venres, abril 20, 2018

O Club de Prensa de Ferrol, presenta no Ateneo Ferrolán, o venres 20 de abril a proxección do documental, dirixido por Rosario Sarmiento ‘ARTE+MULLER+GALICIA’, que achega o papel clave das mulleres na arte contemporánea galega


Proxección Documental ARTE+MULLER+GALICIA


O Club de Prensa de Ferrol, presenta no Ateneo Ferrolán o venres 20 de abril , ás 8 da tarde, a proxección do documental ‘ARTE+MULLER+GALICIA’, que achega o papel clave das mulleres na arte contemporánea galega

O documental, dirixido por Rosario Sarmiento, foi un dos proxectos galardoados no I Concurso de Ideas ‘Luísa Villalta’ de Iniciativas Culturais pola Igualdade, convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña

O filme fai un percorrido pola vida e obra de diferentes xeracións de artistas e conta co relato en primeira persoa de creadoras como Fina Mantiñán, Rosalía Pazo, Elena Colmeiro, Berta Cáccamo, Soledad Penalta, Mónica Alonso, María Xosé Díaz, Almudena Fernández Fariña, Menchu Lamas e Tatiana Medal. A proxección do documental seguirá un coloquio sobre as circunstancias da muller na arte.

Este documental expón un achegamento ao traballo daquelas artistas mulleres cuxa obra result​a fundamental para entender o desenvolvemento da hstoria da arte contemporánea en Galiza.

O feito de ser muller marcou para moitas delas p desenvolvemento da súa traxectoria profesional e, sobre todo, a súa presenza e protagonismo nos espazos de poder e decisión.

Máis info: Acceder/Baixar.

Evento no facebook.

#AteneoFerrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
Facebook
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
19 de abril de 2018 12:49

________________

xoves, abril 19, 2018

Hoxe, despois de moitas emocións, é un día de agradecementos, ... Carta de despedida de Juventino Trigo como Alcalde de Fene,


Hoxe, despois de moitas emocións, é un día de agradecementos.

Moitos sentimentos encontrados. Vergoña allea por algúns personaxes que non merecen ser mencionados, e ao mesmo tempo unha enorme satisfacción polo apoio de moita xente e mostras de cariño recibidas.

Para as persoas que poidan ter interese, aquí transcribo o meu discurso de hoxe na moción de censura. Moitas grazas.

Quero aproveitar estes minutos para agradecer, en primeiro lugar, a todos os membros que compoñen este goberno o seu esforzo e dedicación. Podo dicirvos que non é fácil gobernar en minoría, e moito menos cando a oposición se dedica constantemente a entorpecer e a paralizar a boa marcha do traballo municipal, presentando mocións de censura e xudicializando a política. Facer que Fene funcione ben, con transparencia, con calidade democrática e coa atención aos veciños como prioridade supón moitas horas de dedicación e moitas horas roubadas á vida persoal e familiar de cada quen. Así que, moitas grazas compañeiras e compañeiros, foi un pracer traballar con vós.

Tamén quero agradecer o traballo de todo o persoal municipal, de todas as áreas e departamentos, dado que un goberno en minoría non podería funcionar sen o esforzo de todas as persoas que cada día levan adiante o traballo municipal. Foi tamén un pracer compartir xornada con todos e todas elas.

Hoxe é un día triste para Fene. É un día triste para Fene porque hoxe, por primeira vez na historia deste pobo, vaise materializar unha moción de censura na que conflúen os factores máis noxentos da vida política: compra de vontades, traizón á veciñanza e corrupción lexitimada por un auto xudicial sen precedentes que xudicializa a vida política para favorecer unha volta atrás na senda de boas prácticas, transparencia, traballo e atención ás necesidades sociais que entre todos acadamos nestes últimos anos.

O noso traballo a partir de agora, desde a oposición, será o de facer o que sempre facemos no BNG: defender os intereses das maiorías sociais, dos máis desfavorecidos e da veciñanza en xeral, tratando de impedir e denunciando publicamente calquera movemento que se pretenda realizar en beneficio de outros intereses.

Deixamos unha institución municipal saneada, eficaz, e que paga puntualmente os seus provedores. Centos de miles de euros investidos en obras e infraestruturas moi necesarias para Fene, e outros tantos preparados para novos investimentos. Deixamos o goberno municipal coa cabeza BEN ALTA, coa sensación do deber cumprido, e coa perspectiva posta nas vindeiras eleccións municipais, nas que o pobo terá de novo a palabra e estou ben seguro de que porá a cada quen no lugar que lle corresponde.

Foi un pracer e un orgullo ser o alcalde do meu pobo.

Nada máis e moitas grazas.

Fene, a 6 de abril, de 2018

Juventino Trigo

https://www.facebook.com/juventino.trigo

Foto: Pleno de moción de censura en Fene. | De Mero Barral para Ferrol360.

Máis info. | Ir Buscador.
________________

A CIG empraza a UGT e CCOO a abrir o debate para a convocatoria inmediata dunha folga xeral - Paulo Carril: É o momento de dar unha resposta contundente na defensa dos nosos dereitos e dun futuro digno para a clase traballadora - A caída dos salarios e a precarización constante pola proliferación de novas formas de explotación laboral esixe dunha folga xeral - É a resposta necesaria ante ao intenso retroceso das condicións de vida que padece a clase traballadora


A CIG empraza a UGT e CCOO a abrir o debate para a convocatoria inmediata dunha folga xeral. | Paulo Carril: "É o momento de dar unha resposta contundente na defensa dos nosos dereitos e dun futuro digno para a clase traballadora". | A caída dos salarios e a precarización constante pola proliferación de novas formas de explotación laboral esixe dunha folga xeral. | É a resposta necesaria ante ao intenso retroceso das condicións de vida que padece a clase traballadora.


A CIG remitiu este mércores unha carta ás direccións de UGT e CCOO en Galiza e ás súas respectivas direccións estatais emprazando a ambas centrais sindicais a iniciar un debate serio e sosegado no que analizar as propostas reivindicativas e un calendario de actuacións que leven á convocatoria inmediata dunha folga xeral na defensa dos nosos dereitos e dun futuro digno para a clase traballadora.

Para a CIG este é o momento de acumular forzas, intensificar a mobilización e dar unha resposta contundente que, ao igual que se fixo en 2012 coa convocatoria de dúas folgas xerais masivas, obrigue ao PP a retroceder nas súas posicións antisociais e antiobreiras. Con este obxectivo, a central nacionalista iniciou un debate interno arredor da convocatoria de folga xeral que levou á celebración, durante a pasada semana, de asembleas de delegados e delegadas en todas as comarcas, como primeiro paso para trasladar o debate aos centros de traballo.

Nesta proposta que a CIG remite a UGT e CCOO, recóllese tamén o clamor dos milleiros de persoas que o domingo 15 de abril saíron ás rúas nas manifestacións e concentracións realizadas ao longo de toda Galiza, e que demandaron unidade sen fisuras na defensa dos sistema público de pensións. A participación nesta xornada de protesta evidencia que a clase obreira galega reclama que se loite para lograr a derrogación das reformas das pensións de 2011 e 2013, das reformas laborais e das negociación colectiva.

Por iso, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, apela aos secretarios xerais de UGT e CCOO a abrir un debate no seo das súas respectivas organizacións, intensificar a mobilización social e camiñar cara a convocatoria dunha folga xeral "conscientes do que significa, pero no convencemento de que é a resposta necesaria ante ao intenso retroceso das condicións de vida que padece a clase traballadora".

Situación de empobrecemento xeneralizado

A este respecto, Carril advirte que nesta última década, baixo a escusa da "estafa social" denominada crise económica, os diferentes gobernos do Estado e de Galiza intensificaron a aplicación das políticas neoliberais que, lonxe de seren medidas conxunturais, como se nos asegurou, van camiño de consolidar unha situación social de empobrecemento xeneralizado.

E canto máis tempo se manteñan en vigor as reformas laborais e da negociación colectiva impostas en 2010 e 2012; as reformas do sistema público de pensións de 2011 e 2013; a privatización continuada dos servizos públicos e o recorte dos dereitos e liberdades públicas e democráticas -nomeadamente a través da Lei Mordaza e da reforma do Código Penal-, "máis nos precipitaremos a esta grave situación".

"A caída dos salarios e a precarización constante e imparábel a través da proliferación de novas formas de explotación laboral, esixe dunha folga xeral que demostre a disposición de resistencia e de loita da clase traballadora pola recuperación dos nosos dereitos", subliña Paulo Carril. Mais tamén, engade, como a mellor defensa ante o deterioro das pensións e do sistema público de seguridade social e ante as próximas reformas que están a preparar no chamado Pacto de Toledo.

Neste senso, o secretario xeral lembra que as reformas de 2011 (contra da que a CIG convocou unha folga xeral en solitario) e a de 2013 supuxeron, entre outros retrocesos, a desvinculación do IPC na revalorización das pensións, a introdución do factor sustentabilidade, a ampliación dos anos para o cálculo da base reguladora, ou a extensión da idade de xubilación aos 67 anos. As consecuencias destas medidas son evidentes: dificultade para acceder a unhas prestacións dignas, caída xeneralizada da contía das mesmas e posta en cuestión da viabilidade do sistema público. O obxectivo tamén resulta evidente: deteriorar as pensións públicas para favorecer o negocio dos sistemas privados de pensións.

Se queremos evitar o risco de vivir en peores condicións que as xeracións anteriores, a clase traballadora ten que afrontar o desafío de intensificar a mobilización. Como CIG decidimos actuar, acreditando no potencial e a capacidade de loita da clase obreira, que ten na súa man unha ferramenta fundamental: a folga xeral”, conclúe Paulo Carril.

Fonte: Avantar.
__________

De fondo Reganosa: de novo o gas natural licuado (GNL/LNG) pegou un patinazo nas estatísticas da Autoridade Portuaria nas comparativas do mes de marzo, pois o tráfico de graneles líquidos (137.455,1 toneladas) caeu un 22,69 %


A AUTORIDADE PORTUARIA CONSEGUE O TERCEIRO MELLOR MARZO DA SÚA HISTORIA EN TRÁFICO DE MERCANCÍAS


As empresas que operan nos peiraos de Ferrol e San Cibrao moveron o mes pasado un 9,9 % máis de carga que no mesmo período do ano anterior. | A institución retoma a senda do crecemento e cumpre dese modo o seu obxectivo estratéxico de rexistrar un millón de toneladas mensuales. | A estiba e desestiba de granel sólido dispárase case un 15 % e compensa con fartura o retroceso experimentado polos líquidos.

As empresas que operan nas instalacións da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao moveron o mes pasado algo máis de 1,3 millóns de toneladas, un 9,9 % máis que no mesmo período do ano anterior. En tráfico de mercancías, devandito dato converte a leste de 2018 no terceiro mellor marzo da historia da institución, por detrás do de 2014 e case á vez do de 2012, como mostra a gráfica que ilustra esta información.

Nos peiraos da Autoridade Portuaria rexistrouse o mes pasado un movemento de 1.300.057 toneladas de mercancía, segundo datos provisionais. Nos de Ferrol a actividade aumentou en 18,71 puntos porcentuais, mentres que nos de San Cibrao descendeu un 4,05 %.

No global, o tráfico de granel líquido (137.455,1 toneladas) caeu un 22,69 % e o da mercancía xeral (45.012,9), outro 14,7 %, pero o de granels sólido (1.115.186,21), que é o máis importante, progresou un 17,22 %. Finalmente, as toneladas de avituallamentos evolucionaron desde 925 ata 2.385.

En términos absolutos, o ránking de mercancías o lideró o carbón, con 647.998 toneladas movidas, seguido da bauxita, con 322.970; da alúmina, con 87.689; do gas natural licuado, con 75.429; da chatarra, con 35.826; da sosa cáustica, con 23.801; do biodiésel, con 21.900; e do aceiro, con 15.951. Na clasificación figuran en lugar destacado igualmente os aceites (12.896 toneladas), o coque (8.547), a madeira (6.797), o papel (6.675), a acha e desperdicio de madeira (4.799) e os aerogeneradores (4.436).

Este gran marzo, ao que por agora está seguindo un abril tamén bo, permitiu á Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao recuperar a senda do crecemento, que conxunturalmente perdera nun discreto primeiro bimestre do presente exercicio. Durante os meses de xaneiro e febreiro de 2018, non en balde, o movemento de mercancías foi inferior ao de 2017 nun promedio diario de 13.750 toneladas.

Grazas á remontada iniciada en marzo, os datos definitivos de Portos do Estado certificarán que a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao conseguiu pechar o trimestre inicial de 2018 na contorna da 3.025.000 toneladas cargadas e descargadas. Isto é, a institución cumpre de novo o seu obxectivo estratéxico de rexistrar un millón de toneladas cada mes. Unha meta que lle permite consolidarse entre as catro primeiras autoridades portuarias da fachada noratlántica-cantábrica, xunto ás de Bilbao, Xixón e A Coruña.

Ferrol, 18 de abril de 2018

Fonte: Autoridad Portuaria de Ferrol - San Cibrao.

Enviado por:
Autoridad Portuaria de Ferrol - San Cibrao
-ferrol@apfsc.es-
18 de abril de 2018 12:27

___________________

mércores, abril 18, 2018

Memória Histórica e bandeiras, ... Por Xam Tavia - ...aos ocultistas quero-lhes lembrar que Galiza tinha votado o dia 28 de junho o seo estatuto - E que aliás ao nom haver lei de bandeiras na II República espanhola a bandeira azul e branca seria a que figurara nos edifícios oficiais galegos


Por
Xam Tavia  [*]
19.04.2018


Estes dias há bastantes atos sobre a chamada memória histórica. Nom tenho nengum apego sentimental à bandeira da II República espanhola mas vejo normal a sua utilizaçom. O que nom vejo normal é a OCULTAÇOM da bendeira galega. As e aos ocultistas quero-lhes lembrar que Galiza tinha votado o dia 28 de junho o seo estatuto. E que aliás ao nom haver lei de bandeiras na II república espanhola a bandeira azul e branca seria a que figurara nos edifícios oficiais galegos, umha vez implementado o estututo derogado polos fascistas. De feito acho que nos atos que tiverom lugar em Narom e Cedeira os organizadores tiverom isto em conta o que lhes honra, nom foi o caso noutros lugares. A verdadeira memória nom deberia ser seletiva.

[*] Xam Tavia (Xoán López Pérez - Narom, 1962). Activista e sindicalista. | jtavia@gmail.com |  Facebook . | Licenciado em História e cofundador da Fundaçom Artábria. | correio-e: jtavia@gmail.com.
____________

Lídia Senra denuncia na Comisión Europea as verteduras da depuradora de Ponteareas ao río Tea - A eurodeputada rexistra un escrito instando á CE a emprender as accións necesarias para que deixe de danarse dunha vez esta zona Rede Natura 2000 - Critica que aínda a día de hoxe siga habendo un mal tratamento das augas residuais a pesar do procedemento europeo sancionador de hai dez anos


Lídia Senra denuncia na Comisión Europea as verteduras da depuradora de Ponteareas ao río Tea. | A eurodeputada rexistra un escrito instando á CE a emprender as accións necesarias para que deixe de danarse dunha vez esta zona Rede Natura 2000. | Critica que aínda a día de hoxe siga habendo un mal tratamento das augas residuais a pesar do procedemento europeo sancionador de hai dez anos.


A eurodeputada galega Lídia Senra ven de denunciar ante a Comisión Europea (CE) as continuas verteduras de augas sen depurar que realiza a depuradora de Ponteareas ao río Tea. Senra rexistrou esta mesma mañá unha pregunta por escrito dirixida á CE, na que informa ao ente comunitario de que a pesar das moitas denuncias que se teñen tramitado por parte de diversas organizacións ante a Garda Civil, a Consellería de Medio Ambiente, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o propio Concello de Ponteareas, a depuradora continúa vertendo “en grandes cantidades auga sen tratar correctamente a este espazo que forma parte da Rede Natura 2000".

A europarlamentaria insta á CE a ver as imaxes gravadas en vídeo hai uns meses polo grupo ecoloxista Adenco[1], que provocaron a apertura dun expediente sancionador[2] ao Concello por parte da Confederación Hidrográfica, e lembra que esa situación súmase á xa acontecida no ano 2013, cando xa lle impuxo ao ente municipal unha multa que ascendía a 84.000 euros por vertidos semellantes. “Queda comprobado que as multas non están a ser efectivas, e que a pesar das grandes cantidades de diñeiro público que o Concello gasta en afrontar esas sancións, o problema non se soluciona e as augas siguen a contaminar o río ano tras ano”, lamenta.

Así, Lídia Senra lembra tamén como xa fai unha década a Comisión Europea levou a cabo un procedemento de infracción[3] contra o Estado español por non cumprir a Directiva 91/271/CEE[4] sobre o tratamento da saugas residuais urbanas en Ponteareas. E tendo en conta que a situación de contaminación na zona non está arranxada, pregúntalle á Comisión Europea se ten previso emprender algún tipo de nova acción para evitar dunha vez que este espazo natural de importancia comunitaria continúe a ser danado. Senra pregunta a CE está investigando xa ou vai investigar a situación e reclama unha solución efectiva xa.

Santiago, 18 de abril de 2018.

Adxuntamos copia da pregunta rexistrada na Comisión Europea

[1] https://www.facebook.com/adenco/videos/1464663860298465/

[2] https://www.20minutos.es/noticia/3263544/0/confederacion-mino-sil-abre-expediente-sancionador-ponteareas-por-vertidos-al-rio-tea-desde-depuradora/

[3] http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2009-0538+0+DOC+XML+V0//PT

[4] https://eur-lex.europa.eu/legal-content/PT/TXT/PDF/?uri=CELEX:31991L0271&from=ES


__________

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu
http://ageuropa.gal/  | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
18 de abril de 2018 12:59

____________

O portavoz de EU Narón asina co tripartito o acordo para apoiar mañá no pleno os orzamentos municipais deste ano - A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, reuniuse a última hora desta mañá co concelleiro de Xestión Orzamentaria e portavoz municipal do BNG, Pablo Villamar, e cos portavoces de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo; PSOE, Catalina García, e EU, André Abeledo


O portavoz de EU Narón asina co tripartito o acordo para apoiar mañá no pleno os orzamentos municipais deste ano  


A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, reuniuse a última hora desta mañá co concelleiro de Xestión Orzamentaria e portavoz municipal do BNG, Pablo Villamar, e cos portavoces de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo; PSOE, Catalina García, e EU, André Abeledo, para asinar o documento no que se contempla o respaldo do portavoz de EU aos orzamentos que se someterán mañá a aprobación no pleno que dará comezo ás 12:00 horas. André Abeledo explicou que “entendemos que unha parte das nosas propostas están recollidas neste orzamento e EU é un partido que está aquí para construír dende a oposición, non para andar a pedradas”.

O tripartito naronés e o representante de EU adoitaron coa sinatura do documento “o compromiso de seguir traballando conxuntamente dende o diálogo e a vontade de chegar a acordos polo ben da veciñanza e o avance da nosa cidade en tódolos eidos”. Abeledo recoñeceu e valorou o “esforzo do equipo de goberno por manter un diálogo constante en todos aqueles temas importantes para o noso concello”, e puxo como exemplo o respaldo do tripartito a moitas das mocións presentadas no pleno por EU.

Pola súa banda, o equipo de goberno naronés destacou “a oposición constructiva e o traballo serio que máis alá das diferencias ideolóxicas tenta sempre colaborar e participar na mellora de Narón”. O tripartito naronés e EU coincidiron en desenvolver o vindeiro ano propostas como avanzar na mellora de accesibilidade, incrementar o número de parques biosaudables, instalar novos puntos de luz na zona rural, realizar un estudo de necesidade de vivenda na cidade e continuar fomentando o cooperativismo, entre outras propostas abordadas na xuntanza mantida esta mañá.

Trala sinatura do acordo, os representantes do goberno local e o portavoz de EU coincidiron tamén no feito de que “estes orzamentos priorizan a atención ás necesidades da veciñanza de Narón, ofrecéndolle servizos de calidade e incrementándoos na medida do posible”. Así mesmo, desde o tripartito naronés valoraron o respaldo que ofreceu Abeledo ao documento contable, que se aprobará mañá nun pleno extraordinario.

O orzamento do Concello de Narón ascende este ano a 31, 8 millóns de euros, o que supón un incremento do 6,4% con respecto ao ano anterior. Así mesmo, no apartado de investimentos destaca unha partida de 2,8 millóns de euros, da que 2,1 se reservan para servizos públicos básicos. A contención do gasto, a minuciosa xestión realizada, a redución da débeda e a priorización de políticas culturais, deportivas, educativas, sociais e de emprego centrarán as liñas de traballo a seguir durante o presente exercicio, tal e como recalcou a alcaldesa, Marián Ferreiro.

O Voceiro de EU Narón André Abeledo presentou ademais unha serie de propostas nacidas das aportacións da veciñanza e a militancia da nosa organización que o Goberno Local asume, entre outras propuxemos:

- Adquisición para a zona do rural de máis contedores de reciclaxe do lixo.

- Entre as rúas Virxe do Carme e Mariña Española a veciñanza solicita que se coloquen no parque aparatos biosaludables, unha mesa e dous bancos.

- Colocación de puntos de luz na zona da S-116 (Mondouro, Nelle, Castro).

- O estudo da posibilidade e ampliar o “Punto Limpo”.

- Continuidade do traballo e a inversión en fomento do Cooperativismo.

- Reparación de beirarrúas tomando en conta a adaptación para persoas con mobilidade reducida.

- A realización do “estudo de necesidade de vivenda en Narón” xa proposto anteriormente por EU Narón.

- O compromiso de seguir avanzando na recuperación da Memoria Histórica.

Narón, 18 de abril de 2018.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
18 de abril de 2018 15:35

___________________

A outra palestra 'A acción política de Carvalho' con Bernardo Máiz Vázquez será o xoves día 19 de abril ás 8 da tarde, no Ateneo Ferrolán


Ferrol reivindica a figura de Ricardo Carvalho Calero en todas as súas dimensións.


No Ateneo Ferrolán acolleremos ​a  palestra:

A outra palestra "A acción política de Carvalho" con Bernardo Máiz Vázquez será o xoves día 19 de abril ás 20 h.

O Concello de Ferrol ven de presentar este mediodía polo miúdo o contido dunha homenaxe ao profesor Ricardo Carvalho Calero, ilustre historiador e lingüista nado en Ferrol Vello, para o que este municipio por unanimidade e co apoio da Mancomunidade da ría de Ferrol segue a reivindicar a Real Academia Galega que se lle adique, en xustiza, en recoñecemento a súa figura e legado o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Máis info na paxina do Concello de Ferrol: http://www.ferrol.gal/Concello/NovasAmpliar/4080

#Ateneo #CarvalhoCalero #LetrasGalegas #Ferrol #Galiza
--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
18 de abril de 2018 17:28

________________

Coletivo Literário Moraima organiza recital poético sobre factos históricos na comarca, na sexta-feira, 20 de abril, decorrerá no Centro Social da Fundaçom Artábria - A música também terá espaço com a voz da cantora ferrolana Eugénia Sanmartín


Coletivo Literário Moraima organiza recital poético sobre factos históricos na comarca


Nesta sexta-feira, 20 de abril, decorrerá no nosso Centro Social um recital poético-musical-literário organizado polo Coletivo Literário Moraima sobre factos históricos acontecidos na nossa Comarca. As e os poetas participantes som Miguel Costoya, Enrique Rodríguez, Matilde Castro, Xurxo Gago, Andrés CM Riveira, Emilio Balado, Mariola Hermida, Loreto de Castro, Esther Val Rodríguez, Inés Pérez e Mónica Cadavid.

A revolta das pedradas, o março do 72, a reconverssom naval, a guerrilha antifranquista ou o discovery interprise serám alguns dos temas reflectidos nos poemas das membros do coletivo literário.

A música também terá espaço com a voz da cantora ferrolana Eugénia Sanmartín.

O ato dará início às 20.00hs e a entrada é livre.
--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....
 A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
18 de abril de 2018 11:49

___________________

Convocada unha concentración en Ferrol, na Praza da Ilustración (Emafesa), este venres 20 de abril, ás 11 da mañá, para protestar e reclamar ante o cobro dos recibos estafa, por unha taxa xusta e revisión da factura


Unha vez rematado, o pasado 26 de marzo, o prazo de tres meses, que segundo o Alcalde de Ferrol, tiña Eudita Fair Value Auditores, S.L., para o estudo de custos, para a modificación da taxa de depuración... demandamos xa unha revisión da Taxa que provoca recibos avultados, que segundo os nosos estudos superan o 40% do custe do servizo, mesmo os estudos xa feitos polo Concello de Narón a través da empresa  consultora OTIMA, están avultados un 31%. Mentres Emafesa segue pasando facturas avultadas e enviando cartas ás persoas que as devolveron...

A Plataforma na Defensa Dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, fai un chamamento a unha convocatoria pública o venres 20 de abril, desde ás 11 da maña (durante unha hora e media), na Praza da ilustración, diante da sede de Emafesa, onde se realizaría unha concentración e acción de protesta. Onde se poñerá unha mesa-info para todas as persoas que necesiten información sobre a súa factura, situación dos recursos e que podemos facer.

Na concentración facilitaremos un modelo de escrito para contestar ao que Emafesa está enviando a todas as persoas que devolveron a factura, ameazando con cobrar os custes da xestión de devolución e recargo.

O mesmo venres día 20 de abril, promoveremos unha reclamación no libro ou follas, do que é preceptivo por lei que dispoña Emafesa. Entregaremos un texto concreto para facilitar e axilizar a acción.

E ese mesmo día da concentración, faremos unha declaración pública aos medios de comunicación que citaremos na mencionada Praza, onde denunciaremos a continuidade no cobro dos recibos avultados, as advertencias de Emafesa mediante escrito ás persoas que devolveron a factura, o atraso no informe de Eudita sobre a Taxa (Cando o estudo solicitado polo Concello de Narón -OTIMA-, leva desde o pasado 15 de febreiro feito). A preocupación polo asunto sen resolver do convenio a tres partes co Concello de Narón e Augas de Galicia. Demandaremos a modificación do proxecto de saneamento d'A Malata. Demandaremos xa un proxecto sostíbel para a depuración da zona rural. Volveremos a solicitar a devolución da depuradora a Augas de Galicia até que haxa unha solución real mancomunada e a auditoría integral a Emafesa. E por último reiteraremos o incumprimento da devolución dos 800.000 euros cobrados indebidamente que se lle endebedan á veciñanza.

PARTICIPA, DEFENDE OS TEUS DEREITOS !

Cartaz da Convocatoria do 20 de Abril. | Acceder/Baixar.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es
__________

As ondas do mar entran na depuradora de Ferrol en Cabo Prioriño


Nunha fotografía tirada onte á tarde, martes 17 de abril de 2018, pode-se contemplar, como as ondas do mar entran na depuradora de Ferrol en Cabo Prioriño.


Máis info sobre a depuradora. | Ir á Web.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es__________

Rolda de Prensa onde se convocou a concentración e acción de protesta para o venres 20 de abril, ás 11 da mañá, onde se informará á veciñanza, entregara-se unha carta de resposta á que está xirando Emafesa e presentara-se unha reclamación


Hoxe, martes 17 de abril, ás 12 do mediodía, tivo lugar unha rolda de prensa na Casa do Concello de Ferrol. Trataba-se de informar do pasos que vai dar a Plataforma unha vez rematado, con creces, o prazo de tres meses, o pasado 26 de marzo, que segundo o Alcalde de Ferrol, tiña Eudita Fair Value Auditores, S.L. (empresa que resultou adxudicataria do concurso de contratos menores, por un importe de 21.175 euros), para  o estudo de custos do sistema de depuración de augas residuais, para a modificación da taxa de depuración... non sabemos se xa hai Estudo ou non. Mentres Emafesa segue pasando facturas avultadas e enviando cartas ás persoas que as devolveron...

A Plataforma na Defensa Dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, realizou a Rolda de Prensa, para dar a coñecer as súas valoracións, propostas e a accións...pola Plataforma interviu Alexandre Carrodeguas.

Informou-se de que se acordou facer unha convocatoria pública o venres 20 de abril, desde ás 11 da maña (durante unha hora e media), na Praza da ilustración, diante da sede de Emafesa, onde realizaría-se unha Concentración e acción de protesta. Onde se poñerá unha mesa-info para todas as persoas que necesiten información sobre a súa factura, situación dos resursos e que podemos facer.

A Plataforma elaborará un modelo de escrito para contestar ao que Emafesa está enviando a todas as persoas que devolveron a factura, ameazando con cobrar os custes da xestión de devolución e recargo. Este escrito o poñeremos a disposición da xente o día 20 de abril na concentración da Praza da Ilustración e en posteriores mesas-info que abriremos en diferentes días, diante da casa do Concello e polos barrios.

O mesmo venres día 20 de abril, promoveremos unha reclamación no libro ou follas, do que é preceptivo por lei que dispoña Emafesa. Entregaremos un texto concreto para facilitar e axilizar a acción.

E por último faremos unha declaración pública aos medios de comunicación que citaremos na mencionada Praza: Na rolda de prensa imos denunciar a continuidade no cobro dos recibos avultados, as advertencias de Emafesa mediante escrito ás persoas que devolveron a factura, o atraso no informe de Eudita sobre a Taxa. Cando o estudo solicitado polo Concello de Narón (OTIMA), leva desde o pasado 15 de febreiro feito. A preocupación polo asunto sen resolver do convenio a tres partes co Concello de Narón e Augas de Galicia. E por último reiterar o incumprimento da devolución dos 800.000 euros cobrados indebidamente que se lle endebedan á veciñanza.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es__________

martes, abril 17, 2018

Esquerda Unida de Narón sumase a campaña solidaria de BDS co pobo palestino,


Esquerda Unida de Narón sumase a campaña solidaria de BDS co pobo palestino


Este venres 20 de Abril ás 20:30 horas, no Auditorio de Ferrol, vai actuar a compañía israelí Mayumana, actuación que o BDS chama ao seu boicot en apoio solidario ao pobo palestino.

Este acto englobase na campaña de boicot aos produtos israelís que fai BDS-Galiza, en protesta pola da ocupación e a colonización de Palestina. Esixindo ademais o desmantelamento do ilegal muro que divide Palestina, e o fin do apartheid que sufre o pobo palestino.

Dende EU Narón facemos un chamamento a cidadanía a participar no boicot aos produtos israelís en resposta a actuación do Goberno de Israel contra o indefenso pobo palestino.

Son milleiros os artistas do mundo que se negan a actuar en Israel e denuncian a actuación israelí contra os palestinos.

Recordamos que Israel non respeta as resolucións internacionais, que segue a non repetar os dereitos humanas no territorio palestino, que continua coa limpeza étnica, que non respeta os dereitos dos nenos e nenas palestinos, moitas son vítimas de detención arbitrarias, torturas e malos tratos por parte das forza de ocupación israelís.

As compañeiras e compañeiros de EU Narón non podemos mirar cara outro lado cando se trata de denunciar un xenocidio contra un pobo indefenso a o que o mal chamado mundo civilizado lle leva dando as costas durante décadas.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
17 de abril de 2018 13:16

_____________

#GreatReturnMarch Viva a Resistencia Palestina!!
Basta de ocupación, basta de muros. Basta de complicidade co xenocidio en Palestina!!

Enlaces de interese:

https://www.facebook.com/BDSGaliza/

https://twitter.com/bdsgaliza

https://boicotisrael.net/

'Touro-O Pino: A ameaza do cobre', un documentario de Xosé Bocixa, presenta-se no Ateneo Ferrolán, o mércores 18 de abril ás 19,30 hs. - Vídeo


Presentación Documental: "Touro-O Pino: A ameaza do cobre"


Mércores día 18 de abril ás 19,30h. no #AteneoFerrolán
Entrada libre.

Nós Televisión e Tingalaranga Audiovisual veñen de presentar ‘Touro, O Pino: A ameaza do cobre’, un documentario dirixido por Xosé Bocixa que aborda en 55 minutos a través da voz de científicos, veciñas e veciños, alcaldes, empresari@s, o conflito xurdido polo proxecto de reabrir a mina de Touro e O Pino.

Xosé Bocixa (As Encrobas, 1967) dirixe ‘Touro, O Pino: A ameaza do cobre’, un documentario en que se mergulla na resposta veciñal ao macroproxecto que quer reactivar as antigas minas de cobre. Dá voz á veciñanza, alcaldes, científicos… para ofrecer un relato real do que está en xogo non só nesta comarca, senón tamén no país.


https://youtu.be/v4Dr7FwWdrk

--
Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK.
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
17 de abril de 2018 17:26

________________

A Esquerda esborrelada, ... Por Iolanda Teixeiro - Celso Emilio: Se foses a xantar con poderosos, mira ben a carón de quen te sentas. Pecha a túa gula e couta os teus degaros, pois é pan mentireiro o pan dos ricos. Doce por fóra, por dentro amarguexa...


Por Iolanda Teixeiro [*]
17.04.2018


Por que xurden movimentos de base? Por que se constitúen plataformas cidadáns? A da Remunicipalización dos servizos básicos e a recén creada polas pensións dignas son dúas amósegas nidias. Existe a esquerda organizada? Son os partidos e sindicatos que se din de esquerdas, tal? Entón por que ese bulir dos cidadáns artellando novas frontes de batalla na avangarda? Teñen credibilidade os sindicatos cando non só non organizaron nengunha mobilización contra a política neoliberal selvaxe no que ten aos servizos básicos (auga, luz, saúde, educación...) senón que sentaron nas cadeiras dos poderosos a pactar, ás escuras, a precariedade máis ruín, os salarios máis miseraveis, os subsidios máis infames, os convenios máis aldraxantes a cambio dun carnet de síndico dunha prole que o máis que defende é o dereito a ser explotada cada día con máis primor. Porque xa o deixou inmortalizado, en letras de ouro, Celso Emilio: Se foses a xantar con poderosos, mira ben a carón de quen te sentas. Pecha a túa gula e couta os teus degaros, pois é pan mentireiro o pan dos ricos. Doce por fóra, por dentro amarguexa...

A política das subvencións, o veleno dos cursos de formación... e un longo etc de sumisións ao Capital mudou aqueles lobos con pel de cordeiro, que eran os sindicatos luitadores do franquismo, en cordeiros con pel de lobo. Os liberados sindicais, a aristocracia proletaria acomodouse demais aos quentes despachos empresariais en tempos de invernía e cando baixa ás xélidas estepas onde habitamos os operarios, éntranlles uns tremores vespertinos insuportaveis que os devolven axiña aos mulidos cumios con vistas panorámicas a ese futuro amarrado para os seus.

Só deste xeito podemos enxergar a inacción e a inanición co tema das pensións ate que agroma unha plataforma cidadá que comeza a se organizar na rúa e a espreguizar ao povo.

Só deste xeito podemos explicar nesta guerra contra o Capital, a posición de retagarda, de quen terían que ser mesmamente a avangarda. Só así a vergoña da contraprogramación que esnaquiza. Cada sindicato leva aos seus en distinto espazo e en distinto día. E o povo? O povo que se... reparta! E que nada reporte. Perante todo, erguer cadaquén as súas consignas e bandeiras.

Mais aínda coa miña certeza de que as reivindicacións das plataformas cidadáns quédanseme mui curtas, porque pouco cuestionan o sistema de clases como causa do colapso social, e limítanse a reclamar unha política de mínimos ao uso, eu vou estar apoiando o que quizais sexa o derradeiro esforzo do povo por se organizar contra a voracidade da oligarquía capitalista.

Adiante, povo galego. Non nos axeonllamos!. Porque o mañá escrevémolo os povos desde o hoxe.

[*] Iolanda Teixeiro Rey -Ferrol, activista ecoloxista e decrecentista, articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. e profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Sermos Galiza.

Imaxe: O berro do povo (Jacques Tardi).
_________

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
17 de abril de 2018 02:31

_________

EU Narón participou nas homenaxes as vítimas do franquismo - Abeledo entende que estes actos de homenaxe as vítimas do fascismo e de conmemoración da II República deben servir tamén para a reivindicación da necesidade da chegada da III República


EU Narón participou nas homenaxes as vítimas do franquismo. | Abeledo entende que estes actos de homenaxe as vítimas do fascismo e de conmemoración da II República deben servir tamén para a reivindicación da necesidade da chegada da III República.

André Abeledo explica que “quen esquece a súa historia esta condenado a repetila”, o dixo hai séculos Marco Tulio Cicerón, gran verdade histórica que precisamos ter na memoria.

Tamén Miguel Hernández, ese gran poeta comunista que rematou a súa luminosa vida no mes de marzo de hai 74 anos nunha cadea fascista, deixounos dito: “Xamais renunciaremos nin ao máis vello dos nosos soños”.

A guerra civil non foi unha guerra, foi un golpe de estado perpetrado por traidores contra un goberno lexitimo referendado nas urnas, a II República foi un corto e intenso período de esperanza, de avances, de unidade, que rematou cun golpe brutal que nos levou a unha guerra, non podemos esquecer que no estado español houbo un xenocidio ideolóxico, as cunetas seguen cheas da semente dun pobo que se quería libre.

A II República promoveu o avance na transformación da nosa sociedade, na defensa das liberdades individuais e colectivas, e na consecución da xustiza social.

Este sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos.

O 14 de abril ten que ser unha data reivindicativa para reclamar o dereito á República e facer unha homenaxe a todos  os alcaldes e concelleiros dos concellos daquel período, así como condenar o golpe de estado franquista contra a II República.

A II República, o primeiro réxime democrático da nosa historia que instaurou  un verdadeiro Estado de Dereito e proclamou a primeira constitución democrática de España. Esta Constitución plasmou o principio de igualdade dos españois ante a lei, ao proclamar España como “unha república de traballadores de toda clase que se organiza en réxime de Liberdade e de Xustiza”, o principio  de soberanía popular, establece o sufraxio universal para homes e mulleres maiores de 23 anos.

En economía a propiedade privada quedou suxeita aos intereses da economía nacional, constituíuse un “Estado integral, compatible coa autonomía dos Municipios e as  Rexións”, o principio de laicidade “o Estado, as rexións, as provincias e os Municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas, Asociacións e Institucións relixiosas”, ademais recoñeceuse o matrimonio civil e o divorcio así como o ensino primario laico, gratuíto e obrigatoria, e recoñécese a liberdade de cátedra.

A II República promoveu o avance na transformación da nosa sociedade, na defensa das liberdades individuais e colectivas, e na consecución da xustiza social.

Este sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos.

O 14 de abril ten que ser unha data reivindicativa para reclamar o dereito á República e facer unha homenaxe a todos  os alcaldes e concelleiros dos concellos daquel período, así como condenar o golpe de estado franquista contra a II República.

Algúns din que cando falamos de memoria, xustiza e reparación se reabren feridas, pero, como se vai reabrir o que nunca se pechou?; como se pode perdoar cando nunca se pediu perdón? Teñamos presente que na Alemaña negar o holocausto é delito. Non se debe esquecer sen máis.

Quero recordar una vez mais neste Pleno que por Narón, polo noso concello tamén pasou a besta fascista. As cifras contan unha pequena parte do horror e o terror que se viviu, pero só temos datos estimados, tan só coñecemos a punta do iceberg da barbarie, posto que algúns aínda teiman en perder a Memoria.

Temos documentados un total de 93 asasinados en Narón, unha parte deles mariñeiros que se mantiveron fieis á República, á legalidade, cando o golpe. No Val foron fusilados e enterrados no cemiterio 48 mariñeiros do acorazado “España” e do vapor “Domine”. En San Mateo foron fusilados e enterrados no cemiterio 17 mariñeiros do “Mar Cantábrico”.

Nove veciños de Narón foron fusilados, quince foron paseados e asasinados nas nosas cunetas, un foi apaleado ata a morte, dous morreron en enfrontamento armado, outro morreu en prisión…

Estas 93 persoas foron asasinadas, pero tamén están os represaliados, os que foron depurados, os desterrados, os escapados e exiliados, os presos, os multados…

Como terrible anécdota do terror das hordas Nacional Católicas do Franquismo, destas beatas persoas que loitaban por “Deus” e “España”, esta o feito de que o día 26 de Decembro, supoño que para celebrar o Natal, no Val foron fusilados máis de 20 mariñeiros do citado acorazado “España”.

Dende EU Narón entendemos que os actos de homenaxe as vítimas do fascismo e de conmemoración da II República deben servir tamén para a reivindicación da necesidade da chegada da III República.

Honor e Gloria aos nosos mártires.

Saúde e República. A pola terceira.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
16 de abril de 2018 21:05
_______________