordial saúdo, a nosa sincera disposición en canto podamos ser de utilidade.
FUCO BUXÁN Asociación Cultural


Asociación Cultural Fuco Buxán
– Apartado Correos 240 – 15400 FERROL
Tfno. 981325492
fucobuxan@yahoo.es
www.fucobuxan.com

venres, febreiro 02, 2007

Proposta de xuntanza para finalizar este longo proceso de constitución da Rede Litoral Vivo

Xan Duro -xanduro@usc.es-
Para:artabra21@gmail.com
Data: 02-feb-2007 17:48
Asunto: Proposta de xuntanza

Ola a tod@s,

Creo que chegou o momento de xuntármonos para finalizar este longo proceso de constitución da Rede Litoral Vivo.

Propoño o sábado 10 de febreiro ás 11:00 na Galería Sargadelos en Compostela. Pódese aproveitar para convocar rolda de prensa as 13:00 para facermos a presentación oficial.

Por favor confirmade a vosa disposición ou senón propoñede datas alternativas.

Fusquenlla contactou connosco para se incorporar á Rede. Mándolles copia desta mensaxe.

Unha aperta
--
Xan Duro
Coordenador Xeral
www.verdegaia.org
www.bicis.info

Asociación Veciñal O Rosario - Inferniño: nova factura da auga en Ferrol

De: asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 02-feb-2007 12:55
Asunto: ¡¡¡NOVA FACTURA AUGA!!!


A Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO, comunica seu malestar pola subida excesiva do RECIBO DE AUGA .

Adxuntamos unha COMPARATIVA ONDE VEN EXPLICADO AS DIFERENZAS que existen respecto ó recibo anterior.

Consideramos outro EXCESO do Goberno Local que o Alcalde sempre defendeu coa promesa electoral de rebaixar o recibo da auga.

Destacamos coma unha grande diferenza o apartado de cobramento de URBASER +14,13 %.

RECIBO DE AUGA SOBRE 30 M3 unha subida de + 53,48 %.

ALCANTARILLADO EN 30 M3. un AUMENTO ESPECTACULAR + 63,73 %.

SAÚDOS

Ferrol a 2 de Febreiro de 2007.

asdo. Pedro Cachaza Pereiro - Secretario

asdo. Xosé M. Sanxoán Caamaño - Presidente.

--
ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com


TABLA COMPARATIVA MOSTRANDO O INCREMENTO NO RECIBO DA AUGA E LIXO



Decembro 2006 Xaneiro 2007 Incremento
Augas de Galicia Canon de saneamento 0,197 €/m3 0,197 €/m3 0 %
SOGAMA Lixo 2,82 €/mes 2,92 €/mes 3,55 %
URBASER Recollida de Lixo 3,636123 €/mes 4,15 €/mes 14,13 %
EMAFESA
(·30 m3)1
Auga 0,2823*30=
8,47 €
4+0,3*30=
13,00 €
53,48 %
Alcantarillado 0,1323*30=
3,97 €
2+0,15*30=
6,50 €
63,73%
EMAFESA
(20 m3)2
Auga 8,47 € 4+0,3*20=
10,00 €
18,06 %
Alcantarillado 3,97 € 2+0,15*20=
6,50 €
25,94 %

  1. Incremento supoñendo un consumo de 30 m3 en dous meses que era o mínimo anterior.
  2. Incremento supoñendo un consumo de 20 m3 en dous meses.

Pódese observar que tanto na Auga como no Alcantarillado houbo un incremento na cota por m3 ademais de impoñer unha cota fixa, e dicir:

Auga:

Incremento do prezo do m3: 0,30/0,2823 = 6,20 % mais 4.00€ de cota

Alcantarillado:

Incremento do prezo do m3: 0,15/0,1323 = 13,44 % mais 2.00€ de cota

A conclusión e que para pagar igual que no ano 2006 habería que consumir13,9 m3 en dous meses o que significa un consumo de 231,6 litros/día, e dicir menos de a metade dos 500 litros/día do mínimo anterior anteriores, e por conseguinte con consumos inferiores a isos 231 litros estaríamos a falar de pagar menos que no 2006 que era o que nos venderon os nosos representantes municipais cando falaron de impoñer o cobro por consumo real.

Si ben e certo que tanto URBASER como EMAFESA non subiron as cotas dende Maio de 2001, si facemos un cálculo estimativo supoñendo un incremento anual do 4% (os salarios non subiron ese porcentaxe de media) vinda así, na auga resultaría un incremento en exceso do 21,27% e no alcantarillado do 29,5%.

de todo os xeitos habería que preguntarse porqué non se actualizaron as cotas nos últimos anos e se actualizan de golpe e por riba con un incremento medio do 9% anual.

Como información engadida axúntanse os datos de consumo da Comunidade de Madrid, obtidos na seguinte información de GREENPEACE:

    NO FOGAR
    Máis do 40% do consumo de fogar vaise pola cisterna e o 65-70% do consumo total do fogar corresponde ao cuarto de baño. Moitos modelos de cisternas antigos utilizan máis auga da necesaria (10-15 litros), cando a normativa española fixa a capacidade máxima en 9 litros (norma UNE 67-001-88).

    A lavadora, dependendo do modelo, por cada lavado utiliza aproximadamente 100 litros de auga. Este consumo medio está calculado para un programa de algodón a 60ºC. No entanto, o consumo de auga e enerxía varía moito dun programa a outro, entre 20 e 50 litros de diferenza de consumo de auga entre o programa de algodón a 90ºC e o sintético a 40ºC

    En canto ao lavavaixelas, cada vez que se pon utiliza entre 20 e 40 litros de auga, dependendo do modelo, cun consumo por cuberto que pode superar os 2 litros.
    COMUNIDADE DE MADRID
    O ano pasado consumíronse 603 Hm3. Deles o 50% corresponde ao consumo doméstico (cada madrileño consome unha media de 147 l/día)


E decir, 147*4 =588 litros/fogar/día.

Chamada de antención da Plataforma Ártabra 21, pola actitude do Goberno Municipal para coa cidadanía

A Plataforma Ártabra21 quere manifestar a súa preocupación polo que está acontecendo en Ferrol pola actitude do GOBERNO MUNICIPAL [PP-IF] de desprecio á cidadanía.

Mediante este comunicado, que transcribimos máis abaixo, a PA21 quere chamar a atención, nun momento que é case imposíbel a PARTICIPACIÓN CIDADÁN con este Alcalde e grupo de goberno, coas súas actitudes antidemocráticas que pensamos indica unha postura HOSTIL CUNHA PARTE MOI IMPORTANTE DO MOVIMENTO SOCIAL DA CIDADE DE FERROL E CONTRA A PROPIA CIDADANÍA QUE IGNORA E DESPRECIA.

Son demasiados FRONTES OS QUE ESTE GOBERNO TEN ABERTO, interpretando equivocadamente o que é gobernar democráticamente, facendo ouvidos xordos ás demandas da cidadanía, sen diálogo, e actuando nunha especie de depotismo seudodemocrático, facendo o que lle peta, intentando coacionar ao movimento social, escondendo inconfesabeis intereses.

A Plataforma Ártabra21, espera xestos esperanzadores e un cambio de rumbo, tomando decisións correctoras ao que respecta a PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA], PRAZA DE SARTAÑA, FRAGA DE MENÁNCARO, BARRIO DE RECIMIL, ... preocupad@s tamén por certas actitudes dalgúns grupos, desde as bancadas da oposición municipal. Vexase a actitude, destes, diante da inseguridade que representa a PLANTA DE GAS dentro da Ría, vexase a falta dunha actitude crítica cos poderes mediáticos, en concreto co Grupo -Voz, vexase a falta de valentía á hora de defender publicamente unha saída dialogada ao conflito basco, sen presentar unha alternativa á perversa moción do PP, chea de mentiras, manipulacións e outras lindezas , .. ou non interpoñer recursos de reposición ou mesmo, se é o caso, recursos contenciosos contra decisións municipais claramente ilegais e lesivas para os intereses xerais da cidadanía.

A PA21, non se vai deixar coacionar polo goberno municipal, e seguirá firme nos obxectivos e conviccións. Seguirá na liña da denúncia, concienciación e mobilización social, para conseguir obxectivos de xusticia social, participación cidadán, defensa dos espazos públicos, respecto e defensa do medio ambiente. ... e un desenvolvimento sostíbel.


COMUNICADO DA PA21, DIANTE DA GRAVE SITUACIÓN PROBOCADA POLO MAL-GORBERNO MUNICIPAL [PP e IF]

A Plataforma Ártabra 21, con motivo do desenvolvemento do Pleno Extraordinario convocado pola alcaldía para o 1 de Febreiro, queremos facer notar á cidadanía que o nivel político do Concello ferrolán acadou, nese Pleno, o nivel máis baixo que se recorda na nosa cidade.

Convócase un Pleno ás nove e media da mañá, (case con nocturnidade e aleivosía) para tratar dous puntos na Orde do Día. Solventado o primeiro punto, o Alcalde retira o segundo, dando por finalizado o Pleno.

Esta actitude evidencia un absoluto desprezo ós políticos da Oposición e a veciñanza que trataban de presenciar o debate sobre o segundo punto, que trataba da construción da “palangana” na Praza de Sartaña.

Máis unha vez, atopámonos perante unha actuación “esperpéntica” deste Grupo de Goberno, que con este tipo de manobras, parece querer desanimar, e mesmo cabrear, ós veciños e á Oposición, para conseguir os seus obxectivos depredadores de chan público e poñelo ó servizo dos seus amigos.

Desde a Plataforma Ártabra 21, pedímoslle á Oposición municipal que fagan unha fronte común contra as continuas propelías do Grupo de Goberno. Chegou o momento de facer algo distinto e máis forte, xa que os razoamentos, o diálogo e o debate, e as protestas cidadás non serven para nada.

A xente de Ferrol está agardando un xesto dos políticos defensores do pobo, unha indicación que nos marque o camiño dunha contestación máis forte e máis unida.

¡¡Que ninguén se confíe!! Este aprazamento só sirve para que organicen o seu próximo ataque. Pronto convocarán outro Pleno, a porta pechada ou ás cinco da mañá, pero o farán. ¿Non haberá xeito de paralos?

Ferrol a 1 de Febreiro de 2007.

A XUNTA COORDINADORA.-




Asdo. Amadeo Varela / Miguel Reimundez
José R. Jove / Ernesto Lopes
Carlos Gª Seoane/ Xosé M. Sanxoán

xoves, febreiro 01, 2007

Esquerda Unida-IU Ferrol: ante o acontecido no Pleno en relación coa proposta de aprobación do Proxecto de Sartaña

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data:01-xaneiro-2007 13:47
Asunto:Esquerda Unida-IU Ferrol: ante o acontecido no Pleno en relación coa proposta de aprobación do Proxecto do chamado complexo deportivo, ocio e saúde na Praza de Sartaña


Esquerda Unida-IU de Ferrol quere ante o acontecido hoxe no Pleno de Ferrol en relación coa proposta de aprobación do Proxecto de construcción dun complexo deportivo, ocio e saúde na Praza de Sartaña manifestar o seguinte:

Como se saberá o dito asunto foi retirado, a última hora, da orde do día o debate e aprobación desta cuestión. A razón desta retirada, aínda que o Sr. Alcalde non tivo a deferencia de dar explicación algunha sobre o seu proceder, foi que tiña que resolver expresamente ao Recurso de Reposición que esta formación política presentou o 23 de xuño de 2006 así como do millar de recursos presentados polos veciños, cuestión que onte mesmo denunciabamos.

Pois ben, a pesar das advertencias desta formación política o Sr. Alcalde, que é a persoa que fixa a Orde do día dos Plenos, mantívose na súa contumacia de levar á barbaridade de construir unha infraestructura deste tipo ocupando totalmente unha praza pública. Mais finalmente, e ante a evidencia legal de que con carácter previo a levar esta cuestión ao Pleno procedía resolver o Recurso, finalmente, o dito asunto, foi retirado da Orde do día.

Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol queremos facer unha crítica profunda ao comportamento do Sr. Alcalde que, situado na súa torre ebúrnea e ata o ultimo momento, non foi quen de retirar previamente a cuestión da orde do día e só porque debe respectar, consonte a Lei, o procedemento administrativo e de non facelo tería as correspondentes consecuencias. E, toda vez que, dado o tempo transcorrido dende a interposición do recurso, que o Sr. Alcalde, como xa denunciamos, dispoñe de forma arbitraria, e interpreta e executa á Lei segundo o seu propio e non fundamentado criterio, facéndoo incluso sen tomar en consideración os criterios dos demais membros da Corporación, aínda que se lle advirta das obrigacións legais que lle son propias como máximo responsable da Administración Local de Ferrol, era clara a súa intención de saltarse o procedemento e de non contestar ao recurso presentado polo noso Grupo Municipal.

Agora, o Sr. Alcalde, e como sucedía con anterioridade, só ten unha alternativa contestar aos recursos presentados e polo tanto obedecer o mandato legal de respostar expresamente o recurso, cuestión que se comprometeu realizar antes da celebración do Pleno e que é evidente que non fixo.

Esquerda Unida-IU non perde a esperanza de que se impoña a cordura e o sentido común, que este retraso na contestación obedeza a que o recurso vai ser estimado e, dada a imperiosa necesidade da cidadanía de contar cunha piscina que solvente ás listas de espera para a práctica da natación, xunto coa proposta de desestimación do proxecto de construcción do Complexo de Sartaña se presente unha nova proposta de para realizar unha piscina pública no novo barrio do Bertón. Todo isto sen deixar de animar ao Sr. Alcalde a que no sucesivo comprenda que está baixo o criterio da Lei como todos e todas.

Ferrol, 1 de febreiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol

Retirado pola Alcaldía o ponto onde ían aprobar o proxecto de SERVIOCIO, para a Praza de Sartaña



Hoxe ás nove e media da mañá comezaba o Pleno Municipal con só dous pontos na orden do día. A Sala de Plenos estaba a verter, a maioria viziñanza de Sartaña, que pediram permisos especiais nos seus postos de traballo, para atender un deber inescusábel: defender un espazo público que o Mal-goberno municipal, pretenden usurpar.

Unha vez tratado o primeiro ponto, o Alcalde mandou retirar o segundo ponto, aplazandoo "sine die".



O Mal-Goberno Municipal ainda non ten claro, o asunto da Praza de Sartaña, mais a veciñanza, que leva en loita dous anos, SI . Pois os grupos que gobernan no concello [PP e IF], pretendían aprobar o proxecto de SERVIOCIO [un pretendido Centro de salud, ocio y deportivo], sen atender as case 1000 alegacións presentadas [30.06.2006], nin ao recurso de reposición interposto no seu día polo grupo municipal de Esquerda Unida.

Unha delegación da nosa Platforma [PA21], achegouse até o Pleno para amosar a solidariedade, acordada na última Asemblea Xeral.
________________________________________________

Enlace coa Galería Fotográfica deste Pleno de 1 de febreiro de 2007
________________________________________________















Relación de enlaces de referencia publicados no Blog da PA21:

Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe ao Alcalde de Ferrol que resolvamente os recursos de Sartaña

Solidariedade coa veciñanza de Sartaña: o Goberno Municipal do PP e IF, quere aprobar o proxecto de SERVIOCIO, no Pleno deste xoves, 1 de febreiro

Sartaña

Resolucións aprobadas na Asemblea Xeral [27.06.2006]
RESOLUCIÓN DE APOIO Á CAMPAÑA DO COLECTIVO DE SARTAÑA


Argumentos veciñais de oposición ao atentado urbanístico, cívico, social, ...chamado Centro de Ocio de Sartaña

A veciñanza impide facer catas na Praza de Sartaña

Fotos Sartaña Praza Pública [26 e 30 de Xuño de
2006]

Galería Fotográfica: a veciñanza de Sartaña no Pleno Municipal do 1 de febreiro de 2007

Diario de Ferrol: Roi Xordo critica o descoñecemento da lei por parte do goberno

Pola sua importancia, dentro do contencioso social entre o Mal-goberno Municipal de Ferrol e a súa cidadanía, transcribimos esta nova, tirada hoxe do xornal comarcal Diario de Ferrol, onde a Federación Veciñal de Ferrol "Roi Xordo", fai pública unha carta remitida ao Alcalde, na que rexeita as acusacións dos concelleiros Evia e Pita Romero, do PP e IF, informando de que eles recebiron o informe do Servicio de Urbanismo e Inepección Territorial, legalmente por correo certificado e con acuse de recibo, comomanda a lexislación vixente ...

Diario de Ferrol | Xoves, 1 de Febreiro de 2007


FERROL
Roi Xordo critica o descoñecemento da lei por parte do goberno
A Federación Veciñal Roi Xordo considera que o anuncio do goberno local de que denunciará a "filtración" da proposta do Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial sobre a praza de España demostra "un total descoñecemento dá normativa".

REDACCIÓN > FERROL

A entidade indica que na roda de prensa na que compareceron o responsable de Urbanismo, Guillermo Evia, e o "concelleiro sen carteira" Francisco Pita-Romeu se vertieron acusacións falsas contra a federación en relación coa suposta utilización de información confidencial "e contra unha funcionaria do Servizo Provincial de Urbanismo" por unha hipotética filtración de documentación interna. Con estas declaracións, di Roi Xordo, e co anuncio de que o goberno local interpoñería unha denuncia ante a Fiscalía poñen de manifesto un descoñecemento da lei, en concreto contra o Reglamento de Disciplina Urbanística, "que é especialmente grave non señor Evia como persoa que prestou vos servizos na Dirección Xeral de Urbanismo".

A federación fai referencia ao artigo 114 de devandito reglamento, no que se apunta que "a inspección urbanística iniciará as súas actuacións de oficio, por propia iniciativa en razón do labor que ten encomendado, como consecuencia de orde superior, a petición doutros órganos ou a solicitude de persoa interesada", e sinala que no caso da praza de España actuouse en base á denuncia de Roi Xordo e doutros veciños. Continúa aludindo ao artigo 116.3 do mesmo reglamento, no que se especifica que "ou resultado dá información previa deberá notificarse ós interesados, especialmente ó denunciante".

Correo certificado >Aténdose a esta normativa, informa Roi Xordo, a Delegación Provincial de Urbanismo remitiu por correo certificado e con acuse de recibo á federación o oficio no que textualmente sinala que "En cumprimento do artigo 116.3 do Regulamento de Disciplina Urbanística, xunto remítolle fotocopia do informe proposta deste servizo relativo á súa denuncia polas obras...".

A federación sinala, en resposta ás afirmacións do goberno local, que non se trata, xa que logo, "de información privilexiada nin filtración de documentación secreta, tan só de cumprimento dá normativa vixente, algo que non Concello de Ferrol, desde ou inicio do seu mandato, non se adoita facer". Anuncia ao regidor que lle remite copia do escrito enviado pola Delegación Provincial de Urbanismo, non para que comprobe a súa veracidad, "senón para evitarlle á poboación de Ferrol ou ridículo de ver como ou seu alcalde presenta unha denuncia en Fiscalía baseada unicamente nos delirios dous seus concelleiros".

A federación vecinal critica que o goberno local empregue as súas enerxías en denunciar supostas "tramas, persecucións e conspiracións" e en descargar a responsabilidade nos funcionarios "quizais nun van intento de trasladar as responsabilidades penais que poidan recaer pola obra ilegal dá praza de España nos traballadores do Concello de Ferrol".

===================================
Enlace con a noticia orixinal no Diario de Ferrol
===================================

mércores, xaneiro 31, 2007

Xoves 1 de febreiro: reunión das entidades convocantes das mobilización na defensa dos espazos públicos

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos
Para: artabra21@gmail.com
Data: 31 de xaneiro de 2007 0:26
Asunto: Reunión das entidades convocantes das mobilización na defensa dos espazos públicos

Quedades convocados a unha Xunta de CONVOCANTES DAS MOBILIZACIÓNS NA DEFENSADOS ESPAZOS PÚBLICOS, CONTRA O MACRO-EDIFICIO NA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA], todas as organizacións e entidades, para analizar, avaliar e debater os últimos acontecementos a respecto do EDIFICIO EMBLEMÁTICO que o GOBERNO LOCAL quere impulsar.

A reunión terá lugar no local social da A. Veciñal de Fontelonga o vindeiro xoves, día 1 de febreiro ás 7 horas da tarde.

Debatiremos as decisións que a pesar de haber uns INFORMES DESFAVORABLES do Sevicio de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, sospeitamos, a xulgar polas últimas declaracións do Goberno, que continuarán as OBRAS .

Saúdos.

Ferrol a 31 de Xaneiro de 2007.

Os convocantes.

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol

Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe ao Alcalde de Ferrol que resolvamente os recursos de Sartaña

Esquerda Unida-IU de Ferrol: Comunicado de Prensa
De:-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
Para: artabra21@gmail.co
Data: 31 de xaneiro de 2007 13:38
Asunto: Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe ao Alcalde de Ferrol que resolva os recursos de Sartaña


“Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe ao Alcalde de Ferrol que resolva
os recursos de Sartaña”

Esquerda Unida-IU de Ferrol quere manifestar o seguinte:

Que, como se lembrará, o seu Grupo municipal no Concello de Ferrol presentou, o pasado 23 de xuño de 2006, un Recurso de Reposición, contra o acordo número 11 da Orde do Día do Pleno da Corporación Municipal de Ferrol de data 25 de maio de 2006: “Proposta de adxudicación á Empresa Serviocio do contrato de redacción do proxecto de xestión e explotación dun centro deportivo de ocio e saúde no Barrio de Ultramar”.

Pois ben, dende a dita data e a pesar de ser requerido, incluso por escrito, que foxe dictada a correspondente resolución expresa sobre o mesmo o Sr. Alcalde non se dignou todavía a facelo.

Para Esquerda Unida-IU de Ferrol esta actitude amosa, unha vez máis, o carácter intolerante e a doble vara de medir do PP. Pois non ten a dignidade de contestar a un recurso presentado por un Grupo Municipal da Corporación Municipal que el preside e, doutra banda, el que anda a pedir respecto aos procedementos administrativos e co mesmo argumento, esixímoslle o respecto o procedemento administrativo, e tal como lle foi solicitado por escrito, resolva expresamente sobre o recurso de Esquerda Unida tal e como estipula a Lei.

É evidente que, con esta actuación, o Sr. Alcalde está a demostrar que cando as cousas non lle van ben esixe o cumprimento da legalidade ou utiliza esta no seu beneficio, esquecéndose arbitrariamente que a Lei é para todos e todas, nos dereitos e nas obrigas, e polo tanto consonte a Lei de Procedemento Administrativo esixímoslle que resolva, xa non só, o recurso presentado polo noso Grupo Municipal senón tamén o millar de recursos presentados pola veciñanza. Recurso , todo sexa dito, perfectamente argumentado e incluso acompañados de informes técnicos que veñen demostrar que o acordo recorrido vulnera a legalidade urbanística.

Así pois, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol seguimos a considerar que a idea de colocar un centro deportivo nunha praza pública para negocio dunha empresa, que conta coa oposición da veciñanza, e que ten alternativas máis viables é, con todas as letras, unha auténtica barbaridade polo que invitamos ao Grupo de Goberno a reconsiderar o seu proxecto e eviten unha nova usurpación dun espazo público da nosa cidade.

Ferrol, 31 de xaneiro de 2007

Esquerda Unida-IU de Ferrol

Solidariedade coa veciñanza de Sartaña: o Goberno Municipal do PP e IF, quere aprobar o proxecto de SERVIOCIO, no Pleno deste xoves, 1 de febreiro

Solidariedade coa veciñanza da Praza de Sartaña: Sartaña Praza Pública.

O goberno municipal do PP e IF, quere aprobar o proxecto de SERVIOCIO, no Pleno deste xoves, 1 de febreiro de 2007.

O Goberno Municipal do Concello de Ferrol continua co seu empeño de facernos crer que o progreso consiste e encher as cidades de cemento, construír sen mais, para especular, para beneficiar a uns poucos que xa verten de privilexios. Nese empeño, queren acabar coa Praza de Sartaña, queren facer da Praza un centro de "lecer" de beneficio privado, sen atender as case 1000 alegacións presentadas [30.06.2006], nin ao recurso de reposición interposto no seu día polo grupo municipal de Esquerda Unida. Van presentar este Xoves, 1 de Febreiro, ás 9 e media da mañá a aprobación definitiva do nefasto proxecto do "Centro de Ocio Sartaña" concedido á empresa "amiga" SERVIOCIO [Con data 25 de maio de 2006, o pleno do Concello de Ferrol acordou adxudicar á empresa Serviocio, o contrato de redacción do proxecto, da xestión e explotación dun centro de ocio na Praza de Sartaña].

A Plataforma Ártabra 21, reunida en Asemblea Xeral Ordinaria, onte dia 30 de xaneiro, acordou, por unanimidade, solidarizarse coa veciñanza da Praza de Sartaña, nas súas xustas reivindicacións que non son outras que se desestime o proxecto de privatizar a Praza, e se aprobe a súa remodelación e acondicionamento integral como un espazo público, con xardíns, instalacións deportivas e parque infantil, para uso e goce de toda a cidadanía e en especial da veciñanza do barrio.

Conforme ás resolucións aprobadas pola PA21, na Asemblea Xeral Constituínte do 29 de maio e na segunda do 27 de xuño do pasado ano, de apoio á veciñanza de Sartaña e de oposición ao atentado urbanístico, cívico, social, ... chamado Centro de Ocio de Sartaña, e en defensa da Praza de Sartaña como Parque Publico, voltamos reiterar este apoio incondicional ás xustas demandas veciñais.

Non permitamos un novo atropelo contra o patrimonio veciñal, hai alternativas sobre a mesa, para unha nova proposta de asentamento dese proxecto, que ten o goberno municipal e a empresa SERVIOCIO, na zona do Bertón onde está previsto reurbanizar a curto prazo. Ademais poderíase facer unha verdadeira piscina municipal, non a bañeira ou lámina de auga, que queren facer na Praza de Sartaña.


Praza de Sartaña: Parque Público !!

Non permitamos a súa privatización !!

Acude ao Pleno Municipal este xoves, 1 de febreiro de 2007



Relación de enlaces de referencia públicados no Blog da PA21:

Sartaña

Resolucións aprobadas na Asemblea Xeral [27.06.2006]
RESOLUCIÓN DE APOIO Á CAMPAÑA DO COLECTIVO DE SARTAÑA


Argumentos veciñais de oposición ao atentado urbanístico, cívico, social, ...chamado Centro de Ocio de Sartaña

A veciñanza impide facer catas na Praza de Sartaña

Fotos Sartaña Praza Pública [26 e 30 de Xuño de 2006]