mércores, decembro 20, 2017

A eurodeputada galega, Lídia Senra, participa en Haití na 34ª Sesión da Asemblea Parlamentaria Paritaria África-Caribe-Pacífico-UE - Participou nun debate sobre como mellorar a resiliencia fronte ao cambio climático e as catástrofes naturais nos países de ACP - Reclama que as institucións recoñezan e actúen en consecuencia coas e cos refuxiados climáticos e que se traballe máis na prevención e nas raíces do cambio climático


Lídia Senra participa en Haití na 34ª Sesión da Asemblea Parlamentaria Paritaria África-Caribe-Pacífico-UE. | A eurodeputada participou nun debate sobre como mellorar a resiliencia fronte ao cambio climático e as catástrofes naturais nos países de ACP. | Reclama que as institucións recoñezan e actúen en consecuencia coas e cos refuxiados climáticos e que se traballe máis na prevención e nas raíces do cambio climático.


A eurodeputada Lídia Senra está a participar en Haití na 34ª Sesión da Asemblea Parlamentaria Paritaria África-Caribe-Pacífico (ACP) - Unión Europea (UE), como membro da Delegación do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). A europarlamentaria galega desprazouse o pasado venres a Porto Príncipe xunto con outros eurodeputados e eurodeputadas, onde permanecerán até este xoves.

Despois do traballo previo das Comisións durante o sábado e o domingo, o luns tivo lugar a apertura da 34ª Sesión da Asemblea Parlamentaria Paritaria ACP-UE. Un dos temas de debate nesta primeira sesión foi un informe sobre a necesidade de "Mellorar a resiliencia fronte ao cambio climático e as catástrofes naturais nos países da zona ACP". “Este é un tema que nos afecta a todos e a todas, e que reviste unha grande importancia nos países do Caribe fortemente afectados por fenómenos metereolóxicos e catástrofes climáticas extremas. Haití, antes de que puidera recuperarse da catástrofe provocada polo terremoto do 2010, viu empeorar aínda máis a situación co furacán Mattew”, explica a eurodeputada. Segundo o informe 2016 sobre riscos mundiais abordado na xuntanza, outros sete países do grupo ACP están expostos a un elevado risco de fenómenos naturais extremos (Vanuatu, Tongo, Illas Salmon, Papúa-Nova Guinea, Timor Leste, Mauricio e Guinea-Bissau).

Neste contexto, Senra lembra que “sabemos que o cambio climático aumenta a frecuencia, a intensidade, a extensión xeográfica e a duración dos fenómenos meteorolóxicos e das catástrofes climáticas extremas”. Tamén a escaseza de augas superficiais, os asolagamentos, os periodos de choivas ou secas prolongadas ou o aumento do nivel dos océanos son consecuencias do cambio climático que afectan en todos os países do mundo (tamén na Galiza). “Provocan perdas importantes na agricultura e polo tanto o aumento da fame, xeran un aumento da pobreza e das desigualdades, dos problemas de saúde, e tamén o desprazamento das poboaciones nas zonas máis afectadas. As e os refuxiados climáticos son unha realidade que temos a obriga de recoñecer  e actuar en consecuencia”, defende.

Así, Lídia Senra defendeu que “para mellorar a resiliencia fronte ao cambio climático e as catástrofes climáticas é necesario atacar as raíces; as decisións políticas que provocan o cambio climático, e tamén actuar en materia de prevención para reducir ao máximo os impactos dos fenómenos meteorolóxicos e das catástrofes climáticas extremas”. En canto ás raíces do cambio climático, citou a importancia de abordar o sistema agroalimentario, baseado nos modos de produción agraria industrializada e os mercados globalizados de alimentos. “Podemos consideralos responsables de ao redor dun 50% das emisións de gases de efecto invernadoiro”, dixo. Fronte a iso, chamou a promover a agricultura labrega de base agroecolóxica e os circuitos curtos de comercialización como elementos valiosos para contribuír a arrefriar o planeta.

Promover a resiliencia fronte ao cambio climático a longo prazo significa que a Unión Europea debe adoptar unhas políticas coherentes de redución do consumo de enerxía, poñer fin ao acaparamento de terras e ao deterioro dos ecosistemas e a biodiversidade”, engadiu.

En canto á prevención para reducir o impacto das catástrofes, Lídia Senra considera necesario “aprender das boas prácticas” e puxo como “exemplo de éxito” a Cuba, para considerala positiva á hora de poñer en marcha medidas para reducir o impacto en caso de riscos metereolóxicos como as tempestades tropicais.

No marco do lugar no que se están a desenvolver estes encontros, Senra destacou a cooperación rexional que se dá no Caribe. “Parécennos moi positivas as iniciativas de xestión de riscos no Caribe e os acordos acadados no 6º Cumio CARICOM-CUBA para traballar en conxunto nunha Axenda Estratéxica Rexional para abordar a xestión de risco de desastres, a asistencia humanitaria e a reconstrución; así como o Memorando de Entendemento sobre a Redución do Risco de Desastres da Axencia de Manexo de Emerxencias e Desastres no Caribe de CARICOM e o Estado Maior da Defensa Civil de Cuba”, dixo.

Santiago, 19 de decembro de 2017.

Reportaxen fotográfica da participación nas actividades en Haití.







---

Máis información:

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

lidia.senra@europarl.europa.eu  

http://ageuropa.gal/

http://www.acp.int/

http://www.europarl.europa.eu/intcoop/acp/10_01/default_en.htm

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
19 de dezembro de 2017 19:52
_________

Josele Santiago con Banda Teatro en Ferrol, este sábado 23 de decembro, no Teatro Jofre, ás 9 da noite, presenta 'Transilvania', o seu último traballo - Josele Santiago: 'Transilvania', ... Por César Luquero


"Transilvania" de Josele Santiago


Por César Luquero
20.12.2017


O significativo non sempre ocorre en primeiro plano. Nin sequera dentro de campo. Os mestres do relato audiovisual aplícanse este conto ao planificar a posta en escena. Josele Santiago tamén sabe como funciona a cousa. Por elo aventurase máis alá da umbría para construír a súa nervada narrativa, adentándose en zonas que requiren un enfoque musical e lírico moi específico. "Transilvania", quinto álbum a nome do madrileño, é outra mostra do seu arroxo creativo.

A obra de Josele -por conta propia ou con Los Enemigos- forma parte dunha tradición xa secular. El estudouna en profundidade, cultivando nos seus esixentes sucos durante máis de tres décadas con notable resultado. O feito é que ao noso home – un tipo inquedo, que gusta de aprender o que non coñece – o corpo pedíalle un cambio de rexistro. A idea de gravar con outras premisas sónicas xunto a Raúl Fernández "Refree" – cotizado músico e produtor de currículo impresionante – roncáballe dende tempo atrás. Así que dito e feito.

No outono de 2016, Josele e Raúl comezaron a rexistrar "Transilvania" no estudo que este último ten na Cidade Condal. A xefatura na ponte de mando segue sendo das cancións, pero o uniforme que locen – os tecidos, as botonarías, os accesorios, os tocados – entoxase moi diferente do habitual. Naquelas sesións caseiras, feitas con tempo por diante e sen que o reloxo acuciara en demasía, domina o talante lúdico e prospectivo. Existe indagación, probas e descubrimentos valiosos.

Escoitase un clarinete, un banjo, un armonio, mellotrones, moogs e demais sintes de vello. Que ninguén se asuste. Tamén resoan as guitarras eléctricas e vibran as cordas de nailon. Atopámonos ante un disco que preserva a esencia do autor, aída que ofrece unha perspectiva diferente sobre a súa música, renovada e tonificante. Un disco de rock, de todos os xeitos.

Cando remataron as sesións do Estudio Calamar, Josele e Refree reuniuse con Xarim Aresté (guitarras) e a súa portentosa banda -Ricard Sohn (piano e teclados), Miquel Sospedra (baixo), Ermengol Mayol (batería) - nunha contorna totalmente diferente. Enclavada entre viñas no corazón do Penedés tarraconense, La Casamurada é unha masía case milenaria reconvertida nun estudo. Ofrece salas amplías con eco non adulterado, moita luz natural e toda a tranquilidade do mundo. Un lugar idóneo para gravar ao vivo e sen agobios, subliñando a contrastada textura das novas composicións. Cancións “a tope de grano”, tales como o potente branco e negro de Álex Rademakers, autor das fotos que ilustran a face e o envés do álbum.

A plácida xestación do disco tampouco nos debe chamar a enganos porque "Transilvania" é un traballo inquietante que reflicte o convulso estado das cousas. Depredación, fanatismo e confusión nun contexto social, político e económico dominado polo mal. A loita necia, o todos contra todos e contra todo. Medo e asco nos primeiros anos do novo século. Decepción. A náusea está de volta e parece que non ten présa por marcharse.

Calquera que seguise a impoñente traxectoria de Josele Santiago sabe que é un compositor preclaro. Un artesán que prefire negar a embaucadora maior do talento e os superpoderes para encomendarse a unha virtude máis terreal. A paciencia. El ten moita cando o que está en xogo son as cancións. Nesta ocasión, pasaron o corte doce. Son do seu pai éa súa nai, polo que "Transilvania" ten un rango dinámico tan amplo e, ao mesmo tempo, unha asombrosa coherencia interna. Os seus modelos de perfección particulares son os mesmos – Randy Newman, Bob Dylan, Ray Davies, Todd Rundgren, Dr.John – pero a antena segue estando enchufada e orientada na boa dirección. No álbum atopamos rastros de Francisco Casavella e de Julio Verne. Da música popular brasileira e do blues rural. De "Spotlight" e de "La Profecía". Do soul sureño e do flamenco. Incluso faise notar a impronta daqueles meses de traballo xunto áos Very Pomelo de Aresté fai algunhas tempadas.

Cando falamos de Josele, facémolo dun escritor coa súa propia voz que, aos seus 52 anos, segue incorporando recursos a un corpus lírico sen dubida extraordinario. Fascina ese dominio da arte menor, o vigor expresivo que irradian algunhas estrofas escuálidas, o propósito co que se colocan os sinais de puntuación éo ton xeral dunhas letras en permanente conflito coa trivialidade, que abordan cuestións de escarpada orografía sen servilismo, relacións que se dislocan, especies a punto de extinguirse, crimes imperdoables, ameazas globais, a empatía que brilla pola súa ausencia. Incluso nas cancións de amor, que algunha hai en “Transilvania”, detectase ese malestar xeral.

A expresión artística con verdadeiro peso específico convida a considerar preguntas e suxire algunhas respostas. E non aparta a mirada nin pasa de largo ante a realidade, por moi desagradable que esta sexa. Josele Santiago -guitarra, caderno e boli en ristre- segue disposto a levantar acta nas súas cancións de aqueles sucesos que soen escapar dos radares convencionais. Imponse escoitalo. Músicos como este son poucos.

Teatro Jofre - Ferrol
sábado 23 de decembro ás 21:00 h  (Apertura portas: 20:30h)
Entradas 8€ (Anticipada) - 12€ (Billeteira
A través do portal www.ataquilla.com
https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/teatro-jofre/7980--josele-santiago-presentando-transilvania-o-seu-novo-album.html

Na Billeteira do Teatro Jofre - Teléfono de contacto 981 94 42 45

[*] César Luquero, xornalista e consultor especializado en música e cultura pop. En twitter .
---

Narsés Mira
BABEL de SONS
+ 34 698 188 416
babeldesons@gmail.com

https://www.facebook.com/BABELdeSONS/

https://twitter.com/BabeldeSons

Ferrol - A Coruña - Galiza
Enviado por:
Babel de Sons
-babeldesons@gmail.com-
20 de dezembro de 2017 04:07

__________________

As mulleres na Revolución Rusa, acto público organizado por Esuerda Unida Ferrol e Fuco Buxán A.C., este xoves 21 de decembro, ás 7 da tarde, coa presenza de Eva Solla, deputada de En Marea e Secretaria Xeral do PCG e por Fuco Buxan, a activista e feminista Chelo Carballal


Acto: "As mulleres na Revolución Rusa" Xoves 21. 19 hs

Esquerda Unida Ferrol e Fuco Buxán organizan o acto “As mulleres na Revolución Rusa” no que dende ambas organizacións queremos visibilizar o papel das mulleres nun momento histórico tan importante como foi a Revolución Rusa para a humanidade e para a clase traballadora en particular.

Con este acto, queremos mostrar o noso compromiso co feminismo, porque como organizacións político sociais temos a responsabilidade de reler a historia para incorporar todas esas voces de mulleres e darlles o protagonismo que se merecen, para visibilizar o que se invisibilizou. Este ano conmemoramos o centenario da Revolución Rusa, o movemento revolucionario de máis alcance na historia a todos os niveis político, económico e social pero tamén para o feminismo é crucial este momento histórico, pois se acadaron conquistas para as mulleres que non se lograran antes en ningún país capitalista. Como en todas as revolucións, nesta as mulleres tiveron un papel importante silenciado pola historia oficial que só pon o foco en referentes masculinos.

Díaxoves 21 de decembro.
Hora: 19:00 hs
Lugar: Antigo Hospicio Municipal (Rúa Méndez Núñez, nº 11).
Interviñen:
  * Eva Solla: Coordinadora Nacional de EU, S.X. do PGC, Deputada no Parlamento Galego.
  * Mª Consuelo Carballal: Área da Muller de Fuco Buxán. Coord. do programa de Radio Filispim "A Xanela das Fucas".
--
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda


www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
20 de dezembro de 2017 10:57

____________________

martes, decembro 19, 2017

Está previsto que o 9 de marzo de 2018 entre en vigor a nova Lei de Contratos do Sector Público - Pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento e do Consello Europeo, 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 - Unha negociación opaca para unha lei que obriga a dar transparencia á contratación


O Congreso aprobou a reforma da Lei de Contratos do Sector Público


Elimina os negociados por prezo, obriga a que o proceso sexa máis transparente e crea un novo organismo de vixilancia da contratación. Entrará en vigor a finais en marzo de 2018.

Tralo último trámite parlamentario, xa temos nova Lei de Contratos do Sector Público. O Congreso rexeitou as enmendas propostas polo PP no Senado con 171 votos en contra e 164 a favor (o propio PP, Cidadáns, Foro Asturias, Coalición Canaria e UPN) e a reforma da norma xa é unha realidade. España cumpre así a transposición das directivas europeas aprobadas en 2014. Iso si, un ano e medio máis tarde.

De feito, algúns dos grandes cambios que trae a lei veñen marcados por Europa, como a obrigación de publicar as modificacións dos contratos (os famosos sobrecustos) e o fin do uso do procedemento negociado -aquel no que se adxudica un contrato sen concurso aberto- para contratos por baixo dun limiar de prezo (seguen-se permitindo noutros supostos).
Unha negociación opaca para unha lei que obriga a dar transparencia á contratación

Coas présas por chegar tarde aos prazos europeos e ante unha norma complexa, a súa aprobación tramitouse de urxencia pero durou meses. O debate, iso si, celebrouse a porta pechada, en comisión. E é xusto aí onde estivo a clave do trámite parlamentario. No Congreso, a maioría de grupos consensuaron boa parte das emendas nesas reunións. No Senado a cousa foi ben distinta. O PP fixo uso da súa maioría e aplicou o rodeillo, vetando todas as emendas do resto de grupos e aprobando só as súas, todas centradas en cambiar un matiz -importante- na norma. Si as empresas que contratan coas administracións públicas estaban obrigadas a cumprir os convenios colectivos sectoriais, trala aprobación desas emendas do partido do Goberno o requisito é acatar os convenios "que sexan de aplicación", o que significa que con cumprir os de cada empresa, ás veces inferiores en dereitos dos traballadores, é suficiente. Ao final tombáronse estas emendas no Congreso. O presidente da Comisión que debateu a norma no Senado, José Luís Sanz Ruiz, foi acusado pola Fiscalía de manipular a contratación do concello do que era alcalde.

O negociado ao aberto simplificado


Un dos avances máis relevantes da norma é o coto ao uso do negociado por criterios de prezo, que pasan a tramitarse mediante o novo procedemento aberto simplificado. Este novo proceso poderase utilizar en contratos de obras de menos de dous millóns ou de fornezo e servizos de menos de 100.000 euros nos que os criterios de adxudicación mediante xuízos de valor non superen o 25% do total. A licitación publicarase só no perfil do contratante e os prazos de presentación de proposicións, adxudicación e formalización son máis curtos e sinxelos.

Iso si, os negociados non desaparecen, mantéñense cando haxa outras razóns: si só se pode adxudicar a un empresario, en contratos secretos e reservados, si non funciona o procedemento aberto, cando non se poden establecer os criterios de forma clara...

Partidos políticos, sindicatos e organizacións empresariais terán obrigacións dentro da nova lei, impostas pola directiva europea, sempre que a maioría do seu financiamento sexa pública e só para os grandes contratos, coa excepción daqueles destinados ás campañas. Non teñen as mesmas obrigacións que as administracións públicas, pero deberán cumprir algúns requisitos, como establecer instrucións claras de contratación baseadas nos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, igualdade e non discriminación. Ademais, deberán adxudicalos contratos á mellor oferta e contar cun perfil do contratante que publique licitacións e adxudicacións motivadas.

Os contratos menores, aqueles que se poden adxudicar de forma directa sen pasar por todo o procedemento de contratación, pasan de ser aqueles de menos de 50.000 euros en obras e 18.000 en servizos en subministros aos que non superen os 40.000 e 15.000 euros, respectivamente.


Un novo organismo


A norma crea un novo organismo de supervisión, destinado a vixiar o cumprimento da lei e detectar prácticas corruptas. Iso si, aínda que se chama Oficina Independente de Regulación e Supervisión da Contratación, a súa independencia só está no nome e sobre o papel: os seus membros, funcionarios, serán nomeados polo Goberno. Ademais, dependerá organicamente do Ministerio de Facenda e Función Pública. Podemos pedira un novo organismo, pero máis independente; e Cidadáns a creación dunha sección dentro da CNMC, sobre todo centrada na vixilancia da competencia.

Pero, ademais, durante a tramitación incluíronse algunhas novidades importantes, moitas delas centradas na obrigación de publicar os informes que xustifican as decisións que se tomen. Por que se permite unha modificación? Como se xustifica cunha baixa temeraria? Quen deciden quen se leva un contrato e baseándose en que? A partir de marzo de 2018, os contratos públicos deberán incluír esa información, xunto aos nomes de todos os licitadores participantes, os informes previos ou a composición das UTE que se leven contratos públicos.

Toda esa información publicarase nos perfís do contratante de cada administración e na Plataforma de Contratos do Sector Público de forma aberta, en formatos reutilizábeis e, como mínimo, por un período de cinco anos. Pero, ademais, poderanse solicitar contratos anteriores vía solicitude de acceso á información.

Fonte Eva Belmonte da Fundación Civio | 19 outubro 2017. | Baixo Licenza CC Re-publica. | Ir á Web.

Máis info sobre a Lei de Contratos del Sector Público, por Eva Belmonte | Ir á Web.
---
Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014. | Ir á Web.

A revista 'A Administración Pública ao Día' do INAP, publica un interesante traballo: A tarifa como contraprestación que pagan os usuarios no contrato de concesión de servizos da Lei 9/2017 de 9 de novembro de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento interno as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE de 26 de febreiro de 2014 (LCSP-2017) introduciu algunhas novidades moi relevantes na precisión da natureza da contraprestación que pagan os usuarios pola prestación dun servizo por parte do concesionario... Por Joaquín Tornos Mais é Catedrático de Dereito Administrativo na Universidade de Barcelona. | Ir á Web.
_____________________

O barrio da miña vida é un un programa de Participación Cidadá e actividades, do 20 ao 23 de decembro no Centro Cívico de San Pablo, en Catabois que o Concello de Ferrol pon en marcha para contribuir á dinamización social e cultural do barrio


O Concello de Ferrol pon en marcha 'O barrio da miña vida', un programa de actos de dinamización social e cultural do barrio de San Pablo de Catabois e que se van a desenvolver do 20 ao 23 de decembro no Centro Cívico do barrio.

Así o presentou o pasado 13 de decembro, en rolda de prensa o concelleiro de Participación Cidadá, Álvaro Montes. “Trátase de dar unha imaxe en positivo do barrio dentro das accións de Participación Cidadá. Hai que ter en conta unha peculiaridade que San Xoán, ao igual que acontece en Recimil, non conta cunha asociación constituída que poida optar as subvencións de Participación Cidadá n do Concello, co que tratamos de compensar con un evento específico de ocio pensado e centrado no barrio, pensando en nenos e maiores para que os veciños non teñan que padecer esta situación”, manifestou Montes.

Son, en total, catro actuacións musicais, unha por día, entre elas, unha específica a xente miúda. Todas elas, no Centro Cívico de San Pablo como “punto de encontro e centro referencial do barrio”.

O primeira actuación da Asociación Cultural Musical 'La Nuestra', o día 20 as 19:00 horas.

Os seguintes serán os da Rondalla do Club de Campo, o 21 a mesma hora e, en terceiro lugar, en pensando na mocidade, Marcos Mella, o día 22 as 21:00 horas.

Pecha este programa un evento para a xente miúda, As Parábolas de Pakolas, o sábado 23 as 11:30 horas.

Publicado na web oficial do Concello de Ferrol. | Irá Web.
____________________________

Unha moción polo recoñecemento do estado Palestino, para o Pleno do Concello de Narón - O concelleiro de Esquerda Unida, André Abeledo, tentará acadar o apoio do resto dos grupos do consistorio para condenar o xenocidio en Palestina


Unha moción polo recoñecemento do estado Palestino, para o Pleno do Concello de Narón. - O concelleiro de Esquerda Unida, André Abeledo, tentará acadar o apoio do resto dos grupos do consistorio para condenar o xenocidio en Palestina. - André Abeledo preguntase. Por que o Estado Español segue sen recoñecer ao Estado Palestino?

Nos acordos da Moción EU Narón pide o apoio do consistorio a catro puntos:

1.- Instar ao Goberno Central a mostrar a súa oposición a decisión unilateral dos EE.UU. de recoñecer Xerusalén como capital de Israel.

2.- Instar ao Goberno Central para que nos diferentes foros internacionais defenda o cumprimento por todas as partes das resolucións das Nacións Unidas.

3.- Instar ao Goberno Central ao recoñecemento do Estado Palestino.

4.- Que o Concello de Narón mostre a súa queixa por escrito ante a embaixada dos Estados Unidos en España pola decisión tomada en relación a capitalidade de Xerusalén.

André Abeledo fixo a seguinte declaración despois de coñecerse o recoñecemento por parte dos EEUU de Xerusalén como capital de Israel.

Hoxe en Palestina resistir é sobrevivir

Unha nova agresión contra o pobo palestino, unha nova traizón, outro abuso por parte do imperio ianqui  ao recoñecer a Xerusalén como capital de Israel. 

Donald Tump, o presidente dos EEUU, o desequilibrado extremista que goberna a bandazos a potencia militar máis poderosa do mundo, decidiu pasarse polos forros tódalas resolucións internacionais e recoñecer unilateralmente a Xerusalén como capital e territorio de Israel. 

Se cadra hoxe máis que nunca podemos ver claramente ata que punto o sionismo controla as decisións políticas de Washington.

Esta decisión amosa claramente a Trump como un títere do sionismo e valedor dos intereses de Israel en Oriente Medio.

Esta terrible decisión que fará que unha vez máis se reguen as rúas de Palestina con sangue inocente, é unha humillación máis para un pobo tan torturado como o palestino e tamén un insulto a tódolos organismos internacionais.

Os EEUU amosan que a nin sequera pensan facer o paripé de respetar certos límites, a nova administración non respetará nada, nin tratados internacionais, nin soberanías nacionais.

Quen responderá por tóldala sangue que se vai a derramar pola decisión dun Presidente que despreza a vida humana?.

Ninguén dirá nada polos nenos que van a ser asasinados, por todos os detidos e torturados, polas familias desfeitas, polas casas demolidas, polas detencións arbitrarias.

A comunidade internacional volverá a dar as costas ao horror?.

Outra vez a comunidade internacional permitirá o xenocidio dun pobo?.

Non podemos gardar silencio ante a barbarie, os pobos non obedeceremos as ordes do Imperio. Si os gobernos calan e outorgan, os pobos debemos berrar e apoiar a resistencia do pobo palestino.

Hoxe en Palestina sobrevivir é resistir.

Grupo Municipal de EU Narón

Texto da Moción. | Acceder/Baixar.

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
18 de dezembro de 2017 20:15

____________________

luns, decembro 18, 2017

XVII Mostra de Curtometraxes 2017, o s días 20, 21 e 22 de decembro, ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán - Programa


XVII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2017


20, 21 e 22 de decembro de 2017.
Ás 19 h. no #AteneoFerrolán

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 1 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Os días 20, 21 e 22 de decembro de 2017, levarase a cabo a XVII MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.

A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

GRAZAS POR PARTICIPAR!
Participa e Difunde!

PROGRAMA XVII MOSTRA DE CURTAS DO ATENEO FERROLÁN 2017

Día 1 - Mércores 20 de decembro 19.00 horas
(Duración total da sesión 1h 10 m aproximadamente)

MANDARINAS (4'09'') de Beatriz M. Tabasco
FUMANDO ESPERO (14') de jJ. A. Blanco.
PASATEMPS (8'22'') de Ferrán Bex.
LA MADRINA (9'30'') de Pedro Sancho
HUELLAS (13') de Rubén de Marina.
BASURA (5') de Juan Silva
MAELSTRON (3') de Carlos Gómez Trigo.
CIRILO (13'10'') de

Día 2 -  Xoves 21 de decembro 19.00 horas
(Duración total da sesión 1h 13m aproximadamente)

LA MUJER DEL ESPEJO (3'40'') de María Barragán.
SONRÍE (3'30'') de Pablo Vara.
PIGMALIÓN (5'15'') de Enrique Bernal.
LA LECCIÓN (13') de Hugo Gómez
DEFUNCIONARIO (17'22'') de Wiro Berriatúa
3 GRAMOS DE FE (14'35'') de José A. Campos
TOC TOC (17') de Daniel Veira

Día 3 - Venres 22 de decembro 19.00 horas
(Duración total da sesión 1h 12m aproximadamente)

MATERIA PRIMA (3'46'') de Natalia Porca
O CARTAZ (3'25'') de Andrés Castro
PLACIDEZ (16') de Luis Miranda
TOMASITO (12') de Ignacio F. Rodó
FRAMED (11') de Mario Pinzón
UN MINUTITO (8') de Javier Macipe
COMA Y BEBA (14') de Jaime Figueroa
(DES)FRAGMENTACIÓN (3'32'') de Luis Miranda

Programa en formato Odt. | Aceder/Baixar.

E para os cinéfilos, lembrar que temos tódalas curtas de tódalas edicións na filmoteca 📽️ da @biblioateneo.

Evento no noso facebook:
https://www.facebook.com/events/124500624881854/

Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza) | Buscanos en Twittere, Facebook.
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
17 de dezembro de 2017 13:31

______________

domingo, decembro 17, 2017

Como axudo a Antón? Un conto contra o acoso escolar, escrito por Jorge López Penas e o seu fillo Martín, de 13 años, xunto ao asesoramento da psicóloga Isabel Ponte e Eva Rieiro que o ilustrou, todo un traballo para o debate coas máis pequenas, crianzas de 6 a 12 anos


Como axudo a Antón?

Un conto contra o maltrato escolar, o chamado bullying, escrito por Jorge López Penas e o seu fillo Martín, de 13 años, xunto ao asesoramento da psicóloga Isabel Ponte Rey e Eva Rieiro que o ilustrou. Todo un traballo para o debate coas persoas máis pequenas, crianzas de 6 a 12 anos.

Presentación do conto polos autores e colaboradoras - Foto de Sangiao

A obra colectiva, narra en diferentes escenas, distintos tipos de acoso escolar. As persoas non son humanas, intenta-se presentar as historias desde distintos animais como personaxes principais á hora de aborda o acoso.

Eva Rieiro no instagram: eva_rieiro (Eva Rieiro).

Isabel Ponte Rey é licenciada en Psicololoxía Clínica e Intervención en Psicoloxía Evolutiva e da Educación e Terapeuta Familiar, pola Universidade de Santiago de Compostela. | Facebook.

Conta de facebook de Jorge López Penas.


Unha presentación nas aulas de educación infantil do CEIP Barouta. | Ir á Web. | E no CEIP Agro do Muiño, a 4º, 5º e &º de Primaria. | Ir á Web. | Concello de Ames.
___________

sábado, decembro 16, 2017

A Plataforma entrega os Recursos contra o acordo do Pleno do Concello de Ferrol que rescatou a Taxa de Depuración do PP de 2014 - Unha Taxa que todos os grupos municipais recoñecen que é inxusta, por estar avultada e conter conceptos que non poden ser obxecto de cobro nunha taxa - Vídeo e Fotos - Enlaces ao texto do Recurso e a como presentan a nova os medios


A Plataforma entrega os Recursos contra o acordo do Pleno do Concello de Ferrol que rescatou a Taxa de Depuración do PP de 2014. Unha Taxa que todos os grupos municipais recoñecen que é inxusta, por estar avultada e conter conceptos que non poden ser obxecto de cobro nunha taxa, como o do financiamento do saneamento do rural. Ademais de estar comprobado, non só polos propios estudos da Plataforma, senón que polos propios informes da mesma Emafesa, de Audigal, de Augas de Galicia e do Enxeñeiro Municipal. Por estar baseada nun Convenio (Encomenda) recorrido polo Concello de Narón. Os mesmos informes técnicos da Plataforma sitúan a Taxa do PP (agora habilitada), o dobre de cara por estar baseada nun contrato eléctrico onde a potencia contratada é moi superior á necesaria, por avultar as estimacións de consumos eléctricos e por avultar desproporcionadamente os caudais a depurar. Por outra banda está a diferencia (un 30% menos) nos custes de explotación a maiores do que se lle chama saneamento en alta (interceptores, colectores, tanques de tempestade, impulsores e alivios), que lle foi adxudicado a Viaqua. Todo isto vai no recurso que agora está presentado.

* Achegamos o modelo de recurso de reposición en formato pdf. | Acceder/Baixar.


https://youtu.be/MgssVgSjNlg





Porque presentamos o Recurso contra a habilitación da Taxa de depuración do Partido Popular de 2014. | Ir á Web.

* Achegamos o modelo de recurso de reposición en formato pdf. | Acceder/Baixar.

A nova segundo algúns medios locais:

20171216 - AUGA | La Voz de Galicia. | Presentan preto de 200 recursos para solicitar a anulación da taxa de saneamiento. | A Plataforma pola Remunicipación trata de tombar o acordo plenario do 15 de novembro. | C.L. Carmela López Ferrol 16/12/2017 05:00 h. | Membros da Plataforma pola Remunicipalización de Servizos presentaron onte no rexistro do Concello de Ferrol preto de 200 recursos de reposición contra o acordo do pleno do pasado 15 de novembro polo que se reactivou a taxa de saneamento que se aplicaba desde o anterior mandato do PP e que o goberno actual suspendera en setembro do 2015. | Ir á Web.

20171216 - AUGA | Diario de Ferrol. | A Plataforma entrega un recurso de reposición contra a taxa de depuración do saneamento. | O colectivo presenta 155 apelacións no rexistro do Concello ante unha medida que consideran "inxusta". | Redacción Ferrol 16 de Decembro de 2017 (00:00 h.). | A "Plataforma na Defensa dúas Servizos Públicos, pola Remunicipalización" presentou onte no rexistro do Concello de Ferrol 155 recursos de reposición contra a Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola depuración de augas residuais. Un dos portavoces deste colectivo, Alexandre Carrodeguas, xustificou o acto debido á existencia dunha taxa "inxusta, non transparente e opaca e por iso a recorremos; non pódese cobrar unha taxa con carácter retroactivo, que non conta con memoria económica e que entendemos que os veciños non a poden pagar", alegou.| Ir á Web.

20171215 - AUGA | Galicia Ártabra Digital. | La Plataforma por la Remucipalización presentó el recurso de reposición de la suspensión de la tasa de saneamento. | 15 diciembre, 2017. | Na mañá do venres os integrantes da Plataforma pola Remunicipalización entregaron no rexistro do Concello de Ferrol unha parte das firmas presentadas para o recurso de reposición da suspensión da taxa de saneamiento, sendo o vindeiro luns o último día para poder realizalo. | Ir á Web.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces  |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es
____________

xoves, decembro 14, 2017

O responsábel máximo da situación desolada da xestión do sistema de saneamento de Ferrol e Narón, Augas de Galicia, pon-se por arriba do ben e do mal e considera-se mediador nun conflito entre dúas administracións, os concellos de Ferrol e Narón - Pasamos dun requirimento de Narón moi ben elaborado e argumentado, centrando o asunto no seu punto real a unha suposta mediación impresentábel

Roberto Rodríguez, director de Augas de Galicia, nun momento da reunión,
celebrada na Coruña, este mércores 13 de decembro de 2017

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, viamos con preocupación á convocatoria dunha reunión a tres bandas entre Augas de Galicia, Concello de Narón e Concello de Ferrol. A experiencia dicía-nos que cada vez que o Alcalde de Ferrol acude a unha reunión con Augas de Galicia, é para acabar representando os intereses da parte privada de Emafesa (Socamex), e non os da cidadanía de Ferrol. Por varias veces acudiu coa idea de devolver o sistema de depuración e saneamento a Augas de Galicia, e volveu cunha axenda cargada de compromisos favorecedores da parte privada que xestiona Emafesa, de xeito opaco, irregular e de dubidosa legalidade.

Foi por iso que a principios de semana, solicitamos entrevistar-nos coa Alcaldesa de Narón e tamén co Alcalde de Ferrol, para expoñer-lles a nosa preocupación e propostas, ante a xuntanza a tres bandas. Mais esta última xuntanza, tivo lugar antes de que responderan ás nosas peticións desde os gabinetes dos respectivos concellos. Aínda así insistiremos en manter esas xuntanzas solicitadas.

Desde a Plataforma insistimos, e así faremos-llo chegar nas entrevistas solicitadas a Jorge Suárez e Marian Ferreiro, que con Augas de Galicia só hai que achegar un punto na orde do día: a devolución do sistema de saneamento e depuración aos seus responsábeis (Augas de Galicia). Canto máis se alonga o proceso polo que o goberno de Jorge Suárez, xunto ao Partido Popular e CD,s, intenta aumentar o volume de negocio, e sanear irregularmente as contas da empresa mixta Emafesa, máis incumprimentos legais aparecen enriba da mesa, entre estes, e para engadir á longa lista do denunciado nos comunicados desta Plataforma, a Lei de Contratos Públicos (artigo 24).


A continuación os titulares da nova da reunión a tres bandas, na web oficial de Augas de Galicia. Estes titulares pretenden ser os resumos, desde o punto de vista do ente público empresarial, desta xuntanza que tivo lugar onte mércores, 13 de decembro de 2017, n'A Coruña.

"Augas de Galicia facilita un principio de acordo entre Ferrol e Narón para a explotación do saneamento da marxe norte da ría".

"O director do ente público mantivo hoxe unha xuntanza de traballo cos alcaldes de ambos municipios co obxectivo de desbloquear a situación".

"Segundo o borrador de convenio que lles entregou Augas de Galicia, os dous concellos sufragarían a partes iguais os custes de explotación do sistema mentres a xestión non sexa asumida por parte da Mancomunidade".

"As tres administracións danse un prazo duns días para analizar o documento e pechar os últimos flecos antes de iniciar a tramitación do convenio definitivo"

O colmo do despropósito, o responsábel máximo da desoladora situación da xestión do sistema de saneamento de Narón e Ferrol, Augas de Galicia, pon-se por arriba do ben e do mal considerando-se mediador nun suposto conflito entre dúas administracións, os concellos de Ferrol e Narón. É a prolongación da desolación na que estamos por incapacidade e inacción do Alcalde Jorge Suárez e a irresponsabilidade e manobras políticas de Augas de Galicia. Ademais nun día no que se publican as contas de Emafesa, onde presentaba a finais de 2016, un déficit no balance, entre perdas e débedas, próximo aos 7 millóns de euros. Non nos queremos nin imaxinar a situación a día de hoxe. Toda unha grande irresponsabilidade.

Pasamos dun requirimento de Narón a Augas de Galicia e ao Concello de Ferrol, moi ben elaborado e argumentado, centrando o asunto no seu punto real, a unha "mediación", nun suposto conflito, cuxo maior responsábel é o propio mediador (Augas de Galicia). Xa pode conservar ben Alberto Nuñez Feijóo, ao encantador de serpes, Roberto Rodríguez, Director de Augas de Galicia, a verdade que é "Puro Ouro de Lei", para defender os intereses e as políticas neoliberais, porque está demostrando que é capaz de converter a auga en viño.

Di o propio ente da Xunta: "Augas de Galicia e os concellos de Ferrol e Narón chegaron hoxe a un principio de acordo respecto do financiamento dos custos de explotación do sistema de saneamento da marxe norte da Ría ferrolana. No transcurso dunha reunión celebrada en A Coruña, o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, trasladoulles ao alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e á alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, un borrador de convenio no que se establecen e regulan as condicións segundo as cales ambos municipios asumirán, a partes iguais, os custes de mantemento deste sistema". Debe conter algún erro esta afirmación de partes iguais, pois até o de agora o acordo político, estaba entre o 70% que asumía Ferrol e o 30% que asumía Narón.

Roberto Rodríguez entregou-lles, "un borrador de Convenio", outro máis, unha verdadeira tomadura de pelo. Mentres, a empresa mixta de augas de Ferrol desangra-se por todas partes, e a samesuga de Socamex (a parte privada), está preparada para abandonar o buque, despois de facer todos os amaños para demandar unha forte indemnización. Todo isto co noso Alcalde, Jorge Suárez, asesorado por os habilitados estatais (Secretario e Interventor) e pola súa sospeitosa asesoría xurídica externa (ao menos no caso do Contrato eléctrico), sita no bufete "Lama&Asociados", dados en "ameazar" a concelleiros e concelleiras con responsabilidades penais, perigo do patrimonio persoal... nas que poden incorrer si votan en contra de determinados intereses, bufete que tamén asesora oficialmente a Emafesa.

Sigue dicindo Augas de Galicia, "o acordo alcanzado e no que Augas de Galicia asumiu un papel de mediación, terá só carácter temporal, xa que o convenio estará vixente ata que a Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrolterra asuma directamente a explotación e mantemento do saneamento da marxe norte da ría, un compromiso adquirido no seu día polo ente supramunicipal". Esta é a perla da interpretación do tratado na reunión a tres bandas: "acordo alcanzado" e "papel mediador". Balóns todos fora, deixando claro que para nada é responsábel, e deixando todo sen data, vamos como estaba. Por certo, a Mancomunidade o que encargou polo de agora foi só un estudo das posibilidades de constitución dun ente supramunicipal, non a súa constitución.

Augas de Galicia, continua interpretando o que nesa reunión aconteceu, "así mesmo, Roberto Rodríguez e os alcaldes de Ferrol e Narón acordaron darse un prazo duns días para pechar os últimos flecos pendentes e dispoñer canto antes do convenio definitivo para poder iniciar a tramitación que corresponda por parte das tres administracións". Mais dilación, para intentar materializar unha ilegalidade, como deixar en mans de Emafesa o sistema de depuración, unha empresa que non pode considerar-se medio propio, segundo a lexislación vixente, e sobre todo na situación económica na que se atopa con millonarias débedas e perdas patrimoniais e contas sen aprobar. Desde o noso punto de vista unha situación insalvábel. Parece que Roberto Rodríguez, pretende dilatar o asunto até que non haxa posibilidade de rectificación e chegar nas proximidades das vindeiras eleccións municipais (Maio de 2019), a un grado de deterioro moi custoso a nivel social, político e sobre todo económico. Participando deste xeito, o citado director de Augas de Galicia, na estratexia elaborada polo ferrolano Miguel Tellado (Secretario Xeral do PP de Galicia), de utilización de todos os medios postos ao seu servizo (institucionais, mediáticos, orzamentarios,...) para o acose e deterioro da vida institucional onde quen goberna non é o Partido Popular.

Agora cumpre agardar non só a versión de Marián Ferreiro e a de Jorge Suárez, senón a posición dos respectivos gobernos municipais e logo o debate en Plenos.


Entrega do Recurso contra a Taxa do PP

E aproveitando, mañá venres 15 de decembro, ás 12 do mediodía, vemo-nos no rexistro do Concello de Ferrol, entregando o noso Recurso de Reposición, contra a habilitación da Taxa do Partido Popular, por parte do Pleno.


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces  |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es

---

De fondo Reganosa: Accidente mortal nunha planta de gas natural licuado (GNL - LNG) en Austria - Polo menos unha persoa morreu, e outras 18 resultaron feridas, cinco delas graves, nunha explosión na terminal de gas Baumgarten do consorcio petrolero austríaco OMV na localidade de Weiden an der March, no leste de Austria.



Os accidentes suceden (Bhopal-1984, Senghenydd-1913, Chernobyl-1986,  Oppau-1921, Savar-2013, ... ) , miles e miles deles, imprevisíbeis, o factor técnico e tamén o humano, forman parte das causas, é por iso que a prevención forma parte fundamental da seguridade, é unha planta de gas como a de Reganosa, construída con favoritismos do poder, onde nunca se debeu construír. Encostada a unha planta química (Forestal del Atlántico) que almacena ducias de miles de toneladas de produtos tóxicos e altamente inflamábeis, cunha central eléctrica e unha fábrica de colas (Imegasa), a moi poucos metros do núcleo de poboación de Meá, a 700 metros da vila de Mugardos, a 1.000 do Arsenal Militar e a 2000 do Centro de Ferrol, non é unha planta segura, porque non respecta o principio da prevención, localizando-se a poucos metros dos núcleos de poboación. Unha regasificadora que aumenta exponencialmente o seu perigo, sempre que descarga ou carga un buque o gas natural licuado. Agora pretenden facer un Hub, como o grande avance no seu negocio, cando o que realmente suporía, no caso de funcionar, só un aumento do potencial perigo. Este accidente en Austria, ven chamar a atención da bomba de reloxería que nos impuxeron no corazón da nosa Ría. Despois de catro sentenzas en contra da regasificadora de Mugardos, o goberno español, daquela en funcións, resolveu eximir a Reganosa da avaliación de impacto ambiental, para non ter que cumprir as sentenzas do Tribunal Supremo. O Comité Cidán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, sigue na loita contra este despropósito gasista.

Accidente mortal de GNL en Austria

Polo menos unha persoa morreu o martes 12 de decembro, e outras 18 resultaron feridas, cinco delas graves, nunha explosión na terminal de gas Baumgarten do consorcio petrolero austríaco OMV na localidade de Weiden an der March, no leste de Austria.

Unha explosión dunha tubaxe e o posterior incendio na planta de gas de OMV en Baumgarten.

Desgraciadamente estas noticias fannos ter presente a situación de risco permanente a que nos vemos abocados nesta comarca, “grazas” á Planta de Gas de REGANOSA dentro da nosa ría, incumprindo as máis elementais medidas de seguridade coa complicidade das Administracións.

Tivo lugar este accidente na localidade de Weiden an der March, ao Leste do país, na fronteira con Eslovaquia.

A forte explosión causou danos importantes na terminal e provocou un importante incendio en seis edificios, subindo a temperatura varios centenares de graos -segundo os bombeiros- derretendo automóbiles nas inmediacións e causando enormes columnas de fume visibles desde Viena a 26 km.

A zona foi acordoada nun amplo perímetro, acudindo 150 bombeiros, varios helicópteros e numerosas ambulancias medicalizadas.

A terminal de Baumgarten é o principal centro de distribución en Austria para o gas que chega de Rusia e Noruega. Esta infraestrutura inaugurada en 1959 é un dos máis importantes "hub" gasísticos de Europa central, Dá servizo tamén ao norte de Italia e o sur de Alemaña e outros paises do Leste.

A consecuencia do accidente foi posta temporalmente fóra de servizo e suspendeuse a subministración.

A noticia da explosión provocou un aumento dos prezos nos mercados europeos ante o temor de posibles recortes e restricións na subministración en pleno inverno.

A nova: Gasexplosion im Weinviertel: Ein Toter, Brand nach Stunden gelöscht | Ir á Web.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de dezembro de 2017 20:44

_______________

mércores, decembro 13, 2017

A eurodeputada galega Lídia Senra, lamenta o novo golpe que a UE asesta á pesca artesanal e de baixura no reparto dos TACs e acusa á UE de executar unha distribución que afonda na penuria dun sector que representa o 80% dos barcos galegos'


Senra lamenta o novo golpe que a UE asesta á pesca artesanal e de baixura no reparto dos TACs. | Os recortes para 2018 para a pescada ibérica ou xurelo son “un novo capítulo no desleixo da UE cara a frota de pequena escala” | A eurodeputada acusa á UE de executar unha distribución “que afonda na penuria dun sector que representa o 80% dos barcos galegos”.


A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ve no reparto dos Totais Admisibles de Capturas (TACs) para 2018 das especies pesqueiras do Atlántico e do Mar do Norte, acordado esta mañá en Bruxelas, unha mostra máis “do desleixo da UE cara a súa frota artesanal, de baixura e de pequena escala, que cada ano ten máis comprometido o seu futuro debido precisamente a topes de capturas cada vez máis exiguos malia que é este segmento da frota o que xera máis emprego nas vilas costeiras”.

O consello de ministros da Pesca da UE acordou recortar para 2018 TACs tan vitais para a frota como a pescada de augas ibéricas (-12%) ou o xurelo (-24%) e a anchoa (-20%)  da zona IXa, ao sur de Fisterra. “Son en boa parte especies que sufriron recortes nos últimos anos, como é o caso da pescada, ou das que dependen gran cantidade de barcos, caso do xurelo capturado polos cerqueiros, que ademais teñen enriba a ameaza do peche da pesca de sardiña ibérica -que tamén afectaría moi gravemente ao sector artesanal do xeito- e unha rebaixa do 20% nas capturas da xarda”, lembrou Senra, membro da comisión de Pesca do Parlamento Europeo.

Ano tras ano, o Consello fixa unhas toneladas de captura que afondan na penuria do sector artesanal e a pequena escala, que representa o 80% dos barcos galegos. Cada ano, polo tanto, os ministros de Pesca da UE deciden a asfixia da gran parte da frota do noso país facendo a vista gorda sobre o artigo 14 do regulamento da Política Pesqueira Común, que establece que os criterios socioeconómicos deben pesar no reparto de TACs. Non parece que esta UE pense niso ao fixar unhas posibilidades de pesca nas que sempre acaba gañando a gran pesca industrial en detrimento dos postos de traballo das nosas vilas pesqueiras”, lamenta a eurodeputada.

Ademais, Senra urxe a revisar o chamado “principio de estabilidade relativa”, un criterio “moi pouco transparente que consolida a inxustiza no reparto de TACs conforme a capturas históricas e que aboca a todo un sector á ruína”. A mensaxe que a UE envía ano tras anos aos nosos mariñeiros e mariñeiras é a do abandono e non o podemos permitir. Senra sinala que “malia que a frota artesanal e de baixura é a máis selectiva e medioambientalmente sostible, cada decembro recibe a mala noticia dun novo recorte ou, no mellor dos casos, un pequeno alivio porque o recorte non foi tan drástico como propoñía a Comisión”.

Á situación da pesca artesanal e de pequena escala polos recortes acordados a escala comunitaria, Senra engade outros factores que “complican o día a día dos traballadoras e traballadoras do sector, como  a obriga de desembarque, que non debería converterse nun custo adicional para os mariñeiros e mariñeiras”.

A eurodeputada chamou ao goberno do Estado, encargado de distribuír as cotas entre os segmentos de frota, a que as artes menores sexan prioritarias en dito reparto. “As baixadas que impoñen os gobernos da UE non poden pagalas as mariñeiras e mariñeiros da frota artesanal e de pequena escala cos seus postos de traballo”, recalcou.

Bruxelas, 13 de otubro, de 2017

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

lidia.senra@europarl.europa.eu

http://ageuropa.gal/

https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
13 de dezembro de 2017 19:05

________________

Porque presentar o Recurso contra a habilitación da Taxa de depuración do Partido Popular de 2014 - Imos a entrega-lo o venres 15 de decembro ás 12 do mediodía no rexistro do Concello - Participa, ven con nós !


martes, decembro 12, 2017

Declaracións da eurodeputada galega Lídia Senra: Pregunta dirixida á Comisión Europea en relación ao control público das vacinas


Declaracións da eurodeputada Lídia Senra: Pregunta dirixida á Comisión Europea en relación ao control público das vacinas.  | Declaracións da eurodeputada galega Lídia Senra. |Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).


A pregunta dirixida á Comisión Europea o pasado mes de agosto, non vai de vacinas si/ vacinas non”. Vai de que se garanta a transparencia, a información, de que os poderes públicos garantan a seguridade fronte ao poder dos laboratorios, e da non obrigatoriedade no contexto europeo (cousa que non é diferente ao que xa existe no Estado Español).

[Texto íntegro]

Respeto moito as diversas opinións e críticas que xurdiron con motivo desta pregunta, e ao mesmo tempo quero aproveitar para agradecer profundamente as mostras de solidariedade”.

Ámbalas dúas cousas (as críticas e a mostras de solidariedade) son un valioso estímulo para seguir preguntando á Comisión Europea; cousa que seguirei facendo. Penso que non se pode ter medo a facer preguntas”.

Eu seguirei preguntando e seguirei traballando para que as decisións políticas que afectan á saúde e á seguridade de todos os medicamentos non estean condicionadas polos intereses das farmacéuticas. Seguirei traballando para demandar investigación pública, e que as Administracións públicas sexan o garante de que o único que vai primar á hora de tomar decisións sexa a saúde”.

Isto é algo que levo facendo neste Parlamento desde o primeiro momento, cando en outubro do 2014 no marco da posta en marcha da actual Comisión Europea me dirixín ao Presidente Juncker para que a Axencia Europea do Medicamento permanecera na Dirección Xeral de Saúde e Consumo e non na Dirección Xeral de Industria,  como pretendían”.

[Texto íntegro]

Dende a miña responsabilidade como deputada no Parlamento Europeo, seguirei traballando na defensa da sanidade pública fronte as política neoliberais que está poñendo en marcha o Partido Popular para privatizalas. Cando o PP lanzou fai uns días este ataque contra min, repito, por unha pregunta rexistrada no mes de agosto, seguramente pensou que lle podería servir para tapar o debate, o malestar social  sobre o deterioro da sanidade e a falta de medios, e  as mobilizacións que está habendo na Galiza na defensa da Sanidade Pública”.

Queremos investigación pública e control público na Sanidade. Nas vacinas, nos medicamentos, nos tratamentos, na investigación...  A saúde é un dereito polo que temos que loitar con todas as nosas forzas. Estas foron as miñas razóns para preguntarlle á Comisión Europea pola información e o control público sobre as vacinas”.

Estrasburgo, 12 de Decembro de 2017
---
Lídia Senra Rodríguez. | Eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

lidia.senra@europarl.europa.eu     

Máis información:
http://ageuropa.gal/

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
12 de dezembro de 2017 19:37

________________

'O sistema de protección de menores de Galiza a análise', V Xornada Agamme: sábado 16 de decembro, no Ateneo Ferrolán, entre as 9:00 e as 14:00horas


V Xornada AGAMME
“O sistema de protección de menores de Galiza a análise"

Sábado 16 de novembro
no Ateneo Ferrolán,
Horario: entre as 9:00 e as 14:00 horas
Acto: Aberto ao público en xeral.
AGAMME, Asociación Galega contra o Maltrato a Menores celebra a súa V Xornada sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia, baixo o título “o sistema de protección de menores de Galiza a análise”. O evento terá lugar o vindeiro sábado 16 no Ateneo Ferrolán, entre as 9:00h e as 14:00h, co obxectivo de poñer sobre a mesa a realidade dos nenos, nenas e adolescentes en situación de acollemento, nas súas distintas modalidades, e analizar cifras e lexislación actualizadas.

O primeiro relatorio correrá a cargo de Fernando Blanco Arce, avogado especialista en dereitos da infancia e membro do Observatorio para a Defensa dos Direitos e das Liberdades Esculca, que falará sobre a lexislación que establece os procementos e as características dos centros de menores. Expoñerá asimesmo a súa experiencia profesional como avogado da quenda de menores e como compoñente de Esculca.

A continuación tomará a palabra María José Alonso Abalde, Presidenta de AGAFEM, Asociación Galega de Acollemento da Familia Extensa do Menor. O seu relatorio versará sobre o traballo que a súa asociación vén realizando así como o punto de vista do colectivo respecto da forma en que se tramitan os acollementos de nenos, nenas e adolescentes en Galiza.

Pechará a rolda de relatorios Ana Mª Fernández Martínez, Doutora pola Universidade de Vigo dentro do programa “Menores en situación de desprotección e conflito social”. Presentará os datos e conclusións da súa tese doutoral a respecto do sistema de acollemento residencial en Galiza.

Á volta dun pequeno receso abrirase un debate no que as persoas relatoras e o público analizarán en común os temas que se trataron na mesa.

No mesmo acto presentarase tamén a exposiciónPlántalle cara ao abuso sexual. Rompamos o silencio”, un material didáctico orientado a alumnado de educación secundaria, para a prevención do abuso sexual, que a asociación poñerá a disposición daqueles centros que estean interesados.

Contacto:
agammeferrol@gmail.com
Estrela Gómez Viñas
Víctor M. López Casal

Enviado por:
Agamme
-agammeferrol@gmail.com
11 de dezembro de 2017 13:30

__________________

Esquerda Unida de Ferrol, no día Internacional da eliminación machista presenta: 'O amor romántico mata. A violencia machista na mocidade', este mércores 13 de decembro, ás 7 da tarde, no Ateneo Ferrolán


 O amor romántico mata.
A violencia machista na mocidade
Mércores 13.
19 hs Ateneo Ferrolán


Esquerda Unida Ferrol, ten o pracer de convidarvos ao acto: "O amor romántico mata. A violencia machista na mocidade", encuadradado nos actos do día Internacional da eliminación machista.

Os últimos datos, destacan un incremento dun 30% da violencia de xénero entre a poboación preadolescente e adolescente centrándose maioritariamente, no maltrato psicolóxico. Por elo é necesario rachar con mitos do amor romántico que se non se desenvolven dende unha relación sana, poden suponer un escenario de afecto tóxico.

Día: mércores 13 de decembro.
Hora: 19:00 hs.
Lugar: Ateneo Ferrolán.

Coa participación de:
- Lucía Fernández: psicóloga, psicoanalista e educadora familiar do Concello de Miño.
- Loreto Taibo: abogada e  membro da Executiva de Esquerda Unida.
- Alfredo Saborido; sexólogo.
--
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda

www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
12 de dezembro de 2017 22:14

____________________________