sábado, febreiro 10, 2007

Alegacións ao “Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto sectorial do parque empresarial San Pedro de Leixa (Ferrol)” (D.O.G. 9.1.2007)

ASUNTO: Alegacioóns ao “Plan sectorial de ordenación de áreas e CONSELLERIA DE VIVENDA E SOLO

Polígono das Fontiñas

Area Central s/n

15781. Santiago de Compostela


ASUNTO: Alegacións ao “Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto sectorial do parque empresarial San Pedro de Leixa (Ferrol)” (D.O.G. 9.1.2007)


Antonio García Jiménez con DNI 22924851-S, actuando en representación da “Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa”, integrado por ADEGA(Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ),Club de Montaña de Ferrol, Esquerda Unida-IU, Nós-UP, e veciños de Brión e de Leixa con enderezo-para os efectos de notificación- R/Jamaica 2;5ºA. Ferrol. C.P. 15404, comparece e como mellor proceda en dereito,

EXPÓN:

1-Que por medio do presente escrito a “Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa”, e as entidades que o compoñen formulan alegacións ao “Estudo do Impacto Ambiental do Proxecto sectorial do parque empresarial San Pedro de Leixa (Ferrol)” (D.O.G. 9.1.2007).

2-O presente Proxecto, sae a exposición pública sen haberse resolto as alegacions presentadas en 2006 pola nosa Plataforma e demais colectivos á Modificación Puntual do Plan Sectorial de Ordenación Territorial de Áreas Empresariais no Ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o Parque Empresarial de Ferrol.”(D.O.G 185, 25.10.2006). Por este motivo, ademáis, solicitamos en base ó Artigo 43 da Lei 30/92 de Procedemento Administrativo que se nos de resposta as alegacións que presentamos a tal proxecto.

3-Neste proxecto os impactos sobre territorio físico , a paisaxe e as afeccions ambientais son moi notorias contravinindo as prescripcions do Plan Sectorial de Areas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia ( 2004 ) .Como o propio EIA refire, se catalogan como “importantes” nas súa pax 131 as accións a desenrolar como: “emisión de gases a la atmósfera”, “emisiones de partículas a la atmósfera”, “niveles de ruido”, “vertidos a las aguas”, “vertidos al suelo”,”generacion de residuos”, etc, e ainda que se tomen medidas correctoras ou preventivas, está claro que o impacto ambiental sobre o entorno desta actuación sería moi notorio .

4-En relación có punto anterior, no propio EIA (Estudo de Impacto Ambiental) refire na súa pax 165: “5.3.3.2. Fase de ejecución: Es en esta fase donde se produce el mayor número de impactos negativos, de los cuales un número importante son de carácter severo”. (..emisión de partículas, transformación do sistema hídrográfico, verquidos, etc,etc), moitos destos impactos os define como “permanentes”. Evidentemente proponse unha serie de medidas preventivas ou correctoras, pero en calquer caso non poderá compensar este importante e severo impacto negativo

5-Este proxecto non esta en acorde, na nosa opìnión, có artigo 104 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia e a súa modificación Lei 15/2004 referente a “Adaptación a ambiente”. Xunto ó parque empresarial encóntrase o Castro da Leixa (Croa) , e na superficie do propio parque o Castro de Sta Icia , e a mámoa de Trasancos, polo que incumpre a norma “non existan nas proximidades do ámbito edificios ou grupos de edificios de carácter artístico, histórico, típico ou tradicional cos que se deban harmonizar as construcións”. Evidentemente unha nave industrial non é o mais axeitado para construir cerca dun castro.

6-A realización deste polígono industrial e as industrias que alís se ubiquen producirán un aumento das emisións de C02 e unha destrucción irreversible de masas forestaies, humedáis e afectación de ríos, todo iso iria en contra das actuáis recomendacións do IPCC (Intergubernamental Panel of Climate Change) de 2 de febreiro 2007, nas que ademáis de baixar as emisions de C02, é básico manter as nosas zonas boscosas, ríos e humedáis.

7- Baseándonos no carácter supramunicipal da “Plan Sectorial de Ordenación Territorial de Áreas Empresariais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia” e tendo en conta que na nosa comarca hai moito solo industrial nas proximidades de Ferrol (parques empresariáis de Narón, Fene, Pontedeume,etc) con moita superficie valeira, non é preciso danar a importante zona natural de Leixa . Ademáis de iso, no concello de Ferrol creouse recentemente grande cantidade de solo para ubicación de industrias e empresas na 1ª fase de porto exterior de Ferrol e tamén está contemplado para a 2ª fase do mesmo, ademais de recentes implantacion de empresas en solo adxacente a Leixa, quedar solo industrial na Gándara,etc,etc. Por outra banda punto 3.3.do EIA: “Análisis y justificación de alternativas”: Non se evalúa ninguna alternativa ó proxecto como , no noso criterio, debería de facerse.


8-Referente á paisaxe, no texto do EIA na pax 145, refire “Por lo tanto, se considera que la ejecución del Parque de Leixa no va a producir una modificación sustancial del paisaje de la zona”. Pensamos que evidentemente esto non é así, posto que esa zona natural, das mellor conservadas do interior do concello de Ferrol , sen case construccións humanas (pode comprobarse vindo as fotografías do propio EIA) , veriase claramente modificada coa construcción de naves , viales, e demais estructuras relacionadas.

9- Como na propia pax, 51 do E.I.A. refire en relación coa zona do proxecto: “..existen fragas de considerable extensión y bastante bien conservadas..”. Este proxecto urbanístico afectaría á “Fraga da Pega” un dos últimos reductos de bosque autóctono non ripícola que se conserva no municipio ferrolán. Está solicitado ó Concello de Ferrol, dende o ano 2001, que esta fraga xunto con outras 4 de Ferrol, sexa declarada como Espazo Natural de Interese Local dacordo coa Lei galega de Conservación da Naturaza, Lei 9/2001, de 21 de agosto) . Ademáis de iso, diversos colectivos como nós e o propio Concello de Ferrol, a través da súa Concellería de Medioambiente, solicitou á Xunta de Galicia no ano 2006 a inclusión da “Fraga da Pega” dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras da propia Xunta de Galicia.

10-Na zona da actuación existen unha serie de fragas de ribeira, constituídas por especies arbóreas cada vez mais escasas na nosa bisbarra, como o bidueiro (Betula sp), ameneiro (Alnus glutinos), freixo(Fraxinus agustifolia), carballo (Quercus robur), espiño branco(Crataegus monogyna), sabugueiro(Sambucus nigra), salgueiro(Salix sp), abeleira(Corylus avellana),etc . Con esta actuación se afectaría especies arboreas de caducifolias, laurifolias, e especies como Crataegus monogyna, Frnagula albus, Pyrus cordata, Malus silvestres, Arbusutus unedo, Ilex aquifolium, Laurus nobilis, etc. Estas masas arbóreas desaparecerían ou verianse seriamente mermadas con esta actuación.

11-Desaparecerían ou danaríanse fortemente as comunidades de Ripsilvas, especialmente Senecio bayoneneis e Valeriano pyrenaicae, árbores que están na veira dos ríos e as veces dentro dos propios cauces fluviáis e que son básicas para o mantemento dos cauces , suxeción dos mesmos antes as crecidas e avenidas.

12-Tamén atóupase na zona un ameneiral que permanece anegado gran parte do inverno, sendo unha formación arbórea de rara presentación que tamén afectariase polo parque empresarial.

13- Nesta zona atópanse especies animáis incluidas no “Catálogo Nacional de Especies Amenazadas” (CNEA) con categoría de vulnerable (V) e/o perigro de extinción. Máis de 40 especies entre mamíferos, reptiles, aves, peces, o anfibios da zona estarían englobadas dentro da Directiva Hábitats 92/43/CEE ou directiva Aves (Directiva79/409) etiquetadas de “interese especial” ou “vulnerable”. Entre eles destacar: Lontra (Lutra lutra), Xeneta (Genetta genetta), Desmán ibérico (Galemys pyrenaicus) , Morcego rateiro ( Rhinolophus hipposideros) , Garza pequena (Ixobrychus minutus),Falcón peregrino (Falco peregrinus) , Águia cabreira (Circaetus gallicus) ,etc,etc. Ademáis habería que sumar o impacto sobre a fauna residual da contaminación lumínica, acústica, etc, que suporía ter un polígono industrial na zona.

14-. O ámbito aparece cruzado por dous ríos: O regato de Fonteiroa e o Rego de Leixa. No EIA do proxecto (pax 185), se explicita que parte do curso fluvial canalizaríase. Ademáis as obras, construccións e movementos de terras case con toda seguridade vertería sobre estos ríos así como sobre o río Frexeiro que é a un dos límites do polígono. Por iso estimamos que tal actuación, estaría en contraposición coa recentemente aprobada Lei 5/2006 no parlamento galego para “Protección conservación e mellora dos ríos galegos”.

15-.Na zona de Leixa destaca por un solo de extraordinaria fertilidade , que evidentemente se perdería coa actuación. Precisamente no Tomo I do proxecto, na súa paxina,2-18 explicita referente á riqueza do só que : “tan só o 0,1 da superfície do ámbito considérase solo improdutivo”. E sería unha auténtica mágoa, adicar este só tan fértil, a polígono industrial, máxime cando a superficie agrícola do concello está a diminuir de forma considerable.

16-.O presente polígono industrial, en caso de levarse a cabo, estaría en estreito contacto có Hospital Novoa Santos e có Hospital Xeral de Defensa (Ver Anexo I) e moi preto da zona están o Hospital Arquitecto Marcide e o Centro de Minusválidos. É evidente o perigo que supón ter un polígono industrial, con posible tránsito o almacenamento de mercadurías perigrosas cerca de estos hospitais. Non E.I.A. non se analizan as repercusions de ter un polígono xunto a rede hospitalaria nin as medidas correctoras e preventivas a tomar.

17.Neste proxecto urbanístico, quedarían núcleos de casas na zona de Fonteiroa, prácticamente “enxaulados” dentro do polígono industrial asi como o Centro de Educación Especial ASPANAES.


Por todo o exposto SOLICITA

1.Que se teñan formuladas alegacións ao “Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto sectorial do parque empresarial San Pedro de Leixa (Ferrol)” (D.O.G. 9.1.2007) e persoada a “Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa” e as entidades cá compoñen( ADEGA, Club de Montaña de Ferrol, Esquerda Unida-IU, Nós-UP, e veciños de Brión e de Leixa como parte interesada no mesmo, informándonos por escrito en base ó Artigo 43 da Lei 30/92 de Procedemento Administrativo de cantas actuacións e resolucións se practiquen en diante

2.Que Estudo de Impacto Ambiental catalogue como NON APTO o “Proxecto sectorial do parque empresarial San Pedro de Leixa (Ferrol)” (D.O.G. 9.1.2007) por implicar un dano irreversible deste espazo natural con destrucción de zona boscosa, de cauces de ríos e a repercusión correspondente á fauna da zona e polo risco que supón ubicar un polígono industrial pegado a núcleos hospitalarios, máxime habendo espacios valeiros en polígonos industriais próximos.


Ferrol 8.2.2007

Asdo Antonio García Jiménez

Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa”,

Vocal de Adega-Trasancos



venres, febreiro 09, 2007

Acta da Xunta Coordenadora da PA21 [06.02.2007]

Olá Artabros.- Enviovos ACTA da ultima XUNTA COORDINADORA do día 6 de Febreiro-07.

Ferrol a 9 de Febreiro de 2007.

A XUNTA COORDINADORA.
_______

ACTA XUNTA COORDINADORADA PA21

6 de Febreiro-07


A Xunta Coordinadora, reunida na Fundaçon Artabria o día 6 de Febreiro ás 7 da tarde :

A C O R D A M O S :

1 .- Estado de contas- José R. Jove, informa que hai PAGOS pendentes de varias entidades nos gastos das MANIFAS da Praza, habendo un SALDO de 256,00 €

2 .- AVALIACION E ANALISE dos últimos PLENOS DO CONCELLO.

NOVAS PROPOSTAS .-

Facemos unha análise do acontecido nos Plenos de fin mes respecto a Praza de Porta –Nova e seguinte da Praza de Sartaña.

Coincidimos que o goberno local continuará e impulsará as OBRAS DA PRAZA DE PORTA-NOVA e en consecuencia continuaremos cas mobilizacións social e recollida de sinaturas, ademais doutras alternativas similares.

-Cualificamos de lamentable o debate do PLENO do Concello sen que o Alcalde nos negara a PALABRA .

3 .- REDE LITORAL VIVO .- XUNTA EN S.COMPOSTELA.- Informamos que o vindeiro sábado día 10 de Febreiro ten lugar en S. de Compostela a presentación da REDE LITORAL VIVO e posterior rolda de Prensa na Galería Sargadelos desta cidade.

- Nomeamos como REPRESENTANTE da PLATAFORMA ARTABRA21 a CARMUCHA OTERO ROBERES do COLECTIVO FUSQUENLLA da Vila de Pontedeume ata que a RATIFIQUE a vindeira ASEMBLEA do día 27 no salón de actos do IES Marqués de Suanzes.

4 .- Suxestións e preguntas.-(MENANCARO) .- Ante a evidencia de novas noticias da Fraga de Menáncaro e sospeitas de querer levar a Pleno, anunciamos unha convocatoria deste colectivo no ATENEO FERROLAN.

Ferrol a 6 de Febreiro de 2007

A XUNTA COORDINADORA.

Asdo. José R. Jove
Amadeo Varela
Miguel Reimundez
Ernesto Lopes
Xosé M. Sanxoán

Luns, 12 de febreiro, ás 7 da tarde, reunión das entidades convocantes da mobilizacións na defensa dos espazos públicos

LOCAL A.vv.Fontelonga - XUNTA

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos -defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de febrero de 2007 21:11
Asunto: Luns, 12 de febreiro, ás 7 da tarde, reunión das entidades convocantes da mobilizacións na defensa dos espazos públicos

Estimados compañeiros/as .- Como xa acordaramos na ultima reunión, SOLICITAMOS da ASOCIACIÓN VECIÑAL FONTELONGA , o seu local para celebrar unha nova XUNTANZA o vindeiro LUNS , día 12 ás 7 en punto da tarde.

Trataremos unha orde do día con PROPOSTAS máis concretas e xa debatidas para ACORDAR ÁS DATAS DE MOBILIZACIÓNS E OUTRAS ACCIÓNS.

Ferrol a 9 de Febreiro de 2007.

asdo. Xosé M. Sanxoán

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol

Novo retraso nas obras da Praza da Porta Nova [Praza de España]

De: BNG -bng@ferrol-concello.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de febreiro de 2007 14:10
Asunto: Novo retraso nas obras da Praza de España

O BNG esixe a Juncal que de contas sobre o novo retraso nas obras da Praza de España

O grupo municipal do BNG considera que o alcalde, Juan Juncal, debe aclarar de imediato a situación na que se atopan as obras de urbanización da superficie sobre o aparcadoiro da Praza de España e a suposta intención, coñecida na mañá de hoxe, da empresa constructora de retrasar a súa finalización 6 meses.

Para o BNG,este feito, supón a evidencia palpábel da falta de autoridade e capacidade que ten o señor Juncal e os seus delegados municipais à hora de xestionar a política urbanística muncipal. De nada valen as declaracións de Evia sobre a finalización destas obras cando a realidade se empeña unha e outra vez en deixar en evidencia a súa falta de autoridade.

O BNG sostén que o Goberno de Juan Juncal é, a día de hoxe, incapaz de xestionar unha saida digna para a Praza de España e consideran patético o espectáculo que desde o goberno local se está montando co fin de ocultar o verdadeiro problema que non é outro que se están a desenvolver unhas obras que incumpren o Planeamento Urbanístico Municipal.

A rapidez de Juncal de acudir ao Xulgado para solventar as súas diferenzas urbanísticas coas administracións chocan frontalmente coa súa pasividade à hora de culminar adecuadamente as obras e proxectos municipais.

O BNG lembra que o Goberno de Juncal promoveu un proxecto de urbanización totalmente oposto ao que no seu dia tiña o anterior goberno municipal.

Ademais, compre lembrar que prometeu, en varias ocasións, que estas obras de urbanización sobre o aparcadoiro, que se executan con cargo ao Convenio co IGVS, ian estar rematadas antes do nadal e vemos como agora se extenden sine die.

Ferrol a 9 de febreiro de 2007
Grupo Municipal do BNG

Denuncia do retraso da obra da Rúa Concepción Arenal

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de febreiro de 2007 13:13
Asunto: Denuncia do retraso da obra da Rúa Concepción Arenal

Esquerda Unida-IU de Ferrol denuncia o retraso da obra da Rúa Concepción Arenal

Esquerda Unida-IU de Ferrol quere por medio deste comunicado denunciar os prexuízos que están a sofrir a veciñanza de Canido, particularmente os da rúa Concepción Arenal popularmente coñecida coma do Hospital polos continuos retrasos da execución da obra.

Como se lembrará a Acta de replanteo, momento dende que se empeza a contar o prazo de execución, foi aprobada o 4 de xullo de 2006. Dende o dito momento a empresa adxudicataria das obras tiña, consonte co Prego, dous meses para rematar as obras. Prazo que evidentemente quedou sobrepasado con creces xa que estas tiñan que estar rematadas, en teoría, o 4 de setembro e, na practica, a 9 de febreiro, isto é, 5 meses despois todavía a rúa continúa levantada e tanto a veciñanza como os usuarios e ususarias da mesma estanse a ver prexudicados.

A situación segundo a información recopilada polo noso Grupo Municipal obedece a que as actuacións da adxudicataria quedan supeditadas aos intereses de EMAFESA e Gas Galicia, fundamentalmente aos da primeira que ven impedindo o traballo da adxudicataria alegando dificultades técnicas e meteorolóxicas para a reposición das canalizacións existentes.

Para Esquerda Unida-IU de Ferrol a situación é esperpéntica, o órgano contratante e encargado de velar polo cumprimento das condicións dos pregos de contratación é o socio maioritario da Empresa que está a impedir o cumprimento dos prazos de execución. E o máis grave tamén é o órgano encargado de garantir unha calidade de vida, e uns servizos dignos para a cidadanía de Ferrol, isto é, o Concello de Ferrol. Concello gobernado en coalición polo PP e IF.

Recentemente escoitamos, de boca do responsable local do PP, que a coalición de goberno PP-IF goza de boa saúde. Nós preguntámonos se esta boa saúde é a consta da saúde e da paciencia da veciñanza de Ferrol, se realmente estas declaracións foron feitas coa a análise previa que requerían ou se realmente a boa saúde é a das empresas adxudicatarias das distintas obras que se están a realizar en Ferrol cos cartos de todos e todas.

A evidencia, como xa denunciabamos en anteriores ocasións, é clara o Goberno municipal unha vez adxudicada as obras desaparece e pasa a ser un cumpridor dos intereses das empresas considerando aos veciños e veciñas como meros pagadores pero sen ter en conta os prexuízos causados e os resultados finais das obras nas rúas.

Así pois, esixímoslle ao Sr. Alcalde que poña cordura na situación, que amose sensibilidade aos continuos prexuízos polos retrasos que están, e estamos, a sofrir os veciños e veciñas de Ferrol e que están a sobrepasar con creces a marxe de tolerancia que sempre se solicita neste tipo de obras, e exerza, dunha vez, as súas responsabilidades de control dos pregos de condicións e, como non podería ser doutro xeito, sobre o grupo de goberno que preside; que de grupo ten máis ben pouco agás para dar roldas de prensa conxuntas, iso si, tamén para defender os intereses das empresas, que non os da cidadanía.

Ferrol, 9 de febreiro de 2007
Esquerda Unida-IU Ferrol

Macro-edificio na Praza da Porta Nova: proposta de actuacións

De: amadeo -avarela36@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de febreiro de 2007 11:23
Asunto: proposta de actuacións

Independientemente das outras accións que se poidan realizar, e cantas máis mellor, propoño o envío de telegramas á Presidencia ou Vicepresidencia da Xunta.

Enviaríanse un por cada asociación convocante. Esto no resultaría moi costoso, cada un pagaría o seu e xuntaríanse todos os resguardos para ter coñecemento dos telegramas enviados e pasar a información á prensa.

Velaí algúns dos textos posibles:

Fartos trapalladas Goberno Municipal Ferrol, pregamos urxente actuación Xunta para frear rapina chan público. A. VV.…………………………..

Ante continuos intentos depredación chan público ferrolán, pregamos urxente actuación Xunta. A.VV…………………………………

PP-IF van deixar Ferrol sen chan público. Pregamos urxente intervención Xunta para evitar pelotazos urbanísticos. A.VV………………………………

Recimil, Sartaña, Menáncaro, Praza de España… Pregamos urxente intervención Xunta para frear depredadores chan público ferrolán. A:VV………………………………….

PP-IF están cometendo continuos atentados urbanísticos. Pregamos urxente actuación Xunta para salvar chan público ferrolán. A:VV……………………………………….

Pregamos intervención Xunta para frear saqueo chan público ferrolán, Praza de España, Sartaña, Recimil, Menáncaro. A.VV………………………………………….

Veciños ferroláns alporizados continuos intentos pelotazos urbanísticos de PP-IF, pregamos intervención Xunta. A.VV……………………………………………

Descarados intentos privatizar chan público ferrolán provocan protestas veciñais. Pregamos actuación Xunta. A.VV………………………………………………

Necesitamos urxente actuación Xunta para evitar desastres urbanísticos en Ferrol. Hai que paralos como sexa. A.VV…………………………………………….

Pregamos axuda Xunta para salvar chan público ferrolán en perigo extinción. Sartaña, Recimil, Menáncaro, Praza de España, suma e segue. A.VV………………………………..

SOS. Ferrol avergoñado prega axuda Xunta para evitar desastres urbanísticos e depredación chan público.A.VV………………………………………..

Prazas e lugares públicos ferroláns están a ser esquilmados por depredadores urbanísticos. Pregamos urxente axuda Xunta. A.VV…………………………………….

Xustiza tardía. Feitos consumados. Chan público regalado. Descarados negocios urbanísticos. Ferrol prega axuda. A.VV……………………………………………

Demoledores e depredadores tentan encher os petos a costa do chan público ferrolán. Xunta debe actuar axiña. A.VV………………………………………….

Se Xunta non salva Galiza dos depredadores chan público, ¿para que serve? Ferrol necesita axuda urxente. A.VV…………………………………………….

Ferrol sufre os maiores ataques urbanísticos súa historia. Imos ficar sen chan público. Necesitamos axuda urxente.A.VV……………………………..........

Imprescindible actuación Xunta para frear actuacións rapineiras goberno ferrolán. SOS. A.VV....................................................................

PP-IF van deixar Ferrol en pelotas e coas mans nos petos. Acaban coas nosas prazas.¡Socorro! A.VV.......................................................

E

Convocatoria da Asemblea Cidadán de Ferrolterra Mércores, 14 de Febreiro de 2007, ás 20 horas Salón de Actos do Ateneo Ferrolán

X Asemblea Cidadá 14 Febreiro 2007

A tódalas entidades sociais e persoas, integradas na Asemblea Cidadán de Ferrolterra

Mércores, 14 de Febreiro de 2007, ás 20 horas

Salón de Actos do Ateneo Ferrolán

A publicidade prepotente de Reganosa anunciou para a primaveira do 2007 a entrada en funcionamento da Planta de Gas que constrúe. Polo que sale nos medios, dedúcese que Reganosa aínda non ten a autorizacion de funcionamento que ten obligación de solicitar. Por iso, coa axuda de determinados medios de comunicación, Reganosa está facendo unha campaña mediática presionando o Goberno central para que lle permitan vender o doble de gas natural do que ten autorizado, deixando ver que o negocio de Reganosa será un fracaso se non logran duplicar a súa capacidade.

Os procesos de contenciosos na Xustiza continuan contra Reganosa, pese a que o Concello de Ferrol acordou retirarse dous dos seus contenciosos que tiña presentados, cando nun deles xa tivo unha sentencia do TSXG que anula a tramposa tramitación ambiental de Reganosa. Neste contexto valórase como claramente positivo o documental elaborado por Linea 900 de TVE, que foi emitido sete veces en distintos canales de TVE. Por todo iso convocase esta X Asemblea coa seguinte:

ORDE DO DÍA

1º.- Informe de situación.

2º.- Proxección do documental “Un gasoducto no meu xardin” (Línea 900).

3º.- Iniciativas a raíz da emisión do documental de TVE Linea 900.
Asdo. O Coordinador do Comité Cidadán

Mais info en : http://comitecidadan.org

A SGHN oponse a que o polígono industrial de Leixa destrúa espazos naturais

Transcribimos unha nova que sae hoxe publicada no Diario de Ferrol, pois a consideramos de interese, para procurar a súa máxima difusión, relacionada coa presentación de alegacións ao proxecto do Polígono Industrial de Leixa e o seu informe de impacto medio ambiental, pois a realización deste proxecto destruiría espazos naturais de grande valor ecololóxico.

Diario de Ferrol

Ferrol | Vernes, 9 de Febreiro de 2007

A SGHN oponse a que o polígono industrial de Leixa destrúa espazos naturais

A Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol presentou alegacións ó proxecto sectorial e ó estudo de impacto ambiental do parque empresarial de San Pedro de Leixa por entender que este proxecto afecta á integridade dos espazos húmidos e ás manchas de bosque autóctono de Leixa.

REDACCIóN > FERROL

A SGHN reitera que é fundamental excluir da zona afectada a superficie das veigas existentes no cuadrante suleste, así como a Fraga da Pega. Con esta segregación sería, para a entidade, suficiente para a preservación dos espacios con maior biodiversidade, que se corresponden coas zonas húmedas asolagadas temporalmente, de veigas ocupadas por prados de sega e vexetación riparia asociada ós regos Fonteiroa, Leixa e Río Seco, así como pola Fraga da Pega, un dos escasísimos e reducidísimos exemplos de bosque autóctono que fican no concello de Ferrol, o que lle confire un grande valor ambiental.

A sociedade ecoloxista indica tamén que dende outro punto de vista, semella que a superficie restante disponible para o polígono é suficiente para as aspiracións de reindustrialización da zona, tendo en conta o espazo industrial xa existente nunha superficie que abrangue dende Leixa ata Catabois, que precisaría dunha maior optimización, dándolle unha nova configuración.

Ámbito > A Sociedade Galega de Historia Natural entende ademáis a necesidade dunha planificación supramunicipal, tendo en conta que as sucesivas fases urbanizadoras dos concellos de Narón e Fene deron lugar, según a entidade, a un proceso de "conurbanización, podendo considerarse hoxe en día como una unidade".

Finalmente a entidade pon en dúbida a legalidade dos proxectos sectoriais que se están a desenvolver, tendo en conta a "inexistencia de directrices de ordenación territorial, requisito indispensable para levar adiante este tipo de actuacións", afirma a SGHN, que cita, neste senso, a Lei de Ordenación do Territorio.

___________________________
Notícia orixinal no Diario de Ferrol
___________________________

xoves, febreiro 08, 2007

Denuncia a pasividade do Goberno Municipal na reivindicación do Edifico de Aduanas

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para artabra21@gmail.com
Data: 8 de febreiro de 2007 16:23
Asunto: Denuncia a pasividade do Goberno Municipal na reivindicación do Edifico de Aduanas


Esquerda Unida-IU de Ferrol denuncia a pasividade do Goberno Municipal na reivindicación do Edifico de Aduanas

Como se lembrará no Pleno de 27 de xullo de 2006 foi aprobado por unanimidade da Corporación, e como punto 7 da moción presentada polo Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU de Ferrol, iniciar conversas co Ministerio de Hacienda para conveniar a cesión do edificio de Aduanas.

Pois ben, transcorrido xa máis de medio ano dende a aprobación do dito acordo, a Voceira municipal e Candidata á Alcaldía por Esquerda Unida-IU, Yolanda Díaz, preguntou na Comisión Informativa de Urbanismo sobre o estado do expediente ou as conversas mantidas para dar cumprimento ao dito acordo cos responsables do Ministerio de Hacienda.

A sorpresa foi maiúscula cando o Presidente da Comisión afirmou que non se fixo ningunha xestión encamiñada a ese fin. Así pois dende Esquerda Unida-IU de Ferrol non podemos deixar de denunciar a inoperancia do Grupo de Goberno que nin sequera é capaz de dar cumprimento o que votan afirmativamente nos Plenos e lamentar que por culpa desta neglixencia a veciñanza de Ferrol Vello non poida dar cumprimento ao desexo de darlle ao edificio un uso social.

Ademais queremos recomendarlle ao Goberno Municipal que ,antes de andar buscando responsabilidades noutras administracións, sexan honestos e responsables e cumpran as responsabilidades que libremente asumiron e para as que foron elexidos. Non sen deixar de recomendarlles que de cando en vez analisen a súa actuación e fagan autocrítica en vez de andar buscando responsables da súa nefasta actuación na oposición municipal.

Ferrol, 8 de febreiro de 2007

Esquerda Unida-IU de Ferrol

A Xunta Directiva, da Aso. Vec. O Rosario - Inferniño, presenta as coconlusións da Asemblea de barrio celebrada o 1 de febreiro de 2007

De: asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de febreiro de 2007 16:17

Nota da Xunta Directiva respecto a Asemblea do pasado 1 de febreiro de 2007

ASEMBLEA - PARQUE URBANO INFERNIÑO.-

A Xunta Directiva, presenta as CONCLUSIÓNS da ASEMBLEA DE BARRIO, celebrada o pasado día 1 de Febreiro no Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.

ENTROUTRAS CUESTIONS cabe destacar o proxecto do PARQUE URBANO do INFERNIÑO que a Asociación proponse impulsar o que entendemos que este parque leva un retraso de 20 anos.

Adxuntamos as CONCLUSIONS, PROXECTO e CONCURSO DE IDEAS, en detalle que ten o visto bo de arquitectos e todos veciños/as do barrio.

Ferrol a 7 de Febreiro de 2007.

asdo. Pedro Cachaza - Secretario

asdo. Xosé M. Sanxoán - Presidente


--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: http://ferrolnovo.blogspot.com

Enlaces relacionados coa documentación da Asemblea:

mércores, febreiro 07, 2007

Convocatoria Xuntanza e Rolda de prensa de presentación da Rede Litoral Vivo: 10 de febreiro, sábado en Compostela

De: Xan Duro xanduro@usc.es
Para: adega (martiño fiz), Afonso (Verdegaia Vigo), Amigos da Terra - Grupo comarcal de Cedeira, Anduxía, apdr (María Peón), Asociacion O Carballal (Luís Pérez), AVV de Bouzas (Miguel Anxo Rivas), Bouzas Móvete (Puri), Colectivo Nacionalista de Marin, Comité emerxencia Ría Ferrol (Carmelo Teixeiro), Foro Social de Cangas (Tiago Pérez), Fusquenlla, José Manuel Casais, Luita Verde (Cándido Martínez), "OTOMBOAV, Paco González (greenpeace), Plataforma Artabra 21, Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón (Antonio Lores), Salvemos Monteferro (Xosé Reigosa), Xesús do Río (viaduto outes), Tino
Data; 7 de febreiro de 2007 19:55
Asunto: Convocatoria Xuntanza e Rolda de prensa de presentación da Rede Litoral Vivo


Xuntanza e rolda de prensa posterior da Rede Litoral Vivo. Sábado, 10 de febreiro


Día: Sábado, 10 de Febreiro de 2007
Hora de comezo xuntanza: 11:00 h
Hora de comezo rolda de prensa: 13:00 h

Lugar: Galería Sargadelos. Rúa Nova 16. Santiago de Compostela

Asuntos a tratar

1.- Remate do proceso constitutivo
2.- Organización da rolda de prensa
3.- Xestión da web www.redelitoralvivo.info
4.- Actividades cara ao futuro. Proposta de mobilización realizada por Fusquenlla.
5.- Varios

--
Xan Duro
Coordenador Xeral
www.verdegaia.org
www.bicis.info

Concentración da Veciñanza de Sartaña na Praza do Concello, para presentar alegacións ao procedemento que está a levar o goberno local

VECIÑ@S DE SARTAÑA

Jove Vidal, José Ramón
joserjove@terra.es

Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de febreiro de 2007
Asunto: Concentración da veciñanza de Sartaña na Praza do concello, para presentar alegacións ao procedemento que está a levar o goberno local en relación co expediente para a construcción do centro de ocio de Sartaña


Ola compañeir@s.

Comunícovos que o próximo venres día 9 de febreiro as 12:30 horas, os Veciños na Defensa de Sartaña se concentrarán as portas do Concello de Ferrol para posteriormente acudir en grupo ao rexistro xeral do Concello, a presentar alegacións ao procedemento que está a levar o goberno local en relación co expediente para a construcción do "centro de ocio de Sartaña".

Nos convidamos a toda a xente que poida asistir.

Facede o favor de difundilo.

Un saúdo,

José Ramón Jove


Adxúntovos o documento.

Documento de Alegacións que se vai presentar o vindeiro venres, día 9 de febreiro, ás 12:30 no registro do Concello de Ferrol:



AO CONCELLO DE FERROL

D______________________., provisto de D.N.I. __________.__ e con domicilio a efectos de notificaciones na Rúa Galiano, 23-25, entresuelo, dereita de Ferrol, comparece e, como mellor proceda en Dereito, DI:

Que ante a decisión do Excmo Sr. Alcalde de retirar da orde do día da sesión extraordinaria do pasado día 1 de febreiro de 2007 a proposta de aprobación definitiva do proxecto básico e de execución para a construción, xestión e explotación dun centro deportivo de lecer e saúde no barrio de Ultramar, en aplicación do disposto no artigo 31 da Lei 30/92, a medio do presente escrito veño formular as seguintes

ALEGACIÓNS

PRIMEIRA.- A decisión de retirar da orde do día a votación achega do punto referido débese, ao parecer, a que non se procedeu por parte do Concello ao que me dirixo a resolver o recurso de reposición que unha formación política presentou no seu momento fronte ao acordo do Pleno adoptado o 25 de maio de 2006.

Con todo, non se tivo en conta que un gran número de veciños de Ferrol, non soamente da zona de Ultramar, presentaron escritos de alegaciones que tampouco obtiveron resposta por parte da Administración á que me dirixo. Como se sabe, o artigo 42 da Lei 30/92 obriga ás Administracións Públicas a dictar resolución expresa en todos os procedementos, xa sexan iniciados de oficio ou a instancia de parte, o que no noso caso, obriga ao Concello de Ferrol a resolver non soamente sobre o recurso de reposición presentado, senón tamén sobre as alegaciones suscitadas polos cidadáns. E todo iso con carácter previo a calquera decisión sobre a aprobación do proxecto.

SEGUNDA.- En segundo lugar, e segundo informacións publicadas en diversos medios de comunicación, o proxecto que se pretendía someter a Pleno sufriu variacións, a consecuencia do estudo encargado polo titular de Urbanismo.

Pois ben, aínda considerando que o trámite de publicidade do proxecto inicial cumpriuse ao non sufrir modificacións desde a fase de anteproyecto, as variacións sufridas neste instante, por nimias que puidesen ser, obrigar a someter a información pública, co correspondente prazo aos interesados para efectuar as correspondentes alegaciones. Debe considerarse que o proxecto foi variado e xa que logo, os interesados teñen dereito a coñecer o estado final do mesmo, e iso, por suposto, antes de que sexa sometido a aprobación polo Pleno municipal, a fin de que poidan terse en conta as alegaciones que se efectúen no seu caso.

Con todo, o que parece é que existe unha intención de acelerar os trámites administrativos, aínda a costa dos dereitos dos cidadáns (a efectuar alegaciones, coñecer o estado dos procedementos nos que teñan a consideración de interesados,?), das obrigacións que a Lei impón ás Administracións Públicas, ou ata dos principios constitucionais polos que debe rexerse a actuación administrativa.

TERCEIRA.- Doutra banda, é necesario apuntar que outras Administracións teñen as mesmas reservas cara ao proxecto que nos ocupa que moitos dos cidadáns de Ferrol, o que nos leva a preguntarnos como é posible que entidades públicas que se rexen por idéntica lexislación poidan ter enfoques tan absolutamente diversos dun mesmo procedemento, considerando unha que se cumpriu escrupulosamente coa legalidad, e outras, que a tramitación deixa bastante que desexar.

CUARTA.- Finalmente, quen subscribe desexa reiterarse en todas as alegaciones que se efectuaron ao longo da tramitación do presente procedemento, relativas á total inadecuación da cualificación das parcelas para os fins pretendidos, tendo en conta que unha lámina de auga, que non piscina, (tal e como aparece no anteproyecto) difícilmente pode considerarse como instalación deportiva; a cuestión relativa a existencia doutros lugares de mellor ubicación dunha instalación como a pretendida; o oscurantismo que reinou en todo o procedemento; o feito de que se vai a privatizar un espazo público empregado polos veciños libremente, para o enriquecimiento da empresa Serviocio; e a evidente perda de valor dos inmuebles colindantes.

En virtude do exposto,

SOLICITO que se admita o presente escrito como presentado en tempo e forma, e por realizadas as alegacions que se conteñen no corpo do mesmo, procedendo a someter a exposición pública o proxecto, con específica indicación das modificacións introducidas, e habilitando o prazo correspondente para que os interesados poidan alegar o que estimen conveniente, prazo que en todo caso non poderá ser inferior a dez días hábiles, con expresa notificación no domicilio consignado ao efecto, todo iso con anterioridad á nova convocatoria para someter a Pleno a cuestión da aprobación do mesmo.

En Ferrol, a 6 de febreiro de 2007

(Asinatura)


OTROSÍ DIGO.- Que ao amparo do disposto no artigo 42 da Lei 30/1992, SOLICITO resólvanse as alegaciones presentadas polos interesados no presente procedemento, antes de proceder á convocatoria de Pleno para a aprobación do proxecto, procedendo á notificación da resolución na forma legalmente determinada, no domicilio que se fai constar ao efecto no encabezamiento deste escrito.

Mesmos lugar e data

(Asinatura)

martes, febreiro 06, 2007

Concentración este martes, 6 de febreiro, ás 8 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Ferrol

De: marchagaliza@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de febreiro de 2007 10:15:30


A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN EN SINAL DE DOR E REPULSA POLO ASASINATO DE Mª CARMEN


Concentración este martes, ás 8 da tarde, día 6 de febreiro, na Praza de Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Ferrol

A Marcha Mundial das Mulleres quere manifestar a súa dor pola morte de Mari Carmen, veciña de Meaño, e a sua repulsa unha vez máis pola violência de xénero. E queremos facer pública a nosa raiba e a nosa dor para que o seu asasinato non sexa silenciado.

Mari Carmen é a primeira víctima de violencia de xénero en Galiza neste ano 2007, pero temos que lembrar que non é a primeira en Galiza desde o 2005 como din algúns meios de comunicación. No ano 2006 foron asesinadas outras tres mulleres: Águeda (en Baiona), Argentina (en Vigo) e Mª Mar (en Cedeira), sen contar coa muller nixeriana aparecida morta en Vigo da que non sabemos se morreu por causas naturais.

Unha vez máis temos a constatación dolorosa de que a “familia e o fogar” seguen sendo lugares inseguros para as mulleres, porque non está garantida a nosa seguridade, e a nosa liberdade.

A violencia de xénero non é un problema individual causado polo álcool, ainda que éste pode ser un desencadenante, nen é un problema das mulleres, ainda que somos nós quen o sofrimos. É un problema da cultura masculina/patriarcal e dos homes. Son as normas desta cultura as que propician e toleran a violéncia e son “homes” as que a exercen de diversos modos e en diferentes ámbitos. Por todo iso é necesário o compromiso de toda a sociedade para colaborar na loita contra a violéncia.

Esta vez foi Mª Carmen quen morreu pero cando unha muller é asasinada todas somos víctimas.


MMM na comarca de Ferrol
FENE [Ferrol-Terra]:
Escola Fonte do Campo S/N
15500 Fene
Telfs 652201003 - 667685430 - 696732735

Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
http://www.feminismo.info

correio-e: marchagaliza@feminismo.info

MMM web-internacional
http://www.marchemondiale.org

Rede Estatal de Organizacións Feministas Contra a Violencia de Xénero
http://www.redfeminista.org


A Rede fai un chamamento:

A todas as mulleres para que non toleren nas súas relacións, tanto públicas como privadas, ningunha afronta á súa dignidade e integridade, sumándose á defensa de cantas iniciativas tendan á erradicación da Violencia de Xénero.



A noticia nos medios de comunicación convencionais:
=============
La Voz de Galicia
=============
Diario de Ferrol
=============
Galicia Hoxe
=============
Faro de Vigo
=============

Respéctame
as miñas diferencias, os meus desexos, a miña sexualidade, a miña historia, a miña capacidade de decidir, de pensar, de traballar, de gozar; de decidir sobre a miña vida , a miña sexualidade, as miñas amizades, os meus estudos, o meu traballo; sen imposicións, sen malos tratos, sen discriminacións, sen violencia, sen estereotipos, sen sexismo, sen machismo,...

luns, febreiro 05, 2007

Video do discurso de Ignacio Ramonet ao recoller o II Premio Xosé Couso, concedido ao periódico Le Monde Diplomatique

Video "Los Juanes de Ferrol": Juan Juncal e Juan Fernández sobre a espoliación da veciñanza de Canido por parte do Goberno Municipal

Video emitido nunha cadena de de TV, no programa "Caiga Quien Caiga - CQC", sobre actuación do Mal-Goberno Municipal na expropiación da veciñanza da Rúa Insua no Bairro de Canido en Ferrol.
Sendo concelleiro de Urbanismo Pita-Romero, Alcalde Juan Juncal e Teniente Alcalde Juan José Fernández García.




<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

Convocatoria da XUNTA COORDINADORA para o vindeiro Martes, día 6 de Febreiro ás 7 horas da tarde, no LOCAL da Fundaçon Artabria

Convocatoria da XUNTA COORDINADORA

6 de Febreiro de 2007.


Orde do día

1 .- Lectura e aprobación, se procede, da ACTA anterior.

2 .- Estado de contas-

3 .- AVALIACION E ANÁLISE dos últimos PLENOS DO CONCELLO.

NOVAS PROPOSTAS .-

4 .- Rede Litoral VIVO .- XUNTA EN S.COMPOSTELA.

5 .- Declaración “Vítimas da Guerra de Iraq”.

6 .- Suxestións e preguntas.-


Ferrol a 5 de Febreiro de 2007.

Asdo. - A Xunta Coordinadora.

Amadeo Varela

Ernesto Lópes

Miguel Reimúndez

José R. Jove

Carlos Gª Seoane

Xosé M. Sanxoán

Convocatoria dunha reunión para o xoves, día 8 de febreiro, ás 7 da tarde no local social da A.V. de Esteiro "Fontelonga"

De:Convocantes en defensa dos espazos públicos
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra212gmail.com
Data: 4 de febreiro de 2007 23:15
Asunto: Convocatoria dunha reunión para o xoves, día 8 de febreiro, ás 7 da tarde no local social da A.V. de Esteiro "Fontelonga"

Olá a todos/as .- Por acordo da pasada Reunion , quedamos CONVOCADOS para o vindeiro xoves-8, ás 7 horas da tarde no local da Asociación Veciñal de FONTELONGA.

ORDE DO DÍA.

- Faremos unha revision e analise dos acordos vixentes na actualidade,

- Actualización das contas.

- Analise dos ultimos PLENOS .-

1 - Pleno de fin de mes, Praza de Porta Nova/ Praza de España.
2 - Pleno de Sartaña.

- Actitude actual do goberno local, respecto ao Edificio da Praza.

- Novas PROPOSTAS e ACORDOS.

Saúdos.

Ferrol a 5 de Febreiro de 2007

Entidades e organizacions CONVOCANTES.

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol

Comentarios ás declaracións do concelleiro e portavoz do PP en Ferrol, Sr. Vilariño

De: sanfernanadorecimil
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de febreiro de 2007 11:41
Asunto: Comentarios ás declaracións do concelleiro e portavoz do PP en Ferrol, Sr. Vilariño

¡Hola amigos ártabros!

Gustaríame que lle botásedes unha ollada a esta noticia que vos comento.

Na páxina 3 do día 2 de xaneiro, D. de Ferrol publicaba unhas declaracións do voceiro municipal do PP, Sr. Vilariño, arremetendo contra Roi Xordo. Se lemos entre líñas, a rabieta de Vilariño non ten desperdicio. Algunhas das conclusións que se poden tirar do asunto, son as seguintes:

Vilariño cuestiona a representatividade de Roi Xordo, pero o PP aproveitou esa representatividade cando os apoiaban nos casos de Recimil e Sartaña.

Trata de provocar ós da Federación para inducilos a presentarse ás eleccións dicindo que ese é o mellor xeito de demostrar a súa representatividade, pero sabe moi ben, que os votos que acadara Roi Xordo, non sairían da “parroquia” do PP. A xogada está clara: divide e vencerás.

Quéixase o rapaz de que, “este colectivo”, dun tempo a esta parte, dedícase a facer política, no canto de representar os intereses dos veciños de cada un dos barrios da cidade. Segundo o Sr. Vilariño, representar esos intereses non é facer política. El entende por facer política todo o contrario, é dicir, amolar, asoballar e arruinar ós veciños e a cidade.

Dice tamén Vilariño, que Roi Xordo está desempeñando unha acción política encuberta, dirixida por determinados grupos que conforman a oposición municipal. Esquece dicir, que antes esa política non era encuberta, senón que era claramente favorable ás súas intencións.

Ademais, acusa á Federación, de traballar ó servicio de determinados partidos políticos, fomentando a confrontación veciñal e a crispación social. É a táctica do que está “pringado”: chámallo antes de que cho chame.

Hai aínda algo máis significativo. Utiliza o vello sistema de descalificar e desprestixiar, definindo ós dirixentes de Roi Xordo, como "profesionales de la protesta, especializados en la creación de plataformas en las que siempre están los mismos". Vése claramente hacia donde apunta o Sr. Vilariño. Hai cuarenta anos, os sinalados deste xeito poderían ter graves problemas.

O remate tamén ten o seu AQUEL: sinala que as asociacións veciñais representan de forma moi digna e moi respetable o sentir e as reivindicacións dos veciños. O sentir e as reivindicacións ás que eles non fan nin puñetero caso. Pero había que dicilo, non sexa que as asociacións veciñais se cabreen...

En fin, que o Sr. Vilariño ten a cara como o cemento, pero políticamente da a impresión de que lle falta unha fervedura.

Para min, o que queda máis claro de todo é que parece que lles estamos facendo “pupa”. E coido que eso debería ser un estímulo para nós.

Saúdos.

domingo, febreiro 04, 2007

SOS Murela: Boas palabras, pero poucos feitos e balóns fóra agoiran un futuro pesimista para o xacemento

De: Choiva Ázeda -choivazeda@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 03-feb-2007 14:03
Asunto: S.O.S. MOURELA

SOS Mourela: Comunicado 31/01/06: A BUROCRACIA E O DESLEIXO PODEN ACABAR COA MOURELA

Boas palabras, pero poucos feitos e balóns fóra agoiran un futuro pesimista para o xacemento

As Pontes, 31 de xaneiro. No día de onte, tivo lugar a agardada entrevista co Director Xeral de Obras Públicas, Sr. Morato, para coñecer a opinión do seu departamanto encol do proxecto presentado por ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes para salvar o círculo lítico da Mourela. Lembremos que este proxecto propuña a construcción dun túnel en troques dunha trincheira que arrasaría o xacemento e fendería a zona arqueolóxica veciña.

mourela.jpg

Lamentábelmente, logo desta conversa temos que dicir que a destrucción da Mourela está hoxe máis perto. Nun exercicio de confusionismo, inconcreción, e burocracia mal entendida, o Dir. Xeral de Obras Públicas manifestounos a súa intención de continuar co proceso administrativo en marcha, isto é, de executar o proxecto previsto inicialmente.

Seguir lendo ....

SE CHE INTERESA QUE A XENTE COÑEZA ESTA PROBLEMÁTICA, REENVIA ESTE CORREO. GRACIÑAS.

Se non che interesa recibir máis E-MAILS nosos, só tes que enviar un correo ca palabra BAIXA

choiva-azeda.blogspot.com

Asociación Cultural Choiva Azeda

AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ


sábado, febreiro 03, 2007

Contra os abusos dos operadores de telefonia, 6 de Febreiro: ¡¡móbiles caídos!!

De: calareo -calareo@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de febreiro de 2007 22:13
Asunto: Contra os abusos dos operadores de telefonia, 6 de Febreiro: ¡¡móbiles caídos!!


IMPORTANTE:

Os operadores móbiles en España queren subir as súas tarifas a principios de marzo para compensar o efecto da nova lei que prohibirá a práctica do redondeo nas chamadas.

A idea das compañías de móbiles é aumentar o prezo do establecemento de chamada -fixado agora por todos os operadores en 12 céntimos- e o do prezo por minuto.

Telefónica xa anunciou que a partir do 1 de marzo o prezo de establecemento da chamada subirá de 12 a 15 céntimos de euro ?un 25%- e tamén subirá a tarifa nominal por minuto.

Telefónica Móbiles é o principal operador en España, con 21 millóns de clientes e unha cota de mercado que roza o 46%. Coa subida das tarifas, o prezo medio por minuto Subirá un 16% ao pasar de 18,4 céntimos a 21,45 céntimos, calcula o diario 'Expansión'.

Orange e Vodafone anunciasen nos próximos días cales serán as subidas das súas tarifas, similares a Movistar.

O único fin desta subida nas tarifas en non ver mermado o Beneficio do exercicio pola aplicación dunha lei aprobada no parlamento para salvagardar os dereitos dos Consumidores destas compañías telefónicas.

As compañías telefónicas non se avergoñan en absoluto de ESTAFAR aos seus clientes e soben as tarifas colocándoas ao dobre que noutros países Europeos por exemplo Dinamarca, Bélgica ou Holanda.

Se non reciben un toque de atención por parte dos consumidores, que deberían ser a súa primeira preocupación, estas compañías seguirán tendo uns beneficios anuais máis altos que o PIB de máis de 60 países no mundo.

Convócase a todos os usuarios e consumidores de telefonía móbil a unha xornada de móbiles caídos que terá lugar o próximo 6 de Febreiro (Martes).

Se durante ese día os 40 millóns de móbiles que hai en España non fan ningunha chamada, salvo as estrictamente necesarias, e non mandan ningún sms, algunha alarma soase nos consellos de dirección destas tres empresas e os directivos despegaran o cu dos seus asentos de pel para
dirixir as súas miradas cara aos seus clientes, que están fartos de tarifas abusivas, de contratos de permanencia que son tan ilegais como as tarifas que nos van a meter con calzador.

Pon unha alarma no teu móbil ou apontoo no teu calendario, para que non se che esqueza que ese día farás historia e recordásese por moito tempo como o día que empezaches algo moi importante para moita xente. Se conseguimos que non entren en vigor estas tarifas valería a pena.

PASAO.

Asoc. Cult. Fuco Buxán: Programación dos Actos da Homenaxe Galega a Isaac Díaz Pardo a celebrar en Ferrol nos meses de Febreiro e Marzo

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: -artabra21@gmail.com-

Data: 3 de febreiro de 2007 16:07

Asunto: Programa Homenaxe Galega a Isaac Díaz Pardo <>
Para: fucobuxan@yahoo.es

Temo-lo agrado de adxuntar Programación dos Actos da Homenaxe Galega a Isaac Díaz Pardo a celebrar en Ferrol nos meses de Febreiro e Marzo.

Prégase difusión

fuco buxán - Asociación Cultural


Homenaxe Galega a Isaac Díaz Pardo

Esta homenaxe ten vocación de ser un Acto plural, aberto a tódolos cida­dáns, que incorpore ó conxunto de colectivos que constitúen a realidade social, sindical, económica, política e cultural de Galicia.

Xa que logo, a participación na homenaxe -das Entidades e dos particulares- será posible, ademais de asistindo e colaborando cos actos que figuran no programa ache­- go, vinculándose ao mesmo a través de textos de adhesión, que serán entregados ao Homenaxeado incluídos nun álbum-recordo do evento.

Tamén é posible colaborar económicamente, axudando a sufragar os gastos de orga­nización, a través da SIMBÓLICA "Mesa Cero" da Cea-Homenaxe, efectuando o ingreso da donación na conta corrente abaixo sinalada, indicando o nome do donante e o concepto "MESA CERO".

A Céa-Homenaxe, na que haberá diversas intervencións e entrega de agasallos ao Homenaxeado, terá lugar o día 2 de Marzo ás 22 horas, na Feira de Mostras de Ferrol, sendo o número de asistentes limitado por razóns de organización.

O importe da cea é de 35 € por persoa no que se inclúe, como agasallo ós asisten­tes, o libro «l. DIAZ PARDO. Homenaxe Galega». A reserva de cuberto, efectuarase mediante ingreso na conta bancaria abaixo indicada, facendo constar nome do remi­tente e representación no seu caso, e sinalando no concepto o número de asistentes. O prazo de inscrición remata o día 20 de Febreiro. Asemade prégase aos cargos ins­titucionais confirmación de asistencia ao Acto Central no Teatro Jofre antes da data sinalada anteriormente.

Conta bancaria: 00720188900000102028- Banco Pastor-Ax. 3 Ferrol, FUCO BUXÁN. HOMENAXE A ISAAC DíAZ PARDO.

Co noso máis cordial saúdo, a nosa sincera disposición en canto podamos ser de utilidade.
FUCO BUXÁN Asociación Cultural


Asociación Cultural Fuco Buxán
– Apartado Correos 240 – 15400 FERROL
Tfno. 981325492
fucobuxan@yahoo.es
www.fucobuxan.com

venres, febreiro 02, 2007

Proposta de xuntanza para finalizar este longo proceso de constitución da Rede Litoral Vivo

Xan Duro -xanduro@usc.es-
Para:artabra21@gmail.com
Data: 02-feb-2007 17:48
Asunto: Proposta de xuntanza

Ola a tod@s,

Creo que chegou o momento de xuntármonos para finalizar este longo proceso de constitución da Rede Litoral Vivo.

Propoño o sábado 10 de febreiro ás 11:00 na Galería Sargadelos en Compostela. Pódese aproveitar para convocar rolda de prensa as 13:00 para facermos a presentación oficial.

Por favor confirmade a vosa disposición ou senón propoñede datas alternativas.

Fusquenlla contactou connosco para se incorporar á Rede. Mándolles copia desta mensaxe.

Unha aperta
--
Xan Duro
Coordenador Xeral
www.verdegaia.org
www.bicis.info

Asociación Veciñal O Rosario - Inferniño: nova factura da auga en Ferrol

De: asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 02-feb-2007 12:55
Asunto: ¡¡¡NOVA FACTURA AUGA!!!


A Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO, comunica seu malestar pola subida excesiva do RECIBO DE AUGA .

Adxuntamos unha COMPARATIVA ONDE VEN EXPLICADO AS DIFERENZAS que existen respecto ó recibo anterior.

Consideramos outro EXCESO do Goberno Local que o Alcalde sempre defendeu coa promesa electoral de rebaixar o recibo da auga.

Destacamos coma unha grande diferenza o apartado de cobramento de URBASER +14,13 %.

RECIBO DE AUGA SOBRE 30 M3 unha subida de + 53,48 %.

ALCANTARILLADO EN 30 M3. un AUMENTO ESPECTACULAR + 63,73 %.

SAÚDOS

Ferrol a 2 de Febreiro de 2007.

asdo. Pedro Cachaza Pereiro - Secretario

asdo. Xosé M. Sanxoán Caamaño - Presidente.

--
ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com


TABLA COMPARATIVA MOSTRANDO O INCREMENTO NO RECIBO DA AUGA E LIXO



Decembro 2006 Xaneiro 2007 Incremento
Augas de Galicia Canon de saneamento 0,197 €/m3 0,197 €/m3 0 %
SOGAMA Lixo 2,82 €/mes 2,92 €/mes 3,55 %
URBASER Recollida de Lixo 3,636123 €/mes 4,15 €/mes 14,13 %
EMAFESA
(·30 m3)1
Auga 0,2823*30=
8,47 €
4+0,3*30=
13,00 €
53,48 %
Alcantarillado 0,1323*30=
3,97 €
2+0,15*30=
6,50 €
63,73%
EMAFESA
(20 m3)2
Auga 8,47 € 4+0,3*20=
10,00 €
18,06 %
Alcantarillado 3,97 € 2+0,15*20=
6,50 €
25,94 %

  1. Incremento supoñendo un consumo de 30 m3 en dous meses que era o mínimo anterior.
  2. Incremento supoñendo un consumo de 20 m3 en dous meses.

Pódese observar que tanto na Auga como no Alcantarillado houbo un incremento na cota por m3 ademais de impoñer unha cota fixa, e dicir:

Auga:

Incremento do prezo do m3: 0,30/0,2823 = 6,20 % mais 4.00€ de cota

Alcantarillado:

Incremento do prezo do m3: 0,15/0,1323 = 13,44 % mais 2.00€ de cota

A conclusión e que para pagar igual que no ano 2006 habería que consumir13,9 m3 en dous meses o que significa un consumo de 231,6 litros/día, e dicir menos de a metade dos 500 litros/día do mínimo anterior anteriores, e por conseguinte con consumos inferiores a isos 231 litros estaríamos a falar de pagar menos que no 2006 que era o que nos venderon os nosos representantes municipais cando falaron de impoñer o cobro por consumo real.

Si ben e certo que tanto URBASER como EMAFESA non subiron as cotas dende Maio de 2001, si facemos un cálculo estimativo supoñendo un incremento anual do 4% (os salarios non subiron ese porcentaxe de media) vinda así, na auga resultaría un incremento en exceso do 21,27% e no alcantarillado do 29,5%.

de todo os xeitos habería que preguntarse porqué non se actualizaron as cotas nos últimos anos e se actualizan de golpe e por riba con un incremento medio do 9% anual.

Como información engadida axúntanse os datos de consumo da Comunidade de Madrid, obtidos na seguinte información de GREENPEACE:

    NO FOGAR
    Máis do 40% do consumo de fogar vaise pola cisterna e o 65-70% do consumo total do fogar corresponde ao cuarto de baño. Moitos modelos de cisternas antigos utilizan máis auga da necesaria (10-15 litros), cando a normativa española fixa a capacidade máxima en 9 litros (norma UNE 67-001-88).

    A lavadora, dependendo do modelo, por cada lavado utiliza aproximadamente 100 litros de auga. Este consumo medio está calculado para un programa de algodón a 60ºC. No entanto, o consumo de auga e enerxía varía moito dun programa a outro, entre 20 e 50 litros de diferenza de consumo de auga entre o programa de algodón a 90ºC e o sintético a 40ºC

    En canto ao lavavaixelas, cada vez que se pon utiliza entre 20 e 40 litros de auga, dependendo do modelo, cun consumo por cuberto que pode superar os 2 litros.
    COMUNIDADE DE MADRID
    O ano pasado consumíronse 603 Hm3. Deles o 50% corresponde ao consumo doméstico (cada madrileño consome unha media de 147 l/día)


E decir, 147*4 =588 litros/fogar/día.

Chamada de antención da Plataforma Ártabra 21, pola actitude do Goberno Municipal para coa cidadanía

A Plataforma Ártabra21 quere manifestar a súa preocupación polo que está acontecendo en Ferrol pola actitude do GOBERNO MUNICIPAL [PP-IF] de desprecio á cidadanía.

Mediante este comunicado, que transcribimos máis abaixo, a PA21 quere chamar a atención, nun momento que é case imposíbel a PARTICIPACIÓN CIDADÁN con este Alcalde e grupo de goberno, coas súas actitudes antidemocráticas que pensamos indica unha postura HOSTIL CUNHA PARTE MOI IMPORTANTE DO MOVIMENTO SOCIAL DA CIDADE DE FERROL E CONTRA A PROPIA CIDADANÍA QUE IGNORA E DESPRECIA.

Son demasiados FRONTES OS QUE ESTE GOBERNO TEN ABERTO, interpretando equivocadamente o que é gobernar democráticamente, facendo ouvidos xordos ás demandas da cidadanía, sen diálogo, e actuando nunha especie de depotismo seudodemocrático, facendo o que lle peta, intentando coacionar ao movimento social, escondendo inconfesabeis intereses.

A Plataforma Ártabra21, espera xestos esperanzadores e un cambio de rumbo, tomando decisións correctoras ao que respecta a PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA], PRAZA DE SARTAÑA, FRAGA DE MENÁNCARO, BARRIO DE RECIMIL, ... preocupad@s tamén por certas actitudes dalgúns grupos, desde as bancadas da oposición municipal. Vexase a actitude, destes, diante da inseguridade que representa a PLANTA DE GAS dentro da Ría, vexase a falta dunha actitude crítica cos poderes mediáticos, en concreto co Grupo -Voz, vexase a falta de valentía á hora de defender publicamente unha saída dialogada ao conflito basco, sen presentar unha alternativa á perversa moción do PP, chea de mentiras, manipulacións e outras lindezas , .. ou non interpoñer recursos de reposición ou mesmo, se é o caso, recursos contenciosos contra decisións municipais claramente ilegais e lesivas para os intereses xerais da cidadanía.

A PA21, non se vai deixar coacionar polo goberno municipal, e seguirá firme nos obxectivos e conviccións. Seguirá na liña da denúncia, concienciación e mobilización social, para conseguir obxectivos de xusticia social, participación cidadán, defensa dos espazos públicos, respecto e defensa do medio ambiente. ... e un desenvolvimento sostíbel.


COMUNICADO DA PA21, DIANTE DA GRAVE SITUACIÓN PROBOCADA POLO MAL-GORBERNO MUNICIPAL [PP e IF]

A Plataforma Ártabra 21, con motivo do desenvolvemento do Pleno Extraordinario convocado pola alcaldía para o 1 de Febreiro, queremos facer notar á cidadanía que o nivel político do Concello ferrolán acadou, nese Pleno, o nivel máis baixo que se recorda na nosa cidade.

Convócase un Pleno ás nove e media da mañá, (case con nocturnidade e aleivosía) para tratar dous puntos na Orde do Día. Solventado o primeiro punto, o Alcalde retira o segundo, dando por finalizado o Pleno.

Esta actitude evidencia un absoluto desprezo ós políticos da Oposición e a veciñanza que trataban de presenciar o debate sobre o segundo punto, que trataba da construción da “palangana” na Praza de Sartaña.

Máis unha vez, atopámonos perante unha actuación “esperpéntica” deste Grupo de Goberno, que con este tipo de manobras, parece querer desanimar, e mesmo cabrear, ós veciños e á Oposición, para conseguir os seus obxectivos depredadores de chan público e poñelo ó servizo dos seus amigos.

Desde a Plataforma Ártabra 21, pedímoslle á Oposición municipal que fagan unha fronte común contra as continuas propelías do Grupo de Goberno. Chegou o momento de facer algo distinto e máis forte, xa que os razoamentos, o diálogo e o debate, e as protestas cidadás non serven para nada.

A xente de Ferrol está agardando un xesto dos políticos defensores do pobo, unha indicación que nos marque o camiño dunha contestación máis forte e máis unida.

¡¡Que ninguén se confíe!! Este aprazamento só sirve para que organicen o seu próximo ataque. Pronto convocarán outro Pleno, a porta pechada ou ás cinco da mañá, pero o farán. ¿Non haberá xeito de paralos?

Ferrol a 1 de Febreiro de 2007.

A XUNTA COORDINADORA.-




Asdo. Amadeo Varela / Miguel Reimundez
José R. Jove / Ernesto Lopes
Carlos Gª Seoane/ Xosé M. Sanxoán

xoves, febreiro 01, 2007

Esquerda Unida-IU Ferrol: ante o acontecido no Pleno en relación coa proposta de aprobación do Proxecto de Sartaña

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data:01-xaneiro-2007 13:47
Asunto:Esquerda Unida-IU Ferrol: ante o acontecido no Pleno en relación coa proposta de aprobación do Proxecto do chamado complexo deportivo, ocio e saúde na Praza de Sartaña


Esquerda Unida-IU de Ferrol quere ante o acontecido hoxe no Pleno de Ferrol en relación coa proposta de aprobación do Proxecto de construcción dun complexo deportivo, ocio e saúde na Praza de Sartaña manifestar o seguinte:

Como se saberá o dito asunto foi retirado, a última hora, da orde do día o debate e aprobación desta cuestión. A razón desta retirada, aínda que o Sr. Alcalde non tivo a deferencia de dar explicación algunha sobre o seu proceder, foi que tiña que resolver expresamente ao Recurso de Reposición que esta formación política presentou o 23 de xuño de 2006 así como do millar de recursos presentados polos veciños, cuestión que onte mesmo denunciabamos.

Pois ben, a pesar das advertencias desta formación política o Sr. Alcalde, que é a persoa que fixa a Orde do día dos Plenos, mantívose na súa contumacia de levar á barbaridade de construir unha infraestructura deste tipo ocupando totalmente unha praza pública. Mais finalmente, e ante a evidencia legal de que con carácter previo a levar esta cuestión ao Pleno procedía resolver o Recurso, finalmente, o dito asunto, foi retirado da Orde do día.

Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol queremos facer unha crítica profunda ao comportamento do Sr. Alcalde que, situado na súa torre ebúrnea e ata o ultimo momento, non foi quen de retirar previamente a cuestión da orde do día e só porque debe respectar, consonte a Lei, o procedemento administrativo e de non facelo tería as correspondentes consecuencias. E, toda vez que, dado o tempo transcorrido dende a interposición do recurso, que o Sr. Alcalde, como xa denunciamos, dispoñe de forma arbitraria, e interpreta e executa á Lei segundo o seu propio e non fundamentado criterio, facéndoo incluso sen tomar en consideración os criterios dos demais membros da Corporación, aínda que se lle advirta das obrigacións legais que lle son propias como máximo responsable da Administración Local de Ferrol, era clara a súa intención de saltarse o procedemento e de non contestar ao recurso presentado polo noso Grupo Municipal.

Agora, o Sr. Alcalde, e como sucedía con anterioridade, só ten unha alternativa contestar aos recursos presentados e polo tanto obedecer o mandato legal de respostar expresamente o recurso, cuestión que se comprometeu realizar antes da celebración do Pleno e que é evidente que non fixo.

Esquerda Unida-IU non perde a esperanza de que se impoña a cordura e o sentido común, que este retraso na contestación obedeza a que o recurso vai ser estimado e, dada a imperiosa necesidade da cidadanía de contar cunha piscina que solvente ás listas de espera para a práctica da natación, xunto coa proposta de desestimación do proxecto de construcción do Complexo de Sartaña se presente unha nova proposta de para realizar unha piscina pública no novo barrio do Bertón. Todo isto sen deixar de animar ao Sr. Alcalde a que no sucesivo comprenda que está baixo o criterio da Lei como todos e todas.

Ferrol, 1 de febreiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol

Retirado pola Alcaldía o ponto onde ían aprobar o proxecto de SERVIOCIO, para a Praza de Sartaña



Hoxe ás nove e media da mañá comezaba o Pleno Municipal con só dous pontos na orden do día. A Sala de Plenos estaba a verter, a maioria viziñanza de Sartaña, que pediram permisos especiais nos seus postos de traballo, para atender un deber inescusábel: defender un espazo público que o Mal-goberno municipal, pretenden usurpar.

Unha vez tratado o primeiro ponto, o Alcalde mandou retirar o segundo ponto, aplazandoo "sine die".



O Mal-Goberno Municipal ainda non ten claro, o asunto da Praza de Sartaña, mais a veciñanza, que leva en loita dous anos, SI . Pois os grupos que gobernan no concello [PP e IF], pretendían aprobar o proxecto de SERVIOCIO [un pretendido Centro de salud, ocio y deportivo], sen atender as case 1000 alegacións presentadas [30.06.2006], nin ao recurso de reposición interposto no seu día polo grupo municipal de Esquerda Unida.

Unha delegación da nosa Platforma [PA21], achegouse até o Pleno para amosar a solidariedade, acordada na última Asemblea Xeral.
________________________________________________

Enlace coa Galería Fotográfica deste Pleno de 1 de febreiro de 2007
________________________________________________















Relación de enlaces de referencia publicados no Blog da PA21:

Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe ao Alcalde de Ferrol que resolvamente os recursos de Sartaña

Solidariedade coa veciñanza de Sartaña: o Goberno Municipal do PP e IF, quere aprobar o proxecto de SERVIOCIO, no Pleno deste xoves, 1 de febreiro

Sartaña

Resolucións aprobadas na Asemblea Xeral [27.06.2006]
RESOLUCIÓN DE APOIO Á CAMPAÑA DO COLECTIVO DE SARTAÑA


Argumentos veciñais de oposición ao atentado urbanístico, cívico, social, ...chamado Centro de Ocio de Sartaña

A veciñanza impide facer catas na Praza de Sartaña

Fotos Sartaña Praza Pública [26 e 30 de Xuño de
2006]

Galería Fotográfica: a veciñanza de Sartaña no Pleno Municipal do 1 de febreiro de 2007

Diario de Ferrol: Roi Xordo critica o descoñecemento da lei por parte do goberno

Pola sua importancia, dentro do contencioso social entre o Mal-goberno Municipal de Ferrol e a súa cidadanía, transcribimos esta nova, tirada hoxe do xornal comarcal Diario de Ferrol, onde a Federación Veciñal de Ferrol "Roi Xordo", fai pública unha carta remitida ao Alcalde, na que rexeita as acusacións dos concelleiros Evia e Pita Romero, do PP e IF, informando de que eles recebiron o informe do Servicio de Urbanismo e Inepección Territorial, legalmente por correo certificado e con acuse de recibo, comomanda a lexislación vixente ...

Diario de Ferrol | Xoves, 1 de Febreiro de 2007


FERROL
Roi Xordo critica o descoñecemento da lei por parte do goberno
A Federación Veciñal Roi Xordo considera que o anuncio do goberno local de que denunciará a "filtración" da proposta do Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial sobre a praza de España demostra "un total descoñecemento dá normativa".

REDACCIÓN > FERROL

A entidade indica que na roda de prensa na que compareceron o responsable de Urbanismo, Guillermo Evia, e o "concelleiro sen carteira" Francisco Pita-Romeu se vertieron acusacións falsas contra a federación en relación coa suposta utilización de información confidencial "e contra unha funcionaria do Servizo Provincial de Urbanismo" por unha hipotética filtración de documentación interna. Con estas declaracións, di Roi Xordo, e co anuncio de que o goberno local interpoñería unha denuncia ante a Fiscalía poñen de manifesto un descoñecemento da lei, en concreto contra o Reglamento de Disciplina Urbanística, "que é especialmente grave non señor Evia como persoa que prestou vos servizos na Dirección Xeral de Urbanismo".

A federación fai referencia ao artigo 114 de devandito reglamento, no que se apunta que "a inspección urbanística iniciará as súas actuacións de oficio, por propia iniciativa en razón do labor que ten encomendado, como consecuencia de orde superior, a petición doutros órganos ou a solicitude de persoa interesada", e sinala que no caso da praza de España actuouse en base á denuncia de Roi Xordo e doutros veciños. Continúa aludindo ao artigo 116.3 do mesmo reglamento, no que se especifica que "ou resultado dá información previa deberá notificarse ós interesados, especialmente ó denunciante".

Correo certificado >Aténdose a esta normativa, informa Roi Xordo, a Delegación Provincial de Urbanismo remitiu por correo certificado e con acuse de recibo á federación o oficio no que textualmente sinala que "En cumprimento do artigo 116.3 do Regulamento de Disciplina Urbanística, xunto remítolle fotocopia do informe proposta deste servizo relativo á súa denuncia polas obras...".

A federación sinala, en resposta ás afirmacións do goberno local, que non se trata, xa que logo, "de información privilexiada nin filtración de documentación secreta, tan só de cumprimento dá normativa vixente, algo que non Concello de Ferrol, desde ou inicio do seu mandato, non se adoita facer". Anuncia ao regidor que lle remite copia do escrito enviado pola Delegación Provincial de Urbanismo, non para que comprobe a súa veracidad, "senón para evitarlle á poboación de Ferrol ou ridículo de ver como ou seu alcalde presenta unha denuncia en Fiscalía baseada unicamente nos delirios dous seus concelleiros".

A federación vecinal critica que o goberno local empregue as súas enerxías en denunciar supostas "tramas, persecucións e conspiracións" e en descargar a responsabilidade nos funcionarios "quizais nun van intento de trasladar as responsabilidades penais que poidan recaer pola obra ilegal dá praza de España nos traballadores do Concello de Ferrol".

===================================
Enlace con a noticia orixinal no Diario de Ferrol
===================================