xoves, maio 16, 2019

A delegación de Adega de Trasancos, chama a participar nos actos do venres 17 de maio, día das Nosas Letras, en Ferrol, nomedamente na mobiliación que vai ter lugar ás 12 do mediodía na Praza Vella


DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 DE MAIO)

Esta sexta feira (17 de maio), as 12h na praza de Ferrol Vello, vai haver unha concentración de Queremos Galego da que Adega forma parte, en defensa da nosa lingua nai, en defensa da verdadeira lingua desta marabillosa terra chamada Galiza. Como ben sabes, o galego está na UCI e a súa situación é moi crítica, cun goberno do PP na Xunta de Galiza, que en vez de promovelo e defendelo, actúa na súa contra. Baixo o lema de de LIBERDADE, IGUALDADE E XUSTIZA deixoute os enlaces de Queremos Galego e da Mesa pola Normalización Lingüística, transcorrerán por todo o país marchas e concentracións na defensa do Galego e que as persoas galego falantes podan vivir con total normalidade na Galiza.

En Ferrol decidimos facer unha concentración na Praza Vella (no porto) ás 12h este 17 de Maio, onde Xoan Padín con dous compañeiros tocaran un par de pezas e tamén vai actuar o grupo Os Dous + un que tamén nos vai deleitar cun par dos seus mellores temas. Despois lerase un manifesto por varias mulleres da comarca.

Sen máis e esperando poder contar coa vosa presenza neste acto, recibe unha forte aperta ecoloxista.

MIGUEL ANJO GONZÁLEZ GARCÍA
(SECRETARIO ADEGA-FERROLTERRA).  

adegatrasancos@adega.gal

ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza)

Delegación de Ferrolterra

Apartado de Correos 481,
C.P.: 15480 - Ferrol

ASÓCIATE!!!

www.adega.gal

> Delegacións > Ferrolterra

Enviado por:
ADEGA-Ferrolterra
-adegatrasancos@adega.gal-
16 de maio de 2019 02:21

______________

Imaxe: Lamina da  Movida (Vigo).
__________________________

Na Praza de Rosalía, tivo lugar un Acto de apoio á candidatura do BNG encabezada por Iván Rivas - Previsión do BNG para este xoves en Ferrol, no barrio de Santa Mariña


Acto de apoio á candidatura do BNG encabezada por Iván Rivas


Indícovos ademais que mañá xoves 16 o BNG de Ferrol fará un acto público no local da asociación veciñal de Santa Mariña ás 20:00 horas, no que intervirán María Rivera, José Ramón López e Iván Rivas

O BNG DE FERROL PARTICIPOU HOXE NO ACTO POÉTICO-POLÍTICO-MUSICAL EN APOIO Á CANDIDATURA ENCABEZADA POR IVÁN RIVAS

O BNG de Ferrol participou hoxe no acto poético-político-musical organizado polos promotores do manifesto de apoio á candidatura encabezada por Iván Rivas, un texto que supera xa as 80 firmas de persoas que non pertencen ao BNG.

A pesares dos constantes atrancos que se están a poñer diante da alternativa política que representan os nacionalistas, queda claro que conta co apoio fundamental das veciñas e veciños que organizaron o acto desta tarde, en representación de diversos colectivos da cidade como activistas ou persoeiros da cultura.

Persoas que teñen moi claro que Ferrol precisa as propostas contundentes que presenta o BNG de Ferrol en materias como economía, urbanismo e xestión dos servizos municipais. Porque é hora de que nesta cidade rematemos cos privilexios de administracións públicas como o Ministerio de Defensa ou a Autoridade Portuaria; e empresas como Navantia que non pagan os impostos como facemos os demais.

É hora de que Ferrol deixe de ser unha cidade incompleta e que non só acometamos o derrubo da muralla do Arsenal, senón que integremos eses espazos privilexiados no tramo urbano da cidade. E é hora tamén de que o diñeiro dos ferroláns, se gaste nos ferroláns a través de investimento público, na rehabilitación urbana e arquitectónica da cidade e deixemos de entregar millóns e millóns de euros a transnacionais que xestionan os servizos principais coma o lixo ou a auga”, afirmou o candidato á alcaldía, Iván Rivas.

O nacionalista incidiu tamén na súa intervención en que a pesar da insistencia por convencernos de que todos estes temas son imposibles, o certo é que a política consiste en facer posible o imposible e loitar contra as inercias dos “realistas” que nunca serán capaces de transformar a realidade porque a aceptan.

Ferrol, 15 de maio de 2019.

Nota.- Esta-se editando un vídeo do acto que publicaremos en breve.

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol
BNG - Ferrol

Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
15 de maio de 2019 18:46

_____________

Actos de Campaña de Eliximos Narón: Conferencia e Debate sobre o Blindaxe das Pensión na Constitución - E acto de onte que tivemos no local social do Virxe do Mar

Actos de Campaña de Eliximos Narón

Acto que tivemos onte no local social do Virxe do Mar no que se debateu sobre as deficiencias das vivendas que xa son moi antigas e a proposta de Eliximos de solicitar a declaración de Areas de Rehabilitación Integral para beneficiarse das axudas estatais e autonómicas para a rehabilitación das vivendas.

Esta proposta xa foi levada a pleno por Eliximos nunha moción presentada en xaneiro deste ano pedindo a participación do concello no programa de fomento de rexeneración e renovación urbana e rural do plan estatal de vivenda 2018-2021, e que finalmente foi deixada en espera a petición do Goberno pola inminente saída de nova normativa da Xunta ao respecto das vivendas, e que xa saíu publicada, polo que xa se podería retomar o debate.

Hoxe, teremos outro acto no local da Pombiña en Pedroso, e para maña está convocado outro no local social de San Mateo.

Conferencia - Debate sobre o Blindaxe das Pensión na Constitución

O próximo venres 17 de maio, as 18:30 horas, Eliximos Narón organiza un conferencia-debate sobre o Blindaxe das Pensións na Constitución, en apoio á “Mesa Estatal por el Blindaje de las Pensiones – MERP”, recentemente premiada coa “distinción a la defensa de los derechos y libertades constitucionales” pola Generalitat Valenciana.

Invitamos a todos os interesados a asistir ao acto que contará co portavoz da MERP Joanen Cunyat e coa participación de outros actores sociais.


Eliximos Narón
(Recortes Cero – Grupo Verde)

673141822 - eliximos@gmail.com
Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.
Web  |  TwitterFacebook


Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
15 de maio de 2019 18:29
15 de maio de 2019 18:50

___________

Día dos Museos: Exposición 'Pequenas crianzas coa arte', da E.I. A Galiña Azul de Fene, e o monólogo 'Un show a cobro revertido', de Las niñas de la risa, no salón de actos da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene



"Un show a cobro revertido" e"Pequenas crianzas coa arte" programación para o "Día dos Museos" na Casa da Cultura - Museo do Humor de Fene

Monólogo

Monólogo "Un show a cobro revertido", de Las niñas de la risa, que terá lugar o vindeiro sábado 18 de maio, ás 20 horas, no salón da actos da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene, no marco da conmemoración do Día dos Museos.

Programa:

Ás 20.00 horas, MONÓLOGO humorístico “UN SHOW A COBRO REVERTIDO”, a cargo de LAS NIÑAS DE LA RISA (Diana Sieira e Ángela Triana).

Entrada libre (público adulto)

Exposición

As crianzas son grandes artistas que gozan mergullándose en cores, formas, texturas e sons que aloumiñan os seus sentidos

Exposición “Pequenas crianzas coa arte”, do alumnado da Escola Infantil “A galiña azul” de Fene, que se amosará do xoves 16 ao xoves 30 de maio na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura (Avda. de Conces, 20-22, Fene).

Horario:

De luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e sábados, de 10 a 13 horas. Domingos e festivos, pechado.

--
Museo do Humor de Fene
Rúa Conces, 20-22
15.500. Fene (A Coruña)
Tfno. 981-342400 // 607-625357

Info baseada na enviada por:
Museo do Humor de Fene
-museodohumor@gmail.com-
15 de maio de 2019 12:27

Almudena Marcos - Coordinadora do Museo do Humor de Fene

___________

mércores, maio 15, 2019

As previsión de Marea de Ferrol para o xoves 16 de maio, coa Asociación Diversidade Funcional e no Torrente Ballester con asociacións e entidades do Barrio da Magdalena


PREVISIÓNS MAREA DE FERROL PARA O XOVES 16 DE MAIO


Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para  mañá xoves 16 de maio.

1. Ás 12.00 horas, teremos unha xuntanza coa Asociación Diversidade Funcional (Diverfec)

2. Ás 19.00 horas, manteremos un Encontro no CC Torrente Ballester con diversas asociacións e colectivos de diversos ámbitos que operan no Centro de Ferrol, para escoitar as súas problemáticas e propostas, e achegar as nosas propostas para o Barrio da Magdalena e as diferentes áreas de intervención.

3. Así mesmo, o noso local electoral (Rúa Dolores, 20) permanecerá aberto mañá e tarde -en horario de 10:00 a 14:00 hh. e de 17:30 a 19:30 hh- como espazo de encontro e de conversa con todos os/as veciños/as que queiran achegarse.


Marea de Ferol
Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
https://twitter.com/FerrolMarea
https://facebook.com/mareadeferrol

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
15 de maio de 2019 11:42

_____________

Recital das Letras Galegas: Voces da Rock School, este Xoves 16 de maio ás 19,30 hs, no Ateneo Ferrolán


[Ateneo Ferrolán]
Voces da Rock School.
Recital das Letras Galegas.

Voces da Rock School. 🎼🎶 
Recital das Letras Galegas

O xoves 16 de maio ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán

Entrada libre

--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!


Enviado por;
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
15 de maio de 2019 12:13

_____________

Acto público, hoxe, mércores 15 de maio, ás 8 da tarde, na Praza de Rosalía de Castro do barrio de San Xoán, organizado pola Iniciativa veciñal de apoio à candidatura do BNG, encabezada por Iván Rivas ao Concello de Ferrol


[ACTO PÚBLICO]
Hoxe, mércores 15 de maio, na Praza de Rosalía de Castro no barrio de San Xoán.


Hoxe, mércores 15 de maio,ás 8 da tarde, na Praza de Rosalía de Castro no barrio de San Xoán, terá lugar un acto público que amose o noso apoio a candidatura do BNG.

Á 🕗 20:00 hrs.

Localización da praza: Ir ao mapa.

Haberá:

🎼 Intervencións poéticas e musicais.

🎙Micrófono aberto para mostrar apoio.

🌻Ofrenda floral a Rosalía.

E contaremos coa intervención de Iván Rivas.

Esperámoste

Un cordial saúdo

Iniciativa veciñal de apoio à candidatura do BNG encabezada por Iván Rivas ao Concello de Ferrol

Contacto:
apoiocandidaturaivan@gmail.com
Enviado por:
Apoio a candidatura encabezada por Iván Rivas
-apoiocandidaturaivan@gmail.com-
15 de maio de 2019 10:59

___________________

CCOO Industria Ferrol, celebrou un Congreso Extraordinario, onde elixiu nova dirección - Nuria Fernández foi elixida nova Secretaria Xeral da federación comarcal


Congreso Extraordinario CCOO Industria Ferrol

O Sindicato Comarcal de CCOO Industria de Ferrol celebrou este pasado venres 10 de Maio un Congreso Extraordinario para escoller o seu novo Órgano de Dirección.

Delegados e delegadas de CCOO Industria da comarca apostaron por unanimidade tanto na elección da Secretaría Xeral como na elección da Executiva, dando un paso máis cara a igualdade coa primeira Secretaria Xeral de CCOO Industria de Ferrol.

Polo tanto Nuria Fernández foi escollida como Secretaria Xeral de CCOO Industria de Ferrol ao frente da Executiva formada por: Roberto Villasuso, Iván López, Miguel Uría, Rocío Sanz, Emilio García, Fernando Galego e Jesús Calvo.


Enviado por:
ROBERTO VILLASUSO VAZQUEZ
-rvillasuso@industria.ccoo.es-
14 de maio de 2019 22:08


___________

Enlaces relacionados

Unión Comarcal de Ferrol:
http://www.ccoo.gal/webgalicia/menu.do?O_teu_sindicato:Unions_Territoriais:Ferrol

SIndicato Nacional de CCOO de Galicia:
http://www.ccoo.gal/webgalicia/

Federación de Industria de CCOO:
http://www.industria.ccoo.es/Galicia

Confederación Sindical de Comisión Obreiras:
https://www.ccoo.es/

_______________________

Podemos Narón reitera que non presentou candidatura ás eleccións municipais do 26M - A formación non deu apoio nin pide o voto para ningunha das listas que concorren aos comicios


Podemos Narón reitera que non presentou candidatura ás eleccións municipais do 26M. | A formación non deu apoio nin pide o voto para ningunha das listas que concorren aos comicios.


Ante a confusión derivada da publicación de informacións relativas ás eleccións locais do 26 de Maio, Podemos Narón quere lembrar que non presentou candidatura algunha á alcaldía da vila, e que tampouco acordou dar o seu apoio explícito nin pedir o voto para ningunha das listas que concorren aos comicios.
Podemos Narón lembra tamén que tomou a decisión de non presentarse ás eleccións locais tras constatar que non se daban as circunstancias requiridas para conformar candidaturas de progreso e unidade popular co resto de forzas e actores civís e sociais cos que comparte o espazo de cambio. Desa forma, ningunha das opcións electorais que si se presentan conta coa súa marca nin co seu aval.

Narón, 14 de maio de 2019

Elena Pernas, coordinadora de Podemos Narón
https://es-es.facebook.com/podemos.naron








Enviado por:
Prensa Podemos Galicia
-prensa@galicia.podemos.info-
14 de maio de 2019 19:01

____________

O BNG de Ferrol ten coma prioridade a atención ás persoas maiores e ás mulleres, as grandes esquecidas - O BNG ten previsto participar mañá mércores 15 de maio, ás 8 da tarde, na Praza Rosalia de Castro, nun acto organizado por unha iniciativa veciñal constituida para o apoio á formación política para estas eleccións locais de 2019


PREVISIÖN BNG PARA ESTE MÉRCORES 15 de MAIO


Mañá mércores 15 de maio, o BNG de Ferrol participará no acto público poético-político-musical ás 20:00 horas na Praza Rosalía de Castro, organizado polos membros da iniciativa veciñal de apoio à candidatura do BNG encabezada por Iván Rivas.

Acto público de apoio á candidatura do bng encabezada por Iván Rivas

✅ Mércores 15 de maio ás 8 da tarde na Praza Rosalia de Castro no barrio de San Xoán.
✅ Intervención poéticas e musicais.
✅ Micrófono aberto para mostrar apoio.
✅ Ofrenda floral a Rosalia.
✅ Intervención de Iván Rivas

Asina o Manifesto de apoio en:

https://apoiocandidaturaivanrivas.blogspot.com/


O BNG DE FERROL TEN COMO PRIORIDADE A ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES E ÁS MULLERES: AS GRANDES ESQUECIDAS


O BNG de Ferrol ten coma prioridade a atención ás persoas maiores e ás mulleres, as grandes esquecidas. “É preciso que se deixe de delegar a empresas privadas a xestión da súa atención, a través de contratos que non só afectan aos traballadores, senón que pola precariedade das condicións, precarizan tamén o servizo”, apuntou o candidato á alcaldía, Iván Rivas.

Por tanto, no só é necesario facer atractiva a cidade para a xente de fóra (dende o punto de vista urbanístico, con procesos de peonalización e dende o punto de vista arquitectónico, con decisións contundentes destinadas á rehabilitación); senón que estas decisións xunto coa mellora da accesibilidade teñen que ir acompañadas co feito de asumir de maneira directa a xestión da atención aos maiores, esixíndolle á Xunta de Galiza a súa aportación económica para prestar un servizo da súa competencia.

Neste contexto, para o BNG a xestión do Concello debe ser intervencionista, dende a defensa da capacidade da administración pública para prestar servizos e mellorar as condicións de vida dos veciños e veciñas de Ferrol. A xestión directa da administración e dos servizos públicos é a fórmula que mellor garante o seu funcionamento, con criterios de calidade e interese público.

Para o BNG é preciso ademais que o Concello manteña decidido impulso pola conciliación da vida laboral e familiar desde unha perspectiva transversal,  apostando por incrementar, investir e mellorar todos os servizos que favorezan a vida das mulleres esixindo ao resto de administracións o cumprimento dos obxectivos de xénero.

Ferrol, 14 de maio de 2019.

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol
BNG - Ferrol


Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
14 de maio de 2019 17:25




______________

martes, maio 14, 2019

A guerra sucia chegou ao Facebook: Unha campaña de denuncias inxustificadas bloquearon as páxinas de facebook do BNG, das localidades de Fene, Cabanas, Ferrol e Ferrolterra


Denuncias inxustificadas que bloquean as páxinas nesta rede.

Nás últimas horas varias contas do BNG de Facebook (case todas da comarca) foron pechadas temporalmente por "algunha denuncia". A de Fene só afectou de madrugada e xa está solucionada, outras como a de Cabanas tamén xa está restaurada. A de Ferrol e da comarca de Ferrolterra aínda non están accesíbeis...

#CoasIdeasClaras
#StopXogoSucio
#FairPlay

#AgoraConcellos #AgoraBNG

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
14 de maio de 2019 17:05

___________

BNG Narón: o noso Programa e a nosa Candidatura, con Olaia Ledo, candidata á Alcaldía



Programa Municipais 2019 para Narón

O NOSO PROGRAMA ELECTORAL PENSADO PARA POÑER AS PERSOAS NO CENTRO. TRANSFORMAR A REALIDADE E GAÑAR O FUTURO

Temos un obxectivo claro: construír un concello para as persoas e o seu benestar no centro de todo.

Presentamos agora un proxecto para Narón con ideas e actuacións que van desde o inmediato ata o medio prazo. Un proxecto no que Narón será o concello do que todas nos sintamos persoas orgullosas, o Narón no que todas queiramos vivir e ver medrar a nosa familia, un concello para descansar, traballar, ir de compras ou simplemente gozar.

O impulso que precisa Narón só pode vir da man do BNG que conta coa valentía, o bo facer e a liberdade para levalo con rumbo certo. Temos exemplos diversos no país que son a garantía de que só o BNG pode facelo: transformar a realidade na que todas as persoas gañamos. Narón funciona pero non ilusiona. Que todas as persoas sexamos capaxes de sentirnos orgullosas de pertencer a este gran concello feito de persoas traballadoras que viñeron, volveron ou levan toda unha vida é a maneira de ter o futuro de benestar que todas queremos para nós. Temos ideas e ganas, contamos contigo para devolver Narón aos cidadáns e cidadás, sen exclusións. Integrar rural e urbano, todo o concello, non só unha praza, un parque, unha zona de xogos, un barrio se non a cidade de Narón no seu conxunto, sen facer perigosas distincións que poidan producir desigualdades. Tendo claro o obxectivo, a ferramenta imprescindíbel para construír son os principios políticos e velaquí tedes o noso programa. | Acceder/Baixar.


A nosa candidatura
17 mulleres e 14 homes preparadas para liderar o cambio que Narón precisa, persoas do tecido asociativo, traballadoras de todos os sectores e de todas as idades que comprenden un Narón que quere poñer ás persoas no centro independetemente da súa condición social, económica, física ou política. | Acceder/Baixar.

BNG
Narón: Rúa 25 de Xullo 1, entrechán F.
Web | Facebook.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
14 de maio de 2019 16:22

__________________

Exposición fotográfica no Ateneo Ferrolán: 'Os soños esquecidos' de espazos abandonados, feita por Carlos Muiños Mfh Ferrol - Do 13 de maio ata o 30 de xuño


Exposición fotográfica no Ateneo Ferrolán: 'Os soños esquecidos' de espazos abandonados, feita por Carlos Muiños Mfh Ferrol, fotógrafo afeccionado de Ferrol
.

Do 13 de maio ata o 30 de xuño na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán

Cerca de 40 fotografías da súa temática preferida; as fotos de espazos abandonados. Nesta nova mostra poderanse ver algunhas fotos inéditas e outras xa coñecidas da súa ampla colección.

Cancelar a subscrición aos correos electrónicos relacionados coas publicacións novas deste blog.

#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo

--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
14 de maio de 2019 13:27

_______________

Reaçom, ... Por Lupe Ces - Juana Rivas, Maria Sevilla…, e agora Patrícia González ... que lonje estamos dun jornalismo que garanta o direito à informaçom, argumentado e contrastado!


Por Lupe Ces [*]

14.05.2019

Reaçom

Juana Rivas, Maria Sevilla…, e agora Patrícia González, estas duas últimas, mulheres pertencentes a Infancia Libre e que o jornal El Mundo, e outros médios de comunicaçom, colocavam nas primeiras páginas das suas ediçons junto a termos como “sequestro”, “denuncias falsas”, “sustraçom de menores”, “manipulaçom”, “pôr em contra do pai”…, Que lonje estamos dun jornalismo que garanta o direito à informaçom, argumentado e contrastado! Quanto queda por caminhar para que as crianças nom sofram constantemente, nos médios de comunicaçom, a vulneraçom dos seus direitos!  Que grande o desconhecemento que existe entre muitos profissionais do jornalismo, da situaçom das crianças vitimas de violencia sexual e as nais, que decidem denuncia-lo! Mas no caso do jornal El Mundo, nom se pode falar de desconhecemento, hai que falar de utilizaçom da imagem das crianças para praticar um jornalismo que vulnera o código deontológico para o exercício da profissom.

As denuncias falsas nom acadam o 0,01% de incidência segundo o Consejo General del Poder Judicial, mas a reaçom machista aos avances feministas na nossa sociedade, utilizam esse mantra para atacar às mulheres vitimas de violência machista, e contra às que denunciam violência sexual sobre as suas crianças.

Quando falamos de “sequestro” nestes casos, atopamo-nos com mulheres que num intento desesperado por proteger às suas crianças do suposto agressor, vulneram a lei. Nom estamos falando de sequestrar para fazer dano, pedir um rescate, obter notoriedade… Umha desacertada decissom numha situaçom de indefenssom e vulnerabilidade máxima. Mas a reaçom machista organizada, intenta confundir, a través dos médios, à opiniom pública, falando mesmo de tramas organizadas de “sustraçom de menores”.

Nom pode faltar neste tipo de novas a suposta “manipulaçom” que a nai exerce para posicionar à criança contra do pai. Um jeito de reconhecer o inexistente Sindrome de Alineaçom Parental (SAP), fantasiado nas mentes patriarcais e que se utiliza como argumento para impor às crianças um vínculo afetivo que nom desejam, e às nais o castigo por denunciar o que segue a ser um tabu na nossa sociedade: o abuso sexual infantil.

Esta nova detençom dumha nai que pretendia ocultar-se junto à sua filha para evitar o contacto co pai, denunciado por abuso sexual, nom podemos mira-la só como umha desafortunada interpretaçom da realidade. Hai dados que mostram que existe umha prática comum entre sectores do poder judicial, dos medios de comunicaçom, e de expressons políticas que pretendem frenar os avanços feministas e seguir deixando no privado a violência sexual contra a infáncia.

O proxecto de desmantelamento dos serviços de igualdade em Andalucia, as sentenças e justificaçons das agressons sexuais em grupo, os intentos de legalizar os ventres de aluguer, a pressom a través de alguns sindicatos para regularizar a prostituiçom…, som mostras de que assistimos a umha reaçom organizada e disposta a afiançar e recuperar privilégios.

As organizaçons em defensa dos direitos da Infancia, que atuam frente a esta situaçom, som um objetivo a bater. Um movemento moi novo, mas que logrou criar umha rede de colaboraçom, fluxo de informaçom e lançamento de alternativas (modificaçom e promulgaçom de leis, protocolos, boas práticas, aplicaçom de metodologias acaidas, formaçom de profissionais …), e que recolherom já algumhas conquistas. Este movimento, pese aos intentos de difamaçom e desqualificaçom, fica para quedar-se, porque é tempo de que a pederastia, o estupro, as perversas práticas de abuso e explotaçom sexual das crianças e adolescentes, sejam desterradas das nossas sociedade.

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1958, pertence à directiva de  AGAMME. É mestra xubilada, feminista e activista social (serviços públicos, água, remunicipalizaçom. Forma parte do Colectivo Ártabra 21.  Blogue persoal: Caranza free opiniom | Facebook | Twitter.

--
Asociación galega contra o maltrato a menores





AGAMME: Asociación afincada en Galicia, fundada en 2010. Os seus obxectivos principais son a visibilización da problemática do maltrato infantil, e de forma sinalada o abuso sexual incestuoso, ofrecer apoio e información a vítimas e as súas familias ou profesionais que traballan habitualmente con nenos, nenas e adolescencia. Para rematar a participación en procesos lexislativos e a presentación de demandas á administración para o cumprimento da lexislación vixente.
Enviado por:
Agamme Ferrol
-agammeferrol@gmail.com-
14 de maio de 2019 00:07

_____________

Onte luns 13 de maio, Marea de Ferrol volveu ter un encontro distendido e informal coa veciñanza de Covas - As previsión de actividades de Marea de Ferrol para mañá mércores 14 de maio


PREVISIÓNS MAREA DE FERROL PARA O MÉRCORES 15 DE MAIO


Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para  mañá mércores de maio.

Os primeiros días desta semana estamos percorrendo diferentes parroquias da zona rural do concello, para dialogar sobre as diferentes problemáticas que preocupan á súa veciñanza.

1. Ao longo da tarde manteremos varios encontros, coas Asociacións de Veciñas de A Graña, Serantes e A Cabana.

2. Así mesmo, o noso local electoral (Rúa Dolores, 20) permanecerá aberto mañá e tarde -en horario de 10:00 a 14:00 hh. e de 17:30 a 19:30 hh- como espazo de encontro e de conversa con todos os/as veciños/as que queiran achegarse.

MAREA DE FERROL MANTÉN UN ENCONTRO DISTENDIDO COA VECIÑANZA DE COVAS

Onte luns 13 de maio, Marea de Ferrol volveu ter un encontro distendido e informal coa veciñanza de Covas.

Despois destes últimos anos nos que multitude de aspectos funcionaron mal ou directamente non funcionaron, constatamos que algunhas das preocupacións máis importantes da veciñanza teñen que ver co saneamento e a necesidade de dinamizar os barrios atendendo aspectos como cultura, turismo, hostalería, festas... dentro dunha perspectiva de futuro que aborde alternativas para fixar a poboación xa non só no municipio, senón nomeadamente na zona rural.

Marea de Ferrol segue facendo fincapé nun Ferrol que se defina pola participación da cidadanía na vida municipal. Temos a teima de crear un foro permanente coa representación de todas as institucións e movemento asociativo local, para consensuar unha nova estratexia de cidade.

Ademais, temos unha fonda preocupación pola planificación do transporte público, asequible e de calidade, que inclúe a implantación dun servizo de transporte a demanda para as zonas rurais.


Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
https://twitter.com/FerrolMarea
https://facebook.com/mareadeferrol

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
14 de maio de 2019 13:22
14 de maio de 2019 12:55

__________

luns, maio 13, 2019

Marea de Ferrol estivo na Praza da Porta Nova para achegar as súas propostas políticas á veciñanza do Ensanche


NOTA DE PRENSA. MAREA DE FERROL LEVA AS SÚAS PROPOSTAS POLÍTICAS AO ENSANCHE


Na tarde de onte domingo 12 de maio, Marea de Ferrol estivo na Praza da Porta Nova para achegar as súas propostas políticas á veciñanza do Ensanche.

Ademais de compartir unha pequena síntese escrita das nosas propostas máis destacadas, varias candidatas de Marea de Ferrol estiveron conversando sobre algúns dos temas programáticos que impulsan a candidatura, como a promoción dos procesos participativos en cada barrio, dándolle voz á veciñanza e aos colectivos sociais implicados, para decidir sobre cuestións como reurbanización, mobilidade, actividades, servizos, investimentos... sempre con criterios realistas e informados.

Tamén se abordou a cuestión da necesidade de implementar no concello un plan de mantemento dos centros socioculuturais, administrativos e deportivos locais, cuxa eiva acusa moi fortemente este barrio, co deplorable estado do C.C. Carvalho Calero.

Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
https://twitter.com/FerrolMarea
https://facebook.com/mareadeferrol

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
13 de maio de 2019 16:58

______________