xoves, maio 24, 2018

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol solidariza-se coas vítmas do accidente de Tui - Este CCE sabe moi ben o que é vivir á beira dunha ameaza permanente -a Planta de Gas de Reganosa no interior da nosa Ría e o ilegal tráfico de gaseiros que a fornecen- mil veces denunciada, pública e xudicialmente...


Nota do CCE sobre o accidente de Tui

O CCE SOLIDARÍZASE COAS VÍTIMAS DE TUI

Onte en Tui explotou un almacén pirotécnico clandestino causando unha vítima mortal, catro desaparecidos e varias decenas de feridos, así como a destrución de moitas vivendas, moi numerosos danos materiais en edificios, instalacións e automóbiles nun amplo radio, mesmo a quilómetros do lugar do sinistro, o desaloxo de centos de persoas e o sobresalto de decenas de miles.

Este Comité Cidadán de Emerxencia solidarízase con todas as persoas afectadas e desexa a súa pronta recuperación.

A veciñanza desa industria perigosa e ilegal levaban moitos anos sinalando o risco e loitando a través de protestas e procesos xudiciais sen que as Administracións atendesen as súas demandas. Administracións que agora se doen e prometen axudar pero que non restituirán as vidas, a saúde, o patrimonio, nin evitarán a dor, para sempre, de tanta xente afectada por unha desgraza que se puido evitar.



Este CCE sabe moi ben o que é vivir á beira dunha ameaza permanente -a Planta de Gas de Reganosa no interior da nosa Ría e o ilegal tráfico de gaseiros que a fornecen- mil veces denunciada, pública e xudicialmente, pero que se mantén coa complicidade das Administracións a pesar das sentenzas dos tribunais, sendo ademais de perigosa, innecesaria e contaminante e que sobrevive só para xustificar o pelotazo económico dos seus promotores a conta dos Orzamentos Xerais do Estado que a cidadanía pagamos.

Algún día, como en Tui, seremos vítimas dun terrible accidente, de proporcións inimaxinables, que borrará do mapa a comarca de Ferrolterra. Entón, tamén virán as administracións a solidarizarse cos que queden e a prometer recuperacións.

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !


O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Info baseada na enviada por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
24 de maio de 2018 10:23

____________________

Convocada mobilización en Ferrol en defensa do sistema público de pensións, como en máis de 150 cidades e vilas das diferentes nacións e pobos de todo o territorio do Estado, o sábado 26 de maio, ás 12 do mediodía, no Cantón


Convocatoria de concentración en defensa do sistema público de pensións, Sábado 26 de maio, ás 12:00 h, na Praza da Constitución (Cantón), do Concello de Ferrol.

Concentración na defensa do Sistema público de pensións
A PLATAFORMA EN DEFENSA DAS PENSIÓNS PÚBLICAS DE FERROLTERRA, coincidindo coas convocatorias en todo o Estado, chamamos ao conxunto da cidadanía para:

·Esixir a actualización das pensións mínimas aos criterios da Carta Social Europea, asinada polo goberno español, para combatir a pobreza: 1.080 €/mes.

·Esixir a blindaxe constitucional das pensións e a súa incorporación aos orzamentos xerais do Estado

·Demandar a representación das Plataformas en defensa do sistema público de pensións, mediante a incorporación da súa coordinadora, nos ámbitos de negociación sobre as reformas do sistema

·Reclamar unha renda básica para as persoas e familias en risco de exclusión social

Por unhas pensións dignas ¡Xa! Non ao 0,25% aprazado

DEFENDAMOS O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS!!!

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com
Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

Enlaces relacionados en Ártabra 21.

Enviado por:
Plataforma Pensións Públicas Ferrol
-plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com-
24 de maio de 2018 12:23

__________

A Plataforma continuará na súa loita por unha taxa xusta, explicada e participada - Facilitamos o relatorio da Plataforma: 'Valoración dos estudos coñecidos sobre a taxa de saneamento', onde analizamos os informes que sobre a mesma, encargaron os concellos de Ferrol e Narón que están elaborados até o de agora por Eudita, Otima, Audigal, Emafesa e os da propia Plataforma - Seguimos demandando a devolución da depuradora mentres non estea constituído un ente mancomunado que a xestione - Acceder ou baixar a documentación


O 4 de maio presentabamos, diante dos medios e difundindo a través das redes e do correo-e, o noso relatorio "VALORACIÓN DOS ESTUDOS COÑECIDOS SOBRE A TAXA DE SANEAMENTO (FERROL)", onde analizamos os estudos que sobre a taxa de saneamento dos concellos de Ferrol e Narón elaborados polas firmas AUDIGAL (Maio, 2014), EMAFESA (Novembro, 2016), OTIMA (Febreiro, 2018), EUDITA (Abril, 2018) e o Noso (PLATAFORMA) (2016, 2018), coa intención de pescudar as semellanzas ou diferenzas entre os conceptos de custos e importes que se deduciron en cada un deles.

Con anterioridade choveron declaracións e novas de prensa en referencia ao Estudo de Eudita, houbo unha reunión do Consello de Administración de Emafesa, da que o Alcalde de Ferrol realizaba unha serie de declaracións en referencia a unha taxa xusta, mais segue ocultando o que sucede neses consellos de administración, dunha empresa quebrada e de nefasta xestión. Jorge Suárez volvía arremeter contra o concello veciño por non pagar a depuración e a Alcaldesa contestaba que era Augas de Galicia a que non resolvía sobre as propostas remitidas, para poder asumir o pago da depuración. Nas últimas declaracións de Jorge Suárez, achega-se ás realizadas pola Alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, deixando a responsabilidade da situación tamén en Augas de Galicia. Outro asunto é a cantidade que reclama Ferrol e a cantidade que lle sae a Narón, unha diferencia avalada polo estudo de OTIMA encargado por Narón, un 31% menos que o que reclama Emafesa.

E así seguimos sen resolver o asunto que ten as súas orixe no fraude orquestrado no seu día por José Manuel Rei Varela e a xerencia de Emafesa, que cae na parte privada da empresa mixta (Socamex). Ao recepcionar unha depuradora que non depurada e enganar á veciñanza cobrando unha taxa sen que se dera o feito impoñíbel. Un polos réditos electorais e outro por aumentar o volume de negocio. Todo un despropósito que agora queren que pague a veciñanza de Ferrol.

O actual Alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, aínda ten que explicar á veciñanza de Ferrol, o porque da viraxe de timón producida en outubro de 2015, despois de anunciar unha apertura de expediente administrativo a Emafesa, que ia poñer todas as incidencias en mans da Fiscalía, que ía devolver a depuradora a Augas de Galicia, que ía facer unha auditoría  integral da actividade de Emafesa, que ía derogar a taxa e que ía iniciar o proceso de remunicipalización do servizo. Todas unhas medidas coas que contaba o total apio dos grupos Ferrol en Común, BNG e PSdeG-PSOE.

Aínda que seguimos considerando necesario aplicar as medidas anunciadas no verán do 2015, acordadas daquela polo goberno municipal e logo incumpridas, e entre elas a devolución da depuradora mentres non haxa constituído un ente mancomunado que a xestione, o 7 de maio presentamos como Plataforma propostas de reunión para abordar o asunto da confección dunha "taxa xusta", tanto ao Concello de Ferrol como ao de Narón. Mais polo de agora como de costume non hai resposta.

Agora coñecemos polos medios que Emafesa presentou unha serie de alegacións ao Estudo de Eudita e que esta contestou non aceptando ditas alegacións. Mentres o Alcalde da transparencia oculta información e non se digna a recibir á Plataforma, aínda que en público diga que está disposto...

A Plataforma continuará na súa loita por unha taxa xusta, explicada e participada.


Documentación.

Estudo da Plataforma
. | Maio de 2018. | VALORACIÓN DOS ESTUDOS COÑECIDOS SOBRE A TAXA DE SANEAMENTO (FERROL)", onde analizamos os estudos que sobre a taxa de saneamento dos concellos de Ferrol e Narón. | 10 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Estudo de Eudita. | 9 de abril de 2018. | Encargado polo Concello de Ferrol. | 21 páxinas en formato pdf. | Acceder/baixar.

Estudo de Otima. | 15 de febreiro de 2018. | Encargado polo Concello de Narón. | 196 páxinas, en formato pdf. | Acceder/Baixa.

Informe Especial de Audigal. | Febreiro 2017. | sobre verificación do "Estudio de Costes Justificativos t tarifas de Saneamiento en Alta y Depuración del Concello de Ferrol, elaborado por Emafesa en novembro de 2016. | Acceder/Baixar.

Informe de Emafesa novembro 2016. | "Estudio de Costes Justificativos t tarifas de Saneamiento en Alta y Depuración del Concello de Ferrol". | 38 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Estudo Técnico da Plataforma: Valoración do custo eléctrico da estación de bombeo (Ebar) e da planta de depuración (Edar) de Ferrol, comunicado por Emafesa aos medios (outubro 2017). | Ir á Web.

Estudo crítico da Plataforma sobre o informe, encargado polo Concello de Narón, sobre os custes de explotación do sistema de depuración e verteduras - Inconsistencias do Informe de OTIMA sobre caudais e custes eléctricos. | Marzo, 2018. | Ir á Web.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es

____________

mércores, maio 23, 2018

A Lei de Vivenda da PAH volve á carga, pois volveu a ser rexistrada no Congreso, empezando de novo todo o trámite administrativo, o PP ten até o 12 de xuño para volver veta-la, ou non - Unha recente sentenza do Tribunal Constitucional considera que o Goberno non pode alegar sen máis que un proxecto afecta aos orzamentos, para veta-lo


A Lei de Vivenda da PAH volve á carga


A Lei Vivenda PAH volveu a ser rexistrada no Congreso, empezando de novo todo o trámite administrativo, o PP ten até o 12 de xuño para volver vetala, ou non.

Tralo inaceptábel veto á Lei Vivenda PAH o pasado 20 de marzo, moitas cousas cambiaron. Mentres debatemos, nós si que facemos esas cousas, cal podería ser o mellor momento para rexistrar un recurso para levantar o veto, o 17 de abril fíxose pública unha sentenza do Tribunal Constitucional na que considera que o Goberno non pode alegar sen máis que un proxecto afecta aos orzamentos, senón que debe xustificar tal argumento e isto só é válido para os orzamentos en vigor en cada momento, polo que non cabe argumentar sobre orzamentos futuros.

Levamos meses dicíndo-o, o Partido Popular, coa inestimábel complicidade de Cidadáns, están secuestrando a democracia e convertendo a Mesa do Congreso, no seu cortijo particular onde frear sistematicamente calquera proposta de lei para que non sexa debatida no Congreso. Con esta actitude, o único que fan é reafirmarse como os auténticos inimigos do estado de benestar deste país, vetando calquera iniciativa que represente nun avance nos nosos dereitos máis fundamentais, como é o caso da vivenda, para seguir lexislando a favor da especulación, da banca, dos fondos voitre e das SOCIMIS. A escusa? Os orzamentos do Estado. Un dos seus últimos golpes de Estado á democracia? O veto da Lei Vivenda PAH.

Por sorte, a labazada do Tribunal Constitucional ante este tipo de vetos, abriu a posibilidade a que a a Lei da Vivenda da PAH siga adiante e volva a ser rexistrada no Congreso. Unha lei que está elaborada pensando en que non afecte aos orzamentos. Por unha banda, na propia lei aprázase a entrada en vigor das medidas que puidesen afectarlles a sucesivos exercicios. Por outro, porque o maior investimento das nosas propostas, pasaría por ampliar o parque público de vivenda, pero é unha medida que se basea en mobilizar os máis de 3.500,000 de pisos baleiros en mans da banca, non en novas construcións como propón o PP no seu Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Aínda así parece-nos lamentábel, que ante a crecente emerxencia residencial, o partido de Mariano Rajoy, que agora dispón até o 12 de xuño como data límite para xustificar un posíbel novo veto, siga baseando-se en cifras e non en vidas.

Vivimos uns tempos en que o Dereito á vivenda, é atacado constantemente en todas as súas frontes, deixando cada vez máis, ás familias nunha situación absoluta de vulnerabilidade e indefensión.

Cada día vemos como se producen 174 desafiuzamentos. Despexos silenciosos por execución hipotecaria, porque os bancos seguen facendo das súas. Despexos invisíbeis, ante cada contrato de alugueiro non renovado por unha inxente subida do prezo medio, que as familias cos seus medios soldos, non poden afrontar. Despexos por ocupación, desas familias que ante a perda do seu fogar e sen unha solución residencial, por mor dunha lei criminal e a falta dun parque de vivenda social, víronse empuxadas a elixir entre vivir na rúa ou recuperar un piso baleiro.

Cada día vemos como esa vivenda baleira en mans da banca, rescatada con diñeiro público sen contraprestación social, en lugar de ser usada para garantir un dereito fundamental ás familias, é tratada como unha mercancía máis coa que especular e é vendida a fondos voitre.

Cada día vemos como crece a burbulla do alugueiro, que está expulsando á xente das súas casas, dos seus barrios e até das súas cidades, en procura dun lugar máis accesíbel onde volver construír o seu proxecto de vida. Un proxecto de vida, que a consecuencia da última reforma da Lei de Arrendamentos Urbanos promovida polo PP, saben de antemán que non vai durar máis de tres anos. Unha reforma que nos está condenando a vivir como nómadas.

Cada día vemos como 5 millóns de fogares sofren pobreza enerxética e cortes de luz, auga e gas, sen que as empresas subministradoras asuman ningún tipo de responsabilidade.

Ante estas situacións, a Lei Vivenda PAH, é a única proposta lexislativa que recolle medidas para acabar con elas e garantir unha vivenda digna, accesíbel, estábel e acolledora para todas as familias. Así como a única que garante o cumprimento de sentenzas europeas ou ditames internacionais. Unha lei pioneira que a propia ONU nomeou como un referente mundial, en materia de vivenda, que debería replicarse en todos os países.

Ante isto, o bloque antisocial formado por PP e Cidadáns, só puxéronse de acordo en dúas actuacións, vetar a Lei Vivenda PAH e sumarse ao PDeCat, para criminalizar ás familias e fomentar unha guerra entre elas e pequenos propietarios. Pequenos propietarios aos que lles inculcaron o medo con mentiras e convertendo unha situación anecdótica, comparada coa gravidade do problema real, para convertela na escusa para promover unha nova lei de desafiuzamentos exprés.

Desde a PAH seguiremos en pé, nas rúas e onde sexa necesario, para que o 12 de xuño, non se repita o golpe de estado á democracia cun novo veto á Lei Vivenda PAH, permitindo así que esta poida ser debatida no Congreso e que sexa unha auténtica maioría parlamentaria, a que decida si quere estar ao lado das familias, ou ao lado dos desafiuzamentos e a especulación.

21 de maio de 2018

Fonte: Plataforma de Afectados por la Hipoteca (PAH).
.
Lugar de Encontro e Asesoría Colectiva en Ferrolterra

TODOS OS MARTES (EXCEPTO FESTIVOS) VEMO-NOS EN CARANZA, POLA TARDE, ENTRE AS 17:00 E 19:00 HORAS, NO LOCAL DE FUCO BUXÁN (RÚA ARMADA ESPAÑOLA, Nº 32 BAIXO) ESTAMOS XENTE DE STOP-DESAFIUZAMENTOS E DA PAH DE FERROL E COMARCA. SE QUERES PARTICIPAR ACHEGA-TE.


Nin Casas sen Xente, Nin Xente sen Casas !
Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!
Si se Pode !! Saúde e Vivenda Digna !!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

______________ ________

martes, maio 22, 2018

Presentación do libro: 'Dietética digital. Para adelgazar al gran hermano' de Victor Sampedro, este venres 25 de maio, ás 19:30hs no Ateneo Ferrolán, organizado pola A. C. Fuco Buxán - O peor xeito de conectarse aos demais, explica Sampedro, é hiperconectarse ás redes


Presentación do libro: "Dietética digital. Para adelgazar al gran hermano" de Victor Sampedro (Catedrático de Comunicación Política e Opinión Pública), este venres 25 de maio, ás 19:30hs no Ateneo Ferrolán, organizado pola A. C. Fuco Buxán dentro do  Ciclo Democracia e Compromiso..

A dieta informativa

O peor xeito de conectarse aos demais, explica Sampedro, é hiperconectarse ás redes. Do mesmo xeito, comentamos que o mellor modo de manternos na desinformación é atiborrarnos acotío do que parecen noticias. A información era, como a comida, un ben escaso, e os xornalistas esforzábanse por atopala e ofrecer canta máis, mellor. A nosa misión hoxe é a contraria: seleccionar, filtrar e verificala para axudar ao cidadán a distinguir entre os ecos "a miúdo interesados, narcisistas, banais ou simplemente falsos" e as voces que merecen ser atendidas. Pero o mellor xeito de frear as mentiras na rede é dar contexto, é dicir educar, mellorar a formación que permite descubrilas.

Evento no facebook

https://www.facebook.com/events/648247138856627/

Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204, 15402 Ferrol
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/


A. C. Fuco Buxán
http://www.fucobuxan.net
______________________

No Parlamento Europeo vai ter lugar o mércores 23 de maio, o maior evento de debate social antes da presentación oficial por parte da Comisión Europea da proposta de nova Política Agraria Común (PAC) - Arredor de 200 labregas/os -10 da Galiza- participarán no maior foro de debate civil sobre a PAC previo á presentación da proposta da CE - No evento europeo participará a Secretaria Xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane


Unha PAC para o campesiñado e a cidadanía”, 200 labregxs trasladarán as súas propostas á CE. | Senra (GUE/NGL), en coordenación con Andrieu (S&D) e Häusling (Verdes/EFA) acolle un evento no PE en colaboración con La Vía Campesina. | Arredor de 200 labregas/os -10 da Galiza- participarán no maior foro de debate civil sobre a PAC previo á presentación da proposta da CE.

A coordenadora do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Lídia Senra, xunto cos coordenadores nesta comisión dos grupos da Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas -o francés Eric Andrieu (S&D)- e dos Verdes/Alianza Libre Europea -o alemán Martin Häusling (Verdes/EFA)-, acollerán o vindeiro mércores 23 de maio o maior evento de debate social que vai ter lugar a nivel europeo antes da presentación oficial por parte da Comisión Europea da proposta de nova Política Agraria Común (PAC) para o período 2021-2017 -que previsibelmente terá lugar a finais deste mes ou principios de xuño-.

Baixo a reivindicación “Unha PAC para o campesiñado e a cidadanía”, este encontro será desenvolvido en colaboración coa coordinadora europea da organización social labrega global La Vía Campesina, que agrupa a máis de 200 millóns de persoas que viven en zonas rurais de todo o planeta, e da cal forma parte o Sindicato Labrego Galego (SLG) a nivel europeo na Galiza. De feito, dez galegas e galegos desprazaranse a Bruxelas a vindeira semana para participar neste acto, entre os que se inclúe a propia Secretaria Xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane.

Así, o vindeiro mércores arredor de 200 labregas e labregos chegados da Galiza, Portugal, Estado español, Lituania, Bélxica, Alemaña, Polonia, Suecia, Francia, Romanía, Letonia ou Austria terán a oportunidade de debater e intercambiar opinións directamente con representantes da Comisión Europea (CE), do Comité das Rexións (CdR) e do Comité Económico e Social Europeo (CESE).

O Director Xeral Adxunto da Dirección Xeral da Agricultura da CE, Rudolf Moegele, estará presente no panel “Por un medio rural vivo”, introducido polo eurodeputado Martin Häusling (Verdes/EFA), onde tamén participará Gérard Choplin en representación do CdR e José Miguel Pacheco por parte do Comité Coordinador da Coordinadora Europea Vía Campesina (CEVC). Este espazo versará entorno á necesidade de transformar o sistema agrícola e alimentario para respostar aos actuais desafíos sociais e medioambientais.

A eurodeputada galega Lídia Senra introducirá o segundo dos paneis, que buscará pór sobre a mesa as consecuencias dos acordos comerciais, do desregulamento dos mercados e do poder sobredimensionado da industria e a distribución. Estará acompañada polo Director da Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea, John Clarke. Este espazo contará con testemuñas directas dos impactos no pequeno e mediano campesiñado, a través da produtora de leite Madeleine Kerglonou-Terrom e do membro do Comité Coordinador da CEVC Andoni García.

A terceira das mesas de debate, introducida polo eurodeputado Eric Andrieu (S&D), abordará as consecuencias dos pagos directos da PAC para as áreas rurais e para a mocidade labrega. Será a moza alemá Elisabeth Fresen a encargada de dar conta da súa propia experiencia, que será complementada ca intervención de Genevieve Savigny, integrante do grupo de traballo “políticas agrícolas” da CEVC. Este panel contará con dobre representación da CE, a través da Xefa de Unidade da Dirección Xeral de Medio ambiente, Claudia Olazabal, e do Xefe de Unidade adxunto da Dirección Xeral de Agricultura, Ricard Ramón I Sumoy. Esta representación institucional será completada con Tom Jones por parte do Comité Económico e Social Europeo.

Como vén alertando a eurodeputada galega Lídia Senra dende que se deron a coñecer as primeiras claves da que vai ser a proposta de nova política agraria común, e como subliñou onte mesmo durante a sesión da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Ruralé fundamental dar o debate sobre a proposta que está a facer a Comisión Europea, deixar claro que non queremos continuar con políticas agrarias que están a destruír o medio rural labrego na UE, que provocan o peche de milleiros de explotacións. Queremos moitas labregas e labregos producindo alimentos sans e de calidade na UE, queremos un modelo agroecolóxico de produción, situar de novo os prezos no centro das políticas agrarias e que a UE respecte o dereito dos pobos á soberanía alimentaria”.

Baixo esta perspectiva, ademais deste encontro que vai ter lugar a vindeira semana en Bruxelas, na Galiza Senra coordenou xa a pasada fin de semana a xornada en “A futura PAC para as zonas de montaña”, e o vindeiro sábado 26 de maio desenvolverá en Vedra o encontro “Acceso aos servizos básicos: Un dereito imprescindíbel para un rural vivo en Europa”.

Bruxelas, 17 de Maio de 2018.

Oficina de Lídia Senra
Eurodeputada Galega
Grupo da Esquerda Unitaria Europea/
Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)
Comisión de Agricultura
Comisión de Pesca
Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE
0034 609 845 861
Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas)
Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo)
lidia.senra@europarl.europa.eu
http://ageuropa.gal/
-------------------

A eurodeputada galega Lídia Senra chama á sociedade a exixir como dereito imprescindible uns óptimos servizos básicos no rural - Organiza a xornada ‘Acceso aos servizos básicos: Un dereito impresdincible para un rural vivo en Europa’ o sábado 26 de maio, en Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) - Haberá varios debates nos que participarán concelleiros/as de Boqueixón, Vedra e Santiago, o alcalde de Manzaneda e expertas da USC e de Suecia

Lídia Senra chama á sociedade a exixir como dereito imprescindible uns óptimos servizos básicos no rural. | Organiza a xornada ‘Acceso aos servizos básicos: Un dereito impresdincible para un rural vivo en Europa’ o sábado en Santa Cruz de Ribadulla (Vedra). | Haberá varios debates nos que participarán concelleiros/as de Boqueixón, Vedra e Santiago, o alcalde de Manzaneda e expertas da USC e de Suecia.

A eurodeputada galega Lídia Senra quere realizar un chamamento a toda a sociedade para animar a que se reclame como dereito imprescindible poder ter un acceso óptimo aos servizos básicos no rural galego. “Todas as persoas que viven no rural galego deberían poder ter un transporte público de calidade que as conecte con outros lugares, así como acceso de calidade óptima a internet, servizo de Correos en condicións, etc”, defende a europarlamentaria, quen este próximo sábado, 26 de maio, organiza na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla (Concello de Vedra) unha xornada baixo o título “Acceso aos serivos básicos: Un dereito imprescindible para un rural vivo en Europ.". A xornada, aberta a todas as persoas interesadas, estruturarase en varias mesas de intercambio de información e debate e prolongarase durante todo o día, entre as 10:00 e as 14:00 horas da mañá, e entre as 16:30 e as 18:30 horas da tarde.

Na sesión da mañá, levarase a cabo unha mesa que abordará “O acceso a servizos básicos como poden ser o transporte público, internet e Correos. Análise da deficiente situación actual nos concellos de Vedra e Boqueixón. Como organizarse para defendelos e recuperalos”. Nela intervirán como relatores, ademais da propia Lídia Senra, que ademais é veciña do concello de Vedra, o concelleiro Non Adscrito en Vedra Roberto Castro Rocamonde, e o concelleiro da Agrupación Veciñ@s de Boqueixón Xabier Canabal Fernández. María del Carmen Soutullo Carolo, concelleira en Boqueixón tamén, será a encargada de moderar o debate e de introducir esta parte da xornada.

A continuación, ás 12:30 horas, terá lugar un relatorio a cargo de Jorge Duarte, concelleiro de Santiago responsable de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, que explicará “O novo plan de transporte para Santiago e comarca”. A concelleira na Estrada polo Movemento Veciñal Estradense (MÓVETE), Mar Blanco Casais, será a moderadora nesta parte.

E xa na sesión da tarde, desenvolverase a mesa “O rural vivo é posible. Exemplos de interese na xestión de servizos básicos de concellos galegos e doutras partes de Europa”, na que intervirán o alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez; María Ángeles López Agüera, directora do máster de Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxéitca da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e deseñadora do Plan de Actuación de Enerxía Sustentable (PAES) do concello de Vedra; e Maja Gilbert, membro do Partido da Esquerda sueca e do Consello do Condado na rexión de Dalarma, en Suecia, onde está en marcha o proxecto Fibre to the Village, que estimula ás comunidades a establecer as súas propias redes de internet nos municipios. O profesor na Universidade de Vigo e xornada David Formoso moderará esta parte.

Santiago, 22 de maio de 2018.

Folleto co Programa das Xornadas. En formato pdf. | Acceder/Baixar.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu |

http://ageuropa.gal/ https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
22 de maio de 2018 13:21

__________

Presentación do libro 'Castelao na arte europea', de Siro López Lorenzo, no Ateneo Ferrolán, o xoves 24 de maio ás 19,30hs


Presentación do libro "Castelao na arte europea" de Siro López, no Ateneo Ferrolán, o xoves 24 de maio, ás 19,30hs.

Edita: Garañón Editora

Siro Lopez Lorenzo leva máis de corenta anos estudando a obra de Castelao.

Neste amplo e documentado traballo ofrécenos o seu punto de vista sobre o rianxeiro desde diferentes enfoques, como debuxante, humorista e caricaturista, no contexto dunha Europa da primeira metade do século XX onde esas manifestacións acadan momentos de grande esplendor, e conclúe que Castelao non estivo á marxe senón no grupo de vangarda dos debuxantes europeos do seu tempo.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/191848918093147/

--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan | FACEBOOK |
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
22 de maio de 2018 11:58

____________________

Paco Nogueiras presenta en Pontedeume o Libro-Disco 'Radio Bulebule', na Casa da Cultura este mércores 23 de maio, a partir das 7 da tarde


Paco Nogueiras presenta en Pontedeume o Libro-Disco 'Radio Bulebule', na Casa da Cultura este mércores 23 de maio, a partir das 7 da tarde.

Tralo éxito de “Brinca vai!” o músico galego dedícalle á comunicación as doce cancións do seu novo traballo publicado por Kalandraka.

A Casa da Cultura de Pontedeume (Praza de San Agostiño) acollerá, a presentación do novo libro-cd-dvd de Paco Nogueiras, “Radio Bulebule”, publicado por Kalandraka, con ilustracións de David Pintor e videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo. Nesta actividade, organizada pola Biblioteca Municipal e pola Concellería de Cultura, Paco Nogueiras interpretará unha escolma de cancións e asinará exemplares da obra.

+INFO na NOTA ADXUNTA. Formato pdf. | Acceder/Baixar.




VÍDEO DE PRESENTACIÓN DE RADIO BULEBULE:


https://youtu.be/NYSpe_kzP_4


VIDEOCLIP DE BULEBULE:


https://youtu.be/GrediASDgXM


FACEBOOK DE RADIO BULEBULE:
https://www.facebook.com/RadioBulebuleBrincaVai/

Paz Castro
Dpto. Comunicación

http://www.kalandraka.com

Enviado por:
KALANDRAKA Comunicación
-comunicacion@kalandraka.com-
22 de maio de 2018 11:57

________________________________

Construíndo Unidade Popular en Narón, acto político este xoves 24 de Maio as 19:30hs no Café Teatro do Pazo de Cultura, coa participación de Antón Sánchez, Eva Solla, Marta Lois, Sabela Pérez e André Abeledo


Construíndo Unidade Popular en Narón, acto político este xoves 24 de Maio as 19:30hs no Café Teatro do Pazo de Cultura, coa participación do Concelleiro de EU Narón André Abeledo acompañado por Antón Sánchez (Voceiro Nacional de ANOVA), Eva Solla (Coordinadora Nacional de EU), Marta Lois (Concelleira de Compostela Aberta), e Sabela Pérez (Voceira de Marea Atlántica), participará no acto "Construíndo Unidade Popular en Narón".

Abeledo defende a necesidade da unidade da esquerda para construír entre todas e todos unha sociedade máis xusta e unha cidade máis humana. A Unidade Popular debe ser o camiño da transformación social que debemos comezar a andar en Narón.

O traballo feito dende a oposición polo Grupo Municipal de EU Narón, dende unha oposición que sempre pretendeu construír e tender pontes, propoñer e dar ideas, para mellorar a vida das veciñas e veciños da nosa cidade, vai na liña desta Unidade Popular da xente e para a xente, que entre todas e todos tentamos construír.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN 

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
22 de maio de 2018 11:50

_________________

A oficina estatal do Defensor do Pobo abre unha investigación sobre vulneración do dereito á vivenda, ao non atender o Goberno do Reino de España, as recomendacións de Nacións Unidas en materia de vivenda


O DEFENSOR DE POBO DO ESTADO ABRE UNHA INVESTIGACIÓN SOBRE VULNERACIÓN DO DEREITO Á VIVENDA

Fai-no alegando que a resposta de "un folio" do goberno é unha mostra do pouco interese das autoridades españolas

Organizacións da sociedade civil aplauden a decisión do Defensor do Pobo, quen abriu unha investigación polo incumprimento por parte do Goberno das recomendacións de Nacións Unidas en materia de vivenda, a raíz do caso dunha familia con dous menores que solicitara unha vivenda social ata en 13 ocasións e que finalmente foi desafiuzada sen ofrecerlle unha vivenda alternativa.

Trala condena a España por incumprimento grave das súas obrigacións en materia de vivenda por parte do Comité de Dereitos Económicos Sociais e Culturais de Nacións Unidas, diversas organizacións crearon en setembro de 2017, o Grupo de Monitoreo para o cumprimento do Ditame e suscitaron unha queixa ante o Defensor do Pobo. As organizacións denunciaban así a falta de medidas estatais sobre vulneracións do dereito á vivenda, nun contexto social de reponte dos desafiuzamentos derivados de alugueiro e expulsión do acceso á vivenda de miles de persoas. Trala queixa, o Defensor do Pobo abriu unha investigación considerando que o Goberno non está prestando a debida consideración ao ditame do Comité xa que na súa resposta ao Alto Comisionado de Nacións Unidas non valorou como merecía as recomendacións. Neste sentido, o Defensor do Pobo di que "a remisión dunha resposta dun folio parece indicar que non se deu a esta cuestión por parte das autoridades españolas a importancia que este tema merece".

Ademais, tamén considera que se incumpriu a súa obriga de dar a coñecer e divulgar a decisión do Comité, posto que tan só se publicou nun número do Boletín do Ministerio de Xustiza, sen ningunha outra forma de difusión. Como sinala o propio Defensor do Pobo, é necesario tamén publicar a decisión no Boletín Oficial do Estado. Para o Grupo de Monitoreo esta obrigación vai máis aló e é necesario que os profesionais da xudicatura reciban formación específica achega do dereito á vivenda e as súas garantías en relación co Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (PIDESC)

Máis información

O 20 de xuño de 2017 o Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais de Nacións Unidas, órgano encargado de supervisar o cumprimento dos estados das obrigacións incluídas en PIDESC, condenou a España polo grave incumprimento das súas obrigas en materia de vivenda. Fíxo-o a raíz do caso dunha familia que vivía de alugueiro nunha habitación en Madrid que solicitara até en 13 ocasións, desde 1999 a 2011, unha vivenda social ante o Instituto da Vivenda de Madrid atendendo ás súas dificultades económicas. Ningunha foi admitida. O 3 de outubro de 2013, a familia, con dous fillos menores foron desafiuzados despois de que a propietaria do piso decidise non renovarlles o contrato de alugueiro e o xulgado ordenase o despexo. Sen outro lugar a onde ir, primeiro durmiron durante 10 días nun centro de persoas sen fogar. Tras ser invitados a marcharse, a familia acabou durmindo no coche.

Logo de estudar o caso a resposta do Comité foi clara: o desafiuzamento desta familia, sen alternativa residencial, vulnera o dereito á vivenda recoñecido no PIDESC. A decisión do Comité inclúe recomendacións xerais para paliar un problema que se demostra estrutural no conxunto do Estado, onde só en 2017 producíronse 57.996 desafiuzamentos.

Entre as recomendacións atópanse:

A reforma dos procedementos xudiciais para que os xuíces sexan capaces de valorar as consecuencias persoais do lanzamento, a necesidade de cooperar máis e mellor entre os tribunais e os servizos sociais para evitar que ninguén se quede na rúa, a obrigación de asegurar alternativas residenciais no caso de desafiuzamento e a creación dun plan nacional comprensivo para garantir o dereito á vivenda a persoas con escasos recursos.

Todas son demandas que as organizacións que asinan este comunicado veñen reclamando ás autoridades españolas desde o inicio da crise económica.

Grupo de Monitoreo integrado por: Amnistía Internacional, FEANTSA, Cáritas, Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), Fundación do Consello Xeral da Abogacía Española, Arquitectura Sen Fronteiras (ASF), Observatori DESC, Federación Rexional de Asociacións Veciñais de Madrid (FRAVM), Federación de Asociacións Veciñais de Barcelona (FAVB), Sindicato de Inquilinos, Centro de Asesoría e Estudos Sociais (CAES), e Rede-DESC internacional (ESCR-Net).

18 de maio de 2018

Lugar de Encontro e Asesoría Colectiva en Ferrolterra

TODOS OS MARTES (EXCEPTO FESTIVOS) VEMO-NOS EN CARANZA, POLA TARDE, ENTRE AS 17:00 E 19:00 HORAS, NO LOCAL DE FUCO BUXÁN (RÚA ARMADA ESPAÑOLA, Nº 32 BAIXO) ESTAMOS XENTE DE STOP-DESAFIUZAMENTOS E DA PAH DE FERROL E COMARCA. SE QUERES PARTICIPAR ACHEGA-TE.


Nin Casas sen Xente, Nin Xente sen Casas !
Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!
Si se Pode !! Saúde e Vivenda Digna !!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

______________

Despois de 7 anos desde a constitución de FCT Ferrol Container Terminal, millóns de euros en subvencións, enesimos anuncios de posta en funcionamento, unha carga/descarga dunhas ducias de contedores de proba e múltiples reportaxes en 'La Voz de Galicia', a Autoridade Portuaria anuncia o primeiro contrato conseguido pola terminal portuaria que ten o monopolio concesional no Porto Exterior de Ferrol - MacAndrews asina un contrato coa concesionaria da terminal de contentores de Ferrol hoxe en mans da corporación turca Yilport


MacAndrews[1] asina un contrato coa concesionaria da terminal de contedores de Ferrol hoxe en mans da corporación turca Yilport.

Despois de 7 anos desde a súa constitución Ferrol Container Terminal, millóns de euros en subvencións, incontábeis anuncios de posta en funcionamento en múltiples reportaxes en "La Voz de Galicia", escritos polo actual delegado Andrés Bellón Graña,[2] a Autoridade Portuaria anunciaba o pasado 11 de maio de 2018, o primeiro contrato conseguido pola terminal portuaria (300.000m2) que ten o monopolio concesional no Porto Exterior de Ferrol, aínda que polo de agora a multinacional do transporte non se fixo eco da nova na súa web oficial., nin na web local de Ferrol. que seguen mantendo como noticia destacada o publicado polo Diario de Ferrol, da proba que fixeron en abril do pasado ano 2017, coa chegada do Enforcer.

O antecedente da proba do Enforcer e as guindastres de Acciona

Fai pouco máis dun ano "o buque 'Enforcer' (Na foto),[3] procedente do porto de Tilbury en Reino Unido, recalou auxiliado polo remolcador Ibazábal 5 para desenvolver esta operación, na que estaba previsto o movemento de 110 contedores, mediante a descarga de 90 contenedores baleiros e a carga de 20 contedores con produtos do sector forestal, con destino a Polonia. Para realizar esta manobra, FCT emprega os seus dous guindastres de peirao tipo, así como, catro guindastres de patio tipo 'RTG' e dous 'Reach-Staker'". Todos comprados cunha subvención estatal, á multinacional Acciona que tiña esta maquinaria en desuso no Porto de Alxeciras [4] (Todo é negocio con diñeiro público).[5]

A empresa (Ferrol Container Terminal) foi constituída no local nº218 do Centro Comercial de Narón, o 14 de marzo de 2011, cun capital inicial de 3.010 euros, co obxecto social de explotación, xestión e administración de terminais portuarias de contedores e transporte de mercancías.[6] Ten toda a pinta de ser unha constitución por encargo ao administrador Vicente Díaz Prieto, único socio e administrador da empresa, para facer-se coa concesión da terminal de contedores do Porto Exterior de Ferrol. Pois Sr. Díaz Prieto só a mantivo 55 días a empresa o no seu poder. Foi comprada o 4 de maio do mesmo ano 2011 pola lusa Tcl - Terminal De Contentores De Leixoes SA, hoxe xa parte da operadora de contentores Yilport Holding INC, da corporación transnacional turka Yildirim.[7]

Constitución por encargo

Ferrol Container Terminal, a estrela do presidente da Autoridade Portuaria, foi constituída tan só dous días antes de convocar-se o concurso público, para acceder á concesión da terminal do porto exterior, ademais de ser a única empresa que se presentou. Non cremos que reunira os requisitos esixidos no prego de condicións, pois até facía uns días nin existía. Polo que non tiña nin capacidade técnica, nin solvencia económica. Foi constituída co capital mínimo que esixe a lei para a constitución dunha sociedade limitada. Ademais se engadimos que en 2004 fora a empresa ferrolán Pérez Torres, xunto á multinacional Acciona[8], a que se fixera coa concesión que nunca chegou a poñer en marcha, renunciando con posterioiridade á mesma despois de que a multinacional abandonara o proxecto, por inviábel. Ninguén quería esta terminal, logo, 7 anos máis tarde, volveron a intenta-lo, deste xeito. Só "unha semana antes de que finalizase o prazo (tres veces prorrogado) de entrega de ofertas, foi adquirida por Terminal de Contentores de Leixões", escribe nun interesante artigo Xosé Manuel Pereiro.[9]

Tren a Caneliñas

No medio unha discutida obra, a do tren a Caneliñas, cuestionada polo movemento, ecoloxista, social e veciñal e a esquerda política, ao menos o seu trazado. Aínda que hai quen cuestiona a viabilidade da obra polo seu elevado custe, sen ter garantido que vai ter un uso, xa non digamos rendíbel. Unha vez que está construída a estrada do acceso norte que impacta dun xeito brutal na zona de Mandía e Doniños.

Contrato con MacAndrews

MacAndrews, din que comezara unha liña semanal na terminal de Contentores Yilport Ferrol. Tamén que o servizo regular conectará Galicia con Reino Unido e o norte de Europa a través, supostamente, da extensa rede de portos da naviera. E que a compañía ofrecerá tamén conexión con Canarias para os cargadores galegos.

A Autoridade Portuaria cualifica o anuncio como "un novo fito no obxectivo do Porto de Ferrol de converterse nunha referencia comercial no norte peninsular. A naviera MacAndrews, un dos principais operadores no tráfico intraeuropeo de contenedores, comezará a operar cunha liña semanal na terminal de contenedores Yilport Ferrol".

Sigue informando na súa nota de prensa que "a compañía, que realizara unha escala de proba en abril de 2017 na terminal de contedores, decidiu finalmente apostar polo Porto de Ferrol coa inauguración dunha liña regular con dúas escalas semanais. Unha delas, en dirección norte, permitirá conectar Galicia co Reino Unido e o norte de Europa a través da extensa rede de portos de MacAndrews. A segunda, en dirección sur, ofrecerá aos cargadores galegos unha conexión regular con Canarias".

Palabras que xa se dixeron noutras ocasións

Valora a Autoridade Portuaria que "a posta en marcha desta nova liña de tráfico de contedores supoñerá un importante impulso económico para Galicia xa que implicará unha gran vantaxe competitiva para toda a industria da metade norte da comunidade". En palabras que xa temos escoitado máis dunha vez segue a valoración do organismo portuario, enxalzando a oportunidade económica para as comarcas, como un servizo, o que vai realizar MacAndrews, que "permitirá impulsar tanto a exportación como a importación de mercancías, mellorando notablemente os tempos de tránsito e reducindo custos do transporte terrestre".

Despois de case 18 anos desde que se comezou a construción do Porto Exterior e a 14 desde que se remataron as obras e se producía a primeira concesión da terminal á TPF, unha sociedade participada pola multinacional Acciona e a empresa ferrolán Pérez Torres, cunha seca de contedores de 14 anos, cuxo único beneficio terían que ser as diferentes penalizacións por non poñer a funcionar a concesión portuaria no tempo que establecían os pregos de condicións. Que o único que albergou foron miles de toneladas de asfaltos tóxicos procedentes de Holanda que non pagaron aranceis nun caso xudicializado e sentenciado, mais aínda sen aclarar todas as responsabilidades administrativas e penais. O que si sabemos e que eses asfaltos tóxicos foron a parar ás inmediacións do Río Baa, no polígono industrial de Vilar do Colo, á urbanización do barrio do Bertón en Ferrol (asfaltado das rúas), ... e na propia explanada do Porto Exterior. Era a empresa Manmer a que importaba desde Holanda e comercializaba na Galiza como áridos de residuos reciclados.[10] Logo tamén alberga o fracaso do biodiesel, unha situación algo paliada despois de anos de inactividade (Masol Iberia Biofuel e a de tratamento de residuos Procesoil). Un edificio con débedas millonarias sen rematar, da desaparecida Cámara de Comercio. E unha macro-nave sen apenas uso que xa tivo que ser remodelada por un valor superior aos 300.000 euros.

Unha década e media de seca de contedores


Sen recoñecer o fracaso de case unha década e media de seca de contedores, para a Autoridade Portuaria a terminal de contedores, segue sendo a estrela da infraestrutura, non podía ser menos pola cantidade de metros lineais de porto adxudicados, os subsidios concedidos e os miles de metros cadrados a súa disposición, xunto ao novo e millonario acceso que se está construíndo, para o tren, perforando os montes de Brión. Pois di que "o tráfico de contedores é a principal aposta da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao para porto exterior de Ferrol. E esa aposta vese agora reforzada pola chegada da compañía MacAndrews, do grupo CMA-CGM. A naviera, unha das máis antigas de Europa, é un dos principais operadores de tráfi cos intraeuropeos por contenedor marítimo e CMA-CGM é o terceiro grupo a nivel mundial".

E remata a nota manifestando que "Yilport Ferrol é a empresa concesionaria da terminal de contenedores de Ferrol (Ferrol Container Terminal), unha das maior calado do Atlántico Europeo. Trátase dunha filial do grupo turco Yildirim Group, un xigante industrial que se atopa entre os principais operadores de contenedores a nivel mundial".[11]

Dubida razoábel


O Porto Exterior de Ferrol, foi ideado para albergar, principalmente a estación de deslastre e degasificación que se encontraba en punta Promontorio, para retirar do interior da ría unha actividade potencialmente perigosa e contaminante, mais esta actividade unha vez privatizada en 1987, pasou a Forestal del Atlántico S.A. do Grupo de Tojeiro, promotor de Reganosa, e continuou onde estaba. Por outra banda preveu-se que de construír-se a Planta de Gas, esta estaría localizada no Porto Exterior, daquela era Enagas a que pretendía a súa construción e por último facer un porto carboeiro, para trasladar o porto provisional que se acondicionou para Endesa no Porto Interior. Este foi o único proxecto que tivo continuidade até hoxe. Mais aínda que este proxecto funcionou desde un principio, o que non se fixo foi deixar de descargar carbón no Porto Interior que continuou funcionando até hai uns anos, descargando para a Central Térmica Compostilla II do Bierzo.

Moito ten que cambiar a economía das comarcas e xa non digamos as infraestruturas ferroviarias, para que a terminal de contedores, sexa algo rendíbel.

Notas.-

[1] MacAndrews forma parte do grupo de empresas CMA CGM, transnacional de transporte marítimo, opera unha flota de máis de 2.400.000 TEU. Carga mercadorías a granel, en bolsas ou en caixas de cartón en recipientes estándar, a partir de bens de medida e carga de proxecto en bastidores planos, froitas, carnes, peixes e outros produtos que requiren control nos envases de refrixeración, ... | Ir á Web.

[2] Reportaxes e artigos de Andrés Bellón en "La Voz de Galicia". | Ir á Web.

[3] Miles de referencias no buscador de Google, sobre o día que recalou o buque 'Enforcer' na terminal de FCT (Yilport) do Porto Exterior de Ferrol. | Ir á Web. | Con vídeo do feito incluído. | Ir ao Vídeo.

[4] Acciona vende os guindastres amarelos de TCA para unha nova terminal en Ferrol. | O grupo portugués Mota-Engil compra dous 'portainers' e catro 'transtainers' á antiga concesionaria da explanada do peirao de Illa Verde. A empresa espera iniciar o traslado da maquinaria en setembro. | Ir á Web.

[5] Relación de Axudas do Plan Ferrol - Resolución do 28 de novembro de 2012. | Acceder/Baixar.

[6] Compra/venda de FCT. | 191946 - FERROL CONTAINER TERMINAL SL(R.M. A CORUÑA). Sociedad unipersonal. Cambio de identidad del socio único: TCL - TERMINAL DE CONTENTORES DE LEIXOES SA. Ceses/Dimisiones. Adm. Unico: DIAZ PRIETO VICENTE. Nombramientos. Adm. Mancom.: MARTINS DE CASTRO FEIJO LOPO MARIA; FRADE SOBRAL PIMENTEL EDUARDO JOAO; DO SEMEIRO DE MOUTINHO NEVES PAULO MANUEL; DO VALE MOIA AFONSO JORGE LUIS; URBANO GOMES MANUEL. Modificaciones estatutarias. Cambio del Organo de Administración: Administrador único a Administradores mancomunados. Datos registrales. T 3411 , F 221, S 8, H C 47248, I/A 2 (18.04.11) . | BOLETÍN OFICIAL DEL REGISTRO MERCANTIL Núm. 84 Miércoles 4 de mayo de 2011 Pág. 22936 . | Páxina 3 - 7 páxinas formato pdf. | Acceder/Baixar. |  271550 - FERROL CONTAINER TERMINAL, S.A.(R.M. A CORUÑA). Ceses/Dimisiones. Consejero: MARTINS DE CASTRO FEIJO LOPO MARIA. Presidente: MARTINS DE CASTRO FEIJO LOPO MARIA. Cons.Del.Man: MARTINS DE CASTRO FEIJO LOPO MARIA. Secretario: URBANO GOMES MANUEL. Nombramientos. Consejero: TCL - TERMINAL DE CONTENTORES DE LEIXOES SA. Presidente: TCL - TERMINAL DE CONTENTORES DE LEIXOES SA. Cons.Del.Man: TCL - TERMINAL DE CONTENTORES DE LEIXOES SA. Secretario: VAZ MARECOS DIOGO. Datos registrales. T 3430 , F 159, S 8, H C 47248, I/A 12 (22.06.17). | BOLETÍN OFICIAL DEL REGISTRO MERCANTIL Núm. 123. Viernes 30 de junio de 2017. Pág. 29283 | Páxina 5 - 7 paxinas formato pdf. | Acceder/Baixar.
[8] A multinacional Acciona, tamén foi a concesionaria para construción do Porto Exterior que se comezaran as obras mesmo día no que estrellaron os avión contra as torres xemelgas de Nova York, o 11 de setembro de 2001. | Ir á Web.

[9] Artigo de Xosé Manuel Pereiro. | O longo baleiro dos contedores. | O porto exterior de Ferrol confía o seu futuro a unha empresa constituída dous días antes de convocarse o concurso público e vendida logo a unha firma portuguesa. | El País - 26 de setembro de 2011. | Ir á Web.

[10] Nomes como o que fora deputado do Partido Popular no Parlamento de Galicia, Javier Escribano; o contratista Fermín Duarte Rodríguez; Holding Transmediterránea de Construcción; Manmer; Eerland Certification BV; Caso Arenas; Transmediterránea de Construcción; Asociación Gallega de Áridos (AGA)... Nomes que aparecen no artigo "A Europol investiga a fraude dos áridos tóxicos do 'caso Area'. O xuíz reclama á policía europea que rastrexe a procedencia do produto", de Lorena Bustabad, publicado en El País, o 10 de novembro de 2011. | Ir á Web. | "A empresa que vende áridos tóxicos defende que son legais. Manmer admite que o seu aglomerado pode ser contaminante". | 4 de febreiro de 2010. | Ir áWeb. | E no de Carmela López en "La Voz de Galicia" o 3 de outubro de 2017. | "O empresario de Pontedeume que importou áridos tóxicos acaba condenado a seis meses de prisión. O delito descuberto en Ferrol derivou na dimisión dun deputado do PP no 2011". | Ir á Web. | O maxistrado Alejandro Morán Llordén, a cargo nesa época do Xulgado de Instrución número 3 de Ferrol, foi quen dirixiu as investigacións do sumario.

[11] MacAndrews comezara unha liña semanal na terminal de Contentores Yilport Ferrol. | Autoridade Portuaria - 11 de maio, 2018. | Ir á web.


Documentación
.

Plan de Emerxencia Exterior Cabo Prioriño. | 109 páxinas en formato pdf - Outubro 2016. | Acceder/Baixar.

Memoria Anual da Autoridade Portuaria 2016. | Baixar.

Info baseada na enviada por:
apfsc - Autoridad Portuaria de Ferrol - San Cibrao
apfscy@apfsc.es
11 de maio de 2018 15:26
____________

luns, maio 21, 2018

As persoas maiores, tamén nos preocupan - Propostas, demandas e argumentos, para unha política que teña en conta ás persoas maiores - LiGanDo


Hai demandas sociais que por moi pouco que se pense son xustas e moi necesarias, mais as demandas que onte publicou a nova organización política galega LiGanDo,[1] na súa Web e que difunde polas redes sociais, son dun calado social moi profundo. Pois vivimos nunha sociedade de maiores. Nas nosas comarcas (Ferrolterra, Eume e Ortegal) hai concellos cuxo índice de envellecemento é moi elevado, mais Ferrol aínda que sexa unha cidade, por mor da súa acelerada despoboación, provocada pola alta emigración da súa mocidade e o elevado índice de mortaldade, en relación co baixo de nacementos, conta cun índice de envellecemento que a converte na cidade mais avellentada da Galiza. Sendo o seu índice de envellecemento, no ano 2017, segundo datos do IGE, dun 183,26%, é dicir por cada 100 persoas menores de 20 anos hai 184 maiores de 65. [2] Tendo en conta que o índice medio da Galiza é de 154,8%, nengunha cidade, agás Ferrol, supera esta media (A Coruña o 146,1%, Compostela o 124,1%, Pontevedra o 101,3%, Vigo o 122,5%, Ourense o 146,3% e Lugo o 116,6%). O número de persoas que viven solas nas súas casa é moi elevado e todos os anos son demasiadas a novas de mortes de persoas en total soidade. Todos estes datos debería de preocupar-nos e facer nosas as demandas que se propoñen.

Estas son as demandas que propoñen:

1.- Elaborar un Censo Municipal de persoas Maiores que viven soas na súa vivenda, con escasos recursos económicos.

Diagnosticar as necesidades asistenciais e determinar o nivel de alerta de cada persoa e poder aplicar, así, as políticas sociais pertinentes mediante un protocolo para as persoas maiores.

2.- Reforzar a política de vivendas sociais de xestión municipal. Así como pór en marcha Vivendas Colaborativas Municipais seguindo o modelo co-housing ou co-vivenda, adaptándoo ás nosas posibilidades.

As vivendas colectivas públicas, cunha renda accesíbel a cada nivel de ingresos son un modelo preventivo de moitas problemáticas sociais. Desde o potenciamento da axuda mutua e o encontro interxeracional ate un xeito de combater a soidade e a depresión.

3.- Aumentar os investimentos na Axuda a domicilio para Maiores non só para garantir unha vida digna, senón tamén para fixar emprego local en traballo socialmente necesario, como é o traballo nos Coidados.

4.- Seguir creando comedores sociais distribuídos por todos os barrios, abertos non só a sénior senón a veciños con baixo nivel de rendas ou carente delas. Pois os comedores sociais son un importantes centros de integración comunitaria e de fomento de hábitos saudábeis.

5.- Crear albergues para persoas sen recursos.

6.- Volver a dotar á cidade de cabinas telefónicas e urinarios públicos en puntos estratéxicos que satisfagan as necesidades dos maiores e do resto da poboación.

7.- Mellorar o servizo de transporte público no que ten a prezo, frecuencia e calidade, para que, cando menos, hospitais, centros de saúde e oferta cultural así como mercados locais queden suficientemente comunicados.

Os seus argumentos:

Malia que a nosa formulación fuxe das políticas centradas na guetización da sociedade, a situación dos Maiores en Ferrol reclama dunha planificación específica sen obviar a necesaria política interxeracional.

Ao avellentamento poboacional temos que lle engadir as altas taxas de emigración xuvenil e a pexar de termos as galegas unha das rendas máis baixas dentro do Estado español.

As consecuencias sociais do devandito, neste colectivo, non deben ser esquecidas da administración local. Malia que as políticas sociais deben exercerse transversalmente, a situación dos Maiores require unha actuación local específica.

Hai moitos Maiores que viven sós, mais non se sabe até que punto isto sucede por non existir un censo municipal.

Por iso é imprescindíbel diagnosticar as necesidades asistenciais e determinar o nivel de alerta de cada persoa para poder aplicar así, as políticas sociais pertinentes mediante un protocolo para as persoas maiores.

Existen experiencias bastante satisfactorias de centros ou pisos onde se dá a axuda mutua entre persoas maiores xa que así é máis doado levar os problemas propios da idade avanzada.

As vivendas colaborativas e unha aposta forte polos alugueiros sociais xunto cunha rede asistencial municipal de coidados e acompañamento, amais de seguir dotando todos os barrios de comedores sociais contribuiría a aumentar substancialmente a calidade de vida dos maiores.

Por outra banda, as persoas maiores teñen preguiza e/ou medo á hora de conducir. A falta de transporte público axeitado, obrígaos a tirar de familiares ou amizades para se poder desprazar aos centros de saúde ou a actividades sociais ou de lecer.

Un bo servizo municipal de transporte público será fundamental dentro dun plan de mobilidade urbana máis cobizoso, onde a peonalización, as zonas verdes e de lecer e a dotación en mobiliario urbano permitan gozar dunha cidade máis humana.

---
[1] LiGanDo, organización política galega eco-feminista e decrecentista. | Ir á Web.
[2] Índice de envellecemento: Relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos expresada en %, é dicir, o número de persoas de 65 ou máis anos por cada 100 menores de 20 anos.

___________

Diferentes, mais iguais - Este domingo 20 de maio foi o 'Día do Orgullo Louco' - Por primeira vez un grupo de activistas pola diversidade mental conmemoraron en Ferrol este día reivindicando-se para facer-se visíbeis e romper o silencio - Manifesto - Parbéns!


Este domingo 20 de maio "Día do Orgullo Louco". Por primeira vez un grupo de activistas pola "diversidade mental" conmemorou en Ferrol este día reivindicando-se para facer-se visíbeis e romper o silencio. Un pequeno paso, mais de moito valor. Necesitan-se iniciativas deste tipo, xente que dea os primeiros pasos, son moitas e moitos os que agardan respecto e recoñecemento, aos seus dereitos a ser como son, a ser libres, sen estigmatismos, a ser comprendidas, a ser apoiadas, mais sobre todo a ser aceptadas e respectadas.

O orgullo cura-o

Promover a diversidade mental e abordar a loucura desde a consideración da diversidade sería moito mellor para todas. Seríamos mellores persoas e máis felices. A aceptación do diferente, mais o recoñecemento en igualdade en dereitos.

O activismo polo recoñecemento da "diversidade mental" (Un termo non negativo desa "diversidade funcional"), xa é mundial desde que comezou en Canada en 1993 e se foi estendendo polo mundo. Ten que ser un orgullo, para todas nós que xurdira esta iniciativa tamén en Ferrol. Que aínda que sexa incipiente, unha pequena semente, ben coidada e tratada con agarimo, pode dar moi bos froitos. A celebración do día do orgullo louco na rúa, non só nas rdedes sociais, para facer-se visíbel e presentar as súas reivindicacións na defensa dos dereitos fundamentais como seres humanos, co obxectivo ademais de romper co seu silencio, e un grande desexo e un grande logro. Parabéns.

Obxectivos loábeis

As activistas da"diversidade mental" quere acabar co sufrimento que causa "o estigma social do descoñecemento, a sobreprotección, o illamento e até a maldición ou a vexación", que limita as súas condicións para desenvolver ao máximo a súa calidade de vida. Queren que desaparezan estes "mitos e prexuízos, fomentando que as persoas, as institucións e as sociedades aprenden a xerar espazos de convivencia na diversidade".

Busca-se a concienciación de todas no recoñecemento da diferencia e o respecto da igualdade como persoas e en dereitos. A necesidade da convivencia en diversidade, de aprender a convivir coa "diversidade mental". Sobre todo nestes momentos de medre do autoritarismo, da perda de dereitos, da lei do máis forte fronte a xustiza.


Resumo do Manifesto

Somos un grupo de Activistas en saúde mental (loucas e loucos) que nos reunimos para espertar a conciencia de todo o colectivo con respecto ao orgullo da nosa diversidade e presentarnos ante toda a sociedade, celebrando por primeira vez o "Orgullo Louco".

Este 20 de maio saímos á rúa para rebelarnos contra o silencio e a invisibilización, queremos reivindicar os nosos dereitos e, sobre todo, a igualdade entre todos os seres humanos.

Por iso reivindicamos:

1. Respecto integral dos dereitos humanos en saúde mental.

2. Esiximos que se poñan en funcionamento mecanismos áxiles de recapacitación para poder garantir a nosa autonomía.

3. Reivindicamos cero contencións e o fin da tortura en psiquiatría.

4. Queremos maior formación para todas as profesionais da saúde mental e que se poñan en funcionamento opcións non coercitivas.

5. Queremos pedir especialmente a nosa participación directa e real en todas as decisións políticas e sociais que nos afecten.

6. Esiximos unha protección especial para a infancia e a adolescencia.

7. Pretendemos fomentar e incentivar especialmente a loita contra a discriminación, e aquí é esencial o uso dunha linguaxe inclusiva.

8. Por ultimo, esiximos o respecto e a dotación orzamentaria ou os dereitos sociais que afectan ás persoas con diversidade mental.

Ferrol, 20 de maio de 2018

---

Hai un Grupo de encontro e debate no facebook. | Grupo Orgullo Louco Ferrol.


Orgullo Louco (Mad Pride) ao longo do mundo


https://youtu.be/ACgYzgKb4TA



https://youtu.be/ZW2547sb_Z8

_____

domingo, maio 20, 2018

Por+Vida, Asociación Oncohematolóxica, organiza, unha charla coa Dra Laura M. de Paz Arias, Xefa de Oncoloxía do CHUS, co titulo 'Que é o cancro de mama? Prevención, diagnose e tratamento' - O acto terá lugar o xoves 31 maio, ás 7 da tarde, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Fene


Por+Vida, Asociación Oncohematolóxica, organiza, unha charla coa Dra Laura M. de Paz Arias, Xefa de Oncoloxía do CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol), co titulo "Que é o cancro de mama? Prevención, diagnose e tratamento". O acto terá lugar o xoves 31 maio, ás 7 da tarde, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Fene.

Dende a Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA queremos informar da charla que imos ter neste mes de maio dentro das nosas actividades informativas: Ano 2018 que se cumpre o 10º Aniversario do inicio do Programa de Educación Física contra a fatiga Oncolóxica no concello de Fene que deu orixe despois no ano 2011 ao nacemento da nosa asociación.

Tamén destacamos o relevo que se produciu no mes de decembro do 2017 co cambio de presidenta da asociación coa saída de Olalla Sas Cruz e a entrada da nova presidenta Laura Cruz Martínez.

E tamén a comezos deste 2018 volvemos a colaborar con outros 4.000,00 € (como no ano 2017) á Fundación Ramón Domínguez  para o grupo IDIS de Xenética que traballa na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para proxectos de investigación de mediciña xenética.

--
Por+Vida
Asociación oncohematolóxica
Tlf. 650 812 030
pormaisvida2011@gmail.com
http://pormaisvida2011.blogspot.com

Enviado por:
Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA
-pormaisvida2011@gmail.com-
20 de maio de 2018 13:51

_______________

venres, maio 18, 2018

Convocada a XII Marcha a Pé de Ferrol a Mugardos contra o despropósito gasista de Reganosa, para o venres 8 de xuño, con saída ás 5 da tarde desde o Pârque 'Carmelo Teixeiro' de Caranza


XII Marcha a Pé Ferrol Mugardos: 8 de xuño

A Marcha a Pé, que se ven celebrando desde hai 12 anos para reivindicar o peche da Planta de Gas de Reganosa, perigo permanente na nosa Ría e nas nosas vidas, terá lugar, este 2018, o venres 8 de xuño, con saída do Parque Carmelo Teixeiro, en Caranza, ás 17 hs, para rematar na A. VV. Cruceiro de Mehá de Mugardos, onde haberá, como é costume, viandas e confraternización.

O CCE convida a toda a cidadanía a participar, andando, en bici ou en coche, conforme ás posibilidades de cada quen.

PLANTA DE GAS : PECHE XÁ !

Sentenzas

Din formalmente os políticos corruptos, cando lles convén que as sentenzas está para cumprilas, mais este non é o caso de Reganosa, con catro sentenzas do Tribunal Supremo que a declaran ilegal. O goberno español, daquela en funcións, de Mariano Rajoy, para saltar-se formalmente as sentenzas do alto tribunal, resolveu eximir a Reganosa de someter-se a preceptiva avaliación ambiental que por suposto o Comité Cidadán de Emerxencia ten recorrida a citada resolución gobernamental. Mesmo esta decisión gobernamental de exclusión da obriga de someter-se a avaliación ambiental foi custionada por "El Defensor del Pueblo". Reganosa foi construída de xeito fraudulento ao amparo dun acordo confidencial, asinado o 20 de xullo do ano 2000, baixo o paraugas do goberno Fraga, con empresas multinacionais da enerxía, o Grupo Tojeiro e Caixa Galicia, entidade financeira corrompida pola súa directiva, hoxe moitos dos seus membros condenados por sentenza firme.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Info baseada na enviada por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
17 de maio de 2018 12:51

____________________