sábado, marzo 06, 2021

O 10 de Marzo, o 'Día da Clase Obreira Galega', a comarca de Ferrolterra irá unha vez máis a folga, ... Por André Abeledo Fernández



Por André Abeledo Fernández [*]
06.03.2021


A comarca de FERROLTERRA irá a folga xeral o próximo 10 de marzo

O 10 de Marzo, o DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA, a comarca de Ferrolterra irá unha vez máis a folga.

Un 10 de Marzo que na nosa comarca mantense gravado a sangue e lume, un día de homenaxe e sobre todo de loita obreira.

Un sete de febreiro de 1972 tíñase asinado en Madrid, por parte do Sindicato Vertical un convenio interprovincial dos diferentes estaleiros do país.

O oito de febreiro celebrábase en Ferrol unha asemblea de traballadores que se manifesta en contra da sinatura, e convocase unha nova asemblea para o día nove de Marzo. A resposta por parte da patronal a esta convocatoria é o despido de seis dirixentes sindicais.

O día nove de Marzo, ante o despedimento dos dirixentes obreiros os traballadores deciden parar a produción e concentrarse dentro do estaleiro ata que os seus compañeiros foran readmitidos. Ala polas tres da tarde a empresa ameaza aos traballadores co desaloxo policial. Sobre as cinco da tarde a policía entra na factoría e desaloxa aos traballadores pola forza co resultado de máis de vinte feridos.

Os enfrontamentos entre os traballadores e a policía trasládanse as rúas e durante a noite escóitanse os primeiros disparos das forzas de represión franquista.

As 7:30 da maña do día dez  de marzo de 1972 os traballadores  concéntranse ante as portas pechadas do estaleiro de Bazán, uns 4.000 obreiros que deciden dirixirse cara o outro estaleiro da comarca, Astano, para unirse a os seus compañeiros de loita.

Pero ao chegar ao cruce de As Pías atópanse coa emboscada da Policía Armada que disparan sobre os traballadores desarmados.  

Nese  momento e nese lugar foron asasinados Amador e Daniel,  os seus nomes quedan desde entón gravados a sangue e lume, Amador Rey Rodríguez e Daniel Niebla García, mártires da clase obreira galega.

Tamén  máis de 40 feridos, moitos dos cales non acudiron ao hospital por medo a ser detidos.

Durante varias horas Ferrol quedou nas mans dos obreiros, respondendo o goberno fascista cortando as comunicacións, incluídas as telefónicas, ata que logrou concentrar os efectivos necesarios para ocupar a cidade pola forza.

Nos días posteriores a solidariedade obreira estendeuse por toda a comarca e por toda Galiza, parando outras fábricas e respondendo a poboación cun forte apoio aos familiares dos represaliados.

O balance da loita foi brutal: 2 traballadores asasinados, 16 feridos de bala, decenas de feridos por outras causas, 160 despedidos, 60 encadeados e 50 multados con cifras que ían desde as 50.000 pesetas as 250.000, cantidades colosais naqueles tempos.

Nos días posteriores producíronse numerosas detencións de sindicalistas, militantes comunistas e activistas de distinto signo. Pero tamén nos días posteriores se propuxeron mobilizacións de protesta e solidariedade por Galiza, Estado Español e a nivel internacional.

Moitos traballadores organizados e conscientes de ser clase obreira, foron presos e posteriormente xulgados por un Consello de Guerra e condenados a varios anos de prisión. Outros foron sancionados con multas e 23 deles foron procesados polo Tribunal de Orden Público (TOP), no coñecido como «proceso dos 23 de Ferrol», que derivou en condenas de entre un e catro anos.

Os asasinatos e a violencia policial nos sucesos de Ferrol non derivaron en responsabilidade algunha, nin para os autores materiais ni para os responsable políticos e policiais que foron os autores intelectuais dos crimes contra a clase obreira galega.

A mellor maneira de renderlles homenaxe aos camaradas Amador e Daniel e a todos os que sufriron a represión da ditadura franquista e a patronal é seguir loitando.

Hoxe as diversas Reformas Laborais, perpetradas tanto polo PP como polo PSOE, roubaron a la clase obreira os dereitos conquistados con sangre, suor e lágrimas.

É importante e necesario aprender como se gañaron os dereitos, en loitas como a do 10 de marzo de 1972, os dereitos que nos roubaron e nos rouban, a dignidade que nos pisan, precisan dunha resposta a altura dos que loitaron por conquistalos.

O 10 de Marzo debe ser ante todo una xornada de loita das traballadoras e traballadores da Galiza, para poder honrar a memoria de quen o deu todo, ata a vida por defender a dignidade e os intereses da clase obreira.

Unha comarca que foi motor industrial e referente da loita sindical na Galiza e no Estado español, atópase hoxe agonizante despois de ser traizoada por tódolos gobernos e tódalas as administracións.

Dende a reconversión do PSOE de Felipe González que decidiu ferir de morte a industria Naval na Comarca matando a ASTANO e deixando a BAZAN gravemente ferido, ata un «Plan Ferrol» que prometía reindustrializar a nosa Comarca e que ao final quedou en practicamente nada.

Os distintos gobernos a nivel Estatal e Nacional, en Madrid e en Santiago, seguiron dándonos as costas e afondando na ferida pola que a Comarca se vai desangrando.

NAVANTIA, ENDESA, POLIGAL, NOA, GAMESA, e un longo etcétera de empresas que foron afondándose na lameira das crises que sempre pagamos a un prezo desorbitado nesta terra de loita e traballo.

Existe unha débeda histórica con Ferrolterra, unha débeda aínda máis grande dende a mirada da esquerda.

Aquí naceu o día da clase obreira galega, o 10 Marzo de 1972 a sangue de traballadores valentes que defendían os seus dereitos foi derramada, en plena ditadura franquista a clase traballadora desta comarca loitadora estivo disposta a dar a vida, como a deron Amador e Daniel, aquel día que quedará gravado na historia da clase traballadora.

Hoxe continúa a sangría na nosa Comarca, fai pouco con POLIGAL e NOA MADERA CREATIVA, agora cos despedimentos na fábrica de GALICIA TEXTIL de Xuvia, o peche de GAMESA-SIEMENS e a situación que segue a ser desesperada en NAVANTIA.

Agora máis que nunca, cun goberno que se di de esquerdas, cunha ministra de traballo nacida na nosa comarca que coñece ben a historia da comarca traizoada, da loita obreira, do noso movemento sindical, debemos reclamar xustiza para Ferrolterra.

A comarca do 10 de Marzo, do día da clase obreira galega, das folgas xerais e comarcais con suceso, das manifestacións masivas, reclama hoxe e unha vez máis xustiza e reparación.

HONOR, XUSTIZA E REPARACIÓN para Amador e Daniel, que eran obreiros e fillos do pobo galego.

Tomaremos unha vez máis as rúas na comarca de Ferrolterra para loitar polo noso presente e polo futuro da nosa comarca.


[*] André Abeledo Fernández (Delegado da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia de A Coruña).

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
6 de março de 2021 11:41

_______

xoves, marzo 04, 2021

Exposición de Artes Plásticas 'Dante', no Ateneo Ferrolán, do 5 ao 31 de marzo - A exposición de pinturas e esculturas, reúne a obra recente do sevillano afincado en Ares: Juan Manuel Álvarez Romero (Mané)


A exposición Dante, reúne a obra recente do sevillano afincado en Ares Juan Manuel Álvarez Romero, Mané, con pinturas e esculturas realizadas entre 2019 e 2021, buscando un sentido de unión “A Divina Comedia” coa nosa historia recente, tanto persoal como colectiva: os padecementos e incertezas que, a nivel mundial e humano, aínda estamos a vivir e que Mané enfoca desde a súa visión plástica e poética sobre a Divina Comedia, de Dante, onde indaga nos confinamentos desde o inferno “que o presenta caótico, incluso esquecendo por momentos a orde e a composición” ata a chegada a un paraíso que nolo mostra baleiro e silencioso, con siluetas de humanos camiñando por horizontes afastados.

Unha visión confabuladora, do tempo da experiencia de confinamento, capaz de transportarnos aos medos e á súa vez, liberación do inconsciente, suscitando unha reflexión poética e onírica no espectador a través do libre xogo dos matices, ás veces surrealistas e ás veces post minimalistas e, suxerencias entre pinceladas texturadas e personaxes que pululan polas paisaxes que nos levan a imaxinarios repletos de grafismos que definen o seu estilo desde os seus inicios como pintor, e que busca quizais nun momento oportuno como este, a súa visión e interese como creador.

Artista multidisciplinar, Juan Manuel Álvarez Romero, Mané tamén poeta e escultor, disciplinas que conforma un conxunto de todas elas e que responde a unha vontade integrativa, nunha experimentación continua, fainos un retrato tanto da humanidade como da condición humana. Así, Mané, comparte, “móstranos” a súa percepción do tempo presente e pasado, das accións e acontecementos, que ocorren e repítense ao longo da historia da humanidade –E que parece que esquecemos– .

Estas obras convídannos tamén a recobrar o instante vivido, o sentido e a aprendizaxe de mirar e mirarnos no continuo presentir e sentir á vez, dun mundo transformador que nos ensina a vivir nunha conciencia evolutiva e cambiante que pode parecer ou é á vez involutiva.

Exposición aberta ao público do 5 ao 31 de marzo de 2021 no Ateneo Ferrolán.

✔ De luns a venres, polas mañás de 11:00 a 13:30 hs e polas tardes de 17:00 a 21:00 hs.

✔ Sábados de 10:30 a 13:30 hs.

#Ateneo #SomosCultura #Ferrol #Galiza #ArtesPlásticas

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
4 de março de 2021 12:47

_______

O 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, hai mobilizacións en todo o mundo, na Galiza a Plataforma Galegas-8M, convocou-nas en diferentes vilas e cidades - En Ferrol está convocada unha concentración comarcal ás 7 da tarde na praza Porta Nova, na confluencia d'As Pías coa Estrada de Castela - E n'As Pontes unha Concentración Local ás 12 do mediodía díante da Casa do Concello - Sen coidados non hai vida!


Sen coidados non hai vida!

O 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, hai mobilizacións en todo o mundo, na Galiza a Plataforma Galegas-8M, convoca en diferentes vilas e cidades. En Ferrol está convocada unha concentración comarcal ás 7 da tarde, na praza onde está a réplica da antiga Porta Nova, na confluencia entre As Pías e a Estrada de Castela. En representación de Galegas 8M Ferrol, Nicolasa Castro Monteiro, achega a convocatoria en Ferrol. E n'As Pontes está convocada unha Concentración Local, ás 12 do mediodía, na praza diante da Casa do Concello.

Lugar da Concentración en Ferrol, nas inmediacións e na praza na cabeceira d'As Pías,
na confluencia coa Estrada de Castela, entre Recimil, Ultramar e o Inferniño

CONVOCATORIA COMARCAL 8 DE MARZO EN FERROL

A plataforma Galegas-8M da comarca de Ferrol, convoca unha concentración comarcal en Ferrol o 8 de marzo as 19 horas, na Porta Nova, lugar de acceso á cidade. O lugar escollido é o suficientemente amplo como para que, aínda sendo moitas as que acudamos a convocatoria, se poida gardar a distancia de seguridade. Contaremos cun grupo de compañeiras que se encargaran de ordenar en filas, lembrar a obrigatoriedade de manter posta a mascara, distancias, etc.


CONVOCATORIA LOCAL 8 DE MARZO N'AS PONTES

A plataforma Galegas-8M, convoca unha concentración o 8 de marzo, ás 12 do mediodía, na praza diante da Casa do Concello d'As Pontes, onde se desenvolverá o acto con todas as medidas de seguridade, manter posta a mascara e gardar as distancias.


SEN COIDADOS NON HAI VIDA !


Consideramos que a pandemia non pode impedir a manifestación das reivindicacións do feminismo, este ano especialmente, pois precisamente somos as mulleres as grandes perxudicadas por esta crise, ao seren os traballos esenciais os mais feminizados e ao encargarnos case en exclusiva dos coidados das persoas dependentes, crianzas e maiores. Esta situación que denunciamos, resúmese no lema da campaña de Galegas 8M para este ano, SEN COIDADOS NON HAI VIDA ! MULLERES EN FOLGA: ESENCIAIS, PRECARIZADAS E FARTAS.

Animamos ás mulleres a facer folga laboral, estudantil, de consumo e de coidados, e a ocupar o espazo público, como mostra de que queremos igualdade real e que os coidados estean nos centros das políticas públicas.

Info básica para as manifestacións locais deste 8m do 2021.

Manifesto de Galegas8m para o Día das Mulleres 2021.

http://galegas8m.gal/

8m2018gal@gmail.com


Información baseada na enviad pola:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
3 de março de 2021 16:02

_______












mércores, marzo 03, 2021

Esta noite comezou a descargar o gaseiro LNG Borno e o fará ao menos perante 24 horas no peirao de Reganosa, aumentando de xeito exponencial o perigo para a pobación da contorna da Ría de Ferrol, e a regasificación contribuirá a empobrecer as súas xa depauperadas augas


Esta noite, 3 de marzo, comezou a descargar o gaseiro "LNG Borno" e o fará ao menos perante 24 horas no peirao de Punta Promontoiro. Descargará miles de toneladas de gas natural licuado para Reganosa, aumentando de xeito exponencial o xa de por si perigo que supón a localización da planta regasificadora en Mugardos, para a poboación que vive e traballa na contorna da Ría de Ferrol.

O "LNG Borno", é un buque de 285 metros de eslora e 44 de manga, construído en 2007 que navega baixo bandeira de conveniencia da Bermuda, procede de Bonny un porto nixeriano situado no delta do Niger, unha zona en conflito e das máis contaminadas do mundo, precisamente pola produción e tránsito de petroleiros e gaseiros das diferentes terminais. Conflitos que derivan no empobrecemento e mesmo asasinato da poboación local. Este gas procede dunha das zonas que máis contaminan o Planeta contribuindo ao cambio climático. Un conflito rodeado de corrupción e sangue, que nunca termina, polos intereses económicos das grandes multinacionais como Shell que xa foi condenada en varias ocasións.

A Ría de Ferrol segue deteriorando-se

A descarga produce-se despois de dous anuncios moi interesantes para o negocio do gas da transnacional "local" (Reganosa) que durante case dúas décadas recibiu grandes cantidades de diñeiro público, convertida nun holding multinacional (Reganosa Holdco), participada, con capital público, pola Xunta de Galicia que foi no seu auxilio, despois de ser abandonada polas antigas socias maioritarias (Endesa e Gas Natural), sen necesidade de mobilización sindical, nin institucional. "La Voz de Galicia", foi a que deu en primicia as novas, xornal implicado ate a medula na defensa de Reganosa desde o inicio do proxecto, chegando a mentir en innumerábeis ocasións, sen doer-lle prenda, mentiras que destaparon as 5 sentenzas do Tribunal Supremo declarando todas as irregularidades e ilegalidades que rodearon, perante anos, ao proxecto da Planta de Gas. As novas para o bon negocio da mencionada, son dúas, unha que Reganosa amplía a rede empresarial facendo-se coa xestión dunha pequena planta de gas en Cerdeña e a outra é que o pasado ano a actividade da regasificadora na Ría aumento un 60%. A tradución real é que o Grupo Tojeiro é un pouco máis rico, a costa de que aumente nun 60% o perigo (e as probabilidades dun accidente) para as persoas que moramos na contorna de Reganosa, dentro dun círculo que debuxa un radio de 3.000 metros, tomando como centro o Complexo Petroquímico de Punta Promontorio. Por outra banda, tamén quere dicir que Reganosa aumentou a súa contribución ao deterioro da Ría, ao aumentar un 60% a súa actividade, e con isto tamén aumenta un 60% a sopa química que produce a base de restos de hipocloritos, ademais de esterilizar máis de cen mil millóns de litros de auga da Ría (provocando a morte de larvas, ovas, especies, plancton, rompendo a cadea trófica).

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
_______

martes, marzo 02, 2021

Exposición de Pintura de Maria Xosé Leira Ambrós no Ateneo Ferrolán, aberta ao público, do 3 ao 27 de marzo de 2021 - Pintora e ilustradora ferrolá, cunha memorábel, impresionante e extensa obra



Exposición de Pintura de Maria José Leira Ambrós

Aberta ao público do 3 ao 27 de marzo de 2021 no Ateneo Ferrolán (Sala 2)

✔ De luns a venres, polas mañás de 11:00 a 13:30 hs e polas tardes de 17:00 a 21:00 hs.

✔ Sábados de 10:30 a 13:30 hs.

María José Leira Ambrós, (Ferrol, 1948), pintora e ilustradora, cunha memorábel, impresionante e extensa obra.


A partir dos trece anos aprende a debuxar e a pintar asistindo a clases de distintos pintores locais, facendo a súa primeira exposición individual aos 21 anos. Nese momento, unha serie de problemas persoais afástana durante doce anos da pintura e en 1978 obtén a licenciatura en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente retoma a pintura e fai diversos cursos de gravado, actividades que desde entón compartía a diario coas súas clases no Instituto Concepción Arenal de Ferrol.[1]

Bibliografía de Pintoras e pintores da Galiza. | Ir á Web.



#Ateneo #SomosCultura #Ferrol #Galiza #ArtesPlásticas

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!

[1] En Galeg@s.

Baseado no enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
2 de março de 2021 11:49

_______

luns, marzo 01, 2021

O persoal de Galicia Téxtil reivindícalle á Xunta que faga as xestións ás que se comprometeu - Reclaman da empresa a retirada do despedimento colectivo e que se lle revise a concesión da presa


As traballadoras/es de Galicia Téxtil concentráronse o pasado venres diante do edificio da Xunta en Ferrol para exixir a reversión do despedimento colectivo aplicado pola empresa e despois de transcorrida unha semana da xuntanza co director do IGAPE e a secretaria xeral de Relacións Laborais sen recibiren noticias das xestións que a administración se comprometeu a facer.

"Non podemos máis que manifestar o noso malestar co deixamento e a falta de acción que percibimos por parte do goberno da Xunta. Unha vez máis, a Xunta do PP está a amosar a súa incapacidade para actuar fronte a desertización industrial que estamos a padecer na comarca. Enchéselles a boca facendo declaracións propagandísticas, pero cando poden demostrar cos feitos o seu compromiso coa defensa dos postos de traballo non están nin se lles agarda", critican dende a representación do persoal (UGT e CIG).

Neste senso, o persoal agarda que a autoridade laboral teña en conta as irregularidades producidas no transcurso da negociación do ERE, así como a inexistencia das causas alegadas pola empresa, para paralizar o despedimento colectivo ."De non ser así, estariamos diante dun uso perverso da lei por parte da empresa e dun mirar para o outro lado da administración".

Debate na Comisión de Industria do Parlamento

Dentro das accións que os traballadores e traballadoras están a levar adiante para reverter o despedimento de 13 compañeiras/os, demandar a intervención da Xunta e garantir o futuro industrial da fábrica de Neda, a representación sindical acudirá este mércores ao Parlamento de Galiza. Ese día debaterase na Comisión de Industria unha proposta non de lei presentada polo BNG, na que se insta o goberno galego a facer as xestións necesarias diante da empresa para salvar os postos de traballo.

De igual xeito, ínstase a Xunta a que revise a concesión do uso da presa do Rei por parte de Galicia Téxtil, no caso de que a empresa non se comprometa co mantemento do emprego na factoría.

Fonte: Avantar. | Ferrol - 01 Mar 2021

_______

Sobre a consciência galega, ... Por David Varela Riveira


Por David Varela Riveira [*]
01.03.2021


Hoje quero escrever sobre a consciência/identidade/sentimento das galegas e galegos. Nom emprego o termo consciência nacional de forma intencionada, pois quero tratar sobre os diferentes graus de consciência e identificaçom com a Galiza do povo galego. Ainda que tentei informar-me um pouco para tratar este tema, simplesmente é minha opiniom.

Acho que o maioritário na Galiza é um sentimento e autoidentificaçom mixtas, que combina a pertença ao próprio País com certa identificaçom com "Espanha". Acho que a identificaçom plenamente galega assim como a excluentemente espanhola som bastante minoritárias, em porcentagens similares. Também acho que existe umha maior identificaçom por igual que a mais galega ou mais espanhola. Porém, acho que a hostilidade cara o galego causa rejeitamento na sociedade galega. Eleitoralmente, podemos observar isto na mínima penetraçom primeiro de Ciudadanos e agora de Vox na Galiza. O PP tem que assumir, retoricamente, certo galeguismo (ainda que nom vaia além do folclorismo muitas vezes). Entre as pessoas progressistas ou na esquerda acho que é muito maioritário a identificaçom entre puramente mixta, mais galega ou plenamente galega sendo minoritário o sentimento espanholista mais ultra. Por isso, acho que isto pode ter consequências políticas favoráveis ao nacionalismo popular galego, por ser pessoas que nom sentem nengum rejeitamento pola Galiza, ainda que possuam umha consciência nacional mínima ou nula. Por isso, o teito do nacionalismo está ainda por explorar, apesar dos mais de 310.000 votos das últimas eleiçons, que som um grande resultado e demonstram que a consciência galega existe, ainda sendo latente em muitos casos e nom umha plena consciência nacional.

Como conclussom final, a existência ampla de um certo galeguismo (por morno que seja) em amplas capas da sociedade galega é um dos fatores que impedem, de momento,a penetraçom social do espanholismo fascistoide na Galiza, o qual é bom por si mesmo.

Fonte: Reflexons Branquiazuis e Vermelhas.

[*David Varela Riveira. Pensa e escreve. | Facebook e Blogger.
_______

 

 

 

Concentración en Ferrol: non á fenda de xénero nas pensións públicas - Manifesto - Vídeos das intervencións de Pablo Portero, Lucia Vizoso e Nicasio Malde



Con moita chuvia, en Ferrol, como noutras cidades da Galiza e do resto do Estado, este luns 1 de marzo, ás 12 do mediodía, tivo lugar unha concentración en defensa do sistema público de pensións, para dicir non á fenda de xénero que provoca as recomendacións do Pacto de Toledo e non á reforma privatizadora das pensións do Ministro Sr Escriva.




MANIFESTO DO 1 DE MARZO

Tras moitos anos xa de lexislación pola igualdade, de clamor por ela, tras moitos e concorridos 8 de marzo, a crúa realidade, é que, ás mulleres, cando se xubilan, a fenda salarial que padeceron durante a súa etapa laboral, duplícase á hora de cobrar a súa pensión e é a máis inxustamente tratada.

A medida inmediata que recortaría de xeito importante esa fenda en pensións sería igualándoas ás dos homes, seguindo as recomendacións da Carta Social Europea, unha pensión mínima do 60% do salario medio, A maioría das nosas pensións de xubiladas, viúvas e sen pensión propia, atópanse por baixo, ou rozando o limiar da pobreza; polo que, a subida do 1,8% nas pensións non contributivas é irrisoria e en moitos casos as que se divorciaron fai anos, hoxe son pensionistas sen dereitos. Polo cal, pérdese outra oportunidade de ir recortando a desigualdade home/muller en materia de pensións.

As inxustas recomendacións aprobadas recentemente polo escuro Pacto de Toledo e o Congreso, AGRAVAN a brecha de xénero actual. En 20 das 21 recomendacións aprobadas, esquécense das mulleres e na que se acordan, a Nº 17, simplemente, é para encasillarnos como coidadoras e recomenda "buscar a igualdade efectiva entre homes e mulleres", pero non proporciona ningunha solución. Polo que, a gran brecha que existe nos salarios entre homes e mulleres, continua nas pensións e chégase a cobrar cerca do 35% menos que os homes; así o recoñeceu a Seguridade Social.

Denunciamos de forma contundente a recomendación n.º16 que dá o pistoletazo de saída á privatización do Sistema Público de Pensións co apoio do Estado e dos seus Orzamentos Xerais, isto plans privados de emprego de pensións que recomendan, aos que chaman eufemisticamente "sistemas complementarios", ademais de detraer cotizacións do Sistema Público para levalos ao Sistema Financeiro privado coa colaboración dos axentes sociais do Sistema (patronal e sindicatos maioritarios); xerarán no futuro dous tipos de pensións:

✔ Unhas pensións suficientes públicos/privadas, para unha minoría con soldos altos.

✔ Unhas pensións públicas soamente asistenciais e insuficientes para a gran maioría, sobre todo para as mulleres.

As recomendacións do Pacto de Toledo non recollen as reivindicacións polas que levamos anos loitando os movementos de pensionistas. As 21 recomendacións camiñan cara a unha terceira Reforma das pensións, mentres a nosa táboa reivindicativa segue intacta, e das que destacamos:

✔ Garantir por lei a revalorización das pensións de acordo ao IPC real e anual.

✔ Eliminación da brecha de xénero nas pensións.

✔ Pensión mínima igual a salario mínimo e este o 60% do salario medio como establece a Carta Social Europea.

✔ Derrogación das reformas de pensións de 2011 e 2013.

✔ Derrogación das reformas laborais de 2010 e 2012.

✔ Auditoría das contas da Seguridade Social para determinar a magnitude do saqueo das mesmas e proceder á súa compensación á Tesourería Xeral da Seguridade Social.

✔ Eliminación de coeficientes redutores en xubilacións anticipadas. 100% da pensión cun mínimo de 40 anos cotizados e 60 anos de idade.

✔ Supresión dos beneficios fiscais a plans privados de pensións, de empresa e EPSVs.

Por todo o exposto e antes de que o día 8 volvamos escoitar gritos de igualdade entre homes e mulleres, en boca das persoas que nos gobernan, as e os pensionistas gritamos hoxe 1 de marzo, en todo o país e máis forte que nunca:

¡NON AO PACTO DE TOLEDO, XERADOR DE RECORTES DESDE A SÚA EXISTENCIA!

¡NON ÁS SÚAS RECOMENDACIÓNS, QUE AGRAVAN A FENDA EXISTENTE ENTRE HOMES E MULLERES!

¡PENSIÓNS PÚBLICAS DIGNAS E SUFICIENTES!

¡IGUALDADE EFECTIVA ENTRE HOMES E MULLERES EN SALARIOS E PENSIÓNS!

A Plataforma Na Defensa Das Pensions Publicas Ferrolterra que forma parte de MODEPEN (Movemento Galego na Defensa das Pensión Públicas). | @DefensaPensionsFerrolterra

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

Relacionado:
Ártabra 21 | 20.02.2021 | En Ferrol, como noutras cidades da Galiza e do resto do Estado, este luns 1 de marzo, ás 12 do mediodía, está convocada unha concentración en defensa do sistema público de pensións, para dicir non á fenda de xénero que provoca as recomendacións do Pacto de Toledo e non á reforma privatizadora das pensións do Ministro Sr Escriva. | Ir á Web.
______________

A representación da parte social de Navantia Ferrol-Fene, manifestan a súa desconformidade coa resolución da convocatoria das prazas de Técnico de Medio Ambiente na Ría de Ferrol, por parte da empresa naval


Prazas M.A.

Desde a Comisión de Emprego Fene-Ferrol queremos manifestar a nosa desconformidade coa resolución da convocatoria das prazas de Técnico de Medio Ambiente na Ría de Ferrol.

Malia seren prazas que carecen de regulación previa, senón que emanan do Comité do Intercentros de Saúde Laboral, a representación social participou no proceso designando un vogal que coñece a profesión, as necesidades e o funcionamento dese departamento.

Dito vogal elaborou un informe no que se avalían as competencias e habilidades de cada candidato en función de diferentes factores, que van desde a formación, méritos e experiencia recollida nos currículum até as capacidades que cada un amosou durante a entrevista persoal, tendo en conta as necesidades do posto.

Utilizando os criterios de valoración mencionados, para cubrir as 3 vacantes, o noso vogal elaborou unha lista con todos os candidatos por orde de clasificación, de xeito que o candidato 1 é a valoración máis alta e o candidato 11 é a máis baixa.

Comezan as tensións cando a Dirección dá como seleccionados candidatos que non coinciden cos primeiros postos do noso vogal, e nin sequera ocupan postos correlativos na súa lista. Complícase todo aínda máis cando se negan a darnos unha lista alternativa que ordene os candidatos e xustifique a súa elección, o que nos reafirma na postura de que, os tres elixidos non estarían correlativos en ningún listado realizado por méritos e capacidades.

Por non mudar de traxectoria, neste tipo de prazas, esta dirección segue a contratar como quere e a quen lle parece sen dar explicacións que xustifiquen ditas accións, cunha total ausencia de criterio e unha selección de candidatos claramente arbitraria. Unha vez incorporados ao posto de traballo os candidatos seleccionados, verifícanse a nosas sospeitas de que distan moito da orde establecida polo vogal da parte social.

Cales son os criterios da dirección? Por que non os expón nin xustifica?

Nestas prazas, moi ao noso pesar, está pouco regulado o proceso de incorporación. Pero, aínda así, a que vén negar ningún tipo de explicación? Por que se negan a contrastar a diferencia de criterios con nós ou co noso vogal? A intención da empresa non é seleccionar aos candidatos máis cualificados? Estará tal vez comprometida algunha das prazas con antelación como aconteceu noutros procesos? Ou quizais algún responsable de área ou departamento está a premer para adxudicar este tipo prazas baixo o único criterio de “porque eu o digo”?

Para tirar estas dúbidas sobre o funcionamento deste tipo de prazas, mal chamadas corporativas, é necesario que a Dirección facilite a súa lista co número de orde e os criterios seguidos para a súa elaboración.

Navantia como empresa pública, no debe ficar en só abandeirar publicamente o compromiso coa xestión ética baseada nos 10 Principios do Pacto Mundial sobre dereitos humanos, dereitos laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción. Tamén ten que o demostrar no día a día. Este proceso non amosa ningún tipo de transparencia, nin nos aclara a obxectividade e igualdade de condicións para os candidatos e candidatas presentadas.

A realidade demóstranos, unha vez máis, que a dirección desta empresa fala e difunde unha imaxe de transparencia pero volvemos ollar nestes procesos de selección de persoal, que a sombra da corrupción que sempre quixemos desterrar deixase entrever. Nuns procesos, onde responsables de departamentos premen á dirección para impor os seus criterios (candidatos) na selección de persoal.

Trátase dun proceso ficticio para contratar uns candidatos que xa foron seleccionados con anterioridade ao inicio das probas de acceso.

Tamén cabe dicir que nas mal chamadas prazas corporativas na Ría de Ferrol, a cal está composta de dous centros de traballo Fene y Ferrol, non se están a cubrir as necesidades nos centros, senón que se contratan nun centro e ubícanse noutro, incumprindo o acordado no Intercentros de Saúde Laboral. Con este tipo de actuacións semella evidente que a intención que ten a Dirección é baleirar algúns centros de persoas asignadas, para así poder ceder as instalacións a empresas privadas para que leven os beneficios co menor custe posible para estas.

Secretaría Comité de Empresa
NAVANTIA FERROL
C/Taxonera, s/n
15403 Ferrol (Coruña)
Tel.: 981 331 311 – Ext.1311
seccomite.fe@navantia.es

Enviado por:
E.Secretaría Comité (FE)
-seccomite.fe@navantia.es
- 1 de março de 2021 14:22

_______

Estamos no medio da sexta extinción masiva, ... Por Xandro García Regueira

Greta Thunberg no Parlamento Europeo. Fonte: Wikipedia

Por Xandro García Regueira [*]
01.03.2021


Cando Greta Thunberg falou no Parlamento Europeo para contar, entre bágoas, que “estamos no medio da sexta extinción masiva, e o ritmo de extinción é 10.000 veces máis rápido do normal” non estaba a facer conxecturas. É unha afirmación baseada no coñecemento científico, e nos diversos estudos que existen sobre o tema.

Que é a sexta extinción?

No rexistro fósil da terra, detectáronse 5 eventos de extinción masiva. Todos foron causados por acontecementos catastróficos como erupcións volcánicas, impactos de meteoritos ou períodos glaciares. O máis famoso e próximo no tempo foi o evento no que se extinguiron os Dinosauros, que puxo fin ao período Cretáceo. Eventos similares aconteceron ao final do período Triásico, Pérmico, Devónico e Ordovício nos que desapareceron case todos os seres vivos do planeta.

Na actualidade temos a maior bio-diversidade dos máis de 4.500 millóns de anos de historia do noso planeta, pero están a desaparecer centos de especies sen que aconteza un evento catastrófico natural. Este é un problema que nos atinxe a todas as persoas, posto que a nosa vida depende dunha ou doutra maneira da relación que temos co ambiente. De feito, xa existen grupos organizados de persoas, como os Extinction Rebellion, que avogan por accións radicais para loitar contra esta catástrofe.

Porque sabemos que estamos no medio dunha extinción masiva?

Calcúlase que nos últimos 100 anos desapareceron 400 especies de vertebrados, un número que naturalmente tardaría 10.000 anos en desaparecer. A isto nos referimos cando falamos de sexta extinción en masa: a un ritmo de extinción anormalmente rápido. Este fenómeno, está provocando directa ou indirectamente por accións humanas, aínda que non só existen unha a causa

Parece lóxico pensar que se desaparecen os entornos naturais, tamén deixarán de existir os seres vivos que hai neles por iso a desaparición dos hábitats naturais é un dos principais causantes da sexta extinción. O conflito polo espazo entre os humanos e a natureza evidencia o pequeno que se está a quedar o planeta, e está detrás da aparición da pandemia da Covid-19. A caza e o aproveitamento de animais e plantas é unha das causas que máis debe facernos reflexionar. Se a principios de século, cando morreu o último tigre marsupial, fósemos plenamente conscientes, de que as características dese animal non volverán a estar presentes nunca máis na Terra, quizais non tería desaparecido. O mesmo podería ter pasado coa balea vasca, practicamente extinta, ou o paxaro dodo extinto no S. XVII

As miles de toneladas de CO2 que os humanos emitimos a atmosfera ao queimar combustibles fósiles, provoca alteracións no clima da terra. As consecuencias do cambio climático, como a subida do nivel do mar, o aumento dos fenómenos climáticos extremos, ou a acidificación da auga do océano afectan aos seres vivos máis vulnerables. Se algunhas especie non conseguen adaptarse a estes cambios acabarán por desaparecer. Este é o caso, por exemplo, da ameaza que se cerne sobre os mexillóns.

Para que sirve a bio-diversidade?


Negar ou obviar que os humanos estamos a causar a desaparición da bio-diversidade do planeta non vai axudar a modificar esta tendencia. Pode dar vertixe pensar que somos os culpables de tanta destrución, pero se queremos mudar algo o primeiro paso é aceptar a realidade.

A bio-diversidade ten beneficios para a vida das persoas aínda que as veces non sexamos plenamente conscientes. A nosa saúde mellora co contacto directo da natureza, e na vida cotiá servímonos de moitos elementos que proveñen de seres vivos. Reducir a pegada ecolóxica non quere dicir deixar de empregar a natureza, senón facelo da forma menos nociva para o planeta. Por exemplo, a permacultura, busca crear “bosques comestibles”, é dicir, cultivos con alta diversidade que sexan aproveitadas polos humanos. Estratexias similares poderían adoptarse noutros ámbitos como a gandeiría ou a acuicultura. Os monocultivos son moi nocivos para a bio-diversidade é deberan deixar de existir.

Busca a diversidade que te rodea

Se no sito no que vives non che parece que exista moita bio-diversidade, porque vives nun entorno totalmente urbano, podes aprender a buscar esa diversidade. Aquí che propoño 4 seres nos que fixarte para descubrir que estás rodeada de vida:

Paxaros: Cantos ves no teu día a día? Se queres aprender a distinguilos, empeza fixándote nos que xa coñeces, como os gorrións por exemplo, e comproba se son todos iguais.

Árbores: Aínda que sexan especies plantadas para decorar nos xardíns, verás que as árbores condicionan o seu entorno. Por exemplo, na sombra dalgunhas delas, hai máis herbas e tamén máis insectos.

Herbas das cunetas: Ou herbas que crecen nos bordes das estradas, paseos, camiños, etc. A pesar da mala fama que teñen estes vexetais, se te fixas nelas, atoparás follas con formas diferentes, flores de varias cores na primavera e quizais algún lique entre elas.

Cunchas na praia: Se das un paseo pola praia poderás ver numerosas cunchas. Cantas especies identificas?

Que podo facer eu?


Pois como todo o que atinxe a saúde do planeta, as persoas individualmente temos un papel importante para minimizar ou reducir a pegada que deixamos no ambiente. Todas podemos reducir o impacto sobre a Terra mudando os noso hábitos de consumo, tamén na compra de produtos pesqueiros.

Informarse sobre os produtos que consumimos e as actividades que realizamos é o primeiro paso para mudalos. Para elo, podemos preguntar en grupos de persoas organizados como asociacións ecoloxistas ou de consumidoras.

Formar parte dunha asociacións ecoloxista é sempre mellor opción que intentar cambiar o mundo individualmente. Temos que deixar de lado os prexuízos, ou a ansiedade que nos poida provocar introducirse nun grupo de persoas que non coñecemos, e fixarnos nas cousas que nos unen a esas persoas.

Máis información

Gerardo Ceballos, Paul R. Ehrlich, Peter H. Raven. Vertebrates on the brink as indicators of biological annihilation and the sixth mass extinction. Proceedings of the National Academy of Sciences Jun 2020, 201922686

Nationalgeographic.com.es. 11/07/2017. La Tierra está a las puertas de la sexta extinción masiva de vertebrados

El espectador. 06/05/2019. Las cinco grandes extinciones masivas del planeta

La Vanguardia. 12/12/2017. La ‘ballena de los vascos’ está a punto de extinguirse por culpa de la actividad humana

gl.wikipedia.org. Dodo

[*] Xandro García Regueira, é Biólogo mariño, mergullador recreativo e patrón portuario. | Máis sobre Xandro.

Fonte: Marabaixo. | 08.02.2021

Baixo unha licenza Creative Commons BY-SA 4.0.
_______

domingo, febreiro 28, 2021

En Ferrol, como noutras cidades da Galiza e do resto do Estado, este luns 1 de marzo, ás 12 do mediodía, está convocada unha concentración en defensa do sistema público de pensións, para dicir non á fenda de xénero que provoca as recomendacións do Pacto de Toledo e non á reforma privatizadora das pensións do Ministro Sr Escriva


As inxustas recomendacións aprobadas recentemente polo escuro Pacto de Toledo, agrava a fenda de xénero actual. En 20 das 21 recomendacións aprobadas, esquécense das mulleres aprofundando a inxusta discriminación actual.

En Ferrol como noutras cidades da Galiza e do resto do Estado, este luns 1 de marzo, ás 12 do mediodía, na Praza de España, esta convocada unha concentración en defensa do sistema público de pensións, para dicir non á fenda de xénero que provoca as recomendacións do Pacto de Toledo e non á reforma privatizadora das pensións do Ministro Sr Escriva.

O sistema público de pensións está en perigo polos plan privados de empresa que se pretenden implantar com un sistema complementario que romperán a caixa única da Seguridade Social e debilitarán as pensións públicas como as coñecemos ate o de agora. O acordo político do Pacto de Toledo xa está feito. Agora estase negociando o pacto social CEOE e CEPYME, os sindicatos maioritarios CCOO e UGT e o Ministerio de Seguridade Social co obxectivo de implantar unha reforma ás costas dos pensionistas.

O desenvolvemento dos mencionados Plans Privados de Empresa, é a proposta de reforma que suscita o Sr Escrivá, pretende detraer diñeiro público, mediante o aumento das desgravacións fiscais e mediante as achegas aos mesmos das distintas administracións públicas. É evidente que se pretende, a través deses Plans Privados de Empresa, desenvolver os sistemas de capitalización que nos levan á Mochila Austriaca.

Desde o movemento en defensa do sistema público de pensións e por unha pensións xustas, convoca-se á mobilización da sociedade, coas debidas medidas de seguridade pola situación de pandemia, para dicir non á fenda de xénero que provoca as recomendacións do Pacto de Toledo e manifestar o noso profundo rexeitamento a implantar, por medio dos convenios colectivos, os plans de pensións privados de empresa que nos levan a sistemas privados de capitalización.

---
A Plataforma Na Defensa Das Pensions Publicas Ferrolterra que forma parte de MODEPEN (Movemento Galego na Defensa das Pensión Públicas). | @DefensaPensionsFerrolterra

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

_______

sábado, febreiro 27, 2021

O BNG comeza unha campaña demandando a transferencia e gratuidade da AP9 - O sábado 27 de febreiro, vaise realizar unha acción informativa/reivindicativa en todas as entradas-saídas da Autoestrada - Na nosa Comarca pola mañá ás 11:30 hs, en Pontedeume-Cabanas, Fene, Neda, Narón e Ferrol - E o domingo 28 Caravana en Coruña


O BNG comeza unha campaña demandando a transferencia e gratuidade da AP9

Ferrolterra non pode aturar máis a aldraxe e estafa da AP9


Unha representación do BNG nos diversos concellos da comarca -encabezada polo deputado no Parlamento Galego, Ramón Fernández "Mon"- explicaron hoxe nas proximidades da AP9 as razóns e o contido da campaña que nos vindeiros días vai desenvolver o BNG ao respecto do impacto da AP9 nas comunicacións e na economía comarcal; así como para demandar o cumprimento por parte do goberno do Estado dos compromisos que foran asumidos hai agora un ano, canda o apoio do BNG á investidura de Pedro Sánchez.

Sobre esta situación, Mon Fernández fixo alusión á situación de "aldraxe estafa que supón a AP9 para o conxunto da cidadanía e, moi especialmente, para o desenvolvemento das actividades económicas” facendo fincapé en que “nunha situación de emerxencia coma a que vive a nosa comarca, o que está a facer a AP9 é empobrecer aínda máis as nosas economías”.

Ao respecto das iniciativas a desenvolver nos vindeiros días, o deputado do BNG fixo referencia “ás mocións que o BNG está a presentar nos diversos concellos da comarca para demandar o fin desta aldraxe, demandando a transferencia e o cumprimento que o goberno central está a incumprir, non co BNG, senón coa cidadanía galega

Ao mesmo tempo, o vindeiro sábado 27 de febreiro vaise realizar unha acción informativa/reivindicativa en todas as entradas-saídas da AP9 na nosa comarca.

Sábado día 27 de febreiro ás 11.30 horas.

Serán en:

✅ Ferrol (na entrada da autopista do porto, ao pé da pasarela peatonal).
Narón (entrada na AP-9).
Neda (na curva do Regueiro).
Fene (na rotonda de Vilar do Colo) e en Cabanas (ao carón da rotonda da entrada á AP-9).


O domingo Caravana pola rebaixa das peaxes da AP-9

Este domingo 28 organizamos unha caravana de coches pola rebaixa das peaxes da AP-9. Participa! 🙋‍♀️

⏳ Hora: ás 11h.
📌 Punto de reunión: aparcadoiro da Facultade de Informática (A Coruña).
📌 Punto de chegada: Delegación do goberno español.

Abonda xa! O goberno español non cumpre con Galiza.



Ferrol | Web | Facebook | Twitter.


Ferrolterra | Web.



Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
25 de fevereiro de 2021 20:50


______ _______

mércores, febreiro 24, 2021

Pobos orixinarios- Murga 'La Gran Muñeca' de Uruguay para toda América Latina - Realmente emocionante - Vídeo


Pobos orixinarios, por La Gran Muñeca. | Carnaval 2020


https://youtu.be/lIFTG3_xJrA

✔ Máis de medio millón de visitas e mil comentarios.| Ir á Canle.

Que grande emoção! Parabéns irmãos uruguaios por essa preciosidade! Um abraço do tamanho do mundo desde o Rio de Janeiro! - Povos Originarios

100 anos de Murga La Gran Muñeca

Hoxe fai 100 anos La Gran Muñeca subía ao seu primeiro taboado.

La Gran Muñeca é unha das murgas mais recoñecidas do Uruguay, gañando bastante notoriedade no continente o ano pasado tras facer o cuplé dos Pobos Orixinarios, o cal deu a volta ao mundo.

Gaño 4 primeiros premios, en 1931 e 1992, con Álvaro Navia e Jose Dorta de cupleteiros. En1996 coa maioría do elenco que fora parte de Contrafarsa. En 1998 e en 2016 gañando o seu primeiro premio tras baixar-se dos escenarios por mais dunha década coa dirección escénica de Andres Touro, o cal a dirixiu desde o regreso ao Carnaval ate 2019.

A murga foi fundada por Ernesto Nogara e Pedro Morigia, con todo, a murga está actualmente ao mando da familia Mega (Jose "Pistola" Mega).

A razón do nome é, ademais do tango La Gran Muñeca, unha revista porteña de notoriedade nesas épocas.

Hoxe La Gran Muñeca publicó o saúdo que se presenta este ano, ano no cal, ademais do seu centenario, colocábase como favorita debido ao plantel o cal había armado, con nomes como Julio Perez, Angel "Marquitos" Gomez e Gastón "Rusito" González, ademais de xa ter a un murguista de notoriedade en Contrafarsa, Don Timoteo, Curtidores de Hongos entre outras como Marcelo Pallares.

A retirada deste ano ía estar a cargo do exministro de Finanzas Alvaro Garcia, quen xa lle escribiu a La Gran Muñeca en 1994 (Adeus ao Fútbol Uruguayo) e en 1996 (Al Camión), retirada a cal é artífice dese primeiro premio.

Hoxe La Gran Muñeca non ten director, debido a que Agustín Amuedo se baixou para o Carnaval 2022.

Saúde murga querida, por 100 anos mais

Conta en facebook de La Gran Muñeca.
_______

En Ferrol como no resto da Galiza mobilizaron-se hosteler@s e autonom@s, protestan contra a criminalización do sector e reclaman un 'rescate' digno das consecuencias ocasionadas pola aplicación das medidas de restrincións contra a pandemia - A Plataforma na Defensa da Hostalería Galega convoca unha mobilización o 13 de marzo en Compostela por un Plan de Rescate para o Sector


Pasadas as 11 da mañá, convocados por Hostaleiros e Autónomos Ferrolterra (HAF), partía da zona da Malata a caravana de camións e coches de reparto e distribuidoras, e media hora máis tarde diante do edificio da Xunta hosteler@s, para concentrar-se pasadas as 12 do mediodía na praza de Armas, diante do Pazo Municipal.

O sector reclama un "rescate" digno das consecuencias ocasionadas pola aplicación das medidas acordadas pola Xunta de Galicia, de restricións contra a pandemia e advertiron da "criminalización" que se está facendo da hostalaría por parte das administracións.

A permisividade na apertura gradual e parcial dos establecementos de hostelería, non só é insuficiente senón que segue causando un grande deterioro do sector, o que se poida recuperar por un servizo a medias e tan restrinxido na actividade, é insuficiente, sobre todo para pequenos negocios familiares. Ten que haber indemnizacións proporcionais ao deterioro ocasionado polas restricións. As administracións seguen cobrando os mesmos impostos como se estiveran os negocios funcionando e iso non hai quen o aguante.

Reclaman diálogo e apoio aos alcaldes dos concellos da comarca, á Xunta e a Diputación.

Máis info no Grupo de facebook de Hostaleiros e Autónomos Ferrolterra (HAF).

Convocatoria e Manifesto da Plataforma na Defensa da Hostalería Galega, para o 13 de marzo en Compostela. | 24 de febreiro de 2021 - 1 4 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Clicar acima da imaxe para acceder ao documento da Plataforma

_______

O BNG propón denunciar na Unión Europea a anulación do pago do IBI de Navantia


O BNG propón denunciar na Unión Europea a anulación do pago do IBI de Navantia

Iván Rivas, afirmou que considera que esta vía é a que debemos adoptar fronte a sentenza do Tribunal Supremo que se salta por riba unha cuestión prexudicial solicitada por parte do xulgado de Ferrol que no seu momento demandaba a Navantia o pago do IBI e a na que se indicaba que os terreos do estaleiro público da nosa cidade estaban suxeitos ao pago do IBI e que a intención de Navantia de non pagar este tributo municipal era contrario ás normas de europeas. Cabe destacar que estas cuestións prexudiciais son de obrigado cumprimento para os tribunais de xustiza dos estados membros da UE.


Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, presentou, esta mañá, unha iniciativa, que o pleno municipal debaterá o vindeiro xoves, co obxecto de que o concello de Ferrol presente unha denuncia diante da Unión Europea por infracción do dereito comunitario produto da sentenza do Tribunal Supremo que exime a Navantia do pago do IBI ás arcas municipais.

Iván Rivas sinalou que a situación que vive o concello de Ferrol con respecto á falla de ingresos xa non é soportábel durante moito máis tempo e considera que vai sendo hora que empecemos a tomar este tema en serio.

Iván Rivas, afirmou que considera que esta vía é a que debemos adoptar fronte a sentenza do Tribunal Supremo que se salta por riba unha cuestión prexudicial solicitada por parte do xulgado de Ferrol que no seu momento demandaba a Navantia o pago do IBI e a na que se indicaba que os terreos do estaleiro público da nosa cidade estaban suxeitos ao pago do IBI e que a intención de Navantia de non pagar este tributo municipal era contrario ás normas de europeas. Cabe destacar que estas cuestións prexudiciais son de obrigado cumprimento para os tribunais de xustiza dos estados membros da UE.

A Lei Orgánica do Poder Xudicial obriga a ter que aplicar o dereito da UE conforme ao dereito da xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea e as cuestións prexudiciais, a estas alturas, todas temos claro que forman parte e son pezas chave do sistema xurídico da Unión Europea.

Para Iván Rivas é significativo que por parte do goberno local se teña tanta presa en recoñecer a suposta exención do IBI á empresa Navantia en base a unha sentenza que é moi cuestionábel. É totalmente incomprensíbel que o goberno municipal teña tanta presa en anular as liquidacións que neste procedemento xudicial se están a recoller. Estamos a falar de 4,39 millóns de euros aos que o goberno local de Ferrol renuncia sen cuestionar estes aspectos que desde o BNG nos parecen tan obvios e tan evidentes que non ten ningunha lóxica a actuación que está a manter este goberno local.

O BNG explica que o proceso de interposición dunha cuestión prexudicial é sinxelo, o xuíz do estado membro identifica cal é a dubida de aplicación do dereito europeo e con esa dúbida lla transmite ao Tribunal de Xustiza da UE para obter unha resolución e un posicionamento específico. O Tribunal da Unión Europea resolve a dubida e a xustiza do Estado membro ten que aplicar a sentenza en función da resolución que fai o TXUE. Así foi como fixo o xulgado do contencioso administrativo de Ferrol, así o ratificou o TSXG e sorprendentemente o Tribunal Supremos se saltou este ditame e polo tanto infrinxe o dereito recollido por ese tribunal.

O BNG destaca que as cuestións prexudiciais non son interpretativas nin son opcionais, son de obrigada aplicación en función dos criterios que alí se estabelecen e lembra, ademais, que o TXUE é un órgano xerarquicamente superior ao TS e cuxa posición non pode saltarse nin condicionar a aplicación desta sentenza en función dos criterios que alí se estabelecen.

Iván Rivas, insistiu en que nesta cidade temos un problema de ingresos. Ferrol é un caso único en todo o estado pola ocupación que o Ministerio de Defensa ten de máis do 20% do solo urbano da cidade. Os terreos que ocupa a empresa Navantia son unha parte deste problema de Ferrol. O BNG cre que é preciso insistir e afondar na necesidade de modificar a Lei que lle permite ao Ministerio de Defensa manter as bonificacións sobre os tributos locais e é preciso acadar unha compensación económica, nos orzamentos do estado, que sexa capaz de paliar esta perda de ingresos. Para o BNG hai que enfrontar este problema con contundencia, abandonando a demagoxia e enfrontándonos a decisións, como estas, que son absolutamente contraditorias e que van en contra do estabelecido en ámbitos dos que supostamente o estado forma parte e cando menos debería asumir e acatar.

No pleno municipal do xoves o BNG demandará ao goberno local que no prazo de 10 días interpoña esta denuncia, é un trámite sen custo económico, que polo tanto é incomprensíbel que non se adopte en base aos criterios mencionados e diante da evidencia de que a sentenza do Tribunal Supremo se está a saltar os ditámenes do dereito comunitario.

Ferrol, 22 de febreiro, de 2021

Foto: No Concello de Ferrol - 20/04/2019.


Ferrol | Web | Facebook | Twitter.


Ferrolterra | Web.


Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
24 de fevereiro de 2021 07:50 


______