Deixou-nos o Compañeiro Torrente, Santiago Torrente López, "Tito", morreu hoxe 28 de Marzo de 2009 aos 61 anos de idade, logo duns meses loitando contra a dura enfermidade. Desde o Colectivo Ártabra 21 un sentido abrazo a toda a súa familia e amistades.O Compañeiro Torrente, foi un loitador desde a súa mocidade, naceu o 25 de Xullo de 1947 na "República Independente da Pedreira" - Mugardos -. Desde os 8 anos estuda na Escola Obreira - tutelada polo asteleiro e rexentada polos "frailes" salesianos -, aos 15 entra de aprendiz na BAZAN. O Compañeiro Torrente era Mecánico Torneiro.
A súa escola política e sindical, estivo, principalmente, nas travesías diarias de lancha, entre Mugardos e Ferrol, onde escoitaba as charlas de Paco Filgueiras e outros compañeiros. Mais Torrente non quedou na BAZAN, foi despedido no ano 1966, polo que se traslada á Comarca de Vigo e traballa na empresa CENSA onde entra en contacto coas incipientes CCOO. Máis tarde estivo navegando na mariña mercante e coñeceu a emigración. Traballou en Italia, en Trieste na poboación de Mofalcone, onde reside, cando os sucesos de Ferrol en Marzo do 72. De novo voltou á Comarca para traballar en BAZAN en 1975, onde máis tarde foi responsábel do Partido Comunista do Asteleiro que chegou a ter naquel tempo, 500 afiliados. Na factoría chegou a ser presidente do Comité de Empresa e membro destacado de CCOO.
En certo sentido apartado por varios anos da loita social, política e sindical, volve implicando-se no movimento social anti-reganosa, na loita contra a Planta de Gas, onde a súa irma Luz Mariña é unha das dirixentes máis destacadas. Deixa-nos uns emocionantes versos dedicados á veciñanza de Meá que ocupaba a casa do Concello de Mugardos entre o 23 de Xullo ao 10 de Novembro de 2007, 111 días de peche, 111 días de Loita, 111 días de Dignidade... "Os Versos de Tito". Ultimamente estaba ao frente da Plataforma Cidadá en Apoio ao cabo Gago -Plataforma pola Verdade-, onde era o seu coordenador, nun loita contra a impunidade dos mandos militares e a inxustiza dun ordenamento militar virado de costas ás liberdades.
Emocionantes Versos do Compañeiro Torrente para a veciñanza de Meá, dedicados ás veciñas e veciños que ocupaban a casa do Concello de Mugardos entre o 23 de Xullo ao 10 de Novembro de 2007, 111 Días de Loita, 111 de Dignidade ... "Os Versos de Tito"
____________
Un interesantísimo audio dunha Mesa Redonda de Debate sobre o Sindicalismo Contemporáneo na Comarca de Ferrol Terra [O movimento obreiro na Comarca desde Marzo do 72], da man de Rafael Pillado, Alfonso Tellado e Santiago Torrente, coordenados por Xam López, acto realizado na Fundaçom Artábria, o 11 de Marzo de 2005, dentro do ciclo de historia "Memória de Nós".
Baixar o Audio do Acto: Descargar o arquivo
Escoitar o Audio do Acto agora:
Im memoriam
___________

asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
29 de Marzo de 2009 02:23
PASAMENTO DE SANTIAGO TORRENTE
A Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO queremos expresar noso pesar polo pasamento de SANTIAGO TORRENTE, vitima dunha enfermedade .
Lembraremos o seu compromiso e entrega como na sua ultima destacada actuación como portavoz da Plataforma pola verdade da fragata Extremadura e cabo Gago da cal esta asociación forma parte.
Noso pésame a súa viuva, fillos e a súa irmá, Luz Marina, compañeira e unha das valentes voceiras do Comité de Emerxencia contra a Planta de Gas.
A desapareción de SANTIAGO TORRENTE significa unha perda irreparable pero seu exemplo e reivindicación perdurará na nosa memoria.
Ferrol a 29 de Marzo de 2009
asdo. Xosé M. Sanxoán - Secretario
asdo. Ana J. López - Presidenta
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
avvorosario@gmail.com
orosario-inferninho.blogspot.com
_____________
En recordo de Santiago TorrenteComité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
29 de Marzo de 2009 18:12
Este Comité Cidadán de Emerxencia, lamenta o falecemento de Santiago Torrente López, amigo e compañeiro cunha intensa dedicación á actividade política e sindical, desde a etapa predemocrática, a través da súa militancia no Partido Comunista e en Comisións Obreiras e posteriormente en postos de responsabilidade no Comité de Empresa de Bazán.
A súa sensibilidade e compromiso social ocupáballe actualmente en coordinar, con empeño e eficacia, a Plataforma de Apoio ao Cabo Gago.
Á súa familia e amigos, e de modo especial á súa esposa e á súa irmá Luz Mariña, compañeira nos labores deste CCE, a nosa solidariedade e o noso profundo sentimento
--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_____________
InmemoriamGrazas Santiago Torrente !
É fácil atopar as palabras para eloxiar o traballo dun home loitador e humano como era Santiago Torrente. Pero é difícil atopar as palabras para describir tanto dor que nos produce a perda de alguén cun espírito humano fóra do normal.
Non seriamos humanos, senón recoñecésemos a gran Humanidade de Torrente.
A súa entrega incondicional cara aos seus, a súa muller, os seus fillos e os seus netos, non lle impediron sacar toda a súa Forza e Honra para pelexar pola Inxustiza deste mundo.
É inxusto que se marchou un home de tan gran corazón, pero a bondade nesta vida non nos fai inmortais. Por iso baixo estas palabras desexo arroupar á súa familia, para que non decaigan no desánimo, senón ao contrario, sentan orgullosos do gran home que foi Santiago Torrente.
E que os ferroláns tan dados a homenaxear a xente de alta alcurnia, se baixen dos seus pedestais e saiban recoñecer o labor dun gran traballador e entusiasta dos dereitos do humanos neste país.
No meu caso, O Caso do Cabo Gago, Torrente entregouse en Corpo e Alma para loitar contra a inxustiza que estabamos vivindo, foi en boa parte o artífice de facerlle chegar a Ferrolterra esa indignación polo que estaba acontecendo.
Agora tod@s debémosllo, debémoslle agradecemento, un
¡Até Sempre Compañeiro! ¡Nunca Che Esqueceremos!
Grazas pola Túa loita con Forza e Honestidade. Grazas Santiago Torrente.
_____________
Plataforma pola Verdade, herdeira da Plataforma Cidadá de Apoio ao cabo Gago.
- Pola memoria do Mariñeiro de Máquinas Erik Noval Gómez
- Pola memoria do cabo Primewiro de Máquinas Javier Pérez Castrillón
- Polo esclarecimento de todo o acontecido o 19 de decembro de 2005, abordo da fragata "Extremadura", con resultado de morte de Erik e Javier
http://plataformaporlaverdad.blogspot.com/
__________________













