xoves, outubro 23, 2014

Asemblea da Marea de barrio en Recimil, este xoves 23 de Outubro, ás 6 da tarde, nas inmediacións do Mercado Municipal das Casas Baratas

ASEMBLEA DE BARRIO
XOVES 23 DE OUTUBRO
ÁS 18 HORAS
LUGAR: MERCADILLO DE RECIMIL


Marea de barrio en Recimil

Bo día

O vindeiro Xoves 23 de outubro, ás 18:00 horas, no Mercadillo de Recimil, á altura do Mercado, terá lugar unha asemblea de barrio da Marea Ártabra, onde daremos conta do que é a Marea Ártabra, os nosos obxectivos de cambio da política municipal coa máxima participación cidadá e transparencia, para acadar un Concello do pobo para o pobo. Darase a palabra aos veciños e veciñas que queiran para poñer de manifesto a problemática específica do seu barrio e, así, paralelamente ir elaborando un programa político para o Concello de Ferrol

Para difundir este acto entre a veciñanza de Recimil acordouse un reparto de octavillas e pegada de cartaces mañá mércores, de 11:00 a 13:00 no mercadillo, sendo o punto de encontro o Mercado de Recimil ás 10:50, para a que vos pregamos a máxima colaboración e implicación.

Un saúdo

Grupo de comunicación da coordinadora da Marea Ártabra

Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

Para contactar
Presentou-se o manifesto que se pode ler nun blogue que abriron no seguinte enderezo: http://mareaartabra.blogspot.com.es/  ou mareaartabra.org. Tamén hai un enderezo de correo electrónico: mareaartabra[arroba]gmail.com.

A Marea Ártabra nas redes sociais
:
Logo da marea cidadá:

Enlaces relacionados:

A 'Marea Ártabra' en Ártabra 21 | Acceder.
A 'Marea Ártabra' desde o buscador libre DuckDuckGo. | Ir a Web.

Enviado por:
marea artabra
-mareaartabra@gmail.com-
21 de outubro de 2014 12:14
___________________

As Marchas da Dignidade seguen camiñando até acadar os seus obxectivos - O vindeiro 24O en Uvieu 'Somos Reais' - A vindeiras citas o 6N en Ferrol, A Coruña, Compostela, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense - e o 29N 'Ocupemos o Obradoiro'


As Marchas da Dignidade seguen camiñando até acadar os seus obxectivos baixo o lema 'Pan Traballo e Teito'. Hoxe tivo lugar unha Rolda de Prensa na Praza do Obradoiro que vai ser o escenario da mobilización do vindeiro 29N 'Ocupemos o Obradoiro. Precedidas polas mobilizacións simultaneas nas sete principais cidades galegas o 6 de Novembro. As citas son en Ferrol, A Coruña, Compostela, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense. Mais antes este venres 24 de Outubro, organizada polas Marchas da Dignidade de Asturies  vai ter lugar en Uvieu un encontro e mobilización co nome de 'Somos Reais', coincidindo coa entrega dos premios Príncipe de Asturias. Esta mobilización de Uvieu está apoiada pola Asemblea Estatal. A continuación, polo seu interese, transcribimos a nova da rolda de Prensa publicada no xornal dixital 'Praza Pública'. Enlazamos cun importante artigo, no xornal Público' onde se anuncia a grande mobilización que vai ter lugar o 29N en todo o territorio do polo de agora Reino de España. e por último achegamos unha nova onde se informa sobre a retransmisión en directo dos actos e mobilizacións de Asturies do 24O, por parte de Radio Kras.

O 22-M volve con forza para encher o Obradoiro o 29-N

Rolda de prensa para presentar o 29-N

Logo da exitosa convocatoria do pasado 22 de marzo en Madrid, onde centos de milleiros de persoas chegadas de todos os puntos do Estado relcamaron "pan, traballo e teito", a Columna Galega das Marchas da Dignidade volverase mobilizar o vindeiro sábado 29 de novembro en Compostela. Insistirán nas reivindicacións "máis presentes que daquela" baixo o lema Ocupemos o Obradoiro e coa intención de encher a praza e as rúas unha vez máis.
 "Temos que enfrontar o desemprego, a inxustiza e todas as secuelas que sofre a clase traballadora"
"O desemprego, a inxustiza e todas as secuelas que sofre a clase traballadora e os sectores populares temos que enfrontalas, polo que imos estar na rúa de forma masiva", asegurou Manuel Camaño, un dos voceiros da Columna Galega, que presentou as protestas este mércores no Obradoiro. Os participantes na marcha volverán chegar desde varios puntos de Galicia para reivindicar "pan, traballo e teito". "Aí está todo: temos dereito a unha vivenda digna e a que a barbarie non nos desaloxe dela; temos dereito a traballar con dignidade e non na precariedade e a escravitude; e tamén temos dereito a comer", lembrou Camaño.

A Columna Galega ve nesta manifestación, e logo do éxito do 22-M, un novo paso para "acabar" co actual réxime "vinculado ao modelo social do campitalismo". "Sabemos que non hai marcha atrás no reloxo do capitalismo e, polo tanto, entendemos que si é posible un sistema de xustiza social no que teñamos cabida todos", engadiu, tras facer referencia ao manifesto que abrangue a todos os colectivos que apoian as Marchas e nas que se acusa os gobernos europeos de "mentir, estafar e roubar", así como de "tomar medidas contra as persoas" en beneficio das "grandes corporacións que despois lles facilitan un cómodo retiro".
As Marchas da Dignidade ven nesta manifestacón un novo paso para "acabar" co actual réxime
Á protesta do 29-N únense cada día máis colectivos -os últimos a Marcha Mundial das Mulleres ou A Ría Non se Vende-, ao igual que tamén continúan a crearse plataformas de apoio ás Marchas da Dignidade por distintas localidades do país. En Redondela, Lugo, Ponteareas, Ourense, O Barco, Monforte  e Baiona creáronse novas asembleas ás que se unirán Nigrán, O Porriño, Gondomar e Sarria, ademais das xa conformadas desde hai meses.
Manifestacións este 6 de novembro nas sete cidades galegas irán preparando o camiño para o 29-N
Todas elas, e de cara á mobilización do sábado 29 de novembro, colaborarán nas xornadas de protesta que se desenvolverán en varias cidades o vindeiro día 6 baixo o lema Camiñando cara ao 29-N. Celebraranse nas sete cidades galegas. Ademais, a Columna Galega tamén contará con representación, xunto a outras moitas do Estado, na manifestación convocada en Oviedo co gallo da entrada dos Premios Príncipe de Asturias para este 24 de outubro.

As Marchas da Dignidade de Galicia están apoiadas xa por uns 50 colectivos en Galicia, desde sindicatos alternativos a movementos sociais, pasando por organizacións políticas, estudantís e culturais.

Redacción | @prazapublica|praza.gal

Tamén no xornal Sermos Galiza. | 29N: ocupar o Obradoiro para dar máis un empurrón cara á fin do réxime | As Marchas da Dignidade marcan en vermello o 29 de Novembro: Tomar a emblemática praza compostelá con columnas procedentes de diferentes comarcas do país sob o lema ‘Pan, traballo, teito’. |  X.M.P 22.10.2014 | ir á Web.

As Marchas da Dignidade seguen camiñando até acadar os seus obxectivos.

As Marchas da Dignidade prevén mobilizar a 5 millóns de persoas a finais de novembro. | O movemento 22-M convocou unha 'Semana de Loita' para finais do próximo mes con actos en todas as capitais de provincia. Estas concentracións súmanse á programada para o 24 de outubro en Oviedo contra os Premios Príncipe de Asturias. | DANIEL MARTÍN - Público | Madrid 21/10/2014 12:09 | Actualizado: 21/10/2014 14:07  | Ir á Web.

Retransmisión en directo desde Radio Kras de Uvieu da mobilización 'Somos Reais'.

O vindeiro venres 24 de outubro terá lugar en Uvieu a mobilización 'Somos Reais', co apoio das Marchas da Dignidade 22M e diversos colectivos sociais. | Esta mobilización prodúcese durante a entrada á Gala de entrega de premios Príncipe de Asturias e este ano contará co apoio dunhas 3.000 persoas vindas de fóra de Asturies. |http://www.asturiesenmarcha.org/ | Desde Radio Kras imos realizar un programa especial de 17:00 a 19:00 da tarde, con conexións en directo. | Invitámosvos a difundir nos vosos medios o programa e a colaborar enviándonos audios con entrevistas a xente das vosas zonas que vaia a participar na mobilización. | Por suposto si alguén dos vosos medios vai estar na mobilización e quere colaborar que nos contacte. Contamos con colaboración de xente de Radio QK. | Avisarnos se o ides a emitir para difundilo. | Streaming: http://giss.tv:8000/RadioKras.mp3 | Video 2013: https://www.youtube.com/watch?v=fLeFONqbNzU | Calquera dúbida ou aclaración dicídesme. | Salú Falo Radio Kras: falomarcos@gmail.com

A Rolda de Prensa nos medios convencionais:

EUROPA PRESS:
http://www.europapress.es/galego/noticia-as-marchas-da-dignidade-ocuparan-obradoiro-29-novembro-reclamar-pan-traballo-teito-20141022145436.html

LA VOZ DE GALICIA:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/10/22/marchas-da-dignidade-ocuparan-obradoiro-29-noviembre-reclamar-pan-trabajo-techo/00031413976744363403663.htm

FARO DE VIGO:
http://www.farodevigo.es/galicia/2014/10/22/marchas-dignidad-ocuparan-obradoiro-reclamar/1117040.html

ABC:
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=1700109

LA REGIÓN:
http://www.laregion.es/articulo/galicia/marchas-dignidad-ocuparan-obradoiro-reclamar-pan-trabajo-y-techo/20141022134204499341.html

TE INTERESA COMPOSTELA:
http://www.teinteresa.es/galicia/a-coruna/santiago-de-compostela/Marchas-Dignidad-ocuparan-Obradoiro-noviembre_0_1234677162.html

_________________

luns, outubro 20, 2014

No Día Internacional contra a riqueza iniciamos a campaña "Da RISGA á RBis"


O 17 de outubro Día Internacional para a Erradicación da Pobreza.


A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Vitoria, o Grupo de Axitación Social (GAS) e as xentes de Baladre saímos á rúa nesta data, que xa o ano pasado rebautizamos como Día contra a riqueza, para denunciar unha vez máis que a riqueza acumulada nas mans duns poucos non fai máis que medrar a costa dunha maioría de persoas cada vez máis ampla que padece a crecente precarización das súas condicións de vida.

Os datos, e mais aló dos datos a realidade cotiá coa que nos enfrontamos, non deixan lugar a dúbidas: seis de cada dez familias galegas seguen a ter dificultades para chegar a fin de mes; pola contra, o 10% máis rico dos fogares europeos acumula a metade da riqueza do continente, os dez magnates máis ricos de Europa posúen unha fortuna case dez veces maior ao gasto español previsto en desemprego para o 2015 e a fortuna de Amancio Ortega equivale ao 87% do PIB galego.

Fronte a esta realidade de inxustiza, precariedade e exclusión á que nos condena o capitalismo, nós queremos presentar publicamente neste Día contra a riqueza a campaña galega “Da RISGA á RBis”, que ten como obxectivo visualizar o inútil que resulta a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) como ferramenta de transformación social e de loita contra o empobrecemento, así como defender a necesidade de superar estes modelos asistenciais e de loitar pola Renda Básica das iguais (RBis), definida como o dereito individual, universal e incondicional a recibir unha cantidade periódica que cubra as necesidades elementais.

Moitas veces temos denunciado que a terrible situación de empobrecemento e precariedade que padecen tantas persoas e familias en Galicia está a ser agravada dun xeito intolerable pola resposta da Xunta, que pasa case exclusivamente por unha RISGA insuficiente e excluínte, que pouco axuda e nada transforma. Orzamentos que rozan a miseria, contías mínimas e escasa cobertura, longos tempos de espera que se prolongan ata os oito meses, burocracia excesiva, requisitos rigorosos que deixan sen acceso a moita xente, incompatibilidades absurdas, esixencias a modo de contraprestación de participar en proxectos de inserción sen seguimento e inútiles, e mesmo obstáculos para obter o resgardo de entrega da solicitude... son algúns dos problemas que evidencian que a Xunta de Galicia non está a cumprir coa súa obriga de dar unha solución real e eficaz para cubrir as necesidades básicas das galegas e galegos.

Sen dúbida, un dos aspectos máis crueis é o que ten que ver cos atrasos na concesión da RISGA, cunha demora totalmente inaceptable por tratarse dunha axuda dirixida a persoas e familias nunha situación de verdadeira emerxencia social. A finais de agosto, sen ir máis lonxe, a Xunta recoñecía que estaba a resolver as solicitudes de decembro do 2013, o que é o mesmo que recoñecer que está a incumprir o establecido pola lexislación vixente no que atinxe aos prazos de resolución desta axuda (a Xunta ten 2 meses para resolver dende a entrada de toda a documentación, mentres que os concellos teñen 1 mes para enviar a documentación completa á Xunta).

Tampouco se está a dar présa a administración autonómica en elaborar e publicar o decreto que debe desenvolver e aclarar a citada Lei de inclusión social, publicada o 31 de decembro de 2013. Aínda que na aprobación da mesma se falaba dun  prazo de 6 meses, pasaron xa dez sen que nada novo se saiba, o que contribúe a incrementar a incerteza e indefensión da que son vítimas as persoas solicitantes da RISGA. Por poñer un exemplo, no que ten que ver coa solicitude dos atrasos coa anterior lei, aínda que nun primeiro momento falaban de recoñecemento automático en casos de RISGA nova e tras solicitude na antiga, sempre con data do mes seguinte á petición da última documentación requirida, semella que a estas alturas non teñen nada claro aínda como van tramitalo.

Ante a grave situación referida, non podemos deixar de denunciar, en primeiro lugar, que menten cando dan por única resposta ás nosas críticas e demandas iso de que “non hai cartos”. Fronte os recortes sociais e a súa imposta “austeridade” mal entendida, basta un exemplo significativo que vén de ser denunciado publicamente: a Consellería de Traballo e Benestar malgasta mil euros diarios en pagar a un número esaxerado de asesores contratados a dedo e que están ao servizo exclusivo da conselleira Beatriz Mato.

E finalmente non podemos deixar de denunciar, unha vez máis, o insuficiente e inútil da Renda de Inclusión Social de Galicia en termos de transformación social e de loita contra o empobrecemento. Por iso nós, e moitos colectivos e persoas, defendemos a necesidade de superar estes modelos de “rendas ou salarios para pobres”, para dar paso á Renda Básica das Iguais, concibida como o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades elementais. Fronte a unha RISGA subsidiaria e restritiva, familiar e condicionada, a RBisten carácter universal, persoal e incondicional. A RBisé suficiente e digna; a RISGA, escasa e miserable. Finalmente, a RBis é un instrumento máis de xustiza e redistribución da riqueza, mentres a RISGA supón un instrumento de fiscalización, exclusión e perpetuación da esmola asistencial.

Porque temos dereito a vivir con dignidade: RENDA BÁSICA das iguais, XA!

--
OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia)
odscoia.arkipelagos.net | odscoia@riseup.net |@odscoia | tel: 696 618 732
Estamos os luns de 17h00 a 19h00 en Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo)

Enviado por:
Oficina Dereitos Sociais - Coia
-dereitossociais@gmail.com-
17 de outubro de 2014 16:30
Debido ao mal tempo cancelamos onte os actos previstos para celebrarmos o Día contra a riqueza 2014. Malia non estar hoxe na rúa recollendo sinaturas da ILP pola Renda Básica, non queremos desaproveitar esta data para achegar o texto de presentación da campaña galega: “Da RISGA á RBis”. Achegamos o manifesto que tiñamos preparado para este mediodía.
___________________

domingo, outubro 19, 2014

Rádio Filispim celebrou con moito suceso, música, baile, petiscos e confraternización a súa XV Sesión Vermú do Colectivo Opaii!- Radio Filispim 93.9FM este sábado 18 Outubro de 2014, que anunciaba o comezo da tempada radiofónica


Rádio Filispim celebrou con moito suceso, música, baile, petiscos, entrevistas e confraternización a súa XV Sesión Vermú do Colectivo Opaii!- Radio Filispim 93.9FM este sábado 18 outubro de 2014, na Traseira do Mercado de Caranza. Comezaba a nova tempada, cunha nova grella e novos programas propios, non deixes de escoita-la, nas ondas no 93.9 do teu dial en FM.

Sitio-e:
http://opaii.blogspot.com/

Correo-e:
filispin[arroba]gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/radiofilispim.opaii

Conta no Twitter:
https://twitter.com/filispina939


Emisión en directo na rede:
http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg

Colabora económicamente co proxecto no nº de conta OPAII - Rádio FilispiM:
Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023
Titular: Asociación Cultural OPAII
[Ondas Para Activazom da Informazom Independente]
_______

Comeza desde Ferrol unha rebelión interna en CCOO: a utilización das chamadas "Tarxetas Opacas" nun fraude de máis de 15,5 millóns de euros, coa implicación de seis conselleiros de CCOO, din que foi a pinga que colmou o vaso


Aínda que as denuncias e protestas polo que está sucedendo no seo de Comisións Obreiras, xorden desde todos os recunchos do Estado. Desde Ferrol parte unha rebelión interna en CCOO que pretende canalizar ese descontento e que se transforme nunha forza que provoque cambios no seo da central sindical, para "un sindicalismo combativo, de clase e democrático". Comeza a difundir-se un manifesto 'GAÑEMOS CCOO' para os traballadores e as traballadoras!. A utilización das chamadas "Tarxetas Opacas" nun fraude de máis de 15,5 millóns de euros, coa implicación de seis conselleiros de CCOO, din que foi a pinga que colmou o vaso. O sector crítico de CCOO e outros afiliad@s de diferentes sectores da central sindical, din que "é o momento de dar unha resposta colectiva e organizada fronte aos que están destruíndo un sindicato construído durante décadas co sacrificio da clase obreira" e fan un chamamento a sumar-se ao manifesto, difundir-lo e enviar resolucións e cartas de protesta á Executiva Confederal. Desde Ferrol Terra asinan e impulsan o manifesto nos nove primeiros postos: os membros da Comisión Executiva de CCOO Estaleiros Navantia Xaquín García Sinde,  Javier Losada Martínez, Carmen Sixto Beceiro e Vicente Ferrer Casal; os membros da Comisión Executiva de CCOO de Industria de Ferrol  Jorge Porto Arribí e Diego Costoya Calvo; Luis Cortegoso Fernández, delegado CCOO en Maderas del Noroeste; Francisco Funcasta Fraga, presidente Comité de Empresa de Pull&Bear e José Manuel Jurado Cardona, membro Comité de Empresa de Pull&Bear.

¡A PINGA QUE COLMOU O VASO!
¡Fóra os arribistas e os corruptos de CCOO!
¡Basta de paz social e desmobilización!

¡GAÑEMOS CCOO para os traballadores e traballadoras!

1. A fraude de 15,5 millóns de euros perpetrado por conselleiros e directivos de Caixa Madrid e Bankia coas "tarxetas opacas", é o último exemplo da corrupción que carcome o capitalismo español. As consecuencias da implicación de seis conselleiros de CCOO, que se apropiaron de case 800.000 euros en dez anos, son de tal envergadura que comprometen o futuro da nosa organización.

2. Aínda que a Comisión Executiva Confederal de CCOO aprobou unha resolución suspendendo cautelarmente de militancia aos seis representes do sindicato en Bankia, non podemos esquecer as declaracións do secretario xeral de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, nas que afirmaba non sentirse decepcionado polo até hai pouco membro da Executiva Confederal Rodolfo Benito, entendendo que non actuara "de forma ilegal nin en beneficio propio", e que a súa decisión de dimitir "hónralle".

3. En lugar de defender os intereses de miles de familias desafiuzadas e estafadas coas preferentes, os conselleiros do noso sindicato participaron no saqueo dunha caixa de aforros pública. Si o compañeiro Toxo considerou que non era un comportamento ilegal nin en beneficio propio, nós dicimos que foi unha utilización nauseabunda das siglas de CCOO e unha proba máis do profundo abismo que separa a moitos dirixentes do noso sindicato da dura realidade que constitúe o día a día da clase obreira.

4. É un insulto á intelixencia dos traballadores e dos afiliados de CCOO, que tanto Toxo como a Comisión Executiva Confederal pretendan alegar que descoñecían o que ocorría en Caixa Madrid e en Bankia pois, desgraciadamente, trátase da práctica habitual coa que se conducen nas súas relacións cos bancos, cos gobernos central e autonómicos e a CEOE. A súa obsesión por actuar como "homes de Estado", arrástraos, inevitablemente, a compartir obxectivos comúns cos grandes poderes que teñen nas súas mans as rendas da sociedade, os partidos que se alternan no goberno, os banqueiros e os grandes empresarios. A cambio, reciben xenerosas subvencións do Estado e participan en decenas de consellos de administración.

5. Estes casos de corrupción na cúpula de CCOO son o froito inevitable da súa política de paz social e consensos, de desmobilización, de asinar acordos que nos fan perder dereitos e conquistas sociais. Para impoñer esta política pactista, foi necesario promover aos órganos de dirección a moitos elementos dereitistas e faltos de escrúpulos, como ocorreu co anterior secretario xeral José María Fidalgo, hoxe comodamente instalado na contorna do PP baixo o abrigo de José María Aznar, ou con Mª Jesús Paredes, ex secretaria xeral da federación de banca, cuxo marido, Francisco Baquero Noriega, foi conselleiro de CCOO en Bankia e gastou da tarxeta opaca ¡266.400 euros! Este proceso fíxose a costa de marxinar a moitos sindicalistas honestos ou, até, de poñelos aos pés dos cabalos nas súas empresas.

6. Como sindicalistas e afiliados que defendemos as tradicións combativas de CCOO, non podemos permanecer pasivos ante unha situación que pode acabar conducindo á destrución do noso propio sindicato. As dimisións ou suspensións de militancia dos pillados nas patacas son completamente insuficientes. Os máximos dirixentes confederais son á súa vez os máximos responsables políticos desta situación. Xa que logo, esiximos a dimisión de toda a Comisión Executiva Confederal de CCOO, xunto coa de todos os cadros implicados dunha ou outro xeito en corruptelas.

7. Para salvar e defender a CCOO debe celebrarse un debate democrático en todo o sindicato que dea o protagonismo aos afiliad@s e que culmine nun congreso extraordinario con delegad@s elixidos directamente pola base.

8. O único xeito de combater a corrupción é practicando un sindicalismo combativo, de clase e democrático. @s abaixo firmantes chamamos a todos os afiliados e afiliadas de CCOO, a todo o movemento obreiro, a loitar por GAÑAR CCOO PARA OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS. Sumar a este manifesto, difúndeo, envía resolucións e cartas de protesta á Executiva Confederal. É o momento de dar unha resposta colectiva e organizada fronte aos que están destruíndo un sindicato construído durante décadas con de o sacrificio da clase obreira. As xenuínas Comisións Obreiras son hoxe máis necesarias que nunca.

¡Vivan as CCOO!

¡Fóra os arribistas e os corruptos do noso sindicato!

GAÑEMOS CCOO PARA OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS.
Sumar-se a este Manifesto enviando o nome e apelidos, localidade e federación á que se pertence a: GanemosCCOO@gmail.com.

Sitio-e de GAÑEMOS CCOO para impulsar e asinar o manifesto | Ir á Web.

Foto de Luís Polo publicada no Diario de Ferrol.

Enviado por:
Inácio Caranza
-inaciogz@gmail.com-
18 de outubro de 2014 08:10

________________

Convocan a toda a afiliación a un encerro, que se levará a cabo a partir do luns 20 de outubro, ás 11:00 horas, no local de CC.OO. de Ferrol, ante o cese de Gumersindo Cartelle Leira como avogado da central sindical


COMUNICADO DE PRENSA CONVOCANDO O ENCERRO


Tal e como se transmitiu aos medios de comunicación, o pasado venres 10 de outubro celebrouse, no local da Unión Comarcal de Ferrol, unha Asemblea á que asistiron 200 afiliados e afiliadas ao Sindicato, presentes alí para ser informad@s dos problemas que se están producindo na Unión Comarcal de Ferrol e, en concreto, na súa Asesoría Xurídica, sendo neste momento o tema principal e máis grave o cese de Gumersindo Cartelle Leira como avogado nesa mesma data, por parte do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, co apoio da Secretaria Xeral da Unión Comarcal de Ferrol.

Celebrouse o día 15 de outubro a concentración acordada na Asemblea, no local de CC.OO. en Ferrol, que reuniu a máis de cen persoas. No momento en que o Comité da Unión Comarcal de CC.OO. de Ferrol estaba reunido e no que tamén se atopaba o Secretario Xeral do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, a Asemblea de afiliados nomeou a unha comisión para reunirse co Comité, sen que tal reunión dese froito algún, malia as reiteradas ofertas de diálogo e acordo feitas polas persoas alí concentradas. Máis aínda, a contestación a tales ofertas foi dada a través dunha carta masiva a toda a afiliación de Ferrol, remitida por correo electrónico e a través dunha nota de prensa publicada no día de onte nalgúns medios, carta e nota que non respondían á verdade en ningún dos seus puntos.

Visto todo o anterior e tendo en conta que a Dirección do Sindicato se comporta como Rajoy, dando explicacións a través de pantalla de plasma, sen admitir xa que logo nin preguntas nin réplicas, os afiliados e afiliadas que se reuniron na Asemblea de 10 de outubro convocan a toda a afiliación a un encerro, que se levará a cabo a partir do luns 20 de outubro, ás 11:00 horas, no local de CC.OO. de Ferrol.

Finalmente, reiterar o profundo malestar dos delegados e delegadas e afiliados e afiliadas pois entenden que o Sindicato se está xestionando como unha Empresa e non como un sindicato de clase.

Recórdase ademais aos órganos competentes do Sindicato que, si estas medidas continúan non sendo suficientes, adoptaranse todas as que sexan necesarias até conseguir o noso obxectivo.

A MESA DA ASEMBLEA CELEBRADA O DÍA 10 DE OUTUBRO NA UNIÓN COMARCAL DE FERROL, EN REPRESENTACIÓN DA MESMA.

18 DE OUTUBRO DE 2014

Contacto: Aliana Corral e  María Veiga, en navalferrol@gmail.com

Foto de Daniel Alexandre publicada no Diario de Ferrol.

Enviado por:
Naval Ferrol
-navalferrol@gmail.com-
18 de outubro de 2014 17:23

___________________

Enlaces con novas relacionadas:

CCOO Galicia di que Cartelle non está “por riba das regras da organización” e que cesou pola súa vontade. | Redacción Ferrol | 17 de Outubro de 2014 | Ir á Web.

Reclaman diálogo en CCOO para resolver o conflito aberto polo cese de Gumersindo Cartelle. | Redacción Ferrol | 16 de Outubro de 2014 | Ir á Web.

Máis dun centenar de afiliados de CCOO piden a reincorporación de Cartelle. | FERROL360 | Mércores 15 outubro 2014 | 22:12 | Ir á Web.

CCOO de Ferrol: Non ao cese burocrático de Cartelle. | Lúns, 13 Outubro 2014 17:53 | Jorge Porto Executiva Comarcal · CCOO de Industria. | ¡O sindicato é dos afiliad@s, no dos popes! |Ir á Web.

200 afiliados de CCOO en Ferrol piden a reincorporación do avogado do sindicato | FERROL360 | Sábado 11 outubro 2014 17:45 | Ir á Web.
_________________________

Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, participou na acción coordinada e simultanea que se denvolveu en diferentes cidades da Galiza, diante do IGVS, contra o engano e malfacer institucional e en demanda dunha vivenda digna e adecuada


A mañá do venres 17 de Outubro, concéntramo-nos, na Praza Amada Garcia de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, para denunciar publicamente o abandono, por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo das súas responsabilidades con respecto ás familias e persoas desafiuzadas e para demandar que se cumpra o dereito a unha vivenda digna e adecuada .

Concéntramo-nos para demandar que se cumpra o dereito a unha vivenda digna e adecuada, comezando polas persoas máis vulnerábeis e sen recursos económicos, así como para solicitar información sobre as 500 vivendas das que, segundo as medidas aprobadas pola Xunta, dispón para todo o País e que se fagan públicas, tamén para que se nos facilite información sobre o parque de vivenda social baleira que hai en Ferrol, Narón e no resto dos concellos das comarcas do noroeste galego.

Hai que ter en conta que a Lei 3/1988 de creación do Instituto Galego de Vivenda e Solo, recolle no seu Artigo nº 3 que o IGVS ten como función “garantir os dereitos constitucionais a unha vivenda digna e adecuada, especialmente para os sectores con menos capacidade económica ...”. Desde as plataformas que demandamos a aplicación efectiva do dereito humano a unha vivenda digna e adecuada, denunciamos que non se está cumprindo con este mandato.

Ao mesmo tempo, compañeiras e compañeiros das PAHs e de STOP Desafiuzamentos de Compostela, Ourense,  Lugo e A Coruña, concentraban-se coordinadamente diante das delegacións do IGVS que ten en cada unha destas cidades, confluíndo así na primeira acción reivindicativa sincronizada realizada por colectivos antidesafiuzamentos na Galiza. Outras plataformas de STOP's e PAH's da Galiza, como,  Barbanza, O Sanés, Ponteareas e Pontevedra, realizaron outro tipo de accións mais de acorde co seu xeito de funcionamento e dispoñibilidade, algunhas plataformas enviaron escritos ao IGVS. A PAH de Vigo-Tui manifestaba-se ao día seguinte, sábado 18 de Outubro, contra a pobreza, a exclusión social e por un reparto da riqueza equitativo para tod@s.

Concéntramo-nos diante das sedes do IGVS, porque está claro que diante do engano e malfacer institucional teremos que ser nós quen construamos e conquistemos os nosos dereitos.

O mesmo día da acción, o IGVS fixo público un comunicado dicindo que están a desempeñar o seu cometido perfetamente, intentando desmentir cunha información parcial, a denuncia das plataformas antidesafiuzamentos. O Grupo d'A Coruña de Stop-Desafiuzamentos, contestou o comunicado oficial do IGVS inmediatamente que publicamos no noso sitio-e co titulo "Aclarando o misterio das 500 vivendas do Instituto Galego da Vivenda e Solo".

Nin casas sen xente nin xente sen casa!

Saúde e vivenda Digna !

Si se pode !  #Limite24D

Foto de Jorge Meis publicada no Diario de Ferrol.



Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra



Local:

Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol
____________________

O Congreso do Centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira acollerá en Ferrol a unha veintena de especialistas de todo o mundo - Organizado polo Ateneo Ferrolán, celebrara-se en Ferrol os días 6, 7 e 8 de Decembro deste ano 2014


O 9 de decembro de 1914 nacía en Madrid Hildegart Rodríguez Carballeira. Filla da ferrolá Aurora Rodríguez Carballeira, Hildegart foi un importante personaxe da cultura e da política até o ano da súa morte en 1933. Publicou unha decena de libros e foi colaboradora de publicacións periódicas como “Renovación”, “El Socialista”, “Orto” e “La Tierra”, ademáis de directiva das Juventudes Socialistas e da Liga para la Reforma Sexual. Estivo en contacto con importantes personaxes da época como Havelock Ellis, H.G. Wells ou Gregorio Marañón. A súa vida e a súa tráxica morte a mans da súa nai, en decembro de 1933 (cando só contaba 19 anos), fixeron dela un personaxe recreado en novelas, obras de teatro e mesmo filmes, ademais de investigacións históricas.

Cen anos despois do seu nacemento, o Ateneo Ferrolán considerou preciso convocar un Congreso arredor de Hildegart Rodríguez Carballeira, para lembrar a súa figura dende diversas facianas: ao tempo que tentar encadrar o seu pensamento no eido da sexualidade e da crítica de esquerdas á II República, o Congreso quere recuperar tamén a memoria das mulleres e dos colectivos femininos da súa xeración.

Unha vez pechado o prazo de presentación de propostas para o Congreso Hildegart, o Comité Organizador aceptou os seguintes traballos de investigación:
  • José Manuel Peláez Ropero - Mi hija Hildegart (Fernando Fernán Gómez, 1977).¿ Un filme inacabado?
  • Ana Muiña - Aurora de sangre. Vida y muerte de Hildegart. Introducción a la reedición del libro de Eduardo de Guzmán.
  • Martín Paradelo Núñez - A representación cinematográfica do corpo da muller no tempo de Hildegart.
  • Lola Ferreiro Díaz - Republicanas de corazón, de cabeza e de corpo enteiro
  • Luz Darriba / Micaela Fernández Darriba - As netas de Olympia de Gouges, as fillas de Flora Tristán.
  • Kyra Kietrys – Archivo Hildegart.
  • Micaela Pattison - Hildegart como figura internacional.
  • Miguel Ángel Pradera - Una tarea pendiente: una bibliografía formal de Hildegart Rodríguez Carballeira.
  • Manuela Santalla López – Hildegart: ¿Una mujer-proyecto ferrolana?
  • Pablo Herrero Hernández - Hildegart Rodríguez Carballeira en el recuerdo y en los escritos del periodista y escritor republicano Luis Hernández Alfonso (1901-1979).
  • Olga Roig López - Aurora Rodríguez y Hildegart, dos vidas marcadas por la disciplina.
  • Dionísio Pereira - Unha figura singular do anarquismo na Galiza: o Dr. Pardo Babarro.
  • Eduard Masjuan - El neomalthusianismo anarquista y la cuestión social en Hildegart Rodríguez 1929-1933.
  • Eusebio Lucía Olmos - El paso de Hildegart Rodríguez por la Casa del Pueblo Madrileña.
  • Miguel Ángel Pradera - Reflexiones para una adecuada contextualización histórica de Hildegart.
  • Jean-Louis Guereña - Hildegart y la reforma sexual en la Casa del Pueblo de Madrid.
  • Francisco de Luis Martín – Hildegart, un verso suelto en el proyecto de reforma sexual del socialismo español de los años veinte y treinta.
  • Lorena Cuevas Buján - Hildegart Rodríguez e Amparo Poch: a repercusión das ideas de reformismo sexual no anarcofeminismo dos anos 30.
  • Helena Andrés Granel - Hildegart Rodríguez. Feminismo, eugenesia y maternidad.
  • Antía Pérez Caramés - O pensamento demográfico de Hildegart Rodríguez Carballeira.
  • Monica Bar Cendón - Sexualidade e trampas da "diferencia" en Hildegart.
  • Josep María Roselló - Una mujer moderna: amor y sexo en el pensamiento de Hildegart.
A presencia de investigadoras e investigadores procedentes de diversas partes do mundo (Estados Unidos, Francia, Australia, Portugal, Catalunya, Madrid, Galiza) é representativa da repercusión internacional da figura de Hildegart e tamén da riqueza dos temas que suxire a súa corta vida.

Por outra banda, no Congreso participarán outras persoas que teñen traballado sobre a figura de Hildegart, como a historiadora ferrolá Rosa Cal, o psiquiatra Guillermo Rendueles, a autora teatral Marga do Val ou o escritor ferrolán Henrique Dacosta. No marco do Congreso vaise presentar tamén en Ferrol a curtametraxe “The Red Virgin”, da directora canadiense Sheila Pye (2011) e probablemente se proxecte tamén a película de Fernando Fernán GómezMi hija Hildegart” (1977). Todos os actos terán lugar en Ferrol entre o 5 e o 8 de decembro, cando se pechará o Congreso cun acto de homenaxe popular a Hildegart Rodríguez Carballeira.

No mes de decembro, en paralelo ao Congreso, van facerse dúas exposicions no Ateneo Ferrolán relacionadas con Hildegart, unha delas será unha exposición en paneis facendo un percorrido pola vida e os temas relacionados cos traballos de Hildegart, e a outra será unha exposición de obxectos e libros relacionados con esta malograda pensadora e activista social. O Ateneo está rematando tamén un libro no que se recollen todos os artigos xornalísticos publicados por Hildegart no xornal “La Tierra” nos tempos inmediatos á súa morte; o devandito libro será presentado no vindeiro mes de novembro.

Nestes momentos, o Ateneo Ferrolán está tentando sumar a diversas institucións e entidades ao Congreso, para tentar difundir ao máximo a figura de Hildegar Rodríguez Carballeira, e coa idea de que as exposicións e algunhas conferencias sobre Hildegart poidan levarse adiante noutras localidades galegas.

O Congreso conta cunha páxina web, http://congresohildegart.ateneoferrolan.org/ na que se van colocar informacións sobre o Congreso e materiais que acheguen ao público a figura de Hildegart Rodríguez Carballeira.

Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117

Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan

Campaña de APOIO e DEFENSA do Ateneo. Patrimonio da cidade
APOIA e DIFUNDE!

https://www.facebook.com/pages/Salvemos-o-Ateneo/1430118530577463?ref=hl

http://salvemosoateneo.blogspot.com.es/p/o-ateneo.html

Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
18 de outubro de 2014 12:27

__________________

sábado, outubro 18, 2014

Convocada unha nova concentración ante o anuncio da entrada do 'LNG Galea', cargado con gas para a ilegal e perigosa Reganosa - Na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, este Luns 20 de Outubro, ás 7 da Tarde


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 LUNS 20 DE OUTUBRO, ÁS 7 DA TARDE (NOVO HORARIO)
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA

O gaseiro 'LNG Galea', con bandeira de Singapur, é un buque de grande porte, de 290m de eslora, 46m de manga, 25m de puntal e de calado 11,40m. Cunha capacidade de 134.425 m³ de GNL. Son miles as toneladas de gas natural licuado, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este buque metaneiro ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 20 de Outubro de 2014. Esta entrada, supón xa a 181, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Hai case dous anos e medio (11 de maio de 2012) que se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. Mesmo este 15 de Setembro, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE ERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
18 de outubro de 2014 08:42
_______________

venres, outubro 17, 2014

Hoxe 17 de Outubro, concentraremos-nos para denunciar publicamente o abandono, por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo das súas responsabilidades con respecto ás familias e persoas desafiuzadas e para demandar que se cumpra o dereito a unha vivenda digna e adecuada

Este, venres 17, ás 12 do mediodía acudiremos ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol (Praza Amada García) para denunciar publicamente o abandono, por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo das súas responsabilidades con respecto ás familias e persoas desafiuzadas e para demandar que se cumpra o dereito a unha vivenda digna e adecuada, comezando polas persoas máis vulnerábeis e sen recursos económicos, así como para solicitar información sobre as 500 vivendas das que, segundo as medidas aprobadas pola Xunta, dispón para todo o País e que se fagan públicas e se nos facilite o parque de vivenda social baleira que hai en Ferrol, Narón e no resto dos concellos das comarcas do noroeste galego.

Ao mesmo tempo, compañeiras e compañeiros de
STOP Desafiuzamentos Compostela, STOP Desafiuzamentos Ourense, STOP Desafiuzamentos Lugo e STOP Desafiuzamentos d'A Coruña, acudirán ás sedes que o IGVS ten en cada unha destas cidades, confluíndo así na primeira acción reivindicativa sincronizada realizada por colectivos antidesafiuzamentos na Galiza.

E non é de estrañar que sexa precisamente o Instituto Galego de Vivenda e Solo o que teña a vergoñenta honra de que todas vaiamos protestar á súa porta, xa que precisamente está a ser a Xunta de Galicia a institución pública máis cinicamente inoperativa de todas cantas teñen competencias en materia de vivenda no noso País, e
o IGVS a súa ferramenta fundamental para vulnerar os máis elementais dereitos humanos.

Maio de 2012:
A Xunta de Galiza publicita un decreto “para paliar os efectos da crise” sobre as familias desafiuzadas. A día de hoxe, non sabemos de ningún caso no que se teña conseguido aplicar este decreto.

Decembro de 2012:
o presidente Alberto Núñez Feijóo en persoa anuncia un Programa de Realoxo dotado inicialmente con 500 vivendas, aprobado no Consello de Goberno do día 5.  Non se sabe de ningunha familia ou persoa á que se lle teña concedido unha destas vivendas. As solicitadas co apoio de STOP Desafiuzamentos A Coruña foron todas denegadas. Saíu publicado na prensa que se concederon 33 adxudicacións, mais non se sabe nin como, nin cando, nin a través de que procedemento.

Xaneiro de 2013:
o daquela Director do IGVS, Antonio José Boné Pina, comprométese con STOP Desafiuzamentos do Barbanza a que ningunha familia vai quedar sen dereito a unha vivenda digna. Esta mesma mentira “vendeulla” o IGVS tamén a STOP Desafiuzamentos Compostela apenas un mes máis tarde. A día de hoxe, o único exemplo que coñecemos no que o IGVS concedera unha vivenda foi no caso de Aurelia Rey. Porén, a partires de aí non concedeu vivenda a ningunha das persoas que a solicitaron apoiadas polos distintos colectivos antidesafiuzamentos galegos. Ademais, segundo datos do propio IGVS, tan só na provincia da Coruña acumúlanselle 5.000 casos de persoas baixo o limiar da pobreza e en grave risco de exclusión social ás que tampouco ten pensado atender na xestión dunha vivenda onde meterse.

Abril de 2013:  Feijoo vende fastuosamente a sinatura dun convenio entre  Xunta, Concellos e Poder Xudicial, disque para “adoptar medidas de carácter social” e “mobilizar as 500 vivendas que a Xunta ten a disposición das familias desafiuzadas”. Non se soubo máis do tema... Non temos coñecemento de ningún caso no que se teña activado este protocolo, e iso que solicitámolo varias veces.

Maio de 2013:
A Xunta de Galicia emite a Orde de 16 de maio de 2013 pola que se determina como colectivo de atención preferente con axudas excepcionais ás personas afectadas por execucións hipotecarias no marco do Programa Aluga. Non coñecemos ningún caso no que unha familia ou persoa desafiuzada fora acollida por este programa.

Mentiras e máis mentiras. Rir na cara de persoas desesperadas ás que lles acaban de arrebatar o máis elemental para ter unha vida minimamente estable, unha vivenda.  Namentras, o  feito de que estas institucións estean a incorrer nunha obscena deixadez de responsabilidades ten consecuencias dunha gravidade intolerábel.

Como xa temos informado, alegando non apreciar “singularidade” con respecto ás outras 5.000 solicitantes, na Coruña neste momento o IGVS
denégalle unha vivenda pola vía de emerxencia a unha muller enferma de fibromialxia e ao coidado da súa nai as 24hrs. do día.  O mesmo lle dixo uns meses antes a Elisabeth Sanlés, enferma tamén, con tres fillos e desafiuzada uns días antes cun custosísimo e desproporcionado operativo policial.

En Ourense, o IGVS vén de lle denegar unha vivenda a outra muller, vítima de violencia machista, diagnosticada de trastorno depresivo, ao cargo dun fillo e dúas fillas, unha delas cunha minusvalía do 38%.

En Compostela, a inasumíbel burocracia e a falta de interese do funcionariado do IGVS lograron o seu obxectivo: que a familia de Aríns integrada por seis membros -con menores de idade e unha persoa maior con mobilidade reducida- estafada por un prestamista asumira que de nada serviría pedir unha vivenda pola vía de urxencia.


A vivenda non é unha propiedade, senón un dereito básico recollido no Art. 47 da Constitución.
Pero o IGVS e a Xunta so saben dun dereito, o “dereito á mendicidade”, así que rexeitan cumprir cas súas responsabilidades e manteñen 300.000 vivendas baleiras en Galicia, e case 10 en ferrol, e 16.00 no conxunto da comarca. Para nós, a lección do Art. 47 é que os dereitos humanos só existen cando se loita por eles.

Cando o Concello, a Xunta, o Estado comercian cas nosas vidas, están a facer negocio cos nosos dereitos.


Este venres 17 concentrarémonos nas sedes do IGVS na Coruña (12:00hrs), Lugo (12:00hrs), Compostela (10.30hrs.), Ferrol (12:00hrs) e Ourense (12:00hrs), porque está claro que
diante do terrorismo institucional teremos que ser nós quen construamos e conquistemos os nosos dereitos.
Nin casas sen xente nin xente sen casa!

Saúde e vivenda Digna !
Si se pode !  #Limite24D


Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

||||||||||||||||||||

Enlaces relacionado
s:

Alegamos contra o rexeitamento do IGVS e denunciamos a súa compricidade na vulneración dos dereitos humanos. | Acceder.

Acción de denuncia e protesta, convocada para o vindeiro venres 17 de Outubro, ás 12 do mediodía, diante do Edificio da Xunta, en coordinación co resto de PAHs e STOPs de Galiza, para evidenciar a actitude do IGVS ao poñer todas as trabas posíbeis á adxudicación de vivendas para persoas en situación de vulnerabilidade social

| Acceder.
||||||||||||||||||||||

xoves, outubro 16, 2014

Acción de denuncia e protesta, convocada para o vindeiro venres 17 de Outubro, ás 12 do mediodía, diante do Edificio da Xunta, en coordinación co resto de PAHs e STOPs de Galiza, para evidenciar a actitude do IGVS ao poñer todas as trabas posíbeis á adxudicación de vivendas para persoas en situación de vulnerabilidade social


Acción simultanea e coordinada co resto de PAH's e STOP's de Galiza, para denunciar a actitude do IGVS ao poñer todas as trabas posíbeis á adxudicación de vivendas para persoas en situación de vulnerabilidade social e negar-se a facilitar o censo e estado das vivendas de propiedade pública baleiras.


Como no resto das cidades da Galiza, en Ferrol, vai ter lugar unha concentración de denuncia e protesta.

Data: Venres 17 de Outubro.
Hora: 12 do mediodía.
Lugar: Praza Amada García, diante do edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Obxectivo: denunciar e protestar pola actitude do IGVS de non adxudicar vivendas para persoas en situación de vulnerabilidade social e negar-se a facilitar o censo e o estado das vivendas de propiedade pública baleiras nos concellos das comarcas. E presentar un escrito coas demandas no citado organismo.

O pasado 8 de outubro, recebemos unha comunicación-proposta do Grupo de Stop Desafiuzamentos da Coruña, dirixido tamén ao resto de PAH's e STOP's de toda Galiza. Formulan a convocatoria dunha mobilización simultanea diante de todas as delegacións do IGVS, para "evidenciar a actitude inhumana do IGVS ao poñer tódalas trabas posíbeis á adxudicación de vivendas para persoas en situación de vulnerabilidade social, salientar que non está a cumprir ca lexislación elaborada especificamente para apoiar ca xestión dunha vivenda ás persoas en risco de desafiuzamento, e demandar que aclaren publicamente de cantas vivendas dispoñen e cales son exactamente os criterios de adxudicación, xa que parece que ninguén lles parece axeitad@ para concederlle unha vivenda, por moi dramática que sexa a súa situación". Pedían "que ese día se realicen tamén mobilizacións de denuncia contra o IGVS en tódalas cidades e vilas galegas nas que sexa posíbel, é dicir, unha especie de acción coordenada descentralizada das PAH´s e STOP´s de Galiza".

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, como a maioría de STOP's e PAH's de Galiza, decidiu secundar a convocatoria simultanea e coordenada.

Ademais das vivendas públicas municipais de Recimil, das que o Goberno Municipal de José Manuel Rey Varela, vulnera constantemente o seu Regulamento, aquí en Ferrol, hai moitas vivendas que son do IGVS das que non sabemos cantas hai baleiras. Teremos que pedir á Xunta de Galicia que informe de cantas hai e da súa situación.

En Ferrol acordamos secundar a convocatoria polo que nos imos concentrar o vindeiro venres 17 de Outubro.

Nin casas sen xente nin xente sen casa!

Saúde e vivenda Digna !
Si se pode !  #Limite24D

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

||||||||||||||||||||

Enlace relacionado:

Alegamos contra o rexeitamento do IGVS e denunciamos a súa compricidade na vulneración dos dereitos humanos. | Acceder.

_________________________

Vai ter lugar a Segunda Asemblea da Marea Ártabra en Ferrol, este xoves 16 de Outubro, ás 19:30hs, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño


O pasado 2 de Outubro, a Marea Ártabra celebraba a súa primeira, foi unha asemblea de presentación do manifesto e ideas de como comezar. Ao final da asemblea constituiu-se unha comisión coordinadora que se encargaría de preparar unha orde do día e facer a seguinte asemblea que é a que agora se convoca.

Convocatoria Segunda Asemblea de Ferrol da Marea Ártabra

Bo día,

O vindeiro xoves 16, ás 19:30 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero terá lugar a II Asemblea da Marea Ártabra coa seguinte orde do día:

1.- Proposta de Formación da mesa.

2.- Lectura da acta anterior.

3.- Cuestións organizativas da Asemblea e a Coordinadora. Grupos de traballo.

5.- Proposta de cronograma da Marea Ártabra.

6.- Calendario de Asembleas de barrio.

7.- Continuidade da comisión de coordenación, Baixas e novas incorporacións.

Na páxina www.mareaartabra.org podedes consultar ás Novas da Marea, as actas e acordos adoptados e imaxes de libre uso para a súa distribución.

Un saúdo e grazas

Grupo de Comunicación de Marea Artabra.

Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

Para contactar
Presentou-se o manifesto que se pode ler nun blogue que abriron no seguinte enderezo: http://mareaartabra.blogspot.com.es/  ou mareaartabra.org. Tamén hai un enderezo de correo electrónico: mareaartabra[arroba]gmail.com.

A Marea Ártabra nas redes sociais
:
Logo da marea cidadá:

Enlaces relacionados:

A 'Marea Ártabra' en Ártabra 21 | Acceder.
A 'Marea Ártabra' desde o buscador libre DuckDuckGo. | Ir a Web.

Foto de Jorge Suárez en Ferrol 360.

Información baseada na enviada por:
Marea Ártabra
mareaartabra@gmail.com-
15 de outubro de 2014 19:42
___________________

mércores, outubro 15, 2014

XV Sesión Vermú da Rádio FilispiM, presentación 10ª grella, 2014/2015


Iniciada a décima grella de Rádio FilispiM, 93.9 FM, retomamos un dos nosos encontros clásicos coa comunidade "ferrolterráquea", a Sesión Vermú.

A XV Sesión Vermú da Rádio FilispiM, acontecerá este sábado 18 de outubro de 12:00 a 15:00 h, na traseira do Mercado de Caranza. Contaremos coa actuación do grupo de música tradicional, "Vai Rañala Meu".

Durante as tres horas emitirase un programa de radio especial ao través do 93.9 FM, donde as voces habituais da radio libre, falarán das súas propostas radiofónicas para este novo curso radiofónico. A festa da radio libre acompañarase de saborosos petiscos, cervexas, vermú, música en directo, así como dun sorteo de camisolas co logo da radio.

Como ao inicio de cada grella, o Colectivo Opaii!- Rádio FilispiM, oferece a comunidade a posiblidade de involucrarse no proxecto. As persoas interesadas deben enviar as súas propostas ao enderezo filispina@gmail.com .No apartado “Quen Somos?” do blog do Colectivo Opaíí!, atópase información sobre o ideario fundacional desta iniciativa cidadá.

No mes de agosto de 2015 Rádio FilispiM cumprirá 10 anos de emisións initerrompidas. A paixón por unha radio non convencional, autoxestionada, creativa, comprometida e con vocación local, fixeron que nestes anos pasaran polo seu estudio (primeiro no Ateneo e agora en Caranza) centos de persoas radioapaixoadas, así coma dúcias de colectivos e do tecido asociativo da nosa comarca.

Este sábado 18 de outubro entre as 12:00 e 15:00 h. da tarde, pasa pola traseira do Mercado de Caranza e toma un vermú na festa da radio libre!!

Cuña de promo


Enviado por: Rádio FilispiM 
-filispina@gmail.com 
14 de outubro de 2014 10:20

martes, outubro 14, 2014

Tres notas sobre a II Asemblea Nacional de Anova, ... Por David Rodríguez Rodríguez


Por David Rodríguez Rodríguez [*]
14.10.2014


1. Como calquera forza de creación recente Anova viviu durante estes dous últimos anos un proceso de decantación inevitable. Calquera proxecto novo encara un primeiro tempo de aluvión, confrontación e eslarecemento ideolóxico. Quen non entendeu que isto é o que se estaba a producir durante os convulsos dous primeiros anos de Anova (e xa veremos se isto rematou ou non) ten en Podemos unha moviola na que poderá asistir á repetición da película: aluvión, confrontación e esclarecemento. Por outra banda, nada hai máis absurdo que comparar a unha forza nova con outras totalmente constituídas e asentadas. Ambas teñen problemas -pois só os mortos non teñen problemas- pero trátanse de problemas diferentes; unha adoece de hiperactividade interna e contradicións agudas; as outras, de esclerose e medo, moito medo.

2. O sector que queda cunha representación residual nos órganos de dirección estaba, de facto, fóra da organización dende hai tempo. Non se identificaba co proxecto de Anova (non en van repetían, un tras outro, todos os tics propios da “cultura BNG” da que procedían) e, cando o facía, facíao dende posturas cínicas e liquidadoras de Anova como a defendida nesta AN para que Anova renunciase a presentarse ás municipais en aras dun pretendido apoio ás candidaturas cidadás; como se en todos os pequenos concellos deste país fose haber candidaturas cidadás semellantes ás das cidades. Anova é un proxecto creado para activar e ensanchar no posible a rebelión cívica contra o réxime do 78 no Estado Español e contra a ditadura económica de estruturas supranacionais tipo UE ou FMI e non para resucitar o PSG nin estúpidas dialécticas de guerra fría que hai tempo que non rexen. Unha das conclusións que cabe tirar da II AN é que Anova non vai ser o Partido Socialista polo devecía o sector hoxe nucleado por Cerna. Tampouco, obviamente, vai ser un Partido Comunista. Se Anova quere ser fiel a si mesma debería ser unha ferramenta útil para a Unidade Popular nun tempo no que a derrota de TODA a esquerda a TODOS os niveis é absoluta, e útil, tamén, para enfrontar os novos retos que a realidade empírica e material nos impón: a crise climática e os recursos limitados que fan caducar as vellas concepcións socialdemócratas e comunistas do progreso, a organización e o desenvolvemento das sociedades. A eventual reprodución fractal das leas imbéciles entre menxeviques e bolxeviques no amplo e variado espectro que hoxe ocupa a CN de Anova significará un paso seguro cara a destrución do proxecto. E unha nova proba a favor da propensión do ser humano á estulticia.

3. Xosé Manuel Beiras tardou en percibir o que sucedía en Anova. Pero finalmente percibiu. A Beiras debémoslle o impulso inicial para crear unha ferramenta que puidese vogar nun fin de ciclo multinivel. Leu con grande lucidez e celeridade os cambios que estaban acontecendo na sociedade galega e española dende o estoupido do 15M, leu tamén o carácter sistémico e a gravidade real da crise económica que padecemos e leu o estancamento no que se atopaba o nacionalismo galego (ese que nega tal estancamento e ridiculiza os cambios ao tempo que convoca, tarde e a rebufo, “asembleas abertas” á última moda). A alguén tan dotado para a lectura non se lle pode escapar que un capítulo con entidade propia na crise da esquerda galega (e estatal) durante os últimos lustros ten que ver coa reprodución no seu seo da mecánica imperante a nivel xeral tendente a reducir á mocidade ben ao “peterpanismo” durante os tempos de vacas gordas, ben á precariedade -é dicir, á non emancipación- nos tempos de vacas fracas. Un quere pensar que o paso dado a prol da coportavocía é indicativo de que se é consciente de que compre rachar canto antes o tapón que freaba o acceso das novas xeracións aos postos de mando e non que se trata dunha manobra de dilación que, por outra banda, é bioloxicamente inviable.


O Funambulista Coxo
Publicado o 14 de Outubro de 2014 no blogue:
ofunambulistacoxo.blogspot.com.

[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.

Enviado por:
Inácio GZ

-inaciogz@gmail.com
14 de outubro de 2014 23:20
______________

venres, outubro 10, 2014

De fondo Reganosa: Galicia ten que pagar infraestruturas Gasistas máis caras que o almacén submarino de Castor, segundo o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol


Galicia ten que pagar infraestruturas Gasistas máis caras que o almacén submarino de Castor


O Goberno do PP ven de aprobar por decreto (03-10-2104) unha indemnización de 1.350 millóns de euros, á empresa adxudicataria do proxecto Castor ”almacén submarino de Gas” participada por ACS de Florentino Pérez. Esta indemnización que pagaremos a cidadanía a través dos recibos do gas, ven a formar parte do chamado déficit enerxético.

O almacén estaba pechado desde setembro de 2013. O Goberno veuse na obriga de paralizar a inxección de gas tralas mobilizacións veciñais despois dos máis de 500 terremotos que se produciron.

O Síndic de Greuges de Catalunya (Valedor do Pobo), anunciou que promovería as accións oportunas para impedir que a cidadanía paguemos esa factura. Tamén se pronunciou nese sentido a Generalitat de Catalunya. IU anunciou que solicitará unha investigación á Comisión Europea.

Non hai quen asuma as responsabilidades políticas de quen permitiu semellante barbaridade e o seu mantemento durante anos. Ademais, a execución da obra “triplicou” o orzamento inicial. Todo dá mostras da complicidade dos diferentes gobernos que ollaron para outro lado ou actuaron de cómplices desta situación.

Aquí, en Ferrolterra, temos o caso da planta de gas de Reganosa. Unha instalación innecesaria, ilegal (segundo sentencia do Supremo de Maio de 2012), e perigosa que ameaza a vida de miles de persoas . A cidadanía levamos pagado perto de 500 millóns de euros, e nos 25 anos de vida útil de esta planta a cifra superará os 1500 millóns de euros. Aquí nin o Valedor do Pobo, nin a Xunta adoptan medida algunha para rematar con este timo. É máis, a Xunta de Galicia como socia de Reganosa, avala o espolio ao que se somete á cidadanía, pois niso consiste o chamado Déficit Enerxético (avaliado actualmente en 28.000 millóns de euros).As empresas do ramo, coa complicidade dos gobernos veñen realizando a construción de infraestruturas enerxéticas, lonxe de calquera tipo de planificación razoable que despois deben ser pagadas polos cidadáns. Segundo estudosos do tema, o volume de beneficio do oligopolio das 5 empresas enerxéticas nos últimos 10 anos, acada os 40.000 millóns de euros.

Ferrol, a 9 de Outubro de 2014

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
18 de setembro de 2014 00:12

________________

As compañeiras e compañeiros da COG irrompen con forza nas eleccións sindicais provinciais de Mercadona, con máis do 31% dos votos


Un resultado que pode ser cualificado de histórico da COG (Central Obreira Galega) nas eleccións sindicais de MERCADONA en A Coruña.

Resultados electorais nas eleccións sindicais de MERCADONA na provincia de A Coruña:
  • UXT: 7 delegad@s (176 votos)
  • COG: 5 delegad@s (122 votos)
  • CCOO: 4 delegad@s (89 votos)
As compañeiras e compañeiros da COG queremos dar as grazas a todas e todos as compañeiras e compañeiros que confiaron na candidatura da COG, grazas a todas e todos os que creedes que outro sindicalismo é posible e necesario, grazas a todos @s valentes que asinaron e apoiaron esta candidatura dos traballadores e traballadoras.

Foi moi duro, foi moi difícil, pero conseguimos un gran resultado froito do traballo e do exemplo.

Non vos imos defraudar, seremos coherentes, consecuentes, valentes, e sempre nos teredes o voso lado. Sin vos non somos nada, xuntos somos xigantes!.

Para Contactar:

Conta no facebook como órgano de difusión de información dos traballadores e traballadoras de Mercadona organizados arredor da COG. Sindicalismo real e combativo en contra do medo.

https://www.facebook.com/pages/Secci%C3%B3n-Sindical-da-COG-en-Mercadona/951497661533900

Correo-e: cogmercadona@gmail.com


Enviado por:
COG en MERCADONA
-cogmercadona@gmail.com-
10 de outubro de 2014 00:56
__________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Cambio, valor, coherencia, solidariedade, afectos, apoio mutuo ... un novo sindicalismo irrompe cunha candidatura da COG (Central Obreira Galega) en Mercadona - Eleccións Sindicais o 9 de Outubro
________________________