mércores, maio 21, 2008

O Comité Cidadán de Emerxencia a Vigo, o Domingo 25 de Maio, na defensada Ría

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de maio de 2008 17:14
Asunto: Domingo 25 de Maio: MANIFESTACION EN DEFENSA DA RÍA DE VIGO



Diante do novo Plan de Ampliación do Porto os colectivos integrados na Rede A RÍA NON SE VENDE convocan unha manifestación en defensa da Ría de Vigo, o seu primeiro e principal recurso natural.

A manifestación terá lugar o vindeiro Domingo, 25 de Maio 2008, partindo da Praza da Estrela, ás 12 horas, e rematando en Bouzas.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, súmase a esta reivindicación e convoca a solidaridade e a participación.

O autobús sairá da Praza de Galicia de Ferrol (frente ó Teatro Jofre), ás 9 horas.

A viaxe de retorno, partirá de Vigo ás 17 horas. ( Prezo: 10 €).

Pódese reservar praza ate o venres, 23, no telefº: 690612737

Máis información:

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

_______________

Enlace relacionado:

O 25 de maio todas e todos á Vigo para defender á Ría
_____________

O Courel está en perigo, salvé-mo-lo !

O Courel está en perigo, a acción social é unha baza a xogar. O sendeirista Dant fai este vídeo coa súa beleza para o seu blog e para expresar o que de verdade é este entorno, unha marabilla natural.

Visita o blog
http://www.senderista-iar.blogspot.com

Música de Luar na Lubre



__________

Enlace relacionado:

SOS Courel, no 2005, presentou unha queixa ante a Comisión Europea, tramitada co Nº 2005/4696, para denunciar a proliferación indiscriminada de canteiras e outras desfeitas colaterais interesadas, coa intención de asolar a Serra enteira.

Despois de varios avisos que non tiveron éxito, esta Institución Europea, o día seis de este Maio, emitiu o último informe de advertencia antes de pasar ao díctame definitivo, que podería levar a España ante os Tribunais de Xustiza Europeos e a ser condenada a devolver cuantiosas sumas de axudas europeas.

O Courel: Europa advirte con ultimatum á Xunta de Galicia
____________

Argumentario que fai chegar o BNG aos Portavoces Municipais sobre a polémica do traslado da Celulosa de Pontevedra [ENCE - ELNOSA]

______________________________

SECRETARÍA DE ACCIÓN MUNICIPAL

ARGUMENTARIO POLÉMICA SOBRE TRASLADO DE ENCE

1.- Apelar á prudencia e ao rigor, non especular e menos alimentar irresponsabelmente loitas localistas.

2.- Hai que actuar con responsabilidade, discreción e prudencia. Cando exista un proxecto firme, se coñeza e se plantexen ubicacións entón falaremos.

3.- A día de hoxe o importante para nós é que existe a posibilidade de que se formalice un proxecto industrial de grande valor para o país. Un proxecto industrial:

a) Galego, con capital galego.

b) Que por primeira vez faría revertir os beneficios da enerxía eólica que produce o país nun proxecto industrial autóctono, para xerar riqueza e emprego en Galiza.

c) Que pretende non un simple traslado, senón unha nova planta que ademais complete o ciclo produtivo cunha papeleira facendo realidade unha vella aspiración.

d) Que solucionaría o grave problema de ubicación actual de ENCE, en terreos de dominio público marítimo-terrestre, nun espazo que non é apto para esta actividade e que impide o desenvolvemento urbano de Pontevedra e Marín e a recuperación e rexeneración da ría de Pontevedra.

4.- O BNG non está por cambiar un problema dun lugar a outro. Ese non é o obxectivo, hai que traballar, e nesa liña se está traballando desde o Goberno galego, por superar o problema, non por cambialo de lugar. Apóstase por un novo proxecto industrial, unha nova planta que se terá que ubicar loxicamente en espazos industriais preparados para acoller esta e calquera outra actividade industrial.

5.- Polo tanto, está fóra de lugar polemizar sobre hipotéticas localizacións sen coñecer aínda o proxecto industrial e as propostas de ubicación. O importante agora é desexar éxito a calquer intento de construír un proxecto industrial galego potente.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2007 [2008]
_______________

Xoves 22 de Maio: Lectura no Inferniño "Día das Letras"

De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de maio de 2008 09:26
Asunto: LETRAS GALEGAS- LECTURA EN GALEGO- CHARLA


LETRAS GALEGAS- LECTURA EN GALEGO- CHARLA

A Xunta directiva da Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, CONVICAVOS a participar nunha LECTURA en galego este xoves- 22 a partir ás 5, 30 horas da tarde no salón de actos do Centro Cultural CARVALHO CALERO.

AURORA VARELA, escritora- filologa galega , impartirá unha charla sobre o siginificado das LETRAS GALEGAS desde a súa perspectiva e visión intelectual e persoal a partir das 6, 30 horas da tarde neste centro municipal.

Animamos a veciñanza destes barrios a participar nunha breve LECTURA voluntaria e persoal, elixindo obra e autor.

asdo. Xosé M. Sanxoán - Presidente

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
________________

O Comité Cidadán de Emerxencia ante a posible localización da Celulosa na nosa Ría

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de maio de 2008 09:23
Asunto: Nota de prensa do CCE ante a posible ubicación da Celulosa na nosa Ría



Diante das noticias recollidas nos medios de comunicación segundo as cales, unha serie de empresarios xunto a Empresa Nacional de Celulosas faríanse co control de complexo industrial de Ence en Pontevedra e pretenderían recolocalo noutros lugares, citando entre outros ao Porto Exterior de Ferrol. Diante isto, o CCE manifesta:

Amosar o noso apoio a Plataforma en Defensa da Ría de Pontevedra como así o fixemos acudindo a pasada mobilización, para esixir o traslado de Ence e denunciar os atrancos a este compromiso da Xunta de Galicia. Unha longa loita a desenvolvida pola Plataforma, que a pesar dos atrancos abrirase paso, para por fin acadar a recuperación da Ría de Pontevedra como patrimonio de todos.

Na Ría de Ferrol está a se acometer a maior agresión medioambiental neste pais coa a planta de gas de Reganosa, instalada ilegalmente e en funcionamento dende fai un ano, que ameaza a vida de miles de persoas, a Ría e o Patrimonio. Os promotores de Reganosa pretenden agora ampliar a capacidade de regasificación e a Autoridade Portuaria a voadura da canle de entrada, a pesares da súa inutilidade, pos os gaseiros nunca poderán cumprimentar a normativa de emerxencia dentro da Ría de Ferrol.

As novas recollidas nos medios nestes días relativas ao posible emprazamento da celulosa de Ence no Porto Exterior de Ferrol, os silencios institucionais, cando non as advertencias a "discrecionalidade", poñen de manifesto que a política depredadora levada a cabo por e para beneficio dunha minoría, só pode materializarse coa complicidade institucional, tal e como vemos a cotío no acontecido na Ría de Ferrol o longo dos últimos anos.

O CCE denuncia esta política encamiñada a sacrificar a Ría de Ferrol, segundo o guión establecido no ano 97 no libro promovido pola Xunta de Fraga e titulado "Elementos para unha ordenación integral dos usos do medio litoral de Galicia", e chama a toda cidadanía de Ferrolterra a dicir basta , acudindo a manifestación do próximo día 8 de xuño as 12h que sairá do Porto de Ferrol para defender a vida, a Ría e o Patrimonio, impedir a materialización das novas ameazas e esixir a paralización de Reganosa.

Ferrol a 20 de Maio de 2008

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

__________

Enlace Relacionado:

Argumentario que fai chegar o BNG aos Portavoces Municipais sobre a polémica do traslado da Celulosa de Pontevedra [ENCE - ELNOSA]
___________



_________
Boletín nº 14 do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/
____________

O Courel: Europa advirte con ultimatum á Xunta de Galicia

De: S.O.S Courel -soscourel@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de maio de 2008 01:08
Asunto: Europa advirte con ultimatum



Incrible o que arrisca a Xunta de Galicia no Courel !


SOS Courel, no 2005, presentou unha queixa ante a Comisión Europea, tramitada co Nº 2005/4696, para denunciar a proliferación indiscriminada de canteiras e outras desfeitas colaterais interesadas, coa intención de asolar a Serra enteira.

Despois de varios avisos que non tiveron éxito, esta Institución Europea, o día seis de este Maio, emitiu o último informe de advertencia antes de pasar ao díctame definitivo, que podería levar a España ante os Tribunais de Xustiza Europeos e a ser condenada a devolver cuantiosas sumas de axudas europeas.

Ver noticia en galiciae.com

A Comisión Europea advirte graves irregularidades nas seguintes canteiras:

1.- La Campa, canteira en explotación no Concello de Folgoso do Courel, na cunca do río Lor, ocupa máis de un Km. do río Luruda. Autorizada pola Xunta en xuño do 2007, cando xa foran advertidos pola Comisión Europea.
Ver vídeo denuncia “El Escarabajo Verde”, de dúas partes, 12 + 12 minutos,

Ollo! para que se poña en marcha o vídeo tes que buscar debaixo da pantalla parte 1 ou parte 2 e preme.

2.- «La Ilusión Fracción Segunda», en Folgoso do Courel, na cunca do río Lor, outorgada no 2006, sen explotar de momento a espera do desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia, norma aprobada o “martes trece” de maio no Parlamento de Galicia. A Xunta presumiu de tela anulada no 2007, pero non foi tal.

3.- “Cupa II, fracción 3ª”, en Folgoso do Courel, na cunca do río Lor, outorgada no 2006, sen explotar de momento a espera do desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia.

4.- “Cupa II, fracción 2ª”, incriblemente emprazada xunto ao “monumental” Pregue Tumbado do Courel, outorgada no 2006, sen explotar de momento a espera do desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia.

Lei de ordenación da minaría de Galicia

Coa recentemente aprobada Lei de ordenación da minaría de Galicia, a Xunta e o Parlamento de Galicia habilitaron o instrumento necesario para encher o Courel con máis e máis canteiras, agora que a pizarra entrou en crise por mor da baixa na construcción e por a entrada de China e Brasil no mercado da lousa, así outras canteiras do Courel teñen serios problemas de viabilidade.

O caso é abrir e abrir canteiras para logo indemnizar ás empresas cando teñan que pechar, e a restauración xa se fará tamén con fondos públicos.

Que pasa co Parque Natural do Courel?

A Xunta está adiándoo sucesivamente, en espera da aprobación e desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia, para adiantarse coa declaración de “Concello Mineiro”

Como podes colaborar con SOS Courel ?

1.- Difundindo este comunicado todo canto poidas.
2.- Picando neste vídeo de Youtube para achegalo ao millón de visitas.
3.- Tamén podes mercar o documental “Unha lousa sobre o Courel
4.- Para quen queira axudar nos procedementos xudiciais de SOS Courel >> Nº de CONTA

Saúdos

Courel, 21 maio de 2008

Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel,
NIF G27362474
607 22 58 87
soscourel@mundo-r.com

________________

martes, maio 20, 2008

Historia da traizón aos cidadáns e enfrontamentos co poder económico, político e mediático: Reganosa na ría de Ferrol "O salario do Silencio"

Historia da traizón aos cidadáns e enfrontamentos co poder económico, político e mediático: Reganosa na ría de Ferrol
"O salario do Silencio"

Miguel Angel Llana
Rebelión - 19-05-2008

Un ano despois de que un buque criogénico de Gas Natural Licuado, GNL, o "Espírito de Galicia" entrase na ría de Ferrol protexido desde a costa polas forzas antidisturbios, estreouse en Xixón "O salario do Silencio", un "Documental de compromiso social" como así o denominan os seus autores Mabel Rivera e Enrique Banet. Un proxecto que aposta con decisión polos cidadáns, polo medio ambiente, o urbanismo sostible, pola ecoloxía respectuosa co medio xunto a unha explotación racional dos recursos e a súa repartición solidaria. Con esta formulación, de entrada, xa se pode asegurar que o documental carece, non só de calquera financiamento oficial dos que se din representar aos cidadáns, senón que conta co seu rexeitamento e un organizado "Silencio" ao redor da súa existencia e contidos. E, precisamente, é o Silencio o que pretende romper o documental ao narrar a loita que desde 2001 vén mantendo o Comité Cidadán de Emerxencia, CCE, contra o poder económico, o político e as institucións que din ser e terse polos xenuínos representantes dos cidadáns cando, habitualmente, están xustamente en fronte ou detrás ou ao mando das forzas antidisturbios creadas e encargadas de manter a orde e o "Silencio" ou cando non están dando leña como é habitual e criminalizando aos movementos sociais como unha medida máis de represión, precisamente, de "os nosos" representantes.

A proxección do documental e as charlas impartidas en Xixón están relacionadas co plan previsto de situar outra regasificadora no porto do O Musel de Xixón, no interior da bahía, con dous tanque de 200.000 m3 cada un, ampliables a outros dous tanques máis e a construción de ata 11 centrais de ciclo combinado nunha rexión, como Asturias, que xa exporta máis da metade da enerxía eléctrica que produce; algo similar ao que está sucedendo en Galicia.

O documental percorre a dura historia que precede ao proceso da instalación da Regasificadora en Mugardos e continúa coa denuncia das irregularidades cometidas, e que se seguen cometendo, pero agora de forma cruenta porque os perigos e prexuízos que a súa instalación e funcionamento supón no corazón da ría de Ferrol son reais e non só un proxecto.

O documental é un intento lúcido de dar a coñecer e facer chegar aos cidadáns todos os aspectos relacionados con semellante despropósito, é un intento de romper o Silencio, de informar.

Durante o desenvolvemento do proxecto e a construción da Regasificadora, houbo mobilizacións sociais pero non todas acordes e unánimes. Tamén houbo enfrontamentos. Reganosa enviou a un grupo de azafatas que percorreu as poboacións máis afectadas, casa por casa, facendo unha enquisa e tomando nota dos desempregados que había en cada domicilio e insinuando a posibilidade dun futuro laboral mellor. Quen llo creron, naturalmente apoiaron entón o proxecto de principio a fin e, ademais, ían atopar emprego. Quen non só non o creron, senón que ademais viron que a Regasificadora suporía un detrimento para o ecosistema da ría e o rexeitamento para calquera nova empresa ou actividade que quixese establecerse na zona e a fuxida paulatina das existentes, evidentemente rexeitaron o proxecto. Algo parecido sucedeu coas propiedades e coas expropiacións que tamén ocasionaron problemas entre veciños.

A incerteza, a necesidade, a pouca información e sobre todo a desinformación e o "Silencio", xogaron un papel importante no proceso. Pero aínda queda por engadir ao complicado do conflito a actitude dos partidos políticos do PP, PSOE e BNG que claudicaron, un tras outro, salvo honrosas dimisións dalgún militante, que si se produciron, pero non moitas. Tamén houbo expulsados, algo que debese ruborizar aos partidos responsables e sen esquecer as destitucións políticas ordenadas polos políticos destes partidos de modo case "manu militari" executadas sobre os cargos públicos que se atreveron a discrepar ou a non aprobar as decisións ditadas en favor do poder económico.

Pero, en cambio, no movemento cidadán si houbo novidades e sorpresas. As contradicións e os enfrontamentos antes mencionados entre veciños non puideron ocultar a realidade do problema. Durante 111 días medio centenar de persoas permaneceron encerradas no concello de Mugardos, á beira da Regasificadora en construción, desde finais de xullo ata mediados de outubro. A solidariedade antepúxose a calquera diferenza superflua anterior. O peche converteuse nun lugar de convivencia e de comunicación. rompeu o "Silencio" tan ben gardado polas autoridades e polos partidos políticos ao servizo do poder económico. Finalizado o peche, a experiencia foi tan positiva que todos os protagonistas buscaron outro lugar onde seguir compartindo e discutindo os problemas aínda pendentes da comunidade. Coma se dun milagre tratásese, as desconfianzas e receos entre veciños foron diluídas, superadas, coa convivencia do peche no que moitos máis querían participar sen que houbese espazo para todos. Seguramente esta é a semente que comparte e onde nace "O salario do Silencio" cando con este achegamento de tantos días de peche no concello de Mugardos, os cidadáns ao compartir os seus problemas tamén compartiron a súa solidariedade e romperon o "Silencio" que as institucións, as autoridades, os medios de comunicación e os partidos políticos habíanlles imposto e negáronlles.

Só coa convicción, a técnica e a profesionalidade foi posible realizar "O salario do Silencio" para romper a desinformación e a ignorancia e aventar aos catro ventos que outra sociedade un pouco máis democrática, moito máis democrática, si é posible.

________
Nota. Datos técnicos:
Xénero: documental de compromiso social.
Duración 55 minutos.
Dirección, cámara e dicción: Enrique Banet
Produción, documentación e locución: Mabel Rivera
Rodada en exteriores de Mehá, Mugardos, Fene, Perlío e Ferrol.
www.namchefilms.es
produccion@namchefilms.es

"O salario do Silencio" é unha produción independente. Os beneficios que se obteñan da súa distribución en DVD irán destinados á Confraría de Mariscadores da ría de Ferrol.

Compras do DVD:
http://www.namchefilms.es/namchefilms_000022.html

Enlace co artigo orixinal
________________

Mabel Rivera e Enrique Banet, produciron e realizaron o documentario "O Salario do Silencio". [Trailer]





_____________

luns, maio 19, 2008

O 25 de maio todas e todos á Vigo para defender á Ría

De: A Ría non se vende -arianonsevende@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de maio de 2008 12:31
Asunto: O 25 de maio todas e todos á Vigo para defender á Ría





O 25 de maio todas e todos á Vigo para defender á Ría


25 DE MAIO DE 2008, ás 12 na Praza da Estrela
MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DA RÍA DE VIGO

A rede de colectivos A RIA NON SE VENDE, composta por diversas asociacións que cobren coas súas actividades todo o perímetro da ría viguesa e integrada ao tempo na rede nacional GALIZA NON SE VENDE, entende que son moitas as razóns para convocar esta manifestación en defensa do patrimonio natural, social, económico e cultural da Ría de Vigo.

En primeiro lugar debemos valorar a situación actual produto de políticas destrutivas por parte das diferentes administracións: recheos, contaminación, depuración ineficaz, alteración das correntes mariñas e destrución dos recursos pesqueiros e marisqueiros, urbanismo salvaxe e destrución da paisaxe, portos deportivos privatizadores, unha Autoridade Portuaria caótica e depredadora, desprezo pola identidade e patrimonio cultural...

Fronte a isto, A RIA NON SE VENDE defende:
  • A preservación da Ría de Vigo como fonte de vida, traballo e riqueza natural.

  • A defensa da explotación pesqueira e marisqueira fronte á especulación urbanística e industrial, apostando polo mantemento dos máis de 15.000 postos de traballo que dependen directamente dos recursos produtivos da Ría de Vigo.

  • A eliminación da contaminación actual mediante a aplicación de medidas racionais de separación de pluviais, control de vertidos, xunto á utilización de sistemas de depuración de demostrada eficacia e non contaminantes.

  • A paralización inmediata dos proxectos de recheos previstos pola Autoridade Portuaria de Vigo e o levantamento dos infrautilizados.

  • O punto final para a instalación de máis portos deportivos na ría, así como reclamar a aplicación da lei nos xa existentes.

  • A consideración efectiva da Ría de Vigo como un ben público de disfrute colectivo, mediante a conservación da súa paisaxe e forma de vida, fronte a destrución da natureza a mans de intereses políticos e particulares.
Por todo isto, cremos compartir razóns e esperanzas con toda a veciñanza que vivimos nesta Ría de Vigo, non queremos malvivir baixo unha faixa de cemento, merda e iates de luxo. E polo tanto convidamos a todos os sectores sociais que sintan súa a defensa da Ría de Vigo, a participar na MANIFESTACIÓN DO 25 DE MAIO ás 12:00 h. dende a Praza da Estrela até Bouzas.

A RÍA NON SE VENDE
http://arianonsevende.org

Vigo, 19 de maio de 2008
_________________
___________

As actividades do Ateneo Ferrolán entre o 19 e 24 de Maio

De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 19 de maio de 2008 12:28

Asunto: ACTIVIDADES NO ATENEO FERROLÁN [Semana do 19 ao 24 de maio]



ACTIVIDADES DO 19 AO 24 de MAIO


MARTES DE CINE NO ATENEO FERROLÁN ABRIL-MAIO:
CICLO “A LITERATURA E O CINE”
AS PROXECCIÓNS SERÁN OS MARTES ÁS 7 DA TARDE NO SALÓN DE ACTOS DO ATENEO FERROLÁN; A ENTRADA É DE BALDE.


MARTES Día 20 DE MAIO.-
  • 20 DE MAIO A VERDADE SOBRE O CASO SAVOLTA, DRAMA POLÍTICO. AUTOR EDUARDO MENDOZA
  • · ANO 1978 DURACIÓN 130 min.
  • · DIRECTOR Antonio Drove
  • · GUIÓN Antonio Drove & Antonio Larreta (Novela: Eduardo Mendoza)
  • · MÚSICA Egisto Macchi
  • · FOTOGRAFÍA Gilberto Azevedo
  • · REPARTO José Luis López Vázquez, Ovidi Montllor, Omero Antonutti, Charles Denner, Stefania Sandrelli.
  • · SINOPSE Barcelona entre os anos 1917 e 1923. As loitas entre os traballadores anarquistas e os donos da fábrica de armas Savolta agravanse cando estes queren esmagar o movemento con asasinos pagados e intrigas, para así ocultar os seus comercios ilegais con Alemaña.
MÉRCORES Día 21 DE MAIO .-
  • O próximo mércores día 21 de maio no Ateneo Ferrolán terá lugar unha charla informativa sobre a "Rehabilitación e Urbanización nos barrios da Magdalena e Ferrol-Vello", organizada por CCA Ferrol A Magdalena.
  • Ás 19,30 horas o responsable da oficina de rehabilitación o Sr. Mendizábal informará sobre:
    "O PERI e as axudas para a rehabilitación de vivendas".
  • A partir das 20,30 horas o concelleiro coordinador do área de urbanismo, o Sr. Mato e o concelleiro de rehabilitación e urbanización o Sr. Reimúndez informarán sobre:
    "As obras de reurbanización do Barrio da Magdalena: ampliación do aparcamento da Plaza de Armas, urbanización da superficie da Plaza de España e obras previstas para as rúas".
  • ACTO PÚBLICO E ABERTO

XOVES Día 22 DE MAIO.-
  • Ás 18 horas: ASEMBLEA INFORMATIVA ASOCIACIÓN GALEGA DE FIBROMIALXIA
  • Ás 19,30 – ASEMBLEA PSOE

SÁBADO Día 24 DE MAIO.-
  • DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES POLA PAZ
  • Ás 19 horas: PROXECCIÓN DA PELÍCULA: “AS TARTARUGAS TAMÉN VOAN”. Organiza: MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES.

EXPOSICIÓNS no ATENEO FERROLÁN: AXENDA
  • Até o 31 de maio. FOTOGRAFÍAS DE INTERMON: “AS MULLERES COCIÑANDO FUTURO” (1ª Planta)
  • Até o día 28 de maio MOSTRA DE ALUMNOS DE JUAN GALDO (2ª planta)

¡¡¡ REHABILITACIÓN DO ATENEO FERROLÁN XA !!!!

______

ATENEO FERROLÁN - Fundado en 1879 “UN LUGAR DE ENCONTRO PARA A CULTURA”


www.ateneoferrolan.org
e-mail: a_ferrol@teleline.es
| Telf.: +34 981 357 970
| Fax: 981 354 098

Dirección Postal:
Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP.15402
| FERROL [A Coruña]

____________

domingo, maio 18, 2008

No Ateneo Ferrolán: A reahabilitación e urbanización nos barrios da Magdalena e Ferrol Vello, Mércores 21 de Maio

De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de maio de 2008 19:03
Asunto: CHARLA: A REHABILITACIÓN EN FERROL



CHARLA: A REHABILITACIÓN EN FERROL

O próximo mércores día 21 de maio no ATENEO FERROLÁN (Rúa Magdalena 202-204) terá lugar unha charla informativa sobre

A REHABILITACIÓN E URBANIZACIÓN NOS BARRIOS DA MAGDALENA E FERROL VELLO

organizada por CCA Ferrol A Magdalena:

Ás 19,30 horas o responsable da oficina de rehabilitación o Sr. Mendizábal informará sobre o PERI e as axudas para a rehabilitación de vivendas.

A partir das 20,30 horas o concelleiro coordinador do área de urbanismo, o Sr. Mato e o concelleiro de rehabilitación e urbanización o Sr. Reimúndez informarán sobre as obras de reurbanización do Barrio da Magdalena: ampliación do aparcamento da Plaza de Armas, urbanización da superficie da Plaza de España e obras previstas para as rúas.

ACTO PÚBLICO e ABERTO

[+ Info na Web do Ateneo Ferrolán]
__________
e-mail: a_ferrol@teleline.es
Telf.: +34 981 357 970
Fax: 981 354 098
Dirección Postal:
Rúa Magdalena 202-204, 1º.
CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303


_________________

Ceferino Díaz, o 22 de maio en Ferrol, para prentar o seu libro "A esforzada conquista da Autonomía,1979 -1981", da man de Fuco Buxan A.C.

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
Para: artabra21@gmail.com

Data: 18 de maio de 2008 10:09

Asunto: Ceferino Díaz en Ferrol, 22 de maio. Saragadelos



Ceferino Díaz en Ferrol, 22 de maio. Saragadelos.

Invitación:

A Asociación Cultural Fuco Buxán ten o pracer de invitalo á presentación do libro "A esforzada conquista da Autonomía,1979 -1981" (Editorial Galaxia).

O acto desenvolverase na Galería Sargadelos de Ferrol, rúa María esquina rúa Ruvalcaba, o vindeiro xoves 22 de maio, a partir das 20 horas.

Intervirá o seu autor Ceferino Díaz (profesor universitario e deputado socialista no Congreso); será presentado por Manuel Cendán, directivo de Fuco Buxán.

Esperando contar coa súa presenza, reciba o noso cordial saúdo.

Máis información sobre o libro.

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

________

A Regasificadora de Mugardos na Ría de Ferrol: historia dunha ilegalidade premeditada e impune, e dun delito

A Regasificadora de Mugardos na Ría de Ferrol: historia dunha ilegalidade premeditada e impune, e dun delito

Miguel Ángel Llana
Rebelión 17-05-2008
http://www.rebelion.org/

Reganosa é unha planta regasificadora de Gas Natural Licuado, GNL, situada en Mugardos, ao fondo da Ría de Ferrol. Os buques de GNL teñen que facer un percorrido pola Ría de cinco km até Mugardos, mais en toda a Ría só 150 metros de ancho teñen calado suficiente para este tipo de buques. A entrada só pode realizarse a unha hora determinada da pleamar e con mar e vento en calma. O barco é conducido, de modo case acrobático, por catro remolcadores, dous tiran do gasero pola proa cara ao interior da Ría e outros dous na popa tiran en sentido contrario para reter e servir de temón ao barco impedindo que se atravese ou encalle. Estes barcos teñen unha manga de 50 metros e a normativa esixe que a canle navegable teña de ancho, como mínimo, cinco veces a manga, é dicir, 250 metros, mentres que a sinuosa ría de Ferrol só ten 150 m como máis arriba se di.

Cando unha actividade, como é a instalación e localización dunha regasificadora, exponse como negocio e o seu fin primordial só é o negocio, a confrontación cos intereses sociais xorde de inmediato. E non se trata de estar de acordo ou de oporse a determinadas tecnoloxías, nin a determinadas fontes de enerxía, senón ao procedemento e aos medios utilizados que afectan, sen miramientos, ao conxunto da sociedade [A conveniencia da regasificadora sería outro tema non menos discutible].

As medidas de seguridade e o respecto ás leis relacionadas con este tipo de actividades tan perigosas quedan subordinadas ao negocio do gas. A complicidade necesaria e directa dos poderes públicos: municipal, autonómico e do goberno central, e a do resto dos poderes, é máis que evidente. O mesmo que a dos partidos políticos PP, PSOE e BNG que, como neste caso, teñen un protagonismo clamoroso. Todos eles sitúanse con e á beira do poder económico e fronte a decenas de organizacións de cidadáns.

Nas xornadas celebradas en Xixón, Asturias, sobre as Regasificadoras centráronse primeiro, na de Mugardos xa en funcionamento e, despois, na que está en proxecto para o porto de Xixón, no Musel. Mabel Rivera e Enrique Banet revelaron cuantiosos datos sobre a historia de Reganosa, tanto na charla que impartiron, na proxección do documental "O salario do Silencio" como nas declaracións posteriores que realizaron. Sen esquecer a conferencia tan documentada que impartiu Manuel Amorim, profesor da Escola de Enxeñeiros Navais de Ferrol.

Aínda que os sucesos crúzanse e se solapan no tempo, a cronoloxía é tan triste como lamentable, pero así de reveladora:

1990. ENAGAS, que entón era unha empresa pública, inicia o proxecto dunha regasificadora no Noroeste, en Galicia, ante a perspectiva -negocio- de que ENDESA xunto con FENOSA poidan construír centrais eléctricas de ciclo combinado; prevían entón que as minas de lignito estarían esgotadas para o 2007.

1994. Elabórase unha Declaración de Impacto Ambiental favorable para poder instalar unha planta regasificadora no porto exterior que, ademais, serviría para porto de carbón, chatarra e outros tráficos perigosos.

Aínda que o proxecto inicial contemplaba un peirao de abrigo de 750 metros só se construíu menos da metade.

No medio de todo isto, o empresario Roberto Tojeiro, co apoio dalgún político con intereses empresariais oponse á construción do ferrocarril que podería servir para o transporte do carbón para as Centrais Térmicas de ENDESA situadas nas Pontes, monopolizando así o transporte por estrada en proveito propio.

1996. Baixo o goberno do PP de Aznar privatízase ENAGAS e o proxecto gasístico para o Noroeste, o de Galicia, abandónase. O negocio agora é outro, pero só de momento.

1997. O empresario Tojeiro aproveita a oportunidade para lanzar o proxecto de planta regasificadora, privada por suposto, ao amparo da planeada ampliación dos peiraos de Forestal do Atlántico cuxo recheo excede o previsto e solicitado, incumprindo así gravemente a lei de costas. Pero ninguén di nada e todo segue adiante coa complicidade das autoridades competentes tuteladas polos partidos políticos no poder ou na oposición.

1999, xuño. Como cabería de esperar, iníciase o recheo ante a sorpresa dos veciños. E, finalizado o recheo, subscríbese un pacto secreto ["Pacto á Siciliana"] entre Fraga e o grupo do empresario Tejeiro no que se garante, como non, a rendibilidade da Plánta Regasificadora no caso de que as previsións de negocio non se cumpran. É dicir, privatización de beneficios e socialización das perdas e dos prexuízos ao medio ambiente, á seguridade das persoas e aos seus bens.

1999, agosto. O Xefe do Estado Maior da Zona Marítima do Cantábrico, Pedro Español Jofre de Villegas, é destituído e enviado á Reserva por presentar un informe ao Ministerio de Defensa afirmando que o proxecto da Planta de Regasificación afectaba á seguridade do Arsenal Militar situado na zona. Posteriormente Federico Trillo, ministro de Defensa, negou en máis dunha ocasión, a existencia de tal informe.

2001. Comézase a falar da construción da planta Regasificadora. Forestal do Atlántico, S.A. consegue a autorización para ampliar os seus peiraos. Realizan a tramitación e obteñen de inmediato a declaración favorable de Impacto Ambiental aínda que é anulado posteriormente polo TSXG e ratificado posteriormente polo mesmo Tribunal en 2004.

O Presidente da Autoridade Portuaria, Guillermo Romeu Caramelo, oponse á instalación da Planta Regasificadora no zona de recheo realizado na Ría porque incumpre a Lei de Costas e advirte que retirará a concesión. A represalia non se fai esperar e é cesado fulminantemente sen máis argumentos.

Os movementos sociais non se fixeron esperar, este mesmo ano o Comité Cidadán de Emerxencia, CCE, iniciou as súas mobilizacións en contra da localización da plánta Regasificadora en Mugardos.

2004, febreiro. Reganosa consegue o permiso de construción e pouco despois inicia as obras. En agosto de 2007 comeza o funcionamento da Regasificadora, non sen que antes a mobilización das embarcacións de pesca da ría de Ferrol bloqueasen a entrada na boca da ría durante varios días, ata que o día 9 de agosto e coa presión desproporcionada da policía antidisturbios, entrase o primeiro buque gasero. O "Espírito de Galiza" [Galicia Spirit], como así se denominaba este primeiro buque; todo parece que á afronta haxa que sumar a burla.

Un ano despois, 20 buques criogénicos duns 150.000 m3 cada un con GNL percorreron os cinco km da ría de Ferrol para transvasar a súa carga aos dous tanques da Regasificadora cunha capacidade total de 300.000 m3 de GNL.

Mentres, están pendentes 12 procesos xudiciais, 3 demandas ante a Unión Europea e 2 na Fiscalía, todas elas relacionadas coas graves irregularidades de funcionamento e localización de plántaa Regasificadora de Mugardos. As autoridades actuando á marxe da lei, presumiblemente claro, o mesmo que os partidos políticos.

Por actuacións ou procedementos similares, noutras zonas de Galiza, e por outros motivos, medio centenar de organizacións sociais de todo tipo crearon un movemento cidadán fronte aos partidos políticos e fronte ás institucións con obxecto de manter as mobilizacións por toda Galiza baixo os lemas "Galicia non se vende", "Goberne quen goberne Galiza non se vende" ou o da proposta de "Terra viva e vida digna para todos". En todos os casos son as organizacións sociais dos cidadáns as que se enfrontan ás institucións e aos partidos políticos que din e considéranse os seus representantes, pero a realidade é que estes enfrontamentos son o denominador común entre os cidadáns e os seus mencionados representantes.

Miguel Ángel Llana

Enlace co artigo orixinal no xornal dixital "Rebelión"
__________



_________
Boletín nº 14 do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/
___________

Inaugurada a Praza da Paz: José Couso Permuy

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de maio de 2008 11:33
Asunto: Intervención da Asociación veciñal de Esteiro " Fontelonga", na inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy



Intervención da Asociación veciñal de Esteiro " Fontelonga", na inauguración da Praza da Paz: José Couso Permuy.


Ferrol a 16 de maio de 2008.

Boa tarde a todas e a todos no nome da Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga”.

O 30 de abril do 2004 presentamos no Concello de Ferrol a solicitude de que este lugar do barrio de Esteiro onde hoxe nos atopamos, onde esta a escultura dun dos mellores escultores galegos vivos Manolo Paz Mouta, levase o nome de Praza da Paz: José Couso Permuy.

Esta proposta, inicialmente non foi considerada e foi esquecida, finalmente, a proposta da Concelleira de Cultura, Dona Yolanda Díaz, foi aceptada de modo unánime polo Pleno do Concello de Ferrol do 24 de abril de 2008, catro anos despois.

Diciamos na nosa solicitude que “ O dereito á información séguese pagando coa vida” como así lle sucedeu ó foto xornalista ferrolá José Couso Permuy, quen o día 8 de abril do 2003 era asasinado no Hotel Palestina en Iraque polas tropas estadounidenses. Era asasinado para transmiti-la mensaxe de que ou se está cos Estados Unidos de Norte América ou se tropeza coa morte.

Entendiamos que a nosa proposta, e así era o sentido da mesma, se facía eco dos milleiros de ferroláns e ferrolás que dixemos “ Non á guerra” e logo de que por parte do Goberno de Ferrol se lle fixese un cativo homenaxe o venres 9 de abril de 2004, nun acto institucional ó que non foi convidada ningunha entidade asociativa da cidade.

Propoñiamos este lugar situado no progresista e obreiro Barrio de Esteiro, punto de encontro entre o vello Esteiro do século XVIII e o novo Esteiro de hoxe, nun espazo aberto e luminoso en un lugar preferente de acceso ó Centro Histórico da cidade de Ferrol.

Neste lugar preto do Santuario das Angustias construído en 1788, un dos monumentos que aínda se conservan do antigo barrio obreiro, onde se viñeron asentar os traballadores e as súas familias para traballar nos estaleiros .

Preto deses estaleiros que forxaron líderes obreiros e foron protagonistas principais en todo o Estado na loita contra a ditadura de Franco e na loita polas liberdades democráticas, loita na que entregaron a súa vida Amador Rey e Daniel Niebla, traballadores da Bazán asasinados pola Ditadura o 10 de marzo de 1972.

Preto do Monumento, realizado en 1986 polo escultor ourensán Xosé Cid Menor, que homenaxea á ilustre ferrolá de Ferrol Vello, Dona Concepción Arenal, defensora dos dereitos das mulleres e dos dereitos humanos, rebelándose contra a marxinación das mulleres e reivindicando a igualdade en tódalas esferas sociais para a muller.

Preto da representación das catro antigas rúas de Esteiro, nunha delas, na rúa San Nicolás naceu, o 18 de outubro de 1850, Pablo Iglesias Posse (fillo dun empregado do Concello de Ferrol), fundador do Partido Socialista Obreiro Español no 1879 e da Unión General de Traballadores no 1888.

Neste lugar e con eses veciños e veciña queriamos render homenaxe, na súa cidade natal, a José Couso Permuy , simbolizando nel a defensa da paz, da xustiza, da liberdade de prensa e dos dereitos humanos, como fixo José Couso Permuy e polo que foi asasinado.

Neste momento que se inaugura a Praza da Paz, non podemos por menos que esixir Xustiza, a paz sen xustiza é a paz dos cemiterios, Xustiza para que os seus asasinos sexan xulgados e se saiba toda a verdade, e Xustiza para que os responsables da invasión e da guerra do Iraque, inxusta e ilexítima, sexan tamén xulgados como criminais de guerra.

Queremos celebrar a inauguración desta Praza da Paz: José Couso Permuy e darvos as grazas a todos e a todas pola vosa presenza.

José Couso Permuy, está hoxe aquí , con nós e vivo, por que ninguén morre mentres é recordado.

Moitas Grazas.

Xosé Miguel López Pérez, presidente da Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga”

_________

ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21

__________

Fotos cedidas pola Asociación Veciñal O Rosario - Inferniño
Blog veciñal
Artigos PA21

avvorosario@gmail.com
______________

http://www.josecouso.info/

Galería Fotográfica

Galería da Página realizada polos seus compañeir@s de Tele5.
camaras@informativost5.com
http://www.primeraplana.net/couso/index.html