A ACTUALIDADE DO QUE PASA EN HONDURAS
Para outra información diferente á convencional acceder a TeleSuRTvProposta de Roteiro de Litoral Vivo
20070630

De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de Junho de 2007 01:11
Asunto: Proposta Roteiro Litoral Vivo]
Esta idea foi lanzada polos compañeiros do "sur". De momento non houbo resposta e por iso volvemos intentalo de novo. A Fusquenlla encargáronnos sondear aos grupos do "norte" para ver se había interese en levar a cabo estes roteiros.
Por favor, enviádenos os vosos comentarios canto antes. Gracias.
---------- Mensagem encaminhada ----------
From: "foro social pola defensa do pobo" -forosocialpoladefensadopobo@yahoo.es-
To: -redelitoralvivo@verdegaia.org-
Date: Fri, 29 Jun 2007 12:20:03 +0200
Subject: [redelitoralvivo] Proposta Roteiro Litoral Vivo
Ola:
Dende a plataforma A RÍA NON SE VENDE, facemos unha nova proposta dunhas dimensións mais reducidas:
A proposta consiste na realización dunha pequena serie de roteiros ao longo dunha semán. Estes roteiros deberían facerse en zonas representativas dos problemas, e tamén das belezas, do noso litoral. Os percorridos non deberían ser moi longos para que lle dera tempo a xente de outras zonas para desplazarse ate a zona e voltar no mesmo día, falaríamos de 5 a 10 quilómetros.
En cada zona se deberían organizar actividades para ese día, proxeccións, concertos, etc, e salientar documentadamente ante os medios, as institucións e forzas políticas e sociais a problemática e puntos negros existentes non só na zona do roteiro senón a nivel mais xeral.
Existe a proposta dun concerto no parque da Guía en Vigo para o 25 de agosto que podería ser o remate deste repaso ambiental ao litoral galego.
Como simple exemplo de percorridos a enlazar nunha semán, coa simple intención de visualizar o conxunto, proporíamos:

Dia 18 de agosto. Roteiro na zona Barreiros-Foz.
Problemáticas: Especulación urbanística, verquidos de piscifactorías sen autorización.
Puntos negros na zona: urbanización abusiva en Barreiros e Foz.
Puntos negros cercanos: Cervo(proxecto de porto deportivo), Ribadeo, Viveiro (plan urbanístico suspendido).
Valores naturais: Praia das Catedrais, praias, Foz do Masma..
Dia 20 de agosto. Roteiro na zona da ría de Ferrol.
Problemáticas: Destrucción do litoral, Reganosa, Porto exterior, Obras portuarias, Especulación urbanística..
Puntos negros na zona: Porto exterior, Neda(piscifactoría sen permisos de verquido, proxecto de paseo marítimo entre Fene e Neda), Reganosa, actividade portuaria, arsenal militar, autovía ate Reganosa, asteleiros.
Puntos negros cercanos: Cedeira(proxecto de porto deportivo), Cabanas (alcaldesa condenada por prevaricación), Pontedeume, Fragas do Eume en perigo, Sada, Porto exterior da Coruña, Verquidos da Coruña sen depurar...
Valores naturais: Praia e lagoa de Doniños,
Dia 21 de agosto. Roteiro na zona entre Cabo Vilán e Touriñán.
Problemáticas: Destrucción do litoral, Parques eólicos, Especulación urbanística, Proxectos de piscifactorías..
Puntos negros na zona: Piscifactoría e parque eólico en Cabo Vilán, Camariñas (proxecto de paseo marítimo), Muxía (proxecto de porto deportivo, recheos portuarios)
Puntos negros cercanos: Laxe,
Valores naturais: costa prácticamente virxe, Cabo Vilán, ría de Camariñas, Cabo Touriñán..
Dia 22 de agosto. Roteiro na zona de Carnota.
Problemáticas: Destrucción do litoral, Parques eólicos, Especulación urbanística, proxectos de ampliación de piscifactorías..
Puntos negros na zona: Proxecto de urbanización en Caneliñas, Quilmas (proxecto ampliación de piscifactoría), piscifactoría en Lira, parque eólico montes de Carnota, Central do Xallas
Puntos negros cercanos: Fisterra, Corcubión, Cee, Ferroatlántica, Muros, Porto do Son,
Valores naturais: costa prácticamente virxe, montes do Pindo, Lagoa de Caldebarcos..
Dia 23 de agosto. Roteiro na zona entre Cortegada e os depósitos de Ferrazo.
Problemáticas: Destrucción do litoral, Obras portuarias, Especulación urbanística..
Puntos negros na zona: perda de area na praia de Compostela, Ferrazo, verquidos
Puntos negros cercanos: Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Tombos do Ulla, Illa de Arousa, Cambados, encoros do Umia, O Grove, San Vicente...
Valores naturais: Cortegada, As Malveiras..
Dia 24 de agosto. Roteiro na zona do esteiro do Lerez.
Problemáticas: Ence, Contaminación, Destrucción do litoral, Obras portuarias, Especulación urbanística..
Puntos negros na zona: Ence, Porto de Marín
Puntos negros cercanos: Portonovo, Sanxenxo, rio Lerez, Marín, Bueu, Beluso, Ameixide...
Valores naturais: Illa de Tambo, esteiro do Lerez, enseada de Combarro..
Dia 25 de agosto. Roteiro na zona da ría de Vigo.
Problemáticas: Destrucción do litoral, Obras portuarias, Contaminación, Verquidos sen depurar, Especulación urbanística..
Puntos negros na zona: Cangas, Moaña, Vilaboa, Redondela, Vigo
Puntos negros cercanos: Nigrán, Baiona...
Valores naturais: Parque das Illas Atlánticas, Enseada de San Simón, esteiros do Verdugo e Oitavén, Montes do Morrazo..
Actos: Festival no Parque da Guía
Agardamos comentarios, suxerencias, correccións, e demostración de interese se é que o suscita
A.C. A REVOLTA
A.C. CALEIDOSKOPIO
BOUZAS MÓVETE
FORO SOCIAL DE CANGAS
G.A.S.
LUITA VERDE
SALVEMOS MONTEFERRO
VERDEGAIA
__________________________
Marcadores: Medio Ambiente, Rede Litoral Vivo
Presentación de GALENTENDO, Colectivo para a Normalización da Diversidad Sexual de Ferrolterra
20070629
Presentación de GALENTENDO, Colectivo para a Normalización da Diversidad Sexual de Ferrolterra.Galentendo é unha asociación para a defensa dos dereitos de gais e lesbianas e para fomentar a liberdade sexual, no ámbito da comarca ferrolán.
Para contactar:
galentendo@gmail.com
COLECTIVOS e enlaces LGBT en Galiza
Marcha na Coruña, o sábado 30 de xuño, ás 19.30 hrs na Praza da Leña
___________
Noticia de interese no xornal comarcal Diario de Ferrol
Diario de Ferrol 29 de xuño de 2007
Yolanda Díaz anuncia para o 2008 actos do Orgullo Gay
A concelleira de Cultura, Yolanda Díaz, comprometeuse a preparar para o vindeiro ano unha semana cultural e festiva con motivo de Día do Orgullo Gay, que se conmemorou onte cun acto que serviu para presentar a recentemente creada asociación Galentendo.
REDACCIÓN > FERROL
A edil e primeira tenente de alcalde do Concello de Ferrol lamentou que a súa recente chegada ó Goberno municipal non lle permitise programar algunha actividade para a celebración deste día, algo que sí fará con motivo do 28 de xuño do ano que vén.
Neste senso, Yolanda Díaz, que compareceu onte en rolda de prensa xunto con tres dos integrantes da asociación de gays e lesbianas Galentendo, adiantou que na vindeira celebración do Día do Orgullo Gay haberá xornadas festivas e culturais na cidade, e lembrou que, a pesar dos avances en dereitos fundamentais conqueridos nos últimos anos, como a legalización dos matrimonios homosexuais, este colectivo "segue a estar perseguido e discriminado".
Así mesmo, engadiu que o seu departamento traballará en prol dun grupo social que representa a unha gran porcentaxe da cidadanía e anunciou a creación e promulgación dunha política de respecto dos dereitos de tódolos individuos "traballando para educar ós máis novos na existencia de conductas, neste caso sexuais, que se deben respectar, e lograr a eliminiación das diferenzas e medos que hai aínda na sociedade".
Díaz aproveitou o día de onte para lembrar que o movemento gay non é algo novo xa que as súas orixes datan do ano 1969, nos Estados Unidos, concretamente na cidade de Nueva York, cos coñecidos coma incidentes de Stonewall -o 28 de xuño dese ano, un grupo de homosexuais e transexuais, clientes habituais dun bar de ambiente, decidiron rebelarse contra as continuas vexacións e abusos ós que eran sometidos pola policía que visitaba continuamente o local-.
Este levantamento deu lugar a distintas rebelións dos núcleos de gays, lesbianas e transexuais de toda a cidade contra a marxinación, discriminación e hostigamento que impoñían os representantes dos poderes públicos ás persoas cunha orientación sexual diferente á habitual.
Galentendo > No Día do Orgullo Gay presentouse en rolda de prensa a asociación Galentendo, creada en Ferrol o pasado 16 de marzo -as reunións para a súa constitución comenzaran en decembro- e que na actualidade conta cun total de 30 socios, entre os que se atopan locais de copas e cafeterías da cidade como Taxonera, Colors, Manchita cosa ou Zucre, que prestan o seu apoio ó colectivo.
Tal e como explicou un dos seus representantes, Suso Pérez Lago, esta entidade naceu coa finalidade de "fomentar a liberdade sexual e dar a coñecer os dereitos dos gays e lesbianas" tendo en conta que a comarca carecía ata ese momento dunha asociación destas características, ó contrario do que acontecía noutras cidades de Galicia como A Coruña ou Santiago de Compostela.
Pérez Lago aproveitou a ocasión para agradecer o apoio da Concellería de Cultura de Ferrol e solicitar a axuda e colaboración de toda a cidadanía para lograr "unha igualdade real" de dereitos entre todos os individuos, independentemente da súa conducta sexual. Así mesmo, expresou o seu desexo de que "oxalá non houbese colectivos deste tipo porque isto querería dicir que estabamos aí integrados".
Recoñecendo que "Ferrol é un pouco especial" neste tema, subliñou que unha das primeiras metas de Galentendo é a de darse a coñecer na sociedade, pois "somos unha asociación moi recente", afirmou, ó tempo que explicou que xa se está a traballar con outras asociaciós galegas das cales están a recibi-lo seu apoio. "A comarca estaba un pouco abandoada neste aspecto", sinalou Suso Pérez Lago.
Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
_____________________
Marcadores: Ferrol, Galentendo
Un documentario que é necesario ver para entender mellor a situación da nosa lingua
20070628
Documentario: Linguas Cruzadas.Dirección: María Yañez e Mónica Ares
Produción: grupocontrolz.com
Un documentario que é importante ver para entender mellor a situación da nosa lingua.
Documentario de María Yáñez e Mónica Ares que analiza a situación da lingua na mocidade e os diferentes fenómenos de conversión lingüística que se están a producir nos últimos anos.
Un documentario sobre o estado da lingua galega entre a xente nova, emitido na TVG o 17 de maio do 2007.
Axencia Audiovisual Galega
Linguas cruzadas é un documentario de 50’ que afonda na cuestión sociolingüística a través da xente nova, da primeira xeración da historia que tivo o galego ...
____________________
Duración 50 minutos.
Baixar ou copiar en Google Videos:
http://video.google.com/Linguas-Cruzadas
________________________
Algúns comentarios na Rede:
Xeración Web
O Día das Letras Galegas mirando o documental Linguas Cruzadas na TVG tiven a ... No mesmo documental Linguas Cruzadas un rapaz emitía un xuízo moi asisado: ...
Portal Galego da Língua - “Línguas Cruzadas” recolhe sucesso em ...
Línguas Cruzadas é uma produçom de grande qualidade e reflecte umha visom da língua aberta e realista. Centrado nos depoimentos de 35 adolescentes, ...
Vieiros: Galiza Hoxe - 'Linguas cruzadas': documental sobre a ...
María Yáñez e Mónica Ares escribiron e dirixiron Linguas cruzadas, un documental que analiza a situación da lingua na mocidade e os diferentes fenómenos de ...
chove en ningures: Cruzando linguas
A realidade que nos conta o documental Linguas cruzadas, xa emitido na ... Ó que ía: este é o trailer (un minuto) de Linguas Cruzadas, e podedes ve-lo ...
___________________________________________
28 de junho, Dia do Orgulho Gai: sábado 30 de junho, Marcha Queer Precária contra os valores familiares da nova Direita
SÁBADO 30 de JUNHO, MANIFESTAÇOM-SOUND SYSTEM POLO CENTRO D'A CORUNHAcom Garcia Sound System MC (Dios k t kew)
GRAN MARCHA QUEER PRECÁRIA
CONTRA OS VALORES FAMILIARES
DA NOVA DIREITA
fuck the Europride!!
A FAMÍLIA NUCLEAR É RADIOACTIVA
saída às 19'30 do campo da lenha
FESTA RADIOACTIVA NO CAMPO DA LENHA
Apresentam Pia de Tolomei e Isabel Risco
Actuaçons estelares de
LUCIA ALDAO
TÁBATA LA NUIT
FRAU DIAMANDA E TELONEIRAS
---------------------cervejas+likor-kafé+viandas-----------------------------
Djs. ANALIS+SUN CHEEESE+ KOSMONAUTA+AUTOMATIQUES
Obrigadas a todas por participar
QUEERemos também difundir o seguinte manifesto que leremos também o próprio dia da máni
Hoje, 28 de junho, milhares de perssoas seguimos saindo à rua em todo o mundo para luitar pola libertaçom sexual. E entorno a este dia, em manifestaçons e actos públicos celebrados em Bilbo, Donostia, Gasteiz, Girona, Barcelona, Sevilla, Zaragoza, A Corunha, Porto, Lisboa e Madrid, apoiamos conjunta e publicamente este comunicado.
Queeremos manter as movilizaçons nas nossas cidades, sem centralizar em Madrid convocatórias massivas que nom nos representam. Estamos no lugar que nos corresponde: as ruas do lugar onde vivemos, onde queremos estar presentes e vissíveis.
Queeremos desvincularnos da mercantilizaçom del Orgulho, do ouro rosa e a publicidade gai, de desfiles comerciais sponsorizados por multinacionais, dos modelos neoliberais e classistas que nos tentam impór. Rechaçamos convocatórias como o Europride que, desde posturas acomodatícias e desideologizadas, vendem-nos umha integraçom social ilusória em favor da nossa obediência e o nosso consumo. E manifestamos o nosso apoio ao Bloque Alternativo por la Liberación Sexual, de Madrid, por manter acesa nessa cidade a chama de protesto levando a voz da dissidência ao desfile maioritário do Orgulho Europeu.
Queeremos felicitar às nossas companheiras e companheiros de Euskalherria polo 30ª aniversário do nascimento do movimento de libertaçom sexual basco em 1977. E celebramos também coas nossas companheiras e companheiros de catalunya que hai 30 anos, num dia como hoje desse mesmo ano, tivo lugar em Barcelona a primeira manifestaçom pola libertaçom sexual em Catalunya e no Estado Espanhol.
Queeremos deixar-nos ver como mulheres lésbicas, e nom só como homens gais, para que as nossas vozes reflectem a nossa diversidade e que na nossas luitas nom nos pleguemos a um modelo exclussivamente masculino. para que nom lhe demos umha só oportunidade ao machismo, nem à violência sexista, nem ao patriarcado.
Queeremos deixar-nos ver como pessoas transsexuais, mandamos a nossa solidariedade a quantas pessoas participam em Barcelona na Assembleia Internacional Trans e no protesto convocado ante o Hospital Clínico de dita cidade em rechaço à patologizaçom dos nossos corpos. E lembramos, hoje mais que nunca, a quem no Porto, Hernani, Zaragoza, Barcelona e outras tantas cidades sofrem a transfobia, a qual segue a cobrar-se vidas e humilhando a quem construem livremente o seu género.
Queeremos lembrar a quem pola sua sexualidade dissidente som vítimas em todo o mundo da intransigência, da repressom, do integrismo católico ou do fundamentalismo de qualquer outra religiom, das ditaduras e do ódio à liberdade.
Por último, Queeremos manter o 28 de junho como jornada de reivindicaçom e celebraçom. Um dia no que queremos deixar claro que também o resto do ano seguiremos exigindo os nossos direitos e exercendo as nossas liberdades.
Na nossa casa e no mundo, a 28 de junho de 2007.
---------------------
GRUPOS LGTBQ QUE SUSCREVEM (entre outros): Bloque Alternativo de Madrid, Towanda, Comissió 28 Juny de Barcelona, Col.lectiu Gai de Barcelona, Guerrilla Travolaka, FAGC, JAG, InfoGai, Ecogais, H20, Col.lectiu LGTB Camp de Tarragona, EHGAM , Medeak, Queer Ekintza, BiziGay, Bost Axola, Gaytasuna, Tragasables, Maribolheras Precàrias, Panteras Rosa.
Eskerrik asko. Obrigadas. Gracies. Gracias
______________________________
Por que non podes faltar o 30 de Xuño ?
______________________________
Marcadores: Convocatorias
Sobre as canteiras do Caurel e o Informe de Greenpace sobre a Costa Galega
De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com- ADEGA-TRASANCOS
-adegatrasancos@adega.info-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de Junho de 2007 18:19
Asunto: As canteiras do Caurel e o Informe de Greenpace sobre a Costa Galega
Queridos/as compañeiros/as:
Unhas cantas novas:
Queren tirar para diante có asunto das canteiras no Courel, incluido na Rede Natura e proposto para Parque Natural. Levase unha campaña forte dende Adega-nacional. Se poidedes, difundila información:
Acaba de publicarse o informe "DESTRUCCIÓN A TODA COSTA 2007" elaborado por Greenpeace, onde aparecen, entre outros, os puntos negros da Costa Galega.
Nas súas páxinas 29 e 30 do informe referente a Galiza, aparece o asunto da Planta de Gas de Mugardos; tamén aparece en mapas asociado e alguna cousa máis referente a ese punto (..o "puntazo" negro..)
Se non coincidimos antes: bó veran a todos/as.
Unha aperta
Antonio Gª
Adega-Trasancos
Ferroliño
________________________________________
Enlace relacionado:
SOS CAUREL: Emerxencia no territorio de maior biodiversidade da Galiza
________________________________________
Marcadores: ADEGA, O Caurel, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Miguel Anxo Fernán Vello escribe sobre Reganosa e o xeneral Gabeiras
OpiniónMIGUEL ANXO FERNÁN VELLO [*]
CADERNO ABERTO
en Galicia-Hoxe
Reganosa e o xeneral Gabeiras
Se non leron vostedes o libro Muros de silencio. Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol. El caso Reganosa, fagan o favor de lelo. Está editado pola Asociación Cultural Fuco Buxán –lembren o poema Carta a Fuco Buxán, de Celso Emilio Ferreiro: "Aprende a andar ergueito, aprende a falar forte, aprende de tal xeito que nunca máis esquezas o teu norte"– e son os seus autores Carmelo Teixeiro, Enrique Barrera e M. A. Rodríguez Carballeira. O libro incorpora ademais un limiar realmente emotivo ou, se mellor o prefiren, conmovedor. Asínao Patricia Gabeiras, filla do xeneral de División José Gabeiras Montero –ferrolán de pura cepa, como o seu primeiro apelido–, quen fora xefe do Estado Maior do Exército e quen contribuíra decididamente, como militar demócrata, a frustrar o golpe de Estado fascista do 23-F. Patricia Gabeiras confesa no prólogo do libro o forte amor do seu pai pola terra que o viu nacer, e así se explica que este "home valente" –así o describe tamén a súa filla– aceptase ser, xa retirado e á idade de 85 anos levados con extrema lucidez, "presidente honorífico" do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol que se activou, transversal e democrático, para lle facer fronte, coa palabra e a razón en alto, ao atentado ecolóxico, paisaxístico e socioambiental que significa instalar unha planta de gas en pleno corazón, en plena alma viva e humanizada, fondamente humanizada, da Ría de Ferrol. O xeneral Gabeiras actuou de facto como presidente activo do Comité e até o seu pasamento, producido en xaneiro de 2005, dirixiu el mesmo diversas iniciativas artigos xornalísticos incluídos– encamiñadas a establecer a razón –tamén mediante a documentación e a denuncia– diante do bárbaro dislate posto en marcha. ¿Alguén pode entender esta violación física en plena "pel sensitiva" (Otero Pedrayo) da ría e das terras de Ferrol? ¿Por que non se instalou a planta de gas –por suposto, necesaria para Galicia– no Porto Exterior? A forza do amor do xeneral Gabeiras non pode, neste caso, ser inútil.
Enlace co artigo orixinal en Galicia-Hoxe
_________________
[*]Miguel Anxo Fernán-Vello, naceu en Cospeito (Lugo) no ano 1958. Poeta e dramaturgo, realizou estudos de Música (Guitarra Clásica) no Conservatorio Superior de Música da Coruña e de Psicoloxía e Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela. Como poeta está en posesión, entre outros, do Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo (1983), Premio Esquío (1984), Premio da Crítica Española (1985), Premio Xacobeo de Poesía da Xunta de Galicia (1992) e Premio Martín Códax (1996). Nos anos 1985 e 1997 foi finalista do Premio Nacional de Literatura do Estado español ...
____________________
Marcadores: Opinión, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Publicado o quinto Fundamento que ven achegando Ferrol CAPE, o Colectivo Universitario Opositor á Instalación da Planta de Gas dentro da Ría -
Publicado o quinto Fundamento que ven achegando Ferrol CAPE, o Colectivo Universitario Opositor á Instalación da Planta de Gas dentro da Ría - www.f-cape.org -.Até agora foron catro máis un, ademais doutros contributos que este Colectivo ven facendo á loita contra os despropósitos de REGANOSA e a complicidade das diferentes administracións.
Fundamentos e razóns que pretenden dar argumentos que invaliden técnica e legalmente a ubicación da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que está construíndo REGANOSA en Mugardos, dentro da Ría de Ferrol.
Neste momento están elaborando unha alternativa viábel á actual localización de REGANOSA que situarían fóra da Ría e lonxe das zonas poboadas.
Enlazar co Fundamento 5º nos Arquivos Ártabros:
FUNDAMENTO 5º : Non cumpre a norma UNE - NE 1473 sobre INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS NATURAL LICUADO - Deseño para as instalacións terrestres - Maio 1998
___________________
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Lino Braxe escribe sobre os Muros de Silencio
OpiniónMuros de silencio
Lino Braxe [*]
..Resulta paradóxico que un lugar que pretende ser declarado Patrimonio de la Humanidade polos seus castelos da Palma e San Felipe, conviva con perigo da desaparición da actividade pesqueira e marisqueira nas augas da súa ría. A ría de Ferrol é abondosa en especies como a ostra, a vieira, a ameixa, o berberecho, as zamburiñas, longueiróns, camaróns, centolas, nécoras, o polvo, a xibia, o choco, etc. Toda esta inmensa riqueza está a piques de sofrer unha enorme catástrofe. Desde que nos anos cincoenta comezaron as obras dos asteleiros ferroláns, as agresións na ría contra o medio ambiente foron en aumento. Parte das ampliacións destes asteleiros e dalgúns peiraos fixéronse extraaendo áridos dos propios areais da ría. Desde que na década dos noventa se instalase a Forestal do Atlántico no medio da ría, toneladas de vieira púdrense no fondo do mar por estar a súa extracción proibida pola toxina amnésica. A maiores o crecemento de poboación nas beiras da ría nos últimos anos fixo que moitos dos verquidos urbanos vaian tamén parar ás augas. A chegada de Reganosa resulta por tanto unha ameaza máis para a xa deteriorada ría de Ferrol. Coa construcción do porto exterior na ponta de Caneliñas a contaminación visual que sofre un entorno que, noutro tempo foi paradisíaco, é brutal. Estes días contemplamos ademais imaxes que non tiñan lugar en Ferrol e en Mugardos desde as folgas do sector naval no anos setenta. A cidade e a vila estiveron tomadas pola policía nacional como se os veciños de ambas poboacións fosen en perigo para a convivencia só polo feito de vivir neses núcleos. As cargas foron desmesuradas e o que lle fixeron ao amigo Bastida unha indecencia. Hai dúas sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que fallan a favor das teorías do comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. ¿Por qué non se respetan? Os fallos están recurridos. ¿Era ético recurrilos? ¿Non habería que parar as obras e as actividades da pranta gasficadora ate que o Tribunal dictamine unha sentencia sobre os recursos? A ría federá cada día peor cos anos, pero algo fede a noxo e a podremia neste asunto. Lean Muros de silencio o libro de Carmelo Teixeiro, Enrique Barrera e Miguel A. Rodríguez, un libro que non será silenciado e que se convertirá cos anos na testemuña escrita e gráfica dun movemento cidadán xurdido desde a dignidade e a razón.
25 de xuño de 2007
Enlace co artigo orixinal en La Opinión de A Coruña
_________________________
[*] Lino Braxe Mandiá, nace en Mugardos en 1962
Actor, poeta, guionista e locutor. Comezou a principios dos oitenta no mundo da literatura, acadando diferentes premios de poesía. A comezos dos 90 realiza prosa teatral e intervén como actor en diferentes obras. Tamén se ten dedicado á crítica e á investigación literaria, ademais de ser un dos fundadores da revista de pensamento “Luzes de Galiza” a mediados dos 90, ao tempo que dirixe a Fonoteca de Galicia. Ten realizado guións para programas da canle autonómica e series de ficción. Desde o ano 2000 participou na rodaxe de diferentes curtas e longametraxes en Galicia. Interpretou o papel de Andrés na teleserie "Rías Baixas"._____________________________
Marcadores: Opinión, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
No Centro Cívico de Caranza: Os días 5 e 12 de Xullo, Semana Ecolóxica, organizada por ADEGA
De: CARLOS OUTEIRO BAAMONDE-couteiro@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de Junho de 2007 11:30
Asunto: Charlas en Caranza
Adxunto información sobre as vindeiras charlas a celebrar.
Un saúdo, Carlos Outeiro.
ADEGA (Semana Ecolóxica) en CARANZA (Centro Cívico)
1ª Xornada, Xoves día 5 ás 20 horas
A RÍA: RIQUEZA A DEFENDER
Presenta: Mª Pilar Rodríguez (Mapi, Presidenta da A.VV. de Caranza)
- Adela Figueroa (Presidenta de Adega)
- Humberto Hidalgo (Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol)
- Joam L. Ferreiro (Cesio, Asistencia Técnica Confraría de Barallobre)
- Ricardo Martínez (Mariscador, Mergullador)
2ª Xornada, Xoves día 12 ás 20 horas
A ECOLOXÍA NO HUMOR GALEGO
Presenta: Xesús Oca (Socio de Adega)
- Suso Piñeiro (Presidente de Adega-Trasancos)
- Xaquín Marín (Humorista gráfico)
- Miragres Lantes (Delegada Provincial de Cultura e Deportes da Xunta de Galiza)
- Mª Pilar Rodríguez (Mapi) (Presidenta da A.VV. de Caranza)
COLABORA: A.VV. de Caranza
__________________________
Marcadores: ADEGA, Medio Ambiente
A Asociación Veciñal "Fontelonga" de Esteiro, para socializar máis a súa actividade e ..., achégase máis ás novas tecnoloxías, e abre unha morada web
20070627
A Asociación Veciñal "Fontelonga" de Esteiro, con apenas 6 anos de existencia, é unha das asociacións veciñais máis dinámicas de Ferrol, tivo que formular un proxecto veciñal para o barrio de Esteiro, porque a asociación que monopolizaba a representatividade veciñal, non era democrática nen defendía os intereses colectivos do barrio. Agora pensamos que a veciñanza de Esteiro pode contar cunha entidade representativa, democrática e reivindicativa, que promociona o asociacionismo e a participación, que dinamiza culturalmente, que ten capacidade de xestión diante das administracións, que pretende recuperar as tradicións festivas e culturais e cooparticipar con outras entidades do barrio e da cidade nas reivindicacións sociais e veciñais, na defensa dos intereses da cidadanía.Nun paso máis para socializar a súa actividade e achegar máis á veciñanza a asociación, achégase máis ás novas tecnoloxías, e abre unha morada web na rede, acompanhada dun Blog, para promover a participación, con opinión, propostas, comentarios, ...
web da asociación:
http://fontelonga.org/
Blog da asociación:
http://www.blogoteca.com/blogfontelonga/index.php
Segundo as súas propias palabras que podes atopar na súa web, así é como se definen:
"Unha asociación do barrio e para o barrio", ese é o lema da Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga". No mes de xuño do ano 2000 nace unha xestora composta por 16 persoas do barrio preocupadas pola situación do Barrio e dada a ausencia dun movemento veciñal reivindicativo e democrático. Meses despois, no ano 2001, se legaliza a nova entidade veciñal que toma o nome de Fontelonga o igual que o Conxunto Monumental existente no Cuartel de Dolores e que e a única porta do mar que existe na antiga muralla defensiva da Cidade de Ferrol. A Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga” cumprimos xa os seis anos de existencia e consideramos que somos a entidade de referencia para tódolos/as os/as veciños/as do Barrio de Esteiro.Asociación Veciñal Fontelonga de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I, S/N - Ferrol -
Telefono/Fax: 981-933223
web da asociación:
http://fontelonga.org/
Blog da asociación:
http://www.blogoteca.com/blogfontelonga/index.php
correo-e: avvfontelonga@mundo-r.com
________________________________________
Marcadores: Esteiro, Fontelonga
Proxéctase por diferentes lugares da xeografía galega "O salario do silencio" que analiza á planta de Reganosa en Mugardos
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de Junho de 2007 17:52
Asunto: "O salario do silencio" analiza á planta de Reganosa en Mugardos
"O salario do silencio" analiza á planta de Reganosa en Mugardos
Un documental producido por Enrique Banet e Mabel Rivera rompe o silencio sobre a polémica instalación de Ferrol.
Miércoles, 27 de junio de 2007
XORNAL. COM - Santiago.- "O Salario do Silencio" é un traballo documental que pretende aportar unha información obxectiva e contrastada sobre a problemática da planta regasificadora construída dentro da Ría de Ferrol, na parroquia de Mehá (Mugardos). Pero o que pretende, sobre todo, "é axudar a romper o silencio que sempre rodeou a esta instalación e informar á sociedade de cómo se levan a cabo certos proxectos empresariais ou urbanísticos que poden afectar gravemente aos cidadáns, aos que nunca se lles consulta sobre decisións que atentan impunemente contra as súas vidas, o seu entorno e, sobre todo, a súa seguridade", di a productora, Namche Films, nunha nota de prensa."O silencio (ou a manipulación) dos medios foi de tal alcance que non é de extrañar que os afectados, aos que poucas veces se lles dá oportunidade de falar sen cortapisas, se volcasen con absoluta xenerosidade neste traballo, ávidos de poder manifestar todo aquilo polo que levan tanto tempo loitando sen recibir a atención que merecen, tanto polo seu esforzo como pola gravidade dos feitos que denuncian", engaden.
O proxecto conta coa colaboración de numerosas asociacións e colectivos veciñais, profesionais, ecoloxistas, xurídicos, culturais, corpos de seguridade, sanitarios, etc., etc., que integran o Comité Cidadán de Emerxencia. "E contamos tamén coa negativa dos responsables directos desta situación: tanto os directivos da planta como certos alcaldes e algún que outro concelleiro e alto cargo, que ou ben se negaron a ser entrevistados, ou ben seguimos agardando a que se poñan ao teléfono. Se por eles fose, o silencio continuaría", rematan.A productora
NAMCHE FILMS está formada por Enrique Banet, director de fotografía pola E.O.C. e realizador de televisión, que se encargou da dirección, guión, cámara e edición deste traballo; e Mabel Rivera, actriz, ocupouse da documentación, produción executiva e voz en off.
"O Salario do Silencio" gravouse orixinalmente en galego, aínda que para chegarmos a un público máis amplo saímos ao mercado inicialmente en español, dado que esta produción é totalmente independente, e está orientada ao mercado do DVD. Os beneficios irán destinados á Confraría de Mariscadores de Ferrol, a quen tamén dedican este traballo.
Proxeccións
O documental foi xa proxectado en Ferrol, Brión, Mugardos e Cangas, pero averá novas oportunidades de velo mañá 28 xuño as 20:30 horas na Escola de Belas Artes de Pontevedra.
Están pendentes de confirmación outras datas (4 e 5 de xullo) en Compostela e Vigo, respectivamente, e tamén será posible velo nas próximas semanas en A Coruña, Lugo, O Porriño, Redondela e Ribeira, entre outras localidades.
_________________________________________
Asociación Veciñal Fontelonga de Esteiro - Ferrol
web da asociación:
http://fontelonga.org/
Blog da asociación:
http://www.blogoteca.com/blogfontelonga/index.php
_________________________________________
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Manolo Amor, obreiro, antifascista, activista político, sindicalista, ... referente de entrega, compromiso e solidaridade co movemento obreiro ...
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de Junho de 2007 22:00
Asunto: Condolencia polo falecemento de Manuel Amor Deus
A Asociación Cultural “Fuco Buxán” quere expresar a súa dor polo falecemento, víctima de cruel enfermidade producida pola súa exposición laboral ó amianto, do amigo e compañeiro Manuel Amor Deus.A súa personalidade será sempre un referente de entrega, compromiso e solidaridade co movemento obreiro e a esquerda deste país; primeiro desde o seu traballo en BAZAN, na súa destacada actividade política e sindical no PCG e CCOO, nos cárceres da dictadura tralo Xuizo dos 23 e despois, na democracia, desde as súas responsabilidades sincicais e a loita polo recoñecemento da asbestosis como enfermidade adquirida no traballo.
fuco buxán
Asociación Cultural
O enterro terá lugar hoxe, mécores día 27 de xuño, ás 12 horas no Cemiterio de Catabois.
Asociación Cultural Fuco Buxán. Apartado de Correos, 240.
Telf.: 981.325.492. Ferrol 15400. Galicia. España.
fucobuxan@yahoo.es
fucobuxan@fucobuxan.com
www.fucobuxan.com
_____________
Autor da Foto: José Pardo Abril de 2001
_____________
A noticia no xornal comarcal Diario de Ferrol
O sindicalista Manuel Amor falece vítima do amianto
"foi o amianto, co que xogabamos coma se fose calquera cousa nunha Bazán onde a xente intoxicábase e morría". Manuel Amor Deus falaba así da morte do seu amigo e compañeiro José María Riobó, en maio de 2003. Parecía estar ditando o seu propio epitafio.
REDACCIÓN > FERROL
Manuel Amor Deus, Manolo Amor para todos os seus compañeiros na loita contra a ditadura, faleceu a pasada madrugada, aos 66 anos de idade, vítima dun cancro de pulmón que, non sen esforzo, como todo na súa vida, foille recoñecido xuridicamente como unha consecuencia da súa exposición ao amianto durante os anos de traballo na antiga Bazán. O mesmo camiño sen retorno que percorreron outros antes que el e no que o precedeu o propio Riobó -con Amor e Rafael Pillado os últimos liberados do denominado "proceso dos 23"- catro anos atrás. Unha frase pronunciada por Amor Deus naquela ocasión resume en certo xeito a filosofía coa que loitou desde a política e o mundo sindical: o ocorrido co amianto é "froito do capitalismo, que explota a Deus bendito".
Manuel Amor Deus foi o primeiro secretario xeral do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia. Nacido no seo dunha familia traballadora, politicamente inscrita na esquerda republicana -o seu pai e o seu tío eran militantes do Partido Comunista- ingresou na Escola de Aprendices de Bazán con 14 anos e durante catro recibiu unha formación que completaría posteriormente no estaleiro Astano. A mediados dos 60, xa operario de Bazán, comezou a concienciarse das condicións de traballo da súa contorna, con longas xornadas laborais e deficiencias en materia de seguridade e saúde, pero foi un accidente que presenciou na propia factoría e no que se viu implicado cando pretendía salvar a un amigo -algo que a punto estivo de custarlle a súa propia vida- o que lle fixo tomar a determinación de afiliarse ao Partido Comunista e a Comisións Obreiras.
Referencia sindical > A comezos da década dos 70, coa loita contra a ditadura máis activa que nunca e os principais dirixentes obreiros ferroláns -Rafael Pillado, Xulio Aneiros e Francisco Fernández Filgueiras- detidos, Manuel Amor encabezou a candidatura de Comisións Obreiras e pasou a converterse nunha figura de referencia para o movemento sindical galego.
Despedido en 1972 polo seu activismo, foi encarcerado e permaneceu en prisión ata 1976. Mentres estivo encarcerado sufriu a morte dun dos seus fillos e a do seu pai. Xa en liberdade, dedicouse a percorrer Galicia para organizar o sindicato e en 1978 foi elixido secretario xeral de CCOO, cargo no que permaneceu durante dez anos. Pouco tempo despois, en 1992, tivo que cesar na súa actividade laboral como consecuencia dunha incapacidade permanente. En 2004 detectóuselle o tumor que finalmente acabaría coa súa vida. O amianto, finalmente, gañoulle a batalla.
Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
_____________________
Na morte de Manolo Amor Deus
E iso por que, Manolo? Non tiñas outra cousa mellor que facer? Seica non sabías que tiñas que vir a casa xunto con Eduardo Saborido? Leite, Monolo. Miúdo grolo. Pero, non quedamos que ti eras máis forte que a asbestosis que tiveches que tragar naqueles tempos? Pero, home, se só tiñas dous anos máis que eu...
Manolo quédome coas túas risotadas, a túa socarronería e o inmenso afecto que destilabas por todos os poros. Quédome tamén coa túa sabedoría. Pero non che admito que tiveses présa en saudar ao noso Cipri. Manolo, díxencho fai tempo: que se morran os cardos borriqueros. Pero, tan cabezón como sempre, non me fixeches caso. Manolo, así as cousas, pídoche que me poñas aos pés de María Castiñeira, a gran dama do pobo galego.
Recollido do Blog de José Luis López Bulla -Parapanda-
http://lopezbulla.blogspot.com/
Enlace co texto orixinal no seu Blog
_____________________
Marcadores: Fuco Buxan A. C.
Non máis violencia contra as mulleres: Concentración en Ferrol polo asasinato de Estrella Geremias
20070625
De: Marcha Mundial das MulleresCoordenadora Local de Ferrolterra
-marchagaliza.ferrol@gmail.com-
Para:artabra21@gmail.com
Data: 25/06/2007 09:06
Asunto: concentración Estrella Geremias
polo asesinato de Estrella Geremias
Contra a violencia de xénero
Hoxe Luns, 25 de Xuño
Ás 8 da tarde, na Praza do
Concello de Ferrol
Convoca:Coordenadora Local de Ferrol - Terra da
Marcha Mundial das Mulleres
Concentración en Ferrol polo asasinato de Estrella Geremias
A Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres en Ferrolterra convoca unha concentración de repulsa ante unha nova vítima mortal da violencia machista.
A concentración terá lugar na Praza do Concello ás 20 hs, de hoxe, luns, 25 de xuño de 2007.
O caso de Estrella Geremias en Oleiros, ven a engrosar unha longa lista de vítimas, que non vai deixar de medrar mentras esta sociedade non rexeite as estruturas e ideoloxias machistas que estan na raíz que alimenta esta violencia, que sega, de xeito tan tráxico a vida de tantas mulleres, e que obriga a miles a denunciar situacións de maltrato cada ano.
A sociedade non pode ser cómplice destes asesinatos pensando que se tratan de feitos individuais ou responsabilizando ás vítimas por non romper con situacións onde se ve ameazada a sua vida. Estas actitudes demostran a ignorancia que ainda existe na nosa sociedade en canto aos mecanismos de dominación que desenvolve este tipo de violencia.
Agardamos e esiximos un posicionamento unánime e radical contra a violencia machista por parte de toda a sociedade e en todos os ámbitos.
Coordenadora Local de Ferrol-Terra
Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
O seu Blog: http://feminismo-ferrolterra.blogspot.com
O seu correo-e: marchagaliza.ferrol@gmail.com
FENE [Ferrol-Terra]:
Escola Fonte do Campo S/N
15500 Fene - Galiza
Telfs 652201003 - 667685430 - 696732735
http://www.feminismo.info/
http://feminismo-galego.blogspot.com/
http://www.marchemondiale.org/
_____________________________________
Marcadores: Convocatorias, Marcha Mundial das Mulleres
A planta de gas e Ferrol Diario
De: amadeo -avarela36@mundo-r.com-
Para:artabra21@gmail.com
Data: 23 de Junho de 2007 11:11
Asunto: A planta de gas e Ferrol Diario.
¡Saúde amigos!:
Como considero conveniente que todos saibamos quen é quen neste asunto da planta de gas, envíovos estas dúas notas que remitín a Diario de Ferrol, xa hai algún tempo, e que non foron publicadas.
A primeira é a crónica dun desastre anunciado.
A segunda e unha carta aberta dirixida ó Sr. Aymerich, en resposta a un incalificable comentario seu publicado en Diario de Ferrol o Domingo 10 de xuño.
Quizais a non publicación destas notas obedeza á súa pouca calidade literaria. Ou quizais se deba á pouca importancia do autor. Non sei.
Noutros momentos, publicáronme escritos de crítica forte ó anterior Alcalde, aínda que en letra miudiña e medio agachados... En fin.
De calquera xeito, coido que iso da “liberdade de prensa” non conta para a xente da rúa. Mais o que temos que pensar seriamente é que “a rúa é nosa, e non de Fraga”. E que “a ría é nosa, e non de Tojeiro”.
Unha aperta. Amadeo.
avarela36@mundo-r.com
___
Sr. Director de Diario de Ferrol: Prégolle encarecidamente a publicación dista carta aberta a D. Carlos Aymerich, voceiro do grupo parlamentario do BNG en Santiago, pois como opositor á ubicación da planta de gas dentro da ría, síntome aludido no seu artigo do pasado domingo día 10. Atentamente.
Marcadores: Opinión, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
A propósito dun artigo de Carlos Aymerich sobre REGANOSA
De: amadeo -avarela36@mundo-r.com-
Para:artabra21@gmail.com
Data: 23 de Junho de 2007 11:11
Asunto: A propósito dun artigo de Carlos Aymerich.
Carta aberta a D. Carlos Aymerich
Respectado Sr.: O seu artigo publicado no Diario de Ferrol [*] do pasado domingo día 10, deixoume tan abraiado, que non acerto a entender a intención do mesmo.
A súa referencia á posibilidade da instalación dunha planta de gas no Musel, paréceme fora de lugar. ¿Esquece vostede que aquí ninguén está contra da planta, senón da súa ubicación?
¿Quere vostede culpar a EU e a PSOE do disparate da instalación da planta dentro da ría? Pois mire vostede, a min tanto me ten quen fora o culpable. A planta está aí, e o BNG e vostede mesmo, recoñecen que non debería estar. Xa que logo, esqueza vostede ós culpables e faga o que poida por remedialo.
Fala dos mocazos da policía e da intervención da fiscalía na contra do patrón maior da confraría, pois ben, ¿qué medidas tomou o BNG perante do seu socio de goberno na Xunta, para forzar a dimisión dos responsables? ¿É que ó BNG non lle doen os paus que reciben no lombo os galegos?
Refírese ó Comité de Emerxencia, dun xeito sibilino, esquecendo de novo que ese Comité non pretende mandar a planta a Xixón, senón aquí preto á outra beira da ría.
Denuncia a militancia pesoista de Carmelo e Pillado, que precisamente están a loitar contra un feito do que vostede responsabiliza ó PSOE do goberno central e tamén do goberno da Xunta, do que vostedes – non o esqueza - tamén forman parte.
Pretende vostede aclarar “desde o nacionalismo” algunhas cousas que segundo vostede, Carmelo e Pillado silenciaron, e sinala “catro verdades”.
1.- Di vostede que o BNG foi a única forza política que formulou alegacións contra a ubicación da planta. Seino e sabémolo a maioría das ferrolás e ferroláns. Por iso, o cambio de conducta do BNG foi especialmente doloroso para moitos de nós.
Di que se opuxo a esa ubicación “cando o había que facer”. ¿Agora non hai que facelo? ¿Cal é a diferencia? ¿A participación do BNG no goberno da Xunta? Espero que non utilice o razoamento de que “agora xa está feita”, porque iso supón a institucionalización da política de feitos consumados, que como vostede ben sabe, é un dos soportes nos que se apoia a corrupción.
2.- As autorizacións procederán de quen procedan, pero o feito é que, a planta está nun lugar que segundo vostede non é o idóneo, e que aí moi preto, hai un sitio mellor para esa instalación. Pode que vostedes non poidan cambiala, mais o que si poderían é apoiar sen reservas ós veciños de Ferrol que reclamamos o traslado ó porto exterior (non ó Musel).
3.- A súa preocupación para que Galicia non perda o tren da transformación enerxética, paréceme moi louvable, mais o que non entendo é por que perderíamos ese tren coa planta en Caneliñas.
Na situación actual, o que si perdemos é a ría e o medio de traballo dos mariscadores, poñendo ademais en perigo a saúde e as vidas de moitas persoas.
Vostede ponse, e pon ó BNG, na difícil alternativa de xogar coa seguridade da xente de Ferrol para salvar a Galiza. Coido que esaxera. Con planta ou sen planta, Galicia vai saír adiante, mais iso si, loitando duramente contra a corrupción de todo tipo. Para iso votamos o cambio os galegos e, xa que logo, hai que cambiar todo o que está mal.
4.- Non nos veña con iso das garantía de seguridade. Vostede sabe, que a seguridade total non existe en ningures. Todos os días ocorren accidentes teoricamente imposibles, por un despiste humano, por circunstancias meteorolóxicas, ou por unha insignificante peza defectuosa na que ninguén reparou.
Ademais, vostede sabe moi ben, que esa instalación non cumpre con dúas das normas máis importantes: a distancia ós núcleos de poboación e a saída rápida dos barcos da zona de perigo.
Eu estou seguro de que non é vostede o encargado de facer cumprir esas normas, pero quizais podería denunciar o asunto, ¿non si?
Por outra banda, sabe vostede que son moitas as persoas que están - estamos - en contra da ubicación da planta. Repito, da ubicación, non da planta. ¿Todas esas persoas teñen motivos inconfesables? ¿Son confesables os motivos dos que a defenden?
Prégolle que esqueza a parte accesoria do asunto, e se centre na realidade da cuestión: A planta está onde non debe, e hai un lugar idóneo moi preto. Cambiala ou non cambiala, esa é a cuestión.
E postos a poñer a cada un no seu lugar, eu quero poñerme no meu:
Son un xubilado de Bazán, habitual votante do BNG, que hai catro anos participei na lista electoral dese partido, a petición dos responsables locais, e traballei activamente durante toda a campaña, para tentar de levar ó noso candidato á alcaldía, cousa que non conseguimos por moi pouco.
Protestei pola marcha da construcción naval, pola desfeita de Astano, da Fenya, da Pysbe, da Maderera e de moitas outras trapalladas que nos fixeron. E agora protesto por algo que entendo que non ten razón de ser.
Agardo da súa xenerosidade que non me clasifique entre os que teñen “motivacións políticas e económicas menos confesables”.
Atentamente, Amadeo Varela Rodríguez.
avarela36@mundo-r.com
_____________________
[*] Ligamos co mesmo artigo, mais publicado en IndymediaGaliza, pois non o atopamos na hemeroteca do Diario de Ferrol.
_____________________
Marcadores: Opinión, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
A catástrofe de Reganosa
De: amadeo -avarela36@mundo-r.com-
Para:artabra21@gmail.com
Data: 23 de Junho de 2007 11:11
Asunto: Artigo de opinión sobre REGANOSA
A catástrofe de Reganosa
Algunhas cadenas de televisión nos ofrecen a cotío reportaxes documentais de graves acidentes, baixo os títulos de “Grandes Catástrofes” ou “Segundos Catastróficos”, nos que, unha vez estudiadas as circunstancias dos desastres polos especialistas correspondentes, aparece case sempre como causante a concatenación de feitos que, aisladamente resultarían inofensivos.
Un pedazo de ferro aparentemente inofensivo, esquecido nunha pista dun aeroporto, ocasionou o desastre dun “Concord”: Un neumático do tren de aterraxe estalou, a llanta da roda ó tocar no chan fixo saltar chispas que, dalgún xeito, prenderon lume nun depósito de combustible.
Nunha cidade de Norteamérica, o contacto entre dúas tuberías de distintos materiais provocou unha pequena corrosión teóricamente imposible. A corrosión perforou a tubería de combustible, que durante moito tempo espallou gas polo subsolo da cidade; o cheiro alertou ós cidadáns, mais ninguén atopou a causa. Un día de moito calor produciuse unha serie de explosións que case borraron do mapa á cidade enteira.
Un inestable vaso plástico de café, verteu o seu líquido nos controles dun gran avión: O inofensivo café filtrouse polo medio dos conductores eléctricos e fixo curtacircuito entre dous terminais, provocando o sinal erróneo de avaría nun dos motores, inducindo ó piloto a desconectalo. Pouco despois, sucedeu o mesmo co segundo motor, o que obligou ó piloto a desconectalo tamén e tentar unha aterraxe de emerxencia que rematou en desastre total.
Noutro avión, algún operario esqueceu un pedazo de cinta plástica utilizada para protexer os sensores nas operacións de limpeza. Os sofisticados circuitos electrónicos, faltos da sinal dos sensores, transmitiron informacións erróneas e contradictorias de altitude e velocidade. Os pilotos estiveron voando practicamente a cegas durante certo tempo, e o desastre foi o resultado final.
Despois dos minuciosos estudios para averiguar as causas destes e outros accidentes, a conclusión final establece como desencadenante dos feitos a estupidez humana e moitas veces os intereses económicos.
Segundo estas conclusións, un desastre na estación regasificadora de Reganosa no pode tardar, tendo en conta que xa se produciron os primeiros fallos debidos á estupidez humana: o emplazamento da planta, pola teimosía de Fraga e Tojeiro; o consentimento das Autoridades e dos Políticos, polos intereses económicos; a apatía resignada dun pobo afeito a aturar todas as desgracias que lle botan enriba.
A cadea de despropósitos xa comezou. É cuestión de tempo que se vaian engadindo os seguintes elos: unha válvula atascada, unha tormenta imprevista, unha “agulla rocosa” no canal…
¿Pesimista? Non. Hai cousas que se ven vir.
Amadeo Varela Rodríguez
amadeo -avarela36@mundo-r.com-
_______________________________
Marcadores: Opinión, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Videos da concentración, para alertar do perigo que supón REGANOSA dentro da Ría de Ferrol e para protestar pola entrada dun novo buque [21.06.2007]
20070622
Video feito por Damch
Video pillado na web do Colectivo Anarquista Unión Libertaria:
unionlibertaria.org
___________________
Videos da concentración [Cacerolada-Tamborrada 21.06.2007], para alertar do perigo que supón REGANOSA dentro da Ría de Ferrol e para protestar pola entrada dun novo buque cargado de gas. Desde as nove da noite até as dez e media, máis de trescentas persoas mantiveron unha protesta sonora, batendo en cacerolas, para alertar do perigo que supoñen as instalacións de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol, facendo da Ría unha zona insegura e perigosa que no caso de accidente as consecuencias serían irreparábeis e catastróficas.
___________________
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Novamente REGANOSA, coa complicidade das autoridades, pon en perigo á poboación da Ría, permitindo a entrada ilegal e perigosa dun novo buque gaseiro
Autor da Foto: Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de FerrolPara amliar a imaxe, clicar acima dela
Novamente REGANOSA, coa complicidade das autoridades locais, autonómicas e centrais, pon en perigo á poboación que mora na beira da Ría de Ferrol. Desta vez era o buque "Cadiz Knutsen", o terceiro gaseiro que entraba, cargado con 57.000 toneladas de GNL, para descargar na ilegal planta regasificadora, instalada, contra a vontade popular, en Ponta Promontoiro no concello de Mugardos.
Sobre as dez e media da noite, atracaba no porto privado de Mugardos -roubado polo Grupo Tojeiro á Ría e ao patrimonio cidadán- o metaneiro de UNIÓN FENOSA, importante socio de REGANOSA. Atraque excesivamente caro, catro remolcadores; servizo de práticos; situación de alerta na Capitanía Marítima e Autoridade Portuaria; a Ría chea de embarcacións da Guardia Civil do Mar; desprazamento de antidisturbios á cidade, desta vez estacionados nun lugar "discreto" do porto ferrolán; importante depliegue da brigadilla da Guardia Civil e de información da Policia Nacional; triple despliegue de seguridade privada dentro de REGANOSA; dietas por doquier e numerosos salarios para comprar o silencio, a complicidade, a intoxicación e a manipulación informativa. Un prezo caro, excesivamente caro.
Desde as 9 da noite, máis de trescentas persoas mantiveron unha protesta sonora, petando en cacerolas, para alertar do perigo que supoñen as instalacións de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol e pola entrada dun novo buque cargado de gas, criando inseguridad e un potencial perigo de irreparábeis e catastróficas consecuencias. E REGANOSA sen ter un Plano de Emerxencias Exterior, nen aprobado, nen se quera elaborado, como é preceptivo por Lei.
Previamente ás oito da tarde o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, daba unha Rolda de Prensa, nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol - Vello. Da cal pasaremos información completa cando o Comité Cidadán pase a nota informativa, mais que resumindo, e interpretando, veñen dicer que a defensa ante as medidas represivas [xudiciais e policiais] da administración están desviando a atención e consumindo os recursos dos que dispoñemos para facer frente ás ilegalidades de REGANOSA, aos cómplices e á corrupción política subxacente. Non somos nós os que teñen que estar diante dos tribunais, como acusados, senon eles, é por iso polo que imos interpoñer unha demanda polo penal por infracción das normas de seguridade estabelecidas na lexislación vixente.
Por outra banda, estanse recibindo cartas para comparecer como imputados por coación, desobediencia e atentado, polo que non podemos pedirlle as mariscadoras e mariscadores que sexan a parte que máis medios e responsabilidade arriscan neste conflicto que é de toda a cidadanía. Pois cumpriron con creces os obxectivos, de romper os muros de silencio que lograran construir ao redor da cidadanía opositora á planta de gas. A xente do mar, non só foi a protagonista, senon unha peza clave que pasará a historia desta cidade, da comarca e de Galiza, na defensa da Ría e da vida da poboación de Ferrol Terra de Trasancos e Bezoucos.
E por último que as Cofradías de Pescadores, teñan aberta unha vía de diálogo, que ten servir para demostrar a ilegalidade da propia planta regasificadora; da falta da avaliación de impacto medio ambiental, como así se sentencia por dúas veces polo TSXG; da contaminación mariña das súas verteduras ao mar; dos incumprimentos dos condicionados de seguridade de distancia con respeito ás zonas poboadas e da imposibilidade de saída dos buques, a mar aberto, en caso de emerxencia, polas limitacións que impoñen as mareas e o estreito canal da nosa Ría, como así recoñece a Normativa oficial elaborada pola propia Capitanía Marítima do Porto de Ferrol.
_____________
Nota informativa do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, sobre a mobilización de onte [21.06.2007] no peirao de Ferrol e a Rolda de Prensa celebrada nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol - Vello, diante da entrada na Ría de Ferrol do buque metaneiro "Cadiz Knutsen".[Enlace coa Nota de Prensa e fotografías nos Árquivos Ártabros]
_____________
Foto: Luis Polo no Diario de Ferrol
A noticia no Diario de FerrolO terceiro gaseiro de Reganosa foi recibido con ruído de cacerolas
O ruído dunha cacerolada na que participaron ao redor de 300 persoas recibiu onte ao "Cadiz Knutsen", o terceiro gaseiro que chegou a Reganosa, cargado con 57.000 toneladas de GNL. O Comité de Emerxencia Cidadán non tratou de impedir nesta ocasión a entrada do buque na Ría, como mostra de que non é a confrontación senón a defensa de vidas humanas o obxecto da súa protesta. O barco atracou en Mugardos ás 22.30.
[Enlace coa noticia orixinal na edición dixital do Diario de Ferrol]
____________________
Incumprimentos legais e técnicos da planta regasificadora que a empresa REGANOSA, ten instalada dentro da Ría de Ferrol.
O proxecto desta planta incumpre os seguintes regulamentos e directivas europeas e lexislación española:
1- R.D. 9 / 2.000 (Directiva 97/11/EC) sobre Avaliación de Impacto Ambiental. Non se realizou.
Hai dúas sentenzas favorables aos veciños do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pero foron recorridas ao Supremo por Reganosa. Mentres, seguen coas obras e coa súa politica de feitos consumados e o amparo desde a Xunta. Por iso protestan os mariscadores, pois se van a quedar sen emprego por mor das enormes verteduras de auga moi fria con cloro e bisulfito que realizarán para regasificar e quentar o gas licuado.
2- R.D.1254 / 1999 (Directiva 96/82/EC ? Lei Seveso II). Non se seguiu en canto á "política de asignación do chan". A poboación non foi informada dos riscos. Non se conoce unha Avaliación Cuantitativa de Riscos. Non se pediu o parecer á poboación. Existe un complexo petroleiro denominado Forestal do Atlantico xusto á beira de Reganosa que almacena uns 300.000 m3 de combustibles máis outros produtos químicos o cal propicia o efecto dominou en canto a accidentabilidade que a lei SEVESO II especifica claramente que non se poden situar en proximidade pois ambas son susceptibles de xerar accidentes maiores.
3- Decreto 2414/ 1961. (RAMINP - Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas). Este regulamento esixe unha distancia mínima de separación de 2.000 m entre a planta e a poboación agrupada máis próxima. Neste caso a planta está apenas a 100 m do lugar do Penedo e de aproximadamente 800 m do núcleo central de Mugardos (6.000 habitantes), e de Ferrol a 1.900 mts.
4- Norma UNE 1532. Sobre o Interfaz buque gaseiro- terminal de descarga. Non se cumpre a condición de saída a mar aberto do buque gaseiro en caso de emerxencia e en calquera condición de tempo atmosférico. O gaseiro quedaría atrapado no interior da Ría de Ferrol, pondo en serio perigo a máis de 100.000 persoas.
5- Norma UNE - EN 1473. Non se deixou unha zona de exclusión térmica ao redor da planta, para a seguridade das persoas e propiedades de particulares en caso de accidente grave.
6- R.D. 145 / 1989. Regulamento sobre portos con mercancías perigosas. Non se deixou distancias a núcleos de poboación agrupada.
7- Norma NFPA 59 A . Non se deixou zona de exclusión térmica.
8- Lei 8/1975. Impide situar unha instalación deste tipo a menos dunha milla de distancia á base naval de Ferrol. (zona de seguridade militar).
9- Lei 16/2002 (Directiva Europea 96/61/CE) de Prevención e control integrados da contaminación.
________
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
A PA21, chama ás diferentes asociacións e colectivos da Comarca e a cidadanía en xeral, a participar, na concentración convocada no peirao de Ferrol
20070621
Conforme ao acordado na última Asemblea Xeral da PA21, e como así ven sendo desde que se constitueu a nosa plataforma cidadá, de apoio ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e a Asemblea Cidadá en tódalas súas resolucións encamiñadas á oposición da Planta de Gas dentro da Ría, a Plataforma Ártabra 21, chama ás diferentes organizacións, asociacións e colectivos da Comarca e a cidadanía en xeral, a participar hoxe xoves, 21 de xuño, ás 9 da tarde na concentración [cacerolada - tamborrada] convocada no peirao de Ferrol, para protestar pola entrada dun novo buque gaseiro cargado de GNL [Gas Natural Liquidificado] e para alertar do perigo que supoñen as instalacións de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol.
____________________________________________________
Algúns audios interesantes do programa especial de Rádio FilispiM sobre a manifestación do 3 de xuño en Ferrol, con entrevistas de moito interese.
[ E n t r a ]
__________________________
FUNDAMENTOS.-
___________________
Planta Regasificadora
- REGANOSA -
Por que a Planta de Gas
non pode estar dentro da Ría ?
FUNDAMENTO 1º : Non cumpre co RAMINP (Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas) Decreto 2414/1961.FUNDAMENTO 2º : Non cumpre o R. D. 6//2.001 do 8 de maio sobre EVALUACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL (Directiva europea 97 /11 /CEE) - NON SE TIVO EN CONTA - (Modifica o R.D. Lexislativo 1302/1986 do 28 de xuño - Directiva europea 85/337/CEE).
FUNDAMENTO 3º : Non cumpre a norma UNE - NE 1532 sobre INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS LICUADO ? Interfaz entre buque e terra ? Marzo de 1.997 SAÍDA Ao MAR DE BUQUES GASEROS EN CASO DE URXENCIA REQUERIMIENTOS PRINCIPAIS SOBRE ASPECTOS DE SEGURIDADE DE BUQUES GASEROS A CUMPRIR NOS TERMINALES DE DESCARGA DE GAS NATURAL LICUADO (GNL).
FUNDAMENTO 4º : Non cumpre o R.D. 1254 / 1999 "Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas" (Directiva Europea 96/82/CE ? Lei Seveso II)
_________________________
VERTEDURAS NA RÍA POR PARTE DE REGANOSA
____________________________________
Marcadores: Convocatorias, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da PA21, para o martes 26 de xuño
CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA26 de Xuño de 2007
A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra21, convócavos para celebrar unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA ás 8 h. da tarde do día 26 de Xuño no local da Fundaçon Artabria.
Orde do día
1 .- Lectura e aprobación da ACTA da ASEMBLEA anterior.
2 .- Estado de contas.
3 .- INFORMACION XERAL.-
Petición da PALABRA NO VINDEIRO PLENO ORDINARIO para lembrar a nova Corporación Municipal a nosa constante denuncia respecto a PRAZA DE PORTA NOVA, FRAGA DE MENÁNCARO, CHA DE LEIXA E MANDIÁ, PRAZA DE SARTAÑA , Participación Cidadán, .etc, ademais do prioritario e grave problema da PLANTA DE GAS .
* Praza de Porta Nova.
* Praza de Sartaña.
* Fraga de Menáncaro.
* Leixa e Mandíá.
* Expropiados de Canido.
* Rehabilitación de Ferrol Vello e Recimil
* Campo de golf nunha zona declarada Red NATURA.
* Os Corrais.
* PLANTA DE GAS.
4 .- Integración e sinatura na PA21 da Frente Popular Galega.
5 .- RELEVOS na XUNTA COORDINADORA.
6 .- Determinación do día, lugar e hora da seguinte Asemblea da PA21.
7 .- Suxestións e preguntas.
Ferrol a 20 de Xuño de 2007.
A Xunta Coordinadora
asdo. José R. Jove; Bruno Lopes ; Juan F. ; Xosé M. Sanxoán
___________________________________
Marcadores: Convocatorias Internas PA21
Acta da pasada Asemblea Xeral Ordinaria da Plataforma Ártabra 21, celebrada o 6 de xuño
Adxúntovos acta do asunto que se terá que someter a aprobación na próxima asemblea ordinaria do 26 de xuño.ACTA ASEMBLEA ORDINARIA MAIO 2007
En Ferrol a 6 de xuño de 2007 no Centro Cultural Carvalho Calero, sendo as 19:15 h., se celebra a asemblea mensual ordinaria correspondente ao mes de maio coa asistencia de 22 persoas. Esta asemblea estaba prevista para o día 29 de maio pero debido aos graves acontecementos xurdidos nesa data (mobilización pola entrada na ría do 2º gaseiro, detención de Bastida, represión policial, etc.) acordouse trasladala ao día de hoxe.
Fai de moderador Mel Sanxoán e de secretario José R. Jove.
Precisamente é Mel quen abre a asemblea dicindo que sería conveniente dadas as circunstancias actuais no que atinxe a Planta de Gas, alterar a orde do día quedando como segue:
1.- PLANTA DE GAS.-
Despois dun pequeno debate, acórdase a elaboración dun comunicado nos seguintes termos:
o Esixir a posta en liberdade de maneira inmediata de Bernardo Bastida, que está a sufrir as consecuencias dunha decisión política cando o seu delito non é outro que defender a vida, a ría e a legalidade.
o Pedir a dimisión das persoas que estima o Comité Cidadán de Emerxencia que dalgún xeito están relacionadas coa entrada dos buques e a represión policial.
o Apoiar ao Comité Cidadán de Emerxencia e a Asemblea Cidadá en tódalas súas resolucións encamiñadas á oposición da Planta de Gas dentro da ría.
2.- CONTAS.-
Jove informa que a PA21 a día de hoxe ten un saldo favorable na súa conta corrente de 308,25 €.
Tamén indica que están pendentes de cobro diversas cantidades de diferentes entidades convocantes das manifestacións da Praza de España, en defensa dos espazos públicos, e engade que se continuará facendo xestións para eliminar esa débeda.
3.- PUNTO PRINCIPAL.- AVALIACIÓN E BALANCE ANUAL NESTE PRIMEIRO ANO.-
Inicia Mel este punto, indicando que é necesario facer unha análise e crítica entre tod@s o máis ampla posible para deseñar o presente e futuro de nosa Plataforma.
Engade que estamos en pleno debate organizativo para preguntar cómo queremos que participen os partidos políticos ou se debemos revisar outro tipo de propostas para estas organizacións.
Se abre un turno de palabras que comeza Inácio, dicindo que na súa opinión a PA21 cumpríu os seus obxectivos. Destaca que houbo unha unión importante entre diversos colectivos que tiñan uns fins concretos reivindicando un cambio de política urbanística, e o Paseo Urbano polos Despropósitos levado a cabo o día 20 de maio é significativo do sucedido nesta lexislatura.
Engade que se contribuíu á caída do goberno, e que a partires de agora ábrese unha etapa co novo goberno, que no caso de que solucione diversos problemas, algúns colectivos poideran desaparecer.
Tamén di que no tema de participación ainda hai que moito por facer e fai fincapé en que o tema da Planta de Gas é moi importante.
Xan Ramírez di que os obxectivos que se barallaron no inicio, relativos a actuacións no ámbito comarcal, non se cumpriron. E que sería interesante retomar outros temas, outras alternativas e contactar con xente doutros sitios. Recoñece que houbo unha serie de circunstancias que impediron levar algunhas ideas a cabo. Propón tamén que en cada asunto no que se participou con resultado positivo habería que celebralo. Tamén propón que no próximo pleno ordinario da nova corporación se pida a palabra para expresar, un por un, o que os colectivos afectados non poideron facer na anterior lexislatura.
No tema da participación dos partidos políticos dentro da PA21, manifesta que non foron obstáculo en ningún momento senón todo o contrario, apoiaron as iniciativas cidadás.
Mauricio da parabéns polas actividades levadas a cabo neste primeiro ano, e di que non ten claro a actitude do novo goberno indicando que os problemas de fondo van continuar: transporte, parques, servizos públicos, privatizacións, etc. Manifesta tamén que isto non vai ser un paraíso, aínda que poidera parecelo comparándoos cos anteriores. En todo caso a PA21 non se pode desactivar e é necesario ampliar a democracia participativa.
Engade que non comparte a exclusión dos partidos políticos dentro da PA21 xa que o balance foi positivo, e pensa que máis que pechar hai que abrir as portas.
Manuel coincide basicamente con tódolos anteriores pero quere matizar que as actuacións se centraron no ámbito metropolitano, cando deberían de expansionarse a toda a comarca, Ortigueira, As Pontes, Pontedeume, etc.
Inácio, ao fío disto considera importantes os temas do lago artificial das Pontes e o Círculo Lítico da Mourela.
En canto a presenza dos partidos políticos na PA21 di que a plataforma debería ser apartidaria porque permitiría a entrada de diferentes colectivos civís.
Bruno, en relación coa presenza dos partidos na PA21, di non entender a situación, e considera un erro abrir este debate. Indica que o control dos partidos na plataforma durante este ano foi nulo e pensa que os que queiran entrar non poden establecer as condicións.
Jove, no tema da presenza dos partidos políticos na PA21, quere aclarar que cando a PA21 lidera as mobilizacións da Praza de España e convida como convocantes a diferentes entidades, os asistentes as reunións decatámonos de que isto limita a posible entrada doutros colectivos civís, cara a conseguir unha maior participación cidadá principalmente a das asociacións veciñais.
Engade tamén que o ámbito de incidencia da PA21, se non afectou á comarca foi primeiro porque xurdiron temas importantes como son o edificio da Praza de España e a Planta de Gas, e segundo porque sendo realistas temos as nosas limitacións por falta de efectivos tanto na xunta coordinadora como nas asembleas.
En canto a pedir a palabra no próximo pleno, di que é máis axeitado pedila en nome da PA21 e cunha soa intervención tocar tódolos temas que nos afectan ou nos preocupan.
Finaliza dicindo que neste ano hai que destacar o traballo fundamental de Inácio como responsable do blog, así como o de Mel como portavoz.
O veciño de Mandiá, colaborador da asociación veciñal di, que tal e como se quedara na asemblea de abril, xa lle comunicou ao presidente da asociación a disposición da PA21, pero opina que non ten demasiado interese. A actuación que neste momento estase a desenrolar relativa ao acceso ao Porto Exterior a cualifica de “desfeita”. Asegura tamén que en Mandiá existe moita pasividade e que faría falta dar un paso adiante.
No que atinxe a PA21 considera que as mobilizacións foron positivas e que el, a título individual ten pensado entrar na plataforma.
Josecho Placer (Frente Popular Galega) da as grazas por ser convidados. Di que teñen solicitado a súa integración na PA21 e considera importante a participación porque existen moitas problemáticas coa veciñanza que requiren organización para canalizar as reivindicacións e para impulsar un novo xeito de comprender a vida.
Mel, en relación coa integración da FPG, di que a xunta coordinadora incluirá este tema na orde do día da próxima asemblea, para que sexa ratificado pola mesma.
4.- NOVAS INCORPORACIÓNS Á XUNTA COORDINADORA.-
No día de hoxe entra a formar parte da xunta coordinadora Bruno Lópes.
5.- PRÓXIMA ASEMBLEA.-
Acórdase que a próxima asemblea correspondente ao mes de xuño terá lugar o martes día 26 de xuño as 20:00 h. no local da Fundaçon Artábria.
Sen máis asuntos que tratar as 20:40 h. remata a asemblea.
Asdo.
José R. Jove
Marcadores: Actas da PA21
A asociación Veciñal de Ferrol Vello: Con motivo da chegada dun terceiro gaseiro cargado de Gas Natural Licuado
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de xuño de 2007 01:08
Asunto: O valente ten medo do contrario o covarde do seu propio temor
O valente ten medo do contrario o covarde do seu propio temor
Con motivo da chegada dun terceiro gaseiro cargado de Gas Natural Licuado, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar á cidadanía, para o xoves 21 de xuño, ás 21 horas, a unha concentración nos peiraos de Ferrol para unha cacerolada-tamborrada de protesta e alerta en relación co perigo que supón as instalacións de Reganosa.________________________
A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
Marcadores: Ferrol-vello, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Cacerolada no porto de Ferrol, contra a entrada do terceiro Gaseiro na Ría de Ferrol para REGANOSA
20070620
De: CCE -comitecidadan@iespana.es- Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de Junho de 2007 18:35
Asunto: Tercer buque Gasero para REGANOSA

Con motivo da chegada dun terceiro gaseiro cargado de Gas Natural Licuado, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar á cidadanía, para o xoves 21 de xuño, ás 21 horas, a unha concentración nos peiraos de Ferrol para unha cacerolada-tamborrada de protesta e alerta en relación co perigo que supón as instalacións de Reganosa.
Ás 20, 00 horas, do xoves 21 de xuño, nos locais da A.VV de Ferrol Vello terá lugar unha rolda de prensa na que se explicarán os motivos desta concentración e outras actuacións a realizar.
Achegase nota .
Carmelo Teixeiro
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es
A súa web: http://comitecidadan.org/_________
O terceiro metanero que cargado de gas natural licuado pretende entrar na Ría de Ferrol, chámase “Cadiz Knutsen”, cunha eslora total de 284,4 metros, manga ou ancho de 42,5 metros e calado de 11,3 metros, ten capacidade para 138.000 m3. de GNL.
A esta hora coñécese que a entrada na Ría de Ferrol do devandito metanero podería producirse coa segunda pleamar diúrna do xoves 21 de xuño, que terá lugar ás 22:09 horas.
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar á cidadanía a unha concentración para as 21 horas deste xoves 21 de xuño, nos peiraos de Ferrol, no extremo sur onde atracan as lanchas de pasaxe e no miradoiro existente fronte ás murallas do Arsenal Naval Militar, para protagonizar unha sonora cacerolada e tamboreada.
Ás 20, 00 horas, do xoves 21 de xuño, nos locais da A.VV de Ferrol Vello terá lugar unha rolda de prensa na que se explicarán os motivos desta concentración e outras actuacións a realizar.
DADOS TÉCNICOS.-
O Metanero Cádiz Knutsen.Propiedade de Union FENOSA, o metenero Cádiz Knutsen comezou a navegar no mes de xuño de 2004, unha vez superadas as probas de mar e de gas. O buque está destinado ao transporte de gas natural licuado a baixas temperaturas, “-163ºC”, ten unha capacidade de 138.000m3, mide 284,40 metros de eslora e desenvolve unha velocidade máxima de 19,5 nós. É o segundo dos construídos no estaleiro Puerto Real e supuxo máis de 1.750.000 horas de traballo. O gasero pertence á flota que UNION FENOSA contratou para transportar gas natural licuado (GNL) desde a planta de licuefacción que constrúe no porto exipcio de Damietta.
O buque necesita ao redor de 15 días para efectuar unha viaxe Exipto - Ferrol - Exipto navegando á velocidade de deseño, ou preto de 10 días se a descarga prodúcese na terminal de Sagunto. A flota de UNION FENOSA conta con outro metanero de 140.500 metros cúbicos.
- Velocidade en servizo: 19,5 nós
- Tripulación: 40 persoas
- Potencia: 28.000 kW a 83 rpm xerados por unha turbina de vapor tipo Kawasaki-IZAR, fornecida pola Fábrica de Turbinas de IZAR situada en Ferrol.
______________________________
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Alguns audios do programa especial de Rádio FilispiM
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de Junho de 2007 22:00
Asunto: Alguns audios do programa especial de Rádio FilispiM
Alguns audios interesantes do programa especial de Rádio FilispiM sobre a manifa do 3 de Junho.
O programa repítese:
LUNS a partir das 15:00hs.
MÉRCORES a partir das 16:00hs.
VENRES a partir das 08:00hs.
Alguns audios:
Mulher Anónima
Rapaza Anónima
Home Anónimo
Camilo Nogueira [BNG]
Consigna Planta de Gas Fora da Ria
Consigna en Teixeiro ten que estar Tojeiro
Filispina
Filispina
Filispina
Pilar Diaz [EU-IU]
Presidenta A.VV. Mehá-Mugardos
X.M. Beiras [BNG]
Yolanda Diaz [EU-IU]
Radio Filispim emite no 93.9 da FM.
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
O Valedor esíxelle novamente ó Concello de Ferrol que realoxe os veciños de Canido
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de Junho de 2007 11:51
Asunto: O Valedor esíxelle novamente ó Concello de Ferrol que realoxe os veciños de Canido
AFECTADOS POLAS EXPROPIACIÓNS DE VIVENDAS EN CANIDO (FERROL)
O Valedor esíxelle novamente ó Concello de Ferrol que realoxe os veciños de Canido
O Valedor do Pobo dirixiuse novamente ó Concello de Ferrol para esixirlle que solucione o problema dos veciños afectados polas expropiacións no barrio de Canido. A institución que dirixe Ramón Vázquez Sandes recibiu recentemente a resposta da entidade local á súa recomendación de decembro de 2006, pero non a considera suficiente. “Non se sinala nada en relación co dereito de realoxo dos afectados e a correspontente peza separada de realoxo nin cos criterios de valoración”, indica o Valedor nunca carta dirixida ós afectados.
O pasado decembro o Valedor recomendoulle ó goberno local que os criterios de valoración das vivendas non se correspondían cos previstos na Constitución e que os veciños debían ser realoxados “preferentemente” nun novo piso do sector por urbanizar. No barrio a promotora madrileña Albantur proxecta construir máis de 260 vivendas. Pero a comunicación do Concello non tocou ningún destes dous puntos. O Valedor espera actualmente unha resposta definitiva á súa recomendación. En caso de que a nova corporación local non a remita con urxencia, a queixa dos veciños de Canido chegará o Parlamento de Galicia a través do informe anual que presenta Ramón Vázquez Sandes.
Malia que o goberno local aprobou en 2004 que os 18 inmobles afectados polas expropiacións tiñan un valor conxunto de 224.932 euros (uns 12.000 euros por casa) o Concello non lle remitiu ó expediente o Xurado de Expropiación de Galicia ata o 9 de novembro de 2006. Este órgano é a primeira garantía para os expropiados no caso de estar en desacordo coas valoracións realizadas pola Administración.Os veciños afectados esperan que a nova corporación de esquerdas de Ferrol tome en serio a recomendación do Valedor do Pobo e solucione o problema de xeito definitivo.
_______________________
Espolio en Canido:
____________________________
O exconselleiro José Antonio Orza é socio do grupo que promove Reganosa
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de xuño de 2007 19:44
Asunto: URXENTE...MOI URXENTE.....LEDE E DENUCIADE
Queridos amigos botarlle unha ollada a este link e reaccionar.
Moita sorte e aínda que sexa estranxeiro " A ría tamén e miña" (espero q este ben escrito).
__________________
O exconselleiro José Antonio Orza é socio do grupo que promove Reganosa
O que fora titular de Economía con Manuel Fraga participa no accionariado dunha das empresas industriais do Grupo Tojeiro e tivo vínculos con polo menos outras dúas sociedades.
Desde a súa consellería, Orza impulsou a participación da Xunta na planta de gas e avalou o pacto para garantir a súa viabilidade.
Martes, 19 de xuño de 2007
Por, J. RODRÍGUEZ / XORNAL - Madrid.-
Actualmente deputado do PP en O Hórreo, aínda que relativamente desvinculado do día a día do partido de Núñez Feijóo, o exconselleiro José Antonio Orza Fernández mantén unha participación no accionariado dunha das sociedades que conforman o Grupo Tojeiro, principal impulsor e accionista de referencia da polémica planta de gas de Mugardos, segundo filtraron a Xornal.com fontes do sector enerxético. Trátase de Industrias del Tablero (Intasa), con sede social en San Sadurniño, en Ferrolterra, e dedicada á fabricación de madeiras chapadas, de fibra e paneis. Así consta no Rexistro Mercantil da Coruña, de acordo coas contas e o balance presentados pola propia empresa.Os últimos estados contables da firma corresponden ao exercicio de 2005. Fontes oficiais vinculadas ao grupo e o mesmo Orza confirmaron a este diario dixital tal vinculación, materializada en calidade de socio.
A relación co Grupo Tojeiro do que no seu día foi un dos conselleiros con máis poder e máis duradeiros de Manuel Fraga vén de moito antes da súa participación no accionariado de Intasa. De feito, Orza foi secretario do consello ou administrador de polo menos outras dúas firmas que conforman o grupo industrial que promove a planta de gas na ría de Ferrol. En concreto, e segundo datos do Rexistro Mercantil, o parlamentario popular formou parte dos órganos de administración de Forestal del Atlántico (Foresa) e Impregnaciones Melamínicas Gallegas ata principios dos noventa.
A de maior peso dentro do grupo, Forestal do Atlántico, nacera poucos anos antes, en 1989, co obxectivo de fabricar colas e resinas para a industria do taboleiro. Actualmente moi diversificada e con intereses no sector enerxético, a empresa suma uns ingresos que roldan os 80 millóns de euros e conta con 200 empregos directos.A presenza de Sodiga no Grupo Tojeiro
No caso da primeira de devanditas sociedades, Orza mantense como socio dentro do seu accionariado, "unha participación que no seu día foi un agasallo e que non chega ao 1% do capital", asegura o ex conselleiro.
"O xa falecido promotor de Intasa, José Rodríguez López, que o foi tamén doutros proxectos empresariais como Larsa -explica Orza- fíxome esa cesión antes de que accedese á Consellería de Economía, e é unha participación que mantiven durante estes anos".
En declaracións a Xornal.com, o exconselleiro e actual deputado popular aclara tamén que o paquete en Intasa figura nas súas declaracións de Patrimonio e na de bens de altos cargos do Parlamento de Galicia.
Acordos confidenciais nos papeis
En calidade de titular de Economía, José Antonio Orza tamén participou no deseño e execución dun plan para garantir nun pacto, con algúns puntos confidenciais, a viabilidade e rendibilidade de Reganosa. En xullo de 2000, segundo detallou no seu día a edición galega do País, a Xunta e os principais promotores da planta de gas de Mugardos asinaron un convenio que obrigaba ao Goberno de Fraga a axilizar os permisos para a regasificadora, estudar "co máximo interese" a concesión de subvencións e a intervir para facer rendible a planta no caso de que xurdisen complicacións.Algunhas das partes máis sensibles do acordo mantivéronse en segredo ata o primeiro trimestre deste ano.
Na firma de devandito pacto, ademais de Roberto Tojeiro, Manuel Fraga e o entón conselleiro de Industria Rodríguez Yuste, estaba José Antonio Orza. Tamén o falecido Victoriano Reinoso, entón vicepresidente de Unión Fenosa, e Rodolfo Martín Villa, que o era de Endesa e agora está ligado ao Grupo Présa.
Impulsor da iniciativa da planta regasificadora en 1997, cando a título individual anuncia o proxecto, o Grupo Tojeiro, á marxe das dúas grandes eléctricas (Endesa e Unión Fenosa), conta actualmente cun participación no capital de Reganosa do 18%, mentres que o resto de accionistas teñen paquetes de menor relevancia: Caixa Galicia (10%), a alxerina Sonatrach (10%), Banco Pastor (5%) e Caixanova (5%).
A Xunta mantén unha participación do 10%. Desde que se anunciou o proxecto e ata marzo do ano 2000, a planta levantada en Mugardos sobre terreos dos Tojeiro era propiedade ao 100% do grupo industrial ao que está vinculado Orza. Reganosa, a pesar de ser moi contestada en Ferrol, está considerada pola Xunta como un proxecto estratéxico para Galicia, que por esa vía apontoa a súa independencia enerxética, fronte aos intereses doutros operadores, especialmente Gas Natural.O Grupo Tojeiro, un pulmón industrial de Galicia
Presidida polo empresario Roberto Tojeiro e dirixida cada vez con máis poderes por un dos seus fillos, trátase dunha corporación de capital galego que opera nos sectores da distribución alimentaria e de combustibles, na fabricación de produtos químicos e fertilizantes, no transporte por estrada, así como na transformación de madeira.
Tojeiro exerce unha posición dominante no comercio do noroeste español grazas á rede de Gadis, de supermercados e medianas superficies, tras absorber a finais dos noventa a Supermercados Claudio. A sede central está en Piadela-Betanzos.
O exconselleiro que prestigió á Xunta de Fraga
José Antonio Orza está considerado nos medios políticos e económicos de Galicia como o conselleiro de Manuel Fraga con máis prestixio, e mantén excelentes relacións cos máis destacados empresarios de Galicia.
A súa traxectoria política estivo sempre avalada pola súa profesionalidade e, a pesar da súa tremenda influencia, sempre quixo manterse nun discreto segundo plano. Nin sequera a oposición socialista e nacionalista foi capaz de buscarlle as cóxegas.
Enlace co artigo orixinal en "O Xornal.com"
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Ferrol cape informa de enlaces e publicacións sobre verteduras á Ría de Ferrol e a Planta de Gas de REGANOSA
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de Junho de 2007 15:43
Asunto: VERTEDURAS A RIA DE FERROL - PLANTA DE GAS FORA DA RIA -
www.f-cape.org (Colectivo universitario opositor á planta de gas de Ferrol
Ola a tod@s!
Enviamos un enlace dun artigo de Vieiros sobre as verteduras á Ría de Ferrol do sistema de regasificación da planta de gas.
Sobre a Tecnoloxía que utiliza REGANOSA para vaporizar o gas utilizando auga do mar
Tamén informamos que o nº 121 (xuño 2007) da revísta TEMPOS NOVOS recolle dous artigos sobre a planta de gas de Ferrol. Un subscríbeo o profesor Manuel Afonso Domínguez da UDC e o outro de Xosé M Villaverde e Xan duro da Asociación ecoloxista Verdegaia.
Saudos,
www.f-cape.org
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Proxección, en Mugardos, o xoves 21 de xuño, do documentario " O Salario do Silencio"
pmeizoso@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 dexuño de 2007 20:28
Asunto: Proxección, en Mugardos, o xoves 21 de xuño, do documentario " O Salario do Silencio"
Projección do Documentario "O Salario do Silencio", de Mabel Ribera e Enrique Banet, sobre a Planta de Gas que construe REGANOSA na Ría de Ferrol.
Xoves 21 de junho, ás oito da tarde.Casa da Cultura de Mugardos.
Coa presenza de Mabel Rivera.
Organizan:
- Plataforma veciñal de Meha, Mugardos.
- Cofradia de pescador@s San Telmo de Mugardos.
- Esquerda Unida Local de Mugardos.
Nova en Vieiros sobre o documentario "O Salario do silencio"
--
Publicada por mirando o mundo em Trasancos a 6/19/2007 05:58:00 PM
_____________________
Marcadores: Mugardos, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Por fin, Bastida en Liberdade, artigo de Rafael Pillado
20070619
De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es- Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de Junho de 2007 13:13
Asunto: POR FIN, BASTIDA EN LIBERDADE/POR RAFAEL PILLADO – PUBLICADO HOXE, NO DIARIO DE FERROL 19/06/07
Opinión
POR FIN, BASTIDA EN LIBERDADE, POR RAFAEL PILLADO – PUBLICADO HOXE, NO DIARIO DE FERROL 19/06/07
"Ladran -amigo Sancho-, luego, cabalgamos"
Por fin, Bernardo Bastida, Patrón Maior da Confraría de Pescadores e Mariscadores, lexítimo representante, recuperou a súa liberdade sin fianza. É o resultado da acción de cantos se movilizaron e marcharon a Teixeiro."Bastida somos todos", foi, durante estos días, un rehén dos intereses económicos e políticos que representa Reganosa e asumen xentes da Xunta de Galicia. O encarcelamento pretendía parar a firme oposición a que a planta de gas siga chantada no medio da ría.
No debate en Localia sobor da planta, Javier Carro afirmaba que, colocada en Mugardos non era unha bomba. Antes, decía que era unha "barbaridade". Vexan vostedes o que supoñen 12 millons de bombonas nos tanques de Reganosa, cando unha fuga de gas-cidade en Palencia arrasou tres bloques de vivendas.
Todo consiste en asumir a estratexia da regasificadora, sacando importancia e escondendo todoslos riscos que acumula. Empezou a empresa por ampliar os muelles de Forestal, como si foran para ela; fixeron recheos sin definir os seus obxetivos; por fin, anunciaron un proxecto de planta de gas, que sorprendeu a todos os informados. Parcelaron aquel proxecto, ocultando a maior parte dos contidos. Feitos consumados.
Ese plantexamento de ocultación e engano, se mantén con unha campaña publicitaria descomunal, abusando de recursos económicos sin límite. ¡O gas non arde, dicían!
Outros siguen o mismo guión, coa táctica empresarial de "divide e vencerás". Promoven a idea de que son soio mariscadores os movilizados. Que ninguén máis está ameazado. Que Bastida é unha cousa, e outra os mariscadores; que unha cousa é a productividade da ría e outra o efecto das augas contaminadas, cloradas e máis frías. Xuzgan que hay que separar a ilegalidade da planta, da inseguridade etc., etc. Non queren nin oir falar da unidade de tódolos afectados, da dimensión brutal de tódalas circunstancias da planta.
Non hai que facer moito esforzo para localizar a misma táctica de certos responsables (ou irresponsables) políticos. ¡Que fale a xusticia!, din uns. ¿Para que foron elexidos,?¿ por que cobran?. Que deixen gobernar os xuices, enton.
¡Non é o mellor emprazamento! Dínnolo tamén os dirixentes de Reganosa, coa cínica confesión da súa grave responsabilidade. Pero reafirmano algúns dirixentes que se chaman progresistas.
¡Agora xa está feita! Olvídanse de que coñeceron os plans de Reganosa dende antes de escomenzar as obras. Pero, ¿que farían esos mismos políticos si encontraran una bomba baixo da súa cama? ¿Sacaríana? ¡Total xa está posta!
¡É moita a inversión!, se apuran a afirmar. Cabe respostar que, quen constrúe ilegalmente, xa sabe o que lle espera. Pero, ademáis, ¿canto costa unha soia vida perdida?
E agregan, ¡Reganosa é estratéxica! Si non poideramos achegar gas por gaseoducto, falaríamos de que o gas é estratexico. ¿E non sería igualmente estratéxica a regasificadora fora da ría?
Negámonos a aceptar ese razonamento. Ninguén ten dereito a impoñernos o seu interés, si con iso se vulnera a legalidade, se pon en risco a vida e se acaba co traballo e o medio de vida de centos de familias traballadoras do mar.
"Non hai peor cego que aquel que non quer ver"
http://www.ateneo-ferrolan.blogspot.com/
_____________________
Marcadores: Opinión, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Repetición da Gravación do programa especial de Rádio Filispim do percurso da manifestación do pasado 3 de xuño en Ferrol
De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de Junho de 2007 13:36
Asunto: REPETICIÓNS MANIFESTACIÓN DO 3 XUÑO - PLANTA DE GAS FORA DA RÍA DE FERROL
Ola a tod@s! os reporteir@s de RADIO FILISPIM na "FM 93.9" repetirán o programa de radio gravado en directo o pasado día 3 de xuño, A MANIFESTACIÓN CONTRA A PLANTA DE GAS DENTRO DA RÍA DE FERROL".
Con diferentes conexións en directo e declaracións na rúa entre outras moitas de ................. Luz Maria Torrente López da Plataforma de Veciñ@s “O Cruceiro de Meha”, Xosé Manuel Beiras (BNG), Camilo Nogueira (BNG), Anxo López Pintos (Secretario Ferrol CIG), .............
REPETICIÓNS:
LUNS de 15 a 18 horas
MÉRCORES de 16 a 19 horas
VENRES de 8 a 11 horas
Sintoniza a Radio
no 93.9 da FM

MERECE A PENA ESCOITALO! ..........
http://www.ateneo-ferrolan.blogspot.com/___________
Marcadores: Ateneo Ferrolán, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Resposta escrita de Francisco Barroso desde Industria da Coruña, ao Comisionado para Catastrofes do 061 da Comarca de Ferrol-Terra
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de Junho de 2007 22:24
Asunto: Resposta escrita de Francisco Barroso desde Industria da Coruña, ao Comisionado para Catastrofes do 061 da Comarca de Ferrol-Terra
Achégovos a contestación que me chegou hoxe respecto da reclamación de información sobre dispositivos de riscos previsibles implementados para facer fronte a unha posible catástrofe en Reganosa e que expuxen a raíz da entrada do segundo gasero á delegación de industria da Coruña.
Non se se valerá de proba testemuñal para algo xurídico (?), pero en todo caso queda aí como mostra de que non tiñan cuberto o tema legal do plan de Emerxencias (ou o terían citado na misiva).
En todo caso, é unha resposta para gañar tempo ata que o teñan elaborado, e creo que xa que logo serve de proba de que autorizaron a entrada aoso gaseros sen plano de emerxencias funcionando.
Por se vos interesa achégovos a declaración que lle enviei e que deu lugar a este escrito.
Saúdos a todos
Carlos L.
_______________
Enlace cos Arquivos Ártabros onde están os documentos:
Contestación de Francisco Barroso Palomino, Director da Área de Industria e Enerxía da Coruña.
Denuncia de Carlos A. Lareo Porral Comisionado para Catástrofes do 061 en Ferrol.
________________________
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Solicitude cesamentos do Delegado do Goberno en Galicia, do Director do Area de Industria e Enerxía na Coruña e do Presidente da Autoridade Portuaria
De: CCE -comitecidadan@iespana.es-Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de Junho de 2007 18:56
Asunto: Primeiros escritos enviados solicitando ceses
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol enviou escritos, cunhas 1.200 firmas que solicitan os cesamentos do Delegado do Goberno en Galicia, do Director do Area de Industria e Enerxía na Coruña e do Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol: Amable Dopico Freire.
Adxunto achegase:
Segue en nota adxunta de 19 de xuño, resumo do que se di en cada un dos tres escritos, enviados ao Ministro do Interior, ao Ministro de Industria e á Conselleira de Politica Terrirorial.
Tamén acompáñase: a páxina 4 das normas de 27 de abril da Capitanía Marítima. Así mesmo acompáñase a foto de Google Earth con notas indicando onde están os fondeadeiros.
Ademais tamén achéganse , os tres escritos escaneados con selo de rexistro de entra do sábado 16 de xuño.
Para seguintes envios xa hai 27 firmas máis que piden o cesamento de cada un dos citados. Os escritos achégasen por correo a cada un dos destinatarios, enviados pola oficina de rexistro da Xunta de Galicia en Ferrol, pero xa se adiantaron por fax o sábado.
Así mesmo achégase modelo de cada un dos escritos nos tres que se realizaron as firmas, nos que para cada caso definen os motivos especificos polos cales solicítase o seu cesamento.
Carmelo Teixeiro
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
___________
En tres escritos asinados pola Presidenta da Plataforma de Veciños “O Cruceiro de Meha”, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, o sábado pasado 16 de xuño prersentouse por Rexistro da Xunta de Galicia en Ferrol, un primeiro envío de escritos con firmas aos Ministros do Interior e de Industria, así mesmo á Coselleira de Politica Territorial da Xunta de Galicia, solicitando os cesamentos do Delegado do Goberno en Galicia: Manuel Ameijeiras (1.209 firmas), o Director do Area de Industria e Enerxía na Coruña: Francisco Barroso Palomino (1.182 firmas) e o Presxidente da Autoridade Portuaria de Ferrol: Amable Dopico Freire.(1.176 firmas).
Para un segundo envio de firmas, este fin de semana recibíronse 27 firmas máis para cada un dos citados. Así as firmas totais que piden o seu cesamento son: 1.236 para Manuel Ameijeiras Vales, 1.209 firmas para Francisco Barroso Palomino e 1.203 firmas para Amable Dopico Freire.
Nos escritos pídese o cesamento polo que alegan os asinantes en relación coa entrada na Ría de Ferrol, o pasado 9 de maio, do gasero Galicia Spirit cargado con 140.500 metros cúbicos de Gas Natural Licuado que descargou na Planta de Gas que a empresa Reganosa está construíndo en Mugardos, ameazando a vida da poboación próxima e empregando para iso unha forza publica antidisturbios que desde as 6 da mañá pechou todos os lugares de embarque. Resáltase que os feitos repetíronse o 30 de maio, coa entrada do metanero Mourad Didouche para descargar 110.000 m3 de GNL, pero desta vez provocando as forzas antidisturbios unha brutal e inxustificada carga contra os cidadáns que pacíficamente estaban nos peiraos de Ferrol, producíndose feridos que tiveron que ser atendidos no Hospital Arquitecto Marcide.
Envíaselles a pagina 4 das Normas de Seguridade elaboradas pola Capitanía Marítima de Ferrol, donde consta como Fondeadeiro de Emerxencia o de Santa Lucia dentro da Ría de Ferrol, proba evidente de que os metaneiros Galicia Spirit e Mourad Didouche entraron na Ría de Ferrol sen estar acreditada a súa saída de emerxencia ao mar requirida pola norma EN-1532, cuxo cumprimento foi expresamente requirido á Autoridade Portuaria de Ferrol nos escritos da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas de 20 de setiembre de 2001 e 4 de decembro de 2003, cuxa copia tamén se acompañan cunha foto de Google Earth e notas indicando dentro da Ría de Ferrol onde está situada a Planta de Gas que Reganosa esta construíndo, o fondeadero de Santa Lucia, e indicando tamen o lugar de saída ao mar onde os prácticos abandonan os barcos logo de guialos pola canle de entrada/saída.
Igualmente envíanselles as dúas respostas do Goberno no Congreso dos Deputados, en setembro de 2006, nas que di que esixirá o cumprimento de todos os condicionados da autorización de Reganosa outorgada o 13 de febreiro de 2004 pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas actualmente dependente do Ministerio de Industria, sinalándolles que entre os condicionados que Reganosa non resolveu están a saída de urxencia dos buques gaseros segundo a norma EN-1532 e o ditame de seguridade sobre distancias suficientes ata as poboacións a fin de que non sufran riscos, segundo o articulo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, transposición da Directiva 96/82/CE (Seveso II).
Finalmente infórmaselles que a Planta de Gas que Reganosa constrúe, polo organismo provincial competente foi cualificada como Molesta, Insalubre, Nociva e Perigosa, pero que non cumpre co RAMINP (Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas) que require un mínimo de dous quilómetros de distancia ata o núcleo de poboación agrupada mais próximo. Por outra banda non existen, nin son posibles as medidas correctoras que poidan evitar os riscos de accidente grave que poden afectar á vida e bens das poboacións próximas. Os escritos finalizan afirmando que o feito de que todo iso estea pendente de contenciosos nos tribunais, non exime á Administración Publica das súas obrigacións para aplicar a leis e tomar medidas antes de que ocorra unha catástrofe que pode provocar miles de victimas.
Dos documentos que se citan, a esta nota acompáñase a páxina 4 das Normas de Capitanía Marítima, como proba documental de que é imposible a saída ao mar en caso de emerxencia, e así mesmo a foto de Google Earth sobre a que se achan sinalizados os fondeadeiros interiores e exteriores existentes.
_________________
Nota.-
Para quen o queira ver, hoxe luns o Diario Dixital www.energiadiario.com publica as respostas a unhas preguntas que me fixeron [Carmelo Teixeiro ], e outras que lle fixeron a Emilio Pérez Touriño sobre o tema de Reganosa. Son unhas preguntas que me fixeron hai unhos quince días.
Enlaces cos documentos que están nos Arquivos Ártabros:
- Anexo 1 Prueba documental Páxina 4 normas de Capitania Maritima.
- Anexo 4 Fondeadeiros na Ría de Ferrol.
- Escrito ao Mº de Interior - 15.06.2007- peticion de cese de Manuel Ameijeiras Vales, Delegado do Goberno en Galiza, con rexistro de entrada.
- Escrito ao Mº de Industria - 15.06.2007- peticion de cese de Francisco Barroso Palomino, Director da Área de Industria e Enerxía da Coruña, con rexistro de entrada.
- Escrito á Xunta de Galicia - 15.06.2007- peticion de cese de Amable Dopico Freire, Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, con rexistro de entrada.
- Escrito recollida de asinaturas para a petición de Cese Amable Dopico Freire.
- Escrito recollida de asinaturas para a petición de Cese Francisco Barroso Palomino.
- Escrito recollida de asinaturas para a petición de Cese Manuel Ameijeiras Vale.
______________________
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Carlos Lareo escrebe a un coñecido Xuíz": Ferrol en perigo pola planta de gas de REGANOSA
20070618
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de Junho de 2007 02:17
Asunto: Ferrol en perigro pola planta de gas de Reganosa
Ola, que saibades que enviei o correo que se achega ao Xuíz Baltasar Garzón, para pedirlle a súa axuda no tema de Reganosa. Creo que hai que buscar por todas as esquinas a quen poida axudarnos a desfacer este agravio, e creo que só a Xustiza -se existe- pódeo lograr.
Creo que é unha situacion desesperada e toda axuda é pouca.
Xa vos contarei o que me conteste. :-)
Saúdos
Carlos Lareo
----- Mensaxe reenviado ----
De: calareo
Para: Baltasar Garzon
Enviado: luns, 18 de xuño, 2007 1:59:16
Asunto: Ferrol en perigo pola planta de gas de Reganosa
¡¡INTERESES ECONÓMICOS E POLITICOS PON EN PERIGO A VIDA DE MAIS DE 100.000 PERSOAS EN FERROL!!.
Estimado Sr. Xuíz Garzón, o meu nome é Carlos A. Lareo e traballo como Enfermeiro no 061 de Galicia onde participo como Comisionado de Catástrofes do 061 para Ferrol.
Escríbolle porque venño denunciando os riscos da planta de gas de Reganosa desde hai anos, conxuntamente con outras entidades cidadáns (como o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, que protagonizou estes días xunto as mariscadoras e mariscadores o bloqueo a dous buques gaseiros).
Verá vostede, co apoio de La Voz de Galicia, as corporacións Endesa, Fenosa, Caixa Galicia; a Xunta de Galicia e sobre todo, o promotor de todo isto: o grupo industrial de D. Roberto Tojeiro; instalouse dentro do núcleo de Mugardos e a escasa distancia de Ferrol, unha planta de gas con 300.000 m3 de gas natural licuado, vulnerando as leis españolas e comunitarias que lle especifico mais abaixo.
Unha "planta de gas" - regasificadora- dentro de a Ría de Ferrol podería destruír en caso de accidente -ou atentado- toda a pobación de Mugardos, Ferrol, Naron, Fene, Neda, Ares, mais de 100.000 persoas que están en perigo!!
A razón pola cal estas industrias teñen que estar afastadas de núcleos poboacionais é porque sempre existe risco de fallos. É máis, sempre termina habéndoos. Os accidentes tardarán máis ou menos, pero virán.
En caso de fuga o gas seguiría o seguinte proceso:
- sairía á atmosfera unha nube tóxica, moi fría, que se derramaría por toda a bahía como unha "néboa" matinal baixa.
- estenderíase a nivel de chan, durante tanto tempo e espazo como dure a fuga. Mentres, iría asfixiando a todo ser vivo...
- paulatinamente a nube de gas iríase quentando e diluíndo no aire, sendo arrastrada polo vento (o cal sopra xeralmente cara a Ferrol)...
- cando o gas alcance unha dilución aproximada no aire do 10%, xa non sería só tóxico, senón que ademais converteríase en explosivo... e ao topar con calquera foco de ignición produciríase a gran explosión.
É que se volveron tolos? Non, simplemente van ao negocio, coa complicidade dos dirixentes políticos, atados por razóns inconfesables.
Os profesionais de emerxencias e urxencias da área de Ferrol (persoal sanitario do 061 e da sala de urxencias e UCI do hospital A. Marcide, o corpo de bombeiros de Ferrol e o corpo de Protección civil), asinaron practicamente ao completo, un manifesto expresando o seu convencemento de que unha planta de gas non pode situarse nas inmediacións de núcleos habitados por constituír un risco innecesario de catástrofe contra a que non caben plans de evacuación ou confinamento da poboación, dado o seu total poder devastador. E así o expresamos publicamente en rolda de prensa o 8 de marzo de 2006.
MANIFESTO DOS PROFESIONAIS DE EMERXENCIAS E URXENCIAS DO ÁREA DE FERROL
"Os mais abaixo asinantes, ao ditado do sentido común, queremos expresar o noso convencemento persoal de que unha planta de gas, NON PODE SITUARSE nas proximidades de núcleos habitados, como é o caso de Reganosa fronte a Ferrol.
Estase xerando así, polo tanto, un RISCO INNECESARIO DE CATÁSTROFE, contra a cal non caben plans de evacuación ou confinamento para a poboación, dado a súa elevadísimo e terminante poder destrutor. "
Seguen 110 firmas (061, Bombeiros, Protección Civil e Servizos de Urxencias/UCI)
Pedímoslle Sr. Garzón que contraste a información que lle mandamos e que nos axude por favor.
Se desexa mais información podémoslla facer chegar ou tamén pódea achala en:
http://cociudem.wordpress.com/
http://www.f-cape.org/
http://www.regadeles.info
Tamén pode ir á paxina de Reganosa...... >> http://www.reganosa.com/
Verá que non mostran as casas, nin os pobos próximos nas súas fotos.
Esconden e silencian todo o que vulneran, e levan anos silenciando as denuncias que levamos facendo, con muros de silencio que por fin caeron co bloqueo dos marisacadores ao primeiro gaseiro que chegou o pasado mes de maio.
Incumprimentos legais e técnicos do proxecto.
O proxecto desta planta incumpre os seguintes regulamentos e directivas europeas e
R.D. españois:
1-R.D. 9 / 2.000 (Directiva 97/11/EC) sobre Avaliación de Impacto Ambiental. Non se realizou.
Hai dúas sentenzas favorables aos veciños do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pero foron recorridas ao Supremo por Reganosa. Mentres, seguen coas obras e coa súa politica de feitos consumados e o amparo desde a Xunta. Por iso protestan os mariscadores, pois se van a quedar sen emprego por mor das enormes verteduras de auga moi fria con cloro e bisulfito que realizarán para regasificar e quentar o gas licuado.
2-R.D.1254 / 1999 (Directiva 96/82/EC ? Lei Seveso II). Non se seguiu en canto á "política de asignación do chan". A poboación non foi informada dos riscos. Non se conoce unha Avaliación Cuantitativa de Riscos. Non se pediu o parecer á poboación. Existe un complexo petroleiro denominado Forestal do Atlantico xusto á beira de Reganosa que almacena uns 300.000 m3 de combustibles máis outros produtos químicos o cal propicia o efecto dominou en canto a accidentabilidade que a lei SEVESO II especifica claramente que non se poden situar en proximidade pois ambas son susceptibles de xerar accidentes maiores.
3-Decreto 2414/ 1961. (RAMINP - Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas). Este regulamento esixe unha distancia mínima de separación de 2.000 m entre a planta e a poboación agrupada máis próxima. Neste caso a planta está apenas a 100 m do lugar do Penedo e de aproximadamente 800 m do núcleo central de Mugardos (6.000 habitantes), e de Ferrol a 1.900 mts.
4-Norma UNE 1532. Sobre o Interfaz buque gaseiro- terminal de descarga. Non se cumpre a condición de saída a mar aberto do buque gaseiro en caso de emerxencia e en calquera condición de tempo atmosférico. O gaseiro quedaría atrapado no interior da Ría de Ferrol, pondo en serio perigo a máis de 100.000 persoas.
5-Norma UNE - EN 1473. Non se deixou unha zona de exclusión térmica ao redor da planta, para a seguridade das persoas e propiedades de particulares en caso de accidente grave.
6-R.D. 145 / 1989. Regulamento sobre portos con mercancías perigosas. Non se deixou distancias a núcleos de poboación agrupada.
7-Norma NFPA 59 A . Non se deixou zona de exclusión térmica.
8-Lei 8/1975. Impide situar unha instalación deste tipo a menos dunha milla de distancia á base naval de Ferrol. (zona de seguridade militar).
9-Lei 16/2002 (Directiva Europea 96/61/CE) de Prevención e control integrados da contaminación.
Achégolle a carta do ex-ministro de Fomento Alvarez Cascos dicindo que a planta tense que facer no porto exterior de Ferrol por mor dos riscos que supón para a pobación e tamén pola navegación de buques, que é xusto o que nós vimos denunciando.
Con todo, a conivencia do goberno do sr. Fraga co industrialTojeiro lévoulle ao anterior presidente da Xunta a autorizar que se contruíra no interior da Ría. O actual presidente Touriño tampouco fai nada por deter esta tolemia a pesar de que foi amplamente avisado dos riscos e incumprimentos de Reganosa.
Rógolle que se ten tempo e interese vexa o seguinte documental (en cinco anacos que suman media hora) que nos fixo o programa de TVE Linea 900:
1 http://youtube.com/watch?v=TLlNshFsWVc
2 http://youtube.com/watch?v=VsW-uS-YToY
3 http://youtube.com/watch?v=0sMm0ZRML9A
4 http://youtube.com/watch?v=w6vw1XHTOmA
5 http://youtube.com/watch?v=ldoEAMsQHxw
No documental explícase e vese claramente que este despropósito non se pode situar entre as casas tal e como se fixo, nin os buques gaseiros deben entrar á pequena Ría de Ferrol de onde non poden saír mais que con marea alta caso de ter un contratempo. Isto vulnera a lei!.
Un buque gaseiro equivale a varias bombas atómicas polo seu poder calorífico e non debe navegar a 500 mts das poboacións de Ferrol ou Mugardos, xunto ao arsenal militar ou as fragatas F-100 da armada. Sobre todo porque se expropiou o porto exterior para construír nel unha planta de gas!!! (ver documento adxunto de Fomento polo sr. Alvarez Cascos). Fíxose o porto exterior co fin de derivar cara ao exterior da Ría o tráfico dos buques perigosos, e métennos a planta á beira das casas (ver fotos adxuntas)!!
Por favor, lea os fundamentos que lle achego sobre os incumprimentos de Reganosa.
Estanse vulnerando todas as leis e a administración estaos amparando, mentres reprime aos mariscadores e mariscadoras que só reclaman o seu dereito ao traballo, o cal van perder cando a planta comece a funcionar por mor das verteduras diarias de 600 millóns de litros de auga clorada e moi fría á Ría.
Pero o peor non é iso, senón o risco para as persoas, un risco que é suceptible de xerar un segundo Chernovyl ou Bhopal!!!
Necesitamos a súa axuda, como xuíz libre que vostede é!!!
Aquí pode oirme nunha entrevista para unha radio asturiana:
http://youtube.com/watch?v=8rOUVN5K5VE
Grazas polo seu traballo Sr. Garzón.
Reciba un cordial saúdo.
Carlos Lareo
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
SOS CAUREL: Emerxencia no territorio de maior biodiversidade da Galiza
20070617
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de Junho de 2007 01:32
Asunto: Video e noticias da campaña de "O Courel"
SOS Caurel
Últimas noticias !!!
1ª) - Regaláronnos un vídeo para a Campaña, con imaxes do Courel e música de “Luar na Lubre”.
Video Courel “Luar na Lubre”:
http://www.youtube.com/watch?v=7EienpYjX6o
2ª) – Aprazamos a entrega das sinaturas ao Presidente da Xunta de Galicia ata o 21 de XULLO, un mes máis. Xa temos preto de 10.000, pero pódese dobrar facilmente esta cifra.
3ª) – Non recibimos ningunha nova dende Administración.
Máis axuda urxente para
O Courel !
DENUNCIA:
Ante o consenso de alomenos os 3 partidos políticos parlamentarios, para arrasar o Espazo Cultural do Courel, o territorio de maior biodiversidade da Galiza, aproveitando o despoboamento intencionado, non temos máis remedio que pedir máis axuda.
A Xunta de Galicia, na mesma liña que o anterior Goberno, vai declarar xa, unha miniatura de Parque Natural no Courel, só a efectos propagandísticos, para disimular a inminente autorización, de catro novas macro canteiras no Lor e Ferreririño, cando no Courel xa hai máis dunha ducia delas.
PROPOSTA E OBXECTIVO:
Por iso nós, a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”, veciñ@s do concello de Folgoso Courel, pedimos axuda urxente para que a Xunta de Galicia declare Parque Natural ao Courel, de inmediato; incluíndo dentro, como mínimo, as cuncas íntegras dos ríos Lor - Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño; e que se libre o territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, eólicos, centrais hidroeléctricas, vertedoiros, ...
A NOSA PROPOSTA DE PARQUE NATURAL:
O territorio que nós esiximos como Parque Natural, supón alomenos un 1/3 da Serra Courelá, do conxunto montañoso que se estende entre os Ancares e a Ribeira Sacra (Sil), e entre as chairas de Monforte e Sarria ata o Bierzo. Os 2/3 restantes seguirán sendo aniquilados, se ninguén o remedia, de forma brutal polas máis de 12 macro canteiras que traballan na zona de Pacios-Vilarbacú e Selmo Leones-Montouto (en parte, antigos territorios do noso Concello).
A PROPOSTA QUE FAI A XUNTA:
A proposta que fai a Xunta de Galicia é de menos de 1/7 do conxunto montañoso Courelá. Deixa fora a cunca enteira do río Ferreiriño (onde se sitúa o Pregue Tumbado do Courel ) e a metade sur da cunca do Lor, para instalar xa, 3 novas canteiras e autorizar a canteira “Campa-Santa Eufemia”, que segue a funcionar a pesar dunha orde de peche do 2002, confirmada polos Tribunais de Xustiza.
A proposta da Xunta de Galicia é un completo timo, deixa fóra lugares tan emblemáticos como Froxán, Vilar, Vilamor, Santa Eufemia, Pregue Tumbado de Campodola, ..... A metade sur da cunca do Lor, chea de canteiras, impactará de forma grave sobre a metade norte. Téñase en conta a disposición totalmente rectilínea do Canón do Lor, o camiño natural e fiestra entre os Ancares e a Ribeira Sacra.
PRETENDEN LEGALIZAR UNHA MACRO-CANTEIRA NUN ESPAZO NATURAL DE GRANDE VALOR ECOLÓXICO E PAISAXÍSTICO.
Esta canteira, “Campa-Santa Eufemia”, que ocupa un Espazo Natural declarado en 1989-1990, no medio da cunca do Lor, vai ser legalizada de xeito inminente en base a unha Declaración de Impacto Ambiental que non contempla, entre outras moitas cousas, a ocupación do río Loruda pola propia explotación. Esta é unha canteira “Imposible”, acurralada polos soutos, aldeas, ríos e a estrada comarcal.
Se nos atemos a legalidade vixente, a canteira, “Campa-Santa Eufemia”, terá que ser clausurada. Se acontecera despois da autorización do Consello da Xunta, terá que ser indemnizada a empresa, con Fondos Públicos, en cifras astronómicas.
ALTERNATIVAS AO EMPREGO QUE XENERAN AS CANTEIRAS.
Polo tanto nos esiximos ás Administracións que se lle dea alternativa de inmediato, sen chantaxes e sen traumas, aos traballadores desta canteira, suxerimos:
A) Que, tal e como pediron algúns sindicatos, se orzamente dende o Goberno do Estado un plan para equiparar aos mineiros da Pedra de Galiza aos do resto da minaría e así poder adiantar a idade de xubilación voluntaria, co fin de evitar algunhas doenzas profesionais. Isto permitiría recolocar aos especialistas da pedra.
B) Para conservar e restaurar o patrimonio natural e cultural do Courel, necesítase crear un mínimo de 150 postos de traballo, aos que se debe destinar un mínimo de 3 millóns de euros anuais, cifra inferior aos Fondos Europeos que nos corresponden pola Rede Natura, por ser zona de Montaña e por ser zona desfavorecida. Como exemplo, O Principado de Asturias investirá no Parque Natural de Somiedo 7,7 millóns de euros no 2007.
Que podes facer ti para axudar ?
Recollida de sinaturas. Imprime nun folio o documento que vai dirixido “Ao Presidente da Xunta de Galicia”, que podes baixar do seguinte enlace da páxina de Adega de Lugo (en Galego, Castellano ou Inglés), asínao, e se podes, recolle sinaturas entre os teus familiares e amigos:
http://www.adega.info
Tamén podes personalizar o texto das sinaturas para unha asociación ou institución (báixao en formato -doc-), substituíndo “... os que abaixo asinamos” polo nome da mesma.
Se vas recoller moitas, podes imprimilo polas dúas caras. Recorda que cada folio debe levar sempre o “texto ” que se adxunta, nunha das caras.
As sinaturas recollidas mándaas por correo, preferiblemente certificado se podes, á “Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo.”
Ou, se tes tempo e te queres implicar máis, entrega o orixinal no Rexistro Público máis cercan, e que che selen unha copia. Se son varias follas teñen que selarche cada unha delas. A copia resgardo selada no rexistro, se fas o favor, mándanola a este enderezo: “Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo.”
A campaña rematará o 21 de XULLO de 2007 coa entrega de sinaturas ao Presidente da Xunta de Galicia, o resultado final farémolo público nos Medios de Comunicación.
Engadimos a continuación os enderezos electrónicos das distintas Administracións, se o tes a ben cópiaos e reenvíalles esta información en tres veces. Si se copian todos xuntos, serán rexeitados polos sistemas informáticos da Xunta.
____________________________
1º Grupo:
Presidente<secre.presidente@xunta.es>;
Vicepresidente<gabinete.vicepresidencia@xunta
C Presidencia<conselleria.presidencia@xunta
Economía<secretaria.gab@xunta.eco.org>;
Ministra Medio Ambiente<oszurdo@mma.es>;
Confederación H<presidente@chn.mma.es>;
Diputación de Lugo<c.pita@diputacionlugo.org,>;
Concello deFolgoso<concello.folgosodocourel
C.Cultura e Deporte< culturaedeporte@xunta.es>;
Traballo< angelina.gutierrez.alvarez
________________________
2º Grupo
Obras Públicas e Urbanismo<gabinete.cptopt@xunta.es>;
Sanidade<gabinete.sanidade@sergas.es>;
C Educación<conselleira@edu.xunta.es>;
Turismo< secretaria.turismo@xunta.es>;
C. Industria<fernando.xabier.blanco.alvarez
Montes< montes.galicia@xunta.es>;
Valedor<valedor@valedordopobo.com, >;
Defensor<registro@defensordelpueblo.es,>;
Parlamento Galicia<gp-pp@parlamentodegalicia.es>;
Socialista < gp-socialista@parlamentodegalic
__________________________
3º Grupo
C Vivenda<rosa.lopez.rendo@xunta.es>;
C. Pesca<carmen.vallejo.pousada@xunta.es>;
C Medio Ambiente<mvazquezf@xunta.es>;
Conservación Natureza<dxcn@xunta.es>;
Calidade Ambiental<secretaria.dx.cal.aval.ma
Presidenta<yolanda.aguiar.castro@parlament
_________________
correo@elprogreso.es, redac@lavoz.es, cronica@diariodepontevedra.com, info@anosaterra.com, noticias@vieiros.com, info@gznación.com, galicia@elcorreogallego.es, redaccion@farodevigo.es, info@galicia-hoxe.com, digital@laopinioncoruna.com, stgredaccion@efe.es, redacción@axencia.com, galicia@europapress.es, autonomias@servimedia.net, redaccion@xornal.es, redaccion@galiciadiario.com, redaccion@arroutadanoticias.com, redaccion@codigocero.com, info@noticiasgalicia.com, nosevendeacoruna@20minutos.es, galicia@abc.es, galicia@elpais.es, informativos.tvg@crtvg.es, xefinfo.radiogalega@crtvg.es, sociedad9_ssii.tve@rtve.es, edirecto@rtve.es, redaccion.c.tve@rtve.es, informativos.santiago@cadenacope.net, redaccion@cadenaser.com, Gaceta@recoletos.es, apenam@unionradio.es, lacoruna@ondacero.es, voces@radiovoz.com, informativosgalicia@antena3tv.es, mvelo@atlas-news.com, telelugo@elprogreso.es,
Unha aperta
O Courel, 14 de xuño de 2007
Asociación SOS Courel.
Defender O caurel !
Defender o Patrimonio de Tod@s !
Contacta con nós en:
soscourel@mundo-r.com
Se queres máis información con fotos, texto e enlaces mira esta páxina:
http://www.ecotono.net/
_______________________
QUEN DISPOÑA DE MÁIS TEMPO OU QUERA IMPLICARSE MÁIS, NOS ARQUIVOS ÁRTABROS PODE ATOPAR UNHA INFORMACIÓN MÁIS COMPLETA E CON ENLACES DE INTERESE [+info]
______________________
Marcadores: Medio Ambiente, O Caurel
Recibimento festivo ao Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, despois de saír do cárcere, en liberdade sen fianza
20070616
De: CCE -comitecidadan@iespana.es-Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de Junho de 2007 00:33
Asunto: Recibimento festivo ao Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, despois de saír do cárcere, en liberdade sen fianza

Recibimento festivo o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, despois de sair do carcere, en liberdade sen fianza.
“Sigo estando en contra da planta de gas onde esta situada”, foron as palabras mais aplaudidas e interrompidas a Bernardo Bastida, a metade do seu discurso duns 5 minutos e medio, por unhas seiscentas persoas, a maior parte mariscadores, que xunto con veciños da Ría de Ferrol, foran convocados pola Confradía de Pescadores de Ferrol e o Comité Cidadán de Urxencia para a Ría de Ferrol, abarrotando a Lonxa existente no peirao comercial de Ferrol.
Ás 17:20 da tarde deste venres 15 de xuño, Bernardo Bastida, Patrón Maior da Confradía de Pescadores de Ferrol era recibido de forma festiva, ata con foguetes, para celebrar a súa liberdade sen fianza tras pasar no cárcere de Teixeiro quince días desde o 30 de maio, en prisión provisional imputado dun inexistente delito de desobediencia á autoridade, sen que se tivese en conta que se trata dun conflito social, que se está agudizando por mor da lentitude da xustiza e os trámites administrativos irregulares a Reganosa, cuxa Planta de Gas desde o 9 de maio é unha ameaza para a vida humana e para a riqueza marisqueira, polas probas que iniciou por mor da entrada ilegal de dous buques metaneros que descargaron 250.000 m3 de gas natural licuado.
A Xuíza do Xulgado nº 6, en realidade dera de prazo ata o luns ás 15:00 ao avogado de Reganosa para que presentase por escrito as súas alegacións, despois de que o xoves 14 de xuño o Fiscal presentase un informe no que se adhería ao recurso de reforma presentado polo avogado Victor López Casal que defendeu a Bernardo Bastida desde o día 29 en que foi detido no peirao de Ferrol tras desembarcar dunha lancha cando regresaba da operación de bloqueo do metanero Mourad Didouche cargado de 110.000 m3 de GNL para Reganosa.
Toda a mañá deste venres existiu a preocupación de que o avogado de Reganosa esgotase o prazo que a Xuíz lle habia dado ata o luns ás 15:00, co cal Bernardo Bastida non podería saír hoxe do cárcere de Teixeiro e o recibindo habería que atrasalo ata o luns.
A noticia positiva coñeceuse hoxe venres cara ás 14,30 horas, cando se coñeceu que a Xuíz do Xulgado nº 6 habia asinado o auto de liberdade sen fianza para o Patrón Maior da Confraría de Ferrol e que xa o había comunicado por fax ao Cárcere de Teixeiro, despois de que o avogado de Reganosa, cara ás 14 horas, presentase un escrito adheríndose ao informe do Fiscal.
As primeiras palabras de Bastida na Lonxa de Ferrol foron para constatar que a solidariedade recibida doutros compañeiros do cárcere e así mesmo un trato exquisito e excelente, que entende foi polo apoio que recibiu do pobo de Ferrol e dos traballadores do mar, da Ría de Ferrol e doutras de Galicia. Especialmente deu as grazas á persoa que lle substituíu estes días como portavoz da Confraría. Bastida cre que estivo secuestrado porque non había ningún motivo para terlle no cárcere, pois non cometeu ningún delito de desobediencia nin de desacato á autoridade, dos que lle acusan.
Así mesmo que antes da entrada do primeiro gasero, é dicir, antes do 9 de maio, desde a Confraría enviáronse faxes ao Presidente da Xunta e ao Delegado do Goberno para dialogar e non se lles fixo caso. Así mesmo Bastida reclamou “os mesmos dereitos que teñen outros sectores para resolver as súas reivindicacións”, con negociacións e conflitos, polo que denuncia que desde a Administración queren converterlles aos traballadores do mar no único sector sen dereito a reivindicar como o fan os sindicados para outros sectores.
Por iso Bastida recordou que “todos sabemos que os traballadores neste país mais tarde ou mais cedo ven obrigados a mobilizarse”, engadindo que non vai negociar con quen lle esta denunciando, en referencia á Autoridade Portuaria, a Reganosa, ou a quen sexa, e que esa é a primeira reivindicación que porán encima da mesa. Finalizando con estas palabras “estamos como sempre abertos ao diálogo e á negociación, sen condicións, nin pola nosa banda nin pola deles, nada mais e moitas grazas”.
15 de xuño de 2007.
Carmelo Teixeiro
Coordinador del Comité Ciudadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
O noso Blog: http://comitecidadan.org
O noso correo-e: comitecidadan@iespana.es___________________
A noticia nas edicións dixitais dos medios convencionais:
Diario de Ferrol
Bernardo Bastida: "Sinceiramente, creo que estiven secuestrado"
Entre aplausos, abrazos, bombas de palenque e berros de benvida regresaba, pasadas as cinco da tarde de onte, Bernardo Bastida á lonxa de Ferrol. Alí agardábanno máis de 200 persoas, na súa maior parte mariscador@s, mais tamén membros do Comité Cidadá de Emerxencia e outros colectivos sociais que se manifestaron en contra da localización da planta de gas de Reganosa.
ROCÍO PITA PARADA > FERROL [+ info]
__________________________
Mabel Rivera e Enrique Banet, produciron e realizaron o documentario "O Salario do Silencio" que desde xa, pasará ser un documento imprescindíbel da Historia de Galiza e en particular de Ferrol. [Trailer]
__________
GALERÍAS FOTOGRÁFICAS DA MARCHA A TEIXEIRO
Teixeiro -1- : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: artabra21@gmail.com
ETeixeiro -2- : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: Alberto Saavedra -asaf@telefonica.net-
Asociación Veciñal Ferrol-Vello
Pontedeume : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21 "A marcha pola defensa da Ría de Ferrol e pola liberdade de Bernardo Bastida, 8 de Maio de 2007"
Autor: artabra21@gmail.com
___
Marcadores: Bastida, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Recebimento de Bernardo Bastida na lonxa do porto ferrolán [15.06.2007].
20070615
O Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, Bernardo Bastida, saíu da prisión de Teixeiro hoxe pola tarde. Na Lonxa do porto de Ferrol, sobre as cinco da tarde, o agardaban moitos mariscadores e mariscadoras, así como representantes do Comité Cidadán de Emerxencia e doutras entidades, nun acto emotivo. Esta tarde manifestou a vontade de porse a traballar para abordar o conflito pola entrada de buques gaseiros na Ría, pola ilegal e inadecuada localización da regasificadora da empresa REGANOSA, mais tendo en conta a súa especial situación. Polo que pediu á REGANOSA e á Autoridade Portuaria de Ferrol que retiren as denuncias interpostas contra membros da Cofradía, polo bloqueo dos buques Galicia Spirit e o Mourad Didouche, así como pola ocupación do edificio da Autoridade Portuaria. Manifestou o seu rexeitamento a actual localización da Planta de Gas, palabras que foron respostadas con aplausos das persoas que o escoitaban, e este agradeceu as mostras de apoio e solidariedade que recibeu durante os 17 días de prisión.O autor da foto de arriba a esquerda é Kiko Delgado
____________________________________

Teixeiro -1- : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: artabra21@gmail.com
ETeixeiro -2- : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: Alberto Saavedra -asaf@telefonica.net-
Asociación Veciñal Ferrol-Vello
Pontedeume : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21 "A marcha pola defensa da Ría de Ferrol e pola liberdade de Bernardo Bastida, 8 de Maio de 2007"
Autor: artabra21@gmail.com________
Marcadores: Bastida, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
O xulgado de Instrución nº 6 de Ferrol, dicta un auto de liberdade para Bernardo Bastida, patrón Maior da Cofradía de Pescadores [15.06.2007]
Como se agardaba, pois o fiscal adheriase, onte, ao escrito de alegacións do avogado defensor, onde se pedía a liberdade incondicional, o Xulgado de Instrución nº6 de Ferrol, dictou hoxe, Auto de Liberdade para Bernardo Bastida que se atopaba en prisión desde o pasado 29 de maio.Polo que só falta o trámite de que chegue o Auto por fax ao cárcere de Teixeiro, desde o xulgado, e sexa posto en liberdade o Pratrón Maior do pósito ferrolán.
A Cofradía de Pescadores de Ferrol e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol teñen convocada para hoxe, venres, 15 de xuño, ás 5 da tarde unha Asemblea Informativa nos locais da Lonxa do Porto de Ferrol, aberta a toda a cidadanía. Polo que se agarda que se lle faga un recebimento nese local no transcurso da Asemblea .
Agardamos, mais información do Comité Cidadán de Emerxencia, polo que continuaremos informando.
______________
Marcadores: Bastida, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Esquerda Unida-IU ven de presentar unha batería de preguntas no Congreso dos Diputados acerca dun conxunto de subvencións concedidas ao grupo Tojeiro
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de Junho de 2007 11:50
Asunto:b Esquerda Unida-IU ven de presentar unha batería de preguntas no Congreso dos Diputados acerca du n conxunto de subvencións concedidas ao grupo Tojeiro
Esquerda Unida-IU ven de presentar unha batería de preguntas no Congreso dos Diputados acerca dun conxunto de subvencións concedidas ao grupo Tojeiro
O goberno Aznar concedeulle ao Grupo Tojeiro subvencións por un importe de máis de 11.500 millóns das antigas pesetas, ao redor de 70 millóns de euros; subvencións que se ligaban a uns compomisos de investimento empresarial duns 44.000 millóns de pesetas e de 331 postos de traballo.
A nosa organización presentou unha batería de preguntas para indagar o grao de cumprimento dos compromisos adquiridos. A continuación segue o texto das preguntas presentadas no rexistro do Congreso dos Diputados
Á MESA DO CONGRESO DOS DEPUTADOS
No marco dos incentivos rexionais aprobados para a área funcional de Ferrol entre 1995 ? 1998, o Grupo Tojeiro (promotor da planta de gas e da súa actual localización dentro da ría de Ferrol ) viu concedidos sete expedientes, correspondentes a un investimento total de 44.450 millóns das entón pesetas, e obtendo unha subvención polo importe de 11.557 millóns; subvención que viña ligada á creación de 331 postos de traballo.
A resolución de 10 de setembro de 1997 da Secretaría de Estado de orzamentos e gastos fai público o acordo da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos pola que se resolven os expedientes de solicitude de incentivos rexionais previstos na lei 50/ 1985, e reflexa , pois, os expedientes concedidos ao Grupo Tojeiro :
código-exped./empresa/localización/Investimento(en de millóns-ptas.)/Subvención(en millóns-ptas)/emprego
C/447/P05 Sociedade 1 As Pontes -- 15.295 ---- 3.976 -- 50
C/448/P05 Sociedade 2 As Pontes ---- 6.892 ---- 1.791 -- 50
C/449/P05 Sociedade 3 As Pontes ---- 6.118 ---- 1.590 -- 50
C/450/P05 Sociedade 4 As Pontes ---- 4.370 ---- 1.136 -- 50
C/451/P05 Sociedade 5 As Pontes ---- 3.596 ------- 934 -- 50
C/452/P05 Sociedade 6 As Pontes ---- 1.624 ------- 422 -- 31
C/453/P05 Sociedade 7 As Pontes ---- 6.555 ---- 1.704 -- 50
Polo exposto,
Ao amparo do establecido no Regulamento da Cámara preséntanse as seguintes preguntas dirixidas ao Goberno, para as que se solicita resposta escrita:
- Coñece o Goberno do cumprimento dos compromisos aos que estaban vinculadas as subvencións concedidas ao Grupo Tojeiro?
- Que documentos obran en poder da administración que certifican que foron cumpridos polo Grupo empresarial Tojeiro os compromisos que diron lugar á subvención referida?
- Que medidas vai adoptar o Goberno de constatarse que non foron satisfeitos os obxectivos de emprego recollidos na petición das subvencións?
Marcadores: EU-IU, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Necesidade de someter o proxecto urbanístico para Menáncaro ao trámite de avaliación de impacto ambiental, di a Xunta de Galicia

A Comunidade Menáncaro, recibeu onte un escrito da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, onde se lles comunica, en resposta a varios escritos remitidos entre os meses de febreiro e maio deste ano, que o Concello non pode realizar nengunha actuación con respecto ao proxecto urbanizador dentro da Fraga de Menáncaro sen previamente someter o Plano de Sectorización ao trámite de avalición de impacto ambiental. Ao tempo que notifica que de non ser así , o Concello estaría a cometer unha infracción moi grave, segundo o disposto no RD Lexislativo 1303/1986 na úa actual redacción.
A mesma Dirección Xeral, fai referencia ao Informe desfavorábel ao Plano de Sectorización, emitido o 16 de Outubo do pasado ano, en pleno vigor, ao que o Concello ten que respostar, en todos os seus pontos, antes de calquer actuación.

_________
Comunidade Menáncaro
menancaro@gmail.com
http://menancaro.blogspot.com
_____________________
Marcadores: Fraga de Menáncaro
Agardase a posta en liberdade de Bernardo Bastida, Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, para este venres, 15 de xuño
De: CCE -comitecidadan@iespana.es- Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de Junho de 2007 23:02
Asunto: Agardase a posta en liberdade de Bernardo Bastida, Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, para este venres, 15 de xuño
Hoxe antes das 14:00 horas era noticia que o Fiscal presentou un informe no que se adhire ao recurso de reforma presentado polo avogado defensor de Bernardo Bastida solicitando súa liberdade sen fianza. A Xuíz do Xulgado nº 6 deu de prazo ata as 15:00 horas do venres ao avogado de Reganosa para presentar alegacións.
Por iso existe a posibilidade de que, a máis tardar, ás 15:00 do venres a Xuíz do Xulgado nº6 acorde a liberdade sen fianza para Bernardo Bastida, e o comuníque por fax ao cárcere de Teixeiro, desde onde a viaxe a Ferrol en coche realízase nunha hora.
Para as cinco da tarde deste venres 15 de xuño, a Confraría de Pescadores de Ferrol e o Comité Cidadán convocaron un acto informativo no recinto da Lonxa existente no peirao comercial Fernández Ladreda, á espera de que nesa mesma tarde se poida dar un bo recibimento a Bernardo Bastida.
____________________________
Marcadores: Bastida, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Interesante curso sobre "Ferramentas de comunicación audiovisual para a participación", para dotar ao movimento social de técnicas para a comunicación
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de Junho de 2007 00:22
Asunto: Curso de Vídeo organizado pola ONG ACSUR - Las Segovias e a Asociación Cultural Fuco Buxán.
Curso de Vídeo organizado pola ONG ACSUR - Las Segovias e a Asociación Cultural Fuco Buxán.
Curso: Ferramentas de comunicación audiovisual para a participación.
Obxectivos: O obxectivo do curso é ofrecer a personas, pertencentes a organizacións sociais, as ferramentas básicas en comunicación alternativa e teoría e técnica audiovisual para a realización de documentais.
Contidos:
- Teóricos: Visionado e debate de diversos documentais sociais. Noticiero Intercultural. Visionado do NIC e das secuencias de ACSUR -Las Segovias. Que é o NIC? Por que o NIB? (Tedes máis información sobre o Noticieiro na web www.acsur.org).
Comunicación e sociedade. Medios convencionais de comunicación e medios alternativos: cara a comunicación participativa. Introducción ao Documental Social. Elementos e etapas deste xénero audiovisual.
Como manexala tecnología. A cámara (audio e vídeo) e a montaxe.
Linguaxe e narrativa audiovisual.
- Prácticos: Elaboración de guión. Plan de rodaxe. Rodaxe.
Guión de edición. Guión de Montaxe (este curso no inclúe formación en montaxe de video)
Duración: 40 horas repartidas en 7 días. Sábado 30 de xuño e domingo 1 de xullo (xornada completa, de 10 a 19h), con descanso para comer.
Desde o luns 2 ao venres 6 de xullo, en sesión de tarde (a partir das 17 até a 21h). O horario pode sufrir algunha lixeira variación.
Plazas: Máximo 15 personas. Suscripción por orde de chegada.
Tanto ACSUR como Fuco Buxán faranse cargo da maior parte do custe económico. Queda unha cuota por persoa de 70 euros, onde recomendamos que cada entidade se faga cargo da mesma, e para que non repercuta nos socios/as participantes.
O curso está aberto a todas aquelas entidades que conforman o Comité Cidadán e os diversos grupos amigos.
Tema: Sostibilidade medioambiental
Impartido por 2 monitores da ONG ACSUR-Las Segovias
Para reservar praza dirixir un correo electrónico o máis pronto posible, a fucobuxan@yahoo.es, ou ben confirmádeo a través do móbil 627.29.22.36 (Manuel Cendán), ou a través de calquera directivo de Fuco Buxán.
____
Asociación Cultural Fuco Buxán. Apartado de Correos, 240.
Telf.: 981.325.492. Ferrol 15400. Galicia. España.
fucobuxan@yahoo.es
fucobuxan@fucobuxan.com
www.fucobuxan.com
_____________________
Marcadores: Actos Externos, Fuco Buxan A. C., Medio Ambiente
Festival Solidario coas poboacións que padeceron as inundacións o pasado mes de maio en Uruguai: domingo, 17 de xuño
20070614
FESTIVAL SOLIDARIO COAS POBOACIÓNS QUE PADECERON AS INUNDACIÓNS O PASADO MES DE MAIO EN URUGUAI
Este domingo 17 de xuño, desde as 4 da tarde, na Asociación Veciñal de Santa Mariña - Ferrol, organizado pola Asociación Cultural E.P. Uruguay - Galicia.Coa popular charanga "Araca la Cana" que dirixirá: Taller de Murga, Ritmo de Murga, Maquillaxe, Vestiario e Coro.
Haberá servizo de Bar: Tapas típicas de Uruguai e bebidas.
Entrada Solidaria: 2 €
Conta coa colaboración de: CCOO, CIG, Concello de Neda, Caritas de Ferrol e do Colectivo Sociocultural "A Revolta" de Trasancos.
Telefono de contacto: 619 085 350
O obxectivo do festival é o de recadar fundos destinados aos damnificad@s polas inundacións sufridas o pasado mes de maio en Uruguai, as peores inundaciones registradas en Uruguai en 50 años. Ao menos 11.500 persoas tiveron que ser evacuadas dos seus fogares. Os principais problemas rexistráronse en Durazno, Mercés, e Trinta e Tres. Precisamente, na capital do departamento de Durazno tivo que ser evacuado o dez por cento da poboación -que apenas supera os 30 mil habitantes- debido á crecida do río Yí, cuxo canle atopábase trece metros por encima da súa altura normal. Fontes da Asociación e a Federación Rural destacaron que as perdas na gandería, pola morte de gando vacún e ovino, e na agricultura, especialmente nos cultivos de soia, "serán millonarias"
ENLACES RELACIONADOS DE INTERESE:Reportaxen completa:
Reportaxe especial de Quebec Noticias sobre as inundacións en Uruguai e os seus efectos.
Wiki noticias:
Graves inundacións en Uruguai.
Uruguai:
país atlántico e ribeireño.
______________________
Marcadores: Actos Externos, Uruguai
Vertidos de sopa química que sae de REGANOSA; situación de Bernardo Bastida; contenciosos; próximo gaseiro; Entrevista en TVG e SER; ...
De: Carmelo Teixeiro-carmeloteixeiro@iespana.es-
-comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de Junho de 2007 21:38
Asunto: Entrevista en TVG; fotos dos vertidos de sopa química que saen de Reganosa; xuntanza do CCE e situación da liberdade para Bernardo Bastida, pendente da decisión do Xulgado nº 6 de ferrol
Entrevista en TVG; fotos dos vertidos de sopa química que saen de Reganosa; xuntanza do CCE e situación da liberdade para Bernardo Bastida, pendente da decisión do Xulgado nº 6 de ferrol
ENTREVISTA NA TVG: AO COORDENADOR DO COMITÉ CIDADÁN
"Na páxina Web da TVG (en Television á carta) ou na do Comité Ciudadán http://comitecidadan.org , pode verse a entrevista realizada na maña do mércores 13 de xuño de 2007, en directo, no informativo matinal de TVG titulado BOS Días, cunha duracción de dez minutos.
Entrevista na TVG
Notas aclaratorias da entrevista.-
Carmelo Teixeiro prefireu non perder tempo en correxir o nome que se lle asignou de Presidente do Comité Cidadán de Emerxencia, o cal non e corectro, xa que é o de Coordinador.
Tamén sinalara que as cifras que menciona de auga do mar que Reganosa pretende usar, "300.000 toneladas e 600.000 toneladas", son cifras redondeadas por día. A primeira cifra corresponde a capacidade de Regasificación de 322.500 m3/hora que consta na autorizacion a Reganosa para a que precisaría duns 43 barcos ao ano, un cada 9 días. A segunda cifra correspondería a ampliación que pretende de 800.000 m3/hora para o que precisaría susministro dunhos 105 metaneiros ao ano, un cada tres días de 140.000 m3,.
Admais de respostar claramente a situación de Bernardo Bastida nese momento, nesa entevista Carmelo Teixeiro tratou de aportar un contido claro de que REGANOSA non e estratéxica, e tamén de que a súa Planta de Gas aínda non está feita, para saír ao paso de persoeiros que están equivocados uns e outros queren enganar á poboación e tamén enganarse a si mesmos. Ademais nesa entrevista trata de aportar as claves de como pode e debe ser resolto, a favor da poboación e dos intereses de Galicia, o conflicto social que REGANOSA ven formulando desde hai case dez anos.
SOPA QUÍMICA: VERTEDURAS DE REGANOSA
As fotos que se achegan son dos vertidos de REGANOSA nunha das súas probas cando estaba descargando o metaneiro Mourad Didouche. Na escolleira e próximo a costa está a descarga dos vertidos, un tubo de dos metros de diametro, de onde sae a "sopa química de auga de mar esterilizada con restos de cloro e bisulfito". Nesas probas debe saír unha cantidade menor da que corresponde a vaporización nominal, é dicir, como son probas ese vertido pode estar moi por debaixo dos 11.000 m3/hora correspondentes aos 322.500 m3/hora de gas natural regasificado que constan na autorización de REGANOSA como capacidade nominal.


CONTENCIOSOS CONTRA REGANOSA
Na súa reunión semanal deste martes pasado, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol deu un repaso aos últimos contenciosos administrativos en trámite, un contra o proxecto de verteduras de Reganosa aprobado por Augas de Galicia, organismo autonómico dependente da Consellería de Medioambiene e sobre o cal estes días estanse tomando fotos da "sopa química" con costra de espuma que sae da descarga de verteduras no dique oeste dos peiraos de Reganosa, e que non é continua xa que se supón prodúcense nas horas nas que realizan probas de regasificación con vaporizadores tipo ORV que teñen capacidade para usar 11.000 toneladas por hora de auga do mar que sae esterilizada, con restos de cloro e de bisulfito sódico. Se esta pendente de tomar mostras para analizar eses verteduras.
RECURSO DE ALZADA: CONTRA A AUTORIZACIÓN EN PROBAS
Así mesmo informouse do recurso de Alzada que estes días presentouse en Madrid ante o Ministerio de Industria contra o acta de 4 de maio asinada por Francisco Barroso Palomino, Director da área de Industria e Enerxía da Coruña, pola que autorizou a irregular posta en servizo parcial por tres meses de Reganosa sen que teña resoltos os condicionados de distancias á poboación e de saída de emerxencia de buques gaseiros aos que está suxeita a súa autorización de construción, coa ameaza que iso supón para a vida da poboación da Ría.
AVALIACIÓN: MARCHA A TEIXEIRO
Tamén se analizou e valorou como moi positiva a repercusión que en todos os medios tivo a marcha a pé que organizado pola Confraría de Pescadores de Ferrol, foi realizada ata o cárcere Provincial de Teixeiro, desde os días 8, 9 e 10 de xuño, reclamando a liberdade para Bastida e na que se estima unhas mil persoas participaron nos últimos quilómetros do percorrido e na concentración na praza-aparcadoiro do penal.
ENTREVISTA RADIOFÓNICA NA SER: A PATRICIA GABEIRAS
Igualmente valorouse moi positiva a entrevista na radio SER realizada o luns por Gema Nierga a Patricia Gabeiras, cara ás seis da tarde no faladoiro na que se atopaban Santiago Carrillo e Herrero de Miñon, na que ao longo duns 12 minutos falaron do conflito social que supón Reganosa coa súa pretensión dunha Planta de Gas dentro da angosta Ría de Ferrol, no que Miguel Herrero de Miñon pediu facilitáseselle mais información xa que desexaba escribir sobre iso, considerando que a defensa do medioambiente é algo esencial a defender, afirmando que a ameaza de Reganosa é máis fácil de evitar, que os problemas que a nivel mundial están expostos co cambio climático. Finalmente nesta entrevista na Radio SER, Patricia Gabeiras informou da prisión incondicional sen fianza na que desde o 30 de maio atópase Bernardo Bastida, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, coa acusación de desobediencia á autoridade. Herrero de Miñón manifestou que lle parecía unha barbaridade xa que por desobediencia á autoridade habería que meter no cárcere á metade da poboación española.
SITUACIÓN XUDICIAL DE BERNARDO BASTIDA
En canto á situación de Bernardo Bastida o Comité Cidadán deuse por informado de que a Xuíz do Xulgado nº 6 ten que tomar unha decisión este mércores ou xoves sobre o chamado “recurso de reforma e subsidiario de apelación” que o noso avogado presentou contra o auto nº 818/2007 de cinco de xuño polo que dita Xuíz ratificou a prisión provisional sen fianza que o día 30 de maio acordara o Xulgado nº 7. A parte de reforma do recurso quere dicir que se lle pide á Xuíz que deixe en liberdade a Bernardo Bastida. Se non o deixa en liberdade automaticamente o recurso convértese en apelación á Audiencia Provincial. Xa que logo estamos todos á espera do que dita Xuíz decida, nas próximas 24 horas, se deixa en liberdade a Bastida ou se opta pola súa continuidade na barbaridade de prisión incondicional.
POSÍBEL ENTRADA DUN NOVO GASEIRO
En relación cun posible terceiro gasero, o CCE deuse por informado das conclusións onte da Asemblea da Confraría de Pescadores de Ferrol, no sentido de que se Bastida continuaba en prisión tratarían de impedir a entrada dese terceiro gaseiro cargado de GNL, así mesmo que se Bastida quedaba en liberdade estes días, que se reunirían de novo en Asemblea para tomar as decisións que lles parezan procedentes.
AVALIACIÓN DA PASADA ASEMBLEA CIDADÁ
En canto á Asemblea Cidadá da semana pasada, o CCE valorou como moi positivas as distintas intervencións e iniciativas, entre elas a posibilidade dunha gran manifestación para este mes de xuño. Así mesmo que para o caso de que un terceiro gaseiro intente entrar na Ría de Ferrol cargado de GNL, o CCE considera que a Asemblea Cidadá xa avaliou tal posibilidade. Finalmente á espera do que estes días resolva a Xuíza do Xulgado nº 6 en relación coa liberdade de Bastida, postgeriormente o CCE continuará sua reunión, para tamén analizar o novo escenario resultante, tendo en conta de que desde a Conselleria de Industria por unha banda, e pola de Pesca por outra, parecen estar a codazos facendo intensos esforzos por minimizar o conflito de Reganosa, coma se fose soamente un problema dos mariscadores.
__________________________
Para contactar co Comité Cidadán de Emerxencia Para a Ría de Ferrol
O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es
A súa web: http://comitecidadan.org/
________________________
Case todas as noticias que se producen con respecto a REGANOSA

Enlace co Blog que oferta un número importante de enlaces con noticias que se produzen con respeito á planta regasificadora de REGANOSA
Actualizado: Xoves, 14 de xuño de 2007, ás 08:30 hrs.
_______________________
Publicado o FUNDAMENTO 4º que invalida técnica e legalmente a localización da planta que está construíndo REGANOSA na Ría de Ferrol
_____________________
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Denuncias veciñais e políticas pola explotación dunhas canteiras nunha zona de protección ambiental en Vilabuide, na parroquia ferrolá de Valón.
20070613
Diario de Ferrol
Ferrol | Mércores, 13 de Xuño de 2007
Denuncian a explotación de canteiras nunha zona de protección ambiental
A explotación dunhas canteiras na zona de Vilabuide, na parroquia ferrolá de Valón, ocasionou críticas veciñais e tamén de agrupacións políticas, que denuncian que se trata dunha zona recollida no Plan Xeral de Ordenación Municipal como de protección ambiental.
Por este motivo, Esquerda Unida-Esquerda Unida denunciou publicamente os danos ambientais que se están ocasionando con esta explotación de canteiras en Valón-Doniños e que se puxeron de manifesto nos últimos días.
Con esta exposición, EU-EU faise eco, ademais, das denuncias veciñais da zona que tamén realizaron o seu pertinente denuncia ante a Policía Local.
O aviso dos veciños, como informa a través dun comunicado Esquerda Unida-EU, levou á zona de extracción a efectivos policiais que levantaron acta da explotación das canteiras que, ao parecer, carece dos preceptivos permisos nunha zona protexida. Desde a organización política enténdese que resulta necesario paralizar de inmediato a extracción de area de mina das dúas canteiras que, segundo as informacións veciñais, carecen do correspondente visto e prace tanto de Minas como do Concello.
Así mesmo, desde Esquerda Unida faise especial fincapé en que as canteiras afectan a un espazo que o Plan Xeral de Ordenación Municipal que rexe no concello ferrolán contempla ese espazo como de protección ambiental, polo que unha actividade destas características non está prevista no documento urbanístico.
Ademais, a organización engade que o tráfico de camións dun peso superior a dez toneladas tamén afecta á estrada, que non está pensada para vehículos destas dimensións e para o tráfico continuado.
Por estas razóns, demándase urxencia para que o goberno municipal en funcións deteña o que desde Esquerda Unida-EU definen como "agresión ambiental".
Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
Marcadores: Denuncias, Medio Ambiente, Vilabuide
Asemblea Xeral de Mariscadoras e Mariscadores que se celebrou onte, 12 de xuño
Diario de Ferrol
13 de xuño de 2007
Supeditan calquera negociación á liberdade de Bastida
Os mariscadores da Confraría de Ferrol decidiron onte intentar bloquear a entrada do terceiro gasero para Reganosa se antes da súa chegada non se pon en liberdade ao seu patrón maior, Bernardo Bastida. Ambas as circunstancias poderían coincidir nos próximos días, segundo púxose onte de manifesto nunha asemblea celebrada na lonxa ferrolá e á que asistiron unhas 150 persoas. Segundo Jaime Gabarri, portavoz dos mariscadores, hai expectativas de que a xuíza tome, entre hoxe e mañá, a decisión de deixar en liberdade ao patrón maior ferrolán.
REDACCIÓN > FERROL
Bastida cumpre hoxe catorce días en prisión provisional e sen fianza, desde o pasado 30 de maio, imputado pola súa participación no bloqueo da ría para tratar de impedir a entrada do "Mourad Didouche", o segundo buque metanero con gas natural licuado par a planta de gas de Reganosa.
Apelación > Gabarri recordou que o pasado venres se presentou nos xulgados ferroláns un escrito de apelación contra a decisión da xuíza Elvira Méndez de ratificar a medida de prisión provisional contra Bastida. O portavoz do depósito declarou que, segundo indicou aos mariscadores o avogado defensor do patrón maior, Víctor Manuel López Casal, a maxistrada deberá tomar unha decisión nas próximas horas. A Confraría e membros do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol presentes na asemblea calculan en que en menos de dous días haberá unha resolución. De non ser satisfactoria, o que equivale a que Bastida quede en liberdade, a asemblea decidiu onte case por unanimidade -fóra de dúas abstencións, precisou Gabarri- que intentarán impedir a entrada do terceiro gasero, esperado para finais desta semana ou principios da próxima, segundo o colectivo.
"Bastida somos todos. Non sería coherente quedarnos agora en casa. Bastida é o patrón maior e o único que facía era acatar o que decidía a asemblea", sinalou Gabarri. "O barco, se Bastida está dentro ou non hai indicios de negociación con el, se podemos non entra", sentenciou.
Compromiso > O recurso de apelación acompañouse cun escrito do propio Bastida, entregado onte á Fiscalía, no que se compromete a sentar a negociar "o que sempre quixemos: falar do dano que nos fai a planta de gas. Imos avalialo e despois, asinamos o que teñamos que asinar", engadiu Gabarri. Mentres tanto, "non haberá ningunha clase de negociación sen Bastida, porque el é o interlocutor que nós eliximos nas urnas", asegurou, a pesar de que din recibir intentos de contacto por parte da Xunta para iniciar a negociación. "Eu síntome a falar do patrón maior con quen sexa, pero de Reganosa senta a falar Bernardo Bastida", espetou Jaime Gabarri.
Se se cumprisen as súas expectativas de liberación, o portavoz dos mariscadores di que se convocará unha nova asemblea para analizar a situación.
Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
Enlace cunha noticia relacionada no Diario de Ferrol, sobre a denuncia que interpuxo a Autoridade Portuaria a mariscadores e membros do Comité Cidadán
___________________
Marcadores: Bastida, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Nesta sexta, palestra do sociólogo basco Justo de la Cueva
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de Junho de 2007 01:13
Asunto: Nesta sexta, palestra do sociólogo basco Justo de la Cueva
Nesta sexta-feira, contaremos com a presença de Justo de la Cueva, sociólogo e militante da esquerda abertzale, que falará da situaçom actual no País Basco. "O conflito basco hoje" é o título da palestra, que começará polas 20:30h no nosso centro social. Clica em "continuar" para aceder a uns dados biográficos de Justo de la Cueva.Como alguns e algumhas lembraredes, é a segunda vez que visita a Fundaçom Artábria, pois já participou numha conferência no nosso anterior local social, anos atrás. Esperamos contar, como sempre, com a tua assistência.
Justo de la Cueva nasceu em Madrid em 1937. Vive em Navarra desde 1980, aderindo já naquela altura à esquerda abertzale basca. Autor de numerosos estudos sociológicos e políticos, enre os que podem ser destacados:
- Metamorfose nazi fascista del Estado español (1981)
- La crisis de CINDU-EUSKADI (com Margarita Ayestarán,1982)
- Tortura y sociedad (com VVAA, 1982)
- La escisión del PNV. EA, HB, ETA y la deslegitimación del Estado español en Euskadi Sur (1988)
- Negación vasca radical del capitalismo mundial (1994)
- Esos asesinos que impunemente matan cada día a miles de personas: los automóviles (1996)
Além do mais, foi no seu dia promotor do site da Rede Basca Vermelha, que informava na net sobre a situaçom social e política no País Basco, até ser fechado pola Justiça espanhola, sendo pioneiro e especialista em temas relacionados com a contrainformaçom através da Internet.
Em relaçom à Galiza, e junto a Margarita Ayestarán, foi autor, em 1974, de um dos primeiros estudos de campo sobre usos sociais do nosso idioma: Las familias de la provincia de Pontevedra en 1974. Galleguidad y conflicto lingüístico gallego.
--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.
Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921
Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net
Marcadores: Actos Externos, Artábria
Información de actividades medioambientáis en Pontedeume e Neda, e exposición Neda. Xuño 2007
De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-ADEGA -adegatrasancos@adega.info-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de Junho de 2007 17:41
Asunto: Información de actividades medioambientáis en Pontedeume e Neda, e exposición Neda. Xuño 2007
Queridos/as compañeiros/as: reenvió información das seguintes activades medioambientais por se vos apetece asistir, participar ou difundir entre os vosos asociaciados,etc
Unha aperta:
Información de actividades medioambientáis en Pontedeume e Neda, e exposición Neda. Xuño 2007
-Días 15 -Venres- e 22 -Venres-, ás 20 hs en Neda, na casa da Cultura: (cartaz sobre o tema máis abaixo) coa participación de membros de Adega, Nébóa, SGHN, etc,etc
* 15.6. Mesa redonda sobre "A ría: Unha riqueza a defender "
* 22.6. Mesa redonda sobre "O voluntariado do lume"
* Exposición fotográfica entre o 15 e 22 de xuño.
______________
-Día 14 -Xoves- ás 20 hs. Biblioteca de Pontedeume.
Charla-coloquio sobre o CAMBIO CLIMÁTICO.
Apresenta: Suso L Piñeiro - Presidente de Adega-Trasancos.
Falará: A.García - membro de Adega-Trasancos.
Organizan: Adega e a Biblioteca de Pontedeume
Unha aperta
Antonio G
Ferrol

Marcadores: ADEGA, Medio Ambiente, Neda, Pontedeume
Van manter un encontro co Colectivo Antisida Lazos Ferrol
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de Junho de 2007 14:22
Asunto: Van manter un encontro co Colectivo Antisida Lazos Ferrol
Esquerda Unida-IU vai manter un encontro co Colectivo Antisida Lazos Ferrol
Unha delegación de Esquerda Unida-IU vai manter un encontro co Colectivo Antisida Lazos, mañán mércores, ás 19:30 horas no local do devandito Colectivo. Polo Colectivo estarán presentes Carlos Varela e máis Roberto Artabe, asistindo ao encontro por Esquerda Unida-IU, Yolanda Díaz e máis Javier Galán.O encontro desenvolverase na sede do Colectivo, na rúa Carlos III, no segundo portal , no barrio de Esteiro.
Esquerda Unida – IU quere profundizar no coñecemento de primeira man da problemática asociada ao sida, para traballar coa asociación na prestación dunha atención integral.
A relación coas asociacións e movementos cidadás segue a ser prioritaria na labor política e social de Esquerda Unida-IU. Relación de horizontalidade indispensable para superar as eivas que padecemos na cuestión de ofrecer servizos neste campo específico.
Enlace relacionado
_______________
Marcadores: EU-IU, Lazos Anti-SIDA
Publicado o FUNDAMENTO 4º que invalida técnica e legalmente a localización da planta que está construíndo REGANOSA na Ría de Ferrol
20070612
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de Maio de 2007 14:02
Asunto: PLANTA DE GAS DE FERROL E A LEI SEVESO II
PLANTA DE GAS DE FERROL E A LEI SEVESO II
ROGAMOS A MÁXIMA DIFUSIÓN a Persoas e ORGANISMOS INTERESADOS.
Tal como prometeramos, enviamos o FUNDAMENTO 4º (Arquivo adxunto) que invalida técnica e legalmente a localización da planta que está construíndo REGANOSA na ría de Ferrol
Os tres FUNDAMENTOS enviados anteriormente:
FUNDAMENTO 1º - NON CUMPRE CO R.A.M.I.N.P (Regulamento de Actividades Molestas Insalubres Nocivas e Perigosas)
FUNDAMENTO 2º - NON CUMPRE CO R.D. 6 / 2001 SOBRE EVALUACION DE IMPACTO AMBIENTAL
FUNDAMENTO 3º - NON CUMPRE COA NORMA UNE - NE 1532 INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS LICUADO - Iterfaz entre buque e terra.
Hoxe enviamos o FUNDAMENTO 4º sobre as Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas. Lei Seveso II
Se algunha persoa desexa recibir os Fundamentos 1º, 2º e 3º rogámoslles solicítennolos a: ferrol-cape@gmail.com
Tamén se poden ler en: www.f-cape.org
Non nos cabe nin a máis mínima dúbida que os xuíces van impedir o funcionamento desta planta. Estamos abertos aos COMENTARIOS, SUXESTIÓNS e CRÍTICAS que se puidesen realizar sobre a lectura destes FUNDAMENTOS.
Os comentarios pódense facer a:
ferrol.cape@gmail.com
Ao final desta serie de FUNDAMENTOS, publicaremos unha ALTERNATIVA TÉCNICA á planta de Gas de Mugardos que permita recibir GAS NATURAL, para o consumo dos Ciclos Combinados de Galiza, sen a necesidade de meter na angosta Ría de Ferrol eses perigosos gaseros e cun moi baixo custo económico, ambiental e sen riscos para a poboación.
NON QUEREMOS OUTRO "NUNCA MAIS" e menos en Ferrol!
Realiza:
Colectivo universitario opositor á planta de GNL dentro da Ría de Ferrol
Moitas grazas.
Saúdos a tod@s de www.f-cape.org blog opositor á localización da planta de Gas Natural Licuado (GNL) dentro da Ría de Ferrol
_____________
FUNDAMENTO 4º : Non cumpre o R.D. 1254 / 1999 "Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas" (Directiva Europea 96/82/CE ? Lei Seveso II)
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Os creadores de Opinión: Crea fama e botate a durmir
20070611

De joya de la corona 08/03/2007a bisutería barata. XOSÉLUÍS BARREIRO RIVAS HACE unos meses, el presidente Pérez Touriño puso en circulación la metáfora del queso gruyer, con la que quería referirse a la Galicia llena de deficiencias y frustrados proyectos que heredó de Fraga. Lo que no nos dijo es que las cosas iban a seguir más o menos igual y que, a punto de cruzar el ecuador de la legislatura, lo único que parece funcionar es la fábrica del queso gruyer. Los periódicos de la última semana son paradigmáticos, al llamar la atención sobre algunas carencias e irracionalidades que conviene repasar. El eje atlántico del ferrocarril, con vía tradicional y sin electrificar, inhabilitado por tanto para las lanzaderas del AVE, sigue acumulando retrasos impresentables. El verdadero AVE -electrificado y con ancho internacional- está creciendo como una verruga entre Santiago y Ourense, aislado del resto de la red y sin que nadie sepa cómo va a utilizarse una infraestructura que no conectará con Olmedo -háganme caso- hasta el 2018. Lejos de exigir la construcción de un AVE continuo, que viniese de allá para acá y entrase en servicio -como el de Barcelona- de forma progresiva, hemos optado por fragmentar la obra de forma irresponsable, por lo que no dispondremos de un AVE eficiente hasta que san Juan baje el dedo. También hemos sabido que algunos ríos, como el Sar y el Ulla, o algunas rías, como la de Vigo, sufren carencias medioambientales que ahogan su desarrollo. O que la artificiosa polémica sobre el auditorio de Lugo se está afrontando con estudios tan serios como los que avalaron el monte Gaiás. Pero el último agujero conocido se llama Reganosa, que, construida con fuerte aportación de capital gallego y concebida como la primera pieza del sistema energético del Noroeste, está condenada a convertirse en una pieza secundaria del programa energético nacional. De joya de la corona a pura bisutería, y de ser la piedra angular de una actividad considerada estratégica para Galicia a convertirse en puro almacén -como un economato con clientela cautiva- de las eléctricas de ciclo combinado que funcionan en Galicia. Para tener una idea cabal de lo que nos pasa es necesario saber si son otros los que nos agreden o si tenemos algo de culpa en este embrollo. Y por eso sería interesante saber si Reganosa quiso ser una pieza clave en el complejo energético español o si jugó por libre su oportunidad. También hay que saber si es posible que una factoría ampliamente rechazada por la población del entorno, y con pocas posibilidades de crecer, sea considerada por el Estado como un eslabón de alto valor estratégico. Porque es muy probable que, tanto la Xunta como los ciudadanos, nos estemos especializando en fabricar queso gruyer. Enlace ao artigo orixinal | El futuro de Ferrol, en entredicho. 11/06/2007XOSÉ LUÍS BARREIRO RIVAS FERROL es, ante todo, una ciudad portuaria. Lo fue, en su nacimiento, cuando la Armada la eligió como refugio inexpugnable de su flota y como arsenal de construcción y mantenimiento de la misma. También lo fue cuando tuvo en su ría los grandes astilleros de Fene. Y lo quiere ser ahora cuando, a través de su puerto exterior o de las instalaciones de Mugardos, quiere configurarse como una referencia estratégica en la importación y distribución de energía. Ferrol -industrial, universitario, comercial y turístico- es algo más que una base militar o un astillero. E incluso su puerto, que quiere diversificar su actividad en el marco de la competencia suicida que mantienen entre sí -no con Gijón o Leixões- los puertos gallegos, aspira a ser algo más que fragatas, gas y carbón. Pero la base de todo es el puerto en su configuración actual, en la medida en que constituye un aprovechamiento inteligente de la única ventaja comparativa de la que dispone la ciudad. Por eso hay que considerar un grave error el hecho de que Ferrol sea el único puerto europeo en el que se ponen cortapisas al derecho de navegación. Contra lo que la gente cree, la calidad de un puerto no se define por sus paisajes, ni por las condiciones naturales de navegabilidad, sino por su situación comercial estratégica, por la población industrial a la que sirve, por la buena gestión de la estiba y desestiba, por las conexiones estables con otras líneas marítimas, por la eficiencia de sus comunicaciones terrestres y por la seguridad con la que operan los grandes consignatarios. Y por eso no es bueno que, además de competir en difíciles condiciones estructurales y estratégicas, algunos ferrolanos contribuyan a crear la negativa imagen de su puerto que está sobre la mesa de los grandes consignatarios e inversores europeos, a los que no les gusta perder 300.000 euros por cada tarde de fondeo, mientras esperan a que el delegado del Gobierno limpie de chalanas y alborotadores la bocana de Mugardos. La ubicación de Reganosa pudo ser, diez años atrás, todo lo discutible que se quiera. Pero ya no lo es. Su funcionamiento, ahora indispensable, depende de la buena gestión del puerto de Ferrol, y todo lo que sea poner en duda la seriedad de una instalación tan importante, o discutir a destiempo lo que no se discutió a tiempo, es llenar de nubarrones el futuro de Ferrol. Y eso, además de a la Guardia Civil y a los mariscadores, debería interesarle mucho a los ciudadanos, empresarios y organizaciones sociales que juegan de forma inconsciente -por acción u omisión- a las falsas solidaridades. Porque un error de coyuntura, cometido hoy, puede extender hacia un largo futuro sus efectos negativos. Enlace ao artigo orixinal |























