sábado, novembro 29, 2014

Miles de persoas marcharon sobre Compostela este 29N confluindo no Obradoiro, nun acto multitudinario cheo de Dignidade e un compromiso de Unidade e Loita


A Marchas da Dignidade conflúen cun mar de loitas no Obradoiro

"Seguiremos a loitar e a medrar e aquí, ninguén sobra". Quen fala é Roberto Rivas, o bombeiro da Coruña cuxo nome saíu do anonimato ao negarse a desaloxar a anciá Aurelia Rey e a quen este sábado, convertido nun símbolo da loita contra os desafiuzamentos lle tocou, nas súas propias verbas, o "marronazo" de poñerlle voz ao manifesto das Marchas da Dignidade que  confluíron na compostelá Praza do Obradoiro. "A unidade dános forza", "cada enfrontamento entre nós, as organizacións sociais e políticas da esquerda, é unha vitoria para o réxime", proclamou Rivas ante unha praza que tornou nunha caste de mar de bandeiras de tantas cores como loitas confluíron, de novo, baixo o lema "pan, traballo e teito".

Na estela das mobilizacións iniciadas a pasada primavera as cinco columnas que camiñaron cara á capital transitaron polas rúas de Compostela xunto a persoas diversas que, a título individual ou colectivo, decidiron secundar a convocatoria contra a que, din, é unha "gran estafa provocada polo poder económico para manter os seus insultantes privilexios". Bandeiras galegas con e sen estrela e enseñas da II República Española mesturáronse cos símbolos de organizacións políticas como Anova, Esquerda Unida ou Podemos e sindicatos como a CUT, CGT, o STEG ou a CNT. Ao seu carón, a Marcha Mundial das Mulleres, o movemento veciñal ferrolán que se opón á permanencia de Reganosa na ría, persoal da CRTVG e de Correos na loita polos seus dereitos, traballadores/as de Lantero que levan 48 días en folga, traballadores afectados polo amianto, colectivos de defensa das persoas con discapacidade, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca ou Stop Desafiuzamentos, entre outros grupos.

Todos xuntos encheron boa parte da céntrica praza compostelá -o Concello colocou valados para impedir que os manifestantes se achegasen ao Pazo de Raxoi-, á que acudiron nun ambiente a medio camiño entre a reivindicación e a festa, ingrediente que se ocuparon de poñer artistas como o grupo Habelas hainas ou os xa míticos Mini e Mero, así como o dramaturgo e actor Cándido Pazó, que actuou como mestre de cerimonias para lembrar algunhas das causas polas que, di, paga a pena entregar tempo e traballo. As verbas de Pazó suscitaron os primeiros aplausos que medraron aínda máis ao chegaren á praza os bombeiros da Coruña. "Os bombeiros si son compañeiros", aclamaron.
O bombeiro Roberto Rivas púxolle voz ao manifesto e diversas persoas achegáronse a el para darlle as "grazas"
Despois de que varios grupos de persoas se achegasen a el para, simplemente, darlle as "grazas", Rivas accedeu ao escenario para poñerlle voz ao manifesto contra "este sistema ruín e perverso" contra o que, di cómpre "loitar para cambialo". "O inimigo non é pequeno" e "ten o coñecemento científico, a educación e a xustiza" pero "nós temos a nosa dignidade e unidade para derrotalo". "Mentres non o derrotemos seguiremos a padecer os seus crimes", tales como "nenos e nenas que pasan fame" ou "bancos que botan á xente á rúa". "Estannos a deixar sen pan, traballo e teito e non debemos nin o imos permitir, temos a obriga de rebelarnos", tamén contra os que "non lles importa levar por diante paraxes naturais únicos, facer minas descomuniais e perigosas ou autoestradas que destrúan paraxes tan importantes como a Ribeira Sacra".
"Estannos a deixar sen pan, traballo e teito e temos a obriga de rebelarnos"
Nesta "loita", explicou Rivas, os "antagonismos" son un "freo". Por iso, alén do manifesto, o bombeiro coruñés achegou o relato de Eduardo Galeano sobre a Tecnología del vuelo compartido que, ao seu xuízo, ben podería marcar o vieiro polo que o traballo da esquerda social debería transitar. Nese texto o escritor uruguaio explica o xeito en que os parrulos voan en forma de letra uve: "o primeiro parrulo que levanta o voo ábrelle o paso ao segundo, que lle despexa o camiño ao terceiro" e "cando cansa, o parrulo que fai punta baixa á cola e déixalle o seu lugar a outro". "Todos se van turnando" e "ningún se cre superparrulo por voar adiante, nin subparrulo por marchar atrás".
As Marchas preparan novas mobilizacións para o vindeiro mes de marzo
A música ao vivo de Ataque Escampe serviu para poñerlle o ramo -e para facer bailar a moitos e moitas das presentes- a unha mobilización que terá o seu seguinte capítulo o vindeiro mes de marzo. "A próxima cita é o 22 de marzo de 2015", confirma un dos voceiros das Marchas en Galicia, Manuel Camaño, da CUT. Esa xornada "vai ser a seguinte referencia de mobilización" nun formato aínda por determinar pero coa intención de "sumar", que "é a única maneira de acabar coas medidas destes desvergoñados". "Estamos chegando a unha istuación sen precedentes á que lle hai que poñer couto" e "ese couto tenllo que poñer a clase traballadora e os sectores populares de Galicia e do Estado" mediante a "acumulación" das súas "forzas", reclama.

Reportaxe de David Lombao | @davidlombao en Praza Pública. | 29.11.2014

Praza Pública precisa de Ti:
A forza de Praza Pública son os seus lectores e lectoras. Praza é un medio da súa comunidade de lectores. A existencia do xornal depende das achegas realizadas por todos nós [+info].

Nota.-
Recomendamos acceder á noticia en Praza Pública, con fotos, audios e comentarios.
---

Contacta coas Marchas da Dignidade Ferrolterra enviando un correo a:
  • marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
ou chamando ao telefono:
  • 603 213 863
O 29N, Ferrolterra Foi!

Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

_____________

mércores, novembro 26, 2014

Concentración e Asemblea Aberta d@s Mariscador@s sen Carnet diante do edificio da Xunta en Ferrol


Os/as Mariscador@s sen Carnet, concentraranse este mércores 26 de novembro, ás 11 hs, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García - Ferrol)

Celebrarán unha Asemblea aberta para informar e exixir resposta á súa solicitude de entrevista conxunta coa Cofradía de Ferrol e a Consellería de Pesca da Xunta de Galicia.
___________________

martes, novembro 25, 2014

As Marchas da Dignidade Ferrolterra, cubren a primeira etapa Ferrol-Pontedeume com éxito.

Como estaba acordado, saíron o martes 25 de Novembro ás 12:00 do mediodía desde a Praza 10 de Marzal onde está a estatua de Daniel e Amador en lembranza dos sucesos do 72. Durante un pequeno tramo, compañeiros e comapanheiras acompañaron á Marcha a Pé como despedida.

Este 25N (Martes) cubriron a 1ªETAPA Ferrol – Pontedeume.

Neste Link están marcadas as etapas seguintes:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/2014/11/marcha-pe-de-ferrol-compostela-este.html

Estas som algunhas imaxes e vídeo:



O 29N en Compostela en “Ocupemos o Obradoiro”, cinco columnas das Marchas da Dignidade sobre Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, o 29N cinco millóns de persoas na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Aberta a inscrición para participar nas marchas do 29N:

. En Autobús o 29 de Novembro.

Contacta con nós enviando un correo a:
  • marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
ou chamando ao telefono:
  • 603 213 863
O 29N, Ferrolterra Vai!

Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

_____________

domingo, novembro 23, 2014

Brutalidade e inxustiza: a noite do mariscador, ... Por Rafael Pillado


Por Rafael Pillado [*]
24.11.2014


Outubro, oito e media p.m., noite pechada; unha hora máis tarde, baixamar. Antonio e os seus compañeiros aproxímanse á ribeira, tras asegurarse de que non hai "mouros" na costa. Antonio, enfundado no seu traxe de neopreno e provisto dos instrumentos propios do mariscador "a pé", sentíase nervioso, tenso. O día anterior foran acosados e perseguidos, cunha saña que xa quixese para os grandes corruptos que arruínan o país impunemente. Cada día era unha aventura, un risco certo de acabar detidos e tratados como perigosos delincuentes. "Que pasará hoxe?", preguntábase.

Pese a todo, cos outros mariscadores sen carné -pero con familias ao seu cargo, decidiu introducirse no mar, pendente de pisar chan firme, afastado das trampas de lodo que axexaban como minas sementadas nun campo cheo. Calquera pisada en falso podería supoñer quedarse cravado nese lodo pestilente e opresivo e regresar a casa coas mans baleiras.

Observaba tamén aos seus compañeiros que como el, afanábanse no esforzo de recolección marisqueira, descoidando incluso a vixilancia preventiva. As lanternas necesarias para distinguir as ameixas, titilaban aquí e alá como vagalumes, delatando a súa presenza no deserto húmido da baixamar entre tebras.

Cando xa levaban unha hora de tarefa, de improviso, sen case decatarse, apareceu veloz unha embarcación que case llo leva por diante. Non lle pasou por encima de casualidade, co risco de morte que iso supoñía.

Apagáronse as lanternas, de súpeto. Produciuse unha marea humana en desbandada.

Antonio intentou escapar, protexendo o seu raño, capazo, flotador e ameixas arrancadas ao chan pantanoso; sen instrumentos de traballo, o gañarse o pan convértese nun "máis difícil aínda". Por desgraza, reaccionara demasiado tarde. A súa axitada respiración cortouse bruscamente. O seu pescozo estaba prisioneiro dun longo bicheiro que, tras darlle un forte golpe que case lle arrinca a cabeza de raíz, inmobilízalle e deixa sen alento.

Cinco minutos despois atópase subido á zodiac policial. Ameázanlle con golpes si pretende escapar. Logo, alí pasa o de sempre: a requisa das súas ferramentas de traballo. Pero non só iso: como se ve nas reportaxes da tele sobre os métodos empregados pola CIA nos seus cárceres secretos, será obrigado a espirse, antes de proceder aos interrogatorios, para abrandar a súa resistencia. Este método, practicóuselles indistintamente a homes e mulleres, e até, en ocasións, a uns e outras xuntos, por "mellorar" o efecto disuasorio.

Entregáronlle logo unha roupa de augas como medio para cubrir o seu corpo, cando xa lle arrebataron a dignidade, o pudor, o sentirse suxeito de dereito, amparado polas leis dunha Constitución que tanto nomean os mesmos que agora a vulneran aplicando aos detidos semellantes torturas psicolóxicas.

Ao final, deixáronlle marchar. Librouse, por unha vez, da longa porra de antidisturbios e das pelotas de goma como aquelas que en Melilla disparáronse no mar, causando mortes. Pensaba que hoxe había ter sorte e librouse das hélices da embarcación que lle abordara. Até, o traballar só unha hora (chégase a estar no mar tres e máis horas), facía que estivese de bo humor e superase o intenso frío que cada día acompáñalles. En todo caso, carcomía-lle a idea de chegar a casa sen os recursos que a súa familia necesita. E si multan-lle? Entón aínda peor ... Como reunir o diñeiro necesario sen quitarlle aos seus fillos o prato da mesa ...?

Con só o peso da súa pel de plástico, atopouse cos mariscadores dispersos trala persecución por parte da policía. Xuntos camiñaron cara a Caranza, mentres outros o facían en distintas direccións. Durante a viaxe de regreso ao fogar, tivo tempo para pensar na súa propia situación, non moi diferente da do resto dos seus compañeiros: en paro durante anos, el e toda a familia (máis do 30% de paro na comarca), coa construción naval en proceso de liquidación, sen saídas de ningunha clase, cando intentaban escapar do fame e a miseria, víanse criminalizados, presentados co nome infamante de "furtivos".

Afirmábase paso a paso na idea de ser un traballador do mar, mariscador sen carné, que esixe recoñecemento e vida digna. E xurábase entre dentes que nunca lle empuxarían a roubar; pero que non o sacarán do mar, onde atopou o que pode ser a súa última e lexítima esperanza dunha vida digna.

Mentres isto sucede e é coñecido, os titulares das institucións miran a outro lado, escapando á súa responsabilidade de solucionar problemas colectivos e individuais.

Estes mariscadores son conscientes da súa situación; non pretenden danar os non menos lexítimos dereitos dos seus compañeiros á boia, pero teñen o dereito (e o deber) de vivir e loitar nunha sociedade que os respecte e busque unha saída á súa traxedia.

Existen máis de 900.000 metros cadrados de ribeira para o marisqueo a pé, cun só carné tramitado. A Cofradía ten dificultades para subsistir economicamente; Antonio e os seus compañeiros poden contribuír a solucionar o problema, aportando o seu traballo diario. Saben, ademais, que o seu esforzo contribúe a rexenerar zonas mortas.

E evidencian que, co seu traballo legalizado, garántese plenamente un produto saneado. Rexeitan e denuncian o brutal tratamento policial, un insensato cúmulo de ilegalidades manifestas.

A sociedade ten que protexelos, coa mesma forza e convicción que ao resto de parados da nosa contorna.

Artigo Publicado no xornal comarcal 'Diario de Ferrol'.

[*] Rafael Pillado Lista, San Cibrao (Cervo) o 12 de xuño de 1942,  é Vicepresidente da A.C. Fuco Buxán e membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Foi un activista sindical e político nos anos da ditadura franquista, sen deixar nunca a súa actividade social e política. Participou no Encontro Social e na Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Agora fai-no nas Marchas da Dignidade de Ferrolterra. Escribe artigos sobre a actualidade nos medios locais. Ten escrito un importante e moi interesante libro sobre unha parte da nosa historia recente "O Latexo da vida e da conciencia - Memorias Colectivas de Rafael Pillado - I (Primeiro Volume)".

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
23 de novembro de 2014 10:34

http://www.fucobuxan.net

__________________

Enlace de interese:

"Furtivos" - Reunid@s en Asemblea a xente sen regularizar que vai a mariscar ás praias da Ría de Ferrol, acordaron unha serie de accións para conseguir 80 permisos para mariscar a pé - Unha moi interesante entrevista no programa Escarnio de rádio FilispiM, onde @s traballador@s irregulares da ría de Ferrol denuncian a súa criminalización.
____________________________

venres, novembro 21, 2014

Rocío Mosquera, privatizadora, precarizadora e ademais mentireira


Unha mentira repetida cen veces non se converte nunha verdade. O único que pon de manifesto é o desprezo absoluto desde o que fala a persoa que, sen ningún tipo de pudor, repite estas mentiras co fin de ocultar a realidade e desprestixiar as/os profesionais.

Estamos a referirnos ás declaracións que a Conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera, fixo nun medio de comunicación, asegurando que a contratación no SERGAS por días soltos ou de media xornada é puntual, que só se daba en contadas excepcións, cando todo o mundo sabe que é a norma, e que todos os días se producen inxentes cantidades de contratos non só por días, senón tamén miserábeis contratos por horas.

A quen pretende enganar?
  • Ás persoas inscritas na listaxe de contratación que sofren día a día o desemprego, a precariedade laboral, a obriga de realizar contratos a xornada reducida, nalgún caso con desprazamento superiores a 70 km onde as retribucións non cobren os gastos?
  • Á poboación que sofre día a día as demoras na asistencia por falta de profesionais?
  • Á mesma poboación que ve como os seus familiares, traballadoras/es da sanidade pública, agora están en desemprego cando antes traballaban regularmente?
  • Ás persoas que emigraron en busca dun posto de traballo?
Sra Conselleira, unha persoa nun cargo público, ante todo, debe ser respectuosa co persoal que depende dela. O seu aforamento non lle dá dereito a mentir e quedar impune. Se o que Vde. pretende é transmitir á opinión pública que a precariedade laboral debe ser a situación normalizada das/so traballadoras/es públicos, non se reprima, sexa sincera.

Vostede siga a facer méritos con quen pretende privatizar a sanidade. A sociedade galega non vai consentir que teña a desvergoña de privatizar a Sanidade Pública, que se atreva a criminalizar e precarizar ás persoas que co seu traballo a manteñen viva e que inda teña a fachenda de negalo mentindo descaradamente.

Rocío Mosquera, privatizadora, precarizadora e ademais mentireira!!! Tenas todas!!!

CIG Saúde Ferrol

http://www.cig-saude.info/ferrol

Enviado por:
cig-saude.ferrol@sergas.es
-cig-saude.ferrol@sergas.es-
21 de novembro de 2014 10:09
___________

O Congreso sobre a figura de Hildegart Rodríguez Carballeira que promove o Ateneo Ferrolán para os días 5 a 8 de decembro terá eco nas cidades da Coruña e Madrid


O Congreso do Centenario de Hildegart terá eco en Madrid e A Coruña


O Congreso sobre a figura de Hildegart Rodríguez Carballeira que promove o Ateneo Ferrolán para os días 5 a 8 de decembro terá eco nas cidades da Coruña e Madrid a través de dous actos públicos relacionados coa figura de Hildegart Rodríguez Carballeira.

Na Coruña a Casa Museo Casares Quiroga acollerá unha presentación do Congreso o día 4 de decembro ás 20 horas, a cargo de representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e o Ateneo Ferrolán, entidades organizadoras do Congreso e algún dos investigadores especializados na figura de Hildegart Rodríguez Carballeira.

No Ateneo de Madrid terá lugar un acto de homenaxe a Hildegart o día 9 de decembro, ás 19:30, organizado polo Ateneo Ferrolán, Ateneo de Madrid e a Cátedra de Memoria Histórica del Siglo XX da Universidade Complutense. Falaran representantes destas tres entidades e coñecida feminista Lidia Falcón. O acto quere lembrar que o día 9 de decembro de 1914 tivera lugar o nacemento de Hildegart en Madrid, cidade onde desenvolveu a súa vida e onde morreu o 9 de xuño de 1933.

O Comité Organizador do Congreso
http://congresohildegart.ateneoferrolan.org/
--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117
Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan
Campaña de APOIO e DEFENSA do Ateneo. Patrimonio da cidade
APOIA e DIFUNDE!
https://www.facebook.com/pages/Salvemos-o-Ateneo/1430118530577463?ref=hl
http://salvemosoateneo.blogspot.com.es/p/o-ateneo.html
Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org.
21 de novembro de 2014 17:32

_____________________________________

Sesión dupla da Marea Ártabra no día de onte, primeiro no barrio de Canido coa veciñanza que aposta pola participación cidadá na política municipal, e máis tarde na Asemblea-Plenario, no Inferniño onde se acordou a creación dun grupo de traballo transversal de Medio Ambente e se elaborou un novo calendario de visitas aos barrios


Asemblea Marea Ártabra Canido.  | A Marea de Barrio de Canido aposta pola participación cidadá na política municipal. | A opinión dos veciños e veciñas non conta para Rey Varela.


Seguindo a rolda de contactos da Marea Ártabra nos diferentes barrios da cidade, onte tivo lugar en Canido unha asemblea onde se manifestou que dende a Alcaldía, non se conta para nada co tecido veciñal, e moito menos coas entidades do tecido social. Denuncian a pouca información facilitada en cuestións como as obras de reurbanización viaria ou a negativa a facer un plan de usos para o Centro Cívico consensuado cos veciños e veciñas do barrio.

Segundo a veciñanza do barrio, existe a intención de converter Canido na “porta traseira de Ferrol”, crear en Canido un gran aparcadoiro disuasorio da Magdalena, marxinando a súa integración no casco histórico ou con Ferrol Vello. Non existen áreas de ocio cubertas para os máis novos, nin un plan de mobilidade que conecte o barrio con outros puntos da cidade ou cos centros de saúde, demanda esta que xa foi denunciada noutras asembleas de barrio como San Xoán ou Ferrol Vello.

Por último os alí presentes tacharon de electoralista o feito de deixar as obras para a última parte do mandato, e demandaron a Marea Ártabra unha aposta clara pola participación veciñal nos orzamentos e na política municipal en xeral, que a opinión dos veciños e veciñas non sexa unicamente tida en conta no período preelectoral senón que sexa unha aposta clara por democratizar e normalizar a participación cidadá na política.

Por último, tamén na xornada de onte Marea Ártabra tivo no Carvalho Calero unha asemblea-plenario onde acordou a creación dun grupo de traballo transversal de Medio Ambiente e aprobou así mesmo o calendario de visitas aos barrios nesta rolda de contactos da que deron en chamar “fase suma”: Xoves 27 de novembro Santa Mariña e xa en Decembro, dia 4 Esteiro, día 11 A Magdalena, e finalmente o día 18 Inferniño-O Rosario.

Enviado por:
marea ártabra
-mareaartabra@gmail.com-
21 de novembro de 2014 17:00

​Ola boa tarde, Achegamos nota de prensa sobre asemblea de marea artabra no barrio de Canido (xoves 20) asi como información sobre acordos da asemblea plenario que celebramos no CC Carvalho Calero na mesma data. Inclúe material fotográfico de libre uso. Un saúdo, marea ártabra comunicación.

____________

Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

Para contactar
Presentou-se o manifesto que se pode ler nun blogue que abriron no seguinte enderezo: http://mareaartabra.blogspot.com.es/  ou mareaartabra.org. Tamén hai un enderezo de correo electrónico: mareaartabra[arroba]gmail.com.

A Marea Ártabra nas redes sociais:
Enlaces relacionados:

A 'Marea Ártabra' en Ártabra 21 | Acceder.
A 'Marea Ártabra' desde o buscador libre DuckDuckGo. | Ir a Web.
___________________

xoves, novembro 20, 2014

25 anos da Convención dos Dereitos das Crianzas: Onde van os dereitos dos nenos e das nenas?

Un ano máis asistimos á efeméride da Convención dos dereitos do Neno e da Nena e un ano máis facemos reconto de todo o que queda por camiñar para acadar o horizonte lexislativo e ético que marca a Convención. Un horizonte que é como unha caste de sistema métrico da humanización (ou deshumanización) da sociedade á que pertencemos, unha fita reactiva que fai subir as cores a un sistema económico e político que o pobo xa non acepta máis porque vulnera os seus principios máis básicos.

Como no movemento clásico dunha onda mariña, dúas forzas opostas están a piques de entrar en colisión: a das grandes estruturas de poder por unha banda, a das persoas atacadas nos seus dereitos máis básicos, pola outra. O noso é un Estado cheo de vítimas: persoas sen vivenda, sen traballo nin posibilidade de atopalo, baixo a mirada escrutadora de institucións que, lonxe de dedicarse á protección perante o risco de exclusión, actúan a modo de medios de control e penalización das persoas. Pero incluso partindo desta idea non podemos obviar unha cousa, alí onde haxa vítimas as persoas menores de idade vano ser en maior medida: de forma máis severa, con menos posibilidades de remover a súa situación, con menos alternativas para actuar social e politicamente para promover un cambio, frecuentemente polivitimizados-as porque son o último escalón social, xunto con persoas discapacitadas e anciás (produtividade?).

Vemos como van caendo as garantías no noso esquema político, social e económico.

Os nenos e as nenas de hoxe non teñen igual acceso á educación nin á sanidade; o seu dereito á vivenda estase pervertindo no “dereito” a ser ingresados-as en centros ou dados en acollemento se as súas familias non poden asumir a perda da vivenda (desemprego prolongado, desafiuzamento realizado por entidades para a pura especulación);

O dereito a que se obre en base ao seu interese superior é a maior das falacias porque, tal e como se pon en práctica o seu interese superior non é o que asegura o goce dos seus dereitos, senón o que mellor lle parece a quen ten que tomar as decisións que atinxen aos nenos e nenas;

Os nenos, nenas e adolescentes seguen a ser silenciados-as, desautorizados-as, tratados-as de pouco veraces e fiables (pensa o ladrón…, as persoas adultas mentimos nunha porcentaxe moitísimo superior, os nenos e as nenas non menten, sobre todo cando piden axuda porque son vítimas);

O seu acceso á xustiza segue a ser precario pola persistencia de prexuízos que impiden a defensa dos seus dereitos e intereses; pola escasa e incorrecta formación dos equipos profesionais que serven información aos xulgados para a toma de decisións (puntos de encontro, equipos forenses, equipos técnicos de menores), todos eles sen formación específica na área de atención a vítimas ou testemuñas menores de idade e por suposto tampouco en canto á Convención dos Dereitos do Neno e da Nena; pola inexistencia dunha formación específica de profesionais do ámbito xurídico en canto aos dereitos dos nenos e das nenas nos procedementos xudiciais; pola pasividade dunha Fiscalía que en demasiadas ocasións vemos permanecer allea aos intereses das vítimas menores de idade nos procedementos civís.

Namentres, agardamos a chegada de reformas lexislativas que se anunciaron como clave para o avance da CDN, pero que levan encuberta a perpetuación e a xustificación xurídica dunha gran cantidade de prexuízos que impiden o goce de dereitos dos nenos e nenas en procedementos xudiciais. O outro proxecto de lei que vai modificar radicalmente o panorama de dereitos de infancia -a lei de custodia compartida, coa súa aplicación de tábula rasa con salvedades en casos extremos- parte dunha contradición con dous dos que o Comité de Dereitos do Neno e da Nena considera dereitos básicos: o dereito a que se obre en base ao interese superior do neno e da nena (de cada un-unha deles-as, non como algo xenérico) e o dereito a seren escoitados en calquera asunto que teña relevancia na súa vida (recentemente, a sentenza STS 4233/2014 establece a obrigado cumprimento deste dereito).

Neste escenario non hai lugar para a celebración, senón para a reflexión: é perentorio paralizar o avance das macroestruturas que están a impoñer a perda de dereitos das masa populares, é preciso restaurar os dereitos dos nosos nenos e nenas non só porque teñen dereito a un futuro ou porque eles-as son o futuro, senon porque é hoxe cando son nenos e nenas, mañá xa non o serán máis. A perda do momento presente en espera dun futuro esperanzador pode significar que a futura persoa adulta sexa despoxada dunha fase esencial no seu desenvolvemento, a súa infancia. A persoa adulta vitimizada na súa infancia mantense en suspenso nese momento ao longo de toda a súa vida, sempre e cando a súa situación de vítima non fose correctamente resolta.

Os nosos nenos e as nosas nenas teñen dereito á infancia, a unha infancia digna, e é un deber de cada un e cada unha de nós, incluído o Estado e as súas institucións, lograr que isto sexa así.

Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME),
Ferrol, a 20 de novembro de 2014

Web de AGAMME:
http://www.agamme.org/

Enviado por:
Agamme
-agammeferrol@gmail.com-
20 de novembro de 2014 21:34
________________________

mércores, novembro 19, 2014

Rádio FilispiM emite un programa especial desde o local social da Fundaçom Artábria, en Esteiro, este venres 21 de Novembro, as 8 da tarde


"FilispiM vai... a Fundaçom Artábria".


Día: Venres 21 de Novembro
Hora: De 20:00 ás 22:00 horas.
Lugar: Trevessa de Batalhons, nº7 Baixo (Esteiro - Ferrol).

O Colectivo Opaíí! apresenta unha nova edición do ciclo "FilispiM vai..."

FilispiM vai... á Fundaçom Artábria.

Programa especial adicado á entidade cultural, realizado ao vivo dende o seu local social. Coas actuacións especiais dos músicos Oscar Fojo e Cächi.

Acude a gravación en vivo do programa especial o venres 21 de novembro entre as oito e as dez da noite (prégase achegarse con antelación ao comezo).

Escoita a emisión, do programa en Rádio FilispiM, na comarca, polas ondas, no 93.9 da  FM, e para todo o mundo vía streaming, en: http://opaii.blogspot.com, o sábado a partir das 19:00 hs.

O ciclo de programas "FilispiM vai..." é unha outra aventura do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, para achegar o medio libre e comunitario aos colectivos e espazos sociais da nosa contorna.

FilispiM vai; vén ti!

Web da Fundaçom Artábria:
http://www.artabria.net/
--

OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
Ao Vivo: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg
E-mail: filispina@gmail.com

Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
19 de novembro de 2014 11:58
____________________

martes, novembro 18, 2014

A Asemblea Aberta contra a represión de Ferrolterra mobiliza contra a Lei Mordaza coa que Partido Popular pretende calarnos, este sábado 22 de novembro, na Praza do Concello de Ferrol - E o Domingo 23 de Novembro Mobilización en Ferrol, como noutras cidades da Galiza, convocadas pola Alianza Social Galega


O sábado 22 de novembro de 2014 e desde as cinco e media da tarde a Asemblea Aberta contra a represión de Ferrolterra estaremos na Praza de Armas de Ferrol concentrados protestando contra a Lei Mordaza coa que Partido Popular pretende calarnos.

Ademais, durante a concentración daremos ampla información sobre a lei a todas aquelas persoas que se acheguen á mesma. Ven e infórmate sobre a Lei Mordaza ou de inseguridade cidadá.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/403358759822677/

Asemblea Aberta contra a represión de Ferrolterra
Correo-e:
aarepresionferrol[arroba]gmail.com
Conta no facebook:
https://www.facebook.com/aarepresionferrol

_________________

E o Domingo 23 de Novembro Mobilización en Ferrol, como noutras cidades da Galiza, ás 12 do mediodía na Praza da Porta Nova (Polo de agora Praza de España):

A Alianza Social Galega chama a mobilizarse en todas as cidades galegas contra a reforma da Lei de Seguridade Cidadá | Denuncia que o obxectivo do PP, con esta reforma, é reprimir a mobilización social contra as súas políticas de recorte de dereitos sociais e laborais | Ir a Web.

A 'Marea Ártabra' segue a súa andaina polos barrios da cidade, desta vez toca en Canido, mais o mesmo día (20N) vai ter lugar a Asemblea-Plenario de Ferrol e o día anterior unha Rolda de Prensa nos soportais do Palacio Municipal - Hoxe participación en directo nun programa de Televisión Ferrol

Constitución de Grupos de Traballo, Rolda de Prensa, Asemblea de Barrio en Canido e Asemblea-Plenario de Ferrol

A 'Marea Ártabra' continua a súa andaina en Ferrol: O pasado Luns, 17 de novembro tivo lugar o acto de constitucións dos grupos de traballo,  unha Rolda de Prensa, está convocada para mañá mércores 19, nos soportais do Palacio Municipal, ás 11:30hs; continúan as asembleas polos barrios da cidade, desta vez toca en Canido, onde Lucía Vizoso presentará a Asemblea e Álvaro Montes as valoracións da actividade de 'Marea Ártabra', que terá lugar ao día seguinte, xoves 20 de Novembro, ás 18:00hs no Cruceiro, e no caso de chuvia, no local da Sociedade Deportiva Canido; mais o mesmo día vai está convocada a Asemblea-Plenario de Ferrol no Centro Cultural Carvalho Calero, o mesmo xoves día 20, mais dúas horas máis tarde, ás 20:00hs, e coa seguinte orde do día: 1.- Lectura e aprobación da acta anterior; 2.- Grupos de Traballo e 3.- Valoración de asembleas de barrio e proposta de calendario decembro.
---

Evento da Asemblea Plenario facebook:
https://www.facebook.com/events/1546938535553334/

Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

Para contactar
Presentou-se o manifesto que se pode ler nun blogue que abriron no seguinte enderezo: http://mareaartabra.blogspot.com.es/  ou mareaartabra.org. Tamén hai un enderezo de correo electrónico: mareaartabra[arroba]gmail.com.

A Marea Ártabra nas redes sociais
:
Enlaces relacionados:

A 'Marea Ártabra' en Ártabra 21 | Acceder.
A 'Marea Ártabra' desde o buscador libre DuckDuckGo. | Ir a Web.

Información baseada na enviada por:
marea artabra
-mareaartabra@gmail.com-
18 de novembro de 2014 16:49
________________________

ÚLTIMA HORA:

Marea Artabra en "Espacio Abierto" e outras cuestións

Boa tarde,

Hoxe emítese o programa 'Espacio Abierto' na canle Televisión Ferrol ás 20,30h, coa presencia dunha/dun das/os portavoces de Marea Ártabra [Pode-se ver ao vivo na rede| Acceder ].

Asi mesmo necesitamos a vosa axuda para pegada cartaces en Canido. Punto de encontro "Cruceiro" o mércores ás 18h.

Un saúdo

Marea Ártabra Comunicación
18 de novembro de 2014 17:38
__________________

Persoas do común, activistas, sindicalistas, políticos, ecoloxistas, feministas, xente do mar e do campo, da cultura, das artes, ... fan un chamamento para mobilizar-se este 29N ocupando o Obradoiro en Compostela. - Vídeo


A Plataforma Galega que coordina a Columna Galega das Marchas da Dignidade, promoveu a realización dun vídeo que se ven publicar hoxe na rede. Son case 12 minutos onde persoas do común, activistas, sindicalistas, políticos, ecoloxistas, feministas, xente do mar e do campo, da cultura, das artes, ... fan un chamamento para mobilizar-se este 29N ocupando o Obradoiro en Compostela. Paga a pena parar-se a ve-lo e difundilo pola rede. Desde Ártabra 21, sómamo-nos a ese chamamento. Mobilicemo-nos coas marchas da dignidade por un outro modelo social sustentábel, democrático, participativo, xusto e solidario. Adiante ! Si se Pode !!


http://youtu.be/Dn7-43vtibM

O pasado 22 de Marzo, confluían case un millón de persoas en Madrid, en diversas columnas de cidadáns e cidadás dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, uniu a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos. Na Galiza, as Marchas organizan-se coordenadas por unha Plataforma Galega que convocou diferentes mobilizacións, entre elas a de “Rodea o Parlamento”.

Agora temos un importante reto, encher a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, o 29 de Novembro. Cinco columnas entrarán na Capital Galega, para confluír ás 12 do mediodía, nunha grande concentración polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Somos moitos e moitas as que imos marchar para defender: o dereito ao traballo ; os dereitos sociais e a renda básica ; o dereito a unha vivenda digna ; os servizos públicos como a sanidade e a educación ; a loita contra a corrupción ; contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga ; contra a estafa e o roubo bancario ; contra a Lei mordaza que quere criminalizar a protesta, polo dereito das mulleres a decidir sobre o seu propio corpo, ...

Temos determinación para conseguir un cambio e ímolo demostrar marchando sobre Compostela o 29N.

Mobiliza-te con nós o 29N en Compostela en “Ocupemos o Obradoiro”, cinco columnas das Marchas da Dignidade sobre Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, o 29N cinco millóns de persoas na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Desde Ferrol a Compostela, Participa !!

De Ferrol partirán autobuses o propio día 29 de novembro, e unha columna partirá andando o día 25 para unirse á columna que partirá d'A Coruña (En Bruma - Mesón do Bento) e cubrir os 100 quilómetros que separan a comarca Ártabra da capital de Galiza.
O 29N en Compostela en “Ocupemos o Obradoiro”, cinco columnas das Marchas da Dignidade sobre Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, o 29N cinco millóns de persoas na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Aberta a inscrición para participar nas marchas do 29N:

. Camiñando do 25 ao 29 de Novembro.

. En Autobús o 29 de Novembro.

Contacta con nós enviando un correo a:
  • marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
ou chamando ao telefono:
  • 603 213 863
O 29N, Ferrolterra Vai!


Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

_____________

luns, novembro 17, 2014

'Furtivos' - Reunid@s en Asemblea a xente sen regularizar que vai a mariscar ás praias da Ría de Ferrol, acordaron unha serie de accións para conseguir 80 permisos para mariscar a pé - Unha moi interesante entrevista no programa Escarnio de rádio FilispiM, onde @s traballador@s irregulares da ría de Ferrol denuncian a súa criminalización


Desde hai días xente sen regularizar que vai a mariscar ás praias da Ría de Ferrol, "furtivos", veñen denunciando vexacións e malos tratos por parte da policía que os persegue e reprime. O cariz violento e vexatorio que tomaron as últimas redadas contra estes traballadores e traballadoras que reivindican un medio de vida, conseguiron que se organizaran e comezaran a mobilizar-se para facer visíbel a súa inxusta situación.  Familias sen recursos van á marea porque é onde poden tirar un pouco de diñeiro para poder facer fronte aos gastos máis elementais do día a día. As mariscadoras e mariscadores sen regularizar, puxeron-lle cara ao desemprego que está oculto en frías estatísticas. Pediron axuda que alguén lles botara unha man, xa non podían soportar sós por máis tempo a inxustiza que se estaba cometendo con eles e as súas familias. Chamaron á Columna Caranceira das Marchas da Dignidade, contactaron coa prensa, cos grupos municipais e partidos políticos, ... despois de mobilizar-se diante do Palacio municipal, na Praza do Concello de Ferrol, o Alcalde, José Manuel Rey Varela, prometeulles mediar e elevar a súa reivindicacións á Xunta de Galicia, pediulles a  cambio paz social, non quere ver xente na rúa pedindo Pan, Traballo e Teito. Os medios convencionais fixeron-se eco da súa situación. Comezaron a loita pola súa regularización.

Este fin de semana, o sábado 15 de novembro, centraron as súas reivindicacións, nunha Asemblea celebrada, ás 11 da mañá, no Centro Cívico de Caranza, apoiados polos nosos, moi veteranos, compañeiros Bernardo Bastida (Activista Social e ExPatrón Maior da Cofradia de Pescadores de Ferrol) e Rafael Pillado (Activista Social e histórico sindicalista e político, autor do libro de memorias "Latexo da Vida e da Conciencia").

J. Gómez do xornal comarcal 'Diario de Ferrol', dá conta hoxe, tanto na edición dixital como na impresa, de como se desenvolveu a citada Asemblea. Nova que ven recoller dalgún xeito as análise e acordos que se tomaron. Que polo seu interese, desde Ártabra 21, decidimos a transcribir a continuación. Maís antes tamén queremos dicir que facilitamos unha moi interesante entrevista que os compañeiros e compañeira do programa Escarnio da Rádio FilispiM, lle fixeron a tres representantes do colectivo da xente das praias.

---

Os mariscadores furtivos pedirán á cofradía e a Mar 80 permisos a pé
A asemblea reuniu no Centro Cívico de Caranza a preto dun centenar de persoas


Os mariscadores furtivos da zona d'O Couto acordaron onte nunha asemblea celebrada no Centro Cívico de Caranza e conducida polo expatrón maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, Bernardo Bastida, solicitar senllas reunións cos responsábeis do pósito local e da Consellería do Medio Rural e do Mar para esixir a creación de oitenta permisos de explotación a pé nas denominadas "zonas improductivas" da ría, é dicir, Montón-Caranza, A Cabana-A Malata e San Felipe.

Estas tres áreas, recordou Bastida, suman case 900.000 metros cadrados e, pese á súa extensión, só hai unha persoa que teña a habilitación para poder faenar nelas. "Pódese e débense dar permisos a pé", insistiu o expatrón, que, ante as preguntas dos asistentes sobre a calidade das augas, engadiu que "o que se saque das zonas C tería que completar o mesmo proceso que o que se colle nas Pías".

Bastida tamén se referiu á obrigatoriedade que fixa a lexislación autonómica de presentar uns estudos de viabilidade e substentabilidade das autorizacións nas que se quere traballar. "En primeiro lugar", apuntou, "si hai furtivismo significa que hai marisco; e, en segundo, pregúntome con que se compararían as mostras que se fagan agora si fai sete anos que non se mostrea neles? "

Non afecta ao de á boia

O expatrón insistiu en que a expedición de novos permisos de explotación a pé "non lle vai a comer o pan a ningún mariscador con permiso" porque, explicou, nesas zonas só traballa unha persoa.

Ademais, defendeu que o único xeito de mellorar a produtividade dos bancos máis afectados pola contaminación e a falta de saneamento é "traballándoos, porque só removendo o fondo se oxixena e evítase que se compacte".

Fonte: Diario de Ferrol. | Foto: Luís Polo. | 16.11.2014

Foto de Daniel Alexandre no 'Diario de Ferrol.

@s traballador@s irregulares da ría de Ferrol denuncian a súa criminalización.

"Isto vai a pior, non hai ningúen que se sente e que poña unha solución riba da mesa, cada vez hai máis xente no paro, na ría, sen recursos. Estamos abocados a isto, ao paro. Nin clases altas, nen clases medias... todo para abaixo". Con ista claridade expresábase unha pequena representación do cada vez máis numeroso grupo de traballador@s irregulares da ría de Ferrol, no descorrer da emisión do programa Escarnio da Rádio FilispiM. Entre trescentas e catrocentas persoas recorren aos froitos da ría, coma último recurso, ante a falla de perspectivas laborais ou prestacións das Admóns, co telón de fondo da realidade cotiá da cidade con maior taxa de paro do país, Ferrol.

No transcorrer da longa e intensa charla, os traballadores irregulares da ría, denunciaron trato denigrante por parte da policía, nos cada vez máis frecuentes operativos da Xunta e "forzas do orde". "Danche un chuvasqueiro do 'Capitán Pescanova' ou vas nú para casa", denuncian. Ademáis falan de atribucións de incautacións que non se corresponden coa realidade e que non se lles da recibo do incautado, entre o que se atopa útis de traballo e roupa de mar. Conclúen que as Autoridades (Xunta e policía) están interesadas en crear unha alarma social para lograr que o agora mesmo considerado coma falta administrativa pase a "resoverse" coma ser fór un delicto, pola vía penal. Ante esta situación, veñen de organizarse en Asembleas para chamar a atención sobre o que está a acontecer.


Fonte: Colectivo Opaíí ! de Rádio FilispiM, nas onda no 93.9 da FM e na rede.

Pode-se escoitar un estrato da entrevista elaborado pola  Redacción de Informativos, Rádio FilispiM,  no posto orixinal.

Recomendamos entrar no sitio-e de Rádio FilispiM, para poder observar a riqueza e creatividade que emana do Colectivo Opaíí !, cun grande número de programas propios e unha completa e atractiva grella de programación. Únete a Radio FilispiM, sintoniza o 93.9 da FM no teu dial. Escoita-a na rede en directo ou os teus programas favoritos, en diferido, a través dos Podcast que publica cada programa.
______________

domingo, novembro 16, 2014

A Columna Caranceira activando as Marchas da Dignidade camiño do 29N - Vídeos, Fotos, Audios, Enlaces


O pasado Venres 14 de Novembro, as compañeiras e compañeiros da Columna Caranceira, culminaron unha semana de actividade de difusión no barrio de Caranza das Marchas da Dignidade.

Perante toda a semana foi a Exposición itinerante das Marchas da Dignidade que estivo no Centro Cívico de Caranza. E as mesas de difusión de material e reparto de follas informativas. Colada de cartaces, asembleas e preparación da 'Sesión de Tarde'.

A 'Sesión de Tarde', foi o 14N, consistiu nun acto integral coa actuación musical do encontro 'Refugalhos', con bebidas e degustación de callos, que contou coa presencia do compañeiro Santiago Lamelo do Frente Cívico d'A Coruña cunhas palabras de ánimo.


Contaron coa cobertura informativa do programa “Divertimento para pequenos monstros” de Rádio FilispiM 93.9fm que realizou un especial "MARCHAS DA DIGNIDADE, 29-N. Toma o Obradoiro". Foron noventa minutos, moi interesantes onde se falou "do porque deste movimento cívico cidadá en todo o Estado, particularmente no país galego, na nosa comarca e da convocatoria do vindeiro sábado 29-N en Compostela". No estudio da FilispiM, estiveron:  Daniel Melcón (columna caranceria); Santiago Lamelo (Fronte Cívico, Coruña); Alberto Espiñeira (Marchas Dignidade Ferrolterra); Marta González (columna caranceira); André Martínez (columna caranceira) e Carme Cela (columna caranceira). Para escoitar o programa integro ou por partes pode-se facer no sitio-e do Colectivo Opaíí ! o promotor de Rádio FilispiM que se pode escoitar nas ondas no 93.9 da FM ou a través de internet.

Palabras de ánimo na festa organizada pola Columna Caranceira previa ao #29NOcupaObradoiro.


http://youtu.be/JhsMCac3D6I


http://youtu.be/qs_bLK41LEM?list=UUEsyIpC9Y8SoVla3A-qmvlw

Algún vídeos da actuación do Enconro Refugalhos en Caranza, na Sesión de Tarde das Marchas da Dignidade (desculpar o son e as imaxes pois non son de boa calidade).


http://youtu.be/2PYxC10mCl0


http://youtu.be/ZZAf8jWPtK4


http://youtu.be/pD_AusiMA5g


http://youtu.be/n74khouTDOM?list=UUEsyIpC9Y8SoVla3A-qmvlw


http://youtu.be/MF7cdMBcGls

____________________

A Marcha Mundial das Mulleres esixen do Goberno, da Administración de Xustiza e de todas as Administracións un cambio nas actuacións e atención de crianzas e mulleres para que dende as Institucións se deixe de exercer violencia contra elas

MANIFESTO DA MMM CONTRA A VIOLENCIA ÁS MULLERES A TRAVERSO DAS CRIANZAS

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza queremos amosar a nosa indignación ante o contido da nova publicada o pasado xoves 16 de outubro nos medios de comunicación referida á petición por parte da fiscalía a unha condena de 10 meses de prisión a unha muller nai de dous fillos así como ao internamento dos nenos nun centro de menores por non facilitar as visitas ao seu pai ao que ela tiña acusado de pederastia.

Acusación de pederastia da que no seu momento saíu absolto, xa que o informe achegado polos técnicos do IMELGA (Instituto de Medicina Legal de Galicia) , concluíu no seu informe que estes estaban influenciados pola súa nai a quen consideraban desequilibrada.

Denunciamos tamén a pouca ou nula especialización no trato a nenos e nenas, nin a esixencia de formación en violencia contra as mulleres dos técnicos do IMELGA, requisito, para nos imprescindible, se esta sociedade quere prestar a protección e atención precisa a crianzas e mulleres.

Denunciamos que na inmensa maioría destes casos e salvo que haxa unhas probas moi evidentes (desgarros, hematomas, etc), todas as institucións implicadas: técnicos, xuíces, fiscais, tenden a culpabilizar a priori ás mulleres.

É isto violencia contra as mulleres?? Rotundamente si.

Definitivamente este é un caso máis de violencia contra as mulleres exercida a traverso dos fillos e fillas, non é a primeira vez que atopamos casos de homes que ameazan e o peor se cabe, cumpren a ameaza de facer dano aos seus propios fillos para ferir á muller. Temos visto, por desgraza, demasiados casos.

Isto evidencia, unha vez máis, que seguemos a vivir e soportar un sistema patriarcal que tende unha e outra vez a culpabilizar á muller, a supor que minte sistematicamente, a esixirlle probas máis alá do razoable.

É violencia de xénero por parte do sistema obrigar a unha muller convencida do dano que van a sufrir os seus fillos ou fillas por parte do seu pai ter que deixalos ir con el. É violencia de xénero exercida polo sistema ameazala de que se non obedece será duramente castigada con penas de prisión ou o que é peor co alonxamento e internamento das súas crianzas para “reeducación”.

Non en van o Comité de Nacións Unidas para a Eliminación da Discriminación contra a Muller (CEDAW), condenou ao Estado español por non actuar de forma dilixente para evitar a violación dos dereitos de Ángela González, muller vítima de violencia de xénero, e os da súa filla, a quen acabou asasinando.

É por todo isto que esiximos do Goberno, da Administración de Xustiza e de todas as Administracións un cambio nas actuacións e atención de crianzas e mulleres para que dende as Institucións se deixe de exercer violencia contra nós.

Marcha Mundial das Mulleres - Galiza-marchagaliza@gmail.com-
--
'As mulleres decidimos' | Coordenadora Nacional Galega | Marcha Mundial das Mulheres | Marcha Mundial das Mulleres | Rúa Romil, 20, baixo 36202 Vigo-Galiza | Teléfonos de contacto.  Coord. Nacional: 698159764 | Coord. Compostela:  647735737 | Coord. Vigo: 698159764 | Coord. Ourense: 652140217
Comunicaçom: 698159764 | http://www.feminismo.info
--
"As mulleres decidimos" | Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres | mmmferrolterra@gmail.com | www.feminismo.info | https://www.facebook.com |/marchamundialmulleres.galiza | twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
15 de novembro de 2014 15:32

___________________

Abordados pola Armada as lanchas d@s activistas ecoloxistas que estaban protexendo a área que Repsol e o Goberno español queren comezar a perforar en busca de petróleo a pesar do rexeitamento masivo do pobo canario


Greenpeace fronte a Repsol en Canarias, onde a corporación petrolera planea iniciar os seus prospecciones. Raúl San Mateo e Nadia González, desenvolven un sitio-e onde reflexan a campaña da organización ambientalista internacional.  Durante estes últimos días activistas ecoloxistas estiveron protexendo a área que Repsol e o Goberno español queren comezar a perforar en busca de petróleo a pesar do rexeitamento masivo da sociedade canaria. No citado sitio-e contan en detalle todo o ocorrido. Desde Ártabra 21 consideramos de interese a nova enviada polo noso compañeiro Tono, polo que a transcribimos e convidamos entrar no sitio-e de referencia onde de xeito cronolóxico e ao vivo describen a acción e facilitan moi interesantes vídeos vídeos e fotos.


Abordados pola Armada por dicir NON ás prospeccións

Foi un momento de gran tensión. A protesta pacífica de Greenpeace contra o buque perforador de Repsol fronte a Fuerteventura e Lanzarote concluía súbitamente. Unha activista fora arroiada por unha lancha da Armada e caera ao auga, sufrindo fracturas e feridas de hélice do bote militar. Outro activista sufría contusiones menores. E nosas dúas lanchas quedaban inutilizadas.

Afortunadamente nosa compañeira atópase estable no hospital das Palmas, pero as imaxes da embestida que conseguiron gravar os nosos activistas son realmente impactantes (VER VÍDEO).


http://youtu.be/NcnpDXplF_k

O abordaxe puxo o punto final a máis dun día protexendo a zona onde o Goberno español permitiu a Repsol buscar petróleo fronte ás costas de Lanzarote e Fuerteventura. Esta acción contundente en defensa dos intereses de Repsol pon en evidencia o desdén do Goberno español cara á opinión da sociedade canaria e a protección do medio ambiente, ademais do seu estreito vínculo cos intereses da multinacional Repsol en favor dun modelo enerxético obsoleto, contaminante e ineficiente como é o petróleo.

Con dous activistas feridos e dúas lanchas inservíbeis tralo abordaxe da Armada, o Arctic Sunrise pon rumbo a porto, onde se unirá a todos os apoios en terra e continuará incansable a súa denuncia e oposición ás prospeccións de Repsol.

Estamos cos océanos. Estamos con Canarias. Estamos coa nosa activista ferida. ¡Grazas polo voso apoio! #ProspecciónsNON!

Descobre o vídeo e como foi a xornada no noso BLOGUE EN VIVO.

Enviado por:
antonio Mesejo Cerdido
-tonomesejo@hotmail.com-
16 de novembro de 2014 09:13

_____________

As direccións políticas de CCOO e UGT contraprograman contra as Marchas da Dignidade, ... Por José Carlos Costoya


O goberno move ficha e, ante a que xa teñen enriba e a que se lles aveciña o 29N, -e na semana previa de loitas e andainas-,  xoga a romper a unidade, desestabilizar e desactivar o bó rollo xenerado, e que compartimos, nas MARCHAS DA DIGNIDADE porque, sen dúbida, este movemento está conseguindo sacar do letargo e ilusionar, de novo, a clase traballadora, e levar ás rúas as clases populares a loitar polo que nos pertenece.

A pesar do apagón informativo, as previsións para o día 29 de novembro son de 5 millons de persoas nas rúas do estado español e isto os ten asustados e  por iso que non dubidan en utilizar aos seus mercenarios, desertores de clase, para tomar por asalto a dignidade que dende o 22 de marzo o pobo está paseando polas rúas.

A cambio de qué?. Cal é o prezo? Dónde está o beneficio? Que bo traballo o do CNI !!  Cando nos imos a decatar que "Roma non paga traidores".?

UNHA MÁGOA. LASTIMA DE SIGLAS, LEVANTADAS E SUSTENTADAS POR TRABALLADORES E TRABALLADORAS HONESTAS QUE SEN DÚBIDA FORMARON E FORMAN PARTE DAS MARCHAS DA DIGNIDADE DE PLENO DEREITO POLO SEU TRABALLO, A SÚA CAMARADERÍA, HONESTIDADE E XENOROSIDADE. Elas e eles son sempre benvidos, sen dúbida, pero no movemento das Marchas da Dignidade non se pode permitir a imposición de unas siglas (e moito menos pola porta de atrás), que non se queren como compañeiras de viaxe porque se entende que na deriva das últimas décadas son portadoras das máculas que nelas debuxaron e seguen debuxando o seus dirixentes e xa forman parte do sistema que queremos derrubar.

Temos que ser intelixentes, e ter a cabeza fría para sair o paso de esta “agresión” porque si non somos capaces, o movemento está morto, e entón..., a historia xa o escribiu: “cautivo y desarmado el ejercito rojo...” QUE VIVAN AS COMISIÓNS OBREIRAS E A UNION XERAL DE TRABALLADORES!!!

Pero que vivan lonxe, no entanto.!!! Saúde.

JCCOSTOYA
SF-Intersindical de Pontevedra
sf.pontevedra@sindicatoferroviario.com
  • Nova no xornal dixital 20minutos.
  • Nova na web oficial de CCOO.
  • Nova na web oficial de UGT.
Enviado por:
Marchas Dignidade
-marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com-
15 de novembro de 2014 15:06

Manifestación de CCOO e UGT o día 29. Os sindicatos maioritarios CCOO e UGT amenazan con contraprogramar a acción do 29N. Un saúdo e adiante!

____________

sábado, novembro 15, 2014

A Asemblea aberta de afilad@s de CCOO de Ferrolterra decide solicitar a dimisión da Secretaria Xeral da Unión Comarcal do Sindicato


No día de onte celebrouse unha Asemblea de Afiliados/as onde se analizou a situación en torno ao conflito da Asesoría Xurídica da Unión Comarcal de Ferrol, cunha participación masiva de afiliados e afiliadas, a máis numerosa de todas das que se veñen realizando, atopándose o local abarrotado de compañeiros e compañeiras. A devandita Asemblea acudiu, así mesmo, unha representación da Asesoría Xurídica de Lugo.

Na Asemblea abordáronse toda un serie de actuacións e de funcionamento no sindicato realmente preocupantes desde que a compañeira AURI VAZQUEZ asumiu a Secretaria Xeral da Unión Comarcal de Ferrol. Estámonos referindo a unha práctica sindical sustentada na intransixencia, a prepotencia e o autoritarismo, reducindo a participación da afiliación á mínima expresión.

En definitiva, impoñendo unha práctica de funcionamento impropia dun sindicato e en particular de CCOO, onde o diálogo, o consenso e a participación son alicerces fundamentais do noso modelo sindical.

Dita dinámica sindical estase producindo en sistemáticas presións e represalias contra compañeiros e compañeiras que por discrepar en determinados temas son relegados das súas responsabilidades.

En canto á Asesoría Xurídica, desde o inicio do proceso vimos denunciando o obxectivo do Sindicato en pasar factura pola disconformidade da Asesoría de Ferrol contra os despedimentos en CCOO levados a cabo no ano 2013. E dixemos que o cese de Cartelle obedecía a devandito obxectivo, pero que a continuación se aplicarían medidas tamén ao resto das compañeiras que prestan servizos na Asesoría.

Proba evidente de devandita estratexia é que, no día de onte, abriuse un expediente disciplinario contra a outra avogada, a compañeira María, sospeitando que o que se pretende con devandito expediente sexa materializar o seu despedimento. Obviamente, esta nova medida xerou unha maior crispación da afiliación.

En base a todo o mencionado, queremos DENUNCIAR que o principal escollo que nos vimos atopando para materializar unha vía de diálogo que permita reconducir esta situación e formalizar un acordo é a Secretaría xeral da Unión Comarcal, AURI VAZQUEZ.

Para rematar, sinalar que a Asemblea decidiu, por unanimidade, poñer en marcha unha masiva recolleita de firmas dos afiliados e afiliadas de CCOO para requirir a DIMISION de AURI VAZQUEZ como Secretaria Xeral da Unión Comarcal de Ferrol e a apertura do procedemento estatutario correspondente para proceder ao seu sustitución.

En Ferrol, a 14 de novembro de 2014

ASEMBLEA DE AFILIADOS E AFILIADAS DE CCOO

FERRAMENTAS QUE UTILIZAMOS NA ACTUALIDADE.

BLOG: http://democraciaccoo.blogspot.com.es/
(En construción pero con 'pestanas' xa actualizadas).
TWITTER: https://twitter.com/DemocraciaCCOO
(Síguenos e difunde entre os teus contactos).
FACEBOOK: https://www.facebook.com/pages/Por-a-Democracia-en-CCOO/467813986694554
(Dálle ao 'GÚSTAME' e difunde entre os teus contactos).
EVENTO: https://www.facebook.com/events/359124597597101/
('ASISTE' á concentración do próximo día 5 de Novembro).

Un saúdo e grazas anticipadas por colaborar na causa.

POR UN SINDICATO ÉTICO, LOITADOR, TRANSPARENTE E DEMOCRÁTICO.

Información baseada na enviada por:
Democracia Ccoo
-porlademocraciaenccoo@gmail.com-
15 de novembro de 2014 11:10
__________________

venres, novembro 14, 2014

Hoxe 14 de Novembro: Sesión de Tarde na Traseira do Mercado de Caranza, coa participación de Santiago Lamela e a actuación musical do encontro "Refugalho" - Exposición itinerante das Marchas da Dignidade no Centro Cívico de Caranza

SESIÓN DE TARDE VENRES 14 DE NOVEMBRO DE 6 A 9 DA TARDE, NA TRASEIRA DO MERCADO DE CARANZA
# Actuacion musical do encontro “REFUGALHO”.

# A Bebida e degustacion de callos.

# As Palabras de Ánimo de Santiago Lamelo do Frente Cívico de A Coruña.

# A Cobertura informativa por “Divertimento para pequenos monstros” de  Radio Filispim 93.9fm.
Columna Caranceira das Marchas da Dignidade

Tlf. 605455340

columnacaranceira@gmail.com

Aberta a inscrición para participar nas marchas do 29N
:

# Camiñando do 25 ao 29 de Novembro.

# En Autobús o 29 de Novembro.

Contacta con nós enviando un correo a:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

ou chamando ao teléfono das Marchas da Dignidade de Ferrolterra:
603 213 863

O 29N, Ferrolterra Vai!

Exposición itinerante das Marchas da Dignidade no Centro Cívico de Caranza





Sitios-e:
Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal: http://marchasdeladignidad.org/
Redes:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade

https://www.facebook.com/groups/265451853621237/

___

xoves, novembro 13, 2014

Campaña de doazóns contra as multas polo desafiuzamento de Aurelia Rey - Vídeo

Campaña de doazóns contra as multas polo desafiuzamento de Aurelia Rey

Despois de seren rexeitado o recurso presentado polo contencioso administrativo contra a multa que lle impuxo a Delegación de Goberno, STOP Desafiuzamentos Coruña e Roberto Rivas, o bombeiro que se negou a colaborar no desafiuzamento de Aurelia Rey, decidimos iniciar unha campaña de doazóns para facer fronte a tódalas sancións administrativas derivadas dese día.

Para iso, abrimos unha conta de banca ética na que quen queira poda colaborar coa súa aportación. Este é o número: ES 81 1550 0001 2100 0067 9324

Xunto con Roberto, queremos agradecer tódalas mostras de solidariedade amosadas dende o primeiro día en apoio das persoas sancionadas. Esa é a nosa forza e a nosa lexitimidade!

CONTRA A SÚA INXUSTIZA, A NOSA SOLIDARIEDADE!!
NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!

STOP Desafiuzamentos d'A Coruña
http://stopdesahuciosacoruna.blogspot.com.es/
---

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

||||||||||||||||||||


http://youtu.be/e8qE4O3upIY


___________________

Como en toda Galiza hoxe mobilizacións diante das sedes do Partido Popular en protesta ante a imposición da Lei Morzaza coa que queren criminalizar a protesta social


CONVOCATORIA DA ALIANZA SOCIAL GALEGA


A ALIANZA SOCIAL GALEGA CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN SILENCIOSA DIANTE DA SEDE DO PP DE FERROL PARA ESTE XOVES, 13 DE NOVEMBRO ÁS  19 HORAS CONTRA A LEI DE SEGURIDADE CIDADÁ (LEI MORDAZA).

A Alianza Social Galega lembra que está en plena tramitación no Congreso dos Deputados  a reforma da Lei de Seguridade Cidadá, que pretende a implantación dun Estado Policial e reprimir con dureza a contestación social. Por iso considera imprescindíbel que se promovan accións en todos os ámbitos, nomeadamente o institucional, que permitan que esta lei non vaia adiante.

NON Á LEI DE SEGURIDADE CIDADÁ,
É UNHA LEI MORDAZA.

ATENTA CONTRA AS LIBERDADES PÚBLICAS,
É UN GOLPE DE ESTADO ENCUBERTO.

Enviado por:
Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez@navantia.es-
13 de novembro de 2014 07:39

_____________