sábado, marzo 19, 2016

A Comisión Europea apunta vulneración da Directiva 2008/98/CE (Sobre Xestión de Residuos) na contaminación do Río Baa (concellos de Cabanas e Fene) por residuos asfálticos


A CE apunta vulneración da Directiva 2008/98/CE na contaminación do Río Baa por residuos asfálticos. | A CE resposta a unha pregunta rexistrada por AGEe recoñecendo a infracción malia non poder actuar até finalizar a vía xudicial no Estado. | A Plataforma en Defensa do Río Baa trasladou tamén esta denuncia á CE durante o encontro convocado por Senra en Bruxelas en decembro.

A Comisión Europea vén de respostar unha pregunta parlamentaria rexistrada pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, denunciando o verquido de residuos asfálticos da empresa Bentum Recycling Centrale, que entraron na Galiza a través do porto de Ferrol no ano 2009 procedentes do porto de Rotterdam.

Dita pregunta realizouse en coordenación ca Plataforma de Defensa do Río Baa, un dos colectivos que acudiu a Bruxelas o pasado mes de decembro no marco do encontro sobre a contaminación das rías e ríos galegos convocado pola eurodeputada de AGEe co obxectivo de facer unha posta en común destas loitas e ter un encontro directo ca Comisión Europea, presente na xuntanza a través da Dirección Xeral de Medio Ambiente.

Á pregunta rexistrada por Alternativa Galega de Esquerda en Europa, a Comisión Europea (CE) resposta apuntando a vulneración da Directiva 2008/98/CE, xa que especifica que os Estados membro non só teñen a obriga de incorporar aos seus ordenamentos xurídicos as normas sinaladas na citada Directiva, senón tamén a de "aplicar as súas disposicións de maneira eficaz e completa, neste caso para asegurar a descontaminación das superficies contaminadas con residuos asfálticos"; "responsabilidade que claramente o Estado español está obviando", recalcou Lídia Senra, "á vista da existencia inda a día de hoxe de 135.000 toneladas de asfalto acumuladas sobre o río Baa sen que nunca se teñan cumprido as restricións esixidas para o seu almacenamento, e cómpre lembrar ademais que este río desauga na ría de Ferrol".

Aliás, a Comisión explica que, malia a estar informada deste caso concreto, non pode tomar inda medidas ao respecto por estar aberto un proceso xudicial [1] en relación a este verquido -un xuízo penal por delito ambiental que resolveu precisamente hoxe a apertura de xuízo oral [2]-.

"A sociedade galega leva denunciando esta situación diante das institucións europeas dende o ano 2009", salientou Lídia Senra, "a contaminación no río Baa e ría de Ferrol, onde ningunha das Administracións competentes parece disposta a cumprir a legalidade, é unha indignante mostra máis da situación de desprotección na que se atopan os ríos e rías galegas". Un preocupante escenario que foi denunciado polas organizacións reunidas en Bruxelas en decembro, que concluíron sen dúbidas, logo da posta en común de diversas problemáticas relacionadas ca hidrografía galega, que "unha das principais ameazas son precisamente as Administracións", lembrou hoxe a eurodeputada galega, "vémolo neste caso, pero puidémolo ver claramente tamén no caso da renovación de ENCE na ría de Pontevedra por parte do PP en funcións, e noutros moitos. Non podemos permitir que quen teñen que protexer a nosa biodiversidade estean a dar mostras dun comportamento totalmente irresponsábel".

Na defensa do Río Baa

A Plataforma de Defensa do Río Baa está integrada pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), as asociacións ecoloxistas Adega e Verdegaia, a Plataforma de Defensa dos Camiños e a de Afectados polo Polígono Industrial de Vilar do Colo. Levan tempo denunciando que a auga do río que comparten os concellos de Fene e Cabanas está contaminada por culpa dos refugallos altamente tóxicos depositados ilegalmente no monte dos Cocidos, na Parroquia de Laraxe. AGE ten presentado tamén iniciativas no Parlamento galego a este respecto, atopándose sempre co voto en contra do PP.

Na xuntanza mantida ca Comisión Europea durante a súa estancia en Bruxelas no pasado mes de decembro de 2015, dende a Plataforma exemplificaron a situación con datos concretos, tales como o desecamento realizado no río nun tramo de máis dun quilómetro, a alteración da capa freática pola construción da autovía a Lavandeira, o aumento de vertedoiros incontrolados en Cabanas e Fene, a tala indiscriminada de vexetación e a acumulación de residuos asfálticos contaminantes. “A día de hoxe residuos procedentes de Holanda seguen depositados nun terreo forestal de Cabanas”, ilustraron xa nese primeiro contacto persoal ca Comisión Europea.

As asociacións integrantes da Plataforma esixen o inmediato subsanamento destas agresións ao río Baa e que se proceda “á recuperación integral dun espazo de extraordinario valor patrimonial”.

Bruxelas, 18 Marzo 2016.

[1] Un contencioso-administrativo interposto pola Asociación Galega de Áridos por considerar fraudulento o certificado europeo -marcado CE- expedido por la firma holandesa Eeland Certification localizado nestes residuos.

[2] Máis información contactando ca Plataforma de Defensa do Río Baa: Xosé Mauel Sardiña (636 280 513).

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). |Equipa de Comunicación AGEe. |
lidia.senra@europarl.europa.eu |
http://ageuropa.gal/

twitter  Facebook

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
18 de março de 2016 15:39

_____________

A Europa sen memoria e a crise dos "ninguén", ... Por André Abeledo Fernández

.





Por André Abeledo Fernández [*]
14.03.2016


Esta Europa do Euro é tamén a Europa sen memoria, esta é a Europa dos mercados que non a das persoas, esta é a Europa da liberdade de comercio que non a dos dereitos humanos.

Unha vez máis Europa ensina a súa verdadeira cara, a cara dos verdugos que non a dos salvadores, dúas guerras mundiais sumadas á infinidade de xenocidios e abusos que enchen a historia da vella Europa non a fixeron máis humana, a barbarie segue imperando, a barbarie capitalista que goberna o mundo tamén goberna á hipócrita Europa.

Os medios de comunicación falan dos refuxiados como dos "ninguén" de Eduardo Galeano, a ninguén lles importa o seu destino, ninguén se indigna o suficiente, ninguén fai o suficiente, ninguén esta a a altura.

Miles de nenas e nenos desaparecidos, secuestrados para non se sabe ben que, explotación sexual?, trafico de órganos?, como pode ser que os pobos de Europa non tomen as rúas reclamando xustiza?, asustados porque nesta Europa do século XXI as crianzas poidan desaparecer sen deixar rastro algún.

Vemos longas filas de crianzas, mulleres, anciáns, homes, persoas, camiñando sen destino, humillados, mal tratad@s, reprimidos, no medio do barro, mollados, xeados, descalzos, farrapentos, parece coma se os campos de concentración da vergonza volvesen para avergoñarnos, pero o dramático é que é unha realidade que a ninguén parece importar o suficiente para facer nada respecto diso.

A Unión Europea xa demostrou que é pouco máis que unha unión económica que beneficia a unha minoría, é unha unión baseada no libre mercado e na deshumanización da sociedade, é unha unión entre desiguais, é un tratado para que as oligarquías repártanse o poder a maior escala e con máis beneficios.

Os pobos europeos debemos repudiar esta Europa vella, con vellos vicios, onde os seres humanos só importan cando dan algún beneficio, como os refuxiados importaban cando servían como coartada para poder participar nunha guerra de espolio.

Pasará o tempo e os libros de historia recollerán estes anos como anos negros, recordarán como unha vez máis centenares de miles de seres humanos foron tratados como lixo e as futuras xeracións preguntaranse como foi posible que ninguén dixese nada para defender aos "ninguén".

[*] André Abeledo Fernández, é un activista sindical, social e político de Ferrolterra. Traballador e membro do Comité de Empresa de Mercadona; e coordinador de Esquerda Unida de Narón. Concelleiro por EU en Narón. Militante do PCG e organizado sindicalmente na CIG.

Contas de André no facebook e no twitter.



Enviado por:

André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
16 de março de 2016 01:00
__________

venres, marzo 18, 2016

En Defensa do Ensino Publico: Derogación Inmediata da Lomce e do Decreto 3+2, ... Celso Posada - Queremos amosar o noso total apoio a Folga Estudiantil convocada polo Sindicato de Estudiantes os vindeiros 13 e 14 de Abril para esixir a derrogación inmediata da Lomce e do Decreto 3+2

Por Celso Posada Fernández [*]
18.03.2016


Hoxe é mais necesario que nunca seguir defendendo o Ensino Publico ante os ataques e recortes salvaxes dos gobernos do PP. Os gobernos do PP están privatizando, desmantelando e recortando salvaxemente o Ensino e Universidade Pública, para beneficiar o Ensino e Universidade Privada; e para expulsar aos fillos e fillas da clases traballadora das universidades para que só poidan estudar unha minoría privilexiada por iso recortaron salvaxemente as becas universitarias e incrementaron salvaxemente os prezos das taxas universitarias.

O partido político socialista, de esquerdas e republicano Decide en Común opoñemos-nos rotundamente aos recortes salvaxes nas becas e á subida brutal dos prezos das taxas universitarias. Opoñemos-nos e rexeitamos rotundamente a Lomce, o Decreto 3+2 e esiximos a Derrogación Inmediata tanto da Lomce como do Decreto 3+2. A Lomce é unha lei educativa profundamente neoliberal, clasista, segregadora, antipedagóxica, privatizadora e lesiva que recorta salvaxemente o Ensino Público e ataca a clase traballadora.

Decide en Común defendemos un Ensino público, de calidade, gratuíto, universal, democrático, laico, de e para todas e todos. Un Ensino que fomente o pensamento crítico da cidadanía, que axude a conformar unha cidadanía, libre, solidaria, democrática, comprometida socialmente coa defensa da democracia, das liberdades, dos dereitos humanos, coa xustiza social, coa igualdade real entre mulleres e homes e coa solidariedade internacional.

Decide en Común queremos amosar o noso total apoio a Folga Estudiantil convocada polo Sindicato de Estudantes os vindeiros 13 e 14 de Abril para esixir a derrogación inmediata da Lomce e do Decreto 3+2.

NON A LOMCE !
NON O DECRETO 3+2 !
DERROGACIÓN XA!

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista e Coordinador en Galicia do partido Socialista, Republicano e de esquerdas "Decide en Común" e Secretario de Ensino e de Cultura da Executiva Federal; integrante da Plataforma Somos Esquerda. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. Foi membro do PSOE, candidato a liderar o partido a nivel provincial, até formou parte da súa Executiva Comarcal da que dimitiu. A situación socioeconómica e política, e a súa participación activa nos movementos sociais, levou-no a abandonar o PSOE e colaborar na refundación dun novo partido socialista e republicano. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, da Asociación de Mobilidade Humana para a Colaboración e o Desenvolvemento (de apoio ás persoas inmigrantes e refuxiadas) e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP. Está no facebook e un blogue persoal.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
18 de março de 2016 01:43
___________

xoves, marzo 17, 2016

En Ferrol, Manifestación en solidariedade coas persoas refuxiadas e inmigrantes da Unión Europea, este este sábado día 19 de marzo ás 7 da tarde na Praza de Amada García (fronte o Edificio da Xunta)


CONVOCATORIA URXENTE EN APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS ORGANIZADA POLO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN - COORDINADORA DE FERROLTERRA


NON PERMÍTAMOS QUE A UNIÓN EUROPEA VIOLENTE DE FORMA INTOLERABLE OS DEREITOS HUMANOS

Manifestación en solidariedade coas persoas refuxiadas e inmigrantes da Unión Europea, este sábado día 19 de marzo ás 19:00 h na Praza de Amada García (fronte o Edificio da Xunta), en Ferrol.

O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN promove esta mobilización, á que xa se adscribiron as seguintes organizacións: AGAMME, ASMIREFE, CIG - Departamento de Inmigración, Cerna, Concello de Ferrol, Decide en Común, Esquerda Unida, Ferrol En Común, Fuco Buxán, Ganemos CCOO, Grupo Consumo Responsable Fonte da Uz, Marcha Mundial das Mulleres, Marchas da Dignidade Ferrolterra, Movilidad Humana, PSOE, Patronato Concepción Arenal, Podemos, STOP Desafiuzamentos Ferrolterra, Sindicato de Estudiantes, Somos Cabanas.

Unha mobilización que ten como obxectivo:
  1. Denunciar o Acordo que a Unión Europea pretende asinar con Turquía e que contravén os máis elementais dereitos humanos e os acordos internacionais en materia de refuxio e inmigración, entre outras razóns por:
    A) Establecer a posibilidade de facer deportacións colectivas de persoas,retrotraéndonos aos peores momentos da Historia de Europa do século XX.

    B) Por pretender “comprar” en Turquía campos de internamento destas persoas para quitarse de forma intolerable esta realidade de enriba.

  2. Esixir que o goberno español promova unha radical oposición a este Acordo entre os gobernos da UE. Esixir tamén que o propio Parlamento Europeo impida a aprobación do mesmo.

  3. Reclamar unhas políticas de refuxio e inmigración a nivel europeo e a nivel do Estado Español acordes coa legalidade internacional e baseadas no respecto aos dereitos humanos.

  4. Esixir unha Política exterior europea que promova solucións pacíficas e razoables dos conflitos que como o de Siria forzan a tantos millóns de persoas no Mundo a buscar protección e refuxio noutros territorios.
Se ben somos conscientes que este acordo pretenden aproba-lo no consello da Unión Europea entre os días 17 e 18, cremos que independentemente do resultado da mesma estas reivindicacións seguen a ser válidas, sobre todo ante a posibilidade dun non, e mentres a UE non modifique radicalmente as súas políticas sobre inmigración e as faga en consonancia á lexislación - tanto propia como internacional- en materia de dereitos humanos.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/562158853959654/

PARA MÁIS INFORMACIÓN:
En Ferrol:
Susana Alaniz González - Coordinadora do Foro Galego de Inmigración en Ferrolterra
ferrol.forogalegoinmigracion@gmail.com
https://www.facebook.com/forodeinmigracionferrolterra2015/

En Galicia:
Miguel Fernández (662-307019)- Voceiro/coordenador do Foro Galego de Inmigración.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
http://www.forogi.wordpress.com
Enviado por:
Foro Inmigracion Ferrol
-ferrol.forogalegoinmigracion@gmail.com-
17 de março de 2016 16:28

____________________

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Refuxiandonos para ser e entender - A condición humana en perigo: unha sociedade enferma?, ... Por Xavier Ron

Ártabra 21: Como en moitas cidades da Galiza e europeas, en Ferrol imo-nos mobilizar contra o Acordo entre a UE e Turquía sobre Refuxiadas, porque consideramos que é vergoñoso, ilegal e vulnera a Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do Refuxiado - Ante esta situación convoca-se ao pobo a mobilizar-se na rúa contra o inmoral e ilegal Acordo, para denuncia-lo e esixir ao Goberno español que non o firme, o rexeite e o vete.

De interese:

Reunión dos xefes de Estado ou de Goberno da UE con Turquía, 07.03.2016 | Páxina do Consello da Unión Europea. | Ir á Web.

Declaración dos xefes de Estado ou de Goberno da UE. | 08.03.2016 | Páxina do Consello da Unión Europea. | Ir á Web.

Reacción do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados ACNUR á Declaración dos Xefes de Estado da UE e do Goberno de Turquía de 7 de Marzo. | martes 08. marzo 2016 12:00 | Ir á Web.

____________________________

Eliximos Narón propón un novo acceso dende O Couto á rotonda sobre a Autopista


Eliximos Narón propón un novo acceso dende O Couto á rotonda sobre a Autopista

A parroquia d'O Couto a pesar de ser unha zona semiurbana cuns 1600 veciños presenta en xeral uns viarios de antigos trazados e que se melloraron no seu firme, pero que resultan estreitos e carecen de beirarrúas na maior parte dos casos, o que os fai pouco seguros e eficientes para a súa circulación. Por estas razóns, calquera redución de tráfico que se poida facer en ditas rúas redundará sobre a seguridade viaria.

Co fin de dar unha alternativa ao trafico da parroquia, reconducindo o mesmo as vías de alta capacidade que a atravesan (autopista AP-9 e FE11), proponse o trazado de un novo viario dende o camiño do Corveiro ata a rotonda de conexión da FE11 coa AP-9 (na saída 33F), que se pode ver na ilustración anexa, na que tamén se recolle un posible acceso directo a FE11 en sentido Ferrol co fin de evitar a dificultade de xiro na saída na rotonda.

Na actualidade para acceder dende a rotonda aos viarios do contorno e necesario dar voltas de entre 3 e 4 km. co conseguinte gastos de combustible e tempo, impacto no medio e riscos de circulación. Este novo trazado de uns 115 m de lonxitude transcorrería en case a súa metade (uns 52 metros) por unha parcela que figura como parte do sistema viario, e afectaría soamente a unha propiedade privada de 1.371 m2 de uso forestal con eucaliptos.

Resulta evidente que a zona da parroquia do couto e unha zona de futuro crecemento da cidade e, polo tanto, debe contemplarse na nova planificación do PXOM os viarios que, coma o proposto, dean solucións as comunicacións da mesma.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 /
E-mail: grupomixto_ene@naron.es
Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Web: http://eliximos.esy.es/


Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
17 de março de 2016 13:10
_____________________

Refuxiandonos para ser e entender - A condición humana en perigo: unha sociedade enferma?, ... Por Xavier Ron


Por Xavier Ron [*]
17.03.2016

REFUXIÁNDONOS PARA SER E ENTENDER.

A condición humana en perigo: unha sociedade enferma?

0. A cor do ceo xúntase coa do mar ao chegar á illa grega de Lesbos. Un azul que debera tinguir de esperanza o horizonte dos centos e centos de persoas que se vén na obriga de chegar a Europa arriscando a súa vida no mar. Unha illa que deu lugar aos versos máis fermosos da poeta Safo, evocando que o amor non coñece fronteiras e que se ergue por riba mesmo das convencións e das normas absurdas que impón o medo corrector.

1. Desde que as Torres Xemelgas caeran coma un pesadelo sobre o corazón do imperio do capitalismo, todo mudou. Ese medo corrector impúxose coma un pensamento único. Percorreu as vontades do mundo dominante e asulagouno todo co virus da adhesión irreflexiva das xentes, que aceptaron a cambio dunha falaz seguridade renunciar ao valor da liberdade. Liberdade de pensamento. Liberdade para camiñar, ir e voltar. Liberdade para decidir. Só o capital, e aquilo que produce rendibilidade, era e é autorizado a traspasar fronteiras.

2. Mentres, imponse de forma definitiva ese abafo conceptual que nos somerxe baixo o imperio da vixilancia máis absoluta, como describe moi ben Ramonet na súa recente publicación. O máis triste é que nesa pendente que leva directa ao baleiro da condición humana, as persoas aceptan desintegrarse na rede invisible que tece esa vixilancia a través dos sofisticados medios introducidos nas proclamadas redes sociais. A doutrina neoliberal é hexemónica, moi lonxe da agonía que todos desexamos, e somete ao ser neoliberal a unha serie de valores grazas a un mecanismo de ‘persuasión’ que combina alienación (Marx), autoexplotación (Byung Chul-Han) e adhesión afectiva (Hunyandi).

3. Nunca houbo tanta información e, ao mesmo tempo, tanta indiferenza. Gramsci non soportaba a indiferenza: sabía perfectamente que foi o medio escollido pola ideoloxías nazi, fascista e franquista para acomodarse nas institucións e retorcer as leis ao seu libre albedrío.

4. Día tras día esta sociedade do espectáculo e do relato, verdadeiros iconos do posmodernismo máis perigoso, asiste ao padecemento de milleiros e milleiros de persoas. Un padecemento que, en primeira instancia, responde a múltiples causas, moitas delas emparentadas coa acción das potencias occidentais en África e Oriente Medio. Unha verdadeira irresponsabilidade alí….e aquí, hoxe e agora, cando a illa de Lesbos, paradigma do que soporta Grecia, se converte nunha especie de sartego de esperanzas.

5. De forma imparable, as advertencias que lanzamos durante estes anos sobre a perigosa deriva de Europa convertéronse nunha dura realidade. As consecuencias máis tráxicas, posiblemente, aínda estean por chegar e asomarse á fiestra da distanciada e indiferente sociedade europea.

6. Cantas persoas se lanzaron a rúa para protestar enerxicamente contra a Lei de Estranxeiría, contra a Directiva da Vergoña, contra a existencia dos CIE’s, e hoxe contra a existencia das deportacións exprés, dos voos de deportación e das devolucións en quente?

7. As formas de proceder contra as persoas migrantes. A elaboración e aplicación de normativas racistas, que relegan a unha especie de limbo e non-dereito, un estado de sitio permanente ás persoas migrantes, unido a unha absoluta falta de escrúpulos dos medios de comunicación de masa, inocularon un imaxinario delictivo, estereotipado, estigmatizado e segregador. O imaxinario que explica a distancia existente hoxe con respecto ás persoas refuxiadas, tal como sinalaremos máis adiante.

8. Cando se fala de Europa e dos seus valores…a cales debemos referirnos? A que tradición, cando no esencial os diferentes estados membros viven de costas uns aos outros? Cando só asistimos a marcos de imposición “negociada” de tipo mercantil, económico ou financieiro? Onde eses mesmos marcos son aplicados aos procesos sociais e humanos? Realmente aprendimos algo do acontecido en Europa durante o século XX? Ou, tal como demostran os acontecementos hoxe, permaneceron durmidos e latentes os instintos que permitiron a existencia dos fascismos do século XX?

9. E non pode ser casual o novo enfoque militar da OTAN que dispón dunha poderosa frota no mar Exeo composta de 5 fragatas e entre 10 e 15 navíos. O obxectivo sendo “loitar contra os fluxos migratorios”. Do mesmo xeito que asistimos á mudanza da Operación Mare Nostrum, que incluía salvamento, pola Operación Tritón, da Frontex, que só implica control e vixilancia. A OTAN declara inimigos ás persoas migrantes que escapan da violencia de todo tipo, principalmente da guerra en Siria.

10. O negocio militar produce mortes. En realidade, son asasinatos premeditados, xa que é sabido que o establecemento de procedementos máis restritivos no perímetro europeo significa idear estratexias máis arriscadas para escapar do inferno e chegar ao desexado refuxio europeo. E non pode producir máis noxo que escoitar a Donald Tusk, presidente do Consello Europeo, dicir que Europa debe ser menos atractiva para que as persoas migrantes non veñan. De aí o emprego da OTAN: quere ser un mecanismo de disuasión, mais só provocará máis mortes, máis asasinatos.

11. Por iso, anoxa ver a resposta da Unión Europea ás necesidades existenciais das persoas migrantes e refuxiadas. Non é só esta resposta militar. Tampouco o desexo de seguir afortalando o perímetro da Europa-fortaleza, tal como sucede todos os días no valo de Ceuta-Melilla. É o desexo de destruír todo vestixio de humanidade na construción de Europa. A sucesión dos acontecementos é terrible: estados-membros que deciden pechar fronteiras e violar con total impunidade os dereitos humanos (Austria, Macedonia, Hungría, Polonia). Un perigoso nacionalismo con improntas racistas e mesmo rememorativas do pasado nazi asoma e faise forte. O efecto colateral é que os partidos políticos que se denominan ‘democráticos’, por medo ao ascenso desta extrema dereita, adoptan un comportamento tamén racista e introducen normativas anti-persoas. Unha UE incapaz, por desexo propio, de ser hospitalaria, de respectar as convencións asinadas e ratificadas. E isto exprésase co aldraxante tratado “comercial” que a UE desexa establecer con Turquía para que este país, a cambio de 6.000 millóns de euros, reciba a deportación masiva de persoas migrantes e refuxiadas chegadas a Grecia. Preténdese legalizar un enorme secuestro, o da condición humana: e iso non o podemos permitir. Nesta ceremonia caníbal perde a DEMOCRACIA, perden OS DEREITOS HUMANOS, perden as PERSOAS.

12. E isto sucede, en realidade, sen que os distintos acontecementos esnaquicen de forma penetrante a epiderme de indiferenza en que vive a sociedade española e galega. En datas recentes coñecíamos os resultados da enquisa do CIS de febreiro con respecto ás preocupacións que ten a sociedade e nela hai, con respecto ao tema que convoca estas liñas, un inciso valorativo que produce unha certa tristura. Dáse un 0% de valoración no tocante a quen vé como un problema a situación dos refuxiados. Esta alarmante porcentaxe únese á do 0% con respecto ao racismo na sociedade española e a un escasísimo 0,1% que considera un problema as guerras existentes hoxe. Deshumanización. Individualismo esaxerado que impide ver a implicación e repercusión colectiva.

Publicado no sitio de AGAMME - Asociación galega contra o maltrato a menores. | 15.03.2016

[*] Xabier Ron Fernández, nado en Lión o 16 de Febreiro de 1969, profesor de lingua francesa. Activista, membro do Foro Galego de Inmigración. Elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012 por Alternativa Galega de Esquerda. Membro da Dirección Nacional de Esquerda Unida.

jose.javier.ron.fernandez@parlamentodegalicia.gal





Nota.- Cartaz anunciado a Manifestación convocada para este sábado 19 de Marzo en Ferrol, ás 7 da tarde na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia).

+ Info en:
http://artabra21.blogspot.com.es/2016/03/convocatoria-urxente-en-apoio-as.html

________________

Hoxe xoves 17 de Marzo, ás 7 da tarde, inauguran-se, no Ateneo Ferrolán, os actos de celebración do 40 aniversario da súa refundación


Este xoves 17 de Marzo de 2016, ás 7 da tarde terá lugar o acto inaugural polo 40 Aniversario da Refundación do Ateneo Ferrolán, fundado en 1879 e refundado en 1976.

Hoxe tamén inauguramos até o 29 de abril:
  • Unha Exposición e poxa de cadros (Ver cartel da poxa).
  • Unha Exposición fotográfica do Ateneo.
  • E un Feirón do Libro Usado.
Apoia ao Ateneo, ven e Participa !

Mais info dos actos en:
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2016/03/programa-de-actos-do-40-aniversario-da_12.html

--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/
Faite soci@! Colabora con nos!

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
16 de março de 2016 17:41

_______________

Presentaçom do livro: "Diários" de Carlos Calvo Varela, no Ateneo Ferrolán, esta sexta-feira 18 de Março às 8 da tarde


Presentaçom do livro: "Diários" de Carlos Calvo Varela

Dia: sexta-feira 18 de Março de 2016.
Hora: às 20:00hs.
Lugar: no salom de actos do Ateneo Ferrolán (Rua Madalena, 202-204).

Letras, desenhos e música

Participaram:
  • Eliseo Fernández.
  • Marcos Abalde.
  • Rosabel Candal.
  • Sofía Espiñeira.
  • Membros de "Alén de Ancos".
Carlos Calvo Varela (1988, Loureda – Ordes): filósofo, antropólogo, ativista social e jornalista, colaborador de vários meios de comunicação como Praza Pública, Sermos Galiza, revista Luzes ou o jornal Mapa. Membro do Conselho de Redação do Novas da Galiza, numerosos portais web e publicações diversas têm recolhido os seus artigos nos últimos anos.

Diários. [Do prólogo de Séchu Sende] Os textos que Carlos Calvo nos entrega neste livro som como estouros de estalitroques, como a vaca-loura diante da escavadora, como as bandeiras que aparecem nos prados, como umha janela recém pintada de azul, como um quero-te na ponta da língua, como umha escola com crianças a falar a nossa língua, como pegadas de urso no Courel. Som palavras criadoras.

http://www.atraves-editora.com/diarios-de-carlos-calvo-varela/

--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/
Faite soci@! Colabora con nos!

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
17 de março de 2016 11:46

_______________

mércores, marzo 16, 2016

A eurodiputada Lídia Senra: "Necesitamos unha política leiteira pública que priorice o mantemento das explotacións en mans labregas" - "Benvido ao mundo real". Así encetou a súa intervención a eurodeputada na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo


O Consello de Ministras/os de Agricultura elude a súa responsabilidade na crise agrícola europea e pretende trasladarlla ao sector produtor. | A redución voluntaria da produción non debe encubrir un programa de cese de actividade das pequenas e medianas granxas europeas. | A eurodiputada Lídia Senra: "Necesitamos unha política leiteira pública que priorice o mantemento das explotacións en mans labregas".


O Consello de Ministras e Ministros de Agricultura da UE anunciou onte que as medidas que propoñen para paliar a actual crise nos sectores leiteiro, porcino e horto-frutícola da UE son precisamente que o sector produtor se encargue voluntariamente de regular o que a Unión Europea se esforzou en liberalizar. A cambio, a UE ofrece seguir disimulando o problema real -é dicir, os baixos prezos e a insostenibilidade do modelo produtivo-, aplicando incentivos económicos excepcionais, explorando a posibilidade de situar os produtos europeos noutros mercados a costa de empeorar a situación do sector produtor de terceiros países e seguir enarborando a bandeira do veto ruso, como se o problema do sector primario europeo estivera fóra e non dentro.

"Logo de que o levemos denunciando continuamente, nestas últimas semanas estamos vendo como recoñecen o fracaso da liberalización" -analizou a eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, en relación ás declaracións realizadas polo Comisario Hogan na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, as posicións manifestadas no pasado pleno da Eurocámara e a resposta remitida a AGEe por parte da Comisión en relación a unha pregunta parlamentaria-, "pero inda así seguen sen querer poñer en marcha políticas públicas que regulen a produción no sector lácteo".

"De nada vale arrepentirse agora", advertiu en relación a este recoñecemento da gravidade da actual crise nos sectores lácteo, porcino e hortofrutícola. "Máis ben, en lugar de laiarse, compensen o mal que fixeron. Este é o momento de que a UE faga unha aposta determinante por unha Política Agraria Común que poña no centro os prezos, os postos de traballo e o establecemento dun modelo produtivo sostíbel". E, en relación a este último aspecto, concretou "segue sen ter sentido importar pensos para excedentes que non teñen saída".

Dende Alternativa Galega de Esquerda en Europa consideramos indignante que logo de teren tomado a decisión de liberalizar o sector leiteiro enfrontándose aos gandeiros e gandeiras, agora á vista do problema os ministros e ministras de agricultura da UE teñan a ocorrencia de que quen asuma a responsabilidade de tomar medidas sexa precisamente o sector produtor, que mantivo mobilizacións durante meses opoñéndose ao fin do sistema de cotas. Pero é que, ademais, "entendemos que limitar a necesaria redución da produción a unha decisión voluntaria do sector non garante o efectos desexados -advertiu a eurodeputada de AGEe-, porque nun contexto de prezos tan baixos como o actual, como se vai decidir quen vai reducir voluntariamente a produción?"

Aliás, córrese o risco de que "se non hai regras, aplicar medidas de incentivamento económico da redución da produción, no canto de significar redución para as explotacións máis grandes, pode supor a eliminación de pequenas e medianas explotacións, acabando por converterse nun programa encuberto de cese da actividade para estas explotacións". "Necesitamos unha politica leiteira pública que aborde a regulación priorizando o mantemento das explotacións en mans labregas, e non seguir relegándoa a decisións voluntarias", reiterou.

Este é o neoliberalismo europeo, "que tanto se gaba de liberalizar mercados para ser competitivos, e logo ten que parchear a situación con axudas excepcionais que non só lle supoñen un custo extra, senón que afondan na distorsión da situación dos mercados enquistando inda máis o problema de fondo", criticou Senra.

"Abonda xa de que pidan responsabilidade precisamente os máis irresponsábeis", esixiu, "Nas mans da UE estivo, e está, construír un escenario produtivo e comercial que axuste a produción á demanda, que se basee en métodos de produción sostíbel, que proporcione postos de traballo no sector primario e que dinamice o territorio garantindo un medio rural europeo vivo con moitas medianas e pequenas explotacións alimentando á cidadanía".

Bruxelas, 15 de Marzo de 2016.

Enlace vídeo da intervención:

"Benvido ao mundo real". Así encetou a súa intervención a eurodeputada de AGEe Lídia Senra na xuntanza extraordinaria da Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo que tivo lugar o 7 de marzo en Estrasburgo, convocada co obxectivo de establecer un intercambio de opinións co Comisario de Agricultura Phil Hogan, e logo de que este afirmara que descoñecía o grao de descontento que ten o sector agrícola europeo. | Ir a vídeo.



https://youtu.be/btJDtSInR-g



Lídia Senra
, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

Equipa de Comunicación AGEe

lidia.senra@europarl.europa.eu

http://ageuropa.gal/

twitter  Facebook

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
15 de março de 2016 12:37

_____________

Como en moitas cidades da Galiza e europeas, en Ferrol imo-nos mobilizar contra o Acordo entre a UE e Turquía sobre Refuxiadas, porque consideramos que é vergoñoso, ilegal e vulnera a Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do Refuxiado - Ante esta situación convoca-se ao pobo a mobilizar-se na rúa contra o inmoral e ilegal Acordo, para denuncia-lo e esixir ao Goberno español que non o firme, o rexeite e o vete



Colectivo Ártabra 21

PASAXE SEGURA XA !

Os 28 xefes de estado e de goberno europeos, pretenden firmar un inmoral e ilegal Acordo entre os vindeiros xoves e venres que é cando se xunta o Consello Europeo, polo que as mobilizacións están convocando-se en toda Europa para o hoxe mércores 16 de Marzo, ás cales desde Ártabra 21 queremos amosar o noso incondicional apoio. Tamén está convocada con antelación unha manifestación para este sábado 19 de Marzo, ás 7 da tarde, no mesmo lugar que de manter-se a convocatoria, tamén apoiariamos.

Como diciamos, en moitas cidades da Galiza e europeas están-se convocando mobilizacións. En Ferrol imos-nos mobilizar contra o vergoñento Acordo sobre Refuxiadas entre a UE e Turquía, porque é ilegal e vulnera a Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do Refuxiado. Polo que ante esta situación, esiximos ao Goberno español que non apoie o devandito acordo e o vete. E
para esixir medidas urxentes xustas, solidarias e conforme aos dereitos humanos e das persoas refuxiadas, ante a maior crise humanitaria á que se enfronta Europa.

Organizacións sindicais, forzas políticas e movementos sociais súmase á xornada de mobilización europea o 16 de marzo con motivo do pre-acordo sobre persoas refuxiadas.

Manifesto Unitario

UN ACORDO ILEGAL E INMORAL QUE ATENTA CONTRA OS DEREITOS HUMANOS

As organizacións asinantes consideran inmoral o Acordo da UE-Turquía. É vergoñoso, ilegal e vulnera a Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do Refuxiado. Ante esta situación, instan o Goberno español a non apoiar o devandito acordo e convocan a cidadanía a concentracións cidadás o próximo 16 de marzo.

As organizacións asinantes deste comunicado denunciamos que a Unión Europea trata as persoas refuxiadas como moeda de cambio co Goberno de Turquía ao tempo que pon de manifesto a deterioración do proxecto europeo cun acordo que traslada a crise das persoas refuxiadas fóra das súas fronteiras.

O acordo previo adoptado o 7 de marzo polo Consello de Europa con Turquía evidencia a absoluta insensibilidade da UE e os Estados membros ante a crise humanitaria das persoas refuxiadas que arriscan a súa vida fuxindo da guerra.

A Unión Europea, ademais de incumprir a legalidade internacional, elude a súa responsabilidade de dar resposta aos milleiros de refuxiados e refuxiadas que se amorean nas súas fronteiras, mediante un acordo con Turquía para deportar a ese país a todos os inmigrantes, económicos e tamén demandantes de asilo, que cheguen á UE a través deste país, a cambio de que os Estados membros recoloquen o mesmo número de refuxiados asentados en territorio turco.

A Unión Europea urdiu un plan que vulnera a especial protección que o dereito internacional lles recoñece ás persoas que demandan asilo mediante a asimilación de inmigrantes económicos e refuxiados, todos eles considerados «ilegais». Expulsarase a Turquía as persoas refuxiadas que chegaron a Europa por esta vía.

A Unión Europea comprou as devolucións a Turquía por 3.000 millóns de euros, polos custos de xestión, e 3.000 millóns adicionais en 2018, sen ningún mecanismo de control do destino do orzamento. Este acordo ampliase ademais coa eliminación do requisito de visado para as cidadás e cidadáns turcos en Europa a partir de xuño de 2016 e a axilización da entrada de Turquía na UE. Obviouse, curiosamente, que o Goberno de Erdogan viola de forma reiterada dereitos fundamentais como a liberdade sindical, o dereito laboral, a liberdade de prensa e expresión -como o recente caso do diario Zanan, próximo á oposición ao Goberno turco-, ou o exterminio do pobo kurdo.

Os refuxiados e as refuxiadas son seres humanos que foxen da guerra e buscan a protección internacional, facer deles unha mercadoría para o intercambio económico é inhumano e non dará lugar a unha resposta máis humanitaria: pagar a Turquía non eliminará o perigo ao que sirios, iraquís e outros pobos están expostos nos seus propios países.

O sistema un-por-un (intercambio de refuxiados sirios) non ten sentido e é unha violación do dereito internacional e dos tratados da UE.

A UE non debería nin sequera considerar pagarlle a Turquía para manter as persoas refuxiadas en campamentos inhumanos sen ningunha perspectiva, e non debería haber ningún intercambio entre o seu mantemento fóra de Europa e a aceleración das negociacións de adhesión á UE.

As organizacións asinantes deste manifesto, levamos moito tempo defendendo que a comunidade internacional debería investir tempo e recursos en restablecer a paz en Oriente Medio, asumindo a súa responsabilidade nesta crise humanitaria que ven derivada en moitos casos das intervencións militares imperialistas levadas a cabo pola UE e EEUU, en función dos seus intereses xeoestratéxicos, en moitos dos países dos que proceden estas persoas.

As organizacións asinantes deste manifesto consideramos pois unha inmoralidade e unha grande hipocrisía o que está a facer a UE coas persoas refuxiadas e inmigrantes en xeral e manifestamos o noso máis absoluto rexeitamento á política da UE e dos seus Estados membros ante a maior crise humanitaria desde a segunda guerra mundial. Europa ten capacidade de resposta e de solución da mesma o que non ten é vontade política para facelo.

Por todo isto, en consecuencia, esiximos do Goberno español o total rexeitamento do principio de acordo con Turquía, no próximo Consello Europeo do 17 de marzo.

Por último, ante a gravidade dos feitos que estamos a denunciar, animamos a todas as organizacións sociais e políticas, e a todo o pobo no seu conxunto, a que promovan e participen nas mobilizacións que se convocan en todo o Estado español para a tarde deste 16 de marzo, para denunciar a actitude de Gobernos e institucións europeas e para esixir medidas urxentes ante a maior crise humanitaria á que se enfronta Europa.

ORGANIZACIÓNS:

CCOO-Galicia; CIG; UGT-Galicia; Anova; BNG; En Marea; EU; PSdG; Podemos; Asemblea de Cooperación Pola Paz Galicia; Coordinadora Galega de ONGD; Foro Galego de Inmigración; Seminario Galego de Educación para a Paz.
___________

martes, marzo 15, 2016

Presentación do libro “Código Rojo” de Luís Gonzalo Segura - O xoves 17 de Marzo ás 19:30 horas, na praza de Canido s/n, antiga casa do Coronel - E outras informacións de interese

Presentación do libro “Código Rojo” de Luís Gonzalo Segura

Dende a xunta directiva da Fuco Buxán, A.C. queremos convídalo/a a asistir ao vindeiro acto que a nosa asociación organiza dentro do Ciclo Democracia e Compromiso:

Presentación do libro “Código Rojo” de Luís Gonzalo Segura, coa presenza de Xurxo Miguel Gago Chao (ex militar - secretario da A. C. Fuco Buxán) e Victor G. Novás (directivo da A. C. Fuco Buxán, responsable da área encontros coa información) o xoves 17 de Marzo ás 19:30 horas no local da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) na praza de Canido s/n, antiga casa do Coronel, Ferrol.

​​​http://blogs.publico.es/un-paso-al-frente/

http://luisgonzalosegura.com/

Luís Gonzalo Segura de Oro-Pulido (Madrid, 19 de maio de 1977) ex tenente do exército de terra, autor das novelas “Un paso al frente” e “Código Rojo”. Columnista do Diario Público.

A nosa asociación vén a desenvolver un ciclo de conferencias baixo o título “Democracia e Compromiso”. O seu obxectivo é contribuír a difundir ideas e exposicións que promovan un cambio na situación económica, política e social, nun momento especialmente importante para todos os cidadáns.

Ata o de hoxe, organizamos os seguintes actos:
  • Ensino: Conferencia - Coloquio de Vicente Álvarez Areces.
  • Conferencia Pablo Álvarez Fernández - Polo Dereito á Enerxía.
  • Conferencia Nieves Santomé "REFUXIADOS E INMIGRANTES"
  • Conferencia - Coloquio de Manolo Lago "Balance da Lexislatura. Milagre Económico?"
  • Presentación do libro “O último día de Terranova” de Manuel Rivas.
  • Juán Carlos Monedero Fernández, Conferencia "Democracia alegre contra el miedo triste".
E temos previsto realizar os actos que seguen:
  • Luís Gonzalo Segura (Madrid, 19 de maio de 1977) exteniente do exército de terra, autor das novelas “Un paso al frente” e “Código Rojo”. Columnista do Diario Público. PRESENTACIÓN DO SEU LIBRO “CÓDIGO ROJOO XOVES 17 DE MARZO ÁS 19:30 HORAS NO LOCAL DA SGHN (SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL) NA PRAZA DE CANIDO S/N, ANTIGA CASA DO CORONEL, FERROL.
  • Manuela Carmena Castrillo (Madrid, 9 de febreiro de 1944) é xurista, xuíz emérita e política española, alcaldesa de Madrid desde o 13 de xuño de 2015. CONFERENCIA O SÁBADO 2 DE ABRIL ÁS 12:00 HORAS NO CENTRO CÍVICO DE CARANZA FERROL. Quixeramos aproveitar este anuncio para desculparnos polo cambio de data da conferencia de Manuela Carmena por circunstancias alleas a nós. Comprometémonos a mantervos informados periodicamente mediante o email, prensa, e as redes sociais da nosa actividade.
Debate Aberto: "os problemas da comarca nun primeiro plano".

Así mesmo, convidamos a toda a cidadanía a participar no Debate Aberto que terá lugar o xoves 7 de abril ás 20:00 horas no Ateneo Ferrolán. Despois da nosa asemblea ordinaria de socios e socias queremos realizar un Debate Aberto a cantas persoas o desexen, un Debate que lles permita expresar a súa opinión e realizar as propostas que consideren, ademais, para situar os problemas da comarca nun primeiro plano. Agardamos vervos alí!

A Asociación Cultural Fuco Buxán iniciou o Ciclo, que baixo o título xenérico, DEMOCRACIA E COMPROMISO, pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas.

"Mucha gente pequeña, en lugares pequeños,
haciendo cosas pequeñas, puede cambiar el mundo
".
Eduardo Galeano.

Ciclo Democracia e Compromiso

Asociación Cultural Fuco Buxán: Dirección: Rúa Armada Española, 32 baixo - 15406 - Ferrol (A Coruña) Apartado Correos: 240 - C.P. 15400 - Ferrol Telefono: 981325492 Email:  fucobuxan@gmail.com Visita a nosa web: www.fucobuxan.net Blog:   Pensamento Crítico http://opinionsfuco.blogspot.com.es/  Facebook: http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749 Twitter: http://twitter.com/FucoBuxan Google+: https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts.

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
15 de março de 2016 01:16

_______________

A AS-PG presenta a versión dixital da Historia da Literatura Galega


Esta obra presentou-se a sexta-feira (11 de Marzo) ás 20 horas na sala de exposicións do Pazo de San Marcos de Lugo, coa presenza de Xosé Ferreiro, delegado de Cultura da Deputación de Lugo; Xoán Costa, presidente da AS-PG; a escritora Olga Novo; e Armando Requeixo, escritor e crítico literario. Acompañarán con música Tonecho Castelos e Pablo Esqueira.

Grazas a esta obra poderemos coñecer “o mellor que escribiron as galegas e os galegos que nos precederon ou que, afortunadamente, aínda conviven connosco”, segundo declarou Xoán Costa, presidente da AS-PG, que nos explicou que o proxecto comezou hai dous anos: “Partía da exitosa experiencia que durante 50 semanas, en entregas quincenais, mantivera nos quiosques un fascículo e un libro. Actualizar e reeditar en papel non parecía unha opción adecuada. Así que optamos por facer todo de novo, en formato nativo dixital, con outra estrutura e outros obxectivos”.

Esta ferramenta web inclúe 1.600 páxinas de texto que recollen a Historia da Literatura Galega, pero adaptadas á linguaxe de Internet e que prevé a incorporación de elementos multimedia e as diferentes posibilidades de leitura que ofrecen os dispositivos actuais, sexan teléfonos móbiles ou tabletas.

Accesible sen conexión

Poder usar os textos sen necesidade de conexión a internet foi unha das preocupacións da AS-PG.  Para iso “preparamos programas de lectura específicos que permiten que un usuario poida ter sempre consigo os textos que desexe ler sen necesidade de os descargar ou ter conexión a internet”, sinala Costa, que adiantou que “esta posibilidade vai unida á abertura dunha tenda de distribución onde, ademais da propia historia que agora editamos, pretendemos distribuír boa parte da literatura galega. Antes foi o libro en papel que acompañou os fascículos, agora será o libro dixital o que ocupe ese lugar”.

A Historia da Literatura Galega  estrutúrase, dunha parte, en torno a un menú de contidos que fan referencia ás diferentes etapas da literatura galega, da idade media á actualidade e doutra a autores, obras, organismos, publicacións, eventos e movementos.

En desenvolvemento

O proxecto continuará a desenvolverse no futuro, con información ampliada e un fragmento de cada obra. Segundo Xoán Costa, “tamén apareceran na tenda, para compra ou consulta, todas as obras de que sexa posíbel dipoñer. Esta parte, xunto coa actualización dos textos e autores dos últimos anos, será o proxecto a desenvolver neste ano”.

Ademais, desde a obra haberá acceso tamén a material multimedia de xeito que será posíbel completar a aproximación a obras e/ou autoras e autores con vídeo, animación ou música. Tamén estará ligada cos xogos que a AS-PG desenvolveu e, a máis longo prazo, cun dicionario “no que estamos traballando”.

Publicado en Sermos Galiza | 09.03.2016.| licenza Creative Commons by-nc-nd 2.5 .

Sitio na rede Historia da Literatura Galega:
http://literaturagalega.as-pg.gal/

Web da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) :
http://www.as-pg.gal/

_____________

I Xornadas innovación educativa Ferrolterra. "Outra educación é posible" - Venres 1 de Abril de 2016 no Ateneo Ferrolán


I Xornadas innovación educativa Ferrolterra
"Outra educación é posible"


1 de Abril de 2016

En Ferrol, no Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena 202-204), desde as 19:00hs..

Organizado pola Área de Educación de Esquerda Unida Ferrol.

Os seis proxectos participantes desta xornada, amosan que pódese combatir con creatividade, audacia, imaxinación, ilusión e pedagoxía unha lei educativa tan retrógrada, clasista e que fundaméntase na memorización como é a Lomce.

Desde a Área de Educación de Esquerda Unida Ferrol consideramos que é moi importante que a cidadanía coñeza proxectos innovadores que se están a realizar na comarca.

Evento no Facebook:
https://www.facebook.com/events/100711546993799/

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035

www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
17 de março de 2016 13:43
_________________

Convocatoria urxente en apoio ás persoas refuxiadas: non permitamos que a Unión Europea violente de forma intolerable os Dereitos Humanos - Manifestación en Ferrol, como noutras cidades de Galiza, o sábado día 19 de Marzo - E convocatoria do Mércores 16 de Marzo das centrais sindicais


Feita esta convocatoria, as centrais sindicais CCOO, CIG e UGT, decidiron convocar para este mércores 16 de Marzo, ás 8 da tarde, unha concentración no mesmo lugar, na Praza Amada Garcia, para denunciar o mesmo Acordo entre executivos (xefes de Estado ou de Goberno da Unión Europea) e do Goberno Turco. O pacto é de momento provisional, e terá que ser aprobado no vindeiro encontro entre os membros da Unión Europea e Turquía. Mas o Acordo quedou fixado, e supón un importante revés, para millóns de persoas que están fuxindo da guerra de Siria, Iraque, Afganistán e de moitas zonas en permanente conflito bélico de África. Acordo cheo de prebendas e beneficios económicos para Turquía.

CONVOCATORIA URXENTE EN APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS

NON PERMITAMOS QUE A UNIÓN EUROPEA VIOLENTE DE FORMA INTOLERABLE OS DEREITOS HUMANOS


Manifestación en solidariedade coas persoas refuxiadas e inmigrantes da Unión Europea, o próximo sábado día 19 de Marzo ás 19:00hs dende a Praza de Amada García (Edificio da Xunta) en Ferrol.

O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN súmase e apoia esta Concentración que se organiza en réxime de auto convocatoria, para:

1.- Denunciar o Acordo que a Unión Europea pretende asinar con Turquía e que contravén os máis elementais dereitos humanos e os acordos internacionais en materia de refuxio e inmigración, entre outras razóns por:
- Establecer a posibilidade de facer deportacións colectivas de persoas, retrotraéndonos aos peores momentos da Historia de Europa do século XX.

- Por pretender “comprar” en Turquía campos de internamento destas persoas para quitarse de forma intolerable esta realidade de enriba.

2.- Esixir que o goberno español promova unha radical oposición a este Acordo entre os gobernos da UE. Esixir tamén que o propio Parlamento Europeo impida a aprobación do mesmo.

3.- Reclamar unhas políticas de refuxio e inmigración a nivel europeo e a nivel do Estado Español acordes coa legalidade internacional e baseadas no respecto aos dereitos humanos.

4.- Esixir unha Política exterior europea que promova solucións pacíficas e razoables dos conflitos que como o de Siria forzan a tantos millóns de persoas no Mundo a buscar protección e refuxio noutros territorios.

Evento no Facebook:
https://www.facebook.com/events/562158853959654/
__________

Convocatoria do Mércores 16 de Marzo

CONCENTRACIÓN CONTRA O ACORDO UE-TURQUÍA SOBRE @S REFUXIAD@S

Ferrol, na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia).

OS SINDICATOS CIG, CCOO, E UGT, CONVOCAN PARA O MÉRCORES 16 DE MARZO, ÁS 20:00 H. DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA NA PRAZA AMADA GARCIA.

CONCENTRACIÓN EN CONTRA DO ACORDO  UE-TURQUÍA,   QUE AFECTA AS REFUXIADAS E REFUXIADOS,

UN ACORDO ILEGAL E INMORAL QUE ATENTA CONTRA OS DEREITOS HUMANOS.

FERROL, 14 DE MARZO DE 2016
________

De interese:

Reunión dos xefes de Estado ou de Goberno da UE con Turquía, 07.03.2016 | Páxina do Consello da Unión Europea. | Ir á Web.

Declaración dos xefes de Estado ou de Goberno da UE. | 08.03.2016 | Páxina do Consello da Unión Europea. | Ir á Web.

Reacción do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados ACNUR á Declaración dos Xefes de Estado da UE e do Goberno de Turquía de 7 de Marzo. | martes 08. marzo 2016 12:00 | Ir á Web.
_______________

luns, marzo 14, 2016

A caridade obreira das "elites pensantes" non é a solución, é parte do problema, ... Por André Abeledo Fernández

Por André Abeledo Fernández [*]
14.03.2016


Esta e unha reflexión dedicada aos "progres" do novo nepotismo ilustrado que din defender a causa da clase obreira, pero que logo defenden que unha traballadora ou traballador non "titulado" non están o suficientemente preparados para representar a súa clase nas institucións burguesas, ou para poñerse o fronte das responsabilidades no seu partido, só podo dicirlles que eles son parte do problema, e nunca poderán ser parte da solución.

Aqueles que nos miran dende arriba non poden ser nunca os que nos defendan, os que din ser capaces de defender os nosos intereses sen contar con nós practican un novo tipo de absolutismo, do vello "todo para o pobo pero sin o pobo".

Non digo que non sexan necesarios, e moitas veces imprescindibles os camaradas que tendo estudos superiores comparten trincheira o carón das traballadoras e traballadores, entre iguais, aportando a súa capacidade e os seus coñecementos na loita da clase traballadora, a eses os necesitamos sempre para traballar xuntas e xuntos, e para liderar cando as camaradas e os camaradas decidan delegar neles esa responsabilidade.

Pero a eses outros que pretenden chamarse comunistas e practican a "caridade" coa clase obreira, teño que dicirlles que son tan inimigos como os explotadores que nos entenden como seres inferiores incapaces de pensar por nós mesmos.


[*] André Abeledo Fernández, é un activista sindical, social e político de Ferrolterra. Traballador e membro do Comité de Empresa de Mercadona; e coordinador de Esquerda Unida de Narón. Concelleiro por EU en Narón. Militante do PCG e organizado sindicalmente na CIG. Contas de André no facebook e no twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
13 de março de 2016 15:47
__________

domingo, marzo 13, 2016

Ante o anuncio de entrada dun novo buque gaseiro cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha concentración sonora, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, este luns 14 de Marzo de 2016, ás 7 da tarde


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 LUNS 14 DE MARZO, ÁS 7 DA TARDE
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA

Un novo LNG Tanker, anuncia que vai descargar miles de toneladas de gas natural licuado para Reganosa. Un buque de grande porte con unha capacidade de carga de 170.000 m³ de GNL (LNG). O buque vai entrar pola bocana da Ría e cruzará o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso, canle de máis de 4.500 metros, até chegar ao pantalán de descarga do peirao de punta Promontorio, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza, sempre que entra na Ría un buque destas características, cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos. No caso de entrar, este buque faría o gaseiro número 207 que descargaría en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

A principios de 2014, Reganosa anunciaba un novo despropósito contra a poboación que mora na contorna desta Ría. O negocio anunciado consiste nun dispositivo que traslade á boca da Ría o GNL como combustíbel. Un negocio de Reganosa, apoiado pola Xunta de Galicia, subsidiado con diñeiro público. Proxectan un HUB de Gas Natural Licuado de Reganosa que fará de Ferrol unha enorme bomba de reloxería colocada dentro da nosa Ría, será  a construción dun surtidor de gas (gasolineira) na Ría de Ferrol, para buques que utilicen LNG/GNL como combustíbel. Este proxecto xa conta co apoio da Unión Europea, cun custe orzamentario millonario. Mais hai un mes un dos principais socios de Reganosa, Gas Natural Fenosa, abandonaba o proxecto e a propia Reganosa, vendendo todas as súas accións. Aínda está sen explicar, e menos analizar, o porque o socio gasista principal de Reganosa abandona. Algo que nos venderon en positivo, como que Galiza se facía co controlo da planta, onde diñeiro público se invístese nunha planta de gas deficitaria, ilegal e perigosa. E xa non digamos a aposta de GADISA, que co seu novo investimento pon en perigo a viabilidade de miles de postos de traballo que xera o grupo noutras actividades, como na rama da distribución e comercio de alimentación.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada dun novo buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, este luns ás 7 da tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Van facer catro anos, desde que o 11 de Maio de 2012 se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
12 de março de 2016 14:16
_______________