luns, maio 07, 2007

Ría de Ferrol: Reportaxen fotográfica do Bloqueo do Galicia Spirit, de Alberto Saavedra da A.V. Ferrol-Vello [07.05.2007]

Galería Fotográfica de Alberto Saavedra, da Asociación Veciñal de Ferrol-Vello.

asaf@telefonica.net

Bloqueo do Galica Spirit que pretendia entrar na Ría de Ferrol, con GNL, para descargar na planta regasificadora de REGANOSA en Mugardos.

Para ampliar clicar acima das fotografías.








































Concentración, hoxe, luns, día 7 de maio, desde ás 7 da tarde no Peirao de Ferrol


A acción emprendida polo Comité Cidadán de Emerxencia coa colaboración especial dun dos seus compoñentes, a Cofradía de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, impediu no dia de hoxe (as 8 da mañán) un acto ilegal, ABORTANDO A ENTRADA DUN BUQUE GASERO CARGADO, DENTRO DA RÍA DE FERROL, sen contar cos permisos de funcionamento.

Os promotores de Reganosa, seguirán intentando de novo cometer esta ilegalidade, cando volva a subir a marea (pola tarde pleamar as 8 tarde).

Desde o Comité Cidadán de Emergencia, faise un chamamento a tódolos cidadáns de Ferrol e Comarca, a que expresen o seu rechazo a mesma, concentrándonos a partir das 7 da tarde de hoxe no Muelle Curuxeiras de Ferrol en DEFENSA DAS NOSAS VIDAS E A NOSA RÍA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Abortado o intento do buque GNL, de entrada na Ría de Ferrol [07.05.2007]


A RÍA DE FERROL EN PERIGO, ANTE A AMEAZA DUN BUQUE CARGADO CON GNL

De novo hoxe pola mañá lanchas de mariscadores navegaron na boca da Ría para impedir a entrada do buque gaseiro na Ría de Ferrol. Ecoloxistas, membros do Comité de Emerxencia e da Plataforma Ártabra 21, están mobilizados, mais o peso da responsabilidade na acción inmediata está sendo dos mariscadores das cofradias da Ría, o que non van poder manter por muito tempo, senon hai unha resposta cidadá inmediata ante a ameaza de intrudicir na Ría o buque gaseiro e con el un grande risco para a populación de Ferrol e demais concello da comarca.

Os Verdes, demandan das autoridades que fagan público o "detallado informe de riscos que a lei esixe para este tipo de plantas, así como o Planode Emerxencias previsto para calquera incidente, non só na planta senón tamén no buque dada a proximidade dos núcleos habitados".

O Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol o sabado entregáron por rexistro ao Capitan Maritimo de Ferrol, ao presidente da Autoridade Portuaria e ao Delegado do Goberno a fin de que prohiban a entrada do gaseiro que Reganosa pretende descargar dentro da Ria de Ferrol, sen ter autorizacion de funcionamento e sen resolver os condicionados de distancias á población próxima e de saída de urxencia de buques gaseiros. Tales condicionados son imposible de cumprimentar coa ubicacion de Reganosa dentro de Ría de Ferrol.

O Comité de Emerxencia tamén presentou denuncia no xulgado de garda ante a iminente entrada do buque cargado con GNL.

O Sindicato Comarcal de CC.OO. mostrou o apoio aos mariscadores e manifestou estar contra o funcionamento da Planta Regasificadora.

A nosa Plataforma Ártabra 21, ten convocada unha reunión da Xunta Coordenadora ampliada a representantes das entidades que nelaparticipan, para tratar o asunto, hose,luns, 7 de maio, ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán, mais considerabamos que o Comité de Emerxencia debería convocar con urxencia unha Asemblea Cidadá, nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol-Vello xa.

Compre facer un chamamento á cidadanía para que mostre o seu rexeitamento dun xeito contundente e esixa ás autoridades locais, autonómicas e centrais que non autoricen a entrada do buque na Ría.

O Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol, está alerta polo anuncio dunha eminente entrada dun buque gaseiro cargado de GNL na Ría de Ferrol


Membros do Comité de Emerxencia están alerta ante o anuncio da chegada dun buque gaseiro para REGANOSA. O presidente de Reganosa, Félix Alonso Encinas, nunha entrevista concedida á TVG, manifestou que agardaban un buque gaseiro para esta semana, para comezar a traballar na planta regasificadora. Medios de comunicación puxeron data á chegada do primeiro buque, falando do día 10, mais fontes desde dentro da propia empresa, da comandancia e práticos, adiantaron a data para a primeira pleamar [às 05:49 hrs] deste domingo 6 de maio. Os mariscadores da Ría fixeron asembleas e decidiron facerse á mar para impedir a entrada do gaseiro, voltaron estar alerta para a marea alta da tarde [18:08 hrs], mais non apareceu o buque. Hoxe pola mañá está prevista unha nova asemblea de mariscadores e do Comité de Emerxencia, para continuar coa vixiancia da boca da Ría às 06:28 hrs está prevista a primeira pleamar e a segunda às 18:49 hrs.

Unha representación do Comité de Emerxencia presentou denuncia ante o xulgado de garda, informando das pretensión de entrada na Ría do buque gaseiro, para unha empresa que non ten licenza para funcionar, nen existe un plano de emerxencias para a Ría en caso de accidente, e unha serie mais de despropositos. O mesmo alcalde de Mugardos, dirixeuse onte pola tarde a proteción civil, para que lle informaran do plano de emerxencias e de como debería actuar en caso de accidente ou pola mera presencia dun buque gaseiro atracado no peirao de punta Promontoiro no concello de Mugardos. A improvisación e a lixereza coa que se está actuando ante un feito tan grave só merece un nome: IRRESPONSABILIDADE DE TODAS AS AUTORIDADES, tanto das administracións locais, como da central e autonómica.

Xa que as autoridades non poñen freo a tanta inseguridade, improvisación e irresponsabilidade, teremos que ser a cidadanía a que demandemos e actuemos en consecuencia.

O Diario de Ferrol.-
Os mariscadores concentráronse na ría á espera do primeiro gasero

Un grupo de mariscadores concentráronse onte coas súas embarcacións -ao redor dunha treintena- no interior da ría de Ferrol ante a previsión de chegada dun gasero con destino a Reganosa cargado de Gas Natural Licuado (GNL) -a súa capacidade é de 140.500 metros cúbicos-.

O xornal El País recollea noticia na súa edición dixital actualizada

______________________
Desde PA21, seguiremos informando de todo o que vaia acontecendo.

domingo, maio 06, 2007

Reganosa presiona á administración cun gaseiro que pretende entrar sen ter autorización de funcionamiento

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 5 de Maio de 2007 17:38

Asunto: Reganosa presiona á administración cun gaseiro que pretende entrar sen tener autorización de funcionamiento



Quen di que Reganosa é moi segura, estanos recordando o ocorrido co Titanic.
Achego os escritos que onte sabado entregáronse por rexistro ao Capitan Maritimo de Ferrol, ao presidente da Autoridade Portuaria e ao Delegado do Goberno a fin de que prohiban a entrada dun gasero que Reganosa pretende descargar dentro da Ria de Ferrol, sen ter autorizacion de funcionamento e sen resolver os condicionados de distancias á poblacion proxima e de saída de urxencia de buques gaseros. Tales condicionados son imposible de cumprimentar coa ubicacion de Reganosa dentro de Ríaa de Ferrol.

Nestes escritos estan resumidos os motivos polos cales as autoridades deben de prohibir a entrada de gaseros cargados de GNL e dirixíronse a tres autoridades que teñen competencias para prohibir a entrada de buques que ameacen a vida da poboación, cun parrafo final no que no canto de solicitarlles o prohiban advírteselles que poden e deben de prohibilo.

En relacion coa chegada dun primeiro gaseso para Reganosa, o miercoles pasado habia quen en Mugardos aseguraban que llegaria o sabado dia 5. Por outra banda o xoves o Alcalde de Mugardos informou aos seus achegados e amigos que seria o luns ás cinco da tarde, á noite do xoves Felix Alonso Presidente de Reganosa en radio galega declaro que o gasero entraría o xoves dia 10 de maio.

O venres outras informacións decian que seria o luns ás sete da mañá.

Na radio galega o xoves á noite Felix Alonso Presedente de Reganosa foi preguntado se tenian autorizacion de funcionamento. Respondeu que en cuestion de horas esperaban disponere do acta previa de funcionamento, é dicir, que non teñen autorizacion de funcionamento e anunciaron a chegada do gasero para descagar gas natural licuado e para facer probas, polo tanto dedúcese que con ese gasero estan presionando á administracion para autorice o funcionamento a Reganosa sen que teña acreditados os requisitos que a que lle impón a irregular autorizacion de construccion, de 13 de febreiro de 2004.

Hoxe Diario de Ferrol, sae a noticia de que o gasero chega o xoves, aínda que pola informacion dispoñible ese dia é para facer un acto de inauguración con xornalistas e a todo bombo, pero tambien parece unha noticia de distracción xa que se ten coñecemento de que na Capitania Maritima de Ferrol esperan o gasero para o luns ás oito da mañá, hora que ese dia coincide coa pleamar diurna.

Sen ter autorizacíón de funcionamento intentar facer probas con gas natural é unha mostra mais de irresponsabilidad e da pouca fiabilidad de quen teñen nas súas mans o proxecto dunha Planta de Gas nun lugar rodeado de alta densidad de poboación.

Detras desas declaracións e do anuncio de chegada dun gasero se dedude que está unha temeraria manobra de presion á administracion central para que autorice o funcionamento de Reganosa e que haxa un ultimo mono que firme e cargue con todas as irregularidades que lle trasladaron quen asinaron as anteriores autorizacións. Asi de claro, é dicir, Reganosa coa autorización de construccion pode facer probas de auga, con aire, con nitrogeno, ata as pode facer con gaseosa, pero mentres nesas instalacións non pode facer probas con gas, proque se as fai e prodúcese un accidente grave poden morrer miles de persoas, se as fai con gaseosa, con aire ou con auga xa se sabe que non pasa nada, pero con gas sería unha ameaza á vida humana

Achego tambien o que publica hoxe o Pais e Diario de Ferrol cunhas declaracións de Felix Alonso nas que di que as instalacións de Reganosa son moi seguras. Hai que recordarlle a Felix Alonso que no ano 1912 tamén dixeron ue o Trasatlantico Titanic era moi seguro, pero uns dias despues afundiuse e segue no fondo do mar.

Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comité Cidadan de Emerxencia para a Ría de Ferrol


Clicar acima da imaxen para ampliar

Piden que se faga público o detallado informe de riscos que a lei esixe para este tipo de plantas, así como o Plano de Emerxencias

De: os verdes -osverdesferrol@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de Maio de 2007 22:27
Asunto: piden que se faga público o detallado informe de riscos que a lei esixe para este tipo de plantas, así como o Plano de Emerxencias


Dirixido a: touriño -eperezt@usc.es-, zapatero -jlrzapatero@presidencia.gob.es-, "gabinete.comunicacion Xunta" -gabinete.comunicacion@xunta.es-, bng@ferrol-concello.es, BNG -sedenacional@bng-galiza.org-, psoe@ferrol-concello.es, alcalde FERROL -alcaldia@ferrol-concello.es-

A raíz das declaracións á TVG de Felix Alonso, Presidente de Reganosa, dicindo que os riscos "elimináronse os que se puido e, os que non, reducíronse ao máximo", o Sr. Alonso recoñece implícitametne que non poden controlar todos os riscos, senón só minimizalos. Xa que logo estes aínda existen. ¿Como se controla unha planta de gas que arde tras un percance? É imposible dado o seu inmenso poder de combustión. Por iso, a única opción factible é afastala de núcleos habitados.

Os Verdes-Grupo Verde pedimos que se faga público o detallado informe de riscos que a lei esixe para este tipo de plantas, así como o plan de Urxencias previsto para calquera incidente, non só na planta senón tamén no buque dada a proximidade dos núcleos habitados.

Carlos A. Lareo, Co-Portavoz de Os Verdes - Grupo Verde de Ferrolterra

www.osverdes.org

Tfno. 619 083 499

Grazas por difundir este comunicado

Entrevista da TVG ao presidente de Reganosa

De: calareo -calareo@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de Maio de 2007 19:49
Asunto: pasao...Reganosa vai comezar a funcionar SEN PERMISO!!!


Se quereis ver a entrevista da TVG ao presidente de Reganosa ide a:

Entrevista da TVG ao presidente de Reganosa

Veredes o nervioso que está porque sabe que estan cometendo unha irregularidade ao meter á ría un gasero sen ter autorizacion de funcionamento e inclumpliendo as leis de navegacion de buques e a lei seveso II.

Temos que facer algo, porque queren comezar a arrefriar a planta e a inxectar o gas ao gasoducto, poniendonos a todos en risco vital. ¿por que Reganosa evade o cumprimento das normas? ¿Por que as autoridades non lle esixen cumprimentar todos os requisitos legais?...

Temos que denunciar todo ante a fiscalía, para que se lles obrigue a cumprir a lei!!!!
Temos que facer algo ante a prepotencia destes industriais e o risco a que someten a todos os habitantes da ría!

Reganosa é a maior amenzaza para a vida e o medio ambiente de toda Europa, ¿imos estarnos quedos?

Pásao ...
Carlos Lareo :-)

Presentación Libro "Muros de Silencio" - Planta Gas Ría Ferrol -

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 05/05/2007 12:35
Asunto: Presentación Libro "Muros de Silencio" -Planta Gas Ría Ferrol-







Presentación do Libro editado por fuco buxán Asociación Cultural

MUROS DE SILENCIO CORRUPCIÓN E AMENAZA NA RÍA DE FERROL O CASO REGANOSA Mércores 9 de Maio ás 20 horas AULA MAGNA DE HUMANIDADES CAMPUS DE ESTEIRO - FERROL

-Entrada libre-

Interveñen:

• José Santamarta Director de Worldwatch España
• Carmelo Teixeiro Menéndez
• Enrique Barrera Beitia
• M.Angel Rodríguez Carballeira

Autores do Libro e Directivos de "Fuco Buxán, A.C."

FucoBuxán edita este libro, nun esforzo por contribuír á tarefa do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Esta Ría e quenes aquí vivimos, estamos ameazados pola pretensión de poñer en funcionamento a Planta de Gas de Reganosa no interior da ría, en lugar de no Porto Exterior de Caneliñas, como en tantas ocasións levamos dito.

¡ Unha situación de emerxencia!. Facerlle fronte, esixe un esforzo de responsabilidade de toda a ciudadanía e dos cargos políticos e institucións, e debe ser motivo de debate nas vindeiras eleccións municipais. Fuco Buxan pretende que o libro contribúa o mesmo e a clarexar o posicionamento dos futuros responsables municipais de Ferrolterra.

Son necesarias todas as accións que contribúan ao coñecemento do risco e ameaza (para a vida humana e riqueza da ría) que suporía poñer en funcionamento a planta de Reganosa.

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Letras galegas no Inferniño

De: asociacion veciñal
-avvorosario@gmail.com-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 5 de Maio de 2007 19:44

Asunto: LETRAS GALEGAS








A Asociación Veciñal O ROSARIO DO INFERNIÑO quere convidarvos a celebrar estas xornadas das LETRAS GALEGAS-07, cunha LECTURA EN GALEGO para os nenos e nenas en compañia de suas familias, avos-as, amigos para ler no salón de actos do Centro Cultural ¿Municipal? CARVALHO CALERO.

Principiamos o vindeiro mércores-9 a partir das 6 da tarde, cunha lectura curta en galego e que terán como agasallo un libro ou conto para os participantes que colabora a XUNTA DE GALICIA .

De seguido teremos a actuación da compañía teatral TI E MAIS EU coa obra GUIÑOL para o publico infantil A BRUXIÑA MÁXICA.

Para o seguinte día , xoves-10 ás 7 da tarde, estará con nós a filóloga- escritora AURORA VARELA, para disertar as figuras femininas das LETRAS desde ROSALIA ata MARIA MARIÑO , homenaxeada este ano 2007.

Ferrol a 5 de maio de 2007

Saúdos veciñais


asdo. Pedro Cachaza - Secretario
ado. Xosé M. Sanxoán - Presidente

--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473

correo-e: avvorosario@gmail.com

blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com

venres, maio 04, 2007

Hoxe venres, 4 de maio, ás 19:30 hrs, reunión urxente, no Ateneo Ferrolán, do Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol


Diante do anuncio, por parte do presidente de REGANOSA, de entrada na Ría dun buque gaseiro cargado de GNL, para comezar a actividade da planta regasificadora construida en Mugardos, o Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha reunión urxente hoxe venres, 4 de maio, ás 19:30 hrs, no Ateneo Ferrolán. A reunión ten un carácter aberto a outros colectivos entidades da Comarca convocados expresamente, para dar unha resposta conxunta ante esta situación.


Enlace: http://www.tagzania.com/item/41494

Acto de presentación masiva de alegacións en contra do proxecto de usurpación da Praza de Sartaña presentado pola empresa Serviocio


Sábado, 5 de maio de 2007

Acto de presentación masiva de alegacións en contra do proxecto presentado pola empresa Serviocio, para as actividades de ximnasio e piscinas de uso colectivo previstas nun centro de ocio e saúde no barrio de Ultramar, e que o Colectivo Veciñal de Sartaña realizará no rexistro xeral do concello de Ferrol, mañá sábado día 5 de maio as 12:00 h.

Enlaces Sartaña sempre pública

O martes 8 de maio, Mesa Redonda no Ateneo Ferrolán: Un percorrido polos despropósitos municipais

Comunicada a chegada de gaseiros cargados de GNL a Ferrol e cuxo poder destrutivo en caso de accidente equivale a 50 bombas de Hiroshima

De: os verdes -osverdesferrol@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de Maio de 2007 17:26

Asunto: Comunicada a chegada de gaseiros cargados de GNL a Ferrol e cuxo poder destrutivo no caso de accidente equivale a 50 bombas de Hiroshima.




Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra, quere facer público o risco que vai a supoñer a navegación de buques gaseiros pola estreita ría de Ferrol, e así mesmo denunciar a entrada do primeiro destes buques a próxima semana, cando non existe ningún plan de emerxencias coñecido para os mesmos caso de ter calquera percance. A navegación pola proximidade dás casas destes grandes barcos -cuxo poder calorífico equivale a 50 bombas atómicas como as de Hiroshima-, obrigaría a que en caso dun incidente, por mínimo que fora, se levara a cabo a evacuación urxente de todalas áreas habitadas do contorno da Ría, o cal e imposible no tempo axeitado.

A próxima semá, un enorme buque gaseiro, autentica bomba flotante cargado con 70.000 Toneladas de Gas Liquido, entrará pola ría de Ferrol, dun xeito inapropiado e incumplindo as leis de navegación de buques :

- Non cumpre a norma europea NE 1532 de saída á mar do gaseiro en caso de duhna emerxencia no mesmo: o buque no pode sair pola súa maquina, pois necesita ser remolcado por vários remolcadores e facelo con pleamar, senón toca fondo!!, o cal o convirte en moi perigoso. En vez de evacuar ó buque habería que evacuar a toda a población limítrofe (100.000 habitantes!!!)

Ademais, Reganosa ten que cumprir o REAL DECRETO 1254/1999, de 16 de xullo, polo que se aproban as medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas, que di :

Artigo 5.- Obrigacións de carácter xeral do industrial.

Os industriais a cuyos establecementos sexa de aplicación este Real Decreto están obrigados a:

a. Adoptar as medidas previstas no presente Real Decreto e cantas resulten necesarias para previr accidentes graves e limitar as súas consecuencias para as persoas, os bens e o medio ambiente.

b. Colaborar cos órganos competentes das Comunidades Autónomas e demostrar, en todo momento, e especialmente con motivo dos controis e inspeccións a que se refire o artigo 19, que tomaron todas as medidas necesarias previstas no presente Real Decreto.


Artigo 9.º Informe de seguridade.

1. Os industriais de establecementos nos que estean presentes sustancias perigosas en cantidades iguais ou superiores ás especificadas na columna 3 das partes 1 e 2 do anexo I están obrigados a elaborar un informe de seguridade, que teña por obxecto:

a. Demostrar que se estableceu unha política de prevención de accidentes graves e un sistema de xestión da seguridade para a súa aplicación de conformidad cos elementos que figuran no anexo III;

b. Demostrar que se identificaron e evaluado os riscos de accidentes, con especial rigor nos casos nos que estes poidan xerar consecuencias graves, e que se tomaron as medidas necesarias para previlos e para limitar as súas consecuencias para as persoas, os bens e o medio ambiente;

c. Demostrar que o deseño, a construción, a explotación e o mantemento de toda instalación, zona de almacenamiento, equipos e infraestructura ligada ao seu funcionamento, que estean relacionados co risco de accidente grave no establecemento, presentan unha seguridade e fiabilidad suficientes;

d. Demostrar que se elaboraron plans de urxencia interior e facilitar os datos necesarios que posibiliten a elaboración do plan de urxencia exterior a fin de tomar as medidas necesarias en caso de accidente grave;

e. Proporcionar información suficiente ás autoridades competentes para que poidan tomar decisións en materia de implantación de novos establecementos ou de autorización doutro tipo de proxectos nas proximidades dos establecementos existentes.

Artigo 11. Plans de urxencia.

1. En todos os establecementos suxeitos ás disposicións do presente Real Decreto, o industrial deberá elaborar un plan de autoprotección, denominado plan de urxencia interior, no que se defina a organización e conxunto de medios e procedementos de actuación, co fin de previr os accidentes de calquera tipo e, no seu caso, limitar os efectos no interior do establecemento. ...
...

6. Para elaborar os plans de urxencia exterior, os órganos competentes das comunidades autónomas establecerán mecanismos de consulta á poboación que puidese verse afectada por un accidente grave. Así mesmo, realizarase cando se efectúen actualizaciones ou modificacións que supoñan cambios significativos nas condicións de seguridade da poboación afectada.


Artigo 13. Información á poboación relativa ás medidas de seguridade.

A autoridade competente, en cada caso, en colaboración cos industriais dos establecementos previstos no artigo 9, deberá asegurar que todas as persoas e todos os establecementos abertos ao público (talles como escolas e hospitais) que poidan verse afectados por un accidente grave que se inicie nun establecemento previsto no artigo 9 reciban con regularidad e na forma máis apropiada, sen que teñan que solicitalo, a información sobre as medidas de seguridade que deben tomarse e sobre o comportamento que debe adoptarse en caso de accidente.

Que nos saibamos non existe ningún plan de emerxencias externas na acutalidade e tampouco se informóu a poboación, non só a poboación civil próxima e afectada, senón nin siquera ós profesionais que deben intervir en caso de siniestro. Queremos saber donde está o informe de seguridade, para comprobar si é que se fixo.

Queremos que se informe a poboación, pois non se fixo, a pesar de que a lei o esixe.

Que nos saibamos non teñen asignados os catro remolcadores que require o estudo de maniobrabilidad pola canle de acceso da ria hasta Reganosa.

Ademais tampouco cumpre co Reglamento en vigor de buques especiais que require un huelgo baixo a quilla entre o 10% e o 20% do calado.

Este buque pasará a 500 mts das casas de Mugardos e Ferrol, a 1.000 mts da base militar da Graña, e descargará en Reganosa, tendo enfronte un obxectivo militar de primeira orde para atentar contra el: o arseal militar da armada, e tamén as fragatas F-100 a uns 700mts de distancia.

A sua carga de Gas Natural Licuado, é o combustible mais potente que existe. Imposible de sofocar en caso de arder, tem um poder equivalente a 50 bombas de Hirosima. A sua saída a atmosfera, provocaría unha nube de gas de varios Km a redonda, primerio de conxelación e asfixia -vai a ras de terra por ser mais pesado que o aire-, e despois, unha vez disolto non aire (multiplicase a sua cantidade por 600), DEFLAGRARÍA calcinado todo a miles de graos.

Estudos internacionais revelannos que o radio de dispersión do gas licuado para unha cantidade de 20.000 Tm, é de 3 Km. Estes buques levan case catro veces mais.

Reganosa conterá 300.000 Tm!!!

Isto equivale a dicir que 100.000 persoas de Ferrolterra están en perigo constante cada vez que un buque deste tipo entra pola angosta ría cara a unha planta de gas inadecuadamente situada alí por intereses politico-económicos ocultos, en perxuízo dos seus habitantes, e para leva-o gás hacia As Pontes e Arteixo. Recordemos que varios buques tiveron percances dentro da ría coma o Discoverer Enterprise que tirou a ponte de As Pías, entre outros...

Estase así, poñendo en risco, de xeito permanente, a vida dos cidadáns de Ferrolterra, coa complicidade dos politicos locais, e tamén dalguns medios de comunicación que censuran as noticias do movemento cidadán contra a planta de gas como é La Voz de Galicia, e coa inoperancia das autoridades que deberan de vixiar, esixir, e garantir, a ausencia de riscos para a poboación.

Recordemos que un tanque de Reganosa xa ardéu elpasado 14 de outubro de 2006, e tivo que estar selado varios días por imposibilidad de ser apagado polos bombeiros. De haber contido GNL non o contaríamos.

Carlos La. Lareo, Co-Portavoz de Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra
www.osverdes.org

Tfno. 619 083 499

Grazas por difundir este comunicado.

A ondada depredatoria, o feísmo e a violencia catastral, de Manuel Rivas

A ondada depredatoria, o feísmo e a violencia catastral

Leo en El Progreso de Lugo unha magnífica crónica de alcance mundial. Trata do urbanismo en Barreiros, na costa da Mariña, e infórmase dos preparativos dunha mobilización de veciños, comandada polo señor alcalde, contra as medidas de control urbanístico e protección do litoral que está a tomar o Goberno que preside Touriño. Mais o sorprendente e novidoso non é o anuncio dunha manifestación, senón a razón esgrimida e que mesmo podería servir de lema: "Nós tamén queremos ser multimillonarios".

Hai cousas que se poden refutar doadamente. Por exemplo, este grupo de veciños propietarios reclaman poder construír a ras de praia "como sempre se fixo". Home, hai cousas que se fixeron sempre, pero que algunha vez haberá que deixar de facer. Sempre se afogaron os cans nun saco. Sempre se tirou o lixo ao río. Sempre se deron vareadas aos nenos na escola. Sempre se queimou o monte. Si, sempre se fixeron barbaridades. Que as taras sexan típicas non as fai máis razonábeis. Hai tradicións que mellor non existiran nunca. E a idea, tan asentada, de que o costume fai lei, pois é moi perigosa. En Estados Unidos, no sur, tiñan por costume aforcar a quen lle aprendera a un escravo a ler. Ata que se acabou coa escravitude. O que é máis difícil de rebater é a proclama esa de "Nós tamén queremos ser multimillonarios".

É un auténtico manifesto. É como o Manifesto Comunista posto do revés. O Manifesto Multimillonario. L'esprit des temps, machiño!, que diría Beiras arrepiado. E cito a Xosé Manuel Beiras porque é o mellor exemplo dun profesor de economía que pode selo de ética. O único xeito efectivo que se me ocorre de refutar a proclama multimillonaria do lobby de Barreiros é que vaia Beiras e que lles explique en francés a paradoxal pobreza multimillonaria.

Non sei. Hai que botar contas. Que ergan a man os que non queren ser multimillonarios! Un? Velaí o Enrique de Castro ese, ademais de cura, roxo. As desgrazas nunca veñen soas. Agora, a ver, cantas praias hai en Galicia? Se cadra dan as praias para facérmonos todos multimillonarios. Todos no ras da praia, en pantalón bermudas e camisa hawai, co vermú na man, a falar do cambio climático. E se sobe o mar, que suba. Que se leve a area. E o Deus que a fixo.

'GALIZA NON SE VENDE'

Xente como area. Un mar de xente. Iso é o que debía haber este vindeiro domingo en Santiago, na convocatoria contra a desfeita urbanística e a degradación ambiental. Para manifesto atinado o que nace co lema Galiza non se vende.

É unha chamada que, esta si, marca un tempo: o reloxo en hora da conciencia da humanidade galega. Exemplar tamén o xeito en que se organiza, coa unidade en rede, sen dirixismos, de máis de 40 asociacións ecolóxicas, dende a internacional Greenpeace (imprescindíbel a lectura do informe Destrución a toda costa) a colectivos nacidos en loitas concretas ao estilo Fusquenlla de Pontedeume, pasando pola teimosía histórica de Adega. Compostela vai ser escenario do xeito vangardista de ser e estar no mundo: pensar no universal e actuar in situ, pensar na Terra toda e actuar na propia terra. O manifesto define cunha extraordinaria precisión lingüística a peste actual. A ondada depredatoria. Depredación. Esa é a verba. Nunca tanto algúns pares de ollos miraron tan en fite para o mapa de Galicia. Ollos de nados aquí ou alleos. A depredación non ten patria, por moito que se adorne de bandeiras. Descoñéceno case todo sobre a cultura, mais sábeno todo sobre o chan, o caudal dos ríos e a forza do vento no cimo da serras. Sodes os dous a mirar. Mais onde ti ves Galicia, os ollos depredadores están a ver un gran solar. Depredación e violencia. Ao maltrato no fogar chamámolo violencia doméstica. O maltrato do territorio, do fogar de todos, ten sido definido como violencia catastral. Paréceme unha maneira de chamar polo nome o que ocorre en Galicia. Moito temos falado tamén de feísmo urbano. (Outra imprescindíbel consulta é a web feismo.com e o volume Feísmo? Destruír un país, de Difusora de Letras, resultado dun foro que agora ten a súa continuación en Ourense no encontro Construír un país a re-humanización do territorio).

O PAPAGAIO E O INFERNO

Mais encol do feísmo hai certa confusión. Ás veces semella que o "feísmo" é un recurso de señoritos da cidade para falar dos pendellos dos da aldea. Por suposto que hai moita destrución, e aínda máis abandono, na arquitectura rural en lugares e aldeas, pero, na realidade, o peor feísmo é o feísmo a grande escala de vilas e cidades. Dous exemplares paradigmáticos: o feísmo de Palexco no porto da Coruña e a espantosa construción (cráter-aparcadoiro de 11 sotos!) que ocupa o antigo barrio do Papagaio. En comparación con este Moloch, o pobre Papagaio era un barrio ben artístico.

Si, a grande depredación é a que está a despezar Galicia. Como se puido permitir a destrución paisaxística do cabo Vilano, ese grandioso castelo natural de Elsinor no mar da Costa da Morte? Que mentes trastornadas aprobaron a instalación da planta de gas no interior da ría de Ferrol ao tempo que se fanaba a pantalla litoral para un porto exterior? E todo o relatorio pode levarnos ao Inferno, agora que o Papa vén de rehabilitar ese espazo no duodécimo soto do aparcadoiro do Papagaio. Todo isto é verdade. Mais tamén é certo que hai unha Galicia que vén loitando de xeito exemplar contra a depredación, a violencia catastral e o feísmo. Esa é a nosa tradición, non a da desfeita. Na arquitectura popular está o sentido da harmonía, as proporcións da sección áurea, como ben demostran os volumes de Pedro de Llano ou Manuel Caamaño. Como tamén o estaba na arquitectura cidadá de antes da dictadura. Na paisaxe humanizada está xa, en xerme, a relación ecolóxica entre a humanidade e a terra, ese ser "copilotos da creación" que enunciou de xeito maxistral Edgar Morin. O pensamento, a literatura e o xornalismo que deixarán pegada no futuro están atravesados por esa enerxía positiva de comuñón coa natureza. Si, esa é a verdadeira tradición galega. A da Nai Terra. A que loitou contra o asolagamento do val de Castrelo de Miño, nos anos 60. Contra a destrución do Castromil en Compostela. A que impediu a construción dunha central nuclear en Xove. A que non permitiu máis celulosas nas rías, con grandes manifestacións e en plena dictadura (se mesmo querían poñer unha no val de Lemos!). A que conseguiu cambiar o trazado da autoestrada do Atlántico e que se pagara a terra non regalada. Segue a terxiversarse a historia. A loita aquela non foi un anacronismo: demandábase unha autovía libre de peaxe. A Galicia que logrou o peche do cemiterio de residuos radioactivos na Foxa Atlántica e a fin destes vertidos en todos os mares. A Galicia do Nunca Máis que conseguiu compensacións para os afectados polas mareas negras, a obriga dobre casco nos petroleiros e o cambio de lexislación comunitaria para ampliar a responsabilidade penal a armadores e compañías fretadoras da carga. A Galicia que non mira para outro lado cando arden os montes e que vai ás causas de fondo: o modelo nefasto de repoboación forestal e a urxente necesidade dun plan directorio para o enteiro país. Falando do que falamos, alguén coñece mellor recurso natural, mellor valor, que a coraxe dun pobo que non permanece atrófico ante a ondada depredatoria, que se rebela contra as inxustizas? Iso si que é ser multimillonarios. Iso non ten prezo.


Escrito por Manuel Rivas en "El País", 4 de maio de 2007

Enlace co escrito orixinal en El País

xoves, maio 03, 2007

Comunicado definitivo para ler ao final da manifestación do sábado 6 de maio de 2007 en Compostela, contra a degradación do territorio

De: Xan Duro -xanduro@usc.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 3 de Maio de 2007 20:54

Asunto: Comunicado definitivo para ler ao final da manifestación do sábado 6 de maio de 2007 en Compostela





Ola,

Cunhas correcións de última hora damos por pechado o documento.

Saúdos
--
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org


COMUNICADO

Cando nun país persoas de todas as condicións se unen en pequenos grupos espallados por toda a súa xeografía para defender a súa paisaxe, a súa riqueza natural e a súa forma de vida, é porque algo está pasando.

E en Galicia está pasando.

Cando os nomes deses grupos de cidadáns e cidadás empezan por expresións como “Salvemos a”, “En Defensa de”, ou “S.O.S.”, é porque algo moi grave está pasando.

E en Galicia está pasando, dun extremo ao outro do seu territorio.

O máis doloroso é que a orixe desta situación de extrema gravidade que ameaza á nosa terra e ao noso mar non é unha catástrofe natural nin unha fatalidade. Non. Ven de dentro. Ven da man da cobiza, da falta de conciencia social, da ambición depredadora, da ignorancia, da irresponsabilidade e da cega ambición de persoas que, dende as empresas, dende as administracións públicas ou nas súas actuacións particulares están a destruír a nosa paisaxe e o noso patrimonio cultural, están a empobrecer a biodiversidade, están a empiorar a nosa cualidade de vida e a malvender o futuro das vindeiras xeracións.

Para eles nada ten valor porque todo ten prezo.

E iso é o que está pasando agora mesmo en Galicia. Dun extremo ao outro do seu territorio.
  • Cando todas esas voces que se alzan alarmadas, pola enorme magnitude da desfeita, son sempre desoídas, silenciadas, é que algo está fallando.

  • Cándo a cidadanía responsábel e consciente ten que saír á rúa para berrar a súa protesta porque non existen canles de participación directa na conformación desta realidade compartida que é Galiza, é que algo está fallando.

  • Cando cada día se repiten as agresións ao medio ambiente sen que ningún poder lles poña freo, é que algo está fallando.

  • Cando un furacán de devastadora cobiza se propaga ata o último recuncho de Galicia arrasando paisaxes, espazos protexidos, parques naturais e reservas ecolóxicas, é porque algo está fallando.

  • Cando a artificialización do noso litoral con recheos, portos deportivos, urbanizacións, industrias nocivas e piscifactorías está poñendo en grave perigo o seu principal recurso natural, a pesca e o marisqueo, é que algo vai mal.

  • Cando non somos capaces de entender os miles de anos de relacións equilibradas entre o home e a natureza que fixeron do territorio galego un patrimonio cultural a respectar, valorar, conservar e transmitir, é qie algo está a fallar.

  • Cando os espazos naturais, teoricamente protexidos pola lei, son sistematicamente espoliados e vense asolagados por proxectos e instalacións industriais que estragan os seus valores, é que algo está a fallar.

  • Cando a sobreexplotación absurda dun territorio, promovida polo afán de acumular millóns a costa do que sexa, está a deixalo cada día máis ermo e esgotado, é que algo vai mal.

  • Cando se empregan para iso cartos públicos investidos sen pudor nin prudencia en macroproxectos insensatos e ruinosos que só enriquecen a uns poucos especuladores, case sempre os mesmos, deixando as arcas do pobo entrampadas para decenios, é que algo vai moi mal.

  • E cando esas actuacións están ao servizo só dos intereses duns poucos, de multinacionais e empresas privadas, e ameazan a forma de vida tradicional de milleiros de familias e a saúde e o benestar do conxunto da cidadanía, é que algo vai rematadamente mal.

Están a fallar moitas cousas, demasiadas, desde unha punta á outra do noso territorio. E cando unha cousa falla, cómpre cambiala. Hai que cambiar actitudes, modelos, plans e actuacións. E cómpre cambiar as leis para que poidan amparar, protexer, impulsar e garantir ese cambio.

E por iso esiximos:

A implantación dunha nova cultura do territorio que entenda e protexa a nosa identidade territorial con criterios de racionalidade e progreso, que busque o diálogo entre valores globais e locais, que recupere o equilibrio home-terra, que procure a adecuación dos usos do solo ás súas aptitudes, que non destrúa as nosas mellores paisaxes tanto naturais como culturais, que free a especulación inmobiliaria, que facilite o acceso a unha vivenda digna, que mellore a habitabilidade de cidades, vilas, parroquias e aldeas e reduza a demanda de transporte motorizado, xerando proximidade.

O cumprimento da lexislación vixente. Porque o grao de incumprimento da lexislación de protección ambiental e do patrimonio no noso país é moi alto, pódese cualificar mesmo de escandaloso. Sen dúbida, é preciso ampliar e mellorar a lexislación de protección ambiental, ordenación do territorio e urbanismo pero primeiro cómpre garantir o cumprimento da lexislación existente. De pouco servirá termos unha lexislación mellor se persiste o desleixo actual na súa aplicación ou se se aplica en moi pequena medida, particularmente cando afecta ás propias Administracións e a grandes empresas.

Unha nova Lei de Ordenación do Territorio que delimite o que se pode facer e onde, fundamentada na protección dos valores sociais, ambientais e culturais do territorio galego. Os modelos de planeamento deben ter un marco de referencia supramunicipal que proporcione coherencia ao territorio e facilite o funcionamento dos servizos, do abastecemento e dos equipamentos.

Unha nova lei que, partindo da protección de todo o solo non urbanizable, estableza a obriga de demostrar a necesidade e racionalidade de modificar esa protección polas necesidades de crecemento dos núcleos de poboación.

Unha lei que debe significar tamén a desaparición do axente urbanizador, unha figura que nos retrotrae a un pasado escuro e feudal, con capacidade para decidir sobre as propiedades alleas.

Promover unha Estratexia de xestión integrada do litoral que estableza a necesaria coordinación de todas as políticas que inflúen sobre a zona costeira, que racionalice a actuación das distintas administracións con competencias sobre o litoral, e que estea baseada na protección dun tecido económico diversificado.

Unha xestión que prime as actividades cun alto compoñente de emprego estábel e que remate con esas políticas de “pan para hoxe e fame para mañá” como a promoción de segundas e terceiras vivendas na costa ou as baseadas en industrias cun alto impacto ambiental e baixo nivel de emprego como as que significan tráficos perigosos e nocivos nas rías, as plantas de gas ou as piscifactorías.

Protección efectiva dos espazos naturais e ampliación das figuras de protección ambiental. A protección ambiental debe aplicarse de xeito rigoroso, definindo claramente os lugares protexidos e creando corredores ecolóxicos, pontes de vida que permitan manter ecosistemas dinámicos e interconectados Exemplos como a delimitación por parte da Xunta do futuro Parque Natural do Courel onde se deixa sen protexer grande parte da zona sur para facilitar a instalacións de canteiras de pizarra, indican claramente o desleixo da administración na protección de espazos de alto valor ecolóxico.

Transparencia e participación da cidadanía nas decisións que afectan ao territorio. As políticas públicas, como indica o seu nome, esixen unha ampla discusión entre a cidadanía e as administracións implicadas e da contraposición dos distintos intereses que xiran arredor delas para achar o balanzo máis positivo en termos sociais, económicos e ambientais. Cómpre desenvolver estruturas de participación cidadá efectivas que permitan aos colectivos sociais participar dende o seu inicio no desenvolvemento dos actuais e futuros procesos urbanísticos e que a súa opinión sexa tida en conta.

Responsabilidade e concienciación ás persoas que habitamos esta terra. A nosa vida non se entende sen o territorio: sobre el temos a nosa vivenda, por el nos desprazamos, del tiramos alimento e enerxía, nel deitamos os nosos residuos, traballamos, pasamos o noso tempo de lecer… e facémolo así desde hai séculos, nel está a nosa historia. O territorio que habitamos conta con paisaxes fermosas e singulares e alberga, ademais, moitas outras formas de vida, acubilla biodiversidade. O xeito de relacionármonos co territorio que temos cada un de nos, habitantes desta terra, definirá en grande medida o noso futuro, polo que cómpre concienciármonos da súa vital importancia e exercer a nosa relación con responsabilidade, pensando no ben colectivo.

E reclamamos todas estas medidas porque, para a nosa desgraza, o patrimonio que herdamos e permitimos que nos destruíran, xa non o poderemos recuperar nunca. Pero, se nos quedamos de brazos cruzados, acabaremos perdendo tamén, e para sempre, o que aínda hoxe conservamos.

E para entón só nos quedaría a opción de chorar.

Pero non queremos nin lamentarnos, nin acomodarnos, por iso estamos hoxe aquí, para expresar colectivamente, unha vez máis, o noso rexeitamento a degradación da nosa terra e para esixir, a aqueles que desde o poder teñen a capacidade de facelo, que dean os pasos necesarios para deter esta destrución planificada

Cada recuncho desta terra foi sempre, para os que vivimos nela, un ser con vida propia, protagonista de moitas facetas das nosas propias vidas. Tamén é unha paisaxe, a paisaxe da infancia, o primeiro universo por nós coñecido, gravado no máis fondo de nós e convertido en paisaxe interior de cada un e cada unha.

Para outros, en cambio, é só un escenario de negocios, un teatro para a especulación.

Por iso, desde este lugar emblemático de Galicia, queremos lanzar un fío de esperanza e resistencia a todos os reductos do territorio galego ameazado, para xuntos e firmes defender o noso patrimonio irrenunciable: a paisaxe, a vida e a identidade do noso país, do noso planeta.

Galicia non se vende. Terra viva e vida digna para todas e todos !

Proposta de Comunicado para ler ao final da manifestación do sábado 6 de maio de 2007

De: Fusquenlla
fusquenlla@sospontedeume.com

Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de Maio de 2007 00:22
Asunto: Proposta de Comunicado para ler ao final da manifestación do sábado 6 de maio de 2007




Ola a tod@s,

Este é o texto que propomos para o remate da manifestación. Encargarase da súa lectura Mabel Ribera, posiblemente con outras persoas.

Caquera suxestión enviádea decontado posto que hai que pechar este tema.
Unha aperta

Cando nun país persoas de todas as condicións se unen en pequenos grupos espallados por toda a súa xeografía para defender a súa paisaxe, a súa riqueza natural e a súa forma de vida, é porque algo está pasando.

E en Galicia está pasando.

Cando os nomes deses grupos de cidadáns e cidadás empezan por expresións como “Salvemos a”, “En Defensa de”, ou “S.O.S.”, é porque algo moi grave está pasando.

E en Galicia está pasando, dun extremo ao outro do seu territorio.

O máis doloroso é que a orixe desta situación de extrema gravidade que ameaza á nosa terra e ao noso mar , non é unha catástrofe natural, nin unha fatalidade. Non. Ven de dentro. Ven da man da cobiza , da falta de conciencia social, da ambición depredadora,da ignorancia, da irresponsabilidade e da cega ambición de persoas que, dende as empresas, dende as administracións públicas ou nas súas actuacións particulares están a destruír a nosa paisaxe e o noso patrimonio cultural, están a empobrecer a biodiversidade, están a empiorar a nosa cualidade de vida e a malvender o futuro das vindeiras xeracións. Para eles nada ten valor porque todo ten prezo.

E iso é o que está pasando agora mesmo en Galicia. Dun extremo ao outro do seu territorio.

  • Cando todas esas voces que se alzan alarmadas pola enorme magnitude da desfeita, son sempre desoídas, silenciadas, é que algo está fallando.
  • Cándo a cidadanía responsábel e consciente ten que saír á rúa para berrar a súa protesta porque non existen canles de participación directa na conformación desta realidade compartida que é Galiza, é que algo está fallando
  • Cando cada día se repiten as agresións ao medio ambiente sen que ningún poder lles poña freo, é que algo está fallando.
  • Cando un furacán de devastadora cobiza se propaga ata o último recuncho de Galicia arrasando paisaxes, espazos protexidos, parques naturais e reservas ecolóxicas, é porque algo está fallando.
  • Cando a artificialización do noso litoral con recheos, portos deportivos, urbanizacións, industrias nocivas e piscifactorías está poñendo en grave perigo o seu principal recurso natural, a pesca e o marisqueo, é que algo vai mal.
  • Cando os espazos naturais, teoricamente protexidos pola lei, son sistematicamente espoliados. Cando os espazos da Rede Natura 2000 vense asolagados por proxectos e instalacións industriais que estragan os seus valores e que algo está a fallar
  • Cando a sobreexplotación absurda dun territorio, promovida polo afán de acumular millóns a costa do que sexa, está a deixalo cada día máis ermo e esgotado, empregando para iso cartos públicos investidos sen pudor nin prudencia en macroproxectos insensatos e ruinosos que só enriquecen a uns poucos especuladores, case sempre os mesmos, deixando as arcas do pobo entrampadas para decenios, algo vai moi mal.
  • E cando esas actuacións están ao servizo só dos intereses duns poucos, de multinacionais e empresas privadas, e ameazan a forma de vida tradicional de milleiros de familias e a saúde e o benestar do conxunto da cidadanía, é que algo vai rematadamente mal.

Están a fallar moitas cousas, demasiadas, desde unha punta á outra do noso territorio. E cando unha cousa falla, cómpre cambiala. Hai que cambiar actitudes, modelos, plans e actuacións. E cómpre cambiar as leis para que poidan amparar, protexer, impulsar e garantir ese cambio.

E por iso esiximos:

A implantación dunha nova cultura do territorio que poña límites á artificialización irreversíbel do territorio, que procure a adecuación dos usos do solo ás súas aptitudes, que non destrúa as nosas mellores paisaxes, que free a especulación inmobiliaria, que facilite o acceso a unha vivenda digna, que mellore a habitabilidade de cidades, vilas e aldeas e reduza a demanda de transporte motorizado, xerando proximidade

O cumprimento da lexislación vixente. Porque o grao de incumprimento da lexislación de protección ambiental e do patrimonio no noso país é moi alto, pódese cualificar mesmo de escandaloso. Sen dúbida, é preciso ampliar e mellorar a lexislación de protección ambiental, ordenación do territorio e urbanismo pero primeiro cómpre garantir o cumprimento da lexislación existente. De pouco servirá termos unha lexislación mellor se persiste o desleixo actual na súa aplicación ou se se aplica en moi pequena medida, particularmente cando afecta ás propias Administracións e a grandes empresas.

Unha nova Lei de Ordenación do Territorio que delimite o que se pode facer e onde, fundamentada na protección dos valores sociais, ambientais e culturais do territorio galego. Os modelos de planeamento deben ter un marco de referencia supramunicipal que proporcione coherencia ao territorio e facilite o funcionamento dos servizos, do abastecemento e dos equipamentos.

Unha nova lei que, partindo da protección de todo o solo non urbanizable, estableza a obriga de demostrar a necesidade e racionalidade de modificar esa protección polas necesidades de crecemento dos núcleos de poboación.

Unha lei que debe significar tamén a desaparición do axente urbanizador, unha figura que nos retrotrae a un pasado escuro e feudal, con capacidade para decidir sobre as propiedades alleas.

Promover unha Estratexia de xestión integrada do litoral que estableza a necesaria coordinación de todas as políticas que inflúen sobre a zona costeira, que racionalice a actuación das distintas administracións con competencias sobre o litoral, e que estea baseada na protección dun tecido económico diversificado.

Unha xestión que prime as actividades cun alto compoñente de emprego estábel e que remate con esas políticas de “pan para hoxe e fame para mañá” como a promoción de segundas e terceiras vivendas na costa ou as baseadas en industrias cun alto impacto ambiental e baixo nivel de emprego como as que significan tráficos perigosos e nocivos nas rías, as plantas de gas ou as piscifactorías.

Protección efectiva dos espazos naturais e ampliación das figuras de protección ambiental. A protección ambiental debe aplicarse de xeito rigoroso, definindo claramente os lugares protexidos e creando corredores ecolóxicos, pontes de vida que permitan manter ecosistemas dinámicos e interconectados Exemplos como a delimitación por parte da Xunta do futuro Parque Natural do Courel onde se deixa sen protexer grande parte da zona sur para facilitar a instalacións de canteiras de pizarra, indican claramente o desleixo da administración na protección de espazos de alto valor ecolóxico.

Transparencia e participación da cidadanía nas decisións que afectan ao territorio. As políticas públicas, como indica o seu nome, esixen unha ampla discusión entre a cidadanía e as administracións implicadas e da contraposición dos distintos intereses que xiran arredor delas para achar o balanzo máis positivo en termos sociais, económicos e ambientais. Cómpre desenvolver estruturas de participación cidadá efectivas que permitan aos colectivos sociais participar dende o seu inicio no desenvolvemento dos actuais e futuros procesos urbanísticos e que a súa opinión sexa tida en conta.

Responsabilidade e concienciación ás persoas que habitamos esta terra. A nosa vida non se entende sen o territorio: sobre el temos a nosa vivenda, por el nos desprazamos, del tiramos alimento e enerxía, nel deitamos os nosos residuos, traballamos, pasamos o noso tempo de lecer… e o facemos desde hai séculos, nel está a nosa historia. O territorio que habitamos conta con paisaxes fermosas e singulares e alberga, ademais, moitas outras formas de vida, acubilla biodiversidade. O xeito de relacionármonos co territorio que temos cada un de nos, habitantes desta terra, definirá en grande medida o noso futuro polo que cómpre concienciármonos da súa vital importancia e exercer a nosa relación con responsabilidade, pensando no ben colectivo.

E reclamamos estas medidas porque, para a nosa desgraza, o patrimonio que herdamos e permitimos que nos destruíran, xa non o poderemos recuperar nunca. Pero, se nos quedamos de brazos cruzados, acabaremos perdendo tamén, e para sempre, o que aínda hoxe conservamos.

E para entón só nos quedaría a opción de chorar.

Pero non queremos nin lamentarnos, nin acomodarnos, por iso estamos hoxe aquí, para expresar colectivamente, unha vez máis, o noso rexeitamento a degradación da nosa terra e para esixir, a aqueles que desde o poder teñen a capacidade de facelo, que dean os pasos necesarios para deter esta destrución planificada

Cada recuncho desta terra foi sempre, para os que vivimos nela, un ser con vida propia, protagonista de moitas facetas das nosas propias vidas. Tamén é unha paisaxe, a paisaxe da infancia, o primeiro universo por nós coñecido, gravado no máis fondo de nós e convertido en paisaxe interior de cada un e cada unha.

Para outros, en cambio, é só un escenario de negocios, un teatro para a especulación.

Por iso, desde este lugar emblemático de Galicia, queremos lanzar un fío de esperanza e resistencia a todos os reductos do territorio galego ameazado, para xuntos e firmes defender o noso patrimonio irrenunciable: a paisaxe, a vida e a identidade do noso pais, do noso planeta.

Galicia non se vende. Terra viva e vida digna para todas e todos!

Demandan a incorporación do colexio público Juan de Lángara á rede pública de ensino

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de Maio de 2007 12:45
Asunto: Demandan a incorporación do colexio público Juan de Lángara á rede pública de ensino

ESQUERDA UNIDA demanda a incorporación do colexio público Juan de Lángara á rede pública de ensino

Esquerda Unida-IU quere manifestar o seu apoio á demanda da ANPA de que se incorpore o colexio público Juan de Lángara á rede pública da consellería de ensino.

Hai ano e medio o Pleno do Concello de Ferrol acordou por unanimidade instar ao Ministerio de Educación, ao Ministerio de Defensa e a Xunta de Galicia a que se inicien as oportunas negociacións para que se transfira o Colexio Juan de Lángara á Consellería de educación da Xunta de Galicia.

ESQUERDA UNIDA-IU quere lembrar que os acordos plenarios están para cumplirse, non para ocupar os titulares de prensa e logo deixalos decaer. A nosa organización fai súa a pregunta de cales foron os pasos dados até agora polo Concello para instar as administracións concernidas aque leven adiante o acordo.

ESQUERDA UNIDA-IU reclama da consellería que de os pasos necesarios para conquerir a incorporación do colexio á rede pública. Nun tempo onde é necesario afortalar a rede pública, que está a ser postergada en beneficio da privada concertada, ESQUERDA UNIDA-IU considera inaceptable que non se actúe con dilixencia para incorporar este colexio á rede da consellería.

O obstáculo dos arranxos que haxa que facer nel non pode ser o atranco que impida o traspaso á consellería. Nós temos coñecemento atraverso da propia ANPA de cómo se está adesviar alumnado a outros centros, alleos áa rede pública, pola situación de indefinición na que ven esmorecendo o centro, entre o desinterese estatal e a deixación da Xunta.

mércores, maio 02, 2007

Ría de Ferrol, ¡perigo!, de Ignacio Ramonet

Ría de Ferrol, ¡perigo!

A pretensión de instalar unha planta de gas no interior da ría de Ferrol próxima a un complexo petroquímico, esta suscitando unha gran alarma social. Diferentes colectivos, como o Comité Cidadán de Urxencia da Ría de Ferrol (CCE) e a Asociación Socio Cultural Fuco Buxán, veñen denunciando estes perigos desde fai anos. Fuco Buxán elaborou un rigoroso informe no que expón os riscos, e denuncia os silencios das administracións públicas implicadas. O documento recorda que a Comisión Europea enviou un apercibimiento a España exhortándoa a transponer de xeito correcto a Lei Seveso II. Esta lei é de vital importancia á hora de asignar chan para unha instalación de gas natural licuado, como a que se pretende situar dentro de ríaa de Ferrol, para evitar catástrofes como a de Seveso (Italia) en 1976, de Bhopal (India), en 1984, que provocou máis de 3.000 victimas, e de San Juan de Ixhautepec (México), que causou máis de 500.

Ríaa de Ferrol posúe unha configuración especial. Os grandes buques, deben entrar coa pleamar diurna, dado que o calado en bajamar é duns 11 metros. É unha de ríalas máis pequenas de Galicia. Cunha alta densidad de poboación nas súas costas. Na beira sur está Punta Promontorio, en Mugardos, onde se pretende situar a planta. En Punta Promontoiro atópase xa o complexo petroquímico de Forestal do Atlántico pertencente ao grupo Tojeiro, cuxos depósitos teñen capacidade para almacenar 283.000 metros cúbicos de combustibles, ademais doutros tanques con sustancias químicas perigosas, como metanol, urea e formol. Pola natureza das súas actividades, a este complexo petroquímico élle aplicable a directiva europea Seveso II.

O escaso calado da ría e a configuración da canle que a comunica co océano fai imposible que un buque metanero poida, en caso de urxencia, abandonar ríaa polos seus propios medios e á maior rapidez posible.Ante a imposibilidad de saír o buque ata que veña a pleamar, habería que evacuar a toda a poboación de Ferrol, e tratándose dun accidente con gas non daría tempo, polo cal produciríase unha catástrofe con miles de vítimas.Un estudo do ano 1994 realizado pola prestixiosa empresa internacional M.W. Kellogg definía claramente os riscos dunha planta de gas dentro e fóra da ría, descartando expresamente a súa ubicación en Punta Promontoiro.

Algúns irresponsables declararon que o gas natural licuado non arde nin explota e que non é un produto perigoso sempre que se manteña a 163 grados baixo cero. Afirmación falsa, pois unha fuga de gas natural licuado á temperatura de menos 163 grados mataría por congelación instantánea a todo ser vivo que atope, roubaría calor do medio ambiente ata converterse nun gas en cuxo momento mesturado co aire pode arder ou explotar. En canto ao gas metano, mesturado co osíxeno do aire dá o tristemente soado gas grisú, que causou miles de mortos na minería. Se se producise a desgasificación rápida dos 135.000 metros cúbicos contidos nun buque metanero, a nube tería varios quilómetros de lonxitude e un volume de 81 millóns de metros cúbicos.

Por outra banda, ao acharse tan preto dunha instalación militar da OTAN -Punta Promontoiro está a 600 metros do Arsenal de Ferrol- convértese en obxectivo tentador para os terroristas. Nunha reunión celebrada en marzo do 2006 polos profesionais de urxencias (bombeiros, ATS...) de Ferrol, estes afirmaron que a ubicación dunha planta de gas en Mugardos é un risco innecesario de catástrofe cun elevadísimo e terminante poder destructor, contra a que non servirían de nada os plans de evacuación ou confinamiento da poboación. Por conseguinte, unha única solución: desprazar a planta de gas ao porto exterior.

Escrito por Ignacio ramonet, publicado en El País, o 2 de maio de 2007

Enlace co artigo orixinal en El País