A ACTUALIDADE DO QUE PASA EN HONDURAS
Para outra información diferente á convencional acceder a TeleSuRTvMalpica e Camelle manifestanse contra o Plano Acuicola da Xunta de Galicia, na defensa do noso litoral
20071231

O pasado domingo 30 de decembro de 2007, tiveron lugar duas mobilizacións contra o Plano Acuicola da Xunta de Galicia e na defensa do litoral. Pola importancia da noticia transcribimos o publicado no xornal Galicia Hoxe.
Camelle e mais Malpica din non ao Plan de acuicultura da Xunta
As vilas costeiras acolleron onte senllas protestas en contra da instalación de dúas macrogranxas ·· Os veciños queren "outro desenvolvemento e un mar limpo" ·· Esíxenlle á Consellería que reflexione
JESÚS TRILLO . CAMELLE Luns 31.12.2007
Os veciños téñeno moi claro: "Non, non e non!". Os pobos de Camelle e Malpica deixaron de novo onte constancia, con senllas manifestacións, do seu total rexeitamento e oposición ó plan acuícola que pretende levar a cabo a Xunta de Galicia.
Sobre as doce da mañá, unhas oitocentas persoas partiron do Museo do Alemán de Camelle, non sen antes levar a cabo unha ofrenda floral a Man. Durante o percorrido, que se prolongou ata a zona de Sabadelle, os asistentes corearon cánticos dos que se desprendían duras críticas para o presidente da Xunta, a conselleira de Pesca, o alcalde de Camariñas e a parlamentaria Marisol Soneira. A panxoliña máis repetida rezaba: "Anda, anda, anda / a Xunta é unha ladra / anda, anda, anda / déixanos sen nada".
Concluída a marcha, leuse un manifesto, no que os veciños deixaron patente que "nós somos os que temos o poder, e teñen que atendernos". Sosteñen os aldeáns que "debemos estar en pé de guerra contra estes energúmenos políticos". Este pobo, engadiron, "é coñecido en moitos sitios polo labor de Man, pero ignorado polos nosos gobernates". Consideran os afectados que o plan contempla para Camelle e Arou dúas instalacións nunha costa virxe, "de altísimos valores naturais e culturais". Entre os seus aspectos negativos estarían o "desastre paisaxístico e a vertedura de máis dun millón de metros cúbicos de augas contaminadas".
A presidente de Adega, Adela Curra, defendeu que a mellor piscifactoría é "o mar de ribeira, pois, a longo prazo, as granxas mariñas destrúen máis empregos dos que crean".
Á protesta de Camelle sumáronse tamén plataformas de afectados de Arou, Merexo, Quilmas e Corrubedo. Entre os que quixeron apoiar a iniciativa estaban tamén Xosé Manuel Beiras e Lidia Senra.
Por outra banda, sobre unhas duascentas persoas déronse cita tamén onte en Malpica, para protestar contra a planta que se prevé construír en Seiruga. Lamarcha foi desde o concello ata a lonxa. Ó seu termo, o portavoz dos veciños, Afonso Vidal, tras verter duras críticas contra a conselleira de Pesca, recordou que hai cinco anos a costa sufriu o chapapote do Prestige, e agora "volve outro barco, chamado Xunta de Galicia, que ten a Touriño como armador e a Carmen Gallego como patroa, sendo a súa carga as piscifactorías". Do mesmo xeito que o petroleiro, este buque "anda errático pola costa galega, pois en ningún porto queren tampouco a súa carga".
Enlace coa noticia orixinal no xornal Galicia Hoxe
______________
Na web de ADEGA:
Marea verde en Camelle: a herdanza de Man segue viva!
Milleiros de persoas démonos cita en Camelle en defensa da nosa costa e do noso mar. O Plano Acuícola da Xunta pretende asolagar este recanto da Costa da Morte baixo 318.000 m2 de formigón e lonas negras. A mensaxe foi clara: Camelle NON SE VENDE nen por 5 nen por 50 € o metro. Vai a Xunta expropiar pola forza 3 millóns de metros cadrados fronte á oposición da veciñanza? Vai Pesca a aprobar un Plano Acuícola insustentábel dende o punto de vista ambiental, social e económico só para contentar ao lobby do rodaballo? Como pode a conselleira afirmar que cumprirá todos os requisitos ambientais se hoxe nen sequera depuran os vertidos e guindan ao mar toneladas de químicos e antobióticos?. Se Man levantara a cabeza... [+ info]___________________
Marcadores: Camelle, Malpica, Mobilizacións, Plano Acuícola
Na lembranza de Xaime Quessada
-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 31 de dezembro de 2007 01:24
Asunto: Na lembranza de Xaime Quessada
Na lembranza de Xaime Quessada
Tócanos hoxe mostrar o noso sentimento polo falecemento de Xaime Quessada Porto, artista universal, cuxa inxente obra, en tódalas técnicas e estilos, é expoñente do seu compromiso político e social, e forma parte xa da Historia de Galicia.O recordo entrañable da súa singular personalidade - afable e solidaria - estará sempre ligado a este Comité Cidadán de Emerxencia, tras aqueles días de abril de 2002, en que tivemos oportunidade de acompañalo mentres realizaba a súa achega, xenerosa e solidaria, plasmada no magnífico mural de 16 x 2,40 m. - doado ao Concello de Ferrol - que expresa a vida e a morte en relación á ilegal e perigosa localización da Planta de Gas no interior de Ría de Ferrol.
Admiración e respecto a quen soubo dedicar a súa arte ao servizo da razón e a liberdade.
Saúdos,
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_______________
Mural pintado por Xaime Quessada en apoio ao movimiento opositor á localización da Planta de Gas de REGANOSA dentro da Ría. O mural mide 24m que aquí mostramos en catro seccións clicar acima de cada imaxe para ve-las ampliadas:



[Abril de 2002, Xaime Quessada, para ampliar clicar nas imaxens][Para ver o mural completo clicar aquí: Mural de Xaime Quessada]
C/C en BBVA, titular:
Carmelo Teijeiro e outros.
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0181-59-0201548440
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN ES96 0182 0181 5902 0154 8440
**********
TAMÉN SE PODE CONTRIBUIR COMPRANDO RIFAS DE APOIO, PARA UN SORTEO DUNHA CESTA DE ANTROIDO**********
__________
Marcadores: Reganosa, Xaime Quessada
Instan ao Concello para recuperar a parcela do INVIFAS para usos de carácter público: Escola Infantil, Centro Cívico, Residencia Universitaria, ...
20071230
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de dezembro de 2007 11:47
Asunto: Graves danos no castro de Vilabuide
A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga", diante da nova aparecida nos medios de que a poxa pola parcela do INVIFAS, celebrada onte 28/12/07, quedou deserta, lles enviamos un novo comunicado de prensa, dándolles anticipadamente ás grazas pola súa publicación e difusión.
Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga".
Asdo../X. Miguel López Pérez, presidente
Temos coñecemento, a través dos medios de comunicación, que a citada poxa , celebrada o día 28 de decembro e que tiña un prezo inicial de 4.5 millóns de euros, quedou deserta ó non presentarse oferta algunha.
Volvemos a recordarlle á cidadanía que esta parcela foi cedida de modo gratuíto ó INVIFAS (Instituto de vivendas das Forzas Armadas) para a contrucción de vivendas para militares. Este instituto na actualidade está en período de disolución e na parcela citada, non se vai cumpri-lo fin para o que foi cedida.
É coñecido por todo o mundo que en Esteiro se necesita espazo para as novas esixencias da Universidade, nesa parcela, esta entidade veciñal, defendemos a idoneidade da mesma para a construción da Residencia Universitaria Pública que o Campus de Ferrol necesita e que ven demandando desde hai anos. O non ter Residencia Universitaria en Ferrol fai que o noso Campus compita en desigualdade con outras cidades de Galicia que si teñen ese servizo tan fundamental para a poboación universitaria.
En Esteiro, que se aproxima ós 13.000 habitantes, se precisa espazo para a construción dun centro cívico cultural municipal e esa parcela tamén sería axeitada para ese fin.
En Esteiro se precisa espazo para a construción dunha Escola Infantil Pública, comprometida pola Xunta de Galiza, e nesa parcela tamén sería posible a ubicación da Escola Infantil Pública.
Facemos un chamamento a tódolos grupos municipais do Concello de Ferrol a que se sumen á nosa demanda, se o estiman oportuno, de que se devolva á cidade de maneira gratuíta o que a cidade lle cedeu a Defensa tamén de maneira gratuíta.
Pensamos que aínda se está a tempo de facer as xestións oportunas e paralizar a segunda subhasta da parcela. En todo caso debe ser obxecto de negociación como o resto das propiedades de Defensa e se é preciso negociar un segundo convenio con Defensa na que se incluía dita parcela.
Non é xusto que unha parcela que a cidade de Ferrol cedeu de maneira gratuíta para un fin concreto que xa non se vai producir, sexa agora vendida, cando a cidade de Ferrol, que a cedeu de maneira gratuíta a precisa para fins sociais.
Cando vai rematar a política do Ministerio de Defensa de vender aquilo que xa non precisa e que recibiu de maneira gratuíta?.
Queremos recordarlle á cidadanía que o Concello de Ferrol posúe , no citado lugar, unha pequena parcela , pegada á que pretende subhastar Defensa, que ten unha superficie de cento e pico de metros cadrados é a que dá a Avenida de Vigo o que lle permite ó Concello de Ferrol ser chave no futuro da parcela, xa que habería que contar co Concello para calquera edificación, caso de non ser pública, que se pretendese facer.
Tamén queremos recordarlle á cidadanía que non é a primeira vez que neste país, máis ben é unha práctica habitual, a que haxa acordos previos entre posibles interesados para deixar deserta a primeira subhasta e poder obter unha redución importante no prezo nunha segunda e incluso nunha terceira subhasta , na que xa non habería prezo inicial. Instamos ós poderes públicos a que investiguen se houbo un acordo previo para deixar deserta esa primeira subhasta
Ferrol a 29 de decembro de 2007
Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga”
Asdo./ X. Miguel López , presidente
___
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21
____________________
Relacionados no Blog da PA21:
Comunicado aos medios ao respecto da subhasta da parcela do INVIFAS
__________Marcadores: Esteiro, Fontelonga
Denuncia a constante saída de Camións de 50 Tm cargados con clínker do Porto Exterior por unhas estradas limitadas a 16 Tm
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de dezembro de 2007 23:25
Asunto: EU, denuncia a constante saída de Camións de 50 Tm. cargados con clínker do Porto Exterior por unhas estradas limitadas a 16 Tm
O Consello Local de Esquerda Unida de Ferrol, reunido esta tarde na sede de EU, denuncia a constante saída de Camións de 50 Tm. cargados con clínker do Porto Exterior por unhas estradas limitadas a 16 Tm. ademais de ser inadecuados ou condicionados e cubertos para transportar este tipo de mercadorias perigosas.
O Consello Local, acorda emitir este comunicado de prensa.
COMUNICADO DE PRENSA
Consello Local
“ EU esixe o cumprimento da normativa nas descargas de clínker no Porto Exterior de Ferrol ”.
Esquerda Unida de Ferrol presentou , o pasado día 26, no Rexistro municipal un escrito dirixido ao Alcalde de Ferrol esixíndolle, como máximo representante da cidadanía, o cumprimento da normativa ambiental e a vixianza do transporte de clínker das descargas do Porto Exterior.
Como lembramos as AA.VV. da zona manifestaron as súas queixas polo tránsito de camións pesados que cargan este perigoso composto para a seguridade das persoas e as descargas no Porto Exterior sen ningún tipo de control nin medidas de precaución .
Salientamos que os camións que transportan este perigoso material son de 50 Tm, cando as estradas desta zona está limitada a 16 Tm., ademais de incumprir o compromiso do Parlamento Español coa veciñanza de transportar esta mercadoría en camións especialmente acondicionados e perfectamente cerrados.
Para Esquerda Unida a saúde das persoas e o medio ambiente está por enriba dos intereses económicos dunha empresa.
Polo tanto, non comparte, nin de lonxe, as manifestacións do máximo representante da Autoridade Portuaria cando di que “ trátase dunha cuestión puntual”. “Se facemos hemeroteca “ este mesmo argumento foi dado pola mesma representación cando as descargas foron realizadas no Porto de Curuxeiras.
Estase a contradicir, ademais os condicionantes impostos polo goberno do Estado pois, para este caso concreto, permitir as descargas cunha serie de medidas paliativas do impacto e que non se están a cumprir.
Así pois, dende EU esixímoslle ao Alcalde de Ferrol que faga cumprir as medidas impostas para o transporte deste material e ao Presidente da Autoridade Portuaria a paralización das descargas, en tanto non se dean as condicións axeitadas para levalas a cabo.
Ferrol a 28 de Decembro de 2007.
Polo Consello Local de Ferrol.
Asdo. Víctor Ledo – Coordinador - asdo. J. Loureiro - S. Organización
O Consello LOCAL.
Ferrol a 28 de Decembro de 2007.
_______________
Relacionados:
Francisco Rodríguez, diputado do BNG, preguntaba ao goberno sobre este problema en setembro de 2007 [formato pdf]
Noticia no Diario de Ferrol, o 18 de Decembro de 2007: En resposta a unha pregunta do deputado do BNG Francisco Rodríguez, o Goberno central asegura que a descarga de clínker no porto exterior realizarase con medidas anticontaminación e que o seu transporte en camións "será con restricións" mentres non se abra o novo acceso viario
______________
Graves danos no castro de Vilabuide: A Fiscalía denuncia a un empresario por danar un castro en Ferrol
20071228
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de dezembro de 2007 11:28
Asunto: Graves danos no castro de Vilabuide
Graves danos no castro de Vilabuide
____
Ver mapa maior
____
A Fiscalía denuncia a un empresario por danar un castro en Ferrol
ENRIQUE DE RON - A Coruña -
El País- 27/12/07
O fiscal especialista en delitos contra o patrimonio histórico, Antonio Roma, denunciou ao propietario da empresa Febril Forestal, SL, Ricardo Febril, por danar varios muros do Castro de Vilabuide, na parroquia ferrolá de Doniños, durante unha talla de árbores no recinto. A denuncia fiscal ante o xulgado decano de Ferrol esténdese tamén ao dono da leira onde se asenta o xacemento arqueolóxico, José Rodríguez.
Na súa denuncia, o fiscal precisa que o asentamento castrexo sufriu danos na súa estrutura amurallada e nalgúns muros interiores que, nunha primeira tasación, superan os 400 euros. O xacemento, tamén coñecido como Casa dous Gafos ou dous Mouros, está situado na cima dun monte e figura no inventario de patrimonio cultural de Galicia pola súa orixe protohistórico ou galaico-romano, a súa significación bélica e o seu uso como lazareto no século XVIII. Ademais, está incluído no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol como ben catalogado con protección integral, o que esixe a supervisión dun arqueólogo ante calquera actuación sobre o recinto.
O pasado 19 de outubro, a Consellería de Cultura solicitou ao Concello de Ferrol a paralización cautelar da talla, que se ordenou o catro días despois. O grupo de arqueoloxía Terra de Trasancos denunciara xa antes ante a Policía Local, o Concello, Cultura e o Seprona que a maquinaria da empresa entrara no xacemento e danado a muralla de pedra do castro. A entidade notificou ademais en xuño a destrución dunha mámoa a 400 metros do castro.
________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21
____________________
Relacionado neste Blog da PA21:
As últimas denuncias veciñais e do movimento ecoloxista local son de principios de Xuño deste ano:
Denuncias veciñais e políticas pola explotación dunhas canteiras nunha zona de protección ambiental en Vilabuide, na parroquia ferrolá de Valón
_______________
Nos Arquivos Ártabros:
Enlaces para a documentación sobre o lugar de Vilabuide na parroquia de Doniños, no concello de Ferrol
__________
O pasado 22 de Outubro, o Concello de Ferrol, paralizaba os traballos de tala de árbores nas inmediacións do Castro de Vilabuide, ao recibir Urbanismo o día 19 unha solicitude da Consellería de Cultura e Deporte para a paralización cautelar dos traballos.
[Ver a noticia na web oficial do Concello de Ferrol]
___________
Marcadores: Fontelonga, Vilabuide
Entidades ambientalistas locais denuncián a tramitación da licenza urbanística outorgada á nova planta de biodiésel
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de dezembro de 2007 18:50
Asunto: Biodiesel
GRUPOS AMBIENTALISTAS DENUNCIAN A TRAMITACIÓN DA LICENZA URBANÍSTICA OUTORGADA Á NOVA PLANTA DE BIODIÉSEL
As entidades medioambientalistas Verdegaia-Ferrol, ADEGA-Trasancos e SGHN-Ferrol denuncian diante da administración autonómica o xeito en que se desenvolveu a tramitación de outorgamento de licenza, polo Concello de Ferrol, a Infinitas Renovables S.A., empresa que pretende instalarse no Porto Exterior de Ferrol, para producir 300.000 Tm anuais de biodiésel, a base de produtos vexetais (aceite de palma africana procedente de Malasia, soia, etc).
O Concello outorgou licenza de obra previamente a ser concedida a licenza de apertura, cando segundo a LOUGA (Lei de Ordenación Urbanística), a licenza de apertura obteráse con anterioridade, ou polo menos simultaneamente á licenza urbanística.
Estas entidades cuestionan a non obrigatoriedade de someter o proxecto ao Estudo de Impacto Ambiental, así como que non se cumpra coa distancia mínima de 2.000 m con respecto dos núcleos habitables máis próximos, esixibles pola lexislación que rexe as a actividades molestas, insalubres e perigosas.
Denuncian tamén que se tivera outorgado a licenza seguindo un procedemento de urxencia, días antes de ter rematado o prazo de presentación de alegacións, motivo polo que non foron atendidas as súas reclamacións.
Por outra banda, non queda moi claro no expediente se esta empresa vai ser ubicada na segunda fase do Porto Exterior. Se así fose, non se comprende o trámite de urxencia ao que foi sometida a tramitación do expediente, xa que dita fase aínda non comezou e a construción da industria tería un límite de seis meses despois de serlle outorgada a licenza para o inicio.
Estas entidades, xunto con outros colectivos, puxeron en movemento dende hai xa dous meses, unha Mesa sobre Agrocombustibles, que pretende ser un foro de debate sobre esta cuestión.
A obrigatoriedade, por parte da Unión Europea e mais da lexislación española, de utilizar nos combustibles para automoción un 6% de biocombustibles para 2010 e os problemas que estas políticas están orixinando en países empobrecidos, na súa maior parte tropicais, dado que as materias primas empregadas proceden practicamente na súa totalidade destas zonas, terían que obrigar aos países ricos a non adoptar medidas precipitadas sen analizar en profundidade as repercusións que producirán a escala mundial: deforestación de bosques tropicais, ameaza á seguridade alimentaria destas zonas, perda de terras de cultivo, contaminación de solos e de augas, etc. Máxime cando non hai acordo nos datos extraídos das investigacións feitas para calcular a cantidade total de combustibles fósiles necesarios para producir os biocombustibles.
_________
Os agrocombustibeis a debate.
Novo Blog Comarcal para debater sobre os agrocombustibeis, dado que no porto exterior da Ría de Ferrol, estase a construir unha planta de biodiésel e agora o Concello de Ferrol deu vía libre a outra nova tramitación de licenza, para a construción doutra planta máis por parte da empresa Infinita Renovables, S. A.
Participa no debate !!
http://agrocombustibeisadebate.blogaliza.org/
____________
ADEGA-Trasancos
SGHN-Ferrol- Blog
SGHN-Ferrol-Web
Verdegaia-Ferrol
________________
Información relacionada no Blog da PA21:
Alegacións á instalación dunha planta de biodiesel no porto exterior de Ferrol e enlaces para documentación e lexislación
____________
Rifa de Antroido para contribuir económicamente a paliar os gastos do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
20071222

Rifa de Entroido
* 1 lacón
* 1 cachola
* 1 kg. de chourizos
* 1 botelo
* 3 madas de grelos de Trasancos
* 1 queixo de San Simón
* 1 lata de marmelo
* 1 torta de Ferrol
* 3 botellas de mencía
* 1 botella de anís
* 1 “ “ ron escarchado
* 1 “ “ licor café
A rifa levaría o logo do Comité e a bandeira .
Con esta rifa, sumando o prezo da rifa, da cesta e dos alimentos e bebidas, temos asegurado, vendendo as mil, un beneficio de 800 euros limpos, non é demasiado pero tamén hai que valorar a oportunidade de vender todo, e que toque.A outra opción e facer 10.000 co que sendo maior o prezo da imprenta, vendendendo a partir de 1100, cada euro sería engadido na ganancia aos 800.
___________
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
____________
Marcadores: Reganosa
26 de xaneiro de 2008: día da Mobilización e Acción Global
20071221

26 DE XANEIRO DE 2008
Día da Mobilización e Acción Global
CARA UN FORO SOCIAL GALEGO
Organizacións cívicas e sociais galegas participantes no proceso de Foro Social Mundial dende xaneiro de 2001 convocamos a un acto cívico de mobilización para expresar dende o noso país a solidariedade coas principais reinvindicacións do movemento antiglobalización.
ASAMBLEA DE MOVEMENTOS SOCIAIS GALEGOS E FEIRA DE ASOCIACIÓNS
Sábado 26 de xaneiro 11.30h
Facultade de Xeografía Historia Santiago
CHAMAMOS A TODOS OS MOVEMENTOS SOCIAIS GALEGOS A PARTICIPAR NUNHA ASEMBLEA HORIZONTAL, SEN XERARQUÍAS E REXIDA POLA CARTA DE PRINCIPIOS DO FSM, CO OBXECTIVO DE CREAR UN ESPAZO DE REFLEXIÓN PARA CAMIÑARMOS CARA UN FORO SOCIAL GALEGO.
ENVÍA A TÚA ADHESIÓN
(nome da organización ou da persoa e contacto) A: info@altermundo.org paz@sgep.org fsg@galizasempre.org
FEIRA DE ASOCIACIÓNS E ALTERNATIVAS:
No claustro da Facultade de Xeografía e Historia da USC.
Espazo de balde pero limitado.
As organizacións interesadas en dispoñer dun espazo para amosar materiais, ideas ou o que consideren deben contactar antes do 15 de xaneiro con: info@altermundo.org
Toda a información en: http://altermundo.org/
MÁIS INFORMACIÓN:
Cara un Foro Social Galego
http://altermundo.org/portal/content/blogsection/43/358/lang,gl_ES/
Materiais promocionais
http://altermundo.org/portal/content/view/1112/358/lang,gl_ES/
O chamamento internacional
http://altermundo.org/portal/content/view/699/364/lang,gl_ES/
Sitio do FSM 2008
http://www.wsf2008.net/pt-br
Sitio do Fórum Social Mundial
http://www.forumsocialmundial.org.br/
_________________
DIVERSAS ORGANIZACIÓNS SOCIAIS GALEGAS IMPULSAN A CREACIÓN DUN FORO SOCIAL GALEGO
O 26 de xaneiro celebrarase unha Asemblea de movementos sociais en Santiago
Santiago, venres 21 decembro 07
Os abaixo asinantes, organizacións cívicas e sociais galegas e participantes no proceso do Foro Social Mundial dende Xaneiro de 2001, convocamos a un acto cívico de movilización para expresar dende o noso país, a solidariedade coas principais reivindicacións do movemento antiglobalización.
Por esta razón, convocamos a unha Asemblea de Movementos Sociais Galegos, así como a unha Feira de Asociacións (organizacións interesadas, contactar antes do 15 de xaneiro con info@altermundo.org), para o día de mobilización e acción global que este ano sustitúe ó Foro Social Mundial centralizado.
A Asemblea e a Feira realizaranse na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, o día 26 de xaneiro do 2008 ás 11:30 da mañá. O obxectivo desta Asemblea, escollida para manter o confronto co Foro Económico Mundial de Davos, encontro da elite neoliberal que acontece sempre no mes de xaneiro desa vila alpina, será o de iniciar a andaina necesaria cara un Foro Social Galego (FSG).
O noso compromiso coa realidade local é o noso compromiso coa transformación global:
- Contra a globalización neoliberal
- Para erradicar a pobreza
- Pola paz e contra o armamentismo
- Pola profunda reforma do sistema de institucións internacionais
- Abolición da débeda externa
- Igualdade real das mulleres
- Sustentabilidade ecolóxica
- Defensa dos recursos naturais
- Sobreranía dos pobos
- Agricultura e alimentación fóra da OMC
- Recoñecemento do dereito dos pobos á Soberanía Alimentaria
De: club.inter.prensa@xunta.es
Para: artabra21@gmail.com
Fecha: 21 de dezembro de 2007 15:13
Asunto: DIVERSAS ORGANIZACIÓNS SOCIAIS IMPULSAN A CREACIÓN DO FORO SOCIALGALEGO
ROLDA DE PRENSA HOXE NO CIPNA
NA FOTOGRAFÍA:
SENTAD@S:-
CARME FREIRE, do Sindicato Labrego Galego-
MANOEL SANTOS, de Altermundo.org-
XOSÉ MANUEL BEIRAS, presidente da Fundación Galiza Sempre-
MANUEL DIOS, Seminario Galego de Educación para a Paz
DE PÉ:-
XAN DURO, Verdegaia-
ALFREDO IGLESIAS, do STEG-
PILAR ESTÉVEZ, da Marcha Mundial de Mulleres en Compostela-
CONSUELO MARTÍNEZ, da CIG-
FRANCISCO JAVIER MONTERO DONGIL, de CCOO-
JUAN RAMÓN PAIS ANDRADE, de UXT
______________
Marcadores: Foro Social Galego, FSM
A A. V. de Esteiro Fontelonga, diante do anuncio do Concelleiro de Tráfico, de habilitar unha parcela próxima a Batallóns para dedicala a aparcamento
avvfontelonga@mundo-r.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de dezembro de 2007 18:13
Asunto: A Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga”, diante do anuncio do Concelleiro de Tráfico, Sr. López Castrillón, de habilitar unha parcela próxima ó Campo de Batallóns para dedicala a aparcamento
_____
Comunicado ós medios. Desde a Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" enviámoslles un comunicado, agradecendo a súa publicación e difusión. Un saúdo. Ferrol 21 de decembro de 2007.
Comunicado ós medios.(20/12/2007)
A Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga”, diante do anuncio do Concelleiro de Tráfico, Sr. López Castrillón, de habilitar unha parcela próxima ó Campo de Batallóns para dedicala a aparcamento, queremos manifestar publicamente o seguinte:
Na xuntanza que mantivo esta Asociación co citado concelleiro o 30 de outubro, diante da proposta de converter en aparcadoiro a citada parcela de Batallóns, xa lle manifestamos a nosa oposición a tal medida. Dixémoslle que se podía aceptar pola nosa parte, de maneira puntual no Nadal, que se autorizase o aparcamento nese lugar, pero de maneira puntual. Demandámoslle que desde o Concello se fixese un proxecto urbanístico, dentro da cualificación recollida no PXOM, para ese espazo, no tempo máis curto posible .
As obras que nesta semana se están a realizar por parte da Concellería de Tráfico, indican que o que se pretende e establecer de maneira definitiva unha área de estacionamento nese Cadro Pequeno de Esteiro, medida á que a Asociación Veciñal de Esteiro nos imos opoñer porque é ilegal ó ocuparse unha zona verde para aloxa-los coches.
No barrio de Esteiro tivemos que pelexar para que parcelas cualificadas como zona verde fosen recuperadas da degradación a que estaban sometidas polos coches, temos o exemplo dos Xardíns de Taxonera, na parcela de diante da Casa do Patín. Onde o concello de Ferrol tivo que gastar moitos cartos para recuperar eses espazos. Tivemos o exemplo na propia Avenida de Esteiro o consentir que se aparcarse sobre as beirarrúas, por mor das obras da Praza de España, e unha vez rematadas estas custounos moito traballo e moitas denuncias recuperar as beirarrúas para os peóns. Temos outra parcela que tamén é zona verde na entrada da antiga Escola Obreira, onde se celebra o Fervesteiro, que tamén está ocupada e degradada polos coches, como xa temos denunciado ás concellerías de Tráfico e Medio Ambiente.
Facemos un chamamento, para evitar ter que tomar outro tipo de medidas, ó Concello de Ferrol para que non permita o aparcamento na citada parcela , unha vez pasadas a festas de Nadal e Reis e que faga un balado arredor do Cadro Pequeno de Esteiro para preservar a citada zona verde e evitar así a súa degradación. O Concello está obrigado a cumpri-la lei e desde Fontelonga así llo demandamos.
_______________
Marcadores: Denuncias, Esteiro, Fontelonga
Asemblea da Rede "Galiza Non se Vende", este Sábado 22 de decembro de 2007, en Compostela
Centro Social do Pichel
Rúa de Santa Clara 21, baixo
Compostela
Ás 11 da mañá do Sábado,
22 de decembro
Orde do Día:
1º Manifestación convocada
para o 17 de Febreiro de 2008
en Compostela
2º Proposta de
Iniciativa Lexislativa Popular
para a defensa do Litoral
3º Debate programático
4º Debate organizativo
5º Fixar data, hora e lugar
da próxima Asemblea
Participa !!
_________
Localización do local onde se vai celebrar a Asemblea
[Clicar acima da imaxe para ampliar]Ver en Google maps
_________
Marcadores: Rede Galiza Non se Vende
Un dos socios maioritarios de REGANOSA pretendía queimar toneladas de residuos nucleares na Central Térmica de Meirama, procedentes da C. N. de Zorita
Un dos socios maioritarios de REGANOSA pretendía queimar toneladas de residuos nucleares na Central Térmica de Meirama, procedentes da Central Nuclear de Zorita. Pola importancia da noticia transcribimos a de Irene Bascoy que publicou o xornal "La Opinión de A Coruña" na súa edición de hoxe, 21 de decembro de 2007.____
Fenosa suspende o envío de residuos da planta nuclear de Zorita a Meirama
Innovación asegura que "en ningún caso" o Goberno galego permitirá a quéima de restos radioactivos. A empresa afirma que non vai enviar ningún tipo de material a Cerceda.
IRENE BASCOY.SANTIAGO
Unión Fenosa mudou onte pola mañá de plans, dando marcha atrás na súa decisión de queimar na central térmica de Meirama, no concello coruñés de Cerceda, entre 15 e 40 toneladas de residuos procedentes da central nuclear de Zorita, en pleno proceso de desmantelamento.
Foi o Bloque de Cerceda o que destapou a polémica, ao denunciar que antes de que terminase o mes íanse a trasladar desde Zorita palés "radioactivos" a Meirama. A edil nacionalista Rocío da Igrexa defendía que ese material fora clasificado pola propia empresa como "pouco contaminante ou de baixa radioactividad". Con todo, fontes da Xunta sosteñen que se trataba de "material da construción que fora desclasificado polo Consello de Seguridade Nuclear", é dicir, cualificouse de non radioactivo.
O temor ao escándalo e a oposición da Xunta convenceron a Fenosa, dona da térmica de Meirama e da central nuclear de Guadalaxara, da conveniencia de recular. A Consellería de Innovación confirmaba onte que cando "extraoficialmente" tivo coñecemento dese traslado de material púxose en contacto coa empresa para manifestarlle o seu "rexeitamento" á operación. Foi entón cando a compañía comunicou ao departamento do nacionalista Fernando Branco que o transporte e quéimaa en Meirama de desfeitos de Zorita quedaba "en suspenso". Fernando Branco declarou onte que "en ningún caso o Goberno galego permitirá quéimaa en Galicia de residuos procedentes de centrais nucleares".
A Consellería de Medio Ambiente tampouco fora informada dos plans de Unión Fenosa e cando saltou a controversia á luz pública púxose en contacto coa dirección da empresa que lle garantiu que non se trasladaron nin se trasladarán a Galicia residuos da central nuclear". Fenosa tamén se comprometeu a que no futuro advertiría con antelación ás autoridades de calquera plan desta natureza. Pola súa banda, a empresa limitábase a confirmar a este xornal que non se van a enviar a Meirama nin residuos radioactivos nin non radioactivos de Zorita". Á pregunta de se no futuro podería cambiar de opinión e queimar desfeitos da central nuclear en Cerceda, desde Fenosa limitáronse a contestar "non se sabe" e que en todo caso faríase "cos permisos pertinentes".
A asociación ecoloxista Adega tamén reaccionaba e pedía "a vixilancia con lupa" de Meirama. O seu coordinador, Fins Eirexas, preguntábase por "a razón oculta" para "decidir atravesar medio Estado para queimar uns residuos". A Eirexas o sucedido parécelle "moi raro", pois preto de Zorita hai outras plantas onde se poderían destruír os palés. Tamén advirte de que Fenosa incorrería nun "delito" se queimase residuos nucleares en Meirama e recorda que Galiza foi declarada polo Parlamento territorio desnuclearizado, no que non se pode producir nin almacenar material nuclear.
Enlace coa noticia orixinal no xornal "la Opinión de A Coruña"
_________
20 de Nadal de 2007. ADEGA esixe das consellerías de Industria, Medio Ambiente e Sanidade que non autoricen a entrada e/ou tratamento de refugallos radiactivos en Galiza. FENOSA tiña previsto queimar nas súas instalacións de Meirama unha cantidade indeterminada de palés “radiactivos”, que transformados en serrín, proviñan do desmantelamento da Central Nuclear de Zorita. O material trasladado está cualificado pola propia empresa como “pouco contaminante e de baixa radiactividade” e a cantidade a queimar oscila entre as 15 e as 40 Tm. O que nos faltaba! [Entrar]__________
Os expropiados de canido asinan o acordo con Albantur
-expropiadosferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de dezembro de 2007 15:42
Asunto: Firma dun acordo
Os expropiados asinan o acordo con Albantur
Os expropiados con dereito a reacollo pola construcciòn dunha urbanizaciòn no ferrolán barrio de Canido chegaron a un acordo coa promotora Albantur. Os dous afectados que aùn non habìan asinado recibiràn uns 75.000 euros por cada unha das súas vivendas. A resoluciòn rebaixa os seus dereitos, xa que segùn o Valedor do Pobo deberìan recibir un piso na nova urbanizaciòn. Os expropiados aceptan esta cantidade porque supón unha mellora importante sobre as tasaciones iniciais e, sobre todo, por cansazo tras varios anos de loita para evitar que lles roubasen as súas casas co beneplàcito do Concello.
A pesar da firma, o conflito pola construcciòn da urbanizaciòn aùn non terminou. Polo menos tres veciños continùan loitando xudicialmente para que lles paguen un prezo xusto polos seus inmobles. Aínda que non teñen dereito a ser reacollidos merecen igualmente unha tasaciòn legal das súas propiedades. A inxusta situaciòn que està soportando Constantino Seoane tambièn debese ser resolta. A semana pasada tiráronlle a súa casa, sen aue déaselle unha alternativa de vivenda e sen nisiquiera mostrarlle unha orde xudicial que autorizase a derriba.
________
Que sería de ferrolterra, se se producise un accidente similar, na planta química próxima a REGANOSA?
20071220
Para: artabra212gmail.com
Data: 20 de dezembro de 2007 22:42
Asunto: Explosión dunha planta química en Florida
Una densa columna de fume negro sobre la planta incendiada.- AP
Que sería de ferrolterra, se se producise un accidente similar, na planta química próxima a REGANOSA?
Enlace coa noticia no xornal "El País"
santiago diaz-garzón morillo
___________
Marcadores: Reganosa
Alegacións á instalación dunha planta de biodiesel no porto exterior de Ferrol
Para: artabra212gmail.com
Data: 20 de dezembro de 2007 14:36
Asunto: Alegacións á instalación dunha planta de biodiesel no porto exterior de Ferrol
O Consello Local de Esquerda Unida-Izquierda Unida de Ferrol vén de presentar alegacións á instalación dunha planta de biodiesel no porto exterior de Ferrol. Con tal motivo, fixo chegar hoxe, mediante a súa oportuna entrada no Rexistro Xeral deste Concello, e dirixido ó alcalde da cidade, Vicente Irisarri, o documento que en tal sentido aprobou a organización.
Adxuntamos o texto íntegro das alegacións.
Enlace coas alegacións nos Arquivos Ártabros.
_______________
Enlaces de interese desde a Wikipedia:
- Que é o Biodiesel ?
- Resolução nº42 da ANP, de 24 de novembro de 2004 - Estabelece a especificação de biodiesel no Brasil
- Programa Nacional de Produção e Uso de Biodiesel - Brasil
- H-BIO: O novo diesel da Petrobras
- Reportagem da revista Pesquisa FAPESP sobre o que falta para o biodiesel se firmar como o biocombustível nacional
- Fórum sobre biodiesel
- Fórum sobre novas energias em português
- Pesquisas com biodíesel
- Obtenção de biodiesel a partir de resíduos industriais
- Processo H-BIO: Tecnologia Petrobras para produção de óleo diesel renovável
- Entrevista com o inventor brasileiro do biodiesel
- Propiedades e características de combustíbeis diésel e biodiésel
- Análisis Well-to-Wheel do uso de enerxía e emisións de gases de efecto invernadeiro de sistemas avanzados vehículo/combustíbel - Estudo Europeio (en inglés). GM, LBST, BP, ExxonMobil, Shell, TotalFinaElf. (27 de septembro de 2002)
- Resumo de resultados do estudo WTW a nivel europeio de GM
- Portal de Enerxías Renovábeis. Biocarburantes. CIEMAT
- National Biodiesel Board-Sitio das empresas de biodiesel nos EE.UU.
- European Biodiesel Board- Sitio das empresas de biodiesel na UE
- Biocombustibles.es Web experta no tratamento de información sobre biocombustibles e no contacto entre os axentes que interveñen neste sector.
- Análisis sobre os vehículos ecolóxicos.
- Biodieselspain.com Noticias, Marketplace e foros de debate.
- Gota Verde. Proxecto de estudo da producción de biodiesel a escala local
- Listado de plantas de Biodiesel no Estado Español
- REAL DECRETO 61/2006, de 31 de xaneiro, polo que se determinan as especificacións de gasolinas, gasóleos, fuelóleos e gases licuados do petróleo e se regula o uso de determinados biocarburantes.
Lexislación e Normas sobre o Biodiesel:
| 27.08.2007 | ||
| 09.10.2006 | ||
| 26.09.2006 | ||
| 18.09.2006 | ||
| 07.09.2006 | ||
| 14.08.2006 | ||
| 04.08.2006 | ||
| 01.08.2006 | ||
| 29.07.2006 | ||
| 22.07.2006 | ||
| 15.07.2006 | ||
| 02.07.2006 | ||
|
Férias de Natal carregadas de actividades
De: Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de dezembro de 2007 17:0
Asunto: Férias de Natal carregadas de actividades
Apresentamos as actividades que ao longo das Férias de Dezembro desenvolveremos no nosso Local Social.
A primeira delas será este sábado, 22 de Dezembro, com o concerto do grupo de Funkie-Reagge-Rap Som do Galpom, ganhador do II Concurso musical do Festival da Terra e da Língua na categoria livre. O concerto começará às 22.30 e o preço do bilhete é de 3 euros e 2,5 euros para @s sóci@s da Fundaçom.

As activididades continuarám a quinta-feira 27 de Dezembro com a emissom em directo dos jogos Galiza-Catalunya e Galiza-Camarons que as nossas selecçons nacionais feminina e masculina jogarám no estádio de Balaidos em Vigo. A projecçom começará às 18.30 e haverá petiscos para @s assistentes/as.

Já na sexta-feira, 28 de Dezembro, celebraremos a II Festa Sing Star para que @s ártabr@s demonstrem as suas dotes de cantores/as e descubrir ao novo ou nova "triunfit@" no karaoke.

No sábado 29 às 22.30h o grupo Machina estará novamente na Fundaçom Artábria para deixar-nos a suas melodias emo-core. O preço do bilhete é de 3 euros e 2,5 para @s sóci@s. Voltarás a perde-los?.

Já tés pensando onde passar a viragem de ano?. Pois mais um ano a Fundaçom Artábria organiza umha original festa para receber com força o 2008. Desta vez será umha Festa Hortera que começará à 1.30 da manhá. Haverá cotilhom, muitas surpresas e a música das Grekas Maiden.

No dia 4 de Janeiro, teremos a oportunidade de ver por primeira vez em Ferrol ao grupo de música balcánica Ulträqäns integrado por Antom Papaqueijos, Fram Amil, Tino Papaqueijos e Aarom. Se queres ouvir a música que eles definem como Spiz-Folk o concerto começará às 22.30 e o preço do bilhete é de 3 euros e 2,5 para sóci@s.

Já em 2008, no dia 5 de Janeiro celebraremos mais um ano o tradicional Leilom Ártabro. Já podes colaborar trazendo todas essas cousas que já nom utilizas ao Local Social.
Horário de Férias de Dezembro
A Fundaçom Artábria abrirá os dias:
- 21 de Dezembro (19.30h)
- 22 de Dezembro (19.30h)
- 24 de Dezembro (de 19.00 a 20.30 / abrirá de novo a partir das 22.30h)
- 25 de Dezembro (19.30h)
- 27 de Dezembro (18.30h)
- 28 de Dezembro (19.30h)
- 29 de Dezembro (19.30h)
- 31 de Dezembro (de 19.00 a 21.30 / abrirá de novo a partir da 1.00h)
- 4 de Janeiro (19.30h)
- 5 de Janeiro (19.30h)
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.
Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921
Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net
Comunicado aos medios ao respecto da subhasta da parcela do INVIFAS
20071219
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de dezembro de 2007 17:35
Asunto: Comunicado ós medios ó respecto da subhasta da parcela do INVIFAS
Comunicado ós medios ó respecto da subhasta da parcela do INVIFAS
[Instituto de Vivienda de las Fuerzas Armadas]
Desde a Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" achegámoslles comunicado de prensa e lles agradecemos anticipadamente a súa difusión e publicación.
Un saúdo.
Ferrol a 19 de decembro de 2007.
Asdo./X. Miguel López, presidente
A Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga” queremos manifestar publicamente a nosa oposición a que a parcela sita entre a Avenida de Esteiro e a rúa Naturalista López Seoane, na Rotonda de Gonzalez Llanos e que pertence ó Ministerio de Defensa se subaste para dedicala a vivendas. Esta parcela que foi cedida de maneira gratuíta ó Instituto de Vivenda das Forzas Armadas (INVIFAS), para a construcción de vivendas para militares, e dado de que ese instituto está disolto e non se van a cumprir os obxectivos da cesión debe revertir de maneira gratuíta, tal como foi cedida, ó Concello de Ferrol.
É coñecido por todos que en Esteiro se necesita espazo para as novas esixencias da Universidade, nesa parcela, esta entidade veciñal, defendimos a idoneidade da mesma para a contrucción da Residencia Universitaria Pública que o Campus de Ferrol necesita e que ven demandando desde hai anos.
En Esteiro se precisa espazo para a construcción dun centro cívico cultural municipal e esa parcela tamén sería axeitada para ese fin.
En Esteiro se precisa espazo para a construcción dunha Escola Infantil Pública, comprometida pola Xunta de Galiza, e esa parcela tamén sería idónea para esa finalidade.
Instamos ó Concello de Ferrol é o seu Alcalde, Sr. Irisarri para que demande e estableza as negociacións oportunas con Defensa para que a parcela do Invifas sexa cedida de maneira gratuíta ó Concello de Ferrol para dedicala a usos de carácter público como os que mencionamos: Residencia Universitaria Pública, Centro Cultural Municipal, Escola Infantil Pública ou calquera outro de carácter social é público.
Pensamos que aínda se está a tempo de facer as xestións oportunas e paralizar a subhasta da parcela. En todo caso debe ser obxecto de negociación como o resto das propiedades de Defensa e se é preciso negociar un segundo convenio con Defensa na que se incluís dita parcela.
Non é xusto que unha parcela que a cidade de Ferrol cedeu de maneira gratuíta para un fin concreto que xa non se vai producir, sexa agora vendida, cando a cidade de Ferrol, que a cedeu de maneira gratuíta a precisa para fins sociais.
Cando vai rematar a política do Ministerio de Defensa de vender aquilo que xa non precisa e que recibiu de maneira gratuíta?.
Ferrol a 18 de decembro de 2007.
Asdo./ X. Miguel López , presidente
_______________
ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21
_____________
Marcadores: Esteiro, Fontelonga, Vivenda
Turrando polas enerxías máis perigosas: sindicatos e patronal póñense de acordo e defenden a enerxía nuclear
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de dezembro de 2007 18:07
Asunto: Turrando polas enerxías máis perigosas:Sindicatos e patronal póñense de acordo e defenden a enerxía nuclear
Turrando polas enerxías máis perigosas
Sindicatos e patronal póñense de acordo e defenden a enerxía nuclear
A CEOE e a UXT e CCOO coinciden nas súas reclamas, preocupándose, por unha banda, polo futuro enerxético, e pola outra polo futuro industrial do Estado.
Vieiros - Redacción - 10:05 16/12/2007
Esta semana os sindicatos españois UXT e CCOO puxéronse de acordo en pedir a reapertura do debate nuclear, visto por eles como a salvación da industria estatal. CCOO había xa tempo que levaba este discurso, mais a UXT avogou por primeira vez por que se reconsidere volver investir nesta fonte para "facilitar a competitividade das empresas" (conseguindo electricidade máis barata), na liña do que está a acontecer en países coma Francia.
Quen falou deste xeito foi Ignacio San Miguel, secretario federal da UXT, que participaba nunhas xornadas organizadas pola Asociación de Empresas con Gran Consumo de Enerxía, AEGE (que reúne unhas 200 compañías, entre elas Ercros, Uniland, Cemex, Ferroatlántica, ArcerlorMittal e Tubos Reunidos, para as que o gasto en electricidade moitas veces chega a supoñer o 30% do total).
A patronal cre que a enerxía nuclear é a máis ecolóxica
Outros que tamén parecen estar preocupados polo futuro enerxético do Estado son os membros da CEOE (Confederación Española de Organizacións Empresariais), que consideran que a enerxía necesaria para producir os bens segue a ser moi elevada, e as enerxías renovábeis non ofrecen "a fiabilidade suficiente" para depender delas.
A enerxía nuclear é vista, daquela, como a alternativa polos empresarios: "Aínda que está mal vista, é a máis segura en canto a subministro, a máis barata e a máis ecolóxica", dixo esta terza feira Antonio Garamendi, responsábel de enerxía da organización, na asemblea que celebrou a patronal.
Medo á suba das tarifas da luz
O sector enerxético está a vivir momentos intensos ante a próxima liberalización das tarifas (suba da luz un 3,3% en xaneiro, anunciada polo goberno español), e as centrais nucleares, aínda que requiren multimillonarios investimentos para poñelas a andar, son máis competitivas no prezo (funciona sen parar e o custo da luz chega a ser uniforme).
Noutros países de Europa están a xurdir iniciativas de desenvolvemento nuclear, nas que participan as mesmas empresas consumidoras, mais no estado español o executivo ponse do lado antinuclear e pensa seguir coa potencia instalada alén do 2030. Daquela, seguiranse producindo 7.716 megavatios a partir da enerxía nuclear, mentres outras fontes de electricidade, como as renovábeis, aumentarán o seu volume, en detrimento desta.
Contra a central que querían instalar en Xove (Lugo). En 1977 houbo unha forte mobilización na vila
A central nuclear de Trillo, en Guadalajara / Flickr: tnarik
A central de Cofrentes (Valencia). Entre febreiro e marzo sufriu 9 Incidentes á Seguridade Nuclear (ISN) / Flickr: Tonyç
________________
Marcadores: Fontelonga
Un agarimoso e fraternal abrazo

Onte, en Ferrol, no "Centro Cívico e Cultural Carvalho Calero" do Inferniño, organizado por Fuco Buxan A.C., tivo lugar un emotivo acto de recoñecimento ao compañeiro Carmelo Teixeiro Menéndez, pola súa entrega e seu compromiso coa causa democrática e popular, na defensa das liberdades e do benestar do pobo. Carmelo Teixeiro que está loitando contra unha grave enfemidade, é o Coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, desde a súa constitución no ano 2001, desde entón desenvolve unha actividade intensa, na defensa da Ría e da Vida. No mesmo acto presentouse o video "Ferrol polo mar e a vida" no que Carmelo é un dos protagonistas na denuncia contra o despropósito que significa a intalación de REGANOSA dentro da nosa Ría e a corrupción que lle acompaña.
Manuel Rodríguez Carballeira, presentou o acto con palabras de recoñecemento e agradecemento ao compañeiro Carmelo, logo deu paso primeiro a Silvia Chocarro e Manuel Cendán, en representantación de ACSUR-Las Segovias e Fuco Buxan, entidades promotoras do video, froito dun curso que se desenvolveu este verán en Ferrol. Resaltou a intervención de Camilo Nogueira Román membro destacado do Consello Nacional do BNG e ex parlamentario autonómico e europeo que foi convidado a intervir neste acto. Mais emotivas foron as palabras de Carmelo que deixou o hospital por unhas horas, para asistir a este acto e manifestar que a loita continua que venceremos e que el verá cos seu propios ollos ou cos de todos nós o desmantelamento de REGANOSA. O acto rematou coa música da Asociación Sociocultural "A Revolta de Trasancos" e intensos aplausos con abrazos, beixos e mostras de afecto a Carmelo.
Desde a Plataforma Ártabra 21, estamos moi agradecidos polo importante traballo e dedicación do compañeiro Carmelo. Agardamos que con ese mesmo tesón e espírito de loita ao que nos ten acomtumad@s, vire o pulso á enfermidade e volte máis cedo que tarde a estar con nós ao frente da loita pola defensa da Ría, a vida, a xustiza e a dignidade.
Enlace coa Galería de Diapositivos do Acto
Enlace cos Audios do Acto
______________
Marcadores: Carmelo Teixeiro, Fuco Buxan A. C., PA21
A Asociación comité antiSIDA LAZOS de Ferrolterra lles desexa que pasen unhas felices festas e próspèro aninovo 2008
De: Comité cidadán antiSIDA de Ferrolterra-comite.antisida.lazos@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de dezembro de 2007 11:17
Asunto: A Asociación comité antiSIDA LAZOS de Ferrolterra lles desexa que pasen unhas felices festas e próspèro aninovo 2008
Queridos amigos/as:
A Asociación comité antiSIDA LAZOS de Ferrolterra lles desexa que pasen unhas felices festas e próspèro aninovo 2008.
Esta noite acoerdareime de moitas cousdas, de moistas persoas, porque todas, de unha ou outra maneira, están. E me acordarei de todos os que estades ahí, lexos, pero sempre cerca. E me acordarei especialmente de ti, para que teñas constancia de que que NON ESTÁS SÓ/SÓA en este camiño tan complicado que é a vida.
FELICES FESTAS. CONSUME SÓ O NECESARIO.
____________
Marcadores: Lazos Anti-SIDA
VII Xornadas de Curtametraxes Ateneo Ferrolán 2007
De: ATENEO FERROLAN-a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de dezembro de 2007 17:35
Asunto: VII Xornadas de Curtametraxes Ateneo Ferrolán 2007
VII XORNADAS
DE CURTAMETRAXES
ATENEO FERROLÁN 2007
Os próximos días 26, 27 e 28 de decembro mércores, xoves e venres se levaran a cabo no Ateneo Ferrolán ás SÉTIMAS XORNADAS DE CURTAMETRAXES comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral, aquí tedes o programa do que serán estas XORNADAS.
DÍA 26 de decembro ás 19 horas
ESCOLA DE IMAXE E SON DE VIGO
“SUEÑOS”-
Curtametraxe Ficción (Castelán) Duración: 13'
“CADEA PERPETUA”-
Curtametraxe Ficción (Galego) Duración: 11'
“PAN E CIRCO”-
Curtametraxe Ficción (Galego) Duración: 12'
“LÁGRIMAS DE SANGRE”-
Curtametraxe Ficción (Castelán) Duración: 11'
“OCTOPUS TO THE PARTY”-
Curtametraxe Ficción (Galego) Duración: 10'
“TOSCA”-
Curtametraxe Ficción (Castelán) Duración: 6'
“24 HORAS DESPUES” -
Curtametraxe Ficción (Castelán) Duración: 6'
“360”-
Curtametraxe Ficción (Castelán) Duración: 6'
“ESPERANZA PARA VIVIR”-
Curtametraxe Ficción (Castelán) Duración: 12'
DÍA 27 de decembro ás 19 horas
ABELARDO RENDO
“AS FAROLAS” Curtametraxe Comedia (Galego)
País e ano: Galiza (2007) Duración: 17`
Intérpretes: MARÍA MUNIN, ANTONIO VÁZQUEZ, FINA GUITIÁN, HIXINIO RODEIRO, ELIANA MARTÍNS, ELSA BARCALA, JESÚS MERA, INÉS BOUZÓN, MIGUEL DE LIRA, PATRICIA REI, PEPE PENABADE, MARÍA GAITEIRO, ALFONSO ROMEO, CARMEN DE LA FUENTE, LUÍS ZAHERA, BREOGÁN VÁZQUEZ, XAN CURIEL, FRANCISCO COLLANTES, COMBA CAMPOY, ANTÓN VÁZQUEZ, SARA GONZÁLEZ.
Sinopse: Unha xornalista que presenta reportaxes de investigación desprázase a un concello do rural (Revosende) para investigar o fenómeno polo cal unha simple farola é quen de decidir a Alcaldía. A súa hipótese é que o alumeado público é algo máis que un servizo público: a corrupción, o clientelismo e a cacicada están presentes de cheo.
MARÍA G. SALVATIERRA
“O ELIXIDO” Curtametraxe (Galego)
País e ano: Galiza (2007) Duración: 10`
Intérpretes: ELINA LUACES, LUISA MERELAS, YOLANDA MUÍÑO, SUSO LISTA, RAFA DURÁN, ANXO CARVAJAL E SANTI PREGO.
Sinopse: A curta comeza coa morte dun párroco nunha aldea remota de Galicia. Tres beatas, sen educación nin formación ningunha e desesperadas pola morte do seu cura, deciden facer un casting para atopar a outro que lles de a misa. Á proba preséntanse un rapaciño ionqui que non sabe que facer da súa vida, un señor en paro na procura dun oficio estable como o do sacerdocio, e por ultimo un rapaz que quere ser famoso.
MIGUEL ANGEL MERA, JUAN GARCÍA, JORGE MARTINEZ
“GERVASIO Vs. YAKUZA” Curtametraxe Ficción (Castelán)
País e ano: Galiza (2007) Duración: Capítulo I 15` - Capitulo II 26`
Intérpretes: MIGUEL ANGEL MERA, JUAN GARCIA, JORGE MARTINES, DANIEL ROMERO, JACOBO PELETEIRO, DANIEL FERNÁNDEZ.
Sinopse: (Cap..I)A filla do avogado Sir Johan Iceberg é secuestrada por parte da Yakuza, nun intento por dividir en dous o imperio da Keyser Corps. Gervasio un policiía da vella escola, tentará de salvar á nena pòñendo en xogo a súa vida e a súa honra.(Cap..II) Xa expulsado do corpo e consumido polas drogas, Gervasio non da por finalizada a súa búsqueda, afundíndose cada vez máis e sen sabelo na enmarañada tea na que está atrapado. A vinganza nunca acaba.
DAVID VÁZQUEZ – MANEL VÁZQUEZ
“EMPANTANADOS” Curtametraxe (Galego)
País e ano: Galiza (2007) Duración: 15`
Intérpretes: MIGUEL DE LIRA, CLARA VÁZQUEZ, FERNANDO MORÁN, VÍCTOR TATO, CHICHO CARBALLIDO, IVÁN GONZÁLEZ.
Sinopse: Un pobo ameazado polas augas dun embalse, todo desaparece menos as lembranzas....
EDU LAVANDEIRA
“PIOJOS” Curtametraxe Comedia (Galego)
País e ano: Galiza (2006) Duración: 12,30`
Intérpretes: XOÁN VEIRO, ANTÓN GIRÓN, DAVID CASTIÑEIRAS, EDU IGLESIAS (MONDONGO).
Sinopse:
DÍA 28 de decembro ás 19 horas
RAÚL GARCÍA, ELENA GÓMEZ, MARCOS MÉNDEZ, JORGE MOSQUERA, MARTINA PÉREZ E EVA REY.
“EN EL ARMARIO” Curtametraxe (Castelán)
País e ano: España (2007) Duración: 5`
Intérpretes: LUIS ZAHERA, ISABEL BLANCO, MONTI CASTIÑEIRAS, JAVIER GUTIÉRREZ.
Sinopse: Rodrigo quere conservar unha relación que pasa por una situación delicada. Pero tal vez a única solución sexa "saír do armario".
“PUNTO KILOMÉTRICO 406” Curtametraxe (Galego)
País e ano: España (2007) Duración: 9,25`
Intérpretes: ESTELA RODRÍGUEZ, RAÚL GARCÍA.
Sinopse: Unha muller intenta fuxir do seu destino. Destino xa escrito.
MARCOS MÉNDEZ, EVA REY.
“NON RETORNABLE” Curtametraxe 3D (Galego)
País e ano: España (2007) Duración: 2`
Sinopse: John Doe, un astronauta estadounidense pouco estilizado, chega ao planteta Sogama con intención de conquistalo. Porén, a necesidade de aliviar a súa apretada vexiga faino caer na trampa deste planeta tan particular.
RAÚL GARCÍA, MARTINA PÉREZ
“O CRILO” Curtametraxe 3D (Galego)
País e ano: España (2007) Duración: 2`
Sinopse: Un grilo camiña pola vía do tren sen percatarse do perigo que se aveciña.
JUAN ANTONIO BAYONA
“EL HOMBRE ESPONJA” Curtametraxe Drama (Castelán)
País e ano: España (2002) Duración: 20`
Intérpretes: ZOE BERRIATÚA, GRÁCIELA MORAIS, CARLOS RAJA, ANDRÉS GERTRUDIX.
PEQUE VARELA
“CARPEOPLE (Xentecoche)” Curtametraxe animación
País e ano: Inglaterra (2005) Duración: 1`
Sinopse: Ensaio do noso comportamento detrás do volante.
“PHACE” Curtametraxe animación
País e ano: Inglaterra (2005) Duración: 1`2``
Sinopse: Unha breve mirada a sentimentos atrapados.
“1977” Curtametraxe animación
País e ano: Inglaterra (2007) Duración: 8`15``
Sinopse: Unha pequena cidade, un nó que medra e unha nena buscando a súa identidade.
______________
ATENEO FERROLÁN
(Fundado en 1879)
Rúa Magdalena 202-204, 1º
15402 - FERROL
a_ferrol@teleline.es
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
______________
Marcadores: Ateneo Ferrolán
Presentación do ensaio "VOTOS DE RIQUEZA"
De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de dezembro de 2007 18:41
Asunto: Presentación do ensaio "VOTOS DE RIQUEZA"
Venres, 21 de decembro, ás 20 horas
Galería Sargadelos (Rubalcava, 30 – Ferrol)
Presentación do ensaio
"VOTOS DE RIQUEZA"
La multitud del consumo y el silencio de la existencia
De Ignacio Castro Rey
Intervirán co autor :
Marcos Lorenzo
Asesor Cultural do Concello de Ferrol
Rafael Pillado
Vicepresidente da A.C. Fuco Buxán
Entrada libre.
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
_
Marcadores: Fuco Buxan A. C.
Martes 18 de decembro, recoñecimento a Carmelo Teixeiro e presentación do video "Ferrol polo mar e pola vida"
20071214
De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de dezembro de 2007 13:24
Asunto: Vídeo Planta de Gas e Recoñecemento a Carmelo Teixeiro, Coordinador CCE
Vídeo Planta de Gas e Recoñecemento a Carmelo Teixeiro, Coordinador CCE
organiza para o
martes 18 de Decembro, ás 20 horas
no Centro Cultural Carvalho Calero
(Praza do Inferniño – Ferrol)
a presentación pública do documental
"Ferrol polo mar e pola vida"
Este documental, centrado na denuncia da planta de gas de Reganosa, foi realizado polos alumnos asistentes a un cursillo de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción, estando prevista a súa difusión en Latinoamérica dentro das iniciativas de accións comunitarias que leva a cabo Acsur.
Asemade, este acto, que pretende sensibilizar a opinión pública en torno a ría de Ferrol e á maior agresión mediaoambiental que se da no noso país, incorpora un recoñecemento público a persoa de Carmelo Teixeiro Menéndez , membro de Fuco Buxán e Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol. En agradecemento do seu compromiso social e político, do seu traballo, constante e discreto, na defensa dos valores humanos, dunha democracia de calidade, dunha sociedade cohesionada en base á xustiza social e pola defensa medio ambiental da ría de Ferrol.Intervirán:
Manuel A. Rodríguez Carballeira,
Presidente de Fuco Buxán,
Camilo Nogueira Román ,
Ex -Deputado no Parlamento Europeo
Proxección do vídeo
(presentado por Silvia Chocarro Marcesse e Manuel Cendán Dopico, organizadores do Curso)
e agasallo por parte de Fuco Buxán a Carmelo Teixeiro.
Ao tempo que convidamos a tódala cidadanía a participar deste acto, agradecemo-la colaboración das persoas e entidades que facilitaron a súa realización.
fuco buxán - Asociación Cultural
_
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
__________________
Marcadores: Fuco Buxan A. C., Reganosa
Visita do Alcalde ao Barrio do Inferniño
20071213
De: asociacion veciñal-avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de dezembro de 2007 15:42
Asunto: Visita do Alcalde ao Barrio do Inferniño
Visita do Alcalde ao Barrio do Inferniño
A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, informa que na tarde deste pasado martes-11 as 6 da tarde, o Alcalde e varios concelleir@s , Miguel Reimundez, María López, Xavier Galán , R. Veloso, e varios membros desta directiva, fixemos un percorrido polo barrio co fin de achegar ao novo goberno local varias demandas e propostas veciñais.
En primeiro lugar amosamos noso enérxico rexeitamento a ocupar e invadir os ESPAZOS PUBLICOS para camións-atraccións de explotación privada , xa que como explicamos ao concelleiro de patrimonio a Praza pertence a todos os cidadáns para o LECER PUBLICO.
Demandamos o desenvolvemento da PRAZA DO RIO DO TRONCO , que leva esta parte da cidade 20 anos de retraso , sendo noso desexo unha urbanización acorde co PXOU.
Manisfetamos o malestar da veciñanza polo estado de algunhas PARCELAS PRIVADAS que teñen o deber dun MANTENEMENTO MÍNIMO ou que o concello actúe e denuncie mediante unha nova ORDENANZA DE PARCELAS, para evitar nalgúns casos de verdadeiros puntos incontrolados de lixo e silveiras.
Denunciamos as actuacións dalgúns constructores na falta de cumprimento das normativas de ACCESOS ALTERNATIVOS para os cidadán e redes de proteccións. Tamén as empresas de gas, augas, electricidade adoecen de deixar en estado moi deficiente as rúas e beirarrúas.
Noso maior empeño nestes tempos foi IMPULSAR O PARQUE URBANO DO INFERNIÑO no Palco de Animas para comezar seu desenvolvemento nun vindeiro e cercano futuro.
Informan que xa hai unha partida orzamentaria de 350.000 € para expropiar as bellas vivendas da rua Xubia como primeiro paso para comezar a desenvolver este proxecto de PARQUE.
Facemos fincapé en preservar un HUMIDAL NATURAL nesta zona.
Denunciamos o estado da Rua Rio Xubia e Rio Castro o cal demandamos unha actuacion integral nestas zonas.
Co Alcalde , que se incorporou maís tarde por razóns de axenda e entrevista de ultima hora, entramos no Centro Comercial do Inferniño para comprobar o seu estado e falla de funcionalidade comercial, diversos comercios pechados, alguns da directiva da empresa concesionaria que non poden estar máis de dous de inactividade.
Comprobamos o incumprimento do prego de condicións e falla da Gardería ou Ludoteca infantil de 250 m2..
Tiveron varios comerciantes a oportunidade de expresar ao Sr. Alcalde varias e contudentes queixas sobre o mal funcionamento, e mala xestión por parte da empresa concesionaria e xerencia posto que non explican dende hai varios anos o estado da contabilidade respecto as cotas de comunidade que pagan e pasan dos 500 € mensuais non prestando servizos e atencións que eles demandan.
Manifestan abertamente ao Alcalde que o concello RESCATE a Concesión para que este centro comercial funcione pois para este colectivo de comerciantes conta coas todas posibilidades.
O Alcalde explica que hai conversacións con algunha empresa interesada e que de momento está todo en estudo por parte destas.
Comunicánnos que vannos facilitar en concesión provisional UN LOCAL para asi poder exercer nosa actividade, que recibimos con satisfacción, significando para nós un certo recoñecemento por noso traballo reivindicativo do barrio.
Queremos rematar que a denuncia do Feiron do Inferniño está todo en proceso e que non é resolutivo nin definitivo o filtarado por un medio de comunicación xa que respecto a presunta teoría do Fiscal non se sostén xa que existen ordenanzas fiscais e ORDENANZA DO FERION DO INFERNIÑO, polo que non pode alegarse que non houbo ningún acordo en canto a taxas se refire, continuando coas imputacións os directivos da A. Vv do Ensanche A.
Demandamos da concelleira de prazas de servizos unha remoledación , con equipamento e mobiliario máis acorde e un estudo de iluminación (ecolóxica), pois esta praza é bastante escura , ademais de pedir a supresión do chamado trébol.
Denunciamos unha NOVA PISTA DEPORTIVA MULTICISPLINAR e distintos usos deportivos.
As cacas dos cans son tamén temas de reclamo para que o concello reaccione cos donos irresponsables e inicie unha campaña informativa dun aparcamento responsable evitando deixar os coches en dobre fila ou enriba das beirarrúas.
Valoramos a visita como moi positiva para todos que ilustra as verdadeiras demandas veciñais manifestadas a través de nosas ASEMBLEAS ABERTAS DE BARRIO.
Ferrol a 12 de decembro de 2007.
asdo. Pedro Cachaza - Secretario
asdo. Xosé M. Sanxoán - Presidente.
_______________
Informe Sobre a Situación do Barrio do Inferniño, Decembro 2007:
Ver Informe nos Arquivos Ártabros
____________
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
_________________
Marcadores: O Inferniño
Burla á cidadanía na Diputación Provincial da Coruñan: acordan distincións honoríficas a Roberto Tojeiro [Grupo Tojeiro] e Santiago Rey [Grupo Voz]
-manudominguez@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de dezembro de 2007 20:24
Asunto: Mofa e befa
Mofa e befa
Nunha clara burla á cidadanía, a Comisión de Honras e Distincións da Deputación da Coruña acordou designar fillo predilecto da provincia ao presidente do Grupo Voz, Santiago Rey, e concederlle a medalla de ouro da institución ao empresario Roberto Tojeiro. A decisión será ratificada polo pleno o próximo venres co acordo unánime de tódolos grupos políticos con representación no órgano provincial: PSOE, BNG e PP.
Do primeiro destácase o seu firme apoio ao desenvolvemento da provincia coruñesa, a súa incondicional defensa dos dereitos dos galegos e o seu compromiso coa democracia, a dignidade humana, a xustiza social e os intereses de Galicia. De Tojeiro saliéntase a súa traxectoria profesional, a capacidade de traballo e a súa “perseveranza no esforzo desde que, aínda sendo moi neno, compaxinaba a súa asistencia á escola coas tarefas no negocio familiar de ultramarinos”.
Fermosa semblanza de dous empresarios que sempre souberon moverse cerca do poder, mostrando unha avidez sen escrúpulos na procura do beneficio propio e xestionando empresas que representan en Galicia a faz máis oscura e despreciábel do capital.
As empresas de comunicación do Grupo Voz, en especial o diario La Voz, foron, desde finais do século XIX, a voz do caciquismo ultramontano, apoiaron sen escrúpulos o réxime franquista e quixeron enmudecer as voces críticas de aqueles que, como Ignacio Ramonet e
Ramón Chao, nunca aceptaron doblegarse ante o poder.
O Grupo Tojeiro é hoxe unha das peores ameazas para a supervivencia da ría de Ferrol e a súa comarca. Favorecido por acordos inconfesábeis coa Xunta de don Manuel, logrou, contra toda razón e dereito, colocar unha bomba de reloxería no corazón da ría.
A vergoñenta entrega destas “distincións” por parte do PSOE e do BNG é outra nova mostra da retorcida deriva que están a seguir en Galicia estes dous partidos e un verdadeiro insulto para todo galego de ben.
_____________________
Fuco Buxan A.C. presenta o nº 23 de "Razón Socialista"
De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de dezembro de 2007 18:04
Asunto: Presentación do nº 23 de "Razón Socialista"
Presentación do nº 23 de "Razón Socialista"
"RAZÓN SOCIALISTA" "Pola rexeneración da Esquerda"
Lúns, 17 de Decembro, ás 20 horas no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202 – Ferrol)
Intervirán:
José Torregrosa
Director de "Razón Socialista"
Arantxa Domínguez
Que publica neste número
"Carta a unha muller maltratada"
Yolanda Díaz
Concelleira de Cultura
"A muller na política de esquerdas"
Entrada libre
Prégase difusión

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
___________
Marcadores: Fuco Buxan A. C., Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Ramificacións Eumesas da trama de corrupción urbanística de Mugardos
20071209
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de dezembro de 2007 12:59
Asunto: ramificacións eumesas da trama mugardesa
RAMIFICACIÓNS EUMESAS DA TRAMA DE CORRUPCIÓN URBANÍSTICA DE MUGARDOS
O estudo de arquitectura investigado na suposta trama de Mugardos proxectou unha urbanización en Ber
O Estudo de Arquitectura e Urbanismo Xcale que foi intervido pola policía de delitos urbanísticos e cuxos xerentes foron acusados por un xulgado a raíz de descubrirse unha trama urbanística en Mugardos, foi o encargado de elaborar e presentar un proxecto de urbanización en Ber. Como xa informamos no seu día, o grupo inmobiliario Lar Promosa S.A. deu conta no pasado mes de maio ao concello de Pontedeume do cambio de titularidade duns terreos limítrofes coa antiga urbanización de Ber. Sendo pois os novos propietarios das fincas, solicitaban reabrir un antigo expediente redactado polo estudo Xcale mediante o cal se recalificaría unha franxa de litoral en Ber e permitiría a construción dunha macrourbanización de máis de 200 vivendas en zona de protección costeira. O goberno de Belarmino Freire aprobou este proxecto xunto a outro que tamén toleraría a construción de 250 vivendas en Arbosa. E fíxoo dias antes das eleccións que o retirarían do Concello, demostrando así a compracencia que o equipo de goberno tiña cos promotores inmobiliarios. Mais esta tolerancia con accións que estragarían por completo a costa eumesa pode entenderse mellor se pensamos nos enormes intereses que xerarían estas operacións.
Os imputados na operación Virgin, así se denominou o operativo policial contra a trama mugardesa, facían valer a súa condición dentro do Concello de Mugardos para que os proxectos urbanísticos presentados no Concello fosen realizados polo estudo Xcale. En caso contrario, eran sistematicamente rexeitados. Un modus operandi que asegura aos compoñentes das tramas excelentes beneficios. Neste caso ademais dos socios de Xcale participaban na rede a aparelladora municipal, un policía local e a dona deste, que rexentaba unha inmobiliaria. Un clásico elenco de actores imprescindíbel para a representación do drama social de moda.
_______________
Enlace co artigo orixinal no interesante Blog do Colectivo Fusquenlla de Pontedeume que recomedamos visitar
________________
Marcadores: Fusquenlla, Urbanismo
Enlace con interesantes fotos da Ría, Gaseiros e Reganosa
20071208
Podedes ver unhas fotos interesantes neste Blog e a pouca distancia que nos separa de REGANOSA. Interesantes fotografías de Gaseiros e da Ría neste Foto-Blog.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]
________
SUSO FERROL
susopazos@yahoo.es
_____________
Marcadores: Imaxens, Jesus Pazos Lavandeira, Reganosa
Propostas de enlaces interesantes de Santiago Díaz-Gazón
-xantia@mundo-r.com-
8 de dezembro de 2007 19:38

_______________
Un artigo de Manuel Rivas
EL PAÍS - Última - 08-12-2007
Cabróns
_______________
Unha noticia PAOLA OBELLEIRO - Muxía -
EL País 08/12/2007
@s héroes volven a Muxía: A 'zona cero' do 'Prestige' homenaxea ás voluntari@s que a salvaron do fuel. Persoas de toda a península recordan o desastre "cun nó na gorxa".
_____________
Un artigo de Ramón Reboiras
EL PAÍS - 07-12-2007
Capitán Mangouras
______________
LNG Terrorism Danger To Our Communities - Tim Riley Law .com
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de dezembro de 2007 01:25
Asunto: LNG Terrorism Danger To Our Communities - Tim Riley Law .com
LNG Terrorism Danger To Our Communities - Tim Riley Law .com
---------- Forwarded message ----------
From: J Malde V -jmaldev@icoiig.es-
Date: 07-dic-2007 19:25
Subject: LNG Terrorism Danger To Our Communities - Tim Riley Law .com
To: destinatarios-no-revelados
LNG Terrorism Danger To Our Communities - Tim Riley Law .com
Estes americanos son uns acolloados. !!!
Que veñan por aquí, visiten onde temos os ferroláns REGANOSA, e convenceranse que non é para tanto !!!!
http://timrileylaw.com/LNG_TERRORISM.htm
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240
C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
______________
Marcadores: Fuco Buxan A. C., Reganosa
Corrupción "friki" en Mugardos
20071207
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de dezembro de 2007 12:02
Asunto: Corrupción "friki" en Mugardos
Corrupción "friki" en Mugardos
laopinióncoruña.es » Opinión
AL TRASLUZ
Corrupción `friki´ en Mugardos
Fernando González Macías
Nisto do urbanismo delituoso, conveñamos en que hai corrupcións e corrupcións. Corrupcións grandes, medianas e pequenas. Corruptelas máis ou menos descaradas. Con enormes pelotazos en forma de recualificacións ou a base de comisións ilegais. Mediando ou non financiamento ilegal dos partidos. A gama é moi ampla. E logo está o de Mugardos, que é punto e aparte.
Ata un policía apellidado Torrente anda polo medio. E é que, se efectivamente chégase a confirmar como unha trama de corrupción urbanística, no caso de Mugardos non se botaría en falta case ningún dos elementos que constitúen a base dunha desas comedias frikis de tanto éxito no cine español. Xunto a unha historia un tanto disparatada, a clave adoita estar nuns cantos personaxes pintorescos en actitudes case grotescas.
Resulta que o alcalde de Mugardos non se decataba de nada. Presentouse a si mesmo, caricaturizado nunha especie de firmón, que outorgaba as licenzas urbanísticas a cegas, sen cuestionarse nunca os informes dos técnicos, nin atender ás denuncias de irregularidades que lle expuñan concelleiras cos que chegou a compartir tarefas de goberno e que, xa que logo, debían merecerlle crédito. O nacionalista Fernández Barcia debe ser dos que cren que por ser boa xente e ter as mans limpas hai que perdoarlle que faga a vista gorda e con ela un claro abandono de funcións. Poderá non ser imputado penalmente, pero a súa actitude, como mínimo neglixente, debe carrexar responsabilidades políticas.
Logo está o papel estelar da oposición mugardesa, unha parte da cal foi antes goberno. Oxalá non chegue a acreditarse que ao abandonar o poder caéuselles véndaa dos ollos e xa que logo as súas denuncias non responden a un sentimento de despeito. Como é desexable que non haxa nada de oportunismo en que sexa precisamente agora, en vésperas electorais, cando a fiscalía ou a policía xudicial póñanse a facer limpeza
E finalmente, disputando o primeiro plano ao peculiar policía polivalente e á súa esposa, unha xente guapa, arquitectos, aparelladores e empresarios ferroláns, dos que habitualmente lles mirarían por encima do ombreiro, pero que se pringan con eles no lodo talvez pola irresistible atracción dun certo cutrelux. Que cousas.
É esperpéntico, pero tamén moi triste, constatar que non se fai urbanismo limpo nin sequera en municipios moi pequenos, de apenas tres mil habitantes, de escaso interese turístico ou residencial, aínda que sexan costeiros. E que a podremia urbanística esténdese en todas as direccións do mapa e por encima da cor política de quen gobernan os concellos. É como un terrible virus mutante, que destrúe a integridade das persoas e fronte ao cal parece que non houbese vacina efectiva. Haberá que encargarlla a Patarroyo...
FERNANDOMACIAS@TERRA.ES
_______________
Marcadores: Fontelonga, Opinión
A Constitución celebra o seu 29 aniversario sen garantir o pleno cumprimento dos dereitos fundamentais dos galegos
-mpdc@movemento.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de dezembro de 2007 14:33
Asunto: A Constitución celebra o seu 29 aniversario sen garantir o pleno cumprimento dos dereitos fundamentais dos galegos
A Constitución celebra o seu 29 aniversario sen garantir o pleno cumprimento dos dereitos fundamentais dos galegos
O MpDC lembra a necesidade de modernizar e adaptar a Carta Magna á nova realidade social
A Constitución Española celebrará mañá o seu 29 aniversario sen garantir o amplo cumplimento de moitos dos dereitos dos galegos recollidos no texto da Carta Magna. Case trinta anos despois de ser aprobada co consenso de todas as forzas políticas existentes naquel intre e contando co apoio da cidadanía, a vulneración dos dereitos é un feito que continúa ocorrendo a cotío, co agravante de que, en moitas ocasións, son as proprias institucións públicas as que se saltan os preceptos que a C.E. promove. Con motivo da conmemoración, o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) quere denunciar que a sociedade galega vese especialmente afectada no que respecta a defensa dos seus dereitos, xa que, tanto os mandatos do Preámbulo como os recollidos no Título I, os referidos aos dereitos fundamentais, son quebrantados sen que se tomen medidas axeitadas para detelo.
Neste sentido cabe destacar que a cidadanía galega se atopa en desigualdade de condicións no que se refire ao compromiso de “protexer a todos os españois e aos seus pobos de España no exercicio dos dereitos humanos, as súas culturas e tradicións, linguas e institucións”, posto que de todos é coñecido que a defensa da lingua galega non acada os ratios desexados. Dende as graves declaracións do Valedor do Pobo nas que menosprezaba e minusvaloraba o galego ata a negativa dun gran número de xuíces á dirixirse no noso idioma á cidadanía ou mesmo a traducir as sentenzas mostran a indefensión dos galegos. Feitos estes dos que se pode destacar que a defensa do galego, a nosa cultura e as nosas tradicións non se garanten coa Constitución do Estado Español nacida hai xa 29 anos.
Dereitos Fundamentais
O MpDC tamén quere lembrar que os artigos recollidos no Título I da Carta Magna están sendo vulnerados mesmo polas institucións públicas encargadas de garantir o seu correcto cumplimento. Estes artigos merecen especial protección, xa que atenden aos dereitos fundamentais das persoas, como son o dereito á Igualdade ante a Lei e Dereito a Vida, á Intimidade, á Liberdade de Expresión ou os dereitos dos estranxeiros e nin sequera son respectados polos organismos creadas específicamente para velar polo seu cumprimento.
En Galiza existen claros exemplos de violación de cada un destes preceptos. Hai unhas semanas un veciño de Meis, que se demostrou que era inocente, foi tiroteado por membros da policía, que quedaron absoltos por “non haber intención” de facerlle dano, mentras que os veciños do Eixo, onde si se demostrou a súa non intencionalidade de face dano a un membro dos Corpos e Forzas de Seguridade, están a cumprir cadea dende o 31 de outubro. Pola súa banda, a proliferación das cámaras de videovixiancia fixo que o dereito á Intimidade sexa un dos máis vulnerados en Galiza, na maioría dos casos por parte dos organismos públicos, que no seu afán de plantexar medidas políticas de cara á sociedade instalan dispositivos de control, para os que, en multitude de casos, nin sequera contan cos pertinentes permisos.
Do mesmo xeito a Liberdade de Expresión vese coartada pola limitación da participación cidadá na vida municipal ao impedírenselle a entrada nos plenos ou coa censura no acceso a deteminadas páxinas web aloxadas nos servidores Blogger, dende os edificios dependentes das administracións públicas. Tampouco os estranxeiros residentes no noso país teñen garantizados os seus dereitos, pois a cor da súa pel convértese en moitos casos no factor determinante á hora de identificar ou deter a unha persoa que vai pola rúa. Por todos estes motivos, dende o MpDC lémbrase a necesidade de atender ás demandas da sociedade que reclama a modernización e a adaptación da Carta Magna aos novos tempos e realidades.
Renato Núñez: 61085885
_____________
Actividades Fundaçom Artábria
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de dezembro de 2007 20:47
Asunto: Actividades Fundaçom Artábria
Nao apresenta o seu novo trabalho "As palavras espidas"

Na próxima sexta-feira 7 de Dezembro, o grupo da Estrada apresentará o seu novo trabalho no nosso Centro Social. Esta será a segunda vez que Nao visita a Fundaçom Artábria, depois de apresentar no passado mês de Janeiro a sua primeira "demo".
O concerto começará às 22.30 e o preço do bilhete é de 5 euros, estando já está disponível no nosso Centro Social.
Podes ouvir um avanço deste trabalho no seu myspace.
BRIGA organiza jornada internacionalista

A próxima sexta-feira 7 de Dezembro o Grupo de Base de BRIGA em Trasancos organiza umha jonada internacionalista com diversas actividades que servirám para afortalar as relaçons com a juventude da esquerda independentista catalá.
A jornada, que decorrerá na Fundaçom Artábria, comezará às 14h30 com um jantar de confraternizaçom com @s companheir@s cataláns. Despois do jantar, às 16h30, dará comezo a actuaçom do grupo de bastoners Cop a Cop, naturais da Vila de Grácia. Já para rematar, e depois da demonstraçom do grupo de dança tradicional, terá lugar umha palestra sob o título "Països Catalans rebeldes" na que intervirá um companheiro da organizaçom juvenil CAJEI.
De BRIGA convidamos-vos a participar nesta intensa jornada internacionalista que de seguro contribuirá ao estreitar os laços das luitas dos povos galego e catalá.
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.
Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921
Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net
Marcadores: Artábria
Presunta corrupción urbanística no Concello de Mugardos
20071205
Ao pelotazo urbanístico en Punta Promontorio na compra de terreos para REGANOSA coa consecución no prazo dun mes dunhas millonarias plusvalias [do 1.552 %], agora soma-se a presunta implicación de funcionarios municipais, un estudio de arquitectura e unha inmoviliaria, nun presunto entramado de corrupción urbanística, con detencións incluidas de catro das persoas implicadas.
Pola importancia do asunto pasamos a dar entrada a varias comunicacións e enlaces que nos envian:
No xornal "El País", unha información asinada por Lorena Bustabad.-
Catro persoas detidas en Mugardos por corrupción urbanística: Un policía municipal e a aparelladora do concello, entre as implicadas
___________
Desde 1999 Irregularidades urbanísticas no Concello de Mugardos
A raíz da noticia de hoxe, sobre irregularidades urbanísticas no Concello de Mugardos, adxunto en ficheiro pdf que se envia, un resumo do traballo de campo realizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, onde se pode apreciar que a trama urbanística ao redor de Forestal do Atlántico e Reganosa se inicia no ano 1999 coa aprobación do PXOM [Plano Xeral de Ordenación Municipal] do concello de Mugardos.
Descoñécese nestes momentos cales son as imputacións que se ciernen sobre varios funcionarios do Concello de Mugardos, pero este resumo de irregularidades axuda a ver que a manta da trama é máis ampla que os funcionarios que saen nesa noticia de hoxe.
Saúdos
Carmelo Teixeiro
3 de dezembro de 2007 19:37
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
...........
Anexo en formato pdf, de 7 páxinas. A persoa que teña interese, pode solicitar o documento a artabra21@gmail.com
Plano n20 - Resumo de irregularidades urbanísticas no Concello de Mugardos.pdf
____________
Rolda de Prensa colectivos contra Plano Acuícola
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de dezembro de 2007 08:39
Asunto: Roda de Prensa colectivos contra Plano Acuícola
Rolda de Prensa colectivos contra Plano Acuícola
Plataforma Corrubedo
Dia: MÉRCORES, 5 DE DECEMBRO
Hora: 12:00 H
Contido: PRÓXIMAS ACCIÓNS CONTRA O PLANO ACUÍCOLA
Asisten:
- Representante de ADEGA
- Representante da Plataforma de CORRUBEDO
- Representante da Plataforma de QUILMAS
- Representante da Plataforma de SERÁNS
- Representante da Rede GALIZA NON SE VENDE
__________________
Marcadores: Plano Acuícola
Chegada dun novo buque gaseiro para a perigosa e ilegal REGANOSA: o Comité Cidadán convoca unha concentración de protesta este mércores, 5 de decembro
20071204
De: Comité Cidadán de Emerxenciacomitecidadan@gmail.com
Carmelo Teixeiro
carmeloteixeiro@iespana.es
Para:artabra21@gmail.com
Data:3 de dezembro de 2007 19:19
Asunto: Cacerolada tamboreada para o mércores 5 de decembro ante o undécimo gaseiro con destino a Reganosa
Cacerolada tamboreada para o mércores 5 de decembro ante o undécimo gaseiro con destino a Reganosa.
DUNHA CONCENTRACIÓN
NO PEIRAO DE FERROL
MÉRCORES,
5 DE DECEMBRO
Ás 12:45 hrs, diante do
Edificio da Autoridade Portuaria
Para protestar pola chegada
dun novo buque gaseiro
para REGANOSA
O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha cacerolada-tamboreada para as 12,45 horas do próximo mércores 5 de decembro, diante dos edificios da Autoridade Portuaria, que se desprazará ata o extremo sur ou miradoiro e paseo marítimo fronte ás murallas do arsenal Naval Militar, existente despois do embarcadoiro de pasaxe de lanchas para Mugardos.
O Comité Cidadán de Emerxencia, sen descartar outras mobilizacións, acordou convocar a cacerolada-tamboreada para as 12,45 horas, tendo en conta que as últimas entradas de gaseros producíronse adiantadas en case media hora respecto da pleamar correspondente e que a única pleamar diúrna para este próximo mércores, cinco de decembro de 2007, está prevista para as 13,39 horas. Esta mobilización ten como finalidade:
a) Expresar o rexeitamento pola pretendida entrada ilegal na Ría de Ferrol dun undécimo Gasero, chamado “LNG ADAMAWA” cunha eslora de 289 metros, maior que a dos anteriores, cargado con 152.292 m3 de Gas Natural Licuado con destino ás instalacións de Reganosa dentro da angosta Ría de Ferrol, sen garantía algunha, por Reganosa nin pola Autoridade Portuaria, de que en caso de urxencia durante a descarga os buques gaseros poidan saír ao mar aberto, con rapidez e polos seus propios medios tal e como require a norma EN-1532. Así mesmo sen que Reganosa teña acreditado o cumprimento de todos os condicionados da súa autorización de construción, entre eles a distancia suficiente ata as poboacións segundo o artigo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, cuxa aplicación en España é o RAMINP que require unha distancia mínima de dous quilómetros ata as poboacións, por todo o cal desde o pasado 9 de maio, existe un risco real para a vida humana na Ría de Ferrol, para a súa riqueza marisqueira e para o emprego dos seus 600 traballadores do mar.
b) Demandar do Ministerio de Industria, que ANULE a acta de posta en servizo de Reganosa asinada o pasado 7 de novembro polo -Área de Industria e Enerxía da Coruña-, a fin de que sexa paralizada a actividade de Reganosa e que sexa desmantelado o seu potencial de destrución masiva pola proximidade das poboacións e o angosto da Ría de Ferrol.
Ao Subdelegado do goberno comunicóuselle hoxe a convocatoria desta cacerorada-tamboreada. Así mesmo informouselle de que:
- A chegada deste undécimo buque gasero, é unha proba mais da temeraria falta de seguridade da Planta de Gas de Reganosa, a cal ten autorizada unha capacidade de atracada de 140.000 m3, pero este buque "LNG ADAMAWA" trae unha carga de 68.000 toneladas, que coa densidade de 0,4465 equivalen a 152.292 m3, polo tanto debe serlle prohibida a entrada por exceso de carga de 12.292 m3, ademais de por os perigos que supón para a vida humana dentro da Ría de Ferrol.
- Reganosa desde o 9 de maio pasado cun funcionamento media do 43% da súa capacidade regasificación de 322.500 m3/hora, ha regasificado un total de 1.182.825 metros cúbicos de GNL empregando vaporizadores que usan auga do mar, provocando a esterilización de 41 millóns de metros cúbicos de auga da Ría. Para darse unha idea desa cifra de auga esterilizada, hai que divulgar que a Ría de Ferrol é moi pequena, e total de auga no seu interior é de 0,22 km3, é dicir, 220 millóns de metros cúbicos. Se non houbese renovación de auga por mareas, Reganosa ao 41 % da súa actividade en sete meses habería esterilizado un 19 % da auga da Ría. No caso de que Reganosa chegase a funcionar ao 100% cos 800.000 m3/hora que pretende de gas natural regasificado, o volume de auga esterilizada seria seis veces mais, é dicir en sete meses Reganosa esterilizaría un total de 240 millóns de metros cúbicos de auga do mar, cifra superior a l volume de auga de mar dentro da Ría. Hai que advertir ademais que ás veces por temporais a Ría pode estar semanas ou meses sen renovar as súas augas coas mareas.
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
___________
Nota.- Achegase nun fichero formato imaxe -png-, un seguimento dos 11 gaseros que Reganosa recibeu, cos datos de cargas , vaporizacion, cantidad de augua do mar esterilizada, etc.
ACCEDER AO CUADRO NOS ARQUIVOS ÁRTABROS
_____________
o Comité Cidadán de Emerxencia
poida desenvolver a súa actividade:
C.c. en BBVA, titular: Carmelo Teijeiro e otros.
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0181-59-0201548440
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN
ES96 0182 0181 5902 0154 8440
Marcadores: Reganosa
O Premio "Semente" de VERDEGAIA, para a Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
20071203
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de dezembro de 2007 17:23
Asunto: PREMIO SEMENTE VERDEGAIA
PREMIO SEMENTE VERDEGAIA
Onte día 1 de decembro a asociación ecoloxista VERDEGAIA fíxonos entrega do premio SEMENTE 2007 á Plataforma de Veciños O Cruceiro de Mehá
Quremos facer público o noso agradecemento pola atención recibida desde o primeiro día do noso peche no concello de Mugardos por devandita asociación, así como das frecuentes visitas dun bo número dos seus compoñentes.
Grazas a todos e sabede que desde a nosa plataforma "O Cruceiro de Mehá" seguimos pelexando porque a planta de gas sexa trasladada fora da ría de Ferrol a outra ubicación menos perigosa para todos.
VENCEREMOS
NOTA: Adxunto fotografias do acto Asociación Plataforma de veciños O Cruceiro de Mehá Página Web: http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
e-mail: ocruceiromeha@yahoo.es
Teléfono asociación 699548246
Presidenta: Luz Marina Torrente
_______________
______________________________________
____________________________________
Verdegaia.-
Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente, constituída co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global, por medio da investigación, sensibilización social, deseño e implementación de proxectos, presión a gobernos e empresas e acción nonviolenta.
Apdo. Correos nº 49 - Santiago de Compostela [ 15870 ]
info@verdegaia.orgEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
622 033 665 - 629 835 351Núcleos Comarcais:
______
web nacional:
http://www.verdegaia.org/
______________
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa, Verdegaia
Resoluçom da IV AN de NÓS-UP Contra REGANOSA e em apoio ao Comité Cidadao de Emergência
-nacional@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de dezembro de 2007 01:24
Asunto: Resoluçom da IV AN de NÓS-UP Contra REGANOSA e em apoio ao Comité Cidadao de Emergência
Resoluçom da IV AN de NÓS-UP Contra REGANOSA e em apoio ao Comité Cidadao de Emergência
Encaminhamos a Resoluçom aprovada na IV Assembleia Nacional de NÓS-Unidade Popular celebrada o passado dia 1 de Dezembro na Comarca de Compostela contra REGANOSA e em apoio ao Comité Cidadao de Emergência. Há mais informaçom da nossa IV AN em www.nosgaliza.org
Saúdos independentistas, socialistas e nom patriarcais
Bruno Lopes Teixeiro
Responsável Nacional de Organizaçom de NÓS-UP
Contra REGANOSA e em apoio ao Comité Cidadao de Emergência
Um importante movimento social leva anos a reclamar na comarca de Trasancos o respeito às mais elementares normas de segurança e ambientais, e rejeitando por isso a regasificadora imposta por REGANOSA no coraçom da Ria de Ferrol. Trata-se de um exemplo paradigmático de como os interesses das grandes firmas empresariais e financeiras determinam directamente as políticas institucionais e as posiçons dos partidos do sistema.
A IV Assembleia Nacional de NÓS-Unidade Popular adere às reivindicaçons da vizinhança organizada de Trasancos, e exige à Junta da Galiza e ao Governo espanhol a definitiva paralisaçom da regasificadora. Os negócios privados de Tojeiro, Caixa Galicia ou Unión Fenosa nom podem continuar a impor-se à segurança de dezenas de milhares de pessoas, e o lucro imediato nom pode continuar a destruir a sustentabilidade socioambiental do nosso país.
Daqui queremos apontar directamente as responsabilidades partilhadas polo PSOE, o BNG e o PP no caso REGANOSA, e as conseqüências que poda chegar a ter umha actividade altamente perigosa e agressiva para o meio natural e económico da comarca de Trasancos.
A Ria é nossa, e nom de Reganosa!!
_________________
Marcadores: Nós-Up, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Achegas da asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga"
avvfontelonga@mundo-r.com
Para: artabra21@gmail.com
Data:2 de dezembro de 2007 13:02
Asunto: Artigo de Suso del Toro
Artigo de Suso del Toro, "Seguimos a ello", publicado polo xornal "El País", na súa edición para Galiza, do 2 de dezembro de 2007: Acceder
__________________
De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
avvfontelonga@mundo-r.com
Para: artabra21@gmail.com
Data:2 de dezembro de 2007 12:32
Asunto: Documentos
----- Original Message -----
From: Fini Manso
To: AVVCANIDO ; roixordo@roixordo.org ; ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA ; AVV FERROL VELLO Nª Señora Del Socorro
Sent: Saturday, December 01, 2007 8:19 PM
Subject: Documentos
Cruceiro.pdf 1192K
__________________
De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
avvfontelonga@mundo-r.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de dezembro de 2007 12:31
Asunto: Proxecto de Escola de avoas e avós
Proxecto de Escola de Avoas e Avós.
A Asociación veciñal de Esteiro " Fontelonga", en colaboración coa Cruz Vermella Española e coa Fundación Inocente, Inocente, abrimos a inscrición para o Proxecto de Escola de Avoas e Avós Educadores.
Obxectivos:
Apoio a avós e avoas na súa función coidadora e educativa dos seus netos e as súas netas, coa impartición dunha formación , de xeito gratuíto, de 11 sesións formativas a cargo de persoal especializado , que terían unha duración de hora e media, en horarios establecidos de mutuo acordo entre tódolos/as asistentes.
Comezaría no mes de xaneiro e precisaríase dun grupo mínimo de 15 persoas. Poderíase establecer un servizo de gardería durante a celebración das 11 sesións formativas para que os avós e as avoas poidan asistir ás mesmas.
Trátase dun proxecto de soporte psicosocial dirixido a persoas maiores que exercen labores parentais de coidado a menores de idade e que favorezan a cohesión e integración familiar neste tipo de unidades familiares.
Prazo de inscrición: Estará aberto ata o 20 de decembro a través do teléfono de Fontelonga: 981933223, do seu correo electrónico: avvfontelonga@mundo-r.com ou directamente no local social da rúa Fernando VI, Bloque I baixo en horario de 17 horas a 20 horas.
Ferrol a 2 de decembro de 2007.
Asdo./X. Miguel López, presidente
______________
Marcadores: Esteiro, Fontelonga
A Galicia torturada, a Galicia tatuada, un artigo de Manuel Rivas en "El País"
-xantia@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de dezembro de 2007 22:55
Asunto: Unha fenda artística no Courel. de Manel Rivas. El pais 30 nov. 2007
Unha fenda artística no Courel. de Manel Rivas. El pais 30 nov. 2007
Luces
A Galicia torturada, a Galicia tatuada
MANUEL RIVAS
EL PAÍS - 30-11-2007
O recoñecemento á obra de Manuel Vilariño, Premio Nacional de Fotografía, non é o típico colofón, un tardío happy birthday, nin a celebración dunha delicatessen periférica, que tal é a fasquía ás veces destes galardóns. Non. Pasará a noticia, mais ficará o estrelampo e o calafrío dunha obra aberta, en pleno big bang. Como barcas mitolóxicas, as creacións de Vilariño son tumbas-berces. O seu é un compromiso que transcende a pegañenta actualidade. Lévanos a un estadio onde cambalea a linguaxe. A un místico desacougo, a unha perturbación pensativa, onde as imaxes cobran vida como poderosas, sutís e fértiles metáforas.
Xa non estamos a falar só de calidade fotográfica, que é dabondo, senón dunha obra que supón unha laboriosa revolución da ollada. A fotografía estase a manifestar como a vangarda máis activa en Galicia. Experiencia e profecía, a obra de Vilariño emite para todos os eidos da procura creativa. Hai nela poética, hai relato e emerxe tamén como un documento estarrecedor. Hai que ter gallas para narrar o fracaso da beleza.
O día que se deu a coñecer o premio a Vilariño, cadroume ver un filme con sona de maldito, certamente demoledor, sepultado pola avalancha do prescindíbel. Trátase de Love is a Devil (O amor é un demo), dirixida por John Maybury en 1998. Un retrato biográfico do pintor Francis Bacon, interpretado de xeito maxistral por Derek Jacobi.
Non hai paralelismos nas personaxes, mais si atopo unha valentía coincidente na achega aos eidos da dor e o sufrimento, un adentrarse nos espazos máis ocultos da natureza: alí onde conflúen e loitan as pulsións do amor e a morte.
O centro da pintura de Francis Bacon é o corpo humano. As psico-formas, as figuracións prohibidas do amor físico, as curvas violentas da tenrura angustiada. Vilariño abrangue outros círculos. O centro en Vilariño é o corpo-ánima, as naturezas mortas que murmuran metáforas, corpos que somatizan símbolos, as almas externadas (de cando en vez cómpre dar unha volta con Frozer n' A póla dourada). Está a denuncia das vidas reducidas a taxidermia, mais tamén un certo trato coa esperanza: os obxectos, as ferramentas, as cousas cobran existencia. Hai na materia unha vontade estética, un querer dicir: en simetrías, en pigmentos de cores.
A natureza morta do Xallas
A sensación de traxedia, de perda e desfeita na Idade da Sociedade do Risco, todo iso que narra sen medo a fotografía de Manuel Vilariño, ten a sabedoría de non ser unha declaración unilateral. Os seres-cousas, os corpos-ánimas, os mesmos cadáveres en leitos que son berces semellan exclamar o que o antifascista checo Julius Fusik ao pé da forca nazi: "Agravio e inxustiza sería colocar sobre a miña tumba un anxo de tristura".
Ás veces semella que o anxo da tristura si que pousa sobre Galicia. E as fotografías da realidade son tamén naturezas mortas a murmurar chamadas perdidas. Estou a pensar, a ver, o río Xallas como río da morte. O encoro da Fervenza convertido estes días nun campo do exterminio natural por mor do que semella un absoluto desleixo. Milleiros e milleiros de peixes mortos. Unha estampa noxenta, alcumante, de país podre. As explotacións dos nosos recursos hídricos, que manteñen grandes fortunas dentro e fóra de Galicia, teñen, no papel, unhas mínimas esixencias ambientais, de control de caudais, e no que atinxe á flora e a fauna da contorna. A resposta ás denuncias é un silencio de desprezo. A propiedade da explotación do Xallas, que agora pertence a ese gran benfeitor de Galicia que é Villar Mir, disque é a "perpetuidade". Tíralle do aire ao liberalismo mercantil!
Se miramos Galicia como un corpo a fotografar atoparemos moitas variantes de body art. Mais tamén un número crecente de cicatrices. De membros eivados. Unha Galicia aleixada.
Na Casa da Parra, en Santiago, temos outra pescuda fotográfica na que falan os corpos. Neste caso, son auténticos soportes de grafías e signos. Dentro da colectiva Nada que ver, José V. Caruncho mostra unha serie de retratos de corpos tatuados. Homes, mulleres, parellas. A pel humana é voluntario pergameo. Volvendo a Julius Fusik, e ao inesquecíbel Reportaxe ao pé da forca, o que poderían suscribir estes corpos é a súa afirmación máis célebre: "Que a tristura endexamais vaia unida ao meu nome!". Os motivos artísticos que amosan os tatuados son moi diferentes, mais a súa expresión é sempre de acougo, serenidade e alegría. Din o que queren dicir. Afírmanse sen destruír.
Sabemos que non se pode falar hoxe de paisaxe e natureza virxe. Nese eido, habería que aspirar a unha Galicia tatuada sen violencia. Un territorio onde o debuxo e o texto teñan vontade de estilo. Que vaian unidos a unha alegría expresiva. Hai paisaxe que é tatuaxe. Reivención humana, creativa. Haina que é cicatriz. Amputación. Crueldade.
Hoxe poderiamos dicir con ironía que para ver auténtica natureza, ou unha Galicia tatuada con xeito, o mellor é entrar nos museos e fundacións. Cada día temos máis espazos para as exposicións artísticas. Cada día anúncianse grandes mostras procedentes dos circuítos internacionais. En principio, habería que considerar esta marea de exhibición artística como un signo espléndido de prosperidade económica e avance cultural. Unha manifestación de sensibilidade colectiva.
Mais o que eu vexo é que esa arquitectura artística do Éxito non se corresponde co que está a suceder no territorio. Ese é un dos grandes paradoxos que vive hoxe Galicia. Moita arte en espazos selectos, mentres a couza da cobiza ou o desleixo van rillando o país.
Unha fenda artística no Courel
Hai dúas alternativas. Unha, deixarse de hipocrisía. É dicir, ler de entrada Un inimigo do pobo de Ibsen, a historia do doutor que se atreveu a dicir que o balneario era un foco de infección. Asumir a realidade da desfeita urbanística e ecolóxica. Enumerar o país dos mil ríos e ver se ficou algún enteiro. Qué foi do salmón e da anguía? Decidir o destino das rías: ou fontes de riqueza ou depósitos tóxicos. Elixir nas montañas máxicas (cada vez menos máxicas) do Courel e Ancares se van ser o grande parque natural do Occidente de Europa (en comunicación con León e Asturias) ou deixámolas baleirar para sempre como subministro de lousas para os países que si conservan as súas montañas máxicas. E así todo. Facemos un país con estilo, ou desfacémolo artisticamente.
Porque a segunda alternativa é esa. A igual que na Tate Modern de Londres acudiu xa un millón de persoas a ver na Sala de Turbinas a fenda de 170 metros, por que non convocar os turistas do mundo a ver a xigantesca fenda, moito máis espectacular que a de Doris Salcedo, que se está a abrir no Courel e a instalación de arte apocalíptica de Reganosa na ría de Ferrol moi ao estilo dos monstros de Louise Bourgueois?
Agora haberá que facer. Eu voume tatuar un anxo da garda no lombo, que non sexa o da tristura, e a ver se o retrata Caruncho.
Enlace co artigo orixinal no xornal "El País"
________________



















