mércores, decembro 15, 2021

O Pleno do Congreso d@ Diputad@s rexeitou iniciar a tramitación da Proposición de Lei de garantía do dereito á vivenda digna e adecuada, por 57 votos a favor, 280 en contra e 98 abstencións


Que isto fose previsíbel non deixa de ser unha moi mala noticia

Despois de tantos anos de estar-mos loitando por unha Lei polo Dereito a unha Vivenda Digna e Adecuada que garanta o exercicio deste Dereito Fundamental, agora volvemos a perder esta oportunidade, ao ser rexeitada no Congreso dos Deputados.

O Pleno rexeitou iniciar a tramitación da Proposición de Lei de garantía do dereito á vivenda digna e adecuada, por 57 votos a favor, 280 en contra e 98 abstencións. A iniciativa, impulsada polos grupos parlamentarios Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común, Republicano, Plural (Compromís, Junts per Catalunya, BNG e Máis País), Euskal Herria Bildu e Mixto, a través de nove títulos, introduce medidas para evitar desafiuzamentos de persoas en risco de exclusión e suscita que a ocupación de vivenda baleira de entidades financeiras non se aborde por procedemento penal, cando xa existe a vía civil. En relación aos préstamos hipotecarios, regula a dación en pago e modifica o procedemento de execución hipotecaria, no relativo ao control de cláusulas abusivas.

Ademais, suscita a regulación do arrendamento de vivenda, coa posibilidade de actuar sobre áreas urbanas declaradas como de mercado de vivenda tensado, e regúlanse os alugueiros sociais e turísticos. Así mesmo, prohibe a venda do parque de vivenda pública e márcase un obxectivo de solidariedade urbana para que en 2050 o 20 % das vivendas cumpra políticas sociais.

Onte gañaron os especuladores, a banca e os fondos voitres, cos votos da dereita (PP), dos neofascistas de VOX, Ciudadanos e os do PSOE... con esta decisión deixan na estacada a centos de miles de familias con débedas acumuladas impagábeis e sen resolver os importantes problemas de vivenda lastrados no transcurso da aplicación das políticas neoliberais...

#IniciativaLeiDeVivenda

Fonte: Congreso d@ Diputad@s.

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113

_______

martes, decembro 14, 2021

X Semana de Loita contra as Fronteiras: Políticas racistas no Estado Español - Nos actos que terán lugar en Vigo e Compostela o 15 e 16 de decembro, debullaranse o impacto destas políticas así como as estratexias de resistencia persoal e colectiva fronte a esas violencias


X Semana de Loita contra as Fronteiras

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
X SEMANA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS: POLÍTICAS RACISTAS NO ESTADO ESPAÑOL

 
Un ano mais, as colectivas e individualidades que conformamos o Foro Galego da Inmigración queremos visibilizar as violencias que entraña o sistema de fronteiras e as políticas migratorias para as vidas e corpos das persoas migrantes, e moi especialmente para as mulleres racializadas.

Nos actos que terán lugar en Vigo e Compostela o 15 e 16 de decembro, debullaranse o impacto destas políticas así como as estratexias de resistencia persoal e colectiva fronte a esas violencias.

Mércores 15 decembro // VIGO

17h00 - Obradoiro sobre Decolonialidade e Antirracismo. Para persoas racializadas e/ou migrantes. Café UF! Aforo limitado.

19h30 - Palestra Políticas racistas no Estado español. Impacto sobre as mulleres e disidencias migrantes. Café UF! Aforo limitado.

Xoves 16 de decembro // COMPOSTELA

19h00 - Acto Público na Praza do Toural.

19h45 - Faladoiro na Casa Xohana Torres. Políticas racistas no Estado español. Impacto sobre as mulleres e disidencias migrantes. Inscricións: https://deloga.typeform.com/XohanaTorres

Non pasou nen un mes desde o 25N, desta volta co foco nas diferentes manifestacións das violencias machistas. Con todo, volvemos a ver como unha vez mais as violencias específicas que viven as mulleres migrantes e/ou racializadas quedaron invisibilizadas.

Así que despois de adicar este curso a denunciar os cambios no sistema de asilo e protección internacional, queremos situar esa e outras realidades no marco que corresponde. Non se tratan de cuestións técnicas, senón que responde á mesma lóxica restritiva e racista que subxace ao conxunto das políticas migratorias españolas e europeas. Unhas políticas que afectan de forma moi directa a mulleres e disidencias sexo xenéricas.

Para iso contaremos con dúas convidadas especiais:

Julia Castillo Condori / Warmi Kusisita (Bolivia/Barcelona): Muller aymara, feminista comunitaria anticolonial, educadora popular, narradora, escritora e arterapeuta.

Sara Guerrero (México/Mondariz), Lcda. en Teatro e Actuación, colaboradora en distintos medios de comunicación alternativos (Novas da Galiza, El Salto, Píkara Magazine).

Ademais das compañeiras da colectiva Resistencia en Terra Allea, Colectiva decolonial e antirracista, procura darlle resposta as violencias estruturais, coidando e acompañando a os corpos migrantes e/ou racializades

+info: foroinmigracionsantiago@yahoo.es

--
OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia) | odscoia.arkipelagos.net | odscoia@riseup.net |@odscoia | tel: 696 618 732 - 679 758 663 | Estamos os luns de 10h00 a 12h00 en Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo)


Enviado por:
Oficina Dereitos Sociais - Coia
-dereitossociais@gmail.com-
13 de dezembro de 2021 10:13
_______

A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos


A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos

·  Afectados e afectadas esixen que a moratoria inclúa os centos de proxectos en trámite e non só a solicitudes de 2022

·  A planificación de parques por todo o territorio fará que Galicia perda riqueza natural, económica e mesmo a súa identidade

·  Galicia xa xera enerxía eólica para exportar cos actuais parques


A coordinadora de plataformas  Aldeas Libres de Macroeólicos esixe á Xunta de Galicia que paralice os trámites dos centos de proxectos eólicos solicitados na nosa Comunidade, toda vez que a conselleira de Medioambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, confirmou onte aos medios de comunicación que o 30% do territorio quedará afectado por xeradores de enerxía.

A coordinadora lembra á Xunta de Galicia a súa responsabilidade na protección do patrimonio natural galego e insta a que a moratoria anunciada para 2022 comece neste mesmo intre ata que se elabore un plan de desenvolvemento enerxético equilibrado entre as necesidades enerxéticas e o medioambiente.

Aldeas Libres de Macroeólicos advirte que de continuar o plan sectorial actual a desfeita das nosas paraxes suporá, ademais da perda de riqueza e benestar para os galegos e galegas,  o borrado dunha gran sinal de identidade da nosa Comunidade. Así mesmo sinala que, como a propia conselleira explicou, Galicia se sacrificará para responder ás necesidades enerxéticas de Europa en beneficio das grandes compañías produtoras, xa que actualmente na nosa terra xa se produce máis enerxía da que precisamos e a compensación polos danos das empresas que explotan o territorio é insignificante, máis tendo en conta que os parques construídos hai 15 ou 20 anos amosan que non xeran nin postos de traballo nin dinamizan a zona, senón todo o contrario, levan perda de poboación.

A cidadanía galega esixe que os plans estratéxicos dos Gobernos autonómico e Estatal sexan complementarios para evitar unha sobreexplotación e que se reactive o plan da Rede Natura 2000 de protección dos nosos espazos, xa que Galicia é unha das Comunidades Autónomas con menos das súas paraxes protexidas, motivo polo cal xa recibiu unha multa da Unión Europea e recentemente, este mesmo 2021 un novo apercibimiento do ente internacional.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2021

https://aldeaslibresdemacroeolicos.com

Contacto:
ortegaldinon@gmail.com

Enviado por:
Ortegal Di Non
-ortegaldinon@gmail.com-
12 de dezembro de 2021 13:40

_______

luns, decembro 13, 2021

Presentación do libro 'Decrecemento. Construíndo Alternativa', este venres 17 de decembro, ás 19:30 h no Ateneo Ferrolán, con Miguel Anxo Abraira, Iago Pérez e Iolanda Teixeiro


Presentación do libro e charla da Rede para o Decrecemento

DECRECEMENTO
CONSTRUÍNDO ALTERNATIVA


Salón de Plenos do Ateneo Ferrolán
Venres, 17 de Decembro, ás 19:30 h

Interveñen:

MIGUEL ANXO ABRAIRA e IAGO PÉREZ

Presenta:

IOLANDA TEIXEIRO

Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo

https://www.facebook.com/rededecrecemento/


https://redeparaodecrecemento.wordpress.com/


Enviado por:
Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
-redeparaodecrecemento@gmail.com-
12 de dezembro de 2021 17:29

_______

Edicións Imaxinarias presenta a súa cuarta referencia: 68 Poemas de amor bastardo para salvar el alma de madrugada (Paco Peste García) - A presentación terá lugar o vindeiro venres 17 de decembro ás 8 da tarde no Centro Cívico de Canido



Edicións Imaxinarias presenta a súa cuarta referencia, 68 Poemas de amor bastardo para salvar el alma de madrugada, escrito por Francisco Regueiro RamondePaco Peste García—.

A presentación terá lugar o vindeiro venres 17 de decembro ás 20:00 h. no Centro Cívico de Canido. Conducida por Ana Fernández e André C. Pastor de Edicións Imaxinarias, contará coa presenza do autor da obra e do prologuista, Suso Manchita.

Edicións Imaxinarias é un proxecto editorial colaborativo, sen ánimo de lucro, desde a Terra de Trasancos.

Edicións Imaxinarias©
https://www.instagram.com/edicions_imaxinarias/
https://www.facebook.com/edicionsimaxinarias/
 
Enviado por:
Edicións Imaxinarias
-edicionsimaxinarias@gmail.com-
13 de dezembro de 2021 13:42

_______

domingo, decembro 12, 2021

Concentración diante dos Xulgados de Ferrol para denunciar as prácticas bancarias que impiden aos usuarios en estado de pobreza ou no limiar da exclusión social, beneficiarse dos dereitos que lles dá o Código de Boas Prácticas - Rolda de Prensa da avogada e avogado, Maite Ortiz e José María Erauskin despois dunha vista de execución hipotecaria, onde se vai denunciar a fraude de lei das entidades bancarias por impedir aos usuarios, acollerse ás normas protectoras que lles posibilitarían non perder a vivenda


Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, convoca unha rolda de prensa onde vai participar a avogada e avogado guipuscoanos, colaboradores da Coordinadora Galega dos colectivos antidesafiuzamentos, Maite Ortiz Pérez y José María Erauskin Vázquez, que teñen unha vista por execución hipotecaria ese mesmo día nos Xulgados de Ferrol, ao mesmo tempo convoca unha concentración para arroupar a rolda de prensa e denunciar as malas prácticas bancarias que impiden aos usuarios en estado de pobreza ou no limiar da exclusión social, beneficiarse dos dereitos que lles dá o Código de Boas Prácticas.

Rolda de Prensa e Concentración

Día: mércores 15 de decembro.
Hora: 11:30hs.
Lugar: diante dos Xulgados de Ferrol.

CONTRA OS ABUSOS BANCARIOS


"Unha cousa é mostrar a CARA AMÁBEL, e para iso, a maior parte das entidades bancarias aceptaron voluntariamente o formar parte do código. E outra cousa é,... a CARA DURA para eludilo", di José María Erauskin.

Mantivemos unha charla co Josema Erauskin e a continuación transcribimos un resumo da conversa co avogado guipuscoano

Atopamos-nos nunha situación na que as prácticas bancarias que impiden aos usuarios hipotecados en estado de pobreza ou no limiar da exclusión social, beneficiarse dos dereitos que lles dá a Lei. Porque ao final temos un Código de Boas Prácticas que dá dereitos ás persoas que están en situación de pobreza e resulta que é o Código de Boas Prácticas ao que se sumaron voluntariamente a maioría das entidades financeiras.

O que ocorre é que cando chega o momento da verdade, cando chega o momento de cumprilo, cando se produce o incumprimento do cliente porque non pode pagar, en lugar das entidades bancarias entregar a información sobre o Código, sobre os requisitos e sobre os beneficios que pode obter o usuario, o que fai a entidade bancaria é entregarlle o contrato a un terceiro que non se adheriu. Dese xeito a entidade que se adheriu, di que xa non ten o préstamo e a entidade que o colle é unha entidade que di que ela non se adheriu.

Di José María Erauskin que: "... isto é unha fraude de lei, porque ao final estáselle privando ao consumidor, ao cliente, ao cidadán dun dereito que lle deu a lei. É que o tes aí, pero que se lle esconde, evitan-lle con esta práctica de ceder o préstamo a un terceiro, un terceiro que non sempre é un fondo voitre dunha illa paradisíaca, non... Ás veces é un fondo de investimento do propio entramado do banco, é dicir, o banco, para non darche o Código de Boas Prácticas, para non darche esa carencia de 5 anos que che podería salvar a vida, o que fai é ceder este préstamo a un fondo de investimento que tamén é del, pero que ten personalidade xurídica independente e que como non se adheriu non ten por que cumprilo e dese xeito van directamente á execución hipotecaria, ...",  continua manifestando o avogado guipuscoano "... a van quedarse coa túa casa cando ti terías que estar na túa casa tranquilamente co teu Código. Pero é que ás veces ate a substitución fana no propio procedemento de execución hipotecaria, onde levantamos a man e dicimos: Escoite, señoría, que esta familia non tiña que estar aquí, que tería que estar gozando do Código". Sigue explicando Josema "... e nese momento, durante o procedemento e ante a pasividade do xuíz, prodúcese a cesión do crédito a ese terceiro que pasa a ocupar o asento do banco. E a lei permítenos que cando a cesión se realiza nun préstamo xudicializado, teñamos dereito a saber en que importes se transmitiu. Porque podemos igualalo nun prazo de 9 días. Pero aí vai facer unha segunda fraude de lei. E é que entón che din que non che poden dar o prezo, porque como sempre estamos falando dun paquete de 5.000 prestamos a unha cantidade alzada por todos eles. Non se sabe o prezo de cada un. O problema é que a banca está cometendo continuas fraudes de lei para evitar aos cidadáns dereitos que lles asisten". Continua explicando o compañeiro: "E todo isto ante a pasividade dos xuíces que o están permitindo, porque os xuíces están vendo como nas execucións hipotecarias aparece un terceiro que non é o que asinou. Ou durante o procedemento substitúese por un terceiro que non asinou e cando lle pide saber o prezo que o poden dar. Home, xa está ben".

Está pasando nos xulgados


Dixo Josema Erauskin que estamos falando de cidadáns que teñen dereitos e que se lles priva diso por prácticas fraudulentas, é isto o que se está denunciando. Que hai poucos días estiveron coa Valedora do Pobo, para explicar a situación y pedirlle unha intervención, esta comprendía a situación, mais que non podía actuar como tal, porque a institución non ten capacidade de meterse con entidades privadas só coas que sexan administracións públicas.  Só pode facer consultas ou recomendacións. Remataba o avogado guipuscoano dicindo que as entidades financeiras cometen fraudes continuas, evitan que os seus defendidos poidan invocar normas protectoras. E isto é o que se denuncia en vía xudicial e publicamente.

Documentación.-

Real Decreto-lei 6/2012, de 9 de marzo, de medidas urxentes de protección de debedores hipotecarios sen recursos.| Publicado en: BOE núm. 60, de 10/03/2012. | Entrada en vigor: 11/03/2012 | Última actualización publicada o 16/03/2019. | Acceder/Baixar.


Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113

_______

sábado, decembro 11, 2021

Gran participación na mobilización que tivo lugar esta mañá en Ferrol baixo o lema 'Eólica así Non'











Gran participación na mobilización que tivo lugar esta mañá en Ferrol baixo o lema "Eólica así Non"

Facéndoo coincidir co Día das Montañas as distintas plataformas, veciños e asociacións percorreron as rúas ferrolás dende a estación de tren ata o concello, onde os organizadores agardaban cun chocolate quente aos asistentes ao acto.

A morte do rural foi representada nesta andaina, mesturada co son das gaitas e os cánticos dos veciños en protesta por esta inversión eólica.

Unha vez na Praza de Amboaxe pasouse a ler o manifesto e o poema de Darío Xohán Cabana "Venceredes vós".

A continuación facémosvos chegar a nota de prensa oficial da coordinadora "Eólicas así Non".

Atentamente,

Luka, Ortegal di Non

 VID-20211211-WA0038.mp4

 VID-20211211-WA0071.mp4

 VID-20211211-WA0037.mp4


MÁIS DE 5000 PERSOAS SAÍMOS HOXE Á RÚA NA DEFENSA DAS MONTAÑAS GALEGAS FRONTE A INVASIÓN EÓLICA


Galiza, Días da Montañas, a 11 de decembro de 2021


Hoxe sábado, 11 de decembro, Galiza mobilizouse masivamente a prol das montañas e do rural galego e en contra da actual invasión eólica que ameaza o noso territorio. Mais de 5000 persoas participaron nas 22 mobilizacións convocadas en toda Galiza pola coordinadora galega “Eólica Así Non” para este Día mundial das Montañas co gallo de reivindicar diante das administracións públicas a preservación destes ecosistemas fronte a actual vaga eólica, baixo o lema “Na defensa das montañas. Eólica Así Non”.

Como xa acontecera o pasado 5 de xuño na Praza do Obardoiro de Santiago de Compostela, a resposta da sociedade galega foi contundente. A multitude congredada desta volta en diferentes localidades do país volveu reclamar á Xunta a paralización urxente, real e efectiva dos case 300 parques eólicos que se atopan actualmente en tramitación e que se prevén instalar no noso país. Máis de 170 entidades que fan parte da coordinadora, entre colectivos e plataformas veciñais, de afectados/as, ecoloxistas, culturais, sociais ou políticas, rexeitan a falaz e inútil moratoria anunciada polo goberno de Alberto Núñez Feijóo, por non ter ningún efecto sobre os actuais proxectos en tramitación e que só pretende confundir a opinión pública e desmobilizar a sociedade. Porén, o goberno da Xunta non conseguiu desmotivarnos. Agora máis que nunca reivindicamos a derrogación do desfasado Plan eólico de Galiza e das “leis de depredación” da Xunta (Lei de fomento de implantación de iniciativas empresariais e Lei de simplificación administrativa) de cara a deseñar unha nova planificación eólica, participada pola sociedade galega, xusta coas persoas e respectuosa co rural e co medio ambiente galego. Doutro xeito, estaríamos deixando en mans do oligopolio eléctrico o futuro do noso territorio.

Desde a Coordinadora Eolica Así Non entendemos que o éxito desta gran mobilización debe obrigar á Xunta a reconsiderar un cambio no modelo de implantación eólica e, por extensión, un cambio de modelo enerxético, no que se aposte polas enerxías renovábeis, pero non co fin de satisfacer as ansias especulativas do lobby enerxético e á costa de sacrificar o noso territorio, senón pensando no interese xeral. O novo modelo de implantación da enerxía eólica debería estar fundamentado na soberanía enerxética, no fomento do aforro e da eficiencia enerxética, no autoconsumo e na xestión pública do recurso ao servizo da sociedade galega. Tamén se fixo fincapé sobre o irreparábel impacto que estes preto de 300 proxectos eólicos, xunto coas súas liñas de evacuación e outras infraestruturas asociadas, terían sobre a rede de montañas galegas. Estes ecosistemas, que constitúen o principal obxectivo de ocupación das promotoras eólicas, representan un papel fundamental no desenvolvemento e resiliencia da nosa sociedade. As montañas son a nosa principal fonte de auga e de alimento, son refuxio das especies e hábitats de maior interese para facer fronte ao quecemento global, regulan o clima e controlan a erosión do solo, son paisaxe e reservorios do noso patrimonio cultural,... En definitiva, son unha peza clave para o equilibrio ecolóxico de Galiza, polo que a súa destrución estaría poñendo en risco o noso futuro e o das vindeiras xeracións.

Diversidade de actos na defensa das montañas

Nesta xornada de defensa das montañas, a Coordinadora “Eólica Así Non” convocou a sociedade galega en 22 enclaves xeográficos repartidos nas catro provincias galegas: Bembibre-Val do Dubra, Carral, Coristanco, Ferrol,  Mazaricos (provincia A Coruña);  Antas de Ulla, Becerreá, Chantada, O Courel, Foz, Lugo, Meira, Vilalba (provincia de Lugo); A Lama, Bueu, Cerdedo, Gondomar, Marín, Pontevedra, Vila de Cruces (provincia de Pontevedra); Castro Caldelas e Laza (provincia de Ourense).

Algunhas das consignas máis proclamadas nesta xornada de concentracións foron “Eólicos si, pero non así”, “Montañas sagradas, aldeas habitadas”, “O Capital bótanos do rural”, “Non, non, non a esta invasión; non, non, non á colonización”, “Que nos escoiten, queremos vivo o monte” ou “Non ao espolio do noso Patrimonio”...

A meirande parte dos actos celebrados nesta xornada discorreron en forma de concentración reivindicativa na que se leu o manifesto “Na Defensa das Montañas. Eólica Así Non”. Porén, nalgúns casos, como o de Bembibre (Val do Dubra), Ferrol, Cerdedo ou Antas de Ulla houbo manifestacións ou percorridos a pé que cortaron o tráfico de varias estradas. Nas mobilizacións convocadas para A Lama, Mazaricos, Marín e Gondomar realizáronse subidas aos montes ou montañas máis emblemáticos destas áreas en cuxos cumios se prodeceu á lectura do manifesto. As mobilizacións máis concorridas foron as de Bembibre (Val Do Dubra), Ferrol, Marín, Gondomar, seguidas de Pontevedra, Lugo, Foz, Vila de Cruces, Cerdedo, Carral e Meira.

En Lugo, Foz e Vilalba os actos estiveron acompañadas polo son das gaitas tradicionais e tamén se  fixeron recitais poéticos, e en Castro Caldelas amenizouse a xornada reivindicativa cunha chocolatada. Na concentración de Becerreá leu o manifesto o veciño da Fonsagrada e protagonista de “O que Arde”, Amador Arias, e en Pontevedra sumouse á mobilización o alcalde da cidade. Na andaina polo monte de Gondomar houbo unha especial presenza dos clubes de montaña. Na península do Morrazo, os actos terán lugar ao longo de toda a xornada, completándose a andaina de pola mañá no concello de Marín, cunha palestra e magosto pola tarde en Bueu. E no concello de Laza celebraranse en sesión de tarde, a partir das 16 horas. A última hora, tívose que desconvocar a concentración en Seoane do Courel por motivos de prevención fronte a incidencia da Covid-19.

Ao longo desta semana tamén amosaron o seu apoio ás mobilizacións convocadas pola Coordinador Eólica Así Non persoas recoñecidas da cultura galega como Miguel de Lira, Xurxo Souto, a Banda da Loba, Adela Figueroa, Lois Pérez ou Benedita Sánchez, entre outras.

Álbum de imaxes:
https://bit.ly/3yl8NT8

Cartaz Mobilización 11D:
https://bit.ly/3IAkERV

Manifesto NA DEFENSA DAS MONTAÑAS. EOLICA ASÍ NON: https://bit.ly/3lOvhXD

Listado colectivos EÓLICA ASÍ NON:
https://bit.ly/3xo57PT

Enviado por:
Ortegal Di Non
-ortegaldinon@gmail.com-
11 de dezembro de 2021 17:05

_______

A coordinadora galega 'Eolica Así Non' convoca 22 mobilizacións nas diferentes comarcas afectadas pola invasión eólica de Galiza - En Ferrol este sábado 11 de decembro andaina desde a Estación do Tren


MOBILÍZATE NA DEFENSA DAS MONTAÑAS FRONTE A INVASIÓN EÓLICA

Máis de 170 entidades que conforman a "Coordinadora Eólica Así Non" convídante a participar nalgunha das 22 mobilizacións que terán lugar, este sábado 11D, Día Internacional da Montañas para berrar alto e claro: “Na Defensa das Montañas, Eólica Así Non!”


E se non podes asistir a ningunha das concentracións ou manifestacións previstas, sobe á túa montaña e faite unha foto co lema “Eólica Así Non” e, logo, difúndea nas redes co cancelo #EolicaAsiNon

Con motivo do Día das Montañas, o vindeiro 11 de Decembro ás 11h terá lugar en Ferrol unha mobilización que empezará na estación de tren, percorrerá as rúas da cidade pasando pola Praza de España e rematará enfronte do Concello, na Praza de Armas.

A poboación galega só consume dous terzos da enerxía que xeramos agora mesmo, sen a necesidade de instalar un só muíño máis. E aínda así queren que o noso rural soporte a maior densidade de muíños por km2 do Estado, se está esta vaga de proxectos de polígonos industriais eólicos segue adiante. Isto significaría que un 25% do noso territorio sería catalogado coma poligonal de parques eólicos.

Está claro, ademais que estas empresas non están actuando de boa fé. Estes proxectos presentase fraccionados de tal xeito que poidan sortear os controis públicos. Non hai transparencia no proceso, non se lle informa os veciños e afectados, e estanse a atopar trabas administrativas incluso á hora de presentar as alegacións. Sabemos que a nosa rede eléctrica non podería soportar todos estes proxectos que intentan implantar. E ademais, agora decatámonos de que parte desta produción eléctrica enviaríase ao estranxeiro.

Temos constancia de que ningún dos parques instalados fai 15 ou 20 anos trouxo beneficio para a sua zona de asentamento. A proxección destes proxectos vai dirixida ao rural, un rural que novamente vaise ver sacrificado. E despois preguntarémonos por que se está despoboando. No caso de Muras, a sua poboación veuse reducida á metade en 20 anos. Non podemos aceptar que os custos e impactos se centralicen só nun territorio. A transformación física da nosa paisaxe vai afectar as nosas explotacións gandeiras e agrícolas, ao noso turismo, e en definitiva a todo o que coñecemos agora.

Defendemos as enerxías renovables, pero non podemos defender o espolio enerxético.

Por todo isto, e baixo o lema "EÓLICA ASI NON" convocamos os cidadáns ás mobilización que van ter lugar este sábado en Ferrol, e animamos os que non poidan achegarse a esta a que usen as distintas formas de protesta que ímos anunciar nas nosas redes sociais.

Luka, Ortegal di Non

Enviado por:
Ortegal Di Non
-ortegaldinon@gmail.com-
10 de dezembro de 2021 19:01

_______

xoves, decembro 09, 2021

Declaración do movemento feminista galego a raíz do novo ataque denunciado pola activista saharaui Sultana Sid Brahim Khaya


A Declaración do movemento feminista galego a raíz do novo ataque denunciado pola activista saharaui Sultana Khaya, a día de hoxe está  asinada por 26 asociacións e organizacións feministas, en relación ás constantes vulneracións dos dereitos humanos na persoa da activista saharauí e a sua familia, en arresto domiciliarios desde novembro de 2020. Un manifesto que conta a maiores con 16 apoios de organizacións políticas e sociais e 279 adscricións individuais.

Informar que este manifesto vai ser remitido ao Parlamento galego, ao Parlamento europeo e ao Congreso dos deputados, e ao Ministerio de Exteriores, xunto cunha solicitude de pronunciamento ao respecto. Do mesmo xeito farase chegar este manifesto aos organismos de Nacións Unidas, MINURSO e CEDAW.


DECLARACIÓN DO MOVEMENTO FEMINISTA GALEGO A RAÍZ DO NOVO ATAQUE DENUNCIADO POLA ACTIVISTA SAHARAUI SULTANA SID BRAHIM KHAYA

O movemento feminista galego envía unha mensaxe de apoio e solidariedade á activista saharaui Sultana Khaya e á súa familia (a nai ten 82 anos e hai un menor de 12 anos), logo de ter sido de novo agredidas na madrugada do 5 de decembro, segundo elas mesmas denuncian nun vídeo difundido por Equipe Media Sahara, por forzas paramilitares marroquís no seu domicilio na ocupada cidade de Bujador.

O arresto domiciliario da activista e da súa familia iniciouse o 21 de novembro de 2020, xusto dous días despois do regreso de Sultana de España, e dende hai máis dun ano sofren constantes e brutais ataques no seu domicilio con substancias tóxicas, agresións físicas, agresións sexuais, inoculación de substancias químicas descoñecidas e unha posible infección non accidental co virus da Covid-19.
As asociacións feministas non podemos permanecer en silencio ante esta constante violación de dereitos da que están a ser vítimas a Presidenta da Liga Saharaui para a Defensa dos DDHH e contra o Espolio dos Recursos Naturais así como as súas familiares. Por cuarta vez dende o inicio do arresto domiciliario as activistas denuncian ter sufrido agresións sexuais por parte de paramilitares marroquís, nunha clara mostra do que Laura Segato define como novas formas da guerra: “as novas formas da guerra, caracterizadas pola informalidade, despréganse hoxe nun espazo intersticial que podemos caracterizar como para-estatal (...). Nesa esfera de para-estatalidade en franca expansión, a violencia contra as mulleres deixou de ser un feito colateral da guerra e converteuse nun obxectivo estratéxico deste novo escenario bélico”. Trátase ademais dunha violencia que toma como terreo de combate o corpo das mulleres e como medio a violación e outras formas formas de violencia sexual.

Parafraseando a Silvia Federici, debemos ter en conta que neste escenario “a violencia contra as mulleres é un elemento esencial nesta nova guerra global, non só a causa do horror que evoca ou as mensaxes que envía, senón polo que representan as mulleres, capaces de manter unida á súa comunidade e defender concepcións non comerciais da seguridade e a riqueza”.

Así pois:

Condenamos rotundamente a violación sistemática de dereitos do pobo saharaui que se materializa dende a entrada de tropas marroquís en territorio saharaui en novembro do ano 2020, entre outros actos violentos, no arresto domiciliario e constantes agresións á activista Sultana Khaya e á súa familia.

Esiximos ao goberno español que condene a vulneración dos dereitos do pobo saharaui por parte do goberno marroquí e, no caso que nos ocupa, inste ás autoridades marroquís a liberar á familia Khaya do arresto domiciliario ao que está sendo sometida.

Esiximos ao goberno de España que, como autoridade administrativa responsable de asegurar a paz na zona e de guiar o proceso de descolonización do Sahara Occidental por parte de Marrocos, realice as acción pertinentes que conduzan ao abandono do exército marroquí dos territorios saharauis e o cese da violencia contra o pobo saharaui.

Que os feitos denunciados por Sultana Khaya dende o inicio do arresto domiciliario en novembro de 2020 sexan investigados polo Tribunal Penal Internacional.

Que a MINURSO (Misión de Nacións Unidas para o Referendo no Sahara Occidental) realice de forma efectiva o seu cometido e que se estableza un mecanismo de vixilancia que permita coñecer o estado de cumprimento de Dereitos Humanos que garanta a non violencia así como a celebración con garantías democráticas do referendo sobre a soberanía do Sahara Occidental.
Galiza, a 8 de decembro de 2021

ENTIDADES ASINANTES:
1.- Marcha Mundial das Mulleres
2.- Secretaría das Mulleres-CIG
3.- Mulheres Nacionalistas Galegas
4.- Colectivo Feminista das Mariñas
5.- Colectivo Feminista Deza-Tabeirós
6.- Asociación Zeivas
7.- MaterFem Maternidades Feministas Galegas
8.- Observatorio da Mariña pola Igualdade
9.- Asamblea Feminista Paxaretas
10.- Solidarias e Violetas
11.- Feminismo Unitario de Vigo
12.- Secretaría das Mulleres da CUT
13.- Colectivo Feminista das Pontes
14.- Mulleres das da Industria (Vigo)
15.- Secretaría das Mulleres do SLG
16.- Asociación Mulleres e Palabras
17.- A Xanela das Fucas
18.- Área da Muller de Esquerda Unida.
19.- Plataforma Feminista Galega
20.- Espazo Feminista Marín
21.- Asociación Feminista Sonlila
22.- Tamborililás Batukada Feminista de Galiza
23.- Nomepisesofreghao
25.- Area feminismo PCG
26.- Movemento Democrático de Muller de Galicia


OUTROS APOIOS:
1.- Coordinadora Nacional de Esquerda Unida
2.- AGAMME, Asociación Galega contra o Maltrato a Menores
3.- Coletivo TransGaliza
4.- Podemos Galicia
5.- GAM Virades
6.- GAM DiMe
7.- AGAFEM Asociación Gallega de Acogimiento Familia Extensa
8.- Galiza por Palestina
9.- Confederación Nacional do Traballo – CNT Galiza
10.- Cosal A Coruña
11.- Mar de Lumes
12.- Activistas Galegas Antiespecistas, AGA
13.- Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
14.- colectivo sarsur
15.- Bloque Nacionalista Galego
16.- Resistencia Saharaui


APOIOS PARTICULARES
1.- Mar - Lugo
2.- Lupe Ces - Ferrol
3.- Estrela Gómez Viñas - A Capela
4.- Lola Ferreiro Díaz - Ordes
5.- Rosa Santorum Paz - Compostela
6.- Fernanda González Briones - Marí
7.- María Dolores Candal Pardo - A Coruña
8.- Piedade Viñas Cortizas - A Capela
9.- Montse Sánchez Mancebo. Compostela
10.- Margarita Ledo Andión - Santiago de Compostela
11.- Fernando Gutiérrez Aranguren - A Coruña
12.- Susana Alaniz - A Coruña
13.- Concha de la Fuente Pérez - Santiago de Compostela
14.- Paz Peña Villamide - Compostela
15.- Ana María Iglesias Otero - Milladoiro
16.- Rosa Quinteiro Rendo - Compostela
17.- Ángela Fraga María - Compostela
18.- Pilar Allegue - Pontevedra
19.- Marisa González Seoane - Compostela
20.- Ana González Sánchez - Compostela
21.- Concepción Fernández Fernández - Compostela
22.- Anna I. García Reig - Ames
23.- Elvira Cienfuegos López - Compostela
24.- Mª Teresa Riveira - Ferrol
25.- Encarna Otero Cepeda - Compostela
26.- Maruxa Campos Sáez - Noia
27.- Laura Bugalho- Compostela
28.- Ana Miranda - Bruxelas
29.- Baldomero Iglesias Dobarrio - Xanceda (Mesía)
30.- Loreto Reviejo Ares - Xanceda (Mesía)
31.- Cristina Palacios Castro - Outeiro de Rei
32.- Eva Solla Fernández - Vigo
33.- Mar Rodríguez Romero - A Coruña
34.- Daniela Ferrández Pérez - Compostela
35.- Mónica Montero Borrazás - A Coruña
36.- Manuel Maria Lourido Aguiar - A Coruña
37.- Andrea Nunes Brións - Marín
38.- Mariña López Varela - Santiago de Compostela
39.- Xosé Vázquez Pérez - Lugo
40.- Nela Abella - Ribeira
41.- Iria Pinheiro Santos - Ourense
42.- Charo Lopes Sanches - Boiro
43.- Amelia Paderne Sánchez - Vigo
44.- Iria Vázquez Silva - Vigo
45.- Pilar Paz Rodríguez -
46.- Carme Iglesias - Tordoia
47.- Elvira Alfonsín Madrigal - Pontevedra
48.- Mª Carmen Vázquez Rebollar - A Coruña
49.- Paula Meizoso Alonso - Ferrol
50.- África Leira Sanmartín - Compostela
51.- Carmen Santos Roca - A Coruña
52.- Esther Rodríguez Muñoz - Compostela
53.- Pilar Pereiro Saavedra - Ribeira
54.- Inmaculada Rodríguez Villar - Compostela
55.- Jose Goicoa Otero- Vigo
56.- Inés Meaño Vieites- Cambados
57.- Mariluz Canal - A Coruña
58.- Sabela Álvarez Núñez - Santiago de Compostela
59.- Loreto García Vázquez - Santiago de Compostela
60.- Sabela Cabarcos - Ferrol
61.- Silvia Lijó López- Camariñas
62.- Patricia Suárez Casás - Cambre- A Coruña
63.- Maria Jesús Juanatey Malvarez – Noia
64.- Mª Laura Vizoso Amado - Ferrol
65.- Mª Teresa Vizoso Amado - Ferrol
66.- Lucía Vizoso Amado - Ferrol
67.- Patricia Suárez Casás - Cambre
68.- Dorinda Prado Barreiro - Ferrol
69.- María Silva Barcala - Compostela
70.- Isabelle Kerdudo - Santiago de Compostela
71.- Tania Álvarez Núñez - Santiago de Compostela
72.- María Luísa Fernández Somoza - Cacheiras -Teo
73.- Concepción Larriba Quiroga - Cotobade-Pontevedra
74.- María Chao - As Pontes
75.- Goretti Sanmartín Rei - Santiago de Compostela
76.- Ana Cristina Vega Zabalza - Irún
77.- Mª Luisa Bel Ortega - A Coruña
78.- Sandra Afreijo Fernández - Compostela
79.- Silvia Pardo Galdo - As Pontes
80.- Rebeca Martinez Gándara - Vigo
81.- Gloria Docampo - A Coruña
82.- Aurora Tasende Pombo - A Corunha
83.- Azucena Álvarez Barral - As Pontes
84.- Chus Díaz Anca. Abegondo
85.- Nacho Jorganes - Ribeira
86.- Eva García Amador - A Coruña
87.- Antía Mera Martínez -Narón
88.- Rocío Candales Romeo - Compostela
89.- Isabel Mouriz Barja - Santiago de Compostela
90.- Gelen Ruiz-Matas García - Ferrol
91.- Rocío Barro - As Pontes
92.- Irene calvo Mosquera - Ordes
93.- María Elena Jesús Rodríguez
94.- Susana Vilaboi - As Pontes
95.- Aroa Calvo Vilaboi
96.- María Luz Barreiro Otero - Muros
97.- Elvira Álvarez Gómez - A Coruña
98.- María Olga Barreiro Otero - Gres
99.- Luz Galocha
100.- Adelia Troncoso - Salceda de Caselas
101.- Mercedes Penoucos Castiñeiras - Santiago de Compostela
102.- Valentín Alvite Gándara. Vimianzo
103.- Ana María Pazo Blanco - Compostela
104.- Bernaldo Fernández Requeixo - Compostela
105.- Noa Fernández Pazo - Compostela
106.- Andrea Diz Neira - O Rosal
107.- Nuria Martínez Lomba - A Guarda
108.- Jara Giró Guil - A Guarda
109.- Xosé Manuel Pazo Blanco - Ferrol
110.- Ura Valcárcel Bugarín- O Rosal
111.- Melba Couto Pedreira - Ferrol
112.- Julia Barbosa Sánchez - O Pino
113.- Aida Vasques Varela - Culheredo
114.- María José Alonso Abalde -Culleredo
115.- Isabel Rilo García - Culleredo
116.- Marian Santos Alonso - Coruña
117.- Rosa María Chantada Abollo - Vigo
118.- María Elena De Jesús Rodríguez - Ourense
119.- Guillermina Domínguez Touriño - Compostela
120.- Marola Padin Novas - Compostela
121.- Susana Álvarez Martinez- Compostela
122.- Xulia Novales Ordax - Ames
123.- Sonia Cassau - A Pobra do Caramiñal
124.- Mari Lires - Cangas do Morrazo
125.- Alexandre Bermúdez - Cangas do Morrazo
126.- Laura Tato Fontaíña - Vigo
127.- Ana Belen Cuesta Goyanes - Vigo
128.- Maca Rego Piñeiro - As Pontes
129.- Carmen Armada Martínez - A Coruña
130.- Mirian Viñas Cochón. Pontevedra
131.- Pilar Fernández (PilarAymara)-Compostela
132.- Xandra Preto Rodríguez - A Coruña
133.- Jone Ojeda Macía. Pontevedra
134.- José Antonio Prieto Rivero - A Coruña
135.- Mila Sánchez Quijano - Compostela
136.- Xurxo Prieto Rodríguez - Coruña
137.- Amalia Esther Díaz Barcia - Pontevedra
138.- Pilar Estévez Rodríguez - Santiago
139.- María Rodríguez Carreiras - A Coruña
140.- Diana Kurich - Compostela
141.- Raquel Rei - Padròn
142.- María Rei - Va
143.- Mara Villar Díaz - Compostela
144.- Elsa Pereira Rodríguez - Compostela
145.- Beatriz Varela Fernández - Ferrol
146.- Cristina María
147.- Manuel Pérez Rei - Santiago de Compostela
148.- Montserrat Santiso Bello - Vilalba
149.- Laura Rego Rouco
150.- Araceli Paz Veres
151.- Estrela Ramil Paz
152.- Patricia Vázquez Castro. Lugo
153.- Ana Arellano- Vilagarcía Arousa
154.- Isaura Barciela Varela. Compostela
155.- Patricia Cordo Ares - A Coruña
156.- Asun Carreiras Balsa - Mondoñedo
157.- Mercedes Teixeiro Gato - Mondoñedo
158.- Matilde Pedreira - Pontevedra
159.- Rocío López Amarelo - Vilalba ( Lugo)
160.- Jose Atilano Gutierrez Piñeiro- Vilalba( Lugo)
161.- Maria Josefa Piñeiro Vazquez- Abadin( Lugo)
162.- Atilano Gutierrez Martinez- Abadin( Lugo)
163.- Paché Vázquez Sanmartín - (Brión)
164.- José Carlos Garcia Vázquez - Santiago DC
165.- Emilio García Lorenzo.-Cotobade
166.- Maria José Bóveda Fernández.- Santiago de Compostela
167.- María Montserrat Lombardía Torres - Mondoñedo
168.- Mª José Méndez Rodríguez - Ourense
169.- Maria Celina Ramos Ålvarez - Ourense
170.- Pilar Pérez Lijó - Ribeira
171.- Verónica Hermida Longa - Vilagarcía
172.- Purificacion Mayobre Rodríguez - Ourense
173.- Lurdes Arias Rodríguez - Vigo
174.- Celsa Perdiz Alvarez - Ourense
175.- Manuel López Amarelo - Xermade ( Lugo)
176.- Paula Viñas Cortizas - Ferrol
177.- Jaime López Amarelo - Xermade ( Lugo)
178.- María Elena Tejo Nieto- Boqueixón
179.- Iria Canabal tejo- Boqueixón
180.- Antonio Gómez Corral - A Capela (A Coruña)
181.- Mercedes López Amarelo - As Pontes
182.- Mercedes Suárez Pazos - Ourense
183.- María Jesús Amieiro Fernández- Mondoñedo.
184.- Ana Isabel Alfonsín Madrigal - Pontevedra
185.- Khadijetou Lebchir Ahmedou- Lugo
186.- Souadou Mohamed Fadel- Lugo
187.- Margarida Prieto Ledo
188.- María del Carmen Alfonsín Madrigal - Pontevedra
189.- Galiza Quinteiro Rendo, Ribadeo
190.- Rita González Pérez - Ourense
191.- Mercedes Bosquet Herreros - Ourense
192.- Sara García Pérez - Cambre
193.- Minatu Brahim- Ourense
194.- Tekber Said - Ourense
195.- Ana Varela Castro - A Coruña
196.- Mahmuda Aomar Brahim - Lugo
197.- Emilio García Lorenzo - Cotobade, Pontevedra
198.- Lela Castelo Santaballa - Xermade
199.- José Silva López - Xermade
200.- Camilo Vila García - A Limia
201.- Rocío Fraga Sáenz- A Coruña
202.- Francisco Javier Azurmendi Iglesias - A Estrada
203.- Luz Rey Pousada - Vigo
204.- Habiba Mouloud Bechri- A Coruña
205.- Moulud Buda- A Coruña
206.- Machura Mouloud Mustafa - A Coruña
207.- Mustafa Moulud Mustafa - A Coruña
208.- Sidi Ahmed Hamad M.Fadel- Lugo
209.- Venancio Geada Expósito- Lugo
210.- Mercedes Villegas Andrino - Santiago de Compostela
211.- Vatimetou Mohamed Fadel- Lugo
212.- Ahmed Mohamed Metli- Lugo
213.- Aurea Docampo Regengo- As Pontes
214.- Carmen Salvadores Cobas - Lugo
215.- Mabel Pérez Simal – Oleiros, A Coruña
216.- Amanda Casás Novo - Lugo
217.- Mónica Díaz Carrodeguas - A Coruña
218.- María Concepción Pérez Mills - A Coruña
219.- María Consuelo Martínez García - Vigo
220.- Xoan Gabeiras Vérez - As Pontes
221.- Iria Leis Figueiroa - Muros
222.- Maria Silva Barcala - Compostela
223.- María Elena Tejo Nieto - Boqueixón
224.-Iria Canabal Tejo - Boqueixón
225.-Ana I. Paz Villar. Castrelo de Miño
226.-Rut Reza Álvarez. Ourense
227.-Xan Gómez Viñas - Compostela
228.-Sara Díaz Lamas - A Coruña
229.- Claudia Rodríguez Mayán
230.-Pablo Fernández Lois - Pontevedra
231.-Eduardo Justo Fernández - Boqueixón
232.- Rita Giráldez Méndez - Compostela
233.- Rocío Sánchez Tasende - Teo
234.- Jessika Paz Santamaría - Porto do Son
235.-Gloria Fernández Montoto - santiago de compostela
236.- Isabel Sanchez Corral - Lugo
237.-Lucía Gutiérrez Pérez - Vigo
238.- María Fernández Fernández - A Fonsagrada
239.-Sabela Rial Zamudio - Santiago de Compostela
240.- Susana Leis Torres - Santiago de Compostela
241.-Milagros Rumbo - Vilalba Lugo
242.-Marisé Roca García - Vilalba
243.-Mariló Requejo Jorge - Santiago de Compostela
244.-María Xosé Porteiro - Vigo
245.-Natalia Domínguez Galán - Oleiros
246.-Alicia Vilar Barreiro - San Cibrao
247.-Marta Castro Zaera - Compostela
248.-Yolanda Toledo Lozano- Milladoiro-Ames
249.-Roberto Barral Blanco- Milladoiro-Ames
250.- Arantxa Rubio Crespo - Brión, A Coruña
251.- Adriana Romero Blanco, Rianxo, A Corunha
252.-Xabier Ron Fernández - Brión
253.-María Cristina López García - O Milladoiro, A Corunha
254.-Emma Urango Muelas - Pontedeume, A Coruña.
255.- Bertha Guadalupe Hernández - Ferrol
256.- José Antonio Mourin González. Ourense
257.- Helga Méndez García - Ferrol
258.-María Isla Avión - Ponteareas
259.-Zaira Villar Costas - Vigo
260.-Naomi Domínguez - Vigo
261.-Anxela Blanco - Coruña
262.-Montse Prado Cores - O Salnés
263.- Noa Presas Bergantiños - Ourense
264.-Sonia Berdomás Blanco - Frades
265.- Irene Fernández López - A Pobra do Caramiñal
266.-Catarina Varela Dopico- Lugo
267.-Pablo Gil Bonete - Lugo
268.-Luis Fernandez - Outeiro de Rei-LUGO
269.-Nuria Villabona Rio - Lugo
270.-Carmela Lázare- Lugo
271. -Carmen Álvarez - Vigo
272.- Julieta Amuchastegui - Bertamirans, A Crounha
273.- Claribel Gómez Flores - Lugo
274.- Ana María Pernas Vázquez - Vilalba, Lugo
275.- Iria Currás Gato - Vilalba
276.- Sara Pérez López - Goiriz, Vilalba
277.- Uxía Castro - Sarria
278.- Marcos Otero Filgueiras - Lugo
279.- Inácio Martínez Orero - Ferrol


Enlace para acceder á Declaración do feminismo galego en solidariedade con Sultana Khaya

Á vista de que seguen chegando sinaturas, e aínda que a nota de prensa se enviou hai unha hora, o documento permanecerá aberto para sinaturas ata última hora deste domingo 12 de decembro. Luns 13 publicaremos os datos actualizados de adhesións. | Acceder.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
9 de dezembro de 2021 22:51

http://lupeces.blogspot.com/

_______