O Goberno español decreta o estado de alarma, prorrogábel até 9 de maio
Haberá restricións á mobilidade, confinamentos entre as 23 horas e as seis da madrugada e limitaranse as reunións a un máximo de seis persoas.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este domingo na roda posterior ao Consello de Ministras extraordinario, a aprobación do estado de alarma para todo Estado español, que entrará en vigor esta tarde. O seu obxectivo é que esta situación sexa prolongada polas Cortes Xerais durante seis meses, até 9 de maio.
O decerto aprobado hoxe estabelece un confinamento desde as 23 horas até as seis da madrugada, aínda que poderá ser modulado por cada territorio cunha marxe dunha hora (adiantándoo ás 22 horas ou ben retrasándoo até a medianoite). Tamén o poden modificar para que finalice ás cinco ou as sete da madrugada. O mesmo ocorre coas reunións, que como norma xeral non poderán superar as seis persoas.
Os presidentes, o da Xunta no caso da Galiza, serán a autoridade delegada nos seus territorios e terán potestade para decretar confinamentos totais ou parciais. Así, Feixoo poderá limitar a entrada e saída dos seus territorio, é dicir, o peche perimetral do conxunto do país ou unha parte do seu territorio, aínda que haberá tamén excepcións como asistencia a centros sanitarios, acudir a centros educativos ou razóns laborais, entre outras.
Sánchez pide apoios
Sánchez recalcou que a duración deste estado de alarma "non é inamovíbel" e pode levantarse se se supera a situación, aínda que agregou que eses seis meses de duración é o prazo que aconsellan as persoas expertas para superar non só esta segunda onda, senón a etapa "máis dañiña" da Covid-19. "Os expertos din que as razóns están plenamente xustificadas", remachou Sánchez para solicitar formalmente a todos os grupos parlamentarios do Congreso das Deputadas que dean o seu "apoio abafador" á prórroga do estado de alarma, dado que haberá rendición de contas continúa sobre a súa aplicación.
De feito, revelou que conversou de modo "cordial" co líder do PP, Pablo Casado, para poder contar co seu apoio para habilitar este mecanismo "eficaz para conter e manter a raia o virus", tanto no plano da actuación contra a enfermidade como desde o plano constitucional. "Entendo que é unha cuestión de Estado e os partidos que se consideran de Estado deberían apoiar esta medida tan extraordinaria", remachou para asegurar que tampouco alberga dúbidas de que no Consello Interterritorial aumentaranse ou relaxarán as medidas se así o require a situación.
Todas as novas medidas do estado de alarma: que podes facer e que non
É un estado de alarma descentralizado e cada comunidade ten o poder de aplicar medidas en función das súas necesidades.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este domingo na roda posterior ao Consello de Ministras extraordinario, a aprobación do estado de alarma para todo Estado español, que entou en vigor esa mesma tarde. O seu obxectivo é que esta situación sexa prolongada polas Cortes Xerais durante seis meses, até 9 de maio.
Confinamento nocturno
Entrou en vigor ás 23:00 horas e prolongarase todos os días ata as 6.00 horas, agás Canarias, onde non se fai efectivo este toque de recollemento. Este é o marco xeral aprobado polo Goberno español e que cada territorio pode agora ‘modular’ unha hora ao principio e outra ao final para axustar o confinamento. Así, en Catalunya rexe desde as 22:00, non desde as 23:00.
Hai excepcións nas que si se pode sair á rúa durante ese confinamento e que aparecen recollidos no artigo 5 (Limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno) do decreto publicado no BOE este domingo:
a) Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
c) Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
d) Cumprimento de obrigacións laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
e) Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.
f) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables
g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
h) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
i) Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.
15 días
O estado de alarma estará vixente polo menos durante 15 días, mais o Goberno quere que as Cortes aproben unha ampliación até o 9 de maio
Confinamento territorial
Os gobernos autonómicos poderán limitar o movemento no seu territorio, impedindo entradas e saídas no mesmo ou ben en determinadas comarcas, cidades, vilas... Nestas restricións á mobilidade fican á marxe aquelas aquelas que sexan por motivos laborais, sanitarios, asistencias ou docentes.
Xuntanzas
O estado de alarma fixa un máximo de 6 non convivintes como o máximo que pode estar reunido. Na Galiza o criterio é máis restritivo, son 5 o máximo, e nalgunhas zonas do noso país, por exemplo Ourense ou Compostela, só se permiten xuntanzas de convivintes.
Publicado en Nós Diario. | 15:24 do 25 de outubro de 2020 |
09:54 do 26 de outubro de 2020.
✏ Real Decreto 926/2020, de 25 de octubre, por el que se declara el estado de alarma para contener la propagación de infecciones causadas por el SARS-CoV-2. | Acceder/Baixar.
_______
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
martes, outubro 27, 2020
Nós Diario: O Goberno español decreta o estado de alarma, prorrogábel até 9 de maio - Todas as novas medidas do estado de alarma: que podes facer e que non
mércores, agosto 26, 2020
A plataforma Dereito ao Ensino sen Risco en Pandemia entrega 2.000 sinaturas esixindo que se permita aos pais decidir se envían ou non aos seus fillos á escola mentres non se garanta á seguridade fronte á Covid-19
A plataforma Dereito ao Ensino sen Risco en Pandemia entrega 2.000 sinaturas esixindo que se permita aos pais decidir se envían ou non aos seus fillos á escola mentres non se garanta á seguridade fronte á covid-19Os asinantes do manifesto de DERPA reclaman á Xunta protocolos para o incidio do curso que protexan a saúde de alumnos, profesores, familias e traballadoras, e que garantan o dereito ao ensino dos nenos e nenas
As voceiras da plataforma Dereito a Ensino sen Risco de Pandemia (DERPA), formada por 750 familias de todo o país, entregarán este mércores no Rexistro Oficial da Xunta de Galicia arredor de 2.000 sinaturas recollidas presencialmente en toda Galicia esixindo ao Goberno galego que poña en marcha os protocolos sanitarios e educativos axeitados para un comezo seguro do curso escolar en Primaria e Infantil.
As asinantes esixen garantías efectivas tanto para a saúde de todos os membros da comunidade escolar (alumnado, familias, profesorado e traballadores), como o dereito ao ensino das nenas e nenos que poden verse afectadas pola segunda oleada da epidemia de covid-19 en Galicia, e polas medidas necesarias para combatila.
As esixencias de DERPA súmanse así ás das miles doutras familias de todo o país que, a través das redes sociais e de diferentes plataformas, veñen denunciando que oProtocolo da Xunta de Galicia para o retorno ás aulas incumpre o disposto no RealDecreto-lei 21/2020, de 9 de xuño de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola covid-19.
As asinantes da reclamación de DERPA esixen:
Que se contemple, mentres dure a epidemia, a voluntariedade da asistencia presencial ás aulas nas etapas de primaria e secundaria nos centros educativos de Galicia, sen menoscabo do dereito á educación das familias que decidan non asistir presencialmente, arbitrando os medios electrónicos que sexan necesarios.
Que se habiliten solucións electrónicas para a educación a distancia dos nenos e nenas de Infantil, mentres dure a pandemia, sen que a súa non asistencia as clases presenciais supoña a perda de praza nos centros educativos nos que a teñan asignada.
Que se consensúen os protocolos da Xunta, para que as familias que necesiten e decidan levar aos seus fillos e fillas presencialmente ás aulas, teñan garantida a máxima seguridade fronte á covid-19, sen menoscabo de dereitos.
Que se vele especialmente para non deixar a ningunha nena e neno atrás, atendendo singularmente ás necesidades educativas especiais, e aos alumnos e alumnas en risco de exclusión ou abandono escolar, para evitar que se vexan afectadas negativamente polas medidas adoptadas como consecuencia da adaptación das necesidades educativas á situación de epidemia.
Compostela, 25 de agosto de 2020.-
Dereito a Ensino sen Risco en Pandemia
Enviado por:
Asistencia Voluntaria
-vueltaseguragalicia@gmail.com-
25 de agosto de 2020 18:21
_______
mércores, xullo 08, 2020
Coronavirus: Cita Previa para a Ciborgvida, ... Por Iolanda Teixeiro Rei
Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
08.07.2020
CORONAVIRUS: CITA PREVIA PARA A CIBORGVIDA
Moitas sospeitavamos que no desconfinamento non existían chanzos nen escadas. Moitas sospeitavamos que esa nova realidade enmascarada non era máis que a globalización da Cyborg Foundation, esa organización adicada a converter aos humanos en ciborgs. Sospeitavamos que, como na película Virus, este ía servir de coartada para nos someter ao imperio das máquinas. Mais o poder non precisou de alien nen treboada. O androide xigante é o propio Estado que cos grupos do poder financeiro moven o brazo eletrónico a distancia en feitío de Cyborg 2.0. Na relixión dos smart, tiñan asegurada a tecnofilia. Por agora, non precisaron investir capital en implantes debaixo da pel nen chip RFID para o que necesitarían da anestesia local, carosa coa telemedicina na que debruzamos baixo esta liberdade vixiada. Por agora, chega coa dopaxe dos medios de comunicación.
Longas ringleiras dos antigos cidadáns, privilexiados que conseguiron unha cita previa, agardan agora horas torrados ao sol, mulleres preñadas e velliñas que viviron as longas colas da fame durante a posguerra civil, de pé, sen saber se van ficar ás portas do concello sen poder realizar as xestións de forma presencial após lles pedir a ese veciño amabel se lles podía pedir cita pois elas non tiña nen teléfono e as cabinas dos teléfonos públicos foran fusiladas da noite para a mañá.
Quen lles ía dicir a elas que o virus terían máis querencia polo funcionariado do que polos churriolos sollosos das praias, deixando sen dereito ás xestións de supervivencia (trámites para solicitar o Ingreso Mínimo Vital, becas de comedor escolar, asistencia social…) aos atecnolóxicos carentes de wifi, computadora ou móbil. Quen lles ía dicir que asistirían ao colapso da administración pública coa coartada da seguridade sanitaria en plena campaña eleitoral, pasmadas perante o silenzo de todas as organizacións sociais, sindicais ou políticas.
Camiñamos as rúas da nova normalidade procurando descubrir a seda eletrónica do prezado silicio implantado nas calugas, os códigos QR que nos enxerguen a pasividade e a resignación. Camiñamos sentindo a ledicia das terrazas desenmascaradas onde o virus, tan perigoso nas administracións, non é quen de entrar. Cos ollos fiteiros abesullando tatuaxes por ver de descubrir interfaces dixitais. Procurando as pegadas da estética transhumanista, a banca eletrónica das finanzas cíborg da especulación planetaria. Axexando, por riba das máscaras cirúrxicas dos homes-máquina, unha ollada aínda humana sen eyeborg a nos pintar un aborrecemento ou un reproche. Non precisamos de escoitar as cores da contorna se temos ollos para as albiscar. Temos de vagar con ondulacións ventureiras para despistar aos oídos biónicos desconfinados dos balcóns. E na nosa torpura ancestral simular eficiencia para non levantar sospeitas de humana ética pretecnolóxica. Camiñar cismando se o medio non será o fin. Escorregando pola fenda dixital dos apestados, dos invisibeis fracasados, dos máis vulnerabeis nun mundo de prepotencia criminosa. Furtándonos aos insectos cíborg máis mortíferos do que as velutinas, sen comprender aos artistas de ovella electrónica e a necesidade das mentes cibernéticas para acadar unha vida merecente de tal nome.
A velocidade á que nos conectamos na era dixital a grandes distancias bate frontalmente coa lentitude forzosa coa que peregrinamos, previa cita, do INSS ao SEPE, da banca á Tesourería, nun longo proceso kafkiano, pregando por un documento que há décadas que tiña que estar accesibel sen a nosa intervención, co simple cruce de datos entre organismos.
Paul Virilio, brillante investigador especializado nas novas tecnoloxías da comunicación, estudou a dromoloxía, o estudo da aceleración con que se están a suceder as transformacións históricas e de que modo nos están afectando as novas tecnoloxías que abren un novo concepto de tempo, virtualidade, ciberespazo e novos xeitos de comunicación.
Hoxe necesitamos cita previa para todo, para facer deporte o mesmo que para retirar livros na biblioteca pública. Para a declaración da renda como para conseguir unha fe de bautismo para apostatar. E os mesmos que desprezavan o diagnóstico polo iris como seudociencia pídennos unha foto da gorxa para diagnosticar vía email.
Parece que están a analizar a sibilinina como terapia para el virus mais eu creo que o futuro está na sibilina presenza social. Aparentar nihilismo mentres seguimos á Sibila á quen os antigos atribuían o don da profecía e o coñecemento do futuro, camuflándonos aos ollos dos drons nunha sorte de refugallos humanos que xunto aos organizativos e informacionais fagamos parte das externalidades do sistema como agochados hackers prestos a inocular o virus da revolta dende todos os arrabaldos planetarios. Nunha renuncia ao carro elétrico nun chisco á neneza explotada polo silicio das baterías.
Dicía Virilio que se o tempo é ouro, a velocidade é poder. Mais se o tempo creba o patrón ouro, pode que a lentitude afortale o contrapoder. Iso ou correr con todas as nosas forzas para mantermonos no mesmo lugar, mais alonxados do cubo de refugallos ao que están condeados os do furgón de cola, como atina a describir Bauman.
[*] Iolanda Teixeiro Rei, Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.
Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
8 de julho de 2020 19:43
_______
venres, maio 08, 2020
CCOO Industria de Ferrol, na desescalada do estado de alarma, demanda protocolos de consenso en tódolas Empresas que garantan que ningún traballador ou traballadora se poida contaxiar nos centros de traballo
ESTADO DE ALARMA E PROTOCOLOS
CCOO Industria de Ferrol agardamos que os partidos políticos, sexan responsables e consecuentes e poida prorrogarse o Estado de Alarma, para conseguir avances no sentido que imos, de redución de novos contaxiados e mortes e de non saturación dos servizos sanitarios. Aínda estamos moito por riba das mortes coas que se iniciou este Estado de Alarma, e non procede confiarse poñendo en risco a saúde da poboación nen deixarnos nunha deriva que pode ter consecuencias máis graves das que xa vimos sufrindo, A ausencia do Estado de Alarma levaría a ter que manter medidas sanitarias, non poder reanudar a actividade por esas medidas, e deixar desamparados aos traballadores acollidos a ERTEs actualmente. E abriría o paso a novos rebrotes froito tamén da eliminación das restricións de mobilidade asociadas a este Estado.
CCOO Industria de Ferrol no terreo laboral tamén esiximos protocolos de consenso en tódolas Empresas que garantan que ningún traballador se poida contaxiar nos centros de traballo, pois con medidas axeitadas isto é posible. En canto a medidas como escalonamento nas entradas en centros de traballo especialmente nos que asisten un número importante de traballadores, entendemos que ese escalonamento debe efectuarse no intervalo de xornada que se viña realizando, pois as medidas preventivas asociadas ao COVID-19 non deben recaer sobre os traballadores, e o contrario sería unha modificación substancial das condiciones de traballo. Así mesmo, este tempo temos que reflexionar, evitar aglomeracións de traballadores, equilibrar os quendas de traballo e eliminar as horas extras. CCOO Industria de Ferrol consideramos prioritaria a Prevención e Saúde d@s traballadores/as, e polo tanto a volta a actividade debe ser con garantías. Neste senso esiximos a responsabilidade ós Empresarios da nosa comarca, e que sexan previsores na planificación dos seus traballos, para ter as instalacións preparadas e a organización necesaria para cumprir de xeito estrito o protocolo de reanudación da actividade. Esta situación e este virus nos centros de traballo, soamente se combate dende a organización, EPIs axeitados e outras medidas preventivas como limpeza/desinfección, tanto na obra como nos vestiarios e desinfección entre usos de duchas. As Direccións das empresas deben garantirnos esas bases para poder traballar, e se non é así CCOO denunciaremos ante os órganos que proceda.
O COVID-19 e a súa mortalidade e capacidade de transmisión ten que servir para que reflexionemos e melloremos a nosa vida e a conciencia de clase.
¡¡¡XUNT@S SAIREMOS E XUNT@S NOS DEFENDEMOS!!!
Ferrol, a 5 de maio, de 2020.
Enviado por:
ROBERTO VILLASUSO VAZQUEZ
-rvillasuso@industria.ccoo.es-
5 de maio de 2020 20:50
_______
mércores, maio 06, 2020
Manifesto polo Decrecemento en tempos de crise polo novo coronavirus e a Covid'19 - Perante a cobertura informativa dos distintos medios de comunicación en relación á pandemia
MANIFESTO POLO DECRECEMENTO.
Aos medios de comunicación.
Perante a cobertura informativa dos distintos medios de comunicación en relación á pandemia do COVID19, as persoas e organizacións abaixo asinantes rexeitamos:
A frivolización que a maioría destes están a facer respecto á orixe do COVID19, por estar a introducir no imaxinario colectivo que a responsabilidade da pandemia é da poboación chinesa que come carne de animais salvaxes. Unha información que tende a asimilar “animais salvaxes” con “especies animais aberrantes para a nosa cultura culinaria” -como é o caso do morcego ou o pangolín- e que, con todo, omite que o consumo de carne procedente de animais salvaxes é característico da humanidade e exclúe da devandita categoría outras especies como o polbo, as nécoras, o xabaril, o cervo, as perdices, os paspallás e todas aquelas que forman parte da nosa contorna cultural. Ademais de mal informar, esta distorsión da realidade está a xerar altas cotas de xenofobia.
Da mesma maneira, entendemos que no actual debate son moitos os medios de comunicación que están a ignorar os argumentos que establecen que as causas da actual pandemia son un modelo humano depredador que basea a súa economía nun crecemento infinito que excedeu os límites físicos e ambientais dos ecosistemas do planeta, obrigando a convivir a especies animais que noutras circunstancias raramente cruzáronse.
Neste sentido, tamén queremos manifestar a nosa perplexidade pola ausencia case absoluta de referencias ós avisos que o mundo científico viña facendo sobre a posibilidade de que algo similar puidese ocorrer; como tamén se están ignorando as advertencias científicas sobre outros probables e próximos sucesos catastróficos para a humanidade. Prognósticos que, con todo, veñen sendo utilizados de forma habitual polo Movemento polo Decrecemento nas distintas partes do mundo onde se atopa, para favorecer e demandar un drástico cambio en aspectos económicos, políticos, sociais, culturais e, por suposto, sanitarios.
Entendemos que o constante desequilibrio ambiental que afronta o planeta é consecuencia de prácticas capitalistas depredadoras, as cales activaron poderosos mecanismos naturais que, co paso do tempo, están a dar lugar a un novo equilibrio global no que a especie humana non ten garantida a súa existencia. A persistente transmisión da mensaxe de que a especie humana non forma parte do devandito equilibrio é profundamente errada e conlevará que, unha e outra vez, se cometan os mesmos ou similares erros: parécenos contraproducente, e mesmo manipulador, que se oculte á opinión pública que a COVID19, descuberto en Wuhan, converteuse en pandemia por causa da globalización; e parécenos preocupante que os medios de comunicación omitan do debate actual que todos os anos rexorden á vida microbios e bacterias no proceso de fusión dos glaciares e o permafrost debido ao quecemento global vinculado ao cambio climático.
E é que os distintos informes elaborados polo panel de expertos do IPCC veñen avisando do perigo real de epidemias e pandemias a causa da mudanza climática, xa sexa pola volta á vida de patóxenos ou pola adaptación dos xa existentes ás novas condicións de temperatura, humidade e/ou contaminación.
Por todo iso, facemos un chamamento aos medios de comunicación para que, de forma urxente, introduzan no debate a improrrogable necesidade de aplicar medidas encamiñadas a contrarrestar a lóxica da globalización capitalista e apostar pola resiliencia local e a xustiza global, mellorando a soberanía das comunidades, reforzando a súa capacidade de autoxestión e autoprodución, os seus circuítos de abastecemento de proximidade, así como o apoio mutuo e os autocuidados; xa que non se debe descartar que á pandemia do COVID19 sucédanlle situacións sociais, políticas, económicas, enerxéticas e/ou climáticas que poñan en perigo o equilibrio ecosistémico e a satisfacción das necesidades humanas esenciais.
Queremos terminar apelando ó reforzo dos principios de honestidade, transparencia, equilibrio e debate sereno desde as distintas visións que existen sobre a actual situación. Entendemos que nun momento no que o estado de alarma sanitaria impide a celebración de reunións, charlas, mesas redondas, conferencias, manifestacións e todo tipo de concentración de persoas, os e as profesionais da comunicación deben esforzarse ao máximo por dar voz a todas as visións e propostas da sociedade, entre as que deben atoparse a análise, os principios e as propostas do Movemento polo Decrecemento.
Colectivos e persoas promotoras do Manifesto polo Decrecemento:
Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
https://redeparaodecrecemento.wordpress.com/
Rede para o Decrescimento de Portugal
www.decrescimento.pt
geral@decrescimento.pt
Solidaridad Internacional Andalucía
www.solidaridadandalucia.org
Entesa pel Decreixement de Catalunya
martavilarob@gmail.com
FAVB (Federació d’associacions de vecinos y vecinas de Barcelona) favb@favb.cat
Véspera de Nada por unha galiza sen petroleo.
www.vesperadenada.org
La Transicionera
www.latransicionera.net
Colectivo de Educación para la Participación
http://redasociativa.org/crac/
CGT Huelva
https://www.cgtandalucia.org/
CGT Ourense
cgtourense@gmail.com
Asociación Pies en la Tierra
www.facebook.com/PiesenlaTierraSierradeHuelva
AÚPA asociación unida productoras agroecologicas
secreaupa@gmail.com
Salmorejo Rebelde
Hasta aquí hemos llegado (Palencia)
alberchoco@yahoo.es
Universidad y Compromiso Social
institucional.us.es/compromiso/index.htm
Ecoloxistas en Acción Galiza
Ecoloxistas en Acción Vigo
https://www.ecologistasenaccion.org/territorios/galiza/
KolapSOS
kolapsos@kolapsos.cat
Agenda llatinoamericana
http://www.solidaries.org/
llatinoamericana@solidaries.org
Cal Cases - comunidad rural autogestionada.
calcases@calcases.info
Persoas promotoras:
Xabier Vázque Pumariño.
Biólogo ambiental
El Sobrino del Diablo (Cantautor libertario).
Esteban Bernatas Chasaigne.
Enric Duran.
Activista contra el sistema bancario
José Anastasio Urra Urbieta.
Porfesor titular da Universidade de Valencia
Begoña de Bernardo Miño.
Enxeñeira Agrónoma.
Vicent Cucarella
Economísta.
Adrián Almazán.
Miembro de Ecologistas en Acción
Miguel Anxo Abraira Sobrado.
Autónomo e Técnico Especialista en Saúde Ambiental
Pepa Úbeda.
Representante do Observatorio de Ecología Política de ATTAC-Pais Valenciá
Emilio Santiago Muíño
Doctor en Antropología Social
Cándido Soria Fortes.
avogado e profesional de resolución de conflitos en Ourense.
Iolanda Teixeiro Rei.
Mestra de tai chi e articulista em diversos jornais.
Marta Soler Montiel.
Profesora de Economía Aplicada de la Universidad de Sevilla.
Esteban de Manuel Jerez.
Profesor de Expresión Gráfica Arquitectónica de la Universidad de Sevilla.
Angel Calle Collado.
Profesor de Sociología de la Universidad de Córdoba.
Francisco F. García Pérez.
Catedrático de Didáctica de las Ciencias Sociales de la Universidad de Sevilla.
Daniel Cascado Caballero.
Profesor de Arquitectura y Tecnología de Computadores de la Universidad de Sevilla.
Luis Andrés Zambrana.
Profesor de Economía Aplicada de la Universidad de Sevilla.
Emma Martín Díaz.
Catedrática de Antropología Social de la Universidad de Sevilla.
Juan Francisco Ojeda Rivera.
Catedrático de Geografía de la Universidad Pablo de Olavide.
María José Lera
Profesora de Psicología de la Universidad de Sevilla.
Julio Fuster
Músico profesional freelance.
Mario Martínez Lorenzo.
Ensino secundario.
Ivan Rodríguez Lombardero.
Xeólogo ambiental e Traballador do SLG na Mariña
Para apoiar o Manifesto pode-se facer en change.org | Ir á Web.
_______
martes, maio 05, 2020
Unha guía para respectar os dereitos das persoas con discapacidade durante a pandemia de coronavirus - As persoas con discapacidade estanse vendo desproporcionadamente afectadas polas medidas de resposta á pandemia
Unha guía para respectar os dereitos das persoas con discapacidad durante a pandemia de coronavirus | Noticias ONU
As persoas con discapacidade estanse vendo desproporcionadamente afectadas polas medidas de resposta ao coronavirus, e ate son vítimas de discriminación á hora de recibir tratamento contra o COVID-19, afirma a responsábel da ONU de velar polos dereitos humanos en todo o mundo. Michelle Bachelet pide que se lles teña en conta á hora de adaptar os plans de resposta á pandemia.
Necesítanse medidas específicas para abordar os riscos desproporcionados que enfrontan as persoas con discapacidade durante a pandemia de COVID-19, asegurou a Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos.
Para axudar aos Estados neste labor, a súa Oficina de Dereitos Humanos publicado unha Guía de orientación sobre o COVID-19 e os dereitos humanos das persoas con discapacidade.
"As persoas con discapacidade non só enfrontan maiores riscos polo COVID-19, senón que tamén se ven desproporcionadamente afectadas polas medidas de resposta, incluídos os confinamentos. Para abordar este dobre risco, debemos involucrar ás persoas con discapacidade na resposta ao COVID-19 e adaptar os plans para abordar as súas necesidades", dixo Michelle Bachelet.
"As persoas con discapacidades están en perigo nos seus propios fogares, onde o acceso ao apoio e os servizos diarios poden verse limitados debido a bloqueos, e algúns poden sufrir moito por estar illados ou confinados. Estes non son problemas irresolubles, pero requiren pasos específicos que se deben tomar ou se deben facer excepcións para evitar danos maiores", asegurou.
Ademais, "enfrontan ameazas aínda maiores nas institucións, xa que os centros de atención rexistraron altas taxas de mortalidade por COVID-19 e xurdiron terribles informes de neglixencia durante a pandemia. Agora é o momento de apoiar os acordos baseados na comunidade, sempre que sexa posíbel", afirmou.
Ofrecer a información sobre COVID-19 en formatos accesíbeis para as persoas con discapacidades é vital, do mesmo xeito que garantir a accesibilidade á educación en liña.
A Alta Comisionada tamén expresou a súa preocupación pola discriminación e o estigma contra as persoas con discapacidade durante a pandemia de COVID-19.
Discriminación médica
"Inquietáronme profundamente os informes de que a vida das persoas con discapacidade pode ter un peso diferente ao doutros durante esta pandemia", dixo. "As decisións médicas deben basearse en avaliacións clínicas individualizadas e necesidades médicas, e non na idade ou outras características como a discapacidade".
A guía publicada pola Oficina da Alta Comisionada identifica as principais preocupacións e establece accións crave no contexto da pandemia. A orientación ten como obxectivos:
➤ concienciar sobre o impacto da pandemia nas persoas con discapacidade e os seus dereitos
➤ chamar a atención sobre algunhas prácticas prometedoras que xa se están levando a cabo en todo o mundo
➤ identificar accións crave para os Estados e outras partes interesadas
➤ proporcionar recursos para seguir aprendendo sobre como garantir respostas COVID-19 baseadas nos dereitos, incluídas as persoas con discapacidade
Fonte: News Nacións Unidas. | 30 de abril de 2020.
Guía Orientación. | Enlaces aos recursos e infos -11 páxinas en inglés. | Acceder/Baixar.
Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
3 de maio de 2020 19:19
_______
Coronavirus: de voltas co provincialismo, ... Por Iolanda Teixeiro Rei
Por iolanda Teixeiro Rei [*]
05.05.2020
CORONAVIRUS: DE VOLTAS CO PROVINCIALISMO
Nin por áreas sanitarias nin por parroquias, o desconfinamento progresivo faráse finalmente por provincias. Por retallos de provincias, que diría Murguía. Retallar si, non só cortando o territorio en varias pezas senón tallando, a fender de alto a baixo. Espatifar a eito, espedazarmonos. Por provincias e por banzos ou fases. Era visto cando nos fixeron soldados nun estado de excepción a penas disimulado. É o que teñen as ras da democracia, que sempre croan uniformemente. E como na Galiza temos povoamento disperso, coa metade de entidades de poboación de toda España, pois sempre saimos perdendo, tanto ten que sexa na representatividade eleitoral ca nunha pandemia.
Terán de voltar aqueles provincialistas, que defenderon ao berro de pan e dereitos a nosa terra do arrasamento centralista do Estado liberal español? Liberalismo que cal a igrexa e a langostra aló onde cai, todo o arrasa. Seremos quen de nos erguer contra esta militarización social mascarada de paternalismo de bata branca? Chamaremos por outro Alberto Camino os ferroláns, os betanceiros por Faraldo ou por un outro Añón os muradáns?.
A suspensión intolerabel das Autonomías na xestión desta pandemia merecía algo máis ca un Banquete de Conxo e un brinde polo povo soberano. Mais o único que aconteceu foi un brinde ao sol. Por iso recuamos á política decimonónica das ras da democracia a croar na balsa da Meseta. Desde Terra de Campos descoñécese o territorio galego. Deixando que o señor dos Peares resolva novamente o eterno conflicto entre absolutistas da terra e absentistas liberais. Grave erro histórico ter trabucado a esquerda co centralismo liberal. Por iso Ramiro Fonte di pon en boca de Añón e quixen comprender pero non sandan/ o meu mal os xaropes do progreso. Ulo os mártires de Carral?
Namentres andan a borrifar o espazo público con biocidas a se disfrazar do filantrópico Balmis e os fondos públicos empréganse en mercar vehículos que logo utilizará a clase política e a familia real, os sen pan e sen dereitos fan longas colas para recoller comida na moderna beneficencia, nas mesmas mans que negocian xeriátricos ou concertan plans privados de saúde e seguros de vida. Avantaxes dos holdings! Na casiña de Facenda podedes marcar algún. Aplausemos ás forzas represivas, a esa UME que no canto de producir neve emprega os seus canóns na desinfeción ou á policía que fai o propio cun camión lanza auga de dispersión de masas. Non hai de que se preocupar. Agora as masas están confinadas ou descifrando os logaritmos neperianos das fases de desescalada. Sorte que o hipoclorito sódico causa tamén tose e dor de gorxa e se camufla cos síntomas do coronavirus suplindo a falla de test. Malia tanta filantropía militar, España liderará dende maio a patrulla aérea da OTAN no Báltico. Disque alí abonda o gas e os depredadores. Coa doutrina do shock non temos de reparar nesas minucias. O todopoderoso virus apagou as pandemias africanas, o problema migratorio, o cambio climático, os incendios forestais, o colapso enerxético... Pasma de ver como un becho microscópico é quen de tapalo todo?
Esmagados os dereitos fundamentais polas ras da democracia, queda saber en que fase poderemos croar xuntos na mesma balsa, manifestarmonos, recuperar o dereito de reunión. Polo de agora bastante temos con poder guasapear interprovincialmente, encarregar o pan a domicilio do forno doutro concello que está xusto diante da nosa morada ou ver aos avós na metade da ponte de O Barqueiro que arreda as provincias de Coruña e Lugo, sempre que non teñan máis de setenta anos e poidan sair ás oito do serán. A menos que todos teñamos un can ou nos encomendemos ao San Roque, patrón de tantas parroquias, dende Armenteira a Llanes, dende Vigo a París. Anque ningún como o dos caneiros betanceiros, aquel patrón dos peregrinos, dos falsamente acusados e dos cirurxáns, tan avogoso nas pestes. O San Roque cristianizado que agocha aquela filosofía cínica tan rupturista que ofrecía felicidade na incerteza e unha vida nas rúas practicando a desvergoña e a eudamonia, esa lucidez que abrolla na autosuficiencia, a ecuanimidade e o desprendimento do superfluo. Ende mal que os cínicos de hoxe saíran das rúas para estar dispostos a mentir por defender as súas doutrinas.
[*] Iolanda Teixeiro Rei, Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.
Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
1 de maio de 2020 23:20
_______
Imaxe: Instituto Xeográfico - Catálogo Cartoteca.
_______
sábado, maio 02, 2020
A furia do virus e o feroz sinsentido da guerra, ... Por Amy Goodman e Denis Moynihan, desde o epicentro da pandemia - O 3 de abril, Guterres informou que se acordou o alto ao fogo en Camerún, República Centroafricana, Colombia, Libia, Birmania, Filipinas, Sudán do Sur, Sudán, Siria, Ucrania e Iemem
Amy Goodman e Denis Moynihan, desde o epicentro da pandemia
O 23 de marzo, o secretario xeral da Organización das Nacións Unidas, António Guterres, fixo un importante chamamento: "O noso mundo enfróntase a un inimigo común: a Covid-19. Ao virus non lle importa a nacionalidade ou a orixe étnica, a facción ou a fe. Ataca a todos implacablemente. Mentres tanto, os conflitos armados continúan arrasando pobos de todo o mundo [...] A furia do virus ilustra o sinsentido da guerra. É por iso que hoxe pido un alto o lume en todos os recunchos do mundo. É hora de poñer en confinamiento o conflito armado e enfocarnos xuntos na verdadeira batalla das nosas vidas".
A petición do secretario xeral da ONU ha cosechado algúns resultados positivos. O 3 de abril, Guterres informou que se acordou o alto ao fogo en Camerún, República Centroafricana, Colombia, Libia, Birmania, Filipinas, Sudán do Sur, Sudán, Siria, Ucrania e Iemem. Documentar a existencia real dun alto o lume é algo difícil de facer, xa que a chamada "néboa da guerra" atenta contra os intentos de lograr a paz. O secretario Guterres agregou: "Para silenciar as armas, debemos alzar as voces pola paz".
Guterres remarcou un punto de vital importancia: o novo coronavirus é un inimigo común. É capaz, como aprendemos dolorosamente, de matar a grandes cantidades de persoas, sen importar cales sexan as súas bandeiras. Como o demostrou o brote no portaavións estadounidense Theodore Roosevelt, ate permanecer a bordo dun buque naval nuclear valorado en 5.000 millóns de dólares non ofrece suficiente protección. E o nivel extremo de contaxio da Covid-19 seguramente roldará na mente dos case mil cadetes da Academia Militar West Point, a camada máis recente do corpo de oficiais de elite do Exército de Estados Unidos. Os cadetes evacuaron o histórico campus da Academia en marzo, cando o Exército declarou a emerxencia de saúde pública. Agora están sendo forzados a regresar ao campus en xuño, despois de que o presidente Donald Trump anunciase imprevistamente que ía pronunciar o discurso da súa cerimonia de graduación, que fora previamente cancelada.
O secretario Xeral da ONU, António Guterres, sinalou na súa solicitude de alto o lume: "Os máis vulnerables -as mulleres e os menores, as persoas con discapacidade, os marxinados e os desprazados- pagan o prezo máis alto".
Os refuxiados dos conflitos que abordelan o mundo a miúdo atópanse en campamentos ateigados de xente e carecen de condicións sanitarias adecuadas, o que constitúe un caldo de cultivo ideal para a expansión da Covid-19. Nun campo de refuxiados da illa de Chios, en Grecia, desde fai moito tempo descrito como "un inferno", os residentes recentemente protestaron pola morte dunha muller iraquí, logo de padecer unha febre. Os residentes do campamento consideran que a morte debeuse á Covid-19, e que, como todos alí, a vítima sufriu un tratamento médico paupérrimo. En ambos lados da fronteira entre Estados Unidos e México, os solicitantes de asilo enfrontan a ameaza de infección, xa sexa en campamentos precarios que xurdiron en cidades mexicanas fronterizas como resultado da política de "permanecer en México" do goberno de Trump, ou en cárceres do Servizo de Inmigración e Control de Aduanas como o Centro de Detención Otay Mesa en San Diego, un cárcere privado administrada pola empresa CoreCivic, onde os gardas atacaron e rociaron con gas pementa aos prisioneiros ante a súa demanda de acceder a cubre bocas protectoras.
Os campos de refuxiados palestinos en Gaza e Líbano tamén corren maiores riscos de infección por Covid-19, exacerbados por longas décadas de empobrecemento sistemático, condicións sanitarias inadecuadas e a negación do acceso á atención médica.
A pandemia de Covid-19 provocou unha mirada retrospectiva cara a pandemias anteriores, como a pandemia de gripe de 1918, que arrasou o planeta e causou a morte dunha cifra estimada de entre 50 e 100 millóns de persoas. Ate pode acelerar o final da Primeira Guerra Mundial, xa que aniquilou a miles de soldados de ambos bandos. Esta enfermidade foi chamada durante moito tempo "gripe española", un nome non apropiado, xa que é case seguro que non se orixinou en España. As noticias sobre esta gripe foron censuradas en Francia, Reino Unido e Alemania, tres dos países en guerra, pero non en España, que se converteu na fonte crave das noticias da pandemia europea; de aí o seu nome. Un brote en Kansas provocou a infección de miles de soldados estadounidenses destinados a loitar en Europa, o que colaborou coa propagación mundial desta gripe letal.
Nos inicios da Primeira Guerra Mundial, moito antes do flaxelo da gripe, produciuse un notábel alto o fogo, aínda que de curta duración. Na véspera de Nadal de 1914, ao longo da Fronte Occidental, os soldados alemáns cantaron panxoliñas desde as súas trincheiras e pouco despois as tropas británicas e francesas fixeron o propio. Ao amencer, estableceuse un alto o fogo informal. Os soldados abandonaron as súas trincheiras para abrazar aos seus inimigos no medio do campo de batalla, xogar ao fútbol e compartir champaña e cigarros.
Esa pandemia, esa guerra e a "tregua de Nadal" son agora recordos distantes. aprendemos algo? A forma en que enfrontemos o coronavirus como comunidade mundial diránolo. O secretario xeral da ONU reclamou o alto o fogo o pasado 23 de marzo, cando a cantidade de casos confirmados en todo o mundo era "só" de 300.000; desde entón aumentou a máis de tres millóns. Guterres concluíu o seu chamamento coas seguintes palabras: "Hai que poñer fin á enfermidade da guerra e combater a enfermidade que está devastando o noso mundo. Débese comezar por deter os enfrontamentos armados en todas partes. Agora".
© 2020 Amy Goodman - Columna do 30 de abril de 2020
Amy Goodman é a condutora de Democracy Now!, un noticiero internacional que se emite diariamente en máis de 800 emisoras de radio e televisión en inglés e en máis de 450 en español. É co-autora do libro "Os que loitan contra o sistema: Heroes ordinarios en tempos extraordinarios en Estados Unidos", editado por Le Monde Diplomatique Cono Sur.
The orixinal content of this program is licensed under a Creative Commons Attribution-Noncommercial-Non Derivative Works 3.0 United States License. Please attribute legal copies of this work to democracynow.org. Some of the work(s) that this program incorporates, however, may be separately licensed. For further information or additional permissions, contact us.
Fonte: Democracy Now
Enviado por:
Columna de Amy Goodman - Democracy Now!
-boletin@democracynow.org-
2 de maio de 2020 16:01
_______
Foto: Un home leva en brazos a unha nena ferida nun bombardeo da coalición saudita contra Yemen en agosto de 2017. Khaled Abdullah / REUTERS.
______
venres, maio 01, 2020
Unha moi interesante entrevista ao filósofo Enrique Dussel que comparte a súa visión sobre a aparición do coronavirus a 500 anos do inicio da modernidade e o Capitalismo - Vídeo
Enrique Dussel,[*] profesor emérito da UAM, reflexiona o impacto dunha epidemia tendo como marco a modernidade, unha concepción da humanidade que abarca xa 500 anos e sobre a cal fixéronse os grandes descubrimentos e avances que enchen de orgullo á humanidade, pero que tamén xerou afectacións á natureza, a nosa orixe e nai.
https://youtu.be/ZjMaYo1cmDQ
Canle de Aristegui Noticias. | 4 de abril de 2020.
[*] Enrique Domingo Dussel Ambrosini (n. 24 de decembro de 1934, departamento da Paz, Provincia de Mendoza, Arxentina) é un académico, filósofo, historiador e teólogo de pais arxentinos, naturalizado mexicano e de ascendencia europea (francés e italiano). Foi rector interino da Universidade Autónoma da Cidade de México. | Enrique Dussel coñece-se-lle internacionalmente polo seu traballo no campo da Ética, a Filosofía Política, a Filosofía latinoamericana e en particular por ser un dos fundadores da Filosofía da liberación, corrente de pensamento da que é arquitecto, sendo tamén un dos iniciadores da Teoloxía da liberación. Mantivo diálogo con filósofos como Karl-Otto Apel, Gianni Vattimo, Jürgen Habermas, Richard Rorty, Emmanuel Lévinas e Adela Cortina. O seu vasto coñecemento en Filosofía, Política, Historia e Relixión, plasmado en máis de 50 libros e máis de 400 artigos -moitos deles traducidos en máis de seis idiomas-, convérteo nun dos máis prestixiosos pensadores filosóficos americanos do século XX, que contribuíu na construción dunha filosofía comprometida. Foi crítico da modernidade, como era histórica, apelando a un "novo" momento denominado transmodernidade. Tamén foi crítico do helenocentrismo, do eurocentrismo e do occidentalismo. Defende a postura filosófica que foi denominada baixo o rótulo de "xiro descolonizador" ou "xiro descolonial". Investigador Nacional Emérito. [Wikipedia]
_______
xoves, abril 30, 2020
A CIG reclama, neste Primeiro de Maio, 'protexer a clase traballadora, non o capital' nunha Galiza soberana e con futuro - Chama a pendurar bandeiras vermellas ou da patria e a cantar a Internacional ás 12 do mediodía
A CIG reclama, neste Primeiro de Maio, “protexer a clase traballadora, non o capital” nunha Galiza soberana e con futuro | Chama a pendurar bandeiras vermellas ou da patria e a cantar a Internacional ás 12:00
A CIG presentou esta mañá, en videoconferencia, a campaña arredor da que xirará este ano a súa conmemoración do Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira. Unha xornada que a central sindical celebra baixo o lema “Protexamos a clase traballadora, non o capital. Por unha Galiza soberana e con futuro” e que este ano estará marcada pola situación de emerxencia sanitaria. Por iso o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, fixo un chamamento a manter o carácter combativo e reivindicativo da data, a que se penduren das xanelas e balcóns bandeiras da patria e vermellas e a entoar, ás 12:00 horas do mediodía a Internacional.
Carril, apuntou que cómpre mobilizarse para exixir “políticas que garantan os nosos dereitos como clase traballadora, o benestar das maiorías sociais, pero tamén a autodeterminación, a soberanía dos pobos e nacións, para construír un mundo moi necesitado de solidariedade, cooperación, igualdade e paz”.
Denunciou que aínda que o covid-19 ataca a poboación en xeral, “o seu impacto discrimina entre persoas ricas e pobres, non afecta por igual a todas ás clases sociais”, polas grandes desigualdades económicas e a inxustiza social, consecuencia “das devastadoras políticas neoliberais aplicadas desde a crise financeira”.
Lembrou que a crise sanitaria converteuse nunha crise económica e social que ademais ten lugar cando “xa estabamos dentro dunha recesión económica”. Por iso advertiu que non se pode permitir “que desta nova crise neoliberal este sistema pretenda recuperarse do seu fracaso, de tanta adoración do privado e criminalización do público, cun novo saqueo á clase traballadora”.
Papel de Feixóo
A ese respecto sinalou que no caso concreto de Galiza “estabamos de cheo nunha crise social, industrial, demográfica que xa de por si tiña o impacto dunha situación de emerxencia nacional e social” e denunciou que a xestión da crise sanitaria polos gobernos galego e español “vai na dirección contraria a unha saída xusta para a clase traballadora e para o pobo galego”.
Nese sentido manifestou o seu rexeitamento polo feito de que todos os decretos de estado de alarma aprobados deixaran en suspenso “as xa de por si limitadas competencias e capacidades de Galiza”. Unha recentralización que considerou que serviu “de escusa perfecta ao Goberno de Feixoo para tapar o seu proxecto ruinoso para o noso país, baseado nun modelo dependente e antigalego, reaccionario e privatizador da sanidade pública e da atención ás persoas maiores”.
Ademais denunciou que nesta crise “xogou a ampliar o caos, o abuso patronal e a inseguridade para quen traballa”, ademais de facer anuncios electoralistas. En concreto lembrou que “Feixoo favoreceu, co atraso da aprobación dos ERTE, que as persoas traballadoras non puidesen cobrar en abril” e que agora ”quere aparecer como salvador ofrecendo créditos a quen lle negou o cobro do salario, demostrando así o miserábel que é facendo electoralismo co pan das traballadoras/es e as súas familias”.
Profesións esenciais, feminizadas e desvalorizadas
Carril rexeitou que as medidas adoptadas polos diferentes gobernos tiveran “unha maior e descarada preocupación pola saúde da economía que pola saúde da poboación”, como se demostrou “cando se negaron a parar todo, agás as actividades esenciais, pola emerxencia sanitaria, ou no escaso control para garantir un traballo en condicións seguras para os sectores en activo”.
Considerou que o que tamén demostrou esta crise foi que as profesións feminizadas “resultaron servizos esenciais e imprescindíbeis para o sostén da vida” mais denunciou que “seguen a estar desvalorizadas, desenvolvéndose en condicións de precariedade e inseguridade”.
Propostas da CIG fronte as medidas inxustas
O secretario xeral da CIG denunciou “a imposición de fórmulas inxustas, desde o primeiro día, que se fundamentan nas reformas laborais, como foron os ERTES indiscriminados, os despedimentos masivos, o teletraballo sen dereitos e control e os permisos e reducións de xornada para coidados da poboación vulnerábel”.
Por iso apuntou toda unha serie de modificacións legais e de financiamento público urxentes das que deu conta. En relación aos ERTES, denunciou que calquera prórroga en base ás medidas acordadas conforme ao Decreto 8/2020 e seguintes “constitúe un abuso e grave prexuízo para a clase traballadora”. Por iso demandou a derrogación das reformas laborais do 2010 e 2012, “restablecéndose, como versión menos mala, a vixente con anterioridade, durante todo o tempo que non poida entra en vigor un novo marco legal”.
Demandou ademais a “prohibición de simultanear a aplicación dun ERTE con calquera outra medida consistente nun descolgue salarial, inaplicación de convenio colectivo, de modificacións substancial das condicións de traballo ou de mobilidade xeográfica e/ou funcional”.
Garantías de cobro para as traballadoras e traballadores afectados
Xunto a isto, exixiu o pago inmediato do paro, habilitando un procedemento especial e extraordinario, coa confección nóminas para efectuar os pagos semana a semana, até a posta ao día que permita retomar os pagos a mes vencido porque, advertiu, “manter a forma ordinaria de pago das prestación é causar un retraso de graves consecuencias” ou garantir o cobro, durante todo o ERTE, do 70% da base reguladora de cada persoa traballadora.
Ademais demandou que no pago das prestacións por desemprego á persoa traballadora non se lle desconte 4,7% da base de cotización e defendeu que teñan a mesma consideración, á hora de acollerse a todas as medidas referidas a esta protección do SEPE, todas as persoas traballadoras, “incluíndo as que foron despedidas por causa desta situación ou que desde o 1 de xaneiro estiveran xa no desemprego percibindo prestación por desemprego”.
Xunto a isto defendeu que todo o tempo de desemprego, desde a data que tivo lugar por despedimento ou aplicación de ERTE por causa do covid-19, entenderase por non consumido e que “toda persoa traballadora, independentemente do tempo cotizado, teña dereito á prestación por desemprego”.
Controlar a fraude empresarial
Carril explicou ademais que a CIG considera imprescindíbel que,para poder acollerse ao ERTE, as empresas cumprancondicións e garantías como completar até o 100% dos salarios ou reincorporar progresivamente a todo o persoal temporal da empresa principal ou externas (ETT,s , empresas multiservizos…) que foi despedido e, como data límite, o último mes de vixencia do ERTE. Isto xunto coa garantía de incremento salarial dos convenios colectivos pendentes de renovar de acordo ao 1%, en función do IPC real final do ano 2019 e da aplicación das cláusulas de revisión salarial.
En relación ao teletraballo o secretario xeral da CIG demandou “control e garantías sobre o dereito á desconexión dixital, dereito á protección de datos e uso de internet”.
Canto ás reduccións e adaptación de xornada para atención á poboación vulnerábel, incidiu en que "as empresas teñen que garantir a súa concesión automática a solicitude da persoa traballadora", mais demandou que "se garanta que as persoas traballadoras que non teñan outra alternativa, non vexan reducidos os seus ingresos en máis do 30% da súa base de cotización”, nomeadamente as familias monoparentais.
Financiamento dos gastos derivados desta situación extraordinaria
Paulo Carril recoñeceu que esta situación e, nomeadamente as medidas propostas pola CIG, xeran un importante gasto público. Por iso propuxo financialo por dúas vías de execución imediata. Por unha banda propuxo a aprobación urxente dun paquete de medidas fiscais, coa creación dun imposto sobre os beneficios extraordinarios da banca e os activos financeiros e a eliminación dos privilexios fiscais das SICAV e grandes Empresas e, pola outra, demandou o desvío das partidas destinadas aos gastos militares e da Casa Real nos Orzamentos Xerais do Estado en vigor, nas contías necesarias para afrontar este gasto público.
Fonte: Avantar.| Baixo Licenza Creative Commons.
Enviado por:
Inacio Caranza
-inaciogz@gmail.com-
30 de abril de 2020 00:10
_______
xoves, abril 23, 2020
O Concello de Narón abre unha web informativa sobra a crise do novo coronavirus Covid'19 e sobre os recursos municipais que hai a disposición da veciñanza
O CONCELLO HABILITA A WEB INFORMATIVA "NARÓN RESPONDE", SOBRE A COVID-19
A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que se trata dunha nova ferramenta que ofrecerá á veciñanza varios recursos para xestionar respostas ante a crise do coronavirus.
O Concello de Narón pon a disposición da veciñanza unha nova ferramenta informativa sobre a Covid-19, “Narón responde”, a través da que se facilitan información e recursos cos que poder xestionar diferentes respostas ante a actual crise do coronavirus. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, informou que as persoas interesadas en acceder á nova web –con versións en castelán e galego- poden facelo nos enlaces:
⏩ https://covid19gl-naron.hub.arcgis.com
⏩ https://covid19es-naron.hub.arcgis.com.
“A páxina dispón de información actualizada sobre a xestión da Covid e os recursos habilitados no Concello e tamén dun apartado aberto á cidadanía a través de enquisas dirixidas a varios colectivos e que, unha vez cumplimentadas, permitirán incrementar a atención á veciñanza e facelo dun xeito máis persoalizado e ofrecendo unha serie de recursos básicos”, explicou Ferreiro.
Na web diferéncianse catro apartados específicos para ofrecer axuda a diferentes colectivos: “Autodiagnóstico Covid. Consellos básicos”; “Precisas axuda?”; “Queres axudar?” e “Eres unha empresa? Faite ver”. A primeira das áreas é específica sobre autodiagnóstico da Covid-19 para detectar os síntomas e saber como actuar tras respostar unha serie de preguntas e indicándolle os pasos a seguir.
No apartado de “Precisas axuda?” ofrécese unha aplicación para solicitar diferentes servizos a través do equipo de Protección Civil, como axuda para a compra de alimentos, medicamentos… sendo preciso cubrir previamente un cuestionario con datos persoais, información sobre a asistencia e ubicación, etc., para ofrecer unha mellor atención ás veciñas e veciños.
Así mesmo, tamén se contempla un apartado específico, baixo o epígrafe “Queres axudar?” para os casos daquelas empresas ou persoas que poidan colaborar aportando materiais (luvas, gafas e pantallas, xeles alcohólicos…) ou ofrecendo determinados servizos (reparto, reparacións, educativos, entretemento…) para axudar aos colectivos máis vulnerables. No caso das empresas e profesionais autónomos, contémplase tamén a opción “Faite ver”, que permitirá identificar negocios e servizos profesionais activos durante o estado de alarma, no que facilitando os datos da empresa (nome, ubicación, imaxe…) e tamén o sector de actividade (alimentación, farmacias, quioscos, librarías, estacións de servizo…) se informa do modelo de atención establecido para a actual situación.
A web complétase con información actualizada sobre os casos de coronavirus en España e no mundo e tamén dispón dunha ferramenta para localizar os servizos esenciais e as actividades que se dean de alta no rexistro de empresas (farmacias, paradas de bus e taxis, establecementos de alimentación…). A maiores, a nivel local, ofrece información actualizada de todas as iniciativas impulsadas dende o Concello a través das súas canles (páxina web, Facebook e canle de Whatshapp Novas Narón) e recomendacións básicas para a prevención da expansión da Covid-19.
“A páxina deseñouse co apoio de Abtemas Taller de Estudos Medioambientais e Sociais, no marco da iniciativa xeovoluntari@s, para ofrecer respostas á cidadanía ante a situación provocada pola crise do coronavirus e tratar de axilizar a resposta ante posibles casos de emerxencia e situacións de vulnerabilidade na nosa cidade”, explicou Ferreiro. A alcaldesa incidiu en que “a medida que a xente colabore cubrindo as enquisas facilitadas teremos a oportunidade de completar os servizos actualmente existentes e poñelos a disposición das nosas veciñas e veciños”, subliñou.
📱 Teléfonos de interese:
👉🏼 Para solicitar axuda para a entrega de alimentos, medicamentos e cubrebocas no domicilio:
📱647 622 245
(Os cubrebocas que entrega Protección Civil son lavables e, polo tanto, de máis dun uso)
👉🏼 As encargas de comida no Centro de Maiores das Vivendas da Mariña deben realizarse cun día de antelación (entre as 🕙 10.00 e as 🕓 16.00 horas)
📱671 383 596
📱671 383 575
👉🏼 Se podes doar alimentos para entregar á cidadanía a través do Centro de Recursos Solidarios de Narón:
📱881 308 349
📱722 724 782
👉🏼A entrega de vales de alimentos ás familias en situación de vulnerabilidade xestiónase a través do Servizo Sociocomunitario Municipal:
📱981 337 700
(Extensión 1108)
Toda a información na web municipal
Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570 NARÓN
981337700
http://www.naron.es/
_______
Auga-negocio ou Auga-servizo público? ... Por Pedro Arrojo Agudo - Sería bo reflexionar sobre os servizos de auga e saneamento, como clave esencial desa saúde pública que queremos fortalecer
Auga-negocio ou Auga-servizo público?
Por Pedro Arrojo Agudo [*]
23.04.2020
Si facemos da necesidade virtude, poderemos dicir cando pase esta tormenta vírica, que non hai mal que por ben non veña. O virus estanos deixando múltiples leccións que deberiamos aprender. A pandemia, do mesmo xeito que o cambio climático, deixan ao espido nosa vulnerabilidade, por encima de razas, fronteiras e condicións sociais. Con todo, no caso do Covid 19 esa percepción de vulnerabilidade foi tan directa e inmediata que non deixou espazo sequera para a dúbida.
A máis contundente desas leccións, sen dúbida, é a que se refire á sanidade pública. Hoxe, nin os máis fervorosos neoliberais falan sequera da bondade dos recortes en sanidade pública para favorecer a expansión de hospitais, clínicas e seguros de saúde privados, á vez que se estende o consenso social sobre a necesidade de fortalecer o sistema público de saúde. Neste contexto, sería bo reflexionar tamén sobre os servizos de auga e saneamento, como clave esencial desa saúde pública que queremos fortalecer.
Neste campo, o proceso de privatización foi máis sutil, aínda que non menos eficaz e demoledor. A estratexia de promover empresas de pretendida colaboración público privada, á vez que se estrangulaban as capacidades financeiras municipais, levou a moitos Concellos a promover ou aceptar esas políticas de privatización dos seus servizos de auga e saneamento para aliviar os seus apuros financeiros. Así, este servizo público básico, que debería xestionarse baixo a lóxica do interese xeral, sen ánimo de lucro, como a sanidade pública, veuse transformando nun negocio privado. Cun agravante, o da complicidade de moitos Concellos, que viron no chamado canon concesional (o diñeiro que o operador privado adianta á Alcaldía pola concesión) unha forma de paliar a curto prazo a súa penuria financeira; a costa, iso si, de encarecer a tarifa do auga e de perder o control efectivo sobre o servizo máis importante para a saúde pública que a Constitución pon nas súas mans. Desta forma, os veciños e veciñas pasan, de ser cidadáns, a ser simples clientes, baixo a lóxica do mercado e non do interese xeral.
Neste contexto, ante a baixada do consumo de auga, por pechadura de bares, restaurantes, hostalaría, barbarías e outros negocios, o lobby dos grandes operadores privados, lonxe de asumir os seus riscos empresariais e brindar incluso a súa contribución ao esforzo colectivo fronte á pandemia, vén reivindicando eludir obrigacións contractuais e ampliar os seus prazos de concesión, como forma de compensar a súa perda de beneficios. Sería sequera imaginábel que os hospitais privados demandaran compensacións ao Estado, en plena crise, pola competencia desleal que a sanidade pública failles ao atender gratis á xente doente?
Mentres, os operadores públicos e os Concellos que manteñen a xestión das súas competencias vense desprotexidos, nun marco legal que restrinxe as súas capacidades e ameaza coa privatización si o balance financeiro se desequilibra. Operadores públicos e Concellos que descartan os cortes por non pago e reservan fondos en apoio de familias vulnerábeis e pymes, á vez que se comprometen sen reservas coa emerxencia social en curso. A emerxencia non está en compensar as saneadas economías dos grandes operadores privados, senón en flexibilizar de forma inmediata e reformar logo en profundidade a Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local e ate os Orzamentos Xerais do Estado, para protexer e impulsar a xestión pública destes servizos que son clave para a saúde pública e a cohesión social.
Facendo da necesidade virtude, á vez que buscamos a forma de fortalecer a sanidade pública, deberiamos facilitar a remunicipalización dos servizos de auga e saneamento, en lugar de dificultarla e penalizarla, como se veu facendo até agora. Deberiamos promover estratexias que empoderen aos nosos Concellos para transitar a novos modelos de xestión pública participativa, en liña coas propostas da Rede de Auga Pública (RAP), formada por sindicatos, asociacións vecinales, consumidores e colectivos sociais de todo tipo, e seguir así o exemplo de cidades como París e Berlín, que marcan hoxe liderado.
Fonte: Público.
[*] Pedro Arrojo Agudo (Madrid, 1951), é profesor emérito da Universidade de Zaragoza, cuxa investigación está centrada na economía do Auga.
Foto: a Plataforma pola Remunicipalización no Concello de Ferrol, do fotógrafo ferrolán de José Pardo.
---
#Remunicipalización
#Emafesa
#EMAFESACENPORCENPUBLICA
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol | Twitter: @municipalizarFT
___________
A CIG realiza protestas simbólicas nas sete cidades para esixir ingresos e salarios dignos, protección social e seguridade nos centros de traballo - Paulo Carril: 'Facemos estas accións despois de semanas de achegar propostas, reclamacións e denuncias que non son atendidas nin polas administracións nin polas empresas' - Vídeo
A CIG realiza protestas simbólicas nas sete cidades para esixir ingresos e salarios dignos, protección social e seguridade nos centros de traballo
Paulo Carril: "Facemos estas accións despois de semanas de achegar propostas, reclamacións e denuncias que non son atendidas nin polas administracións nin polas empresas"
A CIG realizou este xoves protestas simbólicas nas sete cidades para reclamar dos gobernos español e galego medidas de protección laboral e social para a clase traballadora e esixir que os custes da emerxencia sanitaria non recaian, unha vez máis, sobre as maiorías sociais. As concentracións, nas que participaron sobre dez persoas garandando as correspondentes medidas de seguridade, desenvolvéronse diante da Delegación do Goberno na Coruña, das Subdelegacións de Pontevedra, Lugo e Ourense e nos edificios da Xunta de Galiza de Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela.
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, explica que a central acordou realizar estas accións de carácter simbólico "despois de semanas de achegar propostas, reclamacións e denuncias que non son atendidas nin polas administracións nin polas empresas". Por iso, aseverou, "hoxe estamos aquí para reivindicar o cobro do paro e dos salarios, porque a falta de ingresos está a empobrecer moito máis ao conxunto do pobo traballador; medidas de protección social para todas as persoas sen exclusións nin discriminacións; un control estrito do cumprimento das medidas de seguridade do persoal que está a traballar; e respecto polos dereitos e liberdades civís".
As medidas aprobadas afondan na precariedade e na pobreza
Paulo Carril denuncia que as medidas aprobadas dende o decreto do estado de alarma "son inxustas e insuficientes", están a provocar un regueiro de despedimentos e ERTEs, e afondan na precariedade dos colectivos laborais máis vulnerábeis (como os empregados e empregadas eventuais ou con contrato a través de ETTs), para quen non se adoptaron medidas de protección que lles permita ter uns ingresos dignos.
Nesta liña, reclamou do goberno que habilite mecanismos para garantir o cobro inmediato das prestacións por desemprego dos miles de persoas afectadas por un ERTE, de maneira que se abone o paro en canto estean confeccionadas as nóminas sen ter que agardar ao día fixado de pago. Carril alerta da crítica situación económica na que se atopan centos de traballadores e traballadoras que, a día de hoxe só percibiron unha parte dos salarios de marzo "e non teñen certeza algunha de canto nin cando poderán cobrar o desemprego".
A problemática dos coidados, en evidencia
A este respecto tamén apuntou que esta crise deixa en evidencia a problemática dos coidados, que seguen recaendo de xeito maioritario sobre as mulleres que, de non poder acceder ao teletraballo, deben facerse cargo das crianzas e das persoas dependentes sen outra alternativa que acollerse a unha redución de xornada parcial ou total, co que isto implica de merma nos seus ingresos.
"E se algo está demostrando esta crise, engade, é que as profesións feminizadas resultaron servizos esenciais, a pesar de seguir sendo as máis precarizadas e desvalorizadas. É crucial pór fin a esta situación".
Abusos patronais
Xunto a isto, o secretario xeral da CIG advertiu do abuso patronal que se está a producir, favorecido pola decisión política de afrontar esta crise, a nivel laboral, tomando como punto de partida unha reforma laboral "que xa debería estar derrogada na súa integridade". A vía dos ERTEs -sen garantías sequera de mantemento dos empregos- está prexudicando enormemente a importantes sectores da clase traballadora, sen mencionar que moitas empresas están aproveitando a emerxencia sanitaria para levar adiante suspensións de emprego fraudulentas, mesmo rexistrándose casos de empresas cun ERTE vixente nas que se obriga o seu persoal a acudir a traballar.
De igual maneira, a CIG critica que baixo a escusa da pandemia da Covid19 se subtraian competencias ás autonomías, reforzando o discurso centralizador e españolistas co beneplácito e a conivencia, no caso de Galiza, do Goberno de Feixoo; se despregue o exército e a policía para labores de control e vixilancia social, pero non para supervisar que se garanta a protección da saúde nos centros de traballo; ao tempo que se pretenden limitar os dereitos e as liberdades baixo o perigoso discurso da seguridade cidadá.
Coa vista posta no Primeiro de Maio
Carril alerta que canto máis se tarden en corrixir estas inxustas medidas que se foron tomando, máis difícil vai ser que saída desta crise sexa xusta para todas as traballadoras e traballadores e para o conxunto das maiorías sociais. De aí que anime a aproveitar a celebración do Día Internacional da Clase Traballadora para reclamar un xiro radical nas políticas.
"Estamos ás portas da conmemoración do 1º de Maio, unha data de reivindicación da clase traballadora na que neste ano 2020, ante a situación que estamos a vivir, máis que nunca temos que facer escoitar as nosas demandas porque non podemos permitir que nos sigan a empobrecer e a roubar os nosos dereitos mentres se facilita todo tipo de abusos patronais", sentenza.
Publicado en Avantar. | Baixo Licenza Creative Commons.
mércores, abril 22, 2020
Coronavirus: de anxos e nenos, ... Por Iolanda Teixeiro Rei
Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
22.04.2020
CORONAVIRUS: DE ANXOS E NENOS
O escritor John Milton rematou a súa obra cumio, O paraíso perdido, na aldea de Chalfont St Giles, a onde tivo que fuxir por mor da grande peste de Londres. A grande obra poética foi dada ao prelo un vinte e sete de abril de 1665. A partir de entón, moitos foron inspirados por este poema épico, desde o músico Haydn ao romántico Chateubriand pasando por Mary Shelley, quen fixo que o seu Monstro se chegara a identificar con aquel Satán miltoniano en Frankenstein ou o moderno Prometeo.
Xa recentemente, no 2004, a obra de Milton inspiroulle a Cees Nooteboom a súa novela Perdido o paraíso onde aparece o filósofo Walter Benjamin a comparar a historia cun anxo que sofre o paso dun furacán. O anxo mira con horror a desolación que deixa o furacán, o pasado. Parece que para o filósofo alemán, o furacán é mesmamente o progreso.
Ocorre ás veces que unha cousa leva a outra e as ideias cabalgan encadeadas no inconsciente, e así venme á mente a imaxe do anxo caído do claustro de Fonseca na portada dun engaiolante livro de Torrente Ballester, Compostela e o seu anxo. Anxo que simboliza o triunfo do amor segundo as ideias neoplatónicas daqueles recuados tempos. Nen lembro onde foi parar esa obra de boa encadernación que caera nas miñas mans á volta do meu paraíso compostelán de estudante, nunha oferta de grandes almacéns a un prezo irrisorio. Torrente fixérame arrubecer ao reparar no pouco que os meus ollos foran quen de enxergar na cidade de pedra.
Entón regresei do ensoño e lembrei eses videos con que os medios de comunicación teiman en nos bendecir amosándonos as rúas das cidades desanxeladas, sen nós, nun exercicio de sadismo alucinante. As rúas do casco histórico de Compostela no medio da pandemia. Abraia o silenzo da pedra sen o son algareiro dos nenos confinados. Dende a altura do anxo caído en Fonseca até a serpe terreal da rúa do Vilar, todas as gárgolas gardan un silenzo sepulcral. Endexamais noutras pestes sentiran tal soedade. Nen sequer a auga tiña folgos de cantar dende as canos monstrosos deses animais medievais.
Agardan as gárgolas de Compostela a este vinte e sete de abril para recuperar o paraíso da infancia. Arelan os berros e as risadas xogorais da neneza brincando polas pedras, correndo atolados co xorne de animais engaiolados desafiuzando esa fugaz liberdade.
Agardan o que non virá. Porque os nenos sairán do tobo como feras domadas. Os pequenos da man de seus pais. Os mozos a par deles. Non poderán xogar os uns cos outros, nin brincar ecoando pola rúa de Picheleiros cara os xardíns de San Martiño Pinario, nin choutar polas escadas de Praterías para salferir ao irmaos coa auga da fonte dos cavalos.
Tras un longo e doroso encerro, os menores de catorce anos poderán pasear un bocado controlados polos pais e polos drons e corpos de seguridade. Será unha fugaz liberdade vixiada. Eles, os máis resistentes ao virus, reprimidos coas medidas máis rexas. Pior sorte lles cadra aos menores que sobardan os catorce anos. Seguirán no confinamento máis estricto in saecula seculorum. Entramentres, seus irmaos pequenos entrarán nos supermercados con atmosferas pechadas e abondosamente frecuentadas onde o virus se paseia máis folgado ca nos centros de saúde e traerán para as súas casas o risco aos irmaos maiores que teñen proibido sair baixo ameaza. Non poden correr polo monte, camiñar pola praia, nin merendar nun campeiro. Non poden andar en bici mais poden camiñar sen medo por unha grande superficie.
Como un novo Frankestein, novo Prometeo encadeado, o terror faise doméstico. As leis do Progreso coas súas máquinas esterilizan o pensamento e inoculan o medo preventivo nas conciencias.
Algúns creron que o maquinismo ía traer a idade da folganza, que a humanidade veríase obrigada a xogar máis e traballar menos. Algúns creron que o centro da vida debruzaría de vagar cavilando nos medio de gozar sabiamente. Algúns creron que a tecnoloxía aliviaría as nosas costas e donaríanos o máis prezado, o tempo.
Poucos maxinaron un tempo onde as persoas aceptarían de bon grao ser encarceradas nas súas proprias vivendas. Un tempo no que o outro é un nemigo que se achega. Onde os cans pasean a seus novos donos, os policías bailan ás oitos despois de asistir a unha segreda misa ou ter maltratado a unha marroquí, apontado cunha pistola á cabeza dunha negra ou multado a quen gravou eses feitos. Un tempo onde levemos nas nosas mans con fachenda o último xeolocalizador do mercado, ledos de que os big data saiban xa o que imos mercar mentres agardamos a vezeira na porta do supermercado. Un triste tempo de cidadáns que renden a súa vontade ao control do Estado cunha fiúza que espaventa. Un tempo, en fin, en que os improductivos, nenos ou vellos, migrantes ou esmoleiros son sacrificados, dun xeito ou outro, polo ben común.
Anxos caídos ou herois prometeicos, seremos quen de voltarlle o lume aos deuses ou a nosa sumisión aos mercados será o camiño cara unha nova pandemia?
[*] Iolanda Teixeiro Rei, Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.
Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
21 de abril de 2020 23:38
______________
Foto: Porta aberta de Jan Tinneberg
_______














