venres, xaneiro 28, 2011

Masiva participación nas mobilizacións convocadas pola CIG o día da Folga Xeral do 27 de Xaneiro de 2011

A CIG amosou hoxe a súa satisfacción pola masiva participación da clase traballadora nas distintas mobilizacións celebradas por todo o país coincidindo coa xornada de folga xeral convocada para rexeitar a reforma das pensións do Goberno español. A central estima que arredor de 80.000 persoas saíron á rúa nas principais cidades e vilas de Galiza nunha xornada histórica para o sindicalismo nacionalista galego ao conseguir sacar adiante o paro en sectores importantes a pesar do contexto de grave crise, do boicot dos medios de comunicación e do acoso policial.





A folga tivo un seguimento practicamente xeneralizado no transporte de viaxeiros e nos urbanos, na recollida do lixo e limpeza viaria, no sector naval, nas grandes obras da construción (como a ampliación de Peinador e Lavacolla ou o porto exterior da Coruña) e nos portos comerciais de Ferrol e da Coruña. Os polígonos do Campiño en Pontevedra, do Tambre en Compostela e algunhas empresas situadas nos de Vigo viron reducida a súa actividade, de igual xeito que na cidade olívica lle sucedeu a Citroën, que tivo que dobrar a quenda de noite (terían que rematar ás 5.00 horas e eran as 8.00 e aínda traballaban) para que a liña de produción non se vise afectada. Alén diso, cómpre salientar que o 40 % da quenda de mañá non entrou a traballar, arredor de 1.000 persoas.

Outras empresas importantes que se viron afectadas polo paro foron a ferrolana Navantia (cun paro do 40 % na empresa principal e do 60% nas auxiliares, mentres que en Fene o paro ascendeu case até o 90%), Celulosas de Pontevedra (arredor dun 50 %), Alcoa en San Cibrao das Viñas (sobre un 50 %) ou Zara Loxística, en Arteixo (outro 50 %). En Ourense rexistrouse un paro total nas compañías Roberto Verino e Faurecia.

No que respecta á administración local salienta o seguimento masivo que tivo a convocatoria nalgúns Concellos, como foi o caso do de Compostela, cun 80 % de paro. En canto ao ensino secundario, a adhesión á folga estivo entre un 60 e un 70 %. Finalmente, o sector onde o paro tivo unha menor repercusión foi no pequeno comercio e nas grandes áreas.

Vigo

Na comarca viguesa a xornada de folga comezou nos polígonos industriais pouco antes das dez da noite, horario no que daba comezo a primeira quenda de traballo da noite. Os piquetes desprezadas até o Parque Tecnolóxico de Valadares puideron comprobar cal sería a tónica do comportamento da Policía española durante toda a noite a ao longo do propio día 27: someter aos folguistas a un acoso que lles impedise desenvolver o seu labor informativo no acceso aos centros de traballo. A partir de entón sucedéronse as identificacións e practicáronse varias detencións, entre elas as de catro afiliados da CIG que xa quedaron en liberdade tras seren acusados de “intentar levantar unha barricada”.

Con todo, o paro tivo moita incidencia na cidade, tal e como se puido visualizar na masiva manifestación que percorreu as rúas do centro e na que participaron arredor de 40.000 persoas, unha cifra moi similar á do pasado 29 de setembro. Ao seu remate, tanto o secretario comarcal de Vigo, Serafín Otero, como o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, incidiron na importancia e contundencia da mobilización e non descartaron novas protestas ante “o maior ataque aos dereitos da clase traballadora en 40 anos”.

Nos estaleiros o seguimento da folga foi total, nun 70% nos autobuses urbanos (só funcionaron os servizos mínimos) e tamén completo na recollida do lixo e limpeza viaria (da empresa FCC). No mercado da froita tampouco houbo actividade por decisión dos traballadores despois dunha asemblea. A folga tamén se deixou ver de xeito notábel no sector da construción, afectando especialmente a grandes obras como as do aeroporto de Peinador ou aos traballos do Plan E.

A Coruña

A cidade da Coruña comezaba a folga ás 08:00 horas da tarde coa total paralización das obras do porto exterior, en Punta Langosteira. A imaxe do parón na obra pública máis grande da comarca repetiríase ao longo de todo esta xoves en cada unha das quendas de traballo. Ademais, a actividade quedou suspendida en Albada, o transporte interurbano e no porto comercial, mentres que en Zara Loxística rexistrábase un seguimento moi elevado do paro. Non obstante, o Secretario Comarcal, Paulo Carril puntualizou que a CIG favoreceu que continuara o resto da actividade pesqueira pola agónica situación que atravesa o sector, aínda que os movementos foron mínimos.

Por volta das nove da mañá arrancaba o piquete informativo do comercio dende o centro comercial Catro Camiños, ao paso do que ían pechando as tendas, mentres a cada volta se sumaba un número meirande de persoas, a pesar das ducias de policías que escoltaban a marcha. Era o sinal de que a manifestación, que poría remate ao piquete, rexistraría unha participación similar á da folga do 29 de setembro. E así foi, unhas 10.000 persoas percorreron as rúas da Coruña coa cidade ao berro de “Non á reforma das pensións”. A este respecto, Carril denunciou o papel xogado por CCOO e UGT neste novo ataque aos dereitos da clase traballadora e reivindicou ben alto a viabilidade do actual sistema público de pensións.

Ferrol

Dende a CIG de Ferrol subliñaron que a manifestación realizada hoxe na cidade é a máis numerosa das que se recorda na comarca nos últimos tempos, cunha participación que chegou ás 8.000 persoas. O dato sustenta a positiva valoración que fixeron dende a Unión Comarcal desta xornada de paro, na que se conseguiu paralizar a recollida de lixo e a limpeza viaria de Ferrol e Narón, os servizos de transporte urbano e diversas empresa do sector da construción e madeira e do metal (como Privilege ou Maderas Fernández.

Sobre a incidencia da folga, o voceiro comarcal, Manel Grandal, destacou especialmente a resposta á convocatoria por parte dos traballadores e traballadoras dos estaleiros públicos, de xeito que en Navantia Fene se acadou un 90% de seguimento e en Navantia Ferrol na empresa principal o paro xirou arredor do 40%, pero nas auxiliares o seguimento superou o 60%. Ademais, un volume importante de traballadores e traballadoras saíu do estaleiro para unirse á manifestación da CIG. E iso, incidiu Grandal, malia haber representantes de UGT e de CCOO que estiveron facendo o labor de contra piquetes.

O voceiro comarcal, Xesús Anxo López Pintos, apuntou que a central sindical demostrou hoxe que “non fallou á clase obreira e foi quen de pór a disposición da clase traballadora toda a ferramenta do sindicato”. Nesta liña tamén criticou con dureza o acordo asinado por CCOO e UGT, atendendo así as demandas dos gobernos, ao servizo do capital financeiro.

A respecto da presenza policial, subliñaron que se ben a de hoxe foi a manifestación máis numerosa, tamén foi a folga con máis presenza policial dos últimos anos. De feito a policía identificou a todos os piquetes informativos durante toda a noite e a mañá.

Carga en Odeón

Desafortunadamente, na comarca produciuse unha carga policial inxustificada contra un piquete que estaba realizando a súa labor informativa nun concesionario de vehículos situado en fronte ao centro comercial Odeón. Para maior sorpresa da CIG, non só a policía arremeteu contra os/as folguistas, senón que mesmo un vixiante de seguridade do complexo comercial saíu fóra do seu centro de traballo para “colaborar” na carga policial. Este vixiante golpeou a unha compañeira cunha porra extensíbel, causándolle unha fenda na cabeza.

Dende a CIG de Ferrol xa adiantaron que presentarán denuncia xudicial o garda de seguridade, para que, pola gravidade que reviste a súa actuación totalmente ilegal, se adopten todas as medidas que correspondan.

Lugo

Na cidade da muralla a folga arrincaba coa ausencia da recollida de lixo, coa paralización da estacións de autobuses e cunha incidencia no seguimento no Polígono do Ceao semellante á rexistrada na folga de setembro. Non obstante, o Secretario Comarcal, Xosé Ferreiro, puña o punto de mira na desmesurada presenza policial que acompañou aos piquetes durante toda a xornada, que mesmo procedeu a identificar aos folguistas que estaban pegando cartaces relativos ao paro xeral.

Ferreiro destacou o feito de que moitos traballadores/as do comercio cos que falaron durante o piquete informativo comentasen que tiñan que chamar ao seu xefe ou xefa para poder pechar e acudir á folga. Esta situación, apuntou, é sintomático do moito que aínda nos queda por avanzar na loita polos dereitos da clase traballadora.

Aínda así, mostrouse satisfeito pola participación acadada na manifestación deste mediodía, unhas 2.500 persoas, asegurando que “é a mobilización máis multitudinaria que a CIG convocou en Lugo”. Tanto que, ao igual que noutras cidades, contou coa presenza de xente afiliada ou afín a CCOO.

Despedido por acudir á folga

A nota negra da folga en Lugo púxoa na xornada do mércores o despedimento dun traballador, en clara vulneración dos seus dereitos, de Conxelados Sariego (Rábade) por anunciar a súa intención de acudir á folga e animar aos seus compañeiros/as a seguir o seu exemplo. Dende a CIG de Lugo denunciouse este tipo de actuacións do empresariado e xa anunciaron que a central sindical vai recorrer o despedimento e utilizará todos os medios ao alcance para conseguir que o traballador sexa readmitido.

A Mariña

Especial significado tivo a incidencia da folga na Mariña Lucense, xa que unha das empresas emblemáticas, Alcoa San Cibrao, só tivo operativos os servizos mínimos, mentres que a actividade das auxiliares estivo completamente suspendida.

Así mesmo, a acción policial tamén se fixo sentir, e o piquete informativo despregado en Viveiro permaneceu inmobilizado durante máis de media hora polas forzas de seguranza, que se adicaron a identificar a todos/as os/as folguistas.

Ourense

O secretario comarcal da CIG de Ourense, Etelvino Blanco, valorou moi positivamente a incidencia da folga non só na capital da provincia senón tamén en vilas como Xinzo e Verín. Neste sentido, salientou que no transporte urbano só saíron os servizos mínimos e que se paralizaron tanto a limpeza viaria como a recollida de lixo.

Alén diso, cifrou a incidencia da folga nos polígonos industriais nun 50% cun paro total na súa actividade de empresas tan importantes como Faurecia, no polígono de San Cibrao das Viñas.

A actividade comercial estivo paralizada durante toda a mañá e constatouse un seguimento do paro entre o estudantado tanto da FP como dos institutos.

Respecto da manifestación salientou a elevada participación, que superou a da folga xeral do 29 de setembro e o activo apoio de organizacións como o BNG, IU, Galiza Nova, a CGT, o sindicato ferroviario, o SLG e FRUGA, entre outras.

Compostela

En Compostela, e segundo explicou o secretario comarcal da CIG, Anxo Noceda, o piquete puido constatar que contra as 9:30 horas, a incidencia da folga no polígono do Tambre estaba entre un 60 e 70%. Pecharon ademais empresas relevantes na cidade como a Papeleira de Brandía, Tórculo ou Cespa.

Noceda tamén salientou que a actividade no aeroporto estivo paralizada, ao igual que as obras de ampliación de Lavacolla.

Respecto da administación, falou dunha incidencia variábel, e superior á da folga do 29 de setembro, no concello. Na Sanidade sinalou unha participación “nos parámetros da última folga” e unha importante incidencia no comercio.

Para o secretario comarcal da CIG de Compostela foi especialmente relevante a participación, de máis de 5.000 persoas, na manifestación que saíu da praza Roxa pasadas ás 12:30 e que abarrotou a Praza de Praterías, até o punto de que parte dos manifestantes non cegaron sequera a acceder á praza.

As Pontes

Os compañeiros e compañeiras das Pontes foron os encargados de dar o punto de saída das mobilizacións convocadas pola CIG hoxe en todo o País. Ás 10:30 horas unhas 200 persoas concentrábanse na Praza do Hospital para amosar o seu rexeitamento á reforma das pensións e ao preacordo entre os sindicatos e o goberno español, que poucas horas antes se tiña anunciado nos medios de comunicación.

Tras da protesta, explicaba o responsábel da Unión Local, Alberte Amado, iniciouse unha caravana integrada por uns 40 vehículos que trasladaron a mensaxe contra as regresivas medidas do goberno por todas as localidades por onde pasaron antes de sumarse á manifestación da CIG en Ferrol.

Cee

Na zona de Cee o seguimento da folga resultou semellante ao acadado na pasada folga de setembro. Desta volta, apuntou o responsábel local, Xabier Santos, tamén se organizou unha concentración, na que tomaron parte arredor de 300 persoas, que ademais recibiron o apoio do comercio local, que pechou as súas portas ao inicio da protesta para trasladar a súa conformidade coas reivindicacións da CIG.


Galerías Fotográficas da Xornada de Folga e Manifestacións

Acceder á galería de imaxes das mobilizacións.
Acceder á outra galería de imaxes das mobilizacións.
Acceder á galería de imaxes dos piquetes.

MobilizacionBarcoValdeorras.grande

ManiFolgaVigo5.grande

Cee_0.grande

11-01-27 manifestacion Xinzo 0.grande

11-01-27 manifestacion Verin 2.grande

11-01-27 manifestacion Ourense 01.grande

11-01-27 manifestacion Lugo 5.grande

11-01-27 Manifestacion Burela 1.grande

11-01-27 Manifestacion A Coruña09.grande

11-01-27 Manifestacion A Coruña01.grande

01-11-27 manifestacion Compostela 17.grande

01-11-27 manifestacion Compostela 1.grande

ManiFolgaVigo1

Fonte: Avantar
_____________

xoves, xaneiro 27, 2011

Seguimento da Folga Xeral en Radio Filispim no 93.9 da FM e no sitio web especial da CIG - Xa está publicado na rede o Programa Especial - Vídeo

Para seguir os acontecimentos da xornada de Folga Xeral, deste 27 de Xaneiro, Rádio Filispim no 93.9 da FM, realiza un seguimento especial até onde chegan as ondas no espazo territorial das comarcas do noroeste Ártabro da Galiza.

Quen queira informar e participar en directo hai un telefono de contacto da Radio:



 981 37 10 40 

____________

XA PODES ACCEDER ONLINE OU BAIXAR O PROGRAMA ESPECIAL DE RÁDIOI FILISPIM

Escoitar clicando no icone verde:


Primeira Parte do Programa Especial - Folga Xeral 27 de Xaneiro de 2011 [01]



Para descargar o audio da Primeira Parte do Programa Especial - formato mp3 - 194:10

Segunda Parte do Programa Especial - Folga Xeral 27 de Xaneiro de 2011 [02]



Para descargar o audio da Segunda Parte do Programa Especial - formato mp3 - 117:43

Rádio Filispim, a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos na rede:

http://opaii.blogspot.com/
_________________

____________

Mais tamén pode-se seguir a Folga Xeral por internet coas últimas novas no sitio web especial da CIG para esta mobilización.

A CIG realiza unha cobertura informativa especial con motivo da Folga Xeral de deste  27 de Xaneiro de 2010. A central nacionalista remitirá notas de prensa de xeito puntual no tempo que dure o paro e ofrecerá todos os datos actualizados a través das súas páxinas web. Habilitou unha dirección de correo electrónico para que as persoas interesadas poidan achegar o material fotográfico e audiovisual que consideren oportuno sobre a xornada de folga e as mobilizacións:

infofolga@gmail.com

Web para a Folga:

http://folgaxeral.galizacig.com/

No Avantar:

http://www.galizacig.com/avantar/
_______________

Piquete Naron


_____________________________

O acordo alcanzado está madrugada por CCOO, UGT e o goberno xustifica, máis que nunca, a convocatoria da folga xeral de hoxe

Os sindicatos españois aceptan atrasar a idade de xubilación aos 67 anos, malia ter pasado meses repetindo que por aí non pasarían.


A CIG considera que co principio de acordo acadado entre CCOO, UGT e o Goberno, co que estas centrais sindicais están aceptando o atraso da idade de xubilación aos 67 anos, coa exixencia de 37 anos cotizados para poder cobrar o 100% e de 38 anos e medio para poder xubilarse anticipadamente aos 65, se cumpren “os peores dos nosos presaxios”
.

[2011.01.27 Piquete en Zara Loxística.  Arteixo - Polígono de Sabón]

Así o manifesta, Suso Seixo, Secretario Xeral, quen asegura que desde a central sindical xa se sospeitaba que se chegaría a esta situación. “Constátase así que todas as ameazas de mobilización ou folga xeral que CCOO e UGT dirixían ao Goberno tiñan o único obxectivo e desmobilizar aos traballadores/as no seu conxunto e moi especialmente aos seus afiliados e afiliadas, para evitar que se sumasen ás convocatorias de folgas xerais que hai hoxe en Euskadi, Cataluña e Galiza. Folgas xerais que diante deste escenario están máis xustificadas que nunca”.

Seixo afirma que este acordo supón unha “traizón” aos intereses da clase traballadora, aceptando os plantexamentos do Goberno e da Banca sobre a reforma das pensións e colaborando claramente na mentira e nos obxectivos que moven esta reforma. “Na mentira porque o sistema público de pensións non corre perigo ningún a medio prazo, como din o Goberno e os informes pagados pola Banca e nos obxectivos, que son potenciar a canalización do aforro dos cidadáns cara os sistemas privados de pensións que é un dos grandes negocios quen ten hoxe o sistema financeiro nas súas mans”.

Estas reformas van ter como consecuencia, segundo o secretario xeral da CIG, que se dificulte o acceso ás pensións e, polo tanto, que se reduza o número de pensionistas de forma significativa, diminuíndo ao tempo a contía das prestacións. “Nese escenario, o que se pretende é que o sistema público de pensións cubra unhas pensións mínimas e aqueles traballadores/as que teñan capacidade de aforro, por contaren con maiores ingresos durante a súa vida laboral, subscriban, desde xa, sistemas privados para garantir unha pensión complementaria, o que provocará que se incrementen as diferenzas nas rendas e na calidade de vida entre pensionistas”.

Para a CIG os contidos deste principio de acordo xustifica e fai máis necesaria aínda a convocatoria da folga xeral que se desenvolve durante a xornada de hoxe. Folga que, polo ben dos traballadores e traballadoras galegas, debería contar cun respaldo importante.

Fonte: Avantar
___________________

Verdegaia denuncia ante o Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia o impacto ambiental que están a ocasionar as obras do proxecto de “Restauración Ambiental das praias da Coviña, O Vilar, A Fragata e Esmelle”

Verdegaia denuncia ante o Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia o impacto ambiental que están a ocasionar as obras do proxecto de “Restauración Ambiental das praias da Coviña, O Vilar, A Fragata e Esmelle” no Concello de Ferrol (L.I.C. Costa Ártabra e Z.E.P.A. Costa de Ferrolterra-Valdoviño), vulnerando a legalidade.

En primeiro lugar, estáse a construir un muro de contención de formigón nunha das marxes da estrada C.P. 3606, nas inmediacións do camping existente, de máis de 3 metros de altura nalgúns pontos, afectando ao espazo dunar incluido tanto no Dominio Público Marítimo-Terrestre (D.P.M-T.) como nos devanditos L.I.C. e Z.E.P.A., supostamente para construir unha beirarrua ou paseo peonil. Non se adoptou outra solución menos agresiva como a instalación dunha pasarela de madeira para salvar o desnivel existente, por exemplo ou, de ser absolutamente necesario o muro de contención para reforzar o firme da estrada, sustituilo por unha escolleira de pedra recuberta con sustrato da zona, por poñer outro exemplo.


En segundo lugar, procedeuse ao desmonte e ao movimento de area dunha ampla superficie dunar inmediata ao aparcadoiro proxectado na marxe da devandita estrada C.P. 3606, supostamente como ampliación do mesmo, destruindo toda a coberta vexetal. Esta zona dunar forma parte da proposta de ampliación da Rede Natura 2000 que fai a Xunta de Galicia, ao posuir hábitats e especies de interese comunitario. De feito, esta suposta ampliación do aparcadoiro, non contemplada no proxecto inicial, ademáis de poñer en perigo un dos catro matos de Camariña (Corema album) que, milagrosamente, sobreviven na zona afectada (sendo as poboacións máis setentrionais da península ibérica xunto coas de Pantín -Valdoviño), destrueu parte das poboacións de Omphalodes littoralis subsp. gallaecica localizadas nesta zona, catalogada como En Perigo de Extinción. Outras especies vexetais como Iberis procumbens (endemismo ibérico) ou Silene scabriflora subsp. gallaecica (endemismo galaico) comparten o mesmo hábitat, resultando tamén afectadas polas obras. Ademáis, os materias extraidos nesta parte do sistema dunar estanse depositando sobre as dunas móviles da primeira liña de costa co obxecto de "rexenerar" as partes erosionadas polo tránsito de veículos, carecendo de todo rigor científico. Como dí o dito popular, desvisten a un santo para vestir outro.


En terceiro lugar, acedeuse á Praia do Vilar a través do seu sistema dunar con maquinaria pesada, deixando as rodeiras sobre a vexetación psamófila e erosionando parte da duna. Resulta que nas inmediacións xa hai un paso a través do cantil, tanto para persoas como para veículos, que non se utilizou.

Tanto á Demarcación de Costas como ao Concello de Ferrol parece só importarlles o rendemento electoral que poden obter da execución deste proxecto, falsamente chamado de "restauración ambiental", desprezando os valores naturais que motivaron a protección deste espazo natural e vulnerando as obrigas legais de salvagarda-los, de acordo coa lexislación ambiental en vigor.


Desde Verdegaia pedimos a paralización cautelar das obras, co obxecto de evitar que se agrave o deterioro dos hábitats naturais e das comunidades vexetais obxecto de protección e se descarten do proxecto todas aquelas actuacións que poidan resultar incompatibeis ou perxudiciais para a conservación dos mesmos.

http://www.verdegaia.org/

ferrol@verdegaia.org


Enviado por:
Verdegaia Ferrol
-ferrol@verdegaia.org-
26 de janeiro de 2011 15:57
____________________

"O Recuncho" de Radio Filispim, tratou a convocatoria de Folga Xeral do 27X


O pasado Sábado, 22 de Xaneiro de 2011, no programa "O Recuncho" da A.C. Fuco Buxán, que se emite en directo na Rádio Filispim, no 93.9 da FM, para toda a Comarca de Trasancos, desde as 11 da mañá, tiveron lugar importantes entrevistas e moitos contidos de interese, destacando, polo día no que estamos, os asuntos relacionados coa convocatoria de Folga Xeral para hoxe 27 de Xaneiro de 2010.

No estudo de Radio Filispim estivo, Xaquín García Sinde, da corriente marxista “El Militante” e do sector crítico de CCOO, analizou a Crise do Capitalismo que vivimos e falou sobre a convocatoria de Folga Xeral.

Iago Montes faou, en directo, da presentación dun documental acerca da explotación de Andalucita que quérese facer en Pico Vello, nas fontes do Belelle e perto das Fragas do Eume. O curso-documental foi realido por Acsur en colaboración de Fuco Buxán.

Coma de cotiá José Torregrosa coa súa sección “O espertar da razón”.

Entrevistaron, en directo, a Luis Montes, licenciado en Medicina o cal  falou da necesidade da morte digna e da despenalización da Eutanasia. Proximamente este comprometido médico e activista social, vai visitar Ferrol, convidado por Fuco Buxán A.C.

Coma sempre, sección poética levada por Fernando Ocampo e Lorena Calaza en torno a figura e obra de Francisco Brines.



Descargar o audio

http://recunchofuco.blogspot.com/
________________

mércores, xaneiro 26, 2011

O Fórum Social Mundial -FSM- 10 anos depois

Por Emir Sader [*]
26.01.2011

Dez anos depois da sua primeira edição, o FSM volta à Africa, em um cenário mundial muito diferente daquele de 2001. Naquele momento a hegemonia do modelo neoliberal ainda era grande, a economia mundial não havia entrado em crise e, principalmente, a América Latina ainda era dominada por governos neoliberais –naquele momento com a exceção dos da Venezuela e de Cuba.

Passada uma década, o mundo mudou. A crise econômica, nascida no centro do capitalismo, levou as maiores potencias à estagnação, da qual ainda não conseguem sair, enquanto os países do Sul do mundo, que privilegiam a integração regional e não os TLCs com os EUA, já a superaram e voltaram a crescer. O modelo neoliberal perdeu legitimidade, embora siga dominante, mesmo se com afirmações em contrario e com adequações.

Apesar disso tudo, por fraqueza de alternativas à esquerda, o mundo se tornou mais conservador ainda do que há uma década. Mesmo a vitória de Obama e o fim desprestigiado de Bush, não alteraram essa tendência. A Europa de Merkel, Berlusconi, Sarkozy, Cameron, das agudas crises com os respectivos pacotes de FMI em Portugal, Grécia, Irlanda, Portugal, virou ainda mais à direita.

A grande exceção é a América Latina, não por acaso o continente da sede original do FSM. Nesses dez anos, concomitante à realização dos FSMs, o continente foi elegendo, um atrás do outro, presidentes com compromissos de construção de modelos alternativos ao neoliberalismo que derrotavam nas urnas. Nunca o continente teve tantos governos afinados entre si e na linha posneoliberal de prioridade dos processos de integração regional no lugar dos TLCs com os EUA e prioridade das politicas sociais no lugar dos ajustes fiscais.

No FSM anterior, em Belém, a presença mais significativa foi de 5 presidentes, todos latino-americanos, afirmando seu compromisso com a construção de um outro possível. Todos marginais da política tradicional: um arcebispo ligado ao movimento camponês paraguaio, um dirigente indígena boliviano, um intelectual do pensamento critico equatoriano, um líder militar nacionalista venezuelano, um líder sindical brasileiro

Os 5 representam um movimento mais amplo – que inclui também a Argentina, o Uruguai, El Salvador  -que constrói os únicos processos de integração– Mercosul, Unasul, Conselho Sulamericano de Defesa, Banco do Sul, Alba, União dos Povos Latinoamericanos – que fez com que esses países tenham avançado significativa na sua recuperação econômica, na diminuição das desigualdades sociais, na extensão dos direitos sociais a toda sua população, na afirmação de politica externas soberanas. A América Latina tornou-se a única região do mundo em que governos se identificam com o FSM e avançam na superação do neoliberalismo.

Propostas do FSM conquistaram espaços nesta década, entre as quais talvez nenhuma como o software livre, como instrumento do direito universal à comunicação. Alguns governos adotaram modalidades de regulação sobre a livre circulação do capital financeiro. A recuperação dos recursos naturais privatizados –entre eles a água– foi realizada por governos latino-americanos. A ideia de que o essencial não tem preço, generalizando direitos a todos, tem ido igualmente praticada por governos posneoliberais na América Latina.

Mas, infelizmente, a crise econômica geral não foi capitalizada por alternativas progressistas em outras regiões – especialmente na Europa. Outros temas do FSM tampouco conseguiram avanços, por falta de forças politicas, com arraigo popular e capacidade de liderança, que pudessem transformá-las em políticas concretas.

Onde isso foi possível, onde se deram avanços reais na construção do outro mundo possível, foi quando a força social –de massas e ideológicade propostas– conseguiu se transformar em força política concreta, disputar o poder do Estado e, a partir daí, colocar em prática governos de superação do neoliberalismo. Em distintos graus, isso se está dando na Bolívia, no Brasil, na Argentina, na Venezuela, no Uruguai, no Equador. Porque medidas que superem o neoliberalismo, como a recuperação da capacidade do Estado para induzir o crescimento econômico, para garantir e estender direitos sociais, para defender a soberania nacional, para regular a circulação do capital financeiro, entre outras medidas.

Por isso o outro mundo possível, que tem necessariamente que transcender da esfera social para a politica, encontra nos governos posneoliberais da América Latina seus pontos mais avançados. Enquanto que forças que permanecem auto-recluídas na resistência social, se enfraqueceram, perderam transcendência ou até mesmo desapareceram, sem conseguir colocar em prática concretamente formas de superação do neoliberalismo.

O FSM do Senegal se dá nesse marco politico geral. No anterior, há dois anos, predominou uma certa euforia ingênua e espontaneísta, de que o neoliberalismo –e até mesmo o capitalismo– estariam chegando ao seu final. Estes dois anos reforçaram o argumento de que, sem construção de forças politicas capazes de dirigir processos concretos, que passam pelos Estados –os existentes ou os refundados-, não haverá avanços ou pode até mesmo acontecer retrocessos.

O outro mundo possível está sendo construído concretamente na América Latina, mediante diferentes modalidades de governos posneoliberais , que devem consistir na referência mais rica –nas suas realizações, no seu potencial e também nos seus impasses– para avançar nos ideais que o FSM representou há 10 anos. Mas que, se não superar ele mesmo os limites que se autoimpôs, ameaça seguir girando em falso, dissociado dos processos realmente existentes de construção do outro mundo possível.

[*] Emir Sader, sociólogo e cientista, mestre em filosofia política e doutor em ciência política pela USP - Universidade de São Paulo.

Fonte: Carta Maior - Blog do Emir Sader - Copyleft

___________________

Enlaces relacionados:

Podes seguir o evento desde a web oficial do Fórum Social Mundial:


Ou desde a Galiza, nos sitios web do propio Foro Social Galego ou desde Altermundo:
_________________________

Co noso diñeiro os bancos compran armas, apoian ditaduras, colócano en paraísos fiscais; compran hipotecas, seguros e outros produtos, que venden e revenden ata que nalgún lugar explota a burbulla

Este artigo foi publicado o 3 de Xullo do pasado ano 2010, máis pola súa actualidade e interese publica-mo-lo hoxe, pasados seis meses, en Ártabra 21.

Mercedes Arancibia [*]
26.01.2011

"Se a xente soubese o que os bancos fan co seu diñeiro -conta a historia que dixo un día, alá polos anos 20/30 do século pasado, o magnate do automóbil Henry Ford- ao día seguinte estalaría unha revolución". Agora a xente xa sabe -máis ou menos- o que os bancos fan co seu diñeiro (pero non son tempos de revolucións): compran armas, apoian ditaduras, colócano en paraísos fiscais; compran hipotecas, seguros e outros produtos, que venden e revenden ata que nalgún lugar explota a burbulla e pasa o que estamos vivindo; compran máis diñeiro para comprar máis diñeiro e comprar máis diñeiro ... ata converter a débeda xeral en algo monstruosamente perverso que de súpeto desaparece deixando no seu lugar un gran buraco negro de nada polo que se evaporaron os aforros de moitas vidas, os negocios de moitos pequenos empresarios e o futuro de moitos países.

Agora que a xente sabe o que os bancos fixeron co seu diñeiro quizá sexa o momento de abandonar esta resignación que aniquila e empezar a pensar noutras formas de xestión económica.

Cun minuto de silencio en memoria de José Saramago, Premio Nobel de Literatura e Membro de Honra da Asociación de Amigos da Revista Triunfo recentemente falecido, comezou onte a mesa redonda "Unha banca pública para saír da crise" no salón de actos da Asociación da Prensa de Madrid.

Ás veces as circunstancias non son propicias e fan coincidir un venres de xullo de calor sufocante coa enfermidade de dous dos relatores anunciados. Aínda así, quen decidiran asistir e ao final optaron por deixalo pasar perdéronse as interesantes reflexións ao redor da crise actual, as súas causas e as consecuencias -ocorridas e aínda por chegar- que fixeron os profesores Juan Torres López (catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Sevilla e membro do consello científico de Attac) e Laureano López Araujo (profesor invitado da Universidade Carlos III de Madrid e antigo colaborador de Triunfo).

En perfecta sintonía cunha audiencia que, no coloquio final, achegaría as súas propias experiencias, o profesor Torres arrincou asegurando que "estamos vivindo unha estafa sen igual ... O que fan os gobernos non é facer fronte á crise senón aproveitala para sacar adiante proxectos que tiñan de antes", aludindo directamente ás fusións, compras e outras operacións entre caixas de aforro, das últimas semanas. E así nos decatamos de que "a crise" (esta, a nosa, a que estamos padecendo agora mesmo) non é máis que a última, e de momento a peor, das 130 crises que contabilizan os estatísticos desde 1970; e de que as perspectivas non son nada boas: "A próxima, a que xa se está xestando, será peor".

Laureano Lázaro Araujo foi aínda máis lonxe cualificando ás entidades que están na orixe da crise de "terrorismo financeiro internacional, con nomes, apelidos e domicilio, que conseguiu pór de xeonllos aos gobernos" de máis de medio mundo.

Resumindo: que ambos os relatores coinciden en que as medidas recomendadas polo FMI e a UE para saír da situación o único que van facer é ampliar o ciclo, devolver a Alemaña a hexemonía que tivo en Europa desde a creación inicial do Mercado Común, e dificultar outras posibles saídas. E en que, dado que o sector privado, ocupado como sempre en converter o diñeiro en máis diñeiro, non garante o funcionamento da economía dos países, a solución debería vir da man dunha banca pública. Precisando aínda máis, dunha Confederación de novos (con moito énfases no de novos) bancos públicos articulados ao redor das actuais Caixas de Aforros, cuxo resultado fóra "unha banca ética e solidaria, unha banca que non roube, que funcione con criterio de servizo público e coloque o diñeiro onde se necesita en lugar de dedicalo a xerar máis débeda".

Unha tese que Attac defende desde a súa creación e que agora fixo súa Esquerda Unida presentando no Congreso dos Deputados un proxecto para a creación dunha Banca Pública e pondo en marcha unha campaña de recollida de firmas en apoio da iniciativa.

[*] Mercedes Arancibia, xornalista.

Julio Anguita ou porque non todos os políticos son iguais

Julio Anguita rexeitou a paga de ex parlamentario

Por Lucas León Simón [*]
26.01.2011

Cando José María Aznar e Felipe González dítannos ao común dos cidadáns unha lección de indecoro e insolidaridade, cando nos decatamos que María Dolores de Cospedal gaña ao ano 241.000 € co cobro de tres soldos públicos, cando sabemos que o presidente da Deputación de Castelló -Carlos Fabra Carrera- non ten mais remedio que declarar un patrimonio de 3,9 millóns de euros cando fai cinco anos non declaraba ningún, decatámonos que, de xeito totalmente accidental, sóubose que fai sete anos Julio Anguita renunciou por escrito á paga de pensión máxima vitalicia á que tiña dereito como ex parlamentario, argumentando que "coa pensión que lle correspondía como mestre tiña bastante".

Xenio e figura. Julio Anguita vén demostrarnos que o devandito populista de "todos os políticos son iguais" non se verifica, polo menos na súa totalidade. Que hai distintas formas de ser e estar na política, de entender os compromisos éticos e exemplarizantes dun cargo público e que a erosión que afecta á nosa moral pública ten un freo.

Non todo é poder e diñeiro. Teño a fortuna de ser amigo persoal e ser dun equipo de goberno de Julio Anguita. Coñezo a sobriedade espartana do seu espírito. Se que en poucas persoas se verifica unha maior consecuencia entre o que di e pensa e o seu modo de vida. Nunca acabara de entender porque considera un punto de felicidade durmir a sesta no verán sobre unha manta tendida no chan, nin porque a súa maior consideración do luxo e do lecer é xogar unha partida de dominou á tardiña, cando está de vacacións. Nesta dura mitoloxía do capitalismo, Julio Anguita xoga contracorriente. E o seu compromiso consigo mesmo e coa sociedade, gaña.

Julio Anguita fai seu o lema de Ghandi de "vivir sinxelamente, para que os demais poidan, sinxelamente, vivir". E desde a súa antisimetría co político ao uso achéganos solucións aos nosos graves problemas coa ética e a estética do cargo público.

Mestre vocacional, traslada a pedagoxía a calquera escenario, e cando a acción política diaria, queima e unta, Julio Anguita quérea converter en lección a pequena e gran escala.

Os ideólogos e profetas da modernidade, reunidos ao redor dun gran medio informativo nacional, pensaron que o invalidaban para a política cando acuñaron aquilo de "honrado pero desfasado". A súa pegada chegou ata o Parlamento en voz dalgún replicante "moderno". ¡Bendito desfasamiento!

É dicir, exentos das xactanciosas modernidades dos políticos pendentes da dieta, a nómina e o futuro cargo no Consello de Administración de calquera sucursal do Gran Capital, Julio Anguita, sen contarllo a ninguén, e moito menos a eses sistemas mediáticos que encubren a vulgaridade e o populismo, deulle unha soberana patada no cu ao sistema. ...

[*] Lucas León Simón, xornalista.
_______________

Homenaxe a Amada García, este Xoves 27 de Xaneiro, ás 5 da tarde, celebrarase no Castelo de San Felipe


Homenaxe a Amada García

Á esquerda, Amada García coa súa filla. Máis abaixo, o seu fillo Gabriel, nos fosos do Castelo de San Felipe, nun acto de homenaxe á súa nai, fusilada aos tres meses do seu nacemento.

O próximo xoves 27 de Xaneiro, ás 17.00 horas, celebrarase no Castelo de San Felipe a ofrenda floral e o acto da homenaxe á mugardesa Amada García, fusilada hai 72 anos por órden das militares sublevados contra o goberno da Segunda República.

A Asociación Memoria Histórica Democrática fai un chamamento aos veciños, asociacións e representantes públicos de Mugardos, Ferrol e bisbarra, para que acudan a este acto, símbolo da barbarie e do fanatismo.

Enlaces:

"Refundando a Esquerda" convida a toda a cidadanía a participar no "Foro Aberto de Cultura"

"Foro Aberto de Cultura".

"Refundando a Esquerda" convida a toda a cidadanía a participar no "Foro Aberto de Cultura".

O acto terá lugar, mañá mércores, 26 de xaneiro, ás 19:00 h, no Salón de Actos do Centro Cultural Ricardo Carvalho Calero, na Praza d'O Inferniño en Ferrol.

Abrirán o foro debate:

Guillermo Ferrández e Juan Carlos Valle "Karlotti"

Agradecemos difusión e asistencia


Enviado por:
A Esquerda
-refundandoaesquerda@gmail.com-
25 de janeiro de 2011 12:52

________________

Sos Monuments galardona ao Comité Cidadán de Emerxencia

Comité cidadán de emerxencia para a Ria de Ferrol

Barcelona, 22 de Xaneiro de 2011

Estimados amigos:

Práceme enviarvos a distinción "Admiracions Conservades 2010", que a nosa Associació Defensa Cívica del Patrimoni Cultural, SOS Monuments, vos otorgou pola defensa da conservación do patrimonio natural, cultural, etnolóxico e arqueolóxico do antigo paraíso da Ría de Ferrol. E, en concreto, por promover a conservación dos depósitos arqueolóxicos de Caldoval i de Promontoiro.

Reciban a nosa máis viva felicitación por este galardón. Esperámosvos na
entrega das distincións que será o día 29 de xaneiro na Biblioteca Miquel Llongueras, situada na rúa Riera Blanca n. 1, esquina Travessera de les Corts, de Barcelona, ás 11 h.

Confírmennos, por favor, se poderán vir e quedarse a xantar connosco.

Josep Mora

President

SOS Monuments. Associació per a la Defensa Cívica del Patrimoni Cultural de Catalunya - c. Obradors , 6-8 - 08002 Barcelona CIF: G61552394
E-mail: salvador.tarrago@gmail.com i sosmonuments@gmail.com
Internet: sos-monuments.org

Enviado polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
25 de janeiro de 2011 23:32
www.comitecidadan.org
_____________________

martes, xaneiro 25, 2011

Programa especial seguimento da Folga Xeral en Rádio FilispiM, este Xoves 27 de Xaneiro


Este Xoves 27 de Xaneiro de 2011, Rádio FilsipiM emite un programa especial dende as 8:00 h. da manhá, seguimento da FOLGA XERAL na nosa comarca.

Todas as voces, as incidencias, minuto a minuto en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Participa chamando ao teléfono de directo:

981 37 10 40

Lembra,  este xoves 27 de Xaneiro a partir das 8:00 da manhá, todo o que tés que saber da Folga Xeral, está en Rádio FilispiM, a radio na rúa. Fai-te oir!!!



Descargar o audio

Radio Filispim, a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos

http://opaii.blogspot.com/
___________

Unha folga para gañar o futuro - Un artigo de Xavier Vence

Por Xavier Vence Deza [*]
25.01.2011

Existe algo peor que a crise financeira. O peor é o derrotismo e a resignación. O peor é a sensación de derrota preventiva que os causantes da crise queren instalar no corpo social, para que os que nada real gañaron nos anos de exuberancia financeira acepten resignadamente o seu rol de perdedores eternos. Perdedores non só a curto prazo en forma de sacrificios salariais e impostos indirectos (IVE, tabaco, carburantes, enerxía) senón con “reformas estruturais” que os converten en perdedores por moito tempo (reducción das pensións, elevadísimos xuros de débeda a longo prazo, compromiso de pago de rendas e regalías por décadas aos inversores privados que participan na construcción de hospitais, camiños de ferro, autovías, etcétera). A reforma das pensións e a bancarización das caixas é a volta de torca dun expolio social a beneficio das finanzas, ansiosas por ampliar campos de negocio seguros e redíbeis. Quen o dubide non ten máis que ler o longo e claro informe de Inverco –a patronal das sociedades e fondos de investimento– para corroboralo.

O peor é que con todas as mal disimuladas entregas de dereitos e riqueza social dos últimos tempos estase a entregar tamén a alma da democracia. A obscenidade e a violencia coa que o poder con maiúsculas está impoñendo o seu dereito de pernada está a destruír as bases esenciais da democracia: a autoconfianza dos cidadáns sobre o seu propio poder e a confianza nos seus elixidos. A manumisión obscena dos grandes partidos pola vía do financiamento; a gran corrupción pola vía das “portas xiratorias” entre poder político-gobernos-finanzas; o control directo sobre os medios de creación de opinión e adoutrinamento, etcetera acaban traducíndose na destrucción das bases da democracia. A gran corrupción non é a suma de corruptelas de comisións ou pequenos contratos aqui e alí, a gran corrupción é o uso do BOE e DOG para cambiar leis, reglas, gravames, tarifas, privatizacións, grandes infraestruturas, etcétera a beneficio das grandes finanzas, eléctricas, telefónicas, grandes contratistas, grupos de comunicación...

Cando os cidadáns teñen a convicción de que os políticos están aí para atraizoalos ou chegan ao convencemento de que voten o que voten da igual porque as decisións importantes adóptanse fóra das institucións democráticas, nese momento a democracia perde calquera valor para eles e convértese en pura máscara, pantomima e “xogo da clase política”. Cando iso ocorre de xeito persistente moitos poden ter a tentación de abrir o paso a “gobernos técnicos” e ditaduras de facto. Ben Alí e Hosni Mubarack gañaron as “eleccións” por maioría absoluta, case polo 100%, ¡que máis dá! Claro está que nalgún momento acaba chegando o límite de soportabilidade pero entón a alternativa xa non entra pola vía das urnas senón polas revoltas ou as revolucións.

A submisión case en directo do PSOE ás demandas das altas finanzas está a alimentar a sensación de derrota social e tamén o descrédito da política e a democracia, como reflicten as enquisas do CIS. Pero a ese mesmo descrédito poden estar contribuíndo as cúpulas dos dous grandes sindicatos estatais cando aceptan converterse no seguinte elo da cadea de submisión. Acaban facéndose cómplices da regresiva reforma laboral e das pensións pero tamén da fiscal e do desmantelamento das caixas de aforros. Esa supeditación acaba deslexitimándoos e debilitando cada vez máis a súa capacidade de reacción como se viu no pouco ánimo e convicción que moveu a folga xeral de setembro.

Nese panorama a convocatoria de folga xeral da CIG para o día 27 de xaneiro debe ser saudada non só como unha merecida e necesaria resposta ao recorte das pensións que pretende impoñer o Goberno, a beneficio dos fondos de pensións, senón tamén como expresión da vitalidade e valentía democrática que segue existindo nun amplo segmento da nosa sociedade. O apoio explícito do BNG –e doutras organizacións minoritarias– revaloriza o pluralismo político e sindical que temos en Galiza e permite apreciar a importancia do nacionalismo, coas características concretas que ten no noso país, como baluarte da defensa dos intereses da maioría social e dos propios contidos substantivos dunha democracia digna de tal nome.

Outros artigos en xornal.com

[*] Xavier Vence Deza (Rodeiro en 1961) é Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, escritor, comentarista político, ... Foi director do Idega no período 1991-95. Profesor invitado en diferentes universidades estranxeiras, formou parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. É coordinador do grupo de investigación ICEDE e da área de Economía do Seminario de Estudos Galegos. Publicou máis dun centenar de artigos e libros en revistas profesionais de ámbito galego e internacional sobre economía da innovación e políticas tecnolóxicas, sistema galego de innovación, disparidades rexionais na UE, industria, servizos, mercado de traballo, sistemas produtivos e planificación estratéxica, desenvolvemento local ... .
____________________________

Outra reforma máis do sistema de pensións ... por Lois Méndez

Por Lois Méndez Pérez [*]
21.01.2011

Dende 1985 xá se levan aplicado varias reformas do sistema de Pensións, e todas ás reformas persiguen un único obxetivo: reducir o importe da contía retributiva a percibir por xubilación da pensión contributiva. A pensión media na actualidade é de 876€/mes. En Galiza, de 728€.

Agora o goberno do estado quere impoñer unha nova reforma do sistema de pensións: ampliar a idade de xubilación os 67 anos. Ademais, aposta por establecer diferenzas en función dos anos cotizados -co que quen teña un historial de 41 ou máis anos póidase seguir retirando aos 65- ou os oficios realizados, xa que naqueles sectores especialmente penosos tamén se poderán xubilar aos 65 anos, aínda que está pendente de concretar na lei.

Ademáis, pretende ampliar o período mínimo necesario para ter dereito a pensión de 15 a 17 anos, progresivamente, ata chegar os 25, ampliar o número de anos para calcular a base reguladora da pensión a 25 e ampliar o número de anos para acadar o cen por cen da pensión de 35 a 40 (a última proposta coñecida é situala en 37 anos e ir progresivamente incrementándoa).

As medidas que pretende aprobar o Goberno de ampliar os anos de cálculo e a idade de xubilación, poderán reducir até un 25% o importe da pensión nos próximos anos.

Vannos impoñer unha reforma que de facto nos deixará sen dereito a unha pensión digna á grande maioría da sociedade. Para cotizar 40 anos debes acceder antes dos vinte e cinco, ademaís estar a cotizar de forma ininterrompida. Hoxe a metade da mocidade está en paro e o 95% dos contratos que asinan son eventuais.

Ao aumentar os anos para determinar a contía da pensión, prexudica as rentas máis baixas do sistema laboral, ás máis altas non veran reducidas ás súas prestacións ao ser as bases reguladoras moi superiores as necesarias para acadar o 100% do tope da pensión máxima 2.497€.

Aportará diñeiro aos que crearón a crise: a Banca vai ser destinataria de plans privados de aforro para a vellez: individuaís ou colectivos, e se nos preguntásemos se é máis beneficioso o sistema privado que o público ... Claramente diríamos que non. Calquera sistema privado de aforro, que é o que realmente son os fondos de pensións, ten menos garantía e menos solvencia que un sistema público. Cando unha traballadora ou un traballador subscribe un plan de pensións privado, o que está a facer é depositar parte dos seus ingresos nun fondo que vai xestionar unha entidade financeira. Esta inviste ese diñeiro no mercado financeiro buscando a súa revalorización a través de procedementos, moitas veces, puramente especulativos; polo tanto, a rendibilidade deses fondos privados non está asegurada pois depende dos vaivéns dos mercados financeiros, que por definición son inestábeis e volátiles (sirva como exemplo que só durante o ano 2010 perdéronse máis de 2.000 millóns de euros dos fondos de pensións privados do Estado español). Alén de resultar tremendamente beneficiosos para o capital financeiro e o seu modelo especulativo, a xeralización dos sistemas privados de pensión creará graves desigualdades sociais entre aqueles/as traballadores/as en precario que non poidan acceder a un sistema complementario de pensións e aquelas persoas con maior capacidade de aforro. Isto provocará que un sector moi amplo da poboación só teña posibilidade de percibir as pensións mínimas.

Todos os avances que se tiñan conseguido cara un sistema de protección social estábel e seguro estanse destruíndo. Tanto as reformas xa efectuadas, como agora a das pensións, ou a que se nos anuncia da negociación colectiva déixanos nunha situación social e laboral de fai 60 anos. Non permitamos este ataque aos nosos dereitos. O noso futuro, os dos novos traballadores e traballadoras, debemos defendelo agora. Precisamos emprego para termos futuro!

Porque temos razóns e argumentos máis que suficientes o vindeiro día 27 de xaneiro, a clase traballadora, o estudantado, os mozos (os grandes perxudicados: accederan ao mercado laboral aínda máis tarde), os pensionistas de agora e de futuro?. É dicir, todas e todos temos unha obriga por dignidade, apoiar a folga xeral do día 27 de xaneiro convocada pola organización sindical CIG  “en defensa das pensión e do emprego” e acudir ás manifestacións convocadas contras as propostas do goberno. En Ferrol ás 12:30 horas dende Esteiro ata a praza do Concello.

Da nosa resposta contundente ou deixadez dependerá o noso futuro é o das vindeiras xeneracións, ás empresas é ás ruas deben de amosar o noso mais enérxico reixeitamento ás medidas propostas, deberá ser un acto de rebeldía pacífica do conxunto da sociedade na rúa, de indignación, sublevarse contra a submisión, contra a ditadura dos valores financeiros, pois o maior perigo sería a resignación é o maior fracaso non ter convocado é apoiado unha folga xeral, pola xustiza social, agás que prefiramos ignorar a realidade pois as medidas que recolle esta reforma van dirixidas claramente contra a clase traballadora e buscan beneficiar ao capital, pretendendo pisar os dereitos laborais conseguidos após anos de loita.

[*] Lois Méndez Pérez, é traballador do SERGAS, activista sindical e social, membro da Executiva Nacional da Federación da Sanidade da CIG e da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol Terra-

Enviado por:
CIG Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
21 de janeiro de 2011 18:23http://www.cig-saude.org/ferrol/
_________________________

Uma estratégia para a esquerda europeia - Interesante artigo de Michel Husson

A única hipótese estratégica que se pode conceber para a esquerda europeia deve ter como ponto de partida uma experiência de transformação social que se inicie num país. Ela não deve encerrar-se na escolha impossível entre uma aventura arriscada – a saída do euro – e uma harmonização utópica. Devemos abandonar a ideia de que existem atalhos “técnicos”, assumir o conflito inevitável e construir uma nova correlação de forças capaz de atacar os interesses capitalistas: o país inovador poderia reestruturar a sua dívida, nacionalizar os capitais estrangeiros, ou ameaçar fazê-lo. É o que nunca pensaram fazer os governos “de esquerda” de Papandreou na Grécia ou de Zapatero em Espanha. O artigo é de Michel Husson.

Por Michel Husson [*]
24.01.2011

A dimensão especificamente europeia vem agravar os efeitos da crise global. Há trinta anos, as contradições do capitalismo têm sido ultrapassadas, em resumo, por uma enorme acumulação de direitos fictícios sobre a mais-valia. A crise ameaçou destruí-los. Os governos burgueses decidiram preservá-los, dizendo que era preciso salvar os bancos. Eles assumiram as dívidas dos bancos por conta própria, sem quase nada exigir como contrapartida. Teria sido possível, contudo, impor condições a essa salvação, por exemplo a interdição de produtos especulativos e o encerramento dos paraísos fiscais; ou ainda responsabilizar os bancos por um certo montante da dívida pública que esta salvação fez bruscamente aumentar.

Entramos agora na segunda fase. Depois de ter passado a dívida do privado para o público, vão agora fazê-la pagar pelos trabalhadores. Esta terapia de choque toma a forma de planos de austeridade que são todos construídos no mesmo modelo: redução das despesas socialmente úteis e aumento dos impostos mais injustos. Só há uma alternativa a essa violência social: fazer os acionistas e os credores pagarem o custo da salvação do sistema. Tudo isto é claro e todos compreendem.

O colapso de um projeto burguês

Mas o que os trabalhadores devem agora pagar é também o colapso do projeto burguês de construção europeia. Com a moeda única, o pacto de estabilidade orçamentária e a desregulamentação total da finança e dos movimentos de capitais, as burguesias europeias pensavam ter encontrado o bom sistema.

Pondo em concorrência os assalariados e os modelos sociais, a compressão salarial tornava-se o único meio de regular a concorrência inter-capitalista e de aprofundar as desigualdades favoráveis a uma camada social estreita.

No entanto, este modelo não era viável, porque punha o carro à frente dos bois pressupondo uma homogeneidade das economias europeias que não existia. A divergência, pelo contrário, agravou-se entre os países, segundo o seu lugar no mercado mundial e a sua sensibilidade ao curso do euro; as taxas de inflação não convergiram e as baixas taxas de juro favoreceram as bolhas imobiliárias, etc. Todas as contradições de uma construção truncada, que os euroliberais só descobrem agora, existiam antes da crise, mas esta fê-las explodir na forma de ataques especulativos contra as dívidas soberanas dos Estados mais expostos.

Por detrás da abstração dos “mercados financeiros” há principalmente estabelecimentos financeiros europeus que para especular utilizam os capitais que lhes foram emprestados pelos Estados, a taxas de juro muito baixas. Esta especulação só é possível devido à não intervenção dos Estados e é preciso entendê-la como uma pressão para sanear os orçamentos à custa dos povos e preservar os juros dos bancos.

Duas tarefas imediatas

Do ponto de vista dos trabalhadores, as tarefas imediatas são claras: é preciso resistir aos planos de austeridade e recusar pagar a dívida, que não é outra coisa senão a dívida da crise. O projeto alternativo, em nome do qual esta resistência social se pode desenvolver, assenta na exigência de uma repartição das riquezas. Uma tal exigência é coerente: foi a compressão salarial, ou dito de outra forma a captação de uma parte crescente da mais-valia pela finança, que conduziu à enorme acumulação de dívidas que levou à crise. Tal é a verdadeira base material desta crise.

A alternativa passa especialmente por uma verdadeira reforma tributária que anule os privilégios concedidos há anos às empresas e aos ricos. Ela implica também, de uma forma ou outra, a anulação da dívida. A incompatibilidade entre a dívida e os interesses sociais majoritários é total. Não pode haver saída progressista para a crise sem pôr em causa esta dívida, seja sob a forma de anulação ou de reestruturação. Além disso, um certo número de países vão provavelmente ser incapazes de pagá-la e é ainda mais importante antecipar esta situação e dizer como ela deverá ser gerida.

Sair do euro?

A ofensiva com que estão confrontados os povos europeus é inegavelmente agravada pelo espartilho europeu. Por exemplo, os bancos centrais europeus, contrariamente ao Federal Reserve dos Estados Unidos, não podem monetizar dívida pública, comprando títulos emitidos pelo Tesouro. A saída do euro permitiria desatar este nó? É o que propõe Costas Lapavitsas no caso da Grécia, e isso como uma medida imediata, sem esperar, diz ele, que a esquerda se una para mudar a zona euro, o que ele acha “impossível”.

Esta ideia, que é proposta para o resto da Europa, enfrenta uma primeira objeção: a Grã-Bretanha não faz parte do euro e isso não a preservou da austeridade. É além disso fácil de compreender porque a extrema direita nacionalista pede a saída do euro, como acontece com a Frente Nacional em França. Pelo contrário, é mais difícil de ver quais poderiam ser os méritos de uma tal palavra de ordem para a esquerda radical. Se um governo liberal fosse obrigado a tomar uma medida dessas, sob a pressão dos acontecimentos, é certo que isso seria o pretexto para uma austeridade ainda mais dura que aquela que conhecemos hoje e que isso não faria nada, pelo contrário, para estabelecer uma relação de forças mais favorável aos trabalhadores. É essa a lição que se pode extrair de todas as experiências do passado.

Para um governo de esquerda, sair do euro seria pelo contrário um verdadeiro erro estratégico. A nova moeda seria desvalorizada, pois afinal é esse o objetivo. Mas isso abriria uma brecha que imediatamente os mercados financeiros aproveitariam para lançar uma ofensiva especulativa. Isso provocaria um ciclo desvalorização-inflação-austeridade. Além disso, a dívida, até aí formulada em euros ou em dólares, aumentaria bruscamente no montante dessa desvalorização. Qualquer governo de esquerda verdadeiramente decidido a tomar medidas a favor dos trabalhadores seria seguramente confrontado com fortes pressões do capitalismo internacional. Mas de um ponto de vista tático, seria melhor, nessa prova de força, utilizar de maneira conflitual o fato de se pertencer à zona euro.

Quanto ao fundo, é verdade que a construção europeia fundada na moeda única não é coerente e em qualquer caso está inacabada. Ela retira uma variável de ajustamento, a taxa de câmbio, às diferenças de evolução dos preços e dos salários no interior da zona euro. Os países da periferia têm então de escolher entre congelar os salários, como faz a Alemanha há dez anos, ou sofrer uma perda de competitividade e perdas de mercado. Esta situação conduz a uma espécie de impasse e não existem soluções imediatamente aplicáveis: voltar atrás mergulharia a Europa no caos em detrimento dos países mais frágeis; implementar uma nova lógica de construção europeia parece um objectivo fora de alcance. Se a zona euro estourasse, as economias mais frágeis seriam desestabilizadas pelos ataques especulativos. Mesmo a Alemanha nada teria a ganhar com isso, na medida em que a sua moeda se valorizaria de forma incontrolada, sofrendo o que os Estados Unidos procuram hoje impor a numerosos países, com a sua política monetária (1).

Existem outras soluções, que passam por uma refundação total da União Europeia: um orçamento alimentado por um imposto unificado sobre o capital e financiando fundos de harmonização e investimentos social e ecologicamente úteis, a gestão conjunta das dívidas públicas, etc. Mas, repetindo, esta saída por cima não é possível a curto prazo, não por falta de dispositivos alternativos, mas porque a sua aplicação pressupõe uma mudança radical da relação de forças à escala europeia.

Que fazer então nesta conjuntura extremamente difícil? A luta contra os planos de austeridade e a recusa a pagar a dívida constituem a base de uma contra-ofensiva. É preciso em seguida, para que as resistências sejam reforçadas pela afirmação de um projeto alternativo, trabalhar sobre um tal programa, articulando soluções “técnicas” com uma explicação geral do conteúdo de classe da crise (2).

A tarefa específica da esquerda radical e internacionalista é, em seguida, combinar as lutas conduzidas a nível nacional com a afirmação de uma outra Europa. Do seu lado, que fazem as burguesias? Elas afrontam-se sobre as políticas a conduzir porque defendem interesses que continuam a ser em grande parte nacionais e contraditórios. Mas quando se trata de impor a austeridade às suas respectivas classes operárias, elas apresentam uma frente comum solidamente unida.

No outro campo, há mais a fazer do que sublinhar as diferenças, certamente reais, que existem na situação dos diferentes países. O verdadeiro desafio é a construção de um ponto de vista internacionalista sobre a crise na Europa. É em primeiro lugar o único meio de se opor verdadeiramente à subida da extrema direita propondo alvos diferentes dos habituais bodes expiatórios. Em segundo lugar, é o meio de afirmar uma verdadeira solidariedade internacional com os povos mais fragilizados pela crise propondo que as dívidas sejam mutualizadas a nível europeu. É preciso pois opor um projecto alternativo ao projecto burguês europeu, que conduz em todos os países à regressão social. Como não compreender que as mobilizações, confrontadas com a coordenação burguesa a nível europeu, tenham necessidade de se apoiar num outro projeto coordenado? Embora seja verdade que as lutas são conduzidas num quadro nacional, elas seriam reforçadas por uma tal perspectiva, em vez de serem enfraquecidas ou desviadas pelos impasses do nacionalismo. Que os estudantes londrinos se tenham manifestado, gritando “Todos juntos, todos juntos!”, é um símbolo vivo dessa aspiração.

Para uma estratégia europeia

A tarefa é difícil, como o período que a crise abriu. Mas a esquerda radical não deve encerrar-se na escolha impossível entre uma aventura arriscada – a saída do euro – e uma harmonização utópica. Tudo pode ser feito para trabalhar com dois objetivos intermédios que ponham em causa as instituições europeias, por exemplo:

- os Estados da União Europeia devem poder pedir empréstimos diretamente junto do Banco Central Europeu (BCE) a taxas de juro muito baixas e os bancos privados deveriam ser obrigados a responsabilizar-se por uma certa proporção da dívida pública;
  • - é preciso estabelecer um mecanismo padrão, que permita anular a respectiva dívida pública, na proporção dos benefícios fiscais aos ricos e dos montantes gastos com a salvação dos bancos;
  • - o saneamento orçamentário deve passar por uma reforma fiscal, visando taxar, de forma harmonizada a nível europeu, os movimentos de capitais e as transações financeiras, os dividendos e outros rendimentos do capital, as grandes fortunas e os rendimentos mais altos.

Deve ser entendido que tais objetivos não estão mais distantes nem mais próximos que a miragem de uma “saída do euro” que fosse favorável aos trabalhadores. É certamente absurdo esperar uma ruptura simultânea e coordenada em todos os países europeus. A única hipótese estratégica que se pode então conceber deve ter como ponto de partida uma experiência de transformação social que se inicie num país. O governo do país em questão tomaria medidas, como por exemplo a instauração de uma taxa sobre o capital. Mas ele estaria consciente, que deveria ao mesmo tempo antecipar as medidas de retaliação de que iria ser alvo imediatamente: a instauração, por conseguinte, de um controle dos capitais. Tomando esta medida de proteção da reforma fiscal em curso, entraria abertamente em conflito com as regras do jogo europeu. Não tem portanto interesse em tomar a iniciativa de sair unilateralmente do euro, o que seria ainda uma falta estratégica enorme, pois a nova moeda seria imediatamente atacada afim de derrubar a economia do país “rebelde”.

Devemos, pois, abandonar a ideia de que existem atalhos “técnicos”, assumir o conflito inevitável e construir uma relação de forças - a dimensão europeia faz parte disso. Existe para isso um primeiro ponto de apoio, que é a capacidade de atacar os interesses capitalistas: o país inovador poderia reestruturar a sua dívida, nacionalizar os capitais estrangeiros, etc. ou ameaçar fazê-lo. É o que nunca pensaram fazer, em nenhum momento, os governos “de esquerda” de Papandreou na Grécia ou de Zapatero em Espanha.

O principal ponto de apoio resulta do caráter cooperativo das medidas tomadas. É uma enorme diferença com o protecionismo clássico, que procura sempre, no fundo, jogar contra os outros, ganhando-lhes quotas de mercado. Todas as medidas progressistas, pelo contrário, são tanto mais eficazes quanto se generalizam a um maior número de países. Devemos pois falar aqui de uma estratégia de extensão que assenta no seguinte discurso: nós afirmamos a nossa vontade de taxar o capital e tomamos medidas de proteção adequadas. Mas esperando que esta medida, como propomos, seja estendida ao conjunto da Europa.

Conclusão: em vez de as opor, devemos refletir na articulação entre ruptura com a Europa neoliberal e projeto de refundação europeia.

Texto publicado em Socialist Resistance, traduzido por Carlos Santos para Esquerda.net

Notas.-

[*] Economista francês. Investigador no IRES (Instituto de Investigações Económicas e Sociais)

(1) Ler Michael Hudson , “US Quantitative Easing Is Fracturing the Global Economy”.

(2) Ler o documento do Bloco de Esquerda português: “A crise e os meios de a vencer”, 23 de Maio de 2010.

Fonte: www.cartamaior.com.br

O Sitio de Michel Husson :
http://hussonet.free.fr/@bibi.htm
__________________

luns, xaneiro 24, 2011

Video Spot da Folga Xeral do 27 de Xaneiro - CIG

A Confederación Intersindical Galega -CIG, editou un vídeo-spot cara a convocatoria da Folga Xeral do 27 de Xaneiro de 2011, en defensa do sistema público de pensión, polo emprego e un novo modelo social e económico.

"A Confederación Intersindical Galega ten convocadas en todo o país manifestacións e concentracións coincidindo coa xornada de folga xeral que se desenvolverá o vindeiro xoves 27 de xaneiro".

"O sindicato nacionalista fai un chamamento a todos os galegos e galegas para que participen nas 13 mobilizacións organizadas nas principais localidades de Galiza".



Fonte: Canal de Avantar

Xaneiro 2011

Enviado por:
Damch GZ
-damchgz@gmail.com-
24 de janeiro de 2011 11:42
________________

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol e as listas de espera

Comunicado da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol sobre ás lista de espera.

Ferrol, 24 de Xaneiro de 2011


Segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde o pasado venres se confirma o que desde a Pdspf vimos denunciando.

Segue a ser Traumatoloxía, o que rexistran unha maior pacientes en lista de espera para cirurxía sen que desde a Xerencia se teña tomado ningún tipo de medida.

Se en xeral se diminúe a espera cirúrxica é grazas á incorporación do Hospital Naval con maior número de quirófanos e de persoal en funcionamento, o que fai diminuír as listas de espera.

Transmítense datos enganosos como no caso de Oftalmoloxía que é a que ten un tempo de espera en cirurxía máis baixo, pero é o que ten maior espera en consultas, polo que os doentes agardan máis tempo para chegar a un proceso cirúrxico se fose o caso. Ten 12 días de espera máis que a media.

En consultas de Traumatoloxía hai 83 días de lista de espera, 18 máis que a media, segundo datos oficiais do Sergas.

Esta Plataforma temos constancia, por reclamacións formuladas por doentes, de tempos de espera en Traumatoloxía de entre 180 e 210 días. Hai que ter en conta que a espera en Rehabilitación e de 90 días, segundo datos oficiais, ó que temos que sumar probas diagnósticas entre a consulta e a cirurxía e posteriormente, en moitos casos, rehabilitación polo que unha persoa que é remitida polo médico de familia a Traumatoloxía, botará máis de dous anos en completar o ciclo.

Tamén hai que ter en conta que hai especialidades, cirurxía cardíaca, cirurxía vascular, neurocirurxía, estudos hemodinámicos, cirurxía plástica, etc, onde hai que derivar ós doentes a outros centros de referencia como ó CHUAC co que as esperas son aínda moito maiores.

Preténdese enganar á cidadanía falando de diminución de listas de espera en consultas, sen dicir que moitas desas listas de espera están pechadas polo que non se inclúen centos de doentes nelas. Séguese a facer unha utilización política das listas de espera.

Tampouco se fala das listas de espera en probas funcionais. Canto tempo ten que agardar un doentes por unha resonancia magnética ? E por unha mamografía?.

Demandamos a aplicación da Lei de Incompatibilidades que impide que persoal do Sergas traballe en Centros Privados Concertados atendendo a doentes do Sergas .

Facemos un chamamento ó conxunto de usuarios e usuarias a que sigan a presentar reclamacións ás listas de espera, tanto no Rexistro Xeral do Hospital como a través do Servizo de Atención ó Doente.

Por último queremos DENUNCIAR a intención da Xerencia do Complexo de, nos vindeiros días, reducir o número de camas de Medicina Interna no Hospital Naval.

Neste momento o Complexo está ateigado de doentes de Medicina Interna, que están diseminados por diferentes servizos do Hospital, e reducir camas no Hospital Naval o que vai a facer que se incremente a derivación de doentes a Centros Privados Concertados, especialmente os de maior idade e maior estancia hospitalaria, que é a política pola que aposta a actual Xunta de Galicia.


Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
23 de janeiro de 2011 14:07
Enviamos nota da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol sobre as listas de espera publicadas o pasado venres polo Sergas.
Asdo/Salutiano Gómez e X. Miguel López, portavoces da Pdspf
______________

MOI IMPORTANTE - TOMAR NOTA

Ártabra 21: Convocatoria Pleno da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol - A Xuntanza do Pleno terá lugar o 1 de Febreiro
__________________________